scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Caracteres e teorema de Burnside

González Mora, Manuel

Abstract

[GL] Se 𝘎 é un grupo finito de orde 𝘯 tal que 𝘯 só ten dous factores primos, dito grupo é resoluble. Isto é o que nos dá o Teorema pᵃqᵇ de Burnside, cuxa proba é o fin do traballo. Para acadar este obxectivo existen dúas vías, a orixinal usando caracteres e outra máis moderna mediante teoría de grupos. Nós empregaremos a orixinal, polo que introduciremos os conceptos de representación dun grupo e a súa relación cos módulos sobre a álxebra de dito grupo, de representación irreducible, paralelamente ó de módulo simple ou de carácter irreducible, todos eles xunto coas súas propiedades. Deste xeito, tras este proceso disporemos dos resultados precisos para a demostración do teorema. No transcurso da memoria porase de manifesto a versatilidade dos caracteres, especialmente dos caracteres irreducibles, para o estudo de grupos finitos, debido a algunhas das súas propiedades, como ser funcións de clase ou verificar as relacións de ortogonalidade.

Full text

Traballo Fin de Grao Caracteres e teorema de Burnside Manuel González Mora 2018/2019 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Caracteres e teorema de Burnside Manuel González Mora Xullo, 2019 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Traballo proposto Área de Coñecemento: Álxebra Título: Caracteres e teorema de Burnside Breve descrición do contido Neste traballo deberase levar a cabo unha introdución ás representacións de grupos nitos mediante o uso da súa estreita relación cos módulos. Farase énfase especial nos caracteres, tendo como obxectivo nal a demostración do teorema de Burnside. Recomendacións Ter cursadas as materias Estruturas Alxébricas e Ecuacións Alxébricas. iii Índice xeral Resumo vii Introdución ix 1. Representacións. 1 1.1. Representacións de grupos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1 1.2. K[G]-módulos. .................................. 6 1.3. Suma e subrepresentacións. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 2. Representacións irreducibles. 13 2.1. Módulos simples e semisimples. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 2.2. TeoremadeMaschke................................ 14 2.3. LemadeSchur................................... 18 2.4. Número de representacións irreducibles. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 3. Caracteres de representacións. 29 3.1. Clases de conxugación. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29 3.2. Caracteres e as súas propiedades. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33 3.3. Relacións de ortogonalidade. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 38 3.4. Táboasdecaracteres. .............................. 45 4. Teorema de Burnside. 49 4.1. Enteirosalxebraicos. ............................... 49 4.2. TeoremadeBurnside. .............................. 52 4.3. TeoremadeHall.................................. 57 Bibliografía 59 v Resumo Se G é un grupo nito de orde n tal que n só ten dous factores primos, dito grupo é resoluble. Isto é o que nos dá o Teorema paqb de Burnside , cuxa proba é o n do traballo. Para acadar este obxectivo existen dúas vías, a orixinal usando caracteres e outra máis moderna mediante teoría de grupos. Nós empregaremos a orixinal, polo que introduciremos os conceptos de representación dun grupo e a súa relación cos módulos sobre a álxebra de dito grupo, de representación irreducible, paralelamente ó de módulo simple ou de carácter irreducible, todos eles xunto coas súas propiedades. Deste xeito, tras este proceso disporemos dos resultados precisos para a demostración do teorema. No transcurso da memoria porase de manifesto a versatilidade dos caracteres, especialmente dos caracteres irreducibles, para o estudo de grupos nitos, debido a algunhas das súas propiedades, como ser funcións de clase ou vericar as relacións de ortogonalidade. Abstract Whether G is a nite group of order n such that n does not have more than two primes factors, G is solvable. This is what Burnside's paqb theorem provides, whose proof is the main objective of this dissertation. There are two possible ways to prove that theorem, the original one, which uses character theory or another one which employs groups theory. We will use the original way, this is why we are going to introduce the following concepts: group representation and its relation with modules over the group algebra, irreducible representations and modules or irreducible characters, all of them with its properties. Therefore, after this process, we will get the neccesary results to prove the theorem. Throughtout the dissertation, we realise the versatility of characters, especially the one of irreducible characters, to study nite groups due to some of its properties like being class functions or verifying the orthogonality relations. vii 2 CAPÍTULO 1. REPRESENTACIÓNS. Denición 1.3. Sexan ρ1:G−→ GL(V) e ρ2:G−→ GL(W) dúas representacións lineais. Diremos que ρ1 e ρ2 son representacións lineais equivalentes se existe un K - isomorsmo f:V−→ W tal que ρ2(g) = fρ1(g)f−1 para todo g∈G . Denición 1.4. Unha representación matricial dun grupo G sobre K de grao m , defínese como un homomorsmo de grupos, ρ , de G no grupo de matrices invertibles m×m , GL(m, K) . Denición 1.5. Sexan ρ1:G−→ GL(m, K) e ρ2:G−→ GL(n, K) dúas representacións matriciais dun grupo G sobre K . Diremos que ρ1 e ρ2 son representacións matriciais equivalentes se m=n e existe unha matriz invertible T tal que ρ2(g) = Tρ1(g)T−1 para todo g∈G . Dada ρ unha representación lineal e B={v1, v2, ... , vm} unha base do seu espazo de representación, para cada g∈G teremos: ρ(g)(vj) = Pm i=1 aijvi con j∈ {1, ... , m} . A matriz de ρ(g) respecto da base B é unha matriz invertible, (ρ(g))B∈GL(m, K) , e podemos denir a partir de ρ o seguinte homomorsmo de grupos, que será unha representación matricial de G sobre K asociada a ρ : ˜ρ:G−→ GL(m, K) g7−→ (ρ(g))B. Se tomásemos outra base de V , B0 , as matrices (ρ(g))B e (ρ(g))B0 serían semellantes. Nota 1.6 . No que segue empregarase indistintamente a palabra representación para representación lineal e matricial segundo o contexto. Denición 1.7. Diremos que unha representación dun grupo G sobre un corpo K é el se é un monomorsmo. Nesta situación, é claro que un grupo G presenta representacións de calquera grao, pois basta asociar a cada elemento g∈G o elemento neutro de GL(m, K) , é dicir, a matriz identidade de orde m . Ademais, cabe destacar que a equivalencia de representacións dene unha relación de equivalencia e que toda representación equivalente a unha el é el. A continuación veremos algúns exemplos de representacións: 1.1. REPRESENTACIÓNS DE GRUPOS. 3 Exemplos 1.8. 1. O homomorsmo dado por ρ(g) = Id para todo g∈G denomínase representación trivial . Nótese que a representación trivial é el se, e só se, G é o grupo trivial. 2. Sexa G un grupo cíclico xerado por un elemento g de orde n∈N , que denotaremos Cn , e sexa K un corpo que contén tódalas raíces n -ésimas da unidade, ω1, ... , ωn . Unha posible representación de G sobre K sería ρ:G−→ GL(n, K), tal que ρ(g) =       ω10... 0 0ω2... 0 ... ... ... ... 0 0 ... ωn       para todo g∈G . Ademais, ρ:G−→ GL(m, C) gr7−→ ρ(g)r é unha representación de G sobre C se, e só se, ρ(g)n=I . Isto é doado de ver. Se ρ é unha representación I=ρ(e) = ρ(gn) = ρ(g)n . Por outra banda, se ρ(g)n=I tense de forma sinxela, pola denición de ρ , que ρ(gigj) = ρ(gi+j) = ρ(g)i+j=ρ(g)iρ(g)j para i, j ∈ {1, ... , n} . Sexa agora C3 , o grupo cíclico de orde tres, xerado por un elemento g e vexamos tres posibles representacións de grao 2 de dito grupo sobre C , ρi con i∈ {1,2,3} , onde ρ1(g) = 1 0 0 1 !, ρ2(g) = 1 0 0e2Πi/3! e ρ3(g) = 0 1 −1−1!. Para ver que efectivamente ρ1 , ρ2 e ρ3 son representacións, polo anterior, basta comprobar que se verica que ρ1(g)3=I , ρ2(g)3=I e ρ3(g)3=I . Nótese tamén, que ρ1 non é el, xa que a imaxe de calquera elemento de C3 é a identidade. Porén, ρ2 e ρ3 si o son, pois tanto ρ2(g2) como ρ3(g2) non son a identidade. 3. Sexa o grupo diedral , D 8={s, t|s4=t2= 1, t−1st =s−1} . Podemos denir unha representación de grao dous de D8 sobre C , ρ:D8−→ GL(2,C), determinada pola imaxe dos xeradores do grupo: ρ(s) = 0 1 −1 0 ! e ρ(t) = 1 0 0−1!. Posto que o único elemento de D8 cuxa imaxe é a matriz identidade é o elemento neutro, ρ é unha representación el de D8 sobre C . 4 CAPÍTULO 1. REPRESENTACIÓNS. 4. Sexan S n o grupo de permutacións (ou grupo simétrico) e V un K -espazo vectorial de dimensión n con base B={v1, v2, ... , vn} . Entón, podemos denir unha representación de Sn sobre K , ρ:Sn−→ GL(V), que asocie a cada σ∈Sn un automorsmo en V , ρ(σ) , tal que ρ(σ)(vi) = vσ(i) para i∈ {1, ... , n} . Nótese que para dous elementos calquera de Sn , σ1 e σ2 , verifícase que ρ(σ1σ2) = ρ(σ1)ρ(σ2) , polo que podemos concluír que ρ é un homomorsmo de grupos. Se particularizamos en S3={σ1= (1), σ2= (12), σ3= (13), σ4= (23), σ5= (123), σ6= (132)} , posto que {(12),(123)} é un conxunto de xeradores de dito grupo, ρ queda determinada por: ρ(12) =     010 100 001     e ρ(123) =     010 001 100    . 5. Se partimos dun grupo arbitrario G , nito e de orde n∈N , o Teorema de Cayley garante a existencia dun isomorsmo entre G e algún subgrupo de Sn . Así, compondo dito isomorsmo cun homomorsmo como o referido en 4 teremos o que denominaremos unha representación regular do grupo G sobre un corpo K . En concreto, supoñamos que G={g1, g2, ... , gn} é un grupo nito e V un K -espazo vectorial con base B={v1, v2, ... , vn} . É coñecido que, dado g∈G arbitrario, para cada i∈ {1, ... , n} existe un único j∈ {1, ... , n} tal que ggi=gj. Deste xeito deniremos ρreg :G−→ GL(n, K) como a representación de G sobre K que verica ρreg(g)vi=vj se ggi=gj con i, j ∈ {1, ... , n} . Nótese que, pola súa construción, a representación regular dun grupo é el e en consecuencia todo grupo terá polo menos unha representación el, a regular. En particular, se G é un grupo cíclico, G=hgi , a representación regular, ρreg :G−→ GL(n, K), quedaría determinada por ρreg(g) =          0 0 ... 