scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O Ecofeminismo na Educación Ambiental en España

Gil Portela, Soledad; Blanco Anaya, Paloma

Abstract

O artigo explora o papel dos movementos ecofeministas no desenvolvemento da Educación ambiental, os seus antecedentes, a súa definición e ás mulleres españolas que representan este movemento. Nos anos 70, coincidindo na época na que por primeira vez foi acuñado o termo Educación Ambiental, nace o movemento ecofeminista da man da francesa Françoise d’Eaubonne. Indagando na información das voces ecofeministas españolas, preténdese analizar as orixes e consecuencias do ecofeminismo na sociedade e a súa repercusión na historia da EA española. Existen moitas mulleres que de forma activa levaron a cabo unha ardua loita pola protección do ambiente e da natureza e pola manifestación da importancia que tiña o medio natural no ámbito educativo. Un claro exemplo foron as irmáns Blanca e Clotilde Catalán ou Leonor Serrano Pablo e Gloria Giner de los Ríos. Na actualidade destacan as ecofeministas Alicia Puleo e Yayo Herrero.

Full text

44 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 Intervención socio-artística nas rúas para denunciar o abandono do barrio de Canido (Ferrol-Galicia) © UDC 44 45 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 TRAXECTORIAS E RETOS ambiental MENTE sustentable xullo-decembro 2018, ano XIII, vol. 25, núm. 2, páxinas: 45-55 ISSN: 1887-2417 ISSN-e: 2386-4362 https://doi.org/10.17979 /ams.2018.25.2.4968 © UDC/ CEIDA/ UFMG O Ecofeminismo na Educación Ambiental en España The Ecofeminism in Environmental Education in Spain Soledad Gil Portela e Paloma Blanco Anaya . Universidade de Santiago de Compostela (Galicia) Resumo O artigo explora o papel dos movementos ecofeministas no desenvolvemento KH ,K\JHJP}U (TIPLU[HS VZ ZL\Z HU[LJLKLU[LZ H ZH KLÄUPJP}U L mZ T\SSLYLZ españolas que representan este movemento. Nos anos 70, coincidindo na época na que por primeira vez foi acuñado o termo Educación Ambiental, nace o movemento ecofeminista da man da francesa Françoise d’Eaubonne. Indagando na información das voces ecofeministas españolas, preténdese analizar as orixes e consecuencias do ecofeminismo na sociedade e a súa repercusión na historia da EA española. Existen moitas mulleres que de forma activa levaron a cabo unha ardua loita pola protección do ambiente e da natureza e pola manifestación da importancia que tiña o medio natural no ámbito educativo. Un claro exemplo foron as irmáns Blanca e Clotilde Catalán ou Leonor Serrano Pablo e Gloria Giner de los Ríos. Na actualidade destacan as ecofeministas Alicia Puleo e Yayo Herrero. Astract The article explores the role of ecofeminist movement in the development of ,U]PYVUTLU[HS ,K\JH[PVU P[Z IHJRNYV\UK P[Z KLÄUP[PVU HUK [OL :WHUPZO ^VTLU that represent this movement. In the 70s, coinciding with the time when the term Environmental Education was coined, the ecofeminist movement was born at the hands of French Françoise d’Eaubonne. Investigating the information of the Spanish ecofeminist voices, it is intended to analyse the origins and consequences of ecofeminism in society and its impact on the history of Spanish EE. There are many women who actively carried out an arduous struggle for the protection of the environment and nature and for the manifestation of the importance that the natural environment had in the educational context. A clear example were sisters Blanca and Clotilde Catalán or Leonor Serrano Pablo and Gloria Giner de los Ríos. At the present, the ecofeminists Alicia Puleo and Yayo Herrero stand out. Palabras chave Ecofeminismo; mulleres; educación ambiental; natureza; medio ambiente. Key-words Ecofeminism; women; environmental education; nature; environment. 46 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 Introdución Historicamente e dende diferentes WVZPJP}UZ ZVJPHPZ HZ T\SSLYLZ Ä_LYVU aportacións substanciais á ciencia para lograr o desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica, entre outras contribucións. Estas aportacións procuran que as sociedades entendan a relación que o ser humano debe ter coa súa contorna natural. As mulleres tiveron e teñen un papel protagonista en movementos de defensa KHUH[\YLaHH[YH]tZKLSVP[HZWHJPÄZ[HZLU movementos de barrio, etc., ante recursos naturais que se ven degradados ou ameazados (por exemplo, o movemento *OPWRV na India). Así mesmo, en moitos lugares do mundo e ao longo da historia, parte da produción para a subsistencia dependeu delas, ocupándose de manter a produtividade dos terreos comunais, organizar a vida comunitaria e os sistemas de protección social ante o abandono e defender a súa terra e a supervivencia das súas familias e da súa comunidade (PASCUAL e HERRERO, 2010). As primeiras conexións entre a ecoloxía e o feminismo que deron orixe ao termo “ecofeminismo”, atópanse nas ideas literarias das feministas dos anos  ZLUKV -YHUsVPZL +»,(<)655, a primeira ecofeminista. Na mesma década a Educación Ambiental (en adiante EA) cobra suma importancia resaltando a necesidadee da conservación do medio e do coidado da natureza. Neste senso, preténdese analizar as orixes do ecofeminismo e os seus movementos na sociedade para coñecer a súa repercusión na EA en España. Antecedentes dunha Educación Ambiental Os comezos do estudo acerca do entorno natural poden vincularse á Pedagoxía Intuitiva que se desenvolve a partir do século XV. Nesta liña, contamos con WLYZVHZ KLZ[HJHKHZ JVTV  -YHUsVPZ REBELAIS, que convidaba aos seus estudantes a “visitar” as árbores e as plantas, 2) Michel de MONTAIGNE, quen amplía a noción de medio, 3) COMENIO quen propuxo estudar a natureza in situ e non unicamente nos libros, 4) ROUSSEAU quen sitúa á natureza por riba de todo como a “verdadeira mestra”, pois dicía que non había mellor libro que o mundo e 5) PESTALOZZI, quen integrou ás institucións naturalistas italianas (ALONSO, 2010). Neste contexto, Anna BOTSFORD COMSTOCK (1985) foi unha muller relevante por ser unhas das primeiras en levar ao seu alumnado, e a outros profesores, ao aire libre para estudar a SOLEDAD GIL PORTELA E PALOMA BRANCO ANAYA 47 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 natureza e, sendo membro do Comité Estatal de Nova York para a promoción KH HNYPJ\S[\YH WSHUPÄJV\ \U J\YZV experimental de estudo da natureza destinado ás escolas públicas (MACHO, 2014). No século XX, a Escola Nova perfecciona HZ _\Z[PÄJHJP}UZ WLKHN}_PJHZ KV LZ[\KV do medio. Os seus integrantes opinan que o medio estimula e serve de motivación para chegar a adquirir saberes máis xerais; polo que a experiencia no medio non so permite a adquisición de coñecementos ZL UVU X\L [HTtU PUÅL UH MVYTHJP}U afectiva e cognitiva dos nenos (ALONSO, 2010). Como nos indica ALONSO (2010), DEWEY pensaba que a intelixencia soamente se desenvolvía se era estimulada polo medio, DECROLY consideraba ó medio como unha totalidade que conviña analizar e FREINET opinaba que o medio era fonte de progreso intelectual e social. O nacemento da Pedagoxía do medio ambiente podemos situalo aproximadamente nos anos 70 cando se comeza a tomar unha maior conciencia da necesidadee de protexer o medio ambiente (ALONSO, 2010). Ata ese momento existía a única preocupación de dominar a natureza ó servizo do desenvolvemento económico. Anos máis tarde isto cambia e comézase a pedir da escola unha educación en relación co medio ambiente, destinada a sensibilizar ás persoas ante os perigos que ameazan o noso medio de vida e a motivar o desenvolvemento de medidas protectoras (ALONSO, 2010). A Educación Ambiental en España Aínda que é difícil encadrar a EA dentro K\UOH KLÄUPJP}U KHKH H KP]LYZPKHKL KL argumentos baixo esa etiqueta, podemos partir da proposta no Congreso de Moscú: A EA é un proceso permanente no cal os individuos e as comunidades adquiren conciencia do seu medio e aprenden os coñecementos, os valores, as destrezas, a experiencia e tamén a determinación que lles capacite para actuar, individual e colectivamente, na resolución dos problemas ambientais presentes e futuros (MAPAMA, 1999, p.6) Ramon FOLCH I GUILLÈN defende a idea de que a EA en España, tal como hoxe é coñecida, comezou en efecto en 1975 coa creación do primeiro itinerario da natureza, establecido no bosque de Satinga, cerca de Sabadell (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007). A situación política en España no ano 1975 JVUÄN\YV\\ULZ[PSVWYVWPVKL,(_HX\L despois da morte de Franco o país atopábase nun proceso de reestruturación. Aínda que estaban presentes as referen- O Ecofeminismo na Educacion Ambiental en España 48 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 cias internacionais, as nosas ideas e as nosas actividades seguiron un curso independente delas e modeláronse pola nosa contorna natural e a nosa historia nacional en concreto. Da mesma maneira que nos KLTHPZWHxZLZH,(PU[tNYHZLJVUKPÄJ\S- tade pese a que isto comeza en tempos de efervescencia social e de cambio, con desexos de preservación da natureza e con posibilidades de acción e renovación do asociacionismo e da educación (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007). A década dos 80 representa unha época de transición, na que evoluciona notablemente a concepción da problemática ambiental. A crise ambiental perfílase e enténdese cada vez máis como a manifestación estrutural dun modelo socioeconómico antropocéntrico (LÓPEZ, 2003). Segundo CALVO e GUTIÉRREZ (2007), nesta década houbo moitas persoas e grupos que poñían en marcha actividades de EA para cambiar ás persoas e tentar cambiar o mundo. Para iso propoñían campañas, entraban no movemento ecoloxista como voluntarios ou constituían empresas de servizos de EA. Todas esas persoas foron tecendo unha rede de relacións ó longo do territorio español que acabou desembocando na creación dun sector profesional e sempre comprometido. Os posteriores seminarios, encontros, xornadas e asociacións serviron de consolidación desta rede, pois tiñan un desexo común que era o de aprender xuntos como enfrontar os problemas que naquel momento aínda non se chamaban socioambientais. Pero a pesares de todos eses esforzos anteriormente mencionados, CALVO e GUTIÉRREZ  HÄYTHU X\L “no desenvolvemento da educación ambiental en España houbo moita improvisación e azar, unha intermitencia de actividades e programas derivada (...) da situación institucional do educador ambiental (...) e da sensibilidade ambiental e honradez profesional e persoal de cada cargo directivo nas institucións” (p.35). As Primeiras Xornadas de Sitges (1983) ZPNUPÄJHYVU\UHU[LZL\UKLZWVPZ_HX\L permitiron que as persoas e os grupos que traballaban de maneira illada en todo España se coñeceran e comezaran esas relacións que hoxe en día aínda perduran e dan forma á EA española. Os participantes eran representantes das ONG, de universidades e de institucións ambientais e educativas, xunto a movementos de renovación pedagóxica. Fíxose un listado de grupos no cal os tres primeiros refírense ao medio (natural, urbano e xestión), o cuarto grupo corresponde coa sensibilización do público, o quinto aos métodos audiovisuais e o sexto á “educación am- IPLU[HS!IHZLZJPLU[xÄJHZLWSHU[LHTLU[VZ metodolóxicos”, o cal estaba dedicado na súa totalidade ao sistema educativo formal (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007; LÓPEZ, 2003). SOLEDAD GIL PORTELA E PALOMA BRANCO ANAYA 49 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 As Segundas Xornadas nacionais foron organizadas polo ICONA (Instituto para a Conservación da Natureza, extinto en 1996), polo MOPU (Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, extinto en 1996) e polo Instituto da Xuventude en 1987 inaugurando o CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental). Tiñan un obxectivo común que consistía en desencadear un proceso de sensibilización que acadase a toda a sociedade e que levase a xerar unha opinión social de respecto para a xestión do medio ambiente. Nestas xornadas, os grupos de traballo eran máis concretos e dedicados a: uso educativo dos espazos naturais, sistema educativo, equipamentos e recursos, medios de comunicación, programas institucionais de EA e sensibilización social. No referente ao sistema educativo, analizáronse tres aspectos: deseño e desenvolvemento curricular, formación do profesorado e modelo didáctico (LÓPEZ, 2003). (xUKH X\L H ,( ZL KP]LYZPÄJHIH ZLN\xH tendo como destinatarios principais ós escolares. Das conclusións dos distintos grupos de traballo das segundas xornadas sacáronse cinco temas xerais: sensibilización social, profesionalidade, xestión do medio, destinatarios e estratexia global (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007). As xornadas e os seminarios permanentes foron os procesos que permitiron unha construción dunha EA no contexto español. Un dos WYPTLPYVZWYVNYHTHZKLYLÅL_P}ULHWYLU- dizaxe foron os Seminarios Permanentes de EA que tiñan dous obxectivos principais (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007):  Proporcionar foros de discusión, lugares de encontro onde poder expresar as preocupacións e as dúbidas que xorden do traballo cotiá. Crear ámbi- [VZKLYLÅL_P}UWHYHWVKLYKPZ[HUJPHY- se da práctica diaria.  Recoller por escrito os resultados das discusións para ir creando un corpo teórico que enmarque as actividades. Establecer uns mínimos comúns que permitan avanzar na construción da estratexia ou estratexias da educación ambiental en España. As Terceiras Xornadas foron organizadas polo Ministerio de Medio Ambiente e o Goberno de Navarra en Pamplona no ano 1988. Os obxectivos das xornadas eran: VYKLUHY V WYVJLZV KL KPZJ\ZP}U L YLÅL- xión colectiva sobre o que e o como do novo papel da educación ambiental cara a sustentabilidade e lograr a concreción das grandes liñas do documento base do que sería o “Libro Branco de la Educación Ambiental en España” (MAPAMA, 1999) . Nestas xornadas os grupos de traballo JLU[YmYVUZLUHHUmSPZLUHYLÅL_P}U LUV debate dos novos retos da educación ambiental dentro do marco do desenvolvemento sustentable. As conclusións dos grupos de traballo das Terceiras Xornadas recóllense na Memoria das Xornadas Nacionais de EA, e poden resumirse en: O Ecofeminismo na Educacion Ambiental en España 50 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 1) O planteamento teórico da educación ambiental como materia transversal recollido na LOGSE non se conseguiu facer, 2) a proposición das universidades da constitución de grupos de traballo e a publicación das experiencias, 3) o debate da formación dos educadores ambientais entre o educativo e o ambiental, 4) a liña tradicional de traballos dos equipamentos, 5) a falta de datos dos diferentes programas e proxectos realizados, 6) o compartir e YLÅL_PVUHYKLMVYTHJVU_\U[Ht\UOHKHZ mellores vías de avaliación–investigación, 7) a correcta integración da EA nos planes de xestión, 8) a consideración da interpretación ambiental como un mero instrumento de comunicación, 9) a educación e a comunicación ambiental son imprescindibles para a elaboración de estratexias ambientais, 10) o voluntariado ambiental é unha boa estratexia educativa, 11) os grupos ecoloxistas teñen un papel importante pero teñen que profundizar máis no educativo, 12) as publicacións son un medio de comunicación e intercambio entre educadores, 13) internet é unha ferramenta que axuda no desenvolvemento da EA (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007). A partir destas xornadas elaborouse o Libro Branco de la Educación Ambiental (MAPAMA, 1999) que representa a estratexia española que reúne os acordos ós que se chegaron en case tres décadas de YLHSPaHJP}UZ L YLÅL_P}UZ X\L _VYKLU KV colectivo da EA española. O apoio político, a solicitude internacional e os desexos dos profesionais foron os motores da súa realización. A EA, segundo o Libro Branco, ten o obxectivo de capacitar a análise KVZJVUÅP[VZZVJPVHTIPLU[HPZUVKLIH[L de alternativas e na toma de decisións, individuais e colectivas, orientadas á súa resolución (MAPAMA, 1999). Na opinión de CALVO e GUTIÉRREZ (2007) coa elaboración deste libro abriuse un am- WSVWYVJLZVKLYLÅL_P}UJVSLJ[P]HU\UIV número de comunidades autónomas, un proceso que aínda hoxe segue vixente. A última etapa inaugúrase co Primeiro Congreso da Educación Ambiental de Castela e León, organizado pola asociación de educadores ambientais da rexión, en outubro do ano 2004. Seguidas das Terceiras Xornadas de Equipamentos e Servizos de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana celebradas en febreiro do 2005. Hai que destacar que a aprobación da Federación de Asociacións de Educadores Ambientais (2005), foi un paso adiante na construción dun sector profesional independente (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007). A parte das xornadas anteriormente mencionadas, houbo moitas máis xornadas nacionais sobre EA en España, algunhas delas celebráronse en Coruña no 1985, en Segovia en 1987, en Granada en 2007, etc. A evolución da EA en España non está WYLÄ_HKHVZL\Y\TIV]HPKLWLUKLY[HU[V SOLEDAD GIL PORTELA E PALOMA BRANCO ANAYA 51 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 das vontades dos seus profesionais como das conxunturas políticas e económicas, dos problemas socioambientais e das respostas que xurdan nos ámbitos internacional e local (CALVO e GUTIÉRREZ, 2007). O Ecofeminismo en España O ecofeminismo é unha corrente do feminismo que integra a temática ecoloxista. O termo foi creado pola ecofeminista FransVPZL+»,(<)655, en 1974 e desenvólvese sobre todo en Estados Unidos no último terzo do s. XX. Existe unha diversidade de subcorrentes no ámbito sociocultural, político e activista. Nas súas diferentes formas, o ecofeminismo aborda, segundo PULEO (2015), 1) os novos problemas derivados do desenvolvemento industrial; 2) analiza as relacións entre patriarcado e dominio sobre a natureza; 3) revaloriza as actitudes e virtudes da ética do coidado historicamente propias das mulleres; 4) denuncia os graves problemas de saúde sufridos polas mulleres a causa da contaminación; 5) revela a miseria e a multiplicación das tarefas das mulleres máis pobres debido ó deterioro ambiental e 6) sostén que o modelo neoliberal tecnocapitalista depredador ten que ser cambiado por unha relación harmónica co medio que, en ]LaKLI\ZJHYVILULÄJPVTLYJHU[PSHJ\Y- to prazo, conserve os recursos naturais, respecte ós demais seres vivos e atenda ó ben común. (UVZHU[LZLU,ZWH|H_H[P|HTVZHÄN\YH de Rosa SENSAT, quen estivo moi vinculada ás bosquescolas e ó medio natural. Concibía as escolas no medio natural non ZVJVUÄUZOP_PtUPJVZV\[LYHWt\[PJVZZL non tamén como unha forma de desenvolvemento educativo e de achegar aos alumnos ao medio natural que os rodeaba. Exactamente no ano 1914 baixo o seu cargo comezou a funcionar L’Escola del Bosc de Montjuic onde primaba a exposición continuada e diaria á natureza do seu alumnado (Escuela In Natura, sen data). SIMÓN ALEGRE (2013) defende a teoría de que o ecofeminismo en España xorde con algunhas profesoras de xeografía da etapa da II República española (1933- 1939). Estas profesoras abordaban, dentro dos programas pedagóxicos das materias, máis argumentos que aqueles estritamente académicos. É posible conectar a estas profesoras co que a partires da linguaxe do século XXI se denomina EA e coas primeiras manifestacións do ecofeminismo. Estas profesoras insistían en varias cuestións: a primeira foi na necesidadee de fomentar a convivencia harmoniosa de homes e mulleres co medio que os rodeaba e a segunda foi o seu desexo persoal de promover unha conciencia cidadá sólida no seu alumnado (SIMÓN ALEGRE, 2013). Esta conciencia tiña que servirlles para rexeitar calquera tipo de argumento conectado co progreso e a modernidade que supuxera arrasar cos ecosistemas O Ecofeminismo na Educacion Ambiental en España 52 ambiental MENTE sustentable, 2018, (25), 2 V\ KLJSHYHY JVUÅP[VZ ItSPJVZ +LZNYHJPH- damente a labor destas profesoras veuse interrompida polo comezo da Guerra Civil (1936), pero as súas ensinanzas chegaron a estenderse sen que o comezo da guerra e a posterior posguerra puideran impedilo (SIMÓN ALEGRE, 2013). As irmás Blanca e Clotilde CATALÁN nadas no ano 1860 e 1863 respectivamente, son un dos primeiros exemplos de profesoras interesadas polo desenvolvemento cien- [xÄJV KH _LVNYHMxH L HZ ZHZ KPZJPWSPUHZ afíns; particularmente Blanca en Botánica e Clotilde en Entomoloxía. Xa comezado o século XX, e sobre todo a década dos anos trinta, o método das irmás Catalán foi empregado por outros profesores para conectar co alumnado e xerar unha conciencia cidadá respectuosa, dialogante e ecolóxica (SIMÓN ALEGRE, 2013). Outras das profesoras a destacar son Leo- nor SERRANO PABLO e Gloria GINER DE LOS RÍOS, as que empregaron o recurso pedagóxico da “observación entusiasta”, co que querían facilitar o desenvolvemen- to dunha educación baseada no principio do respecto cara o ecosistema natural (SIMÓN ALEGRE, 2013). A forma de fomentar esta idea era explicar nas súas clases a estreita conexión entre o medio físico e natural que rodeaba ao seu alumnado coa súa propia evolución persoal. Tamén é destacable que o ecoloxismo tivo unha implantación máis rápida e profunda nos pobos que admiran e respectan os bosques ata o punto de asociar a súa identidade con eles. En cambio, nas culturas nas que a árbore se percibe como un ben para obter o desenvolvemento moderno, o camiño do ecoloxismo e do ecofeminismo resultou moito máis difícil (RUIZ, 2004). Dentro das voces propiamente ecofeministas en España destacan Alicia PULEO, Yayo HERRERO e Angélica VELASCO. Entre as obras de PULEO atópase Ecofeminismo para otro mundo posible (2011). Como indica RUÍZ (2004), PULEO defínese como feminista da igualdade. A súa idea da identidade feminina é constructivista. Pensa que este modelo podería ser un feminismo para os tempos do cambio climático. O feminismo é un movemento cunha longa historia e hoxe en día existen feminismos de moi distinta inspiración: liberal, socialista, postmoderno, etc. RUÍZ (2004) HÄYTH!“O ecofeminismo é a resposta do feminismo a un problema novo que se expón á humanidade e que é o problema de enfrontarse á súa propia forza destrutiva” (p. 9). O ecofeminismo é todo un reto, non so para os gobernos que non contemplan as cuestións de xénero nas súas políticas incluída a medioambiental, se non un reto a nivel xeral. É un reto non so para obter a igualdade, se non tamén unha transformación do modelo social con vistas a que non sexa un modelo destrutor da base material da humanidade, que é a natureza. PULEO SOLEDAD GIL PORTELA E PALOMA BRANCO ANAYA