Full text
TRABALLO DE FIN DE GRAO PAPEL DA ODONTOLOXÍA FORENSE NA IDENTIFICACIÓN DE RESTOS CADAVÉRICOS EN FOSAS COMÚNS PAPEL DE LA ODONTOLOGÍA FORENSE EN LA IDENTIFICACIÓN DE RESTOS CADAVÉRICOS EN FOSAS COMUNES ROLE OF FORENSIC DENTISTRY IN THE IDENTIFICATION OF BODY REMAINS IN COMMON GRAVES Nome da autora: Sara Paz Pena Nome da titora: Angelines Cruz Landeira Departamento: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría Setembro de 2024 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en odontoloxía
ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN____________________________________________________1-8. 1.1. A odontoloxía forense___________________________________________1-2. 1.2. Importancia da odontoloxía forense na identificación cadavérica___________2. 1.3. Métodos e utilidade das técnicas de identificación dentaria______________2-4. 1.4. Identificación dental comparativa e reconstrutiva da vítima______________4-6. 1.5. Fosas comúns e importancia da recuperación de vítimas_________________6-8. 2. XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS____________________________________8-9. 3. METODOLOXÍA__________________________________________________9-10. 4. RESULTADOS___________________________________________________10-26. 4.1. Proceso de recuperación dos restos en fosas comúns_________________10-11. 4.2. Protocolos de identificación xenética e dentaria de vítimas da guerra civil en España inhumadas en fosas comúns_________________________________11-12. 4.3. Identificación de vítimas inhumadas en fosas comúns en España_______12-22. 4.4. Identificación de vítimas inhumadas en fosas comúns en Europa_______23-25. 4.5. Outras fosas comúns no contexto internacional_____________________25-26. 5. DISCUSIÓN_____________________________________________________26-27. 6. CONCLUSIÓN______________________________________________________28. 7. BIBLIOGRAFÍA__________________________________________________29-31.
RESUMO INTRODUCIÓN: A odontoloxía forense supón un piar fundamental na identificación de vítimas inhumadas en fosas comúns ao borde do esquecemento. A través dela a identificación comparativa é unha das ferramentas máis esclarecedoras a empregar. Non obstante son moitas as veces nas que a ausencia de datos antemortem fai imperativa a utilización da identificación reconstrutiva en base a parámetros antropolóxicos. A través desta revisión estúdase a importancia da recuperación cadavérica e os protocolos dentais e forenses empregados para asumir tal misión. METODOLOXÍA: A busca bibliográfica realizouse dende outubro de 2023 a xullo de 2024. A base de datos empregada foi fundamentalmente PUBMED. Non obstante, consultáronse portais de información científica tales como Google académico e portais web especializados no campo da odontoloxía forense portadores de revistas esenciais nesta revisión bibliográfica. RESULTADOS: Seleccionáronse un total de 24 artigos a partir das cales foron estudadas as razóns humanitarias para a identificación de vítimas e as dificultades presentes para a identificación das mesmas. Estudáronse un total de 14 fosas comúns, 9 no contexto español, 3 a nivel Europeo e 1 a nivel internacional. CONCLUSIÓNS: A análise xenética é o método principal na resolución dos casos, mais son moitas as ocasións nas que non é preciso levalas a cabo, sempre e cando existan datos antemortem dispoñibles así como restos dentais significativos a través dos cales facer a comparación. A caixa negra do noso organismo é por consecuencia a chave á recuperación da dignidade de cada semellante desaparecido. PALABRAS CLAVE: Fosa común, odontoloxía forense, antropoloxía forense, identificación comparativa, identificación reconstrutiva.
RESUMEN INTRODUCCIÓN: La odontología forense es un pilar fundamental en la identificación de víctimas enterradas en fosas comunes al borde del olvido. A través de él, la identificación comparativa es una de las herramientas más esclarecedoras a utilizar. Sin embargo, hay muchas ocasiones en las que la ausencia de datos antemortem hace imperativo utilizar una identificación reconstructiva basada en parámetros antropológicos. Esta revisión estudia la importancia de la recuperación de cadáveres y los protocolos dentales y forenses utilizados para llevar a cabo dicha misión. METODOLOGÍA: La búsqueda bibliográfica se realizó desde octubre de 2023 hasta julio de 2024. La base de datos utilizada fue principalmente PUBMED. Sin embargo, se consultaron portales de información científica como Google Scholar y portales web especializados en el campo de la odontología forense que contienen revistas esenciales en esta revisión bibliográfica. RESULTADOS: Se seleccionaron un total de 24 artículos de los cuales se estudiaron las razones humanitarias para identificar a las víctimas y las dificultades presentes para identificarlas. Se estudiaron un total de 14 fosas comunes, 9 en el contexto español, 3 a nivel europeo y 1 a nivel internacional. CONCLUSIONES: El análisis genético es el método principal en la resolución de casos, pero hay muchas ocasiones en las que no es necesario realizarlo, siempre y cuando se disponga de datos antemortem y restos dentales significativos con los que realizar la comparación. La caja negra de nuestro organismo es, por tanto, la clave para la recuperación de la dignidad de cada persona desaparecida. PALABRAS CLAVE: Fosa común, odontología forense, antropología forense, identificación comparada, identificación reconstructiva.
