scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Enfermidade de Rosai-Dorfman: estudo clinicopatolóxico dunha enfermidade enigmática

Estévez Fernandes, Laura

Abstract

Antecedentes: A Enfermidade de Rosai-Dorfman (ERD) constitúe unha entidade enigmática, tanto por ser unha histiocitose, patoloxía extremadamente infrecuente cunha gran diversidade de formas de presentación, como pola recente descuberta de que, nalgúns casos, as células albergan mutacións de ganancia de función na vía MAPK. Pasando de considerarse como un proceso exclusivamente reactivo a súa clasificación pola World Health Organization no ano 2022 dentro das neoplasias histiocíticas, a ERD maniféstase como unha proliferación de células macrófagas, na que o diagnóstico de certeza unicamente se pode realizar mediante biopsia. Material e métodos: Casos diagnosticados de ERD no CHUS dende 1990 a 2023 (n=6). Obxectivouse a clínica, as características histopatolóxicas, inmunohistoquímicas e moleculares, así como o tratamento e a evolución. Todo elo foi contrastado coa literatura, utilizando PubMed como principal fonte. Resultados: Todos os casos, agás un, foron de localización extraganglionar. A nivel histopatolóxico, agregados histiocitarios co fenómeno de emperipolese foron observados na totalidade das mostras. As tinguiduras realizadas mostraron positividade nos macrófagos para S100, así como negatividade para CD1a. OCT2, un marcador novedoso, foi positivo nos histiocitos neoplásicos do caso no que foi testado. Tamén este foi o único caso no que se fixo unha determinación de mutacións, que resultou ser negativa. En dous dos casos optouse polo seguimento estreito e, nos demáis, realizouse exérese das lesións, con adición de corticoides e metrotexato nunha ocasión. A evolución, a nivel xeral, seguiu un curso benigno. Conclusións: Este estudo pon en evidencia a infrecuencia desta patoloxía no noso medio, con 6 casos atopados nun período de tres décadas. Contribúe á comprensión actual da ERD, destacando o valor do marcadores inmunohistoquímicos, necesarios para facer un diagnóstico diferencial con outras histiocitoses, e a importancia de buscar as mutacións referidas, pois abren un camiño cara a novas dianas terapéuticas.

Full text

Traballo de fin de grao Enfermidade de Rosai-Dorfman: Estudo clinicopatolóxico dunha enfermidade enigmática Enfermedad de Rosai-Dorfman: Estudio clinicopatológico de una enfermedad enigmática Rosai-Dorfman disease: Clinical and pathological study of an enigmatic disease Autora: Laura Estévez Fernandes Titor: Máximo Francisco Fraga Rodríguez Departamento: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría Xuño 2024 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Medicina Resumo Antecedentes: A Enfermidade de Rosai-Dorfman (ERD) constitúe unha entidade enigmática, tanto por ser unha histiocitose, patoloxía extremadamente infrecuente cunha gran diversidade de formas de presentación, como pola recente descuberta de que, nalgúns casos, as células albergan mutacións de ganancia de función na vía MAPK. Pasando de considerarse como un proceso exclusivamente reactivo a súa clasificación pola World Health Organization no ano 2022 dentro das neoplasias histiocíticas, a ERD maniféstase como unha proliferación de células macrófagas, na que o diagnóstico de certeza unicamente se pode realizar mediante biopsia. Material e métodos: Casos diagnosticados de ERD no CHUS dende 1990 a 2023 (n=6). Obxectivouse a clínica, as características histopatolóxicas, inmunohistoquímicas e moleculares, así como o tratamento e a evolución. Todo elo foi contrastado coa literatura, utilizando PubMed como principal fonte. Resultados: Todos os casos, agás un, foron de localización extraganglionar. A nivel histopatolóxico, agregados histiocitarios co fenómeno de emperipolese foron observados na totalidade das mostras. As tinguiduras realizadas mostraron positividade nos macrófagos para S100, así como negatividade para CD1a. OCT2, un marcador novedoso, foi positivo nos histiocitos neoplásicos do caso no que foi testado. Tamén este foi o único caso no que se fixo unha determinación de mutacións, que resultou ser negativa. En dous dos casos optouse polo seguimento estreito e, nos demáis, realizouse exérese das lesións, con adición de corticoides e metrotexato nunha ocasión. A evolución, a nivel xeral, seguiu un curso benigno. Conclusións: Este estudo pon en evidencia a infrecuencia desta patoloxía no noso medio, con 6 casos atopados nun período de tres décadas. Contribúe á comprensión actual da ERD, destacando o valor do marcadores inmunohistoquímicos, necesarios para facer un diagnóstico diferencial con outras histiocitoses, e a importancia de buscar as mutacións referidas, pois abren un camiño cara a novas dianas terapéuticas. Palabras clave: Enfermidade de Rosai-Dorfman, neoplasia histiocitaria, emperipolese, extraganglionar, inmunohistoquímica, OCT2. Resumen Antecedentes: La Enfermedad de Rosai-Dorfman (ERD) constituye una entidad enigmática, tanto por ser una histiocitosis, patología infrecuente con gran diversidad de formas de presentación, como por el reciente hallazgo de que, en algunos casos, las células albergan mutaciones de ganancia de función en la vía MAPK. Pasando de considerarse como un proceso exclusivamente reactivo a su clasificación por la World Health Organization en el año 2022 dentro de las neoplasias histiocíticas, la ERD se manifesta como un proliferación de macrófagos, cuyo diagnóstico de certeza se realiza mediante biopsia. Material y métodos: Casos diagnosticados de ERD en el CHUS desde 1990 a 2023 (n=6). Se objetivó la clínica, características histopatológicas, inmunohistoquímicas y moleculares, así como su tratamiento y evolución, todo ello contrastado con la literatura existente, utlizando PubMed como principal fuente. Resultados: Todos los casos, salvo uno, fueron de localización extraganglionar. A nivel histopatológico, agregados histiocitarios con emperipolesis fueron observados en todas las muestras. Las tinciones realizadas mostraron positividad en los macrófagos para S100, así como negatividad para CD1a. OCT2, un marcador novedoso, fue positivo en los histiocitos neoplásicos del caso en el que fue testado. También fue el único