A xeometría diferencial dun modelo de movemento da bicicleta
Abstract
[GL] Neste traballo estudaremos o modelo sinxelo de movemento da bicicleta sobre o plano. Consideraremos un segmento de lonxitude prefixada que representará ao cadro da bicicleta. Impoñeremos que o vector velocidade do extremo traseiro sexa paralelo a este. Fixando o percorrido da roda dianteira e a lonxitude do cadro, a traxectoria da roda traseira determínase de forma única a través dunha ecuación diferencial de primeiro orde de tipo Riccati, a ecuación da bicicleta. O traballo consistirá, basicamente, na lectura e comprensión de parte dos contidos (esencialmente en dimensión 2) do artigo [4] con conceptos de xeometría diferencial estudados no grao.
Full text
Traballo de fin de grao A XEOMETRÍA DIFERENCIAL DUN MODELO DE MOVEMENTO DA BICICLETA ÁNGEL MANUEL COUSIÑO SÓÑORA 2020–2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
GRAO EN MATEMÁTICAS Traballo de fin de grao A XEOMETRÍA DIFERENCIAL DUN MODELO DE MOVEMENTO DA BICICLETA ÁNGEL MANUEL COUSIÑO SÓÑORA 2020–2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
iii
iv Traballo proposto Área de Coñecemento: Xeometría e Topoloxía Título: A xeometría diferencial dun modelo de movemento da bicicleta Breve descrición do contido O obxectivo deste traballo é estudar un modelo sinxelo de movemento da bicicleta sobre un plano. Consideraremos un segmento de lonxitude fixa no espazo euclidiano multi-dimensional, movéndose de xeito que o vector velocidade do extremo traseiro estea sempre aliñado co segmento. Se se prefixa a curva que percorre a roda dianteira, a traxectoria da roda traseira determínase de forma única a través dunha certa ecuación diferencial de primeiro orde -a ecuación da bicicleta-. O traballo consistirá, basicamente, na lectura e comprensión de parte dos contidos (basicamente en dimensión 2) do artigo que aparece na bibliografía co fin de relacionar “a ecuación da bicicleta” con conceptos de xeometría diferencial estudados no grao. Recomendacións Visionado dos vídeos: https://www.youtube.com/watch?v= 0RBJkzCUQ-M Conferencia Magistral: La geometría de trayectorias de bicicletas. Dr. Gil Bor. http://www.birs.ca/events/2016/ 5-day-workshops/16w5017/videos/watch/201606131102-Bor. html Conferencia no workshop Ïntegrability and Near-Integrability in Mechanics and Geometry"2016. Dr. Gil Bor.
Índice xeral Agradecementos VII Resumo VII 1. A ecuación da bicicleta 1 1.1. Formulación do modelo da bicicleta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1 1.2. AscurvasdeZindler............................... 8 2. A ecuación diferencial de Riccati 11 2.1. Ecuación diferencial linear . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 2.2. Ecuación diferencial de Bernoulli . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 2.3. Ecuación diferencial de Riccati . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14 3. A Monodromía da bicicleta 17 3.1. A monodromía como unha transformación de Möbius . . . . . . . . . . . . . 18 3.2. A monodromía e a curvatura . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21 4. Clasificación da Monodromía da bicicleta 25 4.1. Clasificacións das transformacións de Möbius . . . . . . . . . . . . . . . . . 25 4.2. Un caso particular: a circunferencia de radio R................ 28 5. O planímetro de Prytz e a Conxectura de Menzin 31 5.1. OplanímetrodePrytz.............................. 31 5.2. A conxectura de Menzin . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 36 A. Transformacións de Möbius 37 B. Máis alá de Euclides: A Xeometría Proxectiva 41 Bibliografía 49 v
Á miña familia, ás miñas mestras e mestres, en particular a Elena e Alberto, ás miñas compañeiras de luces e sombras, a todas as persoas que me axudaron a chegar ata aquí, grazas.
2CAPÍTULO 1. A ECUACIÓN DA BICICLETA podemos imaxinar que dando pedais en sentido anti-horario a bici pode andar cara atrás pero o guiador segue sendo o da roda dianteira. Pensemos en dous exemplos que resolveremos máis adiante: Exemplo 1. Este primeiro exemplo é o máis sinxelo de pensar. Trátase de que, cunha lonxitude prefixada ldo cadro da bici, a roda dianteira recorre o eixo de abscisas e a posición inicial da roda traseira tamén está no eixo de abscisas. Exemplo 2. Neste segundo exemplo consideramos a mesma lonxitude de cadro l, a mesma trazada para a roda dianteira, pero agora a posición inicial da roda traseira non é no eixo de abscisas, senón no das ordenadas. O problema a resolver é: que curva debuxaría a roda traseira nos dous exemplos? Esta cuestión resolverémola contra o final deste capítulo. Para poder calcular a traxectoria da roda traseira da bici, recordemos antes estas nocións. Definición 1.1. (Curva plana parametrizada diferenciable). Unha curva plana, parametrizada e diferenciable en é unha aplicación α:I−→ R2, con I⊆Raberto, que é C∞. Temos así, α(t) = (α1(t), α2(t)), onde as funcións αi(t)admiten derivadas continuas de todas as ordes. A tnomeámolo como parámetro da curva α. Ao subconxunto imaxe, α(I)⊂R2, como a traza de α. A aplicación, α′:I−→ R2, chámase (vector) velocidade (ou vector tanxente).
