scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía

Amoedo Fernández, Álvaro José

Abstract

O presente traballo ten como obxectivo analizar as características sectoriais da economía galega, realizando unha revisión bibliográfica e empregando datos facilitados por diversas fontes, fundamentalmente o IGE, e que nos levan a concluir que a nosa economía ten unhas características moi parexas ás do noso entorno terciarizado, aínda que cunhas particularidades concretas que a distinguen do resto tal e como demostran os sectores característicos que definen a economía galega, tamén analizados neste traballo. En canto á problemática económica que está a sufrir Galicia, é dificil de tratar no seu conxunto, mais queda claro que moitas das solucións parten da base de incrementar o orzamento público en sectores concretos para que así se fomente unha dinámica idónea que axude a revitalizar a economía.

Full text

Álvaro José Amoedo Fernández A dinámica recente da estructura sectorial galega Unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Febreiro 2022 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Traballo de fin de grao 2 Resumo O presente traballo ten como obxectivo analizar as características sectoriais da economía galega, realizando unha revisión bibliográfica e empregando datos facilitados por diversas fontes, fundamentalmente o IGE, e que nos levan a concluir que a nosa economía ten unhas características moi parexas ás do noso entorno terciarizado, aínda que cunhas particularidades concretas que a distinguen do resto tal e como demostran os sectores característicos que definen a economía galega, tamén analizados neste traballo. En canto á problemática económica que está a sufrir Galicia, é dificil de tratar no seu conxunto, mais queda claro que moitas das solucións parten da base de incrementar o orzamento público en sectores concretos para que así se fomente unha dinámica idónea que axude a revitalizar a economía. O traballo componse de 9968 palabras. 3 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Índice Resumo .................................................................................................................... 2 Índice de abreviaturas .............................................................................................. 4 Índice de táboas, gráficos ou figuras ......................................................................... 5 Introdución .............................................................................................................. 6 Planificación ............................................................................................................. 7 Desenvolvemento do traballo ................................................................................. 10 1. A economía galega en perspectiva histórica ........................................................ 10 1.1. Perspectiva histórica .................................................................................... 10 1.2. Demografía ................................................................................................... 11 1.3. Desagrarización ............................................................................................ 11 1.4. Industralización ............................................................................................ 14 1.5. Construcción e infraestructuras. .................................................................. 15 2. Comparativa económica por sectores e zonas xeográficas ................................. 17 2.1. Evolución recente da produción na economía galega ................................. 17 2.2. Comparativa do PIB galego co español ........................................................ 19 2.3. Análise dos grandes sectores en Galcia ....................................................... 21 2.3.1. Sector Primario 2.3.2. Sector Secundario 2.3.3. Sector Terciario 2.3.4. Construción 2.4. Análise dos sectores galegos máis característicos ....................................... 24 2.4.1. Sector Agroalimentario 2.4.2. Sector Forestal-madeireiro 2.4.3. Sector Vehículos e compoñentes 2.4.4. Sector Pesqueiro 2.4.5. Sector Cultural 2.4.6. Sector do Transporte e da loxística 2.4.7. Sector Madeireiro Conclusións e ampliación ........................................................................................ 32 Bibliografía ............................................................................................................. 35 4 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Índice de abreviaturas INE: Instituto Nacional de Estadística. IGE: Instituto Galego de Estatística. UE: Unión Europea. PIB: Produto Interior Bruto. PIBpc: Produto Interior Bruto per cápita. IDH: Índice de desenvolvemento humano 5 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Índice de táboas, gráficos ou figuras Gráfico 1:Evolución do PIB e PIBpc galegos....................................................................18 Gráfico 2: Evolución da poboación galega total e por provincias….