Full text
Ciencias Sociais e Xurídicas SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MATERIA Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico TITULACIÓN Grao en Economía unidade didáctica 1 Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade María del Carmen Sánchez Carreira, Óscar Rodil Marzábal Departamento de Economía Aplicada Economía Aplicada Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño e maquetación J. M. Gairí Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela ISBN 978-84-15876-58-8 Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 2 ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 3 MATERIA: Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico TITULACIÓN: Grao en Economía PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Desenvolvemento Económico: Conceptos, teorías e realidade Introdución Desenvolvemento e subdesenvolvemento A economía do desenvolvemento e as diversas teorías A configuración do centro e a periferia na economía mundial: do imperialismo ao neoimperialismo e mundialización O desenvolvemento capitalista no centro e na periferia As relacións centro-periferia A débeda externa e a axuda ao desenvolvemento como mecanismos de dependencia Os países subdesenvolvidos na economía mundial actual Unidade II. Os recursos naturais e a cuestión ambiental Introdución O ambiente no pensamento económico As funcións económicas dos ecosistemas Os problemas ambientais Definición e tipoloxía de recursos naturais Enfoques sobre economía e medio natural A contabilización dos recursos naturais e o medio ambiente: dificultades e alternativas Os límites ecolóxicos ao crecemento. A posibilidade dun desenvolvemento sustentable? Unidade III. Os sectores económicos a nivel mundial e a súa influencia no desenvolvemento Introdución A agricultura e a alimentación a nivel mundial A industria e os procesos industrializadores no mundo A terciarización da economía mundial Unidade IV. Crise, desigualdade e pobreza Introdución Análise espacial da economía mundial Heteroxeneidade e desigualdades no crecemento As crises actuais: contradicións do desenvolvemento capitalista As diferentes crises do sistema capitalista A concentración a escala mundial e a internacionalización da pobreza ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 4 ÍNDICE PRESENTACIÓN Os obxectivos Os principios metodolóxicos Os contidos básicos 1. Introdución 2. Desenvolvemento e subdesenvolvemento 3. A economía do desenvolvemento e as diversas teorías 3.1. O nacemento da economía do desenvolvemento 3.2. As teorías sobre o desenvolvemento económico 4. A configuración do centro e a periferia na economía mundial: do imperialismo ao neoimperialismo e mundialización 4.1. A expansión do capitalismo: o imperialismo 4.2. Os procesos de independencia: neoimperialismo e neocolonialismo 4.3. Quebras históricas do sistema 5. O desenvolvemento capitalista no centro e na periferia 6. As relacións centro-periferia 7. A débeda externa e a axuda ao desenvolvemento como mecanismos de dependencia 7.1. A débeda externa e a crise do sistema monetario internacional 7.2. A axuda ao desenvolvemento como mecanismo de dependencia 8. Os países subdesenvolvidos na economía mundial actual Actividades propostas Avaliación da unidade didáctica Anexos Anexo 1. Actividades sobre a realidade socioeconómica dos países desenvolvidos e subdesenvolvidos Anexo 2: Comentario de texto Bibliografía
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 5 PRESENTACIÓN A unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao en Economía. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE nº 56, de 5 de marzo de 2010), dita materia ten carácter obrigatorio. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTs e temporalmente impártese no segundo cuadrimestre. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do contexto económico real no que desenvolverá a súa futura actividade profesional. Ademais, preténdese que con estas materias o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial, europea, española e galega, que están suxeitas a cambios continuos. Como se pode observar na seguinte figura, o módulo comeza coa materia Estrutura Económica Mundial I de primeiro curso, continuando en segundo coa materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico. Posteriormente, en terceiro curso, impártense as materias Estrutura Económica de España e da Unión Europea, Estrutura Económica de Galicia e, Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. Por último, no cuarto curso, ofértase a materia optativa de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade. MATERIAS OPTATIVAS ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 6 Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico é continuación da materia Estrutura Económica Mundial I. A organización didáctica conxunta das dúas materias pretende que o alumnado dispoña duns coñecementos teóricos que lle permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía; dotar ao alumnado dun coñecemento básico da estrutura e configuración da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías europea, española e galega. A finalidade é que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais con referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e, coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación. A programación docente da materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico está formada por catro unidades didácticas, como se indica no seguinte diagrama. Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico Unidade I. Desenvolvemento Económico: Conceptos, teorías e realidade Unidade II. Os recursos naturais e a cuestión ambiental Unidade III. Os sectores económicos a nivel mundial e a súa influencia no desenvolvemento Unidade IV. Crise, desigualdade e pobreza Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico Unidade I. Desenvolvemento Económico: Conceptos, teorías e realidade Unidade II. Os recursos naturais e a cuestión ambiental Unidade III. Os sectores económicos a nivel mundial e a súa influencia no desenvolvemento Unidade IV. Crise, desigualdade e pobreza Aquí preséntase a primeira unidade, que aborda o desenvolvemento económico, dende unha perspectiva conceptual, teórica e de evolución histórica. Tamén se centra na análise das relacións entre desenvolvemento e subdesenvolvemento e, da realidade económica mundial actual, prestando especial atención ás características e problemas dos países non desenvolvidos. Esta unidade é de carácter introdutorio, mais resulta fundamental para a comprensión da economía mundial e a dicotomía desenvolvemento-subdesenvolvemento. Está directamente relacionada coas outras tres unidades. Na segunda unidade analízase a cuestión ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 7 ambiental e a importancia dos recursos naturais como factores para o crecemento económico e para acadar o desenvolvemento sustentable. Na terceira unidade estúdanse as características actuais dos distintos sectores económicos no ámbito desenvolvido e no subdesenvolvido, os elementos claves no evolución dos distintos sectores e a súa influencia no desenvolvemento. Por último, a unidade catro trata a análise espacial da economía mundial, destacando a heteroxeneidade existente non só entre as áreas desenvolvidas e as non desenvolvidas e as desigualdades no crecemento, senón tamén a crecente diversidade dentro do mundo non desenvolvido. Ademais, abórdanse as crises económicas do sistema capitalista e as súas consecuencias, prestando especial atención á crise actual. Esta unidade diríxese ao alumnado de segundo curso de Grao en Economía matriculado na materia. Asemade, pode resultar de utilidade para o profesorado que imparte docencia tanto nese curso, como no módulo de Estrutura Económica e Desenvolvemento, para que teña un coñecemento máis preciso dos contidos abordados nesta materia e das actividades realizadas. Así, pode servir como instrumento para a coordinación de materias (en sentido horizontal e vertical), buscando sinerxías que resulten nunha mellor formación e máis integral e, que tamén eviten o solapamento de contidos que non estean pensados como un reforzo da formación. Os contidos desta unidade didáctica impartiranse en 16 horas, sendo 10 expositivas e 6 interactivas. Queremos facer explícito o noso agradecemento ao alumnado matriculado na materia correspondente ao Grupo Expositivo 2 (quenda de tarde) dende o curso 2009/2010 ata o 2012/2013, pola súa colaboración para contribuír colectivamente a unha mellor docencia e formación. Un recoñecemento especial para o último curso (2012/2013), pois coa manifestación das súas inquedanzas intelectuais e unha actitude moi positiva, activa e colaboradora, demostraron que o proceso de ensinoaprendizaxe é interactivo, podendo xogar o alumnado un papel protagonista na súa formación e non converterse en simple receptor do que o profesorado pretende