scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Introdución á química de coordinación

Fondo Busto, María Matilde; Maneiro Maneiro, Marcelino

Abstract

Esta unidade didáctica pecha un conxunto de temas destinados a conceptos básicos da materia, encadrados no Bloque I, e abórdase despois de estudar algunhas xeneralidades dos metais de transición e de ver cales son os métodos de beneficio dos metais a escala industrial. Nesta unidade iníciase o estudo da química de coordinación, que é unha parte fundamental da química dos metais de transición. Deste xeito, en todos os temas seguintes do programa do curso farase uso dos coñecementos aprendidos nesta unidade. Ademais, debemos sinalar que moitos procesos industriais e analíticos utilizan compostos de coordinación. Así, estes teñen grande interese en moi diversas áreas, entre as cales se pode destacar a modo de exemplo a medicina, dado que moitos tratamentos anticanceríxenos son en realidade terapias con compostos de coordinación. En canto á temporización desta unidade didáctica, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 12-13 horas.

Full text

Introdución á química de coordinación Matilde Fondo Busto e Marcelino Maneiro Maneiro Departamento de Química Inorgánica Facultade de Ciencias Enxeñaría Técnica Industrial,especialidade en Química Industrial Servizo de Normalización Lingüística 3 titulación Química Inorgánica II materia Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Introdución á química de coordinación Matilde Fondo Busto e Marcelino Maneiro Maneiro Departamento de Química Inorgánica Facultade de Ciencias UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 3 © Deseño Edita Imprime Universidade de Santiago de Compostela, 2010 Unidixital Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Unidixital Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela : C 1189-2010 978-84-9887-299-6 Dep. Legal ISBN ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación - 3 MATERIA: Química Inorgánica II TITULACIÓN: Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Programa de Química Inorgánica II Introdución Bloque I. CONCEPTOS BÁSICOS Unidade didáctica 1. Introdución ao estudo dos metais de transición Unidade didáctica 2. Procesos metalúrxicos Unidade didáctica 3. Introdución á química de coordinación Bloque II. QUÍMICA SISTEMÁTICA DOS METAIS DE TRANSICIÓN Unidade didáctica 4. Elementos do grupo 4: titanio, circonio e hafnio Unidade didáctica 5. Elementos do grupo 5: vanadio, niobio e tántalo Unidade didáctica 6. Elementos do grupo 6: cromo, molibdeno e volframio Unidade didáctica 7. Elementos do grupo 7: manganeso, tecnecio e renio Unidade didáctica 8. Elementos do grupo 8: ferro, rutenio e osmio Unidade didáctica 9. Elementos do grupo 9: cobalto, rodio e iridio Unidade didáctica 10. Elementos do grupo 10: níquel, paladio e platino Unidade didáctica 11. Elementos do grupo 11: cobre, prata e ouro Bloque III. METAIS DE TRANSICIÓN INTERNA Unidade didáctica 12. Elementos lantánidos e actínidos UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación - 5 ÍNDICE Presentación 7 Os obxectivos 7 Os principios metodolóxicos 8 Os contidos básicos 9 1. Relevancia da química de coordinación 9 2. Conceptos básicos 9 2.1. Concepto de ácido-base de Lewis 9 2.2. Terminoloxía específica de química de coordinación 9 2.3. Nomenclatura dos compostos de coordinación 10 2.4. Índice de coordinación e estereoquímica 10 3. Isomería en compostos de coordinación 10 4. O enlace en compostos de coordinación 11 4.1. Teoría do campo cristalino 11 4.2. Teoría do campo-ligando 12 5. Principais propiedades dos compostos de coordinación 13 5.1. Propiedades espectroscópicas 13 5.2. Propiedades magnéticas 13 6. Aspectos enerxéticos e estruturais dos compostos de coordinación 14 6.1. Efecto Jahn-Teller 14 6.2. Efecto quelato e macrociclo 15 6.2. Efecto trans 16 7. Aplicacións dos compostos de coordinación 16 Actividades propostas 16 Avaliación 17 Bibliografía 17 UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación - 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica pecha un conxunto de temas destinados a conceptos básicos da materia, encadrados no Bloque I, e abórdase despois de estudar algunhas xeneralidades dos metais de transición e de ver cales son os métodos de beneficio dos metais a escala industrial. Nesta unidade iníciase o estudo da química de coordinación, que é unha parte fundamental da química dos metais de transición. Deste xeito, en todos os temas seguintes do programa do curso farase uso dos coñecementos aprendidos nesta unidade. Ademais, debemos sinalar que moitos procesos industriais e analíticos utilizan compostos de coordinación. Así, estes teñen grande interese en moi diversas áreas, entre as cales se pode destacar a modo de exemplo a medicina, dado que moitos tratamentos anticanceríxenos son en realidade terapias con compostos de coordinación. En canto á temporización desta unidade didáctica, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 12-13 horas. OS OBXECTIVOS 1. Xerais da materia Sentar as bases para que o alumnado adquira un coñecemento xeral e sistematizado dos metais de transición e os seus compostos máis importantes, mediante o exame dos seguintes aspectos: estrutura, propiedades físicas e químicas. Tamén se pretende dar a coñecer as aplicacións industriais, tecnolóxicas e terapéuticas destes metais e os seus compostos. 