…………………………….18 Gráfico 3: Evolución do PIB galego e español en base 100.............................................19 Gráfico 4: Evolución PIB galego/PIB español..................................................................20 Gráfico 5: Evolución sector primario..............................................................................21 Gráfico 6: Evolución sector secundario..........................................................................22 Gráfico 7: Evolución sector terciario..............................................................................23 Gráfico 8: Evolución da construción...............................................................................24 Gráfico 9: Evolución cadea forestal-madeireira.............................................................25 Gráfico 10: Evolución fabricación de vehículos, remolques e semiremolques...............26 Gráfico 11: Evolución sector pesqueiro……………………………………………………………….……..27 Gráfico 12: Evolución sector cultural..............................................................................28 Gráfico 13: Evolución transporte e loxística...................................................................29 Gráfico 14: Evolución sector mineiro.............................................................................30 Gráfico 15: Evolución agroalimentación........................................................................31 6 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Introdución O presente estudo ten como obxectivo analizar a evolución recente da economía galega dende unha perspectiva sectorial, atendendo particularmente aos seus sectores característicos definidos polo IGE, no período 2000 – 2019, prestando particular atención ás mudanzas acontecidas debido á crise financeira iniciada no ano 2008. En canto á metodoloxía, realízase unha revisión bibliográfica dende unha perspectiva estrutural da economía galega e un percorrido histórico sobre o seu proceso de desenvolvemento. Posteriormente, desenvólvese unha análise descriptiva mediante os datos que ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE), e en menor medida do Instituto Nacional de Estatística (INE), ademais doutros datos puntuais obtidos na bibliografía empregada, como artigos académicos, libros de historia económica ou excepcionalmente de fontes secundarias como artigos xornalísticos. Grazas a estes datos púidose ir contextualizando o traballo no seu conxunto segundo os requerimentos que se precisaban na temática de cada un dos apartados. Os resultados obtidos amosan que o proceso de desagrarización galego foi moi profundo ao longo do Século XX, pero a característica fundamental no período analizado pasa pola profundización no proceso de terciarización, sector dominante de xeito fundamental na estrutura sectorial. Ademais, tamén é importante sinalar a semellanza que ten a economía galega coas do seu entorno terciarizado, pero pola outra banda posúe unhas particularidades que distiguen aos seus sectores característicos con respecto aos de outras economías. Existen certos problemas económicos na economía galega que foron tratados ao longo do texto, e algúns deles semellan ter sinxela solución. Por exemplo, a decadencia que sofre o sector cultural, que podería saldarse se os fondos públicos dos que dispoñía con anterioridade á crise volvesen a asignárselle, pois na última década veuse reducido o seu orzamento nun 47%. En canto ao sector forestal, o problema é a mala xestión dos fondos, pois destínase máis á extinción de incendios que á prevención dos mesmos mediante por exemplo a ordenación forestal, esta última sería unha solución longoplacista pero con resultados máis efectivos. No tocante ao sector agroalimentario, dispón dun especial potencial do que cabería esperar gran rendemento por mor das vantaxes competitivas coas que conta Galicia. E por último, se falamos do sector automovilístico, cabe indicar que a crise do 2007 afectoulle grandemente, trátase dun pilar fundamental da nosa economía e polo tanto o feito de ter sorteado con dificultade a crise sentou unha das principais bases da recuperación económica galega en todo o seu conxunto. 7 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Planificación A función deste apartado consiste en recoller o modo en que se foi desenvolvendo o traballo, a evolución do mesmo ao longo do tempo no que foi tomando forma a partires das distintas fases a seguir, dende os requerimentos burocráticos como a selección de tema e envío da solicitude do traballo até cuestións como reunións co titor, búsqueda de información e redacción. Ademais neste espacio considero oportuno darlle o meu agradecemento a Adrián Dios Vicente, titor deste traballo, pola súa entrega e dedicación, incluíndo consellos e coñecementos que de absterme deles o resultado sen dúbida non sería o mesmo. 