scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A Unión Europea e o individuo

Lirola Delgado, Isabel

Abstract

A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus destinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou da Licenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas,das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballo persoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cinco horas mínimo. O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese, dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do rexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo do continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes organizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló da mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión Europea, que constitúe un modelo único de organización internacional de integración á que os estados membros atribúen o exercicio de competencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito da Unión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos.

Full text

VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA, CULTURA E SOCIEDADE Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Institucións e Dereito da Unión Europea Isabel Lirola Delgado Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado. Área de Dereito Internacional Público e Relacións internacionais Facultade de Dereito 3 A Unión Europea e o Individuo A Unión Europea e o Individuo 3 Isabel Lirola Delgado Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado. Área de Dereito Internacional Público e Relacións internacionais Facultade de Dereito ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2010 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 3980-2010 ISBN 978-84-9887-546-1 UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 3 MATERIA: Institucións e Dereito da Unión Europea TITULACIÓN: Grao en Dereito PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Introdución ao proceso de integración europea 1. O rexionalismo internacional e o proceso de integración europea 2. Evolución e desenvolvemento do proceso de integración europea Unidade II. A Unión Europea. Estrutura xeral 1. Carácteres xerais da Unión Europea 1.1. A personalidade xurídica da Unión Europea 1.2. Os obxectivos e principios da Unión Europea 2. A adhesión e a retirada da Unión Europea 2.1. Proceso e requisitos da adhesión. A ampliación 2.2. A retirada da Unión Europea 3. A acción exterior da Unión Europea. As particularidades da PESC Unidade III. A Unión Europea e o individuo 1. A protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea 2. A dimensión política da participación do individuo no proceso de integración europea 2.1. A cidadanía da Unión 2.2. A participación dos cidadáns na vida política da Unión Unidade IV. O sistema institucional da Unión Europea 1. Principios de funcionamento 2. O Consello Europeo 3. O Consello 4. A Comisión 5. O Parlamento Europeo 6. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea 7. Outras institucións e órganos da Unión Europea Unidade V. A adopción de decisións na Unión Europea 1. O procedemento lexislativo ordinario. Procedementos lexislativos especializados 2. O procedemento de adopción de decisións na PESC Unidade VI. As competencias da Unión Europea 1. As competencias da UE e o principio de atribución 2. Carácteres das competencias da UE 3. Categorías e ámbitos de competencias da UE 4. Competencias implícitas 5. O exercicio de competencias conforme ao principio de subsidiariedade. O principio de proporcionalidade 6. Mecanismos de control do principio de subsidiariedade Unidade VII. O sistema de fontes do Dereito da Unión Europea 4 - UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo 1. O Dereito Orixinario 2. O Dereito Derivado 3. O Dereito das Relacións Exteriores da Unión e o Dereito Internacional 4. Os principios xerais do Dereito. A xurisprudencia 5. Cara a unha configuración unitaria do sistema xurídico da Unión Europea Unidade VIII. A aplicación do Dereito da Unión Europea 1. Autonomía e coordinación do ordenamento da UE e dos ordenamentos internos 2. Principio de primacía 3. Principio de efecto directo 4. A execución do Dereito comunitario Unidade IX. Ordenamento xurídico da Unión Europea e ordenamento xurídico español 1. A atribución de competencias constitucionais ás organizacións internacionais: o artigo 93 da Constitución Española 2. A primacía e a eficacia do Dereito da UE en España 3. Os procedementos internos de aplicación do Dereito da UE. O procedemento lexislativo e executivo 4. O control do cumprimento do Dereito da Unión Europea 5. As Comunidades Autónomas e o Dereito da Unión Europea Unidade X. O control xurisdicional do Dereito da Unión Europea 1. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea e os tribunais nacionais 2. O xuíz nacional e a cuestión prexudicial: o control sobre a interpretación e validez do Dereito da Unión polo TXUE 3. Outros procedementos ante o TXUE 4. Cara a unha configuración unitaria do sistema xurisdicional da Unión Europea 4.1. O control xurisdicional no ámbito do espazo de liberdade, seguridade e xustiza 4.2. O non recoñecemento do control xurisdicional no ámbito da PESC UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 5 Índice Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos ................................................................................................... 9 1. A protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea .......... 10 1.1.Inexistencia de previsión expresa nos tratados constitutivos e protección dos dereitos humanos polo Tribunal de Xustiza a través do recurso aos principios xerais do dereito ...................................................................... 10 1.2. Opcións para a protección dos dereitos humanos na Unión Europea. A resposta do Tratado de Lisboa ............. 11 1.2.1. A Carta de Dereitos Fundamentais da Unión ................................................................. 12 1.2.2. A adhesión da Unión Europea ao Convenio de Dereitos Humanos de 1950 .............. 13 2. A dimensión política da participación do individuo no proceso de integración europea ...................................................... 14 2.1. A cidadanía da Unión ........................................................ 14 2.1.1. Un elemento de lexitimación do proceso de integración europeo .......................................... 14 2.1.2 O estatuto da cidadanía da Unión Europea .. 15 2.1.2.1. Concepto e ámbito de aplicación ...... 15 2.1.2.2 Contido ............................................... 15 2.2. A participación dos cidadáns na vida política da Unión ... 16 Actividades propostas ............................................................................... 17 Avaliación da UD ........................................................................................ 18 Anexos Anexo 1 .............................................................................................. 19 Anexo 2 .............................................................................................. 19 Anexo 3 .............................................................................................. 20 Bibliografía .................................................................................................. 21 Citas de recursos na internet ................................................................... 21 UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 7 PRESENTACIÓN A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus destinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou da Licenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas, das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballo persoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cinco horas mínimo. O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese, dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do rexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo do continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes organizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló da mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión Europea, que constitúe un modelo único de organización internacional de integración á que os estados membros atribúen o exercicio de competencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito da Unión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos. En efecto, unha das características particulares e diferenciadoras do proceso de integración europea é ter o individuo como un dos eixes de dito proceso. Por esta razón resulta necesario que os alumnos/as, coñezan as dimensións da Unión Europea que teñen unha proxección máis directa sobre as persoas. Nesa preocupación polo individuo incardínase, en primeiro lugar, o tema da protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea. Ademais, a configuración da Unión Europea como unha organización dotada de competencias de natureza política tradúcese na existencia da cidadanía da Unión como o vínculo xurídico-político propio que se estabelece entre os nacionais dos estados membros e a Unión Europea así como nunha serie de canles que garanten a participación dos cidadáns na vida política da Unión. OS OBXECTIVOS  Obxectivo 1. Saber cales son os mecanismos de protección de dereitos humanos na Unión Europea e identificar os seus destinatarios . 