scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

As vítimas invisibles da violencia de xénero

García del Campo, Elena

Abstract

[GL] As mulleres e os seus fillos e fillas son as principais vítimas que sofren a violencia de xénero. Mentres que no caso das mulleres maltratadas existe una crecente proliferación tanto de investigacións como de recursos de axuda, a atención e intervención sobre as consecuencias que se derivan para os seus fillos aínda é bastante escasa. Actualmente máis do 10% da poboación infantil son testemuñas directas da violencia nos seus fogares e, en máis da metade dos casos, ademais de ser testemuñas, sofren directamente a violencia (porcentaxe que chega ó 61,7%). O obxectivo principal deste traballo é coñecer o impacto que a violencia de xénero ten sobre estes nenos e nenas e, para isto, levarase a cabo un traballo de iniciación a investigación documental cunha revisión en profundidade de todos os estudos, artigos e traballos que traten este tema. [EN] Women and their children are the main victims of domestic violence. Although in the case of battered women, there is a growing access to help resources and research, attention and intervention about the consecuencies on their children are not enough. Currently over 10% of children are direct witnesses of violence in their homes, and more than half of the cases have suffered direct violence (overall 61.7 %). The main objective of this study is to investigate the impact of domestic violence in these children and in order to carry out children and in order to carry out this process we will realized and in depth documental review of all studies, articles and papers dealing with this topic.

Full text

As vítimas invisibles da violencia de xénero Traballo Fin de Grao de Maxisterio Infantil Convocatoria Xulio 2015 Alumna: Elena García del Campo Titor: Carlos Fernández González Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Santiago de Compostela 2 Las víctimas invisibles de la violencia de género As vítimas invisibles da violencia de xénero The invisible victims of the violence of kind 3 ÍNDICE Resumo/Abstract...................................................................................................................4 Introdución................................................................................................................................5 1. Xustificación ........................................................................................................................6 2. Competencias......................................................................................................................7 3. Obxectivos...........................................................................................................................7 3.1. Xeral..............................................................................................................................7 3.2. Secundarios...................................................................................................................7 4. Metodoloxía.........................................................................................................................8 4.1. Deseño do estudo.........................................................................................................8 4.2. Busca bibliográfica.......................................................................................................8 4.3. Selección de estudos.....................................................................................................8 4.4. Algoritmo de selección de artigos...............................................................................14 4.5. Calidade dos estudos seleccionados...........................................................................14 5. Resultados..........................................................................................................................15 6. Discusión dos resultados....................................................................................................24 7. Conclusións........................................................................................................................28 8. Referencias documentais...................................................................................................30 4 RESÚMO: As mulleres e os seus fillos e fillas son as principais vítimas que