scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Os Centri di Aggregazione Giovanile como recurso: o que significan para a mocidade a través da elaboración dunha canción na actividade de canto

Casal de la Fuente, Lucía

Abstract

Os centros de xuntanza xuvenil, ou máis popularmente coñecidos en Galicia como centros xuvenís, son espazos de encontro onde os xoves que frecuentan a zona onde este centro se sitúa poden ter de referencia como punto de encontro para realizar actividades de lecer. Entre as súas múltiples funcións e obxectivos figura a acollida ou opción de lugar de reunión, e polo tanto, configuran unha alternativa á rúa, intencionalmente saudable, que ofrece posibilidades de formación, de asesoramento e de desenvolvemento persoal e social. Neste texto presentamos un estudo de caso con respecto ao Centro di Aggregazione Giovanile Padre Piamarta, en Milán. Expoñemos as súas características e recollemos os proxectos e actividades que propón á mocidade, nun barrio milanés potencialmente de risco. Entre as actividades que ofrece de lecer e tempo libre atópase a actividade de canto, impartida por unha colaboradora voluntaria. As persoas que acoden a esta actividade espertan unha paixón especial polo canto. Cremos, polo tanto, que a composición dunha letra para unha canción cuxo obxectivo sexa expresar o que para elas implica o centro, é un bo vehículo creativo para descubrir o verdadeiro significado que estes espazos aportan á nosa mocidade

Full text

OSCENTRI DI AGGREGAZIONE GIOVANILE COMO RECURSO: O QUE SIGNIFICAN PARA A MOCIDADE A TRAVÉS DA ELABORACIÓN DUNHA CANCIÓN NA ACTIVIDADE DE CANTO CENTRI DI AGGREGAZIONE GIOVANILE AS RESOURCE: THEIR MEANING FOR YOUTH THROUGH THE ELABORATION OF LYRICS IN THE SINGING ACTIVITY Lucía Casal de la Fuente Universidade de Santiago de Compostela, [email protected] Resumo: Os centros de xuntanza xuvenil, ou máis popularmente coñecidos en Galicia como centros xuvenís, son espazos de encontro onde os xoves que frecuentan a zona onde este centro se sitúa poden ter de referencia como punto de encontro para realizar actividades de lecer. Entre as súas múltiples funcións e obxectivos figura a acollida ou opción de lugar de reunión, e polo tanto, configuran unha alternativa á rúa, intencionalmente saudable, que ofrece posibilidades de formación, de asesoramento e de desenvolvemento persoal e social. Neste texto presentamos un estudo de caso con respecto ao Centro di Aggregazione Giovanile Padre Piamarta, en Milán. Expoñemos as súas características e recollemos os proxectos e actividades que propón á mocidade, nun barrio milanés potencialmente de risco. Entre as actividades que ofrece de lecer e tempo libre atópase a actividade de canto, impartida por unha colaboradora voluntaria. As persoas que acoden a esta actividade espertan unha paixón especial polo canto. Cremos, polo tanto, que a composición dunha letra para unha canción cuxo obxectivo sexa expresar o que para elas implica o centro, é un bo vehículo creativo para descubrir o verdadeiro significado que estes espazos aportan á nosa mocidade. Palabras clave: canto, centri di aggregazione giovanile, centros xuvenís, espazos para a mocidade, mocidade. Abstract: Centres for youth gathering, or more commonly known in Galicia as youth centres, are meeting spaces where young people that frequent the area where this centre is situated can join (as a meeting point) to do leisure activities. Between its multiple functions and goals we can highlight the reception or welcome as an option of place for meeting, and therefore, it is an alternative to street, intentionally healthful, that offers training and assessment possibilities, and personal and social developmental opportunities. In this text a case study of Centro di Aggregazione Giovanile Padre Piamarta, in Milan, is presented. We expose its characteristics and the projects proposed to youth, in a milanese potentially-of-risk neighbourhood. Among the offered leisure and free-time activities we can find the singing activity, given by a volunteer. People attending this activity rekindle a special passion for it. Thus we believe the composition of lyrics for a song which goal is to express what the centre signifies for them is a good and creative channel to discover the true meaning these spaces provide to our youth. Key words: centri di aggregazione giovanile, singing, spaces for youth, youth, youth centers. 