scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de co2

Muñiz-Mouro, Abel

Abstract

No presente Traballo Fin de Máster realizouse un estudo sobre o proceso de captura/rexeneración de dióxido de carbono (CO2) por absorción en distintos disolventes químicos non empregados comunmente a nivel industrial. Establecéronse comparacións entre o uso de N,N‑Dimetiletilendiamina (DMEN) e o uso dunha mestura de etanolamina (MEA) e N,N-Dimetiletanolamina (DMEA) no proceso de absorción de CO2, podendo así analizar a influenza da composición do disolvente, tendo en conta que estes compostos aportan a mesma concentración dos mesmos grupos amino. Asemade establecéronse comparacións entre o uso dunha mestura de MEA e DMEA cunha relación equimolar de ambos compostos fronte a unha mestura cun 83.3% dos grupos amino procedentes de MEA. Os diferentes mecanismos de absorción de CO2 determináronse empregando a espectroscopía de resonancia magnética nuclear de hidróxeno e carbono para determinar as especies presentes no medio ao longo do tempo. A maiores, realizáronse experimentos de captura/rexeneración de CO2 en continuo que permitiron analizar o proceso completo e identificar a capacidade de rexeneración dos disolventes estudados, así coma a posible existencia de degradación do disolvente.

Full text

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA MÁSTER EN ENXEÑARÍA QUÍMICA E BIOPROCESOS TRABALLO FIN DE MÁSTER NOVOS SOLVENTES QUÍMICOS PARA PROCESOS DE CAPTURA/REXENERACIÓN DE CO2 ABEL MUÑIZ MOURO FEBREIRO DE 2015 No presente Traballo Fin de Máster realizouse un estudo sobre o proceso de captura/rexeneración de dióxido de carbono (CO2) por absorción en distintos disolventes químicos non empregados comunmente a nivel industrial. Establecéronse comparacións entre o uso de N,N ‑ Dimetiletilendiamina (DMEN) e o uso dunha mestura de etanolamina (MEA) e N,N-Dimetiletanolamina (DMEA) no proceso de absorción de CO2, podendo así analizar a influenza da composición do disolvente, tendo en conta que estes compostos aportan a mesma concentración dos mesmos grupos amino. Asemade establecéronse comparacións entre o uso dunha mestura de MEA e DMEA cunha relación equimolar de ambos compostos fronte a unha mestura cun 83.3% dos grupos amino procedentes de MEA. Os diferentes mecanismos de absorción de CO2 determináronse empregando a espectroscopía de resonancia magnética nuclear de hidróxeno e carbono para determinar as especies presentes no medio ao longo do tempo. A maiores, realizáronse experimentos de captura/rexeneración de CO2 en continuo que permitiron analizar o proceso completo e identificar a capacidade de rexeneración dos disolventes estudados, así coma a posible existencia de degradación do disolvente. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 NOMENCLATURA 1. OBXECTIVOS 1 2. INTRODUCIÓN 2 2.1. CAMBIO CLIMÁTICO E DIÓXIDO DE CARBONO 2 2.2. OPCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA A CAPTURA DE DIÓXIDO DE CARBONO 5 2.2.1. CAPTURA POST-COMBUSTIÓN 6 2.2.2. CAPTURA PRE-COMBUSTIÓN 9 2.2.3. OXICOMBUSTIÓN 10 2.3. REUTILIZACIÓN DO DIÓXIDO DE CARBONO CAPTURADO 10 2.4. ESTADO DA ARTE 11 2.4.1. ABSORCIÓN 11 2.4.2. REXENERACIÓN 13 2.5. EQUIPOS DE CONTACTO GAS-LÍQUIDO 14 2.5.1. COLUMNA DE BURBULLEO 15 2.6. RISCOS E MEDIO AMBIENTE 17 3. MÉTODO EXPERIMENTAL 19 3.1. MATERIAIS E EQUIPO 19 3.1.1. COMPOSTOS QUÍMICOS 19 3.1.2. EQUIPO EXPERIMENTAL 19 3.2. METODOLOXÍA EN ESTUDOS DE ABSORCIÓN 21 3.3. METODOLOXÍA EN ESTUDOS DE MECANISMO DE REACCIÓN 25 3.4. METODOLOXÍA EN ESTUDOS DE CAPTURA/REXENERACIÓN EN CONTINUO 26 4. RESULTADOS E DISCUSIÓN 31 4.1. ESTUDOS DE ABSORCIÓN 31 4.1.1. ABSORCIÓN DE CO2 EN AUGA DESIONIZADA 33 4.1.2. ABSORCIÓN DE CO2 EN MEA 34 4.1.3. ABSORCIÓN DE CO2 EN DMEA 35 4.1.4. ABSORCIÓN DE CO2 EN MESTURA DE MEA E DMEA 36 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 2 de 83 2. INTRODUCIÓN 2.1. CAMBIO CLIMÁTICO E DIÓXIDO DE CARBONO O Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC – Intergovernmental Panel on Climate Change) foi creado no ano 1988 pola Organización Meteorolóxica Mundial e o Programa das Nacións Unidas de Medio Ambiente coa finalidade de avaliar a información científica e socioeconómica sobre o cambio climático, os posibles impactos que dito cambio climático poden producir sobre o medio ambiente, as opcións de mitigalo e a adaptación ao mesmo. Esta entidade define o cambio climático coma “un termo que denota un cambio no estado do clima identificable a raíz dun cambio no valor medio ou na variabilidade das súas propiedades e que persiste durante un período prolongado, xeralmente décadas ou períodos superiores; este termo denota todo o cambio do clima ao longo do tempo, tanto se é debido á variabilidade natural coma se é consecuencia da actividade humana” [1]. Foi no ano 1992 cando a preocupación internacional polo cambio climático aumentou e conduciu á Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, cuxo principal obxectivo foi a “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas perigosas co sistema climático, acadando dito nivel nun prazo suficiente para permitir que os ecosistemas se adapten naturalmente ao cambio climático, asegurando que a produción de alimentos non se vexa afectada e o desenvolvemento económico prosiga de maneira sostible” [2]. Para facer efectiva a redución das emisións globais de gases de efecto invernadoiro, no ano 1997 estableceuse o Protocolo de Kyoto, cuxo obxectivo principal era a redución global, para o período de 2008 a 2012, de cando menos un 5% por debaixo das emisións existentes en 1990 [3]. A décimo oitava Conferencia das Partes (COP 18) sobre o cambio climático en Durban ratificou o período de vixencia do Protocolo de Kyoto (dende o 2013 ata o 2020), sen embargo, este proceso denotou un débil compromiso por parte de países altamente industrializados coma Estados Unidos, Rusia, Xapón e Canadá, que non apoiaron a prórroga, mentres que outros países, tamén grandes emisores de CO2, coma Brasil, China, India e Irán si se adscribiron ao protocolo [4]. Se ben Estados Unidos non ratificou o Protocolo de Kyoto, dende o 2015 fixou como obxectivo, a través da Axencia de Protección Medioambiental (EPA), a redución das súas emisións de gases de efecto invernadoiro nun 30% para o ano 2030. Recentemente, tamén no ano 2015, tivo lugar a vixésimo primeira Conferencia das Partes (COP 21) sobre o cambio climático, onde se aprobou o denominado Acordo de París que establece Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 3 de 83 as medidas para a redución das emisións de CO2 a levar a cabo a partir do ano 2020, sendo os principais obxectivos deste acordo [5]:  Manter o aumento das temperaturas por debaixo dos 2ºC con respecto aos niveis preindustriais e perseguir esforzos para limitar o aumento a un máximo de 1.5ºC.  Aumentar a capacidade de adaptación aos efectos adversos do cambio climático e promover a resilencia ao clima e un desenvolvemento con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro, de xeito que non comprometa a produción de alimentos.  Elevar as correntes financeiras a un nivel compatible cunha traxectoria que conduza a un desenvolvemento resilente ao clima e con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro. O IPCC identifica seis gases antropoxénicos como causantes do cambio climático: CO2 (dióxido de carbono), CH4 (metano), N2O (dióxido de nitróxeno), SF6 (hexafluoruro de xofre), CFCs (clorofluorocarbonos), HFCs (hidrofluorocarbonos). Asemade, o IPCC indica que [1]:  A temperatura superficial media global da terra aumentou arredor de 0.6ºC durante o s. XX.  Aproximadamente tres cuartas partes das emisións antropoxénicas de CO2 á atmosfera dos últimos 20 anos débense aos procesos de combustión de combustibles fósiles.  Os futuros cambios na composición atmosférica e no clima son inevitables debido ao aumento da temperatura e a algúns fenómenos extremos. Ademais, os aumentos e diminucións de precipitacións en distintas rexións do planeta implicarán un maior risco de inundacións e secas. O CO2 é o segundo gas de efecto invernadoiro máis abundante na atmosfera terrestre 1 e contribuíu a aproximadamente un 85% do aumento do efecto invernadoiro na última década [6]. Este gas emítese de forma natural mediante diferentes procesos tales coma a respiración, erupcións volcánicas e fenómenos tectónicos, entre outros, pero a maior parte de emisións deste gas proceden de fontes antropoxénicas, dentro das cales destacan as emisións de CO2 producidas en procesos industriais coma a fabricación de cementos, produción de hidróxeno, combustión de combustibles fósiles e/ou biomasa para a produción de enerxía eléctrica, etc., aínda que tamén debe terse en conta a súa produción na combustión de combustibles nos motores de automóbiles, fornos empregados no ámbito residencial e comercial, etc. [1]. 1 Sendo o primeiro o vapor de auga, non contemplado polo IPCC como gas de orixe antropoxénica xa que a súa concentración na atmosfera depende da temperatura e outras condicións meteorolóxicas. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 4 de 83 Xa que as emisións de CO2 aumentan e a capacidade de absorción de CO2 dos océanos diminúe, a concentración na atmosfera aumenta ano tras ano, tal e como se pode observar na Figura 1. Figura 1. Curva Keeling: concentración de CO2 atmosférico medida en Mauna Loa (Hawai) dende o ano 1958 [7]. Actualmente a concentración de CO2 na atmosfera supera as 400 partes por millón (ppm), un valor nunca antes superado, pero que tamén é un valor inferior ao verdadeiramente emitido, pois debe terse en conta que parte do CO2 emitido á atmosfera se consume en procesos fotosintéticos e de absorción nos océanos; na actualidade os principais sumidoiros naturais de CO2 son os océanos, que conseguen absorber practicamente un 50% das emisións totais deste gas. Sen embargo, a súa capacidade de absorción diminúe co paso do tempo, volvéndose cada vez as augas máis ácidas [6]. Figura 2. Emisión global de CO2 por sectores no ano 2013 2 [8]. 2 *Agricultura, pesca e outras emisións non especificadas. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 5 de 83 Tal e como pode verse na Figura 2, os sectores que representan as maiores emisións de CO2 son a produción de electricidade e calor (42%, sendo a electricidade e calor empregadas na industria un 18%, as destinadas ao ámbito residencial un 11% e as restantes empregadas polo sector servizos e outros usos2), o transporte (23%) e a industria (19%, sen considerar as emisións ligadas ao consumo de electricidade e calor por parte deste sector), seguidos de emisións varias2 (7%), emisións no ámbito residencial (6%) e emisións no sector servizos (3%). Xeográficamente, a distribución destas emisións pódese observar na Figura 3. Figura 3. Distribución xeográfica das principais fontes estacionarias de CO2 [9]. 