Full text
FUNCIÓNS DE ENFERMARÍA NA ATENCIÓN DO PACIENTE CON ENFERMIDADE INFLAMATORIA INTESTINAL GRAO EN ENFERMARÍA TRABALLO DE FIN DE GRAO Alumna: Inés Pérez Chan Titoras: Raquel Rodríguez González Alba Elena Martínez Santos Convocatoria: Maio de 2022
1 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermaría O Proxecto de Fin de Grao titulado: Funcións de Enfermaría na atención do paciente con Enfermidade inflamatoria intestinal, foi realizado por o/a abaixo asinante. Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022. O/a alumno/a, Fdo.: Inés Pérez Chan Vº Bº O/A titor/a Fdo.: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8DCE-F4C8-498B-9521 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8DCE-F4C8-498B-9521 1 / 2
2 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ALBA ELENA MARTÍNEZ SANTOS, NIF ***1875**, 02/06/2022 13:40:33. Asinante/Firmante/Signer: RAQUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, NIF ***6308**, 02/06/2022 13:19:35. CSV: 8DCE-F4C8-498B-9521 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8DCE-F4C8-498B-9521 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8DCE-F4C8-498B-9521 2 / 2
3 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN .................................................................................................................... 7 1.1 Colite ulcerosa ................................................................................................................. 7 1.2 Enfermidade de Crohn .................................................................................................... 8 2. XUSTIFICACIÓN: ............................................................................................................. 10 3. OBXECTIVOS .................................................................................................................... 10 3.1 Obxectivo principal ....................................................................................................... 10 3.2 Obxectivos secundarios ................................................................................................. 11 4. METODOLOXÍA ................................................................................................................ 11 4.1 Deseño do estudo .......................................................................................................... 11 4.2 Bases de datos ............................................................................................................... 11 4.3 Diagrama de Fluxo PRISMA ........................................................................................ 12 5. RESULTADOS .................................................................................................................... 13 6. DISCUSIÓN ......................................................................................................................... 18 7. CONCLUSIÓNS .................................................................................................................. 24 8. BIBLIOGRAFÍA ................................................................................................................. 25
4 RESUMO Introdución: A Enfermidade inflamatoria intestinal (EII) comprende varias patoloxías que provocan inflamación crónica do tracto gastrointestinal. O termo EII engloba dúas patoloxías principais: a Colite Ulcerosa (CU) e a Enfermidade de Crohn (EC). A función de Enfermaría nestas dúas patoloxías comprende varios aspectos: a xestión das necesidades dos pacientes, a educación sanitaria, o apoio psicolóxico e o fomento da autonomía. A maioría dos pacientes diagnosticados son novos, o que fai que padecer EII sexa algo que afecta en gran parte á súa calidade de vida. Obxectivos: Determinar as funcións de Enfermaría en diferentes contextos asistenciais para á atención da EII , identificar e coñecer os aspectos que máis afectan á calidade de vida e propoñer unha serie de coidados que debe levar a cabo seguindo a taxonomía enfermeira. Métodos: Revisión bibliográfica na que se utilizaron as bases de datos Pubmed, Medline e Cinahl empregando palabras clave, filtros e criterios de inclusión e exclusión. Resultados: Seleccionáronse 12 artigos relevantes para a confección deste traballo. Nestes artigos destácase a importancia do papel da enfermeira de EII no relativo ao apoio, aos coidados de Enfermaría, así como na organización e na educación para a saúde. Conclusións: As funcións de Enfermaría abarcan unha atención integral do paciente, tendo unha visión holística, educando, apoiando física e emocionalmente e tendo unha comunicación de proveito. Os aspectos que máis afectan á calidade de vida dos pacientes con EII son os síntomas que levan consigo unha afectación psicolóxica. Existen unha serie de coidados baseados na Ciencia Enfermeira que presentan unha mellora na calidade de vida, levando a cabo diferentes intervencións e actividades, a través da especialización e tendo coñecementos específicos que fan mellorar a atención.