1.1. FORMULACIÓN DO MODELO DA BICICLETA 3 Definición 1.2. (Curva parametrizada diferenciable regular). Dise que unha curva parametrizada diferenciable, α:I−→ R2, é regular si α′(t)=−→ 0para todo t∈I Definición 1.3. (p.l.a). Dise que unha curva parametrizada, α:I−→ R2, está parametrizada por lonxitude de arco se |α′(t)|= 1 para todo t∈I. Cando unha curva está parametrizada por lonxitude de arco adoitase poñer p.l.a. e o parámetro tcámbiase por s. Observación 1.4.Cando unha curva está p.l.a. tense, Lt t0(α) = Zt t0|α′(s)|ds =Zt t0 ds =t−t0, o que nos indica que a lonxitude da curva entre α(t0)eα(t)é exactamente a distancia entre tet0. Observación 1.5.Cando unha curva está p.l.a. temos, 0 = d ds1 = d ds|α′(s)|2=d ds(α′(s)·α′(s)) = 2(α′(s)·α′′(s)), isto xeometricamente significa que a aceleración, α′′, é ortogonal á velocidade, α, e polo tanto á súa traxectoria. Observación 1.6.Ao longo do traballo identificaremos α′con vindistintamente. Tamén por simplicidade a notación ás veces prescindiremos do parámetro t. Vamos parametrizar a traxectoria que debuxa a roda dianteira da bicicleta nun plano como unha curva parametrizada diferenciable regular, α. Agora, consideremos un número real positivo, l, que será a distancia entre a roda dianteira e a traseira. Definimos un vector director, r∈S1, que nos indica a dirección do segmento que une as rodas da bici, podemos tamén parametrizalo como unha curva diferenciable regular p.l.a. dende un intervalo de R aS1. Vamos a impoñer unha condición de rixidez antes de definir analiticamente a curva da roda traseira, β. Como xa dixemos a distancia do cadro dunha bicicleta usual, l, non varía de tamaño, noutras palabras, ∥α(t)−β(t)∥=lpara todo t∈I(condición de rixidez). (1.1)
4CAPÍTULO 1. A ECUACIÓN DA BICICLETA Figura 1.2: Formulación do modelo Tendo en conta as definicións anteriores e a condición imposta xa podemos parametrizar a traza da roda traseira como a seguinte curva, β, dada pola expresión seguinte: β(t) = α(t) + lr(t).(1.2) A outra condición que vamos impoñer é a suposición utópica dunha superficie e rodas anti-escorrentes, é dicir, a roda traseira non esvara. β(t)−α(t)é tanxente á curva βen β(t)para todo t∈I(condición de non esvaramento). (1.3) A continuación probaremos que a condición (1.3) implica que, a proxección da velocidade da curva, α, sobre o vector director, r, é a velocidade de β. Noutras palabras, a velocidade da roda traseira está na dirección de r. Proposición 1.7. Sexan αercurvas parametrizadas diferenciables regulares p.l.a. en R2eS1, respectivamente; un número real, l > 0; e β=α+lr. Entón a condición (1.3) implica que, β′= (v·r)r, onde v(≡α′)é a velocidade de α. Demostración. Descompoñemos vcomo v=v⊥+v⊤, onde v⊥ev⊤son, respectivamente, as proxeccións ortogonais de vsobre rer⊥. Tense que v⊤=ar, onde a=v·r. Fixando un tarbitrario, (1.3) implica que β(t)−α(t) = bβ′(t), onde 0=b∈R, xa que l > 0. Substituíndo β(t)dada pola expresión (1.2) nesta última ecuación obtemos, lr(t) = bβ′(t)implica que λr(t) = β′(t). Achemos o valor de λmultiplicando escalarmente por vpola esquerda. λr·r=r·β′=r·v+lr·r′,
1.1. FORMULACIÓN DO MODELO DA BICICLETA 5 onde a última igualdade é a expresión (1.2) derivada e multiplicada escalarmente por r. r·r′, anúlase. Polo tanto, dado que ré unitario tense, λ=r·v Como o produto escalar é simétrico obtemos o resultado requirido. QED O que nos indica esta proposición é que, (1.3) condiciona á velocidade da roda traseira (i.e., a dirección de movemento desta) a seguir a dirección de r(dirección do cadro da bici), de aí que a condición implique o non esvaramento. Na seguinte proposición, vamos demostrar que a condición (1.3) é equivalente á ecuación denominada, ecuación da l-bicicleta, que é unha ecuación diferencial ordinaria. Proposición 1.8. Sexan αercurvas parametrizadas en R2eS1, respectivamente; un número real, l > 0; e β=α+lr. Entón a condición (1.3) de non esvaramento é equivalente á seguinte EDO, lr′=−v+ (v·r)r(1.4) A ecuación (1.4) denomínase a ecuación da l-bicicleta en R2, definida para toda parametrización da roda dianteira α(t)e para toda lonxitude de bicicleta l. Demostración. Descompoñemos vcomo na proposición anterior. Agora ben, de (1.2), séguese que, β′(t) = v+lr′(t) = v⊥+v⊤+lr′(t)(1.5) Substituíndo en (1.5) a expresión da proposición anterior obtemos, v⊥+v⊤+lr′(t) = v⊤ e desta última igualdade obtense, v⊥+lr′(t) = −→ 0⇐⇒ v⊥=−lr′(t).(1.6) Ademais sabemos que, v⊥=v−v⊤=v−(v·r)r(1.7) Entón, por (1.6) e (1.7) obtemos o resultado. QED
6CAPÍTULO 1. A ECUACIÓN DA BICICLETA Agora podemos dar resposta ás cuestións dos exemplos anteriores descritos. O noso obxectivo será calcular a ecuación da curva que describe a roda traseira dunha l-bicicleta, en definitiva calcular β. Dada αcunha posición inicial axeitada do cadro e, usando a ecuación que acabamos de obter, só necesitaríamos calcular r. Como r∈S1podemos supoñer que r(t) = (cos(θ(t)),sen(θ(t))) para algunha función θque mida o ángulo que forma o cadro da bici co eixo xen R2, tense que, r′(t) =θ′(t)(−sen(θ(t)),cos(θ(t))) ev(t) = (v1(t), v2(t)). Substituíndo en 1.4, Substituíndo en 1.4 e multiplicando escalarmente pola dereita por, (−sen(θ(t)),cos(θ(t))), obtemos, lθ′(t) = v1(t)sen(θ(t)) −v2(t)cos(θ(t)) Faremos o cambio de variable, p(t) = tan θ(t) 2, pero antes expresemos a ecuación anterior doutra forma equivalente tendo en conta que, sen(θ(t)) = 2tan θ(t) 2 1 + tan2θ(t) 2=2 1 + p2(t), cos(θ(t)) = 1−tan2θ(t) 2 1 + tan2θ(t) 2=1−p2(t) 1 + p2(t), e p(t) = tanθ(t) 2⇐⇒ θ(t) = 2arctan(p(t)). Derivando, θ′(t) = 2 1 + p(t), e derivando p(t)obtemos, p′(t) = 1 + p2(t) 1 + p(t), entón θ′(t) = 2p′(t) 1 + p2(t) Xa temos todas as ferramentas necesarias para facer dito cambio de variable. Procedamos: lθ′(t) = v1(t)sen(θ(t)) −v2(t)cos(θ(t)) ⇐⇒ l2p′(t) 1 + p2(t)=v1(t)2p(t) 1 + p2(t)−v2(t)1−p2(t) 1 + p2(t), é dicir, p′(t) = 1 2l(v2(t)p2(t)+2v1(t)p(t)−v2(t)),