2.2. OPCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA A CAPTURA DE DIÓXIDO DE CARBONO O obxectivo da captura de CO2 consiste en xerar unha corrente de concentración elevada en CO2 que poida ser máis facilmente transportada a un lugar de almacenamento, reducindo así o custe ligado a dito transporte [1]. Tendo en conta que unha das principais fontes de emisión de CO2 está constituída pola queima de combustibles fósiles, a primeira opción lóxica é a redución do consumo deste tipo de combustibles, que se ben se está a producir gradualmente grazas aos desenvolvementos na área dos biocombustibles, non é totalmente substituíble actualmente. Tendo en conta que as principais consumidoras de combustibles fósiles son as plantas produtoras de enerxía, dependendo do proceso concreto de cada instalación existen tres enfoques principais para a captura do CO2 xerado: post-combustión, pre-combustión e oxicombustión [9]. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 6 de 83 2.2.1. CAPTURA POST-COMBUSTIÓN As opcións de captura post-combustión consisten na separación do CO2 de todos os demais compoñentes dos gases de combustión producidos na queima de combustibles en presenza de aire. Este tipo de procesos responden ao diagrama representado na Figura 4. Figura 4. Diagrama dos procesos de captura de CO2 post-combustión [9]. As fraccións de CO2 presentes nos gases de combustión adoitan non ser moi elevadas, oscilando o seu valor entre un 4 e un 14% habitualmente, polo que os equipos industriais necesarios para este tipo de procesos de captura acostuman a ser de grandes dimensións e representan unha gran inversión de capital. Algunhas das tecnoloxías post-combustión para a captura de CO2 son a adsorción, absorción, uso de membranas, tecnoloxías compactas, etc., sendo a absorción o proceso máis amplamente empregado. ABSORCIÓN DE DIÓXIDO DE CARBONO A absorción de CO2 máis estendida é aquela que emprega compostos baseados en alcanolaminas como disolventes, sendo o máis empregado a MEA por ser un composto barato, altamente reactivo co CO2 e termicamente estable. Se ben este proceso ten como principais vantaxes unha elevada selectividade en CO2 a baixas presións parciais do mesmo e unha elevada eficiencia na captura, a propia natureza dos disolventes empregados é a que implica os seus principais inconvenientes; os disolventes baseados en alcanolaminas adoitan ser corrosivos e a posterior rexeneración dos mesmos, habitualmente de tipo térmico, induce elevados custes enerxéticos ao proceso [10]. A montaxe tradicional a nivel industrial correspondente á absorción de CO2 empregando disolventes líquidos rexenerables é a representada na Figura 5. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 7 de 83 Figura 5. Diagrama de fluxo dunha instalación típica de absorción de CO2 [11]. O proceso baséase en dúas etapas; unha primeira sección onde se leva a cabo a absorción de CO2 no disolvente líquido, principalmente por vía química, e unha posterior sección de rexeneración onde se separa o CO2 absorbido aportando calor ao disolvente [11]. Na sección de absorción, o gas cuxo CO2 se quere capturar entra pola parte inferior do absorbedor e ascende en contracorrente co disolvente, que entra pola parte superior. Traballando ás condicións axeitadas, o CO2 transfírese dende a corrente gasosa á fase líquida, dando como resultado por cabezas un gas pobre en CO2 e por colas un líquido rico en CO2 ou en compostos derivados da reacción do disolvente co mesmo. Nun primeiro paso na sección de rexeneración, elévase a temperatura do disolvente rico en CO2 mediante un intercambiador de calor (habitualmente utilizando algunha corrente de proceso, tal e como se indica na Figura 5, para facilitar a integración enerxética), e posteriormente introdúcese no rexenerador, onde se leva a cabo a destilación do disolvente, que entra pola parte superior. Ao producirse a evaporación do mesmo, o disolvente libera o CO2 absorbido, que abandona o equipo pola parte superior, mentres que o disolvente en estado vapor se condensa e retorna ao equipo, podendo ser recirculado á sección de absorción (arrefriándose antes de ser retornado ao absorbedor, para non prexudicar esta operación). Dependendo do modo no que o gas se absorbe no líquido, distínguense dous tipos de disolventes: disolventes físicos e disolventes químicos. Os disolventes físicos empréganse comunmente para correntes gasosas de presións parciais elevadas e requiren un aporte de enerxía menor na etapa de rexeneración, pero teñen unha capacidade de captura menor. Algún exemplo de disolventes físicos son: auga, carbonato de propileno (PC), metanol ou sulfolano. Os disolventes químicos máis comúns son os baseados en alcanolaminas, e empréganse habitualmente en forma de disolucións acuosas. Exemplos destes disolventes son: MEA, Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 8 de 83 N-Metildietanolamina (MDEA), dietanolamina (DEA), diglicolamina (DGA), trietanolamina (TEA), etc. A transferencia de materia con reacción química no proceso de absorción ten lugar en varias etapas [9]:  Difusión do reactivo dende a fase gasosa ata a interfase gas-líquido.  Difusión dende a interfase ata a fase líquida.  Reacción na fase líquida.  Difusión dos produtos e reactivos na fase líquida debido aos gradientes de concentración xerados pola reacción química. O sistema máis estudado é aquel no que un composto B presente nunha fase líquida reacciona cun composto A presente na fase gasosa. Dependendo das velocidades relativas de difusión e da reacción entre os compostos B e A, os sistemas de absorción clasifícanse en diferentes réximes, sendo os máis comúns:  Reacción moi lenta: transcorre fundamentalmente no seo da fase líquida, polo que todo o líquido aumenta a súa concentración no gas chegando á concentración de saturación ditada pola solubilidade do gas no líquido.  Reacción lenta: a concentración de gas acadada no seo do líquido é inferior á de saturación, e identifícase unha reacción de gas disolto durante o seu transporte a través da película de difusión.  Reacción moderadamente rápida: unha fracción considerable de gas reacciona na película polo que a concentración de gas sen reaccionar no seo do líquido será pequena.  Reacción rápida: a reacción é tan rápida que se produce totalmente na película de líquido, polo que no seo do líquido a concentración de gas será nula. o Reacción de pseudo-primeira orde: constitúe un tipo concreto de reacción rápida e prodúcese cando a concentración do reactivo B na maior parte do líquido supera a solubilidade de A.  Reacción instantánea: o gas disolto A reacciona instantaneamente co compoñente B, formándose unha película na interfase na cal a concentración de ambos compoñentes é cero. Neste tipo de reaccións, a velocidade está controlada unicamente pola difusión dos reactivos. Outra opción consiste na mestura de disolventes físicos e químicos, como por exemplo sulfolano e MDEA, que representa un sistema eficaz para eliminar compostos de xofre e CO2 de xeito simultáneo. Neste caso o sulfolano actúa coma un almacenamento de CO2, mentres que a MDEA é o verdadeiro disolvente reactivo. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 15 de 83 A maioría de equipos empregados neste tipo de procesos, ben a nivel industrial ou experimental, responde ante a seguinte clasificación:  Equipos nos que o líquido flúe formando unha capa fina: columnas de película ascendente/descendente e columnas de recheo.  Equipos con dispersión de gas na fase líquida: columnas de burbulleo, reactores de tanque axitado con difusor de gas e columnas de pratos (perforados, de válvulas, etc.).  Equipos con dispersión de líquido na fase gas: exector Venturi, columna de choiva e demais reactores que empreguen difusores de líquido, aerosois, etc. 2.5.1. COLUMNA DE BURBULLEO Unha columna de burbulleo consiste nun recipiente vertical cheo de líquido en cuxa base se atopa un difusor que permite a entrada e dispersión dunha corrente de gas. Deste modo, o gas inxectado na parte inferior do equipo ascende a través do líquido, axitándoo e mesturándoo ao seu paso, mentres que respecto do líquido, o equipo pode operar en dous réximes distintos; no caso de operar en batch (en lotes), non existirá nin entrada nin saída da fase líquida, polo que esta só se moverá debido ás correntes inducidas nel polo gas, mentres que se a operación é en continuo, o líquido entrará pola parte inferior/superior e sairá pola superior/inferior (correntes paralelas/contracorrente) [27]. As columnas de burbulleo demostraron ser un tipo de reactor moi eficaz e na actualidade emprégase amplamente na industria química para a absorción de CO2, xa que ofrecen varias vantaxes: boa capacidade para o control da temperatura, elevada transferencia de materia, baixo coste de mantemento en comparación con outros reactores gas-líquido (xa que non se precisan dispositivos mecánicos adicionais de mestura interna debido ao alto grao de mestura das fases existente), etc. [9]. Na absorción de CO2, o caudal de líquido que pasa a través da columna é baixo en comparación co caudal de gas, sendo este último, xunto cos fenómenos de coalescencia da fase líquida, un dos parámetros máis importante da transferencia de materia, pois deles depende a área de interfase na que se produce a transferencia de materia. O gas que ascende dentro da columna arrastra líquido, que tende posteriormente a moverse cara o inferior do equipo, formando así o patrón de fluxo característico que pode apreciarse na Figura 10. As burbullas máis grandes e o líquido arrastrado tenden a ascender polo centro da columna, o que fai que o líquido cerca das paredes da columna se mova en sentido descendente, arrastrando consigo pequenas burbullas. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 16 de 83 Figura 10. Patrón de fluxo da fase líquida [9]. Debido aos procesos de mestura interna derivados deste patrón de fluxo, na dirección radial da columna non existirán gradientes de concentración. Dependendo dos patróns que describa o fluxo de gas, defínense os diferentes réximes de operación representados na Figura 11. A caudais de gas baixo, as burbullas distribúense uniformemente no líquido, describindo un fluxo en réxime homoxéneo, pero cando o caudal de gas é demasiado elevado prodúcense fenómenos de coalescencia que dan lugar a grandes burbullas que ascenden máis rápido, provocando un fluxo en réxime heteroxéneo, que pode ser turbulento ou de tipo babosa. O fluxo de tipo babosa adoita producirse en columnas estreitas, como é o caso das columnas de burbulleo empregadas a escala de laboratorio, e xorde froito da estabilización das burbullas grandes na parede do equipo, dando lugar a un ascenso de gas en forma de fluxo en pistón. Figura 11. Réximes de fluxo para o gas nun reactor de burbulleo [9]. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 17 de 83 2.6. RISCOS E MEDIO AMBIENTE As principais indicacións de perigo para a saúde e o medio ambiente que implica o uso das aminas convencionais e en investigación actualmente recóllense a continuación na Táboa 1 [28]. Táboa 1. Resumo das indicacións de perigo dos reactivos empregados habitualmente na captura de CO2 [28]. Substancia química Indicacións de perigo Tipo de disolvente Etanolamina (MEA) INCENDIO: Combustible. En caso de incendio despréndense fumes (ou gases) tóxicos e irritantes. Disolvente químico EXPLOSIÓN: Por encima de 85°C poden formarse mesturas explosivas vapor/aire. INHALACIÓN: Tose, dor de cabeza, dor de garganta. CONTACTO DIRECTO: Irritación, dor e queimaduras en pel e ollos (cutáneas na pel e profundas graves nos ollos). INXESTA: Dor abdominal, sensación de queimazón, shock ou colapso. Dietanolamina (DEA) INCENDIO: Combustible. CONTACTO DIRECTO: Irritación, dor e queimaduras profundas graves nos ollos. INXESTA: Dor abdominal, sensación de queimazón. AMBIENTE: Substancia nociva para os organismos acuáticos. N-metildietanolamina (MDEA) INCENDIO: Combustible. INHALACIÓN: Tose, náuseas, dor de garganta. CONTACTO DIRECTO: Irritación e dor en pel e ollos. INXESTA: Náuseas, diarrea e vómitos. Diglicolamina (DGA) CONTACTO DIRECTO: Irritación, dor e queimaduras severas en pel e ollos. Trietanolamina (TEA) INCENDIO: Combustible. En caso de incendio despréndense fumes (ou gases) tóxicos e irritantes. INHALACIÓN: Tose. Dor de garganta. CONTACTO DIRECTO: Irritación de pel e ollos. Carbonato de propileno (PC) CONTACTO DIRECTO: Irritación ocular grave. Disolvente físico Metanol INCENDIO: Altamente inflamable. EXPLOSIÓN: As mesturas vapor/aire son explosivas. INHALACIÓN: Tose, vertixe, dor de cabeza, náuseas, debilidade, alteracións da vista. CONTACTO DIRECTO: ¡PODE ABSORBERSE! Pel seca, irritación de pel e ollos, dor de ollos. INXESTA: Dor abdominal, vómitos, convulsións, perda do coñecemento. Sulfolano INXESTA: Nocivo. A Táboa 2 resume as principais indicacións de perigo e pictogramas dos reactivos usados durante a realización deste Traballo Fin de Máster, extraendo a información das Fichas de Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 18 de 83 Seguridade aportadas polo subministrador de cada un dos produtos, que se recollen no Anexo I. Fichas de Seguridade. Táboa 2. Resumo das indicacións de perigo e pictogramas dos reactivos empregados neste Traballo Fin de M áster [29], [30], [31]. Substancia química Indicacións de perigo Pictogramas Dióxido de carbono (CO2) H281: Contén un gas refrixerado; pode causar queimaduras ou lesións crioxénicas. Pode desprazar o osíxeno e causar sufocación rápida. Pode aumentar a frecuencia cardíaca e respiratoria. N,N -Dimetiletanolamina (DMEA) H226: Líquidos e vapores inflamables. H302 + H312: Nocivo en caso de inxestión ou contacto coa pel. H314: Provoca queimaduras graves na pel e lesións oculares graves. H331: Tóxico en caso de inhalación. N,N -Dimetiletilendiamina (DMEN) H225: Líquido e vapores moi inflamables. H302: Nocivo en caso de inxestión. H312: Nocivo en contacto coa pel. H314: Provoca queimaduras graves na pel e lesións oculares graves. Etanolamina (MEA) H302 + H312 + H332: Nocivo en caso de inxestión, contacto coa pel ou inhalación H314: Provoca queimaduras graves na pel e lesións oculares graves. H335: Pode irritar as vías respiratorias. H412: Nocivo para os organismos acuáticos, con efectos nocivos duradeiros. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 19 de 83 3. MÉTODO EXPERIMENTAL 3.1. MATERIAIS E EQUIPO 3.1.1. COMPOSTOS QUÍMICOS A Táboa 3 recolle as principais propiedades físicas dos compostos químicos empregados neste Traballo Fin de Máster (dióxido de carbono – CO2, N,N-dimetiletanolamina – DMEA, N,N-dimetiletilendiamina – DMEN e etanolamina – MEA), indicando ademais a empresa provedora da mesma, sendo M a masa molar da substancia e Tfu e Teb as temperaturas de fusión e ebulición, respectivamente. Táboa 3. Datos relevantes dos compostos empregados [29], [30], [31]. Substancia química Provedor Fórmula (Química / Semidesenvolta) M (g/mol) Pureza Tfu (ºC) Teb (ºC) CO2 Carburos Metálicos (Air Products) CO2 44.00 ≥99.0% -78.5 -56.6 DMEA Sigma-Aldrich C4H11NO 89.14 ≥98.0% -70.0 134.0 DMEN Sigma-Aldrich C4H12N2 88.15 95.0% - 104.0 MEA Sigma-Aldrich C2H7NO 61.08 ≥99.0% 10.0 170.0 A fase gasosa empregada nos estudos realizados constitúea unicamente o CO2, mentres que as fases líquidas son disolucións acuosas das aminas empregadas (ben de xeito individual ou en mesturas) que se realizaron empregando auga desionizada. 3.1.2. EQUIPO EXPERIMENTAL Durante a realización do presente Traballo Fin de Máster empregouse unha ampla variedade de material de laboratorio e equipos especializados:  EPI 5 s: para evitar posibles derrames de compostos químicos sobre a pel empregáronse, tanto durante a preparación das disolucións coma durante a súa carga/descarga no reactor, guantes de nitrilo, gafas de seguridade e bata de laboratorio. Tamén se empregaron luvas de protección térmica naquelas operacións nas que estiveron involucrados equipos a alta temperatura.  Vitrina de vidro con campá extractora: para levar a cabo as disolucións das diferentes aminas estudadas para a absorción de CO2 e evitar posibles vapores formados ou liberados durante a preparación das mesmas, empregouse unha vitrina de vidro con campá de extracción de gases Burdinola OR-ST 1500. 5 Equipo de Protección Individual. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 20 de 83  Material de vidro: matraz aforado de 250 mL, 1 L e 2 L, vasos de precipitados de 50 e 300 mL, frascos para almacenamento de mostras de 250 mL, funil, tubos de ensaio de 5 mL, condensador Dimroth de 30 cm de lonxitude, columna vigreux de 3 x 50 cm (diámetro x altura), columna de recheo 3 x 50 cm (diámetro x altura), bolas de recheo de 7 mm de diámetro, intercambiador de calor de tubos concéntricos de 100 mL de capacidade no tubo interno e 3.5 x 50 cm (diámetro x altura) do tubo externo, adaptadores de conexión macho-femia, conexións en T, depósito de vidro de 1.5 L, etc.  Material de plástico: empregáronse vasos de precipitado de 5 L para a descarga das disolucións cargadas ao reactor, e para a realización de lavados do equipo con auga desionizada tras cada experimento, indicador de fluxo de auga de refrixeración, etc.  Balanza: para pesar as cantidades necesarias para a preparación das distintas disolucións, empregouse unha balanza COBOS D-600 de precisión ± 0.1 g.  Reactor de burbulleo: todos os experimentos levados a cabo realizáronse nunha columna de burbulleo de metacrilato de sección transversal cadrada cunhas dimensións de 4 x 4 x 65 cm (longo x ancho x alto) e un volume de 900 mL. Na parte inferior do mesmo atópase un difusor de teflón de cinco orificios para a entrada da fase gasosa, mentres que na parte lateral se dispón dunha conexión para a alimentación da fase líquida e/ou a toma de mostras.  Caudalímetros: empregáronse dous caudalímetros másicos Alicat Scientific para controlar o caudal de CO2 á entrada do equipo (MC-5SLMP-D) e medir o CO2 á saída do mesmo (M-5SLMP-D), permitindo os datos aportados por estes equipos coñecer cuantitativa e cualitativamente o proceso de absorción con cada disolvente estudado.  Software: durante a realización do Traballo Fin de Máster empregáronse diferentes softwares: o Flow Vision 1.1.29.0: para o control dos caudalímetros e recompilación dos datos medidos polos mesmos. o MestrReC 4.7: para o procesado dos espectros obtidos por espectrometría de RMN. o Paquete Microsoft Office 2013: para a realización das operacións matemáticas indicadas no presente documento, para a realización dos diagramas das montaxes para os experimentos levados a cabo e para a redacción do presente documento. o GraFit 5.0.5: para a realización das representacións gráficas recollidas no apartado “4. Resultados e discusión” e para a Figura 15.  Cinta calefactora J. P. Selecta 3031710: cinta de 1 m de lonxitude e 210 W de potencia empregada para elevar a temperatura do disolvente nos experimentos de captura/rexeneración en continuo.  Regulador electrónico J. P. Selecta Electemp-TFT: empregado como elemento de subministro e control da potencia da cinta calefactora.  Termómetro de contacto electrónico J. P. Selecta Sensoterm II 1001009: sensor indicador da temperatura e elemento de control en conxunto co equipo anterior, de ± 1ºC de precisión.  Bomba peristáltica J. P. Selecta Percom N-M: empregada como elemento impulsor do fluído nos experimentos de captura/rexeneración en continuo. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 21 de 83  Placa calefactora J. P. Selecta Agimatic – N: empregada como fonte de calor para a rexeneración do disolvente nos experimentos de captura/rexeneración en continuo.  Baños termostatizados J. P. Selecta Frigiterm: para arrefriar o disolvente nos experimentos de captura/rexeneración en continuo.  pH-metro Crison BasiC 20: empregado para a medida do pH cunha precisión de ± 0.01 trala rexeneración e arrefriamento do disolvente nos experimentos de captura/rexeneración en continuo.  Termómetro Delta OHM HD 2107.1: termómetro Pt100 de ± 0.01ºC de precisión empregado para medir a temperatura trala rexeneración e arrefriamento do disolvente nos experimentos de captura/rexeneración en continuo.  Estufa Binder FD-115: usado para secar o material de vidro empregado na elaboración das disolucións estudadas.  Espectrómetro de RMN Varian Mercury 300: para a obtención dos espectros recollidos no apartado “4.2. Estudos de Mecanismo de Reacción” que permiten a determinación dos diferentes mecanismos de reacción para a absorción de CO2 con cada disolvente. 3.2. METODOLOXÍA EN ESTUDOS DE ABSORCIÓN Os experimentos de absorción leváronse a cabo en réxime continuo respecto da fase gas e en batch respecto da fase líquida, tal e como se pode ver na montaxe representada na Figura 12. Figura 12. Montaxe para estudos de absorción: (1) bombona de CO2 (2) MC-5SLMP-D : controlador de caudal másico de CO2 á entrada do reactor (3) reactor de burbulleo de sección cadrada (4) conexión para toma de mostras (5) M-5SLMP-D: medidor de caudal másico de CO2 á saída do reactor (6) ordenador para o rexistro de datos e manexo do controlador. Como primeiro paso cárgase a columna de burbulleo (3) co disolvente cuxa capacidade para a absorción de CO2 se quere estudar; xa que durante este tipo de experimentos non se toman mostras, emprégase a conexión (4) para a carga do reactor ata acadar un volume de 900 mL de Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 28 de 83  Intercambiador de calor de tubos concéntricos (8): emprega como fluído quente auga a alta temperatura provinte dun dos baños termostatizados.  Columna de recheo con cinta calefactora eléctrica (9): o recheo cumpre a función de aumentar a mestura do fluído dentro deste equipo e reducir o volume de disolvente necesario para encher por completo a instalación. Neste equipo a calor é subministrada por unha cinta calefactora cun principio de funcionamento baseado no efecto Joule, e cuxa potencia eléctrica se auto-regula tendo en conta a diferenza entre a temperatura á saída da columna de recheo e o valor da temperatura de consigna introducida no controlador da mesma (10).  