caso en el que se realizó una determinación de mutaciones, que resultó ser negativa. En dos de los casos se optó por un seguimiento estrecho y, en los demás, se realizó exéresis de las lesiones, añadiendo corticoides y metrotexato en una ocasión. La evolución, de manera general, siguió un curso benigno. Conclusiones: Este estudio evidencia la infrecuencia de esta patología en nuestro medio, con 6 casos encontrados en un periodo de tres décadas. Contribuye a la comprensión actual de la ERD, destacando el valor de los marcadores inmunohistoquímicos, necesarios para hacer un diagnóstico diferencial con otras histiocitosis, así como la importancia de buscar las mutaciones referidas, pues abren un camino de cara a nuevas dianas terapéuticas. Palabras clave: Enfermedad de Rosai-Dorfman, neoplasia histiocitaria, emperipolesis, extraganglionar, inmunohistoquímica, OCT2. Abstract Background: Rosai-Dorfman Disease (RDD) contitutes an enigmatic entity, both for being an histiocytosis, an extremely infrequent disease with a wide variety of presentations, as for the recent finding that, in some cases, the cells harbor gain-of- function mutations in the MAPK pathway. Transitioning from being considered solely a reactive process to its classification by the World Health Organization in 2022 within histiocytic neoplasms, RDD manifests as a proliferation of macrophagic cells, typically with a bening course, where definitive diagnosis can only be made trough biopsy. Materials and methods: Diagnosed cases of RDD at the Santiago University Hospital Complex (CHUS) during the period from 1990 to 2023 (n=6). The clinical presentation, histopathological, immunohistochemical, and molecular characteristics, as well as the treatment and evolution, were analyzed. This was compared with the existing literature, using PubMed as the primary source. Results: All cases, except one, were of extranodal location. Histopathologically, histiocytic aggregates with emperipolesis were observed in all samples. Staining showed positivity for S100 in macrophages and negativity for CD1a. OCT2, a novel marker, was positive in the neoplastic histiocytes of the case in which it was tested. This was also the only case where mutation determination was performed, resulting negative. In two of the cases, close monitoring was chosen, while in the others, lesion excision was performed, adding corticosteroids and methotrexate on one occasion. Overall, the evolution followed a benign course. Conclusions: This study highlights the rarity of this pathology in our setting, with 6 cases found. It contributes to the current understanding of RDD, emphasizing the value of immunohistochemical markers, which aids a more precise differential diagnosis with other histiocytosis, as well as the importance of searching for the reported mutations, as they pave the way for new therapeutic targets. Keywords: Rosai-Dorfman disease, histiocytic neoplasm, emperipolesis, extranodal, inmunohistochemistry, OCT2. 5 Lista de abreviaturas CD: Cluster of differentiation (cluster de diferenciación) CVP: Ciclofosfamida, sulfato de vincristina e prednisona EEC: Enfermidade de Erdheim-Chester ERD: Enfermidade de Rosai-Dorfman FASL/FAS: Fas Ligand/ Fas Receptor (ligando de Fas/ receptor Fas) FDG: Fluorodeoxyglucose (fluorodesoxiglicosa) FR-1: Framework region 1 (rexión de entramado 1) FR-2: Framework region 2 (rexión de entramado 2) FR-3: Framework region 3 (rexión de entramado 3) GDP: Guanosín difosfato GTP: Guanosín trifosfato HC: Histiocitoses Malignas HCL: Histiocitoses de Células de Langerhans HCNL: Histiocitoses de Células Non Langerhans HLA-DR: Human Leucocyte Antigen–DR isotype (antíxeno Leucocitario Humano-Isotipo DR) ICC: International Consensus Classification IgG: Inmunoglubulina G IgG4: Inmunoglobulina G4 IGH: Inmunoglobulin Heavy Locus (locus de cadea pesada) IHQ: Inmunohistoquímica IL-6: Interleucina 6 Ki-67: Antíxeno de células en proliferación Linfocitos NK: Linfocitos Natural Killer MAPK: Mitogen-activated protein kinases (proteínas quinasas activadas por mitóxenos) MiB1: Anticorpo monoclonal contra a parte recombinante do antíxeno Ki-67, que se emprega en tecidos incluidos en parafina MTX: Metrotexato OCT2: Organic cation transporter 2 (transportador orgánico de catións) PCR: Polymerase reaction chain (reacción en cadea da polimerasa) PET: Positron emission tomography (tomografía por emisión de positróns) RMN: Resonancia magnética nuclear RTK: Receptor tirosine kinases (receptor tirosina quinasa) TC: Tomografía computarizada Tc99m: Tecnecio 99m TNF: Tumor Necrosis Factor (factor de necrose tumoral) VSG: Volume de sedimentación globular WHO: World Health Organization (Organización Mundial da Saúde) Laura Estévez Fernandes 6 Índice 1. Introdución 7 1.1 As histiocitoses. Breve concepto. 7 1.2 Grupo R: Enfermidade de Rosai-Dorfman. Clasificación e clínica. 7 1.3 Epidemioloxía 10 1.4 Histopatoloxía 10 1.5 Immunohistoquímica 10 1.6 Xenética e características moleculares 11 1.7 Diagnóstico 12 1.8 Tratamento 12 1.9 Prognóstico 14 2. Xustificación do estudo e obxectivos 15 2.1 Xustificación 15 2.2 Obxectivos 15 3. Material e métodos 16 3.1 Mostra de estudo e criterios de inclusión 16 3.2 Deseño do estudo 16 4. Resultados 17 4.1 Caracterización clínica e anatomopatolóxica dos casos 17 5. Discusión 26 6. Conclusións 30 Bibliografía 31 Anexos 36 7 1. Introdución 1.1 As histiocitoses. Breve concepto. As histiocitoses comprenden un amplo rango de entidades pouco comúns e non totalmente coñecidas, caracterizadas pola presenza excesiva de células histiocíticas no corpo, entre as que encontramos as células dendríticas (as presentadoras de antíxeno por excelencia, como as células de Langerhans) e os macrófagos (os grandes fagocitadores do sistema inmune). Historicamente, a primeira clasificación data de 1987, cando a Histiocyte Society as dividiu en histiocitoses de células Langerhans (HCL) e non Langerhans (HCNL), en función da positividade ou negatividade dos marcadores para estas células, como CD1a e CD207. Existía, así mesmo, un terceiro grupo clasificado como Histiocitoses Malignas (HC) (1,2). Sen embargo, comezou a pórse en dúbida esta clasificación dual cando se observou que histiocitoses previamente non