1.1. FORMULACIÓN DO MODELO DA BICICLETA 7 que é unha ecuación diferencial ordinaria (EDO). Apliquemos isto aos exemplos comentados anteriormente. Nestes casos α(t) = (t, 0), co que (v1, v2) = (1,0) e a ecuación queda p′(t) = 1 lp(t), que ten fácil solución dado que é unha ecuación lineal con coeficientes constantes p(t) = p0expt l, desfagamos os cambios, p(t) = p0expt l= tanθ(t) 2, θ(t) = arctan expt l r(t) = (cos(θ(t)),sen(θ(t))) = 1−p0exp2t l 1 + p0exp2t l, 2p0expt l 1 + p0exp2t l Exemplo 1.- Neste caso p0= 0 e obtemos r(t) = (0,0), polo que, β(t)=(t, 0) + (0,0) = α(t), e concluímos que a traxectoria da roda traseira coincide coa da dianteira. Exemplo 2.- Agora p0= 1 e temos, r(t) = −tanh t l,sech t l, polo que, β(t) = 1−tanh t l,sech t l, se tomamos l= 1 obtemos a traxectoria da roda traseira é a clásica tractriz β(t) = (1 −tanh t, sech t). Figura 1.3: A famosa curva Tractriz. Imaxe extraída de [11]
8CAPÍTULO 1. A ECUACIÓN DA BICICLETA HISTORIA DA TRACTRIZ: A tractriz tamén recibe o nome de curva da persecución, pois describe a traxectoria seguida por un obxecto que se despraza a velocidade constante e que persigue de forma óptima a outro obxecto que se move en liña recta a velocidade (pode ser distinta) tamén constante. Foi introducida por primeira vez por Claude Perrault en 1670, e máis tarde foi estudada por sir Isaac Newton (1676) e Christian Huygens (1692). Claude Perrault, nado en París en 1613, foi un célebre arquitecto, físico, mecánico, médico e naturalista, membro da academia das ciencias. O seu irmán era Charlest Perrault, autor dos contos célebres como Carapuchiña Vermella, A Cincenta e a Bela Dormente. Quixemos facer unha mención especial por ser o primeiro en falar da curva que nos corresponden nesta sección. 1.2. As curvas de Zindler Un problema interesante é saber se se pode determinar o sentido do movemento feito pola bicicleta só vendo as trazadas das rodas desta. Polo xeral isto é posible (pode verse unha solución cun cálculo simple en [19]), pero ás veces non, por exemplo se as traxectorias das rodas son círculos concéntricos (ver [8]). Fixémonos na seguinte figura, á esquerda hai unha trazada na que se pode saber o sentido e dirección da bici, e na dereita unha curva ambigua. Tampouco se poden determinar as curvas que cumpren a seguinte propiedade: dados dous puntos xey, poden atravesar esta curva de tal forma que a distancia do segmento que une xeyé constante, e ademais a velocidade do punto medio do segmento xy está na mesma dirección que este segmento. As curvas que cumpren esta propiedade chámanse, curvas de Zindler (ver [35]). No caso da bicicleta serían as trazadas da roda dianteira αe traseira β, tales que, a distancia entre α(t)eβ(t)é sempre a mesma para todo t (esta condición cúmprese sempre no modelo da bicicleta formulado antes), e que a curva
1.2. AS CURVAS DE ZINDLER 9 definida polo punto medio do cadro da bici ten velocidade paralela ao cadro da bici tamén para todo t(Ollo que esta non, pois falamos da curva debuxada polo punto medio entre as rodas da bici, non da traseira). Figura 1.4: Curvas de Zindler. As curvas de Zindler brindan solucións a outros problemas. O problema de Ulam na teoría de flotación ([23], problema 19): Que corpos flotan en equilibrio en todas as posicións? No caso bidimensional o límite de dito corpo é unha curva de Zindler (ver [3, 27, 28]) para os traballos iniciais e [14] para información histórica; en particular, sobre Herman Auerbach(1901-1942)). Recentemente, obtivéronse unha grande cantidade de resultados sobre este problema en [5, 6, 29] e unha serie de artigos de F. Wegner [30, 31, 32, 33, 34]. Wegner construíu unha familia de curvas de Zindler non triviais (non usou esta terminoloxía), descritas explicitamente en termos de funcións elípticas. Foi motivado polo estudo do movemento dun electrón nun campo magnético cuxa forza depende cadráticamente da distancia á orixe. Entón estes tres problemas: as trazadas ambiguas, o problema de flotación de Ulam e o movemento dun electrón, teñen solución común. Aínda hoxe en día se descoñece unha descrición completa das curvas planas de Zindler, e moito menos en dimensións superiores. Outra cuestión interesante é se pode existir unha soa liña no trazado dunha bicicleta, non sendo unha liña recta. A priori a intuición dinos que non, pero unha vez máis as matemáticas demostran que non podemos fiarnos desta. A seguinte figura podería ser feita por unha persoa moi habilidosa coa bicicleta, o método construtivo desta curva pode verse en [9].
10 CAPÍTULO 1. A ECUACIÓN DA BICICLETA Figura 1.5: A trazada das roda dianteira e traseira coinciden. Imaxe extraída de [9]
Capítulo 2 A ecuación diferencial de Riccati 2.1. Ecuación diferencial linear Figura 2.1: O triángulo característico. Os primeiros intentos por resolver problemas físicos mediante o cálculo diferencial, a finais do século XVII, levaron gradualmente a crear unha rama das matemáticas, as ecuacións diferenciais. As cales se converteron, a mediados do século XVIII, nunha rama particular destas. Os creadores do cálculo infinitesimal foron Leibniz e Newton, ambos por separado. Newton observou que si dn dxny= 0, entón y(x)é un polinomio de grado n−1, logo ydepende de nconstantes arbitrarias. Esta observación foi demostrada no século XIX coa axuda do Teorema do Valor Medio. En 1693 Huygens fala explicitamente de ecuacións diferenciais. No mesmo ano, Leibniz di que as ecuacións diferenciais son funcións de elementos do triángulo característico. En 1960, Jacob Bernoulli formulou o problema da catenaria. A catenaria cumpre unha propiedade importante: de entre todas as curvas de lonxitude dada, a que minimiza a enerxía potencial é precisamente esta. O estudo de funcións minimizantes levou ao descubrimento do cálculo de variacións por Euler a mediados do século XVIII. Lagrange a finais de século mellorou dita teoría implantada por Euler. Leibniz descubriu a técnica de separación de variables en 1691: indicou como se resolve, yd dyx=f(x)g(y). No mesmo ano reduciu a ecuación homoxénea, d dxy=fx y, a unha separable mediante o cambio de variable, y=vx. En 1694, Leibniz publicou a 11
