scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Dimensión en álxebra e xeometría

Montaña Fernández, Pablo

Abstract

As variedades alxébricas son os subconxuntos do espazo afín determinados por un sistema de ecuacións polinómicas. A falta dun análogo do teorema da función inversa provoca que a noción de dimensión neste tipo de conxuntos requira a introdución de nocións de dimensión no contextodos aneis conmutativos. O obxectivo deste traballo é analizar as propiedades que debe verificar unha definición de dimensión neste ámbito e estudar a dimensión de Krull como definición apropiada. Veremos varios resultados que nos brinda, como se aplica ao caso das variedades alxébricas e distintas caracterizacións que a relacionan con outros aspectos xeométricos.

Full text

Traballo Fin de Grao Dimensión en álxebra e xeometría Pablo Montaña Fernández Xullo, 2022 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Dimensión en álxebra e xeometría Pablo Montaña Fernández Xullo, 2022 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Traballo proposto Área de Coñecemento: Álxebra Título: Dimensión en álxebra e xeometría Breve descrición do contido As variedades alxébricas son os subconxuntos do espazo afín definidos por un sistema de ecuacións polinómicas. A falta dun análogo do teorema da función inversa provoca que a noción de dimensión neste tipo de conxuntos requira a introdución de nocións de dimensión no contexto dos aneis conmutativos. O traballo abordará o estudo das posibles nocións de dimensión en aneis conmutativos. Tamén se abordará a conexión entre dimensión e grao de trascendencia mediante o teorema de normalización de Noether. Explorarase a conexión entre a álxebra e a xeometría: ecuacións fronte a proxeccións lineares. Recomendacións Ter un bo coñecemento das materias Estruturas e Ecuacións Alxébricas. Outras observacións iii Índice Resumo viii Introdución xi 1. Preliminares 1 1.1. Aneisnoetherianos................................... 1 1.2. Localización....................................... 2 1.3. Aneisartinianos..................................... 3 1.4. Elementosnilpotentes ................................. 5 1.5. Dependenciaenteira .................................. 5 2. Variedades alxébricas 7 2.1. Anellocal........................................ 11 2.2. Morfismos entre variedades . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 3. Unha “boa” definición de dimensión 15 4. Dimensión de Krull 19 5. Número de ecuacións e dimensión 25 5.1. Teorema do Ideal Principal de Krull . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26 5.2. AplicaciónsdoTIP................................... 28 v vi ÍNDICE 6. Primeira caracterización. Normalización de Noether 33 7. Segunda caracterización. Polinomio de Hilbert 39 7.1. Aneis graduados e filtracións . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 39 7.2. Funcións de Hilbert-Samuel . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42 Bibliografía 47 2 1. Preliminares Proposición 1.5. Sexa Anoetheriano e Iun ideal en A. Entón o conxunto de ideais primos de Aminimais sobre Ié finito. Teorema 1.6 (Teorema da base de Hilbert).Se Aé noetheriano, entón o anel de polinomios A[x]é noetheriano. Corolario 1.7. Se Aé noetheriano, tamén o é A[x1, ... , xn]. Demostración. Inmediato por indución en nusando o isomorfismo de aneis A[x1, ... , xn+1]∼ = A[x1, ... , xn][xn+1]. O resultado é tamén certo para álxebras finitamente xeradas sobre un anel noetheriano. Corolario 1.8. Se Bé unha álxebra finitamente xerada sobre un anel noetheriano A, entón B é noetheriano. Demostración. Por ser Bfinitamente xerada sobre A,B∼ =A[x1, ... , xn]/I para algún ideal Ien A. Por 1.4 e 1.7 Bé noetheriano. 1.2. Localización O seguinte proceso de localización recibe o seu nome pola posibilidade que nos brinda de estudar as variedades alxébricas “preto” dun punto, como veremos no seguinte capítulo. Definición 1.9. Sexan Aun anel, Mun A-módulo e U⊂Aun conxunto mulitplicativamente pechado. Definimos a localización de Men U, denotado U−1Mou M[U−1], como o conxunto de clases de equivalencia (m, u)∈M×U/ ∼dado pola relación (m, u)∼(m′, u′)se existe v∈U tal que v(u′m−um′)=0. A clase de equivalencia (m, u)denótase m/u. É inmediato dotar a M[U−1]de estrutura de A-módulo coa suma e produto por escalar análogos ao caso de fraccións habituais. Da definición de ideal primo dedúcese que se P⊂Aé primo, A−Pé un conxunto multiplicativamente pechado (se f, g /∈Pentón fg non pode estar en P). A localización de Asobre tal conxunto denótase por AP. O conxunto de elementos I={a/u ∈AP|a∈P}forman un ideal maximal de AP, e este é o único ideal maximal de AP, é dicir, APé un anel local. A seguinte proposición descríbenos como son os ideais da localización A[U−1]con respecto ao anel A. Isto daranos unha ferramenta útil para traballar máis adiante no eido xeométrico. A aplicación i:A→A[U−1]denota a inclusión natural a7→ a/1. 1.3. Aneis artinianos 3 Proposición 1.10. 1. Todo ideal I⊂A[U−1]verifica I=i−1(I)A[U−1]. Polo tanto, a aplicación I7→ i−1(I)do conxunto de ideais de A[U−1]no conxunto de ideais de Aé inxectiva. Preserva as inclusións, interseccións e a primalidade. 2. Un ideal J⊂Aé da forma i−1(I)para algún ideal Ide A[U−1]se e só se J=i−1(JA[U−1]), caso que se dá se e só se cada elemento u∈Ué un non-divisor de cero módulo J. En particular, I7→ i−1(I)é unha bixección entre os primos de A[U−1]e os primos de Acon A∩U=∅. Observación 1.11.No caso da localización de Asobre un ideal primo P, o segundo apartado da proposición anterior danos unha correspondencia bixectiva entre os primos de APe os primos Q de Atales que Q∩(A−P) = ∅, é dicir, os primos de Acontidos en P. Dado un ideal Q⊂P, denotaremos por QP:= QAPao ideal primo de APcorrespondente. En xeral, dado un ideal I⊂Pnon necesariamente primo, é inmediato que IP:= IAPé un ideal en APe empregaremos a mesma notación. Dado un anel A= 0, sexa S⊂Ao subconxunto (multiplicativamente pechado) de elementos non-divisores de cero de A. A localización de Asobre S,A[S−1], recibe o nome de anel total de fraccións de Ae denotarémolo por Q(A). 1.3. Aneis artinianos Existe unha condición dual á de ser noetheriano: que toda cadea descendente de ideais sexa estacionaria. Isto dá lugar aos aneis artinianos: Definición 1.12. Un anel Adise artiniano se toda cadea descendente de ideais en Aé estacionaria. Os aneis artinianos, pese a ter unha definición análoga aos noetherianos, non verifican as mesmas propiedades. De feito, son un tipo moi particular de aneis noetherianos. Pero antes de enunciar o teorema que o amosa cómpre introducir varias definicións sobre módulos. Definición 1.13. Dado un módulo M, chámase cadea de submódulos de Ma unha sucesión de submódulos M=M0⊋M1⊋··· ⊋Mr. Unha cadea deste tipo dise que ten lonxitude r. Definición 1.14. Unha cadea de submódulos de Mdise que é unha serie de composición de M se é unha cadea maximal, no sentido de que non se pode insertar de xeito estrito outro submódulo na cadea. 