0 1 1 0 ... 0 0 0 1 ... 0 0 ... ... ... ... ... 0 0 ... 1 0          . Outro caso particular de representación regular é a do grupo S3 , que ademais será de distinto grao á xa vista en 4. Xa que {(12),(123)} é un conxunto de xeradores de 1.1. REPRESENTACIÓNS DE GRUPOS. 5 S3 , a representación regular, ρreg :S3−→ GL(6, K), quedará determinada por ρreg(12) =            010000 100000 000001 000010 000100 001000            e ρreg(123) =            000001 000100 010000 001000 100000 000010            . Nótese que, dado σ∈S3 , a matriz ρreg(σ) presenta un 1 na posición (i, j) se, e só se, σiσ−1 j=σ . Así, a partir destas dúas matrices podemos construír a imaxe por ρreg de calquera elemento de S3 . Por exemplo ρreg(23) = ρreg((12)(123)) = ρreg(12)ρreg(123) . 6. Outro exemplo de representacións son as representacións unidimensionais dun grupo G sobre un corpo K , que de forma xeral son homomorsmos, ρ , entre G e K . En relación con estas representacións cabe dicir que se tomamos o grupo abeliano G/G0 , onde G0 é o subgrupo conmutador de G ( G0=gg0g−1g0−1|g, g0∈G ), posto que ρ(gg0g−1g0−1) = ρ(g)ρ(g0)ρ(g−1)ρ(g0−1) = 1 pódese construír a partir de ρ unha representación do grupo G/G0 : ˆρ:G/G0−→ K g00G07−→ ρ(g00). En consecuencia, hai unha correspondencia biunívoca entre as representacións unidimensionais de G sobre K e as de G/G0 sobre K . Deseguido, comprobaremos se algunhas das representacións dos exemplos previos son equivalentes e buscaremos unha representación equivalente dalgún dos exemplos dados: Exemplos 1.9. 1. Retomemos as representacións dun grupo cíclico G de orde n recollidas en 2 e 5 de 1.8, que denominaremos ρ1 e ρ2 respectivamente, e vexamos que son dúas representacións equivalentes de G sobre un corpo K . Denimos a matriz T referida en 1.5 como T=      1ω1ω2 1... ωn−1 1 1ω2ω2 2... ωn−1 2 ... ... ... ... ... 1ωnω2 n... ωn−1 n       . 6 CAPÍTULO 1. REPRESENTACIÓNS. T ten determinante de Van der Monde e, por ser as ω1, ... , ωn distintas entre si e distintas de cero, podemos concluír que T é invertible. Ademais é sinxelo ver que ρ1(g) = Tρ2(g)T−1 . 2. En relación ás representacións do grupo cíclico de orde tres C3 , vistas en 2 de 1.8, cabe destacar que as representacións ρ2 e ρ3 non son equivalentes a ρ1 pois esta última non é el a diferencia das outras. 3. Sexa agora o grupo diedral D8 e a súa representación 3 de 1.8, que nomearemos agora como ρ1 . O obxectivo será buscar unha representación equivalente á que xa temos, para iso podemos tomar a seguinte matriz T nas condicións de 1.5: T=√2 2 1 1 i−i! e T−1=√2 2 1−i 1i!. Deste xeito, a representación ρ2:D8−→ GL(2,C) g7−→ Tρ1(g)T−1 será equivalente a ρ1 . 1.2. K[G]-módulos. A continuación introduciremos os módulos denidos sobre a álxebra dun grupo e estudaremos o paralelismo entre ditas estruturas e as representacións do grupo. Denición 1.10. Sexa K un corpo. Chamaremos K -álxebra a un anel A cun elemento identidade, que tamén sexa K -espazo vectorial. Ademais, pídese que a multiplicación por un escalar verique α(ab)=(αa)b=a(αb) para todo α∈K e para todo a, b ∈A . Deseguido, describiremos os elementos necesarios para denir o que denominaremos álxebra dun grupo G sobre un corpo K . A partir de agora asumiremos que o grupo G co que traballaremos é nito. Consideremos tódalas sumas formais, Pg∈Gαgg , con αg∈K e g∈G . Dous destes elementos son iguais se teñen os mesmos coecientes. Nótese tamén que unha suma formal pode interpretarse como unha aplicación de G en K . As operacións con estes elementos deniranse do seguinte modo: 1. Pg∈Gαgg+Pg∈Gβgg=Pg∈G(αg+βg)g . 1.2. K[G]-MÓDULOS. 7 2. (Pg∈Gαgg)(Pg0∈Gβg0g0) = (Pg,g0∈Gαgβg0gg0) . 3. α(Pg∈Gαgg) = Pg∈Gααgg . Onde α, αg, βg0∈K . Se interpretamos as sumas formais como aplicacións deniremos as operacións da seguinte forma: 1. (f+h)(g) = f(g) + h(g) . 2. (fh)(g) = k(g) con k(g) = Pg0g00 =gf(g0)h(g00) . 3. (αf)(g) = αf(g) con α∈K . Denición 1.11. Denimos a álxebra dun grupo G sobre un corpo K , K[G] , como a K -álxebra cuxos elementos son as sumas formais. Así denida é sinxelo ver que o elemento neutro de K[G] é 1·e , con 1∈K e e o elemento neutro de G . Ademais temos que, para todo g∈G , 1·g constitúe unha suma formal con tódolos coecientes nulos agás un. Polo tanto, o conxunto formado por estas sumas formais para cada g∈G é un conxunto de elementos linealmente independentes e forman unha base de K[G] como K -espazo vectorial. Se ademais identicamos cada g∈G con 1·g∈K[G] , podemos considerar que G está mergullado en K[G] . Proposición 1.12. Existe unha correspondencia entre as representacións dun grupo G sobre un corpo K e os K[G] -módulos. Demostración. Sexa ρ unha representación de G sobre K . O dito previamente, que nos permite ver G mergullado en K[G] e 1.2 proporcionan o seguinte diagrama: G  ρ//GL(V)  K[G]EndK(V) do cal extraemos que podemos denir un homomorsmo de aneis: ˜ρ:K[G]−→ EndK(V) Pg∈Gαgg7−→ Pg∈Gαg(ρ(g)) que induce en V unha estrutura de K[G] -módulo: αv = ˜ρ(α)(v) para α∈K[G] e v∈V . Reciprocamente, se V é un K[G] -módulo tense un homomorsmo de aneis entre K[G] e EndK(V) . Restrinxindo dito homomorsmo a G temos un homomorso de monoides nas condicións de 1.2, que denominaremos ρ . 8 CAPÍTULO 1. REPRESENTACIÓNS. Nota 1.13 . Pola demostración previa temos que dado un K[G] -módulo V , a representación correspondente, ρ , queda denida para cada g∈G como ρ(g)(v) = gv , para cada v∈V , onde ρ(g)∈GL(V) . Reciprocamente, se ρ:G−→ GL(V) é unha representación de G , a estrutura de K[G] -módulo en V determínase construíndo un homomorsmo como o ˜ρ da demostración e denindo αv = ˜ρ(α)(v) para α∈K[G] e v∈V . Exemplos 1.14. 1. Retomemos o exemplo do grupo diedral D8 explicado en 3 de 1.8 cuxa representación ρ construiamola establecendo a imaxe dos xeradores do grupo: ρ(s) = 0 1 −1 0 ! e ρ(t) = 1 0 0−1!. Sabemos que os elementos de D8 , xerados por s e t , forman unha base de C[D8] . Por outra banda, se V é un espazo vectorial con base B={v1, v2} e interpretamos ρ como unha representación lineal, ρ:G−→ GL(V) , dito V presentará unha estrutura de C[D8] -módulo como a descrita na demostración de 1.12: sv1= ˜ρ(s)(v1)=ρ(s)(v1)=−v2 tv1= ˜ρ(t)(v1) = ρ(t)(v1) = v1 sv2= ˜ρ(s)(v2)=ρ(s)(v2)= v1 tv2= ˜ρ(t)(v2) = ρ(t)(v2) =−v2 2. Sexa o grupo de permutacións Sn e a súa representación ρ , descritos en 4 de 1.8. Entón, basándonos na demostración de 1.12 a estrutura de K[Sn] -módulo do V , en cuxo grupo de automorsmos está a imaxe de ρ , queda determinada, para cada i∈ {1, ... , n} e cada σ∈Sn , do seguinte xeito: σvi=ρ(σ)(vi) = vσ(i). Particularizando en S3 , posto que é coñecido que dito grupo queda xerado por {(12),(123)} a estrutura de K[S3] -módulo de V queda denida por: (12)v1=ρ((12))(v1) = v2 (12)v2=ρ((12))(v2) = v1 (12)v3=ρ((12))(v3) = v3 (123)v1=ρ((123))(v1) = v2 (123)v2=ρ((123))(v2) = v3 (123)v3=ρ((123))(v3) = v1 3. Tomemos un grupo de orde nita G e a súa representación regular nun K -espazo vectorial V descritos en 5 de 1.8. Sabemos que V ten dimensión igual á orde de G , entón calquera V nestas condicións será isomorfo como K -espazo vectorial a K[G] , polo que en particular podemos supor que V=K[G] . Denamos agora en K[G] unha estrutura de K[G] -módulo basándonos en 1.12. Xa vimos que B={1·g1, ... , 1·gn} 1.2. K[G]-MÓDULOS. 9 constitúe unha base de K[G] ; entón, como dado un g∈G arbitrario para cada i∈ {1, ... , n} existe un único j∈ {1, ... , n} tal que ggi=gj , con gi, gj∈G , a estrutura de K[G] -módulo de K[G] queda determinada por g(1 ·gi) = ρreg(g)(1 ·gi) = 1 ·gj. Nótese que este exemplo ilustra que a representación regular dun determinado grupo G ten asociada o K[G] -módulo K[G] , polo que K[G] recibe o nome de K[G] - módulo regular . Teorema 1.15. Dúas representacións, ρ1 , ρ2 dun grupo G sobre un corpo K son equivalentes se, e só se, os K[G] -módulos correspondentes son isomorfos. Demostración. Supoñamos que ρ1:G−→ GL(V1) e ρ2:G−→ GL(V2) son dúas representacións equivalentes. Logo, existe un isomorsmo f:V1−→ V2 tal que ρ2(g) = fρ1(g)f−1 para todo g∈G . Vexamos que f é un K[G] -isomorsmo. Sexan α=Pαigi∈K[G] , v1∈V1 arbitrarios e ˜ρ1 , ˜ρ2 homomorsmos de aneis análogos ó ˜ρ empregado na demostración de 1.12. Vexamos que f(αv1) = αf(v1) : f(αv1) = f( ˜ρ1(α)(v1)) = f( ˜ρ1(Pαigi)(v1)) = f(Pαiρ1(gi)(v1)) = Pαif(ρ1(gi)(v1)) = Pαiρ2(gi)(f(v1)) = ˜ρ2(Pαigi)(f(v1)) = ˜ρ2(α)(f(v1)) = αf(v1). Reciprocamente, supoñamos f:V1−→ V2 homomorsmo de K[G] -módulos. Sexan ρ1 e ρ2 as representacións asociadas ós K[G] -módulos V1 e V2 , respectivamente, tales que ρ1(g)(v1) = gv1 , para g∈G e v1∈V1 e ρ2(g)(v2) = gv2 , para g∈G e v2∈V2. Por ser f isomorsmo de K[G] -módulos temos que f(gv1) = gf(v1) , para g∈G e v1∈V1. Así por ser o diagrama V1 ρ1(g)  f//V2 ρ2(g)  V1f //V2 conmutativo para todo g∈G e por f ser isomorsmo de K -espazos vectoriais, concluímos que ρ1 e ρ2 son representacións equivalentes. Co seguinte exemplo ilustraremos o enunciado no teorema previo: 10 CAPÍTULO 1. REPRESENTACIÓNS. Exemplo 1.16. Retomemos o C3 de 1.8. Denotemos simplemente como ρ a representación ρ3 alí tratada, que quedará denida do seguinte modo: ρ(1) = 1 0 0 1 !, ρ(g) = 0 1 −1−1! e ρ(g2) = −1−1 1 0 !. Sexa V o C -espazo vectorial, con base B= { v1, v2 } , de tal maneira que ρ interpretada como representación lineal é un homomorsmo de C3 en GL(V) . Entón V ten estrutura de C[C3] -módulo que, como {1, g, g2} constitúe unha base de C[C3] , queda determinada por: 1v1=ρ(1)(v1) = v11v2=ρ(1)(v2) = v2 gv1=ρ(g)(v1) = v2gv2=ρ(g)(v2) = −v1−v2 g2v1=ρ(g2)(v1) = −v1−v2g2v2=ρ(g2)(v2) = v1 Agora, sexa W outro C -espazo vectorial con base B0={w1, w2} , isomorfo a V vía f: V−→ W . Dito isomorsmo danos en W outra base, que pode ser por exemplo B00 = {f(v1) = w1, f(v2) = −w1+w2} . Logo W terá a estrutura de C[C3] -módulo descrita polo diagrama recollido na demostración de 1.15: 1w1=f◦ρ(1) ◦f−1(w1) = w11w2=f◦ρ(1) ◦f−1(w2) = w2 gw1=f◦ρ(g)◦f−1(w1) = −w1+w2gw2=f◦ρ(g)◦f−1(w2) = −w1 g2w1=f◦ρ(g2)◦f−1(w1) = −w2g2w2=f◦ρ(g2)◦f−1(w2) = w1−w2 Entón obtemos outra representación de C3 sobre C , que denominaremos ˜ρ e que é equivalente a ρ pois ˜ρ(g) = f◦ρ(g)◦f−1 para todo g∈C3. 