1. INTRODUCCIÓN O concepto Centro di Aggregazione Giovanile podería ser traducido por centro de agregación ou xuntanza xuvenil. Nalgúns documentos úsase a palabra «espazo» (véxase Provincia di Bologna, s.d.) por algunhas razóns como as que seguen. Dunha banda, a palabra «centro» fai referencia a un punto concreto e está ligada ás ideas de poder e autocracia. Doutra banda, a palabra «espazo» evoca ao concepto de volume e vincúlase ás ideas de liberdade e democracia. Estes centros, entendidos como espazos de xuntanza xuvenil, teñen como fin último a promoción do benestar e a prevención ante os problemas e obstáculos cos que a mocidade pode ter que chegar a enfrontarse. Son lugares polifuncionais reservados á xuventude que serven como punto de encontro, de entretemento en actividades de tipo creativo, cultural, lúdico, de información e formación; mediante o apoio de persoal xove. As bases do seu funcionamento son o traballo por proxectos participativos e a educación entre iguais realizando actividades en grupo. O obxectivo desta comunicación é contextualizar a orixe e función dos CAG e explicar a actividade de canto que se leva a cabo no CAG Padre Piamarta de Milán. A través das tarefas que se presentan no corpo do texto, dentro da actividade de canto que se desenvolve neste centro, descóbrese co estudo deste caso o valor significativo que teñen estes centros para a vida e 322 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA desenvolvemento da mocidade, como lugar onde poden deixar fluír a súa creatividade, expresarse e ao fin e ao cabo, aprender a convivir. O vehículo que nos conduce a esta información é a composición da letra dunha canción. 2. CARACTERÍSTICAS DOS CENTRI DI AGGREGAZIONE GIOVANILE15 Neste primeiro punto ofrecemos as características máis concretas e salientables destes espazos ou centros, seguindo o documento Provincia di Bologna (s.d.). As actividades dos CAG van dirixidas a mozas e mozos entre os 15 e os 30 anos de idade, non sendo estes uns límites excluíntes. Están normalmente dotados dunha ou máis salas con materiais e equipo destinados a actividades de interese xuvenil. Por exemplo: sala de informática, sala de ensaio musical, mediateca (que normalmente inclúe biblioteca e/ou sala de lectura, hemeroteca, videoteca...), sala de xogos de mesa, sala de usos múltiples... Nos CAG traballa persoal educativo (contratado e voluntario) que se encarga non só tarefas de organización de actividades senón tamén da guía na xestión do tempo libre, de cultivo de intereses e de resolución de conflitos de cara á relación cos demais. Normalmente os proxectos dos CAG válense de apoio financeiro das institucións públicas locais, rexionais e nacionais, e poden ser de diversa índole: CAG propiamente ditos; autoxestionados (como os centros sociais); monotemáticos (como as salas de ensaio); asociacións deportivas, culturais ou de promoción social; parroquias; centros de información para a xuventude; ou xuntanzas informais (pero baseadas en proxectos formais, como as actividades educativas sostidas con financiamento público). As finalidades e obxectivos dos CAG son (Comune di Milano, s.d.): • Ofrecer ocasións de xuntanza libre, actividades de apoio escolar e actividades de laboratorio, fornecendo á mocidade unha alternativa válida á cultura da rúa e unha axuda concreta á hora de afrontar os problemas tanto no ámbito escolar como no familiar. RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 323 15 Aínda que ben é certo que o termo «espazo» se adapta mellor ao concepto que estamos a traballar, manteremos o nome Centro di Aggregazione Giovanile coas siglas CAG (de aquí en diante, por economía da linguaxe), por ser o distintivo e nome oficial que asumen estes espazos. • Comprender as inquedanzas, as potencialidades e os recursos dos usuarios á luz das demandas que xurdan deles. • Prover oportunidades positivas de desenvolvemento a través dun ambiente capaz de implicar con actividades e iniciativas, respondendo aos intereses das mozas e mozos; e sendo fieis ao rol de educación e prevención que se propón. • Promover unha rede de servizos e iniciativas dirixidas ao apoio do menor e á prevención, para crear unha verdadeira comunidade educativa. 