scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Variedades cosimplécticas: aplicacións en Mecánica Analítica

Cornes Miramontes, Leonardo

Abstract

[GL] Os obxectivos principais deste traballo son: En primeiro lugar, describir as variedades cosimplécticas, facendo primeiro un pequeno estudo dos espacios vectoriais cosimpléticos. Para unha mellor comprensión da xeometría cosimpléctica, faremos un repaso das variedades simplécticas. Os correspondentes teoremas de Darboux son esenciais no desenrolo deste traballo. En segundo lugar, desenvolvemos a formulación xeométrica das ecuacións de Hamilton para o caso non autónomo, establecendo que as solucións destas ecuacións son as curvas integrais de certos campos de vectores nas variedades cosimplécticas. Para unha mellor comprensión de dita formulación presentamos un exemplo físico, da formulación hamiltoniana.

Full text

Traballo Fin de Grao Variedades cosimplécticas: aplicacións en Mecánica Analítica Leonardo Cornes Miramontes 2020/2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Variedades cosimplécticas: aplicacións en Mecánica Analítica Leonardo Cornes Miramontes Xullo 2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Traballo proposto Área de Coñecemento: Xeometría e Topoloxía Título: Variedades cosimplécticas: aplicacións en Mecánica Analítica Breve descrición do contido Neste traballo, tratamos de levar a cabo unha breve descripción dos espazos vectoriais simplécticos e cosimplécticos para logo facer un estudo das variedades simplécticas e cosimplécticas. Moitas teorías en física moderna poden formularse usando as ferramentas da Xeometría Diferencial. No eido xeométrico natural dos sistemas mecánicos hamiltonianos autónomos utilízase, comunmente, a xeometría simpléctica para dar unha descripción detallada dos mesmos, mentres que a contrapartida non autónoma pódese describir moi ben usando xeometría cosimpléctica. iii Índice xeral Resumo viii Introdución xi 1. Ecuacións de Hamilton 1 1.1. EcuaciónsdeNewton............................... 2 1.2. Formulación hamiltoniana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3 2. Espazos vectoriais cosimplécticos 5 2.1. Aplicacións bilineais antisimétricas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5 2.2. Espazos vectoriais cosimplécticos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8 3. Variedades simplécticas 11 3.1. Denicións básicas e propiedades . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 3.2. Campos de vectores hamiltonianos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 3.3. Sistemas hamiltonianos simplécticos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14 3.4. Transformacións simplécticas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15 4. Variedades cosimplécticas 17 4.1. Denicións básicas e propiedades . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17 4.2. Campos de vectores en variedades cosimplécticas . . . . . . . . . . . . . . . 20 4.2.1. Campo de vectores gradiente . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 4.2.2. Campo de vectores hamiltoniano . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21 4.2.3. Campo de vectores de evolución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22 4.3. Automorsmos cosimplécticos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22 5. Sistemas hamiltonianos en variedades cosimplécticas 25 5.1. Aplicaciónsfísicas................................. 25 5.2. Exemplo: hamiltoniano dependente do tempo . . . . . . . . . . . . . . . . . 26 v vi ÍNDICE XERAL Bibliografía 29 2 CAPÍTULO 1. ECUACIÓNS DE HAMILTON 4. (Sólido ríxido) Neste caso, temos que N≥2 masas puntuais están sometidas a restricións xas do tipo kxi−xjk=aij , i, j = 1, ... , N, é dicir, desprázanse como se estiveran acopladas, como un sólido ríxido. O espazo de conguración é M={(x1, ... , xN)∈R3N/kxi−xjk=aij , i, j = 1, ... , N}. En xeral, o espazo de conguración vai ser unha variedade diferenciable. Nesta breve introdución imos supoñer que non hai restricións no movemento, o que se traduce en que o espazo de conguración será R3N , ou no seu defecto, un aberto M de R3N . 1.1. Ecuacións de Newton Consideremos N partículas movéndose en R3 e denotemos o vector de masas por (m1, m2, m3, ... , m3i−2, m3i−1, m3i, ... , m3N−2, m3N−1, m3N), onde m3i−2=m3i−1=m3i=Mi é a masa da partícula i -ésima. A Segunda Lei de Newton establece que o movemento dun sistema de partículas ríxese polo seguinte sistema de ecuacións diferenciais de segunda orde Fixj(t),dxj dt t=mi d2xi dt2t, i, j = 1, ... , 3N, (1) onde Fi:S=M×R3N−→ R, i = 1, ... , 3N, sendo (F3i−2, F3i−1, F3i) a forza que actúa sobre a partícula i -ésima, e (F1, ... , F3N) a forza total do sistema. Polo tanto, unha solución de (1) será unha curva α:I⊂R−→ M t7−→ α(t) = (x1(t), ... , x3N(t)) sobre o espazo de conguración, que representa o movemento das N partículas. 1.2. FORMULACIÓN HAMILTONIANA 3 De agora en diante centrarémonos só nos chamados sistemas conservativos , que son aqueles nos que existe unha función potencial V:M−→ R tal que Fi=−∂V ∂xi◦τ, i = 1, ... , 3N sendo τ:M×R3N−→ M a proxección canónica, é dicir, as forzas que actúan sobre cada partícula son funcións que só dependen das posicións e non das velocidades. 