scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Start-up e emprendemento feminino. Unha aproximación sociocrítica aos factores que impulsan ou limitan o seu desenvolvemento

García Fernández, Paula

Abstract

O emprendemento feminino constitúe unha alternativa importante na vida profesional das mulleres. Múltiples fenómenos sociais interceden na decisión das mulleres de iniciar unha start-up, impulsando ou limitando o seu desenvolvemento. Este traballo presenta, cunha perspectiva sociocrítica, unha aproximación á realidade de mulleres que se ven envoltas no mundo da empresa. Trátanse as implicacións que acompañan ao proceso de emprender, dende o marco institucional, social e persoal, perfilando adicionalmente as novas tendencias no emprendemento feminino. Discútese o grao de afectación das variables en relación aos últimos cambios sociais na transformación cultural do emprendemento e da habitual figura emprendedora. Evidéncianse diferentes relacións de asimetría estrutural que limitan o emprendemento feminino, neste caso, e algunhas formas organizativas e de asociacionismo informais que impulsan o seu desenvolvemento entre o colectivo de mulleres emprendedoras

Full text

Grao en Pedagoxía Start-up e emprendemento feminino Unha aproximación sociocrítica aos factores que impulsan ou limitan o seu desenvolvemento Facultade de Ciencias da Educación Xuño 2023 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Pedagoxía Traballo de fin de grao Paula García Fernández 2 Start-up e emprendemento feminino: Unha aproximación sociocrítica aos factores que impulsan ou limitan o seu desenvolvemento. Start-up y emprendimiento femenino: Una aproximación sociocrítica a los factores que impulsan o limitan su desarrollo. Start-up and female entrepreneurship: A socio-critical approach to the factors that drive or limit their development. 3 Start-up e emprendemento feminino Resumo O emprendemento feminino constitúe unha alternativa importante na vida profesional das mulleres. Múltiples fenómenos sociais interceden na decisión das mulleres de iniciar unha startup, impulsando ou limitando o seu desenvolvemento. Este traballo presenta, cunha perspectiva sociocrítica, unha aproximación á realidade de mulleres que se ven envoltas no mundo da empresa. Trátanse as implicacións que acompañan ao proceso de emprender, dende o marco institucional, social e persoal, perfilando adicionalmente as novas tendencias no emprendemento feminino. Discútese o grao de afectación das variables en relación aos últimos cambios sociais na transformación cultural do emprendemento e da habitual figura emprendedora. Evidéncianse diferentes relacións de asimetría estrutural que limitan o emprendemento feminino, neste caso, e algunhas formas organizativas e de asociacionismo informais que impulsan o seu desenvolvemento entre o colectivo de mulleres emprendedoras. Palabras chave: emprendemento, start-up, roles de xénero, mulleres, actitude emprendedora. Resumen El emprendimiento femenino constituye una alternativa importante en la vida profesional de las mujeres. Múltiples fenómenos sociales intervienen en la decisión de las mujeres de iniciar una start-up, impulsando o limitando su desarrollo. Este trabajo presenta, con una perspectiva sociocrítica, una aproximación a la realidad de mujeres que se ven envueltas en el mundo de la empresa. Se tratan las implicaciones que acompañan el proceso de emprender, desde el marco institucional, social y personal, perfilando adicionalmente las nuevas tendencias en el emprendimiento femenino. Se discute el grado de afectación de las variables en relación a los últimos cambios sociales en la transformación cultural del emprendimiento y de la habitual figura emprendedora. Se evidencian diferentes relaciones de asimetría estructural que limitan 4 Start-up e emprendemento feminino el emprendimiento femenino, en este caso, y algunhas formas organizativas y de asociacionismo informales que impulsan su desarrollo entre el colectivo de las mujeres emprendedoras. Palabras clave: emprendimiento, start-up, roles de género, mujeres, actitud emprendedora. Abstract Women's entrepreneurship is an important alternative in women's professional lives. Multiple social phenomena intervene in women's decision to initiate a start-up, promoting or limiting their development. This paper presents, from a socio-critical perspective, an approach to the reality of women who are involved in the world of entrepreneurship. It deals with the implications that accompany the process of entrepreneurship, from the institutional, social and personal framework, additionally outlining the new trends in female entrepreneurship. The degree of affectation of the variables in relation to the latest social changes in the cultural transformation of entrepreneurship and of the usual entrepreneurial figure is discussed. Different relationships of structural asymmetry that limit female entrepreneurship, in this case, and some informal organizational and associative forms that promote its development among the group of female entrepreneurs, are evidenced. Key words: entrepreneurship, start-up, gender roles, women, entrepreneurial attitude. 5 Start-up e emprendemento feminino Índice Resumo ............................................................................................................................. 3 Índice ................................................................................................................................ 5 Introdución ....................................................................................................................... 6 Desenvolvemento do traballo .......................................................................................... 8 1. Os roles de xénero e a súa operativización a través dos estereotipos ............. 8 2. Asignación do traballo en relación co xénero e actitude emprendedora ....... 12 3. As dinámicas de poder no exercicio emprendedor. O caso das start up ........ 15 4. Cultura rexional percibida en relación coa actividade empresarial e o seu apoio económico ou simbólico ..................................................................................................... 20 5. Tendencias actuais na transformación do emprendemento feminino ........... 26 Conclusións e ampliación ............................................................................................... 34 Bibliografía ...................................................................................................................... 