Langerhans, como a Enfermidade de Erdheim-Chester (EEC), que é negativa para marcadores CD1a, compartía mutacións clonais na mesma vía MAPK que as HCL, e ata un 20% dos pacientes presentaban ámbalas enfermidades de maneira concomitante (3,4). Así, realizouse unha ampla revisión e esta mesma sociedade realizou unha nova clasificación en 2016, actualmente estendida, que divide estas patoloxías en 5 grupos, en función de diferentes características clínicas, fenotípicas, histolóxicas e moleculares (4). A grandes rasgos diferéncianse o grupo L (relacionado coas células de Langerhans), o grupo C (histiocitoses de carácter cutáneo), o grupo R (a Enfermidade de Rosai-Dorfman), o grupo M (histiocitoses malignas) e o grupo H (linfocitoses hemofagocíticas). Dentro de cada un destes grupos existen, así mesmo, distintas enfermidades. Co progreso da medicina molecular nestes últimos anos, púxose de manifesto que as mutacións clonais, asociadas principalmente ao grupo L das histiocitoses, están tamén presentes noutros grupos, entre eles, o grupo da Enfermidade de Rosai-Dorfman (ERD), motivo central deste Traballo de Fin de Grao (1). 1.2 Grupo R: Enfermidade de Rosai-Dorfman. Clasificación e clínica. Seguindo a xa comentada clasificación da Histiocyte Society, a Enfermidade de Rosai-Dorfman englóbase dentro do “grupo R”. Cabe destacar que existe tamén unha forma cutánea única desta doenza que se clasifica dentro do “grupo C”. A ERD tamén é coñecida como histiocitose sinusoidal con linfadenopatía masiva, aínda que a World Health Organization (WHO) desaconsella esta denominación, debido a que esta non é a súa única forma de presentación (5). Podemos distinguir formas familiares e formas idiopáticas da enfermidade. As formas familiares son moi raras e están asociadas principalmente a dúas síndromes: a primeira delas é Laura Estévez Fernandes 8 a síndrome H ou Faisalabad, asociada á mutación do xene SLC29A3, na que un 20% dos pacientes presentaron caracterización clinicopatolóxica compatible coa ERD (6). Esta síndrome cursa tamén con outras alteracións dermatolóxicas (hiperpigmentación, hipertricose), baixa estatura, anomalidades cardíacas, xordeira neurosensorial, hepatoesplenomegalia e hipogonadismo (7). A segunda é a deficiencia FAS ou Síndrome Linfoproliferativo Autoinmune (Autoinmune Lymphoproliferative Syndrome) causada por mutacións xerminais en xenes da vía de sinalización Fas, que activan a vía extrínseca da apoptose. Nesta, un ligando determinado únese a un dos receptores da superfamilia de receptores do factor de necrose tumoral (TNF), máis coñecidos como “receptores de morte”, e produce unha sinalización que activa a cascada das caspasas, que finalmente conduce a morte celular programada. Este mecanismo mediado por FasL/Fas é crucial para regular os linfocitos do sistema inmune (8). A incapacidade de que se leve a cabo a morte celular programada por esta vía ocasiona unha acumulación de linfocitos T autorreactivos, negativos para CD4 e CD8. Tipicamente cursa xa na infancia e a súa presentación é diversa con linfadenopatías, esplenomegalia, hipergammaglobulinemia, citopenias e un risco elevado de linfoma (9). As formas esporádicas son máis comúns, e dentro delas englóbase a forma ganglionar, extraganglionar, asociada a outra neoplasia ou a un proceso autoinmune (4):  ERD ganglionar: tamén denominada clásica, foi a primeira descrita por Juan Rosai e Ronald Dorfman en 1969. É á que tipicamente nos referimos cando falamos desta patoloxía (10). Os pacientes presentan grandes adenopatías bilaterais cervicais indoloras acompañadas ou non de síndrome constitucional (febre, pérdida de peso, suor nocturna, astenia) (4). Menos frecuentemente, pode haber afectación doutros ganglios linfáticos periféricos (axilares e inguinais, habitualmente non tan grandes como os cervicais) e, incluso, ganglios mediastínicos. Non acostuma haber envolvemento a nivel retroperitoneal (11, 12). Adoita aparecer na idade pediátrica ou en adultos novos (de media aos 20,6 anos), máis caracteristicamente en varóns de descendencia africana (4).  ERD extraganglionar: ao redor dun 40% ocorre en diversos órganos (asociados ou non a formas ganglionares) e normalmente preséntase en adultos cunha media de idade maior. Pode encontrarse en calquera localización, pero principalmente tense documentado afectación na pel, cavidade nasal, aparato esquelético, órbita e sistema nervioso central (4). Na pel poden apreciarse lesións papulosas ou placas de crecemento lento e non dolorosas acompañadas ás veces de nódulos subcutáneos. Se existe afectación dos senos paranasais e da cavidade nasal pode causarse obstrución, deformidade nasal e epistaxe. Os ósos aféctanse nun grao variábel, cunhas lesións en ocasións dolorosas, principalmente de aparencia lítica e que poden chegar a estenderse ao longo do tecido brando circundante. A nivel do sistema nervioso central a ERD preséntase principalmente como unha masa intracranial en relación coa duramáter, que radioloxicamente pode asemellarse a un meninxioma. En función da localización é posible que asocie focalidade neurolóxica. As lesións na medula espiñal son moito menos frecuentes. Outra forma de presentación é como unha masa orbitaria, que dependendo do seu tamaño pode chegar a comprometer o nervio óptico. Outras localizacións máis infrecuentes incluirían o ril e o pulmón (12–14). 9  ERD asociada a neoplasia: aínda que pouco habitual, existen numerosos artigos que demostran a vinculación desta patoloxía con outras neoplasias hematolóxicas. Estas poden preceder, coexistir ou aparecer con posterioridade a ERD (12). Constan casos de pacientes con Linfomas Hodgkin e non-Hodgkin con afectación pola ERD no mesmo ganglio, aínda que a ocupación desta era focal e normalmente pequena. Por este motivo é controvertido considerar estes focos como a manifestación dunha verdadeira ERD ou como un proceso de tipo reactivo (15, 16). Normalmente esta situación encóntrase de maneira accidental ao observar a histoloxía. Existen outras series de casos que mostran pacientes diagnosticados de diferentes linfomas Hodgkin e non Hodgkin así como da ERD (17–21). En dous destes artigos menciónase que a ERD atopábase en ganglios retroperitoneais, o que é pouco frecuente, polo que a existencia desta entidade en ganglios infradiafragmáticos podería servir como un indicio para sospeitar dun linfoma concomitante (18,19). Hai publicado un caso no que se diagnosticou xunto cun linfoma difuso de células B grandes en diferentes localizacións anatómicas (22). A presencia desta histiocitose en relación a leucemias tamén está descrita na literatura, pero non hai tantos casos referidos (23). Por último, pode haber superposición con outras histiocitoses, como a HCL e a EEC (24, 25).  