Full text
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Licenciatura en Medicina Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía Mª del Carmen Peteiro García Departamento de Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía Facultade de Medicina e Odontoloxía 6 Enfermidades de transmisión sexual Sífilis 9788498 879018 ISBN 978-84-9887-901-8
Enfermidades de transmisión sexual Sífilis 6 Mª del Carmen Peteiro García Departamento de Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía Facultade de Medicina e Odontoloxía
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1119-2012 ISBN 978-84-9887-901-8
UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis- 3 MATERIA: Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía. TITULACION: Licenciatura en Medicina. CURSO: 6º DESTINATARIOS: Estudantes de 6º curso Medicina PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente Unidade Didáctica PROGRAMA TEÓRICO Módulo I. DERMATOLOXÍA XERAL Unidade 1. Introdución. Concepto da Dermatoloxía. Semioloxía xeral dermatolóxica. Unidade 2. Terapéutica Dermatolóxica. Módulo II. DERMATOLOXÍA ESPECIAL Unidade 3. Enfermidades de etioloxía coñecida. Afeccións zooparasitarias Enfermidades causadas por fungos Enfermidades bacterianas Micobacteriose Enfermidades producidas por virus Afeccións metabólicas e carenciais Unidade 4. Reaccións cutáneas e síndromes de causa complexa ou indeterminada. Reaccións de hipersensibilidade: Urticaria/Anxioedema. Toxicodermias Eccemas 1: Dermatite atópica Eccemas 2: Dermatite de contacto. Outros eccemas. Procesos eritemato-escamosos: Psoríase Outros procesos eritemato-escamosos: Dermatite seborreica, pitiriase rosada de Gibert, parapsoríase, liqueruber plano. Manifestacións cutáneas dasconectivopatías Púrpuras, vasculite, síndromes nodulares Enfermidades que provocan ampolasautoinmunes Alteracións da queratinización: Estudo das afeccións máis frecuentes Afeccións dos anexos: acne vulgar, rosácea. Unidade 5. Procesos proliferativos e neoplásicos. Sarcoidose, mastocitose, histiocitose. Linfomas cutáneos: Estudo especial da micose fungoide e síndrome de Sézary. Neurocristopatías. Anxiomas Precancrocutáneo-mucoso Cancro cutáneo-mucoso Tumores pigmentarios Módulo III. VENEREOLOXÍA Unidade 6. Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis. SEMINARIOS Seminario 1
4- UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis Anamnese xeral e específica en Dermatoloxía. Exploración física xeral e dermatolóxica. Técnicas diagnósticas complementarias. Luz de Wood, diascopia, dermatoscopia. Diagnóstico dos procesos cutáneos mediante métodos de laboratorio: tests cutáneos, biopsia cutánea (estudo por histopatoloxía convencional, inmunopatoloxía, microscopia electrónica, cultivo tecido lesional), mostra de exudados, escamas, pelos para estudo micolóxico, de parasitos cutáneos, de infeccións cutáneas. Seminario 2 Principais lesións elementais histolóxicas e a súa correlación coas alteracións clínicas máis representativas de cada alteración. Estudo especial do prurito como síntoma dermatolóxico Seminario 3 Terapéutica física: radioterapia, fototerapia, diatermia. Terapia fotodinámica. Cosmética dermatolóxica. Cirurxía dermatolóxica: Indicacións e métodos xerais. Técnicas de excisión, sutura, colgallos máis frecuentes, enxertos, microenxertos. Procedementos alternativos: curetaxe, criociruxía, electrociruxía, electrodesecación, fulguración, laserterapia. Seminario 4 Sarna, pediculose, botón de Oriente Seminario 5 Micose superficiais e virus Seminario 6 Tuberculose/Micobacteriose. Lepra Seminario 7 Dermatose víricas Seminario 8 Manifestacións cutáneas metabólicas e carenciais. Porfiria, pelagra, diabete. Seminario 9 Diagnóstico do eccema de contacto. Procesos fotoinducidos (fototoxia, fotoalerxia) Seminario 10 Estudo do doente con alopecia. Estudo especial das discromías cutáneas. Seminario 11 Procederes diagnósticos das principais conectivopatías Seminario 12 Enfermidades ampolosasautoinmunes. Procederes diagnósticos Seminario 13 Radiación solar e pel. Fotoavellentamento. Estudo especial do precancro cutáneo. Seminario 14 Estudo do doente con cancro cutáneo Seminario 15 Estudo do doente con melanoma Seminario 16 Principais manifestacións cutáneas do síndrome da inmunodeficiencia humana (SIDA). Seminario 17 Úlceras xenitais venéreas non sifilíticas. Síndrome uretrite-cervicite.
UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis- 5 PROGRAMA PRÁCTICO Discusión de casos clínicos (15 horas) con presentación e discusión en grupos, correspondentes a: Dermatose parasitarias, bacterianas e enfermidades causadas por fungos. Tuberculose, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades por virus. Dermatose eritemato-descamativas. Conectivopatías. Ampolasautoinmunes, púrpuras. Cancro cutáneo. Melanoma. Prácticas tuteladas no Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) e Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) (36 horas). Nelas introdúcese ó estudante na realización dunha historia clínica dermatolóxíca, no recoñecemento das principias lesións cutáneas que conforman o cadro clínico morfolóxico do doente e oriéntase na selección de probas complementarias de carácter xeral para chegar a un diagnóstico e na realización de métodos de diagnóstico propios da especialidade (luz de Wood, toma de escamas, visualización de parasitos, exame do treponema no microscopio co campo escuro)
6-
UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis- 7 ÍNDICE Contextualización ........................................................................................ 9 Xustificación .............................................................................................. 9 Os obxectivos .............................................................................................. 9 A metodoloxía ............................................................................................ 10 Os contidos ............................................................................................ 10 1. Definición de enfermidade venérea, de transmisión sexual e enfermidadexenital ....................................................................................... 10 2. Principaisetioloxías das enfermidades de transmisión sexual .... 11 3. Sífilis ............................................................................................ 11 3.1. Aspectos históricos ...................................................... 11 3.2. Etioloxía ....................................................................... 11 3.3. Mecanismo transmisión ............................................... 11 3.4. Evolución da sífilis ....................................................... 12 3.5. Clínica do período primario .......................................... 13 3.6. Clínica do período secundario ..................................... 14 3.7. Clínica da sífilis tardía .................................................. 16 3.8. Sífilis conxénita ............................................................ 16 3.9. Diagnóstico da sífilis .................................................... 16 3.10. Tratamento da sífilis .................................................. 17 3.11. Seguimento do paciente ............................................ 17 Actividades propostas ............................................................................... 17 Avaliación da UD ........................................................................................ 18 Bibliografía .................................................................................................. 19
14- UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis Fig.4 Chancro luético Fig.5 Chancro brando 1.7. Clínica do periodo secundario • Lesións exantemáticas: roséola. E a primeira manifestación do secundarismo. (Fig. 6) • Placas mucosas, acompañando a roséola ou soas. Poden verse coa roséola. • Leucomelanodermia, no pescozo e chamado “colar de Venus” e na fronte “coroa de Venus”. • Lesións papulosas: Con frecuencia aparecen despois da roséola. Son pápulas eritematosas de tamaño pequeno localizadas na cara, infiltradas, induradas, non prurixinosas, arredor dos orificios naturais. Poden presentar unha descamación difusa ou periférica -collarete de Biett-. (Fig.19) • Sifílides seborreicas, localizadas na fronte, rexión medio torácica anterior, sucos nasoxenianos. • Sifílides psoriasiformes, cubertas as pápulas por escama esbrancuxada ou branco-nacarada, localizadas nas comisuras, pregamentos de