1.3. Suma e subrepresentacións. Nesta derradeira sección do capítulo introduciremos as sumas de representacións, subrepresentacións e representacións cocientes, que serán unha ferramenta útil nos capítulos posteriores. Denición 1.17. Sexan G un grupo, K un corpo e ρ1 e ρ2 dúas representacións de G sobre K , ρ1:G−→ GL(m, K) e ρ2:G−→ GL(n, K) . A suma das representacións previas: ρ1Lρ2:G−→ GL(m+n, K) defínese como (ρ1Mρ2)(g)(i, j) =          ρ1(g)(i, j) se i, j ∈ {1, ... , m} ρ2(g)(i, j) se i, j ∈ {m+ 1, ... , m +n} 0 noutros casos , 1.3. SUMA E SUBREPRESENTACIÓNS. 11 é dicir: (ρ1Mρ2)(g) = ρ1(g) 0 0ρ2(g)!. Nota 1.18 . Debido á correspondencia entre representacións dun grupo G sobre un corpo K e os K[G] -módulos, podemos dicir que a suma de representacións é a representación asociada á suma directa dos K[G] -módulos correspondentes a cada unha das representacións sumadas. Tomemos agora ρ:G−→ GL(V) unha representación do grupo G sobre un corpo K con K[G] -módulo asociado V . Dado U⊂V K [G] -submódulo de V , temos que para todo g∈G , ρ(g)(U)⊂U e que U⊂V é K -espazo vectorial. Denición 1.19. Denomínase por subrepresentación de ρ á seguinte representación: ρ|U:G−→ GL(U) g7−→ ρ(g)/U . Unha representación cuxa imaxe veña dada para todo elemento do grupo por unha matriz da forma A0 0B! é suma de subrepresentacións. Do mesmo xeito, dado o K[G] -submódulo de V , U , tamén podemos denir o K[G] - módulo V/U que será, de igual modo, K -espazo vectorial. Denición 1.20. Deniremos representación cociente de ρ como a seguinte representación: ρ|V/U :G−→ GL(V/U) g7−→ ρ|V/U(g) onde ρ|V/U(g)(v+U) = ρ(g)(v) + U . Así, se tomamos unha base de V , BV={v1, ... , vt, vt+1, ... , vm} , tal que BU={v1, ... , vt} é unha base de U e BV/U ={vt+1 +U, ... , vm+U} é unha base de V/U , a imaxe da representación ρ correspóndese, para todo g∈G , cunha matriz da forma: ρ(g) = ρ|U(g)C 0ρ|V/U(g)! onde C=    a1,t+1 ... a1,m ... ... ... at,t+1 ... at,m     18 CAPÍTULO 2. REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. e cada ρi correspóndese co K[G] -submódulo simple Ui para i∈ {1, ... , t} ou co Wi para i∈ {t+ 1, ... , t +r} , da demostración previa. Exemplo 2.7. Un caso sinxelo do enunciado do teorema previo é o exemplo 2.5. Nel escribiamos o C[S3] -módulo V como suma directa dos C[S3] -submódulos U e W . Xa sabemos que U era C[S3] -submódulo irreducible, se agora demostramos que W tamén o é, teremos que este exemplo ilustra o teorema previo e a súa demostración. Recordemos que W=hv1−v2, v2−v3i e supoñamos que W ten un C[S3] -submódulo, ˜ W , non trivial, que sexa de dimensión 1 e da forma ˜ W=h˜wi , con ˜w=λ(v1−v2) + µ(v2−v3) , onde λ, µ ∈C . Isto suporía que (12)λ(v1−v2)+ µ(v2−v3) = λ(v2−v1) +µ(v1−v3). Polo tanto, para que se cumpra a igualdade (12) ˜w=α˜w , con α∈C distinto de 0 , µ= 0 ; entón ˜w será da forma λ(v1−v2) . Así (123)λ(v1−v2) = λ(v2−v3) , o que constitúe unha contradición, polo que W ten que ser irreducible. 2.3. Lema de Schur. A partir de agora, ademais de considerar G un grupo nito de orde n , traballaremos co corpo C , garantindo así que a característica do corpo non divida á orde do grupo. Ademais isto conlevará que as representacións coas que traballemos estean denidas tamén sobre C o que nos permitirá aproveitar propiedades de dito corpo. A continuación, probaremos o lema que dá nome á sección e que terá unha salientable utilidade para demostrar posteriores resultados: Lema 2.8 (Lema de Schur) . Sexan V e W dous C[G] -módulos simples. 1. Se θ:V−→ W é un C[G] -homomorsmo, verifícase que θ é un C[G] -isomorsmo ou que θ(v)=0 para todo v∈V . 2. Se θ:V−→ V é un C[G] -isomorsmo, θ é un múltiplo do C[G] -isomorsmo identidade. Demostración. 1. Supoñamos que θ(v)6= 0 para algún v∈V , entón Im(θ)6={0} . Como a imaxe de θ é un C[G] -submódulo de W e W é simple, tense que Im(θ) = W . Por outra parte, o núcleo de θ é á súa vez C[G] -submódulo de V ; como V é simple e Ker(θ)6=V , teremos que Ker(θ)=0 . Así, se existe algún v∈V para o cal θ(v)6= 0 , θ será isomorsmo. 2.3. LEMA DE SCHUR. 19 2. Sábese que θ ten que ter un autovalor λ∈C polo que Ker(θ−λId)6= 0 . Posto que θ−λId é un endomorsmo de módulos, Ker(θ−λId) é un C[G] -submódulo de V e por ser V simple tense que Ker(θ−λId) = V concluíndo que (θ−λId)(v)=0 para todo v∈V e consecuentemente θ=λId . Proposición 2.9. Sexa V un C[G] -módulo non nulo tal que todo C[G] -endomomorsmo de V é múltiplo da identidade. Entón V é simple. Demostración. Supoñamos que V non é simple. Entón, V terá algún C[G] -submódulo propio, U , e polo Teorema de Maschke , 2.4, existirá outro C[G] -submódulo de V , W , tal que V=ULW . Tomando agora π o C[G] -homomorsmo denido por π(u+w) = u para todo u∈U e w∈W , empregado na demostración de 2.4, obtemos que π non é múltiplo da identidade, chegando a unha contradición. Así, podemos concluír que V é simple. Corolario 2.10. Sexa ρ:G−→ GL(m, C) unha representación de G . Entón ρ é irreducible se, e só se, toda matriz A , m×m , vericando ρ(g)A=Aρ(g) para todo g∈G é da forma A=λIm con λ∈C. Demostración. Sexa A unha matriz m×m con entradas en C . O endomorsmo Cn−→ Cn v7−→ Av é C[G] -homomorsmo se, e só se, A(gv) = g(Av) para todo v∈C e g∈G ou equivalentemente se, e só se, ρ(g)A=Aρ(g) para todo g∈G . Agora por 2.8 e 2.9 tense o resultado. Exemplo 2.11. Retomemos a representación de C3 descrita en 2 de 1.8 que viña dada por ρ(g) = 0 1 −1−1! posto que a matriz anterior conmuta coa imaxe por ρ de tódolos elementos de C3 , polo corolario previo, temos que ρ é completamente reducible pois ρ(g) non é múltiplo da identidade. 20 CAPÍTULO 2. REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. Proposición 2.12. Supoñamos que G é un grupo abeliano. Entón, todo C[G] -módulo simple, V, ten dimensión 1 . Demostración. Por ser G abeliano temos que dado h∈G cúmprese que hgv =ghv para todo g∈G e todo v∈V . En consecuencia, temos que o endomorsmo V−→ V v7−→ hv é C[G] -isomorsmo. Logo polo Lema de Schur , 2.8, temos que dito C[G] -isomorsmo é múltiplo do C[G] -isomorsmo identidade, polo que todo subespazo de V é tammén C[G] - submódulo. Como V é simple, necesariamente terá dimensión 1 . Proposición 2.13. Sexa ρ unha representación de G en V . Dado g∈G de orde r , existe unha base B de V tal que (ρ(g))B é diagonal. Ademais, os coecientes non nulos de (ρ(g))B son raíces r -ésimas da unidade. Demostración. Sexa H=hgi . Entón V terá estrutura de C[H] -módulo pois, se denotamos por i o homomorsmo inclusión de H en G , é sinxelo ver que ρ◦i é unha representación de H cuxo C[H] -módulo asociado é V . Así, en base a 2.6, V=U1L···LUt onde os Ui con i∈ {1, ... , t} son C[H] -submódulos simples de V. Posto que todo grupo cíclico é abeliano, por 2.12 sabemos que cada Ui ten dimensión 1 . Logo, tomando para cada i un ui que xere Ui e denotando por ω1, ... , ωr as raíces r -ésimas da unidade, obtemos por 2 de 1.8 que, para toda representación ρ de G en V , gui=ρ(g)(ui) = ωiui, con ωi∈ {ω1, ... , ωr} . En consecuencia, se tomamos B={u1, ... , ut} como base de V temos que (ρ(g))B=    ω1... 0 ... ... ... 0... ωt    . 2.4. Número de representacións irreducibles. Esta sección será a principal do capítulo, pois nela introduciranse os resultados precisos para saber cantas representacións irreducibles non equivalentes ten un determinado grupo. En primeiro lugar veranse unha serie de enunciados que permitirán establecer unha cota superior para dita cantidade de representacións irreducibles. Proposición 2.14. Sexa V un C[G] -módulo e supoñamos que V=U1M···MUt, 2.4. NÚMERO DE REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. 