Full text
Grao en Pedagoxía 2014/2015 Traballo de Fin de Grao: «Bullying e ciberbullying: Marco normativo e prevalencia nas etapas da educación básica» Autora: Nahyr López Gómez Titora: Mª José Buceta Cancela Setembro 2015 Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Santiago de Compostela
TÍTULO: «Bullying e ciberbullying: Marco normativo e prevalencia nas etapas da educación básica» TÍTULO: «Bullying y ciberbullying: Marco normativo y prevalencia en las etapas de la educación básica» TITLE: «Bullying and cyberbullying: Political framework and actual situation at the stages of basic education»
ÍNDICE RESUMO INTRODUCIÓN .................................................................................................................. 1 1. ACHEGAMENTE Ó FENÓMENO BULLYING ........................................................ 3 1.1. Orixes, concepto e características definitorias .................................................. 3 1.2. Tipoloxía .......................................................................................................... 5 1.3. Roles: agresores, vítima e espectadores .......................................................... 6 1.4. Factores causais ou de risco e consecuencias ................................................. 7 2. CIBERBULLYING .................................................................................................. 9 2.1. Concepto e características ............................................................................... 9 2.2. Tipoloxía .......................................................................................................... 10 2.3. Roles e consecuencias .................................................................................... 11 2.4. Bullying e ciberbullying: semellanzas e diferenzas ........................................... 12 3. MARCO NORMATIVO ........................................................................................... 13 3.1. Nivel estatal: España ........................................................................................ 14 3.2. Nivel autonómico: Galicia ................................................................................. 16 4. PREVALENCIA E SITUACIÓN ACTUAL DO BULLYING E CIBERBULLYING NAS ETAPAS DA EDUCACIÓN BÁSICA ....................................................................... 19 4.1. Análise da realidade estatal e galega ............................................................... 20 4.2. Síntese dos resultados das investigacións desenvolvidas ................................ 23 CONCLUSIÓNS ................................................................................................................. 24 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS .................................................................................. 26 ANEXOS Anexo I. Metodoloxía: documentos seleccionados nas bases de datos consultadas Anexo II. Esquema do protocolo xeral contra o acoso escolar
RESUMO O presente traballo pretende afondar nos fenómenos do bullying e do ciberbullying, analizar o marco normativo no que se insiren e indagar acerca da situación actual dos mesmos nas etapas da educación básica: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Para acadar ditos obxectivos levouse a cabo unha revisión bibliográfica sobre ambas problemáticas e unha minuciosa revisión das investigacións máis recentes desenvolvidas no ámbito estatal e autonómico. Tras realizar dita análise conclúese que o bullying e o ciberbullying están presentes na ampla maioría dos centros educativos estudados e en todos os niveis analizados, sendo os últimos cursos de Educación Primaria e os primeiros da Educación Secundaria Obrigatoria os que rexistran unha maior incidencia. Os mozos adoptan maioritariamente o rol de agresores, mentres que as mozas son vítimas na maior parte dos casos. Trátase, polo tanto, dunha problemática de capital importancia na actualidade. Palabras chave (5): Bullying, ciberbullying, marco normativo, prevalencia, educación básica. RESUMEN El presente trabajo pretende profundizar en los fenómenos del bullying y del ciberbullying, analizar el marco normativo en el que se enmarcan e indagar acerca de la situación actual de los mismos en las etapas de la educación básica: Educación Primaria y Educación Secundaria Obligatoria. Para alcanzar dichos objetivos se llevó a cabo una revisión bibliográfica sobre ambas problemáticas y una minuciosa revisión de las investigaciones más recientes desarrolladas en el ámbito estatal y autonómico. Tras realizar dicho análisis se concluye que el bullying y el ciberbullying están presenten en la mayoría de los centros educativos estudiados y en todos los niveles analizados, siendo los últimos cursos de Educación Primaria y los primeros de la Educación Secundaria Obligatoria los que registran una mayor incidencia. Los chicos adoptan principalmente el rol de agresores, mientras que las chicas son víctimas en la mayoría de los casos. Se trata, por lo tanto, de una problemática de capital importancia en la actualidad. Palabras clave (5): Bullying, ciberbullying, marco normativo, prevalencia, educación básica.
ABSTRACT The main aim of this project is to deepen into the social phenomena of bullying and cyberbullying, by analyzing the political framework in which they are inscribed and by doing research on their current standing in the different periods of basic education: Primary Education and Compulsory Secondary Education. To attain these objectives aims a bibliographical review was carried out on both problematics and a meticulous review of the most recent investigations developed in the state and regional areas. After having accomplished this analysis one come to the conclusion that bullying and cyberbullying are present in most of the studied schools as well as in every analyzed levels, being the latter years of Primary Education and the former years of Compulsory Secondary Education those in which a higher incidence is recorded. Boys mainly adopt the aggressors’ role, whereas, in most of the cases, girls are the victims. It is, therefore, an issue of cardinal importance at present. Key words (5): Bullying, cyberbullying, political framework, actual situation, basic education.
