scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Descrición anatómica e histolóxica do mexillón de río Margaritifera auricularia

Rico Gómez, Uxía

Abstract

Margaritifera auricularia é unha das especies de bivalvos de auga doce máis ameazadas do noso país. Dende o ano 2013 a súa poboación experimentou un vertixinoso decrecemento por causas ata o momento aínda descoñecidas. A situación tan crítica na que se atopa esta especie demanda medidas de actuación urxentes que consigan reverter o seu risco inminente de extinción, para iso é necesario ampliar o coñecemento dispoñible sobre ela e así conseguir anticiparse a potenciais episodios de mortalidade que mingüen aínda máis as súas poboacións. Neste traballo descríbense as características anatómicas e histolóxicas de Margaritifera auricularia, buscando proporcionar unha guía que sirva de axuda á hora de discernir entre individuos potencialmente sans ou enfermos en futuras avaliacións histopatolóxicas ou estudos de campo. Os resultados obtidos neste traballo, empregando diferentes tipos de tincións histolóxicas, suxiren que a súa estrutura é moi semellante á do resto dos bivalvos de auga doce, especialmente á dos membros da súa familia como Margaritifera margaritifera. Chama a atención o desenvolvemento do tecido muscular nos individuos considerados sans, puidendo ser un elemento a ter en conta á hora de realizar unha valoración inicial do estado sanitario dunha poboación. Non obstante certos achados, especialmente a nivel histolóxico, precisan de estudos adicionais para dilucidar a súa función, un dos máis importantes é a presenza de numerosas concrecións extracelulares de calcio dispersas por todo o corpo do animal seguindo a mesma distribución que o tecido conectivo.

Full text

Uxía Rico Gómez Descrición anatómica e histolóxica do mexillón de río Margaritifera auricularia. Descripción anatómica e histológica del mejillón de río Margaritifera auricularia. Anatomical and histological description of Giant Freshwater Pearl Mussel Margaritifera auricularia. Facultade de Veterinaria Grao en Veterinaria Ano 2021 Traballo de Fin de Grao TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 2 RESUMO Margaritifera auricularia é unha das especies de bivalvos de auga doce máis ameazadas do noso país. Dende o ano 2013 a súa poboación experimentou un vertixinoso decrecemento por causas ata o momento aínda descoñecidas. A situación tan crítica na que se atopa esta especie demanda medidas de actuación urxentes que consigan reverter o seu risco inminente de extinción, para iso é necesario ampliar o coñecemento dispoñible sobre ela e así conseguir anticiparse a potenciais episodios de mortalidade que mingüen aínda máis as súas poboacións. Neste traballo descríbense as características anatómicas e histolóxicas de Margaritifera auricularia, buscando proporcionar unha guía que sirva de axuda á hora de discernir entre individuos potencialmente sans ou enfermos en futuras avaliacións histopatolóxicas ou estudos de campo. Os resultados obtidos neste traballo, empregando diferentes tipos de tincións histolóxicas, suxiren que a súa estrutura é moi semellante á do resto dos bivalvos de auga doce, especialmente á dos membros da súa familia como Margaritifera margaritifera. Chama a atención o desenvolvemento do tecido muscular nos individuos considerados sans, puidendo ser un elemento a ter en conta á hora de realizar unha valoración inicial do estado sanitario dunha poboación. Non obstante certos achados, especialmente a nivel histolóxico, precisan de estudos adicionais para dilucidar a súa función, un dos máis importantes é a presenza de numerosas concrecións extracelulares de calcio dispersas por todo o corpo do animal seguindo a mesma distribución que o tecido conectivo. PALABRAS CHAVE: Margaritifera auricularia, extinción, anatomía, histoloxía, calcio, estado sanitario. RESUMEN Margaritifera auricularia es una de las especies de bivalvos de agua dulce más amenazadas de nuestro país. Desde el año 2013 sus poblaciones han experimentado un acelerado decrecimiento por causas hasta el momento aún desconocidas. La situación tan crítica en la que se encuentra esta especie demanda medidas de actuación urgentes con las que tratar de eludir su riesgo inminente de extinción, para eso es necesario ampliar el conocimiento disponible sobre ella y así conseguir anticiparse a potenciales episodios de mortalidad masiva que mermen todavía más sus poblaciones. En este trabajo se describen las características anatómicas e histológicas de Margaritifera auricularia, con el objetivo de proporcionar una guía que sirva de referencia a la hora de discernir entre individuos potencialmente sanos o enfermos en futuras evaluaciones TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 3 histopatológicas o estudios de campo. Los resultados obtenidos en este trabajo, utilizando diferentes tipos de tinciones histológicas, sugieren que su estructura es muy similar a la del resto de bivalvos de agua dulce, especialmente a la de los miembros de su misma familia como Margaritifera margaritifera. Destaca el desarrollo del tejido muscular en los individuos considerados sanos, pudiendo constituir un elemento a evaluar a la hora de realizar una valoración inicial del estado sanitario de una población. No obstante, ciertos hallazgos, especialmente a nivel histológico, precisan de estudios adicionales que permitan dilucidar su funcionalidad, uno de los más destacados es la presencia de concreciones extracelulares de calcio dispersas por todo el cuerpo del animal siguiendo la misma distribución que el tejido conectivo. PALABRAS CLAVE: Margaritifera auricularia, extinción, anatomía, histología, calcio, estatus sanitario. ABSTRACT Margaritifera auricularia is one of the most endangered freshwater mussel species in our country. Since 2013, its populations have experienced an accelerated decline due to unknown causes. The critical situation in which this species finds itself demands urgent action measures to try to avoid its imminent risk of extinction. In order to do so, it is necessary to increase the knowledge available on the species to anticipate potential episodes of mass mortality that could further reduce its populations. In this paper we describe the anatomical and histological characteristics of Margaritifera auricularia, with the aim of providing a guide to help discern between potentially healthy or sick individuals in future histopathological evaluations or field studies. The results obtained in this work, using different types of histological stains, suggest that its structure is very similar to other freshwater mussels, especially members of the same family such as Margaritifera margaritifera. The development of muscle tissue in individuals considered healthy stands out, and may constitute an element to be evaluated when making an initial assessment of the health status of a population. However, certain findings, especially at the histological level, require additional studies to elucidate its functionality, one of the most notable being the presence of extracellular calcium concretions dispersed throughout the animal's body following the same distribution as the connective tissue. KEY WORDS: Margaritifera auricularia, extinction, anatomy, histology, calcium, health status. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 4 ÍNDICE 1. ÍNDICE ......................................................................................................................... 5 1.1. Índice de figuras ......................................................................................................... 5 1.2. Índice de táboas .......................................................................................................... 5 2. INTRODUCIÓN ........................................................................................................... 6 2.1. Características dos uniónidos ...................................................................................... 6 2.1.1. Taxonomía e diversidade dentro da orde Unionida ............................................. 6 2.1.2. Ciclo de vida ...................................................................................................... 7 2.2. Importancia ecolóxica e económica ............................................................................. 8 2.3. Margaritifera auricularia ........................................................................................... 10 2.4. Estado de conservación e principais ameazas de Margaritifera auricularia en España ..................................................................................................................... 