4 1. Preliminares O seguinte resultado afírmanos que toda serie de composición ten a mesma lonxitude. Teorema 1.15 (Jordan-Hölder).Se un módulo Mten unha serie de composición de lonxitude r, entón toda serie de composición de Mten lonxitude r. Definición 1.16. Defínese a lonxitude dun módulo Mcomo a lonxitude dunha serie de composición de M. Se non ten ningunha serie de composición dise que Mten lonxitude ∞. A lonxitude dun módulo é unha xeralización da dimensión dun espazo vectorial. Estamos agora en condicións de enunciar o seguinte teorema. A demostración pode verse en [1, pp. 32-34]. Teorema 1.17. Sexa Aun anel. As seguintes condicións son equivalentes: 1. Aé noetheriano e todo ideal primo en Aé maximal. 2. Aé de lonxitude finita como R-módulo. 3. Aé artiniano. Se se verifican estas condicións, entón Aten un número finito de ideais maximais. Os aneis artinianos, como veremos no Capítulo 3, xogarán un papel fundamental nas condicións de finitude de variedades alxébricas. Rematamos esta sección con dúas consecuencias do anterior teorema que nos serán útiles na demostración do Teorema do Ideal Principal de Krull. Corolario 1.18. Sexa Aun anel noetheriano e Mun A-módulo finitamente xerado. As seguintes condicións son equivalentes: 1. Mé de lonxitude finita. 2. Existen P1, ... , Prideais maximais en Atales que Qr i=1 Pianiquila M. 3. Todos os ideais primos que conteñen a ann(M)son maximais. 4. A/ann(M)é un anel artiniano. Corolario 1.19. Sexa Iun ideal dun anel noetheriano A. Se Pé un ideal primo que contén a I, son equivalentes: 1. Pé minimal entre os ideais primos que conteñen a I. 2. RP/IPé artiniano. 3. Na localización RPverifícase Pr P⊂IPpara rsuficientemente grande. 1.4. Elementos nilpotentes 5 1.4. Elementos nilpotentes Un elemento adun anel Adise nilpotente se existe r > 0tal que ar= 0. Proposición 1.20. O conxunto Nde elementos nilpotentes dun anel Aé un ideal, e A/N non ten elementos nilpotentes distintos de 0. O ideal Nrecibe o nome de nilradical de A. Un anel dise reducido se non ten elementos nilpotentes distintos de 0, polo que Ared := A/N é un anel reducido para calquera anel A. Proposición 1.21. O nilradical de Aé a intersección de todos os ideais primos de A. Corolario 1.22. Sexa A= 0 un anel cun número finito de ideais primos minimais, P1, ... , Ps. Entón o nilradical de AéTs i=1 Pi. Ademais, Ss i=1 Pisó contén divisores de cero e se Aé reducido, Ss i=1 Pié o conxunto de todos os divisores de cero de A. Sexa agora Iun ideal de A. Defínese o radical de Icomo rad I={a∈A|ar∈Ipara algún r > 0}. Se π:A→A/I é o homomorfismo canónico, temos que rad I=π−1(N), onde Né o nilradical de A/I, e polo tanto rad Ié un ideal. Proposición 1.23. O radical dun ideal I⊂Aé a intersección de todos os ideais primos de A que conteñen a I. Demostración. Aplicar a proposición anterior a A/I. Proposición 1.24. Se Mé un A-módulo finitamente xerado e Ié un ideal de A, entón rad(ann(M/IM)) = rad(I+ann M). En particular, se Aé un anel local con ideal maximal m, entón M/IM ten lonxitude finita se e só se (I+ann M)⊃mnpara un nsuficientemente grande. 1.5. Dependencia enteira Lembremos que se Bé unha A-álxebra, un elemento b∈Bdise enteiro sobre Ase é raíz dun polinomio mónico con coeficientes en A. Proposición 1.25. Sexan A⊂Baneis. Son equivalentes: 6 1. Preliminares 1. b∈Bé enteiro sobre A. 2. A[b]é un A-módulo finitamente xerado. 3. A[b]está contido nun subanel Cde Btal que Cé un A-módulo finitamente xerado. Demostración. Véxase [3, p. 66]. Proposición 1.26. Sexa Aun anel e Jun ideal do anel de polinomios A[x]. Sexa B:= A[x]/J. Entón Bé un A-módulo finitamente xerado se e só se Jcontén un polinomio mónico. Definición 1.27. Oradical de Jacobson dun anel A, denotado J(A), é a intersección de todos os ideais maximais de A. Proposición 1.28 (Lema de Nakayama).Sexa Aun anel, I⊂J(A)un ideal contido no radical de Jacobson e Mun A-módulo finitamente xerado. Verifícase: 1. Se IM =M, entón M= 0. 2. Se as imaxes de m1, ... , mr∈Men M/IM xeran M/IM como A-módulo, entón m1, ... , mr xeran Mcomo A-módulo. Os seguintes dous resultados son esencialmente consecuencia do lema de Nakayama. Proposición 1.29 (Teorema do ascenso).Supoñamos que A⊂Bé unha extensión enteira de aneis −é dicir, todos os elementos de Bson enteiros sobre A−. Entón, dado un ideal primo P en A, existe un primo Qen Btal que P=Q∩A. Ademais, se Ié un ideal en Bverificando I∩A⊂P, o anterior ideal Qpode tomarse de xeito que conteña a I. Proposición 1.30 (Incomparabilidade).Se A⊂Bé unha extensión enteira de aneis, calquera dous ideais primos de Bdistintos coa mesma intersección con Ason incomparables. Capítulo 2 Variedades alxébricas Neste capítulo introducimos o obxecto xeométrico central do noso estudo: as variedades alxébricas. Veremos a súa definición, algunhas propiedades, e a relación que teñen con certos ideais do anel de polinomios. Esta relación entre variedades e ideais, dada polo Teorema dos Ceros de Hilbert (Nullstellensatz, polo seu nome en alemán) permitiranos traballar no marco da álxebra conmutativa para acadar resultados con aplicacións xeométricas. Ademais, construiremos o anel de coordenadas dunha variedade, o cal garda unha íntima relación coa variedade en si. Dado un polinomio f∈K[x1, ... , xn]podemos considerar unha función f:Kn→Kdo n-espazo afín Knno corpo K; a imaxe de cada punto (a1, ... , an)vén dada substituíndo en fos xipolos ai. As funcións deste tipo reciben o nome de funcións polinómicas e se Ké infinito, polinomios distintos definen funcións distintas (só o polinomio identicamente nulo se pode anular para todo Kn). Polo tanto, podemos ver o anel de polinomios K[x1, ... , xn]como o anel de funcións polinómicas en Kn. As variedades alxébricas serán subconxuntos do espazo afín que anulan un certo conxunto de funcións polinómicas. Definición 2.1. Dado un subconxunto S⊂K[x1, ... , xn]de funcións polinómicas, podemos asociarlle un subconxunto do espazo afín V(S) := {(a1, ... , an)∈Kn|f(a1, ... , an)=0 ∀f∈S}, que recibe o nome de variedade alxébrica (afín). Observación 2.2.Dise afín para diferencialo do caso proxectivo. Ao longo deste traballo, se non se especifica o contrario, referirémonos sempre a variedades alxébricas afíns. Observación 2.3.Se Ié o ideal xerado por Sen K[x1, ... , xn], tense que V(S) = V(I). En efecto, os polinomios de Ison da forma Pgificon gi∈K[x1, ... , xn]efi∈S, polo que os puntos que anulan os polinomios de Sanulan os polinomios de I. A inclusión recíproca é trivial. Polo 7 8 2. Variedades alxébricas tanto na definición de V(S)podemos intercambiar Spolo ideal que xera. Como K[x1, ... , xn] é noetheriano, o ideal Ié finitamente xerado, é dicir, existen polinomios f1, ... , fmtales que I= (f1, ... , fm)e así podemos ver V(I)como o conxunto de solucións do sistema de ecuacións polinómicas fi(x1, ... , xn) = 0 (i= 1, ... , m) Exemplos 2.4. Se K=R: Figura 2.1: Cúbica nodal, V(y2−x3−x2)⊂R2Figura 2.2: V(xz, yz)⊂R3 As variedades alxébricas cumpren as seguintes propiedades inmediatas: 1. V(0) = KneV(K[x1, ... , xn]) = ∅, polo que ∅eKnson variedades alxébricas. 