Recoñocemento do terreo
Abstract
Esta unidade didáctica serve de peche ó primeiro módulo da programación da materia “Enxeñaría e Morfoloxía do Terreo” do segundo curso da titulación de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Especialidade Transportes e Servizos Urbanos, que se dedica a senta-las bases da mecánica de solos. Os primeiros temas expoñen con detalle as principais características dos solos e os fundamentos básicos do seu comportamento tensodeformacional, definindo os parámetros resistentes que se precisan nos cálculos.
Full text
RECOÑECEMENTO DO TERREO Carlos Núñez Temes Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior 13 Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade. Enxeñaría Técnica de Obras Públicas titulación Enxeñaría e Morfoloxía do Terreo materia
Carlos Núñez Temes Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior unidade didáctica 13 RECOÑECEMENTO DO TERREO
© Universidade de Santiago de Compostela, 2009 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 875-2009 ISBN 978-84-9887-128-9 ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación parcial ou total desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 3 MATERIA: Enxeñaría e Morfoloxía do Terreo TITULACIÓN: Enxeñaría Técnica en Obras Públicas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica MÓDULO I: Mecánica de solos Unidade 1. Introdución á enxeñaría do terreo Concepto de solo, rocha, macizo rochoso Problemas formulados polos solos na enxeñaría Unidade 2. Orixe, descrición e clasificación de solos Orixe dos solos Propiedades índice dos solos: volume de ocos, humidade, pesos específicos, grado de saturación Relación entre variables Granulometría: ensaio de peneirado e de sedimentación Estudo da curva granulométrica Plasticidade: determinación dos límites de Atterberg Gráfico de plasticidade de Casagrande Identificación e descripción xeotécnica de solos Métodos máis comúns de clasificación xeotécnica de solos Compactación. Ensaio Proctor Normal e Proctor modificado Unidade 3. Estados tensionais do terreo Tensión e deformación Lei de Terzaghi: principio das tensións efectivas Lei de Hooke Deformación plana e tensión plana Círculos de Mohr Tensións in situ Criterio de rotura de Mohr-Coulomb Relacións tensión-deformación en solos Modelos elásticos: análise en servizo Modelos plásticos: análise en rotura Unidade 4. Fluxo de auga en solos saturados Movemento da auga a través do solo. Lei de Darcy A auga na zona capilar Determinación da permeabilidade en laboratorio Determinación da permeabilidade in situ Fluxo en medios heteroxéneos e anisótropos Ecuación xeral do fluxo en medios saturados Resolución da ecuación do fluxo. Solucións analíticas, gráficas e numéricas Sifonamento en solos Unidade 5. Consolidación O edómetro. Ensaio de consolidación unidimensional Arxilas normalmente consolidadas e sobreconsolidadas Teoría de Terzaghi para a consolidación Cálculo de asentos a partir dos datos do ensaio edométrico Coeficiente de consolidación Método de Casagrande
4 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Unidade 6. Resistencia ó corte Criterio de rotura de Mohr-Coulomb Cohesión e rozamento interno dun solo Ensaio de corte directo Ensaios drenados e non drenados en areas e arxilas Ensaio de compresión triaxial Ensaio de compresión simple ou non confinado Outros ensaios de corte Unidade 7. Empuxes de terras Coeficiente de empuxe ó repouso Teoría de Rankine: empuxes de terra activo e pasivo Distribución de presións sobre muros de contención Teoría de Coulomb do empuxe de terras sobre muros Empuxes en solos cohesivos Unidade 8. Estruturas de contención ríxida Xeneralidades Tipos de estruturas de contención Condicións xerais para o proxecto Unidade 9. Taludes en solos Factor de seguridade Estabilidade de taludes infinitos sen e con fluxo de auga Taludes finitos Análise de roturas circulares Ábacos de Taylor Método de doelas Métodos de Bishop e Janbu Medidas de corrección Drenaxe de taludes Unidade 10 Estruturas de contención flexible Introdución Tipos de estruturas de contención flexible Cálculo analítico: pantallas en berirado, pantallas cun apoio, pantallas con varios apoios Sistemas de reforzo e soporte lateral Métodos numéricos de cálculo Unidade 11. Cimentacións superficiais Xeneralidades Ecuacións de Prandtl e de Terzaghi Expresións de Meyerhof e Brinch-Hansen Influencia da forma e da profundidade da cimentación Ecuación xeral da capacidade de carga dunha cimentación superficial Asentos en cimentacións Unidade 12. Cimentacións profundas Xeneralidades Tipos de pilotes Determinación da carga admisible dun pilote aislado Grupos de pilotes Construción e control da execución de pilotes
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 5 Unidade 13. Recoñecemento do terreo Introdución O estudo xeotécnico Dimensionamento dos traballos de campo Sondaxes e perforacións Piezómetros: medidas das presións intersticiais Ensaios de permeabilidade Ensaios de penetración Ensaio de molinete “vane test” Ensaio presiométrico Ensaio de placa de carga Prospección xeofísica MÓDULO II: Mecánica de rochas Unidade 14. Introdución á mecánica de rochas Unidade 15. Taludes en rocha MÓDULO III: Enxeñaría do terreo Unidade 16. Túneles Unidade 17. Tratamentos do terreo Unidade 18. Ancoraxes e micropilotes Unidade 19. Patoloxía de taludes Unidade 20. Construción de terrapléns
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 7 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 9 Os obxectivos ............................................................................................. 10 Os principios metodolóxicos .................................................................... 10 Actividades propostas ............................................................................... 10 Os contidos ................................................................................................. 11 1. Introdución ................................................................................... 11 2. O estudo xeotécnico .................................................................... 12 2.1. Información previa ....................................................... 12 2.2. Programación do recoñecemento ............................... 13 2.3. Recoñecemento profundo ........................................... 14 2.4. Tipos de mostras ......................................................... 15 3. Dimensionamento dos traballos de campo ................................. 22 3.1. Procedemento do Código Técnico da Edificación ...... 23 3.2. Procedemento da Guía de Cimentacións ................... 28 4. Sondaxes e perforacións ............................................................. 34 4.1. Catas e gabias............................................................. 34 4.2. Sondaxes ..................................................................... 35 5. Piezómetros: medida das presións intersticiais .......................... 44 6. Ensaios de permeabilidade ......................................................... 45 6.1. Ensaio Lefranc............................................................. 45 6.2. Ensaio Lugeon............................................................. 46 6.3. Ensaios de bombeo en pozos ..................................... 47 7. Ensaios de penetración ............................................................... 47 7.1. Ensaio de penetración estándar SPT. ....................... 48 7.2. Ensaios de penetración continua ................................ 56 7.3. Correlacións entre ensaios de penetración ................. 60 8. Ensaio de molinete “vane test” .................................................... 62 8.1. Factores que influencian os resultados…………….….63 9. Ensaio presiométrico ................................................................... 64 10. Ensaio de placa de carga .......................................................... 66 11. Prospección xeofísica ............................................................... 67 11.1. Métodos eléctricos .................................................... 68 11.2. Métodos sísmicos ...................................................... 70 11.3. Xeorradar (GPR Ground Penetration Radar) ............ 72 Avaliación da unidade didáctica ............................................................... 73 Índice de figuras ......................................................................................... 74 Bibliografía .................................................................................................. 77
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 15 2.4. Tipos de mostras As sondaxes e os ensaios citados permiten estudar in situ certas propiedades dos solos, pero hai outras características que teñen que ser determinadas en laboratorio, xa que requiren procedementos ou equipos que non se poden trasladar ó campo. Por exemplo, para coñece-la distribución dos tamaños das partículas dun solo é preciso realiza-los ensaios descritos na unidade didáctica 2, de granulometría por peneirado e/ou granulometría por sedimentación. Para iso, é necesario dispoñer dunha porción de material que se poida trasladar ó laboratorio. O mesmo sucede co resto de ensaios de identificación de solos, co ensaio edométrico ou cos ensaios de resistencia ó corte. As porcións de solo que se extraen clasifícanse en primeiro lugar en representativas e non representativas, en función de que manteñan exactamente a mesma distribución de tamaños de partículas que tiña o terreo orixinal. En xeral, o procedemento de extracción debe ser coidadoso, xa que, por exemplo, se se emprega auga a presión na perforación da sondaxe a auga pode arrastrar as partículas finas e eliminalas da mostra, co que o material enviado ó laboratorio non concordará co que atopamos na obra. As mostras non representativas non se deben empregar para estudos xeotécnicos. Entre as mostras representativas distínguense varios tipos en función do método de extracción e a cantidade de propiedades físicas que non se ven afectadas por ese proceso: a) denomínanse mostras alteradas (MA) aquelas porcións de solo que non manteñen a estrutura orixinal que tiña in situ e nas que non se toman as medidas axeitadas para que non perdan a auga intersticial. Dentro deste tipo, pódense citar bolsas nas que se introduce solo procedente de catas, anacos de testemuño extraídos en sondaxes, etc; b) denomínanse mostras inalteradas aquelas nas que o procedemento de extracción é máis coidadoso e a súa conservación e almacenamento permite manter máis propiedades do terreo. Hai varios tipos en función da súa xeometría ou finalidade: - mostras bloque (MB), elementos paralepipédicos de entre 60 e 80 cm de lado, que se obteñen por tallada en catas, pozos ou escavacións. O proceso de tallado é delicado, xa que non se debe empregar moita enerxía que poida altera-lo estado tensional do terreo. En caso de que se empregue moita presión, a mostra pasa a denominarse remoldeada; - para a determinación da humidade (MH). Trátase de mostras ás que inmediatamente despois da súa extracción se lles aplicas unha capa de parafina en toda a súa área lateral exposta ó ambiente, de modo que se impermeabiliza e se impide a saída de auga intersticial do interior da estrutura do solo; - para a determinación de propiedades xeotécnicas (M1). En xeral trátase de elementos cilíndricos obtidos en sondaxes ou outras escavacións mediante o emprego de tomamostras axeitados, diferentes segundo o tipo de terreo de que se trata, e que permiten non altera-la estrutura e disposición orixinal das partículas no terreo.