21 onde cada Ui é un C[G] -submódulo simple de V . Se U é un C[G] -submódulo simple de V , entón é isomorfo a algún Ui , con i∈ {1, ... , t} . Demostración. Sexa u∈U non nulo. Por hipótese, sabemos que u pode ser escrito de forma única como u=u1+···+ut con ui∈Ui para cada i∈ {1, ... , t} . Para probar que U é isomorfo a algún Ui , consideremos i∈ {1, ... , t} tal que ui6= 0 e denimos πi:U−→ Ui por πi(u) = ui . Esta aplicación é trivialmente un C[G] -homomorsmo de módulos. Por outra parte, como U e Ui son simples e πi6= 0 , o Lema de Schur , 2.8, dános que πi é un C[G] -isomorsmo e, en consecuencia, U e Ui son C[G] -módulos isomorfos. Proposición 2.15. Sexan V e W dous C[G] -módulos e θ:V−→ W un C[G] -homomorsmo. Entón existe un C[G] -submódulo de V , U , tal que V=Ker(θ)LU e U∼ =Im(θ) . Demostración. É sabido que Ker(θ) é un C[G] -submódulo de V ; así, polo Teorema de Maschke , 2.4, existe outro C[G] -submódulo de V , U , tal que V=Ker(θ)LU . Denimos agora o seguinte C[G] -homomorsmo: ˜ θ:U−→ Im(θ) u7−→ θ(u). Posto que, por hipótese, θ é C[G] -homomorsmo, é claro que ˜ θ tamén o é. Vexamos agora que ademais ˜ θ é C[G] -isomorsmo. Se u∈Ker(˜ θ) , u∈Ker(θ)∩U= 0 , logo Ker(˜ θ)=0 . Falta probar que ˜ θ é sobrexectivo, para isto sexa w∈Im(θ) tal que w=θ(v) para algún v∈V . Posto que V=Ker(θ)LU , podemos escribir v=u0+u con u0∈Ker(θ) e u∈U . Entón temos que w=θ(v) = θ(u0) + θ(u) = θ(u) = ˜ θ(u) e, polo tanto, Im(θ) = Im(˜ θ) . Así, temos probado que ˜ θ é C[G] -isomorsmo e que U∼ =Im(θ) . Teorema 2.16. Sexa C[G] o C[G] -módulo regular. Supoñamos C[G] = U1M···MUt onde cada Ui é un C[G] -submódulo simple de C[G] . Se W é un C[G] -módulo simple, entón é isomorfo a algún Ui , con i∈ {1, ... , t} . Demostración. Sexa W un C[G] -módulo simple e sexa w∈W un vector non nulo. É claro que {αw |α∈C[G]} é un C[G] -submódulo non trivial de W , pero como W é simple tense que W={αw |α∈C[G]} . Denimos agora θ:C[G]−→ W α7−→ αw 22 CAPÍTULO 2. REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. que é C[G] -homomorsmo por vericar que θ(α+α0) = (α+α0)w=αw+α0w=θ(α)+θ(α0) e que θ(αα0)=(αα0)w=t(α0w) = rθ(α0) , con α, α0∈C[G] . Ademais é claro que W= Im(θ) , é dicir que θ é un C[G] -epimorsmo. Por outra parte, por 2.15, sabemos que existe un C[G] -submódulo de C[G] , U , tal que C[G] = Ker(θ)LU e U∼ =Im(θ) = W . Como W é simple, U tamén o será, e por 2.14, obtemos que U∼ =Ui para algún i∈ {1, ... , t} polo que W∼ =Ui . Nótese que do anterior teorema extraemos que para atopar os C[G] -módulos simples necesitamos descompor o C[G] -módulo regular, C[G] , en suma directa de C[G] -submódulos simples e que o número de C[G] -módulos simples non isomorfos, é como moito t , onde t é o número de C[G] -submódulos simples que forman parte da suma directa á que é igual C[G] . En termos de representacións, podemos expresar ρreg como ρreg =ρ1L···Lρt. Nesta situación, dedúcese facilmente que o número de representacións irreducibles non equivalentes dun grupo nito G é como moito t . A continuación ilustraremos isto cun par de exemplos, pero en xeral non é un método práctico para estudar os C[G] -módulos simples: Exemplos 2.17. 1. Sexa o grupo C3=g|g3= 1 e sexa ω=e2πi/3 . Retomemos a representación regular dun grupo cíclico xenérico descrita en 5 de 1.8 e particularicémola para C3 sobre o corpo C . Por ser a representación regular terá asociada o C[C3] -módulo regular, C[C3] . Sexa entón a representación ρreg :C3−→ GL(3,C), denida por ρreg(g) =     001 100 010    . É sinxelo ver que os autovalores de ρreg(g) son 1 , ω e ω2 , as raíces cúbicas da unidade, e que os autovectores asociados son: u0= 1 + g+g2, u1= 1 + ω2g+ωg2, u2= 1 + ωg +ω2g2. Posto que u0, u1, u2 son autovectores asociados a autovalores distintos, son linealmente independentes. Como ademais C[C3] ten dimensión 3 , B={u0, u1, u2} constitúe unha base de dito espazo vectorial. 2.4. NÚMERO DE REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. 23 En relación á estrutura de C[C3] -módulo de C[C3] , esta queda determinada para cada i∈ {0,1,2} por gui=ρreg(g)ui=ωiui. Así, deducimos que os Ui=huii para i∈ {0,1,2} son C[C3] -submódulos simples de C[C3] tales que C[C3] = U0LU1LU2 e que as representacións irreducibles asociadas a cada Ui , en base a 1.12, son aquelas que cumpren que ρi(gj) = wij con i, j ∈ {0,1,2} . Polo tanto, empregando o teorema previo temos que todo C[C3] -módulo simple, U , é isomorfo a un Ui e, consecuentemente, o número máximo de representacións irreducibles non equivalentes de C3 é tres. 2. Sexa o grupo D6=s, t :s3=t2= 1, t−1st =s−1 . É coñecido que dito grupo é isomorfo ó grupo simétrico S3 , por elo será sinxelo establecer a representación regular de D6 a partir da representación regular de S3 construída en 5 de 1.8. Así, dita representación quedará determinada polas imaxes dos xeradores de D6 , t e s : ρreg(t) =            010000 100000 000001 000010 000100 001000            e ρreg(s) =            000001 000100 010000 001000 100000 000010            . Nótese que, por ser a representación regular, o C[D6] -módulo correspondente será o propio C[D6] ó cal asociamos a base B={1, t, st, s2t, s, s2} . Nesta situación é fácil comprobar que ρreg(s) ten tres autovalores dobres, 1 , ω e ω2 con autovectores asociados u0= 1 + s+s2w0=t+st +s2t u1= 1 + ω2s+ωs2w1=t+ω2st +ωs2t u2= 1 + ωs +ω2s2w2=t+ωst +ω2s2t que son linealmente independentes. Así os autovectores forman outra base de C[D6] e a estrutura de C[D6] -módulo queda determinada do seguinte xeito: sui=ωiui e swi=ωiwi con i∈ {0,1,2} tu0=w0tw0=u0 tu1=w2tw1=u2 tu2=w1tw2=u1. Por tanto, podemos concluír que hu0, w0i , hu1, w2i e hu2, w1i son C[D6] -submódulos. Ademais hu1, w2i e hu2, w1i son simples, o que se pode comprobar seguindo un proceso análogo ó feito en 2.7. Porén, hu0, w0i non o é xa que podemos comprobar que 24 CAPÍTULO 2. REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. hu0+w0i e hu0−w0i son C[D6] -submódulos simples de hu0, w0i . Así temos a seguinte suma directa de C[D6] -submódulos simples: C[D6] = U1LU2LU3LU4, onde U1=hu0+w0i , U2=hu0−w0i , U3=hu1, w2i e U4=hu2, w1i . Do anterior e en base a 1.12 tamén se extrae, coma no caso previo, que as representacións irreducibles de D6 asociadas ós Ui con i∈ {1,2,3,4} , ρi , quedan determinadas da seguinte forma: ρ1(s)=1, ρ1(t) = 1, ρ2(s)=1, ρ2(t) = −1, ρ3(s) = ω0 0ω2!, ρ3(t) = 0 1 1 0 !, ρ4(s) = ω20 0ω! e ρ4(t) = 0 1 1 0 !. Ademais, polo teorema previo temos que todo C[D6] -módulo simple, U , é isomorfo a un Ui con i∈ {1,2,3,4} e, consecuentemente, o número máximo C[D6] -módulos simples non isomorfos é 4 . A continuación, introduciremos os elementos precisos para poder determinar a cantidade de representacións irreducibles non equivalentes dun grupo G . Se V e W son dous C[G] -módulos denotaremos por HomC[G](V, W) ó C -espazo vectorial dos C[G] -homomorsmos de V en W . Proposición 2.18. Supoñamos que V e W son C[G] -módulos simples. Entón dim(HomC[G](V, W)) =    1 se V∼ =W, 0 se VW. Demostración. Se VW tense o requerido polo Lema de Schur (2.8). Se V∼ =W , sexa un C[G] -isomorsmo θ:V−→ W . Tomando φ∈HomC[G](V, W) , obtemos que φ−1◦θ é un C[G] -isomorsmo de V en V . Logo, polo Lema de Schur (2.8), existirá un λ∈C tal que φ−1◦θ=λIdV. Polo tanto θ=λφ e, como consecuencia, dim(HomC[G](V, W)) = 1 . Proposición 2.19. Sexan V , V1 , V2 e W , W1 e W2C[G] -módulos. Logo: 1. dim(HomC[G](V, W1LW2)) = dim(HomC[G](V, W1)) + dim(HomC[G](V, W2)). 2. dim(HomC[G](V1LV2, W)) = dim(HomC[G](V1, W)) + dim(HomC[G](V2, W)). Demostración. 2.4. NÚMERO DE REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. 25 1. Consideremos as aplicacións π1:W1LW2−→ W1 w1+w27−→ w1 π2:W1LW2−→ W2 w1+w27−→ w2. Podemos ver facilmente que estas aplicacións son C[G] -homomorsmos. Se agora tomamos θ∈HomC[G](V, W1LW2) , teremos que π1◦θ∈HomC[G](V, W1) e π2◦θ∈ HomC[G](V, W2) . Nesta situación denimos: f:HomC[G](V, W1LW2)−→ HomC[G](V, W1)LHomC[G](V, W2) θ7−→ (π1◦θ, π2◦θ). Se agora comprobamos que f é un isomorsmo de espazos vectoriais teremos o desexado. Que f é unha aplicación lineal é claro. Veriquemos agora que f é sobrexectiva, para iso tomemos φ1∈HomC[G](V, W1) e φ2∈HomC[G](V, W2) . Entón podemos denir unha aplicación φ∈HomC[G](V, W1LW2) tal que φ(v) = φ1(v) + φ2(v) para todo v∈V . Así temos que dados φ1 e φ2 arbitrarios atopamos un φ tal que f(φ)=(φ1, φ2) polo que f é sobrexectiva. Tomemos agora un elemento θ∈Ker(f) , logo π1◦θ(v)=0 e π2◦θ(v)=0 para todo v∈V e xa que θ(v)=(π1+π2)(θ(v)) temos que θ= 0 e polo tanto f inxectiva. 2. Sexa agora θ∈HomC[G](V1LV2, W ) . Considerando as restricións de θ a V1 e V2 denimos h:HomC[G](V1LV2, W)−→ HomC[G](V1, W)LHomC[G](V2, W) θ7−→ (θ/V1, θ/V2) que é un monomorsmo. Sexan agora φ1∈HomC[G](V1, W ) e φ2∈HomC[G](V2, W) . Entón podemos denir unha aplicación φ∈HomC[G](V1LV2, W) tal que φ(v1+ v2) = φ1(v1) + φ2(v2) para todo v1∈V1 e v2∈V2 . Así temos que dados φ1 e φ2 arbitrarios, atopamos un φ tal que h(φ)=(φ1, φ2) , polo que h é tamén sobrexectiva. Corolario 2.20. Nas hipóteses da proposición anterior: dim(HomC[G](V1M···MVt, W1M···MWr)) = t X i=1 r X j=1 dim(HomC[G](Vi, Wj)). Corolario 2.21. Sexa V un C[G] -módulo e supoñamos que V=U1M···MUt, 26 CAPÍTULO 2. REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. onde cada Ui é un C[G] -módulo simple. Se W é un C[G] -módulo simple, as dimensións de HomC[G](V, W) e HomC[G](W, V ) son iguais ó número de C[G] -módulos Ui , con i∈ {1, ... , t} , isomorfos a W . Demostración. Polo corolario previo, 2.20, sabemos que dim(HomC[G](V, W)) = t X i=1 dim(HomC[G](Ui, W)) dim(HomC[G](W, V )) = t X i=1 dim(HomC[G](W, Ui)). Ademais, pola proposición 2.18, dim(HomC[G](Ui, W)) = dim(HomC[G](W, Ui)) =    1 se Ui∼ =W, 0 se UiW. Agora, se denotamos por k o número de C[G] -módulos Ui , con i∈ {1, ... , t} , isomorfos a W , conclúese facilmente que dim(HomC[G](V, W)) = k=dim(HomC[G](W, V )) . Proposición 2.22. Se U é un C[G] -módulo, dim(HomC[G](C[G], U)) = dim(U). Demostración. Sexa d=dim(U) . Tomemos unha base de U , BU={u1, ... , ud} . Denamos para cada i∈ {1, ... , d} o seguinte homomorsmo de C[G] -módulos: φi:C[G]−→ U α7−→ αui. φi∈HomC[G](C[G], U) xa que para todo α, α0∈C[G] verifícase que φi(αα0)=(αα0)ui= α(α0ui) = αφi(α0). Procedemos agora a probar que φ1, ... , φd constitúen unha base de HomC[G](C[G], U) . Para isto tomamos φ∈HomC[G](C[G], U) arbitrario. Logo, para λi∈C , φ(1) = λ1u1+··· +λdud . Posto que φ∈HomC[G](C[G], U) tense que φ(α) = αφ(1) = αλ1u1+··· +rλdud=α(λ1φ1+··· +λdφd) para todo α∈C[G] . Así, φ= λ1φ1+···+λdφd , polo que {φ1, ... , φd} é un conxunto de xeradores de HomC[G](C[G], U) . A continuación, imos ver que é un conxunto linealmente independente, para isto consideramos unha combinación lineal λ1φ1+···+λdφd= 0 cos λi∈C e, evaluando en 1 , obtemos que 0 = λ1u1+··· +λdud, polo que para todo i , λi= 0 . Así chegamos a que φ1, ... , φd son linealmente independentes, e como xa sabiamos que eran un conxunto de xeradores de HomC[G](C[G], U) , podemos dicir que constitúen unha base. Concluímos por tanto que dim(HomC[G](C[G], U)) = dim(U). 