1 INTRODUCIÓN Hai xa uns anos, especialmente na última década do século XX, que emerxeu unha crecente preocupación polo fenómeno do bullying, sendo tratado frecuentemente tanto nos medios de comunicación dirixidos á poboación en xeral como nas revistas científicas especializadas. Desta situación dedúcese que o bullying é recoñecido como unha realidade latente que supón un risco físico e psicosocial para todos os implicados nestas dinámicas de agresividade e ó mesmo tempo prexudica os obxectivos da educación, polo que esixe ser afrontado dende a investigación teórica e dende a práctica educativa. Na sociedade actual aconteceron unha serie de cambios e avances tecnolóxicos con gran impacto na vida das persoas que derivaron no establecemento da denominada «Sociedade do Coñecemento ou Sociedade da Información». As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) ofrecen unha gran cantidade de posibilidades, tales como a ruptura das barreiras espazo-temporais ou a posibilidade do desenvolvemento de estruturas educativas innovadoras, pero por outra banda posibilitan determinadas prácticas negativas. As xeracións máis mozas teñen acceso en todo momento ó ciberespazo, sen a presenza de persoas adultas e con escasa supervisión ou control. Isto pode derivar nunha mala utilización das mesmas e propiciar a aparición dun dos fenómenos sociais que, polas mesmas cuestións que o bullying, ocupa na actualidade a atención da sociedade en xeral e dos especialistas da educación en particular: o ciberbullying. Numerosas investigacións realizadas nos últimos anos (Calmaestra, 2011; Defensor del Pueblo 2000-2007; Oñate e Piñuel, 2007; Serrano e Iborra, 2005) puxeron de manifesto a importancia de explorar todos aqueles aspectos que se relacionan co bullying e co ciberbullying para poder realizar tarefas de prevención e de intervención eficaces dende os diferentes ámbitos. Coa intención de analizar ambas problemáticas dende o punto de vista profesional da Pedagoxía e ter as ferramentas necesarias para abordalas preséntase o estudo que segue. Para alcanzar as metas propostas primeiramente realizarase un achegamento ó fenómeno bullying, facendo referencia ás súas orixes, concepto e características; ás diferentes tipoloxías que presenta; ós distintos roles que se desenvolven; ás súas posibles causas e consecuencias. Posteriormente tratarase o ciberbullying atendendo ás mesmas cuestións que no bullying. Ademais disto presentarase unha comparación entre ambas problemáticas, indagarase acerca do marco normativo de ámbito estatal e galego no que se
2 insiren e analizarase a súa prevalencia en España e Galicia. Finalmente formularanse unha serie de conclusións acerca do informe realizado. A grandes trazos considero que co presente traballo se poñen en práctica as seguintes competencias xerais: Identificar un tema obxecto de estudo en base á propia realidade profesional; desenvolver un proceso de procura de documentación sobre dito tema; establecer uns obxectivos de investigación; temporalizar as diferentes fases da realización do Traballo de Fin de Grao (TFG); recoller, analizar e interpretar os datos obtidos dos diferentes estudos e dominar a linguaxe específica do campo de estudo. De forma máis concreta e tendo como referencia a Memoria para a solicitude de verificación do titulo de Grao en Pedagoxía (Universidade de Santiago de Compostela, s.f.), estimo que o TFG que segue responde ás seguintes competencias específicas: Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos; identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora da práctica educativa e realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas. É oportuno aclarar que no presente traballo se procura evitar a linguaxe sexista. Non obstante, coa intención de facilitar a súa lectura e comprensión empregarase a forma masculina facendo referencia a ambos sexos. Ó mesmo tempo cómpre salientar que como sinónimos do fenómeno bullying se empregarán os seguintes termos: vitimización entre iguais, maltrato entre iguais/alumnos, condutas agresivas entre iguais/escolares e acoso escolar; no caso do ciberbullying, empregarase o sinónimo ciberacoso. Obxectivos Por medio do desenvolvemento deste traballo preténdese acadar os seguintes obxectivos específicos: - Estudar en profundidade o fenómeno bullying e a súa vertente dixital, o ciberbullying. - Afondar no marco lexislativo e normativo a nivel estatal e autonómico no que se insiren ambas problemáticas. - Examinar a prevalencia e situación actual do acoso escolar e ciberacoso nas etapas da educación básica: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
3 Metodoloxía No momento de iniciar este traballo de revisión documental e coa intención de afondar na temática obxecto de estudo púxose en marcha a seguinte estratexia: primeiramente consultáronse no catálogo da biblioteca (IACOBUS), no PreLo e en Google Books os libros que trataban a temática do bullying e do ciberbullying empregando os descriptores: «bullying», «ciberbullying», «acoso escolar» e «ciberacoso», co propósito de ter unha idea xeral das problemáticas estudadas e ir valorando as cuestións que debían tratarse. Seguidamente acudiuse á base de datos de teses doutorais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (TESEO) co obxectivo de revisar algunha tese para indagar nos fenómenos estudados e nos aspectos que os conforman, poder elaborar un índice e recompilar algunhas das referencias bibliográficas que se considerou oportuno examinar. Nesta búsqueda empregáronse os mesmos descriptores que no IACOBUS. Posteriormente realizouse a mesma busca nas bases de datos: Dialnet, Google Académico, Redined e Recolecta. No momento no que se constituíu o índice, seleccionáronse libros máis específicos sobre o que se quería tratar no catálogo da biblioteca, no PreLo e en Google Books por medio dos descriptores: «bullying primaria», «bullying secundaria», «ciberbullying primaria», «ciberbullying secundaria», «acoso escolar marco normativo» e «ciberacoso marco normativo». Ademais disto empregouse Dialnet, Google Académico, Redined, Recolecta e a base de datos CSIC para indagar sobre cuestións máis concretas salientando os mesmos descriptores. Para afondar no proceso metodolóxico do traballo que segue consultar anexo 1. 1. ACHEGAMENTO Ó FENÓMENO BULLYING Co obxectivo de afondar no coñecemento do fenómeno bullying, no apartado que segue abórdanse aspectos relacionados coas orixes do mesmo, o seu concepto e características definitorias; as diferentes tipoloxías de acoso escolar; os diferentes roles que teñen lugar nunha situación de bullying; así como as causas do mesmo, os factores de risco e as súas consecuencias. 1.1. Orixes, concepto e características definitorias O abuso ou maltrato entre alumnos é un tema que foi amplamente estudado no marco da Unión Europea, a pesar de que tamén se desenvolveron investigacións acerca
10 Unha visión moi similar de dito fenómeno é a exposta por Smith, que o conceptualiza coas palabras que seguen: Acto agresivo e intencionado llevado a cabo de manera repetida y constante a lo largo del tiempo, mediante el uso de formas de contacto electrónicas por parte de un grupo o de un individuo contra una víctima que no puede defenderse fácilmente (2006, p.2). Por outra banda Calmaestra aporta un concepto de ciberacoso máis específico e concreto: El ciberbullying es una nueva forma de bullying que implica el uso de los teléfonos móviles (textos, llamadas, vídeoclips), Internet (E-mail, mensajería instantánea, chat, páginas web) u otras Tecnologías de la Información y de la Comunicación para acosar, amenazar o intimidar deliberadamente a alguien (2011, p.104). Tomando como referencia as palabras de Yubero et al. (2013) e Calmaestra (2011), que se basean en diferentes estudos realizados acerca do ciberbullying, as principais características deste fenómeno son as seguintes: Intencionalidade. O agresor ten a intención de danar á vítima. Repetición. Un único episodio de ciberbullying pode repetirse tantas veces como a mensaxe sexa visualizada. Desequilibrio de poder. O ciberbullying prodúcese pola indefensión da vítima ó non ser capaz de bloquear a agresión no entorno virtual. Anonimato. O acosador pode agochar totalmente a súa identidade. Difusión pública. O agresor pode enviar as mensaxes a varias direccións ou facelo a través dunha rede social facendo máis extensivo o ataque, mentres que a vítima pode descoñecer a extensión da difusión. Temporalización. A agresión pode producirse en calquera momento e a vítima está exposta continuamente a posibles ataques. Escaso feed-back entre os participantes. Non existe contacto visual nin físico durante o acoso entre o agresor/es e a vítima. 2.2. Tipoloxía En base ás palabras de Calmaestra (2011), na literatura científica existen principalmente dous enfoques á hora de clasificar o ciberbullying: segundo a vía pola que se produce a agresión e dependendo do tipo de conduta que se desenvolva.