ABSTRACT INTRODUCTION: Forensic odontology is a fundamental pillar in the identification of victims buried in mass graves on the verge of oblivion. Through it, comparative identification is one of the most clarifying tools to use. However, there are many occasions in which the absence of antemortem data makes it imperative to use reconstructive identification based on anthropological parameters. This review studies the importance of recovering bodies and the dental and forensic protocols used to carry out this mission. METHODOLOGY: The literature search was carried out from October 2023 to July 2024. The database used was mainly PUBMED. However, scientific information portals such as Google Scholar and web portals specialized in the field of forensic odontology that contain essential journals in this bibliographic review were consulted. RESULTS: A total of 24 articles were selected from which the humanitarian reasons for identifying the victims and the difficulties present in identifying them were studied. A total of 14 mass graves were studied, 9 in the Spanish context, 3 at the European level and 1 at the international level. CONCLUSIONS: Genetic analysis is the main method in resolving cases, but there are many occasions in which it is not necessary to perform it, as long as antemortem data and significant dental remains are available with which to make the comparison. The black box of our body is, therefore, the key to recovering the dignity of each missing person. KEYWORDS: Mass grave, forensic odontology, forensic anthropology, comparative identification, reconstructive identification.
1. INTRODUCIÓN 1.1. A ODONTOLOXÍA FORENSE A utilidade dos dentes na identificación de vítimas remóntase a séculos atrás cando no ano 49 A.C, Claudio emperador de Roma se divorcia da súa terceira muller Lollia Paulina e casa coa súa sobriña Agripina, quen ordea a morte de Lollia. Tras o macabro asasinato tan só se conservaban as súas arcadas dentarias, grazas ás cales Agripina puido recoñecela, posto que presentaba un defecto dentario que a diferenciaba (1). A primeira identificación médico legal que empregou métodos dentais para a identificación cadavérica foi a realizada moito despois, no ano 1775, por Paul Revere, quen identificou ao doutor Joseph Warren, falecido durante a batalla de Bread Hill, pola dentadura que el mesmo lle fixera. Xa máis preto aos nosos tempos e a pesar da controversia, a identificación dos corpos queimados de Adolf Hitler e Eva Braun por parte das tropas rusas, asumiuse únicamente en base á evidencia dental aportada por parte de Hugo Blaschke, odontólogo persoal de Hitler, quen contaba con rexistros previos dos mesmos (2). Cando os restos foron examinados, tanto o odontólogo como o asistente do mesmo, recoñeceron os materiais protésicos que se atopaban na mandíbula incinerada de Adolf Hitler: dúas pontes de ouro e outra dividida en nove pezas, tamén de ouro. Non obstante, a ausencia a priori de datos antemortem dificultaba a identificación inequívoca do individuo. No ano 1971 despois de varias investigacións realizadas polo ex decano da facultade de odontoloxía de California, Los Ángeles, atopáronse cinco placas radiográficas de Adolf Hitler, tres de setembro do 1944 e dúas do 21 de outubro de 1944. A través destas radiografías permitiuse verificar a identidade, xa que foi posible aportar un maior número de detalles sobre o traballo dental realizado en boca. No ano 1973 durante a sexta reunión da Academia Internacional de Medicina Legal de Edimburgo, Sognnaes confirmou a identificación de Hitler a partir dos seus dentes a un grupo de expertos internacionais. No caso de Eva Braun foi necesario realizar un estudo comparativo onde compararon unha incrustación de ouro atopada polas tropas Rusas co encerado realizado nun premolar sobre o cal imitaron a colocación da mesma. Aínda que a corroboración resultou convincente, os datos non resultaron tan inequívocos como os atopados en Adolf Hitler (3). 1
No ano 1980 Keiser- Nielsen define a odontoloxía forense como a “Rama da medicina forense que en interese de xustiza, se encarga do manexo e do exame adecuados da evidencia dental e da avaliación e presentación correcta dos achados dentais’’. A odontoloxía forense é unha parte integral do sistema xudicial dos países desenvolvidos, así como tamén forma parte das distintas axencias de investigación e forzas armadas que integran aos distintos países (2). 