Full text
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil Traballo Fin de Grao Grao en Xornalismo Autor: Iván García Calaza Titor: Xosé López García Santiago de Compostela, xaneiro 2019
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 2 Índice 1. Introdución 4 2. Xustificación 4 3. Obxecto de estudo 5 4. Obxectivos 5 5. Hipótese 6 6. Metodoloxía 7 7. Situación política, económica e social 9 7.1 España: perda das colonias e crecemento económico 9 7.2 Galicia: poboación rural e inicio do nacionalismo 14 7.2.1 Agrarismo 15 7.2.2 Movemento obreiro 17 7.2.3 Rexionalismo 17 7.2.4 Irmandades da Fala 18 7.2.5 Contexto social: as enfermidades 19 7.3 Vilalba: fiel reflexo da realidade galega 21 7.3.1 Poboación vilalbesa 21 7.3.2 Caciquismo 22 7.3.3 Emigración 22 7.3.4 Movemento obreiro lucense 23 7.3.5 Educación vilalbesa 24 7.3.6 Primeiras comunicacións 25 7.3.7 A Irmandade da Fala vilalbesa 26
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 3 8. Da prensa nacional á comarcal: a finais do século XIX e comezos do XX 27 8.1 A prensa en España 27 8.2 A prensa en Galicia 30 8.2.1 Influencia do agrarismo 32 8.2.2 Influencia do movemento obreiro 33 8.2.3 A presenza do Rexionalismo 33 8.2.4 Nova centuria 34 9. Análise da prensa vilalbesa 36 9.1 Tendencias máis xerais da prensa vilalbesa 38 9.2 Análise esquemático dalgúns aspectos da prensa vilalbesa 39 9.3 Faro Villalbés, o único recuperado integramente 50 9.3.1 Contrario ao caciquismo 51 9.3.2 Defensa da educación 52 9.3.3 A relixión católica 54 9.3.4 Aspectos de progreso 54 9.3.5 Partido Republicano Galego 55 9.3.6 Un Estatuto para Galicia 56 9.3.7 Sociedade 57 9.3.8 Cultura e deporte 58 9.3.9 Outros aspectos relacionados: curiosidades e datos 60 9.4 Outras publicacións a modo de comparación 65 10. Conclusións 70 11. Referencias bibliográficas 72
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 4 1. Introdución O século XX estivo marcado por múltiples acontecementos cuxas consecuencias chegan ata a actualidade. No apartado da información e da comunicación, a comezos deste século, foi cando os xornais se consolidaron como as principais fontes de información, aínda que xa apareceran nas dúas centurias anteriores. A prensa pasou a ser a narradora dos feitos que estaban cambiando o mundo. Este mesmo fenómeno deuse, non só nas grandes cidades, senón tamén nas vilas máis pequenas. Vilalba (Lugo) é un claro exemplo. Nesta localidade xurdiron no primeiro terzo do século XX, polo menos, vinte publicacións. Moitas delas eran feitas de maneira artesanal e duraban pouco na rúa, pero contribuíron e influíron, dunha ou doutra maneira, en Vilalba e na súa comarca. - Palabras chave: Prensa vilalbesa, Vilalba, Século XX 2. Xustificación No medio dun mundo cada vez máis globalizado dáse a curiosidade de que o local nunca perdeu a súa importancia e, incluso, cada vez poida que teña máis. O que pasa na túa zona, o que inflúe na túa xente segue importando; de aí a insubstituíble presenza da prensa local. Un modelo distinto ó resto que non se adoita estudar en profundidade. E como vemos é algo tamén con historia e cunha presenza que se mantén no tempo. Neste caso, a destacada aparición dunha importante cantidade de medios vilalbeses nos primeiros anos do século XX non deixa de ser algo curioso tendo en conta que non estamos falando dunha gran cidade nin dun lugar cun gran poder industrial (a sociedade era, e segue sendo, eminentemente agraria e gandeira). A falta de investigación sobre estes aspectos tamén o fai interesante, xa que si hai certos documentos que falan sobre algúns aspectos, pero sen unha análise en profundidade.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 5 3. Obxecto de estudo O obxecto principal de estudo son os medios vilalbeses que apareceron no século XX ata o estalido da Guerra Civil (1936). A análise da maioría será algo máis xeral debido a que moitos deles non se conservan (incluso ningún número), pero si se coñece algún dato sobre eles pola súa aparición precisamente nas outras publicacións veciñas e algunhas coetáneas. Nesta análise xeral trataremos de buscar aspectos comúns para ver así as diferenzas entre un e outros. Elementos como: - Quen estaba detrás - Quen escribía nel - Contidos - Ideoloxía - Publicidade - Periodicidade, distribución e ventas - Idioma - Evolución da cabeceira Máis en profundidade estudaremos o Faro Villalbés, xa que se trata do único periódico que se conserva integramente e na súa versión orixinal. Trataremos de entender o seu relato a través de despezar os seus contidos máis destacados. 4. Obxectivos Nas datas nas que situamos o noso traballo temos que ter en conta o tipo de prensa que chegaba a Vilalba a maiores da que había no pobo. Por onde se informaba a xente? Temos en conta que nesta época aínda non existían outro tipo de medios de información que non fose a prensa, é dicir, non chegara a radio, nin por suposto a televisión. Entón os medios vilalbeses facíanse eco só das novas da vila ou incluían temas de ámbito máis nacional para informar os seus veciños?
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 6 Polo tanto os obxectivos van ser poñer en valor a importancia da prensa local na vida social, aínda que nos seus inicios non tivera unha incidencia moi grande (comprobarémolo ó longo do traballo). Non obstante, para que algo colla forza primeiro ten que comezar. Tentaremos destacar eses aspectos máis positivos do valor da información local. Algúns parecen máis ca evidentes dende o momento no que te planificas facer un traballo sobre algo histórico. Eses propios documentos aportan datos e serven para ter constancia da historia dun pobo. Cos contidos a analizar tentaremos demostrar esta premisa e buscaremos outras que nos axuden a destacar a importancia da prensa local. 5. Hipótese Como vimos comentando dáse algo en Vilalba que tamén aconteceu noutros concellos e comarcas galegas, que foi a aparición da prensa local. Non obstante, na localidade lucense prodúcense un gran número de publicacións en menos de trinta anos que fai deste caso un pouco máis particular. Por iso propoñemos unha serie de hipóteses que por un lado tentarán demostrar o porqué da súa aparición. Os promotores destes xornais buscaban intervir de maneira activa na vida política e social da Vilalba da época. Para eles a prensa era un medio para expandir a súa propaganda política na maior parte dos casos. Era usada da mesma forma tanto por uns partidos como por outros, sen distinción na ideoloxía. Botando unha ollada a outras zonas vemos como poucos xornais locais desta época perduraron no tempo, pero houbo casos nos que si. Por exemplo, o de La Comarca del Eo en Ribadeo, La Voz de Ortigueira na vila coruñesa que xa aparece na cabeceira do xornal e tamén o Heraldo de Vivero. Todas esas publicacións seguen vixentes hoxe de distintas maneiras, no caso de La Comarca del Eo asociada ao grupo El Progreso. Nas outras dúas segue sendo case a mesma tradición familiar que o comezou a facer (aínda que no Heraldo de Vivero foron distintos os donos despois da posguerra). En Vilalba non se deu o caso porque os promotores, nalgún caso, foron morrendo e ninguén continuou o seu legado e, noutros, porque coa chegada da guerra civil acabou con canta
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 7 publicación había. Ademais, en moitos casos tratábase de xornais feitos de maneira moi artesanal, a un baixo custo e como unha actividade complementaria. Sabendo que a sociedade era eminentemente agraria e que os índices de escolarización tampouco eran moi elevados, a incidencia que estes xornais podían ter na xente da época era escasa. O seu coñecemento chega a un reducido grupo da poboación urbana de Vilalba. A poboación das aldeas do redor non eran conscientes desta gran actividade xornalística. Detrás deses xornais si se sabe que había algún director ligado a algún partido político. Por aquel entón na vila non existía a figura do xornalista como tal, senón que os que escribían nos periódicos eran coñecidos como colaboradores todos con outro oficio paralelo. 6. Metodoloxía Como comentamos anteriormente no período que imos estudar (primeiro terzo do século XX) houbo en Vilalba (que haxa constancia cando menos) vinte publicacións das cales moitas delas desapareceron ó completo. A chegada da guerra fixo que moita xente non se quedase con algúns destes xornais e decidise desfacerse deles. Outros suponse que mesmo se tiraron sen razón algunha, por non darlle nese momento a importancia que si merecían. Sen embargo, dalgunhas si se conserva algún exemplar que aínda que non nos vai permitir realizar un análise pormenorizado si nos vai dar unha idea dalgúns trazos característicos (ideario, autores, periodicidade,…) para axudar a enmarcar todas as publicacións. Para iso, imos desenvolver unha análise hemerográfica que é a ficha na que se garda información e datos dun determinado xornal. Os datos que adoitan aparecer nunha ficha hemerográfica son: - Título da publicación - Nome do director ou editor - Periodicidade
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 8 - Número da publicación e ano - Lugar de edición En profundidade faremos un estudo de caso do Faro Villalbés por tratarse da última publicación coa que se pecha este período da prensa vilalbesa no primeiro terzo do século XX. A súa fin supuxo cerrar un círculo de case vinte anos de intenso labor periodístico dunha pequena vila do interior galego. Ademais, é o único periódico que se conserva en maior medida e cos números orixinais. A diferenza do resto, dos que tan só persisten números soltos que incapacitan sacar unha idea global da súa traxectoria. Ademais de usar a ficha hemerográfica, trataremos de buscar aspectos como o contexto que rodea ao Faro Villalbés, os contidos que predominan, a forma de construír o relato,…Isto implica unha lectura exhaustiva e pausada das páxinas que compoñen os números do Faro Villalbés; fixándose na posición que ocupan certo tipo de noticias, as novas de apertura, o xeito no que están escritas e máis.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 9 7. Situación política, económica e social O xornalismo non se pode entender sen todo o que pase ao seu redor. Precisamente aí radica unha das súas principais funcións, a de darse conta daquilo que acontece na realidade que vive. A información e a comunicación están na orixe das comunidades. Existe nos seres humanos unha necesidade de relación a través da linguaxe, algo que se viu acrecentado polo poder, especialmente o poder político. As grandes institucións e os grandes imperios valéronse da propaganda para triunfar e ser recoñecidos. Este papel foi substituído pola prensa cando naceu. Á marxe do boca a boca e dos contos, os xornais foron o primeiro medio de difusión xornalística que comezou a cobrar importancia xa nos séculos XVII e XVIII. Amparados por distintas organizacións servían de transmisores de ideas cara un público selecto, xa que a non alfabetización era algo xeneralizado por aquel entón en todo o mundo. Xa ben entrado o século XIX e comezos do século XX viráronse protagonistas da vida diaria de moitos habitantes. Incluso acadan valor histórico xa que aportan moitos datos que contribúen a formar o pasado. Acontecementos que marcaron a historia recente de España e Galicia que detallamos a continuación. 7. 1 España: perda das colonias e crecemento económico No ano 1869 foi recoñecido o dereito ao sufraxio universal masculino por primeira vez en España. Catro anos máis tarde, coa abdicación de Amadeo de Saboya, convocáronse unhas eleccións das que saíu a I República Española. Foron épocas convulsas, xa que había numerosos opositores ao novo réxime e producíronse levantamentos en todo o país. Os gobernos tiñan a protestade para sancionar e suprimir aquelas publicacións que incitasen ao conflito bélico.