8 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Selección do tema e envío da solicitude do Traballo Fin de Grao. Reunións co titor, tanto presenciais como telemáticas. Revisión bibliográfica e consulta de datos e fontes estatísticas. Redacción do traballo. 9 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía 16 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía crece a unha maior velocidade que o conxunto da economía, ademáis a entrada na UE significou un punto de inflexión para o sector grazas aos fondos europeos e á expansión da obra pública e novas infraestructuras. (Carmona & Dios, 2020). Unha das súas características máis recentes é a deslocalización da residencia habitual fóra da cidade. Vense dando dende os anos sesenta ata a actualidade, buscándose calidade de vida e vivenda a prezos máis asequibles, pero sen perder as vantaxes que pode ofrecer a proximidade á cidade. Por un lado existe a vertente da construcción de vivendas ailladas en consonancia coas motivacións da clase media-alta, e por outro lado están as urbanizacións que resultan máis asequibles para a clase media. Ambas vertentes supoñen unha notable presión sobre o mercado da superficie, traendo problemas para reordear o territorio por parte de pequenos concellos. En moitos casos o rural pasa a ser o extrarradio da cidade, no cal existe gran carencia de servizos dada a escasa planificación urbanística. Pero máis alá das consecuencias tanxibles, están por exemplo o fenómeno da segmentación da poboación entre antigos poboadores e colonos, quenes conviven pero obedecen a lóxicas distintas, e polo tanto o deseño de políticas será máis dificultoso, tendo que elixir un deseño só para un dos grupos, facer deseños diferentes ou un que reúna necesidades de ambas partes (Saco, 2010). Neste sentido, este foi un problema que se foi consolidando a medida que tamén o foron facendo os ensanches das cidades, buscando a visión xeral da forma urbana (José González & Cebrián Tello, 1999). A ampliación do parque industrial de vivendas provoca un auxe da construcción sen precedentes que conleva unha nova reestructuración social na cidade. Pasamos agora a considerar a “ruralidade intermedia”, que veñen sendo vilas ou capitais de comarca dinámicas, cun papel primordial para a promoción de zonas rurais. Estas demostran gran capacidade para novos escenarios de competitividade e para xerar unha forte identidade comarcal que favorece as produccións baixo marca ou denominación de orixe. Neste tipo de vilas a man de obra inmigrante aséntase con maior facilidade e permanencia, e o sistema productivo goza dunha certa estabilidade, pero temos que falar de novo de segmentación entre poboación oriunda e foránea, neste caso inmigrante, no cal existen uns retos a ter en conta en canto a integración social. A chamada “ruralidade remota”, a cal non se ve influida polos centros urbáns, viuse máis afectada que ningún outro entorno pola despoboación. Ademáis, as produccións non se conseguiron adaptar aos novos contextos, desaparecendo en gran medida os productores de alimentos como o sector lácteo e vinícola. Neste caso a inmigración estranxeira ve nestas zonas unha primeira oportunidade laboral (Saco, 2010). Tratando a temática de infraestructuras, pódese dicir que no referente á rede ferroviaria imos con certo retraso respecto á comunicación ferroviaria estatal, cunha velocidade media nos anos noventa de 60km/h, sen dobre vía, sen cercanías nin conexión coas principais instalacións portuarias para o tráfico de mercancías. En canto a instalacións portuarias, desaproveitamos o noso privilexiado emplazamento xeográfico na Europa Atlántica, onde discurre unha das máis importantes rutas de tráfico de mercancías a nivel mundial. (Beiras, 2000). Neste sentido, non podemos obviar o caso da autopista do Atlántico, a cal cruza Galicia de norte a sur e polo tanto supón un dos principais canais de comunicación galegos. A 17 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía utilidade desta infraestructura é de incalculable importancia, pero a subida das súas peaxes nunca está exenta de polémica nin de protestas sociais, a última delas ocurrida en outubro de 2018 promovida polos acordos entre a Administración Xeral do Estado e a sociedade conscesionaria para a ampliación das capacidades da autopista en determinados tramos (Blanco, 2019). Isto trae consigo a consecuencia da subida no prezo do seu uso, o que conleva demáis consecuencias negativas para traballadores que discurren entre as distintas cidades galegas, por non falar do aumento nos gastos de transporte que pode supor para as empresas, en ambas situacions en vista desta problemática óptase por usar outras estradas, ou pola contra algunhas empresas aceptan estes gastos de transporte pero repercutindo no prezo final dos seus produtos vendidos, uns productos que teñen maior dificultade de competir cos de outras compañías nacionais que non sufren este problema. 