5 RESUMEN Introducción: La Enfermedad inflamatoria intestinal (EII) comprende varias patologías que provocan inflamación crónica del tracto gastrointestinal. El término EII engloba dos patologías principales: la Colitis Ulcerosa (CU) y la Enfermedad de Crohn (EC). La función de Enfermería en estas dos patologías comprende varios aspectos: la gestión de las necesidades de los pacientes, la educación sanitaria, el apoyo psicológico y el fomento de la autonomía. La mayoría de los pacientes diagnosticados son nuevos, lo que hace que padecer EII sea algo que afecta en gran parte a su calidad de vida. Objetivos: Determinar las funciones de Enfermería en diferentes contextos asistenciales para a la atención de la EII, identificar y conocer los aspectos que más afectan a la calidad de vida y proponer una serie de cuidados que debe llevar a cabo siguiendo la taxonomía enfermera. Métodos: Revisión bibliográfica en la que se utilizaron las bases de datos Pubmed, Medline y Cinahl empleando palabras clave, filtros y criterios de inclusión y exclusión. Resultados: Se seleccionaron 12 artículos relevantes para la confección de este trabajo. En estos artículos se destaca la importancia del papel de la enfermera de EII en lo relativo al apoyo, a los cuidados de Enfermería, así como en la organización y en la educación para la salud. Conclusiones: Las funciones de Enfermería abarcan una atención integral del paciente, teniendo una visión holística, educando, apoyando física y emocionalmente y teniendo una comunicación de provecho. Los aspectos que más afectan a la calidad de vida de los pacientes con EII son los síntomas que llevan consigo una afectación psicológica. Existen una serie de cuidados basados en la Ciencia Enfermera que presentan una mejora en la calidad de vida, llevando a cabo diferentes intervenciones y actividades, a través de la especialización y teniendo conocimientos específicos que hacen mejorar la atención.
6 ABSTRACT Introduction: Inflammatory bowel disease (IBD) comprises several pathologies that cause chronic inflammation of the gastrointestinal tract. The term IBD encompasses two main pathologies: Ulcerative Colitis (UC) and Crohn's Disease (CD). The function of Nursing in these two pathologies includes several aspects: the management of the needs of patients, health education, psychological support, and the promotion of autonomy. Most of the patients diagnosed are new, which makes having IBD something that greatly affects their quality of life. Objectives: To determine the functions of Nursing in different care contexts for the care of IBD, to identify and understand the aspects that most affect quality of life and to propose a series of care that must be carried out following the nursing taxonomy. Methods: Literature review in which the Pubmed, Medline and Cinahl databases were used using keywords, filters and inclusion and exclusion criteria. Results: 12 relevant articles were selected for the preparation of this work. These articles highlight the importance of the role of the IBD nurse in relation to support, Nursing care, as well as organization and health education. Conclusions: Nursing functions include comprehensive patient care, having a holistic view, education, physically and emotionally supporting and having useful communication. The aspects that most affect the quality of life of patients with IBD are the symptoms that carry with them a psychological affectation. There is a series of care based on Nursing Science that present an improvement in the quality of life, carrying out different interventions and activities, through specialization and having specific knowledge that improves care.
