Full text
Facultade de Xeografía e Historia Violentadas e concienciadas? A violencia contra as mulleres na Galicia medieval Bibiana Díaz Fernández Director: José Miguel Andrade Cernadas Departamento de Historia Medieval Curso 2020/2021 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Historia
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 1 Índice Introdución ....................................................................................................................... 3 1. A violencia contra as mulleres na Historiografía. ........................................................ 5 2. Tipos de violencia contra as mulleres........................................................................... 8 2. 1. Violencia económica ou legal. .............................................................................. 9 2. 2. Imposición das formas de vida. .......................................................................... 10 2. 3. Violencia física e verbal...................................................................................... 12 2. 3. 1. A violación. ................................................................................................. 14 2. 3. 2. O asasinato. ................................................................................................ 17 3. O caso concreto das mulleres galegas no Medievo. O inicio da toma de conciencia. 19 3. 1. Exemplos de limitación de liberdades. ............................................................... 20 3. 2. Os casos de adulterio. ......................................................................................... 23 3. 3. Os malos tratos e o asasinato. ............................................................................. 26 3. 4. As agresións sexuais. .......................................................................................... 29 Conclusións. ................................................................................................................... 31 Anexo ............................................................................................................................. 33 Bibliografía ..................................................................................................................... 40
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 2 Resumo As mulleres galegas sufriron ao longo da Idade Media múltiples formas de violencia, independentemente da súa posición socioeconómica. Por iso, o obxectivo deste traballo é afondar no coñecemento desas situacións violentas e intentar dilucidar a capacidade de resposta das mulleres. O método empregado para tal fin foi a elección de referencias bibliográficas relacionadas coa problemática que se plantea e a análise das mesmas. O esquema a través do cal se expón a información descuberta iníciase cun apartado para coñecer como se tratou este tema na Historiografía, pasando a outro máis teórico no que se definen algúns conceptos vertebradores da liña discursiva do traballo e acabar estudando máis polo miúdo as particularidades presentes na Galicia medieval, facendo fincapé en exemplos concretos e na incipiente toma de conciencia que se percibe. Palabras chave: violencia, mulleres, Galicia, conciencia, xustiza. Abstract Galician women suffered throughout the Middle Ages many forms of violence, regardless of their socioeconomic position. Therefore, the objective of the research work is to deepen the knowledge of these situations and to try to elucidate the capacity for female response. The method used for this was the choice of bibliographic references related to the problem raised and the analysis of these. The outline through which the information discovered is exposed begins with a section to know how this topic was discussed in Historiography, moving on to another more theoretical one in which some vertebrate concepts of the discursive line are defined and end up studying the particularities present in medieval Galicia, emphasizing concrete examples and the incipient awareness that is perceived. Keywords: violence, women, Galicia, awareness, justice.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 3 Introdución A profundización no coñecemento das iniciativas levadas a cabo polas mulleres galegas ao longo da Idade Media, co fin de defenderse contra os abusos e a violencia que sufriron, constitúe a base sobre a que se asenta este traballo. Esas respostas das mulleres resultan interesantes para coñecer mellor a forma na que elas se enfrontaban ás dificultades xurdidas a partir da concepción medieval de que a muller era inferior ao home 1 , idea especialmente difundida a partir do século XIII e que afectaba ás mulleres de todas as clases sociais xerando un entorno hostil para elas. A elección deste tema para investigalo con máis detalle naceu da curiosidade que me espertaba este tipo de estudos e a intención de aprender máis sobre esas situacións que se produciran na Galicia medieval. As principais preguntas que xorden ao respecto son as seguintes: cal foi o alcance dos tipos de violencia que sufriron as galegas no período medieval? Pódese distinguir unha certa toma de conciencia sobre a inxustiza que tinguía ás accións violentas que viviron? Por iso, o obxectivo deste traballo céntrase en afondar no coñecemento dos episodios violentos que experimentaron as mulleres independentemente da súa posición socioeconómica e intentar dilucidar a súa capacidade de resposta. A demarcación espazo-temporal do traballo é dobre pois engloba dúas realidades xeográficas diferentes (por un lado Galicia e polo outro o conxunto da Coroa de Castela) que permiten ir do xeral ao concreto, compartindo unha mesma franxa cronolóxica (a Idade Media). Esta división repercutiría favorablemente na exposición dos contidos ao iniciar o discurso con cuestións comúns a toda Castela e, posteriormente, centrarse nos exemplos que se rexistran na documentación para o territorio galego. No tocante ao período cronolóxico, cabe destacar que a finais da Idade Media aparecen tanto en Castela como en Galicia unha serie de estalidos periódicos de conflitividade social, conformando un clima de inseguridade 2 que propiciou a aparición das condicións favorables para o 1 Vinyoles Vidal, T. M. (2008). Respuestas de mujeres medievales ante la pobreza, la marginación y la violencia. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), p. 73. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777377 2 Pallares Méndez, M. C. (2010). Conciencia y resistencia. La denuncia de la agresión masculina en la Edad Media. En R. Radl Philipp (Ed.), Investigaciones actuales de las mujeres y del género, (p. 194). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela e Intercambio Científico.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 4 aumento das agresións contra as mulleres. En relación con esas agresións, os delitos que están máis documentados son os referentes a violacións ou a agresións físicas que derivaron en lesións ou na morte da vítima 3 . A metodoloxía utilizada para acadar os obxectivos propostos ao inicio da investigación constou dunha primeira aproximación ao tema cunha inmersión bibliográfica (tanto na biblioteca como en bases de datos dixitais), da definición dun esquema temporal dos contidos a partir do cal poder empezar a determinar mellor cales eran as obras que precisaba consultar, despois continuei coa lectura inicial da bibliografía para encadrala no apartado correspondente do esquema e a realización do baleirado no que recompilar a información de interese presente en cada obra. O último paso foi a redacción do traballo, proceso no que debía axeitar os contidos do baleirado ao desenvolvemento do esquema para organizalos coherentemente e compoñer unha liña discursiva clara. A estrutura do traballo pivota en torno a dous eixos principais (un marco conceptual e tipolóxico sobre a violencia contra as mulleres e a exposición dos exemplos presentes no caso galego), dos que derivan outras cuestións que se xerarquizan no esquema de contidos. O primeiro apartado aborda a forma na que se tratou a investigación histórica da violencia contra as mulleres pola historiografía, facendo alusión á forma na que influíu esta corrente no resto da historiografía e aclarando o significado dalgúns conceptos clave relacionados con esta temática. Os diferentes tipos de violencia que padeceron as mulleres en Castela e que aparecen rexistrados na documentación son os que lle dan forma ao segundo punto do traballo, sección na que se explican os máis frecuentes (a privación de liberdades, os malos tratos, os abusos sexuais e o asasinato). Algúns casos recollidos na documentación galega analízanse no terceiro apartado, seguindo unha subdivisión similar ao anterior na que a limitación de liberdades, os malos tratos, as violacións e o asasinato (en menor medida) volven ter unha importancia capital. 3 Córdoba de la Llave, R. (2004). Violencia cotidiana en Castilla a fines de la Edad Media. En J.-L. Martín, J. I. de la Iglesia Duarte, Asociación “Amigos de la Historia Najerillense.,” & Nájera (Eds.), Conflictos sociales, políticos e intelectuales en la España de los siglos XIV y XV, (p. 409). Logroño: Gobierno de La Rioja, Instituto de Estudios Riojanos. Recurado o 21/1/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=978640
