scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 03-03-2017 polo que se aproba o Regulamento de Universidade de Santiago de Compostela polo que se regulan as notificacións electrónicas obrigatorias

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

Reg ulame nto da Un iversidade d e Sant iago de Compo stela polo que s e regulan as notificacio ns electro n icas obrigatorias A Lei 39/2015, de 1 de outubro, establece no seu artigo 41. que “As notificacións se practicarán preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando o interesado resulte obrigado a recibilas por esta vía”. Así mesmo indícase que regulamentariamente as Administracións poderán establecer a obrigación de practicar electronicamente as notificacións para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas que por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios. Tamén o artigo 14.2 prevé que estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, “os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración” Dado que entre os obrigados a recibir notificacións electrónicas obrigatorias están o empregados públicos da USC e que os alumnos xa están a realizar actuacións electrónicas de maneira habitual a través da súa Secretaría Virtual, procede declarar neste último caso como un dos supostos establecidos no art. 41 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, xa que se trata dun colectivo de persoas físicas que, por razón da súa capacidade técnica e actividade está acreditado o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios. Deste xeito procede a declarar mediante este Regulamento, o carácter obrigatorio da notificación electrónica. En consecuencia dado que a maioría dos actos que ten que notificar a Universidade teñen por destinatarias a persoas físicas integrantes da súa comunidade universitaria: estudantes, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos, procede declarar a obrigatoriedade destas notificacións, sen prexuízo da previa difusión e concienciación deste novo sistema de comunicacións. O cambio a este sistema supón, ademais, da mellora da eficiencia e inmediatez das notificacións, un importante aforro para as arcas universitarias. O cambio a este sistema de notificación supón, ademais, un avance importante nos principios de eficiencia e aforro polos que deben rexerse as administracións. Por todo o anterior, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, en sesión ordinaria do 3 de marzo de 2017, aprobou o Regulamento da Universidade de Santiago de Compostela polo que se regulan as notificacións electrónicas obrigatorias. Artigo 1. Obxecto. 1. O presente regulamento ten por obxecto desenvolver no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela a obriga de practicar e de acceder electronicamente ás notificacións que, en calquera procedementos tramitados e resoltos pola Universidade de Santiago de Compostela, deban realizarse a favor das persoas e entidades que, conforme ao previsto nos artigos 14.2, 41.3 e concordantes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, teñan a obrigación legal de relacionarse coa Universidade de Santiago de Compostela por medios electrónicos. Así mesmo e ao abeiro do artigo 41.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante este regulamento establécese e desenvólvese a obriga de practicar e de acceder electronicamente as notificacións que, en calquera procedementos tramitados e resoltos pola Universidade de Santiago de Compostela, deban realizarse a favor de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, estimando por tales, para os efectos este regulamento, ás persoas físicas matriculadas na Universidade de Santiago de Compostela en estudos conducentes á obtención de titulacións universitarias oficiais e propias que imparta a USC. 2. Por razóns excepcionais e debidamente fundadas, poderase acordar a exclusión da práctica de notificacións electrónicas obrigatorias respecto de procedementos específicos ou de categorías de persoas físicas determinadas, de entre o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela, cando concorran circunstancias singulares que así o xustifiquen. A adopción da resolución en cuxa virtude así se fixera será competencia da Secretaría Xeral e será obxecto de publicación Taboleiro Electrónico oficial da USC. 3.- Sen prexuízo de que lles sexa ofertada a posibilidade de acceder electronicamente ás notificacións das que sexan destinatarias e do demais que proceda con arranxo ás previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non quedarán suxeitas ao réxime de notificacións electrónicas obrigatorias as persoas físicas en quen non concorra ningunha das circunstancias sinaladas no apartado 1. En particular e salvo que tivesen, ao tempo, a condición de estudante de titulación propia ou oficial ou empregado público da USC non quedan incluídas no réxime de notificacións electrónicas obrigatorias as persoas físicas que se achen en calquera das seguintes situacións: a) Titulacións propias de duración reducida inferior a 1 mes b) Alumnos egresados c) O persoal xubilado ou noutra situación administrativa distinta do servizo activo, agás que manifesten a súa vontade de recibir as notificacións por este sistema e sempre que manteñan a conta electrónica na USC. Seralle de aplicación o sistema de notificacións electrónicas aos alumnos estranxeiros e as persoas que aínda non se tiveran matriculado, achándose en fase de acceso ou de admisión sempre que lle sexan entregadas credenciais de acceso por parte da USC. Artigo 2. Sistema de notificacións da USC. 2.1. Aviso de notificación. Todo o persoal ao servizo da USC deberán realizar o depósito das notificacións obrigatorias na Sede Electrónica da USC para a súa comunicación aos interesados. Unha vez depositado o documento en Sede, a persoa destinataria será informada mediante o envío dunha mensaxe á dirección de correo electrónico e, de ser o caso, mediante outras formas complementarias que se podan establecer. Un segundo aviso de notificación realizarase mediante SMS e outras formas complementarias que se podan establecer e será enviado transcorridos cinco días naturais a contar desde o seguinte ao da posta a disposición, sen que se accedera á notificación. 2.2.-Notificación electrónica As notificacións electrónicas practicaranse polo sistema de comparecencia en sede electrónica. As persoas destinatarias accederán ás súas notificacións na Sede electrónica da USC, no seu apartado de “notificacións”. A notificación por medios electrónicos entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais a partir do seguinte no que se realice a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. 