2. Específicos da unidade didáctica ― Identificar o que é un composto de coordinación e aprender a aplicar as regras específicas de formulación destes compostos. ― Saber distinguir entre os distintos tipos de isomería, aplicando estes coñecementos aos compostos de coordinación, e desenvolver a capacidade de visión espacial. ― Coñecer aspectos básicos das principais teorías de enlace para estes compostos, que permitan comprender e anticipar as súas propiedades ópticas e magnéticas. ― Saber identificar os factores que afectan á estabilidade dos compostos de coordinación. ― Recoñecer a potencialidade deste tipo de compostos en distintos ámbitos, dende aplicacións industriais ata terapéuticas. ― Levar a cabo experimentalmente sínteses sinxelas de compostos de coordinación, a fin de comprender a influencia dos ligandos na cor dos 8 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación compostos e familiarizarse coa interpretación das súas propiedades magnéticas. ― Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida aos compostos de coordinación. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A docencia desta unidade didáctica basearase nas seguintes actividades: ― Clases maxistrais (3,5 sesións de 50 minutos). Antes do comezo da unidade didáctica entregarase ao alumnado un guión esquemático cos aspectos máis salientables que se tratarán nas clases maxistrais e tamén cos que debe preparar pola súa conta. Na clase maxistral desenvolveranse os principios teóricos e os conceptos fundamentais da unidade. Nestas sesións farase especial fincapé naquelas nocións máis importantes e/ou de difícil comprensión, deixando como traballo persoal do estudante a preparación do resto. ― Seminarios (1,5 sesións de 50 minutos). Os seminarios están concibidos como un conxunto de actividades nas que o alumnado debe participar de xeito directo. Neles poderanse resolver dúbidas sobre calquera aspecto ou dificultade relacionada coa materia tratada. Pero, principalmente, estarán dedicados á resolución dos boletíns de cuestións e problemas. Ditos boletíns serán previamente entregados ao alumnado e permitiranlle determinar o aproveitamento do traballo persoal levado a cabo. As cuestións versarán sobre os puntos relevantes e de difícil comprensión da unidade, permitindo ao alumnado determinar ata que punto afondou no tema e o asimilou de modo correcto. Nestes seminarios tamén se tratará de fomentar a participación colectiva na resolución de problemas, contribuíndo deste xeito a que o alumnado fale en grupo. Así, as cuestións serán resoltas polo estudantado, actuando o profesorado como mero orientador ou puntualizador daquelas cuestións que o estudantado en xeral non sexa capaz de dirimir. ― Titorías. Entrevistas persoais levadas a cabo co fin de orientar o alumnado de xeito individualizado. Nas titorías resolveranse as dúbidas e dificultades xurdidas durante o proceso de aprendizaxe. ― Prácticas de laboratorio (2 sesións de 4 horas cada unha). Prepararase algún composto de coordinación, co fin de aplicar e afondar nos coñecementos teóricos adquiridos, así como de fomentar a destreza do alumnado no laboratorio. UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación - 15 Así, porase de manifesto como a rotura da dexeneración enerxética vai asociada a unha diminución na simetría do sistema, que en último caso leva consigo a elongación do octaedro (Figura 4). Esta deformación do poliedro ás veces é tan notable que fai que non se poida afirmar categoricamente cal é a estereoquímica do composto. Deste xeito, farase notar como en ocasións non é doado discernir entre unha xeometría octaédrica, plano cadrada ou ben pirámide de base cadrada. 6.2. Efecto quelato e macrociclo Verase aquí como a presenza dun ligando quelatante incrementa a estabilidade dun complexo con respecto a aquel en que os ligandos son monodentados (ver Figura 5). Ligando Complexo Constante de formación NH3 Ni(NH3)62+  6 = 1 x 108 en Ni(en)32+  3 = 4 x 1018 dien Ni(dien)22+  2 = 8 x1018 Figura 5. Representación esquemática dun complexo con ligandos monodentados e complexos con ligandos quelato, e constantes de estabilidade relativas Comentarase como o mesmo efecto se produce cando o ligando é un macrociclo, posto que este é un tipo particular de ligando quelatante (Figura 6). Figura 6. Complexo con ligando macrociclo 16 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación 6.3. Efecto trans Sinalarase aquí que realmente este é un efecto cinético, que se dá especialmente en complexos plano-cadrados. Definirase o concepto, poñendo de manifesto que certos ligandos presentes nun complexo metálico e que se atopan en posición trans a outros labilizan o enlace destes últimos co metal. Farase notar que este é un efecto moi importante para levar a cabo reaccións de intercambio de