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 5 As fontes empregadas neste estudo (primarias e secundarias) foron elixidas co propósito de achegarse, na medida do posible, á situación das galegas na Idade Media e ás posibles formas que tiveran de reaccionar contra os tipos de violencia que experimentaban. As fontes primarias seleccionadas pertencen ao capítulo de María Carmen Pallares dedicado á Idade Media dentro da colección “Textos para a historia da mulleres en Galicia”, obra da que puiden extraer exemplos recollidos na documentación galega sobre violacións, malos tratos, adulterio ou divorcios cos que poder ilustrar diversos tipos de violencia. Ademais, o artigo de Miguel García-Fernández titulado “Mujeres luchando por sí mismas. Tres ejemplos para el estudio de la toma de conciencia femenina en la Galicia bajomedieval” tamén recollía transcricións de fontes primarias nas que se plasmaban algúns testemuños femininos relevantes. Isto compleméntase co conxunto de fontes secundarias escollidas para este traballo, conxunto que se podería dividir en dous subapartados atendendo ao tipo de información que aportan as referencias que o forman. O primeiro deles incluiría todas aquelas obras que tratan a violencia contra as mulleres en toda a Coroa de Castela, sendo especialmente relevante o número 5 do ano 2008 da Revista “Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango” por albergar unha recompilación de artigos sobre este tema, realizados por grandes especialistas como Iñaki Bazán Díaz, Ricardo Córdoba de la Llave, María del Carmen García Herrero, César González Mínguez, Cristina Segura Graíño e Teresa Vinyoles Vidal. O segundo subapartado dentro das fontes secundarias agrupa ás referencias que fan alusión á violencia que sufriron no Medievo as galegas, destacando os artigos e capítulos en libros de Miguel García-Fernández (máis actualizados, posteriores todos ao ano 2010) e os de María del Carmen Pallares Méndez (máis antigos pero igualmente interesantes por sentar os precedentes neste tipo de investigacións e continuar ofrecendo información válida para os estudos). 1. A violencia contra as mulleres na Historiografía. Antes de comezar a describir o estudo da violencia contra as mulleres na Historiografía cómpre establecer algunhas consideracións previas coas que relacionar a aparición de correntes historiográficas influídas por este tema e as investigacións resultantes. Ambas
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 6 liñas non se poden entender sen consideralas como froito da evolución natural que se dá nos historiadores á hora de coñecer mellor unha sociedade. Débese destacar o feito de que ao longo do século XX foi aparecendo unha pretensión globalizadora na historia pero esta non incluiría ás mulleres como suxeito de estudo ata finais dos anos 70 e comezos dos 80 (en España). Isto xustificouse pola pegada máis débil que deixaron as mulleres na documentación escrita e porque moitos dos documentos que se refiren a elas fixéronos homes, polo que plasmaron neles a súa visión particular do papel feminino 4 . A pesar de que as fontes para o estudo destas cuestións poden resultar máis escasas que as existentes para outros temas, grazas á análise profunda dos historiadores e historiadoras da documentación existente púidose avanzar neste campo e constatar que as fontes son máis numerosas do que inicialmente se planteou. Actualmente, resulta moito máis frecuente atopar investigacións deste tipo dada a evolución que experimentou esta corrente historiográfica dende o seu nacemento nos anos 70 do século XX ata a segunda década do século XXI. En consecuencia, nos estudos históricos actuais préstaselle atención ao pasado das mulleres dende diferentes perspectivas e metodoloxías, incluso por investigadores doutras áreas que grazas á interdisciplinaridade comezaron a colaborar cos historiadores 5 . Dende finais da primeira década do século XXI, a historiografía española produciu unha importante cantidade de estudos sobre a percepción da sexualidade feminina na sociedade medieval 6 e a conflitividade que podía aparecer en torno á mesma, chegando en última instancia ás agresións que sufrían as mulleres. A partir desas premisas 4 González Mínguez, C. (2008). Sobre historia de las mujeres y violencia de género. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 16-17. Recuperado o 15/10/20 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777362 5 Del Val Valdivieso, M. I. (2015). Mujeres. Entre el silencio ¿forzado? Y la reivindicación. En E. López Ojeda (Ed.), Nuevos temas, nuevas perspectivas en historia medieval: XXV Semana de Estudios Medievales, Nájera, del 28 de julio al 1 de agosto de 2014, pp. 85-87. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos. Recuperado o 21/01/21 de http://uvadoc.uva.es/handle/10324/34500 6 Un exemplo claro disto pódese atopar nos artigos publicados no número 5 do ano 2008 da revista “Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango”. Nesta publicación trátase a violencia contra as mulleres na Idade Media dende diferentes campos (a literatura, a historia, as leis ou a historiografía), relacionándoa coa sexualidade feminina, posto que parte das agresións que sufrían as mulleres derivaban do seu comportamento sexual ou da imaxe que proxectaban do mesmo ante a sociedade.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 7 investigáronse aspectos como o seu papel nos espazos de violencia, ben mediante a súa participación directa ou ben pola súa implicación como prexudicadas 7 . A liña que máis se relaciona co presente traballo é a que desenvolveron os autores que se centraron no estudo das reaccións femininas ante as agresións (especialmente as sexuais), empregando a documentación xudicial e probando a existencia de casos nos que as mulleres foron conscientes da súa situación e intentaron defenderse empregando os instrumentos que a sociedade do momento lles procuraba (normalmente a xustiza). Antes de enfrontarse ás diversas tipoloxías de violencia, resulta pertinente facer unha distinción entre dous conceptos clave (a “violencia contra as mulleres” e a “violencia de xénero”) a partir da visión exposta por Cristina Segura Graíño e Artenira da Silva e Silva nos seus traballos. Baixo a concepción de Segura Graíño, a “violencia de xénero” alode á violencia material ou maltrato de obra sobre as mulleres, cometido por algún home co que estiveron emparelladas. Sen embargo, na Idade Media a violencia sufrida polas mulleres non se limitaba ao maltrato xa que estaba inserta nunha coxuntura máis complexa, derivada da supremacía do sistema patriarcal que sería para Segura Graíño o principal xerador de violencia contra as mulleres. Factor que actuaría de forma paralela ao sistema feudal, un sistema de organización social de natureza violenta que contribuiría a empeorar a situación das mulleres 8 . Por outro lado estaría a visión de Artenira da Silva, baseada na idea de que a “violencia de xénero” acentuaríase polas negociacións e pugnas entre os sexos co fin de conseguir ou manter o seu poder e podería exercerse por calquera dos sexos. Para esta autora 9 , esta violencia sería unha forma de expresar as relacións de poder desiguais entre os sexos e a “violencia contra as mulleres” sería de xénero pero afectaría ás mulleres polo seu significado corporal e pola misoxinia presente no imaxinario social colectivo. A 7 Ibidem, pp. 91-93. 8 Segura Graíño, C. (2008). La violencia sobre las mujeres en la Edad Media. Estado de la cuestión. Clío & crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 27, 29-30. Recuperado o 24/10/20 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777365 9 Da Silva e Silva. A., et al. (2019). Una revisión histórica de las violencias contra mujeres. Revista Direito e Práxis, 10(1), pp. 182-183. https://doi.org/10.1590/2179-8966/2018/30258