12 3. OBXECTIVOS ........................................................................................................... 15 4. MATERIAL E MÉTODOS ........................................................................................ 16 5. RESULTADOS ........................................................................................................... 18 6. DISCUSIÓN ............................................................................................................... 35 7. CONCLUSIÓNS ......................................................................................................... 41 8. REFERENZAS BIBLIOGRÁFICAS ........................................................................ 42 TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 5 1. ÍNDICE 1.1. Índice de figuras Figura 1. Principais especies da orde Unionida presentes no continente europeo.........................7 Figura 2. Ciclo de vida das especies da orde Unionida..................................................................8 Figura 3. Clasificación taxonómica de Margaritifera auricularia...............................................11 Figura 4. Realización dos cortes transversais seriados da hemisección dereita dun dos exemplares recibidos.......................................................................................................16 Figura 5. Esquema realizado sobre un dos individuos no cal indícase a localización aproximada de cada un dos cortes transversais efectuados durante o tallado..............................17 Figura 6. Imaxes da morfoloxía externa de Margaritifera auricularia........................................18 Figura 7. Imaxes histolóxicas do manto e borde do manto..........................................................20 Figura 8. Rexión posterior do corpo de Margaritifera auricularia..............................................21 Figura 9. Imaxes histolóxicas do músculo abdutor......................................................................22 Figura 10. Comparación da aparencia externa dos músculos abdutores dos individuos A e B...........................................................................................................................22 Figura 11. Localización macroscópica da cavidade nefropericárdica e caracterización histolóxica das estruturas contidas nela........................................................................................23 Figura 12. Estruturas posibles de visualizar en Margaritifera auricularia tras a retirada do manto.......................................................................................................................................24 Figura 13. Aparencia externa e microscópica das demibranquias dos individuos non grávidos.................................................................................................................................24 Figura 14. Aparencia macroscópica e histolóxica das demibranquias dos individuos grávidos......................................................................................................................26 Figura 15. Imaxes histolóxicas do pé...........................................................................................27 Figura 16. Comparación da aparencia macroscópica do pé do individuo A e C..........................28 Figura 17. Imaxes da estrutura externa e histolóxica dos palpos labiais......................................29 Figura 18. Imaxes das diferentes estruturas que compoñen o tracto dixestivo de Margaritifera auricularia........................................................................................................30 Figura 19. Imaxes histolóxicas da glándula dixestiva..................................................................31 Figura 20. Imaxes histolóxicas do tecido gonadal masculino e feminino....................................32 Figura 21. Histoloxía do tecido conectivo de Leydig...................................................................33 Figura 22. Imaxes histolóxicas dos gránulos mineralizados distribuídos por todo o corpo do animal............................................................................................................................34 1.2. Índice de táboas Táboa 1. Tincións histolóxicas empregadas neste estudo............................................................17 TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 6 2. INTRODUCIÓN 2.1. Características dos uniónidos 2.1.1. Taxonomía e diversidade dentro da orde Unionida Ó igual que os bivalvos mariños, os bivalvos de auga doce presentan as características morfolóxicas comúns que os fan pertencer a esta clase. O seu corpo está recuberto por dúas valvas que protexen ao animal da desecación, fronte aos depredadores e actúan como sostén para os tecidos brandos (Lőw, Molnár e Kriska, 2016). Caracterízanse por posuír simetría bilateral sen a existencia dunha bolsa visceral dorsal. Carecen dunha porción cefálica diferenciada e constan de branquias moi desenvolvidas con forma de lámina, razón pola cal tamén pódeselles denominar lamelibranquios (Cargnin-Ferreira e Sarasquete, 2008). Na orde Unionida están englobadas a meirande parte das especies de bivalvos de auga doce, que representan un número moito máis reducido de especies en comparación cos bivalvos mariños. Actualmente estímase que existen ao redor de 9200 especies de bivalvos (National Oceanic and Atmospheric Administration [NOAA], 2021), das cales en torno a 800 son de auga doce (Bogan, 2008). Esta cifra atópase sometida a constante cambio, especialmente nos últimos anos, xa que había unha importante sobreestimación de especies dentro desta orde, chegándose a rexistrar ata 1500 especies (Graf, 2010). A maior parte foron reclasificadas ou renomeadas grazas aos avances significativos en taxonomía molecular (Graf e Cummings, 2007; Araujo, Toledo e Machordom, 2009; Prié, Puillandre e Bouchet, 2012; Lopes-Lima et al., 2018). Presentan unha distribución mundial, coa única excepción da Antártida, e a súa orixe remóntase ao Triásico (Walker, Byrne, Hickey e Roper, 2001) o que indica que, pese a ser animais aparentemente simples, foron capaces de adaptarse aos continuos e notables cambios que experimentou a Terra dende a súa aparición (Graf e Cummings, 2007). A meirande parte dos membros desta orde son coñecidos de forma coloquial como mexillóns de río ou náiades, facendo referencia este último ás ninfas da mitoloxía grega encargadas da protección dos ríos, lagoas, pozos e outros lugares de auga doce (Soler, Araujo e Wantzen, 2018a). Diferéncianse seis familias dentro da orde Unionida: Unionidae, Margaritiferidae, Hyriidae, Etheriidae, Mycetopodidae e Iridinidae. De todas elas a Unionidae é a que conta cun maior número de especies, representando un 85% do total (Soler et al., 2018a), mentres que Margaritiferidae con tan só 12 especies rexistradas é considerada a familia máis ameaza dentro da orde Unionida (Lopes-Lima et al., 2018). Isto é debido a que oito das súas 12 especies atópanse catalogadas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN, 2021) como en perigo de extinción ou en perigo crítico de extinción. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 7 Nun estudo realizado no ano 2018 (Lopes-Lima et al.) avaliáronse as características morfolóxicas e moleculares dos membros da familia Margaritiferidae e Unionidae, obtendo como resultado a reclasificación dalgunhas especies entre ambas familias, ademais da subdivisión da familia Margaritiferidae en catro clados en función da súa anatomía, distribución e ecoloxía. Dentro da orde Unionida só dúas familias están presentes no continente europeo: Unionidae e Margaritiferidae, esta última representada unicamente por dúas especies, Margaritifera margaritifera e Margaritifera auricularia (Lopes‐Lima et al., 2016) (Figura 1). Figura 1: Principais especies da orde Unionida presentes no continente europeo. Imaxe obtida de Lopes ‐ Lima et al., 2016. 2.1.2. Ciclo de vida Nos uniónidos a maior parte das especies son dioicas, é dicir, presentan só un dos dous sexos pero, incluso nestas poboacións, ocasionalmente rexístrase unha porcentaxe variable de individuos hermafroditas (Kat, 1983; Wu et al., 2017). Cando comeza a época reprodutiva, que varía para cada unha das especies, os machos liberan o esperma ao exterior a través do sifón exhalante. Unha femia próxima aspira os gametos, presentes na auga que filtra, mediante o sifón inhalante e ten lugar a fecundación nas súas branquias (Araujo, Bragado e Ramos, 2000; Zapater, Araujo, Álvarez, Nakamura e Alcántara, 2006; Soler et al., 2018a). Os embrións formados van permanecer nas branquias dos bivalvos adultos durante un período variable, no cal son incubados ata que alcanzan o desenvolvemento necesario para ser liberados en forma de gloquidios. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 8 Gloquidio é o nome que reciben as fases larvarias dos uniónidos unha vez que sufriron un desenvolvemento completo nas branquias dos bivalvos adultos. Os gloquidios son liberados ao medio acuático, onde deben atinxir o corpo dun peixe, que actúa como hóspede intermediario, para sufrir unha derradeira metamorfose que dá lugar as formas xuvenís (Figura 2) (Soler et al., 2018a). Esta fase parasitaria no corpo dun peixe hóspede é un estadio obrigatorio, de producirse os uniónidos conseguirán completar o seu ciclo de vida e transformarse en bivalvos adultos (Marwaha et al., 2019). Pero non todas as especies de peixes dispoñibles no hábitat son válidas para conseguir a metamorfose a formas xuvenís (López e Altaba, 2005), e incluso nalgunhas especies de uniónidos demostrouse a influencia da idade do hóspede como un factor condicionante para o enquistamento dos gloquidios (Marwaha et al., 2019). Unha vez completouse o período de transformación dos gloquidios, que dá lugar aos xuvenís, estes son liberados xa coa mesma forma dun individuo adulto pero cun tamaño moito máis reducido. Caen ao fondo do río, onde se manteñen ancorados para poder alimentarse e continuar co seu crecemento. Isto é posible grazas a existencia do biso, uns filamentos proteicos provistos de gran adherencia producidos por glándulas localizadas a nivel do pé, entre as fibras musculares (Figura 2) (McCartney, 2021). A diferenza dos bivalvos mariños, nas especies da orde Unionida estas glándulas só están presentes nas formas xuvenís (Soler et al., 2018a), xa que os individuos adultos soterran parcialmente o seu corpo no substrato coa axuda do seu pé, moito máis robusto e grande que nas especies mariñas. Figura 2: Ciclo de vida das especies da orde Unionida. Imaxe obtida de López e Altaba, 2005. 2.2. Importancia ecolóxica e económica Ó igual que as náiades da mitoloxía grega, os mexillóns de auga doce desempeñan unha labor fundamental na conservación dos ecosistemas acuáticos. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 9 Unha das funcións máis recoñecidas é a súa capacidade de purificación da auga, derivada do seu comportamento filtrador para a alimentación. O fitoplancto constitúe un dos seus principais alimentos e obtéñeno tanto da corrente de auga á que están expostos como do substrato no que se atopan soterrados (Vaughn, Nichols e Spooner, 2008). Mediante a captación destas partículas de natureza vexetal permiten que as características físico-químicas da auga mantéñanse estables, evitando o enturbamento (Chowdhury, Zieritz e Aldridge, 2016) e a eutrofización (Welker e Walz, 1998). Ademais permiten unha importante reciclaxe e circulación de nutrientes a través das súas deposicións en forma de feces e pseudofeces, tecidos brandos e cuncha, xunto coa súa capacidade de transformación de nutrientes (Strayer, 2014). Os excrementos destes animais poden conter cantidades variables de carbono, nitróxeno ou fósforo, compoñentes fundamentais para o desenvolvemento dos produtores na cadea trófica. Estes non van beneficiar unicamente ao treito de río no que se asentan as poboacións de bivalvos, xa que tamén son desprazados río abaixo grazas ás correntes (Strayer, 2014). Ademais os nutrientes que constitúen a cuncha, os tecidos e as secrecións manteñen un fluxo constante co medio a través da liberación de produtos reprodutivos (esperma, gloquidios, etc.), mediante descomposición tras a morte do animal (Strayer, 2014) e por disolución paulatina da cuncha (Strayer e Malcom, 2007). Tamén xogan un importante papel nos procesos de nitrificación e desnitrificación, conseguindo regular desta maneira a cantidade de nitróxeno dispoñible no medio en función das necesidades do ecosistema (Turek e Hoellein, 2015). As náiades distribúense de forma irregular e dispersa ao longo do río, formando o que se coñece como leitos de bivalvos, constituídos por grandes cantidades de individuos e con gran diversidade de especies (Atkinson e Vaughn, 2015). Estes puntos están considerados como “hotspots” (Atkinson e Vaughn, 2015) xa que favorecen a proliferación doutro tipo de organismos como algas bentónicas e macroinvertebrados (Spooner e Vaughn, 2006), atraídos polo enriquecemento do substrato por parte dos bivalvos con grandes cantidades de nutrientes (Atkinson e Vaughn, 2015). Outra das súas funcións máis destacadas é a capacidade de actuar como bioindicadores medioambientais, tanto a curto como a longo prazo (Vaughn, 2018). O seu carácter filtrador permite utilizalos como sentinelas para coñecer a calidade da auga mediante o análise da hemolinfa ou de tecidos brandos como o manto ou o pé (Newton e Cope, 2006; Fritts, Peterson, Hazelton e Bringolf, 2015). Os individuos xuvenís empréganse cada vez máis en estudos toxicolóxicos, xa que manifestan unha maior sensibilidade que os adultos a compostos nitroxenados como o amonio (Newton e Bartsch, 2007). TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 16 4. MATERIAL E MÉTODOS Para a realización deste estudo empregáronse catro exemplares de M. auricularia procedentes do Canal Imperial, en Aragón, e remitidos para o seu estudo ao Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria (GAPAVET) da Universidade de Santiago de Compostela polo equipo que executa as accións do plan de recuperación de M. auricularia. Todos eles estaban desprovistos da cuncha cando foron recibidos, xa que para a súa fixación foi necesario que os desenxertaran das valvas. Dos catro individuos recibidos, dous deles databan de febreiro do 2003 e foron atopados conxelados á beixa do río, coincidindo este achado cun período de baixas temperaturas rexistradas nese ano. Os outros dous exemplares restantes recolléronse nos anos 2014 e 2017, con posterioridade a un episodio de alta mortalidade rexistrado no ano 2013. Foron recibidos distribuídos en tres botes de plástico, con boca ancha, peche hermético e correctamente identificados. Os dous individuos recollidos no ano 2003 estaban fixados no mesmo bote, empregando como axente fixador etanol ao 70%. Foron denominados como A e D para a realización e recoñecemento dos cortes histolóxicos. Os dous botes restantes estaban provistos dun exemplar en cada un, denominados como B e C. O axente fixador utilizado para cada un deles foi diferente, sendo etanol ao 96% para o individuo B e formol ao 10% para o C. Para o procesado das mostras realizáronse 30 cortes (+/- 3) transversais seriados da hemisección dereita de cada individuo, numerados de anterior a posterior (Figura 4). A hemisección esquerda foi reservada para a realización de futuros estudos. Sobre o seguinte esquema indícase, sobre a imaxe do exemplar A, a posición aproximada de cada un dos cortes efectuados (Figura 5). No tallado do resto de individuos conservouse a mesma numeración dos bloques das estruturas anatómicas de referencia, como son o fin do pé, inicio de músculo abdutor anterior e posterior e boca. Figura 4. Realización dos cortes transversais seriados da hemisección dereita dun dos exemplares recibidos. (a) Realización do corte lonxitudinal pola liña media. (b) Realización dun corte transversal dunha hemisección. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 17 Figura 5. Esquema realizado sobre un dos individuos no cal indícase a localización aproximada de cada un dos cortes transversais efectuados durante o tallado. Naquelas áreas de maior dureza, procedeuse á descalcificación dos cortes mediante a inmersión dos tecidos en Osteodec®️ durante 6 horas. As mostras foron deshidratadas e incluídas en parafina, co obxectivo de formar os bloques a partir dos cales se obtiveron os cortes histolóxicos de 3 µm de grosor. Neste estudo as tincións empregadas para a descrición histolóxica dos tecidos de M. auricularia foron: Táboa 1. Tincións histolóxicas empregadas neste estudo. Os cortes histolóxicos observáronse e fotografáronse os cortes empregando o microscopio óptico Olympus®️ BX51, equipado coa cámara dixital EP50. Hematoxilina e Eosina (H-E) •Tinción rutinaria empregada na avaliación microscópica inicial de calquera tecido. (Gamble, 2008). Ácido periódico de Schiff (PAS) •Identificación de carbohidratos ou glicoconxugados (Myers, Fredenburgh e Grizzle, 2008). Tricrómico de Masson •Visualización do tecido conectivo. (Jones, Bancroft e Gamble, 2008). Vermello Alizarina •Detección da presenza de calcio (Churukian, 2008). Tinción de Perls •Detección da presenza de ferro (Churukian, 