16 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO No caso do Código Técnico de Edificación, as mostras clasifícanse en tres grupos segundo as propiedades que non se ven alteradas, e especifícanse os ensaios que se poden realizar sobre cada tipo (táboa 2.1): a) mostras de categoría A: manteñen inalteradas a estrutura, densidade, humidade, granulometría, plasticidade e compoñentes químicos estables; b) mostras de categoría B: manteñen inalteradas a humidade, granulometría, plasticidade e compoñentes químicos estables; c) mostras de categoría C: non cumpren as especificacións da categoría B. Táboa 2.1: Categoría das mostras de solos e rochas para ensaios de laboratorio Propiedades para determinar Categoría mínima da mostra - Identificación organoléptica C - Granulometría C - Humidade B - Límites de Atterberg C - Peso específico das partículas B - Contido en materia orgánica e en CaCO3 C - Peso específico aparente. Porosidade A - Permeabilidade A - Resistencia A - Deformabilidade A - Expansividade A - Contido en sulfatos solubles C Para poder obter mostras M1, deben empregarse equipos axeitados ó tipo de solo de que se trata. O método máis habitual é a finca por presión dun tubo oco no que se introduce o terreo, e que deben ter unhas proporcións determinadas para non remoldealo, ou polo menos que se se produce algunha alteración, esta sexa aceptable. É evidente que a introdución dun tubo sacamostras no terreo produce algo de remoldeo que depende do espesor da parede do tomamostras: a maior espesor de parede, prodúcese máis alteración no terreo. Ademais, hai que ter en conta que o espesor da parede do sacamostras debe ser suficiente para soporta-los esforzos da finca. O grao de alteración dunha mostra pode avaliarse mediante un coeficiente calculado a partir dos diámetros interior d e exterior D do tubo. Defínese Ca (relación de áreas) como: 100· 2 22 d dD Ca − = Se Ca ≤ 10 pode considerarse que a mostra queda inalterada na extracción. Nos tubos sacamostras habitualmente empregados, Ca adoita cumprir esta condición. Hai varios tipos de tomamostras:
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 17 -tomamostras de parede delgada. Por exemplo, tipo Shelby, que se empregan con empuxe constante, nunca con golpeo. De uso recomendado en solos cohesivos de consistencia baixa a media e en areas soltas. No seu interior poden levar ou non outro cilindro de plástico que serve de recubrimento da mostra para evitar que se deteriore na súa manipulación ou no tempo de almacenaxe; -tomamostras de parede grosa. Uso en solos cohesivos de ríxidos a duros, arxilas areosas e areas soltas con gravas; -tomamostras de pistón. Poden ser de parede delgada ou grosa, incorporan un pistón interior, que permanece no extremo inferior durante a escavación e que permite recolle-la mostra cando se procede ó levantamento da hasta de penetración. Válido para todo tipo de solos; -tomamostras bipartido estándar. É un cilindro que está dividido en dúas seccións lonxitudinais, que se emprega en ensaios de penetración e que conta cunha válvula que axuda á extracción da mostra; -tomamostras Denison. Está deseñado para a obtención de mostras inalteradas en solos e materiais de fácil descomposición que poden ser “lavados” durante a perforación. A batería de tubo dobre xiratorio permite obter mostras inalteradas en materiais brandos así como tamén en solos duros onde as presións requiridas para fincar tomamostras de parede delgada serían excesivas. Durante a perforación, presiónase firmemente o tubo interior na formación mentres rota o tubo exterior. Para protexe-la mostra, o tubo interior permanece estático en todo momento. O tubo interior leva unha fina camisa de plástico no seu interior para protexe-la integridade da mostra durante a perforación e a manobra de extracción. A mostra mantense no interior do tomamostras, ben por fricción coas paredes ou mediante unha cesta; -tomamostras de xanela que son normalmente utilizados como un método simple, de baixo custo e efectivo para obter mostras inalteradas en profundidades de ata 15 metros. Teñen como principais campos de aplicación estudos agrícolas, medioambientais e arqueolóxicos, aínda que tamén se empregan en xeotecnia. Para a toma de mostras, introdúcese no terreo por medio dun martelo eléctrico, pneumático ou hidráulico e cunha hasta de perforación de extensión para alcanza-la profundidade desexada. Figura 2.1: Mostra bloque obtida nunha cata
18 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Figura 2.2: Mostra inalterada protexida nunha funda de PVC Figura 2.3: Procedemento operativo da extracción dunha mostra inalterada cun tomamostras aberto de parede delgada
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 19 Figura 2.4: Procedemento operativo da extracción dunha mostra inalterada cun tomamostras de pistón Figura 2.5: Tomamostras de pistón Figura 2.6: Tomamostras bipartido estándar
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 20 Figura 2.7: Tomamostras Denison Figura 2.8: Tipos de cestas empregadas para a recollida da mostra en solos de fácil desintegración, usadas nos tomamostras Denison
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 21 Figura 2.9: Tomamostras de xanela Táboa 2.2: Tipoloxía e utilización de diferentes sistemas de extracción de mostras. Método de mostraxe Tomamostras Sistema de finca Calidade da mostra Solo apropiado Manual Bloque Tallada a man Excelente Cohesivo de mediana consistencia Manual Cilindro Finca coa man Boa a excelente Cohesivo de mediana a baixa consistencia Mecánico Aberto de parede delgada Percusión Regular a boa Cohesivo de mediana a baixa consistencia. Areas soltas Mecánico Pistón de parede delgada Presión Regular a boa Cohesivo de mediana a baixa consistencia. Areas soltas Mecánico Pistón con parede grosa Presión Regular Cohesivo de consistencia baixa a alta Mecánico Tubo perforador Rotación Regular a boa Compacto (rochas) Mecánico Tubo perforador dobre Rotación Regular a boa Compacto (rochas brandas)
22 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO 3. Dimensionamento dos traballos de campo A seguinte fase na programación dun estudo xeotécnico consiste en decidir que ensaios se van executar, cantos son necesarios para evitar incertezas e que profundidade se debe investigar para ter un certo grao de seguridade de que non vai ser necesario amplia-las prospeccións para atopa-lo substrato rochoso inalterado. Todas estas decisións deben tomarse tendo en conta os condicionantes específicos do proxecto e as conclusións obtidas no estudo previo. En moitas ocasións, os técnicos redactores dos estudos xeotécnicos tenden a adopta-la mesma campaña de recoñecemento independentemente das características especiais do caso, co que poden estar ofrecendo unha solución antieconómica ou, o que é máis importante, que non permita detectar zonas conflitivas. Un dos principais motivos para que se faga isto é a mala aplicación das recomendacións que fixan as normativas vixentes nos diferentes ámbitos da enxeñaría civil, que recollen o mínimo recomendable para deseña-las prospeccións, pero iso non quere dicir que haxa que executar sempre ese mínimo. Na edificación, a norma de referencia é o Código Técnico de Edificación e en obra pública pódense segui-las recomendacións da Guía de Cimentacións da D. X. de Estradas do Ministerio de Fomento. Neste apartado imos repasa-los procedementos estándar que marcan ámbalas normativas, pero deixando quedar claro que sempre indican cantidade mínima de ensaios. No mesmo sentido, preséntase un resumo de tres estudos nos que non existen ningún tipo de zona conflitiva, a modo de recomendacións xerais para saber por onde comezar: -para un edificio de menos de 4 plantas, en parcela de 20x30 m poden ser suficientes 2 sondaxes (duns 20 metros de lonxitude, sempre que se chegue ó substrato máximo) e 3 penetrómetros continuos; -para un edificio de máis de 20 plantas en solar de 40x50 m débense realizar, polo menos, 4-5 sondaxes mecánicas, duns 40 m de lonxitude mínima (xa que haberá varios sotos), sempre chegando ó substrato profundo, e unha ducia de penetrómetros continuos; -no caso dun túnel urbano (metro, por exemplo) débense realizar sondaxes mecánicas cada 250-300 m, pasando uns 10 metros por debaixo da cota da soleira e dúas sondaxes, como mínimo, en cada estación (pasando 30 metros por debaixo da soleira, por se hai que construír pilaspilote). Ademais, nas zonas de valgadas e de recheos antrópicos débense realizar penetrómetros continuos (5, como mínimo, por zona). Tamén resulta conveniente, neste caso, realizar traballos xeofísicos e, se hai carstificacións, utilizar tomógrafos eléctricos; -no caso dunha autovía na que as profundidades que alcanza o proxecto son menores, poden cambiarse e adoptar: a) catas superficiais cada 300-400 metros, para estuda-los materiais que se poidan utilizar en terrapléns; b) sondaxes en desmontes importantes, en valgadas e en estruturas (xeralmente, un por apoio);