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 16 Non obstante, si que naceu ese sentimento de loita por querer tomalo mando da situación e rebelarse ante o poder dos amos. É o que se coñece como agrarismo e que xurde a principios do século XX. A xornalista Ana María Rodríguez Rivas defíneo como un movemento urbano e cultural organizado, entre outros, no grupo Solidaridad Gallega, que predicaba ante o campesiñado o espírito de loita contra o caciquismo. Buscaba sentar as bases do diálogo entre os campesiños e os propietarios das terras defendendo aos labregos (Rivas, 2005). Non obstante, puxéronse de manifesto as ansias de furor campesiño que xa estaba farto de tantos abusos. Este movemento foi apoiado polos intelectuais e profesionais que o crían necesario para cambiar a agricultura en beneficio do desenvolvemento de Galicia. Nunha primeira etapa o agrarismo tivo como característica principal a loita entre as sociedades agrarias (“Solidaridad Gallega”, “Unión Campesina”, “Los Antiforistas” ou “Acción Gallega” foron algunhas delas) e os propietarios das rendas. Algúns venderon as terras, pero non foi ata a ditadura de Primo de Rivera (1923-1929) cando o campesiñado galego en xeral puido ser dono das leiras que a súa familia levaba anos traballando, xeración tras xeración. Aquí comezou unha nova etapa para o labrego galego que empezou a buscar a maneira de que as súas propiedades renderan máis, porque sabía que o beneficio ía ser de xeito íntegro para el. Empezáronse a usar fertilizantes e comezouse a explotar o sector cárnico favorecido tamén pola mellora das comunicacións de Galicia con Madrid ou Barcelona por medio do tren. No século XX o número de galegos que se marcharon lonxe das súas fronteiras superou o millón de persoas. Isto visto a nivel español supón preto do 40% da emigración nacional.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 17 7.2.2 Movemento obreiro A pesares de que Galicia era unha poboación eminentemente rural e campesiña, a expansión da economía española permitiu a chegada ao territorio galego de infraestruturas como o tren e o crecemento de cidades como Vigo ou A Coruña. A necesidade de levar a cabo esta construción fixo que nacese a clase obreira. Cara a finais do século XIX, desenvolveuse o movemento obreiro galego que reclamaba aumentos de salario e unha redución da xornada de traballo. 7.2.3 Rexionalismo Na segunda metade do século XIX apareceu o Rexionalismo galego, un movemento que supuxo a recuperación da lingua galega para a escritura, a súa posición como símbolo esencial da patria galega e as raíces dunha nacionalidade en construción (Rivas, 2005). Os autores e intelectuais do rexionalismo mantivéronse moi comprometidos cos problemas que preocupaban á Galicia na época, reivindicando os seus dereitos. Un dos temas que trataron foi o do campesiñado galego e as súas circunstancias. A prensa comezou a ter tamén un papel importante na expansión deste movemento co nacemento dalgún xornal ou a publicación de artigos noutros. Non foi só un caso único do territorio galego, xa que apareceron rexurdimentos culturais e movementos de afirmación nacionalista tamén en Cataluña ou Eskadi. Circunstancia que puxo en dúbida a idea unitaria do Estado español (Ínsua López, 2016).
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 18 7.2.4 Irmandades da Fala O rexionalismo seguiu medrando e no 1916 derivou na constitución das Irmandades da Fala que se foron propagando por distintas localidades das catro provincias galegas e, incluso, na emigración. A idea deste movemento foi esencialmente dos irmáns Villar Ponte, Antón e Ramón, que viron a necesidade de paliar a marxinación a que estaba sometida a lingua galega, o atraso económico da sociedade ou a debilidade política caracterizada polo caciquismo. A maiores, a idea tamén emerxeu da actividade pasiva da Academia Galega que fora creada en 1906, do auxe do movemento catalanista ou a influencia do incremento da loita independentista de Irlanda (Ínsua López, 2004). A primeira Irmandade constituíuse na Coruña o 18 de maio de 1916 na sede da Real Academia Galega encabezada por Antón Villar Ponte que foi nomeado conselleiro primeiro. Sen embargo, o seu irmán Ramón, que tamén fora un dos idealistas quedou como un membro asociado de base (Ínsua López 2004). A constitución contou coa presenza dunha soa muller, Micaela Chao Maciñeira. Poucos días máis tarde, apareceu a Irmandade de Compostela presidida por Lois Porteiro. Nesta institución santiaguesa estaba presente o vilalbés Lois Peña Novo que acababa de licenciarse en dereito na Universidade de Santiago. Aínda así, nese primeiro fervor entusiasta dos “irmandiños” a lingua galega foi o elemento principal, acompañada de máis aspectos como acabamos de citar. Perseguiron o rexurdimento dunha personalidade galega, pero todo estivo condicionado pola súa enorme pluralidade ideolóxica (Ínsua López, 2004) A expansión do movemento por varias vilas e cidades galegas foi en aumento e mesmo tentaron formar un partido político. De feito, nas eleccións de febreiro de 1918, catro representantes das Irmandades da Fala, cada un por cadanseu concello presentáronse aos comicios. Non obstante, o fracaso político foi absoluto, principalmente polo control da rede caciquil (Villares Paz, 2018).
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 19 Froito dese fracaso político, a finais do 1918, as Irmandades da Fala xuntáronse por primeira vez, é a coñecida como a I Asemblea das Irmandades na que estiveron presentes 63 membros. A incerteza entre os membros era grande e había unha desorganización importante sobre que camiño coller. O vilalbés Lois Peña Novo foi un dos que tentou marcar unhas pautas, pero a separación era tal que había dúas tendencias diferenciadas. Unha, a da Irmandade da Fala da Coruña liderada por homes como Villar Ponte ou Peña Novo; e outra a de Ourense, encabezada por Vicente Risco (Villares Paz, 2018). No ano 1922 as Irmandades como tal morreron, aínda que o xermolo continuou e pódense considerar un antecedente do que en 1931 foi o Partido Galeguista que tivo representación parlamentaria durante a II República. Segundo o historiador Ramón Villares o gran problema das Irmandades da Fala foi que non lograron conectar as súas ideas culturais e de defensa de Galicia, co gran problema galego do momento como era o agrarismo. Os ideais dos irmandiños non souberon conectar e ter influencia. Na época de máximo esplendor as Irmandades contaron cuns seiscentos militantes. Non obstante, a propaganda constante e activa do galego na época foi un revulsivo necesario para marcar un punto de inflexión esperanzador e propiciar un proceso ascendente para a lingua galega que a Guerra Civil truncou (Ínsua López, 2016). 7.2.5 Contexto social: as enfermidades As condicións dos habitantes galegos non eran as mellores. As penurias eran elevadas, porque contaban cunhas vivendas escasas de hixiene e un traballo forzado de sol a sol. Isto tivo unha serie de consecuencias que supuxeron a aparición de diversas enfermidades, moitas delas mortais para as que non había cura, entre elas a tuberculose. O problema das enfermidades no primeiro terzo do século XX foi tratado polo vilalbés Plácido Peña Novo (irmán do mencionado anteriormente Lois Peña Novo) na súa obra El Problema Tuberculoso en Galicia. Nela advertiu e defendeu que o problema que tiña Galicia coa tuberculose non se tratase co plan que seguían dende Madrid, se non que se fixese un plan específico acorde coa realidade galega.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 20 Unha realidade marcada, como comentamos anteriormente, pola dispersión da poboación que seguía sendo eminentemente rural. Isto supoñía un agravio a favor da propagación desta enfermidade (Peña Novo, 1930). Ademais, as condicións nas que vivían eran moi desfavorables. Practicamente convivían nas casas man a man cos animais polo que as condicións de hixiene eran mínimas. Nas vivendas galegas da época os animais adoitaban estar na primeira planta das casas e os cuartos das persoas na segunda, para así aproveitaren estes a calor que proporcionaban os animais nos fríos e chuviosos meses de inverno. Esta distribución das casas foi a habitual no rural galego ata as últimas décadas do século XX. Tamén estaba presente o tema da emigración que era eminentemente masculina, o que provocaba, que nas épocas de duro traballo no campo, as mulleres tiñan que traballar fóra da casa. Moitas delas en circunstancias de embarazo coas consecuencias que iso tiña para o estado do feto ao realizar tarefas tan duras. Isto víase reflectido en quen se encargaba dos nenos pequenos nas casas que eran as persoas que non valían para traballar fóra, é dicir, que probablemente se atopasen enfermas ou imposibilitadas para realizar o traballo dun labrego. Isto provocaba que os nenos, aínda baixos en defensas e en resistir enfermidades, collesen males transmitidos por quen os coidaba, xa que o resto dos habitantes da casa estaban traballando (Peña Novo, 1930). Reparou tamén Plácido Peña nos emigrantes retornados dos que destacou que tan só uns poucos volveron cun gran poder adquisitivo que permitiu as mellores das condicións familiares na súa casa natal. Pero moitos deles chegaron sen nada e nunhas pobres condicións de saúde. Salientou un dato pertencente ao ano 1925 que desembarcaron en Galicia algo máis de 30.000 persoas. E segundo datos que recolleu Plácido Peña Novo dos médicos da Marina Civil, entre o 60 e o 80% desa cantidade de xente era tuberculosa. Apelaba á educación como vía da solución. Desexaba acabar co analfabetismo e a incultura para que tamén os que emigraran non marcharan coa mente baleira de coñecementos.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 21 7.3 Vilalba: fiel reflexo da realidade galega A xornalista e profesora de xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos, Ana María Rodríguez Rivas (2005) afirma que Lugo como provincia presentaba unha peculiaridades que a diferenciaban do resto das provincias galegas. A comezos do século XX non existía en Lugo un sentir colectivo debido, posiblemente, ás diferenzas tanto no aspecto demográfico coma no social, económico e político marcado pola separación do urbano e do rural e do litoral e o interior (Barreiro, 1988). A provincia lucense contaba cunha dispersión de poboación superior A Coruña, Ourense ou Pontevedra. A economía estaba marcada por un considerable atraso e tiña como sector máis destacado ao primario. A esta deficiencia económica, sumábaselle a herdanza, segundo Rodríguez Rivas, en dous factores do século anterior que mostraban a resistencia ao cambio que si se viña producindo no territorio español. Por un lado, a emigración e polo outro, o caciquismo. 7.3.1 Poboación vilalbesa A comezos do século XX aumentaron os habitantes no concello vilalbés, no 1910 multiplicáronse por 4,46 con respecto ao anterior século (Pombo, 2010). A economía era eminentemente rural co único obxectivo de subsistir o que fixo que esta suba da poboación non fose asumida polo sistema produtivo vixente. A industria era moi escasa e tampouco se soubo aproveitar a posición estratéxica da que gozaba a capital da comarca da Terra Chá. Por iso, a solución que atoparon moitos vilalbeses foi a da emigración. Por exemplo, no 1907 os nacementos superaron as mortes en 345 (Pombo, 2010).
