scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Normativa para a selección do profesorado interino e contratado

Universidade de Santiago de Compostela. Xunta de Goberno

Full text

ANEXO II NORMAS DE APLICACIÓN DO BAREMO. Primeira.- Normas de aplicación para a valoración do rendemento académico 1.- Valoración dos expedientes académicos de primeiro e segundo ciclo. Os expedientes académicos valóranse consonte a seguinte táboa de equivalencias e sistema de cálculo : Táboa de equivalencias: Cálculo da puntuación do expediente académico: Planes renovados (por créditos): Titulacións non renovadas: Para este caso, as materias cuadrimestrais computarán como media materia. N as titulacións nas que se esixa proxecto de fin de carreira, este non se terá en conta para os efectos de valoración do expediente. A puntuación obtida do expediente académico deberase multiplicar por un factor K segundo a praza para a que se concurse. Valores de K: Matrícula de honra 4 Sobresaliente 3 Notable 2 Aprobado 1 Validado 1 Σ (Núm.créd. da materia X Cualificación da materia / Número de convocatorias usadas na materia) Número total de créditos cursados Σ (Cualificación da materia / Número de convocatorias usadas na materia) Número total de materias cursadas Titular interino de universidade 2,25 Titular interino de escola universitaria 3,75 Asociado de tipo A 2,25 Axudante de universidade 6,25 Axudante de escola universitaria 7,50 Acreditación das certificacións académicas Soamente serán valorables os expedientes académicos dos que acheguen un certificado, ou copia deste, no que se identifique plenamente o titular do certificado e a sinatura da autoridade que o expida, e o número de convocatorias utilizadas para supera-la materia. Para os efectos destas valoracións entenderase por convocatorias utilizadas aquelas nas que se superou a materia e as anteriores nas que apareza a cualificación de suspenso. Os expedientes académicos expedidos por universidades estranxeiras, de non podérense valorar do xeito exposto neste apartado, serán valorados como aprobado. 2.- Grao de licenciado ou proxecto de fin de carreira O proxecto de fin de carreira so se valorará en estudios de 2º ciclo que o contemplen no seu plan de estudios e se cómpre presentalo unha vez superadas o resto das materias necesarias para obte-la titulación. Se conforme ó baremo a puntuación máxima fora 0,5 puntos, a puntuación outorgada ó grao de licenciado ou proxecto de fin de carreira dividirase entre 2. Acreditación do grao de licenciado ou proxecto de fin de carreira Deberá acreditarse mediante unha certificación académica na que figure perfectamente identificado o candidato ou candidata, a sinatura da autoridade que a expide e a declaración expresa de obtención do grao de licenciado e a súa cualificación. 3.- Acreditación do diploma de estudios avanzados ou certificación da suficiencia investigadora Deberá acreditarse mediante unha certificación académica na que figure perfectamente identificado o candidato ou candidata e a sinatura da autoridade que a expide. 4.- Grao de doutor: A valoración está en relación coa cualificación outorgada á tese de doutoramento e de acordo coas seguintes táboas de equivalencias segundo esta fora cualificada. A puntuación outorgada ó grao de doutor será multiplicada por K que adquirirá os seguintes valores: Sobresaliente 1 Notable 0,66 Aprobado 0,33 Sobresaliente "cum laude" 4 Sobresaliente 3 Notable 2 Aprobado 1 Apto "cum laude" 4 Apto 2 Titular interino/ina de universidade 1,25 Titular interino/ina de escola universitaria 1 Asociados/das 1,25 Axudantes de universidade 3,25 Acreditación do grao de doutor Deberá realizarse mediante unha copia do título ou certificación do pagamento dos dereitos, e documento no que se reflicta o departamento no que se fixo a tese, o título e o director da mesma. En ámbolos dous supostos deberá quedar perfectamente identificado o ou a titular e a autoridade que expide o documento. Segunda.- Normas de aplicación para a acreditación da experiencia docente Experiencia docente universitaria Deberá acreditarse mediante a certificación do P.O.D. e a copia do contrato ou da credencial da bolsa. Experiencia docente non universitaria Só será computable a ensinanza impartida na educación regulada que conduza á expedición de títulos oficiais e deberá acreditarse mediante unha certificación de servicios prestados, se prestaron servicios na Administración pública, ou mediante unha copia dos contratos, se prestaron servicios en institucións privadas. Terceira.- Normas para a acreditación da actividade investigadora 1. Acreditación das publicacións, libros, artigos científicos, capítulos de libros, etc. Soamente serán consideradas como libros aquelas publicacións nas que conste o ISBN, e, de selo caso, o depósito legal. Así mesmo poderán ser valorados os traballos non publicados antes da fin da data do concurso sempre que se achegue certificación da editorial da que se deduza a súa publicación e os textos íntegros. 