transmitir. Asemade, esa dinámica de participación con contribucións de interese e a procura continuada da reflexión e do debate leva a ampliar e reforzar os coñecementos, pero aínda máis importante ao desenvolvemento doutras capacidades como as actitudes e os valores. Estas capacidades son importantes no proceso de formación, mais tamén para a súa futura actividade profesional. Por último, un agradecemento ao profesor Xoán Ramón Doldán García, pola súa colaboración e bo facer durante todo o tempo que compartimos a docencia desta materia. OS OBXECTIVOS A materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico impartida no segundo curso é continuación de Estrutura Económica Mundial I. Conxuntamente estas materias pretenden que o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 8 para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial. Tamén ofrecen a base para a aplicación en cursos posteriores da análise estrutural ao estudo da economía europea, española e galega, así como as posibilidades de desenvolvemento no eido rexional e local e dende unha perspectiva sustentable. Os obxectivos da materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico son os seguintes: — obxectivo xeral 1: Dispoñer duns coñecementos teóricos que permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial; — obxectivo xeral 2: Analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica; — obxectivo xeral 3: Interpretar as características actuais da economía mundial con referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos; — obxectivo xeral 4: Coñecer os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación; — obxectivo xeral 5: Detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, como as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes, os problemas globais ou os aspectos institucionais; — obxectivo xeral 6: Coñecer as características das estruturas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven ditas relacións; — obxectivo xeral 7: Coñecer e valorar a diversidade das estratexias de desenvolvemento. As competencias da titulación ás que contribúe a materia son as seguintes: — competencia xeral 1: Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas, desenvolvendo a capacidade analítica; — competencia xeral 2: Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito económico; — competencia xeral 3: Saber organizarse colectivamente para a realización de traballos en equipo. As competencias específicas desta materia son as seguintes: — competencia específica 1: Coñecer os conceptos e técnicas básicas da economía aplicada necesarios para a comprensión dos contidos da materia; ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 9 — competencia específica 2: Coñecer e interpretar a realidade económica mundial e os seus cambios e interrelacións; — competencia específica 3: Comprender o papel e funcionamento das institucións económicas internacionais; — competencia específica 4: Familiarizarse coas fontes de información estatística de carácter periódico sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia; — competencia específica 5: Familiarizarse coa prensa económica e realizar un seguimento da actualidade económica a nivel mundial, para comprobar na realidade a comprensión dos contidos da materia. A primeira unidade didáctica aborda o desenvolvemento económico, as diferenzas e relacións entre desenvolvemento e subdesenvolvemento, a realidade económica mundial actual e os problemas dos países non desenvolvidos. Tendo en conta os obxectivos propostos nesta unidade, á súa finalización o alumnado deberá ser capaz de: — obxectivo 1: Coñecer o concepto de desenvolvemento e a súa evolución e comprender a natureza multidimensional do desenvolvemento; — obxectivo 2: Comprender a realidade do desenvolvemento e do subdesenvolvemento e as súas relacións; — obxectivo 3: Identificar as economías desenvolvidas, subdesenvolvidas e emerxentes segundo os criterios de medición e indicadores utilizados a nivel internacional; — obxectivo 4: Coñecer as distintas teorías explicativas do desenvolvemento e valorar a súa aplicabilidade á realidade económica actual, tanto a nivel mundial como dun país ou rexión; — obxectivo 5: Coñecer o proceso de conformación do centro e da periferia no sistema económico mundial; — obxectivo 6: Analizar as relacións (económicas) entre centro e periferia e as súas consecuencias, especialmente no ámbito comercial e financeiro; — obxectivo 7: Estudar a orixe do problema