Columna de destilación vigreux : o propio contacto entre o disolvente que descende ata a caldeira por este equipo, en estado líquido, e o disolvente evaporado nela, propicia un ascenso da temperatura do disolvente que chega á caldeira. Trala rexeneración, o disolvente abandona a caldeira a elevada temperatura polo que, para levar a cabo a absorción, se debe arrefriar ata a temperatura ambiente, considerada de 25ºC; isto conséguese no intercambiador de calor de serpentín (15) que emprega como fluído frío auga refrixerada provinte dun dos baños termostatizados. Para a selección dos valores do caudal de líquido a estudar (QL, en mL·s-1), observouse a que tempos de experimento de absorción de CO2 (en batch para o líquido) se obtiveron os valores típicos de carga de CO2 cos que se adoita traballar neste tipo de procesos, normalmente comprendidos entre 0.3 e 0.4 mol CO2 (abs)·mol grupo amino-1 [34]; este valor do tempo, trasladado a un experimento en réxime continuo, dá lugar ao denominado tempo de residencia do líquido no reactor (  L, en s), e partindo deste tempo e do volume do disolvente no reactor (VR, en mL), pódese determinar o caudal de líquido segundo a ecuación (7):  R L L V Q   (7) A bomba peristáltica coa que se impulsa o disolvente permite só a regulación da velocidade de xiro do motor (  , en rpm), polo que se levou a cabo un calibrado da mesma para poder seleccionar de xeito directo o caudal de líquido desexado; a representación gráfica deste calibrado obsérvase na Figura 15. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 29 de 83 Figura 15. Calibrado da bomba peristáltica empregada nos experimentos de captura/rexeneración en continuo. Mediante os valores do pH do disolvente rexistrados antes da súa entrada na columna, empregando os axustes correspondentes (Figura 33, Figura 35 ou Figura 40 segundo se trate de MEA(50%) + DMEA(50%), MEA(83.3%) + DMEA(16.7%) ou DMEN respectivamente), pódese coñecer o valor da carga de CO2 do disolvente antes da absorción, é dicir, trala rexeneración (  tras rex). Para coñecer o valor da carga de CO2 trala absorción, isto é, antes da rexeneración (  antes rex) emprégase a ecuación (8) 9 :  · · AL antes rex tras rex RB N VC    (8) Coñecendo estes dous parámetros pódense obter a carga neta de CO2 acadada polo disolvente tralo seu paso pola columna (  columna) e a porcentaxe de rexeneración (%rex) mediante as ecuacións (9) e (10) respectivamente:  columna antes rex tras rex     (9)  % ·100 tras rex rex antes rex    (10) 9 Neste caso, a concentración do disolvente, CB, exprésase referida aos grupos amino, polo que no caso dunha disolución 0.3 M de DMEN, o valor de CB é 0.6 M. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 30 de 83 Seguindo esta metodoloxía lévanse a cabo os experimentos listados na Táboa 6: Táboa 6. Experimentos de captura/rexeneración en continuo realizados. Disolvente químico Concentración (M) QL (mL·s-1) QG (L·min-1) DMEN 0.3 1.59 0.130 0.230 0.330 1.19 0.130 0.230 0.330 0.79 0.130 0.230 0.330 MEA (50%) + DMEA (50%) 0.6 1.59 0.130 0.230 0.330 1.19 0.130 0.230 0.330 0.79 0.130 0.230 0.330 MEA (83.3%) + DMEA (16.7%) 0.6 1.59 0.130 0.230 0.330 1.19 0.130 0.230 0.330 0.79 0.130 0.230 0.330 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 31 de 83 4. RESULTADOS E DISCUSIÓN Xa que neste Traballo Fin de Máster se persegue o obxectivo de levar a cabo un estudo sobre o proceso de captura/rexeneración de CO2 por absorción en distintos disolventes químicos, entre eles unha diamina, cando se indica a concentración dun disolvente nos resultados obtidos, o valor estará referido á concentración en grupos amino do mesmo, indicándose a continuación a composición de dito disolvente 10 . 4.1. ESTUDOS DE ABSORCIÓN Tal e como se indicou no apartado “3.2. Metodoloxía en Estudos de Absorción”, os experimentos levados a cabo para o estudo da absorción de CO2 centran o seu interese na comprensión de como afectan no proceso tres parámetros:  Concentración dos disolventes empregados: cada disolvente estúdase a concentracións de grupo amino de 0.2, 0.6 e 1.2 M.  Caudal de CO2 alimentado: estúdase a absorción comunicando caudais de 0.330, 0.230 e 0.130 L·min-1 de CO2.  Natureza do disolvente: estúdanse disolventes de dúas naturezas distintas; alcanolaminas (MEA, DMEA e a mestura das mesmas) e unha diamina (DMEN). A absorción de CO2 empregando este tipo de disolventes químicos encádrase no réxime de reacción rápida respondendo, segundo a teoría de Danckwerts [35] á ecuación (11):  *2 · · · · L A A A B N aC k D C K (11) Sendo:  a : área interfacial gas-líquido.  * A C : solubilidade do CO2.  DA: difusividade do CO2.  k: constante cinética.  KL: coeficiente de transferencia de materia na fase líquida. Á súa vez, a área interfacial, a, é un parámetro xa caracterizado anteriormente en estudos hidrodinámicos realizados no reactor de burbulleo empregado neste Traballo Fin de Máster [17], 10 Por exemplo, para unha disolución acuosa de DMEN de concentración 1.2 M en grupos amino indicarase “CB=1.2 M (0.6 M DMEN)”, mentres que para unha disolución acuosa formada pola mestura de MEA e DMEA de concentración 1.2 M en grupos amino se indicará “CB=1.2 M (0.6 M MEA, 0.6 M DMEA)” no caso de que a composición sexa do 50% ou “CB=1.2 M (1.0 M MEA, 0.2 M DMEA)” no caso de que a composición sexa do 83.3% en MEA e do 16.7% en DMEA. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 32 de 83 [34], dependendo o seu valor de forma directamente proporcional á retención de gas (  G) e inversamente proporcional ao diámetro de burbulla (d ). Atendendo á ecuación (11) e aos estudos hidrodinámicos previos, pode verse que os tres principais parámetros que se estudan influirán directamente no proceso de absorción, previsiblemente da seguinte forma:  Un aumento na concentración de amina no disolvente, CB, provocará: o Un aumento directo do caudal molar de CO2 absorbido, NA, debido a unha maior dispoñibilidade de amina para reaccionar e polo tanto un aumento da velocidade de reacción entre o dióxido de carbono e a amina. o Un aumento do diámetro de burbulla, d, o que implica a redución da área interfacial gas-líquido, a, e polo tanto unha diminución do caudal molar de CO2 absorbido, NA. o Un aumento na viscosidade,  , que leva a un descenso do coeficiente de transferencia de materia na fase líquida, KL, e polo tanto á redución do caudal molar de CO2 absorbido, NA.  Un aumento do caudal de CO2 alimentado, QG, provocará: o Un aumento do diámetro de burbulla, d, o que implica a redución da área interfacial gas-líquido, a, e polo tanto unha diminución do caudal molar de CO2 absorbido, NA. o Un aumento da retención de gas,  G, que conduce a un incremento da área interfacial gas-líquido, a, e polo tanto a un aumento do caudal molar de CO2 absorbido, NA. o Un aumento do coeficiente de transferencia de materia na fase líquida, KL, que se traduce nun incremento do caudal molar de CO2 absorbido, NA. Como se indica, o aumento ou redución de calquera destes parámetros estudados ten efectos positivos e negativos sobre a absorción de CO2, polo que os estudos realizados neste Traballo Fin de Máster permitirán determinar cal destes efectos prevalece sobre os demais. Asemade, a propia natureza do disolvente inflúe sobre o proceso de absorción, existindo evidencias de que o uso de mesturas de aminas simples leva a un aumento da viscosidade do disolvente, dificultando así a transferencia de materia e polo tanto a reacción química [36]. Se ben isto é certo no rango de concentracións empregadas a nivel industrial, a caracterización das propiedades físicas dos reactivos empregados neste Traballo Fin de Máster [37] indica que no rango de concentracións estudadas (0.2, 0.6 e 1.2 M, referido a grupo amino), a viscosidade das Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 33 de 83 mesturas acuosas de MEA e DMEA é inferior á viscosidade das disolucións acuosas de DMEN, polo que, nun principio e atendendo exclusivamente ao efecto negativo do aumento da viscosidade sobre a transferencia de materia na fase líquida, as mesturas de MEA e DMEA deberían aportar mellores resultados para o seu uso na absorción de CO2. Ademais, realizáronse experimentos de absorción cos mesmos caudais de entrada de CO2 ao reactor empregando como fase líquida auga desionizada que, como se introduciu anteriormente, constitúe un disolvente físico, motivo polo cal nestes experimentos non existirá reacción química algunha, ou cando menos, será insignificante. 4.1.1. ABSORCIÓN DE CO2 EN AUGA DESIONIZADA Xa que as disolucións acuosas das distintas aminas estudadas se elaboran empregando auga desionizada, inicialmente leváronse a cabo experimentos de absorción de CO2 empregando como único disolvente a propia auga desionizada. Estes experimentos permiten establecer unha comparación entre un proceso de absorción puramente físico e un proceso de absorción con reacción química, representándose esta comparación na Figura 16. Figura 16. Comparación entre o uso de auga e o uso de disolventes químicos para a absorción de CO2 (QG=0.330 L·min-1): (○)CB=0 M (auga), (●)CB=0.2 M (0.1 M DMEN), (□)CB=0.2 M (0.1 M MEA + 0.1 M DMEA), (■)CB=0.2 M (0.17 M MEA + 0.03 M DMEA). Na Figura 16 represéntanse os valores experimentais do caudal molar de CO2 absorbido, NA, ao longo do tempo, para un caudal de CO2 alimentado ao reactor de 0.330 L·min-1 e para os distintos disolventes estudados a unha concentración de 0.2 M referida a grupos amino no caso Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 34 de 83 dos disolventes químicos. Tal e como se pode observar, a absorción é moito maior cando no proceso ten lugar unha reacción química, incluso a concentracións tan baixas, existindo ademais distintos comportamentos dependendo do composto que se trate, que se analizarán no apartado “4.1.6. Comparación de Resultados para os Distintos Disolventes”. 4.1.2. ABSORCIÓN DE CO2 EN MEA O uso de disolucións acuosas de MEA como disolvente químico para a absorción de CO2 representa a Mellor Técnica Dispoñible hoxe en día e o seu comportamento amósase na Figura 17, representándose tanto a evolución do caudal molar de CO2 absorbido (a) coma a variación da carga de CO2 (b). Figura 17. Absorción de CO2 (a) e carga de CO2 (b) en disolución acuosa de MEA (QG=0.330 L·min-1, CB=0.6 M MEA). En ambas representacións poden observarse tres zonas diferenciadas:  Dende o inicio do experimento ata aproximadamente os 900 s ten lugar unha absorción constante da totalidade do caudal de CO2 alimentado. Iso tradúcese nun rápido aumento de  (pendente elevada). Este comportamento suxire que a transferencia de materia é a etapa limitante do proceso.  No espazo de tempo comprendido entre os 900 e os 2800 s teñen lugar dous sucesos; inicialmente obsérvase unha gran caída repentina na absorción de CO2 (900 – 1300 s) pero posteriormente esta caída suavízase e o disolvente continúa a absorber CO2. Isto tradúcese como unha redución no aumento de  (redución da pendente). Estes cambios suxiren que a etapa limitante deixa de ser a transferencia de materia para pasar a ser a propia cinética química, debéndose isto a que a concentración de amina libre no disolvente se reduce durante a absorción que ten lugar anteriormente. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 35 de 83  Finalmente, para tempos superiores a 3000 s (aproximadamente) ata o final do experimento, a caída no valor de NA ten lugar de xeito gradual ata que o disolvente esgota a súa capacidade de captura de CO2. No análise de  pode verse que o aumento do seu valor prosegue, cada vez en menor medida, ata acadar un valor máximo e constante de 0.91 mol CO2·mol MEA-1. Esta tendencia na absorción é moi semellante á amosada na Figura 16 para o caso no que o disolvente era simplemente auga desionizada, suxerindo isto que o proceso que está a acontecer é unha absorción puramente física. 4.1.3. ABSORCIÓN DE CO2 EN DMEA O uso de disolucións acuosas de DMEA como disolvente químico para a absorción de CO2 ten un comportamento diferente ao amosado na Figura 17 para o uso de MEA no disolvente químico. De igual modo ca no apartado anterior, representándose tanto a evolución do caudal molar de CO2 absorbido (a) coma a variación da carga de CO2 (b) para o uso de disolucións acuosas de DMEA na Figura 18. Figura 18. Absorción de CO2 (a) e carga de CO2 (b) en disolución acuosa de DMEA (QG=0.330 L·min-1, CB=0.6 M DMEA). A diferenza do que acontecía para o uso de disolucións acuosas de MEA, estes experimentos divídense en soamente dúas zonas:  Dende o inicio do experimento ten lugar unha redución progresiva da absorción de CO2. Isto tradúcese como unha redución continuada no aumento de  (redución da pendente). Este cambio suxire que a etapa limitante deixa de ser a transferencia de materia para pasar a ser a propia cinética química, debéndose isto a que a concentración de amina libre no disolvente, tende a reducirse durante este período. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 42 de 83 4.1.6. COMPARACIÓN DE RESULTADOS PARA OS DISTINTOS DISOLVENTES Unha vez analizados os distintos procesos de absorción de CO2 con cada disolvente estudado de forma individual ou formando mesturas, cómpre establecer comparacións entre as distintas tendencias. MEA – DMEA Unha comparación máis directa do comportamento observado para a absorción de CO2 en disolucións acuosas de MEA fronte ao visto en disolución acuosa de DMEA é a representada na Figura 23, mostrándose tanto o caudal molar de CO2 absorbido (a) coma a evolución da carga de dióxido de carbono no disolvente (b) mediante a absorción de dióxido de carbono empregando unha alimentación de 0.330 L·min-1 de CO2 para as disolucións acuosas de MEA e DMEA de concentración 0.6 M. Figura 23. Influenza da composición do disolvente na absorción de CO2 (a) e na carga de CO2 (b) (QG=0.330 L·min-1): (○)0.6 M MEA, (●)0.6 M DMEA. Xa no inicio do experimento obsérvase que mentres que a disolución de amina primaria consegue capturar todo o CO2 alimentado, a disolución de amina terciaria só logra absorber pouco máis da metade do mesmo; esta diferenza no comportamento débese a que no primeiro caso a etapa limitante do proceso de absorción é a transferencia de materia, mentres ca no segundo limita a cinética de reacción. Ademais, a disolución de MEA mantén unha absorción constante no tempo para logo amosar unha caída abrupta (síntoma dun cambio no mecanismo de reacción), pero a absorción en disolución de DMEA decae de forma progresiva. Isto causa un cruce de ambas series aos aproximadamente 1200 s de experimento. O proceso de absorción continúa, decaendo o valor de NA en ambas disolucións de xeito progresivo, pero mentres que a absorción física comeza nos 3000 s para a amina primaria, posponse ata os 5000 s na amina terciaria. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 43 de 83 Estes cambios vense reflectidos tamén na evolución da carga de CO2, que amosa un crecemento continuo e máis lento na disolución de DMEA e presenta varios cambios na súa pendente para a disolución de MEA, facendo que ambas series se crucen aproximadamente nos 4000 s de experimento. Tal e como pode observarse atendendo ao valor de carga máxima alcanzado, a disolución de amina terciaria acada un maior valor de  que a disolución de amina primaria, pero este valor tarda mais en acadarse; isto concorda co esperado e permite concluír que a cinética de absorción é máis lenta para DMEA que para MEA, pero sendo a capacidade de captura de DMEA superior á da MEA. MEA – DMEA – MEA+DMEA (50%-50%) Co obxectivo de coñecer mellor o comportamento da mestura acuosa de MEA e DMEA no referente a canto se parece ou difire en comparación coas disolucións acuosas das aminas que a compoñen, na Figura 24 amósanse as diferentes tendencias no caudal molar absorbido (a) e na carga de CO2 acadada (b) nos experimentos de absorción de dióxido de carbono empregando unha alimentación de gas de 0.330 L·min-1 e mantendo constante unha concentración de 0.6 M en grupos amino en cada un dos disolventes, sendo na mestura un 50% dos mesmos grupos primarios e o 50% restante terciarios. Figura 24. Influenza da composición do disolvente na absorción de CO2 (a) e na carga de CO2 (b) (QG=0.330 L·min-1): (○)0.6 M MEA, (●)0.6 M DMEA (□)0.6 M (0.3 MEA + 0.3 DMEA). Tal e como se pode observar a tempos baixos de experimento, o comportamento da mestura non difire do observado para a disolución acuosa de MEA, absorbéndose todo o caudal de gas alimentado, sen embargo a posterior caída no valor de NA vese suavizada na mestura debido á presenza de DMEA, quedando esta a medio camiño entre a caída abrupta para disolucións de MEA e a baixada progresiva para a disolución de DMEA. O efecto da absorción física tarda en Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 44 de 83 manifestarse na mestura máis que na disolución de amina primaria e menos que na de amina terciaria, comezando nos 2800 s aproximadamente. Atendendo á evolución da carga de CO2, na Figura 24 (b), pode verse que a velocidade coa que aumenta  nos primeiros 1500 s é practicamente a mesma para a mestura que para a disolución acuosa de MEA, pero a posterior redución da pendente é menor para a mestura, sendo incluso superior á amosada pola disolución de DMEA. Isto fai que finalmente o valor máximo de carga de CO2 acadada pola mestura sexa un valor intermedio lixeiramente máis achegado ao da amina primaria pero que a velocidade coa que se acada dito valor sexa superior. MEA+DMEA (50%-50%) – MEA+DMEA (83.3%-16.7%) Na Figura 25 lévase a cabo unha comparación entre o caudal molar de CO2 absorbido (a) e a carga de CO2 do disolvente (b) para unha mestura acuosa equimolar de MEA e DMEA de concentración 0.6 M e para unha mestura acuosa de MEA e DMEA tamén 0.6 M pero con maior proporción de amina primaria ca de terciaria (83.3% de MEA fronte a 16.7% de MEA, no tocante aos grupos amino presentes no disolvente); en ambos casos, o caudal de gas alimentado foi de 0.230 L·min-1. Figura 25. Influenza da composición do disolvente na absorción de CO2 (a) e na carga de CO2 (b) (QG=0.230 L·min-1, CB=0.6 M): (○)0.3 M MEA + 0.3 DMEA, (●)0.5 M MEA + 0.1 M DMEA. Pode verse como para o disolvente cunha maior proporción de grupos amino primarios, a etapa inicial de absorción constante de todo o CO2 alimentado se estende máis no tempo, aínda que de forma non demasiado acusada. Posteriormente o valor de NA neste disolvente descende máis rapidamente ca no disolvente cunha proporción equimolar de grupos amino primarios e terciarios. Finalmente, a última etapa é similar para os dous disolventes, xa que se corresponde coa absorción física. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 45 de 83 Como pode comprobarse, o comportamento para ambas mesturas é similar, sen embargo, a mestura acuosa de MEA e DMEA con maior proporción de grupos amino primarios amosa unha tendencia con maior parecido á observada para a MEA (Figura 17), como era de esperar. O valor da carga de CO2 acadado é, en calquera dos casos, superior ao que se consegue con disolución acuosa de MEA da mesma concentración e inferior ao que se consigue con disolución acuosa de DMEA da mesma concentración, tal e como era de esperar. Sen embargo e aínda que no disolvente con menor proporción de DMEA se consegue un valor de  levemente inferior, a velocidade coa que aumenta a carga de CO2 é practicamente a mesma, polo que o principal beneficio das aminas primarias fronte ás terciarias se mantén nestas mesturas independentemente da súa composición. Isto suxire que, máis lonxe de sumárense os distintos mecanismos de reacción das aminas primarias e terciarias, existe a posibilidade de que un mecanismo afecte sobre o outro. DMEN – MEA+DMEA (50%-50%) Na Figura 26 lévase a cabo unha comparación entre o caudal molar de CO2 absorbido (a) e a carga de CO2 do disolvente (b) para unha disolución acuosa de DMEN 0.6 M (en grupos amino) e unha mestura acuosa equimolar de MEA e DMEA de concentración 0.6 M. Esta comparación permitirá extraer conclusións sobre a influenza de que os grupos amino que reaccionan co CO2 se atopen nunha mesma molécula ou en compostos separados. Figura 26. Influenza da composición do disolvente na absorción de CO2 (a) e na carga de CO2 (b) (QG=0.230 L·min-1, CB=0.6 M): (○)0.3 M DMEN, (●)0.3 M MEA + 0.3 M DMEA. A etapa inicial de absorción constante de todo o CO2 alimentado presenta aproximadamente a mesma duración en ambos disolventes, feito que se traduce en que a velocidade de absorción inicial (velocidade á que aumenta  ), é similar para ambos disolventes. Sen embargo, o valor de NA para a disolución acuosa de DMEN cae posteriormente de forma Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 46 de 83 moito máis acusada ata que comeza a absorción física, mentres que para o caso da mestura acuosa de MEA e DMEA se produce unha primeira caída rápida en pouco tempo, para posteriormente descender de xeito leve ata que comeza a absorción unicamente física. Comparando os valores máximos de  para os dous disolventes pode verse como para no caso de DMEN se acada unha carga de CO2 notablemente inferior á acadada coa mestura acuosa de MEA e DMEA, feito que suxire que na diamina non se estaría levando a cabo unha reacción efectiva para a captura de dióxido de carbono por parte dos dous grupos amino existentes. De feito, os valores da carga de CO2 parecen indicar que a estequiometría global do proceso de absorción de dióxido de carbono para a mestura acuosa de MEA e DMEA, no caso dunha conversión do 100%, é de 1:1 (definida como mol CO2:mol grupo amino) mentres que se aproxima a unha estequiometría 1:2 no caso do uso de DMEN. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 47 de 83 4.2. ESTUDOS DE MECANISMO DE REACCIÓN Tal e como se comentou no apartado “3.3. Metodoloxía en Estudos de Mecanismo de Reacción” empregouse a espectrometría de resonancia magnética nuclear (de carbono e hidróxeno) para o análise da evolución de reactivos e produtos no seo da fase fluída a medida que se produce a absorción de CO2. Para isto e como primeiro paso analizáronse os sinais obtidos para as moléculas empregadas para a formulación dos disolventes a ser empregados como absorbente químico de CO2. Figura 27. Espectros de 13C das moléculas empregadas para a formulación dos disolventes químicos empregadas no presente estudo. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 48 de 83 Ditos espectros son os amosados na Figura 27 xunto á estrutura das moléculas analizadas e a información sobre o desprazamento químico dos carbonos analizados mediante a espectrometría de 13C. No caso da MEA, obsérvanse dous sinais correspondentes aos distintos átomos de carbono a distintos desprazamentos químicos (  =63.4 ppm e  =42.7 ppm). No caso da análise de disolucións acuosas de DMEA obsérvanse 3 tipos de sinais diferenciadas que indican que na molécula existen dous átomos de carbono de iguais características, que precisamente son aqueles unidos ao átomo de nitróxeno, cun  =45.2 ppm, mentres que os outros dous tipos se observan a  =60.0 ppm e  =60.8 ppm. No presente estudo analizouse o uso de mesturas destas dúas aminas (MEA + DMEA) polo que tamén se levou a cabo o espectro para estas moléculas presentes de forma conxunta nun mesmo disolvente; neste caso pódese observar a suma dos sinais previamente indicados nos outros dous espectros inicialmente analizados, sen que se observe solapamento de sinais. Por último, tamén se levou a cabo a análise do uso de DMEN observándose ao igual que no caso da DMEA, a presenza de tres tipos de átomos de carbono; un dos tipos inclúe dous átomos de carbono de iguais características (  =38.0 ppm) e os outros dous tipos, cun átomo de carbono cada un, desprazamentos químicos  =60.5 ppm e  =44.0 ppm. 4.2.1. MECANISMO DE REACCIÓN DE MEA Entrando máis en profundidade na análise do mecanismo de reacción en base aos produtos formados durante a absorción química de dióxido de carbono empregando os distintos disolventes previamente descritos, comezouse polo caso máis coñecido, como é o uso de disolucións acuosas de monoetanolamina (MEA), o cal foi analizado en profundidade nun estudo previo do grupo de investigación no que se realizou o presente Traballo Fin de Máster [13]. Un exemplo dos espectros obtidos para as mostras tomadas do reactor gas-líquido a distintos tempos mentres se produce a absorción de CO2 amósase na Figura 28. Analizando estes espectros obsérvase a presenza dun sinal novo (en comparación co espectro previamente comentado na Figura 27 para a disolución acuosa de MEA) a un desprazamento químico de  =165.6 ppm (sinal e ). Este sinal asígnase ao carbono correspondente ao carbamato de acordo a estudos previos [38], [39]. Tamén se observa a presenza de sinais duplicados nas proximidades dos carbonos de MEA (sinais a - b e c - d ), atopándose estes lixeiramente modificados no seu desprazamento químico debido ao equilibrio existente entre amina e amina protonada, non distinguible pola técnica analítica. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 49 de 83 Figura 28. Espectros de 13C correspondentes a un experimento de absorción de CO2 en disolución acuosa de MEA [13]. Espectros MEA  0.05 0.10 0.15 0.19 0.23 a b c d e d e b c a d e b c a c a d e b d b a e c Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 50 de 83 Figura 28. Espectros de 13C correspondentes a un experimento de absorción de CO2 en disolución acuosa de MEA (continuación) [13]. Espectros MEA  0.38 0.45 0.57 0.63 0.77 d b a e c b c d a e b c d a e f b f c d a e b f c d a e Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 51 de 83 Á vista dos resultados obtidos mediante espectrometría de resonancia magnética nuclear obsérvase que nun primeiro momento o produto formado pola reacción de MEA e CO2 é o carbamato da MEA. Os espectros obtidos a cargas de CO2 maiores (tempos de experimento maiores) amosan o mesmo tipo de sinais, concluíndo polo tanto que o mecanismo de reacción está centrado principalmente na formación do carbamato, sendo a relación estequiométrica deste tipo de reacción de 2:1 (mol CO2 : mol MEA). Este comportamento obsérvase claramente durante unha parte importante do experimento de absorción ata acadar un valor de carga de CO2 de aproximadamente 0.6 mol CO2·mol grupo amino-1. Unha vez acadado ese valor aparece un novo sinal (f ) a un  =161.6 ppm, que se asigna ao carbono presente na molécula de ión bicarbonato. Este sinal correspondente ao bicarbonato debe ser analizado coidadosamente, porque o equilibrio bicarbonato-carbonato pode modificar o desprazamento químico de dito sinal debido a cambios no valor do pH. A aparición deste composto a tempos de operación elevados está relacionado coa inestabilidade do carbamato, que pode sufrir hidrólise xerando amina e ión bicarbonato. Este cambio no mecanismo de reacción pode ter efectos sobre a velocidade de absorción, como se observa na Figura 17, cunha atenuación da caída, debido a que se están xerando moléculas de amina pola hidrólise do carbamato, que poden reaccionar de novo co CO2. Este comportamento perdura ata o final do experimento, observándose a presenza de ambos produtos de reacción (carbamato e bicarbonato). Á vista dos resultados, o mecanismo de reacción que se propuxo en estudos previos é o que se amosa na Figura 29. Figura 29. Mecanismo de reacción para a absorción química de CO2 en disolucións acuosas de MEA. HO NH2 O OHO NH O -O HO NH3+ H2O HO NH2 + + + O- OHO O- O- O + H+ a b a b c e d a b ff 2 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 58 de 83 reacción), buscando chegar a conclusións de interese sobre as causas polas que se observan melloras no proceso de absorción química de CO2. Figura 34. Espectros de 13C correspondentes a un experimento de absorción de CO2 en disolución acuosa de mestura de MEA (83.3%) + DMEA (16.7%) 11 . 11 Non se identifica cada sinal cunha letra xa que se observan os mesmos sinais ca no experimento levado a cabo coa mestura acuosa equimolar de MEA e DMEA (Figura 32). Espectros MEA+DMEA (17%-83%)  0.03 0.09 0.27 0.51 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 59 de 83 Figura 34. Espectros de 13C correspondentes a un experimento de absorción de CO2 en disolución acuosa de mestura de MEA (83.3%) + DMEA (16.7%) (continuación). O comportamento observado en liñas xerais e similar ao previamente obtido e discutido empregando mesturas equimolares de MEA e DMEA. O principal cambio no comportamento é que a aparición do ión bicarbonato, ben por hidrólise do carbamato da MEA ou por reacción do CO2 con DMEA, prodúcese a tempos e cargas de CO2 maiores (  0.79), debido probablemente á maior concentración de MEA. Espectros MEA+DMEA (17%-83%)  0.68 0.79 0.89 0.91 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 60 de 83 En relación ao mecanismo xeral de reacción, compre indicar que a estequiometría e similar aos experimento empregando a mestura equimolar, xa que se alcanzan valores de carga moi semellantes, que indican que o produto maioritariamente e ión bicarbonato. Por outra banda, a evolución do pH na disolución o longo do experimento (Figura 35) e tamén semellante á da mestura de MEA e DMEA cunha proporción molar do 50%. Figura 35. Variación do pH (a) e relación carga-pH (b) para a absorción de CO2 en disolución acuosa (QG=0.330 L·min-1, CB=0.6 M - 0.5 M MEA + 0.1 M DMEA). 4.2.4. MECANISMO DE REACCIÓN DE DMEN Unha vez analizados os distintos mecanismos de reacción presentes na absorción química de CO2 en disolucións acuosas de MEA, DMEA e mesturas destas, abórdase o estudo deste proceso empregando disolucións acuosas de DMEN. A Figura 36 amosa os espectros de RMN de 13C, observándose no primeiro de ditos espectros os sinais correspondentes á diamina pura ( j , k e l ), sen reaccionar, pero a medida que evoluciona no tempo de operación obsérvase a duplicación de sinais (m , n e o ), e aínda que a campo baixo non aparece ningún sinal a 165 ppm, pódese concluír que se está formando carbamato, ao igual que se concluíu no caso dos estudos con mesturas de aminas (Figura 32) analizados previamente. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 61 de 83 Figura 36. Espectros de 13C correspondentes a un experimento de absorción de CO2 en disolución acuosa de DMEN. Espectros DMEN  0.03 0.08 0.13 0.17 0.24 j k l m n o p j k l n o m l j k n o m l j k n o m l j k p Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 62 de 83 Figura 36. Espectros de 13C correspondentes a un experimento de absorción de CO2 en disolución acuosa de DMEN (continuación). Espectros DMEN  0.45 0.54 0.58 0.59 0.59 o l j k m p n f o l j m k n p j k l p o m f n m n l o j k p f m n l o j k p f Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 63 de 83 Este mesmo tipo de sinais obsérvase durante unha parte importante do experimento, aparecendo posteriormente o sinal (p) a aproximadamente  165 ppm, confirmando a formación de carbamato. Á vista dos espectros, pódese concluír que existe unha clara preferencia do CO2 polo grupo primario da diamina, debido a que soamente aparece carbamato na maior parte do experimento. Só a etapas moi avanzadas, concretamente cando se acada unha carga de 0.54 mol CO2·mol grupo amino-1 (92% da carga total acadada ó remate do experimento) se observa a presenza dun sinal (f ) con desprazamento químico próximo a  161 ppm que se correspondería coa existencia do ión bicarbonato, e que coexiste durante o resto do proceso de absorción. Atendendo ao mecanismo de reacción, non se pode confirmar se a formación do ión bicarbonato se debe á hidrólise do carbamato do grupo amino primario ou ben se se debe á reacción directa do grupo terciario da diamina coa auga e o dióxido de carbono. A Figura 37 amosa o esquema dun posible mecanismo de reacción baseado nas conclusións dos estudos de especiación para aminas individuais ou para a mestura das mesmas. Figura 37. Posible mecanismo de reacción para a absorción química de CO2 en disolucións acuosas de DMEN. Pero os espectros amosados na Figura 36 indican a práctica inexistencia da reacción co grupo terciario da DMEN, xa que a presenza do ión bicarbonato é pequena, pois aparece cando a absorción química concluíu practicamente. O feito de que o bicarbonato apareza cando a carga de H2N N O O + O- OHO O- O- O + H+ H O O + H2N +HN + H2N N+ O O HN N -O O +H3N N+ H2N N + 2 Reacción del grupo primario Reacción del grupo terciario j k lm n l j k l l o p o j k l l f f j k l l l l j k H2O Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 64 de 83 CO2 acada un valor de 0.54 mol CO2·mol grupo amino-1 indica a baixa concentración do mesmo e polo tanto una estequiometría global 2:1 (mol DMEN:mol CO2). Por estes motivos, é máis probable que a orixe do bicarbonato radique na hidrólise do carbamato, debido ás altas concentracións que se acadan deste composto na parte final do experimento. Figura 38. Reaccións involucradas no mecanismo de reacción para a absorción química de CO2 en disolucións acuosas de DMEN. Na Figura 38 propóñense unha serie de reacción principais que tratan de explicar o comportamento obtido nos espectros de RMN mostrados na Figura 36 para a absorción de dióxido de carbono en DMEN. En base a ditos espectros, asúmese que a reacción principal é a incorporación de CO2 en forma de carbamato no grupo amino primario da molécula de DMEN. Como se mostra na primeira reacción, isto implica que un dos grupos amino debe ser protonado; este grupo amino pode ser da mesma molécula ou doutra e pode ser tanto un grupo primario coma un secundario, xa que os datos da constante de disociación (Ka) non permiten concluír o grupo que se protonaría preferentemente. Tamén pode acontecer que o protón cambie de grupo amino H2N N+ O O HN N -O O +H3N N+ 2j k lm n l j k l l o p o +H3N N j k l lH2N +HN j k l l H2N +HN j k l l + O O HN +HN -OO m n o p o HN N -O O m n o p o + H2N +HN j k l l HN +HN -O O m n o p o H2N N + j k l l HN N -O O m n o p o ++H3N N j k l l HN +HN -O O m n o p o H2N N + j k l l O- OHO H O O H2N +HN +f j k l l HN +HN -O O m n o p o+ Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 65 de 83 tanto na mesma molécula como cara outra molécula e tanto no grupo primario coma no secundario. O mesmo sucedería no caso da protonación do grupo terciario, unha vez que o carbamato xa está formado. Por último, a derradeira reacción mostrada na Figura 38 mostra a hidrólise do carbamato do grupo amino primario para dar bicarbonato. Segundo indican os espectros de RMN previamente comentados, esta última reacción prodúcese nun baixo grao. Atendendo a todas estas conclusións obtidas en base aos estudos de RMN en concordancia cos estudios de absorción no reactor de burbulleo, proponse como mecanismo de reacción global o indicado na Figura 39, no que o resultado final é a formación do carbamato no grupo amino primario da diamina, mentres que o grupo terciario non reacciona coa auga e o dióxido de carbono (xa que non se observa a formación de ión bicarbonato ata o final do experimento), senón que remata protonándose. Ao final do experimento e cando a concentración de ión carbamato é elevada prodúcese unha lixeira hidrólise deste composto, formándose ión bicarbonato e deixando libre o grupo amino primario de DMEN. Figura 39. Mecanismo de reacción global proposto para a absorción química de CO2 en disolucións acuosas de DMEN. A maiores do propio estudo de especiación empregando espectrometría de RMN, tal e como se fixo para as mesturas de MEA e DMEA, levouse a cabo un seguimento do pH, representándose a súa variación ao longo do experimento na Figura 40 (a). Do mesmo xeito, O- OHO H2N N+ O O HN +HN -O O H2N +HN + j k lm n l o p o j k l l f H2O Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 66 de 83 establécese a relación carga-pH, representada na Figura 40 (b), que se empregará nos experimentos de captura/rexeneración en continuo para poder coñecer a carga de CO2 do disolvente trala súa rexeneración. Tal e como se pode comprobar na Figura 40 (a), a medida que se produce a absorción de CO2, o pH tende a valores máis ácidos, sen embargo o comportamento difire do observado para as mesturas de MEA e DMEA, pois aprécianse tres seccións diferenciadas en lugar de dúas: ao comezo do experimento o pH acidifícase rapidamente dende un valor de 12.0 ata 10.2 aproximadamente, para posteriormente reducirse a intensidade desta variación ata valores de pH próximos a 7.0 e posteriormente reducirse ata un valor próximo a 6.2 de xeito moi atenuado. Figura 40. Variación do pH (a) e relación carga-pH (b) para a absorción de CO2 en disolución acuosa (QG=0.330 L·min-1, CB=0.6 M - 0.3 M DMEN). Tal e como se concluíu a través dos espectros da Figura 36, o gran descenso inicial no valor do pH corresponderíase coa formación de carbamato mediante a reacción do CO2 co nitróxeno primario, pois a valores de pH de 10.4, que se corresponden cun valor de  =0.17 mol CO2·mol grupo amino-1 segundo a Figura 40 (b), é cando se detecta por vez primeira o sinal (p ) a aproximadamente  165 ppm, un valor de desprazamento químico característico do carbamato de MEA. A posterior variación do pH, moito máis atenuada, podería deberse tanto á hidrólise do carbamato, coma á reacción do CO2 co nitróxeno terciario, xa que en ambos procesos se liberaría bicarbonato que establecería un equilibrio bicarbonato – carbonato unicamente dependente do pH do medio; este comportamento sería explicable, en certa forma, mediante calquera dos dous posibles mecanismos de reacción propostos, sen embargo a aparición do sinal (f ), posiblemente correspondente ao ión bicarbonato, tradúcese nun impacto no pH considerablemente maior que o que ten lugar nos experimentos realizados con MEA, DMEA ou mesturas das mesmas. Ao contrario do que acontecía para as mesturas de MEA e DMEA, a relación carga-pH representada Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 67 de 83 na Figura 40 (b), describe un comportamento diferente ao observado para o caudal absorbido de CO2 en disolución acuosa de DMEN (Figura 22), debido tamén ao diferente comportamento do pH co transcurso do experimento. 4.2.5. COMPARACIÓN DE RESULTADOS PARA OS DISTINTOS DISOLVENTES Á vista dos diferentes mecanismos de reacción propostos conclúese que, mentres que a MEA segue o mecanismo típico das aminas primarias baseado na formación de carbamato. Neste caso, a formación deste composto sufre un proceso posterior de hidrólise en tempos avanzados do experimento de absorción de CO2 dando lugar o equilibrio bicarbonato-carbonato. Por outra banda, a DMEA segue un mecanismo propio de aminas terciarias, como era de esperar, no que se forma única e exclusivamente bicarbonato que establecerá un equilibrio con carbonato, desprazándose o equilibrio cara un ou outro composto en función do pH do medio. Tal e como se esperaba, as mesturas de MEA e DMEA amosaron a presenza de ámbolos dous compostos: carbamato e bicarbonato-carbonato; sen embargo observouse unha clara preferencia da reacción de CO2 pola amina primaria fronte á terciaria, formándose inicialmente carbamato de MEA en ausencia total de bicarbonato-carbonato producido pola amina terciaria (DMEA), para hidrolizarse practicamente por completo a tempos de experimento máis avanzados, dando lugar unicamente a bicarbonato-carbonato. É dicir, o uso de disolucións de MEA e DMEA dá lugar a un carbamato máis inestable ca o uso de MEA de forma individual, feito que permitiría métodos de rexeneración alternativos á vía térmica [24]. No referente ao uso de disolución acuosa de DMEN para a absorción de CO2, o mecanismo de reacción proposto é moito mais complicado no que se relaciona coa protonación dos grupos amino. Claramente a reacción do dióxido de carbono co grupo primario é preferente (como sucedía no caso do uso de mesturas a aminas), pero pódese producir a protonación de calquera dos grupos amino, tanto dunha molécula que xa formou carbamato, como dunha molécula de DMEN. O mecanismo global tende a formar o carbamato no grupo amino primario e a protonar o terciario. O carbamato formado é moito máis estable que o xerado coas mesturas ou usando MEA pura en disolución acuosa. Este feito, que se observa pola pouca cantidade de bicarbonato formado e por unha carga de CO2 baixa, é coherente cunha estequiometría 2:1 (mol CO2:mol grupo amino). Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 74 de 83 Figura 45. Valores medios nos estados estacionarios para o proceso de captura e rexeneración de CO2 en continuo en disolución acuosa (CB=0.6 M - 0.3 M DMEN): (○) QG=0.330 L/min CO2 e QL=1.59 mL/s, (□) QG=0.230 L/min CO2 e QL=1.59 mL/s, (◊) QG=0.130 L/min CO2 e QL=1.59 mL/s, (○) QG=0.330 L/min CO2 e QL=1.19 mL/s, (□) QG=0.230 L/min CO2 e QL=1.19 mL/s, (◊) QG=0.130 L/min CO2 e QL=1.19 mL/s, (○) QG=0.330 L/min CO2 e QL=0.79 mL/s, (□) QG=0.230 L/min CO2 e QL=0.79 mL/s, (◊) QG=0.130 L/min CO2 e QL=0.79 mL/s. Coma nos casos anteriores, tanto os cambios no caudal de líquido coma as variacións do caudal de gas inflúen sobre a absorción de CO2. Co fin de analizar cada unha destas influenzas por separado, na Figura 46 (a) represéntase o valor medio de NA acadado no estado estacionario, para cada caudal de líquido e en función do caudal de gas alimentado, independentemente do tempo do experimento. Figura 46. Dependencia do caudal absorbido de CO2 (a) e da capacidade de rexeneración do disolvente (b) cos caudais de líquido e de CO2 alimentados para o sistema de captura e rexeneración de CO2 en continuo para a disolución acuosa (CB=0.6 M - 0.3 M DMEN): (○) QL=1.59 mL·s-1, (●) QL=1.19 mL·s-1 e (□) QL=0.79 mL·s-1. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 75 de 83 Un aumento no caudal de CO2 alimentado leva, coma en todos os casos anteriores analizados, ao ascenso de NA independentemente da velocidade á que o líquido circule pola instalación. En canto á influenza do caudal de disolvente, non se consegue observar tampouco unha tendencia clara do seu efecto na absorción (os maiores caudais de CO2 absorbidos obsérvanse a un caudal medio de líquido na instalación, de 1.19 mL·s-1, mentres que para os valores máis baixos de NA se reparten entre as experiencias con caudais de líquido baixos e altos (0.79 e 1.59 mL·s-1, respectivamente). Por este motivo, na representación da Figura 46 (a), móstrase cada valor medio de NA (obtido para cada caudal de gas alimentado) coas liñas representativas do erro na medida. Como acontecía para os experimentos levados a cabo con mestura acuosa de MEA e DMEA 0.6M en proporción equimolar, todas as liñas se solapan nunha zona pola que pasa a representación do valor medio de NA obtido para cada caudal de gas alimentado, feito que denota que a influenza do caudal de líquido no proceso de absorción é pouco clara e probablemente insignificante. Pola contra, e coincidindo co obtido en experimentos con mesturas, si se observan tendencias claras do efecto de cada un dos caudais estudados na porcentaxe de rexeneración por vía térmica, representada na Figura 46 (b). En canto ao caudal de CO2 alimentado, pode verse que un aumento do mesmo causa, para todos os caudais de líquido empregados, unha peor rexeneración do disolvente (coma no caso anterior, tamén se está a absorber unha maior cantidade de CO2, feito que podería posiblemente cause esta peor rexeneración). En canto ao caudal de disolvente, un aumento do mesmo mellora, para todos os caudais de CO2 de entrada empregados, a rexeneración térmica. Neste caso e a diferenza do visto coas mesturas acuosas de MEA e DMEA, a capacidade de rexeneración térmica si mostra unha relación proporcional ao caudal de líquido alimentado, obténdose as mellores rexeneracións para o caudal de líquido de 1.59 mL·s-1, os valores intermedios para 1.19 mL·s-1 e as peores rexeneracións para 0.79 mL·s-1. Debido a isto, as diferenzas na capacidade de rexeneración en continuo acadadas foron de aproximadamente un 10% entre cada caudal de líquido estudado, coa excepción da variación entre o caudal medio e o caudal alto para un QG de 0.230 L·min-1 onde se acada unha diferenza lixeiramente superior. 