11 Atendendo ó primeiro enfoque Smith (2006) subdivide o ciberbullying en 7 tipos: mensaxes de texto, acoso telefónico, acoso a través de fotografías/vídeo, acoso a través de correos electrónicos, acoso a través de sesións de chat, acoso a través de programas de mensaxería instantánea e acoso vía páxinas web. Por outra banda e tendo en conta o tipo de conduta que se desenvolve, Kowalski, Limber e Agatston (2010) identifican oito tipos de ciberbullying: Insultos electrónicos. Intercambio breve e acalorado entre dúas ou máis persoas que ten lugar a través das novas tecnoloxías. Persecución. Mensaxes ofensivas reiteradas enviadas á persoa elixida como branco por correo electrónico, en foros públicos e foros de debate. Distínguese dos insultos por ser máis a longo prazo e máis unilateral (inclúe a un ou máis ofensores fronte a unha única vítima). Denigración. Información despectiva e falsa respecto a outra persoa que é colgada nunha páxina web ou difundida vía e-mail, mensaxes instantáneas… Suplantación. O acosador faise pasar pola vítima, a maioría das veces empregando a clave de acceso da mesma para acceder ás súas contas online e a continuación enviando mensaxes negativas, agresivas ou crueis a outras persoas coma se fosen enviadas pola propia vítima. Desvelamento e sonsacamento. Implica revelar información comprometida da vítima a outras persoas, enviada de forma espontánea pero privada pola vítima ou que foi sonsacada á mesma e despois difundida a outras persoas. Exclusión. Non deixar participar á persoa nunha rede social específica. Ciberpersecución. Envío de comunicacións electrónicas reiteradas e ameazantes. Paliza feliz (happy slapping). Realízase unha agresión física a unha persoa que é gravada en vídeo co móbil e logo é colgada na rede para que o vexan miles de persoas. 2.3. Roles e consecuencias Tomando como referencia as palabras de García Fernández (2013) é preciso salientar que a teoría dos roles implicados no ciberbullying non avanzou moito en comparación coa do bullying tradicional, que xa se explicou no apartado 1.3 do punto anterior, polo que non se afondará nesta cuestión. En consonancia con isto, Mora-Merchán e Ortega (2007) explican que hai un alto grao de acordo á hora de categorizar ós implicados
12 no ciberbullying dentro de tres grandes grupos: ciber-agresores, vítimas ou obxectivos e espectadores ou testemuñas. No que respecta ó rol dos espectadores ou testemuñas cómpre aclarar que esta figura non está tan estudada como no bullying tradicional (García Fernández, 2013) de aí que non se faga referencia específica a dito rol. Adoptando outro punto de vista, Hernández Prados e Solano expoñen as seguintes palabras para facer referencia ós protagonistas do ciberbullying: Las características comunes que percibimos en estos jóvenes es que, no sólo viven en una sociedad red, sino que hacen de su comportamiento la máxima expresión de la misma. Se trata de usuarios que pertenecen a comunidades virtuales, crean sus propios espacios personales en la red (weblogs, wikis, páginas web personales...), utilizan servicios comunicativos sincrónicos como la videoconferencia, la voz por IP, la mensajería instantánea, el chat…, garantizando con ello la comunicación y la colaboración con distintos usuarios, distantes y coincidentes en el espacio geográfico inmediato (2007, p.26). Tal e como se expuxo no apartado 1.4. do punto anterior a violencia entre iguais ten consecuencias para todos os implicados pero con distintos síntomas e niveis de sufrimento (Garaigordobil, 2011a). As consecuencias para os protagonistas no bullying e no ciberbullying son moi similares, non obstante, neste caso desenvolveranse facendo referencia ás ciber-vítimas e ós ciber-agresores. As ciber-vítimas presentan sentimentos de ansiedade, depresión, ideación suicida, estrés, medo, baixa autoestima, falta de confianza en si mesmos, ira, frustración, indefensión, nerviosismo, irritabilidade, trastornos do sono, dificultades para concentrarse, soidade e illamento social (Cowie, 2007; Garaigordobil, 2011a). No caso dos ciber-agresores estes teñen maior probabilidade de desconexión moral, falta de empatía, dificultades para acatar normas, comportamento agresivo, conduta delitiva, inxestión de alcohol e drogas, dependencia das tecnoloxías, absentismo escolar, condutas desadaptativas e antisociais e intencións suicidas (Cowie, 2007; Garaigordobil, 2011a). 2.4. Bullying e ciberbullying: semellanzas e diferenzas Tras ter analizado en profundidade os fenómenos do bullying e ciberbullying é preciso establecer unha relación entre ambos e sinalar as súas semellanzas e diferenzas. A grandes trazos e en base a todo o exposto ata agora, conclúese que o ciberbullying mantén as características fundamentais do bullying e polo tanto pode considerarse unha nova forma de acoso escolar pero con matices derivados das TIC.