2. Comparativa económica por sectores e zonas xeográficas A continuación, realizarase unha análise das principais características sectoriais da economía galega, atendendo en primeiro lugar a unha evolución recente en termos de PIB, poboación e PIB per capita, para posteriormente analizar a situación dende o punto de vista dos grandes sectores (primario, secundario, terciario e construción) e en relación aos sectores característicos identificados polo IGE. 2.1. Evolución recente da produción na economía galega As seguintes gráficas reflexan o crecemento galego no tocante á súa evolución poboacional. Se nos fixamos na primeira delas pódese apreciar que o PIB galego evoluciona ascendentemente, conseguindo repoñerse do estancamento da crise do 2008, pódese afirmar entón que o PIB crece, non só dende o 1995 que é o ano ata o que nos podemos remontar segundo os datos que proporciona o IGE, senón que indo máis alá, nos últimos cincuenta anos o PIB galego multiplicouse por cinco (López, 2016). 18 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Gráfico 1:Evolución do PIB e PIBpc galegos. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE. Gráfico 2: Evolución da poboación galega total e por provincias. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INE. Ademáis, o PIB per cápita galego acada mellores valores a medida que pasan os anos con respecto a outros territorios, pero isto é sobre todo e máis que nada grazas ao peso relativo en poboación de Galicia respecto ao resto de España e Europa, xa que na nosa terra o estancamento poboacional é un feito que carece de ser un problema tan severo noutros territorios. Isto último apréciase a simple vista na segunda gráfica, a cal 19 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía demostra en base a datos sacados do INE que a poboación galega foi medrando até a década dos sesenta, pero xusto a partir de entón comezou a estancarse, e se reparamos na evolución poboacional por provincias sacamos como conclusión que foi debido á perda de poboación nas provincias de Lugo e Ourense, pola contra Pontevedra e A Coruña levan unha tendencia ascendente pero que parece non ser suficiente como para equilibrar a balanza da perda das outras dúas provincias de interior. Existe entón un desequilibrio poboacional interno con cada vez maior preeminencia das provincias occidentais, derivando todo isto nun problemático estancamento poboacional que ofrece como conclusión final que a esaxerada boa evolución nos datos do PIB per cápita galego e o seu achegamento en valores relativos con outros territorios ten a súa orixe na evolución demográfica galega. 2.2. Comparativa do PIB galego co español A partir da información que nos achegan os seguintes gráficos, é doado entender unha das realidades máis características e importantes da economía galega, xa mencionada con menor detalle anteriormente. Trátase da converxencia pasiva como mecanismo de converxencia, é dicir, o feito de que os datos de produto e renda por habitante fosen pouco a pouco acadando mellores valores en Galicia, acurtando a súa distancia con respecto a outros territorios como o resto de España e a Unión Europea, pero debéndose esta boa evolución sobre todo ao estancamento poboacional, reducíndose así o tamaño relativo de Galicia. Gráfico 3: Evolución do PIB galego e español en base 100 Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE e INE. 20 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Analizando o gráfico anterior, non é posible reparar na importancia que este proceso tivo ao longo da evolucuión económica das últimas décadas, xa que os datos que aporta tanto o IGE como o INE remóntanse tan só ao ano 1995. Aínda así pódese ver como por exemplo no 1999 o PIB galego crece máis que o do resto de España, e durante boa parte de tempo os dous PIBs seguen unha tendencia parexa en canto ao seu crecemento. Non é así cando chega a crise económica do 2007, onde parece que o PIB galego se resinte máis, chegando a acadar no 2017 unha diferencia de máis de doce puntos porcentuais con respecto ao español. No seguinte gráfico obsérvase este mesmo proceso dunha maneira máis detallada. Pódese apreciar precisamente ese punto máximo do ano 1999 onde o PIB galego converxe co español até o punto de crecer máis que este último, e esa era a tendencia que se tiña seguido décadas atrás. Pero pola contra, a partir do ano 2000 apreciase un descenso na gráfica que evoca un proceso contrario ao que se viña de vivir. O PIB galego xa non converxe en termos absolutos co español, senon que este último crece máis, sobre todo a partires da crise do 2007. Gráfico 4: Evolución PIB galego/PIB español Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE e INE. Aínda así, se analizamos o PIBpc nestas mesmas datas, poderíase apreciar que, dado que a poboación galega estancase e a española non se estanca tanto como a primeira, o PIBpc galego sí segue a converxer co PIBpc español, pero isto é precisamente debido ao estancamento poboacional que sofre Galicia, sobre todo nas suas provincias de interior, analizado xa nos primeiros parágrafos deste apartado 2. 