2.4. NÚMERO DE REPRESENTACIÓNS IRREDUCIBLES. 27 Tomemos o C[G] -módulo C[G] e supoñamos que C[G] = U1L···LUt, onde Ui é un C[G] -módulo simple para todo i∈ {1, ... , t} . Entón verifícase: Corolario 2.23. Dado calquera C[G] -módulo simple U , o número de C[G] -módulos Ui isomorfos a U é igual a dim(U) . Demostración. Pola proposición previa, 2.22, temos que dim(U) = dim(HomC[G](C[G], U)). Agora, polo corolario 2.21, o anterior é igual ó número de Ui isomorfos a U . Nótese que, polos resultados anteriores, temos que da expresión como suma directa dun número nito de C[G] -submódulos simples do C[G] -módulo regular, C[G] = U1L···LUt, podemos extraer un subconxunto maximal de {U1, ... , Ut} , {U1, ... , Us} con s≤t , que sexa un conxunto maximal de C[G] -módulos simples non isomorfos. Teremos entón o seguinte corolario: Corolario 2.24. Dado {U1, ... , Us} un conxunto maximal de C[G] -módulos simples non isomorfos, todo C[G] -módulo V pode expresarse como V∼ =(U1M···MU1)M···M(UsM···MUs). Demostración. A proba séguese directamente de 2.6, 2.16 e 2.23. En termos de representacións, exportando o obtido para C[G] -módulos, conclúese que dada a representación regular do grupo G , ρreg =ρ1L···Lρt , podemos tomar un subconxunto maximal de {ρ1, ... , ρt} , {ρ1,··· , ρs} con s≤r , que sexa un conxunto maximal de representacións irreducibles non equivalentes de G e, analogamente ó caso previo, podemos concluír que dado {ρ1, ... , ρs} un conxunto maximal de representacións irreducibles non equivalentes de G temos que toda representación de G , ρ , é equivalente a unha da forma (ρ1M···Mρ1)M···M(ρsM···Mρs). Exemplos 2.25. Retomemos os exemplos de 2.17. 1. Do primeiro exemplo obtiñamos que C[C3] = U1LU2LU3. Agora podemos dicir en base ó corolario previo, que posto que tódolos Ui con i∈ {1,2,3} teñen dimensión 1 , non son isomorfos. Así, existen exactamente tres representacións irreducibles non equivalentes de C3 , unha asociada a cada Ui que son as descritas en 2.17. 34 CAPÍTULO 3. CARACTERES DE REPRESENTACIÓNS. Ademais, dado un C[G] -módulo V , en base a 1.13, existe unha representación ρ tal que, para cada g∈G , verica que ρ(g)(v) = gv para todo v∈V . Así, o carácter do C[G] -módulo V denirase do mesmo xeito que o carácter da representación ρ asociada. Os caracteres asociados ás representacións de G ou a C[G] -módulos denomínanse en xeral caracteres de G . Ademais, nun determinado carácter asociado a unha representación ou a un C[G] -módulo defínese o grao como o grao da representación ou como a dimensión do C[G] -módulo citados. Dirase que un carácter é irreducible se está asociado a unha representación irreducible ou equivalentemente a un C[G] -módulo simple. Deseguido probaremos as principais propiedades dos caracteres: Proposición 3.12. 1. C[G] -módulos isomorfos teñen o mesmo carácter. 2. Os caracteres son constantes sobre clases de conxugación de G . 3. O carácter asociado a unha suma directa nita de C[G] -módulos é a suma dos caracteres de cada un dos C[G] -módulos sumados. Demostración. 1. Sexan V1 e V2 dous C[G] -módulos isomorfos e ρ1 , ρ2 as súas representacións asociadas, que son equivalentes. Logo, existe unha matriz invertible T tal que para todo g∈G , Tρ1(g)T−1=ρ2(g) . Así, para todo g∈G temos que χ2(g) = tr(ρ2(g)) = tr(Tρ1(g)T−1) = tr(ρ1(g)) = χ1(g) , onde a terceira igualdade débese a 3.10. 2. Sexan g e g0 elementos conxugados de G , g0=hgh−1 para certo h∈G . Logo, dado χ un carácter arbitrario de G , temos que χ(g0) = χ(hgh−1) = tr(ρ(hgh−1)) = tr(ρ(h)ρ(g)ρ(h)−1) = tr(ρ(g)) = χ(g), onde a cuarta igualdade débese a 3.10. 3. Farémolo para o caso da suma directa de dous C[G] -módulos, V=V1LV2 . Para un maior número de sumandos bastaría aplicar indución. Por 1.18 a representación asociada a V será da forma ρ=ρ1Lρ2 . Así, tense que, para todo g∈G ρ(g) = ρ1(g) 0 0ρ2(g)! de onde extraemos facilmente que, se χ, χ1, χ2 son os caracteres asociados a ρ, ρ1, ρ2 respectivamente, χ(g) = χ1(g) + χ2(g) para todo g∈G . 3.2. CARACTERES E AS SÚAS PROPIEDADES. 35 Nota 3.13 . En termos de representacións, na proposición previa teriamos, por 1, que representacións equivalentes teñen o mesmo carácter asociado e por 3 que o carácter asociado á suma nita de representacións é a suma dos caracteres de cada unha das representacións sumadas. Proposición 3.14. Sexa χ un carácter unidimensional. Entón, χ é un homomorsmo de grupos. Demostración. Tomemos g, g0∈G e vexamos que χ(gg0) = χ(g)χ(g0) , pero isto é sinxelo porque ó ter χ grao 1 tense que tr(ρ(g)) = ρ(g) para todo g∈G . Así, χ(gg0) = ρ(gg0) = ρ(g)ρ(g0) = χ(g)χ(g0). Proposición 3.15. Sexa χ o carácter dunha representación ρ:G−→ GL(m, C) , V o C[G] -módulo asociado a ρ e g un elemento de G de orde r . Entón verifícanse: 1. χ(e) = dim(V) = m . 2. χ(g) é suma de m raíces r -ésimas da unidade. 3. χ(g−1) = χ(g) . 4. χ(g) é un número real se g é conxugado de g−1 . Demostración. 1. Sexa m=dimV . Tense que: χ(e) = tr(ρ(e)) = tr(Im) = m. 2. Por 2.13 existe unha base B de V tal que (ρ(g))B é unha matriz diagonal cuxos coecientes non nulos son m raíces r -ésimas da unidade que denotaremos ω1, ... , ωm . Consecuentemente, χ(g) = ω1+···+ωm. 3. Do anterior deducimos que os coecientes non nulos de (ρ(g)−1)B son ω−1 1, ... , ω−1 m , polo que χ(g−1) = ω−1 1+···+ω−1 m . Posto que para toda raíz r -ésima da unidade ω tense que ¯ω=ω−1 , podemos concluír que χ(g−1) = ω1+···+ωm=χ(g). 4. Se g é conxugado de g−1 , por 3.10, tense que χ(g) = χ(g−1) e, polo anterior, χ(g) = χ(g−1) . Disto extraemos que χ(g) = χ(g) e, polo tanto, χ(g) é un número real. Denición 3.16. Se χ é un carácter de G denimos o seu núcleo como: Ker(χ) = {g∈G|χ(g) = χ(e)} . 36 CAPÍTULO 3. CARACTERES DE REPRESENTACIÓNS. Teorema 3.17. Sexa unha representación ρ:G−→ GL(m, C) con carácter asociado χ . Entón: 1. Para todo g∈G tense que |χ(g)| ≤ m e ademais |χ(g)|=m se, e só se, ρ(g) = λIm . 2. Ker(χ) = Ker(ρ) . Demostración. 1. Por 3.15, sabemos que, dado g∈G de orde r e arbitrario, χ(g) = ω1+··· +ωm , onde os ωi con i∈ {1, ... , m} son raíces r -ésimas da unidade. En consecuencia, |χ(g)|=|ω1+···+ωm| ≤ |ω1|+···+|ωm|=m e a igualdade só se dá se os argumentos das m raíces r -ésimas son iguais, polo que sempre se ten que |χ(g)| ≤ m e ademais se |χ(g)|=m necesariamente ρ(g) = λIm , con λ unha raíz r -ésima da unidade. Reciprocamente, se tomamos g∈G de orde r e ρ(g) = λIm con λ∈C , dedúcese que λ é unha raíz r -ésima da unidade, xa que χ(g) = mλ e por 3.15 χ(g) é suma de m raíces r -ésimas da unidade. Entón, concluímos que |χ(g)|=m . 2. Se g∈Ker(ρ) , ρ(g) = Im polo que χ(g) = m=χ(e) e g∈Ker(χ) . Reciprocamente, supoñamos que g∈Ker(χ) , polo que χ(g) = χ(e) = m . Así, do apartado anterior deduciriamos que ρ(g) = λIm para algún λ∈C . Pero entón χ(g) = λχ(e) , polo que necesariamente λ= 1 , ρ(g) = Im e g∈Ker(ρ) . Exemplos 3.18. 1. Tomemos a representación de Cn , ρ , recollida en 2 de 1.8, particularizada en C3 e determinada por: ρ(1) =     100 010 001    , ρ(g) =     1 0 0 0ω0 0 0 ω2     e ρ(g2) =     1 0 0 0ω20 0 0 ω    . Temos que o carácter asociado χ verica que χ(1) = 3 , χ(g) = 0 e χ(g2)=0 . Polo tanto Ker(χ) = {1} . 2. Sexa S3 coa representación 4 de 1.8. Pola denición de carácter temos que χ(1) = 3 , χ((12)) = 1 , χ((13)) = 1 , χ((23)) = 1 , χ((123)) = 0 e χ((132)) = 0 . Como consecuencia Ker(χ) = {1} . Neste exemplo, ilústrase tamén a coincidencia da imaxe do carácter en elementos conxugados (3 de 3.2). Do mesmo xeito, por ser S3 isomorfo 3.2. CARACTERES E AS SÚAS PROPIEDADES. 37 a D6 , este carácter está ligado a unha representación de D6 . É dicir, existe unha representación de D6 cuxo carácter é χ , de modo que se verica que χ(1) = 3 , χ(t) = 1 , χ(st)=1 , χ(s2t) = 1 , χ(s) = 0 e χ(s2)=0. 3. Sexa D8 coa representación 3 de 1.8. Entón o carácter asociado verica χ(e)=2 , χ(s)=0 , χ(s2) = −2 , χ(s3)=0 , χ(t)=0 , χ(st)=0 , χ(s2t)=0 , χ(s3t)=0 , e polo tanto Ker(χ) = {1} . Neste exemplo ilústrase, como no anterior, a coincidencia da imaxe do carácter en elementos conxugados (3 de 3.2), pero tamén constitúe un contraexemplo da falsedade do recíproco. Sabemos, polo visto no capítulo previo, que toda representación irreducible dun grupo é equivalente a unha subrepresentación da representación regular. Así, é interesante destacar entre os caracteres asociados a dita representación o seguinte: Denición 3.19. Denimos carácter regular , χreg como o carácter da representación regular dun grupo ou equivalentemente como o carácter do C[G] -módulo regular C[G] . Proposición 3.20. Se χreg é o carácter regular de G , temos que 1. χreg(e) = |G|. 2. χreg(g) = 0 se g6=e . Demostración. 1. Sexan g1, ... , gn os elementos de G . É coñecido que ditos elementos forman unha base B de C[G] . Logo, por 3.15 temos que χreg(e) = dim(C[G]) = |G| . 2. Sexa agora g∈G , g6=e . É coñecido que ggi=gj con i, j ∈ {1, ... , n} distintos. Logo temos que os elementos da diagonal de (ρreg(g))B son nulos polo que χreg(g)=0 . Exemplos 3.21. Retomemos os exemplos vistos en 2.17 e 2.25: 1. Dado C3 coa súa representación regular, vemos que o carácter asociado cumpre 3.20 pois χreg(1) = 3 , χreg(g) = 0 , χreg(g2) = 0 , polo que Ker(χreg) = {1} . Por outra banda, en relación coas tres representacións irreducibles obtidas anteriormente, temos que os caracteres irreducibles asociados cumpren χ1(1) = 1, χ1(g)=1, χ1(g2)=1, χ2(1) = 1, χ2(g) = ω, χ2(g2) = ω2, 38 CAPÍTULO 3. CARACTERES DE REPRESENTACIÓNS. χ3(1) = 1, χ3(g) = ω2, χ3(g2) = ω. Así, este exemplo ilustra que o carácter asociado a unha suma de representacións é a suma dos caracteres asociados a cada sumando, pois para todo g0∈C3 tense que χreg(g0) = χ1(g0) + χ2(g0) + χ3(g0). 