1.2. Formulación hamiltoniana Denición 1.1. Defínese o espazo de fases ou espazo de momentos como S∗=M×(R3N)∗, onde (R3N)∗ é o espazo dual de R3N . As coordenadas dun punto (x, α)∈S∗=M×(R3N)∗ , onde α=αidxi , son (x1, ... , x3N, p1, ... , p3N), con pi(x, α) = αi . Seguindo no caso dun sistema conservativo introducimos agora a función hamiltoniana, que está denida no espazo de fases. Denición 1.2. Á seguinte aplicación denomínase hamiltoniano do sistema H:S∗=M×(R3N)∗−→ R (xi, pi)7−→ 1 2 p2 i mi +V(xi), isto é, a enerxía total do sistema (enerxía cinética + enerxía potencial). Denición 1.3. As denominadas ecuacións de Hamilton son o seguinte sistema de ecuacións diferenciais de primeira orde dxi dt t=∂H ∂pi ◦β(t),dpi dt t=−∂H ∂xi◦β(t), (2) 4 CAPÍTULO 1. ECUACIÓNS DE HAMILTON cuxa solución é unha curva β:I⊂R−→ M×(R3N)∗ t7−→ β(t)=(xi(t), pi(t)) sobre o espazo de fases. É fácil ver que β(t) é curva integral do seguinte campo de vectores XH sobre o espazo de fases S∗ , dado por XH(xi, pi) = ∂H ∂pi ∂ ∂xi−∂H ∂xi ∂ ∂pi . Vexamos agora que as ecuacións de Hamilton son equivalentes ás de Euler-Lagrange. Da ecuación (2), deducimos que dxi dt t=∂H ∂pi ◦β(t) = pi mi ◦β(t) = pi(β(t)) mi =pi(t) mi , dpi dt t=−∂H ∂xi◦β(t) = −∂V ∂xi◦α(t), (3) onde α(t) = (xi(t)) . Así, de (3) obtemos d2xi dt2t=1 mi dpi dt t=−∂V ∂xi◦α(t), é dicir, β(t)=(xi(t), pi(t)) é solución das ecuacións de Hamilton se e só se α(t)=(xi(t)) é solución das ecuacións de Newton, feito que recollemos no seguinte teorema. Teorema 1.4. Nun sistema conservativo, as ecuacións de Hamilton (2) son equivalentes ás ecuacións de Newton (1). Capítulo 2 Espazos vectoriais cosimplécticos 2.1. Aplicacións bilineais antisimétricas Sexa V un espazo vectorial real e ω:V×V−→ R unha aplicación bilineal. Sexa {e1, ... , em} unha base de V e {e1, ... , em} a base (dual) de V∗ . Se ω(ei, ej) = ωij , podemos escribir ω= m X i,j=1 ωij ei⊗ej, onde ⊗ representa o produto tensorial. Denimos a aplicación [ω:V−→ V∗ v7−→ [ω(v) = ivω=ω(v, −), onde ivω denota o produto interior, e así [ω(ei) = m X j=1 ωijej, sendo (ωij) a matriz asociada a [ω . Por outro lado, sabemos que o rango de [ω é a dimensión da súa imaxe, que o mesmo tempo é o rango da súa matriz asociada, é dicir, rango [ω= dim Im [ω=rango ω , e como dim ker [ω+ dim Im [ω= dim V=m, 5 6 CAPÍTULO 2. ESPAZOS VECTORIAIS COSIMPLÉCTICOS temos que rango ω =m⇐⇒ ker [ω={0} ⇐⇒ [ω é inxectiva . Como estamos entre espazos da mesma dimensión, tense que [ω é un isomorsmo se e só se o rango de ω é máximo. Agora ben, rango ω =m=dim V ⇐⇒ ker [ω={0} ⇐⇒ [[ω(v) = 0 =⇒v= 0 ] ⇐⇒ [ω(v, w) = 0,∀w∈V=⇒v= 0 ] ⇐⇒ ω é non dexenerada . Polo tanto, introducimos o seguinte resultado. Proposición 2.1. Son equivalentes: i) ω é de rango máximo. ii) [ω:V−→ V∗ é un isomorsmo lineal. iii) ω é non dexenerada. O seguinte resultado proporciona a forma estándar para as aplicacións bilineais e antisimétricas. Teorema 2.2. Sexa ω unha aplicación bilineal e antisimétrica en V . Entón existe unha base B={e1... , en, u1, ... , un, f1, ... , fk} de V tal que: ω(ei, ej) = 0 = ω(ui, uj),∀i, j ∈ {1, ... , n} ω(ei, uj) = δij ,∀i, j ∈ {1, ... , n} ω(fi, v)=0,∀i∈ {1, ... , k}, e ∀v∈V. Observación 2.3 . 