7 1. INTRODUCIÓN No ano 1859 foi a primeira vez que un doutor describiu un caso de Colite Ulcerosa (CU) nunha paciente. Unha das teorías sobre a etioloxía desta enfermidade foi que era unha resposta fisiolóxica do corpo ao estrés emocional. Chegaron a publicarse tratados de psiquiatría sobre a personalidade dos pacientes, pero anos máis tarde, en estudos de maior calidade e con máis pacientes, viuse que esta relación non se podía demostrar con solidez. Actualmente tampouco se coñece a etioloxía, pero si as partes afectadas, os síntomas e como diagnosticala. (1) Por outra parte, no ano 1932, tivo lugar a primeira descrición da Enfermidade de Crohn (EC), polo Dr. Crohn. Este referiuse a ela coma “ileítis terminal ou rexional”. Anos máis tarde en outros estudos atopáronse con outras partes do intestino afectadas. Sen embargo, seguíase sen coñecer a etioloxía. Foi no ano 1960 cando se xeneralizou o concepto de que esta enfermidade podía afectar a calquera parte do intestino. Hoxe en dia seguimos sen saber a orixe da mesma. (1) Dende a década dos 70, malia ser biolóxicamente diferentes afeccións, estas dúas patoloxías agrupáronse baixo o nome de Enfermidade inflamatoria intestinal (EII). (1) A EII, comprende varias patoloxías que provocan inflamación crónica do tracto gastrointestinal. Teñen causa descoñecida (orixe idiopática) e unha resposta inmune excesiva. (2) A incidencia acumulada (nº de casos/100.000 habitantes/ano) da EII en España actualmente é de 16,2. (3) O termo EII engloba tres patoloxías: a CU, a EC, e a Colite indeterminada (CI). (2) A CU e a EC son as dúas patoloxías principais e con maior incidencia que a CI. 1.1 Colite Ulcerosa (2) 1.1.1 Provoca inflamación (inchazo) e feridas (chamadas úlceras) no intestino groso (no colon e no recto), de forma crónica. Esta patoloxía adoita presentarse en persoas de entre 10 e 40 anos, sen afectar o sexo. Caracterízase por ter momentos de remisión e momentos activos (que poden ser leves, moderados ou severos). 1.1.2 A sintomatoloxía é a seguinte: diarrea sanguinolenta, moco, cólicos abdominais e perda de peso, febre, taquicardia, palidez e hipersensibilidade abdominal. 1.1.3 A incidencia acumulada de esta patoloxía é de 8,1. (3)
8 1.2 Enfermidade de Crohn (2) 1.2.1 Provoca inflamación (dor e inchazo) no tracto gastrointestinal, a parte máis comunmente afectada é a parte inferior do intestino delgado (o íleo), e a primeira parte do colon. Porén, a EC pode aparecer en calquera parte do tracto (dende a boca ata o ano). A EC pódese atopar en persoas de calquera idade pero adoita atoparse en persoas de entre 10 e 40 anos, máis comunmente en mulleres. Esta patoloxía pode ter momentos de remisión (momento no que se sente ben) e momentos de recaída (cando se sente mal). 1.2.2 A sintomatoloxía é a seguinte: dor abdominal, diarrea (pode ser sanguinolenta ou non), adelgazamento con signos de anemia, acropaquias, febre, úlceras orais, asas intestinais inflamadas e abscesos. 1.2.3 A incidencia acumulada de esta patoloxía é de 7,4. (3) Na táboa 1 amósanse as diferenzas entre as dúas patoloxías: Enfermidade de Crohn Colite Ulcerosa Partes afectadas Todo o tracto maiormente íleon terminal Colon e recto Distribución Descontinua (partes sanas) Continua Fístulas Si Non Lesións anais Alta presencia En moi poucos casos Úlceras Máis no plano profundo De base plana (non chegan á submucosa) Inflamación Transmural En mucosa e submucosa Granulomas Si Non Risco de desenvolver cancro Leve Aumentado Táboa 1. Diferenzas entre a Enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa. (2) O diagnóstico da EII, tanto para a CU como para a EC, baséase na colonoscopia e no enema de bario. Grazas a esta proba de imaxe pódese diferenciar unha enfermidade de outra, xa que a nivel síntomas podería haber confusión pero a nivel macro e microscópico diferéncianse claramente. (2)
15 Kózka M et al, 2019 n=102 (48% homes e 52% mulleres) Idade: entre 18 e 79 anos País: Polonia Estudo prospectivo. O obxectivo foi recoñecer os determinantes do nivel de ansiedade nun grupo de pacientes con CU. O estado clínico do paciente influíu no seu funcionamento físico e mental, así como na calidade de vida. Confirmouse que a ansiedade é frecuente nos pacientes con colite ulcerosa e débese, ao medo á deterioración da saúde, á sensación de dor, ás numerosas exploracións diagnósticas e citas médicas, así como á hospitalización. Observouse unha relación entre o nivel xeral de medo e ansiedade e os ámbitos de vida dos pacientes, é dicir o impacto da enfermidade, a vida íntima, as complicacións e o estigma. Lamb C et al, 2019 Non aplica País: Inglaterra Revisión sistemática. O obxectivo foi levar a cabo unha guía consensuada para o manexo da EII en adultos. O manexo da EII por parte dun equipo multidisciplinario axudou a brindar unha atención optimizada e personalizada, baseada na experiencia profesional, a infraestrutura e o financiamento dispoñibles. A enfermeira de EII posúe un importante papel para cumprir este papel no equipo. O paciente debe recibir información e apoio en todas as etapas da súa enfermidade para permitir a toma de decisións compartida co equipo de especialistas. Na EII, a discusión entre especialidades, a toma de decisións e o seguimento foron de gran importancia, especialmente na xestión das cirurxías, e por esta razón debe estar debidamente documentado. A función da enfermeira especializada deu como resultado unha redución significativa dos ingresos hospitalarios, a asistencia á unidade de emerxencia e as visitas á clínica. Adoitaron ser responsables da xestión da medicación e de proporcionar información sobre a enfermidade aos pacientes, tiveron importancia na adherencia á medicación mediante múltiples intervencións diferentes, incluída a educación do paciente, o cambio de comportamento, a simplificación da dose, a terapia cognitiva conductual e o uso da telemedicina.