2. O carácter regular de D6 tamén verica 3.20: χreg(1) = 6 , χreg(s)=0 , χreg(s2)=0 , χreg(t)=0 , χreg(st)=0 , χreg(s2t)=0 , polo que Ker(χreg) = {1} . No referente ás representacións irreducibles cuxa suma é igual á regular, obtidas previamente, temos que os caracteres irreducibles asociados cumpren χ1(1) = 1, χ1(s)=1, χ1(s2) = 1, χ1(t) = 1, χ1(st) = 1, χ1(s2t) = 1, χ2(1) = 1, χ2(s) = 1, χ2(s2)=1, χ2(t) = −1, χ2(st) = −1, χ2(s2t) = −1, χ3(1) = 2, χ3(s) = −1, χ3(s2) = −1, χ3(t) = 0, χ3(st)=0, χ3(s2t)=0, χ4(1) = 2, χ4(s) = −1, χ4(s2) = −1, χ4(t)=0, χ4(st)=0, χ4(s2t)=0. Cabe destacar a coincidencia dos caracteres χ3 e χ4 por provir das representacións equivalentes ρ3 e ρ4 , respectivamente. Do mesmo xeito, nos distintos caracteres de D6 apréciase a súa coincidencia en elementos da mesma clase de conxugación. Ademais, este exemplo, como o anterior, ilustra que o carácter asociado a unha suma de representacións é a suma dos caracteres asociados a cada sumando, pois para todo g∈D6 tense que χreg(g) = χ1(g) + χ2(g) + χ3(g) + χ4(g). 3.3. Relacións de ortogonalidade. Veremos nesta sección que no C -espazo vectorial CG , do conxunto de funcións de G en C , pódese denir un produto interior, polo que en particular os caracteres, ó herdar dito produto, presentan unha serie de características vinculadas ó mesmo, as relacións de ortogonalidade, que constituirán un potente recurso para traballar con eles. En CG podemos denir para calquera dous elementos θ, φ ∈CG , o seguinte produto: hθ, φi=1 |G|X g∈G θ(g)φ(g). Que é produto interior é claro pois verifícase: 1. hθ, φi=hφ, θi para todo θ, φ ∈CG . 2. hλ1θ1+λ2θ2, φi=λ1hθ1, φi+λ2hθ2, φi para todo θ1, θ2, φ ∈CG e todo λ1, λ2∈C . 3.3. RELACIÓNS DE ORTOGONALIDADE. 39 3. hθ, θi ≥ 0 . A igualdade só se dá se θ= 0 . A partir de agora traballaremos co produto interior denido, tomando en particular χ, γ ∈CG que ademais sexan caracteres, o que nos permitirá empregar propiedades dos mesmos para simplicar o cálculo do produto interior previo para este caso. Proposición 3.22. Supoñamos que G ten s clases de conxugación con representantes g1, ... , gs e sexan χ, γ caracteres en G . Entón verifícase: 1. hχ, γi=hγ, χi=1 |G|Pg∈Gχ(g)γ(g−1) e é un número real. 2. hχ, γi=Ps i=1 χ(gi)γ(gi) |CG(gi)|. Demostración. 1. Por 3.15 sabemos que γ(g−1) = γ(g) para todo g∈G . En consecuencia, hχ, γi=1 |G|X g∈G χ(g)γ(g−1). Posto que podemos expresar G como G={g−1|g∈G} temos que hχ, γi=1 |G|X g∈G χ(g−1)γ(g) = hγ, χi. Así, como ademais hχ, γi=hγ, χi , obtemos que hχ, γi é real. 2. Xa que os caracteres son constantes en clases de conxugación por 3.12, para todo gG i , X g∈gG i χ(g)γ(g) = |gG i|χ(gi)γ(gi). Logo, por 3.4 e 3.7 temos que: hχ, γi=1 |G|X g∈G χ(g)γ(g) = 1 |G| s X i=1 X g∈gG i χ(g)γ(g) = s X i=1 |gi|G |G|χ(gi)γ(gi) = s X i=1 χ(gi)γ(gi) |CG(gi)|. A continuación, veremos a relación existente entre as propiedades das representacións e as relacións de ortogonalidade dos seus correspondentes caracteres: 40 CAPÍTULO 3. CARACTERES DE REPRESENTACIÓNS. Teorema 3.23 (Relacións de ortogonalidade) . Sexan ρ1 e ρ2 dúas representacións arbitrarias, irreducibles e non equivalentes do grupo G e χ1 e χ2 os seus caracteres asociados. Entón, hχ1, χ1i= 1, hχ1, χ2i= 0. Demostración. Sexan ρi:G−→ GL(Vi) con i∈ {1,2} , f unha aplicación lineal arbitraria entre os C[G] -módulos V1 e V2 , de dimensións m1 e m2 respectivamente, e ¯ f a aplicación lineal ¯ f:V1−→ V2 v−→ 1 |G|Pg∈Gg−1f(gv) que ademais é homomorsmo de C[G] -módulos: ¯ f(g0v) = 1 |G|X g∈G g−1f(gg0v) = g0(1 |G|X g∈G (gg0)−1f(gg0v)) = g0¯ f(v). Tomemos B1 e B2 bases de V1 e V2 respectivamente, e denotemos por ρi(g) a (ρi(g))Bi , con i∈ {1,2} e por A e ¯ A as matrices asociadas a f e ¯ f respecto das bases B1 e B2 . Así ¯ Aij =1 |G|X g∈G m1 X k=1 m2 X l=1 ρ1(g)ikAklρ2(g−1)lj. Posto que ρ1 e ρ2 non son equivalentes, o Lema de Schur , 2.8, conclúe que ¯ f= 0 independentemente da f escollida, polo que ¯ A= 0 e, en particular, supondo que Aij = 1 e Akl = 0 cando (i, j)6= (k, l) , temos que 0 = 1 |G|X g∈G ρ1(g)iiρ2(g−1)jj. En consecuencia, hχ1, χ2i=1 |G|X g∈G χ1(g)χ2(g−1)=0. Por outra banda é obvio que ρ1 é equivalente a si mesma, se tomamos ρ2=ρ1 , en base a 1.15 e polo Lema de Schur , 2.8, ¯ f(v) = λv para certo λ∈C . O valor de λ depende de f e podemos calculalo. En primeiro lugar, obtemos que m1λ=tr(¯ f) = 1 |G|X g∈G tr(ρ1(g−1)◦f◦ρ1(g)) = 1 |G|X g∈G tr(f) = tr(f), polo que λ=tr(f) m1 . No caso i6=j , tomando Aij = 1 e Akl = 0 cando (i, j)6= (k, l) , obtemos 0 = 1 |G|X g∈G ρ1(g−1)iiρ1(g)jj. 3.3. RELACIÓNS DE ORTOGONALIDADE. 41 Porén, con i=j e as restantes condicións invariantes, tr(f)=1 polo que 1 m1 =1 |G|X g∈G (ρ1(g−1))ii(ρ1(g))ii, do que se deduce que hχ1, χ1i=1 |G|X g∈G χ1(g−1)χ1(g)=1. Nota 3.24 . En termos de C[G] -módulos o anterior teorema poderíase expresar tomando como hipótese V1 e V2 dous C[G] -módulos arbitrarios, simples e non isomorfos, en lugar de ρ1 e ρ2 . Ademais, a demostración sería análoga tomando as representacións asociadas a V1 e V2 . Corolario 3.25. Dado un conxunto maximal de representacións irreducibles non equivalentes ρ1, ... , ρs con caracteres asociados {χ1, ... , χs} , podemos expresar as relacións de ortogonalidade xenericamente do seguinte modo: hχi, χji=δij para todo i, j ∈ {1, ... , s} . Para concluír esta sección introducimos as funcións de clase, que nos permitirán asociar o número de caracteres e representacións irreducibles dun grupo co seu número de clases de conxugación, o que tamén nos deixerá expresar as relacións de ortogonalidade de xeito máis manexable: Denición 3.26. Unha función de clase en G é unha función θ:G−→ C constante nas clases de conxugación do grupo; é dicir, se g1, g2∈gG verifícase que θ(g1) = θ(g2) . Nota 3.27 . As funcións de clase en G constitúen un subespazo de CG que denotaremos F(G) . Unha posible base de dito subespazo é o conxunto de funcións de clase {θ1, ... , θs} tal que para i, j ∈ {1, ... , s}θi(g0 i) = 1 con g0 i∈gG i e θi(g0 j) = 0 para i6=j e g0 j∈gG j . Así, o número de clases de conxugación de G e a dimensión de F(G) serán iguais a s . A proposición 3.12 permítenos armar que os caracteres constitúen un caso particular de funcións de clase en G . A continuación imos probar un lema que empregaremos para demostrar que o conxunto dos caracteres irreducibles constitúe unha base ortonormal do espazo F(G) . Para isto, introduciremos en primeiro lugar o seguinte concepto: Denición 3.28. Sexa χ un carácter dunha determinada representación. Defínese o carácter conxugado de χ , ¯χ , por ¯χ(g) = χ(g) , para todo g∈G . 42 CAPÍTULO 3. CARACTERES DE REPRESENTACIÓNS. Lema 3.29. Sexa ρ:G−→ GL(V) unha representación irreducible de grao m con carácter asociado χ . Se θ é unha función de clase non nula, á cal asociamos o elemento α= Pg∈Gθ(g)g∈Z(C[G]) , verifícase que para todo v∈V αv =|G| mhθ, ¯χiv, onde ¯χ é o carácter conxugado de χ . Demostración. Pola demostración de 1.12, dada unha representación ρ:G−→ GL(V) a estrutura de C[G] -módulo de V proporciónanos que βv = ˜ρ(β)(v) para todo β= Ph∈Gαhh∈C[G] e todo v∈V . En particular, para α obtense a aplicación ˜ρ(α): V−→ V v−→ αv que é homomorsmo de C[G] -módulos. Así, en base ó Lema de Schur , 2.8, existe λ∈C tal que ˜ρ(α)(v) = λv para todo v∈V . Este λ calcularémolo empregando a linealidade da traza e o produto interior en CG : mλ =tr(˜ρ(α)) = X g∈G θ(g)χ(g) = |G|hθ, ¯χi. Teorema 3.30. Os caracteres irreducibles de G constitúen unha base ortonormal do subespazo F(G) de CG , integrado polas funcións de clase. Demostración. En primeiro lugar, vexamos que o conxunto {χ1, ... , χs} dos caracteres irreducibles de G é linealmente independente. Para iso supoñamos que λ1χ1+···+λsχs= 0 , con λi∈C para todo i∈C ; por 3.25, 0 = hλ1χ1+···+λsχs, χii=λi. Así, concluímos que efectivamente χ1, ... , χs son linealmente independentes. Falta ver que {χ1, ... , χs} é un conxunto de xeradores de F(G) . Isto será consecuencia de que dim(F(G)) = s , pois xa sabemos que χ1, ... , χs son linealmente independentes. Para comprobar que dim(F(G)) = s veremos que {¯χ1, ... , ¯χs} é un conxunto de xeradores de F(G) . Para elo, sexa θ unha función de clase. Denimos φ como φ=θ−Ps i=1 hθ, ¯χii¯χi , vericando que hφ, ¯χii= 0 para todo i∈ {1, ... , s} . Vexamos que disto podemos extraer que φ= 0 . Con este n, tomamos α=Pg∈Gφ(g)g∈Z(C[G]) e consideramos unha representación ρ:G−→ GL(V) . Se ρ é irreducible estamos nas hipóteses do lema previo 3.29 para φ , do que extraemos que αv = 0 para todo v∈V . Se ρ fose reducible, expresariamola como suma de subrepresentacións irreducibles e aplicariamos a cada unha delas 3.29, podendo concluír tamén que αv = 0 para todo v∈V . 3.3. RELACIÓNS DE ORTOGONALIDADE. 43 Facendo o anterior para o caso no que V=C[G] ou, equivalentemente, ρ=ρreg e v= 1 , teríase que 0 = α1 = X g∈G φ(g)g, polo que φ= 0 . Falta demostrar que {χ1, ... , χs} é unha base ortonormal, pero isto dedúcese de 3.25. Corolario 3.31. O número de clases de conxugación dun grupo coincide co número de caracteres irreducibles e, en consecuencia, co número de representacións irreducibles non equivalentes de dito grupo. Cabe destacar que este último resultado xogará un importante papel no cálculo da táboa de caracteres dun grupo que levaremos a cabo no seguinte epígrafe. Exemplos 3.32. Retomemos os exemplos de 3.21: 1. Sabemos que ρ1, ρ2 e ρ3 constitúen un conxunto maximal de representacións irreducibles non equivalentes de C3 . Así, χ1, χ2, χ3 son tódolos caracteres irreducibles distintos de dito grupo, polo que forman unha base de F(C3) . Nesta situación, por 3.22, podemos concluír que hχreg, χii=1 |C3|Pg0∈C3χreg(g0)χi(g0−1) = 1 para cada i∈ {1,2,3} . Ademais, polas relacións de ortogonalidade, como χreg =χ1+χ2+χ3 , conclúese tamén que hχreg, χii= 1 para cada i∈ {1,2,3} . En denitiva, o que nos proporciona hχreg, χii para cada i∈ {1,2,3} é o número de veces que aparece o sumando χi en χreg . 