scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 29-06-2022, polo que se aproba a Normativa sobre prelación de categorías de profesorado e determinación da antigüidade para efectos internos na USC

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xuño de 2022 aprobou a normativa sobre prelación de categorías de profesorado e determinación da antigüidade para efectos internos na USC, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8D78-950B-4BD5-BAB6 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 1 / 6 Normativa sobre prelación de categorías de profesorado e determinación da antigüidade para efectos internos na USC Os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados por Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de agosto de 2014), establecen no seu artigo 16 que, "cando sexa de aplicación para efectos internos, o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela entenderase referido ao tempo de permanencia nela dentro da categoría de que se trate". Ao tempo, a disposición adicional 4ª deste texto establece: Para os efectos de prelación entre as categorías establecidas no artigo 16, os corpos e categorías ordénanse do seguinte xeito: 1. Catedráticos de universidade en activo ou eméritos. 2. Profesores titulares de universidade e catedráticos de escola universitaria en activo ou eméritos. 3. Profesores titulares de escola universitaria e profesores contratados doutores. 4. Profesores colaboradores. 5. Profesores axudantes doutores. 6. Axudantes. 7. Profesores asociados. 8. Outro persoal docente e investigador contratado. Co fin de desenvolver o establecido no texto estatutario, o Consello de Goberno da Universidade, en sesión celebrada o 4 de febreiro de 2015, aprobou unha Normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para efectos internos na USC, na que se definen os criterios que deben ser empregados para determinar a antigüidade do PDI, e se completa a clasificación en grupos das diferentes figuras de profesorado existentes. Porén, a aplicación destes criterios ao longo dos útlimos anos xerou algúns efectos non desexados, ou que, cando menos, semellan contrarios ao espírito da norma, como o que se produce cando dúas ou máis persoas que na mesma data asinan un contrato ou toman posesión dunha praza dun grupo superior a aquel ao que pertencían, ven alterada a súa posición relativa en termos de antigüidade, de tal xeito que a persoa que tiña maior antigüidade antes da sinatura do contrato ou da toma de posición pode non selo despois. Por outra banda, a citada Normativa establecía algúns criterios, como o que figuraba no seu apartado cuarto a respecto da prelación dentro de cada grupo do profesorado acreditado para unha categoría superior, que estaban motivados por situacións conxunturais como era a existencia de bolsas de profesorado acreditado, nalgúns casos de dimensións considerables, que tiñan un horizonte incerto con respecto á súa promoción. A disolución ou a redución significativa destas bolsas, e as perspectivas de promoción do profesorado acreditado nun tempo razoable, aconsellan eliminar da normativa este tipo de criterios. Algo semellante acontece cos períodos de contratación en figuras de profesorado temporal debidos á interrupción ou adiamento de procesos de estabilización producidos no marco da crise económico-financeira da pasada década. Tamén neste caso parece razoable Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8D78-950B-4BD5-BAB6 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 2 / 6 eliminar da normativa as excepcións que figuraban no texto anterior. En consecuencia, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa reunión do 29 de xuño de 2022, tras o acordo da Mesa de PDI celebrada o día 22 de xuño de 2022 e do informe favorable da Comisión de Organización Académica e Profesorado do día 23 de xuño de 2022, acorda aprobar a seguinte: Normativa sobre prelación de categorías de profesorado e determinación da antigüidade para efectos internos na USC Artigo 1. Obxecto Esta Normativa ten por obxecto definir os criterios para a prelación entre as diferentes categorías e figuras de profesorado e para a determinación de antigüidade do persoal docente e investigador para efectos internos na USC. Artigo 2. Ámbito de aplicación Esta Normativa será de aplicación en todos aqueles procesos internos da Universidade en que sexa preciso determinar a prelación entre dous ou máis membros do PDI. Artigo 3. Categorías de profesorado 1. De acordo co establecido na disposición adicional cuarta dos Estatutos, e para os efectos desta Normativa, os diferentes corpos docentes e figuras de profesorado organízanse nos seguintes grupos, por orde de prelación: a) Grupo 1, do que forman parte os catedráticos/as de universidade e o profesorado emérito que á súa xubilación pertencía a este corpo docente. b) Grupo 2, do que forman parte o profesorado titular de universidade, os catedráticos/as de escola universitaria e o profesorado emérito que á súa xubilación pertencía a estes corpos docentes. c) Grupo 3, do que forman parte o profesorado titular de escola universitaria, o profesorado contratado doutor, o persoal docente procedente da antiga Escola de Graduados Sociais, integrada na USC polo Decreto 241/1991, do 4 de xullo, o profesorado funcionario interino. d) Grupo 4, do que forman parte o profesorado colaborador e os lectores/as de linguas modernas. e) Grupo 5, do que forma parte o profesorado axudante doutor, e o persoal investigador contratado ao abeiro de programas posdoutorais competitivos, como o Ramón y Cajal, Marie Curie, Juan de la Cierva, etc. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8D78-950B-4BD5-BAB6 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 3 / 6 f) Grupo 6, do que forman parte os axudantes. g) Grupo 7, do que forman parte o profesorado asociado e o profesorado asociado de Ciencias da Saúde. h) Grupo 8, do que forman parte o profesorado interino de substitución e o restante persoal docente e investigador non integrado en corpos ou categorías asimilados aos anteriores. 2. Todas as categorías incluídas en cada un dos grupos mencionados no apartado 1 teñen a mesma prelación, polo que o período de permanencia nas diferentes categorías que integran cada grupo será computado conxuntamente. 3. Ademais das categorías incluídas en cada un dos grupos mencionados, formarán parte deles os corpos e categorías equiparados legalmente aos integrados neles. 4. O profesorado cuxa contratación fose declarada indefinida por sentenza xudicial incluirase no grupo ao que pertenza a categoría de referencia. Artigo 4. Criterios para a determinación da prelación e antigüidade do PDI 1. Para determinar a prelación e antigüidade de dous ou máis membros do persoal docente e investigador teranse en conta sucesivamente os seguintes criterios: a) O corpo ou categoría ao que pertencen e o lugar que ocupa o grupo correspondente na relación ordenada que se recolle no artigo 3 desta Normativa. b) O tempo total de permanencia na Universidade de Santiago de Compostela dentro das categorías integradas no grupo de prelación ao que pertencen na actualidade. De persistir o empate computarase o tempo total de permanencia na Universidade de Santiago de Compostela dentro das categorías do grupo de prelación inmediatamente anterior, e así sucesivamente. Se a pesar de todo persistise o empate, considerarase máis antigo o membro de máis idade. 2. Para determinar a antigüidade dun membro do persoal docente e investigador dentro dun corpo docente ou dunha categoría de profesorado terase en conta a data de toma de posesión ou de sinatura do contrato, segundo corresponda. 3. As situacións de comisión de servizos e de excedencia con reserva de posto, e as licenzas por ano sabático do persoal docente e investigador da USC non alteran a súa vinculación con esta para os efectos de determinar a súa antigüidade. Disposición adicional Para os efectos da presente normativa, os servizos prestados en figuras de profesorado existentes antes da aprobación da Lei Orgánica de Universidades equipáranse do seguinte xeito: a) Os axudantes e profesores asociados doutores que non compatibilizasen a súa Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8D78-950B-4BD5-BAB6 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 4 / 6 actividade con outra fóra da universidade quedan equiparados ao grupo 3. b) Os axudantes e profesores asociados non doutores que non compatibilizasen a súa actividade con outra fóra da universidade quedan equiparados ao grupo 4. c) Os profesores asociados que compatibilizasen a súa actividade con outra fóra da universidade quedan equiparados ao grupo 7. Disposición transitoria Durante os cursos 2022-23 e 2023-24, dentro de cada un dos grupos delimitados no artigo 3.1 o profesorado acreditado para unha categoría superior terá prelación sobre os demais integrantes do grupo. O profesorado que se encontre nesta situación ordenarase en función da categoría para a que estea acreditado. Disposición derrogatoria Queda derrogada a Normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para efectos internos na USC, aprobada en Consello de Goberno do 4 de febreiro de 2015, así como calquera outra disposición que se opoña á presente Normativa. Disposición final Esta Normativa entrará en vigor ao inicio de curso 2022-2023. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8D78-950B-4BD5-BAB6 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 5 / 6 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 04/07/2022 09:17:45. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 01/07/2022 17:23:38. CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8D78-950B-4BD5-BAB6 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8D78-950B-4BD5-BAB6 6 / 6