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 8 “violencia contra as mulleres” 10 exerceríase directamente sobre o corpo da muller, aínda que tamén podería ser de natureza psicolóxica, simbólica ou política. 2. Tipos de violencia contra as mulleres. A mentalidade e as relacións entre homes e mulleres na Idade Media 11 pódese observar a través do comportamento rexistrado por agresores e vítimas, o papel interventor da xustiza na persecución e castigo dun delito e a forma na que se perciben os actos violentos polo conxunto da sociedade. A violencia non se limitaba a castigos físicos, senón que no caso das mulleres a coacción podíase exercer tamén no ámbito económico ou de forma simbólica mediante o control do seu corpo 12 . Os casos que aparecen recollidos na documentación xudicial constatan a existencia de abusos, tal e como pode observarse nas sentenzas e nas declaracións das testemuñas. Pero tamén se recollen exemplos nos que as mulleres facían chegar as súas queixas ás autoridades xudiciais 13 . A fiabilidade da información recollida nas actas dos procesos xudiciais ou nas declaración das partes dun litixio é cuestionable 14 , tanto polo 10 A violencia contra as mulleres relaciónase con reminiscencias das orixes da distribución de poderes. Algunhas das súas características son as seguintes: é un fenómeno estrutural, sistémico (abarca todos os espazos sociais independentemente da súa natureza); é de xénero e un mecanismo de control de todas as mulleres; é continua (está formada por un conxunto de condutas normalizadas pola sociedade); a culpabilidade enfócase na vítima e concéntrase no control do corpo da muller; afecta á concepción da sexualidade e do pracer femininos, nace da desigual distribución do poder, limita e priva de liberdade ás mulleres, non diferencia entre as clases sociais, económicas ou culturais e ten vítimas colaterais. Ibidem, pp. 183-192. 11 Córdoba de la Llave, R. (2008). Consideraciones en torno al delito de agresión sexual en la Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), p. 188. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777397 ´ 12 Para saber máis ver: Fuente Pérez, M. J. (2011). La violencia contra las mujeres. Una lacra con lejano pasado. En M. J. Fuente Pérez (Ed.), Raíces Profundas. La violencia contra las mujeres (Antigüedad y Edad Media), p. 16. Madrid: Ediciones Polifemo. 13 Vinyoles Vidal, T. M. (2008). Respuestas de mujeres medievales ante la pobreza, la marginación y la violencia. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), p. 82. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777377 14 Córdoba de la Llave, R. (2008). Consideraciones en torno al delito de agresión sexual en la Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 190-191. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777397
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 15 esforzos dirixidos a convencer á muller da conveniencia de manter relacións sexuais (por motivos socioeconómicos) co incitador. Baixo este nome tamén se recollía a utilización de métodos baseados no uso de promesas de matrimonio falsas ou agasallos para conseguir o consentimento da vítima e forzala a aceptar a relación sexual 41 . En cambio, a violación caracterizábase por forzar á muller empregando a forza física, ameazas, golpes ou incluso armas. A documentación xudicial non nos permite sinalar unha causa concreta que impulsase aos agresores a cometer este delito 42 . Os abusos sexuais poderían deberse a búsqueda do pracer sexual, podería ser un exercicio de poder sobre a vítima ou o desenlace do acoso cara a vítima. Outras posibilidade é que fose unha forma de prexudicar á muller agredida polas consecuencias que implicaba para a súa honra, ofender á familia desta ou incluso forzar o matrimonio pois unha solución recorrente era o casamento entre agresor e agredida. En relación coa adscrición dos agresores a un grupo social concreto 43 , resulta salientable a inexistencia dunha tendencia nítida pois aparecen implicados suxeitos pertencentes ás clases máis elevadas e ás máis baixas da sociedade. Isto mesmo sería aplicable para as mulleres agredidas, aínda que se observa a maior frecuencia destas accións contra grupos máis fráxiles como as criadas, doncelas ou mozas pois estas vivían fóra da rede de apoio do seu grupo familiar e pola realización de actividades laborais fóra do marco doméstico. Do mesmo xeito que sería complicado sinalar a un grupo social único como o causante e receptor deste tipo de violencia, tamén o sería indicar un único ámbito xeográfico como lugar da comisión do delito. As localizacións máis mencionadas polas fonte xudiciais son o interior do fogar no mundo urbano e os camiños ou lugares despoboados no rural xa que lle proporcionaban ao agresor un espazo illado no que non 41 Córdoba de la Llave, R. (2008). Consideraciones en torno al delito de agresión sexual en la Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), p. 196. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777397 42 Ibidem, pp. 191-192. 43 Ibidem, pp. 193-195.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 16 houbese testemuñas que puidesen auxiliar á vítima ou axudarlle a denunciar a violación ante un tribunal de xustiza 44 . Este último aspecto garda relación cos procedementos de denuncia do abuso sexual ante a xustiza. Denunciar os feitos e probalos para facelos cribles ante un xuíz para obter unha sentenza de culpabilidade para o agresor era moi difícil, por iso existía un alto grao de ocultación neste tipo de delitos. As agredidas non denunciaban aos perpetradores do delito 45 pola vergoña que lles producía o feito de que familiares e veciños coñecesen a súa situación, por medo á vinganza do agresor, pola pouca seguridade de obter unha resolución favorable ou pola esperanza de que se cumprisen as promesas de matrimonio nos casos de estupro. Un factor que facía aínda máis problemática para a vítima esa coxuntura era a reputación dunha conduta moral e sexual impoluta necesaria para facer crible a denuncia da violación. A maiores, as mulleres debían seguir un procedemento concreto establecido pola lexislación medieval para denunciar os abusos sexuais 46 . Nos casos que conseguía probar a agresión, a lexislación medieval podía castigar coa pena capital a violación 47 , especialmente se se realizara contra un menor de idade ou 44 Córdoba de la Llave, R. (2004). Violencia cotidiana en Castilla a fines de la Edad Media. En J.-L. Martín, J. I. de la Iglesia Duarte, Asociación “Amigos de la Historia Najerillense.,” & Nájera (Eds.), Conflictos sociales, políticos e intelectuales en la España de los siglos XIV y XV, pp. 400-402. Logroño: Gobierno de La Rioja, Instituto de Estudios Riojanos. Recurado o 21/1/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=978640 45 Córdoba de la Llave, R. (2008). Consideraciones en torno al delito de agresión sexual en la Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 196-197. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777397 46 Cando unha muller era violada debía chamar a todos os familiares e veciñanza para dar testemuña da súa deshonra mediante a escenificación dun ritual no que amosaba os xestos de duelo, desesperación e maldición, chegando incluso a golpearse as partes do corpo consideradas a causa da deshonra. Véxase en: Gil Ambrona, A. (2008). Historia. Historia de la violencia contra las mujeres: Misoginia y conflicto matrimonial en España. Madrid: Cátedra, p. 121. 47 Dentro das Sete Partidas de Alfonso X recóllese que se un home violaba a unha muller virxe, casada ou relixiosa e se demostraba nun xuízo, o acusado debía morrer por ese delito. Concretamente, esta información aparece na Lei III, Título XX da Séptima Partida, titulada como “Qué pena merescen los que forzaren ó rabiaren alguna de las mugeres sobredichas, et los ayudadores dellos”. Información dispoñible en: Las Siete Partidas del Rey don Alfonso el Sabio cotejadas con códices antiguos por la Real Academia de la Historia (2008). Tomo 3: Partida Quarta, Quinta, Sexta y Septima. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, p. 663. Recuperado o 21/02/21 de: http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/las-siete-partidas-del-rey-don-alfonso-el-sabio-cotejadas- con-varios-codices-antiguos-por-la-real-academia-de-la-historia-tomo-3-partida-quarta-quinta-sexta-y- septima--0/html/01fb8a30-82b2-11df-acc7-002185ce6064_674.htm