36 6 Start-up e emprendemento feminino Introdución O presente traballo de fin de grao versa sobre o emprendemento feminino, adoptando unha perspectiva sociocrítica para analizar os factores que interveñen sobre este fenómeno. Para determinar en que medida impulsan ou limitan o seu desenvolvemento, estudarase o seu grao de afectación ao emprendemento, contemplando todas aquelas variables que se entrelazan con este na esfera social e supoñen unha vantaxe ou un hándicap para o desenvolvemento da traxectoria profesional das mulleres en relación coa actividade emprendedora, concretamente no caso das start-up. A tal fin, abordaranse temáticas referentes á identidade de xénero, marco institucional, teorías socioeconómicas, etc., realizando unha revisión documental dende múltiples ángulos en base á literatura seleccionada. A motivación para investigar neste campo é, por un lado, comprender en profundidade a realidade do emprendemento feminino en todas as súas dimensións, e por outro, analizar con carácter prospectivo a transformación do emprendemento a través dos cambios sociais (feminismo, globalización, ou problema ambiental, entre outros). Como obxectivo principal, búscase proporcionar un marco teórico que recolla as claves que permiten analizar o empredemento como fenómeno social. A partir deste, preténdese estudar un patrón de causalidade entre as variables identificadas e o emprendemento feminino, así como analizar criticamente o discurso e dinámicas estruturais de desigualdade que frean o emprendemento no colectivo das mulleres. Para elo, a metodoloxía empregada ten un corte cualitativo, a través da revisión documental. Concretamente, empregáronse bases de datos tales como Web of Science, Dialnet ou Scopus, ademais doutros informes e investigacións de carácter monográfico vencellados co tema-obxecto de estudo. En cantos aos criterios de selección, utilicei aqueles documentos que abordasen unha temática similar, en canto ás palabras clave e o resumo dos mesmos se refire. Tamén aproveitei para seleccionar aqueles artículos que citasen autores de interese nas súas investigación, e tamén me servín de artigos de revistas sobre economía, educación ou 7 Start-up e emprendemento feminino sustentabilidade, en relación co tema aquí presentado. Resultou así nunha bibliografía de literatura variada, dunha gama ampla de autores e autoras de distintos anos. A nivel de estrutura, o traballo articúlase en cinco epígrafes. O primeiro aborda os roles de xénero e a súa operativización a través dos estereotipos. No segundo, aproxímase unha análise sobre á asignación do traballo en relación co xénero que permite, xa no terceiro punto, estudar as dinámicas de poder no exercicio empresarial, caso das start-up. O cuarto punto comprende a cultura rexional percibida en función do apoio económico ou simbólico do emprendemento. E, finalmente, no quinto epígrafe, formúlanse as principais tendencias que na actualidade modulan a transformación do emprendemento feminino. 8 Start-up e emprendemento feminino Desenvolvemento do traballo 1. Os roles de xénero e a súa operativización a través dos estereotipos O xénero é un fenómeno atribuído, de natureza complexa, que marca o compás das decisións persoais nun determinado contexto social. A súa delimitación conceptual é variada, existindo un consenso terminolóxico que a Real Academia define como un conxunto de características, comportamentos, funcións e valoracións socioculturais que se asigna como apropiado para cada un dos sexos nunha sociedade determinada. (Real Academia Galega, 2023). Pola súa parte, a Organización Mundial da Saúde (OMS, 2023) establece que o sexo se refire ás características biolóxicas que definen os humanos como femininos ou masculinos. Mentres que estes conxuntos de características biolóxicas non son mutuamente excluíntes, xa que hai individuos que posúen ambos, tenden a diferenciar aos humanos como homes e mulleres. Para Eagly e Wood (1991, pp. 309): “Las diferencias sexuales podrían explicarse en términos de roles de género, definidos como aquellas expectativas compartidas sobre la conducta apropiada que se aplican a los individuos sobre la base de su sexo socialmente identificado.” Existe, por tanto, unha realidade fisiolóxica coñecida como o sexo biolóxico, e un entramado de convencións sociais adquiridas, cuxa configuración se asenta nos individuos a modo de principios-guía, os cales reflexan os comportamentos que socialmente son sometidos a aprobación ou desaprobación polo ideario colectivo, e reproducidos en consonancia polos seus integrantes. Malia que o sexo é biolóxico, a conducta é cultural. Podemos afirmar que os roles de xénero se operativizan a través das conductas esperadas polos reforzos positivos recibidos do 9 Start-up e emprendemento feminino entorno inmediato. Estas interaccións que comprenden individuo, grupo e entorno configuran o que Erikson define como identidade, achegando que é: “Un sentimiento de mismidad y continuidad que experimenta un individuo en cuanto tal”. (Erikson, 1977). O xénero é un fenómeno, pertencente á esfera subxectiva dos actores sociais, que se subscribe á concepción identitaria do suxeito como tal, e á dimensión colectiva da identidade, configurándose a súa escenificación social como unha performance. A identidade de xénero é entendida como o fenómeno psicosocial no que converxen estes dous sucesos, que segundo a OMS (2023) esta identidade refírese á experiencia de xénero profundamente sentida, interna e individual dunha persoa, que pode ou non corresponder á fisioloxía ou ao sexo designado ao nacer. Como consecuencia da evolución do ser social, xorde a identidade de xénero, que se adhire a unha localización temporal e espacial (contexto), o cal se modifica a través desta nova expresión e proceder social dos suxeitos. Esta identidade non cobra un papel secundario e unilateralmente receptivo, senón que se postula como ente vivo, configurador dun suxeito indisociable das influencias do contexto. Paralelamente á construción social do autoconcepto, o entorno constrúese pola pluralidade das interaccións sociais dos axentes que o conforman e se conforman a través deste intercambio. A interiorización das conductas, froito da relación entre estrutura e axencia, é definida por Bourdieu (1997) como habitus, en tanto que o axente é socializado mediante un conxunto de presións nadas da estrutura social percibida na que se inscribe o mesmo. Un elemento derivado é o grupo, que actúa como axente regulador das presións do entorno en relación cos individuos. O sentimento de pertenza a un grupo permite ao individuo identificarse como tal, sentíndose alleo ás normas e valores de membros que pertencen a outros grupos. Entendemos, así, que o suxeito se percibe como diferente gracias á experiencia intersubxectiva que comparten os individuos en relación co endogrupo e en confrontación cos exogrupos. Os estereotipos son crenzas compartidas por un grupo, resultado dunha categorización da realidade social, feito que implica por sí mesmo certa discriminación, distinguindo entre o propio e o alleo. Estes serven á súa vez de marcos de percepción e interpretación da realidade, a modo de principios-guía na configuración identitaria dos individuos a nivel psicosocial. Segundo Mercado e Hernandez (2010), existen dous niveis de identificación ou pertenza. A 16 Start-up e emprendemento feminino O concepto de liderazgo é subxectivo e histórico, cada época considerou atributos diferentes como propios dos seus líderes (Castaño et al., 2009). Por isto, como fenómeno inalienable do seu contexto, as características que se atribúen a esta figura teñen unha raíz social xerada polo imaxinario colectivo que