Full text
37 O desemprego e as repercusións emocionais: análise subtraída dun curso de formación LUCÍA CASAL DE LA FUENTE Universidade de Santiago de Compostela 1. INTRODUCIÓN A necesidade de avaliar as políticas económicas foise impoñendo, aínda que ben é certo que España foi un dos países no que foi máis visible a lentitude (Malo, 2003). Entre as súas diferentes vertentes, dentro destas, as políticas de emprego foron crecendo significativamente (Mato e Cueto, 2008), desenvolvendo e avaliando tanto formación ocupacional para desempregados/as como formación continua para persoas con emprego. Centrándonos na formación para desempregados/as, cabe destacar a súa vital importancia, e máis nestes tempos de crise económica que indubidablemente repercuten negativamente na oferta laboral. Esta formación pode, por un lado, resultar un apoio psicosocial e instrutivo enriquecedor para os/as usuarios/as, que os/as axuda nos procesos de busca de emprego, na mellora dos seus currículos e en definitiva, na mellora da súa empregabilidade. E por outro lado, esta formación pode que non supoña beneficios indiscutibles, de acordo cos estudos de Mato e Cueto (2008) e outros que se levaron a cabo no estranxeiro (Heckman, Lalonde e Smith, 1999; Raaum e Torp, 2002). O que ben é certo, é que o desemprego constitúe unha fase pola que moitas persoas pasan e á que deben encarar, e como calquera fase do noso ciclo vital, esta vai acompañada de sentimentos e de sensacións que se pretenden analizar nesta comunicación. ACTAS XV CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO 38 2. AS ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS/AS Dentro da formación non regulada para o emprego, as accións de formación para desempregados/as proliferaron nos últimos anos. A formación tornouse unha necesidade social cuxa satisfacción parece inevitable por parte da política pública, mantendo plans de formación desde os diferentes niveis de goberno e por varias axencias (Mato e Cueto, 2008). A formación neste eido ten como obxectivo mellorar as perspectivas de emprego da poboación activa. O desenvolvemento da política de formación veuse favorecido porque fomenta o incremento e produtividade en relación aos/ás desempregados/as e estimula a oferta de traballo, contribuíndo ao axuste entre esta e a demanda de traballo. Un exemplo de acción formativa neste contexto teórico foi a denominada «Habilidades formativas para os procesos de inserción laboral», organizada polo Concello de Santiago de Compostela (Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, a través da Axencia Local de Colocación) no mes de decembro de 2012. Estas actividades estaban dentro do marco do programa de formación e orientación laboral «Condúce-t ao emprego». Nel me centrarei para desenvolver a presente comunicación. 3. UN EXEMPLO DE ACTIVIDADE FORMATIVA Dentro das accións formativas mencionadas, un dos cursos levaba por título «Actitude positiva cara a busca de emprego». Eu estaba presente como asistente, e en calidade de observadora participante recollín os datos seguintes. 3.1. A metodoloxía e o desenvolvemento Co gran grupo que asistiu a dito curso (un total de 49 asinantes, 34 mulleres e 15 homes, de idades diversas), a moderadora propuxo que se dividira o grupo en cinco subgrupos, seguindo as seguintes pautas:
O desemprego e as repercusións emocionais: análise subtraída dun curso de formación 39 - Persoas que nunca traballaron e que se atopan en busca do primeiro emprego. - Persoas que levan menos de dous meses no desemprego. - Persoas que levan entre dous e seis meses no desemprego. - Persoas que levan entre seis e doce meses no desemprego. - Persoas que levan máis dun ano no desemprego. Os/as participantes dividíronse en grupos bastante equitativos, sendo o máis numeroso o último, de parados/as de longa duración. As persoas pertencentes de cada subgrupo debían falar sobre como se sentían con respecto á busca de emprego. Unha persoa por equipo debía recoller as principais ideas para posteriormente expoñelas en gran grupo. 3.2. Resultados Logo dunha media hora aproximada de discusión, comentáronse os resultados, que son os que aquí se sintetizan: - Persoas que nunca traballaron e que se atopan en busca do primeiro emprego. Rematado o seu proceso de formación inicial, teñen moitas ganas de traballar. Atópanse na busca activa de emprego e están en mobilización. Aínda así, non deixan de pensar en seguir formándose, dada a gran oferta formativa que se ofrece, para poder especializarse. - Persoas que levan menos de dous meses no desemprego. Entre estas persoas diferenciáronse dúas claras posturas: os/as que se senten ben e os/as que se senten mal. En xeral demostran unha actitude positiva de cara á reciclaxe de coñecementos e unha apertura a posibilidades que con anterioridade non se contemplaban. Os/as que afirman sentirse ben séntense motivados/as para seguir co proceso de busca, e os/as que asenten sentirse mal teñen medo e incerteza diante do que pasará. - Persoas que levan entre dous e seis meses no desemprego. Notan o paso do tempo efémero e o factor económico comeza a aflixilos/as. Algunha persoa fixo referencia a que aínda que non leva