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 17 contra unha muller casada dunha clase superior 48 . Sen embargo, na práctica as condenas de pena de morte executáronse de forma excepcional e adoitábanse conmutar por penas de desterro, castigos corporais ou sancións económicas. Ademais, podían entrar en xogo outros factores como a remisión da pena polos servizos prestados á Coroa, o acollemento aos privilexios do agresor cando este pertencía a elite social ou a obtención do perdón da parte ofendida. As consecuencias máis habituais deste tipo de violencia para as agredidas 49 foron as feridas, a marxinalidade e prostitución, os embarazos non desexados que comportaban a crianza deses fillos por parte da muller sen apoio económico do pai e, en menor proporción, a morte. Poñendo en relación todo isto coas dificultades de obter unha condena para o violador por mor do elevado custo dos procesos xudiciais, a prolongación temporal dos mesmos e o feito de que impoñerlle un castigo ao agresor non repoñía a honra nin melloraba as condicións de vida da muller, fan que con frecuencia se intentasen buscar outras solucións. Estas podían ir dende unha compensación económica coa que acrecentar a dote da afectada a cambio de que lle outorgase o perdón ao agresor, ata acordos de voda entre o violador e a vítima para proporcionarlle á muller unha saída “aceptable” que lle permitise garantir o seu mantemento e o dun posible fillo nacido froito do delito. 2. 3. 2. O asasinato. O asasinato de mulleres podía producirse por diversas causas pero aquí referirémonos unicamente aos derivados do adulterio feminino, tanto por unha cuestión de espazo como polo feito de que estas mortes relaciónanse directamente coa elección das mulleres de romper o molde social que lles impoñía unhas determinadas condutas. Ademais, o adulterio (ou o presunto adulterio -en ocasións non se chegaba a probar-) constituía unha causa comunmente admitida para xustificar os malos tratos ou o homicidio dunha 48 Córdoba de la Llave, R. (2008). Consideraciones en torno al delito de agresión sexual en la Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 198-199. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777397 49 Ibidem, pp. 199-201.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 18 muller 50 . Nestes casos, o marido podía tomar a xustiza pola súa propia man e castigar á parella de adúlteros sen necesidade de recorrer aos tribunais e, en caso de matalos, a acusación de adulterio sería un atenuante. Na mentalidade medieval 51 , o adulterio feminino destruía a orde social, poñía en perigo a descendencia natural e a consecuente transmisión da herdanza e provocaba unha deshonra tal que só podía remediarse mediante a violencia. Asemade, a adúltera concibíase como unha lacra social que lle era infiel ao marido, ofendía á súa propia familia, abandonaba o fogar e as responsabilidades familiares para reunirse co seu amante. Sen embargo, no caso de terse producido polo marido 52 , a boa reputación era compatible co adulterio ou incluso coa promiscuidade, situación ben diferente da feminina posto que neste último caso a mera sospeita de adulterio podía rematar coa boa fama e bondade da afectada e do grupo familiar ao que pertencía. Co avance da Idade Media esta situación foi cambiando pero foi necesario esperar ata o reinado dos Reis Católicos para que se intentase controlar o uxoricidio (legalmente establecido e consentido polo marco normativo) mediante a supervisión xudicial da súa aplicación 53 . Estipulouse que ninguén debía axustizar aos amantes sen pasar previamente polos tribunais e demostrar a existencia da infidelidade para que o marido quedase facultado polo xuíz para tomar as represalias que considerase oportunas para restablecer a súa honra ante o resto da comunidade. O asasinato e a denuncia ante os tribunais de xustiza eran dúas saídas que tiña o marido ante a infidelidade feminina mais contaba con outra opción: o perdón 54 . Esta 50 García Herrero, M. a del C. (2008). La marital corrección: Un tipo de violencia aceptado en la Baja Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), p. 54. Recuperado o 15/10/20 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777372 51 Córdoba de la Llave, R. (Ed.). (2006). Mujer, marginación y violencia entre la Edad Media y los tiempos modernos. En Mujer, marginación y violencia entre la Edad Media y los tiempos modernos, p. 15. Córdoba: Servicio de Publicaciones, Universidad de Córdoba. 52 García Herrero, M. a del C. (2008). La marital corrección: Un tipo de violencia aceptado en la Baja Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 62-63. Recuperado o 15/10/20 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777372 53 Córdoba de la Llave, R. (Ed.). (2006). Mujer, marginación y violencia entre la Edad Media y los tiempos modernos. En Mujer, marginación y violencia entre la Edad Media y los tiempos modernos, p. 59. Córdoba: Servicio de Publicaciones, Universidad de Córdoba. 54 Ibidem, p. 60.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 19 última comportaba a posibilidade de que a muller volvese ser infiel e a honra do marido seguía sendo cuestionada. Deste xeito, descartábase recorrer á violencia para solventar o conflito e optábase polo perdón de palabra e polas “cartas de perdón de cornos”. O primeiro exemplo non garantía a seguridade da muller posto que debía vivir co medo constante a que puidese ser asasinada a mans do seu marido baixo o pretexto de que lle fora fiel con anterioridade. A outra opción era a das cartas de perdón 55 , que evitaban calquera dúbida sobre a concesión do perdón mediante a realización dunha escritura pública ante notario na que se sinalaba que os cónxugues volvían facer vida marital, comprometéndose o marido a acoller á muller de novo no fogar e a non iniciar ningún preito contra ela pola súa infidelidade. Algúns exemplos de adulterio e dos tipos de violencia que foron tratados ao longo deste apartado expoñeranse no seguinte epígrafe do presente traballo, referíndose ao ámbito xeográfico galego. 3. O caso concreto das mulleres galegas no Medievo. O inicio da toma de conciencia. Os tipos de violencia expostos no apartado anterior poden rastrearse entre os exemplos galegos que nos aporta a documentación. O verdadeiramente interesante é recuperar as voces femininas e, segundo Miguel García-Fernández 56 , isto sería posible se se traballa na lectura das palabras escritas por elas e no estudo dos documentos que as mencionan. Pero nese proceso topámonos con silencios motivados, entre outros factores, pola limitada alfabetización feminina ou por documentos perdidos 57 . A pesar deste punto de partida complexo, a literatura da época constitúese como unha ferramenta útil para coñecer a situación das mulleres posto que a súa natureza de produto cultural dun tempo 55 Bazán Díaz, I. (2008). La violencia legal del sistema penal medieval ejercida contra las mujeres. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), p. 226. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777406 56 García-Fernández, M. (2018). Voces, susurros y silencios femeninos en la documentación medieval gallega. En E. Corral Díaz (Ed.), Voces de mujeres en la Edad Media: Entre realidad y ficción, pp. 113–114. Berlin: De Gruyter. Recuperado o 17/10/20 de: https://www.jstor.org/stable/j.ctvbkjv2x.10?seq=1#metadata_info_tab_contents 57 Ibidem, p. 122.