responde ante unha certa cosmovisión, unha época. Sendo os individuos os que constrúen precisamente este entendemento do suceder social, son as características que comunmente se atribúen aos homes (masculinidade) e ás mulleres (feminidade) as que marcan as fronteiras de acción para os suxeitos. Eagly e Karau (2002) postulan a Teoría da Congruencia de Roles sobre o prexuízo cara as mulleres líderes, na que o eixe articulador é a incongruencia de rol existente entre os homes e as mulleres, así como a súa afectación ás demandas percibidas socialmente para a figura de líder. Esta teoría propón que a incongruencia percibida entre o rol feminino de xénero e os requirimentos para desenvolver un rol de liderazgo conducen a dous tipos de obstáculos no emprendemento feminino. Por un lado, percíbese ás mulleres como menos capacitadas para desempeñar este papel nunha empresa, pois tamén se reflicte nos contextos organizacionais. Como consecuencia e segundo impedimento, avalíase negativamente o xénero feminino en relación coas actitudes prescritivamente asociadas a este rol de líder. Este fenómeno relacionase coas cualidades de axencia e comunalidade que postularon antes Eagly e Wood (1991) e que modifican a asignación do traballo en función do xénero, como se abordou no punto anterior. O poder é un compoñente intrínseco á natureza humana porque se relaciona estreitamente coa supervivencia. Dende o prisma do capitalismo explotase esta tendencia natural a través dunha experiencia vital máis sofisticada, que soamente proporciona o poder económico (e por conseguinte, social). O poder significa mellor calidade de vida, noción que supera a mera supervivencia, a cal está relacionada con un baixo poder adquisitivo. O poder e o liderazgo son dous fenómenos a miúdo asociados porque implican a xerarquía de algúns suxeitos, versus a subordinación exercida a outros, en base ao funcionalismo ontolóxico que sustenta esta dialéctica. Non todas persoas que se identifican consistentemente co rol masculino, son un fiel reflexo deste prototipo de home ideal que postula o modelo patriarcal; soamente uns poucos se achegan a este canon. Por iso se precisa dunha estrutura de apoio simpatizante por unha parte da poboación, neste caso os homes, cara estes ideais en aras de promulgar a súa continuidade, a maiores de precisar a subordinación efectiva do colectivo das mulleres con este mesmo fin, pola natureza subordinante do asunto. 17 Start-up e emprendemento feminino A masculinidade hexemónica, entendida dende o punto de vista gramsciano, evidencia a procura activa de dominación que se inscribe na natureza asimétrica deste fenómeno relacional, que se exerce a nivel estrutural a través de factores opresores que responden a un patrón consistente de supremacía masculina e de todas as expresións de masculinidade, que permiten a dominación dos homes en detrimento da autonomía das mulleres (Connell e Messerschmidt, 2005), por imposición dunha cultura profundamente patriarcal. Esta incongruencia entre os requirimentos do prototipo de líder e as características comunais (femininas) derivan na masculinización dos espazos, na limitación das mulleres para ocupar os altos cargos, e, por tanto, na hexemonía masculina. Esta incongruencia non é fixa, senón que muda segundo cambian os estereotipos de xénero (Eagly e Karau, 2002). Koenig et al. (2011) especifican os hándicaps que se atopan as mulleres no seu ascendemento cara posicións de liderazgo debido a estes atributos que, de forma xeral, se asocian a estas en contraposición co prototipo clásico de líder, estreitamente vinculado a un perfil estereotipadamente masculino. O feito de que nun posto de traballo se especifiquen, requiran ou establezan con prioridade atributos que non son imparciales, relacionados con un dos dous xéneros de forma unilateral, incrementará as expectativas de erro por parte do grupo contrario, e reduciranse a autoeficacia e as expectativas de éxito para estes. Isto explica que as mulleres non performen adecuadamente neste rol, por amosar características incompatibles ás esperadas dun líder. Este cómputo de variables favorecen a fenda de xénero dando pé ao auxe de fenómenos complexos e comúns a toda a sociedade, tales como a desigualdade salarial ou o teito de cristal. Este último termo é introducido por Segerman- Peck (1991) facendo alusión ás distintas barreiras que impiden que mulleres con capacidade persoal e profesional alcancen posicións en contornas directivas e promocionen dentro dos mesmas. Máis tarde, incorporaríase a noción de laberinto, reflexando a complexidade que comporta o problema (Sarrió et al., 2002). Castaño et al. (2009) expoñen que o liderazgo é unha das dimensións fundamentais do exercicio emprendedor, que comporta cualidades persoais e coñecementos teórico-prácticos. Entre os moitos estilos de liderazgo e dirección, a literatura considera, por unha parte, os denominados autoritarios, fronte aos estilos categorizados como democráticos. Os estilos autoritarios están enfocados ás tarefas e centrados nas relacións, mentres que os democráticos están centrados nos resultados e nas persoas. 18 Start-up e emprendemento feminino Estes estilos derivan en dous tipos de liderazgo contrapostos: o liderazgo transaccional e o liderazgo transformador. O primeiro respalda unha figura de líder, asociado a un rol masculino, en cuxos simpatizantes media o compromiso da recompensa polo cumprimento dos resultados, contando cun alto grao de control con respecto ás posibles desviacións no mandato en aras de acadar os obxectivos. O liderazgo transformador asociase maiormente ás mulleres e baséase no convencemento a partir do carisma propio, a motivación do líder como modelo, a subordinación positiva (líder como mentor) e a estimulación intelectual dos seguidores. Cheng (1994) teoriza que a complexidade das organización actuais conduce frecuentemente a estilos de liderazgo multidimensionais, nos que o equipo directivo asigna a varias persoas os roles de liderazgo a desenvolver: o liderazgo estrutural (orientado á eficiencia), o humano (ao empoderamento), o político (á negociación e creación de redes), o simbólico (rituais e ceremonias) e o educativo. Cando as tarefas implican a interacción social complexa, as mulleres teñen un repertorio superior de comportamentos interpersoais positivos que os homes (Wood, 1987). As mulleres non se identifican coa clásica imaxe social de líder, non consideran o poder como parte da súa visión empresarial e marcan esta diferenciación substituíndo o exercicio do poder polo recoñecemento da autoridade. Amósanse reticentes ao imaxinario do empresario masculino, relacionado co poder adquisitivo e incluso coa explotación, e constrúen novos modelos de liderazgo dende os referentes máis próximos: nais, irmáns, avoas, referentes emprendedoras… Segundo Eagly e Karau (2002), os homes son máis propensos que as mulleres a posicionarse como líderes, mentres que as mulleres tenden máis a actuar como “social facilitators”. O análise comparativo da intención emprendedora coas características persoais (atributos) ofrece algo de luz sobre o sistema