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 23 c) penetrómetros cada 300-400 metros, para coñecer recubrimentos en zonas de recheos e valgadas; d) recoñecementos xeofísicos, etc. 3.1. Procedemento do Código Técnico de Edificación O Código Técnico de Edificación, no seu apartado SE-C no que se fai referencia ós estudos xeotécnicos, ten como ámbito de aplicación a seguridade estrutural, capacidade portante e aptitude ó servizo dos elementos de cimentación e de contención de todo tipo de edificios, no que respecta unicamente ás condicións do terreo, xa que as características propias dos materias e o seu deseño estrutural regúlase noutros apartados ou na instrución EHE. Para a programación do recoñecemento do terreo deben terse en conta tódolos datos relevantes da parcela, tanto os topográficos ou urbanísticos e xerais do edificio, como os datos previos de recoñecementos e estudos da mesma parcela ou parcelas limítrofes se existen, e os xerais da zona realizados na fase de planeamento ou urbanización. Para os efectos do recoñecemento do terreo, a unidade que se vai considerar é o edificio ou o conxunto de edificios dunha mesma promoción, e o primeiro punto de partida é precisamente clasifica-la obra que se pretende construír en función do número de plantas, do seu volume ou da singularidade. Existen cinco categorías de edificios, da C-0 a C-4, de importancia crecente, que se describen na táboa 3.1, na que se debe ter en conta que no cómputo das plantas dun edificio se inclúen tamén os sotos. Táboa 3.1: Tipo de construción Tipo Descrición C-0 Construcións de menos de 4 plantas e superficie construída inferior a 300 m2 C-1 Outras construcións de menos de 4 plantas C-2 Construcións entre 4 e 10 plantas C-3 Construcións entre 11 e 20 plantas C-4 Conxuntos monumentais ou singulares, ou de máis de 20 plantas O segundo paso é clasifica-lo tipo de terreo no que se vai realiza-la construción da obra en tres grandes grupos (favorables, intermedios e desfavorables), tendo en conta fundamentalmente a variabilidade e a deformabilidade das unidades xeotécnicas identificadas no estudo previo ou na visita á parcela. Na práctica, o modo no que se redacta o significado dun terreo favorable fai que só se empreguen terreos T-2 na maioría dos casos e T-3 cando se agarda atopar algunha dificultade, xa que no deseño dunha cimentación non se adoitan empregar cimentacións directas illadas e é moi habitual a posible presenza de recheos antrópicos ou solos residuais na
24 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO maioría dos solos urbanizables, xa que se atopan moi próximos a núcleos urbanos en zonas que se empregaban como vertedoiros no pasado. Táboa 3.2: Grupo de terreo Grupo Descrición T-1 Terreos favorables: aqueles con pouca variabilidade, e nos que na práctica habitual da zona é de cimentación directa mediante elementos illados T-2 Terreos intermedios: os que presentan variabilidade, ou que na zona non sempre se recorre á mesma solución de cimentación, ou nos que se pode supoñer que teñen recheos antrópicos de certa relevancia, aínda que probablemente non superen os 3,0 metros. T-3 Terreos desfavorables: os que non se poden clasificar en ningún dos tipos anteriores. De forma especial, consideráranse neste grupo os seguintes terreos: Solos expansivos Solos colapsables Solos brandos ou soltos Terreos kársticos en xesos ou calizas Terreos variables en canto a composición e estado Recheos antrópicos con espesores superiores a 3 m Terreos en zonas susceptibles de sufrir deslizamentos Rochas volcánicas en coladas delgadas ou con cavidades Terreos con desnivel superior a 15º Solos residuais Terreos de marismas A partir da clasificación da obra e do terreo xa se pode deseña-la densidade e a profundidade dos recoñecementos, a partir da táboa 3.3 e buscando poder ter unha cobertura correcta da zona a edificar. Táboa 3.3: Distancias máximas entre puntos de recoñecemento e profundidades orientativas Tipo de construción Grupo de terreo T1 T2 dmáx (m) P (m) dmáx (m) P (m) C-0, C-1 35 6 30 18 C-2 30 12 25 25 C-3 25 14 20 30 C-4 20 16 17 35 O mínimo de puntos a recoñecer será de tres, e debe terse en conta que os valores da táboa son mínimos orientativos que se deben cumprir pero que en cada caso se adaptarán os condicionantes do proxecto e do emprazamento.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 31 d) a cimentación de muros debe coidarse especialmente porque son estruturas moi sensibles a pequenas variacións do terreo, polo que se deben recoñecer con espazamentos curtos. Cando superan os 5 m de altura convén establecer polo menos dous puntos de recoñecemento en cada perfil e pasar a tres puntos cando superan os 10 m; e) o apoio de terrapléns debese investigar mediante perfís espazados non máis duns 100 m entre si, e en cada perfil realizar polo menos dous recoñecementos puntuais en terrapléns baixos (H ≤ 10 m) e polo menos tres en terrapléns altos (H > 10 m); f) a intensidade do recoñecemento en depósitos de solos brandos que requiran efectuar tratamentos é maior que a indicada para os apoios de terrapléns sobre terreos que non o precisan, de modo que o número de puntos por perfil recomendados depende da anchura da sección transversal da obra. Se non se superan os 30 m de ancho é suficiente con dous puntos, ampliándose a tres se é maior. Os perfís elixidos non deberán estar espazados entre si máis de 50 m. 3.2.3. Profundidade dos ensaios Ademais de defini-lo número e situación dos ensaios de recoñecemento, tamén é preciso defini-la profundidade da prospección, que como se comentou depende da tipoloxía da estrutura xeotécnica que se pretenda proxectar e executar. Cimentacións de terrapléns A profundidade de recoñecemento necesaria para o proxecto dos cimentos dos terrapléns debe ser tal que abarque a zona de rotura de posibles inestabilidades globais. Esa profundidade será a menor das tres seguintes: a) profundidade igual ó ancho da zona de apoio, cando se trata de solos brandos; b) ata atopar un terreo de resistencia suficiente para garantira-la estabilidade global; c) ata atopar rocha suficientemente sa. Cimentacións de estruturas Antes de decidi-la profundidade dos recoñecementos é conveniente considera-lo tipo de cimentación que se pensa proxectar. En caso de dúbidas suporase que a cimentación será profunda. -Cimentacións superficiais Bz ·5'1 min ≥ En xeral Az +≥ m 10 min Cando poidan existir solos brandos en profundidade
32 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO onde zmin Profundidade mínima do recoñecemento B Ancho da cimentación (dimensión menor en planta) A Área de apoio da cimentación, expresada en m2 -Pilotes por punta φ ·10 0min += zz Bzz ·5'1 0min += onde zmin Profundidade mínima do recoñecemento z0 Profundidade do estrato ou nivel competente onde se vaian apoia-los pilotes ∅ Diámetro do pilote B Ancho do grupo ou conxunto de pilotes (dimensión menor, en planta, do rectángulo circunscrito ó grupo) -Pilotes por fuste φ ·5 min += Lz () BLz += ·5'1 min onde zmin Profundidade mínima do recoñecemento L Lonxitude do pilote ∅ Diámetro do pilote B Ancho do grupo ou conxunto de pilotes (dimensión menor, en planta, do rectángulo circunscrito ó grupo) 3.2.4. Número de mostras e de ensaios Ó mesmo tempo que se van realizando os ensaios de recoñecemento vanse realizando perfís xeotécnicos que recollan tódolos tipos de solos e rochas que se van atopando nas prospeccións (figura 3.6). Cada tipo de terreo debe estudarse con suficiente amplitude, fixando como mínimo que se obteñan tres mostras representativas de cada un. Coas mostras representativas de cada unidade xeotécnica deben programarse os ensaios de laboratorio que cumprirán o seguinte: −tódalas mostras deben ser sometidas a ensaios de identificación (humidade, granulometría e de consistencia), e polo menos dúas mostras representativas deben someterse a ensaios de identificación más completos (mineraloxía, pesos específicos, densidades extremas en areas); −tódalas mostras inalteradas deben ensaiarse para determina-la súa densidade e a súa humidade natural;
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 33 Figura 3.6: Exemplo de perfil xeotécnico para unha obra lineal