3. OS CAG NO CONCELLO DE MILÁN: O CAG PADRE PIAMARTA En Milán «os CAG existen dende hai moitos anos sobre todo nos barrios periféricos»16 (Comune di Milano, s.d.), e están organizados por zonas. O CAG Padre Piamarta está categorizado dentro da Zona 3, xunto co CAG Punto e Virgola e o CAG Spaziamo; e forma parte do servizo educativo da Associazione Formazione Giovanni Piamarta (CAG Padre Piamarta, 2014). Atópase entre os barrios de Crescenzago e Cimiano, na periferia do norleste de Milán. A zona distínguese pola presenza de colectivos con evidentes tendencias á violencia e desorientación; nos cales son bastantes frecuentes o consumo e tráfico de droga e os actos vandálicos. É frecuentado por mozas e mozos entre os 11 e os 18 anos, que a parte de ser os destinatarios das actividades son axentes participativos. Deste xeito, orientan as propostas do centro en base aos seus intereses. O grupo é o lugar privilexiado no cal as mozas e mozos se identifican e a través do cal comparten experiencias cotiás e o seu xeito de pensar. Frecuentar o Centro di Aggregazione significa darse unha alternativa, escoller de pasar o propio tempo libre con outros xoves dentro dun espazo aberto, coa presenza de figuras educativas abertas ao diálogo e á escoita17 (CAG Padre Piamarta, 2014). 324 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA 16 Tradución que fixemos de «I C.A.G. operano da molti anni soprattutto nei quartieri periferici» (Comune di Milano, s.d.). 17 Tradución que fixemos de «Il gruppo costituisce il luogo privilegiato nel quale i giovani s’identificano e attraverso il quale condividono esperienze quotidiane, il proprio modo di pensare. Frequentare il Centro di Aggregazione significa darsi un’alternativa, scegliere di passare il proprio tempo libero con altri giovani all’interno di uno spazio aperto, curato dalla presenza di figure educative disponibili al dialogo e all’ascolto» (CAG Padre Piamarta, 2014). O CAG conta cun edificio de dúas plantas: na superior atópanse as oficinas e na inferior distínguense tres salas: unha grande de usos múltiples, onde tamén se soe facer o apoio escolar; outra de ensaio, con instrumentos e equipo musical, e outra con xogos de mesa. En anexo atopamos un oratorio e no exterior visualízanse zonas verdes e canchas para xogar ao fútbol e baloncesto. As actividades do CAG Padre Piamarta defínense en proxectos como os que se describen a continuación (CAG Padre Piamarta, 2014): •Progetto «I nostri ragazzi». Este proxecto nace a partir da análise das necesidades e esixencias dos mozos que frecuentan este CAG a diario, cuxa maioría viven nos barrios de Crescenzago e Cimiano, onde non hai lugares de encontro para os mozos. •Progetto «AnimaCRE». É a continuación do proxecto anterior mais para mozas e mozos que teñen ou pasan dos 18 anos e que queren seguir vindo ao centro, podendo incluso chegar a exercer labores de voluntariado. Son actividades semanais ou mensuais que xiran en torno a temáticas como: uso autónomo e autoxestionado dos espazos, mesa de recollida de propostas (incluso para colaborar con outros CAG), organización de actividades de diversa tipoloxía, participación en cursos de formación, etc. •Progetto «Piamarta Sound». Trátase de facer do CAG un espazo para a produción de música na sala de ensaio, dotada de instrumentos musicais, amplificadores, mesa de mesturas, micrófonos e ordenadores con posibilidade de realizar gravacións. •Progetto «Sportello Psicologico». Co gallo de ofrecer apoio psicolóxico en relación con problemas ligados á adolescencia, á desorientación xuvenil e ás situacións familiares difíciles, ponse a disposición semanalmente unha persoa profesional en psicoloxía. •Progetto «Adolescenti e sicurezza. Lotto Cimiano-Parco Lambro». Trátase