de principios que marcan as tendencias dun determinado grupo e definen os rasgos de conducta prescriptivos para os mesmos. Estes estilos derivan de diferentes procesos de socialización e integración de conductas e respostas adquiridas que nos afastan máis ou menos do exercicio emprendedor segundo o referente normativo. Schwartz (1996) propón unha estrutura de análise formada por dez tipos de valores, que se agrupan dentro de tres grandes dimensións: individualismo, colectivismo e valores mixtos. Os valores individualistas gardan unha relación positiva coa intención emprendedora e asócianse máis aos homes e aos estereotipos masculinos. Os valores colectivistas teñen unha 19 Start-up e emprendemento feminino influencia negativa no emprendemento e vincúlanse máis ás mulleres e aos estereotipos femininos: “Los hombres atribuyen sistemáticamente más importancia que las mujeres a valores individualistas como el poder, la estimulación, el hedonismo, el logro y la autodirección. Por el contrario, las mujeres otorgan mayor importancia a valores como la benevolencia y al universalismo” (Moriano et al., 2015, p. 306). A cultura interna das organizacións tende a ser marcadamente individualista e ligada ao axencialismo. Non obstante, nas últimas décadas deuse un redireccionamento dos procesos de xestión e liderazgo cara modelos máis democráticos, de delegación e participativos. Estase a flexibilizar a concepción tradicional de líder, cambiando dende unha perspectiva de mando a outra máis colaborativa, a cal se ve favorecida polos valores colectivistas e comunais que comporta a figura estereotipadamente femenina. A pluralidade e a complexidade da construción do xénero para os homes foi avanzando a medida que chegou a globalización, a crítica feminista e a conseguinte alienación dos referentes culturais tradicionais, ocasionando que as vellas formas de masculinidade sexan reemplazadas por outras, que se axustan ás disidencias identitarias e ás novas demandas sociais. Pounder e Coleman (2002) sinalan a necesidade de utilizar novos estilos de liderazgo e formas de organización para adaptarse ao novo contexto económico, incluíndo os estilos de dirección que incorporen características tradicionalmente femininas. Estes autores relativizan o estilo de liderazgo e a necesaria adscrición ao xénero, propoñendo o liderazgo asociado á disidencia identitaria (recollido polos autores como androxinia), como unha gama ampla de cualidades favorecedoras do exercicio emprendedor con independencia identitaria. Segundo Koenig et al. (2011), as achegas científicas demostraron que un incremento no número de mulleres que desempeñan o rol de líder ocasiona unha concepción máis andróxina do liderazgo, e polo tanto reducir o nesgo entre as actuais e as potenciais líderes. Malia que as mulleres líderes poden ser percibidas como competentes no seu cargo, o distanciamento cos atributos comunais ligados ao rol de xénero feminino implica que continúen sendo obxecto de prexuízos sociais se non amosan o comportamento estereotipado esperado e adecuado á súa condición como mulleres. Estas presións cruzadas disuaden ás mulleres a presentarse de maneira que os outros a consideren demasiado masculina, atopando un lugar cómodo para performar como líderes na 20 Start-up e emprendemento feminino androxinia. Co cal podemos afirmar que a androxinia contribúe a salvagardar a fenda da incongruencia de xénero e, paralelamente, a deconstruír o perfil tradicional de líder. O novo modelo de emprendedora asume riscos con moderación, desligándose pouco a pouco das ataduras que comporta tradicionalmente a súa figura na familia e no fogar e xestando unha nova forma de entender o exercicio emprendedor (máis cooperativa e flexible) afastada da clásica figura do empresario capitalista individualista, máis asociado a un modelo de liderazgo autoritario e a un poder construído a través da dominación ou sobreposición explícita da competencia na empresa. Rodríguez (2013, p. 433) achega esta reflexión en relación coa pedagoxía e o emprendemento feminino: “La educación y formación para el emprendimiento ha de dotar de modelos de mujeres empresarias que sirvan de referentes activos en la construcción de un imaginario propio de emprendimiento femenino, que les permita identificarse y generar factores facilitadores y no bloqueadores del emprendimiento, dada las resistencias generadas desde los modelos de identidad empresarial masculino”. 4. Cultura rexional percibida en relación coa actividade empresarial e o seu apoio económico ou simbólico A Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva de mulleres e homes lexisla e fomenta o principio de presencia ou composición equilibrada, entendendo por tal a presencia de mulleres e homes en órganos e cargos de responsabilidade, de forma que as persoas de cada sexo non superen o sesenta por cento nin sexan menos do corenta (INE, 2023). O recoñecemento e promoción do emprendemento constitúe un eixe económico relevante nas sociedades avanzadas. Como tal, outórgase prioridade á creación de empresas, de emprego e á innovación como forzas motrices do desenvolvemento das nacións e rexións. Isto explica o interese do goberno e institucións polo fomento do espírito empresarial, como liña fundamental das súas propostas políticas de emprego (Álvarez e Rebollo, 2013). Considerando que o emprendemento é un fenómeno social, as variacións e desenvolvemento empresarial entendense mellor ao considerar o entorno social no que se crea e se inscribe a empresa. A teoría institucional é unha das teorías máis utilizadas na investigación 21 Start-up e emprendemento feminino empresarial para estudar o papel do sistema social, político e económico da empresa, e como estes sistemas afectan ás actividades económicas. Esta teoría ocúpase das influencias reguladoras, sociais e culturais. Foi introducida inicialmente a través do concepto do perfil institucional tridimensional de Kostova (1997), que explica como as políticas gobernamentais, o coñecemento compartido e os sistemas de valores dun país afectan á actividade empresarial nacional. A teoría institucional achéganos a coñecer o emprendemento en profundidade, atendendo ás iniciativas e formas en que se promove a supervivencia e lexitimidade dunha organización, en lugar de centrarse soamente na procura da eficiencia na empresa, superando esta liña de investigación marcadamente economicista e cuantificadora. Comprende así a análise de como as empresas e as organizacións aseguran as súas posicións e lexitimidade ao axustarse ás regras e normas do entorno institucional, o cal xera presións de conformidade (Bruton et al., 2010). Scott (2007) recupera dez anos máis tarde a teoría institucional e resume estas forzas en tres piares: o regulador, o normativo e o cognitivo. O piar regulador recolle a lexislación, os acordos e os estándares industriais. Deriva dos estudos económicos e representa un modelo de acción racional (pautas) baseado nas sancións e na conformidade nas empresas. O enfoque que se teña nun determinado país acerca do emprendemento e as expectativas en este depositadas con vistas ao crecemento económico de dita rexión advirten o grao de apertura ou restrición legal do exercicio emprendedor e explican este piar. O piar normativo reflicte os modelos de comportamento organizacional e individual que se basean en dimensións obrigatorias (obrigantes) da interacción social, profesional e organizacional. As institucións guían o comportamento establecendo o que é ou non é apropiado en diversas situacións sociais e comerciais. Definen valores e normas “non escritas” do exercicio emprendedor, algunhas sociedades promovendo este proceso e outras obstaculizándoo. Por último, o piar cognitivo representa modelos de comportamento individual que se asentan na subxectividade e nas regras construídas, que definen as crenzas e accións apropiadas para un suxeito, proporcionando un marco de acción. Este funciona mediante a significación moral atribuída nun tecido empresarial que premia ou sanciona un determinado comportamento, segundo as presións sociais sobre o que se considera apropiado para o 22 Start-up e emprendemento feminino contexto. Este pilar é cada vez máis importante para a investigación da empresa en termos de como as sociedades aceptan aos empresarios, inculcan valores e incluso crean un entorno cultural no que se acepte e fomente o espírito emprendedor (Bruton et al., 2010). A primeira achega da teoría institucional (ou piar regulador), pasa polo desenvolvemento deste mencionado entorno emprendedor. O entorno institucional define e limita as oportunidades de emprender, polo que afecta á incidencia na creación e ao tamaño das novas empresas. Un marco institucional pouco axeitado ou cunha regulación excesivamente restritiva poden entorpecer o nacemento de novas empresas. Para estimular o emprendemento, a intervención dos gobernos debe ser orientada a construír e manter un entorno, así como unhas as sociais que afecten positivamente aos esforzos empresariais e que propicien un adecuado espírito emprendedor. O nivel de emprendemento dunha sociedade está directamente relacionado coas regulacións e as políticas desta mesma que rexen a asignación das recompensas (Baumol et al., 2009). Para suplir os baleiros institucionais, resultantes dunha infraestrutura nacional inadecuada, adoitan xurdir os lazos informais. As persoas inclinadas a emprender son afectadas negativamente se non existen estruturas formais a nivel institucional – ou as informais, no seu defectoque respalden o emprendemento. Os resultados do emprendemento están atravesados polo entorno institucional, non soamente na ratio do mesmo como un fenómeno localizado nun momento concreto, senón tamén na traxectoria resultante das iniciativas emprendedoras (Bruton et al., 2010). Así mesmo, tamén resulta unha traba a nivel institucional unha alta esixencia burocrática, que a empresa deba responder ante demasiados requirimentos administrativos. Estes supoñen moitas veces un considerable esforzo económico, engaden capas e complican a xestión formal da empresa, creando cotornas pouco permeables para o emprendemento. O segundo nivel de afectación ao exercicio emprendedor é a lexitimidade en relación co emprendemento, dentro do piar normativo. O entorno institucional axuda a determinar o proceso de obtención de lexitimidade dunha empresa de cara a sociedade. Esta medida é fundamental para que as novas empresas superen a inercia da novidade e aumente as súas perspectivas de supervivencia. As empresas deben axustarse a un protocolo de actuación apropiada dentro dun sistema económico e social, así como os membros deben levar a cabo esta operación dentro do comportamento organizacional na cultura dunha empresa. 23 Start-up e emprendemento feminino O emprendemento vese afectado pola aprobación cognitiva das institucións a nivel social, a lexitimidade moral inflúe positivamente na política do emprendemento, creando un entorno seguro para a supervivencia da empresa, asegurando os recursos e promovendo a participación de posibles stakeholders. A lexitimidade reguladora ocorre cando as leis e regulacións recoñecen e axudan a salvagardar o dereito da industria a existir (Bruton et al., 2010). Para determinar a súa lexitimidade, organismos gobernamentais e a sociedade ponderan ás empresas en función da súa traxectoria pasada. As empresas cun curto tempo de vida, como no caso das start-up, non gozan deste marxe de beneficio, polo que un marco institucional adecuado e un entorno social que avale o emprendemento son sumamente relevantes para o seu futuro desenvolvemento. O emprendemento adoita xurdir nun contexto pouco organizado, onde existe unha limitada acción coordinada entre os suxeitos do sector, os cales carecen da lexitimidade necesaria en débiles contornas institucionais nos que se encontran ademais con institucións de apoio insuficiente, máis particularmente aqueles que se dan en economías emerxentes (Alshtrom et al., 2020). Para combater este hándicap, aparece a figura do emprendedor institucional (máis ben, institucionalizante), como terceira achega de Scott (2007). Os empresarios con este perfil lideran os esforzos para identificar oportunidades políticas, enmarcar problemas, mobilizar grupos de apoio e encabezar os intentos de crear novas normas e valores nas estruturas sociais. Fomentan tamén a creación de novas institucións e aproveitan os recursos para transformar as existentes (Rao et al., 2000). Para afirmar que existe un apoio consistente na cultura rexional percibida en relación co exercicio emprendedor, debe un país acadar un estado de coherencia e equilibro internos entre as tres dimensións de afectación ao emprendemento. Non obstante, tales estruturas non están suxeitas a escrutinio, senón que adoitan exercer un paternalismo moral punitivo nas actitudes e regras do exercicio emprendedor, habilitando ou restrinxindo o mesmo. A política estatal achégase cada vez máis á equidade efectiva, pero segue existindo un nesgo ideolóxico nas persoas que lideran ditas institucións e establecen as leis. As presións sociais poden axudar a que a sensibilización política sexa unha realidade e se contemplen os matices vitais de certos grupos de persoas. 