scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución VI/2018 da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela pola que se complementa a Instrución V/2017 pola que se modifican os tipos de dedución de IVE soportado na codificación económica e funcional

Universidade de Santiago de Compostela. Xerencia

Full text

INSTRUCIÓN DA XERENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA QUE SE COMPLEMENTA A INSTRUCIÓN V/2017 DA XERENCIA POLA QUE SE MODIFICAN OS TIPOS DE DEDUCIÓN DE IVE SOPORTADO NA CODIFICACIÓN ECONÓMICA E FUNCIONAL  En relación coa imputación de gastos en atencións protocolarias e representativas no orzamento da USC, a instrución V/2017 da Xerencia modifica o tipo de dedución de IVE soportado aplicable e actualiza ou habilita novos subconceptos económicos para a imputación deste gasto atendendo aos criterios de oportunidade e elixibilidade do mesmo. En base a este último criterio non se habilitou o subconcepto “atencións protocolarias e representativas” no concepto 641 “Proxectos de investigación” Esta última restrición require que sexa matizada en relación coas actividades que se desenvolven no marco de programas financiados que admiten este tipo de gasto como elixibles. Nestas actividades, se ben non se admiten os gastos en atencións protocolarias, si poden ter a consideración de gasto elixible os gastos en comidas de traballo asociados á organización de reunións de coordinación ou eventos específicos recollidos na memoria técnica da actividade. Para permitir a execución deste tipo de gastos, dáse de alta na clasificación económica do concepto 641 o seguinte subconcepto: 64119 “Gastos de hostalaría derivados de reunións de I+D” Os gastos imputados a este subconcepto teñen unha dedución do 0% do IVE soportado. Esta instrución derroga a Instrución complementaria da Instrución V/2017 de 16 de marzo de 2017 Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018 O xerente, José Manuel Villanueva Prieto XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010- Fax:881 81 12 10 Correo electrónico: xerente @ usc.es Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/33F5-6C81-4777-87EC Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 33F5-6C81-4777-87EC 1 / 2 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: JOSE MANUEL VILLANUEVA PRIETO, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21/03/2018 12:26:48. CSV: 33F5-6C81-4777-87EC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/33F5-6C81-4777-87EC Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 33F5-6C81-4777-87EC 2 / 2