34 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO −cada terreo debe caracterizarse con, polo menos, dous ensaios de resistencia e deformabilidade en laboratorio. Dependendo do tipo de terreo estes ensaios serán triaxiais, de corte directo e/ou edométricos; −cando sexa de interese, realizaranse ensaios de permeabilidade en célula triaxial, en permeámetro ou en edómetro, dependendo do tipo de terreo. O programa de ensaios de laboratorio debe axustarse e ir evolucionando a medida que se vaian coñecendo os resultados dos ensaios de identificación. Toda a información que se obteña durante as diferentes campañas de recoñecemento reflectirase tamén no perfil xeotécnico, para que o proxectista poida ter un resumo da información nun único plano. Debe sinalarse que na elaboración dos perfís xeotécnicos o técnico redactor do estudo vai interpolando a información dispoñible nos puntos que foron investigados para poder representa-lo perfil máis probable do terreo interpretando os datos coñecidos. É dicir, os únicos puntos realmente coñecidos son os investigados e o resto do perfil é unha interpretación subxectiva do redactor, coas implicacións que isto conleva. 4. Sondaxes e perforacións As diferentes solucións para a cimentación de estruturas requiren estuda-lo terreo ata unha determinada profundidade sobre a que exercen influencia, e no estudo xeotécnico debe mostrarse, por tanto, a situación exacta de cada tipo de terreo que se poida ver afectado. Para coñece-las características deses niveis profundos existen unha serie de procedementos que se poden empregar, e que se describen a continuación, facendo fincapé nos pasos que se seguen para a execución do ensaio, nas recomendacións básicas para que o procedemento sexa de utilidade, nos casos en que son indicados e na interpretación dos resultados que proporcionan. 4.1. Catas e gabias Pequenas escavacións (ata 3-4 m de profundidade) con anchura de 1-2 metros que se fan manualmente ou con retroescavadoras, que permiten a observación directa da superficie e do perfil xeológico do terreo ata unha profundidade moderada e para tomar mostras alteradas e inalteradas. A mostraxe realízase recollendo o material acumulado dunha determinada cota en bolsas de distinto tamaño (mostra alterada) para identificación en ensaios de laboratorio ou mediante tomamostras metálicos e cilíndricos fincados (se o permite o terreo), para obter en laboratorio parámetros de consistencia e resistencia, etc. Cada bolsa referénciase debidamente. As catas realízanse mediante retroescavadoras de potencia suficiente para escavar solos e rocha moi meteorizada, ata unha profundidade máxima duns cinco metros. Adóitasese indica-lo tipo de maquinaria usada e a súa potencia.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 35 A execución de catas e a correspondente toma de mostras debe quedar ben documentada. Para iso, convén deixar constancia de polo menos, os seguintes detalles: −datos administrativos como o identificador, o nome do cliente e da obra, a máquina empregada, etc; −situación, indicando as súas coordenadas, tanto en planta como a cota da superficie; −data de realización; −documentación fotográfica, en cor; −descrición dos terreos atopados; −existencia de auga. Posible situación do nivel freático. Caudais, volumes e cantos datos se estimen de interese ó respecto; −relación das mostras tomadas, con identificación suficiente; −relación de ensaios in situ, no seu caso; −dificultade de escavación (ripabilidade); −outros posibles detalles que se consideren de interese. No momento da súa escavación debe estar presente un técnico cualificado, que é quen realiza as fotografías, redacta o parte e realiza a descrición dos solos e os ensaios de campo (penetrómetro ou vane test) que lle axuden a estima-la consistencia dos materiais cohesivos. Encárgase, tamén, da toma de mostras para a realización de ensaios. As catas débense reencher inmediatamente, salvo que se solicite o contrario para poder observar por algún tempo a afluencia de auga, estabilidade das paredes, etc. É interesante indicar que este método de investigación deteriora o substrato base de cimentación polo que se recomenda evitar situalas baixo puntos onde se proxecte apoiar zapatas ou na proximidade de cimentacións existentes para evitar problemas de estabilidade, descalces, etc. 4.2. Sondaxes Son perforacións feitas con máquina ata profundidades de centos de metros, aínda que as xeotécnicas adoitan ser de 10-40 m, con diámetros que oscilan entre 70 e 200 mm. O equipo é un sistema mecánico que fai penetrar por diferentes medios unha tubaxe no terreo que ten a dobre función de manter estables as paredes do taladro e de introduci-lo terreo na tubaxe para que cando toda a hasta de perforación se retira se obteña un “testemuño” do material atravesado, que permite a súa descrición e a posterior realización de ensaios de identificación. A medida que avanza a perforación pode introducirse no seu interior un “tomamostras”, de menor diámetro, que se finca a presión ou por golpeo, que intenta extraer “mostras inalteradas”, destinadas a ensaios de estado, resistencia e deformación. Na penetración da tubaxe no terreo prodúcese un incremento de temperatura polo esforzo necesario para rompe-la estrutura do solo, polo que é necesario empregar un líquido refrixerante que protexa o equipo do desgaste. O líquido empregado (que adoita ser auga) pode altera-lo solo que se perfora, polo que se empregan baterías de perforación de tubo
36 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO simple, tubo dobre ou tubo triplo, para evitar ou non que a auga de Figura 4.1: Exemplo de parte que se debe realizar nunha cata
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 37 refrixeración estea en contacto co terreo. Nos casos de máis dun tubo, un ten a función de escavación e outro pode ir avanzando diante para extrae-lo “testemuño inalterado”. Os mecanismos empregados para a perforación dependen da natureza dos solos que se teñan que atravesar. Poden ser: −por inxección de auga en solos moi brandos; −por presión en solos brandos; −por percusión cando o material a perforar son gravas ou materiais cementados; −por rotación dun elemento cortante, no caso de solos duros ou rochas. En solos non moi duros con certa cohesión, son de interese as sondaxes helicoidais con barrena maciza ou oca, sobre todo cando hai problemas coa auga. Teñen interese porque son rápidas e económicas, pero só se poden obter mostras alteradas. Utilízanse moito cando se quere realizar algún ensaio que precise un taladro previo. 4.2.1. Sondaxe por inxección de auga Neste procedemento o solo extráese mediante a erosión provocada pola inxección de auga a unha presión comprendida entre 0,5 e 5 MPa, dependendo da compacidade do terreo. Este tipo de perforación so é efectiva en terreos relativamente brandos. Inxéctase auga desde a superficie mediante unha bomba, facéndose circular a través da oquidade entre dous tubos concéntricos que se van fincando no terreo a medida que vai saíndo o solo, misturado coa auga, á superficie. O diámetro da sondaxe adoita estar arredor dos 8 cm. A medida que se vai profundizando vanse conectando, desde a superficie, tubos que adoitan ter lonxitudes de entre 2 e 3 m cada un. Nestas condicións pode chegarse, se o terreo o permite, ata profundidades duns 20 m. A figura 4.2 mostra unha disposición do conxunto de elementos necesarios para o funcionamento do equipo. O procedemento é sinxelo e barato, pero ten o inconveniente de que o solo sae totalmente alterado e non se pode dispoñer de testemuños. Na actualidade é pouco utilizado. Figura 4.2: Sondaxe por inxección de auga
38 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO 4.2.2. Sondaxes por presión Neste caso a tubaxe penetra no terreo grazas á acción dunha presión estática proporcionada por un gato hidráulico. Unicamente se poden empregar en solos cohesivos de consistencia branda, xa que o gato necesita apoiarse no camión sobre o que vai montado e que serve de reacción. Se se queren atravesar solos que ofrezan moita resistencia, debería incrementarse moito o peso do camión. Figura 4.3: Equipo para a realización dunha sondaxe por presión 4.2.3. Sondaxes a percusión Empréganse en solos cementados ou duros, nos que se precisa máis enerxía para favorece-la finca da tubaxe. A caída dun trépano ou unha culler dende unha altura suficiente proporciona a enerxía dinámica que corta o terreo. O trépano utilizase para atravesar bolos, grava grosa, arxila compacta ou capas delgadas de rocha, mentres que a culler é máis apropiada para solos arxilosos máis brandos e en areas. Se se producen desprendementos, empréganse lodos bentoníticos para favorece-la estabilidade das paredes do taladro, ou ben se protexe a escavación mediante unha camisa metálica. Estes equipos son similares ós empregados nos ensaios de penetración que se describirán máis adiante. 4.2.4. Sondaxes a rotación con barrena helicoidal É un equipo sinxelo, no que mediante o xiro dunha barrena helicoidal pola acción dun motor, a perforación avanza no terreo de modo que vai provocando a saída do solo á superficie. Na figura 4.4 móstrase un esquema da disposición do equipo. O solo extraído alterase completamente, polo que é utilizable exclusivamente para identificación básica. Por outra parte, é difícil precisa-la profundidade exacta á que estaba. Utilízase en sondaxes pouco profundas (menos de 20 m). O avance na perforación é rápido e o custo baixo.