sofren a violencia de xénero. Mentres que no caso das mulleres maltratadas existe una crecente proliferación tanto de investigacións como de recursos de axuda, a atención e intervención sobre as consecuencias que se derivan para os seus fillos aínda é bastante escasa. Actualmente máis do 10% da poboación infantil son testemuñas directas da violencia nos seus fogares e, en máis da metade dos casos, ademais de ser testemuñas, sofren directamente a violencia (porcentaxe que chega ó 61,7%). O obxectivo principal deste traballo é coñecer o impacto que a violencia de xénero ten sobre estes nenos e nenas e, para isto, levarase a cabo un traballo de iniciación a investigación documental cunha revisión en profundidade de todos os estudos, artigos e traballos que traten este tema. - Palabras clave: Violencia de xénero, nenos, menores e consecuencias. ABSTRACT: Women and their children are the main victims of domestic violence. Although in the case of battered women, there is a growing access to help resources and research, attention and intervention about the consecuencies on their children are not enough. Currently over 10% of children are direct witnesses of violence in their homes, and more than half of the cases have suffered direct violence (overall 61.7 %). The main objective of this study is to investigate the impact of domestic violence in these children and in order to carry out children and in order to carry out this process we will realized and in depth documental review of all studies, articles and papers dealing with this topic. - Keywords: gender violence, children, partner violence and domestic violence. 5 INTRODUCIÓN A violencia exercida contra a muller no ámbito familiar é un problema que, dende décadas atrás, está investigado e estudado por numerosos profesionais de diversos sectores. Que se entende por violencia de xénero? Segundo a Organización Mundial da Saúde [OMS] (2013) considérase violencia de xénero: “Todo acto de violencia sexista que tiene como resultado posible o real un daño físico, sexual o psíquico, incluyendo las amenazas, la coacción o la privación arbitraria de la libertad, ya sea que ocurra en la vida pública o en la privada". Son moitos os estudos que investigan sobre as consecuencias e o dano que produce nas mulleres este tipo de maltrato. Aínda así, as investigacións céntranse na súa maioría nas mulleres vítimas e non nos efectos que este tipo de violencia pode xerar sobre os seus fillos/as, converténdoos en vítimas directas da mesma. O son, porque dependen emocionalmente dos seus coidadores e porque a violencia exercida contra a súa nai ten consecuencias no seu desenvolvemento. O presente documento é un traballo de iniciación á investigación documental, co obxectivo principal de coñecer o impacto que a violencia de xénero ten sobre os fillos e as fillas das mulleres maltratadas. Considéranse menores expostas/os á violencia de xénero, no seu ámbito familiar, a todas as fillas e fillos que viven nun fogar onde o seu pai ou a parella da súa nai é violento contra a muller (Pâquet-Deehy, 2004 citado en Ramos, de la Peña, Luzón e Recio, 2011), incluíndose tamén aquelas situacións en que, trala separación dos pais, as e os menores seguen expostas/os a abuso e maltrato tralo cese da convivencia. Ademais, concretamente nos EEUU, é máis probable que unha persoa sexa golpeada ou asasinada no seu propio fogar por outro membro da súa familia que en ningún outro sitio e por ningunha outra persoa (Straus e Gelles, 1998 citado en Patró e Limiñana, 2005). Os fillos/as das mulleres maltratadas nos seus fogares transfórmanse no foco de atención por primeira vez, en España, na década dos 80 pero, non é ata o ano 2013 cando se recoñecen como posibles vítimas desta violencia. É neste ano cando o Ministerio de Sanidade recoñece que os nenos/as tamén sofren as consecuencias deste maltrato. Cada vez que se produza unha vítima mortal por violencia de xénero, as estatísticas recollerán tamén o número de fillos/as, menores de dezaoito anos, que foron vítimas mortais da violencia 6 exercida as súas nais. Dende xaneiro de 2013 ata o 4 de maio de 2015, segundo o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade o número de vítimas mortais por consecuencia da violencia de xénero é de 11 menores (5 deles menores de 6 anos e os outros 6 de entre 7/14 anos). É certo que o número de mortes vai diminuíndo dende que se coñecen oficialmente as cifras, pero a