scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 11-02-2016, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Xeografía e Historia

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

REGULAMENTO DE XUNTA DE FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA Aprobado por Xunta de facultade de 5 de febreiro de 2016 Aprobado por Consello de Goberno de 11 de febreiro de 2016 Preámbulo A Xunta de Facultade de Xeografía e Historia, por mor do establecido no Artigo 96 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, rexerá o seu funcionamento de acordo co presente Regulamento. A Xunta de Facultade enténdese como un lugar de integración dos distintos sectores e estamentos do Centro na súa calidade de máximo órgano de goberno do mesmo, velará polo exercicio e cumprimento dos dereitos e deberes de tódolos seus membros; procurará evitar a discriminación das minorías e favorecerá, mediante a participación igualitaria e libre de tódolos seus membros, a resolución dos conflictos a través do diálogo. 9*+ Os órganos de goberno desta Facultade, na procura dunha vinculación máis real coa situación social e cultural de Galicia, da Península Ibérica, de Europa e Latinoamérica, entenden como unha das súas obrigas a defensa e fomento de cantas actividades potencien o coñecemento e toma de conciencia dos valores culturais e dos caracteres que lle son propios como tal comunidade. En consecuencia do devandito, e dentro do proceso de normalización plena da lingua galega, asumen o uso do idioma galego en tódalas súas manifestacións oficiais. CAPÍTULO I OS ÓRGANOS DE GOBERNO DA FACULTADE Artigo 1 Son órganos de goberno e administración da Facultade: a) A Xunta de Facultade b) O/a decano/a c) O/a vicedecano/a ou vicedecanos/as d) O/a secretario/a CAPÍTULO II DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 2 A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. 1 CAPÍTULO III DA COMPOSICIÓN DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 3 A Xunta de Facultade estará composta por: 1. O/a decano/a que a convocará e presidirá. 2. Os/as vicedecanos/as. 3. O/a secretario/a, que o será tamén da Xunta. 4. O/a responsable da unidade de apoio á xestión de centros e departamentos. 5. O/a director/a da biblioteca da biblioteca intercentros. 6. O seguinte persoal docente e investigador e persoal investigador en formación con docencia no centro e censado nel, así como o non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior ao 35 % da capacidade docente dun profesor a tempo completo: Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que representará o 51 %. O resto, sempre que non exceda o 10 % do total da Xunta. 7. Unha representación do estudantado do 32 %., puidendo ser, de acordo co artigo 95.2 b dos Estatutos da USC, ata un 10% de esta representación alumnos/as de másteres e/ou posgrao. 8. Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous. O persoal docente e invetigador e o estudantado estarán censados soamente nun centro desta universidade, nas condicións que estableza o Consello de Goberno. Artigo 4 Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes, que o serán por un ano. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo cal foi elixido. De renunciar algún dos/as representantes ao seu posto, éste terá que ocupalo ata o final do periodo o/a seu/súa suplente, que será, sucesivamente, o/a que obteña máis votos nas eleccións correspondentes sen chegar a acadar representación. No caso de non haber suplente nun sector determinado, a vacante manterase ata a celebración de novas eleccións. CAPÍTULO IV DAS COMPETENCIAS DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 5 Son competencias da Xunta de Facultade: 1. Elixir o/a decano/a, e no seu caso, revogalo/a, segundo o procedemento establecido no Artigo 98 dos estatudos da Universidade. 2 2. Elaborar e aprobar o Regulamento de Réxime Interno do Centro, así como os procedementos para a súa reforma 3. A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións oficiais, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e de organización das ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos. 4. Supervisar a xestión dos distintos órganos de goberno e administración do centro. 5. A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas ao centro, consonte a lexislación vixente e as normas xerais emanadas do Claustro Universitario. 6. Crear e elixir Comisións, segundo o previsto neste Regulamento, de acordo co artigo 96 dos estatutos da USC. 7. Debater e aprobar, para cada exercicio económico, a asignación dos recursos da Facultade entre os diferentes servizos e actividades. Debater e aprobar, no seu caso, a rendición de contas que lle presentará o/a decano/a dentro dos seis meses seguintes ao remate de cada exercicio económico. 