18 CAPÍTULO 3. A MONODROMÍA DA BICICLETA Figura 3.1: A monodromía da bicicleta. Imaxe extraída de [11] 3.1. A monodromía como unha transformación de Möbius A monodromía (1.6) é unha transformada de Möbius (i.e., unha transformación a través do cociente de funcións lineais) actuando sobre a circunferencia de radio l. Vexamos isto formalmente. Proposición 3.2. A EDO (1.4) é unha EDO de Riccati. Demostración. No primeiro capítulo probamos, despois de un cambio de variable, que a ecuación (1.6) podía expresarse como: p′=1 2l(−v2+ 2v1p+v2p2).(3.2) Vemos que é unha EDO de Riccati. QED Agora, si temos o seguinte sistema linear de ecuacións diferenciais, x′ y′ = a11 a12 a21 a22 x y , Aplicando unha proxectivización, p, obtemos, p′(t) = y(t) x(t)′ =y′(t) x(t)−p(t)x′(t) x(t) =a21(t)x(t) + a22(t)y(t) x(t)−p(t)a11(t)x(t) + a12(t)y(t) x(t) =a21(t) + a22(t)p(t)−a11(t)p(t)−a12(t)p2(t),
3.1. A MONODROMÍA COMO UNHA TRANSFORMACIÓN DE MÖBIUS 19 polo tanto, a ecuación de Riccati asociada á proxectivización, p(t) = y(t) x(t), é: p′(t) = a21(t)+(a22(t)−a11(t))p(t)−a12(t)p2(t)(3.3) Teorema 3.3. A solución xeral dunha ecuación diferencial é unha función racional linear (transformación de Möbius) dunha constante arbitraria se, e só se, dita ecuación é unha ecuación de Riccati. Demostración. Primeiro supoñamos que a solución p(t)dunha ecuación diferencial de aplicar unha transformación de Möbius a unha constante arbitraria k, i.e., p(t)ten a forma, p(t) = kA(t) + B(t) kC(t) + D(t),(3.4) onde A(t), B(t), C(t)eD(t)son funcións analíticas de t. Se despexamos a constante kda ecuación (3.4) temos, k=B(t)−p(t)D(t) p(t)C(t)−A(t),(3.5) derivando a ambos lados de (3.5) con respecto a t(vamos a obviar o parámetro tpara non facer engorrosa a notación) resulta, p′(AD −BC) = −p2(C′D−CD′)−p(B′C−A′D−C′B+D′A)−(A′B−AB′), é dicir, obtense unha ecuación de Riccati. Por outro lado, supoñamos que temos unha ecuación de Riccati da forma, p′(t) = g(t) + q(t)p(t) + r(t)p2(t),(3.6) e sexa p1(t)unha solución particular coñecida de (3.6), i.e., p′ 1(t) = g(t) + q(t)p1(t) + r(t)p2 1(t). Facendo a transformación da variable dependente, p(t) = p1(t) + 1 v(t),(3.7) temos, p′(t) = p′ 1(t)−1 v2(t)v′(t) =g(t) + q(t)p1(t) + r(t)p2 1(t)−1 v2(t)v′(t) (3.8)
20 CAPÍTULO 3. A MONODROMÍA DA BICICLETA (3.6) tamén nos leva a, p′(t) = g(t) + q(t)p(t) + r(t)p(t)2 =g(t) + q(t)(p1(t) + 1 v(t)) + r(t)(p1(t) + 1 v(t))2,(3.9) igualando (3.8) e (3.6) chegamos a que, −1 v2(t)v′(t) = r(t)1 v2(t)+ 2p1(t)r(t)1 v(t)+q(t)1 v(t), simplificando, v′(t)+(q(t)+2p1(t)r(t))v=−r(t) que é unha ecuación linear en v(t), cuxa solución é (integrando un par de veces) da forma, v(t) = kφ(t) + ψ(t),(3.10) onde ké unha cte arbitraria. De (3.7) e (3.10) concluímos, p(t) = p1(t) + 1 kφ(t) + ψ(t)=kp1(t)φ(t) + p1(t)ψ(t)+1 kφ(t) + ψ(t), é dicir, a solución xeral da ecuación de Riccati é unha función racional linear. QED Como consecuencia destes resultados temos o seguinte resultado. Corolario 3.4. (Teorema de Foote): O fluxo da l-bicicleta (1.4) é a proxección en S1 do fluxo do sistema linear seguinte, x′ y′ =−1 2l v1v2 v2−v1 x y ,(3.11) mediante a aplicación (en notación de variable complexa) z=x+iy 7−→ r=z2 ∥z∥2, ou de forma máis explícita, como aplicación de R2enR2, (x, y)7−→ r= x2−y2 x2+y2,2xy x2+y2!, polo tanto, a monodromía da bicicleta (o fluxo de (1.4)) vén dada polos elementos do grupo de Möbius PSL2(R)de transformacións lineais fraccionarias, p7−→ ap +b cp +d.
3.2. A MONODROMÍA E A CURVATURA 21 Demostración. Considerando o sistema linear seguinte, x′ y′ = a11 a12 a21 a22 x y ,(3.12) como xa vimos antes, a solución (x(t), y(t)) deste sistema proxéctase á solución p(t) = y(t) x(t) da ecuación de Riccati seguinte, p′(t) = a21(t)+(a22(t)−a11(t))p(t)−a12(t)p2(t).(3.13) Polo tanto o fluxo da ecuación de Riccati (3.13) é a proxectivización do fluxo do sistema linear (3.12). Aplicando o mesmo procedemento a (3.11), obtemos (3.2). Polo tanto o fluxo da ecuación de Riccati (3.2) é a proxectivización do fluxo do sistema linear (3.11), e dito fluxo vén dado por unha transformación de Möbius tal e como vimos no teorema (3.3). QED 3.2. A monodromía e a curvatura Vexamos outro acercamento ao problema reformulando a ecuación(1.4), en este paragrafo asumiremos que a curva da roda dianteira, α, está parametrizada polo p.l.a. s. Definición 3.5. (Vector normal): Ovector normal a unha curva plana regular p.l.a. α:I−→ R2é o vector n(s) = J(v(s)), onde v=α′, e onde Jé a estrutura complexa en R2, i.e., a rotación positiva de ángulo π 2. Así podemos definir a seguinte base Definición 3.6. (Diedro de Frenet): Definimos a base ortonormal positivamente orientada do plano euclídeo para cada s, que recibe o nome de Diedro de Frenet. Estudemos como varían estes dous vectores segundo varíe s. Recordemos a Observación 1.5 que nos dicía que se a curva está p.l.a., α′·α′′ =v·v′= 0, sempre (en realidade bastaría con que a norma de dito vector fose constante). Tal e como definimos o vector normal (rotación do vector velocidade) vai a cumprir o mesmo, polo tanto n·n′= 0. Como o Diedro de Frenet é unha base ortonormal do espazo euclídeo, calquera vector se pode expresar nesta mediante as proxeccións en ditos eixos de dito vector. Entón, vexamos que
22 CAPÍTULO 3. A MONODROMÍA DA BICICLETA expresión terían os vectores v′en′(xa que queríamos obter información de como varían). v′(s)=(v′(s)·v)v(s)+(v′(s)·n(s))n(s)=(v′(s)·n(s))n(s) n′(s)=(n′(s)·v(s))v(s)+(n′(s)·n(s))n(s)=(n′(s)·v(s))v(s) Ademais como v(s)⊥n(s)para todo s, entón tense que, 0 = v(s)·n(s) = d ds(v(s)·n(s)) =⇒ =⇒(v′(s)·n(s)) = −(v(s)·n′(s)). Co cal xa podemos introducir a seguinte definición, Definición 3.7. (Curvatura): Chámase curvatura dunha curva plana regular p.l.a. α:I−→ R2á función κ:I−→ Rdefinida mediante, κ(s) := α′′(s)·J(α′(s)) = v′(s)·n(s). Ademais definimos (onde teña sentido) a función radio de curvatura como, p(s) = 1 |κ(s)|. Observación 3.8.Outro modo de achar a curvatura dunha curva plana regular p.l.a. é a seguinte: Si α:I−→ R2ten coordenadas α(s)=(x(s), y(s)), entón, κ(s) = α′′(s)·J(α′(s)) = (x′′(s), y′′(s)) ·(−y′(s), x′(s)) =−x′′(s)y′(s) + y′′(s)x′(s) = det(α′(s), α′′(s)). Así chegamos ás seguintes expresións de variacións dos vectores do Diedro de Frenet. Definición 3.9. (Fórmulas de Frenet): As seguintes ecuacións reciben o nome de Fórmulas de Frenet dunha curva plana, v′(s) = κ(s)n(s) n′(s) = −κ(s)v(s) Observación 3.10.Vemos que a aceleración só ten compoñente normal que é |κ(s)|, e esta é igual a |κ(s)|=|κ(s)|∥n(s)∥=∥v′(s)∥=∥α′′(s)∥.
