Instrución 2/2020 da Secretaría Xeral do 05-05-2020 para a aplicación do artigo 4.3 do acordo do Consello de Goberno do 22 de abril de 2020, polo que se regula o réxime especial de avaliación do curso 2019/2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola Covid-19
Abstract
Publicado no Taboleiro Electrónico o 5 de maio de 2020
Full text
INSTRUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2020 PARA A APLICACIÓN DO ARTIGO 4.3. DO ACORDO DO CONSELLO DE GOBERNO DO 22 DE ABRIL DE 2020, POLO QUE SE REGULA O RÉXIME ESPECIAL DE AVALIACIÓN DO CURSO 2019/2020 COMO CONSECUENCIA DA SUSPENSIÓN DA DOCENCIA PRESENCIAL POLA COVID-19 O Acordo do Consello de Goberno do 22 de abril de 2020 polo que se regula o réxime especial da avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola COVID-19 establece no seu artigo 4.3. que “Para que esta situación excepcional non vaia en detrimento do expediente do alumnado, unha vez superada unha materia, esta recibirá unha cualificación que como mínimo será a correspondente á nota media do expediente do alumno/a. No caso de que a cualificación obtida da materia fose superior a esa nota media, no expediente reflectirase a cualificación obtida. Esta regra aplicarase a todas as materias anuais e do segundo cuadrimestre, incluídos TFG, TFM, prácticas e recoñecementos de cualificacións obtidas en réxime de mobilidade.” Tamén sinala que ”A Secretaría Xeral ditará unhas instrucións específicas acerca do procedemento que se seguirá para implementar esta medida”. Para facer efectivo o disposto no mencionado precepto, procede ditar a seguinte Instrución: PRIMEIRO.- PROCEDEMENTO 1. O profesorado cubrirá as actas das materias anuais e do segundo cuadrimestre, incluídos TFG, TFM e prácticas do curso 2019/20 conforme ao réxime ordinario, incluíndo a cualificación que corresponda. 2. No caso de que o/a estudante supere a materia e a cualificación obtida sexa inferior á nota media do seu expediente, calculada conforme ao indicado nesta Instrución, a cualificación que se imputará no expediente será esta última. SEGUNDO.- CÁLCULO DE NOTAS MEDIAS DAS MATERIAS DO SEGUNDO CUADRIMESTRE E ANUAIS O calculo de notas medias realizarase consonte ao establecido na RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dispón a publicación do protocolo de colaboración subscrito entre a consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos (DOG do 30 de setembro de 2011) así como nos acordos da súa comisión de seguimento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B359-79C9-4BF4-88A0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B359-79C9-4BF4-88A0 1 / 4
A nota media calcularase con todas as materias que consten superadas no expediente antes do día 15 de maio de 2020. TERCEIRO.- CRITERIOS PARA O CÁLCULO DA NOTA MEDIA DAS MATERIAS DO SEGUNDO CUADRIMESTRE E ANUAIS EN SUPOSTOS ESPECIAIS 1. O cálculo da nota media do alumnado que iniciara estudios de Grao e Máster no curso 2019/20 realizarase tendo en conta as materias superadas no primeiro cuadrimestre. 2.- A nota media aplicarase tamén sobre as cualificacións outorgadas polos Tribunais de TFG e TFM ou polos titores/as canto sexa esa a modalidade de avaliación dos Traballos. 3. Non procede a aplicación desta media aos/ás estudantes que iniciaron estudos no segundo cuadrimestre do curso 2019/20, nin aos estudantes de mobilidade con destino na USC agás que cursen a totalidade dos estudos de Máster nela, nin aos que cursen materias de formación complementaria en Máster ou materias complementarias en estudos de doutoramento. 4.-No caso do alumnado que curse unha dobre titulación, a nota media será a correspondente ás materias do programa. 5. Nos supostos non contemplados anteriormente estarase ao que determine a Secretaría Xeral. CUARTO.- COMUNICACIÓN DA NOTA MEDIA 1. O alumnado poderá consultar na Secretaría Virtual a súa nota media a partir do 15 de maio de 2020. 2. A USC expedirá de oficio unha acta coas notas medias do alumnado por titulación, que será a que se teña en conta a efectos da aplicación do establecido na presente Instrución. QUINTO.- RECOÑECEMENTOS DE CUALIFICACIONS OBTIDAS EN RÉXIME DE MOBILIDADE As propostas de recoñecemento de materias de segundo cuadrimestre e anuais a realizar polos centros terán en conta que, no caso de superar as materias, a cualificación destas non poderá ser inferior á nota media do expediente do/a alumno/a. A estes efectos facilitarase aos centros unha consulta sobre este extremo. Realizada a proposta de recoñecemento, a Unidade de Xestión Académica comprobará este extremo e ditará a correspondente resolución de recoñecemento. SEXTO.- REVISIÓN DA IMPUTACIÓN DA NOTA NO EXPEDIENTE 1. Os/as estudantes poderán reclamar fronte á imputación da nota no seu expediente nun prazo de dez días desde a data de peche das actas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B359-79C9-4BF4-88A0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B359-79C9-4BF4-88A0 2 / 4
2. No caso de rectificación de actas imputarase no expediente a nota máis alta que resulte da aplicación desta Instrución. 3. As reclamacións sobre aplicación da nota media serán resoltas pola Secretaría Xeral. A Secretaria Xeral Dulce Mª García Mella Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B359-79C9-4BF4-88A0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B359-79C9-4BF4-88A0 3 / 4
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 05/05/2020 12:39:06. CSV: B359-79C9-4BF4-88A0 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B359-79C9-4BF4-88A0 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B359-79C9-4BF4-88A0 4 / 4