dun conxunto de actividades ocupacionais dirixidas á mocidade para evitar a desviación das mozas e mozos que frecuentan estas zonas, xa non só por motivos de delincuencia ou toxicomanías senón por razóns de adición ás novas tecnoloxías ou bulling. Algúns laboratorios activos son: hip hop latinoamericano ou obradoiro de reparación de bicicletas e de vídeo. Un proxecto que concluíu en abril de 2014 foi o Progetto «MI-X Milano per i giovani» – Polo Lavoro, para impulsar a creación dun circuíto cultural e educativo en toda a cidade de Milán, así como invitar á reflexión sobre os puntos fortes e febles persoais de cara á futura inserción laboral. RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 325 Outras iniciativas que se organizan son o Laboratorio di Educazione alla Scelta, cuxo obxectivo é a eliminación do fenómeno de dispersión e ausencia escolar; e existen tamén diversos proxectos «en rede» vinculados ao deporte ou á cultura. Un exemplo son as semanas culturais como a Settimana della cultura presso Biblioteca di Lambrate. 3.1. A actividade de canto no CAG Piamarta Dentro da programación dos proxectos «I nostri ragazzi» e «AnimaCRE» ofrécese a actividade de canto, liderada por unha voluntaria xove, cunha formación e experiencia en canto e técnica vocal de 5 anos. Este obradoiro desenvólvese dúas veces por semana, en función das posibilidades da persoa que lidera as sesións, quen asiste a ela e da ocupación da sala prove ou sala de ensaio. As sesións varían entre a hora e as dúas horas de duración. Esta sala está a disposición dos grupos inscritos no CAG, que reservan día e horario para os seus proxectos musicais, pero tamén se utiliza para os ensaios de canto, como é o caso que estamos a describir, así como para realizar gravacións e facer teatro. As persoas inscritas ensaian cada semana para realizar actuacións, froito deses encontros, no ámbito das iniciativas e eventos que organiza o CAG. 3.2. Un exemplo de obradoiro dentro da actividade de canto Entre os meses de outubro e decembro de 2013 tiven a oportunidade de colaborar neste CAG, durante unha estancia de investigación que realicei no seo da Università degli Studi di Milano-Bicocca en colaboración co Centro Neuromusica e Canto de Brugherio (Milán). A continuación explicarei o desenvolvemento desta experiencia. 3.2.1. Obxectivos • Descubrir como traballan o canto no CAG. • Ofrecer as bases da técnica vocal e canto. • Indagar o que supón para as persoas participantes a actividade de canto dentro do CAG a través da composición da letra dunha canción. 326 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA 3.2.2. Planificación Tivéronse dúas reunións previas ao comezo da actividade: a primeira cunha traballadora do centro, para presentarme, exporlle os meus obxectivos e discutir a viabilidade da proposta; e a segunda coa coordinadora das actividades do centro. Esta última encargouse de ensinarme as instalacións e buscar a coordinación coa voluntaria que imparte as clases de canto e os participantes na actividade, que neste caso foron tres persoas. Acordouse deste xeito a planificación de tres sesións: • Unha sesión de observación, para asistir a unha clase de canto na aula de ensaio e observar a metodoloxía e a secuencia de actividades que se levan a cabo. • Dúas sesións de intervención, para poder realizar a miña proposta a desenvolver na aula de usos múltiples, por ter esta espello, necesario para os exercicios propostos. 3.2.3. Contidos, desenvolvemento e metodoloxía • Na primeira sesión, de observación, tomáronse notas sobre a organización desta, exercicios, marcha da mesma e sobre o traballo de cancións. • Na segunda sesión, de intervención e dunha hora de duración, fixéronse as seguintes actividades: • Indagación do que significa o canto para os participantes. Recolléronse as palabras clave que verbalizaron. • Explicación de medidas de hixiene vocal (as tres primeiras que se detallan en Casal, 2013, p. 5795). Utilizouse unha presentación mostrada a través dun ordenador portátil. • Coñecemento do aparato fonador e respiratorio e do proceso de conversión de aire en voz no corpo humano. Para