ligandos e que, ademais, en certos casos permite illar selectivamente un determinado isómero xeométrico (cis ou trans) en función da orde de adición de reactivos. Explicarase como experimentalmente se pode determinar cales ligandos producen unha maior labilización do enlace metal-ligando que teñen en trans e, deste xeito, se poden ordenar os ligandos por orde crecente de efecto trans (Figura 7). Figura 7. Secuencia de efecto trans para algúns ligandos comúns 7. Aplicacións dos compostos de coordinación Comentaranse aquí as moi variadas aplicacións que presentan este tipo de compostos. Así, verase a súa utilidade en tan diversos campos como a análise cualitativa, a análise cuantitativa (métodos complexométricos), a metalurxia (tanto na metalurxia clásica como en biometalurxia), en enmascaramento de ións (por exemplo, na eliminación de dureza da auga), como modelos en bioinorgánica, como axentes terapéuticos (tal como na eliminación de metais pesados) ou ben como anticanceríxenos (recordando que o primeiro tratamento de quimioterapia se levou a cabo cun composto de coordinación). ACTIVIDADES PROPOSTAS A fin de poñer en práctica os coñecementos adquiridos realizarase un experimento no laboratorio. Este experimento levarase a cabo de xeito individual e será distinto para cada discente. Así, cada estudante preparará un composto de coordinación, o cal illará e caracterizará mediante diversas técnicas. O alumno deberá decidir se o composto pode presentar isomería e, máis especificamente, isomería óptica. Se así fose, rexistrará o seu espectro de dicroísmo circular, para ver se a mostra é un racemato ou ben é un dos isómeros puros. Ademais, recollerase o espectro UV-Vis do composto obtido, a fin de calcular o desdobramento do campo cristal e xustificar a súa cor. Do mesmo UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación - 17 xeito, medirase o momento magnético da mostra e analizarase a información obtida. En función dela, intentarase esclarecer cal é o estado de oxidación do ión metálico central, ao tempo que se determinará se o complexo é diamagnético ou paramagnético. Tamén se tratará de dilucidar a xeometría do composto e se este é de alto ou baixo espín. Esta información relacionarase coa posición dos ligandos na serie espectroquímica, a fin de ver se os resultados obtidos son coherentes ou non. AVALIACIÓN Realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por medio das actividades e tarefas levadas a cabo tanto dentro como fóra da aula. Así, entregaranse boletíns que conterán cuestións e problemas relacionados coa unidade didáctica e que se resolverán nas clases de seminario. Nestas sesións valorarase tanto a participación activa de todo o estudantado como o grao de acerto na resolución das cuestións formuladas. Indíquese que non se penalizará a incorrecta solución ao problema ou cuestión senón que se tratará de ver o esforzo realizado e, de ser o caso, onde falla o razoamento. Estes seminarios serán moi útiles para intentar ver o grao de asimilación da materia por parte do alumnado. De acordo co exposto, aínda que de xeito explícito non se valora a asistencia a clase, implicitamente si, posto que este tipo de valoración continua obriga á presencialidade. Tamén se valorará o esmero posto na realización da práctica de laboratorio, así como a capacidade de interpretación dos datos obtidos polas distintas técnicas empregadas. O seguimento do discente complementarase cun exame escrito, que abarcará tanto os contidos teóricos como a práctica de laboratorio, e no que se debe acadar unha avaliación positiva para poder superar os contidos desta unidade didáctica. Conforme ao mencionado, os criterios de avaliación serán: ― Claridade dos conceptos expresados, valorándose que o alumnado se exprese con propiedade. ― Actitude e aptitude no traballo de laboratorio, valorándose o proceso de investigación levado a cabo. ― Resposta correcta como mínimo ao 50% das preguntas formuladas no exame escrito BIBLIOGRAFÍA BASOLO F., JOHNSON R., Química de los Compuestos de Coordinación, 1ª ed., Reverté, Madrid, 1980. HOUSECROFT C.E., SHARPE A.G., Química Inorgánica, 2º ed., Pearson-Prentice Hall, 2006. 18 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Introdución á química de coordinación RIBAS-GISPERT J., Química de Coordinación, Ediciones Omega, Barcelona, 2000. RODGERS G.E., Química Inorgánica: Introducción a la Química de Coordinación, del Estado Sólido y Descriptiva, McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1995. SHRIVER D.F., ATKINS P.W., Inorganic Chemistry, 4ª ed., McGraw-Hill Interamericana, Mexico D.F., 2008. JOLLY W.L., The synthesis and characterisation of inorganic compounds, Waveland Press, 1991. WOOLINS J. D., Inorganic experiments, VCH, Weinheim, 1994. Introdución á química de coordinación Matilde Fondo Busto e Marcelino Maneiro Maneiro Departamento de Química Inorgánica Facultade de Ciencias Enxeñaría Técnica Industrial,especialidade en Química Industrial Servizo de Normalización Lingüística 3 titulación Química Inorgánica II materia Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade