O drama da inmigración en Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
Full text
134 EVOHÉ ALBA FERNÁNDEZ MÉNDEZ O DRAMA DA EMIGRACIÓN EN CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO Por Adela López López Non é doado non falar de saudade ó tratar a Rosalía de Castro. “Divina Rosalía, Senhora da Saudade e da Melancolía…” 1, dicía Teixeira de Pascoaes. A historia da literatura galega viuse influenciada polo conflito social-económi- co dende ben rematada a idade media. A decadencia da lingua, empurrada por unha forte castelanización, marcou a escasa literatura dos séculos escuros. O afán renovador de mulleres e homes construía paralelamente unha literatura de protesta social pero sempre latindo nela a alma galega, rodeada por unha aura de costumismo. Rosalía de Castro vía Galicia como o paraíso do folclore, da tradición, da natureza con alma… en resumo, un mundo de saudades, un mundo no que o triquetraque das gaivotas cantaba polo amor á terra. Máis neste mundo habitaba xente paupérrima, vítimas do caciquismo, unha riqueza institucional fronte á pobreza dos campesiños. As condicións de Galicia obrigaban a emigrar, xa que unha crise agrícola ía da man dun crecemento demográfico. Tratábase dunha emigración que afectou a todos, que rompeu familias para sempre, que deixou terras abandonadas e 1 PASCOAES, Teixeira de; 7 ensayos sobre Rosalía , Vigo: Galaxia, 1952, pp.15.
136 EVOHÉ ADELA LÓPEZ LÓPEZ O drama da emigración en Cantares Gallegos de Rosaía de Castro 137 poeta na poesía e todo o que aporta con isto, chegando mesmo a ser unha das figuras máis destacadas da literatura galega e española. “Adios ríos, adios, fontes”, “Airiños, airiños aires” e “Castellanos de Castilla” No traballo fin de máster titulado Figuras da emigración en Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Achega para unha catalogación e caracterización intratextual, dirixido por Carmen Blanco, recollemos a catalogación e a caracterización intratextual das figuras da emigración no libro3 de Rosalía de Castro Cantares Gallegos a través de tres poemas da obra, “Adios ríos, adios, fontes”, “Airiños, airiños aires” e “Castellanos de Castilla”, tal como aparecían na publicación que inicia simbolicamente o rexurdimento pleno da poesía galega en 1863. A súa achega á investigación rosalianista, na que o tema da emigración foi moi tratado, consiste precisamente nesta atención analítica ó propio texto inaugural e ós recursos expresivos que fixeron dos orixinarios Cantares gallegos unha obra clásica da cultura galega. O poema coñecido como “Adios ríos, adios fontes” é unha das composicións máis célebres e recitadas de Cantares gallegos , obra auroral do Rexurdimen- to galego escrita pola grande escritora da nosa literatura: Rosalía de Castro. Así, este poemario supuxo unha importante novidade nas nosas letras, ó se tratar dun libro integramente en galego, escrito por unha muller e dedicado a compor unha epopea nacional ; unha obra que ousa presentar un retrato do ofensor como ninguén antes o fixera, e cunha poesía que privilexia ós suxeitos femininos -mais ó mesmo tempo sendo capaz de asumir a voz de personaxes masculinas, caracteres e mentalidades diversas- e que manifesta unha enorme riqueza de todas as modalidades da cultura popular e oral: cantares, refráns, contos, lendas… Esta composición figura como o número 13 de Cantares gallegos e publicouse inicialmente en El Museo Universal (1861) e logo en El Álbum de la Caridad (1862) e Galicia. Revista universal de este reino (1862). Nestas tres primeiras versións aparece co título “¡Adiós qu’eu voume!” e sen a copla popular que agora figura no principio da composición. É o primeiro poema galego publicado por Rosalía de Castro e tamén o primeiro publicado dos