apoiar as explicacións usouse un debuxo do aparato respiratorio proxectado no ordenador portátil. • Observación e autoobservación da respiración costo-diafragmático- abdominal (Quiñones, 1997). Coa axuda do espello grande da aula foi posible a autoobservación. • Nocións de implementación de técnica vocal: vocalizos guiados tamén diante do espello. RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 327 • Descubrimento das súas pretensións: o que esperan destas sesións. Detallamos a continuación o realizado na terceira e última sesión, tamén de intervención e dunha hora de duración: • Algunhas pautas para compoñer unha canción. Nocións para: escribir letras, inventar melodías e buscalas no piano, diferenciar harmonía e melodía, os harmónicos, o pentagrama, as claves e a colocación das notas, discriminar acordes maiores e menores e estratexias rápidas de busca de notas no piano. • Medidas de hixiene vocal: recordatorio do explicado na sesión anterior e explicación de máis medidas de hixiene vocal (as tres últimas que se detallan en Casal, 2013, p. 5795). Utilizouse unha presentación mostrada a través dun ordenador portátil. • Brainstorming para a composición dunha letra: recollida de ideas e palabras que poderían e/ou deberían ir nunha canción dedicada a expresar o que significa para os usuarios aprender canto no CAG. Foise tomando nota a medida que os participantes ían mencionando as súas achegas. • Anotación de frases e oracións completas para facer a canción. Para elo, os participante na sesión de hoxe tiñan que escribir nun folio as súas achegas intentando non repetir as palabras ou ideas recollidas na lista do brainstorming. • Exploración da tesitura de cada usuario. Invitouse a entoar a cada persoa de xeito individual diferentes notas aleatorias co fonema [m]. A continuación, estudouse a tesitura de cada persoa e tomouse nota da nota máis aguda e máis grave que podían dar, prestando atención especial ao paso da voz. • Lectura en alto das ideas para a canción escritas por eles. 3.2.4. Resultados Os resultados en bruto destas sesións poden consultarse no último apartado deste escrito (ANEXO). No presente apartado expoñemos a categorización dos datos que teñen unha vinculación directa co título desta comunicación. Pódense resumir como amosamos a continuación: • Sobre o que significa para eles o canto, as respostas apuntan a que o entenden como unha canle de expresión e desafogo de sentimentos (paixón), é dicir, unha canle de comunicación. 328 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA • Sobre as súas pretensións e o que esperan destas sesións, os resultados apuntan a que lles resultou útil: foi instrutiva, destacan o traballo específico da respiración especialmente e as ganas de estudar as súas tesituras e a mellora no uso das súas voces. • Sobre as palabras clave que xurdiron no brainstorming e nas ideas de composición da letra, emerxeron estas categorías: {Período que destacan: adolescencia, mocidade. {Competencias sociais ás que fan referencia: amizade, aprender a estar ben xuntos, amar, coñecer a xente nova. {Alusións ao benestar persoal: divertirse, o CAG como segunda casa, o CAG onde poder partillar os problemas, crecer, aprender a ser responsables... {O CAG (e especificamente a actividade de canto): como espazo no que están realizando o seu soño. Aínda sendo discutibles as diferenzas entre a segunda e terceira categoría, consideramos poñelas por separado para facer visible a idea de que o CAG, segundo os participantes, ofrece tanto posibilidades de desenvolvemento social como tamén de desenvolvemento e progreso persoal e/ou individual. 