14 - UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo de competencia atribuídos á Unión ou que son consecuencia daqueles (Sentenza do TEDH de 18 de febreiro de 1999, asunto Matthews c. Reino Unido). Como vimos, o art. 6.2 TUE establece un mandato claro de adhesión ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos nas condicións establecidas no Protocolo 8 anexo ao Tratado de Lisboa. Esta previsión xunto co recoñecemento formal da personalidade xurídica da Unión (art. 47 TUE) elimina os obstáculos ata agora existentes. No entanto, hai que ter en conta que tamén en relación con esta cuestión introdúcese a previsión expresa de que a adhesión non modificará as competencias da Unión que se definen nos Tratados, pechando a posibilidade, do mesmo xeito que se fai coa Carta a calquera interpretación que poida fundamentar unha competencia autónoma da UE en materia de dereitos humanos. A iso engádense os problemas técnicos que teñen que ser obxecto de resolución no marco dun Acordo entre a Unión Europea e o Consello de Europa e que se refiren á preservación das características específicas da Unión e do Dereito da Unión, a posible participación da Unión nas instancias de control do Convenio Europeo e a adecuada presentación dos recursos (de estados ou individuos). Hai tamén que garantir que non se afecten as situacións individuais dos estados membros respecto ao CEDH e que os estados membros da Unión non someterán cuestións relativas á interpretación dos Tratados ou á súa aplicación a instancias distintas ao TX. 2. A dimensión política da participación do individuo no proceso de integración europea 2.1. A cidadanía da Unión Europea 2.1.1. Un elemento de lexitimación do proceso de integración europeo Un dos elementos distintivos do proceso de integración europea é ter como destinatarios non só os estados membros, senón tamén os individuos. Xa os tratados constitutivos recoñecían unha serie de dereitos e liberdades de contido socioeconómico aos nacionais dos estados membros, entre os que destacan os derivados do principio de prohibición de discriminación por razón de nacionalidade (art. 6 TCEE) e os dereitos de libre circulación e residencia (arts. 48, 56 e 59 TCEE). Con todo, tales dereitos só se recoñecían en función dunha aproximación funcional aos nacionais dos estados membros que entrasen dentro dalgunha das categorías de operadores económicos contempladas no TCEE. Á vez, de forma paralela aos intentos de avanzar na dimensión política do proceso de integración formúlanse propostas para o establecemento duns «dereitos especiais» (1975), dunha cidadanía (1984) ou dunha «Europa dos cidadáns» (1985). Por fin, a institución da cidadanía da Unión créase co Tratado de Maastrich de 1992, como un dos expoñentes do afondamento do proceso de integración que representa a Unión Europea en tanto que unha nova etapa do devandito proceso. Por esta razón, esta institución constitúe un UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 15 elemento de referencia moi útil para valorar o alcance da dimensión política da Unión, resultando indicativo que o Tratado de Lisboa a recolla, xunto co principio de igualdade, como un dos fundamentos do seu funcionamento democrático (art. 9 TUE). Cuestión distinta é que exista un sentimento de identidade colectiva entre os cidadáns dos Estados membros da Unión ou a identificación dos valores comúns sobre os que tal identidade construiríase. 2.1.2. O estatuto da cidadanía da Unión Europea 2.1.2.1. Concepto e ámbito de aplicación A conexión entre a condición de nacional dun estado membro e a de cidadán da Unión establécese con total claridade (arts. 9 TUE- 20 TFUE), xa que será cidadán da Unión toda persoa que teña a nacionalidade dun estado membro. Deste xeito, todos os nacionais dos estados membros van gozar dun vínculo xurídico común que lles liga á Unión Europea. A condición de cidadán da Unión preséntase así como un complemento da nacionalidade posto que se engade á cidadanía nacional sen substituíla. Como afirma o Preámbulo do Tratado trátase dunha «cidadanía común», pero non exclusiva que se funda sobre o mantemento da nacionalidade. Establécese así un vínculo indisoluble entre a nacionalidade dun estado membro e a cidadanía da Unión que leva aparellada dúas consecuencias: a) A determinación dos criterios de adquisición e perda da cidadanía da Unión corresponden aos estados membros que