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 20 histórico determinado apórtalle á investigación unha posible descrición dos valores e comportamentos dos grupos sociais que reflexa 58 . Ao mesmo tempo que se van ir analizando algúns exemplos das situacións violentas que viviron as galegas durante a Idade Media, explicarase a aparición dunha incipiente toma de conciencia e resistencia que se materializa nalgúns destes casos a través da búsqueda da liberdade coa que decidir os seus futuros e coa denuncia dos seus agresores ante os tribunais de xustiza. 3. 1. Exemplos de limitación de liberdades. Nas fontes galegas aparecen casos nos que as mulleres foron conscientes da privación de liberdades que sufrían por mor das decisións dos seus familiares e decidiron resistirse a eses designios para poder ter a capacidade de tomar decisións sobre o seu futuro. Os dous exemplos concretos a tratar neste apartado van ser o de Dona Beatriz de Castro coa súa loita por abandonar o convento e o de dona Mayor de Ulloa co seu rexeitamento dunha alianza matrimonial. A desatención aos desexos femininos en pos do beneficio do grupo familiar obsérvase nos ingresos forzosos na vida monástica con poucos anos de vida dalgunhas nenas pertencentes á nobreza 59 . Isto mesmo foi o que viviu dona Beatriz de Castro con oito anos cando o seu irmán don Fadrique Enríquez, duque de Arjona fixo que ingresase nun convento de clarisas no que a abadesa era parente súa. Esta intentou espertar a vocación relixiosa de dona Beatriz, chegando a recorrer a promesas e incluso ameazas 60 . 58 García-Fernández, M. (2012a). Arquetipos femeninos no imaxinario social do Occidente medieval (ss. XII-XIII). En M. García-Fernández, S. Cernadas Martínez, & A. Ballesteros Fernández (Eds.), As mulleres na historia de Galicia: Actas do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero, p. 164. Santiago de Compostela: Andavira Editora. Recuperado o 26/02/21 de: https://www.academia.edu/1651207/Arquetipos_femininos_no_imaxinario_social_do_Occidente_medi eval_ss_XII_XIII_?auto=download 59 García-Fernández, M. (2012b). Mujeres luchando por sí mismas. Tres ejemplos para el estudio de la toma de conciencia femenina en la Galicia bajomedieval. Historia I+D. Revista de Estudos Históricos, (1), p. 44. Recuperado o 21/1/21 de: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/9870 60 García-Fernández, M. (2017b). Vivir y morir en femenino en la Galicia de los siglos XIV y XV. En E. J. Pardo, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas Galicia (Eds.), Mujeres con poder en la Galicia medieval (siglos XIII-XV): Estudios, biografías y documentos,
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 21 Dona Beatriz resistiuse a cumprir a vontade do seu irmán e manifestou publicamente o seu desacordo quitándose os hábitos relixiosos e saíndo do mosteiro 61 . Mais débese ter en conta que a pesar da súa determinación e conciencia de querer cambiar de vida isto non tería sido posible se non contase coa axuda do seu tío (o almirante don Alonso Enríquez) que lle axudou a abandonar o mosteiro. Despois disto, optou pola outra opción de vida que se lle ofrecía: o matrimonio. Co seu casamento con Pedro Álvarez Osorio estableceuse unha alianza vantaxosa para os intereses familiares polo que non se pode afirmar se a elección deste marido estivo motivada polos seus desexos ou polos da súa familia. Algúns autores como Miguel García-Fernández 62 plantean a posibilidade de que accedese a este matrimonio porque era consciente do dereito a reclamar a herdanza do seu irmán e o seu marido podería apoiala a lograr a titularidade da Casa de Lemos, xa que o seu irmán morrera sen descendencia. Ademais, ao longo da súa vida intentou reunir de novo o triple condado de Trastámara, Lemos e Sarria pero non o conseguiu por mor do secuestro e dispersión deses bens por orde da Coroa despois de que seu irmán caese en desgraza na Corte de Juan II. O matrimonio nas elites empregábase como unha ferramenta para establecer pactos vantaxosos entre liñaxes pero ás veces podía acabar derivando en conflitos, tal e como se pode ver na ruptura do compromiso matrimonial entre Mayor de Ulloa e Juan de Zúñiga 63 . Esta alianza puido romperse porque era un acordo por palabras de futuro e non por palabras de presente pero, aínda así, o incumprimento do acordado levou a don Juan de Zúñiga a invadir o señorío de Lope Sánchez de Ulloa e iniciar un proceso xudicial. pp. 130-131. Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia: Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. 61 García-Fernández, M. (2012b). Mujeres luchando por sí mismas. Tres ejemplos para el estudio de la toma de conciencia femenina en la Galicia bajomedieval. Historia I+D. Revista de Estudos Históricos, (1), pp. 45-46. Recuperado o 21/1/21 de: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/9870 62 Ibidem, p. 47. 63 García-Fernández, M. (2017b). Vivir y morir en femenino en la Galicia de los siglos XIV y XV. En E. J. Pardo, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas Galicia (Eds.), Mujeres con poder en la Galicia medieval (siglos XIII-XV): Estudios, biografías y documentos, pp. 87-92. Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia: Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 22 A violencia contra dona Mayor de Ulloa manifestouse coa planificación do seu futuro durante a súa infancia, sen darlle opción a opoñerse e establecendo que ía casarse con don Juan de Zúñiga para favorecer os intereses dos seus pais e irmán 64 . Pero posteriormente ela quixo romper coa alianza anterior e comprometerse con Diego de Lemos, home co que finalmente se casaría a pesar de que pertencía a unha categoría inferior á dos Zúñiga na pirámide social galega (isto indica que este matrimonio non debeu estar motivado por intereses socioeconómicos). Ante esta situación, Juan de Zúñiga iniciou un proceso xudicial para resolver a situación. Neste contexto recóllese o testemuño de dona Mayor 65 e aínda que nos chega a través da redacción dunha man masculina, segue sendo relevante para coñecer o seu malestar ante esa alianza. Nesa declaración, dona Mayor expón uns argumentos claros e contundentes para xustificar a invalidez desa alianza: nega terse casado por palabras de presente con Juan de Zúñiga (“dito Juan de Stuniga de plaça e públicamente desía aver con ela casado por palabras de presente, o qual ela desía non aver pasado así nen Deus o quisese”), a súa falta de consentimento á hora de establecer o acordo matrimonial (“ela antes e despoys que chegou a idade de dose anos que en eles expresava o contradesera o dito matrimonio et casamento, et non consentira en él, non consentía aynda agora, antes expresamente o contradesía e non lle prouvera nen prasía del”), apoiándose no que estipula o dereito sobre a idade necesaria para que sexa válido (“o casamente ou matrimonio con trahydo antes que a muller ouvise e aja dose anos e o home outros quatorse anos compridos, que según do dereito son ligitimos anos para casar, non val de dereito nen ten fermesa alguna”) e deixando claro o que pretendía conseguir coa sentenza xudicial (“pedían ao dito Provisor e Vicario ou a outro qualquer seu lugatenente ou vicario […] que por sua sentença defenitiva julgango pronunçiase deçernise e declarase as ditas palabras de casamento ou matrimonio, se algunas de feyto ontre ela e o dito Juan de Stuniga avían pasado, non aver vigor de dereito”). Finalmente, dona Mayor conseguiu 64 García-Fernández, M. (2012b). Mujeres luchando por sí mismas. Tres ejemplos para el estudio de la toma de conciencia femenina en la Galicia bajomedieval. Historia I+D. Revista de Estudos Históricos, (1), pp. 51-52. Recuperado o 21/1/21 de: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/9870 65 Ibidem, p. 53. Os fragmentos da declaración de dona Mayor que emprego para respaldar a miña análise aparecen recollidos na mesma páxina e obra que aparecen indicadas ao inicio desta nota.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 23 a ratificación da invalidez desa alianza e a consecuente ruptura, podendo casarse co anteriormente citado don Diego de Lemos. 3. 