16 Simian D et al, 2020 n=1173 (39% homes e 61% mulleres) Idade media: 35 anos País: Chile Estudo observacional. O obxectivo foi describir o rol dunha enfermeira de EII no manexo de pacientes nun centro. A enfermeira de EII desempeñou un papel fundamental no seguimento e manexo dos pacientes. Estes podían contactar con ela ao finalizar a visita médica ou posteriormente por correo electrónico ou chamada telefónica se tiñan dúbidas ou necesitaban orientación no manexo da súa enfermidade. Os pacientes precisaron un control permanente, que incluíu educación e prevención. A enfermeira asumiu unha función esencial neste escenario, xa que foi o profesional do equipo en contacto permanente cos doentes. Os pacientes recentemente diagnosticados recibiron educación formal por parte da enfermeira na que explicaba ao paciente e á familia as xeneralidades do enfermidade, signos e síntomas durante os brotes, tratamento e complicacións. A comunicación foi esencial para as habilidades de autocontrol na EII, que fixeron mellorar os resultados clínicos e a calidade de vida dos pacientes con EII. Knowles S et al, 2020 Non aplica País: Australia Revisión sistemática. O obxectivo foi coñecer as diferenzas e similitudes na adherencia á medicación entre cohortes de adolescentes e adultos con EII e poder dar indicacións e recomendacións para as enfermeiras e outro persoal sanitario. O tratamento da EII cambiou significativamente co uso xeneralizado de terapias biolóxicas, que poden reducir a carga do paciente debido á súa administración pouco frecuente a través de infusións intravenosas ou auto inxeccións. Para unha correcta organización e coñecemento destes tratamentos actuais, a presenza dunha enfermeira de EII melloraría a comodidade e seguridade do paciente, aconsellando e informando do necesario.
17 Mikocka-Walus A et al, 2020 n=731 (28,2% homes, 71,5% mulleres e 0,3 outros) Idade media: 46 anos País: Australia Estudo descritivo. O obxectivo foi avaliar as experiencias de atención médica para as persoas que viven con EII en comparación cos estándares australianos establecidos para a EII. A atención integrada multidisciplinaria foi a mellor práctica no manexo de enfermidades crónicas. Aqueles servizos de EII con atención multidisciplinaria brindaron unha mellor atención en comparación con aqueles que dependían dunha soa persoa para brindar atención. A EII vese afectada negativamente por problemas de saúde mental, o que dá lugar a brotes máis frecuentes, unha presentación máis agresiva, aumento dos reingresos hospitalarios e un maior risco de cirurxía, todo isto viuse mellorado coa intervención dunha enfermeira de EII. Tamén se demostrou que aqueles pacientes con acceso a unha enfermeira de EII tiñan máis probabilidades de ter acceso a unha liña de axuda e de que se lles explicasen as súas opcións de atención que aqueles sen ela. Tamén se informou que unha enfermeira de EII reduce a utilización de atención médica e mellora a calidade da atención, o que conleva un aforro de custos. Mancina R et al, 2020 n=109 (62% homes e 38% mulleres) Idade media: 50 anos País: Italia Estudio transversal. O obxectivo foi avaliar o impacto dos síntomas gastrointestinais nos cambios psicosociais. As propias enfermeiras especialistas observaron que mesmo durante a remisión, os síntomas gastrointestinais foron os principais factores que influíron na calidade de vida dos pacientes con EII. Tamén se viron afectados por depresión, ansiedade e insomnio. O papel da Enfermaría foi identificar o enfoque de tratamento máis adecuado de maneira holística, tendo en conta a educación, o apoio e a resolución de dúbidas para unha mellora da calidade de vida dos pacientes. Táboa 4. Resultados da busca. (Elaboración propia)