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 39 Resulta un procedemento de sondaxe moi eficaz en solos brandos, aínda que é impracticable en solos con certa compacidade. Pode utilizarse tanto en solos cohesivos como non cohesivos; neste último caso debe dispoñerse dunha camisa metálica protectora das paredes. Se no extremo inferior da hélice se coloca un pequeno sacamostras, é posible dispoñer dun testemuño a unha altura controlada; non obstante, co barrenado non é posible extraer un testemuño continuo en profundidade como no caso da rotación ou a percusión. Os elementos perforadores dependen das características do terreo, xa que se son duros empréganse picas e se son máis brandos óptase por ferramentas con dentes, en aceiros especiais e antidesgaste e sempre recambiables. Os diámetros van desde 400 mm ata 2.500 mm, en función do obxectivo da sondaxe. 4.2.5. Sondaxes a rotación con coroa O sistema de perforación rotativa é un procedemento moi utilizado pola súa eficacia e pola posibilidade de chegar a gran profundidade xa que, co equipo apropiado, pódese chegar a profundidades de ata algúns kilómetros. O equipo dispón dunha cabeza perforadora que xira accionada xeralmente por un motor hidráulico; esta cabeza adoita ser de aceiro endurecido. As zonas que rozan directamente co terreo habitualmente protéxense do desgaste mediante po de diamante. O equipo adoita ser autopropulsado ou ben arrastrado. Ademais da enerxía de corte aplícase unha carga vertical que se transmite a través da barra de perforación, para axudar no avance da tubaxe e para regula-la velocidade. Se o solo é duro a velocidade de avance debe reducirse para evita-lo sobrequecemento da cabeza e evitar así un prematuro desgaste. A temperatura mantense mediante a aplicación de auga a presión sobre a Figura 4.4: Sondaxe a rotación con barrena helicoidal
40 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO cabeza perforadora, pero se é demasiado elevada pode alterarse demasiado o testemuño. A figura 4.6 mostra a disposición dos elementos do equipo. Igual que nos casos anteriores, pódense empregar camisas metálicas ou lodos bentoníticos para a estabilización dunha perforación en solos pouco cohesivos. Cando a profundidade da sondaxe é elevada, poden utilizarse varios diámetros de perforación decrecentes coa profundidade. Na figura 4.7 móstranse diferentes cabezas de coroa que permiten obter testemuños de solo, que quedan retidos no interior da hasta de perforación, que se retiran cada certo tempo, ó mesmo tempo que se aproveita para comproba-lo estado da ferramenta de corte. Aínda que o equipo de perforación rotativa é relativamente caro, o seu uso está moi estendido. Figura 4.5: Ferramentas de perforación de sondaxes helicoidais
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 47 6.3. Ensaios de bombeo en pozos Outra maneira de determina-la permeabilidade in situ dun terreo consiste en avalia-lo seu comportamento cando se establece un bombeo permanente. É un ensaio que afecta a grandes masas de terreo e proporcionan valores medios, teñen o inconveniente de que son custosos e longos, xa que se debe agardar a que se estabilicen os caudais extraídos e as presións intersticiais. Unha vez establecido o bombeo permanente, con caudal ben definido, mídese o descenso do nivel freático en determinados puntos afastados do pozo a distancias coñecidas, coa axuda de piezómetros Figura 6.2: Ensaio de bombeo nun acuífero confinado Figura 6.3: Ensaio de bombeo en acuífero libre 7. Ensaios de penetración As sondaxes permiten a extracción de mostras para realizar ensaios de laboratorio, pero en ocasións, é máis representativo ensaia-lo terreo in situ, de modo que manteña exactamente a estrutura interna, a humidade, etc. Son especialmente interesantes no caso de solos granulares, nos que é máis complicado obter mostras inalteradas. hwr 2rw Q R h D H NF ⎟ ⎟ ⎠ ⎞ ⎜ ⎜ ⎝ ⎛ += w wr r K Q hh ·ln · 22 π w h 2rw rhR Q NF H () w w hh r r DK Q− ⎟ ⎟ ⎠ ⎞ ⎜ ⎜ ⎝ ⎛ =· ln ···2 π
48 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Existen moitos tipos de ensaios de penetración, pero con carácter xeral pódense clasificar por dous criterios: • polo tipo de enerxía empregada na finca: - penetrómetros estáticos Æ Solos cohesivos; - penetrómetros dinámicos Æ Solos granulares; • polo seu carácter: - continuo; - descontinuo. 7.1 Ensaio de penetración estándar SPT (UNE 103800) O ensaio SPT (Standard Penetration Test) é probablemente o máis estendido dos realizados in situ. Trátase dun ensaio de penetración dinámica e descontinuo, xa que non se realiza de forma independente, senón no fondo dunha sondaxe e permite, á vez que se mide a consistencia do terreo, extraer unha mostra deste que non se pode considerar inalterada. O método consiste en alcanza-la profundidade á que se vai realizala proba, dete-la entubación da sondaxe, limpa-lo fondo e facer descender mediante o conxunto de variñas un tomamostras característico deste ensaio, que se chama culler SPT. Unha vez apoiada a culler, procédese a fincala coa achega de enerxía dinámica deixando caer unha maza de 63,5 kg sobre a cabeza da transmisión desde unha altura de 76 cm. O resultado do ensaio, o índice N, é o número de golpes precisos para profundizar 30 cm. O reconto de golpes efectúase por tramos de 15 cm, facendo para iso penetra-la punta un total de 45 cm (aínda que é normal chegar a 60 cm). O primeiro tramo (denominado “penetración de asento”) non se ten en conta; son o segundo (de 15 a 30 cm de profundidade) e o terceiro (de 30 a 45 cm) os que interveñen no resultado, que se expresa como suma dos golpeos en ámbolos tramos. No caso de que se alcancen 50 golpes durante a “penetración de asento”, ou ben en calquera dos dous seguintes intervalos (segundo e terceiro) de 15 cm, darase por finalizado o ensaio, ó obterse o denominado “rexeitamento” na dita proba. Os ensaios de penetración estándar SPT realízanse a cotas requiridas polo técnico presente na obra, de modo xeral cada 2,5 metros en solos con cohesión e cada 1,5 metros en areas, pero debe adaptarse ós niveis xeotécnicos que se detectan na sondaxe. 7.1.1. Equipo de perforación O equipo de perforación debe ser capaz de executar unha sondaxe que se manteña estable durante a realización do ensaio e co seu fondo limpo, con obxecto de que o ensaio se leve a cabo nun solo inalterado. Non se deben permitir procedementos de avance con descarga frontal de auga nas proximidades do nivel onde se realizará o ensaio, xa que se alteraría a estrutura interna do terreo. Tampouco se permitirá a utilización dunha barrena helicoidal baixo o nivel freático, en solos susceptibles de afrouxarse ou sifonar.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 49 Cando se perfore con barrenas, culleres ou outras ferramentas empregando un revestimento temporal o diámetro dos útiles de perforación non será superior ó 90% do diámetro interior do revestimento. O diámetro da perforación estará comprendido entre 60 mm e 150 mm. 7.1.2. Transmisión A transmisión é o elemento que une a culler tomamostras e a cabeza de golpeo sobre a que se proporciona a enerxía que induce a penetración no terreo. Debe ter unha rixidez alta, para poder transmiti-la enerxía sen deformarse, que dependerá da profundidade á que se realice o ensaio. Por normativa está prohibido o emprego de conxunto de variñas de masa unitaria maior que 10,03 kg/m. A transmisión debe ser suficientemente rectilínea, comprobándose periodicamente in situ que a deformación relativa medida entre os extremos de cada varilla ou entre os puntos medios de dúas adxacentes non é superior a 1/750. As variñas acoplaranse a tope mediante unións roscadas. 7.1.3. Tomamostras O tomamostras tubular é moi robusto, de 51 mm de diámetro exterior e 35 mm interior, coa punta biselada para solos e constará de tres elementos, zapata, tubo bipartido e cabeza de acoplamento. A zapata e o tubo bipartido serán de aceiro endurecido, con superficies lisas tanto interior como exteriormente. A cabeza de acoplamento disporá dunha rosca de conexión á hasta de perforación. Terá catro orificios laterais de 13 mm de diámetro mínimo e unha válvula de retención de bola de aceiro de 25 mm asentada nun orificio cun diámetro superior a 22 mm situado por debaixo dos orificios laterais. A bola e o seu asento sobre o orificio deberá proporcionar un peche estanco mentres se eleva o tomamostras unha vez executado o ensaio. En solos con gravas, a zapata é substituída ás veces por unha puntaza cónica de aceiro macizo de 51 mm de diámetro e 60º de ángulo cónico, para evita-lo deterioro do bisel ó atopar terreos máis duros. En tal caso o número de golpes obtido pode ser diferente polo que a substitución debe anotarse no rexistro do ensaio. O tubo bipartido pode dispoñer dun rebaixe no seu interior de magnitude tal que permita aloxar unha camisa do mesmo espesor rebaixado e polo tanto con diámetro interior de 35 mm. No caso de que se empregue a dita camisa o valor de N pode verse modificado polo que a súa utilización tamén se debe rexistrar no informe do ensaio.
50 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Figura 7.1: Esquema do tomamostras do ensaio SPT Figura 7.2: Imaxe da culler SPT coa mostra de solo no seu interior 7.1.4. Dispositivo de golpeo O dispositivo de golpeo é o encargado de xera-la enerxía dinámica que producirá a finca do tomamostras e comprende: -a maza, de aceiro, de 63,5 kg ± 0,5 kg de masa; -a cabeza de impacto, de aceiro, deseñada especialmente para favorece-la máxima transmisión de enerxía no impacto e que se roscará a tope ó extremo superior da hasta de perforación; -a guiadeira, que deberá ofrece-la mínima resistencia á maza na súa baixada; -o sistema de elevación e escape que asegura que a maza é elevada á altura de 760 mm ± 10 mm sobre a cabeza de impacto e permite que seguidamente se libere e caia libremente sen coacción ningunha. Durante a realización do ensaio, debe observarse cumprir determinadas condicións, como asegurarse de que a velocidade da maza cando se libera sexa nula, que non se produzan desprazamentos do
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 51 conxunto de variñas ó elevarse ou que a masa total do dispositivo de golpeo non sexa superior a 115 kg. Os equipos de golpeo actuais levan un martelo de seguridade, un dispositivo de golpeo automático que permite que a maza se ice e libere sempre á mesma altura sen producir movementos sobre a transmisión, de forma que a caída pola guiadeira sexa totalmente libre. Desta forma, a enerxía transferida á cabeza de impacto é a mesma en tódolos golpes e ensaios. O martelo de seguridade permite igualmente establecer unha frecuencia de golpeo uniforme. A utilización doutros dispositivos de golpeo que non cumpran as especificacións descritas na norma UNE citada implica que se poidan obter un número de golpes diferente de N, co se deben corrixir para a súa correcta interpretación. Figura 7.3: Dispositivo de golpeo con martelo de seguridade 7.1.5. Factores que poden altera-lo resultado do ensaio Debe coidarse o estado do fondo da sondaxe antes de realiza-lo ensaio de penetración, en concreto co relativo á presenza de auga. Se, por exemplo, existe un fluxo de auga cara ó interior da sondaxe, o terreo pode sifonar ou verse afrouxado pola diminución das presións efectivas, co que os resultados do ensaio corresponderían a un terreo peor que o realmente existente. Para evitar este problema debe procurarse que o nivel de auga ou o fluído empregado como refrixerante na sondaxe sexa superior ó nivel piezométrico no terreo. Unha limpeza deficiente do fondo da sondaxe tamén fai que se realice o ensaio sobre un terreo alterado, o mesmo que sucede se se
52 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO levanta demasiado a entubación e se producen desprendementos, ou se a entubación penetrou ata máis abaixo do nivel ensaiado. Tamén se debe observa-la cantidade de enerxía aplicada, que pode ser diferente da fixada pola normativa, co que dificulta a interpretación dos resultados e a aplicación de correlacións empíricas. A enerxía aplicada pode variar polos seguintes motivos: • maza de diferente peso, ou altura de caída diferente á normalizada; • perdas por rozamento na caída da maza; • variñas con distinto peso do estándar, con unións frouxas ou desviacións da vertical; • sufrideira e guía defectuosas ou descentradas, golpeo excéntrico. O estado de mantemento do tomamostras tamén altera o resultado do ensaio, xa que se está deteriorado, ten os biseles romos ou está atascado ou sucio, precisará máis enerxía para a finca e a extracción da mostra. Un diámetro excesivo da sondaxe tamén inflúe no valor de N medido. O principal problema que teñen os ensaios de penetración, que o técnico que o supervisa in situ debe vixiar, consiste en que o rexeitamento se deba á presenza dun pequeno bolo ríxido pero o resto do terreo arredor sexa frouxo. Ó analiza-los resultados do ensaio, estaríamos sobrevalorando a resistencia do terreo a esa profundidade, xa que unha vez salvada esa dificultade se podería profundizar máis. As recomendacións son: repeti-lo ensaio, analizar con coidado os detritus que saen da sondaxe e avalia-la dificultade que ten a maquinaria para a escavación do taladro. 7.1.6. Interpretación dos resultados dos ensaios Como se comentou o resultado dun ensaio SPT é sempre un número N que representa o número de golpeo necesario para a penetración do tomamostras 30 cm no terreo. Por tratarse dun ensaio dinámico, hai que corrixir o valor atopado cando se realiza o ensaio por debaixo do nivel freático e en solos cohesivos, xa que se son pouco permeables, parte da enerxía dinámica gástase en sobrepresións intersticiais. A corrección é debida a Terzaghi e Peck e calcúlase coa seguinte expresión 15 2 )15'( 15 > − += N N N O ensaio SPT está especialmente indicado para solos granulares, e os seus resultados, a través das correlacións pertinentes (baseadas nunha gran cantidade de datos de campo), permiten estima-la carga de afundimento de cimentacións superficiais ou profundas, así como estimar asentos, ben directamente, ben por medio doutras correlacións co módulo de deformación.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 53 Aínda que tamén existen relacións empíricas entre os resultados do ensaio e a resistencia dos solos cohesivos, deben empregarse con gran prudencia e a información que proporciona o SPT en arxilas e rochas brandas considerarse simplemente orientativa. Figura 7.4: Interpretación de datos SPT, tendo en conta a profundidade (Thornburn, 1963) Figura 7.5: (1) Correlación empregada para o cálculo dos factores de capacidade de carga en cimentacións superficiais. (2) Estimación do valor do ángulo de rozamento interno efectivo do terreo a partir do valor N en areas (De Mello, 1971)
54 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Figura 7.6: Relación entre N e ϕ ’ para: (1) areas de gran anguloso e redondeado de mediano a groso, (2) areas finas e areas limosas Figura 7.7: Relación entre a penetración estándar, a presión vertical e a compacidade relativa para areas (Gibbs e Holtz, 1957) Figura 7.8: Relación entre N e a resistencia a compresión simple para solos cohesivos
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 55 Tamén se relacionou o valor de N co módulo de deformación do solo E: -Para areas finas: NE ·log350= (E en kg/cm2) -Para areas grosas: N E ·log500= Táboa 7.1: Correlacións de N con parámetros resistentes (Terzaghi e Peck) Areas Arxilas N Compacidade media Densidade relativa en % Ángulo ϕ’ N qc (kg/cm2) Consistencia Cu 0-4 moi frouxa 8-15 <30º <2 <0,25 moi branda 0,125 4- 10 solta 15-35 30-35º 2-4 0,2-0,5 branda 0,12- 0,25 10- 30 media 35-65 35-40º 4-8 0,5-1,0 media 0,25- 0,5 30- 50 densa 65-85 40-45º 8- 15 1-2 firme 0,5- 1,0 >50 moi densa 85-100 >45º 15- 30 2-4 moi firme 1,0- 2,0 >30 >4 dura >2,0 Táboa 7.2: Clasificación da compacidade dos solos a partir do NSPT Número de golpes Densidade relativa 0-4 Moi solta 4-10 Solta 10-30 Mediana 30-50 Densa Maior de 50 Moi densa Táboa 7.3: Relación da consistencia coa resistencia a compresión simple e o golpeo obtido nun ensaio de penetración estándar NSPT Consistencia N qu (kg/cm2) γ sat (t/m3) Moi branda 0-2 0-0,25 1,60-1,90 Branda 2-4 0,25-0,50 Media 4-8 0,50-1,00 1,76-2,07 Consistente 8-15 1,00-2,00 1,90-2,24 Moi consistente 15-30 2,00-4,00 Dura ≥30 ≥4,00