2. Se {Iα}é unha familia arbitraria de ideais tense que TαV(Iα) = V(SαIα), e así a intersección arbitraria de variedades é unha variedade. 3. Se {Ii}n i=1 é unha familia finita de ideais e Qn i=1 Iié o seu produto, tense que Sn i=1 V(Ii) = V(Qn i=1 Ii), polo que a unión finita de variedades é unha variedade. Polo tanto, as variedades alxébricas son os pechados dunha topoloxía sobre Kn, a cal recibe o nome de topoloxía de Zariski. Nos casos K=Rou Ctense que esta topoloxía é moito menos fina que a topoloxía usual. Definición 2.5. Se Vé unha variedade alxébrica, unha subvariedade de Vé unha variedade alxébrica contida en V. Se Vnon se pode expresar como unión de subvariedades non vacías e contidas estritamente en V, dise que Vé unha variedade alxébrica irreducible. Observación 2.6.Algúns autores reservan o termo variedade para o caso irreducible e denominan conxunto alxébrico ao que nós definimos como variedade alxébrica. 9 Unha subvariedade de Vdise compoñente irreducible de Vse é maximal entre as subvariedades irreducibles. Empregando o lema de Zorn e o Teorema da Base de Hilbert é inmediato probar o seguinte feito: Proposición 2.7. Toda variedade alxébrica é unión finita de compoñentes irreducibles. Se ademais esiximos que ningunha compoñente esté contida noutra, esta descomposición é única. Do xeito “recíproco” ao feito previamente, a cada subconxunto do espazo afín podemos asociarlle un ideal do anel de polinomios: dado X⊂Kn, definimos I(X) := {f∈K[x1, ... , xn]|f(a1, ... , an)=0 ∀(a1, ... , an)∈X}, que certamente é un ideal en K[x1, ... , xn]. Podemos así construír para cada X⊂KnaK-álxebra finitamente xerada A(X) := K[x1, ... , xn]/I(X), que recibe o nome de anel de coordenadas de X. Pode identificarse co anel de funcións polinomicas en X, pois dous polinomios f, g ∈K[x1, ... , xn]definen a mesma función en Xse toman o mesmo valor para cada punto de X, é dicir, se f−g∈I(X). O teorema fundamental da álxebra vincula álxebra e xeometría ao afirmar que todo polinomio nunha variable sobre C(un obxecto alxébrico) está univocamente determinado, salvo produto por unha constante, polo conxunto das súas raíces (un obxecto xeométrico). O seguinte teorema, debido a Hilbert, xeraliza esta idea a ideais radicais de polinomios en varias variables. Teorema 2.8 (Teorema dos Ceros de Hilbert).Sexa Kun corpo alxebricamente pechado. Se I⊂K[x1, ... , xn]é un ideal, entón I(V(I)) = rad I. Como consecuencia, existe unha correspondencia biunívoca entre as variedades alxébricas do nespazo afín e os ideais radicais de K[x1, ... , xn]. Demostración. 1. Forma débil: se V(I) = ∅entón I= (1). Supoñamos que I= (1) e tomemos mun ideal maximal contendo a I. Temos entón que K:= K[x1, ... , xn]/mé un corpo e polo tanto (lema de Zariski, [3]) Ké unha extensión alxébrica de K. Por ser Kalxebricamente pechado, K=K. Entón, para cada xiexiste un ai∈Ktal que xi−ai∈m, logo (x1−a1, ... , xn−an)⊂me por ser (x1−a1, ... , xn−an) maximal (como veremos máis adiante) tense m= (x1−a1, ... , xn−an)e así (a1, ... , an)∈ V(m)⊂V(I)polo que V(I)=∅. 2. Teorema dos Ceros. 10 2. Variedades alxébricas Supoñamos g∈IV (I)e tomemos J:= I+ (xn+1g−1) ⊂K[x1, ... , xn, xn+1]. Dado P∈V(J) = V(I)∩V(xn+1g−1), temos por un lado que P∈V(I)polo que g(P) = 0 e así xn+1g−1evaluado en Pé−1. Por outro lado, P∈V(xn+1g−1) e polo tanto xn+1g−1evaluado en Pé0, chegando así a unha contradición. Temos entón que V(J) ten que ser vacío e aplicando a forma débil sabemos que J= (1). Tomemos f1, ... , fr∈ K[x1, ... , xn]xeradores de I. Entón, como 1∈J= (f1, ... , fr) + (xn+1g−1), temos que 1 = Pr i=1 ai(x1, ... , xn+1)fi+b(x1, ... , xn+1)(xn+1g−1), onde os aiebson polinomios en K[x1, ... , xn+1]. Facendo o cambio de variable y= 1/xn+1 e multiplicando por unha potencia o suficientementa grande de ypara quitar denominadores obtemos yN= r X i=1 ci(x1, ... , xn, y)fi+d(x1, ... , xn, y)(g−y) e substituíndo gpor ytemos que gN=Pr i=1 ci(x1, ... , xn, g)fi∈Ipolo que g∈rad I. Reciprocamente, se 0=g∈rad Ientón existe Ntal que gN∈I. Dado P∈V(I), temos que gN(P)=0polo que g(P)=0e así g∈I(V(I)). Podemos ir máis aló nesta correspondencia: os ideais primos correspóndense con variedades irreducibles. Este feito é consecuencia directa do teorema anterior e do seguinte resultado: Proposición 2.9. Unha variedade alxébrica Vé irreducible se e só se I(V)é un ideal primo. Demostración. Procederemos en ambas implicacións por redución ao absurdo. Supoñamos que existen polinomios f1, f2/∈I(V)tales que f1f2∈I(V). Entón V⊂V(f1, f2) = V(f1)∪V(f2), polo que V= (V∩V(f1)) ∪(V∩V(f2)) e como fi/∈I(V),V∩V(fi)⊊VeVnon sería irreducible. Reciprocamente, supoñamos que V=V1∪V2con Vi⊊V. Entón I(V)⊊I(Vi)e se tomamos fi∈I(Vi)−I(V)temos que f1f2∈I(V), polo que I(V)non sería primo. En particular, se Ké alxebricamente pechado, temos unha correspondencia biunívoca entre os ideais primos (en particular radicais) de K[x1, ... , xn]e as variedades irreducibles do n-espazo afín. Ademais podemos determinar cales son os ideais maximais. Notemos primeiro que dado un punto p= (a1, ... , an)∈Kntemos que I(p) = mp:= (x1−a1, ... , xn−an). En efecto, é obvio que mp⊂I(p), e como pasar ao cociente K[x1, ... , xn]/mpconsiste en identificar as variables xi cos escalares aitemos K[x1, ... , xn]/mp∼ =Ke así mpé maximal, de onde mp=I(p). Só nos falta ver que todos os ideais maximais son desta forma. Tomemos entón un ideal maximal men K[x1, ... , xn]. En particular é un ideal radical, e polo teorema 2.8 temos I(V(m)) = m. Pero se 2.1. Anel local 11 p∈V(m), entón m=I(V(m)) ⊂I(p) = mp e pola maximalidade de mtemos que m=mp. Rematamos de demostrar entón o seguinte resultado: Proposición 2.10. Se Ké alxebricamente pechado, existe unha correspondencia biunívoca entre as variedades alxébricas do n-espazo afín e os ideais radicais de K[x1, ... , xn]na que as variedades irreducibles se corresponden con ideais primos e os puntos con ideais maximais. Esta correspondencia tamén se pode particularizar para corresponder as subvariedades dunha variedade dada Vcos ideais radicais do seu anel de coordenadas A(V) = K[x1, ... , xn]/I(V). Unha vez máis, as subvariedades irreducibles de Vcorrespóndense con ideais primos de A(V)e os puntos con ideais maximais. Ao longo deste traballo, aínda que moitos dos resultados se poden xeralizar para corpos arbitrarios, Kfará referencia a un corpo alxebricamente pechado salvo mención expresa. 