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 22 7.3.2 Caciquismo O caciquismo, que a xornalista Rivas cualifica como a consecuencia das dificultades que tiñan os habitantes, con especial atención aos do medio rural, para formar parte das institucións e participar de xeito activo na vida política da comunidade (aínda é algo que non de maneira comparable, pero que segue sucedendo no rural de hoxe). O cacique era un mediador entre o Estado, que buscaba controlar os procesos electorais, e a sociedade rural que quería resolver as súas demandas máis cotiáns mostrando un desinterese absoluto pola vida política. É neste senso onde apareceron os movementos agraristas en defensa do campesiñado galego como xa comentamos anteriormente1. 7.3.3 Emigración Nesta época, Lugo era a provincia galega que contaba con menos habitantes. Como apuntamos con anterioridade, produciuse o traslado da xente do interior aos pobos costeiros e é aí, onde obviamente aumentou a poboación. Por exemplo, é o caso de Cervo. O número de habitantes tamén subiu na capital, Lugo e nalgunha das localidades máis importantes do interior como Sarria ou Monforte. Segundo Ana María Rodríguez Rivas en Lugo no primeiro terzo do século XX, concretamente entre os anos 1911 e 1920, emigraron arredor de 86.000 persoas que se marcharon cara os países suramericanos. Esta circunstancia sufriu un paro na década dos anos 30 que incluso permitiu un lixeiro aumento da poboación lucense. Primeiro polo retorno de emigrantes a causa da crise do 29 (a dimisión de Primo de Rivera á fronte de ditadura e a posterior convocatoria das eleccións nas que se proclamou a II República); e despois pola Guerra Civil española (1936-1939) que impediu saír a moitos deles. 1 No apartado 7.2.1 sobre o agrarismo en Galicia (páx. 15)
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 23 Segundo o que comentabamos anteriormente sobre o desenvolvemento do sector cárnico na década dos anos XX, Lugo converteuse na principal produtora e tamén vendedora de vacún para o resto do territorio español. Non obstante, o rendemento da exportación de gando non foi tan ben como se esperaba. Entre os múltiples factores estaban os longos traxectos que tiñan que botar as reses para chegar o seu destino e tamén a competencia de carne importada dende outros países como Arxentina ou Uruguai. Rodríguez Rivas fala da implantación dos sindicatos católicos agrarios que tiveron unha gran incidencia durante o primeiro terzo do século XX e que se concentraban nos principais núcleos tales como A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo ou Ribadeo. Estes tres últimos núcleos bastante ben comunicados con Vilalba de por medio, é dicir, a bisbarra vilalbesa facía de nexo de unión entre eles. 7.3.4 Movemento obreiro lucense Aínda que a incidencia da industrialización foi moi escasa na provincia, si que se produciu un movemento obreiro naqueles lugares onde se traballou a mina. A comezos do século XX descubriuse unha gran riqueza en ferro no subsolo da provincia, concretamente no nordeste do territorio lucense. As principais mobilizacións tiveron lugar en Vilaodriz, unha parroquia da Pontenova e principal referente mineiro da provincia. Reclamaron a chegada do ferrocarril que os comunicara con Ribadeo, para así ter unha boa comunicación cun porto marítimo e tamén a conexión coa capital da provincia. Máis tarde tamén se rebelaron pedindo un aumento de salario e a mellora das súas condicións laborais. Outros sectores como o dos carpinteiros, canteiros ou mesmo o dos taberneiros reivindicaron as súas condicións de traballo. No caso destes últimos foi sonada a mobilización ante a lei de descanso dominical imposta polo goberno conservador de Maura coa que non podían vender os domingos que era o día de feira.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 24 7.3.5 Educación vilalbesa Na segunda metade do século XIX no concello vilalbés o tipo de escola que podían recibir os seus habitantes era a primaria, xa que non dispuña dos graos seguintes que serían a secundaria e a superior. Estaban reservadas a entidades de poboación máis importantes. Na súa maioría eran escolas públicas. Tamén existían as chamadas escolas do ferrado que viña sendo unha escola privada na que os nenos lle pagaban aos mestres (coñecidos como escolantes) con ferrados dalgún produto agrícola (de aí a denominación de escolas do ferrado) (Rego Blanco, 2002). O nivel dos mestres era baixo e, tanto os recursos, como as condicións das que dispuñan, tamén. Aos nenos ensinábaselles a ler e a escribir sobre algún manuscrito. Mantivéronse vixentes ata o século XX por diversos motivos, un deles porque se adaptaban ao calendario campesiño e os nenos só ían a escola nos meses de inverno, cando as tarefas que había que realizar nas terras eran menores ca nas outras estacións. Ata a década dos 60 do século XIX non había máis ca dúas escolas públicas. Unha na parroquia de Santaballa e outra en Vilalba. A “Lei de Instrución pública” do 9 de novembro de 1857 coñecida como a “Ley Moyano” designaba diferentes tipos de escolas de maior calidade e de menos que lle eran asignadas as localidades en función da súa poboación. Creouse nesta época unha nova escola pública completa na vila para nenas quedando a que xa había para os nenos. Non obstante, no 1860 o resto das escolas creadas foron as chamadas de temporada nas que se daba clase unha parte do ano e en condicións nada favorables. Xurdiron estes centros nas parroquias de Alba, Árbol, Belesar, Costa, Goiriz, Ladra, Oleiros e Tardade. Segundo os datos que aporta Rego Blanco ao redor dun 56% dos nenos vilalbeses non recibían ningún tipo de instrución. Nas escolas completas o nivel das clases era máis alto como dicimos. Os nenos recibían nocións de relixión e moral, lectura, escritura, gramática, aritmética e agricultura. No caso das nenas, suprimíase esta última polo de labores propias de nenas. Un dato a ter en conta que nos reflicte a conciencia social que se tiña con respecto a muller naquel momento.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 25 Cara ao final de século comezaron a nacer algunhas escolas incompletas nas que se impartían menos nocións ca nas completas, pero non eran a tempo parcial como nas de temporada. Non obstante, acabarían tendo a función destas últimas xa que os nenos nas épocas de duro traballo no campo non acudían á escola. Para darnos conta da educación da época, temos o exemplo da familia Peña Novo que acabaría influíndo na vida activa de Vilalba de comezos do século XX tal e como nos admite Rego Blanco. O matrimonio tivo seis fillos (tres mulleres e tres homes) e o pai deixou disposto no testamento antes de morrer que se lles dese carreira aos tres fillos e non falaba nada das mulleres. Algo que tivo especial relevancia porque os tres foron algúns dos impulsores culturais da Vilalba de comezos do século XX: Antonio, Plácido e Luis Peña Novo. Como Antonio publicou nas súas memorias criouse nun Pazo (de Veiga en Mourence) onde súa nai estaba de caseira. Os donos residían en México e eles pagábanlles a renda. O lugar era amplo e con moitas terras para labrar, polo que traballando vivíase de xeito relativamente cómodo para a época. Isto fixo tamén que a casa fose moitas veces, sobre todo no inverno, refuxio de acollida para aqueles que non tiñan. Unha forma que relata Antonio de ser os primeiros en informarse das noticias da contorna porque esta xente chegaba de todas partes. Esta situación familiar é o claro exemplo de como se transmitían as novas antes de que comezase a aflorar na localidade as publicacións xornalísticas. 7.3.6 Primeiras comunicacións A primeira estrada que se construíu na comarca da Terra Chá data de 1860 para ir dende Oviedo a Ferrol, Betanzos e A Coruña (Peña Novo, 1930). Nun dos camiños que saían dende Mondoñedo ao seu paso por Vilalba, concretamente na Madalena pagábase por pasar por esa estrada. Isto foi o antecedente do que sería a posterior posición estratéxica de Vilalba que quedou encadrada nunha encrucillada de camiños. Conectaba a costa lucense coa capital e tamén abría portas cara a Coruña, Ferrol ou Santiago.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 32 Tras a entrada da última lei tamén se multiplicaron os medios galegos. Foi o momento no que naceu La Voz de Galicia que se converteu, anos máis tarde, na referencia da prensa galega. En Lugo, Aureliano José Pereira fundou El Regional (1882) e Juventudes Lucenses (1883). Comezou a espertar a prensa tamén noutros pobos como Monforte onde xurdiron El Cabe e El Diario del Pueblo. Antes do final da centuria, Santiago converteuse na cidade referencia en canto as cabeceiras de índole cultural. A crise do 98 tamén tivo a súa incidencia na prensa galega e lucense. Apareceu por aqueles anos o telégrafo polo que os xornais locais sacaban noticias dos grandes diarios nacionais. Na provincia de Lugo continuou o nacemento de xornais nas dúas vilas por aquel entón máis intensas xornalisticamente falando á marxe da capital, Monforte e Viveiro. El Vigía de Vilagarcía de Arousa que aparece no ano 1865 é o primeiro que nace nun lugar considerado de área non urbana. No caso da provincia de Lugo o primeiro en aparecer é La Cuenca del Eo en Ribadeo. A localidade da Mariña Oriental foi, xunto con Viveiro, Mondoñedo e Monforte o foco do xornalismo comarcal na provincia de Lugo no tramo final do século XIX. No inicio do século XX xa xermolou o espírito tamén en Vilalba, Chantada, Ferreira do Valadouro, Sarria, Riotorto ou Foz. 8.2.1 Influencia do agrarismo A comezos do século XX produciuse un gran desenvolvemento da prensa local galega, en parte, motivada polo movemento do agrarismo. Naceu en Vigo El Campesino e en Riotorto El Agricultor. Tamén o Boletín Agropecuario del Norte Galaico ou La Agricultura Gallega. Máis tarde chegou Galicia Agrícola, Boletín de la Federación Mindoniense de Sindicatos Agrícolas e o Boletín de la Federación Católica Agraria en Monforte.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 33 8.2.2 Influencia do movemento obreiro O nacemento do movemento obreiro galego cara a finais do século XIX localizouse principalmente en Ferrol, A Coruña e Vigo. Houbo que agardar ata 1880 en adiante para que houbera documentación sobre a aparición da prensa obeira (Barreiro, 1985). A prensa cubriu as súas primeiras mobilizacións e creáronse xornais como La Propaganda en Vigo (1881), El Hijo del Trabajo en Pontevedra (1882), La Lucha Obrera (1883) ou El Corsario (1890) na Coruña, ou La Unión Obrera de Ferrol. 