2. Os casos de adulterio. No ámbito galego obsérvase que algunhas mulleres cometeron adulterio e as solucións ao conflito xerado foron pacíficas. Este tipo de infidelidade poderíase ver como unha búsqueda activa das liberdades femininas na medida en que as adúlteras desafiaron a orde establecida e romperon os moldes conductuais que lles impoñía a sociedade. Eses arquetipos femininos aparecían representados na literatura mais unha parte da mesma desenvolveu unha imaxe pexorativa e burlesca das mulleres (fundamentalmente a través do tema do adulterio) na que a descrición feminina centrábase en aspectos considerados como negativos 66 : a fealdade, a lascivia, a arrogancia, a hipocrisía ou a traizón. Unha mostra deste tipo de literatura burlesca atópase nas cantigas satíricas, pezas literarias nas que a infidelidade feminina empregábase para deshonrar ao marido. Un exemplo disto sería o seguinte: Dade m’alvíssara*, Pedr’ Agudo 67 , e cresca-vos ende gabo: vossa molher á bon drudo**, que fode já en seu cabo. Dade-m’alvíssara, Pedr’ Agudo, vossa molher á bon drudo. 66 García-Fernández, M. (2012a). Arquetipos femeninos no imaxinario social do Occidente medieval (ss. XII-XIII). En M. García-Fernández, S. Cernadas Martínez, & A. Ballesteros Fernández (Eds.), As mulleres na historia de Galicia: Actas do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero, pp. 159-160. Santiago de Compostela: Andavira Editora. Recuperado o 26/02/21 de: https://www.academia.edu/1651207/Arquetipos_femininos_no_imaxinario_social_do_Occidente_medi eval_ss_XII_XIII_?auto=download 67 Nesta cantiga pídeselle de forma xocosa a Pedro Agudo unha recompensa por avisalo de que a súa muller estalle sendo infiel porque mantén relacións sexuais con outro home. Recollida de: Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, p. 161. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. *Alvíssara-> gratificación ou recompensa. **Drudo-> termo de orixe provenzal que significa “amante carnal”.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 24 Esta actitude de escarnio e rexeitamento ante o adulterio feminino estaba normalizada pola sociedade medieval xa que este tipo de infidelidades comportaban unha auténtica deshonra para o marido. Ademais, destas prácticas podía producirse a incorporación de fillos doutro home á liñaxe do marido, posibilidade que espertaba o temor masculino debido á súa incapacidade para asegurar a lexitimidade dos seus fillos sen recorrer á vixilancia exercida sobre o corpo feminino. A través do testamento outorgado por Juan García de Parada 68 en 1390 obsérvase esa situación xa que el tiña no seu poder os bens da súa muller Marina Pérez por mor do “dulterio que me fezo”. Ademais, a dúbida da lexitimidade dos seus fillos móstrase claramente cando dispón o seguinte: “mando os outros bees que Remanysen a Gómez e Affonso que Marina Pérez diso que eran meus fillos”. Resulta interesante que a pesar da infidelidade seguise vivindo coa súa muller pois nalgúns casos o marido enganado respondía con violencia para limpar a súa honra. Outro exemplo no que o adulterio feminino intentou resolverse cunha solución pacífica foi o que nos presenta o caso de Pero de Montes 69 , quen o primeiro día de novembro de 1434 realizou ante o notario da cidade de Pontevedra un contrato de perdón dirixido á súa muller Tareixa Montes. Esta marchara do domicilio conxugal e cometera adulterio, pero o marido perdoaríaa se regresaba antes de abril de 1435. Este documento aporta moita información pois recolle a distinta procedencia dos membros da parella e a 68 García-Fernández, M. (2017b). Vivir y morir en femenino en la Galicia de los siglos XIV y XV. En E. J. Pardo, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas Galicia (Eds.), Mujeres con poder en la Galicia medieval (siglos XIII-XV): Estudios, biografías y documentos, p. 110. Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia: Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. 69 Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, pp. 199-200. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 31 ela por si mesma, sen necesidade de intermediarios que falen no seu nome pois o cóengo na súa declaración baixo xuramento limítase a confirmar o seu testemuño 90 . En conclusión, este caso constitúe un exemplo da toma de conciencia feminina pois a afectada por un intento de violación móstrase disposta a denunciar e facer pública a agresión para buscar o compromiso dos rexedores de prender ao agresor e aplicarlle a pena estipulada para tal fin no dereito. Ademais, faino de forma activa (non deixa a búsqueda de xustiza en mans de terceiros), con rapidez (fai a denuncia o día despois do altercado) e aportando testemuñas que confirmen a súa declaración para lograr unha sentenza favorable. Conclusións. Mediante a análise da documentación pódese observar a dificultade que tiveron as mulleres á hora de ser cridas nos procesos xudiciais cando denunciaban algún tipo de violencia, especialmente no caso dos abusos sexuais. Pola contra, os homes beneficiábanse polos privilexios que lles outorgaba a sociedade patriarcal na que vivían e o contraste entre estas situacións provocou que, con frecuencia, moitas mulleres decidisen optar polo silencio. Ademais, esa aproximación ás fontes primarias posibilitou a búsqueda de exemplos cos que ilustrar actitudes que actualmente consideramos violentas (a privación de liberdades, a imposibilidade de decidir sobre o seu corpo e o seu futuro) que non estaban penadas pola lei e que os membros da sociedade medieval tiñan interiorizadas. Por iso, tal e como defende Miguel García-Fernández 91 , débese ter en conta que a transgresión dos modelos de conduta asignados ás mulleres e que determinaban a construción do xénero feminino en oposición ao masculino, non era unha tarefa sinxela. Esta idea refórzase se reflexionamos sobre a complexa definición dalgúns dos binomios 90 Pallares Méndez, M. a C. (2010). Conciencia y resistencia. La denuncia de la agresión masculina en la Edad Media. En R. Radl Philipp (Ed.), Investigaciones actuales de las mujeres y del género, p. 195. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela e Intercambio Científico. 91 García-Fernández, M. (2013a). Las élites femeninas en las ciudades gallegas de la Baja Edad Media. Mirabilia: Electronic Journal of Antiquity, Middle & Modern Ages, (17), p. 387. Recuperado o 21/04/20 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5180462
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 32 de conceptos máis significativos para estudar os tipos de violencia contra as mulleres (violencia de xénero – violencia contra as mulleres, marital corrección – malos tratos ou violación – estupro). No tocante ao grao de cumprimento do obxectivo deste traballo (centrarse en afondar no coñecemento dos episodios violentos que experimentaron as mulleres independentemente da súa posición socioeconómica e intentar dilucidar a súa capacidade de resposta), considero que se logrou na medida en que o espazo mo permitiu pois só puiden recorrer a algúns exemplos para amosar a progresiva toma de conciencia por parte das mulleres. Mais durante a elaboración desta investigación atopeime con algunhas dificultades, principalmente intentar non caer no vitimismo cando explicaba os tipos de violencia exercidos contra as mulleres para non contribuír á “infantilización” desas mulleres mediante a cal se perpetua a idea de que non foron capaces de defenderse en ningún momento das inxustizas que sufriron. Por este motivo, considerei como algo fundamental estudar a toma de conciencia para aportar outra perspectiva dende a que se pode descubrir que existiron mulleres que lle plantaron cara a esas situacións desfavorables, esixindo que se fixese xustiza e facendo valer os seus dereitos apoiadas pola lei. Penso que este debería ser un enfoque a ter en conta nos estudos sobre historia de xénero, pois podería aportar novas visións sobre temas coñecidos e o descubrimento doutros novos a partir do manexo da mesma documentación. Neste sentido, e para concluír, gustaríame reproducir aquí unha frase da profesora María Isabel del Val Valdivieso 92 que considero pertinente: “É moi difícil encontrar o que non se busca, aínda que non sempre se encontre o buscado”. 92 Del Val Valdivieso, M. I. (2015). Mujeres. Entre el silencio ¿forzado? Y la reivindicación. En. López Ojeda (Ed.), Nuevos temas, nuevas perspectivas en historia medieval: XXV Semana de Estudios Medievales, Nájera, del 28 de julio al 1 de agosto de 2014, p. 87. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos. Recuperado o 21/01/21 de http://uvadoc.uva.es/handle/10324/34500