1. A base do Teorema 2.2 non é única. Tradicionalmente denomínase base canónica. 2. Do Teorema 2.2 dedúcese que a matriz de ω respeto da base B é      0In0 −In0 0 0 0 0      . 2.1. APLICACIÓNS BILINEAIS ANTISIMÉTRICAS 7 3. Na notación matricial con respecto a tal base, tense: ω(v, v0) = v     0Is0 −In0 0 0 0 0          v0    ,∀v, v0∈V, onde In denota a matriz identidade. Demostración. A demostración é por indución e é unha versión antisimétrica do proceso de ortogonalización de Gram-Schmidt. Como consecuencia do teorema anterior dedúcese o seguinte resultado. Corolario 2.4. Sexa V un espazo vectorial de dimensión m e ω unha forma bilineal antisimétrica e non dexenerada (de rango máximo). Entón a dimensión de V é par, m= 2n , e existe unha base {e1, ... , en, u1, ... , un} de V tal que ω= n X i=1 ei∧ui, onde {ei, ui} é a base dual, e a matriz asociada, denominada matriz estándar, é (ωij) =   0In −In0  . ♦ Denición 2.5. Unha forma simpléctica nun espazo vectorial real V , de dimensión nita, é unha forma bilineal ω:V×V→R, antisimétrica e non dexenerada. De maneira semellante, a aplicación [ω:V−→ V∗ v7−→ [ω(v) = ω(v, −) é un isomorsmo. 8 CAPÍTULO 2. ESPAZOS VECTORIAIS COSIMPLÉCTICOS Denición 2.6. Chámase espazo vectorial simpléctico a un espazo vectorial V provisto dunha forma simpléctica ω . Do corolario anterior sabemos que todo espazo vectorial simpléctico é de dimensión par. Lema 2.7. Sexa V un espazo vectorial simpléctico e {ei, ui} unha base de V , como a descrita no Corolario 2.4, tal que ω= n X i=1 ei∧ui, entón verifícase [ω(ei) = ui[ω(ui) = −ei [−1 ω(ei) = −ui[−1 ω(ui) = ei. (1) 2.2. Espazos vectoriais cosimplécticos Dada calquera aplicación lineal e non trivial η:V−→ R xunto con unha aplicación bilineal Ω : V×V−→ R, defínese unha aplicación lineal [(η,Ω) :V−→ V∗ v7−→ [(η,Ω)(v) := ivΩ + η(v)η, de tal maneira que [[(η,Ω)(v)](w) = Ω(v, w) + η(v)η(w), para todo v,w ∈V. Denición 2.8. 1. Un par (η, Ω) formado por unha aplicación bilineal antisimétrica Ω : V×V−→ R e por unha aplicación lineal e non trivial η:V−→ R , chámase par cosimpléctico se a aplicación [(η,Ω) é bixectiva, e polo tanto un isomorsmo. 2. Chámaselle espazo vectorial cosimpléctico a unha tripla (V, η, Ω) , onde V é un espazo vectorial e (η, Ω) é unha estructura cosimpléctica sobre V. 2.2. ESPAZOS VECTORIAIS COSIMPLÉCTICOS 9 Proposición 2.9. Sexa o espazo vectorial cosimpléctico (V, η, Ω) , entón a dim(V) = 2n+1 (é un número impar). Demostración. Polo Teorema 2.2 temos que a dim(V)=2n+k . Chegará con ver que k=1. Sexa B={e1, ..., en, u1, ..., un, f1, ..., fk} unha base de V como a do Teorema 2.2. Dado que Ω(fi, v)=0, para cada i= 1, ... , k e para todo v∈V , temos que [(η,Ω)(fi) = Ω(fi,−) + η(fi)η=η(fi)η. (2) Sexa ξ:= [−1 (η,Ω)(η) entón de (2) deducimos que fi=[−1(η(fi)η) = η(fi)[−1(η) = η(fi)ξ, (3) para cada i= 1, ... , k , polo tanto a base B de antes queda: B={e1, ..., en, u1, ..., un, ξ}, por suposto despois da normalización, se fose necesario. A partires da proba da Proposición 2.9 dedúcese o seguinte resultado. Corolario 2.10. Sexa o espazo vectorial cosimpléctico (V, η, Ω) entón existe un vector ξ tal que η(ξ)=1, iξΩ = Ω(ξ, −)=0. (4) Chamaremos vector Reeb de (V, η, Ω) o vector ξ . Lema 2.11. Sexa o espazo vectorial cosimpléctico (V, η, Ω) e {ei, ui, ξ} unha base de V , entón verifícase [(η,Ω)(ei) = ui, [(η,Ω)(ui) = −ei, [(η,Ω)(ξ) = η. (5) Demostración. Demostramos a primeira identidade, as outras fanse de maneira semellante. Supoñamos que [(η,Ω)(ei) = Aijei+Bijuj+Cη, 10 CAPÍTULO 2. ESPAZOS VECTORIAIS COSIMPLÉCTICOS entón [[(η,Ω)(ei)](ek) = Aik, por outra banda, pola denición de [(η,Ω) temos, [[(η,Ω)(ei)](ek) = [ieiΩ + η(ei)η](ek) = Ω(ei, ek)=0, debido ó Teorema 2.2, logo temos que Aik = 0. Agora como [(η,Ω)(ei) = Bijuj+Cη, deducimos que [[(η,Ω)(ei)](uk) = Bik, e como [[(η,Ω)(ei)](uk)=[ieiΩ + η(ei)η](uk) = Ω(ei, uk) = δik, temos que Bik =δik. Agora, de novo, como [(η,Ω)(ei) = ui+Cη, dedúcese que [[(η,Ω)(ei)](ξ) = ui(ξ) + Cη(ξ) = C, e por outra banda [[(η,Ω)(ei)](ξ)=[ieiΩ + η(ei)η](ξ) = Ω(ei, ξ)=0, polo tanto C= 0 . Observación 2.12 . Sexa (V, η, Ω) un espazo vectorial cosimpléctico de dimensión 2n+ 1 , entón utlizando a base B={e1, ..., en, u1, ..., un, f1, ..., fk}, como a da Proposición 2.9, demóstrase que η∧Ωn6= 0. ♦ Capítulo 3 Variedades simplécticas 3.1. Denicións básicas e propiedades Denición 3.1. Unha 2 -forma ω∈Λ2M , pechada ( dω = 0 ) e non dexenerada, denomínase forma simpléctica e ó par (M, ω) denomínase variedade simpléctica. O carácter non dexenerado signica que a aplicación ω(x) : TxM×TxM−→ R (vx, wx)7−→ ω(x)(vx, wx), é non dexenerada en todo punto x∈M . Exemplos: 1. M=R2n , a forma bilineal simpléctica canónica en R2n é ω:R2n×R2n−→ R (v1, v2),(w1, w2)7−→ ω((v1, v2),(w1, w2)) = v1·w2−v2·w1. Considerando coordenadas (xi,˙xi) , a forma simpléctica canónica ven dada por ω= n X i=1 dxi∧d˙xi, e a súa matriz con respecto a base canónica de R2n é ω(ei, ej) =   0In −In0  , sendo In a matriz identidade. 11 18 CAPÍTULO 4. VARIEDADES COSIMPLÉCTICAS Se [(η,Ω) é un isomorsmo de módulos, entón (M, η, Ω) é unha variedade cosimpléctica, e polo tanto M é de dimensión impar, ou ben (M, Ω) é unha variedade simpléctica, en cuxo caso M é de dimensión par. ♦ Denición 4.3. O campo de vectores R=[−1 (η,Ω)(η) en M , denomínase campo de vectores de Reeb da variedade cosimpléctica (M, η, Ω). Dado que η∧Ωn6= 0 ( M é orientable) tense que o campo de vectores de Reeb está caracterizado por iRΩ = Ω(R,−)=0, iRη=η(R)=1, (2) e polo tanto [(η,Ω)(R) = η, véxase [3]. Observación 4.4 . 1. As variedades cosimplécticas pódense considerar como unha contrapartida en dimensión impar das variedades simplécticas. 2. As variedades cosimplécticas son orientables pois η∧Ωn6= 0 . Exemplo 4.5. O exemplo canónico de variedade cosimpléctica é o brado cotanxente extendido (R×T∗Q, dt, pr∗ 2ω) con t:R×T∗Q−→ R e pr2:R×T∗Q−→ T∗Q as proxeccións canónicas e ω a forma simpléctica canónica de T∗Q . En coordenadas (t, qi, pi) temos: η=dt, Ω = pr∗ 2ω= n X i=1 dqi∧dpi. 4.1. DEFINICIÓNS BÁSICAS E PROPIEDADES 19 Exemplo 4.6. Dada unha aplicación H:R×T∗Q→R, vamos a construir unha 2 -forma ΩH∈Λ2(R×T∗Q) tal que (dt, ΩH) é unha estrutura cosimpléctica en R×T∗Q . Sexa θ a 1 -forma de Liouville en T∗Q e sexa θH=pr∗ 2θ−H dt. De (2) temos que localmente θH=pidqi−Hdt =pidqi−Hdt. Denimos ΩH=−dθH, polo tanto ΩH=−dθH=−d(pr∗ 2θ−H dt) = pr∗ 2(−dθ)−dH ∧dt =pr∗ 2(ω)−dH ∧dt, onde ω é a forma simpléctica canónica de T∗Q , véxase [3]. A expresión local de ΩH é ΩH=dqi∧dpi+dH ∧dt. Agora é evidente que dt e ΩH son pechadas, así que para probar que (dt, ΩH) é cosimpléctica temos que ver que dt ∧Ωn H6= 0, pero dt ∧ΩH=dt ∧pr∗ 2ω e así temos que dt ∧Ωn H=dt ∧pr∗ 2ωn6= 0 , dado que ωn6= 0 . ♦ Tamén hai un teorema de Darboux para variedades cosimplécticas. Teorema 4.7. (Teorema cosimpléctico de Darboux) Calquera variedade cosimpléctica (M, η, Ω) de dimensión 2n+1 admite para todo punto x∈M , unha carta local (Ux,ϕ ≡(z, qi, pi)),1≤i≤n centrada en x , é dicir, ϕ(x)=0 , tal que ΩU= n X i=1 dqi∧dpi, η =dz, R=∂ ∂z . (3) As coordenadas que nos proporciona o Teorema de Darboux denomínanse coordenadas canónicas. 20 CAPÍTULO 4. VARIEDADES COSIMPLÉCTICAS Corolario 4.8. Sexa [(η,Ω) o isomorsmo denido en (1). A expresión local de dita aplicación é: [(η,Ω)(∂ ∂qi) = dpi, [(η,Ω)(∂ ∂pi ) = −dqi, [(η,Ω)(∂ ∂z ) = dz. (4) Observación 4.9 . Dada unha variedade cosimpléctica M , a aplicación [(η,Ω) :TM →T∗M vx→[(η,Ω)(vx) = ivxΩ(x) + η(vx)η(x), é un difeomorsmo. Sexa ω=−dθ a forma simpléctica canónica de T∗M entón o "pull-back" ω0=[∗ (η,Ω)ω é unha forma simpléctica en TM . 4.2. Campos de vectores en variedades cosimplécticas 4.2.1. Campo de vectores gradiente Por medio do isomorsmo [(η,Ω) :X(M)→Λ1(M) X→[(η,Ω)(X) = iXΩ + η(X)η, podemos asociar a cada función f:M−→ R un campo de vectores grad f , chamado gradiente de f que está denido por grad f =[−1 (η,Ω)(df), é dicir, [(η,Ω)(grad f) = igrad f Ω + η(grad f)η=df. Expresión local de grad f Supoñamos que a expresión local de grad f é: grad f =Ai∂ ∂qi+Bi ∂ ∂pi +C∂ ∂z , entón, do Corolario anterior, a partires das identidades de (4), obtemos que 4.2. CAMPOS DE VECTORES EN VARIEDADES COSIMPLÉCTICAS 21 [(η,Ω)(gradf) = df =∂f ∂qidqi+∂f ∂pi dpi+∂f ∂z dz. (5) Por outra banda, [(η,Ω)(gradf) = Aidpi+Bi(−dqi) + Cdz. (6) Agora, de (5) e (6) temos que, Aidpi+Bi(−dqi) + Cdz =∂f ∂qidqi+∂f ∂pi dpi+∂f ∂z dz, logo chegamos a que: Ai=∂f ∂pi ,−Bi=∂f ∂qi, C =∂f ∂z , co cal a expresión do campo grad f é grad f =∂f ∂pi ∂ ∂qi−∂f ∂qi ∂ ∂pi +∂f ∂z ∂ ∂z . (7) 4.2.2. Campo de vectores hamiltoniano Podemos asociar a cada función f:M−→ R un campo de vectores Xf , chamado campo de vectores hamiltoniano correspondente a f , como segue Xf=[−1 (η,Ω)(df − R(f)η), dado que grad f =[−1 (η,Ω)(df), temos que Xf=[−1 (η,Ω)(df − R(f)η) = [−1 (η,Ω)(df)−[−1 (η,Ω)(R(f)η) =grad f − R(f)[−1 (η,Ω)(η) = grad f − R(f)R, é dicir, Xf=grad f − R(f)R. Así de (3) e (7) deducimos que a expresión local de Xf é Xf=∂f ∂pi ∂ ∂qi−∂f ∂qi ∂ ∂pi . (8) 22 CAPÍTULO 4. VARIEDADES COSIMPLÉCTICAS 4.2.3. Campo de vectores de evolución O campo de vectores Ef=R+Xf, denomínase campo de vectores de evolución correspondente a f . Das expresións locais (4) e (8) de R e Xf , respectivamente, dedúcese que a expresión do campo vectorial de evolución é: Ef=∂ ∂z +∂f ∂pi ∂ ∂qi−∂f ∂qi ∂ ∂pi . (9) Observación 4.10 . No caso da variedade cosimpléctica (R×T∗Q, dt, ΩH) o seu campo de Reeb, RH, ven dado por RH=∂ ∂t +∂H ∂pi ∂ ∂qi−∂H ∂qi ∂ ∂pi , que coincide co campo de vectores de evolución EH . 4.3. Automorsmos cosimplécticos Denición 4.11. Se (M1, η1,Ω1) e (M2, η2,Ω2) son variedades cosimplécticas, unha transformación cosimpléctica é un difeomorsmo Φ : M1→M2 que verica que Φ∗η2=η1,Φ∗Ω2= Ω1. A seguinte proposición dinos que se Φ é unha transformación cosimpléctica e se α(t) é solución das ecuacións de Hamilton con hamiltoniano H , entón Φ(α(t)) é solución das ecuacións de Hamilton con hamiltoniano H◦Φ . Proposición 4.12. Se Φ:(M1, η1,Ω1)→(M2, η2,Ω2) é unha transformación cosimpléctica entón Φ∗EH=EH◦Φ para calquera H:M2→R , é dicir, Φ∗EH∈X(M1) é campo de vectores de evolución con hamiltoniano H◦Φ : M1→M2→R . 4.3. AUTOMORFISMOS COSIMPLÉCTICOS 23 Neste caso verifícase: 1. Φ∗R2=R1. 2. Φ∗XH=XH◦Φ. 3. Φ∗EH=EH◦Φ. Vexámolo. Demostración. Dada a seguinte función (M1, η1,Ω1)Φ −→ (M2, η2,Ω2)H −→ R e a aplicación [1:X(M1)→Λ1(M1) Φ∗R2→[1(Φ∗R2) = [1(R1) =⇒Φ∗R2=R1. 1. Sabemos que [1(Φ∗R2) = η1. [1(Φ∗R2) = iΦ∗R2Ω1+η1(Φ∗R2)η1=iΦ∗R2Φ∗Ω2+ Φ∗η2(Φ∗R2)Φ∗η2= = Φ∗(iR2Ω2+η2(R2)η2)=Φ∗([2(R2)) = Φ∗η2=η1. Logo, polo "pull-back"de [1 temos que Φ∗R2=R1. 