da débeda externa, as súas consecuencias e as posibles alternativas para aliviar o problema; — obxectivo 8: Coñecer os mecanismos de axuda externa e analizar as súas implicacións para a dependencia; — obxectivo 9: Afondar na realidade económica dos países subdesenvolvidos no sistema mundial e identificar os principais problemas aos que se enfrontan os países non desenvolvidos; ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 16 4.2. Os procesos de independencia: neoimperialismo e neocolonialismo O proceso de descolonización ten lugar, fundamentalmente, despois da Segunda Guerra Mundial. Nese contexto, consolídase o Sistema Económico Mundial, coincidindo os procesos de neoimperialismo e mundialización económica. A principal forma de internacionalización é o capital produtivo, aparecendo as multinacionais. 4.3. Quebras históricas do sistema Como consecuencia do desenvolvemento do capitalismo e a súa expansión cara ao exterior, as formacións sociais non capitalistas convértense en colonias, que sofren unha forte desestruturación económica e social. Esa situación tradúcese en inestabilidade, que nalgúns casos conduciu a procesos de desconexión co Sistema Capitalista Mundial. O caso máis destacado é o da revolución rusa e a súa extensión cara aos países socialistas da súa órbita. Tamén se analizará a experiencia chinesa. 5. O desenvolvemento capitalista no centro e na periferia As diferenzas entre o capitalismo nos países do centro e nos periféricos son notables. A principal diferenza está representada polo carácter autónomo do capitalismo no centro e, en cambio, o seu carácter inducido, externo ou dependente na periferia. O modelo de acumulación capitalista na periferia presenta como características a especialización, extraversión, desarticulación, desintegración e dependencia. Todos estes trazos reflíctense na dependencia dos países periféricos, tanto en termos comerciais, como tecnolóxicos ou económicos. Polo tanto, poden distinguirse dous tipos de desenvolvemento do capitalismo: o autocentrado, característico do centro; e o extravertido, propio da periferia, que favorece o subdesenvolvemento. 6. As relacións centro-periferia Unha vez identificadas as características estruturais do centro e da periferia e as diferenzas dos seus modelos de acumulación, deben analizarse as súas relacións económicas. A importancia deste tema é maior se temos en conta que esas relacións actúan, á súa vez, como mecanismo de reprodución da estrutura económica mundial. Por outra banda, as relacións económicas centro-periferia son consecuencia das características estruturais, como a especialización produtiva dos distintos territorios. Outro elemento que se debe considerar é a política comercial seguida polos países desenvolvidos. O principal aspecto que se debe estudar é o comercial, pois o ámbito financeiro abórdase no seguinte apartado. Trátase de comprobar se o comercio mundial favorece o desenvolvemento dos países periféricos ou, se pola contra, o obstaculiza. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 17 Analizarase tanto a participación actual no comercio mundial total e por tipos de produto das distintas rexións, segundo nivel de desenvolvemento, como a súa evolución ao longo do tempo. Así, constatarase a crecente importancia de Asia no comercio mundial durante as últimas dúas décadas. Pola contra, o continente africano presenta un carácter marxinal no comercio mundial. En todo caso, os principais cambios na distribución territorial do comercio obsérvanse dentro do grupo, máis que entre países centrais e periféricos. Así, cada un deses polos, en conxunto, tende a manter a súa importancia, polo menos ata finais do século XX. Asemade, os cambios no tipo de produto no que están especializadas as rexións limítanse aos novos países industrializados do Leste de Asia e a algunhas economías emerxentes (fundamentalmente en Latinoamérica). Cómpre salientar que a dependencia comercial da periferia con respecto ao centro é nun dobre sentido: os países centrais abastecen aos periféricos de moitos produtos, pero tamén son os principais compradores dos produtos que exporta a periferia. Por último, realizarase unha referencia ao comercio tecnolóxico entre o centro e a periferia. 7. A débeda externa e a axuda ao desenvolvemento como mecanismos de dependencia Esta epígrafe aborda primeiramente o problema da débeda externa, analizando a súa orixe, as súas consecuencias e as alternativas para o alivio da débeda. En segundo lugar, analizaranse os mecanismos de cooperación e axuda externa e os seus efectos para os países non desenvolvidos. 7.1. A débeda externa e a crise do sistema monetario internacional Unha das características estruturais das economías periféricas é o seu limitado aforro interno. Polo tanto, precisan financiamento externo. Tras analizar as causas do endebedamento, defínese a débeda externa e analízase a súa composición (débeda bilateral, multilateral ou privada). A débeda externa é o conxunto da débeda que ten un país co estranxeiro. Inclúe a débeda pública e a privada, tanto de curto como de longo prazo. Máis que o valor absoluto da débeda importa o seu impacto sobre a economía, a través de indicadores relativos como: débeda externa/PIB, débeda externa/ exportacións e servizo da débeda/exportacións. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 18 Para comprender o problema da débeda externa, deben definirse os distintos tipos de fluxos financeiros e a súa evolución dende 1950. A crise da débeda externa prodúcese en agosto de 1982, cando México decide unha moratoria unilateral de pagos, dada a imposibilidade de cumprir coas súas obrigas financeiras. Ese problema estendeuse a outros países. Entre os factores causantes da crise da débeda externa, cómpre salientar a crise internacional. Como resultado, elévanse as taxas de xuro dos países centrais e o conseguinte incremento dos custos da débeda. Tamén se reduce o comercio internacional. Por último, comentaranse as distintas alternativas propostas dende os anos oitenta para resolver ou aliviar este problema e a súa efectividade. 7.2. A axuda ao desenvolvemento como mecanismo de dependencia A axuda ao desenvolvemento ten a súa orixe a mediados do século XX. Cómpre distinguir entre o concepto máis amplo de cooperación e o de axuda ao desenvolvemento, no que se require que sexa realizado por organismos oficiais e, que exista concesionalidade. Analizarase a evolución da axuda e os distintos instrumentos e formas de cooperación utilizadas, así como os novos axentes que van aparecendo. Outras cuestións que se abordarán son a suficiencia ou escaseza de recursos, o seu grao de eficacia e as distintas políticas aplicadas nos países. Como exemplo, aínda que en 1970 a ONU establece o compromiso de destinar o 0,7% do PIB á axuda ao desenvolvemento, só o cumpren moi poucos países. 8. Os países subdesenvolvidos na economía mundial actual Malia á heteroxeneidade crecente entre o mundo subdesenvolvido (aspecto que se trata na Unidade Didáctica IV), nesta última epígrafe preséntanse os trazos socioeconómicos que causan o subdesenvolvemento. No eido económico, cómpre salientar o baixo nivel de renda per cápita, o limitado aforro interno, a importancia do sector primario ou a súa inserción económica e comercial no ámbito internacional. No que se refire ao ámbito social, destacan o forte crecemento demográfico, os baixos niveis educativos e sanitarios e as elevadas desigualdades. Por último, hai que mencionar outros factores, como os aspectos institucionais. Non poden obviarse os recursos naturais e a súa relación co desenvolvemento económico. Tamén se abordan os problemas propios dos países subdesenvolvidos, como poden ser a pobreza, a desigualdade, o crecemento demográfico, a fuga de cerebros ou, o limitado peso económico e político a nivel mundial. Debateranse algunhas propostas para tratar de solucionalos. En particular, analizarase a iniciativa dos Obxectivos do Milenio. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 19 ACTIVIDADES PROPOSTAS As actividades propostas nesta unidade didáctica son de catro tipos: — En primeiro lugar, a busca e análise de datos socioeconómicos que permita coñecer mellor a realidade económica dos países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Así, traballarase cos datos socioeconómicos do Índice de Desenvolvemento Humano, con información dos Obxectivos do Milenio e con outras variables socioeconómicas básicas das áreas avanzadas, emerxentes e en vías de desenvolvemento. No Anexo I inclúese unha descrición máis detallada destas actividades. Nalgunha actividade o traballo realizarase exclusivamente na aula, mentres que en moitos casos o grupo responsable de realizar a actividade e expoñela terá que realizar un traballo previo. — En segundo lugar, realizarase a lectura e comentario de textos sobre o desenvolvemento económico, que sirvan como base para o debate. Aínda que se recomenda a lectura por parte de