13 En consonancia con isto, Garaigordobil explica que: Las investigaciones realizadas hasta ahora no ponen en duda que el ciberbullying tiene una gran relación con el bullying o acoso escolar porque en algunas ocasiones, el ciberbullying es una forma de extensión del bullying, un modo más para producir acoso y hostigamiento, aunque no sea físico; en otros casos, el acoso se inicia en la Red y pasa luego a la vida real; y otras veces, comienza y sigue como ciberbullying (2011b, p.7). No referente ás semellanzas entre o bullying e o ciberbullying, Avilés (2013) e Garaigordobil e Martínez-Valderrey (2014) expoñen que ambos se asemellan en que: 1) Son condutas violentas ou de acoso intencionadas (Intención); 2) Fundaméntanse nunha relación asimétrica de control e poder-submisión sobre o outro (Desequilibrio); 3) Son repetitivos e continuados durante un período longo de tempo (Reiteración). Centrando a atención nas diferenzas entre ambas problemáticas, Garaigordobil (2011b) sinala as seguintes particularidades do ciberbullying que o diferencian do bullying tradicional: 1) Non hai onde agocharse, é dicir, a vítima non pode escapar da agresión, pois recibe continuamente mensaxes no seu móbil ou ordenador; 2) Invisibilidade dos acosadores, posto que o non ser unha experiencia «cara a cara» concede ó agresor certa «invisibilidade»; 3) Durabilidade no tempo, xa que o contido da persecución pode ser imperecedeiro ó quedar gardado nos medios dixitais. 4) A amplitude do lugar físico, dado que a mobilidade e conectividade das TIC permiten que se realice en calquera lugar e momento. 5) Rapidez e comodidade, porque o ciberbullying non só chega a moitas persoas, senón que chega máis rápido e con máis facilidade por carecer de enfrontamento físico. Del Rey et al. (2010) afirman que no ciberacoso a agresión pode ser anónima, xa que os implicados non precisan ter un contacto directo, polo que resulta máis difícil de detectar que o bullying. Ademais disto, as fronteiras de espazo e tempo desaparecen, o acoso pode propagarse de forma máis rápida e ampla e as probas da súa existencia presérvanse facilmente. Tendo en conta as semellanzas e diferenzas entre ambos fenómenos conclúese que, tal e como se expuxo ó inicio do apartado, o ciberbullying mantén as características fundamentais do bullying e polo tanto é considerado unha nova forma de bullying que presenta matices derivados das TIC. 3. MARCO NORMATIVO Co propósito de indagar no marco normativo no que se insiren o bullying e o ciberbullying, no presente apartado trataranse os referentes lexislativos e normativos que
14 recollen ditos fenómenos facendo alusión e diferenciando aqueles que son de ámbito estatal e autonómico. Tendo en conta que o acoso escolar e o ciberacoso son abordados dende diferentes institucións (escolar, xurídica, fiscal…), considérase oportuno aclarar que unicamente se tratarán aqueles referentes normativos actuais máis ligados ó ámbito educativo, que permitan comprender e contextualizar ditos fenómenos no ámbito legal e dende o punto de vista profesional da Pedagoxía. Por outra banda cómpre clarexar que no noso país as Comunidades Autónomas son as administracións educativas que lexislan sobre o seu ámbito territorial e o xestionan directamente, baixo a supervisión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do cumprimento da normativa básica, de aí a importancia de facer alusión ós referentes normativos de España e de Galicia (Gómez Rivas, 2011). 3.1. Nivel estatal: España Antes de adentrarse nos referentes normativos e lexislativos é preciso clarificar que en España non existe unha lei que regule de forma específica e integral as diversas formas de violencia que poden ser exercidas contra a infancia, como o bullying e o ciberbullying. Non obstante algúns aspectos relacionados con ditos fenómenos son abordados nos diferentes instrumentos normativos (Orjuela, Cabrera de los Santos, Calmaestra, Mora- Merchán e Ortega-Ruiz, 2014). O primeiro referente ó que se considera oportuno facer referencia é a Constitución Española de 1978 (BOE, 29/12/1978), que declara como dereitos fundamentais o dereito á integridade física e moral (art. 15), o dereito á liberdade e á seguridade (art. 17), o dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe así como o segredo das comunicacións (art. 18) e o dereito á educación (art. 27), cuxo obxecto debe ser o desenvolvemento da personalidade humana no respecto dos principios democráticos de convivencia e ós dereitos e liberdades fundamentais. O Real Decreto 732/1995, do 5 de maio, establece os dereitos e os deberes dos alumnos e as normas de convivencia dos centros (BOE, 05/05/1995). Dito Decreto expón que a Administración Educativa e os órganos de goberno dos centros velarán polo correcto exercicio dos dereitos e deberes dos alumnos. O Consello Escolar do centro será o encargado de resolver os conflitos que se presenten e de impor as sancións correspondentes. En relación co acoso escolar e ciberacoso, no Real Decreto explícase que o alumando ten dereito a recibir unha educación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade (art. 11), a que se respecte a súa liberdade de conciencia, as súas
15 conviccións relixiosas, morais, ideolóxicas e a súa intimidade (art. 16) e ó respecto da súa integridade física e moral e a súa dignidade persoal, non podendo ser obxecto de tratos vexatorios ou degradantes (art. 17). Mediante a Lei 27/2005, do 30 de novembro, de fomento da educación e cultura da paz (BOE, 30/11/2005) o goberno español comprométese a promover a paz por medio de diferentes iniciativas (materias curriculares específicas, promover valores, formación de adultos, promover o coñecementos da lexislación dos Dereitos Humanos, etc.). No ano 2013 apróbase a Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE, 9/12/2013). O curso pasado, 2014/2015, implántase de forma parcial e progresiva dita lei polo que na nosa realidade educativa actual conviven dúas leis educativas: A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE, 3/05/2006) e a Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE, 9/12/2013). Tendo en conta que a última lei é unha modificación parcial da anterior, que aínda non está implantada na súa totalidade e que non hai diferenzas substantivas entre ambas no referente ó bullying e ciberbullying, centrarase a análise na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE, 3/05/2006). Como consecuencia disto, o máximo referente legal a nivel educativo é a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE, 3/05/2006). En relación ó bullying e ciberbullying esta lei establece entre as súas finalidades as seguintes: b) “La educación en el respeto de los derechos y libertades fundamentales, en la igualdad de derechos y oportunidades entre hombres y mujeres y en la igualdad de trato y no discriminación de las personas con discapacidad”. c) “La educación en el ejercicio de la tolerancia y de la libertad dentro de los principios democráticos de convivencia, así como en la prevención de conflictos y la resolución pacífica de los mismos”. Ó mesmo tempo e en relación cos fenómenos analizados dita lei recolle entre os seus principios os seguintes: c) “La transmisión y puesta en práctica de valores que favorezcan la libertad personal, la responsabilidad, la ciudadanía democrática, la solidaridad, la tolerancia, la igualdad, el respeto y la justicia, así como que ayuden a superar cualquier tipo de discriminación”. k) “La educación para la prevención de conflictos y la resolución pacífica de los mismos, así como para la no violencia en todos los ámbitos de la vida personal, familiar y social, y en especial en el del acoso escolar”.