pertencentes 3 CASTRO DE MURGUÍA, Rosalía; Cantares Gallegos , Edición facsimilar, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Consello de Cultura Galega, 2013. que, sobre todo, deixou un burato no corazón de Galicia. A raíz da diáspora galega, estímase que actualmente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega no mundo, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida como a quinta provincia. O papel da muller na inmigración foi tratado de xeito colateral, como elemento pasivo. Cos anos podemos saber que iso non foi así. A muller tivo un papel fundamental tanto dentro coma fora da Galicia. As que quedaron en Galicia tiveron que asumir a responsabilidade de todo o grupo familiar e así pois Rosalía fala das viúvas de vivos e mortos , mulleres que quedarán retratadas polo seu labor nas páxinas de Galicia. Ricardo Carballo Calero concorda que na sección titulada “As viúvas dous vivos e ás viúvas dous mortos” de Follas novas (1880) aparece máis entregada ca nunca ó empeño de expresar as tribulacións que vía padecer á s xentes humildes que a rodeaban. A devandita sección constitúe unha epopea popular fragmentaria na que se canta a dor e a traxedia da emigración, vistos dende os ollos da muller que permanece no país do que o home se afastou.2 Rosalía abre unha das primeiras fiestras renovadoras de aire, pola cal entra a postura feminina a completar e demostrar o seu peso na literatura. Un paso adiante non soamente para as mulleres, máis ben, un paso adiante para todos. E sobre todo, un paso adiante para a nosa literatura. Rosalía pertence ó movemento literario romántico, polo que os seus poemas van estar marcados pola paisaxe, así como polo sentimento nacional. Neste caso o sentimento galego. En toda a súa obra poética, tanto en Cantares gallegos (1863, 1972) como máis tarde en Follas novas, Rosalía cántalle a aqueles que deben abandonar tanto fogar como nación, pero máis aínda a aqueles que quedan atrás, que con frecuencia son mulleres e nenos. En ambas as dúas coleccións, o éxodo transoceánico, particularmente a Cuba e Brasil, xunto co éxodo peninsular e o do interior de Galicia é un tema central e un fenómeno que a poeta xa percibira dende o seu inicio en 1853 a causa da fame. Rosalía decatouse moi pronto do grande impacto que este movemen- to migratorio tería no desenvolvemento demográfico e cultural de Galicia. Rosalía pisa con zapatos innovadores na literatura galega, non pola súa poesía, senón polo contexto. É de gran relevancia resaltar a postura feminina da 2 CARBALLO CALERO, Ricardo; Historia da literatura contemporánea , 1963, pp.11.
138 EVOHÉ ADELA LÓPEZ LÓPEZ O drama da emigración en Cantares Gallegos de Rosaía de Castro 139 descoñece o que lle deparará o futuro, polo que este está dominado pola incerteza. Sobre este respecto, o poema pon o acento sobre o feito de que é unha emigración obrigada que se produce por motivos económicos. En fronte do emigrante sitúanse os destinatarios do seu discurso, que é introducido mediante a apóstrofe. No primeiro lugar está a figura da terra patria, que abarca todo canto pode abranguer a súa vista. É un espazo rural que aparece personificado e profundamente descrito e caracterizado positivamente como lugar idílico, como lugar ameno onde se pode acadar a gloria e a felicidade. Fronte a el aparece a figura do espazo da emigración, o mundo descoñecido cara a onde se dirixe o emigrante e do que apenas se sabe nada. O outro destinatario do poema é a muller amada, figura que representa ós que non emigran. Para os que quedan en Galicia só cabe a vivencia do emigrante na memoria. Por isto o protagonista do poema lle suplica á súa amada que non o esqueza, como única forma de supervivencia no caso de que aconteza un fatal desenlace. O