18 6. DISCUSIÓN A EII é unha patoloxía crónica que afecta a calidade de vida daqueles que a padecen. (6,7,9,10) O medo e a ansiedade son as emocións dominantes que acompañan ás enfermidades crónicas e poden conducir a problemas coa recepción e procesamento da información, a unha mala interpretación de feitos, así como a unha deterioración das funcións cognitivas, da memoria e concentración. (8) Determinouse que os síntomas de EII presentan afectación no ámbito psicosocial, afectando ao paciente na súa calidade de vida, tendo influenza no sono, reflexando insomnio, depresión e ansiedade. (10) Por esta razón, a Enfermaría posúe un papel fundamental no seguimento desta patoloxía intervindo e realizando actividades para a mellora destes problemas e a diminución das emocións e sentimentos negativos que predominan durante a doenza. (10,11) Para levar a cabo este papel, viuse que unha das funcións máis valoradas polos pacientes foi poder contactar coa enfermeira persoalmente cada vez que precisaban, ben por correo ou ben por teléfono, para recibir educación para a saúde de acordo ás súas necesidades. (12) Tamén se observou o potencial para beneficiar a doentes emerxentes utilizando o apoio social recibido a través das enfermeiras, especificamente intervencións de apoio informativo, como titoría de paciente a paciente ou grupal, para mellorar os comportamentos de manexo da EII. (11) Por este feito, a enfermeira especializada na EII debe identificar e tratar estes problemas derivados da enfermidade principal, tendo unha visión holística e integral do paciente, educando, apoiando e resolvendo as dúbidas sempre que se precise para poder así diminuír a afectación desta enfermidade á calidade de vida. (10) Ademais da importancia da relación paciente-enfermeira para o seguimento psicolóxico, tamén é imprescindible unha boa comunicación para un correcto control da medicación, da adherencia ao tratamento e para dar a coñecer ao paciente e a súa familia os posibles efectos secundarios que poida presentar o paciente. (6,7,8,9,10) Demostrouse que existen múltiples estratexias prometedoras que poden mellorar a adherencia á medicación entre os pacientes con EII, e que as enfermeiras desempeñan un papel central na súa implementación, xa que son un conduto moi valioso para mellorar o coñecemento do paciente sobre a súa condición e medicación, tendo máis peso que nunca actualmente coa implementación dos tratamentos biolóxicos, os cales fan necesario unha boa educación para a saúde para cumprir coa adherencia. (13)
19 Describiuse que aos pacientes aos que se lles facilitaba a comunicación coa súa enfermeira, ao proporcionarlles información sobre os beneficios e os efectos secundarios da medicación, os profesionais tiñan unha mellor visión do cumprimento podendo intervir rapidamente, podendo axudar de maneira eficiente a aqueles pacientes que necesiten unha visita ambulatoria urxente cando sexa necesario. (14) En relación coas visitas, tanto ao Centro de Atención Primaria como ao hospital, destácase a función de organización da enfermeira levando a cabo a solicitude tanto das citas no centro de saúde, como das interconsultas cos especialistas que conveñan nese momento. (9) Grazas a este papel, os pacientes teñen un calendario feito dunha maneira óptima, tanto para eles coma para os profesionais da saúde. (15) En relación ao diagnóstico da enfermidade, a Enfermaría ten presenza aquí xa que unha temperá identificación da patoloxía mellora e fai que se poida retardar o empeoramento dos síntomas e dos diferentes signos tanto na CU coma na EC. (9,12) Para isto, é necesaria unha formación específica na EII que faga que os profesionais que levan a estes doentes poidan axudar e optimizar tanto os coidados coma a