21 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía 2.3. Análise dos grandes sectores en Galcia 2.3.1. Sector Primario Comezamos plantexando a gráfica que amosa os datos do sector primario en Galicia, a cal demostra un claro ascenso en termos xerais, tan só cun pequeno e breve descenso nos primeiros anos de crise, dos que parece se puido recuperar e seguir cunha tendencia crecente. Este sector primario está composto por tres amplos grupos económicos como son en primeiro lugar a agricultura, gandeiría e caza, en segundo lugar a silvicultura e explotación forestal, e por último a pesca. Ademais, cabe puntualizar que os transformados derivados da agroindustria non pertencen a este sector primario, ainda que están íntimamente relacionados con este. De todos eles, o máis destacable en termos absolutos é o primeiro, posto que nel se engloban amplios rexistros económicos que lle dan forma ao total no conxunto destes tres grupos. Así pois, o total representado na gráfica sofre alteracións sobre todo debidas ás alteracións deste primeiro sector que representa a maior parte do total. Pola sua banda o segundo grupo e o terceiro levan unha tendencia constante e sen altibaixos no transcurso temporal representado. En canto ao seu peso no PIB, apréciase unha oscilación que comprende entre o 6% e o 4% nos últimos vinte anos, o cal podería considerarse como unha representación moi escasa en comparación co resto dos grandes sectores como veremos a continuación. Gráfico 5: Evolución Sector Primario. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE. 22 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía 2.3.2. Sector secundario Pásase agora ao sector íntimamente relacionado coa industria, no cal incide moito máis o impacto da crise, posto que como se pode apreciar, a caída sofrida foi máis intensa en canto a valores pero tamén en canto á súa dificultade para paliar co paso do tempo estes efectos, xa que incluso no 2018 non se teñen conseguido os valores acadados no 2008 previos á crise, o cal implica que durante polo menos dez anos o sector industrial estancouse, un retroceso económico que resulta moi determinante para a economía galega, posto que en termos absolutos este sector secundario pesa máis que o sector primario que vimos de analizar. Neste caso o peso oscila entre o 15,3% e o 17,3% debéndose isto a que os prezos do producto industrial no seu proceso de transformación conseguen multiplicarse acadando valores moi por encima dos que tiñan como productos primarios. Ademais a isto hai que sumarlle o feito de que o sector secundario conta cunha gran variedade de grupos que lle dan forma ao valor final deste sector, particularmente manufactureiros. Despois da sufrida crise déixase notar o proceso de desindustrialización galega, xa que como se pode ver o peso deste sector no total parece que sofre altibaixos, o que transmite unha inestabilidade que queda lonxe de conseguir manter o seu peso acadado nos anos de auxe económico previos á crise. Gráfico 6: Evolución Sector Secundario Fonte: Elaboración propia a patir de datos do IGE. 2.3.3. Sector terciario. Neste sector terciario ou de servizos, inclúense tamén gran cantidade de grupos, máis incluso que no sector anterior, que compoñen a valoración total. 23 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Gráfico 7: Evolución do Sector Terciario Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE. As adversidades económicas influen na gráfica dun xeito máis suave do que o fan nos anteriores sectores, isto débese á gran cantidade de grupos que se inclúen no sector terciario, o que deriva nunha máis suave alteración da gráfica. Así, o feito de que uns grupos sufriran antes as consecuencias da crise e outros máis tarde, puido facer que no conxunto total non se notase unha drástica caída nun ano concreto, pois non todas as actividades se ven afectadas do mesmo xeito e as influencias económicas poden tardar ou non en afectarlles segundo cada caso, deste modo, pode apreciarse que as consecuencias negativas da crise tardaron en ser tanxibles no resultado total, así como tamén a recuperación da mesma vese igualmente evolucionar moi tímidamente. Ademais, cabe dicir que neste sector servizos inclúense unha cantidade considerable de actividades públicas dirixidas polos gobernos central e autonómico. Normalmente estas administracións públicas manteñen en certo modo a súa actividade a pesar das fluctuacións económicas, o cal pode fomentar un menor descenso e tamén ascenso en épocas de decadencia e apoxeo respectivamente. O sector servizos tamén está caracterizado por contar con varios sectores de alto valor engadido tales como a sanidade, educación ou as finanzas, mais tamén existen outros que non contan con esta característica, como é o caso da hostalería. É de interese destacar esta diferencia que existe no conxunto de tódolos grupos que conforman o sector terciario, xa que cada un deles ten unhas características distintas e evolucionan dun xeito particular ante estímulos económicos similares. En canto ao seu peso, representa a maior porcentaxe no total da economía galega se o comparamos co resto de grandes sectores. Así pois, os seus valores nos últimos vinte anos compréndense entre o 57,2% e o 63,2%, cun crecemento claramente constante a pesar dun leve estancamento nos recentes tempos de crise. 