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 33 Anexo Testemuño de dona Mayor de Ulloa no xuízo de anulación do compromiso con Juan de Zúñiga: “desía que a sua notiçia avia novamente viindo que o dito Juan de Stuniga de plaça e públicamente desía aver con ela casado por palabras de presente, o qual ela desía non aver pasado así nen Deus o quisese; e posto que asy ouvise siido, o que non confesava, que algunas palabras ontre eles de casamento ou alias de matrimonio ou asemellança del en alguno tempo ouvese pasado, que ao dito tempo ela non era de ydade más que de nove ou des anos pouquo mais ou menos tempo, e que ela antes e despoys que chegou a idade de dose anos que en eles expresava o contradesera o dito matrimonio et casamento, et non consentira en él, non consentía aynda agora, antes expresamente o contradesía e non lle prouvera nen prasía del, et que si alguas taes palabras de feyto avian pasado que ela despoys fasta agora, en público e en ascondido, no avía consentido nen consentira en elas, nen consentía; e que segundo dereito o matrimonio ontre eles moços menores de ydad ligitima antes dos ligitimos anos feyto ou contraydo non balía nen tiinan por que ela desía que os moços antes dos ligitimos anos por suas solas palabras non contrayan, nen contrahen, como se entendan en manera alguna de dereito non consentyr; e que o casamente ou matrimonio con trahydo antes que a muller ouvise e aja dose anos e o home outros quatorse anos compridos, que según do dereito son ligitimos anos para casar, non val de dereito nen ten fermesa alguna. Por ende que pedían ao dito Provisor e Vicario ou a outro qualquer seu lugatenente ou vicario, en persona de seu procurador para elo suficiente instruto, que por sua sentença defenitiva julgango pronunçiase deçernise e declarase as ditas palabras de casamento ou matrimonio, se algunas de feyto ontre ela e o dito Juan de Stuniga avían pasado, non aver vigor de dereito”. Publicado en: García-Fernández, M. (2012b). Mujeres luchando por sí mismas. Tres ejemplos para el estudio de la toma de conciencia femenina en la Galicia bajomedieval. Historia I+D. Revista de Estudos Históricos, (1), p. 53. Recuperado o 21/1/21 de: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/9870 Cantiga de escarnio sobre o adulterio feminino, composta por Pero da Ponte:
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 34 Dade-m’alvíssara, Pedr’ Agudo, e ôi-mais sodes guarido: vossa molher á bon drudo, baroncinho mui velido. Dade-m’ aalvíssara, Pedr’ Agudo, vossa molher á bon drudo. Dade m’alvíssara, Pedr’ Agudo, e cresca-vos ende gabo: vossa molher á bon drudo, que fode já en seu cabo. Dade-m’alvíssara, Pedr’ Agudo, vossa molher á bon drudo. Publicado en: Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, p. 161. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. Contrato de perdón de Pero de Montes dirixido á súa esposa Tareixa Montes: O primeiro dia do mes de novembro. Sabean todos que eu Pero de Montes, natural do moesteiro de Santa Maria d’Asiveiro que soo presente, quero et outorgo que por quanto vos Tareija de Montes mîa moller, filla de Juan Branco et de Moor Gomes sua moller, que sodes absente, vos absentastes de mîa casa et poder, sen meu mandado et liçençia a outra parte a donde vos quisestes, por lo qual vos non queredes tornar a mia casa et poder, nen eso mesmo ousades de andar seguramente por la terra donde sodes natural, nen paresçer ante mî nen lugar donde eu de vos aja notiçia et parte de vos posa costrenjer por rigor de dereito, reçeando vos que por lo dito absentamento que ay fezestes que eu
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 35 vos queira demandar et acusar por rason que avedes cometido pecado de adulterio; por ende eu o dito Pero de Montes que asi soo presente, non costrengudo por força nen por engano rescebido, mas de mîa livre et propia voontade et por lo amor de Deus, perdoo a vos a dita de Montes mîa moller, que sodes absente asi como se fosedes presente, todo erro et mal et dano et interese que eu resçebese et ouvese por rason do dito absentamento que asi fezestes, e teso mesmo todo pecado de adulterio que vos fezesedes et cometesedes et fezestes et cometestes des lo teno que sodes mîa moller et comigo casastes ata este presente dia er que fezerdes er cometerdes, o que Deus non queira, desde oje que esta carte he feita ata o primeiro dia do mes de abril primeiro que ven, que seera en este ano primeiro que verra de mill et quatroçentos et trinta et cinco anos et qualquer copulaçon que fezesedes ou fezestes ou feserdes ata o dito dia con qualquer persona en meu perjuisio. Et para esto asi seer mas firme, vos a dita Tareija de Montes ata o dito primeiro dia de abril avedes de vîir aa iglesia de San Migell de Carvalleda, et desde que ende fordes fasermo a saber para que vos et eu falemos en hûu seguramente et conçertandonos para que en hûun façamos nosa vivenda, asi como por Deus et por dereito somos obligados de nos faser maridança segundo manda Deus et Santa Iglesia et non nos// (roto de 6-7 liñas no comezo do folio) et eu como dito he de boo (roto) vos perdoo et dou por livre et quita, para qui et por ante Deus, de todo mal, dano, pecado et copulaçon et adulterio que vos comestestes et fezestes et cometerdes et feserdes en meu perjuiso ata o dito primeiro dia de abril, et prometo et outorgo aa boa fe de Deus ter sen mao engâno et por juramento que ende faço en este sinal de crus en lugar de santos avangeos, que eu que vos lo teña et conpra et agarde asi, et que en publico nen scondido vos nen beña nen pase, por min nen por outro, contra elo nen contra parte delo, et demais concertandonos êna dita vivenda que, esn enbargo do sobre dito, vos faça maridança do corpo et do aver ben et lealmente asi como marido a moller et por la via et forma que manda Deus et Santa Iglesia, et non no teendo et conprindo en todo asi et yndo et pasando contra elo, que eu seja enfames et fe perjuro, et me costamio (?) de non ser de tal pecado asolto salvo por noso señor o papa; et demais que eu de e page por pena en nome de interese a vos a dita Maria de Montes dosentos froliins de ouro do cuño de Aragon, et apena pagada ou non que senpre este contrabto
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 36 este firme, sobre lo qual renunçio as leis do dereito, dolo, engano, medo, força, endusimento et a todas las outras et dereitos canonicos et cevils et impereaas et reaas de que me eu ou outro por min pudeiramos ajudar para contra esto que dito he vîir, que quero et outorgo que me non vallan nen sejamos sobrelo nen sobre parte delo oydos nen resçebidos en juisio nen fora del; et por que esto seja çcerto outorgey ende este contrabto de perdon ante o notario et testemoyas de juso scriptas. Que foi outorgado na villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes, Afonso Soares caldeirerio morador êna dita villa et Garçia Corto et Gomes moradores en Ribadavia et Gil Martines clerigo de San Justo d’Avion et outros. Publicado en: Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, pp. 199-200. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. Divorcio de común acordo entre Esteban Calvo e a súa muller Inés de Bobadilla: Estevo Calbo e a sua moller. Feita e dada, notada no libro manual. En este dia Estevo Calbo e a sua moller Eynes de Bobadilla, por rason anbos os dous son casados e o dito Estevo Calbo requeriu a ela por moller et ela a el por marydo et por quanto ontre elles ha tal desconcordia e desaviinça e ynimistança asy de matromonio e copula carnal que hun errou contra o outro e ho outro contra ho outro et de adulterio que anbos a dous feseron et se rraron, por lo qual anbos estan en (paas) se fesesen vida et por tal de faser serviço a Deus et cada huun faser do corpo ao seu (cabente) etç. por donde qye des aqui en deante davan (carta de)… hun ao outro et ho outro ao outro para que des aquí en deante cada huun delles faça de seu corpo a sua vontade livre et quite desenbargadamente sen contradiçon hun do oytro e se posa casar ou abarregar ou dormyr con qual quer persona que queseer sen enbargo hun do outro, ben como se nonca fosen casados e fosen livres por sentença e dados por livres et quites etç. et perdoaron hun ao outro e outro ao outro todos et quaes quer erros e maldades e senrasoons e vitoperios e adulterios que hun aja feito ao outro ata este presente dia e feseren des aqui