2008). TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 18 5. RESULTADOS Os catro exemplares estudiados mostraron características anatómicas semellantes. Externamente presentaban o manto, unha estrutura composta por dous lóbulos que se estendían a ambos lados do animal envolvendo o seu corpo. Os lóbulos atopábanse unidos na parte dorsal e caían ventralmente, en forma dunha capa fina e translúcida que engrosábase e escurecíase na porción distal (Figura 6). Figura 6. Imaxes da morfoloxía externa de Margaritifera auricularia. (a) Hemisección dereita dun dos individuos sobre a que se identificaban facilmente o manto e os músculos abdutores, protractores (**) e retractores (*). As frechas brancas simulan o fluxo de entrada e saída da auga a través dos sifóns inhalante e exhalante, respectivamente. (b) Vista ventral dun exemplar no cal estendíanse ambos lóbulos do manto (frechas negras) para a súa mellor visualización. (c) Enxerto da porción posterior ventral do manto na que se observaba macroscópicamente unha zona branquecina, rugosa e dura ó tacto con resistencia ó corte durante o tallado. Abreviaturas: MAA, músculo abdutor anterior; MAP, músculo abdutor posterior; SE, sifón exhalante; SI, sifón inhalante. Histolóxicamente a súa estrutura non era uniforme ao longo de toda a súa lonxitude, con zonas de maior grosor e distinta organización dos tecidos, pero estaba composto principalmente por fibras musculares lisas, tecido conectivo laxo e senos hemolinfáticos (Figura 7b). As fibras musculares encontrábanse dispostas de forma lonxitudinal, formando fascículos de diversos TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 19 tamaños, a excepción da parte ventral onde o tecido muscular distribuíase de maneira desorganizada e irregular (Figura 7a, 7b). Ambas superficies posuían células caliciformes intercaladas entre un epitelio simple cilíndrico, que no caso da superficie interna era ciliado e apoiábase sobre unha membrana basal máis visible (Figura 7c, 7d). O borde era o que presentaba unha morfoloxía máis diferenciada, dispoñéndose en tres pregas: a externa, en contacto directo coas valvas da cuncha, a media e a interna (Figura 7e). Cada unha delas tiña unhas características propias, tanto en tamaño e grosor coma no tipo de epitelio e de tecidos que as compoñían. A prega externa do manto, que nalgunhas ocasións podía aparecer dividida en varias partes, posuía un epitelio simple cilíndrico. Nalgúns cortes era visible o periostraco, excretado a través da fenda que marcaba a transición entre a prega externa e a media, despois da cal producíase un cambio abrupto no tipo de epitelio. En histoloxía o periostraco aparecía como un fío refrinxente, de grosor variable, que ía rodeando externamente á prega externa do manto (Figura 7f). A prega media caracterizábase por presentar dous epitelios diferentes. Por unha banda a cara lateral, adxacente á prega externa, mostraba un epitelio simple plano que se transformaba abruptamente á altura da cara medial nun epitelio simple cilíndrico (Figura 7g), o cal conservábase ao longo de toda a prega interna coa única diferenza que nesta última encontrábase ciliado (Figura 7h). Ademais, todo este epitelio dispoñíase formando dobreces que ían desaparecendo ao afastarse do borde do manto (Figura 7a, 7h). Baixo este epitelio simple cilíndrico eran visibles un gran número de células glandulares, cargadas con numerosos gránulos basófilos que vertían á cavidade paleal de forma intraepitelial, sen que existira un conduto aparente (Figura 7g). Estas células estendíanse dorsalmente, aínda que diminuíndo o seu número de forma progresiva ata desaparecer. Macroscópicamente podíase observar como a parte posterior e pigmentada do manto dobrábase formando dúas aberturas coñecidas como sifón inhalante, que ocupaba unha posición ventral, e exhalante, máis dorsal (Figura 6a, 8a). Ademais de estar pigmentado, o borde do manto na zona correspondente ao sifón inhalante non era liso, senón que presentaba papilas de pequeno tamaño (< 0.5 cm) cunha coloración abrancazada e forma arborescente (Figura 8a). A nivel histolóxico non se observaba ningunha diferenza estrutural con respecto ás outras zonas do manto xa descritas. Dorsoposterior ó músculo abdutor posterior, na rexión do sifón exhalante, era visible o ano que aparecía como unha pequena abertura de aproximadamente 3 mm con bordes sobresaíntes (Figura 8b). TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 20 1 Figura 7. Pé de foto na páxina seguinte TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 21 Figura 8. Rexión posterior do corpo de Margaritifera auricularia. (a) Imaxe macroscópica do sifón inhalante e exhalante, formados a partir da prega do manto na rexión posterior, e que permiten a entrada e saída da auga do corpo do animal (frechas brancas). Nesta porción o manto atopábase pigmentado e coa presenza de papilas de pequeno tamaño (<5 cm), forma arborescente e abrancazadas na zona do sifón inhalante (Enxerto). (b) Ano (frecha negra) sobresaíndo por riba do músculo abdutor posterior, na rexión do sifón exhalante. Abreviaturas: SE, sifón exhalante; SI, sifón inhalante. O manto cubría practicamente a totalidade do corpo do animal, excepto os músculos abdutores anterior e posterior que sobresaían de forma simétrica e bilateral para poder inserirse á valva ipsilateral. O músculo abdutor anterior era lixeiramente máis pequeno e, adxacentes a súa marxe posterior, mostraba dous músculos fundamentais para os movementos de extensión e retracción do pé: o músculo protractor pedal, en posición ventral, e o músculo retractor pedal anterior, situado máis dorsal. Pola contra, o músculo abdutor posterior só estaba acompañado polo músculo retractor pedal posterior, localizado na marxe anterior (Figura 6a). Histolóxicamente ambos estaban constituídos por fibras musculares organizadas lonxitudinalmente en grandes fascículos (Figura 9). Existía unha notable diferencia entre a aparencia externa dos músculos abdutores dos exemplares A e D con respecto aos individuos C e D. Nos primeiros eran de maior tamaño, máis robustos e sobresaíntes (Figura 10a), mentres que nos outros dous individuos mostrábanse menos desenvolvidos e cunha coloración branco-amarelenta (Figura 10b). Figura 7. Imaxes histolóxicas do manto e borde do manto. (a) Pé e borde do manto. H-E. (b) Sección intermedia do manto na que se observaba o epitelio da superficie externa e interna, xunto cos demais compoñentes da súa estrutura. H-E. (c) Epitelio simple cilíndrico ciliado da superficie interna do manto cun gran número de células caliciformes intercaladas. Tricrómico de Masson. (d) Epitelio simple cilíndrico da superficie externa. Tricrómico de Masson. (e) Borde do manto coas tres pregas que constituían a súa estrutura. O recadro de liñas descontinuas marca a localización da fenda intermedia entre a prega externa e media, observada a maiores aumentos na imaxe (f) H-E. (f) Fenda intermedia entre a prega externa e media a través da cal excretábase o periostraco. H-E. (g) Prega media caracterizada pola diferenza abrupta no tipo de epitelio entre a cara medial e lateral, ambos apoiados sobre unha fina membrana basal (frechas negras). Eran visibles células basófilas subepiteliais en cantidade variable. PAS. (h) Epitelio simple cilíndrico ciliado da prega interna do manto, disposto formando plicas ao longo de toda a súa extensión. H-E. Abreviaturas: CB, células basófilas; CC, célula caliciforme; CI, cilios; CL, cara lateral; CM, cara medial; FM, fibras musculares; GM, gránulos mineralizados; PE, prega externa; PI, prega interna; PL, plica; PM, prega media; PT, periostraco; SE, superficie externa; SH, seno hemolinfático; SI, superficie interna; TC, tecido conectivo. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 22 Figura 9. Imaxes histolóxicas do músculo abdutor. (a) Gran cantidade de fibras musculares organizadas formando fascículos separados entre si por un perimisio de tecido conectivo, entre o que se visualizaban gránulos basófilos mineralizados de pequeno tamaño. H-E. (b) Disposición lonxitudinal das fibras musculares no músculo abdutor. H-E. Abreviaturas: GM, gránulos mineralizados. Figura 10. Comparación da aparencia externa dos músculos abdutores dos individuos A e B. (a) Exemplar A, no que se observaban uns músculos abdutores de gran tamaño, robustos e sobresaíntes. (b) Músculos abdutores pouco desenvolvidos e cunha coloración branco-amarelenta do exemplar B. Externamente tamén era visible a cavidade nefropericárdica, situada na rexión máis dorsal do animal, baixo a bisagra (Figura 11a).a nivel histolóxico si foi posible caracterizar gran parte das estruturas. Por un lado eran visibles os metanefridios, constituídos por un epitelio simple cúbico apoiado sobre unha fina membrana basal e disposto formando túbulos irregulares sen unha organización estrutural ben definida. As súas células eran moi eosinófilas e presentaban no seu interior gránulos cunha coloración pardo-avermellada (Figura 11b, 11c). Por outra banda, o corazón aparecía como un conxunto de fibras musculares dispersas, entre as que se atopaban grandes cantidades de gránulos basófilos e algún hemocito (Figura 11b). Atravesando a cavidade nefropericárdica tamén era visible o recto, que continuaba o seu traxecto dorsal ao músculo abdutor posterior para desembocar no sifón exhalante (Figura 11a). TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 23 Figura 11. Localización macroscópica da cavidade nefropericárdica e caracterización histolóxica das estruturas contidas nela. (a) Enxerto da cavidade nefropericárdica (1) e da traxectoria do recto sobre o músculo abdutor posterior para desembocar na zona do sifón exhalante (2). (b) Imaxe histolóxica da cavidade nefropericárdica sobre a que se distinguían os metanefridios, formando túbulos irregulares sen organización aparente, e as fibras musculares do corazón (frechas negras) rodeadas por gran cantidade de gránulos extracelulares basófilos. H-E. (c) Epitelio simple cúbico dos metanefridios, composto por células cunha coloración pardo-avermellada apoiadas sobre unha fina membrana basal. H-E. Abreviaturas: CNP, cavidade nefropericárdica; GM, gránulos mineralizados; MAP, músculo abdutor posterior; MN, metanefridios; R, recto. Baixo os lóbulos do manto encontrábanse as branquias, compostas por dous pares de demibranquias, externa e interna, situadas a ambos lados do pé estendéndose dende detrás dos palpos labiais ata os sifóns (Figura 12). Macroscópicamente, eran estruturas abrancazadas, pouco brillantes e opacas, nas que a demibranquia interna era visiblemente máis grande que a externa (Figura 13a). Porén esta descrición cambiaba nos exemplares grávidos, nos cales aparecían máis espesas e cremosas, cunha coloración amarelo-alaranxada (Figura 12, 14a). Histolóxicamente cada demibranquia estaba formada por dúas lamelas, unha ascendente e outra descendente, unidas entre si por unións interlamelares irregulares e dispersas compostas por tecido conectivo e fibras musculares (Figura 13b, 14b, 14c). Tamén eran visibles vasos sanguíneos e senos hemolinfáticos, máis pequenos e irregulares, vascularizando as branquias (Figura 13b, 13c). Perpendiculares a estas unións encontrábanse os tubos de auga, revestidos TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 24 Figura 12. Estruturas posibles de visualizar en Margaritifera auricularia tras a retirada do manto. Os enxertos mostran o pé, masa visceral e tiflosol tras o corte saxital dun dos individuos. Abreviaturas: DE, demibranquia externa; DI, demibranquia interna; MV, masa visceral; P, pé; PL, palpos labiais; T, tiflosol. Figura 13. Aparencia externa e microscópica das demibranquias dos individuos non grávidos.(a) Aspecto das demibranquias dun dos exemplares cunha coloración abrancazada, pouco brillantes e opacas (b) Estrutura da demibranquia dun dos individuos na cal podíase discernir cada unha das súas partes. H-E. (c) Tubos de auga revestidos por un epitelio simple plano. H-E. Abreviaturas: DE, demibranquia externa; DI, demibranquia interna; F, filamento branquial; O, ostia; SH, seno hemolinfático; TA, tubos de auga; UIL, unión interlamelar. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 25 por un epitelio simple plano (Figura 13b, 13c) e comunicados directamente coa cavidade paleal a través das ostias (Figura 13b). As lamelas de M. auricularia estaban constituídas por filamentos dispostos de forma paralela e formados por células columnares ciliadas, distinguíndose ademais dous tipos de cilios en función do seu tamaño e localización. Na parte máis apical atopábanse os cilios frontais, máis pequenos, mentres que en ambos costados encontrábanse os cilios laterais, moi longos, permitindo o contacto cos cilios do filamento colateral. A súa vez, cada filamento presentaba dous pilares na porción basal, que actuaban como soporte da estrutura e estaban compostos por un material moi basófilo e acelular positivo a vermello Alizarina (Figura 14e, 14f). Nos individuos grávidos observouse que a organización das demibranquias sufría unha importante modificación. Os tubos de auga dilatábanse considerablemente para acoller ás formas larvarias do mexillón, adoptando unha forma máis regular e organizada (Figura 14c). Ademais, as células epiteliais que os recubrían adquirían unha morfoloxía cúbica, aparecían provistas de cilios e con células caliciformes intercaladas (Figura 14d). As unións interlamelares despregábanse e alongábanse, distendendo para iso as súas fibras musculares. (Figura 14c). Pese a que a demibranquia externa era de menor tamaño, observouse que posuía unha maior densidade de larvas con respecto á interna (Figura 14c). Non se detectou a presencia de ningún gloquidio ben desenvolvido, próximo a liberación, pero si larvas que comezaban a mostrar unha morfoloxía semellante, con esa forma de dobre “C” característica, e un tamaño medio de 91 x 85 µm (Figura 14g, 14h). Ao retirar o manto, ademais das branquias, o pé e os palpos labiais quedaban expostos integramente (Figura 12). O pé era un órgano de gran tamaño, situado na parte ventral do animal e constituído principalmente por fibras musculares dispostas en diversas direccións, que externamente conferíanlle un aspecto rugoso e firme (Figura 12, 15a). Encontrábase unido á masa visceral e presentaba unha zona pigmentada que marcaba a separación entre ambos (Figura 12, 15c). Figura 14. Aparencia macroscópica e histolóxica das demibranquias dos individuos grávidos. (a) Vista ventral dun individuo grávido con demibranquias de coloración amarelo-alaranxada, máis espesas e cremosas. (b) Sección transversal de ambas demibranquias que permitía visualizar a súa estrutura interna, a cal conservaba a mesma conformación a nivel histolóxico. (c) Demibranquia externa e interna dun dos individuos, nas que se observaba unha dilatación manifesta dos tubos de auga con presenza de gran cantidade de gloquidios na demibranquia externa. H-E. (d) Epitelio simple cúbico ciliado dos tubos de auga. H-E. (e) Estrutura dos filamentos branquiais, compostos por células columnares provistas con cilios máis pequenos na rexión apical e máis longos lateralmente. Cada un apoiábase sobre dous pilares constituídos por un material moi basófilo e acelular. H-E. (f) Filamento branquial. Tricrómico de Masson. (g) Gloquideos coa súa forma de “C” característica. H-E. (h). Gloquideos rodeados por un fío de tecido conectivo. Tricrómico de Masson. Abreviaturas: CI, cilios; CIF, cilios frontais; CIL, cilios laterais; DE, demibranquia externa; DI, demibranquia interna; G, gloquidios; L, lamelas; O, ostia; TC, tecido conectivo; UIL, unións interlamelares. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 32 gonadóforos, facilmente identificables por posuír unha membrana basal de gran espesor (Figura 20a). Figura 20. Imaxes histolóxicas do tecido gonadal masculino e feminino. (a) Folículos con oocitos e espermatozoides embebidos en tecido conectivo de Leydig e separados entre si por un gonadóforo cunha grosa membrana basal. H-E. (b) Espermatozoides e os gránulos eosinófilos que os rodeaban. H-E. (c) Oocitos agrupados nun folículo rodeado por gránulos eosinófilos de diferentes tamaños. Un deles conservaba a morfoloxía característica, redondeada e cun núcleo central de gran tamaño. H-E (d). Oocitos rodeados por gránulos PAS positivos e incluídos dentro de folículos delimitados por células escamosas. PAS. Abreviaturas: CE, células escamosas; E, espermatozoides; F, folículos; G, gonadóforo; GE, gránulos eosinófilos; GF, gametos femininos; GM, gametos masculinos; O, oocito; TC, tecido conectivo; TL, tecido de Leydig. Todas as estruturas da masa visceral encontrábanse rodeadas polo tecido conectivo de Leydig, que posuía unhas características moi particulares. A diferencia do tecido conectivo areolar presente noutros tecidos, o tecido de Leydig estaba formado por células cun núcleo excéntrico e un citoplasma que non se tinguía con ningunha das tincións empregadas, carecía de substancia amorfa e fibras de coláxeno, e as súas células dispoñíanse de maneira contigua, formando unha rede (Figura 21a, 21b). Nos espécimes nos que non hai formación de gametos, o tecido gonadal atópase substituído por este tecido. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 33 Figura 21. Histoloxía do tecido conectivo de Leydig. (a) Tecido de Leydig rodeando as estruturas presentes na masa visceral. H-E. (b) Células do tecido de Leydig compostas por un núcleo excéntrico de gran tamaño e dispostas de forma contigua, formando unha rede. Entre elas visualizábanse gránulos basófilos de tamaño variable. H-E. Abreviaturas: GB, gránulos basófilos; N, núcleo; TL, tecido de Leydig. Ademais, seguindo o mesmo patrón de distribución que o tecido conectivo, atopáronse gránulos extracelulares basófilos de tamaño variable formando grandes agrupacións por todo o corpo do animal (Figura 22a, 22e). Nalgúns exemplares incluso era posible distinguir unha estrutura “en capas de cebola”, é dicir, varias capas alternas concéntricas nas que era perceptible a transición entre elas (Figura 22b). En certas localizacións da rexión posterior, como á nivel do manto ou músculo abdutor posterior, estes gránulos perdían a súa aparencia esférica ben delimitada e formaban grandes concrecións que ao corte ofrecían resistencia e provocaban a rotura dos tecidos adxacentes (Figura 22c, 22d). Estes gránulos extracelulares foron atopados en numerosas estruturas de todos os exemplares analizados, entre as que destacaban o manto, a masa visceral, palpos labiais, músculo abdutor e baixo o epitelio corporal. Nalgunhas delas eran incluso identificables macroscópicamente, cun aspecto granulado, branquecino e rugoso ao tacto, coincidindo coas zonas de resistencia ao corte durante o tallado (Figura 6c). Para determinar a presenza de mineralización nesas áreas realizouse unha tinción vermello Alizarina, a cal permitiu confirmar a presenza de calcio como un dos principais compoñentes destas formacións tan características (Figura 22c, 22d). Así mesmo, realizouse a tinción de Perls para a detección de ferro, obtendo aparentemente resultados negativos. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 34 Figura 22. Imaxes histolóxicas dos gránulos mineralizados distribuídos por todo o corpo do animal. (a) Gránulos extracelulares basófilos ocupando a rexión baixo o epitelio corporal. H-E. (b) Esferas mineralizadas na prega media do borde do manto sobre as cales distinguíanse varias capas alternas concéntricas. H-E. (c) Manto. Vermello Alizarina. (d) Músculo abdutor posterior. Vermello Alizarina. (e e f) Comparación da mesma rexión anatómica nun corte non descalcificado (e) e un descalcificado (f). O lugar ocupado polas concrecións mineralizadas (e) tras un proceso de descalcificación aparecía baleiro e cunha morfoloxía tisular mellor conservada (f). H-E. Abreviaturas: E, esferas; GB, gránulos basófilos. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 35 6. DISCUSIÓN Ata o ano 1996 M. auricularia era unha especie considerada extinta (Araujo e Ramos, 2000). Isto explica que a información dispoñible sobre ela sexa limitada e que coñecementos tan esenciais, como a descrición anatómica ou histolóxica da súa estrutura, posúan rexistros bibliográficos moi escasos (Grande, Araujo e Ramos, 2001; Soler et al., 2018a; Soler et al., 2018b). A través desta avaliación anatómica e histolóxica de individuos sans de M. auricularia búscase proporcionar información de referencia que sirva de base á hora de realizar estudos histopatolóxicos da especie, axudando a identificar máis facilmente os achados patolóxicos que poidan aparecer. Porén, o seu estado de conservación non facilita as labores de investigación, xa que ao estar catalogada como especie en perigo crítico de extinción (Prié, 2021) non é posible sacrificar individuos sans para o seu estudo. Por este motivo, pese a que este traballo está realizado cun número moi reducido de individuos, o valor de cada un deles dende un punto de vista científico é moi elevado. Dos catro exemplares empregados neste estudo, o A e o D foron os que proporcionaron a meirande parte da información, xa que eran os que se atopaban en mellor estado. Ambos tiñan en común que a súa aparencia externa era robusta e brillante, provistos de músculos abdutores moi prominentes, firmes, rosados e grandes, destacando sobre o corpo do animal. Chamaba especial atención as grandes dimensións do pé, moi musculado e cun gran grosor ao observarse dende unha vista ventral. Todas estas características anatómicas non estaban presentes nos individuos que en histoloxía manifestaban unha morfoloxía tisular máis alterada e difícil de valorar, que a súa vez eran os mesmos procedentes do Canal Imperial unha vez comezado o episodio de mortalidade masiva no ano 2013. En base a estas observacións, pódense suxerir estas características externas, especialmente do tecido muscular en músculos abdutores e pé, como modelo á hora de realizar unha distinción macroscópica rápida entre individuos potencialmente sans ou enfermos. Neste estudo non se conseguiu realizar esta mesma correlación a nivel histolóxico, debido ó elevado grao de alteración que manifestaban os tecidos dos exemplares mostreados coincidindo co episodio de alta mortalidade. Non foi posible definir se isto era debido a un proceso patolóxico antemortem ou a un proceso postmortem de autólise e putrefacción derivado dunha fixación tardía dos individuos. Tamén é posible que se atoparan alterados como consecuencia da utilización dun axente fixador inadecuado para unha boa conservación dos tecidos, como foi o caso do alcohol. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 36 Porén, en todos os exemplares, a nivel histolóxico era posible apreciar gránulos extracelulares basófilos de tamaño variable que seguían a mesma distribución que o tecido conectivo, aparecendo no intersticio de practicamente todos os órganos do animal, aínda que nunha proporción variable. Non se sabe cal é a súa función pero a súa presenza foi descrita anteriormente para varias especies desta orde, como Anodonta grandis, Elliptio crassidens (Silverman, Steffens e Dietz, 1985), Hyridella depressa, Velesunio ambiguus (Byrne, 2000; Colville e Lim, 2003) ou M. margaritifera (Pekkarinen, 1997). Igual que no caso destas especies os gránulos observados en M. auricularia estaban compostos principalmente por calcio, para os cales obtívose unha resposta positiva á tinción vermello Alizarina. Algúns estudos tamén describían a presenza variable de Fe na súa composición (Pekkarinen, 1997; Byrne, 2000), razón pola cal optouse por realizar unha tinción de Perls obténdose resultados negativos. Pero para coñecer con exactitude o perfil mineral das concrecións extracelulares sería necesario realizar probas específicas, como por exemplo microanálise de raios X (Byrne, 2000) ou espectometría, que permitirían indagar máis información sobre a natureza e función das calcificacións. O feito de que se atopen en varias especies, e tanto nos animais considerados sans como nos procedentes do río tras o episodio de mortalidade, permite considerar este achado como algo fisiolóxico, que tal vez desempeñe unha función específica no animal. Por exemplo, Silverman et al. (1985) describían que en especies como Anodonta grandis, Elliptio crassidens, Ligumia subrostrata e Carunculina texasensis as concrecións extracelulares de calcio localizábanse principalmente nas branquias, entre os filamentos e os tubos de auga, representando entre un 20- 60% do peso seco do órgano. Neste estudo explicaban a súa presenza como unha fonte de calcio para a formación da cuncha dos gloquidios, xa que compararon a proporción entre individuos en época reprodutiva con aqueles que non o estaban, obtendo grandes diferenzas. No caso de M. auricularia esta hipótese non toma moito peso, xa que a proporción de material mineralizado en individuos grávidos e non grávidos é moi semellante, ademais de que as branquias xunto co pé son os puntos nos que menos concrecións extracelulares foron atopadas, estando totalmente ausentes neste último. Porén, estes achados coinciden coa distribución descrita para M. margaritifera (Pekkarinen, 1997), Hyridella depressa e Velesunio ambiguus (Byrne, 2000; Colville e Lim, 2003). Créese que nestas especies as branquias non son unha localización preferente para as calcificacións porque non colaboran como fonte de calcio para a formación da cuncha dos gloquidios. Noutros estudos valorouse a posibilidade de que forme parte dun proceso de detoxificación, mediante o secuestro e precipitación en forma de carbonato cálcico de diferentes oligoelementos ou metais pesados presentes no medio (Jeffree e Simpson, 1984; Byrne, 2000). TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 37 Tamén se cree que poden estar relacionadas cos procesos de biomineralización propios do animal, principalmente a formación continua da súa cuncha. Isto asóciase co seu sistema de absorción de calcio de alta eficacia, polo que teñen que ser capaces de reter o máximo calcio posible debido a que moitos deles habitan en medios cunha baixa concentración (Byrne, 2000). Porén, no caso de M. auricularia non parece unha hipótese probable debido a que caracterízase por habitar en medios de augas duras, con altas concentracións de calcio, aínda que pode ser un mecanismo que lles axude a sobrevivir e seguir formándose de forma constante pese a que a calidade da auga poida variar (Grande et al., 2001). Son necesarios máis estudos para poder esclarecer a causa da formación destas concrecións extracelulares calcificadas, e determinar se a súa elevada proporción se debe a un proceso fisiolóxico ou patolóxico. Cómpre destacar que, entre os catro individuos empregados neste estudo, a concentración dos gránulos extracelulares era máis elevada nos exemplares procedentes do Canal Imperial despois do episodio masivo de mortalidade. Estes resultados suxiren que o seu incremento pode estar relacionado cun estado de enfermidade. Con respecto á descrición histolóxica do resto das estruturas que constitúen o corpo de M. auricularia foi posible visualizar practicamente todas nos individuos considerados sans, aínda que con certas limitacións derivadas dos cambios de autólise. No borde distal do manto observáronse as tres pregas xa descritas noutras especies como Velesunio ambiguus ou Hyridella depressa, cada unha delas asociada cunha función específica (Colville e Lim, 2003). A prega externa atribúeselle a función secretora do periostraco, que é a capa pigmentada e máis externa da cuncha dos bivalvos composta principalmente por unha proteína denominada conquiolina (Lőw et al., 2016). Por outra banda, a prega media asóciase cunha función sensorial, mentres que a prega interna atribúeselle unha función muscular (Colville e Lim, 2003). Tanto a prega interna coma o resto da superficie interna do manto contan cun epitelio simple cilíndrico ciliado. Créese que a presenza de cilios, só nesta porción, é debida a que colaboran, mediante o seu movemento constante, na entrada de auga e partículas en suspensión ao interior da cavidade paleal para participar no intercambio gaseoso e na alimentación do animal (Lőw et al., 2016). Ademais dos cilios, nesta porción do manto chama á atención a existencia de células cargadas con gránulos moi basófilos que verten á cavidade paleal. Algúns autores denomináronas como células violeta pola súa aparencia histolóxica (McElwain e Bullard, 2014). Aparecen nun número reducido na prega interna do manto pero cunha densidade moi elevada no pé. Non se coñece exactamente cal é a súa función pero en bivalvos mariños, nos que tamén están descritas, TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 38 asócianse fundamentalmente co modo de vida do animal. En especies infaunales, é dicir, aquelas que viven soterradas no substrato total ou parcialmente, como é o caso de M. auricularia, créese que poden desempeñar unha función lubricante axudando ao individuo a soterrar o seu corpo, e incluso participar na formación das pseudofeces (Park, Lee, Lee e Kim, 2012). Tamén é posible que desempeñen unha función protectora mediante a secreción de substancias mucosas que eviten a erosión do epitelio en contacto co substrato, algo que en especies como M. auricularia pode ser de gran relevancia ao habitar en fondos de gran dureza con callao ou grava. No pé, ademais das células violeta, destaca a presenza dun epitelio densamente ciliado que forma plicas ao longo de toda a súa extensión. Créese que a súa función tamén está relacionada co modo de vida e as características do medio no que habitan os animais. En estudos realizados con bivalvos mariños como Tegillarca granosa, especie de zonas intermareais que non soterra completamente o seu corpo, asóciase a existencia destas pregas cunha posible función de ancoraxe ao substrato (Lee, Lee, Park e Shin, 2012). En canto a presenza de cilios sobre o epitelio do pé, estes foron descritos tanto en especies mariñas como Tegillarca granosa (Lee et al., 2012), Mercenaria mercenaria (Eble, 2001) ou Gomphina veneriformis (Park et al., 2012), e en bivalvos de auga doce como Villosa nebulosa, Fusconaia cerina (McElwain e Bullard, 2014) ou incluso na propia M. auricularia durante a súa fase xuvenil (Araujo, Cámara e Ramos, 2002). Créese que a súa función consiste en evitar a entrada de partículas estrañas á cavidade paleal e expulsar substancias mucosas fora do corpo do animal (Lee et al., 2012). Por outra banda, unha das estruturas máis singulares e complexas dos moluscos bivalvos, especialmente de auga doce, son as branquias. Na súa estrutura só se atoparon un mesmo tipo de filamentos distribuídos de forma contigua ao longo da lamela, sen formación de plicas, e os cilios laterais de cada un deles atopáronse entrelazados co filamento paralelo. Este tipo de disposición denomínase homorrábdica filibranquia (Knight, Morris, Todd, Howard e Ball, 2014) é e a mesma que atopamos noutros bivalvos como Mytilus edulis (Cannuel, Beninger, McCombie e Boudry, 2009). Dos catro exemplares examinados os que mellor gardaban a arquitectura tisular das branquias eran o A e o D, individuos que ademais atopábanse grávidos e posuían unha gran cantidade de gloquidios. Os outros dous exemplares non posuían larvas, pero a morfoloxía das súas branquias, ao igual que a do resto dos tecidos, estaba moi alterada, con gran cantidade de cambios autolíticos, o que incluso pode estar enmascarando cambios patolóxicos. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 39 Debido a isto non foi posible realizar unha comparación morfolóxica completa e precisa entre as características das demibranquias en individuos grávidos e non grávidos. Porén, a estrutura observada nos exemplares empregados neste estudo coincide coa descrición realizada por Soler et al. (2018b) sobre a morfoloxía das branquias de M. auricularia. Os dous exemplares grávidos foron recollidos durante o mes de febreiro, o que explica a presenza de gloquidios no interior das branquias (Araujo e Ramos, 2000; Soler et al., 2018b), cun tamaño medio de 91 x 85 µm. En base a estudos previos (Araujo e Ramos, 1998b; Soler et al., 2018b) considérase que o tamaño medio dos gloquidios de M. auricularia no momento da liberación é de 127-155 µm, o que quere dicir que os observados neste estudo estaban aproximadamente no último terzo do seu desenvolvemento. Non é posible determinar con exactitude o tempo restante para a súa liberación, xa que non se coñece nin o momento exacto da fecundación nin o crecemento diario do gloquidio no marsupio. En canto ás gónadas de M. auricularia, tanto os oocitos como os espermatozoides atopábanse organizados en folículos, rodeados a súa vez por gránulos PAS positivos, coincidindo coa descrición feita por Grande et al. (2001) nun estudo previo. Non se sabe con exactitude cal é a súa función pero asóciase cunha labor equivalente á zona pelúcida en mamíferos, de soporte físico e nutrición dos gametos (Cargnin-Ferreira e Sarasquete, 2008). Parece ser unha especie hermafrodita, ou polo menos eses son os rexistros dos individuos presentes no Canal Imperial de Aragón (Zapater et al., 2006). É posible polo tanto que se trate ben dun animal estritamente hermafrodita (Grande et al., 2001) ou que tal vez sexa capaz de desenvolver ambos sexos como estratexia de supervivencia ante un tamaño reducido da poboación, tal como foi reportado para M. margaritifera (Bauer, 1987). Outros órganos como, por exemplo, as diferentes partes do tracto dixestivo, só foron posibles de identificar mediante histoloxía. Isto posiblemente é debido ao elevado tempo de fixación ao que estiveron sometidos os exemplares, provocando a retracción dos tecidos por deshidratación. No caso de tratarse de individuos frescos, sería posible discernir o percorrido do tubo dixestivo na masa visceral (Lőw et al., 2016), pero neste caso macroscópicamente só era facilmente identificable o tiflosol. Todo o tracto dixestivo presentaba as mesmas características básicas, un epitelio simple cilíndrico ciliado que favorece o tránsito do alimento ao longo de toda a súa extensión. Igual que acontece en mamíferos, o epitelio do aparello dixestivo é doado que sufra modificacións ou se perda, o que en algúns segmentos como o estómago supuxo un inconveniente á hora de valorar con detalle a estrutura. Incluso algunhas partes como o estilo cristalino foron imposibles TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 40 de observar, aínda que isto posiblemente sexa debido a que desaparece ás poucas horas dende que se produce a morte dos animais (Lőw et al., 2016). As estruturas que compoñen a cavidade nefropericárdica, igual que no caso do tracto dixestivo, só foron visibles mediante histoloxía. Nalgunhas como o corazón é moi difícil a súa identificación debido a que está formado por fibras musculares dispersas sen unha clara organización (Cargnin-Ferreira e Sarasquete, 2008). Despois do vertixinoso decrecemento que experimentaron as súas poboacións no ano 2013 foi plausible a necesidade de comezar a valorar novos métodos de investigación, compatibles coa supervivencia dos exemplares. As técnicas pouco invasivas, empregadas noutras especies de medicina veterinaria, cumprirían este obxectivo, permitindo coñecer a situación sanitaria das poboacións e así tratar de evitar importantes episodios de mortalidade. Para outras especies de bivalvos de auga doce como Elliptio complanata (Gustafson et al., 2005a) ou Elliptio crassidens (Fritts et al., 2015) están descritas técnicas non letais de extracción de hemolinfa a partir dos músculos abdutores. A hemolinfa é o fluído equivalente ó sangue en animais vertebrados, polo que a súa monitorización permite coñecer o contido en nutrientes, gases, metabolitos e outras substancias circulantes polo corpo do animal. Este método demostrouse de utilizade na valoración do estado sanitario e a presenza de patóxenos en bivalvos mariños (Gustafson et al., 2005b). Os estudos realizados en ambas especies de bivalvos de auga doce demostraron que este procedemento, ademais de non implicar a morte dos individuos, non afectaba ó seu crecemento posterior ou a súa supervivencia (Gustafson et al., 2005a; Fritts et al., 2015). Neste estudo, ao contar ca dispoñibilidade de catro individuos mortos, foi posible recorrer a técnicas histolóxicas que, ata a actualidade, son as únicas que nos permiten realizar unha descrición microscópica pormenorizada das características tisulares da especie. Porén, nos últimos anos, estanse aplicando novas técnicas para o estudo da anatomía dos moluscos bivalvos como a microtomografía computarizada. Ao tratarse dun método non invasivo permite obter imaxes de alta resolución con moita precisión dos tecidos, conservando as dimensións e localizacións exactas das estruturas que o compoñen (Machado, Passos, e Giribet, 2019). TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 41 7. CONCLUSIÓNS En función dos resultados obtidos neste traballo pódense acadar as seguintes conclusións: 1. Foi posible definir as características anatómicas e histolóxicas de individuos adultos de M. auricularia, que non distan moito das de outros membros da orde Unionida, especialmente das especies da familia Margaritiferidae. 2. As técnicas histopatolóxicas poden ser de gran valor para a monitorización do estado de saúde das poboacións de M. auricularia. 3. O desenvolvemento do tecido muscular era moito maior nos individuos considerados sans que nos procedentes do Canal Imperial tras o episodio de mortalidade. 4. En todos os exemplares atopáronse grandes cantidades de gránulos extracelulares de calcio que seguian a mesma distribución que o tecido conectivo. TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 48 Orden TEC/1078/2018, de 28 de septiembre, por la que se declara la situación crítica de Cistus heterophyllus subsp. carthaginensis, Lanius minor, Margaritifera auricularia, Marmaronetta angustirostris, Mustela lutreola, Pinna nobilis y Tetrao urogallus cantabricus en España, y se declaran de interés general las obras y proyectos encaminados a la recuperación de dichos taxones. Boletín oficial del estado. Madrid, 17 de octubre de 2018, núm. 251, pp. 100677- 100679 Park, J. J., Lee, J. S., Lee, Y. G. e Kim, J. W. (2012). Micromorphology and ultrastructure of the foot of the equilateral Venus Gomphina veneriformis (Bivalvia: Veneridae). CellBio, 1, 11-16. doi:10.4236/cellbio.2012.11002 Pekkarinen, M. e Valovirta, I. (1997). Histochemical and X-ray studies on tissue concretions and shell of Margaritifera margaritifera (Linnaeus). Journal of Shellfish Research, 16(1), 169- 177. Recuperado de https://archive.org/details/cbarchive_54500_histochemicalandxraystudiesont1981/page/n3/mode /2up Pérez-Quintero, J. C. (2008). Revision of the distribution of Corbicula fluminea (Müller, 1744) in the Iberian peninsula. Aquat Invasions, 3(3), 355-358. doi:10.3391/ai.2008.3.3.13 Prié, V. (2021). Pseudunio auricularius. The IUCN Red List of Threatened Species 2021: e.T12798A168840343. Recuperado de https://dx.doi.org/10.2305/IUCN.UK.2021- 1.RLTS.T12798A168840343.en Prié, V., Cochet, G. e Philippe, L. (2011). Plan national d'actions en faveur de la grande mulette, Margaritifera auricularia: 2012-2017. Paris: Ministère de l’écologie, du développement durable, des transports et du logement. Recuperado de https://www.researchgate.net/publication/258241596_Plan_National_d'Actions_en_faveur_de_l a_Grande_Mulette_Margaritifera_auricularia_-_2012-2017 Prié, V., Puillandre, N. e Bouchet, P. (2012). Bad taxonomy can kill: Molecular reevaluation of Unio mancus Lamarck, 1819 (Bivalvia: Unionidae) and its accepted subspecies. Knowledge and Management of Aquatic Ecosystems, 405(8), 1-18. doi:10.1051/kmae/2012014 Schöne, B. R., Dunca, E., Mutvei, H. e Norlund, U. (2004). A 217-year record of summer air temperature reconstructed from freshwater pearl mussels (M. margarifitera, Sweden). Quaternary Science Reviews, 23(16-17), 1803-1816. doi:10.1016/j.quascirev.2004.02.017 TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 49 Silverman, H., Steffens, W. L. e Dietz, T. H. (1985). Calcium from extracellular concretions in the gills of freshwater unionid mussels is mobilized during reproduction. Journal of Experimental Zoology, 236(2), 137-147. doi:10.1002/jez.1402360204 Soler, J., Araujo, R. e Wantzen, K. M. (2018a). The Giant Freshwater Pearl Mussel (Margaritifera auricularia) Handbook Volume 1 – Synopsis on the current literature. University of Tours, France: CNRS UMR CITERES, LIFE+ project 13BIO/FR/001162 “Conservation of the Giant Freshwater Pearl Mussel (Margaritifera auricularia) in Europe“. Recuperado de https://www.researchgate.net/publication/335715743_The_Giant_Freshwater_Pearl_Mussel_M argaritifera_auricularia_Handbook_Volume_1_-Synopsis_on_the_current_scientific_literature Soler, J., Wantzen, K. M., Jugé, P. e Araujo, R. (2018b). Brooding and glochidia release in Margaritifera auricularia (Spengler, 1793) (Unionoida: Margaritiferidae). Journal of Molluscan Studies, 84(2), 182-189. doi:10.1093/mollus/eyy008 Spooner, D. E. e Vaughn, C. C. (2006). Context‐dependent effects of freshwater mussels on stream benthic communities. Freshwater Biology, 51(6), 1016-1024. doi:10.1111/j.1365- 2427.2006.01547.x Strayer, D. L. (2014). Understanding how nutrient cycles and freshwater mussels (Unionoida) affect one another. Hydrobiologia, 735(1), 277-292. doi:10.1007/s10750-013-1461-5 Strayer, D. L. e Malcom, H. M. (2007). Shell decay rates of native and alien freshwater bivalves and implications for habitat engineering. Freshwater Biology, 52(8), 1611-1617. doi:10.1111/j.1365-2427.2007.01792.x Turek, K. A. e Hoellein, T. J. (2015). The invasive asian clam (Corbicula fluminea) increases sediment denitrification and ammonium flux in 2 streams in the midwestern USA. Freshwater Science, 34(2), 472-484. doi:10.1086/680400 Vaughn, C. C. (2018). Ecosystem services provided by freshwater mussels. Hydrobiologia, 810(1), 15-27. doi:10.1007/s10750-017-3139-x Vaughn, C. C., Nichols, S. J. e Spooner, D. E. (2008). Community and foodweb ecology of freshwater mussels. Journal of the North American Benthological Society, 27(2), 409-423. doi:10.1899/07-058.1 Walker, K. F., Byrne, M., Hickey, C. W. e Roper, D. S. (2001). Freshwater mussels (Hyriidae) of Australasia. En G. Bauer e K. Wächtler (Eds.), Ecology and Evolution of the Freshwater Mussels Unionoida (pp. 5-31). Heidelberg: Springer. doi:10.1007/978-3-642-56869-5_2 TRABALLO DE FIN DE GRAO Uxía Rico Gómez 50 Welker, M. e Walz, N. (1998). Can mussels control the plankton in rivers?—a planktological approach applying a Lagrangian sampling strategy. Limnology and Oceanography, 43(5), 753- 762. doi:10.4319/lo.1998.43.5.0753 Wu, D., Shi, J., Peng, K., Sheng, J., Wang, J., Wang, B. e Hong, Y. (2017). Structural characteristics of gonadal development and hermaphroditic phenomenon in freshwater pearl mussel, Sinohyriopisis schlegelii (Hyriopisis schlegelii). Tissue and Cell, 49(3), 440-446. doi:10.1016/j.tice.2017.04.003 Zapater, M., Araujo, R., Álvarez, R. M., Nakamura, K. e Alcántara, M. (2006). Las almejas de agua dulce en aragón: Margaritifera auricularia y otros bivalvos. Zaragoza: Serie Especies. Consejo de Protección de la Naturaleza de Aragón. Recuperado de https://www.aragon.es/documents/20127/674325/09-2-ALMEJAS.pdf/99e01393-2779-356a- bc51-24f7178ee5ba