realidade de que os nenos sofren a violencia de xénero exercida sobre as súas nais é evidente, e o maltrato non ten por que acabar coa morte do menor. Tendo en conta as denuncias rexistradas polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade durante o ano 2010 (que foron 134.105), cunha media de 1,4 fillos/as por muller, a cifra de vítimas infantís por violencia de xénero ascendería a 187.747. Estímase que o 85% dos fillos/as de mulleres expostas a violencia de xénero son testemuñas dos malos tratos ás súas nais, e o 64.2% das mulleres maltratadas teñen fillos/as menores que sufriron a violencia (datos do CIS actualizados a 4 de maio de 2015). Este traballo ten como finalidade facer unha revisión da bibliografía e dos estudos, que actualmente existen, sobre as consecuencias que produce a violencia de xénero nos nenos e nenas, a importancia que ten para o seu desenvolvemento (tanto físico como psicolóxico), as diferentes teorías explicativas sobre o tema e os factores de risco e protección que teñen estes menores. A Academia Americana de Pediatría (AAP) recoñece no ano 2012 que “ser testemuña da violencia doméstica pode ser tan traumático para o neno como ser vítima de abusos físicos ou sexuais”. 1. XUSTIFICACIÓN Coñecer os efectos do maltrato na educación infantil poderanos permitir encontrar propostas para a súa abordaxe dende as comunidades educativas, mais concretamente dende as aulas. Determinar os factores de risco e protección permitirá ás e aos docentes unha detección temperá ou a elaboración dun diagnostico precoz na súa aula. Ademais, ao detectar este tipo de abuso sobre o menor, poden implantarse medidas correctoras para evitar consecuencias a longo prazo. Mentres que no caso das mulleres maltratadas as investigacións e recursos de axuda aumentan, a atención e intervención aos seus fillos/as é bastante escasa, pois só dende hai dous anos, se recoñece a este colectivo como vítimas directas deste tipo de violencia. Aínda 7 así, son poucos os estudos e o tempo dedicado a estas vítimas debido a gran complexidade que supón abordar este tema. Coa presente investigación preténdense expoñer os problemas máis habituais que provoca nos nenos a violencia de xénero acontecida nos seus fogares, co fin de informar da gravidade e importancia da situación para sensibilizar a todos os profesionais que están en contacto coa infancia e, que os programas de intervención e prevención sexan máis efectivos. 2. COMPETENCIAS As competencias, do título de Grao en Mestre de Educación Infantil, que se pretenden abordar neste traballo son as seguintes: - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. - Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia. - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos 3. OBXETIVOS 3.1. Obxectivo xeral: Coñecer o impacto que a violencia de xénero ten sobre os fillos e as fillas das mulleres maltratadas. 3.2. Obxectivos secundarios: 1. Determinar os factores de risco e protección dos fillos e fillas das mulleres expostas a violencia de xénero. 2. Coñecer os diferentes modelos explicativos sobre as consecuencias dos nenos expostos a este tipo de violencia. 8 3. Coñecer os problemas que poden darse na aula como consecuencia desta violencia. 4. Coñecer as consecuencias que a violencia familiar produce nos nenos e nenas de Educación Infantil. 5. Mostrar que os nenos e nenas tamén teñen que ser incluídos como vítimas directas da violencia de xénero. 4. METODOLOXÍA 4.1. Deseño do estudo: Traballo de iniciación á investigación documental. 4.2. Busca bibliográfica: 4.2.1. Fontes de datos: a) Fontes primarias: Save the Children, Ministerio de Servizos Sociais e Igualdade, documentos da OMS. b) Fontes secundarias: - Busca no catálogo de bibliotecas da Universidade de Santiago: Dialnet e Iacobus. - Busca no google académico. - Bases de datos electrónicas: MEDES, IBECS, Biblioteca Cochrane Plus, Scielo, Pubmed e Chemedia. 4.2.2. Estratexia de busca: as palabras clave empregadas para a busca en lingua castelá foron: “violencia de género”, “violencia doméstica”, “consecuencias en menores”, “violencia niños” e “violencia familiar”. Cando os termos para a busca eran en lingua inglesa: “gender violence children” e “domestic violence”. 4.3. Selección de estudos: 4.3.1. Criterios de inclusión: Selecciónanse aqueles artigos de revista, estudos ou revisións que tiñan contido sobre as consecuencias da violencia de xénero en menores no noso país, nunha liña de tempo posterior ao ano 2005 e ata a actualidade, e con acceso ao texto de balde. 4.3.2. Criterios de exclusión: elimináronse todos os artigos anteriores ao ano 2005 e escritos en linguas que non foran español ou inglés. Tamén se 9 excluíron os que non se tratasen de estudos ou revisións (e calquera outro que non se reflexa nos criterios de inclusión), os que se centraban nunha sola consecuencia da violencia de xénero nos menores, os que falaban de menores en xeral sen centrarse en nenos menores de seis anos e os que falaban só de violencia de xénero ou maltrato infantil. Empregando este tipo de estratexias, iniciouse unha primeira busca cun resultado inconmensurable, polo que se procedeu primeiramente a realizar unha criba, tan so co ano de publicación (do ano 2005 en adiante). A cantidade de artigos continuaba sendo moi grande polo que se procedeu a realizar varias cribas: unha excluíndo todos aqueles artigos que non falasen dos nenos e nenas da nosa cultura, outra eliminando os documentos que non foran de balde e outra eliminando todos aqueles documentos que non foran estudos, revistas ou revisións. O resultado diminuíu bastante, quedando un número razoable para poder ler os títulos (335) e continuar coa busca. Trala lectura deses títulos seleccionáronse 62 documentos, eliminando 25 que estaban duplicados. Posteriormente, realizouse outra selección, lendo os resumos deses documentos e, finalmente, se seleccionaron os restantes, un total de 39. Por último, escolléronse os que trataban as consecuencias da violencia de xénero en menores como motivo central do estudo, eliminando os que facían unha pequena cita, os que falaban só do maltrato infantil ou os que só falaban das mulleres como vítimas desta violencia. Os 20 documentos analizados e seleccionados para a elaboración do traballo, aparecen detallados nas seguintes táboas. A busca nas diferentes bases de datos realizouse segundo se expón a continuación: - MEDES: Medicina en Español, buscador de acceso de balde a través de Internet da compañía farmacéutica Lilly, onde podemos atopar artigos desde o ano 2001 ata o día de hoxe. 16 - Protección que exerza a figura materna ou o entorno familiar do/a menor. - Acumulación doutros factores estresantes: Abuso de substancias psicoactivas por parte do maltratador, inestabilidade laboral, precariedade económica, etc. Factores de protección: - Capacidades innatas dos nenos e nenas como temperamento tranquilo e fácil ou altas habilidades cognitivas. - Presenza dun adulto que fomente os recursos propios do neno ou nena e fortaleza a súa capacidade de resiliencia. - Resposta adecuada da nai a pesar dos seus problemas. - Comunicación entre as nais e os seus fillos/as. - Apoio da familia extensa. - Ruptura do círculo de violencia entre os pais e unha relación amable e libre de violencia unha vez decidan separarse. - Delimitación clara entre o matrimonio e os fillos/as (evitando a implicación destes nos conflitos entre os pais). - Formación dos e das profesionais que atenden ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Resultados relacionados co obxectivo secundario número 2: Coñecer os diferentes modelos explicativos sobre as consecuencias dos nenos expostos a este tipo de violencia. Alén dos diferentes estudos que hai sobre este tema, existen diferentes modelos teóricos sobre as consecuencias nos nenos e nenas da exposición á violencia de xénero e, cada unha delas, decántase por diferentes procesos ou mecanismos que están implícitos no comezo dos síntomas relacionados: - Teoría do apego: Segundo esta teoría, existe unha alta posibilidade de que os menores que estean expostos a violencia de xénero, dende idades moi temperás, desenvolvan patróns desorganizados de vinculación, o que provoca efectos negativos no seu desenvolvemento. Deste xeito, os nenos e nenas que son maltratados teñen maior probabilidade de desenvolver lazos inseguros ao non recibir apoio emocional dos adultos que os aterran. Ademais, o motivo de 17 moitas das patoloxías infantís ven dado polo vínculo de apego desorganizado cos coidadores/as principais, xa que si este está ausente ou deteriorado, poden xerarse ditas patoloxías. Cicchetti, Toth & Lynch, 1995 citando en Lizana (2014). - Teoría da aprendizaxe social: esta teoría expón a idea de que existe un “ciclo da violencia”, é dicir, a conduta violenta pode transmitirse de xeración en xeración. Segundo isto, os menores expostos a violencia familiar tenden a desenvolver estratexias de afrontamento do estres e da resolución de problemas caracterizadas polo uso da violencia, lexitimada polo aprendizaxe intrafamiliar. Deste xeito, o neno ou a nena pode identificarse co agresor, adoptando o mesmo comportamento (manipulando e coaccionando os demais) ou coa vítima (adoptando comportamentos de submisión, autoculpabilización, etc .). Cando os menores adoptan estas condutas, o neno acostuma a desenvolver o rol de maltratador e a nena de submisa. Duarte, 2007 citando en Lizana (2014) - Teoría do trauma: segundo esta teoría, a perda ou ameaza asociada á situación da violencia de xénero, crea un ambiente moi tenso para os nenos e nenas. Ademais, a exposición crónica e severa pode provocar no/a menor unha sintomatoloxía máis grave que outro tipo de situacións, debido ós altos niveis de medo, terror, desamparo e impotencia que xera a situación de que, el/ela e a súa nai, poidan morrer ou ser feridos. McNally, 1993; Moreno, 1999; Terr, 1990 citado en Lizana (2014). - Teoría do desenvolvemento: partindo da idea de que unha familia onde exista violencia de xénero é un ambiente inadecuado para a educación dun menor, esta teoría indica que as experiencias temperás proporcionan a base para as posteriores adaptacións ó medio. Polo tanto, a exposición á violencia familiar durante a primeira infancia, proporcionará efectos negativos máis fortes e prolongados na adaptación a futuras experiencias. Ademais, intúe que esta violencia vai afectar ó desenvolvemento emocional, cognitivo e comportamental do/a menor, aínda que o impacto sobre este ou esta, dependerá da etapa do desenvolvemento na que se atope e os recursos persoais e ambientais dos que dispoña para facerlles fronte. Lizana (2014). 18 - Teoría de la Resiliencia: Esta teoría explica que, algúns nenos e nenas presentan unha gran capacidade para afrontar con éxito o estres e os eventos adversos que se lles presentan, como a violencia de xénero que acontece nos seus fogares. Para que isto aconteza, deben intervir varios factores das súas vidas (a súa intelixencia, o seu temperamento, o seu control interno, a súa familia, o ambiente da comunidade, etc). Non todos os nenos e nenas expostos a esta violencia presentan problemas, xa que a capacidade de resistencia fronte as adversidades varía dependendo do suxeito. Esta teoría se usa para explicar a sorprendente adaptación e benestar dos nenos e nenas que son criados en ambientes desfavorables e negativos, con altas posibilidades de desencadear traumas. Hughes, Graham-Bermann & Gruber, 2001 citado en Lizana (2014). - Teoría ecolóxica: esta teoría, proposta por Bronfenbrenner en 1987, explica que o desenvolvemento humano depende da relación que o suxeito manteña co ambiente que o rodea. Dita relación é posible a través de catro estruturas interdependentes que flúen mediante redes sociais: o microsistema (do que forman parte as características persoais do suxeito) o mesositema (familia, escola e comunidade), o exosistema (familia extensa, gobernos, servizos locais e medios de comunicación) e, por último, o macrosistema (organización social, política, legal e os valores socioculturais que a rexen). Polo tanto, si aplicamos o enfoque ecolóxico, o nivel de axuste naqueles menores expostos a violencia de xénero depende, en gran medida, dunha serie de características persoais, familiares e socioculturais. A continuación preséntase unha lista, que sintetiza diversas clasificacións de distintos autores das consecuencias que sofren os menores expostos a este tipo de violencia, atendendo a aspectos individuais, do entorno e escolares (Save the Children, 2008; Sierra, 2011; Ballabriga & Bonillo, 2014: Lizana, 2014; Mohand, Carracedo & Herrera 2014; Patró & Limiñana, 2005): 19 Nivel individual Físicas -Trastornos no desenvolvemento (retraso no crecemento). -Trastornos alimenticios (inapetencia, anorexia, bulimia, etc). -Trastornos no sono (pesadelos e patróns interrompidos). -Regresións (déficits en habilidades motoras e control de esfínteres). -Síntomas psicosomáticos (alerxias, asma, cefaleas, dolor abdominal, enurese nocturna, deformacións óseas, eritemas no cueiro, etc). Madurez evolutiva -Alto nivel de egocentrismo. -Gran dependencia materna. -Ausencia de interiorización de límites, non asumen normas. -Condutas irreflexivas: gran dificultade para tolerar a frustración, dificultade para anticipar, planear e esperar. Emocionais -Ansiedade e angustia. -Trastorno de estres post-traumático (TEPT- con síntomas como a reexperimentación do evento traumático, síntomas de activación como a hipervixilancia e o retraemento emocional). -Ira e hostilidade. -Depresión (intimamente relacionada coa ansiedade) e illamento. -Agresividade non canalizada (de carácter interno): provoca alto grao de frustración e elevada excitabilidade). -Trastornos na autoestima (inseguridade e sensación de perda). -Trastornos no apego e na vinculación. -Temor a saír de casa. -Ambivalencia. -Insensibilización do afecto -Sentimentos de culpabilidade: pensan que os episodios violentos son provocados por eles ou elas. -Alteracións no desenvolvemento afectivo, dificultades na expresión e o manexo de emocións coa interiorización e o aprendizaxe de modelos violentos e posibilidade de repetilos, tanto vítima como agresor, e a manifestación de roles de xénero erróneos. Cognitivas -Retraso no aprendizaxe da linguaxe e o desenvolvemento verbal. -Retraso no desenvolvemento cognitivo. -Alteración do rendemento escolar. -Dificultade para manter a atención e a concentración. -Problemas para dominar emocións. -Percepción inmediata pola afectividade. 20 -Pouca calidade de pensamento lóxico. Razoamento pobre. Condutuais -Agresividade (síntoma máis común) -Condutas antisociais e delituosas. -Crueldade con animais. -Rabechas, desinhibicións, inmadurez, etc. -Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) -Toxodependencias. -Condutas autodestrutivas. -Baixa integración a nivel grupal. -Parentalización das nenas e nenos, asumindo roles parentais e protectores da nai que non lles corresponden pola súa idade. -Continuas queixas físicas. -Regresións nos hábitos de hixiene. -Conduta esixente. Táboa 10. Consecuencias a nivel individual. Elaboración propia a partir da síntese de diversos autores (Save the Children, 2008; Sierra, 2011; Ballabriga & Bonillo, 2014: Lizana, 2014; Mohand, Carracedo & Herrera 2014; Patró & Limiñana, 2005). En relación co medio (familia e grupo de iguais) -Desconfianza cara o entorno e gran necesidade de aprobación externa. -Excesivamente responsables: dende pequenos se lles obriga a responsabilizarse e asumir como seus problemas familiares. -Problemas de socialización, illamento e inseguridade. -Condutas agresivas. -Dificultade para relacionarse. -Dificultade para establecer relacións de empatía e confianza. -Dificultade para amosar sentimentos. -Establecemento de poder e control nas relacións de iguais. -Comportamento centrado na busca de aprobación. -Violencia física e psicolóxica cos compañeiros e compañeiras. -Escasas habilidades sociais. -Introspección ou retraemento. 21 -Rexeitamento. -Conduta desafiante. Táboa 11. Consecuencias en relación co medio. Elaboración propia a partir da síntese de varios autores (Save the Children, 2008; Sierra, 2011; Ballabriga & Bonillo, 2014: Lizana, 2014; Mohand, Carracedo & Herrera 2014; Patró & Limiñana, 2005). Resultados relacionados co obxectivo secundario número 3: Coñecer os problemas que poden darse na aula como consecuencia desta violencia. No medio escolar -Problemas de aprendizaxe. -Medo de ser ridiculizado no colexio. -Dificultade para concentrarse ou, pola contra, realización de tarefas de forma obsesiva. -Dificultade para estudar, mostrándose moi perfeccionista e con gran ansiedade polos erros que cometen. -Problemas lingüísticos. -Absentismo escolar inxustificado. -Fracaso escolar. -Moitos dos efectos mencionados a nivel individual e de interacción co medio danse no medio escolar xa que é o lugar onde o menor relaciónase máis co seu grupo de iguais e con outros adultos de referencia. Táboa 12. Consecuencias no medio escolar. Elaboración propia a partir da síntese de varios autores (Save the Children, 2008; Sierra, 2011; Ballabriga & Bonillo, 2014: Lizana, 2014; Mohand, Carracedo & Herrera 2014; Patró & Limiñana, 2005). Nunha investigación feita polo RACP (Registro Acumulativo de Casos Psiquiátricos) detectouse que case o 60% dos menores que estaban expostos a violencia familiar directa ou como testemuñas presentaban o diagnóstico de Estres Postrumático (trastornos no comportamento, inhibición, trastornos do sono, ánimo depresivo, trastornos esfinterianos e exceso de apego á figura materna) (Pedreira, 2003 citado en Sepúlvedra, 2006). 22 Resultados relacionados co obxectivo secundario número 4: Coñecer as consecuencias que a violencia familiar produce nos nenos e nenas de Educación Infantil. Seguindo unha orde cronolóxica e evolutiva (dende o embarazo da nai ata os seis anos), preséntanse as consecuencias que se producen nestes nenos e nenas atendendo o seu desenvolvemento xa que, dependendo da idade, os efectos son diferentes. Moitas das mulleres que sofren violencia de xénero están embarazadas e o estres ó que están sometidas afecta os niveis hormonais de cortisol que inciden en baixos crecementos fetais (desenvolvemento escaso do cerebro e defectos na mielinización que se asocian a síndromes de hiperactividade). As consecuencias de sufrir maltrato físico ou psicolóxico poden derivar en aborto espontáneo, parto prematuro, baixo peso ó nacer, mortalidade perinatal e malformacións no feto. Ademais, estas mulleres fan un menor seguimento do embarazo, teñen máis interrupcións voluntarias do mesmo, participan menos na preparación do parto e teñen máis posibilidades de consumir substancias psicoactivas como alcohol ou ansiolíticos. Nos primeiros anos de vida o desenvolvemento do cerebro é máis vulnerable ó impacto das experiencias traumáticas, o que pode levar a un cambio na organización do cerebro con consecuencias no manexo do estrés máis adiante (causando unha depresión do sistema inmune por estres crónico). As consecuencias que pode sufrir dependendo do nivel evolutivo no que se atopen son as seguintes (Save the Children, 2008; Ballabriga & Bonillo, 2014; Lastra, 2014): Bebés(0-3 anos) Idade Preescolar (3-6 anos) Condutuais -Irritabilidade -Choro incontrolable. -Agresividade -Enurese -Encopresis -Medo a durmir só -Problemas no comportamento. Emocionais -Angustia -Dificultades de vinculación. -Perciben o medo e a ansiedade da nai. -Desconfianza e abandono emocional. -Medos -Ansiedade Tristeza -Preocupación pola nai -Dificultades na expresión de rabia e 23 agresividade -Trastorno de estres postraumático. Físicos -Problemas de sono -Retrasos no desenvolvemento da linguaxe -Trastornos na alimentación -Estancamento de peso -Ffalta de control de esfínteres. -Alto nivel de actividade motora -Terrores nocturnos -Tentativas de chamar a atención e de aferrarse a actos regresivos -Trastornos na alimentación -Estancamento de peso -Falta de control de esfínteres. Cognitivos -Dificultades de comprensión. -Comprensión limitada -Sentimentos de culpabilidade. Sociais -Falta ou desorganización do apego. -Problemas de interacción con os iguais ou adultos -Relación ambivalente coa nai ( figura coidadora principal). Taboa 13. Clasificación evolutiva dos fillos/as expostos a violencia de xénero(0-6 anos) Elaboración propia a partir da síntese de diversos autores (Save the Children, 2008; Ballabriga & Bonillo, 2014; Lastra, 2014). Nunha mostra de nais que foran obxecto da violencia doméstica, o 50% dos bebés eran clasificados como nenos con vínculos de apego desorganizados. A figura de apego (a nai neste caso) é unha fonte tanto de medo como de tranquilidade e confort, e se a nai maltratada experimenta estres, os nenos e nenas tenden a ser temerosos (Zeanah et al., 1999, citado en Save the Children, 2008). A exposición a violencia pode clasificarse en dous tipos, directa ou indirecta, aínda que aos fillos e fillas das mulleres vítimas do maltrato se lles tipifica dentro da violencia indirecta alegando que eles non sofren directamente a violencia, os gritos, os golpes, os insultos, etc. A pesar disto, os nenos e nenas que están expostos a violencia dun xeito indirecto, ás veces, sofren consecuencias maiores, a longo prazo, que os que están expostos directamente. Autores como Espinosa Bayal (2004, citado en Ordóñez e González, 2012) din que hai unha serie de características comúns á exposición directa e indirecta da violencia: 1. Exposición directa (os fillos e as fillas experimentan o mesmo tipo de maltrato que a nai como insultos, ameazas, humillacións, maltrato físico, etc): 24 - Consecuencias físicas: (exceptuando lesións) retraso no crecemento, alteracións do sono e da alimentación, retraso no desenvolvemento motor, etc. - Alteracións emocionais: ansiedade, depresión, baixa autoestima, trastorno por estrés post-traumático, etc. - Problemas cognitivos: retraso na linguaxe, absentismo escolar, fracaso escolar, etc. - Problemas de conduta: falta de habilidades sociais, agresividade, inmadurez, delincuencia, etc. 2. Exposición indirecta (a agresión acontece na presenza dos/as fillos/as pero non directamente sobre eles. Escoitan ameazas, ven golpes, perciben e teñen terror, etc.): - Situacións de neglixencia ou abandono, por incapacidade das nais para atender as necesidades básicas dos nenos e nenas, dada a situación física e emocional na que se atopan. - Problemas de vinculación afectiva e relacións de apego, pola incapacidade dos agresores para establecer unha relación cálida e afectuosa próxima cos seus fillos e fillas. 