16 Por outra banda a Lei Orgánica de Educación do 2006 aclara (art. 121.2) que o plan de convivencia forma parte do proxecto educativo dos centros e que debe elaborarse en base ós principios de non discriminación e inclusión educativa. Dito plan recollerá as actividades que se programen co fin de fomentar un bo clima de convivencia dentro do centro escolar, a concreción dos dereitos e deberes dos alumnos e as medidas correctoras en caso do seu incumprimento (art. 124.1). Para finalizar co marco lexislativo a nivel estatal é preciso mencionar o Real Decreto 275/2007, do 23 de febreiro, polo que se crea o Observatorio Estatal da Convivencia Escolar (BOE, 23/02/2007). Dita institución será a encargada de asesorar sobre situacións referidas á aprendizaxe da convivencia escolar, elaborar informes e estudos, facer un diagnóstico en materia de convivencia escolar e propoñer medidas que axuden a elaborar as distintas políticas estatais, fomentando as actuacións que faciliten a mellora do clima escolar e a convivencia nos centros educativos (art. 1.2). 3.2. Nivel autonómico: Galicia O primeiro referente lexislativo a nivel galego que é oportuno salientar é o Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego de Convivencia Escolar (DOG, 12/04/2007). Por medio deste Decreto créase e regúlase en Galicia o Observatorio Galego de Convivencia Escolar que terá como finalidade analizar e propoñer actuacións de investigación, prevención, e intervención en relación coa mellora do clima escolar, así como ser a canle de participación de todos os sectores con responsabilidades no tema da convivencia (art. 2). Por medio da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da Comunidade Educativa (DOG, 30/06/2011) o goberno galego pretende crear e reforzar os instrumentos xurídicos que permitan conseguir e manter un clima de convivencia de calidade. De forma máis concreta a presente lei ten por obxecto regular as normas básicas de convivencia nos centros docentes comprendidos no seu ámbito de aplicación e a participación directa das familias e da comunidade educativa no ensino e no proceso educativo (art. 1). Como medidas de prevención o gabinete galego elaborará un protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar coa dotación orzamentaria necesaria para a súa implantación (art. 30.1). Así mesmo, o plan de convivencia de cada centro docente incluirá un protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar (art. 30.2).
17 A comezos do presente ano o goberno galego publica un Decreto que desenvolve a lei anteriormente explicada: o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar (DOG, 08/01/2015). En consonancia co presente Decreto os fins das normas de convivencia son os seguintes (art. 3.2): a) A garantía dun ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de forma óptima os recursos que a sociedade pon a disposición do alumnado no posto escolar. b) A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas. c) A prevención e o tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces. f) A promoción da resolución pacífica dos conflitos e o fomento de valores, actitudes e prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas. Dito Decreto establece como axentes responsables da convivencia escolar os seguintes: a comunidade educativa (art. 4), o consello escolar (art. 5), a comisión de convivencia (art. 6), o claustro do profesorado (art. 7), o equipo directivo (art. 8), os órganos de coordinación docente (art. 9) e o Consello para a convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia (art. 10). No referente ó plan de convivencia, que se recollerá no proxecto educativo de cada centro (art. 11.2), establécese que “O plan de convivencia do centro é o documento no cal se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica” (art. 11.1). Para finalizar este apartado estímase necesario abordar o Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2013). A pesar de non ser un referente lexislativo, si que é un referente normativo que se considera de vital importancia para as problemáticas estudadas neste traballo. Dito protocolo ten por obxecto servir de marco de referencia para previr e abordar eficazmente as posibles situacións de acoso escolar en calquera das súas manifestacións. Neste sentido, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as instrucións de 17 xuño 2013 co propósito trasladar este protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
18 O Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso presenta a seguinte estrutura: I. Introdución. Abórdanse as orixes e concepto dos fenómenos bullying e ciberbullying e xustifícase a necesidade de desenvolver o protocolo que se presenta, dado que os estudos máis recentes mostran un aumento e gravidade da violencia nos centros educativos. II. Pautas para a identificación do acoso escolar: criterios, tipos e consecuencias. Os criterios empregados para identificar o acoso escolar son: a intención de facer dano, a repetición das condutas agresivas e o desequilibrio de poder existente entre a vítima e o agresor/es. Ademais disto neste apartado expóñense as diferentes tipoloxías do bullying e as consecuencias deste fenómeno en todos os implicados: agresores, vítimas e observadores. III. Protocolo de actuación. O obxectivo do presente regulamento é que o profesorado dos diferentes centros educativos saiba como actuar en posibles casos de acoso escolar, posto que é imprescindible que se realice unha intervención de forma inmediata co alumnado implicado e coas súas familias. O protocolo que se presenta é un documento base, é dicir, é preciso que sexa contextualizado e adaptado a cada centro e á súa contorna. Primeira fase. Iníciase coa comunicación, por parte de calquera membro da comunidade educativa (alumnado, familia, profesorado, persoal de administración e servizos ou persoas alleas ó centro), dunha posible situación de acoso escolar, que se rexistra de forma escrita. En base a isto, póñense en marcha unha serie de medidas urxentes de protección á presunta vítima. Seguidamente o titular da dirección do centro designa a unha persoa responsable da atención e apoio á suposta vítima e comunica a situación de acoso ás familias dos implicados. Posteriormente a dirección do centro nomea a unha persoa encargada da tramitación do protocolo e, se o considera oportuno, comunica a situación a outros profesionais da educación e/ou axentes externos ó centro. Segunda fase. O obxectivo principal desta etapa é recoller os datos necesarios para clarificar se os feitos denunciados constitúen ou non unha situación de acoso escolar. Para lograr dita finalidade lévase a cabo un proceso discreto de recollida de información a través de