2.3.- Adaptación para casos de persoas con discapacidade Realizaranse cantas adaptacións técnicas puidesen ser requiridas, no seu caso, a favor de persoas con discapacidade que precisasen de actuacións singulares para posibilitar o acceso ao contido das notificacións electrónicas Artigo 3. Niveis de seguridade das notificacións electrónicas. 1.- En función da natureza da información que conteñan e do tipo de persoa a quen se dirixa , as notificacións clasificaranse en varios niveis de seguridade, en cuxa virtude quedan determinados os métodos de identificación que permiten o acceso, de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade. Con carácter xeral, serán de nivel baixo as notificacións electrónicas cursadas pola USC ás persoas físicas sobre as que teñan relación de supremacía especial con ela. As notificacións dirixidas ás restantes persoas físicas e ás persoas xurídicas serán ordinariamente de nivel medio. 2.-A cualificación dunha notificación ou dunha categoría de notificacións realizarase por resolución da Secretaría Xeral, ou no acordo que estableza o procedemento. Este requisito consignarase tamén na información que figure no catálogo de procedementos da Sede Electrónica. Artigo 4. Conta de correo electrónico e teléfono móbil asociado. A conta e o número de teléfono móbil asociado forman parte do procedemento de identificación da persoa interesada. É obriga do alumnado manter actualizada en Sede a conta de correo electrónico. No caso de persoal da USC sempre se utilizará a conta de correo facilitada pola USC. Tanto o persoal da USC como o alumnado deberán manter actualizado o número de teléfono móbil na parte de datos persoais que figuran na Sede Electrónica. A solicitude de alta, modificación ou actualización de contas alleas a USC e do número de teléfono móbil asociado soamente poderá ser presentada pola persoa interesada ou persoa debidamente acreditada. Artigo 5. Notificación infrutuosa. As notificacións serán válidas sempre que permitan ter constancia da súa posta a disposición. A acreditación das distintas fases da notificación efectuada incorporarase ao expediente. Cando os interesados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se practicase, a notificación farase conforme ao previsto no artigo 44 e concordantes da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A estes efectos ademais de publicar no BOE o anuncio que corresponda, tamén efectuarase unha comunicación no Taboleiro Electrónico Oficial da USC, con carácter complementario e sen que iso afecte á data na que deba terse por realizada a notificación. Artigo 6. Incidencias no sistema de notificacións electrónicas. 1. A concorrencia de incidencias nos sistemas empregados pola USC para a práctica das notificacións electrónicas, que comporten a imposibilidade temporal de acceso ás mesmas, será oportunamente documentada e certificada en cada caso e comportará que o tempo de indispoñibilidade sexa descontado do prazo de dez días naturais previsto legalmente para o acceso. Os supostos de indispoñibilidade de duración inferior a un día computarán como un día completo. 2. No caso de que circunstancias técnicas debidamente acreditadas supuxesen a imposibilidade de proceder á práctica de notificacións electrónicas por un período de tempo significativo, a Secretaría Xeral poderá acordar que, excepcionalmente, respecto de supostos determinados que conten con xustificación suficiente, poida substituírse puntualmente a notificación electrónica pola notificación en papel ou por outro medio de notificación que permita ter constancia da recepción pola persoa interesada ou polo seu representante, así como da data, a identidade e o contido do acto notificado. Artigo 7.- Outras notificacións No caso de que o interesado recollese a comunicación ou resolución obxecto de notificación, non será necesaria a súa posta a disposición na Sede Electrónica No caso de comunicacións a outras Administracións Públicas e en canto non existan sistema de comunicación e interoperabilidade, as notificacións realizaranse a través dos rexistros das administracións de destino. Naqueles procedementos nos que non exista a obriga de notificación por comparecencia en Sede, nos formularios ou solicitudes da USC os interesados deberán indicar expresamente o sistema de notificación. Artigo 8.- Procedementos excluídos Os actos de comunicación (notificacións e, no seu caso, publicacións) que se practiquen nos procedementos en materia de contratacións rexeranse pola lexislación de contratos do sector público. Así mesmo, as convocatorias de sesións de órganos colexiados; e, calquera outros supostos que dispoñan ou puidesen dispoñer dunha disciplina sectorial singular, rexeranse pola súa normativa específica. Disposición transitoria primeira Antes da entrada en vigor deste regulamento, procederase a enviar un correo electrónico, á dirección corporativa institucional respectiva ou dirección electrónica aportada nos seus datos persoais, no que se lle informará da data da entrada en vigor do Regulamento de Notificacións Electrónicas Obrigatorias; do número de teléfono móbil que lle consta asociado, do procedemento para dar de alta ou modificar dito número e das características principais das notificacións electrónicas obrigatorias Disposición transitoria segunda. As previsións deste regulamento sobre inclusión no réxime de notificacións electrónicas obrigatorias do alumnado da USC serán de aplicación a partir do 1 de setembro de 2017. Disposición transitoria terceira Aos procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor deste regulamento seralles de aplicación a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Disposición transitoria cuarta: Inicialmente a conta de correo electrónico e número de teléfono móbil asociado a cada persoa será o que conste como tal nas bases de datos corporativas da USC. Será obriga do usuario a de comprobar, modificar, e, no seu caso, actualizar os devanditos datos na propia sede electrónica da Universidade. Para o persoal da USC o enderezo electrónico utilizado nas notificacións electrónicas será sempre o corporativo. Porén, deberán actualizar na propia sede electrónica, o número de teléfono móbil, que teñan asociado. No caso de que o destinatario teña a dobre condición de estudante e persoal da USC as notificacións realizaranse na conta corporativa. Disposición final única. O presente regulamento entrará en vigor nos tres meses seguintes á súa data de publicación no Taboleiro Electrónico da USC sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.