6. DISCUSIÓN DOS RESULTADOS. Antes de iniciar a análise dos datos obtidos resulta importante aclarar a necesidade de ser precavidas ao considerar os resultados atopados nesta investigación pois, dado o pequeno número de participantes, os datos deberán considerarse como valores que falan de posibles efectos e consecuencias. Ademais, cada suxeito é diferente e isto provoca que as consecuencias e os factores de protección e risco tamén sexan distintos para cada un. Comezando polo número de participantes, ningún estudo ten suxeitos de abondo como para poder xeneralizar os datos, mais ben, isto suxire a necesidade de seguir estudando e investigando sobre este tema. Por outro lado, é necesario realizar investigacións sobre nenos e nenas menores de doce anos, pois son escasas, e pode dicirse que son o colectivo máis vulnerable por non ter a posibilidade de defenderse ou buscar axuda para resolver este problema. Fantuzzo (1999, citado en Patró e Limiñana, 2005) destacaba a vulnerabilidade dos nenos menores de 5 anos expostos a conflitos domésticos, debido a que a esta idade a 25 madurez cognitiva e social non é completa. Ademais, noutro estudo da AAP (2012) faise fincapé no risco que supón este tipo de experiencias durante os primeiros anos da infancia, xa que pode afectar seriamente o desenvolvemento do cerebro e do sistema nervioso central. Ata o momento, Bronfenbrenner (1987, citado en Mohand, Carracedo e Herrera, 2014) é o único que fala da teoría ecolóxica, relacionando dita teoría cos factores de risco e protección dos nenos e nenas expostos a violencia de xénero. Alega que existen condicionantes internos e externos que poden influír no estilo de afrontamento e, por conseguinte, no nivel de sufrimento do menor xa que o nivel de axuste naqueles menores que están expostos depende, en gran medida, dunha serie de características persoais, familiares e socioculturais. Sen embargo, moitos estudos (Save the Children, 2008; Lastra, 2011; Ballabriga e Bonillo, 2014) clasifican os factores de protección e de risco dun xeito máis específico, detallando cales son aspectos internos e externos que afectan, ó suxeito, á hora de estar expostos a violencia familiar. Outros estudos como o de Ordóñez e González Sánchez (2011) fan só referencia aos factores de risco e outros non aluden nin aos factores de risco nin aos de protección, aínda que mencionan que cada persoa é diferente e as consecuencias do maltrato afectaranlle dun xeito distinto dependendo dunha serie de circunstancias. Outra teoría que cabe sinalar é a da aprendizaxe social. Tan só no estudo de Lastra (2011), deféndese a idea de que cando unha persoa padece durante a súa infancia malos tratos ou é testemuña deles sobre a súa nai, na adultez, pode afrontalo cun rexeitamento total da violencia polo terror vivido. Pola contra, outros autores pensan que as persoas que viviron agresións dun xeito normal na súa familia reproducen este tipo de conduta sen darlle importancia, xa que é algo común para eles ou elas (Baker e Cunningham, 2005; Prado e González, 2012). Ao marxe destes estudos, a gran maioría dos autores/as, amosan unha serie de roles que poden desempeñar, nun futuro, os menores que sufriron violencia de xénero (rol de coidador, de confidente coa nai, de confidente co agresor, de asistente co agresor, do neno perfecto ou de árbitro). Os resultados que proceden de estudos sobre como afecta a violencia de xénero aos fillos e fillas das nais vítimas, mostran que a maior parte dos nenos e nenas afectados 32 Espinar-Ruiz, E., & López-Monsalve, B. (2014). Children Exposed to Intimate Partner Violence Against Women in Spain. A quantitative analysis. Multidisciplinary Journal of Gender Studies, 3(3), 509-529. Save the Children, (2008). Manual de atención a niños y niñas víctimas de la violencia de género en el ámbito familiar. Recuperado de http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/157/Manual%20Atencion%20Castellano %20final.pdf 33 Anexos http://www.congresoestudioviolencia.com/2012/articulo24.php