poema, pois, bascula sobre a oposición entre o coñecido e o descoñecido, tanto no ámbito espacial (hábitat rural familiar-hábitat marítimo estraño) como no temporal (pasado e presente feliz-futuro incerto) e ten como base dese bascular o desexo de mellora económica que move á marcha e que a hipérbole do discurso do medo ó descoñecido tingue de pesimismo na oposición económica (certo pasado e presente pobre-incerto futuro). Pola súa banda, “Airiños, airiños aires” presenta a figura do emigrante que non pode regresar á súa terra e que se vai deteriorando física e psiquicamente ata chegar a morrer de pena. A protagonista do poema séntese fóra de lugar (situación maxistralmente expresada por Rosalía mediante o hipérbato e o quiasmo) e amósanos desde a súa perspectiva o calvario polo que pasan os emigrantes que non poden acadar o estatuto de retornados tras dun retrato de alma atormentada e corpo consumido, radicalmente oposto á louzanía e á felicidade das que gozaba no pasado cando estaba na súa terra. Lembra con agarimo a paisaxe, as xentes e os costumes patrios, e, respecto ó seu futuro, ten claro que se non consegue regresar o seu destino é morrer de pena e de tristeza. Pero aínda así, manifesta con rotundidade que seguirá a suplicar o seu retorno mesmo despois da morte. Fronte a esta emigrante sitúanse os destinatarios do seu discurso. a Cantares gallegos. E na súa primeira versión de El Museo Universal contén unha estrofa social moi crítica, suprimida en todas as edicións posteriores coñecidas en vida da autora: “Por xiadas, por calores / Desde qu´amañece ó día / Dou á terra os meus sudores, / Mais canto esa terra cria / Todo… todo é dos señores” . O segundo poema que nos ocupa, “Airiños, airiños aires”, figura como o número 15 de Cantares gallegos e é outra das composicións máis coñecidas e recitadas de Rosalía de Castro. Ó igual que o anterior, pertence ó grupo das composicións que Carvalho Calero4 denomina “sociais” ou “patrióticas e foi publicado por primeira vez no Album de la caridad (1862) co título “¡Terra a miña!”, sen o cantar glosado e cunha separación cada catro versos, exceptuando o último bloque de versos, que vai todo seguido. Paralelo ó número 13, este poema trata o tema da emigración, cuestión da máis estrita e dura realidade da que dá conta a literatura colectiva, anónima e oral, como son os versos que encabezan esta composición. Finalmente o último poema analizado neste estudo correspóndese co número 25 de Cantares Gallegos cuxa temática principal xira entorno dunha tráxica historia, a morte dun traballador galego en Castela como consecuencia das infrahumanas condicións laborais que lle daban os patróns. Esta perda desencadea na súa muller tanta dor e tanto resentimento que a leva a maldicir e reprender ós casteláns, denunciando o maltrato que lles dan ós galegos, e demandarlle un mellor trato para eles, ó tempo que, levada polo desconsolo, chega a pedirlle a Deus a súa propia morte O obxectivo principal deste estudo, pois, está centrado en caracterizar e catalogar as figuras da emigración que aparecen en tres dos principais poemas de Cantares gallegos dedicados a este tema facendo unha achega desde a retórica dos seus propios textos. “Adios rios, adios fontes” presenta a figura do emigrante no momento da súa despedida. Dende o seu punto de vista, amósasenos a esgazadura emocional que provoca nel o afastamento da terra e dos seres queridos, cos que se sente especialmente vinculado, pois considera que a súa terra é un lugar idílico, un lugar ameno sobradamente coñecido por el que proporciona a gloria e a felicidade. En relación ó porvir, como adopta un punto de vista limitado, 4 CARVALHO CALERO, Ricardo; Historia da literatura galega , vol. 1, Vigo: A Nosa Terra, 1981, pp.163.