2.1. Anel local Un dos obxectos fundamentais da topoloxía son as veciñanzas locais dun punto. Moitos resultados que atinxen a espazos topolóxicos poden reducirse ao caso local para facilitar a súa resolución. No eido alxébrico, haberá certos casos nos que nos interesará averiguar as propiedades dunha variedade alxébrica V“preto” dun punto p∈V. Se consideramos a topoloxía de Zariski, as veciñanzas abertas de pen Vserán conxuntos da forma V−W, sendo Wunha subvariedade de Vque non contén ao punto p. Como nos interesan veciñanzas arbitrariamente “pequenas”, precisamos que Wsexa “grande”, polo que podemos supoñer que Westá formado polos puntos que anulan unha única función polinómica fque non se anula en p, é dicir, que W=V(f)con f(p)= 0. A cuestión radica en que V−Wpode verse como unha variedade alxébrica de Kn+1 contida en Vpor proxección (ver [6], pp. 58,59), e o seu anel de coordenadas A(V−W)obtense engadindo a A(X)unha inversa multiplicativa de f. Polo tanto, se a A(X)lle engadimos inversos multiplicativos de todas as funcións polinómicas que non se anulan en p, obtemos un novo obxecto alxébrico que reúne en certo modo as características locais de Ven p. É o que se denomina anel local da variedade Ven p. Este feito xeométrico motiva a definición do proceso de localización que víamos no capítulo anterior. De feito, podemos xustificar a definición dada de anel local dunha variedade nun punto: se A(V)é o anel de coordenadas de VeP⊂A(V)é o ideal de funcións polinómicas que se 18 3. Unha “boa” definición de dimensión Capítulo 4 Dimensión de Krull Neste capítulo presentamos a definición moderna de dimensión dun anel: a dimensión de Krull, proposta polo matemático alemán Wolfgang Krull coa motivación xeométrica de definir a dimensión dunha variedade alxébrica. Desenvolveremos varios resultados que nos brinda esta definición e xustificaremos a súa correcta elección como definición de dimensión probando xa algúns dos axiomas enunciados no capítulo anterior. Definición 4.1. Adimensión de Krull dun anel Aé o supremo das lonxitudes rde cadeas de ideais primos I0⊊I1⊊··· ⊊Ir en A. Denotarase por dim A. Definición 4.2. Se Ié un ideal en A, defínese a dimensión de Icomo a dimensión de A/I. Observación 4.3.Definir deste xeito a dimensión dun ideal ten a seguinte explicación xeométrica: o análogo da dimensión de Krull para variedades alxébricas sería definila como o supremo das lonxitudes de cadeas de subvariedades (non baleiras) irreducibles. De feito, isto xa nos é familiar no caso dos espazos vectoriais, os cales teñen como dimensión (vectorial) a lonxitude da cadea máis longa posible de subespazos propios. Como ademais, no caso de traballar sobre un corpo alxebraicamente pechado, as subvariedades irreducibles dunha variedade Vse corresponden cos ideais primos do seu anel de coordenadas A(V), tense que a dimensión (como variedade) de Vé igual á dimensión (como anel) de A(V). Polo tanto, se I(V)⊂K[x1, ... , xn]é o ideal correspondente a Vparece natural definir a súa dimensión como a dimensión de V, é dicir, a dimensión como anel de A(V) = K[x1, ... , xn]/I(V). A anterior observación lévanos á seguinte definición. Definición 4.4. Se Vé unha variedade alxébrica afín, defínese a dimensión de Vcomo dim V:= dim A(V) 19 20 4. Dimensión de Krull Exemplos 4.5. 1. Os únicos ideais dun corpo Kson 0eK, polo que dim K= 0. 2. Se A= 0 é un dominio de ideais principais que non é corpo entón dim A= 1. En efecto, existe un elemento irreducible a∈Alogo 0⊂(a)=Aé unha cadea de ideais primos de lonxitude 1. Ademais, se (q)⊂(p)son ideais primos non nulos, tense que qé irreducible e que pdivide a q, logo peqson asociados e (p)=(q). É dicir, non hai cadeas máis longas de ideais primos ca as de lonxitude 1. 3. K[x]eZson dominios de ideais principais e non son corpos, polo que dim K[x] = 1 = dim Z. Definición 4.6. Dado un ideal primo Ien A, defínese a codimensión de I(ou altura ou rango) como a dimensión do anel local AI. Denotarase como codim I. Observación 4.7.Se Inon é primo, defínese codim Icomo o mínimo das codimensións dos ideais primos que conteñen a I. Proposición 4.8. Se Ié un ideal primo en A,codim Icoincide co supremo das lonxitudes das cadeas de ideais primos descendendo dende I. Demostración. Por 1.10 sabemos que as cadeas de ideais primos de AIse corresponden con cadeas de ideais primos de Aque non intersecan a A−I, é dicir, que están contidos en I. Este feito permítenos probar xa que a dimensión de Krull satisface o Axioma 1. Corolario 4.9 (Axioma 1).Dado un anel A,dim A=supI∈Spec(A)dim AI. Demostración. Pola proposición anterior sabemos que dim AIé o supremo das lonxitudes das cadeas de ideais primos en Adescendendo dende I, logo dim A≥dim AIpara todo ideal primo I. Se dim A=∞existen cadeas de lonxitude arbitraria. Polo tanto, calquera que sexa k∈N existe un ideal primo Je unha cadea de ideais primos I0⊊I1⊊··· ⊊Is=J con k < s ≤dim AJ, e así supI∈Spec(A)dim AI=∞. Se dim A=ré finito, tense que existe unha cadea de ideais primos I0⊊I1⊊··· ⊊Ir polo que dim A=r≤dim AIre así dim A=máxI∈Spec(A)dim AI. Aproveitamos este momento para demostrar tamén o segundo dos axiomas, o cal é consecuencia inmediata da definición. 21 Proposición 4.10 (Axioma 2).Se Ié un ideal nilpotente dun anel A, entón dim A=dim A/I. Demostración. Como Ié un ideal nilpotente, en particular cada elemento de Ié nilpotente. Sexa Pun ideal primo de A. Se f∈I, existe ntal que fn= 0 ∈Pe por ser Pprimo temos que f∈P. Polo tanto, todo ideal primo de Acontén a Ie así temos unha correspondencia bixectiva que conserva a orde entre os ideais primos de Ae os ideais primos de A/I, obtendo o resultado. Existe unha relación moi próxima entre os aneis artinianos e os aneis de dimensión nula. De feito, os aneis noetherianos de dimensión cero son precisamente aqueles que son artinianos (xa viramos que todo anel artiniano é noetheriano). Isto ten unha aplicación xeométrica directa pois vainos permitir caracterizar as variedades alxébricas finitas. Os seguintes dous resultados son consecuencia do teorema 1.17: Corolario 4.11. Sexa Vunha variedade alxébrica sobre K. Son equivalentes: 1. Vé un conxunto finito. 2. A(V)é un espazo vectorial sobre Kde dimensión (vectorial) o número de puntos de V. 3. A(V)é artiniano. Demostración. 1⇒2: Sexa V={v1, ... , vs}. Como A(V)é o anel de funcións polinómicas en V, temos que A(V)∼ =A(v1)×···×A(vs). Agora ben, cada función polinómica con dominio unitario correspóndese cun único elemento de Ke viceversa, polo que A(vi)∼ =Ke así A(V)∼ =Ksé un espazo vectorial sobre Kde dimensión s, o número de puntos de V. 2⇒3: Un ideal de A(V)é en particular un K-subespazo vectorial de A(V). Como A(V)ten dimensión finita como K-espazo vectorial, toda cadea descendente de subespazos estaciona, polo que toda cadea descendente de ideais tamén estaciona. 