ERD asociada un proceso autoinmune: tense asociado a lupus eritematoso sistémico, anemia hemolítica e artrite xuvenil idiopática (4). En pacientes con enfermidades autoinmunes e linfadenopatías, a ERD é un dos diagnósticos diferenciais a descartar (26). Esquema 1. Clasificación da ERD seguindo a Histiocyte Society 2016. Grupo R: Enfermidade de Rosai-Dorfman Formas familiares Formas idiopáticas Ganglionar Síndrome H ou Faisalabad Asociado a unha Enfermidade Autoinmune Asociado a neoplasia Extraganglionar Deficiencia FAS Grupo C: ERD puramente cutánea Laura Estévez Fernandes 16 3. Material e métodos 3.1 Mostra de estudo e criterios de inclusión Para a realización deste traballo elaborouse, conxuntamente co Biobanco do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), un protocolo de investigación biomédica que recolle os aspectos éticos e legais necesarios para a autorización do uso da información recollida. Este documento consta coa aprobación do Comité de Ética da investigación de Santiago-Lugo (CEI-SL), engadido no apartado de Anexos. Os criterios de inclusión foros os seguintes:  Diagnóstico de Enfermidade de Rosai-Dorfman no servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS no período comprendido entre 1990 e 2023, independentemente da idade, sexo ou estado evolutivo da patoloxía.  Almacenamento das mostras destes casos no CHUS, para posibilitar a revisión das súa histoloxía e o seu inmunofenotipo. A procura foi realizada no programa EOS seguindo os criterios seleccionados, sendo o tamaño da mostra un total de 6 casos, que serán discutidos no apartado de resultados. 3.2 Deseño do estudo Debido á infrecuencia desta enfermidade, e atopando un número de pacientes n=6, parece doado dotar este estudo dun carácter observacional, concretamente unha serie de casos. Levarase a cabo unha descrición individual de cada un dos 6 casos atopados e comentaremos diferentes aspectos, tanto no ámbito clínico (idade de aparición, sexo, forma de debut, evolución, sintomatoloxía presentada e tratamento) así como no ámbito anatomopatolóxico e molecular. Tamén se procederá a realizar unha táboa que mostre globalmente as formas da ERD atopadas, principais tinguiduras usadas e a presencia de emperipolese. Posteriormente, levarase a cabo no apartado da discusión unha revisión global dos nosos casos en relación coa literatura recollida mediante PubMed. 17 4. Resultados 4.1 Caracterización clínica e anatomopatolóxica dos casos 4.1.1 Caso 1 Varón de 46 anos con obesidade grado 1, hipertensión arterial, dislipemia e hipeuricemia. O debut deste varón é de dor a nivel pélvico, encontrándose nunha radiografía unha lesión lítica con límites mal definidos no óso ilíaco esquerdo. Para filiar esa lesión, un mes despois realízase unha TC a nivel da pelve con reconstrucións multiplanares que mostran unha lesión de densidade intermedia no óso ilíaco esquerdo localizada a nivel supraacetabular. A lesión interrompe parte da cortical a nivel lateral e inferior. Os diámetros atopados son de 3,5x5,2 centímetros. Compórtase como unha lesión lítica que interrompe a cortical e que radioloxicamente non se pode cualificar como non agresiva, polo que se aconsella completar estudo con gammagrafia e RMN. Lévase a cabo unha gammagrafía ósea vascular en 3 fases con Tc99m centrado na pelve e de corpo completo. As dúas horas de administración do radiotrazador, evidénciase depósito a nivel de rexión acetabular esquerda en fase ósea, suxestivo dun proceso óseo sen compoñente inflamatorio. O resto da pelve e corpo non denotan alteracións significativas. Complétase o estudo cunha RNM que mostra a presenza dunha lesión ósea sobre o teito acetabular do lado esquerdo, de aspecto alargado, que se comporta como hiposinal en secuencia T1 e hipersinal en T2, cun diámetro aproximado de 6x2,5 centímetros. No estudo axial parece existir interrupción da cortical externa, cunha discreta cantidade de líquido rodeando a rexión acetabular. Así mesmo obsérvanse áreas de hipersinal mal definidas rodeando todo o acetábulo en relación á edema óseo, probablemente reactivo á lesión mencionada anteriormente. Dende o punto de vista de imaxe non hai sospeita de necrosis avascular de cabezas femorais. Inicialmente esta lesión podería corresponder a un quiste óseo de orixe sinovial, aínda que non se pode descartar malignidade, tendo en conta o seu comportamento agresivo e a posible interrupción da cortical. Por iso, decide realizarse un legrado da lesión e enviar a mostra ao Servizo de Anatomía Patolóxica. Macroscópicamente obtéñense múltiples fragmentos irregulares, de coloración pardo-agrisado, algúns deles de consistencia indurada, que pesan un total de 2 gramos. Microscópicamente obsérvase unha lesión altamente celular composta por abundantes células plasmáticas, linfocitos e, maioritariamente, numerosas células histiocíticas que mostran núcleos vesiculares de gran tamaño con citoplasma claro e abundante. Evidénciase emperipolese. As células histiocitarias son positivas para S100 e negativas para CD1a, ALK e CD30. As células linfoides acompañantes son CD20 e CD3 positivas. O índice de proliferación con MiB1 é moderado. Con esta mostra faise o diagnóstico de Enfermidade de Rosai-Dorfman. A última TAC programada para avaliar a ERD neste paciente mostra persistencia das alteracións observadas en TC previas pero sen progresión a outros niveis. Non se precisou tratamento ata Laura Estévez Fernandes 18 día de hoxe. Desde entón preséntase asíntomático, sen adenopatías nin megalias, así como sen dores óseas recentes. 