3.2. A MONODROMÍA E A CURVATURA 23 Observación 3.11.O signo da curvatura indícanos en que sentido rota o vector velocidade α′(s) = v(s)conforme se recorre a curva α. A seguinte figura ilustra esta observación. Figura 3.2: Signo da curvatura. Imaxe extraída de [15] Sexa agora Θo ángulo coordenado de rna Referencia de Frenet {v,n}, isto é, r= exp(iΘ)v= cos(Θ)v+ sen(Θ)n(nótese que Θ< π). Proposición 3.12. r= cos(Θ)v+ sen(Θ)né solución da EDO da l-bicicleta (1.4) para n= 2 se, e só se, Θ(t)satisfai, Θ′(t) = sen(Θ(t)) l−κ. Demostración. Usando a coordenada proxectiva, p= tan θ 2, a última ecuación convértese na seguinte outra, p′=p l−κ 2(1 + p2), a cal é o resultado de proxectivizar o fluxo do seguinte sistema linear de ecuacións diferenciais (co mesmo método visto na sección anterior), x′ y′ = −1 lκ κ1 l x y QED
Capítulo 4 Clasificación da Monodromía da bicicleta 4.1. Clasificacións das transformacións de Möbius As transformacións de Möbius, cando a curva debuxada pola roda dianteira é pechada (o transportado paralelo é a identidade neste caso), pódense clasificar en tres tipos diferentes: elípticas, parabólicas e hiperbólicas. Recordemos que si, A= a b c d , con determinante igual un, entón o seu polinomio característico é, pA(x) = x2−tr(A)+1, onde tr(A)é a traza da matriz asociada a dita transformación. Podemos clasificar as transformacións mediante os valores propios e os vectores propios da matriz, xa que estamos nun sistema de ecuacións diferenciais linear. As raíces do polinomio característico son os autovalores desta matriz asociada. Podemos diferenciar os diferentes tipos de raíces observando o discriminante do polinomio, D= (tr(A))2−4: D < 0⇐⇒ |tr(A)|=|a+d|<2, entón os autovalores de Ason complexos, λe¯ λ con ∥λ∥= 1. D= 0 ⇐⇒ |tr(A)|= 2, entón Asó ten un valor propio real de multiplicidade 2. 25
26 CAPÍTULO 4. CLASIFICACIÓN DA MONODROMÍA DA BICICLETA D > 0⇐⇒ |tr(A)|>2, entón Aten dous autovalores reais distintos. Vamos entón a clasificalas: Hiperbólicas: Son aquelas TAnas que |tr(A)|>2. Correspóndense (salvo conxugación) a matrices da forma, A= λ0 0λ−1 Isto é, son homotecias, TA(z) = λ2z. Restrinxida ao círculo S1≡ {∂H}S{∞} é a homotecia, r7−→ λ2r. Ten dous puntos fixos: o 0e∞. O cero é repulsor e o ∞é atractor. Figura 4.1: Comportamento hiperbólico. Imaxe extraída de [11] Parabólicas: Son aquelas onde |tr(A)|= 2. Correspóndense coas matrices asociadas da forma, A= 1b 0 1 Ao restrinxirnos a S1temos unha traslación. Ten un único punto fixo, ∞, que non é nin atractor nin repulsor.
4.1. CLASIFICACIÓNS DAS TRANSFORMACIÓNS DE MÖBIUS 27 Elípticas: Son aquelas onde |tr(A)|<2. Correspóndense coas matrices coa forma seguinte, A= a b −b a onde a2+b2= 1 eb= 0. Polo tanto, TA(z) = az +b −bz +a. Si a= cos(θ),b= sen(θ), entón a restrición de TAaS1≡ {∂H}S{∞} é rotar θe logo proxectar. Si x∈ {∂H}S{∞} temos, x7−→ ax +b −bx +a=π ax +b −bx +a =π a b −b a x 1 Aquí, π x 1 =x y; TAelíptica non ten puntos fixos1. Figura 4.2: Comportamento elíptico. Imaxe extraída de [11] 1∞ 7−→ − a bea b7−→ ∞
34 CAPÍTULO 5. O PLANÍMETRO DE PRYTZ E A CONXECTURA DE MENZIN Onde a última igualdade é certa dado que a curva é pechada. A integral Rdθ = 2π multiplicado polo número de voltas que da o segmento entre a roda dianteira e traseira. A condición de non esvaramento (1.3) implica que λ= 0, xa que, λ= 0 ⇐⇒ cos(θ)dy = sen(θ)dx ⇐⇒ dy dx = tan(θ). Polo tanto, no noso modelo teríamos, Ad−At=−l2 2Zdθ Entón se se cumpre o modelo, λ= 0, tense, Ad=−l2 2Zdθ +At e se non se cumpre, λ= 0, temos, Ad=−l2 2Zdθ −lZλ+At(5.1) Consideramos unha volta enteira do trazador sobre a curva pechada que debuxa a roda dianteira. Este movemento pode incumprir a restrición de que λ= 0. A integral, Rλ, mide dita violación da restrición. En particular, Rλ, mide a distancia que recorre a roda traseira na dirección ortogonal ao cadro, é dicir, canto esvara a roda traseira. Podemos usar esta fórmula para medir a área baixo a curva da tractriz, o exemplo 2 visto no Capítulo 1, e daríanos que é πl2 2, xa que λ= 0 e o cadro da bici xira π1. Tamén nos dí que a área comprendida entre o trazado da roda dianteira e o da traseira, como podemos ver na seguinte figura, é πl2. Figura 5.2: Representación da área comprendida entre os dous trazados. Imaxe extraída de [11] 1utilizaríamos a ecuación (5.1) con integrais impropias
5.1. O PLANÍMETRO DE PRYTZ 35 Vexamos agora canto de ben aproxima as áreas o noso planímetro. Consideremos que o trazador empeza nun punto Be remata no mesmo, é dicir, unha volta á unha curva pechada. Vemos que a roda dianteira debuxaría unha curva pechada, pero non ten porqué ocorrer o mesmo coa traseira. Polo tanto o cicel non ten porqué rematar na mesma posición inicial. A orientación inicial do cadro e a final forma un ángulo, ∆θ, o cal incumpre a condición de non escorregamento. Notemos que λ= 0 para todo o movemento excepto para a última parte, na que obtemos integrando o valor de l∆θ, que non é máis que a lonxitude de arco que debuxa a roda traseira (cicel) na súa posición inicial e final. Temos que observar tamén que, Rdθ = 0, porque o planímetro detense na posición orixinal sen facer unha volta completa. Entón, usando (5.1), quedaríanos a expresión seguinte, Ad=l2∆θ+At. Para un valor de Atpequeno é razoable a aproximación Ad≈l2∆θ. Agora a cuestión é: canto de boa é esta aproximación? O erro é At, que é a área delimitada polo recorrido en zig-zag do cicel máis o arco que se forma entre o punto final e inicial do cicel (ver figura (5.3)). Algunhas posicións iniciais son mellores opcións que outras, xa que dan diferentes resultados para At. A suxerencia pola maioría de autores sobre este tema é a de empezar e rematar no centroide da rexión delimitada polo trazador. Temos claro que a mellor opción e empezar no centroide, pero canto de mellor? Só Prytz ([25]) e Hill ([12]) dan suficientes detalles matemáticos rigorosos (ver resumo en [10]). O seu análise mostra que, aínda empezando no centroide, non se elimina o erro cometido. Ensina que, para un punto de partida arbitrario, o erro cometido é da orde de O(1/l), e empezando no centroide é, l2∆θ=Ad 1 + R2 2l2!+O((d/l)3), onde R2é a distancia media ao cadrado dos puntos da curva dianteira ao centroide e dé o diámetro da rexión. Figura 5.3: Representación do planímetro. Imaxe extraída de [11]
36 CAPÍTULO 5. O PLANÍMETRO DE PRYTZ E A CONXECTURA DE MENZIN 5.2. A conxectura de Menzin A.L. Menzin, foi un enxeñeiro que inventou unha lixeira modificación do planímetro. Ademais conxecturou, en 1906, unha relación entre os dous tipos máis importantes de comportamento da bicicleta (hiperbólico e elíptico). Nas súas palabras: "Se a liña media ao largo da área é longa en comparación coa lonxitude da bici, entón a trazada da roda traseira acercarase asintoticamente a unha curva pechada límite. A partir de observacións puramente empíricas, parece que este efecto pode obterse sempre que a lonxitude da bicicleta non exceda o radio dun círculo de área igual á área da curva da roda dianteira". De xeito máis formal, Conxectura 5.2. (Menzin): Supoñamos que a traxectoria debuxada pola roda dianteira é unha curva pechada simple, que encerra unha rexión con área, A. Se A > πl2, entón a monodromía Mαten un punto fixo atractor. Ou o que é o mesmo, a monodromía sería hiperbólica. Que a área que encerra a rexión sexa A > πl2non é unha condición necesaria para que a monodromía Mαsexa hiperbólica. A seguinte imaxe, na que en vermello sae a trazada da roda dianteira e en azul a da traseira, é un contra-exemplo disto, Figura 5.4: figura bicicleta con monodromía hiperbólica No 2009 probouse a conxectura engadindo unha condición: Teorema 5.3. (Teorema de Levi-Tabachnikov): A conxectura é certa se supoñemos que αdebuxa unha curva convexa. Tampouco é unha condición necesaria2que αsexa unha curva convexa. Teorema 5.4. Se |κ| ≤ 1(pero |κ|non é identicamente 1), entón a monodromía da bicicleta Mαé hiperbólica. Corolario 5.5. Para αarbitraria, cα ten monodromía hiperbólica para toda constante c suficientemente grande. Demostración. A curvatura κcα =1 cκαQED 2Non se coñecen condicións necesarias sobre αpara que a súa monodromía sexa hiperbólica.
Apéndice A Transformacións de Möbius As transformacións de Möbius (ou transformacións racionais lineais) son as funcións, T:C∞−→ C∞, da forma ω=T(z) = az +b cz +d, onde a, b, c, d ∈CeC∞denota a compactificación de Aleksandrov de C(que se identifica coa esfera de Riemann mediante a proxección estereográfica). Dita transformación pódese identificar matricialmente da seguinte forma, g= a b c d Téñense as seguintes propiedades, Tg=Tg′se, e só se, existe λtal que g=λg′. Tg1·g2=Tg1◦Tg2. Si g=I2entón Tg(z) = z. Se ad−bc = 0 a transformación é singular (constante), colapsa todo o plano nun só punto, xa que (supoñamos que aecson diferentes de cero, xa que se o son é trivial que é cte), ω=az +b cz +d= az+b a cz+d c= az+b a cz+b a=a c excepto para o valor z=−d c(c= 0) onde Tnon está definida. Estamos interesados nas transformacións non singulares, entón impoñemos a condición ad −bc = 0. Agora sexa, 37
38 APÉNDICE A. TRANSFORMACIÓNS DE MÖBIUS c= 0. Pola condición de non singularidade temos que ad = 0, polo tanto ambos son diferentes de cero. T(z) = az +b cz +d=αz +β, onde α=a d= 0 eβ=b d. Esta é unha bixección continua de Cen C. Verifica que, l´ımz→∞ T(z) = ∞. Polo tanto definindo T(∞) = ∞temos unha bixección continua de C∞en C∞, é dicir, un homeomorfismo, dado que C∞é compacto. c= 0. Testá ben definida para todo z∈C\−d c. Tense, az +b cz +d=ω∈C⇐⇒ ω=a c xa que si ω=a c⇐⇒ ad −bc = 0. De modo que, ω=a c=⇒z=dω −b a−cω ∈C. Entón a imaxe de TéC\a c. Logo T:C\−d c−→ C\a c, dada por, z7−→ az +b cz +d. Verifica, l´ım z→− d c T(z) = ∞el´ım z→∞ T(z) = a c. Logo temos un homeomorfismo de C∞en C∞. Por todo o anterior tense a seguinte proposición. Proposición A.1. Sexan a, b, c, d ∈Ctales que ad −bc = 0. Defínese do seguinte modo T:C∞−→ C∞da seguinte forma, para c= 0. T(z) = az +b dpara todo z∈C, T(∞) = ∞. para c= 0. T(z) = az +b cz +dpara todo z∈C\{−d c}, T(−d c) = ∞, T(∞) = a c.