19 diversos procedementos e de distintas fontes (vítima, acosador/es, observadores/es, familias). Terceira fase. Tendo como referencia a información recadada e antes de tomar calquera medida é preciso contrastala e ordenar claramente as diferentes actuacións. Seguidamente determínase se é unha situación de acoso escolar e trasládase dita información á dirección do centro, o que permitirá a adopción de medidas de carácter educativas dirixidas á protección da vítima, a reeducación e corrección do agresor/es, ó observador/es, ás familias e ó equipo docente. Finalmente comunícase a situación á Inspección Educativa. Cuarta fase. Tras ter adoptadas as medidas previstas lévase a cabo un seguimento das mesmas para comprobar o seu cumprimento e pertinencia. IV. Estratexias de prevención: organizativas e de prevención no centro e na aula. A posta en práctica de medidas de prevención do acoso escolar debe partir dun diagnóstico da situación de convivencia escolar nos centros educativos. V. Ciberacoso: definición, criterios de identificación, tipos, protocolo de actuación e estratexias preventivas. Xustifícase a importancia de tratar dito fenómeno, ó mesmo tempo que se expón o seu concepto, os criterios que o identifican e as distintas tipoloxías. As estratexias de prevención e o protocolo de intervención empregados nos casos de acoso escolar teñen cabida nas situacións de ciberacoso, aínda que se explicitan algunhas medidas máis específicas para estes casos. VI. Responsabilidade do centro: aspectos xurídicos e particularidades xurídicas do ciberacoso. Explícanse as responsabilidades dos centros escolares nos casos de acoso escolar e ciberacoso e acláranse as singularidades xurídicas do ciberbullying. Dito documento contén ademais un total de 22 anexos que facilitan as diferentes intervencións que poden ter lugar durante a aplicación deste protocolo. Para comprender de forma clara a estrutura xeral e as diferentes fases do citado protocolo consultar anexo 2. 4. PREVALENCIA E SITUACIÓN ACTUAL DO BULLYING E CIBERBULLYING NAS ETAPAS DA EDUCACIÓN BÁSICA En base á Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE, 03/05/2006, artigo 3.3) a educación básica no noso país esta constituída polos niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, polo que a análise que se presenta terá por obxecto o
26 Na introdución do presente traballo manifestei a miña intención de afondar nas temáticas da violencia entre escolares e do ciberacoso co obxectivo de comprender en profundidade ambos fenómenos, de coñecer o marco normativo no que se insiren e de indagar acerca da situación actual dos mesmos nas etapas da educación básica. A estas alturas do traballo considero que cumprín as metas propostas. Non obstante no camiño percorrido durante o desenvolvemento do TFG atopeime cunha serie de obstáculos, derivados na súa maioría da gran cantidade de bibliografía existente en referencia a esta temática, da imposibilidade de traballar con toda ela e de afondar na mesma, dadas as características formais do presente traballo. A pesar disto e a nivel xeral considero que cumprín os obxectivos propostos e que traballei as competencias especificadas. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Avilés, J. Mª. (2006a). Qué es y qué significa el bullying. En J. Mª. Avilés, Bullying: el maltrato entre iguales. Agresores, víctimas y testigos en la escuela (pp. 79-143). Salamanca: Amarú Ediciones. Avilés, J. Mª. (2006b). Por qué ocurre el bullying y qué consecuencias tiene. En J. Mª. Avilés, Bullying: el maltrato entre iguales. Agresores, víctimas y testigos en la escuela (pp. 147-200). Salamanca: Amarú Ediciones. Avilés, J. Mª. (2009). Ciberbullying: diferencias entre el alumnado de secundaria. Boletín de Psicología, 96, 79-96. Recuperado de http://www.uv.es/seoane/boletin/previos/N96- 6.pdf Avilés, J. Mª. (2013). Bullying y ciberbullying: apuntes para un Proyecto Antibullying. Revista Convives, 3, 1-102. Recuperado de http://convivenciaenlaescuela.es/wpcontent/uploads/2013/06/Revista-CONVIVES-N_3-Abril-2013.pdf Buceta, Mª. J. (2011). Otros trastornos. Bullying. En Mª. J. Buceta (coord.), Manual de Atención Temprana (pp. 227-236). Madrid: Síntesis. Calmaestra, J. (2011). Cyberbullying: prevalencia y características de un nuevo tipo de bullying indirecto. (Tesis de doctorado) Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba, Córdoba. Carozzo, J., Benites, L., Zapata, L., e Horna, V. (2012). El bullying no es un juego. Guía para todos. Lima: Observatorio sobre violencia y convivencia en la escuela.
27 Recuperado de http://ww.alfepsi.org/attachments/article/173/Guia%20de%20Bullying%20Observatorio.pdf Cerezo, F. (2009). Bullying: análisis de la situación en las aulas españolas. International Journal of Psychology and Psychological Therapy, 9(3), 383-394. Recuperado de http://www.ijpsy.com/volumen9/num3/244/bullying-anlisis-de-la-situacin-en-las-ES.pdf Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. (2013). Protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Recuperado de http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2013/06/17/a 328aad5ade2c46a911c5a59a0bbbabd.pdf Cowie, H. (2007). El impacto emocional y las consecuencias del ciberacoso. En J. A. Mora- Merchán, R. Ortega e T. Jäger (Eds.) Actuando contra el bullying y la violencia escolar. El papel del los medios de comunicación, las autoridades locales y de Internet (pp. 16-24). Landau: Empirische Pedagogik. Recuperado de http://www.juconicomparte.org/recursos/E-Book_Spanish_01_CwZ9.pdf Defensor del Pueblo (2000). Violencia escolar: el maltrato entre iguales en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Publicaciones de la Oficina del Defensor del Pueblo. Recuperado de http://213.0.8.18/portal/Educantabria/RECURSOS/Materiales/Biblestinv/Informe_Defe nsorPueblo_VIOLENCIA_Escolar_ESO.pdf Defensor del Pueblo-UNICEF (2007). Violencia escolar: el maltrato entre iguales en la Educación Secundaria Obligatoria 1999-2006. Madrid: Publicaciones de la Oficina del Defensor del Pueblo. Recuperado de http://www.oei.es/oeivirt/Informeviolencia.pdf Del Rey, R., Flores, J., Garmendia, M., Martínez, G., Ortega, R. e Tejerina, O. (2010). Protocolo de actuación escolar ante el ciberbullying. Bilbao: Grupo EMICI. Recuperado de http://www.protocolo-ciberbullying.com/ Dobarro, A. (2011). Revisión de los principales estudios sobre la incidencia de la violencia escolar en Asturias. Magister, 24, 77-89. Recuperado de http://digibuo.uniovi.es/dspace/handle/10651/10354 Garaigordobil, M. (2011a). Prevalencia y consecuencias del ciberbullying: una revisión. International jouranl of psychological therapy, 11(2), 233-254. Recuperado de