1.2. IMPORTANCIA DA ODONTOLOXÍA FORENSE NA IDENTIFICACIÓN CADAVÉRICA A miúdo, o odontólogo forense é unha figura que colabora na identificación de vítimas unha vez o corpo xa foi recuperado e desprazado da área na cal se atopaba, sendo dita colaboración unha solicitude do propio médico forense responsable da investigación. Non obstante, hai determinadas situacións nas que é recomendable que o odontólogo forense acuda ao lugar onde se atopa o corpo antes de ser recuperado e transportado para a súa análise. Entre estas situacións, atópanse aquelas nas que os restos dentais poden ser o único resto anatómico presente, ben sexa por incineracións, incendios ou corpos que foron ocultos en fosas e simas onde o perfil maxilomandibular pode ser a única posibilidade de identificación e contextualización do individuo (1, 4). A odontoloxía forense aporta métodos de identificación que poden establecer un perfil inequívoco do individuo a investigar ou contextualizar a nivel temporal e espacial o caso. 1.3. MÉTODOS E UTILIDADE DAS TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN DENTARIA EXTRACCIÓN DE ADN A NIVEL DENTAL Os dentes son fontes valiosas de ADN pola súa capacidade de soportar condicións ambientais extremas. Isto débese a que as proteínas e o ADN, resisten o ataque das enzimas autolíticas, así como daquelas que proveñen de fungos e bacterias. O baixo contido en auga e enzimas do tecido dentario así como a propia protección topolóxica que exercen os osteocitos, cementocitos e odontocitos fronte ao ataque das nucleasas, favorecen a preservación do ADN a nivel dentario (5). 2
Para a súa análise, emprégase ADN mitocondrial onde o ADN xenómico non está dispoñible. O ADN mitocondrial hérdase por vía materna, polo que nos resulta útil para a identificación de irmáns. O ADN illado pode amplificarse mediante a técnica PCR, para aumentar a secuencia de ADN e usala para a súa identificación (1). Ademais, sábese que o tecido pulpar radicular é unha fonte de ADN óptima. Implementáronse diferentes técnicas para extraer o ADN dentario, entre as cales a sección horizontal é un dos métodos de elección, xa que permite que o instrumental rotatorio obteña material da dentina interna nos condutos radiculares, preservando así a coroa (1). O instituto Nacional de toxicoloxía e ciencias forenses en España demostrou un éxito rotundo na determinación do ADN de 40 casos de vítimas inhumadas en fosas comúns, sendo capaces de obter o ADN nuclear no 97.5% dos casos e ADN mitocondrial no 100% dos casos. O que determina que a degradación do ADN, non adoita ser un factor limitante importante na identificación de vítimas (6). DETERMINACIÓN DO SEXO A TRAVÉS DOS DENTES Existen diversos índices dentais que teñen certa relación co sexo do individuo. Entre eles figuran o índice dos incisivos, ou o índice mandibular do canino, cun valor moi variable. Así, os caninos mandibulares parecen ter a maior diferenciación sexual de todos os dentes definitivos (1). DETERMINACIÓN DA IDADE A TRAVÉS DOS DENTES Os diversos métodos no proceso de estimación da idade baséanse en medicións antropométricas, na maduración esquelética e na estimación da idade dental. Os métodos dentais varían amplamente en función do grupo de idade ao que pertence a vítima a identificar. Se se trata dun neno, pódense usar parámetros como a erupción e a exfoliación dentaria, que seguen unha cronoloxía coñecida. Outros autores tamén empregan as etapas de reabsorción radicular para estimar a idade do vítima (1). Non obstante, o máis habitual e exacto é empregar parámetros que fan referencia ao proceso continuo de desenvolvemento dos dentes, dende a súa formación no xerme dentario ata que se completa o seu crecemento, co peche dos ápices. Aínda despois, pódese facer uso de parámetros relacionados con desgaste e con cambios regresivos propios da idade. Así, entre os 3
parámetros que se poden usar para estimar a idade, atópase o aspecto da xema dental, a mineralización máis temperán detectable, o grao de mineralización dun dente que non está erupcionado, a taxa de formación do esmalte, a transparencia da dentina a nivel de pulpa e conductos radiculares, a aposición de dentina e cemento secundarios, o grao de desgaste oclusal e interproximal, ou o número de dentes perdidos. A erupción de determinados dentes como os cordais, apórtanos información importante cando os demais dentes definitivos xa completaron a súa formación e úsase sobre todo para valorar se un individuo pode ser ou non maior de 18 anos (1,6). 1.4. IDENTIFICACIÓN DENTAL COMPARATIVA E RECONSTRUTIVA IDENTIFICACIÓN DENTAL COMPARATIVA A identificación comparativa lévase a cabo cando se presupón a identidade da vítima e ademáis hai rexistros dentais da persoa en vida (rexistros antemortem), cos que se poden comparar os datos dentais do cadáver (rexistros postmortem). Son de especial utilidade nos proceso de identificación os tratamentos odontolóxicos, xa que confiren individualidade a persoa, tanto pola súa ubicación como polos materiais empregados. Para poder chegar a identificar ao comparar ambos rexistros antemortem e postmortem non debe haber discrepancias inexplicables. Calquera discrepancia atopada entre ambos rexistros debe ser correctamente explicada, pola contra, a identificación inequívoca da vítima non será posible (7). A identificación comparativa depende de que exista un rexistro antemortem da área atopada postmortem para poder levala a cabo (7). Dentro dos procedementos comparativos de grande utilidade atópase a avaliación de radiografías antemortem e postmortem. No momento no que se realizan as radiografías postmortem, a reproducción das mesmas debe ser o máis idéntica posible en canto á angulación e proxección das mesmas. Ainda cando a identificación da vítima non se pode asumir de forma inequívoca por falta de radiografías antemortem, adoita ser útil realizar radiografías postmortem a maiores que poidan ser comparadas con patoloxías diagnosticadas antemortem como por exemplo a periodontite, xa que o perfil de perda ósea pode ser comparado en ambos momentos (4). 4