8. A programación dos espazos, servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. 9. A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación. 10. Informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. 11. A organización de actividades de formación permanente e de extensión. 12. A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades 13. Calquera outra competencia que lle atribúan estes estatutos ou lle encomende un órgano competente ou a lexislación vixente. CAPÍTULO V DA CONVOCATORIA, CONSTIUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 6 O pleno da Xunta de Facultade convocarao o/a decano/a (ou, na súa ausencia, un/unha vicedecano/a) con carácter ordinario, alomenos unha vez por trimestre. Artigo 7 Para que a convocatoria teña efecto, deberase poner en coñecemento de tódolos membros da Xunta de Facultade, mediante notificación escrita na que se fará constar a orde do día e, asemade, o día, hora e lugar de reunión. A convocatoria deberá notificarse por correo electrónico, ao enderezo institucional de cada membro da Xunta. Artigo 8 As notificacións terán que se entregadas alomenos con sete días de antelación, agás as das xuntas extraordinarias, que se convocarán cunha antelación mínima de 48 horas. 3 Artigo 9 A Xunta de Facultade ten que se reunir nas dependencias da Facultade, en días hábiles e en período lectivo, agás as xuntas extraordinarias que se poderán celebrar en período non lectivo. Artigo 10 1. A Xunta de Facultade reunirase con carácter extraordinario: a) A iniciativa do/a decano/a. b) Por pedimento de: 1. A Comisión Permanente 2. Un tercio dos membros da Xunta de Facultade. 3.Tres cuartas partes da totalidade de membros de calquera sector. 2. Nos supostos contemplados no punto b), o pedimento deberá ir acompañado dunha xustificación da súa convocatoria e, eventualmente, dun borrador das propostas que se deberán debater. Artigo 11 A orde do día da Xunta ordinaria será elaborada polo/a decano/a, asistido polo/a Secretario/a e mailo/a vicedecano/a ou vicedecanos/as. Nela figurarán inexcusablemente as mencións de aprobación das actas das sesións anteriores, os asuntos de trámite, e os rogos e preguntas. Tamén se deberán incluir dentro da orde do día, aqueles puntos que estime a Comisión Permanente ou aqueles outros que solicite por escrito unha quinta parte dos membros da Xunta. Artigo 12 A Xunta de Facultade constituirase validamente en primeira convocatoria coa presenza do presidente e do secretario, ou de quen legalmente os substitúa, e a metade dos seus membros. En segunda convocatoria poderán constituírse coa presenza do presidente, do secretario e unha oitava parte dos seus membros. Artigo 13 A Xunta de Facultade estará presidida polo/a decano/a, ou quen faga as súas veces, asistido polo/a secretario/a, e o/a vicedecano/a ou vicedecanos/as. Artigo 14 O/a decano/a dirixe, modera e ordena o desenvolvemento dos debates. Tamén poderá propoñer a consideración da Xunta a alteración da discusión dos puntos da orde do día ou, por razóns de especial urxencia, a incorporación dalgún punto novo, para o que deben estar presentes tódolos membros da Xunta de Facultade e acorden por maioría a súa inclusión. Artigo 15 1. As decisións da Xunta adoptarán a forma de acordos, en materias da súa 4 competencia. 3. A Xunta de Facultade arbitrará os mecanismos necesarios para que os diversos sectores da mesma estean puntualmente informados dos acordos que se adopten na Comisión Permanente. Artigo 16 As decisións pódense tomar por asentimento ou por votación. Para axilizar o procedemento, as votacións poderán ser públicas e a man alzada, ou secretas cando afecten a persoas concretas ou o solicite calquera dos asistentes. Artigo 17 Non se admitirá a delegación de voto nin en membros da Xunta nin en persoas alleas. Artigo 18 En caso de votación, os acordos adoptaranse polo maior número de votos a favor dunha determinada proposta, salvo o disposto neste Regulamento para a moción de censura e a reforma do propio Regulamento. En caso de empate, decidirá o voto de calidade do decano ou decana, ou de quen legalmente o substitúa na presidencia da Xunta. Artigo 19 1. O/a secretario/a da Xunta, que será o/a secretario/a da Facultade, levantará acta de tódalas sesións. No suposto de ausencia accidental do secretario ou da secretaria, será substituído por unha vicedecana ou un vicedecano ou polo docente máis novo da Xunta. 2. En cada acta figurarán inexcusablemente as seguintes mencións: a) Membros da Xunta de Facultade nominalmente designados que asistiron á sesión, salientando as ausencias xustificadas. b) Orde do día. c) Acordos e recomendacións. 