56 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO 7.2. Ensaios continuos Son ensaios que permiten medi-la resistencia á penetración dun elemento (puntaza) que se introduce no terreo por diferentes sistemas, pero de modo que se analiza todo o perfil do terreo. Pódense diferenciar dúas categorías de ensaios, dependendo do tipo de enerxía empregada na finca: • ensaios de penetración dinámica: consisten na introdución dunha puntaza de dimensións normalizadas por medio de dispositivos de percusión, contando o número de golpes realizados para un determinado avance; • ensaios de penetración estática: o avance realízase por medio de dispositivos mecánicos ou hidráulicos, medindo a presión aplicada en cada instante de tempo. 7.2.1. Ensaios de penetración dinámica continua O ensaio de penetración dinámica é un ensaio de rexistro continuo que consiste en contabiliza-lo número de golpes N necesarios para fincar tramos de variñas de 10 ou 20 cm de lonxitude. Os golpes son dados por unha maza de peso coñecido que cae libremente desde unha altura constante. Estes ensaios permiten unha medida continua da resistencia ou deformabilidade do terreo, determinándose estas propiedades a través de correlacións empíricas. O terreo máis adecuado para este tipo de ensaios son areas e limos areosos, sendo de ningunha utilidade en terreos rochosos, bolos e gravas compactas, niveis cementados ou preconsolidados e recheos antrópicos de bloques e fragmentos grosos, que rapidamente producen o denominado rexeitamento á finca. Segundo o peso da maza, a altura de caída e as dimensións da hasta de perforación e puntaza os ensaios de penetración dinámica divídense en: - ensaio lixeiro ou DPL; - ensaio pesado ou DPH; - ensaio superpesado ou DPSH. O ensaio de penetración lixeiro ou DPL consiste na penetración dunha puntaza de aceiro cónica perdida de 60º de ángulo na punta, que penetra no terreo polo golpeo dunha maza de 30 kg cunha altura de caída constante de 25 cm, cun ritmo de 15 a 30 golpes por minuto, sendo neste caso o número N10 o necesario para que a puntaza penetre 10 cm. O ensaio dáse por finalizado cando se alcance o rexeitamento (80-100 golpes para un tramo de 10 cm). Existen no mercado diferentes equipos de penetración lixeira como o STUMP ou o SUNDA DL-030, suficientemente contrastados que permiten a correlación do N10 co golpeo do ensaio SPT N30 da maneira presentada na táboa 7.4.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 63 Para calcula-la resistencia ó corte non drenada Cu, utilízase o máximo momento torsor T corrixido para deducilos rozamentos parasitos: k T Cu= Sendo T = Torsión máxima aplicada k = Constante dependente da xeometría da paleta Resumindo, a expresión xeral para paletas rectangulares de altura H e diámetro D, é: ⎟ ⎠ ⎞ ⎜ ⎝ ⎛+ = H D HD M Cr u ·3 1··· ·2 2 π Para paletas trapezoidais, obtense: ⎟ ⎟ ⎠ ⎞ ⎜ ⎜ ⎝ ⎛ ++ ⎟ ⎠ ⎞ ⎜ ⎝ ⎛ = 2 ·31 1· 2 · 3 ·2 3 D H sen D T Cu α π 8.1. Factores que influencian os resultados • A alteración que sofre o terreo aumenta co tamaño do molinete fincado. • Un aumento da velocidade de rotación tradúcese nun “endurecemento” aparente da arxila. Polo contrario, cunha diminución da velocidade, obtéñense valores de Cu,max inferiores. • Un retardo no inicio da proba unha vez fincada a paleta causa un apreciable incremento da Cu,max, que pode chegar do 20 ó 50% en 24 horas. • A relación H/D pode influír no valor de Cu,max a causa da resistencia mobilizada nos extremos e ó longo da superficie vertical das paletas, máis por influencia de posibles anisotropías do solo que pola distribución das tensións de corte.
64 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO • En solos de elevada sensibilidade a alteración do solo ó finca-lo molinete é maior. • A heteroxeneidade do terreo debido á presenza de conchiñas, fibras vexetais, lentellóns areosos, etc., inflúen notablemente no valor medido de Cu. • Estudos de esvaramentos en terrapléns construídos sobre arxilas plásticas (Bjerrum, 1972, 1973) demostraron que a cohesión mobilizada no terreo é realmente máis débil que a cohesión medida con este ensaio, sendo a diferenza función do Índice de Plasticidade IP. Bjerrum propón a introdución dun coeficiente corrector μ: μ · ,vaneuu CC = Cu,vane está tanto máis sobreestimada canto máis plástico é o solo. Esta corrección resulta importante para solos con Índice de Plasticidade > 30. 9. Ensaio presiométrico O ensaio presiométrico de Ménard pode considerarse como un dos ensaios in situ máis completos, xa que permite obter información de parámetros de deformabilidade e de resistencia do terreo estudado. Consiste en introducir no interior dunha sondaxe un aparato que na punta ten un dispositivo deformable con líquido no seu interior. Sobre ese líquido aplícase unha presión determinada, que produce unha deformación do dispositivo, un empuxe sobre as paredes do taladro e a expansión da cavidade cilíndrica que xa estaba perforada. O ensaio vai controla-la presión que aplica e medila deformación en sentido radial. Para evitar que a perforación previa dun taladro altere o estado tensional do terreo, úsanse equipos presiométricos autoperforadores (tipo Palsor ou Camkometer) que perfora e entuba ó mesmo tempo que vai avanzando a sonda para que o medio permaneza inalterado durante a introdución do presiómetro. O resultado do ensaio é unha gráfica como o da figura 9.3 no que se representa no eixo de abscisas a deformación do terreo e no de ordenadas a presión exercida polo equipo. Tras unha primeira fase de axuste do equipo na trade e unha vez que a presión aplicada se exerce directamente sobre o solo, existe unha fase de comportamento elástico do terreo, para ó final, mostrar un comportamento plástico cando se supera a resistencia máxima do terreo. Os datos que proporciona son o módulo presiométrico, relación elástica entre tensión e deformación, e a presión límite, valor máximo de empuxe que resiste o terreo antes de entrar en estado plástico. É útil para o cálculo de asentos, a determinación de módulos de deformación e para o cálculo de empuxes de terras en muros ou pantallas, xa que permite a determinación do coeficiente de empuxe ó repouso, K0.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 65 Figura 9.1: Esquema do equipo necesario para a realización dun ensaio presiométrico de Menard Figura 9.2: Imaxes da sonda presiométrica e o equipo de control do ensaio de Menard
66 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO r M E P·)·1( ν += Ep Módulo presiométrico n Coeficiente de Poisson M Rixidez do solo no tramo elástico r Radio da perforación Figura 9.3: Exemplo de curva de resultados dun ensaio presiométrico 10. Ensaio de placa de carga O ensaio de placa de carga é tamén moi utilizado para a determinación da deformabilidade do terreo. A súa principal aplicación é como instrumento de control da compactación en obras de terra, como presas de materiais soltos, terrapléns, recheos portuarios, etc, aínda que tamén se emprega para a determinación de asentos en cimentacións superficiais. Consiste en aplicar unha carga vertical de forma escalonada sobre unha placa lisa e ríxida cadrada ou circular (de 30 cm a 100 cm de lado). Mantense incremento de carga ata que a variación de asento sexa inferior a 0,01 mm en 5 min. Xeralmente realízanse varios ciclos de carga e descarga. Pode realizarse en gabias ou pozos, ou directamente sobre a superficie do terreo se está acondicionada. Está especialmente indicado para a súa aplicación de solos granulares, permeables. Pódense determina-lo módulo de deformación E e o coeficiente de balasto Ks a partir da presión aplicada Ps, o asento S e o radio da placa r. rSPE S)·/·(5,1= SPKS/=
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 67 Figura 10.1: Esquema do ensaio de placa de carga 11. Prospección xeofísica Na actualidade estanse a empregar moito en enxeñaría civil outras técnicas e procedementos que se desenvolveron para a prospección petrolífera, mineira ou xeodésica. Consisten na medición da variación dalgunha propiedade física dos materiais que se poida correlacionar despois coas propiedades xeolóxicas e xeotécnicas. Trátase de métodos indirectos, porque non miden directamente a magnitude desexada, e ademais non destrutivos, xa que, en xeral, non precisan da realización de escavacións ou da aplicación de cargas sobre o terreo, co que este se mantén inalterado. Ademais, teñen a gran vantaxe de que permiten explorar grandes extensións de terreo con poucos medios e a baixo custo, pero os resultados que proporcionan deben tratarse con coidado, xa que para a súa interpretación requiren métodos matemáticos e físicos moi complexos, e por tratar de resolver un problema inverso existen múltiples solucións igual de válidas. Por este motivo, sempre hai que realizar unha campaña de sondaxes e/ou catas para poder identifica-las unidades xeotécnicas presentes en cada zona, e dispoñer de ensaios que proporcionen parámetros resistentes reais que se poidan vincular ós parámetros xeofísicos. Outro inconveniente para a aplicación xeotécnica destes métodos é que a súa aplicación inicial corresponde a estudos xeofísicos de maior profundidade, e débense adaptar para poder estudar espesores pequenos de solos coa suficiente precisión.