39 Entón Té un homemorfismo de C∞en C∞. Definición A.2. (Transformación de Möbius): Chamamos transformación de Möbius de parámetros a, b, c, d ∈Cead −bc = 0 á aplicación definida como na proposición anterior. Denotamos á familia de todas elas como M(C∞). Sabemos que, λg =g′se e só se Tg=Tg′, por tanto T(z) = az +b cz +dcon ad−bc =K= 0, temos, T′(z) = a √kz+b √z c √kz+d √z , é equivalente a T(z).T′debe cumprir que a √z d √z−b √z c √z=ad −bc k= 1 co cal podemos impoñer a condición ad −bc = 1. As transformacións de Möbius máis elementais son, T(z) = z+aque se chama traslación, T(z) = az para todo a= 0, se a∈Ccon |a|= 1 chámase rotación, se a∈R+denomínase como homotecia, se 1< a ∈R+noméase como dilatación, T(z) = 1 zpara z= 0 denótase como inversión. Toda transformación de Möbius é composición destas transformacións elementais, xa que, az +b cz +d=a c−ad −bc c(cz +d). donde podemos ver que se compón dunha traslación, dunha inversión, unha rotación e unha homotecia. Definición A.3. (Holomorfa): Unha función definida nun subconxunto do plano complexo Ccon valores en Cdise que é holomorfa nun punto do seu dominio se, é diferenciable no sentido complexo nun entorno aberto de dito punto. Se a función é holomorfa en todo o seu dominio dise holomorfa. Ás veces úsase o termo función analítica en lugar de holomorfa.
40 APÉNDICE A. TRANSFORMACIÓNS DE MÖBIUS Esta condición implica que a función é infinitamente diferenciable e que pode ser descrita mediante a súa serie de Taylor. Definición A.4. (Conforme): Sexa D⊆Caberto. Unha función f:D−→ Cdise que éconforme se, fé analítica ou holomorfa e f′(z)= 0 para todo z∈D. Dado que toda transformación de Möbius é composición de funcións elementais, entón as transformacións de Möbius son funcións holomorfas, xa que as elementais o son. Son invertibles e, ademais teñen a útil propiedade de que sempre transforman liñas e circunferencias en liñas e circunferencias, isto é, si Cé un círculo ou unha liña entón T(C)será un círculo ou unha liña. Tamén son útiles para levar un dominio non limitado noutro que si o está, por exemplo o semiplano superior complexo H:= {ztal que Im(z)>0}no disco unidade con, T(z) = iz + 1 z+i. Non preservan xeralmente a forma do obxecto, pero si os ángulos e a orientación, é dicir, son funcións conformes (analítica =⇒conforme). Pódense ver os diferentes tipos de transformacións que farían no plano complexo, e incluso ver o que farían nunha esfera identificando C∞coa esfera de Riemann usando a proxección estereográfica, no seguinte enlace [1]. Por eso unha transformación de Möbius pode verse no plano complexo como a composición dunha proxección estereográfica do plano sobre a esfera, seguida dunha rotación ou desprazamento da esfera a unha nova localización e finalmente unha proxección estereográfica, esta vez da esfera ao plano. Proposición A.5. M(C∞)é un subgrupo (coa composición) do grupo dos homemorfismos do plano complexo ampliado, C∞. SL(2,C)é o grupo (coa multiplicación de matrices como operación) no que os seus elementos son as matrices cadradas 2×2con entradas complexas e determinante un. PSL(2,C) = SL(2,C)/{+ −I2}. Corolario A.6. A función dada por g7−→ Tgé un isomorfismo de grupos entre PSL(2,C) eM(C∞). SL(2,R)é subgrupo de SL(2,C), e este á súa vez ten como subgrupo a SL(2,Z). M(R)é un subgrupo de M(C∞). Corolario A.7. A función dada por g7−→ Tg, onde gestá restrinxida á recta real, é un isomorfismo de grupos entre P SL(2,R)eM(R). En particular SL(2,R)preserva o semiplano superior H, é dicir, T(H) = Hpara T restrinxida aos números reais.