3⇒1: Se A(V)é artiniano, o teorema 1.17 asegúranos que ten un número finito de ideais maximais. Como os maximais de A(V)se corresponden cos puntos de V, temos que Vé finito. Corolario 4.12. Se Aé noetheriano, dim A= 0 se e só se Aé artiniano. Demostración. Un anel de dimensión 0é un anel no que toda cadea de ideais primos ten lonxitude 0, é dicir, un anel no que todo ideal primo é maximal. Neste caso, como Aé noetheriano, o teorema 1.17 asegúranos que esa condición é equivalente a ser artiniano. Polo tanto, como o anel de coordenadas dunha variedade é noetheriano (é unha álxebra finitamente xerada sobre un corpo) estes dous últimos resultados permítennos caracterizar as variedades alxébricas finitas: 22 4. Dimensión de Krull Proposición 4.13. Unha variedade alxébrica é finita se e só se ten dimensión 0. Rematamos este capítulo probando o Axioma 3 presentado no capítulo anterior. Proposición 4.14. Sexa ψ:A→Bun homomorfismo de aneis que fai de Bunha extensión enteira sobre A. Entón calquera ideal primo de Acontendo ao núcleo de ψé a imaxe recíproca dun ideal primo de B. Ademais, se Ié un ideal de B, entón dim I=dim ψ−1(I) Demostración. Sexa Pun ideal primo en Acontendo a ker ψ. Pola correspondencia natural entre ideais de Acontendo a ker ψe ideais de A/ker ψ, e polo isomorfismo A/ker ψ∼ =ψ(A), podemos facer abuso de linguaxe e denotar por Aa súa imaxe por ψen B. Como A⊂Bé unha extensión enteira, podemos aplicar a proposición 1.29 para deducir que existe un ideal primo Qen Btal que P=Q∩Ade onde P=Q∩A, é dicir, P=ψ−1(A). Para ver a igualdade das dimensións, dado un ideal Ien B, supoñamos que temos unha cadea de ideais primos en Aascendendo dende ψ−1I. Polo argumento anterior e a segunda parte da proposición 1.29, podemos construír unha cadea de ideais primos en Bascendendo dende Ide xeito que cada un deles teña como imaxe recíproca un dos ideais da cadea en A. Polo tanto dim (I)≥dim ψ−1(I). Por outro lado, dada unha cadea de ideais primos distintos en Bcontendo a I, as súas imaxes recíprocas dan unha cadea de ideais primos en Acontendo a ψ−1(A)que tamén son distintos por 1.30 (se ψ−1(J1) = ψ−1(J2) por incomparabilidade temos que J1⊈J2eJ2⊈J1, o cal é unha contradición). Polo tanto, dim (I)≤dim ψ−1(I). Corolario 4.15 (Axioma 3).Se A⊂Bson aneis tales que Bé un A-módulo finitamente xerado, entón dim A=dim B. Demostración. Por ser Bun A-módulo finitamente xerado é en particular unha extensión enteira sobre A. Basta tomar C=Ben 1.25, apartado 3, para ver que todo elemento de Bé enteiro. Tomando na proposición anterior I= 0 e tendo en conta que A⊂B(polo que ψé a inclusión e o núcleo é nulo) tense o resultado. A versión xeométrica da proposición anterior vai na liña da explicación que dabamos no capítulo anterior sobre o Axioma 3: Corolario 4.16. Se φ:V→Wé un morfismo de variedades alxébricas tal que A(V)é un A(W)-módulo finitamente xerado, entón: 1. As fibras de φson finitas. 23 2. Dada unha subvariedade V1de V, entón φ(V1)é unha subvariedade de Wcon dim V1= dim φ(V1). En particular, se A(W)⊂A(V), entón φé sobrexectiva. Demostración. O primeiro apartado é consecuencia do segundo. En efecto, dado q∈W, como φ é Zariski-continua tense que φ−1(q)é unha subvariedade de V. Polo apartado 2 e se φ−1(q)=∅, entón dim φ−1(q) = dim φ(φ−1(q)) = dim q= 0 e pola proposición 4.13 φ−1(q)é finito. Para o apartado 2, podemos substituír Vpor V1eWpola Zariski-clausura de φ(V1)e asumir A(W)⊂A(V). A proba redúcese así a ver que VeWteñen a mesma dimensión e que φé sobrexectiva, pois nese caso φ(V) = φ(V)sería unha subvariedade. Pero ambos resultados son consecuencia inmediata dos dous resultados anteriores. 24 4. Dimensión de Krull Capítulo 5 Número de ecuacións e dimensión É ben coñecido o feito de que o número mínimo necesario de ecuacións para describir unha variedade linear m-dimensional do n-espazo afín é n−m. Reciprocamente, un sistema de ecuacións lineares con nincógnitas e recuacións independentes determina unha variedade linear de dimensión n−r. Porén, no caso das variedades alxébricas a situación non é tan simple e só podemos conseguir certas acotacións destos valores. Ao longo deste capítulo encargarémonos de estudar estas acotacións, para o cal introduciremos o Teorema do Ideal Principal de Krull; un resultado fundamental en xeometría alxébrica cuxas consecuencias non só nos serán útiles neste capítulo, senón tamén para establecer caracterizacións da dimensión de Krull nos posteriores. Neste traballo xa existe de xeito implícito unha acotación superior do número de ecuacións necesarias para describir unha variedade alxébrica, e é que este número é finito. En efecto, o Teorema da Base de Hilbert demostra que o anel de polinomios é noetheriano, e así todo ideal é finitamente xerado e toda variedade é a solución dun sistema cun número finito de ecuacións. Isto quere dicir que toda variedade é a intersección dun número finito de hipersuperficies. En 1882 Kronecker precisou esta información ao darse conta de que toda variedade de Kné a intersección de n+ 1 superficies. De feito tras esta publicación, algúns matemáticos chegaron a afirmar que este número era mínimo ao atopar algún exemplo de variedade que, ao parecer, non era posible expresala como intersección de nhipersuperficies. Porén, estaban errados, e non foi ata finais do século pasado que se puido probar que toda variedade de Kné a intersección de nhipersuperficies. Damos aquí o seguinte teorema demostrado por Eisenbud e Evans: Teorema 5.1 ([5]).Se Aé un anel noetheriano de dimensión d < ∞eI⊂A[x]é un ideal, existen elementos f1, ... , fd+1 ∈Itales que rad I=rad (f1, ... , fd+1). Como veremos máis adiante neste capítulo, o Teorema do Ideal Principal de Krull permítenos 25 26 5. Número de ecuacións e dimensión probar a natural igualdade dim K[x1, ... , xn] = n. Temos así unha cota superior para o número de ecuacións necesarias para describir unha variedade alxébrica. Corolario 5.2. Se Vé unha variedade alxébrica do n-espazo afín, precísanse como moito n ecuacións para describila. Demostración. Tomemos A=K[x1, ... , xn−1], de xeito que dim A=n−1eA[x]∼ =K[x1, ... , xn]. Polo teorema anterior, existen f1, ... , fn∈I(V)⊂A[x]tales que rad I(V) = rad (f1, ... , fd)e como rad I(V) = I(V)temos V=V(I(V)) = V(rad (f1, ... , fn)) = V(f1, ... , fn). 