4.1.2 Caso 2 O segundo caso trátase dun varón de 3 anos, sen antecedentes persoais de interese e correctamente vacinado para a súa idade. Como antecedentes familiares destaca un avó materno que padecera un Linfoma de Hodgkin. Foi derivado ao servizo de Pediatría do CHUS por unha adenopatía laterocervical dereita de 4 centímetros que contaba con 3 meses de evolución, de carácter non dolorosa, non adherida a planos profundos e fácil de mobilizar. No momento da exploración física observáronse, así mesmo, varias adenopatías ipsilaterais de aproximadamente 1 centímetro e outras contralaterais, unha de 3 centímetros e as demais milimétricas. Obxectivouse leve hepatoesplenomegalia á palpación. Non se evidenciaron adenopatías supraclaviculares, axilares nin inguinais. A coexistencia dun cadro catarral no momento da exploración levou a pautar tratamento antibiótico e solicitar unha radiografía de tórax, informada cun patrón de prominencia peribroncovascular e perihiliar suxestiva de viriase. Óptase por realizar unha ecografía cervical, que mostra múltiples ganglios cervicais bilaterais. Visualízase tamén a cavidade abdominopélvica, na que non se evidencia aumento de tamaño nin do fígado nin do bazo. Ante a posibilidade de que os ganglios fosen de carácter reactivo polo cadro catarral, decidiu realizarse unha vixilancia estreita. Coa persistencia das adenopatías tras outro mes desde a primeira valoración, realízase unha biopsia. Recíbese un fragmento de tecido ovalado e cor amarela agrisada que mide 1,5x 1 centímetros. A microscopio óptico obsérvase un ancheamento dos senos linfáticos, con presencia de histiocitos con emperipolese (Figura 1). As tinguiduras denotaron positividade para marcadores como S100, CD68, CD31 e negatividade para CD1a, CD20, CD39 e ALK. Ademais realizouse unha tinguidura para bacilos alcohol resistentes, que foi negativa. Diagnosticouse de Enfermidade de Rosai-Dorfman e dado que o paciente non tiña clínica sistémica nin compromiso da vía aérea superior, decidiu darse de alta sen tratamento. Realizáronse consultas periódicas para avaliar as adenopatías e, ante a estabilidade destas, o seguimento pasou a levarse por Atención Primaria. 19 Figura 1. Caso 2. A, B. Senos linfáticos ocupados por macrófagos con fenómenos de emperipolese de linfocitos e outras células inflamatorias; C. Positividade das células histiocíticas para S100, atopadas nos senos linfáticos (4x); D. Positividade das células histiocíticas para S100, obsérvese o fenómeno de emperipolese con células linfocíticas no interior do macrófago (40x). 4.1.3 Caso 3 O terceiro caso é o dunha paciente de 78 anos, cun irmán falecido de leucemia, que foi remitida ao servizo de Hematoloxía por unha biopsia dunha lesión cutánea elevada, indurada e pigmentada no brazo esquerdo, que foi diagnosticada como un linfoma B de zona marxinal. Nese momento presentaba varias lesións semellantes de entre 3 e 5 centímetros nese mesmo brazo, na zona lumbar e na zona femoral esquerda, así como unha adenopatía axilar esquerda de 1,5 centímetros, adherida a planos profundos. O tratamento que se decidiu levar a cabo foi de quimioterapia CVP ao 75% en 7 ciclos, cunha duración aproximada de 6 meses, conseguindo unha remisión parcial. Catro anos máis tarde a paciente é remitida dende Atención Primaria ao observarse, por ecografía, crecemento da lesión previamente tratada e biopsiada, polo que se volve extraer de C D A B Laura Estévez Fernandes 20 maneira cirúrxica. Á exploración física destaca a persistencia da adenopatía axilar comentada previamente. Anatomía Patolóxica recibe un fragmento con forma de elipse de 1,8x0,7 centímetros, cunha profundidade máxima de 2,3 centímetros e unha lesión indurada de 1,5x0,9 centímetros. Nesta atópase unha proliferación atípica de linfocitos B de pequeno tamaño, dispostos de maneira cohesiva no tecido celular subcutáneo. Expresan CD20, CD79a e BCL2, expresión focal para CD23 e son negativos para CD10 e Ciclina D1. O índice de proliferación con Ki-67 é baixo. O compoñente plasmocelular está lixeiramente aumentado en número, realzándose con CD138. Nas tinguiduras para cadeas lixeiras kappa e lambda as primeiras teñen un leve predominio no compoñente plasmático e linfocitario, pero sen signos concluíntes de monoclonalidade. Realízase unha proba complementaria mediante PCR para IGH (FR1, FR2, FR3) na que tampouco se evidencian signos concluíntes de clonalidade. Aínda así, a similitude da histoloxía coas mostras de 2012 evidencian a posibilidade dunha recidiva tumoral. CD3 e CD5 realzan linfocitos T, de aspecto maduro. Ademais, xunto con esta poboación de linfocitos B infórmase da presenza dun agregado histiocitario, con presenza de emperipolese, que expresa CD68 e S100 e é negativo para CD1a, compatible con trazos da ERD. Debido á idade, as comorbilidades presentadas no momento do diagnóstico (a paciente desenvolvera deterioro cognitivo e tiña unha vida limitada, non relacionada co proceso neoplásico) e a baixa agresividade do linfoma, tomouse unha actitude conservadora e non se tratou. Non se tomou ningunha decisión a maiores respecto a ERD. A paciente acabou falecendo aos 91 anos por unha infección respiratoria de probable orixe aspirativa xunto con unha insuficiencia cardíaca descompensada. 4.1.4 Caso 4 O paciente número catro é un varón de 48 anos sen antecedentes persoais de interese. Foi visto nunha consulta de Dermatoloxía por unha lesión cutánea no costado esquerdo que contaba cun ano de evolución. Esta era de tipo pápula cupuliforme, levemente azulada e translúcida, inespecífica á dermatoscopia. Na exploración física non se atoparon adenopatías e preguntouse por clínica sistémica, que o paciente negou. Ante a posibilidade de que se tratara dun carcinoma basocelular procedeuse a extirpación cirúrxica. Obtívose un fragmento cutáneo elíptico de 1,5x1,2x0,8 centímetros no que se observou unha lesión nodular e sobreelevada de 0,6 centímetros de diámetro. Nela, evidenciouse un compoñente maioritariamente histiocítico localizado na derme, con fenómeno de emperipolese, que foi positivo ás tincións con CD68 e S100. Con CD1a realzábanse unicamente as células dendríticas da epiderme. Diagnosticouse de tecido cutáneo con cambios morfolóxicos tipo ERD. Ante a benignidade do cadro, a exérese da lesión e non presentando outras alteracións, deuse de alta. 21 4.1.5 Caso 5 O caso cinco é o dunha muller de 38 anos sen antecedentes médicos de interese