8.2.3 A presenza do Rexionalismo O Diario de Lugo dirixido por Aureliano José Pereira tentou fomentar a unión do pobo galego. Optaba por unha representación galega nas Cortes españolas da Restauración. O problema do caciquismo ou o atraso económico foron outros dos temas que trataban neste xornal. El Libedrón (1885) periódico católico de Santiago que apoiou ideoloxicamente ao Diario de Lugo. Alfredo Brañas era o seu director. El Eco de Galicia (1882) dirixido por Waldo A.Insua desde fóra de España loitou polos intereses galegos. El Regional (1884) tamén dirixido por Aureliano José Pereira tomou o relevo do Diario de Lugo. La Región Gallega (1885) dirixido por Manuel Murguía tivo un destacado papel nos comezos do rexionalismo galego con tendencia liberal. Galicia (1887) foi unha revista mensual que xurdiu na Coruña fundada por Andrés Martínez Salazar. Galicia Humorística (1888) dirixida por Enrique Labarta Pose foi unha revista satírica que apareceu en Santiago de Compostela. O mesmo director dirixiu tamén en Santiago outras publicacións como La Pequeña Patria e El País Gallego. No ano 1885 Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre (director de La Voz de Galicia) fundaron a Biblioteca Gallega que serviu de resgardo do discurso rexionalista. Inaugurou a colección da biblioteca Manuel Murguía coa obra Los Precursores considerado o inicio do rexionalismo galego.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 34 O nacemento do rexionalismo no País Vasco, Cataluña e Galicia comezou a ter as súas primeiras consecuencias cara a final de século. E algunhas publicacións do momento saíron por parte dos impulsores deste movemento. Na última década do XIX o xornalismo galego seguiu a liña de exaltar os valores da patria galega, aínda que continuou habendo, como era lóxico, prensa monárquica como a que aparece en Lugo, La Idea Monárquica. Como se pode comprobar nos títulos das cabeceiras, as publicacións estaban escritas en castelán a pesares de tratarse do movemento rexionalista que unha das súas máximas era a defensa do idioma galego. Non obstante, trátase dun feito estratéxico, xa que principalmente se dirixen á pequena burguesía urbana que falaba castelán. A Monteira (1889) é o primeiro semanario vinculado co Rexionalismo que está escrito en galego. Foi impulsado por Amador Montenegro Saavedra. Foi a primeira publicación onde o idioma galego non aparece subordinado á lingua española, xa que os propietarios agrarios tiñan que enfrontarse á política gobernamental (Ledo Andión, 1982). A loita dos rexionalistas encabezada a nivel galego por Manuel Murguía e Alfredo Brañas trouxo a constitución en 1906 da Real Academia Galega. Supuxo un paso máis na defensa do idioma e da idiosincrasia galega, así como reivindicativa dos dereitos da poboación galaica. Sen embargo, a cabeceira máis importante sen dúbida do rexionalismo foi A Nosa Terra que apareceu no 1907 (por aquel entón bilingüe en galego e castelán). Foi na súa segunda etapa, dez anos máis tarde, cando a súa redacción foi íntegra en galego. 8.2.4 Nova centuria No século XX a provincia de Lugo continuou sumando publicacións tanto na capital como nas localidades xa coñecidas de Monforte, Mondoñedo e Viveiro. Ademais xurdiu Las Riberas en Chantada, El Monitor de Becerreá e El Adoptivo en Becerreá, El Noticiero Sarriano en Sarria, Bandera Católica e El Ribadense en Ribadeo, Brisas de Oro no Valadouro ou El Automóbil e Guau en Foz.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 35 A cantidade de cabeceiras que xurdiron nesta época foi moi destacable, pero así como tamén logo nacían, cedo morrían. Eran publicacións, a maior parte delas, de curta duración xa que nacían por iniciativa moitas veces dunha persoa ou dun grupo reducido sen un fin empresarial nin coa idea de empresa. Ademais, sobre todo nos pobos pequenos, non se dispoñía dunha imprenta preto polo que iso encarecía máis o feito de facelo xornal. Aínda así, houbo quen sobreviviu e mesmo chegou ata os nosos días porque naceron cunha base sólida. Así temos o decano nestes momentos da prensa española, Faro de Vigo (1853), El Correo Gallego (1878) , La Voz de Galicia (1882) –como xa apuntamos-, El Progreso (1908) La Región (1910), El Ideal Gallego (1917), Diario de Pontevedra (1924). As cabeceiras locais que foron capaces de sobreviviren son El Heraldo de Vivero (que naceu no 1912 e sufriu un parón con cambio de propietario polo medio pero que se segue mantendo na actualidade), La Voz de Ortigueira (que xurdiu no 1916 e dende a súa aparición non faltou ningunha semana a súa cita cos lectores nin nos anos da Guerra Civil) e La Comarca del Eo (que apareceu no 1919 e agora está integrada dentro do Grupo El Progreso).
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 36 9. Análise da prensa vilalbesa no I terzo do século XX Con todos estes antecedentes podemos comprobar en que situación estaba encadrado o concello de Vilalba, onde a comezos de século se comezaban a ver os primeiros intentos de terciarización dunha parte moi reducida da poboación. A clase alta da época fundou no 1908 o “Casino” co obxectivo de ter un lugar onde pasalo tempo libre. Tamén se creou o “Español” onde se representaban zarzuelas e pezas teatrais. Ademais, apareceron o quiosco da música, o orfeón ou a “Tertulia” vilalbesa. Estes locais comezaron a sentar as bases dun fomento da cultura na localidade. É neste contexto onde comezan a florecer as primeiras publicacións xornalísticas. Vilalba uniuse, así, a outros municipios lucenses que xa levaban décadas tendo as súas cabeceiras. No período comprendido entre 1902 e ata o estouro da Guerra Civil (1936) tense documentación de que apareceron no municipio chairego vinte cabeceiras. Puido existir algunha máis como por exemplo La Voz de Oleiros, que se intúe que puido ser editada na parroquia vilalbesa do mesmo nome pero non hai datos certeiros sobre a mesma. O inicio da prensa vilalbesa pódese situar en 1902 ou en 1908. De feito, algúns autores certifican o comezo no ano 1908, xa que desa data é cando aparece a primeira publicación como tal. Aínda así, o xerme podémolo datar do 13 de abril de 1902 cando xurdiu o Ideal Villalbés. Aínda que só se trataba dun número que saíu a rúa cunha soa folla disposta a catro columnas; leva a firma de Antonio García Hermida, unha das persoas máis importantes no xornalismo vilalbés do primeiro terzo deste século. Ademais, tiña elementos xornalísticos. Estaba formado por dous artigos: un deles criticando ao caciquismo e o outro sobre a hixiene pública e a necesidade de arranxo de varias rúas vilalbesas. Polo tanto, tiña un carácter informativo político e social. No mesmo ano no que en Lugo naceu El Progreso (1908), xornal aínda hoxe de referencia na provincia lucense, apareceu en territorio vilalbés, El Eco de Villalba, que tivo como fundador a Manuel Mato Vizoso e José Novo Pardo como administrador. A
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 37 creación xornalística na vila xa foi continua ata o 1936. Un dos aspectos relevantes na etapa inicial foi que a capital chairega non contaba con imprenta propia, polo que os primeiros xornais (algúns posteriores tamén) foron impresos fóra dos límites vilalbeses. A imprenta non chegou a Vilalba ata o 1915, a coñecida como “La Constancia”, propiedade de Pérez Ceinos.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 38 9.1 Tendencias máis xerais da prensa vilalbesa (o ano correspóndese co de nacemento de cada publicación) Ano Católico Caciquil Contra o caciquismo Literario/cultural 1908 El Eco de Villalba El Eco de Villaba (2ª etapa) 1910 El Ratón 1913 El Vigía Villalbés 1914 Azul y blanco 1916 Heraldo de Villalba Galicia Pintoresca 1917 A Xusticia 1918 Aurora 1919 El Gato 1921 El Progreso Villalbés La Voz Villalbesa 1924 La Unión Ciudadana 1925 El Villalbés 1931 Ariete Luz 1932 Faro Villalbés Cadro 1: Elaboración propia *Sen tendencia clara: Villalba y su comarca (1915) *Agrarismo: La Voz Campesina (1914, sen ter exemplares do xornal, só fiándose polo nome da propia cabeceira)
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 39 9.2 Análise esquemático dalgúns aspectos da prensa vilalbesa El Eco de Villalba - Data (nacemento/desaparición): 1908 – 1915 (máis de 200 números) - Fundador/director: Manuel Mato Vizoso. A partir da súa morte (9-02-1909) faise cargo Novo Pardo e posteriormente Manuel Bermúdez. - Colaboradores: Antonio García Hermida, Antonio Noriega Varela, Antonio Nieto, José María Chao Ledo, Segundo López Carpintero (corresponsal na Habana), Daniel Pernas Nieto, Juan Rof Codina (veterinario) ou Cayetano Arias López (o gaiteiro de Santaballa). Pseudónimos: El Hidalgo de Alba – Villa, APÁ, Nonito Capio ou Xan d´a Pontella - Lugar de impresión: Hermenegildo Mancebo (Mondoñedo) - Subtítulo: Revista quincenal dedicada a la defensa de los intereses de Villalba y su comarca Engadidos ao subtítulo (que aparecen na cabeceira): “Con censura eclesiástica” - Obxectivos, características principais ou tendencias: divulgar a cultura e as tradicións da Terra Chá, defender a relixión católica ou defender ao caciquismo local (isto posterior á morte de Mato Vizoso). A súa tendencia é conservadora. - Temas: artigos sobre a historia de Vilalba, a posible chegada do ferrocarril á vila ou novas breves sobre sucesos e sociedade. - Estrutura de contidos: Primeiras páxinas: artigos máis extensos Penúltima páxina: novas breves Última páxina: horario de misas ou trens, rexistro civil, correos e telégrafos de última hora - Periodicidade: comezou sendo mensual, pasou a quincenal e no 1912 publicouse tres veces ao mes - Formato: tamaño folio a catro páxinas. En 1913 imprimiuse en formato saba.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 40 - Prezo: Número solto: 10 céntimos (se é atrasado a 20 céntimos) Subscrición anual: 2,50 pesetas (só en España, na localidade non se admiten) El Ratón - Data (nacemento/desaparición): finais de 1910 – verán 1915 (máis de 70 números) - Fundador/director: Antonio Peña Novo - Colaboradores: Andrés Pernas Pérez, Novo Pardo, Lois Peña Novo ou Isla Couto (precedente da Irmandada da Fala de Vilalba na que os colaboradores van participar). Pseudónimos: Juan Guindilla, Ratón Pelao, El Roedor, El Ratoncito, Xan Guedellas ou Ratón Pelao. - Lugar de impresión: César González Seco Romero (Mondoñedo) - Subtítulos: El de mayor circulación de Villalba Órgano oficial de la clase de ratas municipales Lemas: “Al cacique y al ladrón roerá siempre el ratón” ou “A los ratas del concejo los dejará sin pellejo” - Obxectivos, características principais ou tendencias: atacar ao Concello e ao poder que rexía a vila. Tendencia progresista e contraria ao caciquismo (confrontado con El Eco de Villalba). - Temas: Críticas ao caciquismo, crónicas sobre os plenos no Concello ou novas breves - Estrutura de contidos: Seccións: “Fantasía ratonera”, “De Caciques”, “Suma, resta y multiplicación”, “Hablar por Hablar”, “Roeduras” ou “Información local”. Última páxina: era de publicidade. Anuncios a dúas columnas con distintos tipos de letras. - Periodicidade: comezou sendo mensual; posteriormente foi quincenal.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 41 - Formato: saba a catro páxinas. - Prezo: Número solto: 10 céntimos Subscrición anual: 1,50 pesetas (comezou sendo 1 peseta) La Voz Campesina - Data (nacemento/desaparición): 1911–1912 - Lugar de impresión: El Cruzado (Mondoñedo) - Obxectivos, características principais ou tendencias: único con carácter agrario que xorde na vila. El Vigía Villalbés - Data (nacemento/desaparición): febreiro de 1913 - 1914 - Fundador/director: José Garrido - Lugar de impresión: César González Seco Romero (Mondoñedo) - Subtítulo: Por tu prosperidad, Villalba, vigilaré constantemente Engadidos ao subtítulo (que aparecen na cabeceira): “El de mayor circulación de Villalba” - Obxectivos, características principais ou tendencias: defende a relixión católica, as ideas conservadoras e o caciquismo. - Temas: Ideoloxía contraria a El Ratón. Introduce cartas ao director e concursos dirixidos aos lectores. - Estrutura de contidos: Penúltima páxina: dedicada ao que pasou día a día no mes anterior Última páxina: publicidade - Periodicidade: mensual - Formato: seis páxinas - Prezo: Número solto: 10 céntimos Subscrición trimestral: 25 céntimos Subscrición anual: 1 peseta