flexión, sucosnasoxenianos, palmas e plantas. Nesta última localización toman unha cor amarela sendo dolorosas a presión -clavi sifilíticos-. • Sifílides pápulo-erosivas, moi contaxiosas, localizadas na rexión ano-xenital onde pola maceración toman aspecto vexetante con superficie erosiva. Son chamados condilomas planos e recordan os condilomas acuminados producidos polo virus do papiloma humano. (Fig.18) • Sifílides pápulo-pustulosas, en ocasións de localización folicular. • Lesións ulcerosas. ( Fig.15, 16 e 17) • Perionixe nos dedos das mans e dos pés. • Alopecia en claros, fundamentalmente na rexión temporal e occipital. Son áreas alopécicas xeralmente numerosas. Nalgúns casos pode aparecer unha alopecia difusa que semella a que aparece noutros procesos infecciosos. (Fig.14) Fig.6 Lúes secundaria Fig.7 Lúes secundaria Fig.8 Lúes secundaria
UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis- 15 Fig.9 Lúes secundaria Fig.10 Lúes secundaria Fig.11 Lúes secundaria Fig.12 Lúes secundaria Fig.13 Lúes secundaria Fig.14 Alopecia en claros Fig.15 Sifílide ulcerosa Fig.16 Sifílide ulcerosa Fig.17 Sifílide ulcerosa Fig.18 Condilomas planos Fig.19 Collarete de Biett 1.7.1. Sintomatoloxía xeral e doutros órganos Neste período poden presentarse síntomas xerais e doutros órganos: • Malestar xeral, con perda de peso, dores de cabeza, febrícula, mialxias. • Sangre: anemia, leucocitose, aumento da velocidade de sedimentación. • Adenopatías múltiples (cervicais, subocipitais, inguinais, axilares, epitrocleares) case sempre simétricas, bilaterais e non dorosas. • Hepatite (10% son subclínicas) con esplenomegalia. Gastrite • Lesións osteolíticas que ocasionan dores nocturnos • Periostite na tibia, esterno e costelas. • Artrite • Afectación do sistema nervioso central: meninxite. Xordeira por afectación do VIII par e síntomas vestibulares
16- UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis • Glomerunefrite aguda • Uveíte, iridociclite, coriorretinite. 1.8. Clínica sífilis tardía Neste período as lesións son escasas e agrupadas, pouco infecciosas e clinicamente son lesións tuberosas e gomosas. As lesións tuberosas que se localizan na cara teñen tendencia a medrar pola periferia orixinando un crecemento serpixinoso. Se invaden en profundidade na cara orixinan unha sífilis mutilantecentro-facial que semella un epitelioma. Se afecta ás palmas e plantas poden evolucionar a unha queratodermia. As lesións gomosas son hipodérmicas, evolucionan cara á ulceración e deixan cicatriz residual. Teñen tendencia a localizarse na fronte e na rexión temporal. As lesións gomosas poden tamén aparecer na lingua, beizos, glande, veo do padal e provocar a súa destrución nesta localización. Ademais poden producirse ulceración de estruturas óseas e cartilaxinosas da pirámide nasal 1.8.1. Sintomatoloxía visceral • Sistema nervioso • Sistema cardiovascular • Ósea 1.9. Sífilis conxénita A sífilis conxénita prodúcese por transmisión da enfermidade vía maternofetal. O treponema pallidum pode atravesar a placenta moi precozmente pero o sistema inmunitario do feto non é capaz de dar unha resposta ata a semana dezaoito, polo que non se producirán aborto ou feto morto ata ese momento. Se sobrevive, ó nacer pode presentar unha sífilis conxénita. Xeralmente son nenos prematuros, con pouco peso pero sen síntomas. Ás catro semanas de vida poden presentar clínica de sífilis secundaria semellante á do adulto pero máis grave. Nun 80% de casos presentan unha rinite sifilítica, ocasionando unha rotura dos ósos propios do nariz. Ademais hai afectación visceral e a partir dos dous anos presentan lesións de sífilis tardía. 1.10. Diagnóstico da sífilis • Clínica • Visualización do treponema co microscopio de campo escuro • Detección serolóxica de anticorpos reaxínicos ou inespecíficos • Demostración de anticorpos específicos contra o treponema. As probas reaxínicas son moi sensibles e pouco específicas, mentres que as segundas son moi específicas pero á hora de facelas moi complexas. Na práctica aconséllase facer unha reaxínica e outra treponémica para confirmar o diagnóstico. Hai que ter en conta que podemos encontrar falsos
UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis- 17 positivos por outras enfermidades intercorrentes como a borreliose, o paludismo, tuberculose, lepra, mononucleose infecciosa, sarampelo, hepatite ou herpes. Ademais algunhas enfermidades autoinmunes como o lupus sistémico, anemia hemolítica, síndrome de Sjögren, artritereumatoide, tiroidite tamén poden ser falsos positivos. 1.11. Tratamento A dificultade de controlar as ETS vai unida á aparición de resistencias ós antibióticos. Por iso, para evitar problemas sanitarios, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e o centro de control de enfermidades infecciosas de Atlanta, elaboran unhas recomendacións que son revisadas periodicamente. Estas recomendacións tratan de reforzar o papel do diagnóstico microbiolóxico (premisa inescusable antes de facer un tratamento de unha ETS) e ditan unhas normas terapéuticas segundo o axente etiolóxico detectado. O mellor medicamento para o tratamento da sífilis é a penicilina, que se administra de acordo a unhas pautas segundo a evolución da enfermidade teña menos dun ano de evolución ou máis dun ano. • Sífilis de menos dun ano de evolución • Sífilis de mas dun ano de evolución • Sífilis en embarazadas • Sífilis neurolóxica. En persoas alérxicas a penicilina debemos usar doxiciclina, tetraciclina ou eritromicina,tendo en conta os posibles efectos secundarios. 1.12. Seguimento do paciente O seguimento debe facerse sempre mediante seroloxía reaxínica e estas probas tardarán máis ou menos en negativizarse dependendo do momento evolutivo da enfermidade no que facemos o diagnóstico ACTIVIDADES PROPOSTAS • Asistencia e participación interactiva na discusión de casos clínicos. Despois da presentación dos casos faise a discusión en grupos ou conxunta. • Prácticas clínicas nas diferentes unidades das que dispoñen os Servizos de Dermatoloxía dos hospitais clínicos universitarios CHUS, CHUAC e CHUVI (Santiago, Coruña e Vigo) integrándose na práctica clínica rutineira.
18- UNIDADE DIDÁCTICA VI: Enfermidades de transmisión sexual. Sífilis AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Os contidos teóricos avaliaranse mediante exame escrito. O exame constará de preguntas curtas e preguntas test, nas que se avaliará a adquisición por parte dos estudantes dos coñecementos teóricos explicados na unidade didáctica. A avaliación práctica levarase a cabo cun exame práctico mediante a exposición de varios casos clínicos. Ó alumnadopreséntaselle un resumo da historia clínica cos seguintes datos: Motivo da consulta, os antecedentes persoais e familiares, a exploración física. Con estes datos fáiselle unha serie de preguntas, como ¿Que diagnóstico che suxire? ¿Que probas complementarias precisarías para levar a cabo ese diagnóstico? ¿Precisaría tratamento? Indica cal e por que. ¿Que patoloxía asociada pode sufrir? BIBLIOGRAFÍA Libros BRAUN-FALCO, O., PLEWIG, G., WOLF, H.H., WINKELMANN, R.K. (2008): Dermatología.Springer-Verlag Ibérica, 4ª ed., España. (castelán). LÁZARO OCHAITA, P. (2003): Dermatología, 4ª ed.,Meditecnica SA, España. (castelán). MASCARÓ, J.M. (2008): Claves para el diagnóstico clínico en Dermatología3ª ed.,Elsevier. España. (castelán). WOLFF, K., GOLDSMITH, L.A., KATZ, S.I., GILCHREST, B.A., PALLER, A.S., LEFFEL, D.J.(2009): Fitzpatrick. Dermatología en Medicina General. 7ª ed. Editorial Medica Panamericana, 7ª ed., España. (castelán). Artigos de revisión Centers for Disease Control and Prevention: SexuallyTransmitteddiseasestreatmentguidelines. (2006) .MMWR Morb Mortal WklyRep 55; 22-48. YOUNG, H. (2000). Guidelines for serologicaltesting for syphilis. SexuallyTransmitedInfectious 76; 403-432. Recursos en Internet www.dermatoweb.net (14-02-2012) www.uv.es/derma (14-02-2012) www.derm101.com (14-02-2012) http://www.dermquest.com (14-02-2012)
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Licenciatura en Medicina Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía Mª del Carmen Peteiro García Departamento de Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía Facultade de Medicina e Odontoloxía 6 Enfermidades de transmisión sexual Sífilis 9788498 879018 ISBN 978-84-9887-901-8