2. [1(Φ∗XH) = iΦ∗XHΩ1+η1(Φ∗XH)η1=iΦ∗XHΦ∗Ω2+ Φ∗η2(Φ∗XH)Φ∗η2= = Φ∗(iXHΩ2+η2(XH)η2) = Φ∗([2(XH)) = Φ∗(dH − R2(H)η2) = =d(Φ∗H)−Φ∗(R2(H))η1=d(Φ∗H)− R1(H◦Φ)η1=d(H◦Φ) − R1(H◦Φ)η1= =[1(XH◦Φ) = [1d(H◦Φ) − R1(H◦Φ)η1. Resumindo, acabamos de probar que [1(Φ∗XH) = [1(XH◦Φ) ⇐⇒ Φ∗XH=XH◦Φ. 3. [1(Φ∗EH) = iΦ∗EHΩ1+η1(Φ∗EH)η1=iΦ∗EHΦ∗Ω2+ Φ∗η2(Φ∗EH)Φ∗η2= = Φ∗(iEHΩ2+η2(EH)η2)=Φ∗([2(EH)) = Φ∗(dH −R2(H)η2) = d(Φ∗H)−Φ∗(R2(H))η1= =d(Φ∗H)−R1(H◦Φ)η1=d(H◦Φ)−R1(H◦Φ)η1=[1(XH◦Φ) = [1d(H◦Φ)−R1(H◦Φ)η1. Entón Φ∗EH=EH◦Φ. 24 CAPÍTULO 4. VARIEDADES COSIMPLÉCTICAS Capítulo 5 Sistemas hamiltonianos en variedades cosimplécticas 5.1. Aplicacións físicas Sexa H:M−→ R o hamiltoniano dun sistema físico que dependa do tempo. Denotamos con EH o campo de vectores de evolución introducido no capítulo anterior e sexa α:I⊂R−→ M t7−→ α(t)=(qi(α(t)), pi(α(t)), z(α(t))) = (qi(t), pi(t), z(t)) , unha curva integral de EH . Logo temos que ˙α(t) = EH(α(t)). O vector tanxente a curva α é: ˙α(t) = dqi dt t ∂ ∂qiα(t)+dpi dt t ∂ ∂piα(t)+dz dt t ∂ ∂z α(t), (1) e tendo en conta a expresión local (9), o vector EH(α(t)) ven dado por EH(α(t)) = ∂H ∂piα(t) ∂ ∂qiα(t)−∂H ∂qi ∂ ∂piα(t)+∂ ∂z α(t)= ˙α(t). (2) Polo tanto de (1) e (2) deducimos que ∂H ∂piα(t)=dqi dt t,−∂H ∂qiα(t)=dpi dt t,dz dt t= 1, (3) que son as ecuacións de Hamilton. 25 26 CAPÍTULO 5. SISTEMAS HAMILTONIANOS EN VARIEDADES COSIMPLÉCTICAS Observación 5.1 . A diferencia do caso autónomo, H(qi, pi) , véxase a Proposición 3.6, no caso non autónomo, H(z, qi, pi) , o hamiltoniano non é unha cantidade conservada. Sexa α(t)qi(α(t)), pi(α(t)), z(α(t))= (qi(t), pi(t), z(t)) , unha curva integral de EH , entón d(H◦α) dt t=dH(qi(α(t)), pi(α(t)), z(α(t))) dt t =∂H ∂qiα(t) dqi dt t+∂H ∂piα(t) dpi dt t+∂H ∂z α(t) dz dt t=∂H ∂z α(t). A última identidade é consecuencia de (3). 5.2. Exemplo: hamiltoniano dependente do tempo (Resorte e parede móvil) Unha masa m está unida a unha parede por un resorte horizontal con constante de resorte k e lonxitude l0 na posición de relaxamento. A parede está colocada para moverse cara adiante e cara atrás con posición X parede =Asen(ωt). A posición da masa con respecto a situación da parede en t= 0 ( que tomaremos arbitrariamente como a nosa orixe) é l0+q+X parede , xa que a denición de q implica que l0+q é a posición con respecto a parede. Así a velocidade da masa é ˙q+˙ X parede = ˙q+Aωcos(ωt), 5.2. EXEMPLO: HAMILTONIANO DEPENDENTE DO TEMPO 27 polo que o lagrangiano é L=1 2m( ˙q+Aωcos(ωt))2−1 2kq2. O momento conxugado a q é p≡∂L ∂˙q=m( ˙q+Aωcos(ωt), que pode ser invertido para dar ˙q=p m−Aωcos(ωt). Así que o Hamiltoniano é H=p˙q− L =pp m−Aωcos(ωt)−p2 2m−1 2kq2=p2 2m−p(Aωcos(ωt)) + 1 2kq2. Así este hamiltoniano é un hamiltoniano dependente do tempo e pode considerarse como a aplicación H:R×T∗R−→ R (t, q, p)7−→ p2 2m−p(Aωcos(ωt)) + 1 2kq2, sendo as ecuacións de Hamilton dq dt =∂H ∂p =p m−Aωcos(ωt), dp dt =−∂H ∂q =−kq. Da expresión de H dedúcese que dH ◦α dt t=∂H ∂t α(t)6= 0, como se comenta na Observación 5.1.