4. CONCLUSIÓNS O canto é entendido polos participantes ante todo como unha canle de comunicación (Honalká & Richter, 1974): permítelles comunicarse dunha forma diferente e poden, a través del, expresar sentimentos e ideas a xeito de desafogo. Deste xeito, pode entenderse que sexa concibido como unha paixón. Definiron a primeira sesión de intervención como instrutiva. Derívase disto que apreciaron a lóxica da técnica vocal (Casal, 2013, pp. 59-60) e a súa secuencia. Destacaron o traballo específico da respiración especialmente (quizais poida entenderse isto baixo a explicación de que durante as súas sesións habituais non lles dedican un tempo específico a ela) e as ganas de estudar as súas tesituras e a mellora no uso das súas voces. Isto mostra unha preocupación por parte deles de perfeccionar e de entender que a voz hai que coidala e traballala se queremos conseguir dominala dunha forma máis técnica e, consecuentemente, progresar en algo que para eles é importante: o dominio da súa voz e o canto. De acordo co sumatorio resultante das palabras do brainstorming e das ideas para a composición da letra, xurdiron 4 categorías para agrupalas: perí- RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 329 odo ao que se refiren e destacan; competencias sociais ás que fan referencia; alusións ao benestar persoal e o propio CAG. Resulta lóxico e ata certo punto podería ser de esperar que nalgún momento saíse algunha idea ou palabra clave en relación coa etapa vital que están a vivir e que sen dúbida os levou alí: o período da adolescencia. Indubidablemente a segunda e terceira das categorías non resultan doadas de entender por separado ao 100%, pois por poñer un exemplo, o feito de «poder partillar os problemas» no CAG coas demais persoas é un beneficio que se pode entender tanto a nivel individual como a nivel grupal, pois en a existencia «dos outros» non tería sentido. Ademais, cando compartimos un problema persoal con outras persoas o beneficio sempre é mutuo: non só aprende quen o comparte senón quen escoita e apoia, permitindo, ademais, o ensaio de novas condutas (Peñarrubia, s.d.). Un dos aspectos que máis nos chamou a atención foi a idea de «aprender a estar ben xuntos», é dicir, aprender a convivir. Esta idea esclarece que non só é importante estar ben senón, co engadido de «xuntos». Por outro lado, os conceptos de «coñecer a xente nova» e «amizade» tamén aparecen, e fano por separado. Isto danos a entender que non é o mesmo «coñecer a xente» que «facer amizade»; que ligado co anteriormente comentado, entendemos que cunhas persoas emprenderemos lazos de amizade e con outras aprenderemos a coñecelas, co fin último de «estar ben xuntos». Todo elo non se pode desvincular da aprendizaxe da responsabilidade, e polo tanto do crecemento como persoas... nun lugar que eles denominan como segunda casa. Por último, destácase o CAG como lugar no que están realizando o seu soño, con respecto á súa paixón: o canto. Non concretaron cal é ese soño, que pode ser máis ou menos ambicioso, mais dende logo que a oportunidade de aprender canto e técnica vocal gratuitamente é un regalo que pode contribuír a que aprendan e melloren, para quizais, no futuro, facerse un oco no círculo musical. Dalgún xeito están a desenvolver unha serie de competencias que lles poderán abrir portas a un mundo laboral para o que en principio se decantan e lles agrada. REFERENCIAS CAG Padre Piamarta (2014). Progetto CAG. Recuperado de http://www.milanogiovanipiamarta.it/cag Casal de la Fuente, Lucía (2013). Los vocalizos en la introducción al trabajo de la voz cantada: una experiencia con adultos con discapacidad intelec- 330 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA tual. Journal for Educators, Teachers and Trainers, 5 (1), 55-67. Dispoñible en http://www.ugr.es/~jett/pdf/vol5(1)_JETT.pdf Casal de la Fuente, Lucía (2013). As medidas de hixiene vocal dentro dun obradoiro de vozcantada cun grupo de adultos condiscapacidade intelectual. Atas do XII Congresso Internacional Galego-Português de Psicopedagogia (pp. 5793-5798), 11-13 setembro. Braga: Universidade do Minho. ISBN: 978-989-8525-22-2. Dispoñible en http://webs.ie.uminho.pt/xiigp/at11.pdf Comune di Milano (s.d.). Centri Aggregazione Giovanile Zona 3. Recuperado de http://goo.gl/UiYBxH Honalká, Kurt & Richter, Lukas (eds. lit.) (1974). Historia de la Música. Madrid: Edaf. Provincia di Bologna (s.d.). Definizione di «Centro di aggregazione giovanile». Recuperado de http://www.provincia.bologna.it/giovani/Engine/ RAServeFile.php/f/Politiche_giovanili/definizione_CAG.pdf Peñarrubia, Paco (s.d.). Terapia gestáltica grupal. Recuperado