na que a sintomatoloxía de presentación foi unha dor lumbar aguda asociada a dor abdominal, sen síntomas B. A paciente acudiu ao servizo de Urxencias remitida por un centro privado porque se lle realizou unha RMN lumbar pola dorsalxia, obxectivándose unha lesión lítica a nivel de L4, cun posible diagnóstico de osteoma osteoide. Ante a presenza deste achado solicitouse un PET no que se describiu unha lesión hipercaptante sospeitosa de malignidade no ovario esquerdo, así como posibles metástases hepáticas e na cuarta vértebra lumbar (Figura 2). Á exploración xinecolóxica atopouse unha lesión de 2,5mm, sólida, sen outros signos de malignidade e con marcadores tumorais negativos. Decidiuse tratar a masa mediante ooferectomía laparoscópica. A mostra recibida por Anatomía Patolóxica (noutro centro) foi suxestiva de malignidade, sen conseguir establecer un diagnóstico claro. Tamén se procedeu a biopsiar a lesión da columna, pero obtívose unha mostra informada como altamente artefactada, na que unicamente se podía visualizar una proliferación celular atípica, non concluínte. Para as masas hepáticas fíxose unha punción con agulla grosa pero as mostras obtidas tampouco tiñan material suficiente para establecer un diagnóstico, aínda que se informan como sospeitosas de sarcoma. Debido á posible malignidade, a paciente volve ingresar dous meses despois para exérese cirúrxica das lesións ocupantes de espazo hepáticas. Extráense diversas lesións, de carácter milimétrico, no segmento III e na unión dos segmentos II-III. Nestas biopsias hepáticas obsérvase unha poboación histiocítica discretamente polimórfica con emperipolese focal e sen evidencia de actividade mitótica significativa. Estas células son positivas para CD163, CD68 e S100 así como negativas para CD1a, langerina, mieloperoxidasa, CD30, CD45-LCA. Acompañando aos histiocitos atópanse linfocitos de aspecto maduro que expresan CD20 e CD3, con predominio de linfocitos T. Establécese o diagnóstico de ERD. O tratamento que se decide levar a cabo é inmunosupresor con 3 bolos de metilprednisolona de 250 gramos durante 3 días, administrados no hospital de día de Hematoloxía. A valoración posttratamento realízase un mes despois cunha PET-TC, observándose unha diminución do hipermetabolismo focal en L4 así como un realce único nun segmento IV do fígado. Decidiu seguirse un tratamento oral con prednisona e metrotexato en pauta descendente. Dez meses despois repítese a proba de imaxe na que non se mostraron cambios en relación ao PET post tratamento. A día de hoxe a paciente e as lesións persisten estables. Laura Estévez Fernandes 22 Figura 2. Caso 5. PET-TAC: obsérvese a hipercaptación na cuarta vértebra lumbar. 4.1.6 Caso 6 O último caso é o dun varón de 21 anos procedente de Senegal cunha epilepsia indeterminada a seguimento por Neuroloxía e con síncopes de repetición nas que se descartou patoloxía cardíaca. No momento actual está tamén en seguimento por Reumatoloxía por episodios de gonalxia bilateral cunha bioquímica con IgG e VSG alterados. Debutou cunha alteración da visión con exoftalmía e desprazamento do globo ocular debido a unha tumoración orbitaria dereita de 3-4 meses de evolución.. Para caracterizar mellor a lesión procedeuse a realizar unha TC na que se obxectivou unha masa orbitaria dereita disposta inmediatamente por riba do solo orbitario con ocupación tanto do espazo intraconal como extraconal. Os diámetros máximos obtidos foron de 11,7x35,2 milímetros no plano saxital e 31mm no plano axial. Coa administración de contraste a tumoración realzouse de maneira homoxénea, cun eixo maior anteroposterior que se estendía anteriormente mais alá do límite óseo do solo da órbita, rodeando o terzo anterior do músculo recto inferior e posiblemente todo o músculo oblicuo inferior, que non se consigue individualizar da masa. Non existían datos de erosión nin expansión dos marxes óseos e tampouco se evidenciou relación anatómica coa glándula lacrimal. De maneira accidental atopouse unha expansión ósea dos marxes anteriores esquerdos do clivus, que comprometen a ala maior do esfenoides dese mesmo lado, con ocupación da luz do seno esfenoidal esquerdo, así como unha alteración densitométrica a modo de vidrio esmerilado nos malares, todo elo suxestivo de displasia fibrosa, sen maior transcendencia clínica. O xuízo clínico debido á idade do paciente e o comportamento densitométrico foi de hemanxioma cavernoso, non podendo descartar outros diagnósticos. Complétase o estudo cunha RMN posterior. Nesta, a lesión continuaba co mesmo tamaño con hipointensidade en T1 (Figura 3) e realce homoxéneo en T2. 23 Ante a clínica compresiva e para establecer un diagnóstico de certeza procedeuse a extracción cirúrxica. Mediante cantotomía lateral e con eversión da pálpebra inferior, accedeuse ao espazo orbitario inferior vía conxuntival, onde se localizou a tumoración, que se extrae sen complicacións. No Servizo de Anatomía Patolóxica recíbense dous fragmentos de coloración castaña e consistencia indurada, medindo o maior deles 3,7x2x1,2 centímetros e o menor 1,5x0,7x0,5 centímetros. Na hemisección e ao corte apréciase unha coloración branquecina e amarelenta coa mesma consistencia. Na análise histopatolóxica da mostra aprécianse, no medio do tecido fibroso, nódulos compostos por histiocitos de núcleo agrandado e citoplasma moi amplio con emperipolese, acompañados de abundante infiltrado linfoplasmocitario de tipo reactivo (Figura 4). A inmunohistoquímica foi positiva para S100, OCT2 e Ciclina D1 e negativa para CD1a. O cociente IgG4/IgG foi moi baixo, inferior ao 40% (Figura 5). A nivel molecular faise unha determinación de mutacións en BRAF e NRAS que resultou ser negativa, así como técnicas de PCR para detección de reodenamentos xenéticos de IGH, tamén negativos. Actualmente o paciente está a seguimento noutro centro e tivo pérdida da visión no ollo afectado. Despois da cirurxía, non se realizou, por agora, ningún tipo de tratamento farmacolóxico, aínda que está pendente de reavaliación para ver se a ERD está localizada ou non. Figura 3.a. Figura 3.b. Figura 3. Caso 6. RMN cerebral potenciada en T1. Plano axial (Figura 3.a.) e saxital (Figura 3.b.) Obsérvese a tumoración na cavidade orbitaria inferior. Laura Estévez Fernandes 24 Figura 4. Caso 6. A. Esclerose que separa tecido de aspecto inflamatorio (4x); B. No lado esquerdo da imaxe, Células inflamatorias crónicas (lado esquerdo da imaxe) aparecen rodeadas dun anel periférico de histiocitos con citoplasmas abundantes que lle dan unha coloración máis clara (10x);C. Abundantes células plasmáticas (20x) D. Histiocitos con fenómeno de emperipolese (40x). Figura 5. Caso 6. A, B. Positividade IHQ nos histiocitos neoplásicos para ciclina D1 e OCT2, respectivamente; C, D. Positividade IHQ nunha gran proporción de células plasmáticas para IgG e moi escasa para IgG4 nestas mesmas células, respectivamente. A D C B D C B A 25 Tipo ERD Marcadores Inmunohistoquímicos Emperipolese S100 CD68 CD1a OCT2 CD163 Caso 1 Extranganglionar óseo + NR/NV - NR/NV NR/NV + Caso 2 Ganglionar cervical + + - NR/NV NR/NV + Caso 3 Extraganglionar asociado a neoplasia + + - NR/NV NR/NV + Caso 4 Extraganglionar cutáneo + + - NR/NV NR/NV + Caso 5 Extraganglionar sistémico + + - NR/NV + + Caso 6 Extragangionar orbitario + NR/NV - + NR/NV + Táboa 1. Forma de presentación da enfermidade, perfil inmunohistoquímico e presenza de emperipolese nos casos estudados. NR/NV: Non realizado/ Non valorable. Laura Estévez Fernandes 32 17. Tiwari V, Pareek A, Ghori H, Ahirwar M. Rosai Dorfman disease and peripheral T-cell lymphoma: A rare co-occurrence. J Postgrad Med. 2019;65(1):62–3. 18. Garg K, Singh H. Sinus Histiocytosis with Massive Lymphadenopathy (Rosai Dorfman Disease) and Anaplastic Large Cell Lymphoma. Eur J Case Rep Intern Med. 2017 Mar 15;2(LATEST ONLINE). 19. Moore JC, Zhao X, Nelson EL. Concomitant sinus histiocytosis with massive lymphadenopathy (Rosai-Dorfman Disease) and diffuse large B-cell lymphoma: A case report. J Med Case Rep. 2008 Mar 5;2. 20. Shelley AJ, Kanigsberg N. A unique combination of Rosai-Dorfman disease and mycosis fungoides: a case report. SAGE Open Med Case Rep. 2018 Jan;6:2050313X1877219. 21. Edelman A, Patterson B, Donovan K, Malone J, Callen J. Rosai-Dorfman disease with a concurrent mantle cell lymphoma. JAAD Case Rep. 2019 Jan 1;5(1):40–3. 22. Hirofumi SHODA, Teruaki OKA, Morihiro INOUE, Seishi KUSAKA, Hideo TSUNEYOSHI, Jun MIYAZAKI, et al. Sinus Histiocytosis with Massive Lymphadenopathy Associated with Malignant Lymphoma. 23. Bruce-Brand C, Schneider JW, Schubert P. Rosai-Dorfman disease: an overview. Vol. 73, Journal of Clinical Pathology. 2020. 24. O’Malley DP, Duong A, Barry TS, Chen S, Hibbard MK, Ferry JA, et al. Co-occurrence of Langerhans cell histiocytosis and Rosai-Dorfman disease: Possible relationship of two histiocytic disorders in rare cases. Modern Pathology. 2010 Dec;23(12):1616–23. 25. Erdheim-Chester disease with concomitant Rosai-Dorfman like lesions: a distinct entity mainly driven by MAP2K1. 26. Lopetegui-Lia N, Asad SD, Jafri SI, Harrison JS. Autoimmune diseases and rosai-dorfman disease coexist more commonly than expected: Two case reports. American Journal of Case Reports. 2019;20:770–2. 27. Rastogi V, Sharma R, Misra SR, Yadav L, Sharma V. Emperipolesis – A review. Vol. 8, Journal of Clinical and Diagnostic Research. Journal of Clinical and Diagnostic Research; 2014. p. ZM01–2. 28. McClain KL, Bigenwald C, Collin M, Haroche J, Marsh RA, Merad M, et al. Histiocytic disorders. Vol. 7, Nature Reviews Disease Primers. Nature Research; 2021. 29. Ravindran A, Goyal G, Go RS, Rech KL. Rosai-dorfman disease displays a unique monocytemacrophage phenotype characterized by expression of OCT2. American Journal of Surgical Pathology. 2021;45(1). 30. Badalian-Very G, Vergilio JA, Degar BA, MacConaill LE, Brandner B, Calicchio ML, et al. Recurrent BRAF mutations in Langerhans cell histiocytosis. Blood. 2010 Sep 16;116(11):1919–23. 31. Haroche J, Charlotte F, Arnaud L, Von Deimling A, Hélias-Rodzewicz Z, Hervier B, et al. High prevalence of BRAF V600E mutations in Erdheim-Chester disease but not in other non- Langerhans cell histiocytoses. Blood. 2012 Sep 27;120(13):2700–3. 32. Swerdlow SH, Campo E, Pileri SA, Harris NL, Stein H, Siebert R, et al. Review Series THE UPDATED WHO CLASSIFICATION OF HEMATOLOGICAL MALIGNANCIES The 2016 revision of the World Health Organization classification of lymphoid neoplasms. Available from: http://ashpublications.org/blood/article-pdf/127/20/2375/1393632/2375.pdf 33. Fatobene G, Haroche J, Rodzwicz ZH, Charlotte F, Taly V, Ferreira AM, et al. BRAF V600E mutation detected in a case of rosai-dorfman disease. Haematologica. 2018 Jul 31;103(8):e377– 9. 33 34. Richardson TE, Wachsmann M, Oliver D, Abedin Z, Ye D, Burns DK, et al. BRAF mutation leading to central nervous system rosai-dorfman disease. Ann Neurol. 2018 Jul 1;84(1):147– 52. 35. Mastropolo R, Close A, Allen SW, McClain KL, Maurer S, Picarsic J. BRAF-V600E–mutated Rosai-Dorfman-Destombes disease and Langerhans cell histiocytosis with response to BRAF inhibitor. Blood Adv. 2019;3(12):1848–53. 36. Hélias-Rodzewicz Z, Donadieu J, Terrones N, Barkaoui MA, Lambilliotte A, Moshous D, et al. Molecular and clinicopathologic characterization of pediatric histiocytoses. Am J Hematol. 2023 Jul 1;98(7):1058–69. 37. Garces S, Medeiros LJ, Patel KP, Li S, Pina-Oviedo S, Li J, et al. Mutually exclusive recurrent KRAS and MAP2K1 mutations in Rosai-Dorfman disease. Modern Pathology. 2017 Oct 1;30(10):1367–77. 38. Jacobsen E, Shanmugam V, Jagannathan J. Rosai–Dorfman Disease with Activating KRAS Mutation — Response to Cobimetinib . New England Journal of Medicine. 2017 Dec 14;377(24):2398–9. 39. Chakraborty R, Abdel-Wahab O, Durham BH. Map-kinase-driven hematopoietic neoplasms: A decade of progress in the molecular age. Cold Spring Harb Perspect Med. 2021;11(5). 40. Shanmugam V, Margolskee E, Kluk M, Giorgadze T, Orazi A. Rosai–Dorfman Disease Harboring an Activating KRAS K117N Missense Mutation. Head Neck Pathol. 2016 Sep 1;10(3):394–9. 41. Matter MS, Bihl M, Juskevicius D, Tzankov A. Is Rosai-Dorfman disease a reactve process? Detection of a MAP2K1 L115V mutation in a case of Rosai-Dorfman disease. Virchows Archiv. 2017 Oct 1;471(4):545–7. 42. Durham BH, Lopez Rodrigo E, Picarsic J, Abramson D, Rotemberg V, De Munck S, et al. Activating mutations in CSF1R and additional receptor tyrosine kinases in histiocytic neoplasms. Nat Med. 2019 Dec 1;25(12):1839–42. 