Apéndice B Máis alá de Euclides: A Xeometría Proxectiva A xeometría está constituída por proposicións e teoremas os cales susténtanse en postulados1inducidos pola experiencia. Os cinco postulados de Euclides foron a base da xeometría grega que dominou a disciplina ata o século XVIII. Destes postulados, o último -«por un punto exterior a unha recta pasa unicamente unha soa paralela»- converteuse pronto no máis estudado e polémico obxecto de debate. Debate que dou moitos froitos. A diferenza dos demais postulados, o quinto non se pode inducir da experiencia, pois non se pode demostrar empiricamente. Resultaríanos imposible trasladarnos ata o punto máis lonxano que podamos imaxinar para comprobar se as rectas se cortan ou non. Os esforzos por salvar este escollo recorreron a historia das matemáticas ata o século XVIII, dende o filósofo grego Proclo (412-485) ata A. M. Legendre (1752-1833), que dedicou corenta anos da súa vida a intentar demostrar o postulado das paralelas, pasando por Girolamo Saccheri (1667-1733) y J.H. Lambert (1728-1777), entre outros moitos. Os reiterados intentos de demostrar o quinto postulado remitían touzudamente a bucles. En todos os intentos, de forma encuberta, se utilizaba o resultado a demostrar. Desta forma, a comunidade matemática foise convencendo de que o quinto postulado era un verdadeiro postulado independente dos demais, e que, polo tanto, ían a ser inútiles todas os intentos de dedución deste a partir dos outros catro postulados. Os cinco postulados de Euclides: Aproximadamente no ano 300 a. C. Euclides escribiu os Elementos, o texto íntegro de xeometría e máis antigo que se coñece dos exemplares completos da historia das matemáticas. Este libro, contén os cinco postulados que, 1Un postulado é unha proposición cuxa verdade admítese sen probas e que é necesaria para servir de base en ulteriores razoamentos. 41
42 APÉNDICE B. MÁIS ALÁ DE EUCLIDES: A XEOMETRÍA PROXECTIVA de forma sinxela e lóxica, dan lugar á xeometría euclídea. 1. Por dous puntos pasa unha única liña recta. 2. Pódese prolongar unha liña recta indefinidamente a partir dunha recta finita. 3. Pódese trazar unha circunferencia cun centro e radio dados. 4. Todos os ángulos rectos son iguais. 5. Tamén coñecido como postulado das paralelas. Orixinalmente enunciouse como: si unha liña recta cruza a outras dúas rectas e a suma dos ángulos interiores é menor que dous rectos, estas dúas rectas, si se prolongan indefinidamente polo lado en que estes ángulos son menores, terminarán cruzándose. Existen moitos enunciados equivalentes a este quinto postulado, pero quizá o máis coñecido sexa o seguinte: «Por un punto exterior a unha recta só pasa unha paralela a esta». Esa equivalencia estableceuna John Playfair (1748-1819) no ano 1795. A imposibilidade de demostrar o quinto postulado converteuse no embrión doutras xeometrías consistentes e posibles. O froito desa labor foi recollido principalmente por personaxes como János Bolyai (1802-1860), Nicolai I. Lobachevski (1793-1856) e J.C. Friedrich Gauss (1777-1855), pioneiros na xeometría hiperbólica, un modelo que satisfai só os catro primeiros postulados da euclídea. «Creei un universo novo da nada», afirmou Bolyai tras o seu descubrimento. Un punto de inflexión no mundo das matemáticas ocorreu un século antes do Renacemento. Os artistas da época intentaron plasmar no papel a realidade tridimensional. Empezaron a debuxar en perspectiva no papel (plano), coa intención de dar a impresión de estar vendo un obxecto no espazo. Ao debuxar en perspectiva xurden dous problemas. O primeiro é, cales son os puntos de fuga? O segundo é encontrar a relación real dun obxecto e a súa lonxitude no lienzo. Por exemplo, as vías dun ferrocarril na realidade son paralelas, pero nun debuxo en perspectiva non, estas converxen a medida que se afastan do punto de vista do espectador. Chegan a tocarse no horizonte, como se pode apreciar na seguinte figura, vé o punto de fuga e Hé a liña do horizonte.
43 Estes problemas foron resoltos foron resoltos por Brunelleschi, Filippo (1377-1447) circa 1413, aínda que os primeiros escritos débense a Alberti en 1435. Brunelleschi foi arquitecto, enxeñeiro, orfebre, escultor e inventor italiano. Desenvolveu unha invención capital no munda da historia da arte, a perspectiva cónica (ou linear). Dita perspectiva consiste en representar graficamente sobre un plano un corpo tridimensional proxectado dende un cono visual imaxinario (cuxo vértice coincide co ollo do espectador) e mediante liñas auxiliares proxectantes (liñas de fuga) que converxen nun punto do horizonte (punto de fuga). Podemos apreciar este método nas seguintes figuras.2 A partir de aquí as obras empezaron a cambiar, adquirindo un maior realismo. Xa existían outros tipos de perspectivas, como a cabaleira (punto de vista dun xinete) usada polos romanos. Consistía en poñer máis baixos os obxectos que están preto de nós e con máis altura os mais afastados. Na Idade Media as pinturas eran esencialmente planas. Por exem- 2Todas as imaxes desta sección foron quitadas de [26]
50 BIBLIOGRAFÍA [13] González Juan, J. L., Transformacións de Möbius, Traballo Fin de Master, Universidade: UNED. http://e-spacio.uned.es/fez/eserv/bibliuned: masterMatavanz-Jlgonzalez/Gonzalez_Juan_JoseLuis_TFM.pdf [14] Gutkin, E. Addendum to: capillary floating and the billiard ball problem. J. Math. Fluid Mech. 15 (2013): 425–30. [15] Hernández Cifre, M. A. y Pastor González, J. A., Un curso de Geometría Diferencial Teoría, problemas, soluciones y prácticas con ordenador. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, 2010. [16] Historia e biografía de Jacob Bernoulli. https://mathshistory.st-andrews.ac.uk/Biographies/Bernoulli_Jacob/ Consultado por última vez: setembro de 2021. [17] Historia e biografía de Jacopo Francesco Riccati. https://mathshistory.st-andrews.ac.uk/Biographies/Riccati/ Consultado por última vez: setembro de 2021. [18] Ince, E. L., Ordinary Differential Equations. New York: Dover Publications, 1978. [19] Konhauser, J. D. E., Velleman D. and Wagon S., Which Way Did the Bicycle Go?, Mathematical Association of America, 1996. [20] Levi, M. and Tabachnikov S., On bicycle tire tracks geometry, hatchet planimeter, Menzin’s conjecture, and oscillation of unicycle tracks. Exp. Math. 18 (2009): 173–86. [21] Levi, M.,“Bike tracks” quasi-magnetic forces, and the Schrödinger equation. SIAM News 47 (2014). [22] Levi, M., Schrödinger’s equation and “bike tracks” - a connection. J. Geom. Phys. 115 (2017): 124–30. [23] Mauldin, R. D., The Scottish Book. Mathematics from the Scottish Café. Edited by R. D. Mauldin. Boston, Mass.: Birkhäuser, 1981. [24] Morris, K., El pensamiento matemático de la Antigüedad a nuestros días. Alianza Editorial, 2012. [25] Prytz, H., Stangplanimetret, Den Tekniske Forenings Tidsskrift 10 (1886) 23–28. [26] Rotman, J. J., Advanced modern algebra. Third edition. volumes cm. – (Graduate studies in mathematics ; volume 165)
BIBLIOGRAFÍA 51 [27] Ruban, A., Sur le problème du cylindre flottant. Dokl. Akad. Nauk 25 (1939): 350–352. [28] Salgaller, V. and Kostelianetz, P., Sur le problème du cylindre flottant. Dokl. Akad. Nauk 25 (1939): 353–355. [29] Tabachnikov, S., Tire track geometry: variations on a theme. Israel J. Math. 151 (2006): 1–28. [30] Wegner, F., Floating bodies of equilibrium. Stud. Appl. Math. 111 (2003): 167–83. [31] Wegner, F., Floating bodies of equilibrium I. Preprint 2002, arXiv:physics/0203061. [32] Wegner, F., Floating bodies of equilibrium II. Preprint 2002, arXiv:physics/0205059. [33] Wegner, F., Floating bodies of equilibrium. Explicit solution. Preprint 2006, ar- Xiv:physics/0603160. [34] Wegner, F., Floating bodies of equilibrium in 2D, the tire track problem and electrons in a parabolic magnetic field. Preprint 2007, arXiv:physics/0701241. [35] Zindler, K., Über konvexe Gebilde II. Monatsh. Math. Phys. 31 (1921): 25–57.