5.1. Teorema do Ideal Principal de Krull O Teorema do Ideal Principal (TIP) de Krull permítenos dar un número mínimo de ecuacións necesarias para describir unha variedade alxébrica. Ao longo desta sección todos os aneis fan referencia a aneis noetherianos. Comezamos presentando a versión orixinal do teorema. Para demostralo precisamos introducir un concepto relativo a descomposición primaria: se Qé un ideal primo de A, a n-ésima potencia simbólica Q(n)é a imaxe recíproca pola inclusión natural i:A→AQde (QQ)n. Polo visto en 1.11, (QQ)n=QnAQ, polo que Q(n)=i−1(QnAQ) = {a∈A|ab ∈Qnpara algún b∈A−Q}. Polo tanto, os elementos que non pertencen a Qson non-divisores de cero módulo Q(n), e por 1.10 temos que (Q(n))Q= (QQ)n. Teorema 5.3 (Teorema do Ideal Principal).Se x∈AePé un ideal minimal entre os ideais primos de Aque conteñen a x, entón codim P≤1. Demostración. Sexa Q⊊Pun ideal primo. Intercambiando Apola localización APpodemos supoñer que Pé maximal. Tomemos a cadea descendente A⊃Q⊃Q(2) ⊃Q(3) ⊃ ··· a cal induce unha cadea descendente Q(n)+ (x)en A/(x). Como Pé minimal sobre (x), temos por 1.19 que A/(x)é artiniano, polo que tal cadea se estabiliza e existe ntal que Q(n)+ (x) = Q(n+1) + (x). Polo tanto, dado f∈Q(n), podemos poñer f=g+ax 5.1. Teorema do Ideal Principal de Krull 27 con a∈Aeg∈Q(n+1), de onde ax ∈Q(n). Como Pé minimal sobre (x)temos que x /∈Qe pola definición de Q(n)tense que a∈Q(n), e así deducimos que Q(n)= (x)Q(n)+Q(n+1) e cocientando obtemos Q(n)/Q(n+1) = (x)Q(n)/Q(n+1). Como (x)⊂PePé maximal podemos aplicar o lema de Nakayama (1.28) e así Q(n)/Q(n+1) = 0, de onde obtemos Q(n)=Q(n+1). Localizando esta vez en Q, e tendo en conta que (Q(r))Q= (QQ)r, a anterior igualdade convértese en (QQ)n= (QQ)n+1 =QQ(QQ)n e aplicando unha vez máis o lema de Nakayama obtemos (QQ)n= 0 e por 1.19 AQé artiniano. O corolario 4.12 permítenos concluír que dim AQ= 0, polo que codim Q= 0 e así codim P≤1, como queríamos demostrar. Podemos pensar que o TIP é un primeiro paso nun proceso inductivo e podemos xeralizalo a un número finito de xeradores: Teorema 5.4 (Teorema do Ideal Principal xeralizado).Sexan x1, ... , xc∈AePminimal entre os ideais primos que conteñen a x1, ... , xc. Entón codim P≤c. Demostración. O caso c= 1 é o TIP e xa está probado. Supoñamos o resultado certo para c−1 xeradores. De xeito análogo ao TIP, podemos localizar en Pe considerar que Pé o único ideal maximal de A. Polo corolario 1.19, existe rtal que Pr⊂(x1, ... , xc)−é dicir, Pé nilpotente módulo (x1, ... , xc)−. Sexa P1un ideal primo tal que P⊋P1sen ideais primos entre ambos. Como Pé minimal sobre (x1, ... , xc),P1non pode conter a todos os xi. Supoñamos sen perda de xeralidade que x1/∈P1. Temos entón que Pé minimal sobre P1+ (x1)e outra vez como consecuencia do corolario 1.19 temos que Pé nilpotente módulo P1+(x1)e en particular existen ai∈Aeyi∈P1tales que, para un nsuficientemente grande, xn i=yi+aixii= 2, ... , c. Consideremos agora ¯ A:= A/(y2, ... , yc)e denotemos tamén cunha barra encima as imaxes en ¯ A dos elementos e ideais de A. Como Pé nilpotente módulo (x1, ... , xc), pola ecuación anterior dos xitemos que tamén é nilpotente módulo (x1, y2, ... , yc), e así Pé minimal sobre (x1, y2, ... , yc) e así ¯ Pé un primo minimal sobre ¯x1. Polo TIP, temos que codim ¯ P≤1e como ¯ P1⊊¯ P deducimos que ¯ P1é un primo minimal en ¯ A. Volvendo a A, temos que P1é un primo minimal sobre (y2, ... , yc). Pola hipótese de indución, temos que codim P1≤c−1e así codim P≤c. 34 6. Primeira caracterización. Normalización de Noether o Teorema de Normalización de Noether. Pero antes, imos ver unha aplicación directa do anterior teorema: dimensión e codimensión son complementarios en aneis afíns. Dado un ideal primo Idun dominio afín A, temos polo teorema anterior que a dimensión de Acoincide coa lonxitude de calquera cadea maximal de ideais primos de A. Tomando cadeas maximais que conteñan a Itemos o seguinte resultado, o cal xeralizamos a aneis afíns pola finitude dos ideais primos minimais dun anel noetheriano: Corolario 6.3. Dado un ideal Idun anel afín A, temos que dim I+codim I=dim A. Pasemos entón á demostración do teorema, para o cal, empregaremos o célebre Teorema de Normalización de Noether. A versión que damos aquí deste último é un refinamento debido a Nagata que adaptamos ao noso contexto (aínda que orixinalmente o formulou cun só ideal, nós expoñémolo para unha cadea de ideais). Basicamente describe a estrutura dun anel afín: dada unha cadea de ideais, existe un anel de polinomios sobre o cal o anel afín é un módulo finitamente xerado, e os ideais da cadea contráense a ideais xerados por segmentos das variables. Lema 6.4. Sexa f∈A=K[x1, ... , xr]un polinomio non constante. Entón existen elementos x′ 1, ... , x′ r−1∈Atales que Aé un módulo finitamente xerado sobre a K-subálxebra xerada por x′ 1, ... , x′ r−1ef. Demostración. Basta probar que fse pode escribir en función de variables x′ 1, ... , x′ r−1exrde xeito que sexa mónico en xr. Nese caso, por 1.26, teriamos que Aé un módulo finitamente xerado sobre K[x′ 1, ... , x′ r−1, f]. Sexa entón do grao de fe denotemos por fda suma de todos os termos de fde grao d. Facendo os cambios de variable x′ i=xi−aixr, sendo os aielementos de K, temos que o termo contendo xd réfd(a1, ... , ar−1,1)xd r. Como podemos conseguir a1, ... , ar−1∈K tales que fd(a1, ... , ar−1,1) = 0, dividindo temos que fé mónico en xren función das variables x′ 1, ... , x′ r−1, xr. Teorema 6.5 (Teorema de Normalización de Noether).Sexa Aun anel afín de dimensión dsobre un corpo K. Entón Acontén un anel de polinomios B=K[x1, ... , xd]tal que Aé un B-módulo finitamente xerado. Ademais, se I1⊂ ··· ⊂ Imé unha cadea de ideais de Acon dim Ij=dje d1> d2>··· > dm≥0, entón Bpódese escoller de xeito que Ij∩B= (xdj+1, ... , xd)para j= 1, ... , m. Demostración. Por ser Aunha K-álxebra finitamente xerada é da forma T/I con T=K[y1, ... , yr] un anel de polinomios. Pola correspondencia entre os ideais de Te os ideais de T/I, tomando as 35 imaxes recíprocas dos Ijen Te engadindo á cadea o ideal I0=I, é suficiente con demostrar o resultado para o caso no que Aé un anel de polinomios d-dimensional A=K[y1, ... , yd]. Faremos a demostración en distintas etapas: Paso 1. Para demostrar o resultado, basta atopar x1, ... , xd∈Averificando (i) Aé un módulo finitamente xerado sobre a k-subálxebra Bxerada por x1, ... , xd. (ii) Ij∩B⊃(xdj+1, ... , xd)para cada j= 1, ... , m. En efecto, vexamos primeiramente que nese caso Bé un anel de polinomios, é dicir, que os xison alxebricamente independentes sobre K. Supoñamos pola contra que son dependentes; entón, por (i), o grao de trascendencia de Asobre Ksería o mesmo que o de Bsobre K, que por ser os xidependentes é estritamente menor que d. Pero isto contradice a hipótese de que os y1, ... , ydson alxebricamente independentes. Por outra banda, vexamos que nese caso o contido en (ii) se converte en igualdade. En efecto, por 4.14 temos que dim Ij∩B=dim Ij=dj, e polo Axioma 4, dim (xdj+1, ... , xd) = dim B/(xdj+1, ... , xd) = dim K[x1, ... , xdj] = dj. Como o segundo ideal é primo, ambos os dous son o mesmo e temos a igualdade. Polo tanto, para probar o teorema é suficiente con atopar x1, ... , xdcumprindo (i) e (ii). Paso 2. Construiremos os xia partir dos yi. Tomemos x′ i=yipara i= 1, ... , d. Supoñamos agora que nalgún momento xa temos escollidos elementos xe+1, ... , xde elementos auxiliares x′ 1, ... , x′ ede xeito que verifiquen: (i’) A é un módulo finitamente xerado sobre Be:= K[x′1, ... , x′ e, xe+1, ... , xd]. (ii’) Ij∩Be⊃(xh, ... , xd)para j= 1, ... , m sendo h=máx(dj+ 1, e + 1). Se conseguimos atopar un novo elemento xe(o cal veremos no seguinte paso) e substituír os x′ 1, ... , x′ e−1por novos elementos de xeito que (i’) e (ii’) aínda se verifiquen cambiando e por e−1, podemos repetir o proceso ata chegar a e=dm, momento no cal podemos tomar xi=x′ ipara i= 1, ... , dme ter o resultado. Paso 3. Supoñamos entón que x′ 1, ... , x′ e, xe+1, ... , xdcon dm< e ≤dverifican (i’) e (ii’). Sexa jo menor índice tal que e>dj. Asumamos (e probarémolo no seguinte e último paso) que Ij∩K[x′1, ... , x′ e]= 0 e escollamos xecalquera polinomio non nulo de Ij∩K[x′1, ... , x′ e]. Polo lema anterior, existen elementos x′′ 1, ... , x′′ e−1∈K[x′ 1, ... x′ e]tales que K[x′ 1, ... x′ e]é un módulo finitamente xerado sobre K[x′′ 1, ... x′′ e−1, xe]. Concluímos entón que os elementos x′′ 1, ... , x′′ e−1, xe, xe+1, ... , xdverifican (i’) e (ii’) cambiando epor e−1. 