43. Diamond EL, Durham BH, Haroche J, Yao Z, Ma J, Parikh SA, et al. Diverse and targetable kinase alterations drive histiocytic neoplasms. Cancer Discov. 2016 Feb 1;6(2):154–65. 44. (Boron, 2017-05-24) 1. Boron, W. F. Fisiología médica, 3rd Edition. Elsevier; 2017-05- 24. Retrieved from ckmeded://97884911312672017-05-24. 45. Khoury JD, Solary E, Abla O, Akkari Y, Alaggio R, Apperley JF, et al. The 5th edition of the World Health Organization Classification of Haematolymphoid Tumours: Myeloid and Histiocytic/Dendritic Neoplasms. Vol. 36, Leukemia. 2022. 46. Campo E, Jaffe ES, Cook JR, Quintanilla-Martinez L, Swerdlow SH, Anderson KC, et al. The International Consensus Classification of Mature Lymphoid Neoplasms: a report from the Clinical Advisory Committee. Blood. 2022;140(11). 47. Toguri D, Louie A V, Rizkalla Md K, Franklin Md J, Rodrigues Md Msc G, Venkatesan V. Radiotherapy for steroid-resistant laryngeal Rosai-Dorfman disease. Vol. 18, Current OnCOlOgy. 2011. 48. Maklad AM, Bayoumi Y, Tunio M, AlShakweer W, Dahar MA, Akbar SA. Steroid-Resistant Extranodal Rosai-Dorfman Disease of Cheek Mass and Ptosis Treated with Radiation Therapy. Case Rep Hematol. 2013;2013:1–4. 49. Golwala ZM, Taur P, Pandrowala A, Chandak S, Desai M. Sirolimus—A targeted therapy for Rosai-Dorfman disease. Vol. 66, Pediatric Blood and Cancer. John Wiley and Sons Inc.; 2019. 50. Cooper SL, Arceci RJ, Gamper CJ, Teachey DT, Schafer ES. Successful Treatment of Recurrent Autoimmune Cytopenias in the Context of Sinus Histiocytosis With Massive Lymphadenopathy Using Sirolimus. Pediatr Blood Cancer. 2016 Feb 1;63(2):358–60. Laura Estévez Fernandes 34 51. Tirado-Sánchez A. Recalcitrant primary cutaneous Rosai-Dorfman disease. Efficacy of sirolimus and intralesional methylprednisolone. Skin Health and Disease. 2023 Oct 1;3(5). 52. Tasso M, Esquembre C, Blanco E, Moscardó C, Niveiro M, Payá A. Sinus histiocytosis with massive lymphadenopathy (Rosai-Dorfman disease) treated with 2-chlorodeoxyadenosine. Pediatr Blood Cancer. 2006 Oct 15;47(5):612–5. 53. Konca C, Özkurt ZN, Deger M, Akı Z, Yağcı M. Extranodal multifocal Rosai-Dorfman disease: Response to 2-chlorodeoxyadenosine treatment. Int J Hematol. 2009;89(1):58–62. 54. Sasaki K, Pemmaraju N, Westin JR, Wang WL, Khoury JD, Podoloff DA, et al. A single case of Rosai-Dorfman disease marked by pathologic fractures, kidney failure, and liver cirrhosis treated with single-agent cladribine. Front Oncol. 2014;4(OCT). 55. Chen E, Pavlidakey P, Sami N. Rosai-Dorfman disease successfully treated with thalidomide. JAAD Case Rep. 2016 Sep 1;2(5):369–72. 56. Wei C, Zhou D bin. Long-time remission of laryngeal Rosai–Dorfman disease with thalidomide: a report of three cases. Hematology (United Kingdom). 2021;26(1):552–5. 57. Hoyo-Muñoz A, Collado-Borrell R, Escudero-Vilaplana V, Bastos-Oreiro M, Herranz-Alonso A, Sanjurjo-Sáez M. Thalidomide as treatment of refractory thoracic Rosai-Dorfman disease. J Clin Pharm Ther. 2022 Apr 1;47(4):548–51. 58. Rubinstein M, Assal A, Scherba M, Elman J, White R, Verma A, et al. Lenalidomide in the treatment of Rosai Dorfman disease-a first in use report. Vol. 91, American Journal of Hematology. Wiley-Liss Inc.; 2016. p. E1. 59. Al-Ghawas MS, Ng T, Chen LYC. Confirmed Efficacy of Lenalidomide and Dexamethasone in Unresectable Cutaneous Facial Rosai-Dorfman-Destombes Disease. Mayo Clin Proc Innov Qual Outcomes. 2019 Mar;3(1):94–6. 60. Liu T, Cao X. Successful treatment of multisystemic Rosai-Dorfman disease with lenalidomide and dexamethasone: a case report. Vol. 101, Annals of Hematology. Springer Science and Business Media Deutschland GmbH; 2022. p. 1351–3. 61. Pagel JM, Lionberger J, Gopal AK, Sabath DE, Loeb K. Therapeutic use of Rituximab for sinus histiocytosis with massive lymphadenopathy (Rosai-Dorfman disease). Am J Hematol [Internet]. 2007;82(12):1121–2. Available from: https://onlinelibrary.wiley.com/doi/abs/10.1002/ajh.21024 62. Alqanatish JT, Houghton K, Bond M, Senger C, Tucker LB. Rituximab treatment in a child with Rosai-Dorfman disease and systemic lupus erythematosus. Vol. 37, Journal of Rheumatology. 2010. p. 1783–4. 63. Razanamahery J, Humbert S, Emile JF, Cohen-Aubart F, Fontan J, Maksud P, et al. Immune Thrombocytopenia Revealing Enriched IgG-4 Peri-Renal Rosai-Dorfman Disease Successfully Treated with Rituximab: A Case Report and Literature Review. Front Med (Lausanne). 2021 Jun 16;8. 64. Singh A, Simons Y, Biren-Fetz J, Mohapatra G, Ni H, Gaitonde S, et al. Extended treatment response to imatinib in Rosai-Dorfman disease. Eur J Haematol. 2021 Jun 1;106(6):868–70. 65. Utikal J, Ugurel S, Kurzen H, Erben P, Reiter A, Hochhaus A, et al. Imatinib as a Treatment Option for Systemic Non-Langerhans Cell Histiocytoses. Arch Dermatol [Internet]. 2007 Jun 1;143(6):736–40. Available from: https://doi.org/10.1001/archderm.143.6.736 66. Abeykoon JP, Rech KL, Young JR, Ravindran A, Ruan GJ, Dasari S, et al. Outcomes After Treatment With Cobimetinib in Patients With Rosai-Dorfman Disease Based on KRAS and MEK Alteration Status. JAMA Oncol [Internet]. 2022 Dec 1;8(12):1816–20. Available from: https://doi.org/10.1001/jamaoncol.2022.4432 35 67. Yamaguchi M, Yahata T, Fujita K, Sakurada J, Hasegawa G, Umezu H, et al. Extranodal Rosai- Dorfman disease involving bilateral ovaries in a patient with a ventriculoperitoneal shunt. Journal of Obstetrics and Gynaecology Research. 2009 Oct;35(5):1000–3. 68. Ahmed A, Crowson N, Magro CM. A comprehensive assessment of cutaneous Rosai-Dorfman disease. Ann Diagn Pathol. 2019 Jun 1;40:166–73. 69. Gupta N, Jadhav K, Shah V. Emperipolesis, entosis and cell cannibalism: Demystifying the cloud. Vol. 21, Journal of Oral and Maxillofacial Pathology. Medknow Publications; 2017. p. 92–8. 70. Ozkaya N, Rosenblum MK, Durham BH, Pichardo JD, Abdel-Wahab O, Hameed MR, et al. The histopathology of Erdheim-Chester disease: A comprehensive review of a molecularly characterized cohort. Modern Pathology. 2018 Apr 1;31(4):581–97. 71. Antonio Martínez. Neoplasias de células histiocíticas y dendríticas. In: Libro Blanco de la Anatomía Patológica en España. 8a edición. 2023. p. 377–80. Laura Estévez Fernandes 36 Anexos