de http://gestaltnet.net/sites/default/files/Terapia%20Gestaltica%20Grupal_0.pdf Quiñones Etxebarría, Carmen (1997). El cuidado de la voz. Ejercicios prácticos. Madrid: Escuela Española. RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 331 ANEXO: resultados Expoñemos como anexo os resultados en bruto que se ligan ao título desta comunicación. • Sobre a observación da primeira sesión, a sucesión desta foi como segue: comezaron quecendo a voz coa secuencia «do-mi-sol-mi-do», en corcheas, pronunciando en cada corchea «mi-i-o-o-o». Non fixeron ningún exercicio de preparación do corpo para o canto, relaxación ou respiración, mais durante as interpretacións dos participantes a monitora si que fixo algunha corrección da toma de aire. De seguido comezou a rapaza a cantar unha canción que estaba preparando usando o tema orixinal de fondo. A monitora íalle comentando e corrixindo aspectos técnicos que a axudarían a mellorar. O mesmo sucedeu co rapaz, o outro participante, e coa canción que estaba a estudar. • Sobre o que significa para eles o canto, aspecto indagado na segunda sesión, as respostas foron: «é unha paixón»; «usámolo para expresarnos»; «é un desafogo»18. • Sobre as súas pretensións e o que esperan destas sesións, pregunta proposta na segunda sesión, obtivemos os seguintes resultados19: {«A lección gustoume moito, atopeina moi instrutiva e espero que poda axudarme a aprender mellor a respiración e uso da voz». {«Gustaríame centrarme máis nos vocalizos para mellorar a miña voz e a miña tesitura». {«Esta lección axudoume a mellorar a respiración e polo tanto a cantar mellor. Para min foi perfecta, non demasiados exercicios e non demasiada teoría». • As palabras clave que xurdiron no brainstorming da terceira sesión foron: «amizade, adolescencia, aprender, estar ben xuntos, mocidade, 332 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA 18 Tradución que fixemos de «è una passione»; «lo utilizziamo per esprimere sentimenti»; «per me è uno sfogo». 19 Estes resultados preséntanse traducidos. Dita tradución fixémola a partir dos seus escritos reais, que foron: • «La lezione mi è piaciuta molto, l’ho trovato molto istruttiva e spero mi possa aiutare ad imparare meglio la respirazione e l’uso della voce». • «Vorrei foccalizzarmi più sui vocalizzi per migliorare la mia voce e la mia estensione». • «Questa lezione mi ha aiutato a migliorare la respirazione e quindi cantare meglio. Secondo me è stata perfetta, non troppi esercizi e non troppa teoria». divertirse, segunda casa, posibilidade de realizar os propios soños, amor, crecer»20. • Achegas para a conformación do texto da canción en relación coas palabras clave froito do brainstorming. As ideas que aportaron foron:21 {«Para min o centro é como unha segunda casa onde refuxiarme cando teño un problema». {«Comeza todo coa adolescencia». {«Vives tantas experiencias: namóraste, coñeces xente nova coa cal pasarás momentos fermosísimos». {«Aprendemos a estar ben xuntos». {«Non podería ter pensado que grazas ao CAG podería ter realizado o meu soño». {«É unha oportunidade para poder realizar os nosos soños». {«Grazas ao CAG vólveste máis responsable». Durante todas as sesión os participantes puideron expor as dúbidas e consideracións que lles ían xurdindo e que se foron resolvendo de forma exemplificada. RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 333 20 Tradución que fixemos do verbalizado por eles, que foi «amicizia, adolescenza, imparare, stare bene insieme, gioventù, divertirsi, seconda casa, possibilità di realizzare i propri sogni, amore, crescere». 21 Estes resultados preséntanse traducidos. Dita tradución fixémola a partir dos seus escritos reais, que foron: • «Per me il centro é come una seconda casa dove rifugiarmi quando ho un problema». • «Inizia tutto nell’adolescenza». • «Fai tante esperienze: ti innamori, conosci nuova gente con cui passerai momenti bellissimi». • «Impariamo a stare bene insieme». • «Non avrei mai pensato che grazie al CAG avrei potuto realizzare il mio sogno». • «È un’opportunità per poter realizzare i nostri sogni». • «Grazie al CAG diventi più responsabile».