24 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía 2.3.4. Construción En canto á construción, os datos acadados a través do IGE non ofrecen ningunha conclusión reveladora se temos en conta que a crise do 2007 pódese definir como a crise inmobiliaria, afectando polo tanto a todo o conglomerado da construción máis que a ningún outro. Tendo en conta isto, o que cabe esperar é o que nos amosa o gráfico que temos a continuación. O sector en cuestión sufriu un impacto especialmente severo, os valores comezan a descender a partir do 2007 e non parecen entrar nun periodo de recuperación con vías de acadar os datos do apoxeo previo á crise. De feito, no ano 2018 os valores son moi semellanetes aos acadados no 2002, ou sexa que neste sentido pódese falar dun retroceso económico de prácticamente vinte anos e que parece non tomar impulso de recuperación. En canto ao seu peso con respecto ao PIB total, a tendencia é a mesma, a súa importancia na economía galega parece decrecer dende o 2006 onde acadara o seu máximo en torno ao 10,8%. Actualmente non consegue tomar un repunte e sitúase ao redor do 6,6%. Estes datos son totalmente comprensibles tendo en conta o especial impacto que tivo a crise do 2007 no sector inmobiliario. Gráfico 8: Evolución da construción. Fonte: Elaboración propia a patir de datos do IGE. 2.4. Análise dos sectores galegos máis característicos A continuación desenvolverase unha análise sobre os sete sectores que o IGE identifica como característicos para a economía galega. 25 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía 2.4.1. Sector agroalimentario Primeiramente, o sector da agroalimentación. Nel tamén se ve como inflúe o feito de que é un sector ligado a unha das actividades de primeira necesidade e polo tanto non se ve afectado do mesmo xeito ante alteracións de fluctuacións económicas. A pesca e a fabricación de produtos lácteos seguen unha dinámica totalmente constante, mentres que a agricultura, gandaría, caza e servizos sumada a procesamentos e conservación de peixes, moluscos e crustéceos segue unha tendencia ascendente sen apenas alteracións. Cabe sinalar que no complexo agroalimentario tamén se incorpora parte do sector marítimo-pesqueiro analizado con anterioridade. Trátase do sector máis característico dentro dos que se consideran como tal, dado que como se poderá apreciar, o seu peso en base ao PIB representa valores que ningún dos seguintes sectores acada, nin sequera a fabricación de automóviles, que é a que máis se lle achega. En canto a este peso que representa dito sector en base ao PIB da economía galega, é especialmente destacable que neste sentido si se pode apreciar unha gran caída na etapa de recesión económica, e aínda que este descenso parecía darse xa dende o 2003 o certo é que o punto crítico acadouse no 2011 cun valor de 13,11%, a partir de entón sucedeuse unha melloría en termos de base ao PIB até chegar no 2018 ao 15,74%. Gráfico 9: Evolución Agroalimentación. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE. 32 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Conclusións e ampliación O obxetivo principal deste traballo ven motivado pola interese de demostrar as particularidades que vive hoxe en día a terciarizada economía galega fronte ás características pasadas da mesma, de xeito que en base a datos concluíntes se poida analizar a evolución dunha economía preindustrial e agraria do Século XIX que rematou por converterse paseniño nunha economía terciarizada. Sentando esta evolución como o punto clave do traballo, tamén se lle da importancia aos procesos que permitiron que isto tivese ocasión de ser, uns procesos específicos que marcaron o camiño desta evolución, e ademáis recúrrese á análise duns sectores que hoxe en día son os máis característicos da economía galega. Trátese entón de dar a coñecer unhas orixes particulares, un proceso evolutivo concreto, e unha situación característica actual que lle confiren os rasgos específicos á economía galega que coñecemos a día de hoxe. É de especial mención o repaso económico dos últimos vinte anos, en base a datos e información contrastada dende o ano 2000. Neste sentido, cabe apuntar tamén a especial importancia que tivo a crise do