140 EVOHÉ ADELA LÓPEZ LÓPEZ O drama da emigración en Cantares Gallegos de Rosaía de Castro 141 as bondades da paisaxe galega pola árida e poeirenta paisaxe castelá. Neste caso o poema bascula no espazo entre o eloxio e a gabanza de Galicia como lugar ameno e o rexeitamento e crítica de Castela como lugar horrendo; e no tempo entre o presente infeliz, mortífero e inxusto para os galegos que quedan e a procura dun futuro mellor por medio da denuncia desta realidade. Vemos pois que estes tres poemas poderían ser como os tres actos dun drama social e sentimental, o da emigración galega. “Adios rios, adios fontes” constituiría o primeiro acto do drama onde se formularía a presentación dos personaxes (o que emigra, o que queda) e do espazo (o de orixe, a esplendorosa, próxima e familiar Galicia; e o de destino, o mundo descoñecido, incerto e alongado máis aló do mar). “Airiños, airiños aires” representaría o segundo acto do drama, e nel produciríase o nó (conflito entre o emigrante e o espazo da emigración; progresivo deterioro físico e psíquico do que emigra, saudade e afán desesperado por volver no emigrante; saudade e sufrimento nos que agardan a volta). Pola súa banda, “Castellanos de Castilla” suporía o terceiro acto do drama e nel produciríase o desenlace (morte do emigrante, ou retorno sen máis cambio que o de ir a peor ocasionado polo maltrato; dor e desconsolo nos que agardan que se rebelan esixindo bo trato). Este último acto deixaría, no entanto, unha porta aberta á esperanza, a de conseguir mudar a situación cunha actitude combativa de denuncia. Este era un dos propósitos de Rosalía ó escribir Cantares galegos . Agardemos nós tamén que a lectura deste libro proporcione ós futuros lectores, ademais de pracer estético, unha nova lección de vida e comportamento. No primeiro lugar están os airiños galegos, figura que baixo a perspectiva animista se erixe en axudante para que a protagonista consiga cumprir o seu desexo de retorno. Estes airiños constitúen un elemento dinámico que pode sacar a emigrante do seu estatismo, e converter o seu periplo itinerante na emigración nun espazo de boomerang , con retorno. Os elementos da paisaxe natural e cultural natal da protagonista constitúen o outro destinatario do poema, e a eles dirixe tamén as súas apóstrofes, personificándoos, e reiterando os efectos psicolóxicos negativos que leva consigo a distancia que os separa: a perda da felicidade que lle producían. Por último, tamén aparece no poema a figura dos que quedan, neste caso representados polos familiares e o amado. Os primeiros tamén se vén afectados psicoloxicamente pola ausencia da protagonista (os pais, porque sofren; o irmán, porque lle falta a axuda da irmá) mentres que o segundo é vítima sentimental dela, pois non pode gozar do seu amor nin compartir a vida con ela. Neste caso o poema bascula no ámbito espacial entre a oposición rexeitamento-aceptación, e no plano temporal entre a gradación pasado feliz-pre- sente infeliz-futuro mortífero, aínda que sosteña que tras a morte seguirá conservando a saudade da súa terra e o desexo de ser repatriada. Pola súa parte, “Castellanos de Castilla” presenta, de entrada, unha tripla figuración: a figura da que queda, co dobre papel de testemuñar a penosa emigración dos outros e demandar un troco de actitude cara ós emigrantes galegos; a figura do emigrante morto a causa das aldraxes sufridas na emigración en Castela; e a figura doutros emigrantes maltratados polos casteláns. A voz falante testemuña con dureza, dende a súa dor e resentimento, e dende un punto de vista crítico e combativo, as aldraxes e amarguras sufridas polos emigrantes galegos no periplo castelán. Como non pode soportar a perda do seu amado, suplícalle a Deus que lle dea a morte. En fronte dela e dos galegos que emigran sitúanse os destinatarios do seu discurso: un plural, os soberbios e fatuos casteláns; outro individual (aínda que represente unha colectividade), a seca Castela, que se erixe en horribilis locus ou locus horrido como contrapunto do locus amoenus que constitúe a paisaxe galega. O outro destinatario do poema é o amado, morto como consecuencia do maltrato sufrido na emigración, ao que o eu lírico lle reprocha ter cambiado