decreto de paralización dun total de 30 días supuxo consecuencias nefastas para a conservación dos osos (11). Cando unha investigación en proceso é paralizada, débese realizar un informe relativo ao deterioro dos restos durante o periodo no cal o proxecto estivo paralizado.A financiación das investigacións antropolóxicas e forenses supón un problema maior. No cemiterio de Gandía, a fiscalía solicítalle ás familias un total de 8000€ para poder continuar coa investigación (11). 4.2. PROTOCOLOS DE IDENTIFICACIÓN XENÉTICA E DENTARIA DE VÍTIMAS DA GUERRA CIVIL EN ESPAÑA INHUMADAS EN FOSAS COMÚNS Co obxectivo de asegurar a calidade e fiabilidade dos estudos de identificación de vítimas da guerra civil española inhumadas en fosas comúns, foron desenvoltas varias iniciativas de coordinación a nivel nacional que buscan establecer criterios homoxéneos con estándares científicos, de análise e interpretación, así como un repositorio de perfís de ADN común coñecido como “Base de datos nacional de ADN da memoria histórica’’(11). Entre os criterios a seguir a nivel odontolóxico forense, tal e como dita a Orde PRE/2568/2011, de 26 de setembro, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 23 de setembro de 2011, a toma de mostras óseas e dentais debe facerse en condicións que aseguren a integridade das mesmas, empregando na súa manipulación as medidas de protección idóneas para evitar calquera tipo de contaminación (11). No caso de ser posible, de cada corpo deben recollerse dúas ou máis pezas dentarias que non experimentaran intervencións odontolóxicas nin procesos de descomposición tales como a carie, feitos que entorpecerían e impedirían a detección de ADN a nivel dentario. A orde de preferencia de identificación de restos dentarios debe ser molar, premolar, canino e incisivo (11). A toma de mostras dentarias para a análise de ADN, debe quedar documentada nun formulario de toma de mostras post-mortem onde conste a descripción da mostra, o código de identificación da vítima e a cadea de custodia. Cada unha das vítimas debe ter un rexistro electrónico centralizado, cun número de expediente único que permita documentar a nivel 11
electrónico os distintos achados que se atopen ao longo da investigación odontolóxica forense (11). 4.3. IDENTIFICACIÓN DE VÍTIMAS INHUMADAS EN FOSAS COMÚNS EN ESPAÑA A continuación recóllense os principais datos dispoñibles sobre a exhumación de vítimas inhumadas en fosas comúns en España, relacionadas coa guerra civil e a posguerra. CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra. DATA DE EXHUMACIÓN: 2000-2015 FOSAS A ESTUDO: 200 (8.14% de todas as fosas en España) Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 1762 TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS O Dr. Serrulla avalía a través da súa tese un total de 200 fosas nas que estuda a 1762 persoas. O obxectivo do seu estudo baséase na contextualización antropolóxica do individuo. Concretamente a análise odontolóxica está fundamentada en analizar a patoloxía periodontal (27%) para estimar a idade das vítimas (6). A través dun estudo bivariado, puideron demostrar unha correlación estadística entre a enfermidade periodontal, o absceso dental, a hipoplasia de esmalte e a carie como as patoloxías antemortem máis frecuentes (6). 12
Figura 1. Patoloxías antemortem diagnosticadas nas vítimas que demostran a relación das patoloxías co estrés medioambiental e situación socieoeconómica baixa. A través dos datos determinaron que o 41% dos individuos estudados e analizados foron vítimas que presentaban nos seus osos signos de estrés medioambiental como estrés nutricional, sobreactividade física e hábitos de hixiene reducidos, polo que se trataban de individuos cun estatus socioeconómico desfavorecido (6). Deste xeito a odontoloxía forense e as patoloxías orais diagnosticadas esclarecen que máis do 40% de vítimas localizadas en 200 fosas comúns vivían baixo o umbral da pobreza (6). CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra DATA DE EXHUMACIÓN: 2002 FOSAS A ESTUDO: SIMA DE KURTZETXIKI Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 2 Nº DE INDIVIDUOS IDENTIFICADOS: 0 46% 11% 28% 14% 0% 1% FRECUENCIA DE PATOLOXÍA ORAL PRESENTE NA POBOACIÓN ESTUDADA (1762) Enfermidade periodontal Carie Hipoplasia Absceso dentario Calculose Hipercementose 13
TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS O vítima codificada como “ Individuo 1’’ atopábase semienterrada e oculta por barro e restos pertencentes a fauna doméstica. O esqueleto atopábase optimamente conservado pero incompleto, presentando un fragmento mandibular cunha fractura por arrincamento de oso, así como fractura de pezas dentarias na rama esquerda provocada polo impacto dun proxectil dirixido na dirección de diante a atrás e de dereita a esquerda, causante posiblemente da fractura do maxilar superior dereito totalmente ausente no esqueleto (13). Non foi posible a identificación da vítima debido á ausencia de datos antemortem, pero as lesións presentes a nivel maxilar a causa dun fusil evidenciaron e esclareceron que se trataba de forma clara dunha vítima da guerra civil (13). CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra DATA DE EXHUMACIÓN: 2016 FOSAS A ESTUDO: 2980/2022 NAVA. SIMA DE LEGARREA, GAZTELU Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 7 Nº DE INDIVIDUOS IDENTIFICADOS: 7 TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS Tras oitenta anos sen obter datos da familia Sagardi Agoñi formada por unha nai e os seus seis fillos dun ano e medio, tres, seis, nove, doce e dazaséis anos, a sociedade Aranzadi grazas á vontade e sospeitas da familia, investiga e localiza os restos óseos de sete persoas que correspondían tras a comprobación xenética, coas persoas desaparecidas na Sima de Gaztelu (13). 14
Atópase unha hemimandíbula xunto cun molar tratado con amalgama de prata. Debido a dito tratamento, os dentes non foron unha fonte a través da cal poder avaliar o ADN da vítima (13, 14) . Non obstante puideron determinar a idade de dous individuos non adultos a través da dentición. Un dos esqueletos presentaba un molar definitivo, o que determinou que era maior de seis anos. Pola contra, outro dos maxilares atopados na sima presentaba un molar definitivo en proceso de erupción, que aínda non chegara a ocupar o seu lugar funcional na liña dentaria (13, 14) . O achado dos restos dentais puido determinar e clasificar de forma inequívoca a José María, un dos seis irmáns asasinados e inhumados na sima, de tan só 4 anos (14). CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra DATA DE EXHUMACIÓN: 2010 FOSAS A ESTUDO: FOSA: 3017/2022 NAVARRA. TUDELA Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 2 Nº DE INDIVIDUOS IDENTIFICADOS: 2 TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS O departamento de Antropoloxía da Sociedade de Ciencias Aranzadi realizou no ano 2010 a exhumación dunha fosa nun cemiterio en Tudela, Navarra, baixo a solicitude da asociación “Para non esquecer’’. A 1.75 metros localizábanse dous esqueletos en decúbito prono en correcto estado de conservación que foron posteriormente enviados ao laboratorio para a correcta limpeza e restauración co obxectivo de asumir unha análise antropolóxica e patolóxica das vítimas (15). Coa pretensión de realizar unha análise xenética, recolléronse mostras de dentes cun control de cadea de custodia. Fixeron unha análise exhaustiva a nivel de ambas arcadas co obxectivo de identificar a ambos individuos (15). 15
Individuo “ Tudela 01’’ Dentes presentes: 34,36,38. Perdas antemortem: 15,24,25,16,17. Caries MOD: 26,36,46. Restos radiculares: 13. Carie distal: 27. Reabsorción alveolar por perda dentaria: 35,37,47,48. Absceso: 26. Enfermidade periodontal: Leve. Desgaste incisal: Moderado. Táboa 1. Primeiro individuo localizado na FOSA: 3017/2022 Navarra. Tudela. Individuo “ Tudela 02’’ Dentes presentes: 27,35,45. Carie avanzada: 14,25,26. Carie moderada: 15,16,17,18. Perda de molares antemortem: 36,47,48. Coroa destruida: 44. Abscesos con apertura exterior: 14,26. Táboa 2. Segundo individuo localizado na FOSA: 3017/2022 Navarra. Tudela. A través da análise antropolóxica e patolóxica mandibular da vítima “Tudela 02’’ determínase que a causa de morte foi o paso dun proxectil de arma de fogo que atravesaba a cavidade oral da vítima. Isto puido ser verificado debido a que o impacto do proxectil provocou o desconchamento da cara externa da mandíbula e un recorte redondeado na cara interna (15). Tanto para o individuo 01 como para ao individuo 02, foron seleccionados un total de tres dentes respectivamente onde o ADN non presentaba fenómenos degradativos; deste xeito esclareceuse que ambas vítimas tiñan unha relación de parentesco directo con dous dos familiares que solicitaran a busca e realizaran previamente a análise xenética (15). 16
CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra DATA DE EXHUMACIÓN: 2009 FOSAS A ESTUDO: FOSA DE CARRIL DE MOTA, CERCEDO DE BUREBA Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 2 Nº DE INDIVIDUOS IDENTIFICADOS: 2 TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS A través da exhumación da fosa de Carril de Mota no ano 2009 localízase un individuo codificado como “Individuo 01’’ en posición de decúbito prono. Realizan unha análise odontolóxica forense a través da cal recollen os seguintes datos: Individuo “ Individuo 01’’ Perda dentaria antemortem: 14,15,24,25,36,46,47. Restos radiculares: 16. Táboa 3. Segundo individuo localizado na fosan de Carril de Mota, Cercedo de Bureba. O individuo presentaba unha arcada hipoplásica na que non erupcionara o terceiro molar. Presentaba ademais liñas de hipoplasia de esmalte moi marcadas. Os datos obtidos a nivel odontolóxico e antropolóxico non foron coincidentes coa información aportada por ningunha familia, polo que se descartou a análise xenética (16). O segundo individuo codificado como “Individuo 02’’ presentaba un alto grao de desgaste a nivel dos dentes maxilares fundamentalmente a nivel esquerdo. A nivel mandibular presentaba un gran desgaste incisal e oclusal (16). Individuo “ Individuo 02’’ Perda dentaria antemortem: 16. Fístula: 46. Táboa 4. Segundo individuo localizado na fosa de Carril de Mota, Cercedo de Bureba. 17
Grazas aos datos aportados polos familiares e os datos antropolóxicos obtidos entre os cales se atopan as arcadas dentarias, o individuo número 2 foi identificado como Lorenzo Marcos López de 40 anos. Non obstante, posteriormente foi realizada a verificación da identidade a través da obtención de ADN de catro molares da vítima. (16). Deste xeito, o laboratorio de xenética Labgenetics determinou que os restos pertencían a Lorenzo Marcos López cunha probabilidade do 99.97% (16). CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra DATA DE EXHUMACIÓN: 2004-2022 (37 intervencións) FOSAS A ESTUDO: FOSA 127 DO CEMITERIO MUNICIPAL DE PATERNA. VALENCIA Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 143 Nº DE INDIVIDUOS IDENTIFICADOS: 22 TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS Na fosa 127 de Paterna, Valencia empregan de análise morfolóxica a nivel osteolóxico e de caracteres métricos, realizando medidas antropométricas. Entre o ano 2019 e 2020, entran na investigación 35 familias, a partir das cales é extraído epitelio bucal e sangue periférico (17). A nivel da saúde bucodentaria das vítimas estudaron en profundidade a patoloxía antemortem. Desta forma determinaron que 120 individuos presentaban patoloxías bucodentais e 11 presentaban próteses, cun total de 211 observacións patolóxicas. 18
Figura 2. Patoloxía antemortem na fosa 127 do cemiterio municipal de Paterna. A partir de 143 cadáveres extráense un total de 407 mostras dubitadas entre as cales destacan os fémures e dentes. Grazas á análise comparativa cos familiares, no 2020 identifícanse un total de 17 individuos. Por consecuencia son 126 cadáveres os que non poden ser identificados na primeira fase investigadora. O motivo foi que 21 deles presentaban ADN contaminado, polo que tiveron que ser totalmente descartados do estudo. Dos 106 restantes seleccionáronse os 28 menos dubidosos e repetíronse as probas de ADN extraído dos dentes (17). No ano 2021- 2022 deses 28 cadáveres extráense 57 mostras. Ademais participan 17 novas familias o que permitiu identificar un total de 5 vítimas máis (17). A particularidade desta fosa radica nos factores medioambientais que presenta, como a alta humidade e o nivel freático fluctuante. Este feito condiciona a conservación dos mesmos nun proceso de saponificación mantendo o ADN a nivel dental en óptimas condicións (17). CONTEXTO HISTÓRICO: Guerra Civil Española- Posguerra DATA DE EXHUMACIÓN: 2010 FOSAS A ESTUDO: LA GRANJA, QUINTANILLA DE LAS VIÑAS. BURGOS Nº DE INDIVIDUOS ESTUDADOS: 6 Nº DE INDIVIDUOS IDENTIFICADOS: 6 29% 14% 36% 21% PATOLOXÍA ANTEMORTEM Carie Abscesos Hipoplasias Enfermidade periodontal 19
Tras a solicitude de varios familiares, iníciase unha investigación e exhumación en Burgos, Castrillo de la Reina. A un metro apareceron sepultados seis individuos que foron correctamente identificados (18). TÉCNICAS DE IDENTIFICACIÓN ODONTOLÓXICO FORENSE EMPREGADAS Para a identificación das vítimas, conformaron o perfil biolóxico de cada individuo, tendo en conta parámetros como o sexo ou a idade, esta última valorada en base á odontoloxía forense a través do desgaste dentario (18). Os datos aportados antemortem puideron ser verificados a través da súa análise dentaria. A continuación recóllense os datos odontolóxicos fundamentais para a identificación dos individuos (18). “ Individuo 01’’ Fundas de ouro: 13,14,15,17,33,34,43,44. Perdas antemortem: 16,38,45,46. Coroas Steele: 24,26. Táboa 5. Análise intraoral do individuo número 1. As fontes orais afirmaron que un dos seis “Castrillenses’’ tiña dentes de ouro. Este dato pudo confirmarse a través da análise da cavidade oral. Debido a que se coñecía a localización exacta das vítimas por testigos da zona e un dato tan particular como o das fundas de ouro, non foi preciso realizar unha análise de ADN para identificación deste individuo, coñecido como Julián Santamaría Carretero (18). “ Individuo 03’’ Neste caso, a análise dos dentes aportou información acerca da idade de maduración da vítima. Perdas dentarias: 16,18,24,26,27,28,44,45. Restos radiculares: 13,14. Caries de diferente grao 11,12,15,17,34,35. Abscesos 13,14,44,45. Retroceso alveolar 9mm. Táboa 6. Análise intraoral do individuo número 3. 20
estaban ausentes ou eran moi escasos nesta casuística, o que limitou drasticamente a eficacia dos métodos odontolóxicos (6). Non obstante, a análise de variables morfolóxicas e antropométricas cobra importancia para determinar as causas de morte dos mesmos (13, 15 ) ou coñecer outros datos identificativos importantes. Así, pode contribuír a establecer a situación socieconómica da vítima, o seu sexo ou a idade aproximada. Polo tanto, a odontoloxía forense non é sempre a ferramenta principal a nivel identificativo, mais pode chegar a exercer unha función esencial. Por exemplo, a través da súa capacidade de determinar o sexo e a idade da vítima mediante a dentición viuse a posibilidade de contextualizar e por consecuencia identificar membros dunha mesma familia das cales se coñecían as idades exactas dos mesmos (14). Neste punto, vóltase de novo a resaltar como os datos antemortem, por moi ínfimos que sexan poden supoñer a resolución dun caso de identificación. Ao longo desta revisión foi posible demostrar como os dentes son fontes ideais de conservación de material xenético sempre e cando este non se vexa contaminado (15). A través da análise comparativa entre mostras de familiares e o ADN aloxado no complexo dentinario é posible a identificación inequívoca das vítimas (15,16,17,21). A pesar de que o ADN é sen dúbida un método infalible, viuse tamén como os datos antemortem baseados en fotografías e testimonios sobre materiais protésicos puideron ser empregados como o único método identificativo da vítima, sen ser preciso recorrer a unha confirmación xenética (18). A pesar do protagonismo da antropoloxía, os métodos dixitais ábrense paso na identificación forense, sempre e cando existan datos antemortem dispoñibles, permitindo a reconstrución 3D en base a un cráneo. A dificultade do método reside non só na necesidade de dispoñer de fotografías do individuo, senón da dispoñibilidade de restos óseos a través dos cales reconstruir o macizo facial e craneal (22). Máis alá da escavación da propia fosa e da recuperación loxística das propias vítimas esquecidas en simas naturais e artificiais, non dispoñer de recursos antemortem a nivel odontolóxico forense non son unha escusa no inicio dunha investigación desta índole. Sempre será posible iniciar unha busca onde canto menos será posible confirmar a gravidade do crime cometido. 27
6. CONCLUSIÓN A odontoloxía forense é un método fundamental, en moitas ocasións o único, na identificación de individuos inhumados en fosas comúns. A análise xenética é o método principal na resolución dos casos, mais son moitas as ocasións nas que non é preciso levalas a cabo, sempre e cando existan datos antemortem dispoñibles así como restos dentais significativos a través dos cales facer a comparación. A caixa negra do noso organismo é por consecuencia a chave á recuperación da dignidade de cada semellante desaparecido. Por iso, para recoñecer a importancia dos restos dentais atopados, a comunidade científica debe colaborar con odontólogos forenses capaz de reconstruír un dente, nunha vida. 28
7. BIBLIOGRAFÍA 1. Kaleelullah R, Hamid P. Forensic Odontology, a Boon and a Humanitarian Tool: A Literature Review. Cureus [en liña]; 2020 [data de acceso 20 de febreiro de 2024]; 12(3). Url dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/32337126/ 2. Arora KS, Kaur P. Role of forensic odontology in the Indian Armed Forces: An unexplored arena. J Forensic Dent Sci [en liña]; 2016 [data de acceso 20 de marzo de 2024] ;8(3):173. Url dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/28123275/ 3. Riaud X. Forensic identification of a damned couple: Adolf Hitler and Eva Braun. Dent Hist [en liña]. 2011 [data de acceso 16 de maio de 2024] ;(54):28-35. Url dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/23875390/ 4. Sweet D. Forensic dental identification. Forensic Sci Int [en liña]. 2010 [data de acceso 17 de maio de 2024];201(1-3):3-4. Url disponible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/20304570/ 5. Perea B, Sánchez JA, Domínguez S. Antropología y paleontología dentarias. 1ª ed. Madrid: Editorial MAPFRE, D.L; 2002. 6. Serrulla Rech F. Antropología forense de la Guerra civil española. [Tese doutoral]. Granada: programa de doutorado en biomedicina, Universidade de Granada; 2018. 7. Vans S, Carabott R, Adams C. Dental human identification. In: Forensic Odontology Wiley [en liña]; 2013 [data de acceso 17 de maio de 2024]:65-115. Url disponible en: https://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/9781118526125.ch5 8. Fonseca GM, Cantín M, Pícola V. Propuesta para determinar la significación forense de restos esqueléticos mediante análisis químico de la amalgama dental. Correo Científico Médico [en liña]. 2016 [data de acceso 10 de abril de 2024] ; 20(2):322-344. Url dispoñible en: http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1560- 43812016000200009&lng=es. 9. Jogunčić A, Salihbegović A, Dervišević E, Sarajlić N. Challenges associated with investigating a mass grave at the Korićani cliffs in central Bosnia. Journal of 29
forensic and legal medicine [en liña]. 2019 [data de acceso 5 de xuño de 2024]; 66:107–12. Url dispoñible en: https://europepmc.org/article/med/31254968 10. Etxeberria, F, Herrasti, L. Hacia la uniformidad en la tipología y definiciones de las víctimas con resultado de muerte de la guerra civil. Asociación Española de odontología y Antropología Forense.Congreso acción forense humanitaria de la guerra civil y otros conflictos; 2023. 11. Las exhumaciones de la Guerra Civil y la dictadura franquista 2000-2019 Estado actual y recomendaciones de futuro. 1ª ed. País Vasco: Salago; 2020. 12. Jansen A, Mezquida M, Calpe A, Iglesias J, López G. Excavación y exhumación de las fosas del franquismo en Gandia: problemática actual. Asociación Española de odontología y Antropología Forense.Congreso acción forense humanitaria de la guerra civil y otros conflictos; 2023. 13. Etxeberria F. Simas, cavernas y pozos para ocultar cadáveres en la Guerra Civil española (1936-1939). Aportaciones desde la Antropología Forense. Munibe Antropologia - Arkeologia [en liña]. 2014 [ data de acceso 4 de maio de 2024]. Núm. 65 Pág. 269-288.Url dispoñible en: https://www.aranzadi.eus/fileadmin/docs/Munibe/2014269288AA.pdf 14. Esparza JM. La sima. ¿Qué fue de la familia Sagardía?1ª ed. Navarra: Txalaparta; 2015. 15. Etxeberría F, Herrasti L, Puente J, Bandres A, Jiménez J, Pérez de la Iglesia L. Exhumación y análisis de los restos humanos recuperados en una fosa común del cementerio de Tudela (Navarra). Munibe Antropologia - Arkeologia [en liña]. 2010 [ data de acceso 4 de maio de 2024]. Núm. 61 Pág. 394-406. Url disponible en: https://aricomemoriaaragonesa.com/wp-content/uploads/2018/01/2010- exhumacic3b3n-anc3a1lisis-restos-humanos-recuperados-cementerio-tudela- navarra.pdf 16. Montero J. Informe de la exhumación e identificación de los restos humanos de la fosa común de Carril de Mota. Carcedo de Bureba, Burgos. Coordinadora Provincial por la Recuperación de la Memoria Histórica de Burgos; 2009. 17. García, E; Cruz, E; Polo, M, Domínguez, V, Alemañ, M.; López, J; Zalvidea, M.A; Madrid, JA. Proyecto de investigación de las víctimas de la fosa nº 127 del cementerio municipal de Paterna, València. Asociación Española de odontología y 30
Antropología Forense. Congreso acción forense humanitaria de la guerra civil y otros conflictos; 2023. 18. Montero J, Valdivielso E. Claves metodológicas en el proceso de exhumación e identificación de los restos humanos de la fosa común de la Guerra Civil española de La Granja (Quintanilla de las Viñas, Burgos): aportes desde una perspectiva bio-arqueológica. Munibe Antropologia - Arkeologia. Núm 62. Páx. 479-498. 19. García A, Ríos L. Busqueda, exhumación e identificación de represaliados de la Guerra Civil enterrados en el cementerio viejo de Palencia: el proyecto de la Carcavilla. Munibe Antropología-Arkeología [en liña]. 2017 [ data de acceso 15 de xuño de 2024], número 68; 327-351. Url dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6802312 20. Borja M, Gutiérrez L, Olivo P, Diaz E, Carrion F, Coto JF et al. La Guerra Civil en Granada: el caso del Barranco de Víznar. Lugar de Memoria Ayuntamiento de Víznar. Asociación Española de odontología y Antropología Forense.Congreso acción forense humanitaria de la guerra civil y otros conflictos; 2023. 21. Jankauskas R. Forensic anthropology and mortuary archaeology in Lithuania. Anthropol Anz [en liña]. 2009 [consultado 15 de abril de 2024] ;67(4):391-405. Dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/20440959/ 22. Djurić, Marija P et al. “Dental status of victims from Batajnica's mass graves. Collegium antropologicum [en liña]. 2009 [consultado 13 de marzo de 2024]; 33: 1387-95. Dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/20102098/ 23. Ossowski, Andrzej et al. “A case study of an unknown mass grave - Hostages killed 70 years ago by a Nazi firing squad identified thanks to genetics. Forensic science international [en liña]. 2017 [consultado 13 de marzo de 2024]; 278 :173- 176. Dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/28734270/ 24. Ghaleb SS, Elwahab Hassan DA, Elroby FA, Mogassabi KR, Attia Alemam A. Identification of victims from mass grave discovery near Benghazi, Libya. J Forensic Leg Med. 2019 Oct;67:24-27. Dispoñible en: https://orcid.org/0000-0002-7354-6667 31