atención dende o primeiro momento. (16) En canto ás funcións propias das enfermeiras, observouse que a especialización en canto a EII tivo lugar recentemente, polo que este papel é relativamente novo no ámbito da Ciencia Enfermeira. (7) Actualmente, varios aspectos da atención da EII, como a prevalencia da enfermidade, o longo curso co risco de cancro, a dispoñibilidade de terapia farmacolóxica e o fomento do cumprimento da medicación, son factores que se perciben como propios da xestión de Enfermaría. (7) As actividades destacadas realizadas pola Enfermaría para a melloría dos coidados do paciente son a educación nutricional, ser garante da comodidade en pacientes con fístulas, protexer a integridade da pel e manexar as complicacións, así coma educalos sobre as fístulas e o auto manexo, apoio e derivación a especialistas en canto aos problemas coa sexualidade e o manexo da fatiga. (6) Outra das actividades destacadas é a participación nas estratexias de promoción da adherencia que pode variar desde recomendacións simples e informais durante as visitas á clínica ata intervencións máis complexas que requiren moitos recursos. (13)
20 Malia ter un papel propio moi importante, unha boa coordinación interniveis e unha boa opción de tratamento, é imprescindible para formar un bo equipo multidisciplinario no manexo do paciente con EII, debendo as enfermeiras formar parte deste equipo que manexe a enfermidade dende unha abordaxe integral. (17) Seguindo coa atención integrada multidisciplinaria, afirmouse que é a mellor práctica actual no manexo de enfermidades crónicas.(9,17) Aqueles servizos de EII con atención multidisciplinaria brindaron unha mellor atención en comparación con aqueles que dependían dunha soa persoa para brindar atención. (9) Evidenciouse tamén a importancia dunha enfermeira especialista no manexo da EII despois de comparar o control da enfermidade e a calidade de vida durante o ano anterior e o ano posterior a ter unha enfermeira especializada na EII. (12) Refléxase así que a introdución dunha enfermeira de EII satisfai unha importante necesidade de saúde. (14) Ademais deste equipo interdisciplinario ao que se refire, precísase tamén unha estratexia para poder ampliar o acceso a estas enfermeiras especializadas na EII, xa que presenta unha melloría en canto aos resultados dos pacientes, e en canto ao persoal e o sistema sanitario. (12) Aqueles pacientes que posuían unha enfermeira de EII, non solo informaron dunha melloría na calidade da atención, se non que tamén se viu reducida á utilización de atención médica, así como os ingresos hospitalarios e a súa duración cando ocorrían, tamén se viron reducidas as consultas presenciais co facultativo, e en consecuencia, constatouse un aforro de custos. (7,9) En relación cos aspectos aos que os pacientes lle deron máis importancia durante á convivencia coa EII, a maioría destes destacaron a necesidade dun servizo especializado que brindase atención flexible, accesible e continua e que tivese o tempo e o espazo para unha atención individualizada. (15) Os doentes requiren un control permanente, que inclúe educación e prevención, é a enfermeira de EII a que asume esta función indispensable, xa que é o profesional do equipo en contacto permanente cos pacientes. (12) A través deste traballo pódese ver a necesidade emerxente de ter unha parte da Enfermaría especializada na EII para así poder mellorar os coidados e a calidade de vida dos pacientes diagnosticados tanto de EC coma de CU. Despois de analizar os artigos e estudos obsérvase que son varias as actividades e funcións que as enfermeiras deben levar a cabo, pero todas elas precisan ter unha formación específica para poder e realizar o seu exercicio dunha maneira óptima.