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 37 en deante, por quanto non podían seer casados etç. para o qual anbos feseron preito de nonca demandar hun ao outro nen outro ao outro nen de se acusaren beb querellaren so penna de ynfames e fee per juros etç. sobre i cal outorgaron contrauto forte e firme etç. Tests. Rodrigo Yanes clerigo do coro da iglesia d’Ourense et Afonso de Logilde e Vasco criados de Pascoal Rodrigues e outros. (p. 202) Publicado en: Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, p. 202. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. Juan Afonso de Tenorio confesa públicamente os malos tratos que lle proporcionara á súa muller Elvira Rodríguez: Ano di nasçemento do nosso señor IHu Xpo de mull e quatroçentos sessenta e cinquo anos, tres dias do mes de abril, ena cibdade de Ourense, en presencia de mi notario e testigos infrascritos, paresçio Juan Afonso de Tanorio, mercador, veciño da dita çibdade d’Ourense, et diso que por quanto él, procurante el enemigo do linaje humanal, oouvera enojos e refera con sua moller Elvira Rodriguez, por lo qual él a ferira con un puñal, por lo qual se arrepentía, et a dita sua moller se sallira da sua casa, despoys de ferida, avendo mayor temor dél pra o adiante, e se fora a poer en casa de Pero Lopes da Barrera, regedor e juys da dita çibdade, que él arrepentíndose do mal feito que fesera et propoendo de aqui adiante usar con a dita sua moller en ben, como Deus e a nossa madre Santa Iglesia manda, rogava e requería aa dita sua moller que se tornase á sua casa a faser vida con él e seus fillos. Et él que prometía e prometio de non matar nin ferirá con espada nin con puñal nin con algún, nin con paao peligroso, ni lle dará vida penada, mays que fará vida con ela, como Deus manda e anossa madre Santa Iglesia. Et ela que lle seja obediente, segundo que debe ser moller á seu marido, pero o qual así tener e goardar e obligó sí a sus bens mobles e rreyses, avidos e por aver, en pena de viinte mil mrs vellos de moeda vella, a meatade que seja pera don Juan Gonçales, electo da iglesia d’Ourense, e a outra metade pera o dito Pero Lopes, juys. E pera o qual todo ben teer e goardar o dito Juan Afonso deu consigo por fiador e principales pagadores a Goterre
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 38 Gonçales d’Allaris, escudeiro, morador en Mesquita, e a Gomes de Ramoyn, mercador, vesiño de Ourense, que era presente, e se otorgaron por tales fiadores asía a todo lo susodito como aa dita pena. E mays o dito Nuno Gonçález sallío por fiador por la dita Elvira Rodigues que ela lle será obediente e servente en todas as cousas justas, segundo que debe faser moller á seu marido, sobreo qual o dito Juan Afonso e os ditos fiadores mandaron faser a mí Garçía Fernandes, canónigo e notario, hua obligación, a mays forte e firme que faser poder á consello de letrados. Testigos que foron presentes: o señor don Juan Gonçales de Deza, eleto da dita iglesia, Fernán Gonçáles e Ramoyn, raçoeyro ena dita iglesia, e Dieg’Ares de Maçaria, morador en ----, e outros. Publicado en: Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, pp. 198-199. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. Denuncia de Teresa Gómez ante os rexedores da cidade de Ourense dun intento de violación: Ano de LVIII, a viinte er nove dias do mes de abril, en Ourense, ena praça do Canpo, Tareija Gomes, filla de Gomes de Toyllo, deu querella a Vaasco Gomes et Martin do Cabo et Gonçalvo de Reqeixo e a Johán Cortydo, rejedores, et a Nuno d’Ousende procurador do conçello, de Johán, criado de Johán de Nóboa, que agora vive con Gonçalvo da Beiga, provisor, disendo que en como o dia donte, a médeo dia, estando ela mansa et segura no Seixo, cabo da viña de Roy Gomes e de Roy Gonçalves, e non fasendo mal nen nojo a persoa algúa, por que mal devese reçeber, que o dito Johán aderençara a ella et que a tomara por los cabellos e a leva arrastro por dormyr con ela, et, se non fora Roy Garçia, canónigo, e hun seu moço, Gonçalvo Garçia, que a forçara et dormira con ela, o qual todo dava por queixa et querella con juramento que fasía, e que lles requería que proçedese contra él, segundo que o dereito manda et requere en tal caso. Et os ditos rejedores et procurador diseron que lles pesava dello et, que se o podesen aver, que o prenderían et farían aquello que con dereito devesen, et que protestavan de
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 39 o qeixar et querellar a noso señor el Rey. Testigos: Gomes de Mugares et Ares de Prado, Roy Gonçalves, meestre Antonyo, Diego de Bubón, notario. Declaración do cóengo Roy García confirmando o testemuño de Teresa Gómez: Despois desto, ena dita çidade d’Ourense, triinta dias do mes de abril do dito ano, Nuno d’Ousende presentou por testigo ante Afonso Gonçalves, bachiller et vigario do señor obispo, a Roy Garçia, canónigo ena iglesia d’Ourense, do quela o tido vigario sacou juramento en forma devida por las ordees que aya reçebidas de San Pedro et de San Payllo, por lo qual prometeu de diser verdade. Et, feito o dito juramento, diso et declarou que, dia sesta feira, él fora veer a sua viña de Pousada, onte él e seu moço Gonçalvo, et, andando asy de tras Outeiro da dita viña, que oya dar voses disendo “Ay del Reym acorreme”. Et quando oyra as voses que seiran açima, eno chao da viña, e que vira ao dito Johán, ome do dito provisor, jaser ençima da dita Tareija do Toyllo et ela que pona en ela as pernas e as maaos por las abryr et non podía, et por que as non quería abrir, que lle daba bofetadas et ela, descabellada, jasendo en terra, et disendo “Ay del Rey, ay del Rey”. Et él e seu criado, quando a asy vyron jaser et que lle o dito Johán dava paancadas, por que lle non quería estar queda que dormise con él, que vira que era mal feyto, et que diseron ao dito Johán “andar pera vylaao, treidor, leyxade a moller, et non a desonrredes, non lle façades mal”. Et é entonçes que se fora et ela que se cobrera do seu pelote et se entoucara. Et que asy o desía por lo dito juramento que feyto avya. Testigos: Johán Gonçalves, arçediano, Gomes de Mugares, Johán Paas, notario, Fernando Afonso da Torre. Publicado en: Pallares Méndez, M. a C., et al. (1999). Idade Media (1100-1500). En M. X. Rodríguez Galdo, Textos para a historia das mulleres en Galicia, pp. 197-198. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico.
Traballo de Fin de Grao Curso 2020/2021 Bibiana Díaz Fernández 40 Bibliografía Bazán Díaz, I. (2008). La violencia legal del sistema penal medieval ejercida contra las mujeres. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 203–227. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777406 Córdoba de la Llave, R. (2004). Violencia cotidiana en Castilla a fines de la Edad Media. En J.-L. Martín, J. I. de la Iglesia Duarte, Asociación “Amigos de la Historia Najerillense.,” & Nájera (Eds.), Conflictos sociales, políticos e intelectuales en la España de los siglos XIV y XV, pp. 393–444. Logroño: Gobierno de La Rioja, Instituto de Estudios Riojanos. Recurado o 21/1/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=978640 Córdoba de la Llave, R. (Ed.). (2006). Mujer, marginación y violencia entre la Edad Media y los tiempos modernos. En Mujer, marginación y violencia entre la Edad Media y los tiempos modernos, pp. 7–27. Córdoba: Servicio de Publicaciones, Universidad de Córdoba. Córdoba de la Llave, R. (2008). Consideraciones en torno al delito de agresión sexual en la Edad Media. Clío & Crimen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, (5), pp. 187–202. Recuperado o 30/01/21 de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2777397 Da Silva e Silva. A., et al. (2019). Una revisión histórica de las violencias contra mujeres. Revista Direito e Práxis, 10(1), pp. 170–197. https://doi.org/10.1590/2179- 8966/2018/30258 Del Val Valdivieso, M. I. (2015). Mujeres. Entre el silencio ¿forzado? Y la reivindicación. En. López Ojeda (Ed.), Nuevos temas, nuevas perspectivas en historia medieval: XXV Semana de Estudios Medievales, Nájera, del 28 de julio al 1 de agosto de 2014, pp. 83– 104. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos. Recuperado o 21/01/21 de http://uvadoc.uva.es/handle/10324/34500