demasiados meses no paro, a idade que ten constitúe un hándicap claro no mercado de traballo actual, e algunha outra fixo referencia a que os primeiros meses son como se se tomaran unhas ACTAS XV CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO 40 vacacións, pero sobre todo agora comezan a notar e a botar en falta as rutinas diarias, notando unha ausencia das mesmas. - Persoas que levan entre seis e doce meses no desemprego. As persoas pertencentes a este grupo destacaron a pouca responsabilidade política que se asume en temas de desemprego, notando que os/as políticos/as están priorizando outros temas. Aínda que ben é certo que a situación non axuda, sinalan que os medios de comunicación fan máis dura a asimilación e aumentan o nerviosismo. Algún membro deste grupo afirmou non acender a televisión ou cambiar de canle cando saían noticias sobre o paro, cuxo discurso non axudaba ou mesmo deprimía de máis. Por un lado destacaron sentir unha gran frustración e desesperación, sentíndose que «todo vale» e por outro, comezan a notar que a falta de ingresos non permite cubrir as necesidades de formación que ao mellor precisarían. - Persoas que levan máis dun ano no desemprego. O desánimo e a tristeza xeneralizada son se cadra as palabras que máis se repetiron. Quizais porque anos atrás era máis doado atopar traballo: acababas nun e atopabas noutro. Afirman sentirse nunha etapa de tranquilidade, no sentido de que «non es ninguén» e non te valoran como traballador/a, mais é unha tranquilidade que asusta. Son persoas ás que agora lles custa bastante levar unha rutina diaria, están moi acostumadas a traballar durante bastante tempo seguido e agora notan que lles sobra o tempo aínda tendo fillos e ocupacións. Algúns/as pensan retomar estudos, aínda que teñen dúbidas sobre o campo no que formarse, e sobre todo abrir o abano: xa non só buscar traballo na propia cidade na que viven senón abrirse por exemplo a toda Galicia. 4. CONCLUSIÓNS A partir desta experiencia podemos sintetizar o ciclo do/a desempregado/a dende o punto de vista emocional. En resumo, as fases deste ciclo son: - FASE A: rematada unha formación inicial, hai moitas ganas de traballar, búscase activamente emprego e pénsase incluso na continuación da formación para chegar a unha especialización. - FASE B: logo de algo menos de dous meses en desemprego, o/a desempregado/a abre o abano de posibilidades: pensa en buscar traballo xa
O desemprego e as repercusións emocionais: análise subtraída dun curso de formación 41 non só do seu, senón do que poda xurdir. Comeza o proceso de reciclaxe formativa, o que axuda á motivación, á par que se sinte medo e incerteza. - FASE C: chegando case ao medio ano de paro, o factor económico comeza a impacientar, o paso do tempo percíbese lento e comézanse a botar de menos as rutinas, sendo a idade un factor de desasosego nas persoas que superan os 35 anos. - FASE D: achegándonos ao ano en desocupación, xurde a frustración e a desesperación, fase na que se busca traballo do que sexa. A actitude de reciclaxe segue presente mais a ausencia de ingresos faina inviable. Comeza a ansiar o desinterese político e o pouco apoio dos medios. - FASE E: pasado o ano en busca de emprego, a tristeza e o desánimo son as principais sensacións. A xente proponse marchar da cidade que habitan para buscar outras oportunidades fóra e o tempo sobra, non saben en que ocupalo. Notan ademais unha tranquilidade e resignación que ao mesmo tempo asusta. En definitiva, e como apuntan os estudos sobre desemprego e saúde mental, obsérvase a tendencia ao empeoramento desta coa duración do desemprego (Del Pozo, Ruíz, Pardo e San Martín, 2002). Como estes mesmos autores anuncian, o malestar psicolóxico aumenta coa duración do desemprego, pero non dun xeito lineal senón que ten o seu pico no período de sete a doce meses para diminuír en períodos máis longos. Así, na Fase D notamos a desesperación e frustración, que correspondería ao período entre os seis a doce meses en paro. E pasando o ano do paro, Fase E, o pico descendería, de acordo con dito estudo, pasando a unha etapa de «tranquilidade» ou acomodación, na liña dos traballos de Warr (1987) ou Warr e Jackson (1985), citado por Del Pozo et al. (2002, pp. 440-441). 5. REFERENCIAS, BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA Del Pozo Iribarría, J. A., Ruiz, M. A., Pardo, A. e San Martín, R. (2002). Efectos de la duración del desempleo entre los desempleados. Psicothema, 14(2), 440-443. Heckman, J. J., Lalonde, R. J. e Smith, J. A. (1999). The economics and econometrics of active labour market programs. En O. C. Ashenfelter e D. Card (Eds.), Handbook of Labor Economics (vol. 3) (pp. 1865-2097). North-Holland: Elsevier. ACTAS XV CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO 42 Malo Ocaña, M. A. (2003). La formación para el empleo: una evaluación cuasiexperimental. Revista de Economía Aplicada, XI(32), 135-142. Mato Díaz, J. e Cueto Iglesias, B. (2008). Efectos de las políticas de formación a desempleados. Revista de Economía Aplicada, XVI(46), 61-83. Raaum, O. e Torp, H. (2002). Labour market training in Norway-effect on earnings. Labour Economics, 9(2), 207-247.