28 http://www.ijpsy.com/volumen11/num2/295/prevalencia-y-consecuencias-del- cyberbullying-ES.pdf Garaigordobil, M. (2011b). Bullying y ciberbullying: conceptualización, prevalencia y evaluación. FOCAD Formación Continuada a Distancia, XII Edición, 1-29. Recuperado de http://www.psicologiaysexologia.org/wp-content/uploads/2013/11/Bullying-y- cyberbullyung.pdf Garaigordobil, M., e Martínez-Valderrey, V. (2014). Programa de intervención para prevenir y reducir el ciberbullying. Madrid: Pirámide. García Fernández, C. Mª. (2013). Acoso y ciberacoso en escolares de primaria: factores de personalidad y de contexto entre iguales. (Tesis de doctorado) Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba, Córdoba. Gómez Bahillo, C., Puyal, E., Sanz, A., Elboj, C., e Sanagustin Mª. V. (2006). Las relaciones de convivencia y conflicto escolar en los centros educativos aragoneses de enseñanza no universitaria. Análisis y propuesta desde una perspectiva socioeducativa. Aragón: Gobierno de Aragón, Departamento de Educación, Cultura y Deporte. Recuperado de https://convivencia.files.wordpress.com/2012/05/investigacion_convivencia_aragong_ bahillo-2006218p.pdf Gómez Rivas, F. A. (2011). La normativa sobre convivencia escolar en España. Revista Amâzónica, 6(1), 149-185. Recuperado de http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3915955 Guinot, J. (2011). Violencia para hoy y para mañana. En E. Roldán (Ed.), Terror en las aulas. Cómo abordar el acoso escolar o bullying (pp. 25- 40). Tarragona: Altaria. Hernández Prados, Mª A., e Solano, I. Mª. (2007). Ciberbullying, un problema de acoso escolar. RIED, 10(1), 17-36. Recuperado de http://www.biblioteca.org.ar/libros/141650.pdf Ibarrola-García, S., e Iriarte, C. (2012). La convivencia escolar en positivo. Mediación y resolución de conflictos. Madrid: Pirámide. Kowalski, R., Limber, S., e Agatston, P. (2010). Cyber Bullying: El acoso escolar en la era digital. Bilbao: Desclée de Brower.
29 Massa, J.L. e Basile, H. S. (2011). El acoso moral entre pares (bullying). Construção Psicopedagógica, 19(19), 8-33. Recuperado de http://pepsic.bvsalud.org/pdf/cp/v19n19/02.pdf Menéndez, I. (2011). El acoso escolar visto desde la consulta psicológica. En E. Roldán (Ed.), Terror en las aulas. Cómo abordar el acoso escolar o bullying (pp. 207-262). Tarragona: Altaria. Mora-Merchán, J. A. e Ortega, R. (2007). Las nuevas formas de bullying y violencia escolar. En J. A. Mora-Merchán, R. Ortega e T. Jäger (Eds.) Actuando contra el bullying y la violencia escolar. El papel del los medios de comunicación, las autoridades locales y de Internet (pp. 16-24). Landau: Empirische Pedagogik. Recuperado de http://www.juconicomparte.org/recursos/E-Book_Spanish_01_CwZ9.pdf Olweus, D. (1998). Qué sabemos de las amenazas y el acoso entre escolares. En Autor, Conductas de acoso y amenaza entre escolares (pp. 23-72). Madrid: Morata. Oñate, A., e Piñuel, I. (2007). Informe Cisneros X: Acoso y violencia escolar en España. Madrid: Instituto de Innovación Educativa y Desarrollo Directivo. Orjuela, L., Cabrera de los Santos, B., Calmaestra, J., Mora-Merchán, J. A., e Ortega-Ruiz, R. (2014). Informe acoso escolar y ciberacoso: propuestas para la acción. Madrid: Save the children. Recuperado de http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/675/Acoso_escolar_y_ciberacoso_infor me_vOK_-_05.14.pdf Ortega, R. (2010). Treinta años de investigación y prevención del bullying y la violencia escolar. En R. Ortega (Ed.), Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar (pp. 15-30). Madrid: Alianza Editorial. Quintana, P., Montgomery, U., Malaver, S., e Ruiz, G. (2010). Capacidad de disfrute y percepción del apoyo comunitario en adolescentes espectadores de episodios de violencia entre pares (Bullying). Revista de investigación en psicología, 13(1), 139- 162. Recuperado de http://sisbib.unmsm.edu.pe/bvrevistas/investigacion_psicologia/v13_n1/pdf/a08.pdf Ronald, E. (2010). Orígenes y primeros estudios del bullying escolar. En R. Ortega (Ed.), Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar (pp. 33-53). Madrid: Alianza Editorial.
30 Ruiz, R., Riuró, M., e Tesouro, M. (2015). Estudio del bullying en el ciclo superior de Primaria. Educación XXI, 18(1), 345-368. Recuperado de http://www.redalyc.org/pdf/706/70632585015.pdf Sabater, C., e López-Hernáez, F. (2015). Factores de riesgo en el ciberbullying. Frecuencia y exposición de los datos personales en Internet. International Journal of Sociology of Education, 4(1), 1-25. Recuperado de http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4991399 Serrano, A., e Iborra, I. (2005). Violencia entre compañeros en la escuela. Valencia: Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia. Recuperado de https://convivencia.files.wordpress.com/2012/05/informe_reina_sofia- violencia200594p.pdf Smith, P. K. (Septiembre, 2006). Ciberacoso: Naturaleza y extensión de un nuevo tipo de acoso dentro y fuera de la escuela. Ponencia presentada en el Congreso de Convivencia y Escuela, Palma de Mallorca. Recuperado de http://www.observatorioperu.com/lecturas/ciberacoso_pSmith.pdf Universidade de Santiago de Compostela (s.f.). Memoria para a solicitude de verificación do Grao en Pedagoxía. Santiago de Compostela. Recuperado de http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/Memoria_Grao_P edagoxia_ANECA.pdf Yubero, S., Larrañaga, E. e Navarro, R. (2013) Integración y redes sociales: sentirse víctima del cyberbullying. En S. Torío, O. García-Pérez, J. V. Peña e C. Mª. Fernández (Coords.), Crisis social y el estado del bienestar: las respuestas de la Pedagogía Social. Oviedo: Servicio de publicaciones de la Universidad de Oviedo. REFERENCIAS LEXILATIVAS CONSULTADAS Constitución Española, Boletín Oficial del Estado, nº 311 (1978). Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego de Convivencia Escolar, Diario Oficial de Galicia, nº 88 (2007). Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, Diario Oficial de Galicia, nº 17 (2015). Lei 27/2005, do 30 de novembro, de fomento da educación e cultura da paz, Boletín Oficial del Estado, nº 287 (2005).