4.3.3. COMPARACIÓN DE RESULTADOS PARA OS DISTINTOS DISOLVENTES Á vista dos diferentes comportamentos observados para as mesturas acuosas de MEA e DMEA e a disolución acuosa de DMEN, e co obxectivo de establecer unha mellor equiparación entre a posible actuación dos mesmos nunha instalación de captura de CO2 por absorción e rexeneración do disolvente en continuo, comparáronse distintos parámetros clave en dita operación como son a carga de CO2 coa que o disolvente abandona a caldeira onde ten lugar a rexeneración térmica, na Figura 47 (a), a carga de CO2 adquirida polo disolvente durante o seu Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 76 de 83 paso pola columna de burbulleo, na Figura 47 (b) ou a porcentaxe de rexeneración do disolvente por vía térmica na caldeira, na Figura 48. Figura 47. a) Dependencia de a) carga de CO2 á entrada da columna e b) carga neta en columna, co caudal de CO2 alimentado para o sistema de captura e rexeneración de CO2 en continuo para as distintas disolucións acuosas estudadas (CB=0.6 M, QL=0.79 M),: (○) 0.3 M DMEN, (●) 0.3 M MEA + 0.3 M DMEA, (□) 0.5 M MEA + 0.1 M DMEA. Tal e como amosa a Figura 47 (a), a diferenza entre a carga de CO2 coa que os distintos disolventes abandonan a caldeira é moi salientable, roldando os valores de 0.25 – 0.28 mol CO2/mol grupo amino para a disolución acuosa de DMEN e ascendendo ata valores de 0.38 – 0.44 mol CO2/mol grupo amino para as mesturas acuosas de MEA e DMEA. Isto podería estar ligado a que no proceso de absorción que ten lugar na columna de burbulleo o disolvente baseado na diamina adquirise unha carga de dióxido de carbono inferior (quizais debido ao mecanismo de reacción) á adquirida polas mesturas, sen embargo, na Figura 47 (b) pode verse que a carga neta de CO2 adquirida no reactor é similar para os tres disolventes estudados, sendo inclusive inferior para a mestura acuosa de MEA e DMEA cun 83.3% de grupos amino primarios. Isto, xunto coa comparación da Figura 48 que amosa a porcentaxe de rexeneración conseguida con cada disolvente, deixa en evidencia unha mala rexeneración térmica do disolvente formado pola disolución acuosa de DMEN, indicativo de que a absorción química está a xerar compostos termicamente máis estables (probablemente carbamatos). Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 77 de 83 Figura 48. Dependencia do capacidade de rexeneración do disolvente co caudal de CO2 alimentado para o sistema de captura e rexeneración de CO2 en continuo para as distintas disolucións acuosas estudadas (CB=0.6 M, QL=0.79 mL/s): (○) 0.3 M DMEN, (●) 0.3 M MEA + 0.3 M DMEA, (□) 0.5 M MEA + 0.1 M DMEA. Existe unha diferenza dun ~18% entre a capacidade de rexeneración da mesturas acuosa equimolar de MEA e DMEA e a disolución acuosa de DMEN, que se mantén practicamente constante independentemente do caudal de CO2 que se alimente ao sistema. Pola contra, a diferenza entre a rexeneración acadada pola mestura acuosa de MEA e DMEA con relación equimolar e a mestura con maior proporción de amina primaria amosa certas variacións, reducíndose progresivamente co aumento do caudal de gas alimentado, pasando unha diferenza do ~9% a unha do ~3%. En todo caso, a mestura acuosa cun 83.3% de grupos aminos procedentes de MEA e un 16.7% procedentes de DMEA consegue acadar as maiores porcentaxes de rexeneración. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 78 de 83 5. CONCLUSIÓNS A partir dos resultados obtidos nos diferentes experimentos e análises que foron realizados no presente Traballo Fin de Máster, obtéñense varias conclusións relacionadas coa absorción de CO2 nos diferentes disolventes químicos estudados. Ademais, tralos distintos experimentos de captura/rexeneración en continuo obtéñense conclusións de grande interese sobre o proceso global, máis equiparable ao que supoñería unha implantación deste tipo de sistemas nun entorno industrial. 5.1. ABSORCIÓN DE DIÓXIDO DE CARBONO Mediante a comparación dos resultados obtidos nos diferentes experimentos de absorción de CO2, chégase á conclusión de que a presenza de calquera das aminas estudadas no disolvente contribúe de maneira positiva á captura de CO2, polo que os procesos de absorción química presentan maior utilidade ca os de absorción física. A cinética de absorción de CO2 da amina terciaria empregada, DMEA, é máis lenta que a mostrada pola amina primaria MEA, sen embargo as disolucións acuosas de DMEA acadan valores de carga máxima de CO2 lixeiramente superiores ca MEA. O estudo das mesturas acuosas destas dúas aminas amosa resultados prometedores: mentres que se mantén unha cinética de absorción rápida similar á da amina primaria, o valor da carga máxima de CO2 ascende debido á presenza da amina terciaria; ademais, estes efectos positivos consérvanse ao diminuír a proporción de amina terciaria na mestura, mentres que os cambios na cinética de absorción e na carga de CO2 son moi reducidos. O uso de disolucións acuosas de DMEN para a absorción de CO2 dá resultados peores en comparación coas mesturas acuosas de MEA e DMEA, presentando unha cinética de absorción similar aínda que lixeiramente máis lenta e unha carga máxima de CO2 notablemente inferior. Sen embargo, atendendo aos datos bibliográficos para propiedades físicas do disolvente como serían a súa viscosidade ou densidade [37], o traballo con disolventes máis concentrados (como acontecería no ámbito industrial) podería supoñer un empeoramento da absorción de CO2 con mesturas de aminas, facendo que o uso da diamina puidese levar a melloras no proceso; para chegar a unha conclusión máis acertada neste aspecto precisaríanse levar a cabo comparacións adicionais de absorción con disolventes máis concentrados. En calquera dos casos estudados, un aumento da concentración de amina no disolvente implica un aumento do CO2 capturado, concluíndo que se debería de traballar a concentracións de amina elevadas. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 79 de 83 O caudal de gas alimentado inflúe de maneira importante no proceso de absorción para todos os disolventes estudados, xa que canto maior sexa o caudal de CO2 alimentado ao reactor menor será o tempo necesario para absorber a mesma cantidade de CO2; este efecto está directamente relacionado co aumento da área interfacial, ligado a unha maior retención de gas no reactor. Polo tanto, o uso de caudais elevados de CO2 representa unha vantaxe fronte ao uso de caudais baixos, sempre e cando non se exceda o seu valor, pois caudais demasiado elevados poderían favorecer fenómenos de coalescencia ou fusión de burbullas, diminuíndo así a área interfacial e porén a absorción de CO2. 5.2. MECANISMOS DE REACCIÓN DA ABSORCIÓN DE DIÓXIDO DE CARBONO Tralos estudos de especiación realizados mediante espectrometría RMN de 13C e 1H conseguiuse determinar o mecanismo de reacción para os procesos de absorción coas distintas aminas estudadas. A disolución acuosa de MEA presenta unha estequiometía inicial 2:1 (mol CO2:mol MEA) causada pola formación de carbamato, composto que se volve inestable a tempos de operación e a valores de carga de CO2 elevados e hidrolizándose para formar bicarbonato. Este feito fai que a estequiometría global poda considerarse próxima a 1:1 tendo en conta as dúas reacción en serie. A disolución acuosa de DMEA presenta unha estequiometría 1:1 (mol CO2:mol DMEA) representativa da formación de bicarbonato como único produto da reacción do CO2 coa amina en disolución acuosa. Este tipo de estequiometría e mecanismo de reacción xustifica a maior carga de CO2 que se acada con este disolvente. A mestura acuosa de MEA e DMEA presenta un mecanismo de reacción que se pode entender coma a combinación dos mecanismos individuais mostrados por MEA e DMEA por separado, pero conducindo a unha estequiometría global 1:1 (mol CO2:mol grupo amino); deste xeito, a reacción do CO2 con MEA toma maior importancia a tempos de operación baixos, promovendo así a formación de carbamato, mentres que a tempos medios e altos se produce a formación de bicarbonato froito da combinación da reacción do CO2 coa DMEA en disolución acuosa e da hidrólise do carbamato xerado inicialmente, que practicamente desaparece do disolvente ao rematar a absorción. O feito de que o carbamato desapareza case por completo suxire que se poderían empregar métodos de rexeneración distintos do térmico [24]. A disolución acuosa de DMEN presenta un comportamento máis complexo, pero conclúese que o mecanismo de reacción global tende a unha estequiometría 2:1 (mol CO2:mol grupo amino) que indica a formación de carbamato por reacción do CO2 co grupo amino primario e a protonación do grupo terciario. O carbamato formado é moito máis estable que o xerado coas mesturas acuosas de MEA e DMEA ou usando MEA pura en disolución acuosa. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Memoria Páxina 80 de 83 Se ben este feito fai que non se poidan empregar métodos de rexeneración non convencionais, a alta estabilidade do carbamato podería resultar interesante para procesos de síntese de produtos nos cales o carbamato fose unha materia prima de partida. 5.3. REXENERACIÓN DE DISOLVENTES QUÍMICOS Mediante a comparación dos resultados obtidos nos diferentes experimentos de absorción de CO2 e rexeneración do disolvente en continuo chégase á conclusión de que, mentres que a carga neta CO2 na columna é similar para os tres disolventes estudados, a mestura acuosa de MEA e DMEA con maior proporción de amina primaria acada, independentemente do caudal de gas alimentado ou da velocidade á que o disolvente circula pola instalación, unha mellor rexeneración empregando a vía térmica; isto concorda coa tendencia amosada en datos bibliográficos [36] pola cal a presenza dunha maior proporción de DMEA causa unha peor rexeneración. A mala rexeneración térmica da disolución acuosa de DMEN é coherente coas conclusións extraídas nos experimentos de especiación por RMN, onde se viu que durante a absorción de dióxido de carbono con esta diamina ten lugar a produción dun carbamato máis estable ca o formado na reacción do CO2 coa MEA, que ademais finalmente tende a derivar na produción de tampón carbonato-bicarbonato. Non se puido establecer ningunha conclusión clara sobre a influenza do caudal de líquido no proceso de absorción de CO2 en continuo, pero si se observou que o aumento deste causa un aumento na capacidade de rexeneración de calquera dos disolventes empregados. En canto ao caudal de dióxido de carbono alimentado ao reactor, un aumento do mesmo conduce a un aumento do caudal de CO2 absorbido, pero diminúe a capacidade de rexeneración do disolvente. Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 1 de 34 ANEXO I – FICHAS DE SEGURIDADE Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 2 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 3 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 4 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 5 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 6 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 7 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 14 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 15 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 16 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 17 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 18 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 19 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 20 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 21 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 22 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 23 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 30 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 31 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 32 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 33 de 34 Abel Muñiz Mouro Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de CO 2 Anexo I – Fichas de Seguridade Páxina 34 de 34