36 6. Primeira caracterización. Normalización de Noether Paso 4. Para rematar a proba, demostremos o que nos faltaba no paso anterior: Ij∩ K[x′ 1, ... , x′ e]= 0. Noutro caso, como por (ii’) temos que (xe+1, ... , xd)⊂Ij∩K[x′ 1, ... , x′ e, xe+1, ... , xd], entón Ij∩Be= (xe+1, ... , xd), pero polo mesmo argumento empregado no paso 1, o ideal da esquerda ten dimensión dje o da dereita e, pero isto contradice e>dj. Este teorema ten por sí mesmo significado xeométrico: dada unha variedade afín V ddimensional e unha cadea de subvariedades de V, existe un morfismo de variedades finito −o cal quere dicir que verifica as hipóteses de 4.16−entre Ve un d-espazo afín, que leva a cadea de subvariedades de Vnunha cadea de variedades coordenadas. Figura 6.1: Morfismo de variedades que leva a circunferencia nunha recta coordenada e o punto na orixe. Veremos agora un último resultado necesario para demostrar o teorema 6.2. Non incluímos a súa demostración porque fai uso de teoría de Galois demasiado avanzada para este traballo. Pode verse en [6, pp. 294-295] Lembremos que un dominio normal é un dominio que coincide coa súa normalización, é dicir, un dominio cuxa clausura enteira no seu corpo de fraccións é todo o corpo de fraccións. Teorema 6.6 (Teorema do descenso para extensións enteiras de dominios normais).Sexa Bun dominio normal e Aun dominio contendo B. Se Aé enteiro sobre B, entón, dados ideais primos Q⊂Q1de Be un primo P1de Atal que Q1=P1∩B, entón existe un primo Pde Atal que P⊂P1eP∩B=Q. Estamos xa preparados para demostrar o teorema 6.2, o cal volvemos enunciar: Teorema. Se Aé un dominio afín sobre K, entón dim A=tr. deg.KA, 37 e este número é a lonxitude de calquera cadea maximal de ideais primos en A. Demostración. Sexa B=K[x1, ... , xd]o anel de polinomios sobre o que Aé un módulo finitamente xerado que nos proporciona o Teorema de Normalización. Entón, tr.degKB=tr.degKK(x1, ... , xd) = d. Como Aé finitamente xerado sobre B, a extensión Q(A)|Q(B)é finita, polo tanto alxébrica e así tr.degQ(B)Q(A) = 0, polo que tr.degKA=d+ 0 = d. Sexa agora P0⊊··· ⊊Pmunha cadea de ideais primos de A. Temos entón que m≤d. Vexamos que se m<d, entón podemos engadir un primo distinto á cadea. Tomemos de novo B como no Teorema de Normalización, agora con Ij=Pj. Como m<d, haberá dous primos da cadea entre os que o salto de dimensión sexa 2, é dicir, existe un jtal que dim Pj−1−1>dim Pj. Poñamos dj−1:= dim Pj−1edj:= dim Pj. Entón, tomando Q:= (xdj−1, ... , xd), o cal é un ideal primo en B, temos a seguinte cadea estrita de primos Pj−1∩B= (xdj−1+1, ... , xd)⊊Q⊊(xdj+1, ... , xd) = Pj∩B. Vexamos que isto implica que existe un primo Pde Acontido de xeito estrito entre Pj−1ePj. Reemplazando Apor A/Pj−1eBpor B/(Pj−1∩B)(=K[x1, ... , xd]/(xdj−1+1, ... , xd)o cal segue sendo un anel de polinomios) podemos supoñer que tanto Pj−1coma Pj−1∩Bson o ideal nulo. Basta entón con probar que existe un ideal Pen Acontido en Pjde xeito que P∩B=Qj. Pero como Bé un dominio de factorización única, en particular é normal e polo tanto polo teorema do descenso temos o resultado. 38 6. Primeira caracterización. Normalización de Noether Capítulo 7 Segunda caracterización. Polinomio de Hilbert Neste último capítulo imos ver unha segunda caracterización da dimensión dun anel, neste caso no ámbito dos aneis locais. De feito, traballaremos no eido máis xeral dos módulos finitamente xerados sobre un anel local. O obxectivo principal será ver que a dimensión dun anel local se pode expresar en función do grao dun polinomio: o polinomio de Hilbert-Samuel. Esta última caracterización ten unha aplicación computacional moi importante, xa que mediante o uso das bases de Gröbner e grazas ao seu recente desenvolvemento podemos calcular de xeito explícito as dimensións de moitos aneis. Comezamos o capítulo cunha sección adicada principalmente a probar o lema de Artin-Rees, o cal precisaremos para demostrar o resultado que buscamos. Ao longo deste capítulo, todos os aneis serán noetherianos e os módulos finitamente xerados. 7.1. Aneis graduados e filtracións . Un anel graduado é un anel Aacompañado dunha familia de subgrupos aditivos {An}n∈N de Atales que A=A0⊕A1⊕A2⊕ ··· como grupos abelianos, verificando AiAj⊂Ai+jpara todo i, j ∈N. Notemos que entón A0A0⊂ A0, polo que A0é un subanel de A, e que A0Ai⊂Ai, polo que Aié un A0-módulo para calquera i∈N. Exemplo 7.1. O primeiro exemplo de anel graduado é o anel de polinomios K[x1, ... , xn], 39 40 7. Segunda caracterización. Polinomio de Hilbert graduado polo propio grao dos polinomios: cada Aié o subgrupo das formas (polinomios homoxéneos) de grao i. Un elemento de Aque pertence a un dos Aidise homoxéneo, mentres que un ideal dise ideal homoxéneo se está xerado por elementos homoxéneos. En xeral, dado un anel graduado A=A0⊕A1⊕ ··· , un módulo graduado sobre Aé un A-módulo xunto cunha descomposición como grupos abelianos M= ∞ M −∞ Mi, de xeito que AiMj⊂Mi+jpara cada i, j. Pasemos agora ao concepto de filtración. Dado un A-módulo M, unha filtración de Mé unha cadea de submódulos M=M0⊃M1⊃M2⊃ ··· e dado un ideal Ide A, a anterior filtración dise unha I-filtración se IMi⊂Mi+1 para todo i∈N. Neste caso, unha I-filtración de Mdise I-estable se IMi=Mi+1 para isuficientemente grande. Exemplo 7.2. AI-filtración estable de Mdada por M⊃IM ⊃I2M⊃ ··· recibe o nome de filtración I-ádica de M. Podemos construír aneis e módulos graduados para calquera anel e calquera módulo. Sexa I un ideal de A, entón podemos considerar o anel graduado gr A:= A/I ⊕I/I2⊕ ··· . Para definir a multiplicación, basta facelo para elementos homoxéneos. Así, definimos a multiplicación entre a+In+1 ∈In/In+1 eb+Im+1 ∈Im/Im+1 como (a+In+1)(b+Im+1) := (ab) + In+m+1 ∈In+m/In+m+1 e é inmediato ver que está ben definida. Polo tanto, (In/In+1)(Im/Im+1)⊂In+m/In+m+1 e vemos que en efecto é un anel graduado. Podemos xeralizar a construción e considerar un A- módulo Mcunha I-filtración M=M0⊃M1⊃ ··· , para construír gr M:= M/M1⊕M1/M2⊕ ··· , o cal é un (gr I)-módulo graduado considerando outra vez a operación natural (a+In+1)(b+ Mm+1) := (ab)+Mn+m+1, a cal volve estar ben definida por ser M⊃M1⊃ ··· unha I-filtración. 7.1. Aneis graduados e filtracións 41 Proposición 7.3. Sexa Iun ideal dun anel AeMun A-módulo finitamente xerado. Se M= M0⊃M1⊃ ··· é unha I-filtración estable na que os submódulos son finitamente xerados, entón gr Mé un módulo finitamente xerado sobre gr A. Demostración. Por ser a filtración I-estable, temos que existe ntal que IMi=Mi+1 para i≥n. Entón (I/I2)(Mi/Mi+1) = Mi+1/Mi+2 para i≥n. En efecto, a inclusión “⊂” é inmediata pola definición da operación, e dado b∈Mi+1/Mi+2 podemos tomar un representante b′∈Mi+1 =IMi, polo que b′=ac para algúns a∈Iec∈Mi e tomando o produto das imaxes nos cocientes vemos que coincide con b. Polo tanto, tomando unha unión de xeradores dos Mj/Mj+1 con 0≤j≤npodemos xerar todos os demais. Como cada Mié finitamente xerado, tamén o é cada Mi/Mi+1 e esa unión pódese tomar finita. O obxectivo final desta sección será probar o lema de Artin-Rees. Pero antes, precisamos facer unha nova construción: se Aé un anel e Iun ideal de A, denotaremos por A∗ao anel graduado A⊕I⊕I2⊕ ··· . Ademais, se Mé un A-módulo e M=M0⊃M1⊃ ··· é unha I-filtración de M, denotaremos por M∗á suma directa M⊕M1⊕ ··· , o cal é un A∗-módulo graduado de forma natural. Podemos ver agora un resultado análogo á proposición anterior pero que neste caso se converte en equivalencia: Proposición 7.4. Sexa Iun ideal dun anel AeMun A-módulo finitamente xerado. Se M= M0⊃M1⊃ ··· é unha I-filtración na que os submódulos son finitamente xerados, entón a filtración é estable se e só se M∗é finitamente xerado como módulo sobre A∗. Demostración. Se a filtración é estable, temos que IMi=Mipara isuficientemente grande polo que bastará con tomar xeradores dun número finito de submódulos Mjpara xerar todo M∗. Como cada un dos Mjé finitamente xerado, concluímos que M∗é finitamente xerado. Reciprocamente, se M∗é finitamente xerado, entón podemos tomar un conxunto finito de xeradores de M∗de xeito que estén contidos en Ln i=0 Mi. Ademais, expresando cada elemento como suma de compoñentes homoxéneas, podemos supoñer que ese conxunto finito de xeradores está formado por elementos homoxéneos. Polo tanto, cada xerador pertence a un Micon i≤n. Como estamos ante unha I-filtración, Lk≥0Mn+kestá xerado como A∗módulo por Mn, polo que Mn+k=IkMne a filtración é estable. Temos xa as ferramentas suficientes para demostrar o lema de Artin-Rees. 42 7. Segunda caracterización. Polinomio de Hilbert Proposición 7.5 (Lema de Artin-Rees).Sexa Aun anel noetheriano, Iun ideal de AeM′⊂M módulos finitamente xerados sobre A. Dada unha I-filtración estable M=M0⊃M1⊃ ··· , entón a filtración inducida M′=M′∩M0⊃M′∩M1⊃ ··· é unha I-filtración estable de M′. Demostración. Como estamos ante unha I-filtración de M, temos que I(M′∩Mi)⊂IM′∩IMi⊂ M′∩Mi+1 polo que a filtración de M′tamén é unha I-filtración. Por ser M′un A-submódulo de M, tense que (M′)∗é naturalmente un A∗-submódulo graduado de M∗. Agora, como Aé noetheriano, o ideal Ié finitamente xerado e polo tanto A∗=A⊕I⊕I2⊕ ··· é unha álxebra sobre Afinitamente xerada, o cal implica por 1.8 que A∗é noetheriano. Pola proposición anterior, como a filtración de Mé estable temos que M∗é un módulo finitamente xerado sobre A∗e polo tanto noetheriano, concluíndo así que o submódulo (M′)∗é finitamente xerado e de novo pola proposición anterior a filtración de M′é estable. 7.2. Funcións de Hilbert-Samuel O noso obxectivo vai ser dar unha nova caracterización de dimensión no caso dos aneis locais. A partir de agora, Adenotará un anel local con ideal maximal m. Por cuestións técnicas é apropiado traballar no contexto máis xeral dos módulos finitamente xerados. Por iso, precisamos introducir algunhas novas definicións. Dado un A-módulo Mfinitamente xerado, definimos a súa dimensión como a dimensión (como ideal) de ann M, é dicir, a dimensión (como anel) de A/ann M. Por outra banda, se q⊂mé un ideal de A, dicimos que qten colonxitude finita en Mse M/qMten lonxitude finita. Equivalentemente por 1.18, se mnaniquila M/qMpara algún n. Introducimos agora as funcións de Hilbert-Samuel: Definición 7.6. Sexa Mun A-módulo finitamente xerado e q⊂mun ideal de colonxitude finita en M. Entón a función Hq,M (n) := lonx qnM/qn+1M recibe o nome de función de Hilbert-Samuel de Mrespecto de q. Unha das interesantes propiedades que verifica esta función é que para valores suficientemente grandes de ncoincide cun polinomio con coeficientes racionais, e ese polinomio será clave á hora de ver a dimensión de M. No seguinte resultado empregamos a ben sabida propiedade seguinte: se unha función fsobre os naturais verifica que f(n+ 1) −f(n)define un polinomio de grao d, entón f(n)é un polinomio de grao d+ 1. 7.2. Funcións de Hilbert-Samuel 43 Proposición 7.7. Sexa Aun anel noetheriano, Mun A-módulo finitamente xerado e qun ideal de colonxitude finita en M. Entón, para nsuficientemente grande, Hq,M (n)coincide cun polinomio Pq,M (n)de grao estritamente menor que o número de xeradores de q. Antes de levar a cabo a demostración, introducimos unha notación: se Mé un módulo graduado, denotamos por M(s)ao módulo graduado isomorfo a Mresultante de “desprazar o grao” dveces. É dicir, M(s)está graduado por M(s)n=Ms+n. Demostración. Reemplazando Apor A/ann Me tomando gr Ae gr M(respecto de q), podemos supoñer que Aé un anel graduado. Procederemos por indución no número rde xeradores de q. Se r= 0 é inmediato; supoñamos entón que qestá xerado por x1, ... , xr∈R1. Podemos construír a sucesión exacta de homomorfismos de grao 0 0→ {m∈M|x1m= 0} → Mx1 →M(1) →(M/x1M)(1) →0 de onde obtemos Hq,M (n+ 1) −Hq,M (n) = Hq,M/x1M(n+ 1) −Hq,{m∈M|x1m=0}(n). Tanto M/x1Mcomo {m∈M|x1m= 0}se poden ver como módulos sobre A/(x1), de xeito que o ideal qten r−1xeradores. Así, o membro da dereita na anterior igualdade é a diferencia de dúas funcións de Hilbert-Samuel que, pola hipótese de indución, coinciden para nsuficientemente grande cun polinomio de grao < r−1. Polo tanto, pola observación previa á proposición, a función Hq,M (n)coincide para nsuficientemente grande cun polinomio de grao < r. Denotando Lq,M (n) := lonx M/qnM, temos a seguinte consecuencia: Corolario 7.8. Nas mesmas condicións que a proposición anterior, Lq,M (n)coincide para n suficientemente grande cun polinomio de grao 1 + deg Pq,M . Demostración. Da sucesión exacta 0→qnM/qn+1M→M/qn+1M→M/qnM→0 obtemos que Lq,M (n+1)−Lq,M (n) = Hq,M (n). Polo mesmo argumento empregado na proposición anterior temos o resultado. Lema 7.9. Se 0→M′→M→M′′ →0é unha sucesión exacta de A-módulos finitamente xerados, e se qé un ideal de colonxitude finita en M, entón o polinomio Pq,M′+Pq,M′′ −Pq,M ten coeficiente principal positivo e grao <deg Pq,M′.