todo o alumnado, sempre haberá un grupo relator encargado da lectura do texto e a exposición inicial previa ao debate. Non se indican os textos a comentar porque poden aparecer outros máis recentes axeitados aos contidos da materia. No Anexo II preséntanse algúns exemplos do tipo de texto que se podería empregar nesta actividade. — Realizar un debate sobre as teorías do desenvolvemento económico, a súa vixencia e as posibilidades e estratexias de desenvolvemento para os países menos avanzados. — Comentar noticias, temas de actualidade económica ou outro material de interese como vídeos. Esta actividade pode realizarse de xeito presencial ou virtual a través dos foros. Trátase de actividades de carácter individual. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Ao igual que no conxunto da materia, esta unidade didáctica avalíase segundo o sistema de avaliación continua en tres momentos temporais: inicial, procesual e final. — Ao inicio de cada unidade didáctica, realizaranse algunhas preguntas para avaliar o nivel de coñecementos previo do alumnado e a súa homoxeneidade. Tamén se poden utilizar afirmacións sobre as que manifestarán e xustificarán o seu acordo ou discrepancia. — A avaliación procesual ten lugar ao longo de toda a unidade didáctica. Para iso faranse comentarios ou preguntas sobre contidos xa expostos, tanto ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 20 para comprobar o su nivel de comprensión e aclarar e reforzar o que sexa necesario, como para relacionalo cos novos contidos. Na medida en que xeralmente as clases interactivas están deseñadas para aplicar, reforzar ou ampliar coñecementos expostos nas clases, axudan nesta avaliación. Asemade, tamén pode contribuír a parte final da unidade didáctica na que se sintetiza e extraen conclusións que se poidan aplicar a outros contextos. — Por último, a avaliación final realízase unha vez rematada a unidade didáctica, para valorar o grao de cumprimento dos obxectivos e de adquisición de coñecementos e capacidades por parte do alumnado. No sistema de avaliación continua, a cualificación é o resultado de sumar a puntuación obtida nas preguntas do exame referidas a esta unidade e a valoración obtida nas actividades interactivas. Debe indicarse que na valoración global da materia o peso do exame final representa o 70% da cualificación e as actividades interactivas o 30%. O obxecto da avaliación desta unidade didáctica son tanto os coñecementos sobre os contidos que conforman a unidade didáctica, como as capacidades que se pretenden conforme aos obxectivos e actividades propostos. En particular, avaliarase a participación activa nas clases, a capacidade de buscar información estatística e analizala, a capacidade de sintetizar ideas dun texto e opinar fundadamente utilizando os contidos da unidade, a capacidade de traballar en grupo e as habilidades comunicativas. En canto aos instrumentos utilizados na avaliación, combínanse preguntas a desenvolver curtas no exame, coa calidade das actividades realizadas e a observación das capacidades de traballo en grupo, comunicación de ideas e participación. Tamén se emprega a observación e o conxunto de información reunida sobre cada estudante ao longo de toda a unidade didáctica, para valorar a súa evolución e mellora. Neste sentido, unha vez entregada cada tarefa, o profesorado realiza unha valoración cualitativa desa actividade, tanto no que se refire aos contidos como ás capacidades. Así, infórmase ao alumnado dos aspectos ben realizados e daqueles que pode mellorar, no sentido de estimulalos no proceso de aprendizaxe e achegarlle información útil para o seu futuro desenvolvemento académico e profesional. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 21 ANEXOS Anexo 1. Actividades sobre a realidade socioeconómica dos países desenvolvidos e subdesenvolvidos Actividade 1. Índice de Desenvolvemento Humano Esta actividade desenvolverase na aula, onde se formarán varios grupos de traballo (2-3 persoas), que tomarán como base os datos publicados no último informe sobre o desenvolvemento humano dispoñible (http://hdr.undp.org/es). As preguntas que se intentarán responder na sesión serán do seguinte tipo: 1) Indicar os 10 primeiros países segundo o IDH e os 10 últimos e comparar os valores que presentan nos distintos indicadores que se utilizan para calcular o índice. 2) Analizar os países e rexións que presentan os valores maiores e menores nas catro variables que se utilizan para calcular o Índice de Desenvolvemento Humano. 