24 Start-up e emprendemento feminino No mundo da empresa, as mulleres son un dos colectivos que sofren de desamparo administrativo por parte do Estado. Os resultados do estudo GEM (2004) amosaron que, independentemente da renda, a probabilidade de iniciar un negocio é significativamente maior entre as mulleres que teñen percepcións positivas sobre o seu entorno económico. A axuda estatal reflexa unha diferencia significativa por xénero: para os homes é un factor positivo, mentres que para as mulleres son, en xeral, ineficaces (Ortiz e Olaz, 2014). Como consecuencia, a cultura empresarial actual pode contribuír a ampliar a fenda existente na decisión de emprender entre homes e mulleres. As políticas que promovan o emprendemento feminino serán beneficiosas para o desenvolvemento económico, así como fomentar activamente a participación das mulleres na economía (Baughn et al., 2006). Proporcionar coñecementos sobre o proceso de emprender, comprender e apoiar o comportamento emprendedor feminino terá repercusións positivas no benestar e na equidade social dun país. Podemos afirmar que un país ou rexión apoia máis o emprendemento cando existe unha alienación entre os valores “masculinos” asociados ao espírito empresarial e aos valores priorizados pola cultura nacional (GEM, 2004). Schwartz (2006) establece un marco de categorización en función da prioridade nos valores culturais nos distintos países, definida pola dicotomía dominio/harmonía. Unha cultura forte de dominio fomenta a autoafirmación activa co fin de controlar, dirixir e cambiar o entorno empresarial para acadar metas persoais ou para o grupo. Nesta cultura priman valores como a ambición, o éxito, a audacia e a competencia. Na cara oposta do asunto, nunha cultura da harmonía prevalecen a cooperación, a aceptación da realidade social e a conformidade, entre os valores destacados. Europa occidental, incluíndo a España, exemplifican esta cultura da harmonía na empresa. A autoeficacia empresarial é maior en países de dominio, como Estados Unidos, e menor en países harmoniosos, tales como España (Mueller e Dato-On, 2011). A capacidade das condicións comerciais para contribuír ao crecemento económico está atravesada por factores tales como as normas sociais e culturais, as políticas e programas gubernamentais do entorno empresarial. Estas condicións determinan a capacidade dun país para fomentar a creación de empresas, o nivel e a calidade da súa actividade empresarial. O Global Entrepreneurship Monitor (2004) sentencia que as políticas de apoio institucional son insuficientes no aumento da participación das mulleres no emprendemento. 25 Start-up e emprendemento feminino Este estudo propón a titoría e as redes de apoio como medidas cruciais para impulsar a inclinación das mulleres cara actitudes de liderado e creación de novas empresas. Por outra banda, Bruni et al. (2004) apuntan que as mulleres emprendedoras reciben menos créditos que os homes debido a prexuízos de xénero, tales como que as mulleres non están tan capacitadas para administrar os cartos. Busenitz et al. (2000) evidencian que, para as persoas de xénero masculino ou “andróxino”, a cultura rexional favorable supón un estímulo positivo no comportamento emprendedor. En cambio, no caso das persoas que se identifican cun rol de xénero feminino, a cultura favorable será débil ou inefectiva á hora de impulsar a inclinación para emprender. Nos países en que se estimule a capacidade das mulleres para iniciar un negocio, incluída a provisión dunha educación empresarial axeitada e a accesibilidade de entrada ao mercado, empuxarase a este colectivo a sectores prolíferos no emprendemento, ademais de contribuír paralelamente a reducir a segregación ocupacional unilateral e vertical en contextos organizacionais (Baughn et al., 2006). Ortiz e Olaz (2014) definen tres tipos de apoio ao emprendemento en función de tres dimensións altamente determinantes na traxectoria vital das mulleres. A primeira é a dimensión persoal, que comprende a formación como factor de apoio ao empredemento, en programas de formación específicos para mulleres emprendedoras mediante os cales se especialicen en funcións económicas e administrativas relacionadas co seu negocio. Tamén propulsaría a formación en habilidades relacionadas co liderado e a autoestima, favorecendo o empoderamento e a autoconfianza das emprendedoras. A segunda dimensión xira entorno do apoio familiar, que comprende fenómenos como a corresponsabilización nas tarefas, ou o apoio na economía familiar (parella e proxenitores) para enfrontar os custos iniciais dun proceso de emprendemento. Outro dos elemento impulsores é o asociacionismo, termo que non ten moita presencia no discurso empresarial, xa que este adoita orbitar arredor do individualismo tradicionalmente asociado ao mundo da empresa (Ortiz e Olaz, 2014). A creación dunha empresa é un traballo difícil e esixente, que en moitas ocasións require do apoio emocional e/ou económico de outros individuos, o que explica que o emprendedor busque apoio nas súas redes sociais (Moreno, 2007) para a supervivencia da súa nova empresa. 32 Start-up e emprendemento feminino a decisión de ser emprendedora adoita ser avaliada criticamente polas mulleres, especialmente no que o impacto da nova idea de negocio na sociedade se refire. O espírito empresarial feminino xira arredor dun dobre propósito: a rendabilidade financeira e a maximización da sostenibilidade como eixes articuladores do exercicio emprendedor. As empresas están experimentando os cambios que a “nova normalidade” trouxo consigo, como son a desaceleración da globalización (e a consecuente de-globalización), así como un aumento en termos de competencia e cooperación facilitadas polas novas tecnoloxías da información e da comunicación. Existen evidencias empíricas de que as redes sociais son altamente relevantes na creación de novas empresas e na actuación empresarial (Rosa e Hamilton, 1994). As redes sociais atravesan varias fases evolutivas; nas máis temperás do proceso de emprendemento estréitanse lazos estratexicamente con algunhas persoas que aportan capital social inicial, e a tendencia adoita ser a ampliar ditas social networks connections a medida que crece a empresa (Planellas, 2003). Dáse, por un lado, unha deslocalización da actividade empresarial aos medios virtuais - máis sostibles e accesibles-, mentres que a conciencia ambiental na inclinación emprendedora das mulleres está sentando as craves para promover o crecemento económico rural, novo fronte que se formula no horizonte do emprendemento feminino (Etzioni, 2017). O emprendemento feminino sostible é un enfoque de potencial empoderamento para as mulleres, xa que as motivacións das mulleres para o emprendemento e a sostenibilidade proveñen en moitos casos da experiencia e exemplos de outras mulleres empresarias (Barrachina, 2021). Por último, a capacidade empresarial mídese en termos de educación e experiencia no currículum. A formación no emprendemento formúlase como detonador primordial na decisión de crear unha start-up, en termos de capacitación en habilidades e promoción dunha base para que prolifere o emprendemento nos países en desenvolvemento (Goedhuys e Sleuwaegen, 2000). Carretero-García e Serrano-Pascual (2022) reflexionan que esta corrente de movementos sociais ligados ao emprendemento poden transformarse nun vector en situacións de vulnerabilidade política, promovendo o sentido da igualdade e disociando este do individualismo imperante. A lente individualizadora despolitiza as relacións de desigualdade estrutural, que polo tanto permanecerán inalteradas. 33 Start-up e emprendemento feminino Neste caso, o futuro da estratexia empresarial non se basea en trasladar a responsabilidade do éxito no emprendemento a que mas mulleres adopten subxectividades masculinizantes, senón en transformar a concepción cultural do emprendemento e visibilizar outras vías para ser emprendedor. Soamente mediante a colectivización do emprendemento lograremos superar todas as barreiras, visibles e invisibles, facendo fronte común e reivindicando paralelamente unha nova imaxe da muller emprendedora. Isto é, reformulando a construción androcéntrica do emprendemento, asociada ao imaxinario simbólico que a hexemonía masculina traslada á sociedade sobre a figura do emprendedor e a natureza deste fenómeno (Carretero-García e Serrano-Pascual, 2022). 34 Start-up e emprendemento feminino Conclusións e ampliación Ao longo do presente traballo ofrécese unha recompilación variada de teorías que analizan en profundidade o exercicio emprendedor. Non só se amosa a realidade desta cuestión, senón que se aborda con perspectiva crítica o percorrido das mulleres no fenómeno do emprendemento dende a súa raíz sociolóxica. Con isto, como primeiro obxectivo, perfilouse un marco teórico, cunhas claves concretas de afectación ao tema abordado, tales como a masculinidade hexemónica ou o teito de cristal. A variedade de matices que interceden na decisión das mulleres de crear unha start-up (emprender), estudase transversalmente en base á literatura seleccionada para establecer unha relación de causalidade entre os factores que impulsan ou limitan o seu desenvolvemento para o colectivo de mulleres, e o seu grao de influencia na cuestión, como segunda finalidade proposta. Evidéncianse os numerosos hándicaps que frean o emprendemento feminino: a nivel estrutural, coa falta de apoio institucional; no eido social, poñendo por exemplo a masculinización das contornas empresariais; e persoal, detectando un falso nesgo de capacidade na figura da muller en relación co emprendemento, e engadindo múltiples trabas derivadas da superposición dos diferentes roles vitais por parte deste colectivo. As mulleres contan cun panorama dobremente esixente, cargado de retos adicionais que se interpoñen no camiño para devir emprendedoras, acadar autonomía social e económica, que se acumulan sobre os que se formulan no propio proceso de emprender per sé. O patriarcado tradúcese a nivel operativo xerando unha realidade asimétrica as mulleres a transitan inevitablemente durante a súa traxectoria profesional, polo mero feito de ser mulleres. Non obstante, ante as tendencias subordinantes, hexemónicas, que pretenden desvirtuar a posición da muller no sistema social, illalas mediante o individualismo imperante e mantelas fóra das esferas de poder, é necesario tecer unha forte rede de apoio e interdependencia positiva, colectivizando as contornas emprendedoras para ofrecer unha resposta conxunta a estas desigualdades de base. 35 Start-up e emprendemento feminino Logrouse así, por unha banda, facer xustiza a intención inicial que outorga título a este traballo, como aproximación á complexidade vencellada ao fenómeno do emprendemento feminino. Por outra, estableceuse un patrón de causalidade entre as variables ambientais e culturais, co xénero como eixe articulador, e a crítica feminista como telón de fondo. Finalmente, percibimos as novas vías que toman paralelamente as mulleres que inician un proceso emprendedor (unha start-up), na vangarda do emprendemento feminino actual. Como apunta a derradeira reflexión, no quinto epígrafe, este traballo pretende a visibilización do emprendemento feminino no relativo á súa natureza transformadora, sen precisar deformacións vencelladas ás presións actuais ás que o somete o entorno: “o futuro da estratexia empresarial non se basea (...) en que as mulleres adopten subxectividades masculinizantes” (Carretero-García e Serrano-Pascual, 2022, pp. 894). Conclúe o traballo coa posta en valor desta forma propia de emprender, sen maior ambición que concedernos a presencia e voz merecidas, en aras de dignificar a nosa participación na esfera económica e facer máis doado o terreo para as futuras emprendedoras, dotándoas de referentes acordes a unha transformación cultural do emprendemento sen precedentes. 36 Start-up e emprendemento feminino Bibliografía Aeeni, Z., Motavaseli, M., Sakhdari, K., e Mobini, A. (2018). La teoría de la asignación empresarial de Baumol: una revisión sistemática y una agenda de investigación. European Research on Management and Business Economics, 25(1), 30-37. https://doi.org/10.1016/j.iedeen.2018.09.001 Ahlstrom, D., Arregle, J., Hitt, M., Qian, G., Ma, X., e Faems, D. (2020). Managing Technological, Sociopolitical, and Institutional Change in the New Normal. Journal of Management Studies, 57(3), 412-437. Albarez, N. (2016). El concepto de Hegemonía en Gramsci: Una propuesta para el análisis y la acción política. Revista de Estudios Sociales Contemporáneos, 15, 150-160. Álvarez, C., Noguera, M., e Urbano, D. (2012). Condicionantes del entorno y emprendimiento femenino. Un estudio cuantitativo en Espana. Economía Industrial, 383, 43-52. Álvarez, M., Rebollo-Catalán, A., e Rodríguez-Díaz, R. (2013). Factores facilitadores y bloqueadores del emprendimiento femenino: orientar para el emprendimiento desde una perspectiva de género. En M. C. Cardona Moltó, E. Chiner Sanz, e A. Giner Gomis (Eds.), Investigación e Innovación Educativa al Servicio de Instituciones y Comunidades Globales, Plurales y Diversas (pp. 427-435). Universidad de Alicante. Ajzen, I. (1991). The Theory of Planned Behavior. Organizational Behavior and Human Decision Processes, 50(2), 179-211. https://doi.org/10.1016/0749-5978(91)90020-T. Bandura, A. (1977). Self-efficacy: The exercise of control. Freeman. Baughn, C., Chua, B., e Neupert, K. (2006). The Normative Context for Women's Participation in Entrepreneruship: A Multicountry Study. Teoría y práctica del emprendimiento, 30(5), 687-708. https://doi.org/10.1111/j.1540-6520.2006.00142.x Bourdieu, P. (1997). Razones prácticas. Sobre la teoría de la acción. Anagrama. 37 Start-up e emprendemento feminino Bruni, A., Gherardi, S., e Poggio, B. (2004). Doing Gender, Doing Entrepreneurship: An Ethnographic Account of Intertwined Practices. Gender, Work & Organization, 11, 406 - 429. Bruton, G., Ahlstrom, D., e Li, H. (2010). Teoría institucional y emprendimiento: ¿dónde estamos ahora y hacia dónde debemos movernos en el futuro?. Teoría y práctica del emprendimiento, 34, 421 - 440. Burgess, Z., e Tharenou, P. (2002). Women Board Directors: Characteristics of the Few. Journal of Business Ethics, 37(1), 39-49. Busenitz, L., Gómez, C., e Spencer, J. (2000). Country Institutional Profiles: Unlocking Entrepreneurial Phenomena. Academy of Management Journal, 43(5), 994-1003. Butler, J. (1993). Cuerpos que importan: sobre los límites discursivos del sexo. Sociología Contemporánea, 24, 331. Carretero-García, C., e Serrano-Pascual, A. (2022). Promotion Programs for Women’s Entrepreneurship in Spain: A “Transformational Entrepreneurial Journey”. Social Politics: International Studies in Gender, State & Society, 29(3), 880- 906. https://doi.org/10.1093/sp/jxab021 Chrisman, J., Chua, J., e Steier, L. (2005). Fuentes y consecuencias de la familia distintiva: una introducción. Teoría y práctica del espíritu empresarial, 29(3), 237–247. https://doi.org/10.1111/j.1540-6520.2005.00080.x Coleman, J. (1988). Capital social en la creación de capital humano. Revista Americana de Sociología, 94, 95-120. Connell, R., e Messerschmidt, J. (2005). Hegemonic Masculinity: Rethinking the Concept. Gender & Society, 19(6), 829-859. https://doi.org/10.1177/0891243205278639 Cromie, S., e Birley, S. (1992). Creación de redes de mujeres empresarias en Irlanda del Norte. Revista de Business Venturing, 7, 237-251. Donoso, T., Figuera, P., e Rodríguez Moreno, M. (2011). Barreras de género en el desarrollo profesional de la mujer universitaria. Revista de Educación, 355, 187-212. Eagly, A., e Karau, S. (2002). Role congruity theory of prejudice toward female leaders. Psychological Review, 109(3), 573-598. 38 Start-up e emprendemento feminino Eagly, A., e Wood, W. (1991). Explaining Sex Differences in Social Behavior: A Meta-Analytic Perspective. Personality and Social Psychology Bulletin, 17(3), 306-315. Ebner, A., e North, D. (2005). Comprender el proceso de cambio económico. PVS. 46, 489-491. https://doi.org/10.1007/s11615-005-0285-y Escribano, J., e Casado, A. (2016). Construction of gender differences in the discourse of entrepreneurship. Psychobiological, cultural and familiar aspects. Suma de Negocios. 7(15), 18-24. Etzioni, A. (2017). The New Normal: Finding a Balance between Individual Rights and the Common Good. Garcia-Villaverde, P. M., e Lara, M. (2009). Factores de éxito del proceso de puesta en marcha de la empresa: valores culturales, redes sociales y ayudas públicas. Investigaciones europeas de dirección y economía de la empresa, 15(3), 101-117. Gnyawali, D., e Fogel, D. (1994). Entornos para el desarrollo empresarial: dimensiones clave e implicaciones de la investigación. Teoría y práctica del espíritu empresarial, 18(4), 43- 62. https://doi.org/10.1177/104225879401800403 Goedhuys, M., e Sleuwaegen, L. (2000). Entrepreneurship and growth of entrepreneurial firms in Cote D'Ivoire. The Journal of Development Studies, 36(3), 123-145. González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. Dicionario | Real Academia Galega [Consultado: 10/05/2023] Gupta, V., Turban, D., Wasti, S., e Sikdar, A. (2009). El papel de los estereotipos de género en las percepciones de los empresarios y las intenciones de convertirse en empresarios. Teoría y práctica del emprendimiento, 33(2), 397-417. Habbershon, T., Williams, M., e MacMillan, I. (2003). A unified perspective of family firm performance. Journal of Business Venturing, 18(4), 451-65. https://doi.org/10.1016/S0883-9026(03)00053-3 Hechavarria, D. (2016). Mother nature’s son?: The impact of gender socialization and culture on environmental venturing. International Journal of Gender and Entrepreneurship, 8(2), 137-172. 39 Start-up e emprendemento feminino Instituto Nacional de Estadística (2023). Productos y Servicios / Publicaciones / Publicaciones de descarga gratuita (ine.es) Islam, G. (2014). Social Identity Theory. En T. Teo (Ed.), Enciclopedia de Psicología Crítica (pp. 1781-1783). Springer-Verlag. Koenig, A., Eagly, A., Mitchell, A., e Ristikari, T. (2011). Are leader stereotypes masculine? A meta-analysis of three research paradigms. Psychological Bulletin, 137(4), 616-642. LaFrance, M., e Vial, A. (2016). Gender and Nonverbal Behavior. En D. Matsumoto, H. C. Hwang,e M. G. Frank (Eds.), APA Handbook of Nonverbal Communication (pp. 139-161). American Psycological Association. Liu, Y., Anser, M., e Zaman, K. (2021). Ecofeminismo y gestión de recursos naturales: justicia retrasada, justicia negada. Sostenibilidad. Meda. K. (2011). Análisis de libro teoría del desenvolvimiento económico de Joseph A. Schumpeter. Contribuciones a la Economía. Merton, R. (1957). Social Theory and Social Structure. Free The Press. Minniti, M., e Nardone, C. (2007). Being in Someone Else’s Shoes: the Role of Gender in Nascent Entrepreneurship. Small Business Economics, 28(2), 223-238. Minniti, M., e Naudé, W. (2010). ¿Qué sabemos sobre los patrones y determinantes del emprendimiento femenino en todos los países?. Eur J Dev Res. 22, 277–293. https://doi.org/10.1057/ejdr.2010.17 Montgomery, A., Dacin, P., e Dacin, T. (2012). Collective Social Entrepreneurship: Collaboratively Shaping Social Good. Journal of Business Ethics. 111(3), 375-388. Mueller, S., e Conway Dato-on, M. (2011). Un estudio intercultural de la orientación de roles de género y la autoeficacia empresarial. Int Entrep Manag J, 9, 1-20. https://doi.org/10.1007/s11365-011-0187-y Organización Mundial de la Salud. (2023). Salud Sexual y Reproductiva e Investigación. Salud Sexual y Reproductiva e Investigación (SSR) (who.int) Organización de las Naciones Unidas. (2023). Objetivo 5: Lograr la igualdad entre los géneros y empoderar a todas las mujeres y las niñas. Igualdad de género y empoderamiento de la mujer - Desarrollo Sostenible (un.org) 40 Start-up e emprendemento feminino Ortiz, P., e Olaz, A. (2014). La mujer en la empresa familiar española desde la perspectiva del familiness. Política y Sociedad. 51(2), 481-506. Planellas, M. (2003). De la idea a la empresa. Ediciones Gestión 2000 S.A. Pounder, J., e Coleman, M. (2002). Women – better leaders than men? En la gestión general y educativa todavía "todo depende". Leadership & Organization Development Journal, 23(3), 122-133. https://doi.org/10.1108/01437730210424066 Rao, H., Morrill, C., e Zald, M. (2000). Power Plays: How Social Movements and Collective Action Create New Organizational Forms. Research in Organizational Behavior. RES ORGAN BEH, 22(9), 237-281. Rodríguez, L., e Fuentes, M. (2008). Global Entrepreneurship Monitor: Informe Ejecutivo Melilla 2007-2008. ESNA_informe_MELILLA_09-0.indb (gem-spain.com) Rogers, M. (2004). Networks, Firm Size and Innovation. Small Business Economics, 22(2), 141- 153. Rosa, P., e Hamilton, D. (1994). Género y propiedad en las pequeñas empresas del Reino Unido. Teoría y práctica del espíritu empresarial, 18(3), 11–27. https://doi.org/10.1177/104225879401800302 Sarrió, M., Barberá, E., Ramos, A., e Candela, C. (2002). El techo de cristal en la promoción profesional de las mujeres Glass ceiling in the professional promotion of women. Revista de Psicología Social, 17(2), 167-182. Schwartz, S. (2006). A theory of cultural value orientations: Explication and applications, 109, 173-219. Scott, S. (2012). Reflections on the 2010 AMR Decade Award: Delivering on the Promise of Entrepreneurship As a Field of Research. Academy of Management Review, 37(1), 10- 20. Spear, R. (2006). Social Entrepreneurship: A Different Model?. International Journal of Social Economics, 33, 339-410. Tien, H., Wang, Y., e Liu, L. (2023). Career Barriers and Choice Behavior 1 Running Head: Career Barriers and choice behaviour. The Role of Career Barriers on High School Students' Career Choice Behavior in Taiwan, 57, 274-288. 41 Start-up e emprendemento feminino Velasco, R., e Saiz, M. (2007). Políticas de creación de empresas y su evaluación. Documentos de trabajo: Laboratorio de alternativas, 118, 5-70. Wood, W., e Eagly, A. (2002). A Cross-Cultural Analysis of the Behavior of Women and Men: Implications for the Origins of Sex Differences. Psychological Bulletin, 128(5), 699-727. Woolley, J., e Rottner, R. (2008). Innovation Policy and Nanotechnology Entrepreneurship. Entrepreneurship Theory and Practice, 32(5), 791 - 811.