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 48 La Unión Ciudadana - Data (nacemento): 1929 - Fundador/director: José Carballeira, Tomás Otero e Vicente Otero - Colaboradores: Ramón Ferreiro Lago, Gonzalo López, Carmiña Prieto Rouco, López Quiroga ou G. Espinosa - Lugar de impresión: no de El Progreso Villalbés - Subtítulo: Boletín – órgano de la Unión Ciudadana Anticaciquil - Temas: criticou o caciquismo rural - Periodicidade: non fixa - Formato: xeralmente catro páxinas maquetadas a tres columnas - Prezo: de balde para os socios e simpatizantes Ariete - Data (nacemento/desaparición): 1931 - Temas: conservadora e tendencia dereitista. Contraria a Luz. Luz - Data (nacemento/desaparición): 5 de xullo de 1931 - Colaboradores: Antonio Noriega Varela - Subtítulo: Periódico independiente, paladín de las ideas democráticas - Obxectivos, características principais ou tendencias: tal e como aparecía na súa declaración de principios: “No damos ningún valor a la tradición. No puede ser motivo para sostener una cosa el hecho de que se haya sostenido durante mucho tiempo”. - Temas: ao amparo da recente proclamada Segunda República - Formato: 10 páxinas maquetadas a catro columnas - Prezo: Número solto: 10 céntimos
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 49 Faro Villalbés - Data (nacemento/desaparición): 22 de xaneiro de 1932 – 28 de xuño de 1936 (parón ao longo de 1935) - Fundador/director: 1ª etapa (ata 1935): Ramón Taboada Fernández 2ª etapa: Antonio Quintela Ferreiro - Colaboradores: José Pérez Yáñez, Jesús Golmer Rodríguez, José Díaz Teijeiro, Ángel Fraga Orosa, Alfonso Guizán (escritor), Carmiña Prieto Rouco (escritora), Ramón Ferreiro Lago (avogado e notario), Juan Rof Codina (veterinario), Daniel Carballido Díaz, Francisco Arias, Juan del Pueblo. M. Domínguez Luna ou Jesús Cuba López. Pseudónimos: Espontáneo, El Corresponsal ou Pau de Toxo - Lugar de impresión: Imprenta Fojo (Viveiro) - Subtítulo: Ata o nº 6: Periódico quincenal paladín de la Organización Republicana Agraria (ORGA) Nº 7: Periódico quincenal paladín del Partido Republicano Galego (coa conversión de ORGA no Partido Republicano Galego) Nº 8: Periódico quincenal paladín de la Organización Republicana Agraria, del Partido Republicano Gallego 2ª etapa: Periódico independiente defensor de los intereses de la comarca de Villalba acompañado das palabras: Paz – Justicia – Trabajo - Obxectivos, características principais ou tendencias: Voceiro da Organización Republicana Galega (ORGA) - Temas: defensa da República e da cultura, ataque sistemático as forzas conservadoras, loita polas melloras sociais coa educación como bandeira, reivindicación de igualdade, ataques ó caciquismo, novas da emigración ou mención a boa labor dos emigrantes. 2ª etapa: intensifícase a tendencia galeguista. Renuncia a dependencia política da ORGA e da Esquerda Republicana. Artigos referidos á autonomía xa que estaba moi próxima a posible aprobación do Estatuto de Autonomía. - Estrutura de contidos:
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 50 Páx. 1 e 2 : polo xeral as dúas primeiras páxinas son dedicadas aos temas máis potentes con gran interese pola repercusión da República, a educación ou a emigración. Xeralmente nestas páxinas tamén está a presenza da literatura da man dunha poesía. Páxina 3: xeralmente ocupada coas noticias breves (moito máis locais) como as conclusións do pleno do concello (cando era algo importante situábase antes), sucesos, nacementos, defuncións, casamentos ou fútbol. Última páxina: destinada sempre á publicidade cunha listaxe de alumnos a dúas columnas. - Periodicidade: mensual - Formato: o máis habitual: catro páxinas a catro columnas - Prezo: Subscrición anual en España: 3 pesetas Subscrición anual no estranxeiro: 5 pesetas 9.3 Faro Villalbés, o único recuperado integramente Dáse a curiosidade que o Faro Villabés foi a última publicación en aparecer no período que estamos tratando e o seu peche definitivo produciuse co estalido da Guerra Civil. A pesar da proximidade do conflito bélico, os seus números conserváronse co paso do tempo e posibilitaron a edición facsimilar que agora os protexe. As datas nas que está enmarcado apórtanlle un valor engadido de gran relevancia histórica. Por aquel entón, España era gobernada pola II República (e última polo momento); unha etapa de cambios na que se produciu tamén a consagración do Partido Galeguista que estivo a piques de lograr o Estatuto para Galicia. Non obstante, a presenza dun sector máis conservador seguiu presente no país, a quen a publicación vilalbesa atacou constantemente. A través das súas páxinas podemos construír, en certa maneira, a realidade daquela época na localidade vilalbesa. Pero tamén cunha visión en clave de España e, por suposto, a visión dende a sempre presente xente emigrada.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 51 9.3.1 Contrario ao caciquismo Unha das constantes temáticas ás que recorre a publicación é a de criticar aos caciques e a de tentar desenmascaralos a través dos seus feitos. O poder que tiñan naquel momento era evidente, sobre todo, nunha zona rural como a vilalbesa. Os artigos con ataques específicos e outros enmascarados aparecen nos distintos números do xornal. A pesar de que a forma de goberno do país era a republicana, os caciques seguían tendo o mando nos pobos pequenos. Continuaban sendo os encargados de darlle á xente o que eles vían como de maior necesidade, a cambio dun voto que os mantivese nunha posición privilexiada. 2“[…] Aquellos tiempos inquisitoriales que entre cuatro compadres se repartían el botín, es preciso que no se repitan, y no se repetirán si los labradores se unen para dar la batida definitiva […]” Dende a publicación son constantes os artigos pedindo a unión dos veciños para acabar coas prácticas caciquís. Non obstante, a rede que tiñan montada era moi forte e de moita tradición que custaba tirala abaixo. Dende o Concello parece que as cousas tamén cambiaron naquel momento, pero o pequeno triunfo só foi momentáneo. 3“[…] La corporación municipal de Villalba –salvo pequeñas excepcionesestá demostrando sus altas dotes de gobierno y cariño a los intereses vecinales que nunca como hoy se han visto atendidos ni con tanto acierto y maestría dirigidos. Ahora se cumplen todos los acuerdos; las demandas de los vecinos son oídos y resueltas con toda justicia; tanta, que hasta a los que nos han desgobernado se les escucha y se les aplica la ley, nada más que la ley, sin trabas ni obstáculos de ningún género, como ellos hacían cuando eran los mandones y figurones del distrito […]” Ademais da realización de artigos onde está moi presente a vía da educación para tentar que os novos habitantes non se visen sometidos ao poder dos caciques, hai algúns números nos que as mensaxes son claras e aparecen nun lugar destacado nas páxinas do xornal. Xeralmente separadas por filetes doutra parte do texto e tamén en negriña para ser máis visible: 4“Labrego: n´a tua man está que non sexas aldraxado. Érguete contra os noxentos caciques” 2 Artigo que aparece no número 1 do Faro Villalbés firmado por Electorero baixo o título de “Caciquismo monárquico” 3 Parte do artigo que aparece no número 2 do Faro Villalbés co título de “La verdad desnuda” 4 Mensaxe que aparece nos números 24, 25 e 26 do Faro Villalbés
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 52 9.3.2 Defensa da educación A loita polo incremento de escolas no municipio foi outras das loitas intensas que realizou o Faro Villalbés. Proba disto foi a colaboración de varios dos chamados “Maestros nacionales” como José Díaz Teijeiro ou Daniel Carballido Díaz. Moitas veces os artigos destes mestres formaban parte da primeira plana coa que se abría o xornal siginificando así unha especial relevancia. Unha das teimas que estes mestres transmiten nos seus textos é a de tentar a escolarización plena. Algo difícil por aquel entón, xa que a maior parte dos nenos e nenas non podían acudir con regularidade a escola por teren que axudarlle aos seus pais nas tarefas da casa. Crían na educación para construír persoas máis xustas baixo o ideal republicano. 5“[…] ¿Serían engañadas las masas si una escuela modelo hubiese dado a sus individuos un carácter íntegro y una cultura humana? ¿Podrían unos cuántos revolucionarios sugestionar hasta el fanatismo a unos hombres forjados en la escuela del trabajo y la ciencia? [...] Es preciso dar a la cultura un ritmo nacional. Mientras todas las tendencias educativas no se fundan en un crisol único, el del bienestar general, es utópico hablar de paz. Hasta que las generaciones surjan con trayectorias paralelas es inútil hablar de amor. No abogo por una uniformidad rígida; pero sí por una ideología, que, limando todas las asperezas y abarcando todas las tendencias, imprima a la educación de la sociedad un ritmo armónico, único […]” Neste senso tivo un papel fundamental a emigración, xa que os vilalbesas da diáspora posibilitaron en gran medida a construción das primeiras escolas nas súas parroquias de procedencia. Ademais, tentaron impulsar por medio de artigos como 6“Necesidad de bibliotecas en las aldeas” a expansión da cultura. Aínda así, nese artigo aparecen aspectos claros da desigualdade existente entre homes e mulleres usando termos como sexo fuerte para referirse a eles ou sexo débil para mencionalas a elas. 7“Desde hace tiempo que la Sociedad Hijos de Goiriz en la Habana venía realizando activas gestiones para construír un edificio escolar en su parroquia nativa, lo que hasta la fecha no se pudo llevar a cabo por diferencias seguidas aquí entre los vecinos. Ahora se va a acometer la obra de lleno, cuyo edificio se levantará en un margen de la carretera que va a Oviedo, en un solar que tenía adquirido la Sociedad habanera, de cuya administración de las obras, se halla encargado el activo asociado D. Luis 5 Parte do artigo que aparece no número 25 do Faro Villalbés co título de “La educación popular” asinado por Antonio Quintela Ferreiro. 6 Artigo que aparece no número 15 do Faro Villalbés asinado por El Hombre Nuevo e datado en Lanzós 7 Nova sobre a creación dunha escola na parroquia vilalbesa de Goiriz no número 25 na sección de “Noticias Generales”
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 53 Calaza. Le deseamos mucho acierto en sus gestiones y le ofrecemos nuestras columnas” O periódico tamén se fai eco da chegada do instituto a Vilalba. Unha loita de varios anos que evitaba que os alumnos se tiveran que desprazar a Lugo ou a outros puntos da xeografía galega para continuar os seus estudos. Deste xeito aparece referido no Faro Villalbés a posibilidade inicial (que finalmente se converteu en realidade) de que o municipio puidese contar cunha escola de segunda ensinanza. 8“[…] Dice el Decreto <Podrán crearse, si los Municipios respectivos contribuyen a ello en la medida propuesta, o si el Gobierno lo considera indispensable a los fines de la enseñanza, Colegios subvencionados de segunda enseñanza en las poblaciones siguientes.> Menciona varios pueblos de España y entre ellos los de Galicia, Barco de Valdeorras, Mondoñedo y Villalba […]” A chegada do instituto foi algo así como “asunto de pobo” e as forzas activas da vila puxéronse en marcha para solicitar algo que crían tan esencial. Dende que se deu a posibilidade ata a consecución final o seguimento do Faro Villalbés é continuo en todos os seus números informando sobre cada punto no que se atopaba a situación. 9“[…] se levanta Acta de dicha comisión y se procede a redactar la instantánea de petición al Sr. Ministro de Instrucción pública, de concesión del tantas veces citado Instituto, haciéndole el ofrecimiento del edificio cuya fotografía publicamos con este trabajo, y se trazó el plan de gestiones a realizar, reuniéndose la Comisión todos los días a la hora indicada […]” Sobre a nova do instituto en Vilalba opinou Carmiña Prieto Rouco. Non era moi habitual que a poetisa vilalbesa fixese este tipo de artigos (máis afeita a escribir poesía nos distintos números do xornal), pero a ocasión debeulle parecer sobranceira. 10“[…] Dejémonos, pues, ahora de absurdos caprichos que tan funestos resultados nos trajeron en muchas y diversas ocasiones; dejémonos de distintas ideologías políticas y de estúpidas rencillas personales, dedicándonos todos unidos y como un solo eco nacido de un solo sublime deseo, a la consecución del instituto de 2ª enseñanza que será fuente de riquezas innumerables para Villalba, en todos los terrenos y por todos los conceptos […]” 8 Parte dun artigo que aparece no número 35 do Faro Villalbés co título de “De Instituto a Colegio Subvencionado – El gran triunfo de Villalba – Los beneficios del Régimen republicano” 9 Parte da nova que ocupa a cuarta plana do número 32 do Faro Villalbés co título de “Pro Instituto”. 10 Parte dun artigo que aparece no número 32 do Faro Villalbés co título de “¿Tendremos Instituto?” asinado por Carmiña Prieto Rouco
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 54 9.3.3 A relixión católica Outro dos piares da crítica foi a relixión católica. Non tanto a relixión como tal, senón o feito de que os encargados da súa difusión, principalmente os párrocos, actuasen como caciques ou como intermediarios entre o pobo e os caciques. Operaban dun xeito totalmente distinto ao que predicaba a relixión católica e valíanse diso para abusar dos seus fregueses. O Faro Villalbés chamou a conciencia da xente, moi arraigada xa que incluso os nenos e nenas analfabetos aprendían o catecismo. 11“[…] hoy debemos afirmar que nada tan antirreligioso, nada tan sectario, como un sacerdote, párroco o no, defendiendo ese fenómeno antihumano y amoral que se llama caciquismo. Si todos los curas de este distrito afectos a esta vituperable organización política de las casta caciquil, reflexionaran sobre el daño que causan a la Religión poniéndose al lado de esa corrupción sin nombre, seguramente que, o dejarían de ser sacerdotes, para ser caciques o malvados, u optarían por desempeñar dignamente su ministerio tal como las santas doctrinas de la Iglesia lo ordenan […]” 9.3.4 Aspectos de progreso 12“[…] Cuando Villalba cuente con estas dos mejoras será un pueblo progresista. Mientras, no. Todos los afanes del trabajador se disuelven en una atmósfera de pasividad mortal. Y no vale nada el progreso cultural cuando no se traduce en un desenvolvimiento de la producción…” Aproveitando as festas do San Ramón a finais do verán de 1932 dende o Faro Villalbés repasaron a actualidade do municipio. Fixéronse eco das carencias que, ao seu xuíxo, tiña a vila. Refírense neses dous aspectos a necesidade unha maior autonomía para que o Concello puidera xestionar mellor os cartos. E tamén a petición de ter unha escola profesional para formar aos traballadores da zona. Ademais repasaron outros aspectos da área como a súa situación estratéxica, denunciaron o abandono do Castelo onde aniñaban os corvos, o seu potencial agrícola, aínda que criticaban a falta de que non se puxera en desenvolvemento a importante industria que había co que queixo de San Simón, destacaban as parroquias de Oleiros, Santaballa e Lanzós como modelos na xestión dos sindicatos que permitían aos gandeiros vender os animais directamente a Madird e Barcelona, tiñan un seguro gandeiro, destacábase a importancia de dúas feiras mensuais, valoraron tamén o progreso da cultura destacando a tres activistas representativos: o pintor Antonio Insua, o autor musical Manuel Currás e a poetisa Carmiña Prieto Rouco. Ademais sobresaían o 11 Parte dun artigo que aparece no número 15 do Faro Villalbés co título de “ El clero y la política” firmado por Juan del Pueblo. 12 Parte dun artigo que aparece no número 13 do Faro Villalbés co título de “Viñetas de Villalba” firmado por Antonio Quintela Ferreiro
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 55 nacemento do Racing Club Villalbés no aspecto deportivo, o Casino para o tempo de lecer, a Agrupación Socialista, a Organización Republicana Agraria, a Sociedad Obrera ou a Unión Comercial Villalbesa. Outro dos elementos cos que se tentou continuar co progreso para Vilalba foi a chegada do teléfono as parroquias do concello. A petición e o esquema do que se necesitaba quedou reflectido no Faro: 13“[…] sería preciso establecer una línea de la longitud aproximada de 473 kilómetros, que representaría un gasto de 449´350 ptas. a razón de de 950 por kilómetro, además de anual de 19.020´75 ptas. por el 1´15 del número total de los materiales de línea necesarios para el entretenimiento y conservación de la misma. Y teniendo en cuenta la Diputación que los recursos ordinarios del Presupuesto no le permiten adquirir tales compromisos, se acordó comunicarlo así a la Dirección general de Telecomunicación”. 9.3.5 Partido Republicano Gallego A publicación nace ao amparo de Organización Republicana Agraria (ORGA), pero ao pouco transfórmase no Partido Republicano Gallego do que o Faro Villalbés vai ser fiel voceiro ata a fin da súa primeira etapa. En outubro de 1932 o Partido aproba nunha asemblea en Lugo o seu programa. A aposta tamén é clara pola consecución dun Estatuto para Galicia. 14“[…] El P.R.G. aspira a la más rápida realización de la facultad otorgada por el artículo 11 de la Constitución para conseguir la autonomía de Galicia, y prestará decidido apoyo al Estatuto que se redacte circunscripto al texto constitucional y las posibilidades actuales de nuestra tierra, siempre que en él se haya acompasado la petición de facultades a la conveniencia y circunstancias económicas de la región, debidamente estudiadas […]” Ademais do Faro como transmisor das súas ideas, o partido realiza varios mitins pola provincia e a publicación encárgase de cubrir aqueles actos nos que fai presenza no concello vilalbés con especial fincapé nas parroquias máis evolucionadas como 15Santaballa ou Lanzós 16“Ciudadano afíliate al Partido Republicano Gallego si quieres ver la propiedad de tu tierra, la desaparición del caciquismo y el ejercicio de la democracia” 13 Parte dun artigo que aparece no número 12 do Faro Villalbés co nome de “El servicio del teléfono en los ayuntamientos rurales” 14 Parte do programa do Partido Republicano Gallego aprobado na Asamblea de Lugo o 9 de outubro de 1932 que aparece no número 16 do Faro Villalbés 15 O número 26 do Faro Villalbés recolle un mitín do Partido Republiano Gallego na parroquia de Santaballa 16 Mensaxe destacada que aparece no medio do resto de novas no número 26 do Faro Villalbés.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 56 9.3.6 Un Estatuto para Galicia Dende os seus inicios o Faro Villalbés deu cobertura a loita dende Galicia por reivindicar os seus dereitos ante o poder central. O período no que se difunde a publicación coincide con anos de intentos de sacar adiante un Estatuto para Galicia. Posibilidade que se viu acrecentada coa República e coa representación da política galega en Madrid. 17“[…] Galicia afirma todos os días a súa diferenciación e persoalidade. Contra todo e por riba de todo. E nós debemos ser como Galicia afirmativos, e como ela enteiros e firmes e inquebrantables […]” Ademais do Partido Republicano Gallego, o labor do Partido Galeguista posibilitou a redacción do Estatuto de Galicia coa pretensión de que o territorio galaico gañase en autonomía con respecto ao Estado español. 18“La Comisión que en Santiago tiene a su cargo la confección de la Carta de Galicia, ha llevado a feliz término su labor. Falta solamente imprimirla para enviarla a la prensa y entidades oficiales del a región, para su estudio, y durante este mes queda abierta una información pública sobre dicho Estatuto Gallego”. A onde non chegaba o Faro Villabés valíase dos compañeiros de profesión para recoller novas sobre o Estatuto que aparecían en medios como El Pueblo Gallego ou La Voz de Galicia e transmitilas aos seus lectores. 19“[…] El día 17 del actual, en la gran Asamblea Pro Estatuto de Galicia, fue aprobado este por una inmensa mayoría de los concurrente, que fueron los Alcaldes y representantes legales de toda Galicia. ¡Tendremos, pues, autonomía en Galicia! […] Muy pronto Galicia será dueña de sus libertades […]” O último número do Faro Villalbés foi a finais do mes de xuño de 1936. Saíu a rúa o mesmo día ca se votaba a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia. Foi a última causa que defendeu a publicación antes da súa desaparición. 20“[…] Ningún gallego auténtico, después de leerlo puede ir en contra […] Los ancestrales deseos de liberación, plasmados en las obras de nuestros poetas, serán un hecho. Adquiriremos la autonomía […] Seguiremos la ruta de nuestros hermanos irlandeses. Ser gallego será un timbre de honor. Galicia por encima de todo […]”. 17 Parte dun artigo que aparece no número 1 do Faro Villalbés firmado por X.C. e titulado “1931”. Un dos poucos artigos escritos en galego ao longo de toda a publicación. 18 Parte dun artigo que aparece no número 13 do Faro Villalbés 19 Parte dun destacado que aparece no número 20 do Faro Villalbés co encabezado de “Estatuto Gallego” 20 Partes da nova que abre o número 74 (derradeiro) do Faro Villalbés co título de “Estatuto”.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 57 9.3.7 Sociedade Fóra do meramente político e da ideoloxía do periódico, dedicaba un espazo importante a outro tipo de novas como os sucesos, os casamentos, os nacementos, 21as mortes, a formación de sociedades na vila ou nas parroquias, a preitos ou a noticias do Concello. Non obstante, algún suceso tamén resultaba curioso pola connotación política e relixiosa que había detrás coma este acontecido na parroquia de Insua: 22“[…] El niño murió antes de ser bautizado y al ir el padre del pequeño con el certificado médico para tratar del entierro con el cura de dicha parroquia, aquel ordenó que fuese enterrado fuera del cementerio en el campo, cosa que se hizo y que al parecer los cerdos movieron ya los restos humanos […]”. O Faro tamén permite facer unha reconstrución do 23estado demográfico de Vilalba naquel momento. No ano 1932, en Vilalba houbo o dobre de nacementos ca de mortes. Segundo os datos, naceron naquel ano 541 vilalbeses, mentres que deixaron de existir (expresión moi empregada na publicación para comunicar a nova da morte de alguén) 270 persoas. Nese mesmo ano, o número de matrimonios quedouse moi preto dos 100 (92). A pesar do atraso patente, non se podía discutir o cambio que ía chegando ao pobo vilalbés. Proba diso é a evolución da muller que xa era quen de reunirse e asociarse. Ben e certo, isto é de supoñer ca reservado a unha elite de mulleres da vila. De feito, a única muller que aparece con certa relevancia no xornal foi Carmiña Prieto Rouco. O resto de colaboradores eran todos homes; ao igual ca os protagonistas dos plenos do Concello, os xuízos,…O outro ámbito onde había novas sobre algunha muller era o educativo, xa que había unha gran cantidade de mestras nas escolas da comarca. 24“El día 26 del pasado mes de marzo, se ha celebrado una reunión de elementos femeninos en el Teatro Villalbés, quedando constituida la Delegación en esta villa de la Asociación Femenina Lucense” 21 No número 13 do Faro Villalbés aparece por primeira vez nesta publicación unha esquela semellantes á actualidad eco seu recadro a unha columna nun lugar destacado entre o resto de artigos da páxina 22 Parte dunha nova que aparece no número 6 do Faro Villalbés baixo o título de “Un cura denunciado” 23 No número 21 do Faro Villalbés aparece de maneira esquemática os nacementos, as defuncións e os matrimonios que houbera no 1932 na vila 24 Nova breve que aparece no número 27 do Faro Villalbés
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 64 incluso aqueles que non saben ler, o entendan. Do mesmo xeito pódese entender a pretensión desta “Letanía” que aparece no Faro Villalbés. O obxectivo sería facer de coñecemento público esta denuncia social. “[…] En Ponteceso a Guardia Civil, por defender os intreses do irmán dun diputado, a matou unha muller e feriu a varias. VOTADE AS DEREITAS Os vellos caciques volven a oprimir aos paisanos cos consumos, co xusgado e coas obrias VOTADE AS DEREITAS Os foros que ian ser estinguidos volverán a pesar sobre do pobre labrego VOTADE AS DEREITAS […]” - Nos actos enmarcados na conmemoración do terceiro ano da República que se realizaron no instituto aparece mencionado Manuel Fraga Iribarne. O que sería o político vilalbés máis destacado do último século, aínda estaba nos seus estudos elementais. Posteriormente, acabou sendo ministro de Información e Turismo na ditadura de Franco, foi un dos homes importantes na transición española, persoa importante na formación de Alianza Popular e do actual Partido Popular e foi presidente da Xunta de Galicia (1900 – 2005), entre outras cousas. Ao parecer, xa de novo, apuntaba maneiras nas dotes da expresión: - 46“Manuel Fraga Iribarne leyó muy bien un fragmento de un discurso de D. Emilio Castelar” - A cultura vilalbesa da época traspasou fronteiras por medio da forte emigración esencialmente a América Latina. Unha proba é a creación en Buenos Aires (Argentina) da “Orquesta La Villalbesa” dirixida por José Barreiro. - No número 67 aparece unha nova cabeceira na que se indica que o director é: A. Quintela Ferreiro e o administrador é Vicente Otero Cao. A redacción mantense na mesma localización (Marcelino Losada núm. 4). Ademais cambia o lema: “Periódico independiente defensor de los intereses de la comarca villalbesa” acompañado das palabras: Paz – Justicia – Trabajo 46 Aparece no número 49 do Faro Villalbés baixo o título de “Las fiestas del 14 de abril”.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 65 9.4 Outras publicacións para comparar El Eco de Villalba foi a primeira gran publicación que apareceu en Vilalba impulsada por Manuel Mato Vizoso, un dos historiadores principais sobre as terras vilalbesas. Non obstante, o seu labor neste periódico non foi todo o longo que desexaría debido a súa morte. Antonio García Hermida adicoulle un artigo no primeiro cabodano de Mato Vizoso co obxectivo de pór en valor a súa figura esquecida: 47“[…] el recuerdo de aquel que podemos llamar nuestro Maestro, porque él fue quien laborando continuamente, trabajando sin descanso, indagando en los archivos, examinando libros y documentos antiguos, traduciendo inscripciones, tratando de averiguar el significado de raras figuras, en piedras y otros objetos grabados, se abrió paso, nos dio luz en mil intricados asuntos […]” O galego na maioría das publicacións (con excepción de A Xusticia) foi usado de xeito residual pola prensa vilalbesa. En El Eco de Villalba dáse un caso na crónica dun pleno municipal que desenvolven en castelán; sen embargo, reproducen en galego as verbas curiosas pronunciadas por un membro do público que estaba presente no pleno municipal: 48“[…] pregunta qué se acuerda en virtud de lo expuesto. (Una voz en el público: A min paréceme qu´empleados que coman hay abondos. Risas generales). […]” Concurso de beleza das mulleres vilalbesas organizado por El Vigía Villalbés e que El Eco de Villalba apoia. Na Habana constitída Unión Villalbesa y su comarca, Liga Santaballesa, Progreso de Lanzós, Unión de San Simon y Samarugo No nº 202 de El Eco de Villalba de agosto de 1915 no que se dedica un especial ás festas do San Ramón, comunican nun bloque de novas o primeiro número de La Comarca villalbesa, “semanario defensor de los intereses de Villalba y su comarca”. 47 Parte dun artigo pulicado no número 48 de El Eco de Villalba 48 Parte dunha crónica do número 66 de El Eco de Villalba
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 66 El Ratón rompe co canon establecido da forma de facer un xornal en Vilalba polo seu tipo de contidos. Principalmente no xeito de contar as cousas. A retranca e a crítica a case que todos os que se lle cruzan por diante son constantes. Para proba diso, un retrinco sobre a súa análise da evolución que experimentaba a prensa no municipio: 49“[…] -Entonces ¿no es para ti novedad el incremento portentoso de la prensa villalbesa? -¡Bah! Eso y nada, todo es lo mismo. Si llamas incremento al mayor número de periódicos, pase; es novedad. Ahora lo de incremento, hay que discutirlo si se toma como progreso y adelanto; porque en ese caso el único que progresa es El Ratón por ser el único también que se lee, el único que tiene ideales grandes y elevados, el que verdaderamente lucha y lucha con denuedo, con valentía contra esa llaga social conocida con el nombre de caciquismo, contra ese cáncer insaciable que nuestros paisanos quieren atenuar con carne de jamón y hasta con quesos, en vez de aplicar con toda urgencia el bisturí. Los ideales de los otros y los enemigos contra quien combaten no son más que uno: matar El Ratón […]” Co seu estilo particular El Ratón tamén é capaz de recoñecer o bo traballo daqueles aos que critica continuamente. Neste caso trátase da noticia sobre un novo edificio escolar en Vilalba: 50“El Ratón tiene por norma la imparcialidad. Fue creado para la defensa de la clase roedora y no cesamos de atacarla por su propio interés porque comiendo despacio le dura más el pebre; pero siempre que ha merecido alabanzas nunca estuvimos remisos en tributárselas […]” Curiosa é a entrada de El Vigía Villalbés da man do seu director José Garrido xa que no seu primeiro número diríxise a Manuel Bermúdez, director de El Eco de Villalba, e a Antonio Peña Novo, director de El Ratón, do seguinte xeito: “[…] el trato particular nada tiene que ver con las ideas dinásticas ó republicanas, jaimistas o alfonsinas, que cada cual defiende en su periódico. Por esta razón, apreciables camaradas, espero que entre nosotros reinará la mayor cordialidad y que particularmente nos trataremos como caballeros que somos aunque después armemos gresca y mutuamente nos tiremos los trastos a la cabeza en las columnas de nuestros respectivos periódicos […]” Non obstante, a aparente amabilidade coa que saíu a rúa con respecto ás outras publicación que tamén estaban en circulación pola vila; tornou rapidamente en críticas continuas, mesmo contra os lugares de impresión: 49 Parte dun artigo do número 25 de El Ratón 50 Parte dun artigo do número 52 de El Ratón
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 67 “Día 20. Aparece El Eco de Villalba que por cierto viene llenito de erratas de imprenta, sobre todo en el artículo, “El correo en automóvil” ¡Se luce el impresor del colega Sr. Mancebo!” E cando non falaba dos seus “colegas”, encargábase de aumentar o seu ego presumindo de antigüidade e de gran difusión: 51“[…] ¡SEIS PÁGINAS, señores! ¡Y lo que te rondaré, morena! Porque muy luego introduciremos otras mejoras que a ser el asombro del mundo entero. A subscribirse pues. A comprar todos EL VIGÍA que es el periódico más antiguo y de mayor circulación de Villalba y su comarca” Unha das seccións máis características de El Vigía Villalbés é “Efemérides villabesas” nas que repasa os feitos máis destacados que aconteceron na vila o mes anterior día por día. Sobre marzo de 1913 aproveita para seguir coa crítica tanto a El Eco de Villalba como a El Ratón: 52“Día 1: Publícase El Eco de Villalba que trae 16 página, pero ¡ná!...Una sosería de D.Nadie que diría mi colega el del Ratón”. “Día 2: Publícase El Raton que viene superior. “El X de enfrente” continúa metidito en la ferrea ratonera sin que valgan para excarcelarle los insultos, calumnias y groserías que la desesperación le arranca. Aparece EL VIGÍA, cuya edición queda agotada á las pocas horas. Con gran satisfacción de nuestro señor Garrido, quien para celebrar tan fausto acontecimiento, toma una turca fenomenal”. As críticas son claras e directas: 53“[…] Me refiero a El Ratón, periodicucho indigno, que ninguna persona honrada y de sana conciencia moral debiera coger entre sus manos, y, menos aun, prestar atención a los embustes que en el mismo se dicen […]” 51 Parte da publicación do número 3 de El Vigía Villalbés sobre o seu aumento de páxinas 52 Parte da sección “Efemérides villalbesas” do número 5 de El Vigía Villalbés 53 Parte dun artigo publicado no número 7 de El Vigía Villalbés.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 68 Un aspecto máis sosegado chega con Azul y Blanco baseado tamén nun ideario máis cultural, pero coa presenza da opción do rexeneracionismo e a aposta por Galicia. 