3. Na acta téñense que incluír as circunstancias de tempo e lugar nas que se teña celebrado a Xunta, os puntos principais das deliberacións, un resumo dos debates coas diferentes posicións e os textos literais dos acordos. Calquera membro ten dereito a solicitar a transcripción íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que aporte no acto ou no prazo que sinale o presidente, o texto que corresponda fielmente á súa intervención, facéndonse constar así na acta ou uníndose copia á mesma. 4.-Cada acta será asinada polo/a secretario/a ou quen fixera as súas veces, co visto e prace do/a decano/a ou do/a presidente/a efectivo/a da sesión que se reflexe. Artigo 20 1. Na Facultade existirá un libro de actas, o secretario/a recopilará anualmente todas as actas das sesión do órgano colexiado, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro. As actas poden redactarse en soporte electrónico e reproducirse coas sinaturas, dilixencias e contidos legais, e encadernaranse para a súa conservación e arquivo 5 coa periodicidade que se determine. 2. O Libro de Actas estará baixo a custodia do/a secretario/a do centro, que permitirá a súa consulta a calquera membro da Xunta de Facultade. 3. Soamente farán fe dos Acordos da Xunta as certificacións expedidas polo/a seu/súa Secretario/a. Expediranse certificacións gratuítas dos acordos de cada sesión ou dunha parte da mesma para calquera membro da Xunta que as solicite. Artigo 21 A asistencia ás reunións da Xunta de Facultade constitúe un dereito e un deber dos seus membros e débense prever as medidas que favorezan esta asistencia. Artigo 22 Poderán asistir con voz e sen voto aquelas persoas que se determine invitar nunca superior ao 10% do total de membros da Xunta de Facultade. CAPÍTULO VI DA ELECCIÓN DO DECANO Artigo 23 A elección do/a decano/a axustarase ao establecido no Regulamento Electoral da USC. Cumpridos os procedementos e prazos establecidos, convocarase unha sesión extroardinaria do Pleno da Xunta de Facultade que terá como único punto da orde do día, a elección a decano/a. Artigo 24 Os/as candidatos/as disporán dun máximo de 30 minutos para expoñer os seus programas. Artigo 25 Realizada a exposición polos/as candidato/a e logo do debate, procederase á votación de tódolos membros da Xunta. A votación realizarase nun local habilitado a tal efecto e no horario fixado coa antelación preceptiva. Artigo 26 Rematada a votación, procederase ao escrutinio e será proclamado/a electo/a quen obtiver a maioría absoluta do sufraxio. Artigo 27 Se ningún dos/as candidatos/as obtivese a maioría absoluta procederase a unha segunda votación. Resultará elexido/a quen obtivera a maioría de votos. 6 Artigo 28 De producirse empate entre dous/dúas ou máis candidatos/as procederíase a unha nova votación no prazo máximo de 3 días. De permanecer o empate será decano/a electo/a o/a candidato/a con maior antigüidade nos corpos docentes universitarios, segundo establecen os Estatutos da Universidade. Artigo 29 No caso de que houbera unha única candidatura, realizarase unha soa votación e o/a candidato/a resultará elexido se obtén alomenos o 25% dos votos emitidos. Artigo 30 De non se poder levar a cabo a elección por falta de persoas candidatas que reúnan os requisitos exixidos, o Consello de Goberno, tras a proposta do Reitor, encargaralle provisoriamente as función de decano/a a un profesor ou profesora con vinculación permanente á Universidade censado no centro. Rematado o curso académico, convocaranse novas eleccións. Artigo 31 O/a decano/a cesará nas súas funcións ao remate do seu mandato, a pedimento propio ou como consecuencia dunha moción de censura, segundo queda establecido neste Regulamento. CAPÍTULO VII DO REVOGAMENTO DO/A DECANO/A. Artigo 32 A moción de censura, para poder ser tramitada, deberá ir asinada por un tercio dos membros da Xunta e incluír o nome do/a que se propoña como candidato/a ao Decanato, quen terá que presentar un programa alternativo. De ser aprobada pola maioría absoluta dos membros da Xunta, será proclamado/a decano/a electo/a o/a que figuraba proposto/a na moción de censura, polo periodo de mandato que lle reste ao/a candidato/a revogado/a. Artigo 33 Se a moción de censura non acadase os votos necesarios, considérase refugada, e os/as asinantes da mesma non poderán no mesmo período de mandato. CAPÍTULO VIII COMPETENCIAS DO/A DECANO/A Artigo 34 Son competencias do/a decano/a: 7 1. A representación da facultade. 2. A presidencia das reunións da Xunta de Facultade e a de calquera outro órgano colexiado delas, así como a execución dos seus acordos. 3. A vixilancia do cumprimento da legalidade en todas as actuacións da facultade. 4. A dirección académica de todas as titulacións oficiais adscritas ao centro. 5. A dirección económica das actividades organizadas polo centro. 6. A proposta ao reitor do nomeamento e cesamento do/a secretario/a da facultade e, de ser o caso, dos/as vicedecanos/as, dentro do límite que sinale o Consello de Goberno. 7. A vixilancia do respecto dos dereitos e do cumprimento dos deberes de todos os membros da comunidade universitaria que desenvolven o seu labor no centro. 8. O control do cumprimento das obrigas docentes e discentes. 9. O control do adecuado mantemento do patrimonio do centro. 10. O exercicio das restantes funcións que deriven do seu cargo, así como aqueloutras que lle sinalen estes estatutos ou a lexislación universitaria. As competencias do decano estenderanse a todos os asuntos concernentes ao goberno e á administración das facultades ou escolas que non estean atribuídos a outros órganos. CAPÍTULO IX O/A SECRETARIO/A Artigo 35 1. O/a secretario/a da facultade é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal, ten encomendada a custodia das actas e a expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle encomenden o/a decano/a, a lexislación vixente e estes estatutos. 2. O/a secretario/a será nomeado polo/a Reitor/a, segundo a proposta do decano/a, de entre os/as profesores/as ou funcionarios/as dos subgrupos A1 e A2 censados/as no centro. 3. O/a secretario cesará por decisión do reitor, tras a proposta do/a decano/a ou por petición propia. CAPÍTULO X OS/AS VICEDECANOS/AS Artigo 36 1. Os/as vicedecanos/as serán nomeados polo/a Reitor/a, por proposta do decano, de entre os membros da comunidade universitaria da facultade que reúnan os requisitos establecidos no artigo 71 dos estatutos da USC 2. É labor dos/as vicedecanos/as coordinaren ou dirixiren, baixo a autoridade do decano/a, a área ou áreas de competencias que este lles encomende, sen prexuízo de que as funcións técnico-administrativas correspondan ao persoal de administración e servizos. De existiren varios vicedecanos/as, o/a decano/a 8 designará quen ten que substituílo, en caso de ausencia ou enfermidade. 3. Os/as vicedecanos/as ou cesarán no seu cargo por decisión do/a Reitor/a, logo da proposta do decano, ou por petición propia. CAPÍTULO XI DA COMISIÓN PERMANENTE Artigo 37 En cumprimento da correspondente previsión dos Estatutos desta Universidade, a Xunta de Facultade deberá dotarse dunha Comisión Permanente. As súas competencias explicítanse neste Regulamento Artigo 38. Composición e elección dos seus membros A Comisión Permanente estará composta por : o/a decano/a, o/a vicedecano/a, o/a secreatario/a , o/a responsable da Unidade de Apoio a Centros e Departamentos, os/as directores/as de departamento, os/as coordinadores/as dos títulos do centro (Graos e Másteres), 6 alumnos/as (un deles de posgrado), dous axudantes e bolseiros/as de investigación e dous membros do PAS. Poderán asistir con voz e sen voto os presidentes das comisión delegadas da Xunta de Facultade, no caso de quedar baleiro o posto de representación dos/as alumnos/as de posgrao, o posto ocuparase por un/unha alumno/a de grao. Artigo 39 Os membros da Comisión Permanente que non o sexan por razón do seu cargo, serán elixidos polos seus respectivos sectores e nomeados na Xunta de Facultade. Artigo 40 1.- Os membros da Comisión Permanente cesarán no mesmo intre no que perdan a condición de membros do Pleno. De producirse dimisións, procederase á súa substitución polo/a candidato/a que obtivera maior número de votos sen acadar representación na última elección. No caso de non haber suplentes nun sector determinado, realizarase unha nova elección entre os seus membros. 2.- As ausencias non xustificadas constarán na Acta de cada sesión. O/a decano/a notificaraas á Xunta de Facultade, cando aquelas acaden o número de tres consecutivas, ou cinco alternas. Artigo 41. Competencias 1. As competencias da Comisión Permanente serán delegadas da Xunta de Facultade. 2. A Xunta de Facultade deberá delegar na Comisión Permanente as seguintes competencias: a) Todo o relativo a asuntos de trámite, o que comprende: 1. Proposta de tribunais para a concesión dos Premios Extraordinarios de Grao, Máster e Doutoramento 9 DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira O presente Regulamento debe ser integrado e interpretado no marco do disposto nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e das normas legais e regulamentarias sobre ensino universitario. Segunda Para o que non estea previsto no presente Regulamento nin nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aplicarase o que dispón a Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. DISPOSICIÓN FINAL O presente Regulamento entrará en vigor coa súa publicación na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, logo da súa ratificación polo Consello de Goberno da USC. 16