son os que teñen a competencia exclusiva para determinar quen son os seus nacionais. No entanto, unha vez que un estado membro, respectando o Dereito da Unión atribúa a súa nacionalidade a unha persoa, non é posible admitir que outro estado membro poida restrinxir os efectos de tal atribución, esixindo requisitos adicionais para recoñecer a devandita nacionalidade en orde ao exercicio das liberdades fundamentais previstas no Tratado (Sentenza de 7 de xullo de 1992, Micheletti). b) A exclusión dos nacionais de terceiros estados da condición de cidadáns da Unión, aínda que poidan beneficiarse dalgúns dos dereitos da cidadanía, tal como establece o propio Tratado e a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión. 2.1.2.2. Contido O contido do estatuto da cidadanía da Unión desenvólvese na segunda parte do TFUE, dedicada á «Non discriminación e cidadanía da Unión», facéndose expresa por primeira vez no Tratado a conexión existente entre o principio de non discriminación por razón de nacionalidade e a cidadanía. Con todo, esta conexión xa fora determinada polo TXUE ao establecer na súa xurisprudencia que a vocación do estatuto de cidadán da Unión Europea é converterse no estatuto fundamental dos nacionais dos estados membros e que este lles permite obter, independentemente da súa nacionalidade, o mesmo trato xurídico no ámbito de aplicación do Dereito comunitario (Sentenza de 20 de setembro de 2001, Grzelczyk). Polo demais, trátase dun estatuto aberto que non só abarca os dereitos referidos 16 - UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo no art. 20TFUE, incluíndo outros dereitos contidos no Tratado (e, por suposto, os dereitos proclamados na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión) e que pode ser ampliado polo Consello con arranxo a un procedemento lexislativo especial. Os dereitos da cidadanía da Unión comprenden: a) Un dereito de carácter instrumental, cuxo exercicio posibilita o goce doutros dereitos: o dereito de circular e residir libremente no territorio dos estados membros; b) Uns dereitos de participación política: os dereitos de sufraxio activo e pasivo nas eleccións ao Parlamento Europeo e nas eleccións municipais do estado membro de residencia; c) Un dereito de dimensión exterior: o dereito de acollerse, no territorio dun terceiro país no que non estea representado o estado membro do que sexan nacionais, á protección das autoridades diplomáticas e consulares de calquera estado membro nas mesmas condicións que os nacionais de devandito estado; d) Uns dereitos de protección fronte ás institucións da Unión: os dereitos de formular peticións ao Parlamento Europeo e de recorrer ao defensor do pobo europeo e o dereito de dirixirse ás institucións e aos órganos consultivos da Unión nunha das linguas dos tratados e de recibir unha contestación nesa mesma lingua. Todos estes dereitos exércense nas condicións e dentro dos límites definidos polos tratados e polas medidas adoptadas en aplicación destes, polo que hai que ter en conta as disposicións de dereito derivado que en cada caso os desenvolven e que poden consultarse no repertorio da lexislación vixente contido na base Eur-Lex. Ademais, previse que cada tres anos a Comisión informe ao Parlamento Europeo, ao Consello e ao Comité Económico e Social sobre a aplicación das disposicións da segunda parte do TFUE na que se regula o estatuto de cidadanía da Unión (art.25 TFUE). Os informes da Comisión sobre a cidadanía da Unión son moi útiles para ver os problemas que presenta na práctica a aplicación dos dereitos que conforman o estatuto da cidadanía da Unión, polo que a súa lectura proponse como unha das actividades prácticas desta UD. 2.2. A participación dos cidadáns na vida política da Unión A Unión baséase nun principio de democracia, conforme ao cal os cidadáns están representados directamente no Parlamento Europeo, mediante eleccións cada cinco anos por sufraxio universal directo, e indirectamente no Consello Europeo polo presidente de Goberno de cada país e no Consello por un membro do Goberno de cada estado membro (art. 10.2 TUE). Tamén hai que ter en conta a representación a través dos parlamentos nacionais aos que o Tratado de Lisboa atribúe por primeira vez a función de contribuír ao bo funcionamento da Unión, asignándolles unha serie de tarefas específicas (art. 12 TUE). Polo demais, en tanto que cidadáns que participan en organizacións socioeconómicas, tamén están representados indirectamente no Comité Económico e Social, e como veciños de municipios e rexións, estas organizacións territoriais poden facer UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 17 chegar os seus intereses específicos ao procedemento decisorio da UE pola vía do Comité das Rexións. En todo caso, amén desta dimensión de democracia representativa en que se cimenta a Unión, os seus cidadáns participan na vida democrática da Unión (art.10.3 TUE), elixindo os representantes ao Parlamento Europeo a través do dereito de sufraxio activo e pasivo nas eleccións ao Parlamento Europeo do seu lugar de residencia. O Tratado de Lisboa reforza a dimensión da democracia participativa na Unión ao establecer un dereito de iniciativa cidadá conforme ao cal un grupo de polo menos un millón de cidadáns da Unión, que sexan nacionais dun número significativo de estados membros, poderá tomar a iniciativa de invitar á Comisión Europea, no marco das súas atribucións, a que presente unha proposta adecuada sobre cuestións que estes cidadáns estimen que requiren un acto xurídico da Unión para os fins da aplicación dos Tratados (art. 11.4 TUE). Os procedementos e requisitos do funcionamento práctico da iniciativa cidadá establécense por un regulamento do Parlamento Europeo e o Consello, adoptado conforme ao procedemento lexislativo ordinario, cuxa lectura tamén se propón como actividade práctica complementaria desta UD ACTIVIDADES PROPOSTAS  A primeira práctica consistirá na análise dunha sentenza do TX da Unión Europea na que poida constatarse os mecanismos utilizados por este Tribunal para a protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea.  A segunda práctica consistirá no comentario polo alumno/a dalgún documento das institucións da Unión Europea no que se poida valorar criticamente o funcionamento dos dereitos de cidadanía da Unión Europea (por exemplo, os informes da Comisión sobre a cidadanía da Unión) á vez que na resolución dun suposto de feito no que se vexa a aplicación dalgún destes dereitos e que supoña a utilización do marco normativo exposto nas clases teóricas.  Como actividade práctica complementaria proponse a lectura do Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello regulador da iniciativa cidadá. 18 - UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA  Na avaliación da UD terase en conta a asimilación das cuestións e problemáticas expostas, a compresión e adecuada utilización dos conceptos xurídicos utilizados e a capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos. Para iso valorarase a participación nas aulas e, sobre todo, os traballos elaborados polo alumno/a nas aulas prácticas presenciais e non presenciais. A docente comprobará a puntual entrega e a validez destes, penalizando especialmente a copia literal de traballos entre alumnos/as ou das fontes. UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 19 ANEXOS Anexo 1 Artigo 6 TUE (Tratado de Lisboa) 1. A Unión recoñece os dereitos, liberdades e principios enunciados na Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea de 7 de decembro de 2000, tal como foi adaptada o 12 de decembro de 2007 en Estrasburgo, que terá o mesmo valor xurídico que os Tratados. As disposicións da Carta non ampliarán en modo ningún as competencias da Unión tal como se definen nos tratados. Os dereitos, liberdades e principios enunciados na Carta interpretaranse conforme ás disposicións xerais do título VII da Carta polas que se rexe a súa interpretación e aplicación e terasen debidamente en conta as explicacións a que se fai referencia na Carta, que indican as fontes das devanditas disposicións. 2. A Unión adherirase ao Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais. Esta adhesión non modificará as competencias da Unión que se definen nos Tratados. 3. Os dereitos fundamentais que garante o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais e os que son froito das tradicións constitucionais comúns aos Estados membros formarán parte do Dereito da Unión como principios xerais. Anexo 2 Artigo 9 TUE (Tratado de Lisboa) A Unión respectará en todas as súas actividades o principio da igualdade dos seus cidadáns, que se beneficiarán por igual da atención das súas institucións, órganos e organismos. Será cidadán da Unión toda persoa que teña a nacionalidade dun Estado membro. A cidadanía da Unión engádese á cidadanía nacional sen substituíla. Artigo 20 TFUE (Tratado de Lisboa) 1. Créase unha cidadanía da Unión. Será cidadán da Unión toda persoa que teña a nacionalidade dun Estado membro. A cidadanía da Unión engádese á cidadanía nacional sen substituíla. 