2. Analogamente, para D6 (ou equivalentemente S3 ), sabemos que os C[D6] -módulos simples asociados a ρ1, ρ2 e ρ3 forman un conxunto maximal de C[D6] -módulos simples non isomorfos. En consecuencia, χ1, χ2, χ3 son tódolos caracteres irreducibles distintos de D6 , polo que integran unha base de F(D6) . Así, por 3.22, podemos concluír que hχreg, χii=1 |D6|Pg∈D6χreg(g)χi(g−1) = 1 para cada i∈ {1,2} e hχreg, χ3i=1 |D6|Pg∈D6χreg(g)χ3(g−1)=2 . Polas relacións de ortogonalidade, como χreg =χ1+χ2+χ3+χ4=χ1+χ2+ 2χ3 obtense tamén que hχreg, χ1i= 1 , hχreg, χ2i= 1 , e hχ, χ3i= 2 . En conclusión, coma no exemplo previo, o que nos proporciona hχreg, χii para cada i∈ {1,2,3} é o número de veces que aparece o sumando χi en χreg . Isto último é certo en xeral. É dicir, se {χ1, ... , χs} é o coxunto de caracteres irreducibles dun grupo G e χ é un caracter de G que polo teorema 3.30 verica χ=λ1χ1+···+λsχs , os escalares λi con i∈ {1, ... , s} cumpren λi=hχ, χii . 50 CAPÍTULO 4. TEOREMA DE BURNSIDE. matriz n×n : A=            0 1 0 ... ... 0 0 0 1 ... ... 0 0 0 0 ... ... 0 ... ... ... ... ... ... 0 0 0 ... ... 1 −a0−a1−a2... ... −an−1            . Pódese comprobar de xeito sinxelo que det(xI −A) = p(x) , obtendo que λ é autovalor de A . Reciprocamente, sexa λ un autovalor dunha matriz A de orde n×n con coecientes enteiros. Entón, det(A−λI)=0 polo que λ é raíz do polinomio mónico con coecientes enteiros det(xI −A) e como consecuencia, λ é un enteiro alxebraico. A importancia dos enteiros alxebraicos na teoría de representacións de grupos nitos queda establecida polo seguinte feito: Proposición 4.3. Dado un carácter dun grupo G, χ , tense que χ(g) é un enteiro alxebraico para todo g∈G . Demostración. Sabemos por 3.15 que χ(e) é igual ó grao da representación á que está asociado. Supoñamos que este grao é m . Ademais, tamén por 3.15, temos que se g é un elemento de orde r de G , χ(g) é suma de m raíces r -ésimas da unidade. Posto que é coñecido que o conxunto de enteiros alxebraicos de C sobre Z é un anel e cada raíz r -ésima da unidade é un enteiro alxebraico, xa que é raíz do polinomio p(x) = xr−1 , podemos concluír que χ(g) é un enteiro alxebraico para todo g∈G . Deseguido introduciremos un resultado que nos permitirá concluír que os graos dos caracteres irreducibles dun grupo dividen á orde do mesmo, pero antes incluiremos o seguinte resultado previo: Lema 4.4. Sexa V un C[G] -módulo simple e α∈Z(C[G]) . Entón existe λ∈C tal que αv =λv para todo v∈V. Demostración. Posto que α∈Z(C[G]) temos que o endomorsmo V−→ V v7−→ αv é C[G] -isomorsmo. Así, en base ó Lema de Schur , 2.8, dito C[G] -isomorsmo é múltiplo da identidade. 4.1. ENTEIROS ALXEBRAICOS. 51 Proposición 4.5. Sexan C1, ... , Cs as clases de conxugación dun grupo G con representantes g1, ... , gs e χ1, ... , χs os seus caracteres irreducibles, con graos m1, ... , ms respectivamente. Entón, os números |Cj|χi(gj) mi , con i, j ∈ {1, ... , s} , son enteiros alxebraicos. Demostración. Sexan c1, ... , cs as sumas de clase asociadas ás clases de conxugación C1, ... , Cs . Se g1, ... , gn son os elementos que forman G , tense que para calquera cj∈ {c1, ... , cs} cjgl= (Pg∈Cjg)gl=Pn k=1 aklgk , con l, k ∈ {1, ... , n} . Nótese que o coeciente akl de gk=ggl toma os valores 0 e 1 e soamente vale 1 se g∈Cj . Nesta situación, se A= (akl) , obtense facilmente que para todo u∈C[G] non nulo, Au =cju Sexa u=Pn l=1 αlgl arbitrario. Entón cju= ( X g∈Cj g)( n X l=1 αlgl) = n X l=1 n X k=1 aklαlgk= n X k=1 ( n X l=1 aklαl)gk e Au =A n X l=1 αlgl= n X k=1 ( n X l=1 aklαl)gk, polo que Au =cju . Sexan agora U1, ... , Us os C[G] -módulos simples asociados a χ1, ... , χs . Vexamos que para cada ui∈Ui cjui=|Cj|χi(gj) mi ui, con i, j ∈ {1, ... , s} . Para isto, como sabemos que cj∈Z[C[G]] , podemos armar en base a 4.4 que existe λ∈C tal que cjui= (Pg∈Cjg)ui=λui para todo ui∈Ui . Deseguido imos identicar o valor deste λ , para iso escollemos unha base Bi de Ui e por 1.12 tense que Pg∈Cj(ρi(g))Bi=λI , onde ρi e a representación asociada a Ui . Agora, tomando as trazas na anterior igualdade de matrices obtemos que X g∈Cj χi(g) = λmi, e, xa que χi(g) é constante para todo g∈Cj , tomando un representante gj de Cj , chégase a que λ=|Cj|χi(gj) mi . 52 CAPÍTULO 4. TEOREMA DE BURNSIDE. Polo tanto, para todo ui∈Ui con i∈ {1, ... , s} temos que Aui=|Cj|χi(g) mi ui. Como A ten coecientes enteiros, obtemos que os números λ son enteiros alxebraicos para todo i, j ∈ {1, ... , s} . Corolario 4.6. Nas hipóteses de 4.5, mi divide a |G| para todo i∈ {1, ... , s} . Demostración. Por 3.4 sabemos que |CG(gk)|=|G| |Ck| para todo k∈ {1, ... , s} , isto xunto coas relacións de ortogonalidade por las dános que 1 |G|Pk i=1 |Ck|χi(gk)χj(gk) = δij para todo i, j, k ∈ {1, ... , s} . Así, tomando i=j e dividindo na expresión das relacións de ortogonalidade entre mi obtemos que k X i=1 |Ck|χi(gk) mi χi(gk) = |G| mi . Como cada número da forma |Ck|χi(gk) mi é enteiro alxebraico, por 4.5, os χi(gk) tamén o son, por 4.3, e o conxunto de enteiros alxebraicos de C sobre Z ten estrutura de anel, concluímos que |G| mi é un enteiro alxebraico. Porén, sabemos que todo enteiro alxebraico racional é necesariamente enteiro polo que mi terá que dividir a |G| . Cabe destacar que este último corolario é especialmente útil para a elaboración de táboas de caracteres como as vistas no capítulo previo, xa que proporciona un recurso máis para determinar os posibles graos das representacións irreducibles dun determinado grupo. 4.2. Teorema de Burnside. A continuación introduciremos unha serie de lemas previos que nos darán as condicións precisas para demostrar o Teorema paqb de Burnside : Lema 4.7. Sexa χ un carácter irreducible de grao m dun grupo G . Supoñamos que existe unha clase de conxugación de G , C , tal que mcd(|C|, m) = 1 . Entón, para todo g∈C verifícase χ(g)=0 ou |χ(g)|=m . Demostración. Sabemos, por 4.5, que |C|χ(g) m é un enteiro alxebraico. Xa que mcd(|C|, m) = 1 , podemos tomar s, t ∈Z tales que s|C|+tm = 1 . Así, para todo g∈C , temos: s|C|χ(g) m+tmχ(g) m=χ(g) m, 4.2. TEOREMA DE BURNSIDE. 53 entón, s|C|χ(g) m+tχ(g) = χ(g) m. É sinxelo ver que s|C|χ(g) m e tχ(g) son enteiros alxebraicos. Como a súa suma tamén o é, temos que α=χ(g) m é un enteiro alxebraico. Supoñamos que |χ(g)| 6=m . Teremos que comprobar que χ(g) = 0 . Por 3.17 se |χ(g)| 6= m tense que |χ(g)|< m e, en consecuencia, |α|<1 . Asumamos que g ten orde r≤n como elemento de G . Entón, en base a 3.15, podemos escribir: χ(g) = ω1+···+ωr | {z } m , onde cada ωi con i∈ {1, ... , r} é unha raíz r -ésima da unidade. Así, é claro que α pertence ó corpo de escisión de p(x) = xr−1 sobre Q en C , que denotaremos por E . Tomemos agora H=Gal(E:K) . Dado σ∈H arbitrario, é coñecido que σ(ωj) = ωk , sendo ωj e ωk raíces r -ésimas da unidade para todo j, k ∈ {1, ... , r} . Consecuentemente, σ(χ(g)) é suma de m raíces r -ésimas da unidade. Polo tanto, para todo σ∈H , temos: |σ(χ(g))| ≤ m⇒ |σ(χ(g)) m| ≤ 1⇒ |σ(χ(g) m)| ≤ 1⇒ |σ(α)| ≤ 1 e disto dedúcese que Y σ∈H|σ(α)|<1⇒ | Y σ∈H σ(α)|<1. Por outra banda, tense que β=Qσ∈Hσ(α) queda xo por todo σ∈H , polo que β∈Q . Ademais, para todo σ∈H , verifícase que σ(α) é raíz dos mesmos polinomios que α , e como α é enteiro alxebraico, os σ(α) e consecuentemente β , tamén o son. Así, β é un número racional que é enteiro alxebraico, polo que necesariamente é enteiro. Como β é un enteiro con valor absoluto menor que 1 , obtemos que β= 0 . Entón, temos que 0 = β=Qσ∈Hσ(α) , co que σ(α)=0 para algún σ∈H , polo tanto α= 0 e podemos concluír que χ(g) = 0 . Lema 4.8. Sexa G un grupo simple e non abeliano. Entón, dada unha clase de conxugación de G arbitraria, C , tense que |C| 6=pa, con p primo e a > 0 . 54 CAPÍTULO 4. TEOREMA DE BURNSIDE. Demostración. Sexan ρ1, ... , ρs as representacións irreducibles de G e χ1, ... , χs os caracteres irreducibles correspondentes, cuxos graos son m1, ... , ms , respectivamente, e supoñamos que existe unha clase de conxugación de G , C , tal que |C|=pa con p primo e a > 0 . Sen perda de xeneralidade, podemos asumir que ρ1 é a representación trivial de grao 1 . Por 4.7, se p non divide a ningún dos m1, ... , ms , temos que ou χi(g)=0 ou |χi(g)|= mi , para todo i∈ {1, ... , s} e todo g∈C . Nótese que se |χi(g)|=mi , por 3.17 conclúese que ρi(g) = λI con λ∈C . Entón, xado un i∈ {2, ... , s} , se existe algún g∈C , g6=e , tal que χi(g)6= 0 temos que ρi(g) = λI . Como G é simple Ker(ρi) = {e} , pois Ker(ρi)CG . Así, ρi é unha representación el, e posto que ρi(g) conmuta con ρi(g0) para todo g0∈G teremos que g∈Z(G) . Vexámolo: En primeiro lugar nótese que ρi(gg0) = ρi(g)ρi(g0) = λρi(g0) = ρi(g0)λ=ρi(g0)ρi(g) = ρi(g0g). Agora, xa que ρi é el, obtemos que gg0=g0g para todo g0∈G e, en consecuencia, g∈Z(G) . Como sabemos que Z(G)CG e Z(G)6={e} , dedúcese que G non será simple se Z(G)6=G , ou será abeliano se Z(G) = G , contradecindo as hipóteses sobre G . No anterior comprobamos que se p non divide a ningún dos m1, ... , ms , a posibilidade de que para algún g∈C|χi(g)|=mi , non cumpre as hipóteses sobre G para todo i∈ {2, ... , s} . Vexamos se a posibilidade de que χi(g)=0 para g∈C , g6=e e i∈ {2, ... , s} concorda con ditas hipóteses: Das relacións de ortogonalidade por columnas extraemos que para todo g∈C con g6=es X i=1 χi(g)χ(e) = s X i=1 miχi(g)=0. Como m1= 1 , χ1(g)=1 e χi(g)=0 para i∈ {2, ... , s} , chegariamos a que 1=0 , o que claramente é un absurdo. Entón, necesariamente p divide a algún dos m1, ... , ms . Supoñamos ordenados os m1, ... , ms de modo que os mi , con i∈ {2, ... , s} , divisibles por p sexan o subconxunto {m2, ... , mt} de {m1, ... , ms} , onde t≤s . Logo, polo obtido anteriormente a partir das relacións de ortogonalidade por columnas, temos que para todo g∈C tal que g6=e : 1 + t X i=2 miχi(g)=0. Posto que p divide a mi con i∈ {2, ... , t} , podemos escribir ditos mi como mi=pαi . Entón 1 + t X i=2 pαiχi(g) = 0 4.2. TEOREMA DE BURNSIDE. 