54“[…] Azul y Blanco intitulamos esta Revista para condensar en tan pocas palabras el caudal cariñoso, el tesoro de afectos que guardamos para ella (para Galicia) con toda la avaricia de una usura santa en el arca recóndita de nuestro corazón […]” Non obstante, a utilización do idioma galego non vai ser preferente para os temas de presenza regular no medio. Un deles, que non é alleo tampouco ao resto de publicacións vilalbesas da época é o da posible chegada do ferrocarril a Vilalba. Todos estaban a favor e coincidían nos grandes beneficios que esta vía de comunicación lle ía aportar ao municipio. Non obstante, a pesar que por algunhas noticias o tren estaba próximo a chegar, os raís nunca pasaron por Vilalba. 55“[…] Villalba sin ferrocarril quedará relegado a un villorrio de ínfima clase. […] Ni siquiera tendremos el consuelo de ver cruzar los automóviles por nuestras carreteras ya que los viajeros de la zona de Galicia y Asturias que hoy pasan por aquí, acudirán a aquellas vías por resultar más cómodas y cortas. El ferrocarril dará un empuje poderoso á nuestro comercio; sacará de las entrañas de la tierra muchas riquezas ocultas y será como alborada risueña de bienestar e iniciación de negocios fecundos […]” Chama a atención a presentación de Villalba y su comarca quen parece decidida a non extrapolar os seus obxectivos nin tampouco saír criticando ao resto de publicacións do momento. Así deste xeito o reflectiron: 56“Todos los periódicos al salir a la luz pública exponen más o menos extensamente su programa. Nosotros somos enemigos de exteriorizar en períodos rimbombantes los propósitos que nos animan. […] Examinará con ánimo sereno todos los problemas de interés general y allí donde vea algo desordenado dará un toque de atención para que los llamados a ordenarlo lo hagan cuanto antes si han de dar satisfacción a lo justo y equitativo. Expondremos nuestro modo de pensar para aquilatar juicios e iniciativas con el deseo noble y honrado de servir al pueblo […]”. O tema da posibilidade de que chegue o ferrocarril é algo recorrente nesta década. Por momentos as posturas parecían que se achegaban para conseguilo: 57“[…] Uno de los proyectos a realizar es el tan ansiado ferrocarril de Lugo a Ribadeo, por Villalba y Mondoñedo. No necesitamos hacer constar la beneficiosa influencia que para nuestros intereses reportará la construcción de 54 Parte dun artigo publicado no número 1 de Azul y Blanco 55 Parte dun artigo publicado no número 1 de Azul y Blanco 56 Parte do artigo de presentación de Villalba y su comarca publicano no número 1 57 Parte dun artigo que aparece no número 1 de Villalba y su comarca
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 69 ese ferrocarril por el que suspiramos hace tantos años. Es de suponer que por esta vez no serán defraudadas nuestras esperanzas […]”. Villalba y su comarca informa ao mesmo tempo que sae a rúa do peche de El Ratón: 58“Cesó en su publicación después de cuatro años de vida El Ratón, periódico quincenal y anticaciquil. Su desaparición por lo inesperada fue comentadísima en esta villa” 58 Parte dunha nova breve aparecida no número 1 de Villalba y su comarca
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 70 10. Conclusións Logo do estudado queda patente a importancia do Faro Villalbés na historia recente de Vilalba. Por un lado, o valor que ten xa de por si ao tratarse do último supervivente a tres décadas de florecemento do xornalismo vilalbés. Polo outro, por ser o medio principal da vila nun momento histórico no conxunto do Estado. Esta publicación foi a encargada de transmitir as novas nun momento de cambios e de suma relevancia no século XX. O seu período de vida coincide practicamente co da II República. Permitiu coñecer como se viviron eses momentos nunha vila do interior galego na que o acceso a prensa e, polo xeral, a cultura era unha cousa de elites. Naceu ao amparo do bando republicano e foi fiel aos seus ideais. A crítica ao anteriormente establecido era constante e, algunhas veces, incluso se podían tomar como críticas ameazantes. Segundo o periódico perseguía a causa xusta, aínda que a visión amosada só é unha, a da esquerda, a republicana. O ideal republicano está presente en cada número do Faro Villalbés. A presenza é latente nos artigos que predominan: contra o caciquismo ou sobre a educación. Agás nos números especiais, este tipo de artigos son os que aparecen na primeira plana dándolle un espazo relevante dentro da publicación. Nesa primeira plana tamén ten unha especial relevancia a poesía coa inclusión dun poema en moitos dos números. A educación, a cultura e a información local (coa presenza na segunda páxina de todo o relacionado coas medidas adoptadas dende o Concello) eran os piares básicos sobre os que se asentaban en contidos os números do Faro Villalbés. Nun segundo plano tiña os sucesos e a información de ámbito nacional que era máis ben internacional; xa que tiñan máis presenza as novas de países como Arxentina ou Cuba ca as do resto do Estado español. Trazo condicionado pola emigración galega en países de América Latina. Tiña un marcado labor social por tratarse das poucas vías de comunicación que os vilalbeses da época tiñan para recibir novas. Por aquel entón comezou a chegar tamén a radio, pero se a prensa estaba reservada a unha certa poboación, os aparatos de radio aínda máis naquel momento. Chama a atención a súa defensa polo Estatuto de Autonomía de Galicia e pola galeguidade, pero a maior parte das súas redaccións de loita son escritas en castelán. Faise menos crible estar defendendo algo, sen facelo propio cando o defendes. Practicamente a única presenza do galego é grazas a Carmiña Prieto Rouco. A poestisa vilalbesa publicou unha extensa obra ao longo da publicación, xa que contaba cun espazo case que decotío en cadanseu número.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 71 Prieto Rouco usou o galego na maior parte das súas pezas; algo que tamén lle permitiu gañarse un nome no xornal e ser recoñecida pola súa obra. Os seus poemas adoitaban ter unha carga de reivindicación social, poñéndose sempre do lado do débil e reclamando o progreso carente no municipio vilalbés. A súa reivindicación polos dereitos da muller tamén quedou comprobada. O Faro Villalbés tivo máis fácil abrir o seu camiño xa que naquel momento Vilalba contaba cunha traxectoria moi importante detrás de prensa escrita. De feito, é probable que moitos deles nacesen por envexa doutros. As críticas entre eles abundan. No caso do Faro Villalbés tiña unha sección específica chamada “Contrastes” para sacar os trapos sucios de El Progreso Villalbés. Aínda así, o maior cruce de declaracións poida que se producise no 1919, porque foi o ano no que máis publicacións coincidiron na rúa: Heraldo de Villalba, A Xusticia, El Gato e Aurora protagonizaron o ano de máxima produtividade xornalística. Foi o cume a un momento histórico que permitiu poñer a Vilalba no foco do xornalismo comarcal. A pesar de que ningunha das publicacións se mantivo no tempo (como no caso doutras vilas como Ribadeo, Ortigueira ou Viveiro) a súa historia facilitou que nos anos 80 nacese por exemplo A Voz de Vilalba (agora existente en versión dixital) ou que El Progreso consolidara na actualidade o seu semanario A Chaira con gran repercusión na web e nas redes sociais. Coma fin dun apartado histórico, a transcendencia do Faro Villalbés para a sociedade vilalbesa actual é moi importante. As súas páxinas recollen feitos que marcaron a vida recente de Vilalba e mesmo historias persoais protagonizadas polos nosos antepasados. E aquí está a esencia do xornalismo local: marcar tendencia para os que están e para os que han de vir, pero que comparten unha mesma área xeográfica marcada por historias que só por medio do xornalismo local foron, son e serán coñecidas. Porque sempre haberá temas que senón os conta a prensa local non haberá quen os conte.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 72 11. Referencias bibliográficas BAHAMONDE, Ángel e MARTÍNEZ Jesús A. (1994). Historia de España. Siglo XIX. Fuenlabrada, España: Editorial Cátedra BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón. (1983). Historia de la cultura gallega. Siglos XIX-XX. A Coruña, España: Editorial Gamma BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón. (1985). La Prensa gallega en la edad contemporánea en Galicia Historia.(Tomo VI, p. 299 – 386). A Coruña, España: Hércules Edicións BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón. (1988). Enciclopedia Temática de Galicia. Tomo III. Barcelona, España: Editorial Nauta BREOGÁN DIÉGUEZ, Uxío., CURRÁS GATO, Alberte., ÍNSUA LÓPEZ, Emilio., ROCA CENDÁN, Manuel. (18 de novemebro de 1918). As Irmandades da Fala. Lois Peña Novo. En Instituto de Estudos Chairegos. Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala. Xornadas realizadas na Casa da Cultura en Vilalba, Lugo. CABO VILLAVERDE, Miguel. 2003. Prensa agraria en Galicia. Ourense, España. Editorial: Duen de Bux LÓPEZ GARCÍA, Xosé. (1992). A prensa local e comarcal en Galicia. Edicións LEA. ÍNSUA LÓPEZ, Emilio Xosé. (2004). Antón e Ramón Villar Ponte: Unha irmandade alén do sangue. Centro Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia ÍNSUA LÓPEZ, Emilio Xosé. (2016). A nosa terra é nosa. A Coruña, España: Baía Edicións LEDO ANDIÓN, Margarita. (1982). Prensa e galeguismo: da prensa galega do XIX ao primeiro periódico nacionalista”. Sada, A Coruña, España: Edicións do Castro NASEIRO, Paulo. (2016). “Heraldo de Villalba, aproximación ao estudo dunha cabeceira histórica no seu centenario”. Caderno de Estudos Chairegos. Nº8, pp. 51-91. Editorial: Instituto de Estudos Chairegos PEÑA NOVO, Plácido. (1930). El problema tuberculoso en Galicia. PEÑA NOVO, Antonio. “La Tierra Llana”.Caderno de Estudos Chairegos. Nº1, pp.120-171.
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX; Análise de caso do Faro Villalbés, un medio anticaciquil 73 POMBO MOSQUERA, José Antonio. (2010). O hospital asilo de Vilalba. Vilalba, España: Fundación Hospital Asilo de Vilalba REGO BLANCO, Francisco Rafael. (2002). “A Escola Primaria Pública no Concello de Vilalba (1852-1901)”. Caderno de Estudos Chairegos. Nº1, pp. 6-32. Editorial: Instituto de Estudos Chairegos ROCA CENDÁN, Manuel. (2016). “Centenario da Irmandade da Fala de Vilalba”. Caderno de Estudos Chairegos. Nº8, pp. 173-185. Editorial: Instituto de Estudos Chairegos RODRÍGUEZ RIVAS, Ana María. (2005). O xornalismo en Galicia. Percorrido histórico pola prensa de Lugo. Vigo, España: Editorial Galaxia SANTOS GAYOSO, Enrique. (1990). Historia de la Prensa Gallega (1800-1986). Sada, A Coruña, España: Edicións do Castro TEIJEIRA, Mari Paz e DE LA TORRE, María. (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo, España. Editorial: Deputación de Lugo VILLARES PAZ, Ramón. (2016). Historia de Galicia. Vigo, España: Editorial Galaxia VILLARES PAZ, Ramón. (17 de novembro de 1918). Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala. En Instituto de Estudos Chairegos. Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala. Xornadas realizadas na Casa da Cultura en Vilalba, Lugo. V.V.A.A. (2002). Faro Villalbés. Edicións Facsimilar. Santiago de Compostela, España: Edita Servizo de publicacións e intercambio científico da Universidade de Santiago de Compostela.