3) Comprender o significado do indicador Ingreso nacional bruto per cápita menos o ranking no IDH e sinalar os países que presentan os maiores e menores valores nese indicador. 4) Indicar o IDH dun país e determinar as compoñentes dese índice. Logo agruparse por áreas rexionais para comparar os valores de países que pertencen á mesma área xeográfica. 5) Comparar o IDH e o valor dos distintos indicadores por grupos rexionais segundo a clasificación utilizada no Informe. 6) Comentar a evolución do IDH nos distintos países dende 1980 e na última década, centrándose en identificar os países que máis melloraron o seu índice e os que menos. 7) Explicar que son o Índice de Desenvolvemento Humano axustado pola Desigualdade, o Índice de Desenvolvemento Humano axustado pola Desigualdade de Xénero e o Índice de Pobreza Multidimensional 8) Indicar os cinco países que presentan un valor máis elevado e máis baixo para cada un dos tres índices mencionados no apartado anterior. 9) Analizar as outras dimensións que aparecen no informe e os indicadores que se utilizan nos grupos rexionais segundo a clasificación utilizada nese Informe. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 22 Actividade 2. Estrutura produtiva, Comercio mundial e Desenvolvemento Nesta actividade os grupos indicados deberán buscar previamente os datos e facer unha primeira análise que se expoñerá na clase. Despois traballarase na aula con máis datos. As fontes recomendadas son as seguintes: — Banco Mundial: World Development Report ou banco de datos (http:// datos.bancomundial.org/pais). — Fondo Monetario Internacional: World Economic Outlook. — Organización Mundial del Comercio: Estadísticas del comercio internacional e Informe Anual sobre el Comercio Mundial. As preguntas que se intentarán responder na sesión son do seguinte tipo: 1) Indicar o peso na poboación, produción e exportacións mundiais das áreas avanzadas, emerxentes e en vías de desenvolvemento. 2) Indicar a participación actual no comercio mundial (exportacións e importacións) das rexións do mundo segundo a clasificación da OMC. 3) Analizar a evolución do peso de cada área nas últimas décadas (dende 1970), destacando as tendencias positivas e as negativas. 4) Identificar os principais cinco países importadores e exportadores de mercancías a nivel mundial na actualidade. 5) Analizar a composición das exportacións e importacións mundiais de mercancías por principais grupos de produtos e rexións. 6) Indicar os 5 países con maior débeda externa en termos absolutos e relativos. Actividade 3. Obxectivos do Milenio Nesta actividade combínase un traballo previo de busca de información e primeira análise por parte dos grupos indicados con traballo e debate na aula. As fontes recomendadas son as seguintes: — http://www.un.org/spanish/millenniumgoals/ — http://www.undp.org/content/undp/es/home/mdgoverview/ — http://www.worldbank.org/wdr2012 — http://data.worldbank.org/mdg-atlasdata.worldbank.org/mdg-atlas ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 23 As preguntas que se intentarán responder na sesión serán do seguinte tipo: 1) Indicar que son os Obxectivos do Milenio. 2) Analizar a evolución xeral na consecución dos Obxectivos do Milenio. 3) Analizar as áreas cun mellor cumprimento e con peor comportamento no logro deses obxectivos. 4) Analizar algunhas das iniciativas con máis éxito. 5) Debater sobre as perspectivas de futuro dos Obxectivos do Milenio e posibles estratexias para acadar o desenvolvemento. Actividades complementarias Con carácter voluntario, o alumnado poderá crear na aula virtual un glosario cos termos básicos da unidade didáctica e unha base de datos sobre o Índice do Desenvolvemento Humano. Anexo 2: Comentario de texto Os textos para o comentario serán facilitados previamente ao alumnado e non se determinan porque pode aparecer algún texto novo (sexa artigo ou capítulo de libro) que sexa de interese para a materia. Como exemplo, pode utilizarse algún capítulo dos libros que se indican a continuación: Acemoglu, Daron e James Robinson (2012): Por qué fracasan los países: los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza, Barcelona: Deusto. Chang, Ha-Joon (2004): Retirar la escalera: la estrategia del desarrollo en perspectiva histórica, Madrid: Catarata. Chang, Ha-Joon (2008): ¿Qué fue del buen samaritano?: naciones ricas, políticas pobres, Barcelona: Intermón Oxfam. Chang, Ha-Joon (2012): 23 cosas que no te cuentan sobre el capitalismo, Barcelona: Debate Milanovic, Branko (2012): Los que tienen y los que no tienen: una breve y singular historia de la desigualdad global, Madrid: Alianza. Reinert, Erik (2008): La globalización de la pobreza. Cómo se enriquecieron los países ricos… y por qué los países pobres siguen siendo pobres, Barcelona: Crítica Rodrik, Dani (2012): La paradoja de la globalización. La democracia y el futuro de la economía mundial, Barcelona: Antoni Bosch. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 24 BIBLIOGRAFÍA Preséntase a bibliografía básica, que pode servir de axuda para a preparación dos contidos desta unidade e, a bibliografía complementaria, que permite unha aproximación máis ampla ás temáticas abordadas na unidade didáctica. Asemade, ao longo do curso facilitaráselle ao alumnado material complementario, para que poida afondar naqueles aspectos que lle resulten de maior interese. Dese xeito, na aula virtual cóntase cun cartafol de material complementario, no que se inclúen artigos e referencias de textos que permiten ampliar os coñecementos sobre os contidos da unidade didáctica. Bibliografía básica Berzosa, Carlos; Pablo Bustelo e Jesús de la iglesia (coord.) (2010): Estructura económica mundial, Madrid: Síntesis. Durán, María Gemma; José Manuel García de la Cruz e Ángeles Sánchez (2013): Estructura económica y relaciones internacionales, Madrid: Garceta. García de la cruz, José Manuel; María Gemma Durán e Ángeles Sánchez (coord.) (2011): La economía mundial en transformación, Madrid: Paraninfo. Martínez, Javier e José María Vidal (coord.) (2003): Economía mundial, Madrid: McGraw-Hill. Bibliografía complementaria Alonso, José Antonio (dir.) (2011): Lecciones sobre economía mundial, Madrid: Thomson-Civitas. Berzosa, Carlos (2008): «Economía del subdesarrollo y subdesarrollo de la Economía», Principios, 4 (2006), 5-22. Maesso, María (2011): Manual de Economía mundial, Madrid: Pirámide. Martínez, Ángel (2007): Economía política mundial, vol. I e II, Barcelona: Ariel. Requeijo, Jaime (2011): Economía Mundial, Madrid: McGraw-Hill. Sampedro, José Luis (2002): El mercado y la globalización, Barcelona: Ediciones Destino. Sutcliffe, Bob (2005): 100 imágenes de un mundo desigual, Barcelona: Icaria. Tamames, Ramón (2010): Estructura económica internacional, Madrid: Alianza. Van Agtmael, Antoine (2007): El siglo de los mercados emergentes. Cómo una nueva clase de empresas de talla mundial se está tomando el mundo, Bogotá: Norma. Vidal, José María (1991): América Latina y el desarrollo, Barcelona: Universitat de Barcelona. Vidal, José María; Javier Martínez e Ramón Sánchez (eds.) (2007): El futuro imposible del capitalismo: ensayos en memoria de José María Vidal Villa, Barcelona: Icaria. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade 25 Citas de recursos en internet Banco Mundial: www.worldbank.org [en inglés] [citado 8 xullo 2013] www.bancomundial.org [citado 8 xullo 2013] Comisión Económica para América Latina: http://www.eclac.org [citado 8 xullo 2013] Conferencia de Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento: http://unctad.org/en/Pages/Home.aspx [en inglés] [citado 8 xullo 2013] http://unctad.org/es/paginas/Home.aspx [citado 8 xullo 2013] Fondo Monetario Internacional: www.imf.org/external/index.htm [en inglés] [citado 8 xullo 2013] www.imf.org/external/spanish/index.htm [citado 8 xullo 2013] Informes de Desarrollo Humano da Organización de Nacións Unidas: http://hdr.undp.org/en [en inglés] [citado 8 xullo 2013] http://hdr.undp.org/es [citado 8 xullo 2013] Obxectivos do Milenio: http://www.un.org/millenniumgoals [en inglés] [citado 8 xullo 2013] http://www.un.org/es/millenniumgoals [citado 8 xullo 2013] http://www.undp.org/content/undp/en/home/mdgoverview [en inglés] [citado 8 xullo 2013] http://www.undp.org/content/undp/es/home/mdgoverview [citado 8 xullo 2013] Organización de Nacións Unidas: www.un.org/en [en inglés] [citado 8 xullo 2013] www.un.org/es [citado 8 xullo 2013] Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico: http://www.oecd.org [en inglés] [citado 8 xullo 2013] Organización Mundial do Comercio: www.wto.org [en inglés] [citado 8 xullo 2013] www.wto.org/indexsp.htm [citado 8 xullo 2013] Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento: www.pnud.org [en inglés] [citado 8 xullo 2013] www.undp.org/content/undp/es/home [citado 8 xullo 2013] Worldmapper: http://www.worldmapper.org/ [en inglés] [citado 8 xullo 2013] ÍNDICE