55 e polo tanto 1 p+ t X i=2 αiχi(g) = 0. Como, por 4.3, temos que os χi(g) son enteiros alxebraicos, chegariamos a que 1 p é un enteiro alxebraico. Pero é coñecido que os enteiros alxebraicos que son tamén números racionais, son números enteiros, polo que obteriamos unha contradición. En consecuencia, ningunha das clases de equivalencia de G ten como cardinal unha potencia dun número primo p . Do resultado que acabamos de probar pódese deducir o seguinte: Corolario 4.9. Un grupo simple e non abeliano, G , non pode ter un subgrupo abeliano de índice primo. Demostración. Supoñamos que existe un subgrupo abeliano de G , H , tal que (G:H) = pr , onde p é un número primo e r un número enteiro. Se H={e} , tense polo Teorema de Lagrange que |G|=pr . Entón, toda clase de conxugación de G , C , vericaría que |C|=pa , con a≤r , por 3.4. Nesta situación, por 4.8, teríase que non se verican as hipóteses sobre G . Así, H6={e} , polo que podemos tomar h∈H tal que h6=e . Neste caso H < CG(h) , por ser H abeliano, logo 3.4 dános que |C|= (G:CG(h)) = pb , con b≤r e onde C é a clase de conxugación de G que contén a h . Así, se |C|= 1 , hhiCG , polo que G non sería simple. Se |C|>1 , G tampouco sería simple en base a 4.8. Procedemos agora a enunciar e probar o resultado esencial desta sección, que garante a resolubilidade dun grupo baixo certas hipóteses na súa orde. Teorema 4.10 (Teorema paqb de Burnside.) . Se G ten orde paqb , con p e q primos e a e b enteiros non negativos, G é un grupo resoluble. Demostración. Supoñamos que G non é abeliano, xa que en caso contrario é coñecido que G é resoluble. Tomemos P un p -Sylow de G , polo que |P|=pa . Por ser P un p -grupo non trivial, sabemos que Z(P) tampouco é trivial. Se tomamos g∈Z(P) , g6=e , é claro que P⊂CG(g) , polo que |P|=pa divide a |CG(g)| . Así, en base ó Teorema de Lagrange , obtemos que (G:CG(g)) = qc , onde c é un enteiro tal que c≤b . Por 3.4, se denotamos por C a clase de conxugación de G tal que g∈C temos que |C|= (G:CG(g)) . Logo hai dous casos posibles: 1. Se |C|>1 , concluímos, por 4.8, que G non é simple ademais de non ser abeliano. 56 CAPÍTULO 4. TEOREMA DE BURNSIDE. 2. Se |C|= 1 , temos que CG(g) = G e, polo tanto, g∈Z(G) . Así Z(G)6=e e G non é simple xa que Z(G)CG , pois G é non abeliano por hipótese. Entón, dado G non abeliano nas hipóteses do teorema, este ten que ter un subgrupo normal propio H . Se facemos indución na orde de G , teremos que G é resoluble por selo H e G/H . Cabe destacar que se G é un grupo simple e non abeliano con orde menor que 80 , necesariamente |G|= 60 . Vexámolo: Do Teorema de Burnside deducimos que |G| será divisible como mínimo por tres números primos. Como ademais 3·5·7>80 tense que |G| será divisible por 2 . Para saber cal é exactamente a orde de G , veremos que todo grupo de orde 2k con k impar ten un subgrupo normal. Para isto tomamos a representación regular, ρreg de dito grupo. Como G ten orde par, tomando subconxuntos da forma {g, g−1} , concluímos que existe g6=e en G tal que g=g−1 , polo que g ten orde 2 . Nesta situación, é posible tomar unha base B de C[G] tal que (ρreg(g))B=               0 1 0 0 ... 0 0 1 0 0 0 ... 0 0 0 0 0 1 ... 0 0 0 0 1 0 ... 0 0 ... ... ... ... ... ... ... 0 0 0 0 ... 0 1 0 0 0 0 ... 1 0               . É claro que a matriz anterior está constituída por k bloques 0 1 1 0 ! polo que det((ρreg(g))B) = −1 , xa que k é impar. Polas propiedades dos determinantes conclúese que dados g0, g00 ∈G arbitrarios, det(ρreg(gg00)) = det(ρreg(g0))det(ρreg(g00)) . Entón, podemos denir un homomorsmo de grupos, ˜ρ , que asocie g0 con det(ρreg(g0)) e que sexa en consecuencia, unha representación de G de grao 1 , coincidindo co seu carácter asociado, ˜χ . Ademais é claro que Im(˜χ) é un subgrupo nito de C∗ , que ten que ser cíclico pois se Im(˜χ) ten orde r , polo Teorema de Lagrange hr=e para todo h∈Im(˜χ) . Polo tanto Im(˜χ)<{g0∈G|g0r=e}=De2πi rE. Como |Im(˜χ)|=|De2πi rE|=r , temos que Im(˜χ) = De2πi rE , polo que é cíclico. 4.3. TEOREMA DE HALL. 57 O feito anteriormente permítenos deducir que −1∈Im(˜χ) e como −1 ten orde 2 , necesariamente Im(˜χ) ten orde par; é dicir r= 2t . Así, por ser Im(˜χ) cíclico, contén un subgrupo H de orde t tal que (Im(˜χ) : H)=2 e polo tanto normal. Nesta situación é claro que {g0∈G tal que ˜χ(g0)∈H} tamén é un subgrupo de G de índice 2 e consecuentemente tamén normal. Así, temos comprobado que se |G|= 2k con k impar, G non é simple, polo que |G| ten que ser múltiplo de 4 para vericar as hipóteses. Como 4·3·7>80 tense que |G|= 4·3·5 = 60 . 4.3. Teorema de Hall. Neste derradeiro epígrafe probarase o Teorema de Hall , que tamén permite concluír que certos grupos son resolubles. Para a súa demostración emprégase o Teorema de Burnside e algúns resultados que se inclúen seguidamente: Denición 4.11. Dado un subgrupo H de G , se existe outro subgrupo de G , K tal que G=HK e H∩K= 1 , dise que K é un complemento de H en G . Lema 4.12. Se G é un grupo resoluble de orde n > 1 , existe un p -grupo P tal que PCG . Demostración. Sabemos que dado G de orde n > 1 é resoluble se, e só se, existe r > 0 tal que G(r)={e} , sendo G(0) > G(1) >··· > G(r−1) > G(r) a serie derivada de G . En particular, G(r−1) non é o grupo trivial, polo que se pode deducir que existe un p -Sylow P de G(r−1) , para algún primo p . Ademais, dito subgrupo P será normal en G(r−1) xa que este é abeliano. Lema 4.13. Sexan |G|=pa1 1pa2 2···pat t , onde p1, ... , pt son primos distintos e H e K subgrupos de G de tal xeito que para todo i∈ {1, ... , t} , pai i divide a |H| ou a |K| . Entón G=HK e |H∩K|= (|H|,|K|) . Demostración. É claro que HK pode interpretarse como a unión disxunta das clases de equivalencia de H pola dereita, que teñen cardinal |H| , ou das clases de equivalencia de K pola esquerda, cuxo cardinal é |K| . Así, debido a que pai i divide a |H| ou a |K| por hipótese, tense que tamén dividirá a |HK| e, como i foi tomado arbitrariamente, dedúcese que |G| divide a |HK| , polo que necesariamente G=HK . Ademais, xa que |HK|=|H||K| |H∩K| obtense tamén que |H∩K|= (|H|,|K|) . 58 CAPÍTULO 4. TEOREMA DE BURNSIDE. Teorema 4.14 (Teorema de Hall) . Se |G|=pa1 1pa2 2···pat t , onde p1, ... , pt son primos distintos e para cada i∈ {1, ... , t} existe un subgrupo Hi de G tal que (G:Hi) = pai i , entón G é resoluble. Demostración. Empregaremos a indución na orde de G , asumindo que temos o resultado para t−1 e comprobando que se dá para t . Se t≤2 o resultado verifícase, pois estamos nas hipóteses do Teorema de Burnside . Supoñamos t≥3 e tomemos i∈ {1, ... , t} arbitrario. Entón, por 4.13, para todo j∈ {1, ... , t} , j6=i , (Hi:Hi∩Hj) = paj j . Así, para calquera pj -Sylow de Hi , Hi∩Hj é o seu complemento en Hi . Por outra banda, asumiremos que Hi é resoluble pola hipótese de indución. Nesta situación, poderiamos tomar, por 4.12, PCH1 con |P|=pa i>1 para algún i∈ {2, ... , t} . Xa que t≥3 , existe j∈ {1, ... , t} tal que j6={1, i} e por 4.13 |H1∩Hj|= pa2 2···paj−1 j−1paj+1 j+1 ···pat t. Entón, H1∩Hj contén un pi -Sylow de H1 . Posto que PCH1 , P está contido en todo pi -Sylow de H1 e, en consecuencia, P < H1∩Hj . Por 4.13, G=H1Hj , polo que todo g∈G pode ser escrito como g=h1hj para certos h1∈H1 e hj∈Hj . Así, gHjg−1= (h1hj)Hj(h1hj)−1=h1Hjh−1 1 e polo tanto ∩g∈GgHjg−1=∩h1∈H1h1Hjh−1 1. Como P < Hj e h1Ph−1 1=P para todo h1∈H1 tense que e6=P < ∩h1∈H1h1Hjh−1 1= ∩g∈GgHjg−1=N . Así N é un subgrupo normal, propio e non trivial de G . Entón, posto que N e G/N satisfán as hipóteses do teorema, son resolubles pola hipótese de indución, polo que G é tamén resoluble. Bibliografía [1] Bender, H. A group-theoretic proof of Burnside's paqb -theorem. Math. Z. (126) (1972), 327-338. [2] Burnside, W. On groups of order paqb . Proc. London Math. Soc. (2) (1904), 388-392. [3] Cárdenas, H e E. Lluis. Módulos semisimples y representación de grupos . F. Trillas, Méjico, 1970. [4] Corrádi, K. e E. Horváth. Steps towards and elementary proof of Frobenius' Theorem. Comm. in Algebra 24 (1996), 2285-2292. [5] Curtis, C. W. e I. Reiner. Representation Theory of Finite Groups and Associative Algebras . Wiley and Sons, New York, 1988. [6] Dummit, D.S. e R.M. Foote. Abstract Algebra . Wiley and Sons, New York, 2004. [7] Flavell, P. A Note on Frobenius Groups. Journal of Algebra 228 (2000), 367-376. [8] Goldschmidt, D. A group-theoretic proof of the paqb -theorem for odd primes. Math. Z. 113 (1970), 373-375. [9] Isaacs, I. M. Character Theory of nite groups . Academic Press, New York, 1976. [10] Ivorra Castillo, C. Representaciones de grupos nitos [2008]. Recuperado de https://www.uv.es/ivorra/Libros/Representaciones.pdf o 26 −01 −2019 . [11] Jacobson, N. Basic Algebra II . W. H.Freeman and Company, San Francisco, 1980. [12] James, G e M. Liebeck. Representations and Characters of Groups . Cambridge University Press, Cambridge, 1993. [13] Matsuyama, H. Solvabililty of groups of order 2apb . Osaka J. Math. 10 (1973), 375-378. [14] Rotman, J. J. An Introduction to the Theory of Groups . Fourth Edition. Springer- Verlag, New York, 1995. 59