21 Neste sentido, a Ciencia Enfermeira posúe unha linguaxe propia que permite aos enfermeiros describir o estado de saúde do paciente dende as súas bases teóricas e prácticas sen ter necesidade de intervir nos diagnósticos doutros profesionais da saúde. Actualmente, os diagnósticos enfermeiros están recollidos no North American Nursing Diagnosis Association (NANDA) 2021- 23, que presenta 267 diagnósticos empregados a nivel mundial. (18) NANDA é o primeiro paso para etiquetar un problema de saúde, e a partir deste, poder levar a cabo un proceso sistemático baseado na evidencia, que permite acadar uns resultados esperados (Nursing Outcomes Classification: NOC) e realizar unhas intervencións de Enfermaría (Nursing Interventions Classification: NIC) necesarias para a súa consecución, dunha maneira planificada. Unha vez revisada a evidencia publicada, baseándose nos indicadores que presentan relación cos problemas que destacan maioritariamente na bibliografía incluída nesta revisión, a continuación, propóñense dous diagnósticos NANDA cos seus respectivos obxectivos NOC e intervencións NIC así como actividades que poidan axudar ao paciente con EII a mellorar a súa calidade de vida. O primeiro diagnóstico proposto foi: Desempeño ineficaz do rol con código: 00055. Este foi escollido polas características e factores que foron atopadas na literatura e que se indican a continuación: Ansiedade, persoas co nivel de desenvolvemento inapropiado para as expectativas do rol e fatiga. (18) A segunda das características é moi importante xa que as expectativas que se poñen nun adulto mozo, en relación á sexualidade e coa vida cotiá moitas veces non se poden cumprir ao padecer EII. O segundo diagnóstico proposto foi: Síndrome de dor crónica con código: 00255. Este foi escollido polas características e factores que foron atopadas na literatura e que se indican a continuación: Fatiga, trastorno do patrón do sono e deterioro da regulación do estado de ánimo. (18) Estas tres características son moi importantes xa que condicionan totalmente a vida do paciente cando sufre calquera delas. As propostas completas NANDA, NOC e NIC expóñense a continuación.
22 Figura 2. Diagnóstico NANDA cos seus respectivos obxectivos NOC, intervencións NIC e actividades para un doente con EII. (Elaboración propia)
23 Figura 3. Diagnóstico NANDA cos seus respectivos obxectivos NOC, intervencións NIC e actividades para un doente con EII. (Elaboración propia)
24 7. CONCLUSIÓNS Entre as funcións de Enfermaría na EII, destácase a importancia do diagnóstico e dos coidados temperás, xa que permiten mellorar o futuro do paciente. En canto ao contexto psicosocial, é fundamental o apoio e a comunicación paciente-enfermeira. Esta última é realmente importante á hora do control da medicación e da adherencia, así como para informar dos efectos secundarios ao doente e á familia. En relación coa medicación e o tratamento médico, as enfermeiras posúen unha gran responsabilidade, debido a aparición dos tratamentos biolóxicos, os cales precisan dunha formación específica e un coñecemento concreto. No relativo á xestión das consultas, a enfermeira debe contactar e solicitar unha interconsulta co especialista que sexa necesario para atallar os diferentes problemas, levando a cabo así unha planificación óptima e diminuíndo as visitas ao Centro de Atención Primaria así coma ás urxencias hospitalarias. Como consecuencia desta organización, , o sistema sanitario vese favorecido minimizando os gastos. Os aspectos que mais afectan a calidade de vida dos pacientes con EII son o medo e a ansiedade. Debido a estas emocións, poden presentar insomnio, depresión e ansiedade. Os doentes tamén poden ver afectada a sexualidade e sufrir fatiga. Destácase principalmente a función de apoio da enfermeira, xa que é do que máis precisan estes pacientes debido ás incapacidades que poden presentar para cumprir coas expectativas que se depositan nos adultos mozos. A serie de actividades seleccionadas seguindo a evidencia científica atopada, identifican as competencias propias para intervir cando é preciso. Os diagnósticos propostos tiveron en conta o impacto que presentan cara ao paciente mozo. As enfermeiras poderían realizar coidados en relación cos aspectos que afectan á calidade de vida para non derivar en outras patoloxías psicolóxicas. É por esta razón que os diagnósticos, os resultados, as intervencións e as actividades propostas terían un gran valor no manexo destes pacientes. En síntese, os achados desta revisión da literatura poñen de manifesto a necesidade de ter unha enfermeira de EII, o cal podería ter cabida contando cunha formación especializada dos enfermeiros e enfermeiras nesta enfermidade crónica, pudendo mellorar así a calidade de vida daqueles que a padecen.