68 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Segundo a propiedade física que se mide, as técnicas xeofísicas pódense clasificar en: a) prospección Gravimétrica Æ Densidade; b) prospección Magnética Æ Susceptibilidade magnética; c) prospección Eléctrica Æ Resistividade eléctrica; d) prospección Electromagnética Æ Constante dieléctrica; e) prospección Sísmica Æ Propiedades elásticas (velocidade de propagación); f) outras Æ Prospeccións radiométricas, xeotérmicas, etc… 11.1 Métodos eléctricos Trátase dunha serie de métodos nos que se mide a resistividade eléctrica do terreo, unha propiedade intrínseca dos materiais e que está moi influenciada pola presenza de auga e pola porosidade do solo. As súas aplicacións máis habituais corresponden coa detección do nivel freático ou de acuíferos, ou tamén de atopa-la rocha sa, que presenta unha resistividade moi alta. O procedemento sempre vai consistir en introducir unha corrente eléctrica no terreo mediante dous eléctrodos de inxección (A e B) que se sitúan na superficie e se conectan a unha fonte de enerxía. Mediante outros dous eléctrodos (M e N) utilízase un voltímetro para determina-la caída de potencial eléctrico entre eses puntos. Esa caída de potencial é debida a todo o terreo que se atopa na vertical dos puntos polo que circula a corrente eléctrica. O cálculo da resistividade aparente do terreo depende da configuración xeométrica dos eléctrodos que se empreguen. Hai máis dispositivos, pero nas figuras 11.1 e 11.2 están os máis empregados, Wenner cos catro eléctrodos equidistantes entre si, e o Schlumberger, en que os eléctrodos de medida están máis xuntos. O procedemento de actuación vai consistir sempre en medi-la resistividade eléctrica aparente, a partir das variacións que presente adoptar un perfil xeoeléctrico, no que se coñezan espesores de cada material de diferente resistividade, e por último correlacionar este perfil xeoeléctrico co perfil xeotécnico do terreo. Este é o paso máis conflitivo, xa que en dous materiais de diferente resistividade pódese medir o mesmo valor por cambios de humidade, de porosidade ou de espesor. Figura 11.1: Dispositivo Wenner Figura 11.2: Dispositivo Schlumberger
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 69 Figura 11.3: Procedemento de interpretación dunha prospección eléctrica Hai tres tipos fundamentais de prospeccións eléctricas, nas que se pode empregar calquera dos dispositivos descritos, pero que en función de como se fagan as medidas se obtén a variación nunha dirección. As sondaxes eléctricas verticais SEV’s consisten en ir ampliando a distancia entre os eléctrodos de inxección de modo que o fluxo de corrente entre eles cada vez alcance unha maior profundidade. Dese xeito, se se manteñen os eléctrodos de medida no mesmo punto, é posible analizar un perfil en profundidade como se se tratase dunha perforación. (Figura 11.4). Figura 11.4: Esquema simplificado dunha sondaxe eléctrica. A medida que aumenta a distancia entre eléctrodos de inxección aumenta a profundidade investigada Outra posibilidade é manter a mesma configuración (en posición e en distancias) dos eléctrodos e despraza-lo dispositivo en paralelo sobre a superficie do terreo. Dese modo, as medicións o que proporcionan é a variación lateral de resistividade, de utilidade para a localización de fallas ou na zonificación da ripabilidade dos materiais. Outra técnica sería a tomografía eléctrica, que coa combinación dos dous movementos descritos anteriormente, permite realizar unha modelización tridimensional do terreo, xa que mide variacións en profundidade e variacións laterais. O seu principal inconveniente consiste en que é precisa a utilización de métodos matemáticos complexos para a resolución do problema inverso e para a interpolación de valores. O resultado é unha sección eléctrica como a mostrada na figura 11.6.
70 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Figura 11.5: Esquema simplificado dunha cata eléctrica Figura 11.6: Perfil que reflicte os resultados dunha tomografía eléctrica 11.2 Ensaios sísmicos Os métodos sísmicos analizan o terreo dende o punto de vista da velocidade que teñen as ondas elásticas ó propagarse por ese medio. O terreo, como material sólido, pode transmitir vibracións mecánicas cunha velocidade que depende da súa rixidez, que se representa polo seu módulo de elasticidade. Se se dispón dun sistema capaz de medi-la velocidade de propagación, poderase correlacionar con parámetros xeotécnicos. A velocidade de propagación de ondas sísmicas en solos depende do tipo de onda, pero adoita estar comprendida entre 200 e 6000 m/s. O ensaio consiste, basicamente, en provocar, mediante un impacto mecánico, unha vibración nun punto do terreo e a unha certa distancia instalar un xeófono que rexistra a chegada da vibración. Existen diferentes tipos de ensaios sísmicos en función da disposición que teñan o punto de golpeo e a sarta de xeófonos que rexistran a chegada das ondas, así como dos fenómenos que sofre a onda ó cambiar de medio. Tamén se clasifican en función da profundidade á que se tomen as medidas.
UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO - 71 • Ensaios de superficie: • ensaio de refracción: baséase na refracción pura das ondas ó cambiar a un medio máis ríxido. Analízanse só as primeiras chegadas de ondas ós xeófonos. Axeitado para a medida de módulos de elasticidade e a determinación da profundidade dos estratos. É moi usado; • ensaio de reflexión: as ondas reflicténse nos contactos entre materiais con diferente velocidade de propagación e volven á superficie. Analízase todo o sismograma de chegadas de ondas. Axeitado para estudos xeolóxicos é útil no estudo de grandes áreas. Pouco usado en xeotecnia, procede das prospeccións petrolíferas. • Ensaios de profundidade: • ensaio up-hole: o dispositivo de xeración de ondas sitúase nunha sondaxe e o xeófono en superficie. Analízase a onda directa entre eles. Pouco usado; • ensaio down-hole: similar ó anterior pero altérnanse as posicións dos dispositivos; • ensaio cross-hole: empréganse dúas ou máis perforacións para coloca-los dispositivos e poder obter un perfil continuo en profundidade. Bastante usado. Figura 11.7: Exemplo da sísmica de refracción. As ondas vense refractadas ó cambiar a un medio máis rápido, e “adianta” á onda directa superficial Emisor Receptor Receptor Emisor Test down-hole Test up-hole Emisor Receptor Receptor Emisor Test down-hole Test up-hole Figura 11.8: Métodos sísmicos de profundidade Test cross-hole Emisor Recep. L Emisor Recep. L Sistema de 3 sondeos
72 – UNIDADE DIDÁCTICA 13: RECOÑECEMENTO DO TERREO Figura 11.9: Exemplo da sísmica de reflexión. As ondas vense reflectidas nos contactos entre dous materiais diferentes e volven á superficie 11.3 Xeorradar (GPR Ground Penetration Radar) O xeorradar ou radar de subsolo (Ground Penetration Radar) é unha técnica de prospección xeofísica baseada na emisión de impulsos electromagnéticos de moi curta duración (entre 1-10 ms), nunha banda de frecuencias entre 100 MHz e 1 GHz, de modo que os impulsos son dirixidos mediante unha antena en vertical polo terreo. Cando varía a constante dieléctrica do terreo, eses impulsos varían en velocidade e en traxectoria, co que cando retornan á superficie e se captan mediante outra antena, a análise da perturbación permite identificar propiedades xeolóxicas, hidroxeolóxicas e xeotécnicas do subsolo. Hai que dispoñer dunha antena emisora de ondas e dunha antena receptora das ondas reflectidas, que se van desprazando pola superficie do terreo e permiten detecta-la potencia dos estratos e a profundidade á que están situados. Na figura 11.10 móstrase a disposición do equipo necesario para este ensaio. Un ensaio con técnicas de radar permite o estudo de áreas extensas de terreo, pero ó igual que no caso do método de recoñecemento
RECOÑECEMENTO DO TERREO Carlos Núñez Temes Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior 13 Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade. Enxeñaría Técnica de Obras Públicas titulación Enxeñaría e Morfoloxía do Terreo materia