ano 2007, mencionada con detalle en moitos apartados do traballo segundo o impacto que esta lle ocasionou aos distintos sectores económicos. Do mesmo xeito, espérase que a crise actual da COVID desencadee un impacto económico moi grande que xa se ven notando, pero dada a súa recente aparición aínda non se pode contar con datos que nos permitan elaborar un estudo en debidas condicións. En canto á metodoloxía, os datos empregados para o traballo foron principalmente obtidos no Instituto Galego de Estatística e en menor medida do Intituto Nacional de Estatística, ademáis doutros datos históricos obtidos na bibliografía empregada, como artigos académicos, libros de historia económica ou en menor medida fontes secundarias como artigos periodísticos. Toda esta información foi plasmada de maneira ordeada a medida que os apartados requerían de ser explicados en base a datos concretos ou feitos históricos, contextualizando deste modo o traballo no seu conxunto. En base a esta pormenorizada información, ofrécese de cara a quen teña a vontade de lelo un resultado final moi concluínte no que respecta ao conxunto da economía galega dos últimos vinte anos, ademáis de facer un breve repaso dos precedentes económicos da mesma dende o Século XIX, conseguindo así que o lector remate por ter unha noción dos rasgos máis importantes que supuxeron a evolución da economía galega ata os nosos días. Tras entregarlle unha especial dedicación ao traballo xa exposto nas liñas anteriores, é realmente interesante o resultado acadado a partires da información e datos que nel se presentan. A conclusión á que chegamos é a seguinte: co paso do tempo a economía galega foi terciarizándose a través dun proceso paulatino comezado xa no Século XIX, motivado polos avances tecnolóxicos que fixeron innecesarios a moitos campesinos e o requerimento de man de obra nas industrias das ciudades, ademáis 33 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía doutras moitas causas xa expostas, tales como que os emigrantes oriundos do rural retornaban ás cidades en lugar de ao seu rural natal, fomentando así o éxodo do campo á cidade e baleirando os espazos rurais. Primeiro deuse este proceso do paso do sector primario ao industrial, pero pouco a pouco tanto os traballadores agrícolas como os fabriles comezaron a sobrar no sistema produtivo e a alternativa para toda esta xente comezou a ser o sector servizos, consolidándose así a terciarización da economía galega, cun peso do sector terciario hoxe en día en torno ao 60% do total do PIB, en contraposición co 5% do sector primario e o 17% do secundario. A construción pola súa banda, sendo tamén un sector fundamental na economía, sitúase ao redor do 6%. Pese á realidade actual de que a poboación galega xa non se adica fundamentalmente á actividade agraria senón ao sector servizos, é de especial interese incidir na importancia que ten aínda o sector agroindustrial para a economía galega. A agroalimentación é o sector máis característico da economía galega dentro dos que se consideran como tal. O seu peso en base ao PIB representa valores que ningún dos demáis sectores característicos acada, un 16% fronte por exemplo ao 11% do sector automovilístico sendo este o que máis se lle achega. A importancia destas conclusións radica na semellanza que ten a economía galega coas do resto do seu entorno industrializado e terciarizado, considerándose pois que seguiu un proceso á par que ás economías que comezaron a etapa de industrialización alá polo Século XIX, e aínda que Galicia comezou o proceso con posterioridade soubo remontar o seu retraso e acadar as características propias dunha economía moderna. Pero ao mesmo tempo que segue uns parámetros contemporáneos tamén destaca por ter unhas características propias, cun conxunto de sectores moi particulares como son o sector forestal madeireiro, automovilístico, pesqueiro, cultural, transporte e loxísitca, mineiro e agroindustrial. Sendo este último o que destaca pola súa importancia en canto ao seu peso con respecto aos demáis, tendo a súa explicación na peculiar evolución seguida pola economía galega en disparidade coas do seu entorno, posto que as conserveras consolidáronse na industrialización como unha marca de identidade da economía galega que aínda dura até hoxe, e a agricultura e gandería aínda manteñen certa importancia dende aquelas orixes preindustriais da economía galega. As propostas políticas e económicas que puideran paliar algúns dos problemas de determinados sectores virían da man de ofrecer axudas públicas, por exemplo no que se refire ao sector cultural, que como se puido demostrar con anterioridade, a súa recente decadencia foi causada en gran parte debido a que os fondos públicos dos que dispoñía hai unha década diminuiron ao longo desta nun 47%. O mesmo sucede co sector forestal, cunhas problemáticas que poderían minorarse en gran medida se o orzamento da Xunta fose adicado