2. Os cidadáns da Unión son titulares dos dereitos e están suxeitos aos deberes establecidos nos tratados. Teñen, entre outras cousas, o dereito: a) de circular e residir libremente no territorio dos Estados membros; b) de sufraxio activo e pasivo nas eleccións ao Parlamento Europeo e nas eleccións municipais do Estado membro no que residan, nas mesmas condiciones que os nacionais do devandito Estado; c) de acollerse, no territorio dun terceiro país no que non estea representado o Estado membro do que sexan nacionais, á protección das autoridades diplomáticas e consulares de calquera Estado membro nas mesmas condiciones que os nacionais do devandito Estado; d) de lle formular peticións ao Parlamento Europeo, de recorrer ao Valedor do Pobo Europeo, así como de dirixirse ás institucións e aos órganos 20 - UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo consultivos da Unión nunha das linguas dos tratados e de recibir unha contestación nesa mesma lingua. Estes dereitos exerceranse nas condicións e dentro dos límites definidos polos tratados e polas medidas adoptadas en aplicación destes. Anexo 3 Artigo 10 TUE (Tratado de Lisboa) 1. O funcionamento da Unión baséase na democracia representativa. 2. Os cidadáns estarán directamente representados na Unión a través do Parlamento Europeo. Os Estados membros estarán representados no Consello Europeo polo seu xefe de Estado ou de Goberno e no Consello polos seus gobernos, que serán democraticamente responsables, ben ante os seus parlamentos nacionais, ben ante os seus cidadáns. 3. Todo cidadán ten dereito a participar na vida democrática da Unión. As decisións serán tomadas da forma máis aberta e próxima posible aos cidadáns. 4. Os partidos políticos a escala europea contribuirán a formar a conciencia política europea e a expresar a vontade dos cidadáns da Unión. Artigo 11 TUE (Tratado de Lisboa) 1. As institucións daranlles aos cidadáns e ás asociacións representativas, polas canles apropiadas, a posibilidade de expresar e de intercambiar publicamente as súas opinións en todos os ámbitos de actuación da Unión. 2. As institucións manterán un diálogo aberto, transparente e regular coas asociacións representativas e a sociedade civil. 3. Co obxecto de garantir a coherencia e a transparencia das accións da Unión, a Comisión Europea manterá amplas consultas coas partes interesadas. 4. Un grupo de, polo menos un millón de cidadáns da Unión, que sexan nacionais dun número significativo de Estados membros, poderá tomar a iniciativa de invitar á Comisión Europea, no marco das súas atribucións, a que presente unha proposta adecuada sobre cuestións que estes cidadáns estimen que requiren un acto xurídico da Unión para os fins da aplicación dos tratados. Os procedementos e as condicións preceptivos para a presentación dunha iniciativa deste tipo fixaranse de conformidade co parágrafo primeiro do artigo 24 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea. UNIDADE DIDÁCTICA III: A Unión Europea e o individuo - 21 BIBLIOGRAFÍA BLÁZQUEZ PEINADO, María Dolores: (1998): La ciudadanía de la Unión, Valencia: Tirant lo Blanch . BORJA, Jordi, (2001): La ciudadanía de la Unión, Barcelona: Peninsula DÍAZ CREGO, María, (2009): La protección de los derechos fundamentales en la Unión Europea y en los Estados miembros, Madrid : Reus FRAILE ORTIZ, María, (2003): El significado de la ciudadanía de la Unión Europa, Madrid: Centro de Estudios Constitucionales. LIROLA DELGADO, Isabel, (1994), Libre circulación de personas y Unión Europea: Madrid: Civitas. MANGAS MARTÍN, Araceli, (2008): Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea : comentario artículo por artículo, Bilbao : Fundación BBVA MANGAS MARTÍN, Araceli e LIÑAN NOGUERAS, Diego, J.(2010): Instituciones y Derecho de la Unión Europea, Madrid: Tecnos. REY ANEIROS, Adela (2007): «Hacia el reforzamiento de la dimensión exterior de la ciudadanía europea», Revista de Derecho Comunitario Europeo, 16, (2007), 9-43. RUÍZ MIGUEL, Carlos (2004): Estudios sobre la Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Citas de recursos na internet Dereito da Unión Europea : htpp://eur-lex.europa.eu/esww.icmje.org Xurisprudencia do TX da Unión Europea: http://curia.europa.eu (desde o 17/06/1997, a xurisprudencia anterior está dispoñible en EUR-Lex Seguimento de tramitación de propostas lexislativas da Comisión: http://ec.europa.eu/prelex VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA, CULTURA E SOCIEDADE Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Institucións e Dereito da Unión Europea Isabel Lirola Delgado Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado. Área de Dereito Internacional Público e Relacións internacionais Facultade de Dereito 3 A Unión Europea e o Individuo