2. Acreditación dos relatorios e comunicacións en congresos Mediante unha copia do traballo así como certificación da organización do congreso, copia do programa ou do índice das actas. As actas dos congresos non se considerarán para os efectos deste baremo como libros, aínda que teñan a forma de libros cos requisitos citados no apartado 1. 3. Acreditación da participación en proxectos de investigación Soamente será valorable a participación en proxectos que sexan acreditados como tales co certificado do Vicerrectorado de Investigación ou cunha certificación expedida pola autoridade correspondente de centros oficiais de investigación. De non poder dispor do devandito certificado será preciso o informe do investigador principal na que se especifique: a. a duración do proxecto, b. a duración da participación do interesado no mesmo, e c. a dedicación horaria semanal do interesado. Acompañaráse a folla da solicitude do proxecto na que figure a relación do persoal investigador coa súa sinatura e a súa dedicación, e copia da comunicación da concesión do proxecto. Se a incorporación é posterior ó inicio do desenvolvemento do proxecto, será precisa unha copia do escrito de aceptación da entidade financiadora. 4. Acreditación das estadías noutros centros de investigación Certificación da autoridade que dirixa o centro, departamento, instituto ou equivalente onde se realiza a estadía. Axudantes de escola universitaria 3,25 5. Acreditación das bolsas ou contratos de investigación B olsas recoñecibles: F.P.I., predoutorais da comunidade autónoma, e outras bolsas ou contratos de investigación equivalentes recoñecidos como tales pola universidade. A creditación: mediante un certificado do Vicerrectorado de Investigación onde se indique tipo de bolsa ou contrato equivalente, data de inicio e a data de remate. De non poder dispor do devandito certificado será precisa unha copia da credencial de bolseiro ou documento emitido pola entidade que concedeu a bolsa no que se especifique a data de concesión e a duración da mesma; e, no caso dos contratos, copia do contrato. 6. Acreditación doutros méritos de investigación Membros de consellos de redacción de revistas, bolsas de investigación de organismos privados, etc. A creditación: mediante a certificación, o contrato ou a aceptación da bolsa, etc. Cuarta.- Normas para a acreditación da colaboración docente-asistencial no Hospital Clínico Universitario, no Hospital Clínico Veterinario e en centros concertados Mediante contrato de traballo no centro correspondente e certificación da colaboración docente expedida polo Vicerrectorado de Profesorado. Quinta.- Normas para o cálculo de puntuacións para cada un dos apartados do baremo e a súa posterior normalización O cálculo da puntuación dos apartados 1.5; 2; 3.1; 3.2; 3.3; 3.4; 3.5; 3.6 e 4 requirirá da normalización das puntuacións no suposto de que trala suma dos méritos, algún/nha dos/as candidato ou candidatas exceda do máximo autorizado. N este suposto, a puntuación máxima autorizada, outorgaráselle a quen obtivera a maior puntuación, deducíndose para o resto dos aspirantes a puntuación que lles corresponde consonte á seguinte fórmula: Puntuación do candidato ou candidata PN= --------------------------------------------------------------------------------------------------------- X máxima permitida do apartado Puntuación do candidato ou candidata con maior puntuación (PN=Puntuación normalizada) Sexta.- Afinidade A cada un dos méritos outorgaraselle un grao de afinidade que será un número enteiro entre 0 e 3. O grao de afinidade determinarase en función da área de coñecemento para a cal se convoque a praza. A aplicación do grao de afinidade realizarase consonte o seguinte: a. Para o rendemento académico e a experiencia docente aplicarase o grao de afinidade en cada un dos seus apartados, de acordo coas táboas de afinidades que figuran nos Anexos IV e V. b. Para a experiencia investigadora aplicarase o grao de afinidade a cada mérito, de acordo cos criterios que estableza a comisión xulgadora segundo o artigo 27. c. Para os outros méritos non se aplicará grao de afinidade. Sétima.- Puntuación final 1. Puntuacións parciais: A. Rendemento académico (RA): (Expediente X Afin. da titulación) + (Grao X Afin. do grao) + (Tese X Afin. da tese) + (Título Especialista X Afin. da especialidade) RA = ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ --- 3 B. Experiencia docente (ED): (Mérito1 X Afin. do mérito1) + (Mérito2 X Afin. do mérito2)+ (Mérito3 XAfin. do mérito3)+ ....n ED = ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 3 C. Experiencia investigadora (EI): (Mérito1 X Afin. do mérito1) + (Mérito2 X Afin. do mérito2)+ (Mérito3 XAfin. do mérito3)+ ....n EI = ----------------------------------------------------------------------------------------------------------- 3 D. Outros méritos (OM): OM = ∑ OM 1. Puntuación final: PF= RA + ED + EI + OM + 2 ª fase