en maior proporción á ordenación forestal en lugar de á extinción de incendios que se suceden ano tras ano, medidas máis longoplacistas que tardarían en ofrecer resultados, pero sen dúbida máis efectivas unha vez comezasen a dar os seus froitos. No tocante ao sector agroalimentario, as vantaxes competitivas coas que conta Galicia son incuestionables, facendo deste sector un dos mellores potenciais cos que conta a nosa economía, a cal vese favorecida enormemente debido a tal rendemento. E por último, se falamos do sector 34 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía automovilístico, cabe indicar que a crise do 2007 afectoulle grandemente, trátase dun pilar fundamental da nosa economía e polo tanto o feito de ter sorteado con dificultade a crise sentou unha das principais bases da recuperación económica galega en todo o seu conxunto. No tocante aos límites atopados ao longo do desenvolvemento do traballo, poderíase destacar a dificultade para obter datos referentes ao turismo, xa que o Instituto Galego de Estatística non os facilita de maneira sesgada e ademáis a lista de actividades dos códigos CNAE tampouco os ordea en base á actividade turística. Galicia conta con recursos turísticos de especial interese dada a súa situación xeográfica cunha extensa costa recortada máis longa incluso que a andaluza, incentivando así un turismo de praia de clima máis suave que no Mediterráneo, ademáis da importancia que ten o camiño de Santiago, con gran recoñecemento mundial, ou moitas das cidades galegas que contan cun patrimonio cultural de gran interese nos seus cascos históricos. Dadas estas características especiais do turismo galego, sería especialmente interesante analizar os datos representativos deste sector no conxunto da economía galega, puidendo tamén analizar a súa evolución. Este traballo deixa a porta aberta de cara a futuras investigacións. A análise da economía galega fíxose neste traballo en base á súa evolución e peso por sectores, pero sería interesante facer o mesmo en base á evolución por número de empresas ou emprego en cada un dos sectores, sabendo así a incidencia que tivo a crise e a recuperación da mesma en cada unha destas variables, posto que é realmente con estas dúas últimas variables como se podería analizar o impacto económico que ofrece o entorno nas familias, pola contra, a análise únicamente por sectores ofrece unha conclusión macroeconómica lonxe da realidade vivida polas economías domésticas. 35 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía Bibliografía Beiras, X.M. (2000): La economía gallega ante el S.XXI. Revista gallega de economía. Vol. 9 num 1, páginas 1-3. Blanco, J.A. (2019): La modificación de la concesión de la autopista del atlántico introducida por el real decreto 1733/2011. Revista general de derecho administrativo num 51. Carmona, X., Dios, A. (2020): Mortalidad empresarial en Galicia 1972-2008. Fundación Inade. Carmona, X., Nadal, J. (2005): El empeño industrial de Galicia, Ciudad y País, Fundació Pedro Barrié de la Maza. Doldán, X., Regueiro, R., Rodríguez, X. (2018): Recursos enerxéticos e mineiros. Revista galega de economía. Vol. 27-3, páginas 49-64. García-Negro, M. (2018): A importancia económica da pesca en Galicia. Revista galega de economía. Vol. 27-3, páginas 35-49. González, J., Tello, C. (1999): Los ensanches en Galicia.Ciudad y territorio estudios territoriales, XXXI (119-120). Ministrio de Fomento. Harvey, D. (1979): Urbanismo y desigualdad social. Madrid, Siglo XXI. Instituto Galego de Estatística (IGE) - Cadro macreconómico. Serie 1995-2018. - Contas de produción e explotación e emprego a 72 ramas de actividade. Serie 2000-2018. - Táboa de correspondencias: rama de actividade das Contas Económicas de Galicia CNAE-2009. - Taboa de correspondencias: sectores característicos da economía galega e ramas de actividade das Contas Económicas de Galicia. Instituto Ncional de Estadística (INE) - Contabilidad Nacional Anual de España. Revisión Estadística 2019. - Censos de población y viviendas. 36 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía López, E. (2000): Estructura económica de Galicia, Noia(España), Edicións Laiovento López, E. (2016): Do atraso ao progreso económico de Galiza. Un proceso histórico á espera. Durbert García, I. Págs. 1-18 Pérez, J. (1989): Economía política forestal y estrategia organizativa. Agricultura y Sociedad nº 51, páginas 177-203. Praza. (2019): A Xunta presenta os seus orzamentos, nos que o pago da débeda segue a absorber máis do 14% do total. Saco, A. (2010): Desarrollo rural y despoblación en Galicia:escenarios y desarrollos de futuro. Revista de estudios sobre despoblación y desarrollo rural. Nº9, páginas 10-30 Seers, D. (1981): La Europa subdesarrollada. Madrid, Blume. Varela, R. (2017): Incendios e eucaliptos avanzan xuntos. Revista Cerna. Nº78, páginas 10-13. 37 A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía