scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A norma xurídica

Rodríguez Boente, Sonia Esperanza

Abstract

Teoría do Dereito impártese no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Dereito, e persegue sentar as bases do coñecemento xurídico do alumno, explicando os caracteres xerais do Dereito (ontoloxía xurídica), a metodoloxía para o seu coñecemento (teoría da ciencia) e os valores presentes no Dereito (axioloxía xurídica). Todo o cal explicarase sen fixarnos en ningún ordenamento xurídico concreto, aínda que poidan facerse referencias a estes a título de exemplo. A presente Unidade Didáctica (en adiante, UD), inclúese na parte de Ontoloxía Xurídica, na que se analiza en xeral que é o Dereito e, en particular, as doutrinas filosófico-xurídicas sobre o Dereito aparecidas ao longo da historia (iusnaturalismo e positivismo xurídico); o concepto de Dereito; as funcións do Dereito; a súa distinción con respecto a outras ordes normativas, como poden ser a moral e as regras de trato social; a norma xurídica; o dereito como sistema xurídico; as fontes do Dereito, a súa interpretación e aplicación e os conceptos xurídicos fundamentais. Esta UD contempla o Dereito dende o punto de vista da súa célula primaria: a norma xurídica, fronte á UD seguinte que o observa como un sistema de normas, como ordenamento xurídico. Por outra banda, analízase a norma de forma estática. Os alumnos atoparán información sobre que é unha norma xurídica, cal a súa estrutura; cales as súas clases e, por último, as súas dimensións ou propiedades: validez, eficacia e lexitimidade

Full text

Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Teoría do Dereito Sonia Esperanza Rodríguez Boente Departamento de Dereito Público Especial Área de Filosofía do Dereito Facultade de Dereito 5 A norma xurídica 9788498 876451 ISBN 978-84-9887-645-1 A norma xurídica 5 Sonia Esperanza Rodríguez Boente Departamento de Dereito Público Especial Área de Filosofía do Dereito Facultade de Dereito ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 268-2011 ISBN 978-84-9887-645-1 UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica - 3 MATERIA: Teoría do Dereito TITULACIÓN: Grao en Dereito PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. A teoría do Dereito. Contido Ontoloxía xurídica Teoría da Ciencia Axioloxía xurídica Unidade II. O pensamento xurídico na historia: iusnaturalismo e positivismo xurídico. A doutrina do Dereito Natural. Características. Desenvolvemento histórico. Crise e rexurdimento do Dereito Natural. O positivismo xurídico. O positivismo e o concepto de Dereito. Unidade III. O concepto de Dereito. Dereito e forza. A existencia do Dereito. Dereito como fenómeno humano e social. Distintas acepcións do termo Dereito. As funcións do Dereito. Unidade IV. O Dereito e outras ordes normativas. Desenvolvemento histórico das relacións entre Dereito e Moral. Concepcións filosóficas e relacións entre Dereito e Moral. A tese da conexión necesaria entre Dereito e Moral. A tese da separabilidade entre Dereito e Moral. Positivismo xurídico e relacións Dereito/Moral: o positivismo xurídico exclusivo, o positivismo xurídico inclusivo e o positivismo ético ou normativo. As regras de trato social. Unidade V. A norma xurídica. Estrutura e definición da norma. Dimensións ou propiedades das normas xurídicas: validez, eficacia e xustiza. Unidade VI. O dereito como sistema xurídico. Sistemas estáticos e sistemas dinámicos. Sistema xurídico e ordenamento xurídico. Caracteres dos sistemas xurídicos: unidade, coherencia e plenitude. Unidade VII. As fontes do Dereito. Concepto de fontes do Dereito. Clasificación das fontes do Dereito. A invalidez das leis. Entrada en vigor e perda de vixencia das normas. As fontes no ordenamento xurídico español. Constitución. Código civil. Lei. Costume. Principios Xerais do Dereito. Xurisprudencia. Unidade VIII. A interpretación do Dereito. A interpretación do Dereito: concepto e clases Criterios interpretativos. Os métodos de interpretación no sistema xurídico español. 4 - UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica Unidade IX. A aplicación do Dereito. Dous modelos na aplicación do Dereito A concepción mecánica da función xudicial Outras concepcións Premisa normativa e premisa fáctica. Unidade X. Conceptos xurídicos fundamentais. O dereito subxectivo: concepto O deber xurídico: concepto Responsabilidade Sanción xurídica. Unidade XI. A ciencia do Dereito. A ciencia do Dereito A negación da ciencia do Dereito Diferentes modelos de ciencia Funcións da ciencia xurídica Unidade XII. Axioloxía xurídica. Os valores xurídicos. A xustiza. Os dereitos humanos. UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica - 5 ÍNDICE Presentación. .................................................................................................. 7 Obxectivos. ..................................................................................................... 7 Metodoloxía. ................................................................................................... 7 Contidos básicos. ........................................................................................... 8 1. A norma xurídica: definición. ................................................... 8 2. A estrutura da norma xurídica. ................................................ 8 2.1. Kelsen. ................................................................... 9 2.2. Hart. ....................................................................... 9 3. Clases de normas. ................................................................ 10 4. Validez. .................................................................................. 10 4.1. Condicións formais de validez. ........................... 11 1ª. Órgano competente. ............................ 11 2ª. Procedemento. ..................................... 11 3ª. Ámbito material de regulación. ............ 11 4.2. Condición material de validez. ............................ 12 5. Eficacia. ................................................................................. 12 6. Lexitimidade ou Xustiza ........................................................ 12 Actividades propostas. ................................................................................. 14 Avaliación ..................................................................................................... 15 Bibliografía. ................................................................................................... 16 UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica - 7 PRESENTACIÓN Teoría do Dereito impártese no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Dereito, e persegue sentar as bases do coñecemento xurídico do alumno, explicando os caracteres xerais do Dereito (ontoloxía xurídica), a metodoloxía para o seu coñecemento (teoría da ciencia) e os valores presentes no Dereito (axioloxía xurídica). Todo o cal explicarase sen fixarnos en ningún ordenamento xurídico concreto, aínda que poidan facerse referencias a estes a título de exemplo. A presente Unidade Didáctica (en adiante, UD), inclúese na parte de Ontoloxía Xurídica, na que se analiza en xeral que é o Dereito e, en particular, as doutrinas filosófico-xurídicas sobre o Dereito aparecidas ao longo da historia (iusnaturalismo e positivismo xurídico); o concepto de Dereito; as funcións do Dereito; a súa distinción con respecto a outras ordes normativas, como poden ser a moral e as regras de trato social; a norma xurídica; o dereito como sistema xurídico; as fontes do Dereito, a súa interpretación e aplicación e os conceptos xurídicos fundamentais. Esta UD contempla o Dereito dende o punto de vista da súa célula primaria: a norma xurídica, fronte á UD seguinte que o observa como un sistema de normas, como ordenamento xurídico. Por outra banda, analízase a norma de forma estática. Os alumnos atoparán información sobre que é unha norma xurídica, cal a súa estrutura; cales as súas clases e, por último, as súas dimensións ou propiedades: validez, eficacia e lexitimidade. OBXECTIVOS Obxectivo 1. Poder identificar unha norma xurídica e coñecer a súa estrutura básica. Obxectivo 2. Saber cando se pode afirmar que unha norma xurídica é válida e/ou xusta e/ou eficaz. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS O Espazo Europeo de Educación Superior exixe, fundamentalmente, un cambio na metodoloxía empregada na docencia universitaria. Non se trata só de que o docente universitario ensine, senón tamén, e fundamentalmente, de que o alumno aprenda os contidos. A clase expositiva continúa a ser un instrumento imprescindible como marco no que se explican os contidos e no que se observa o grao de comprensión do alumno. Por iso é necesario que este adopte unha posición activa solicitando a aclaración de as súas dúbidas, facendo as observacións que teña por oportunas ou mesmo criticando ou posicionándose en contra do mantido polo docente. Xunto á clase expositiva, a ou as clases interactivas (prácticas) teñen unha importancia esencial. Nesta UD proporase utilizando a USC 14 - UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica ACTIVIDADES PROPOSTAS Aínda que nas clases expositivas se fomentará a interactividade e, polo tanto, a participación dos alumnos, onde esta é claramente a protagonista é nas clases interactivas. Nesta UD proporanse tres actividades prácticas: En primeiro lugar deberán buscar en bases de datos de lexislación e analizar a validez (formal e material), a eficacia e a xustiza de Lei 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Logo exporán na clase as súas conclusións. En segundo lugar, dada a especial sensibilidade que esperta o tema e a idade dos alumnos e alumnas, sería positivo tamén organizar un debate no que os alumnos puidesen expoñer, de xeito argumentado, as súas posicións. Isto exixirá a formación de dous grupos que, respectivamente, defendan e critiquen a Lei. En terceiro lugar, os alumnos deberán expoñer o contido nunha norma que non lles pareza válida, eficaz ou xusta (ou que adoeza de máis dun destes caracteres) e as razóns da súa achega. UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica - 15 AVALIACIÓN A avaliación dos contidos teóricos farase no exame do final do cuadrimestre. A avaliación das clases prácticas realizarase perante a celebración das mesmas tendo en conta os seguintes criterios: a participación activa do alumno; a corrección dos argumentos esgrimidos que demostre a correcta comprensión dos contidos teóricos; a solidez dos argumentos esgrimidos; a posibilidade de traballar en grupo no caso do debate, organizando as quendas de intervención e poñéndose de acordo sobre que argumentos utilizar e sobre quen ten que expoñelos. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA V. A norma xurídica BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA. ALARZÓN CABRERA, C., Validez, lógica y derecho, Universidad Externado de Colombia, Bogotá, 1999. ALEXY, R., El concepto y la validez del Derecho, Gedisa, Bacelona, 1994. ATIENZA, M., El sentido del Derecho, Ariel, Barcelona, 2001. BETEGÓN, J. et. al., Lecciones de Teoría del Derecho, MacGraw-Hill, Madrid, 1997. BOBBIO, N., Teoría general del Derecho, Debate, Madrid, 1998, trad. E. Rozo Acuña. CALVO GARCÍA, M., Teoría del Derecho, Tecnos, Madrid, 2000, 2ª ed. revisada e aumentada. DÍEZ PICAZO, L., Experiencias jurídicas y teoría del Derecho, Ariel, Barcelona, 1993. LUCAS, J. de et. al., Introducción a la Teoría del Derecho, Tirant lo Blanch, Valencia, 1997. MARTÍNEZ ROLDÁN, L., Y FERNÁNDEZ SUÁREZ, J. A., Curso de teoría del Derecho y metodología jurídica, Ariel, Barcelona, 1994. MORESO, J. J., y VILAJOSANA, J. M., Introducción a la teoría del derecho, Marcial Pons, Madrid, 2004. PECES-BARBA, G., FERNÁNDEZ, E. y ASÍS, R., Curso de teoría del Derecho, Marcial Pons, Madrid, 2000, (2ª ed.). PÉREZ LUÑO, A. E., Teoría del Derecho. Una concepción de la experiencia jurídica, Tecnos, Madrid, 2002, 2ª ed. PRIETO SANCHÍS, L., Apuntes de Teoría del Derecho, Trotta, Madrid, 2005. ROSS, A., El concepto de validez y otros ensayos, Fontamara, México, 2001. SEGURA ORTEGA, M., Lecciones de Teoría del Derecho, Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid, 2008. SERRANO, J. L., Validez y vigencia: la aportación garantista a la teoría de la norma jurídica, Trotta, Madrid, 1999. SORIANO, R., Compendio de teoría general del Derecho, Ariel, Barcelona, 1993 (2ª ed. corregida y aumentada). Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Teoría do Dereito Sonia Esperanza Rodríguez Boente Departamento de Dereito Público Especial Área de Filosofía do Dereito Facultade de Dereito 5 A norma xurídica 9788498 876451 ISBN 978-84-9887-645-1