31 Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, Boletín Oficial del Estado, nº 106 (2006). Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da Comunidade Educativa, Diario Oficial de Galicia, nº 136 (2011). Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, Boletín Oficial del Estado, nº 295 (2013). Real Decreto 732/1995, del 5 de mayo, por el que se establecen los derechos y deberes de los alumnos y las normas de convivencia en los centros, Boletín Oficial del Estado, nº 131 (1995). Real Decreto 275/2007, do 23 de febreiro, polo que se crea o Observatorio Estatal da Convivencia Escolar, Boletín Oficial del Estado, nº 64 (2007).
ANEXOS Anexo I. Metodoloxía: documentos seleccionados nas bases de datos consultadas BASES DE DATOS DESCRIPTORES DOCUMENTOS SELECCIONADOS IACOBUS Palabra chave «bullying» Filtros: en toda a colección; data de edición despois de 2005 Resultados obtidos: 31 Avilés, J. Mª. (2006). Bullying: el maltrato entre iguales. Agresores, víctimas y testigos en la escuela. Salamanca: Amarú Ediciones. Kowalski, R., Limber, S., e Agatston, P. (2010). Cyber Bullying: El acoso escolar en la era digital. Bilbao: Desclée de Brower. Ortega, R. (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid: Alianza Editorial. Roldán (2011). Terror en las aulas. Cómo abordar el acoso escolar o bullying. Tarragona: Altaria. PRELO Palabra chave «bullying» Filtros: en toda a colección Resultados obtidos: 2 Ibarrola-García, S., e Iriarte, C. (2012). La convivencia escolar en positivo. Mediación y resolución de conflictos. Madrid: Pirámide. Garaigordobil, M., e Martínez-Valderrey, V. (2014). Programa de intervención para prevenir y reducir el ciberbullying. Madrid: Pirámide . GOOGLE BOOKS Palabra chave «bullying» Resultados obtidos: 394 Olweus, D. (1998). Conductas de acoso y amenaza entre escolares. Madrid: Morata. IACOBUS Palabra chave «ciberbullying» Filtros: en toda a colección Resultados obtidos: 4 -
PRELO Palabra chave «ciberbullying» Filtros: en toda a colección Resultados obtidos: 1 Garaigordobil, M., e Martínez-Valderrey, V. (2014). Programa de intervención para prevenir y reducir el ciberbullying. Madrid: Pirámide. GOOGLE BOOKS Palabra chave «ciberbullying» Resultados obtidos: 526 Del Rey, R., Flores, J., Garmendia, M., Martínez, G., Ortega, R. e Tejerina, O. (2010). Protocolo de actuación escolar ante el ciberbullying. Bilbao: Grupo EMICI. Garaigordobil, M., e Martínez-Valderrey, V. (2014). Programa de intervención para prevenir y reducir el ciberbullying. Madrid: Pirámide. IACOBUS Palabra chave «acoso escolar» Filtros: en toda a colección; data de edición despois de 2005 Resultados obtidos: 43 Oñate, A., e Piñuel, I. (2007). Informe Cisneros X: Acoso y violencia escolar en España. Madrid: Instituto de Innovación Educativa y Desarrollo Directivo. 4 referencias máis, especificadas anteriormente GOOGLE BOOKS Palabra chave «acoso escolar» Resultados obtidos: 1200 Orjuela, L., Cabrera de los Santos, B., Calmaestra, J., Mora-Merchán, J. A., e Ortega-Ruiz, R. (2014). Informe acoso escolar y ciberacoso: propuestas para la acción. Madrid: Save the children. 3 referencias máis, especificadas anteriormente IACOBUS Palabra chave «ciberacoso» Filtros: en toda a colección Resultados obtidos: 3 -
GOOGLE BOOKS Palabra chave «ciberacoso» Resultados obtidos: 563 2 referencias especificadas anteriormente TESEO Palabra chave «bullying» Filtros: en título/resumo Resultados obtidos: 24 Calmaestra, J. (2011). Cyberbullying: prevalencia y características de un nuevo tipo de bullying indirecto. (Tesis de doctorado) Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba, Córdoba. TESEO Palabra chave «ciberbullying» Filtros: en título/resumo Resultados obtidos: 4 - TESEO Palabra chave «acoso escolar» Filtros: en título/resumo Resultados obtidos: 41 García Fernández, C. Mª. (2013). Acoso y ciberacoso en escolares de primaria: factores de personalidad y de contexto entre iguales. (Tesis de doctorado) Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba, Córdoba. TESEO Palabra chave «ciberacoso» Filtros: en título/resumo Resultados obtidos: 41 1 referencia especificada anteriormente
DIALNET Palabra chave «bullying» Filtros: Textos completos; psicoloxía e educación; 2010- 2019; español; Resultados obtidos: 59 Ruiz, R., Riuró, M., e Tesouro, M. (2015). Estudio del bullying en el ciclo superior de Primaria. Educación XXI, 18(1), 345-368. DIALNET Palabra chave «ciberbullying» Resultados obtidos: 40 Avilés, J. Mª. (2009). Ciberbullying: diferencias entre el alumnado de secundaria. Boletín de Psicología, 96, 79-96. Sabater, C., e López-Hernáez, F. (2015). Factores de riesgo en el ciberbullying. Frecuencia y exposición de los datos personales en Internet. International Journal of Sociology of Education, 4(1), 1-25. Yubero, S., Larrañaga, E. e Navarro, R. (2013) Integración y redes sociales: sentirse víctima del cyberbullying. En S. Torío, O. García- Pérez, J. V. Peña e C. Mª. Fernández (Coords.), Crisis social y el estado del bienestar: las respuestas de la Pedagogía Social. Oviedo: Servicio de publicaciones de la Universidad de Oviedo. DIALNET Palabra chave «acoso escolar» Filtros: Textos completos; psicoloxía e educación; galego Resultados obtidos: 4 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. (2013). Protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.