scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios V1003 e B1559

González, Déborah

Abstract

As cantigas de escarnio Ũa dona foi de pran (V1003), de Gonçal’Eanes do Vinhal, e Ja lhi nunca pedirán (B1559), de Afonso Mendez de Besteiros caracterízanse por presentaren aspectos métricos, rimáticos e textuais comúns que permiten considerar que entre estas dúas composicións existe unha relación de seguir. Neste traballo interésanos principalmente reflexionar sobre cal sería o sentido de cada un dos textos e seu respectivo contexto de produción, con intención de afinar, na medida do posible, na relación que se establece entre estas dúas cantigas satíricas.

Full text

Revista de Filología Románica ISSN 0212-999-X 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 http://dx.doi.org/10.5209/rev_RFRM.2012.v29.n1.38945 33 Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios V1003 e B1559 Déborah GONZÁLEZ MARTÍNEZ Facultade de Filoloxía Universidade de Santiago de Compostela [email protected] RESUMO As cantigas de escarnio Ũa dona foi de pran (V1003), de Gonçal’Eanes do Vinhal, e Ja lhi nunca pedirán (B1559), de Afonso Mendez de Besteiros caracterízanse por presentaren aspectos métricos, rimáticos e textuais comúns que permiten considerar que entre estas dúas composicións existe unha relación de seguir. Neste traballo interésanos principalmente reflexionar sobre cal sería o sentido de cada un dos textos e seu respectivo contexto de produción, con intención de afinar, na medida do posible, na relación que se establece entre estas dúas cantigas satíricas. Palabras chave: Lírica galego-portuguesa, cantiga de seguir ou contrafactum, cantiga de escarnio político, Gonçal’Eanes do Vinhal, Afonso Mendez de Besteiros [Recibido, marzo 2011; aprobado, junio 2011] Intertextuality, interpretation and contextualization of “escarnios” V1003 and B1559 ABSTRACT The “cantigas de escarnio” Ũa dona foi de pran (V1003), by Gonçal’Eanes do Vinhal, e Ja lhi nunca pedirán (B1559), by Afonso Mendez de Besteiros are characterized by having metrical, rythmic and textual features that allow us to consider that it exists, between both compositions, a link of “seguir”. In this paper we are going to focus on what the sense of every poem would be and on their contexts, in order to set, if possible, the bounds that exist between these two satirical cantigas. Keywords: Galician-Portuguese lyric, cantiga de seguir or contrafactum, political cantiga de escarnio, Gonçal’Eanes do Vinhal, Afonso Mendez de Besteiros Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 34 « La vraye maniere d’imiter est de prendre, non pas des mots, mais l’esprit de son auteur. » Balthazar Gibert 1. Intertextualidade e intermelodicidade A poética chamada Arte de trovar, que se transmite de forma fragmentaria e anónima no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), ofrece a definición da cantiga de seguir, que corresponde ao «préstamo métrico–melódico o contrafactum» (Rossell 2000: 149). Na explicación teórica, especifícanse tres maneiras posibles de compor unha cantiga a partir dun modelo melódico, estrutural e textual: a primeira, definida como de menos enxeño, seguiría só a melodía, pero isto, de por si, implicaría adoptar o esquema métrico e acentual da cantiga orixinal. A segunda maneira consistiría en tomar as mesmas rimas do modelo, ademais da súa música e da estrutura métrica e acentual. O terceiro modo de seguir implicaría a reutilización da melodía e da estrutura métrica e, ou reproducía as palabras do refrán dándolles un sentido distinto no contexto, ou repetía con palabras distintas o mesmo sentido, constituíndose como a que, segundo o autor da poética, se consideraba de maior habilidade artística e de gran dificultade compositiva (Ferreira 1993: 141-142). Nos cancioneiros que transmiten a lírica galego-portuguesa, existen catro textos que se acompañan de rúbricas explicativas1 que os relacionan coa tecnica de seguir: o escarnio de Lopo Liás, Quen oj’ouvesse (B1355 / V963), segundo a rúbrica, compúxose seguindo a melodía dun descor; outros dous textos clasificados nesa modalidade polas razos son dous escarnios atribuídos a Johan de Gaia: o primeiro é Vosso pai na rua (B1433 / V1433), que seguiu unha cantiga de vilão que dicía «Vedes-lo cós, ai cavaleiro»; o segundo é Eu convidei un prelado a jantar, se ben me venha (B1452 / V1062), que adoptaría o son dunha bailada, e ademais o refrán «Vós avede-los olhos verdes / e matar-m’-edes con eles» (Lagares 2000: 170); e, por último, Don Pedro ést[e] cunhado del-Rei (B1614 / V1147), de Fernan Rodríguez Redondo, que a rúbrica relaciona con outra cantiga da que non se ofrece máis información. Evidentemente, os casos de contrafacta na lírica galego-portuguesa non se limitaron a eses especificados nos cancioneiros mediante as razos que acompañan os referidos textos. Ademais destes, podemos considerar outros seguires que, aínda sen estar acompañados de rúbrica que os clasifique como tales, foron identificados pola crítica especializada2. Na lírica monódica medieval, segundo Rossell (2000: 149), o texto e a música se artellan a partir dun elemento común: a estrutura métrica; esta é a que ______________ 1 Para máis información sobre estas rúbricas pode verse X. C. Lagares (2000), Tavani (1993: 142) P. Lorenzo (2003: 106). 2 Para máis información sobre a práctica da técnica do contrafactum na lírica galego-portuguesa, remitimos aos traballos: Ferreira 1993: 141-142; Lorenzo 1993; Canettieri / Pulsoni 1994; Lanciani / Tavani 1995: 182-186; Canettieri / Pulsoni 1995; Ferreira 2000: 247-257; Canettieri / Pulsoni 2003; Rossell 2003; González [no prelo]. Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 35 nos permitiría identificar que elementos poéticos ou musicais se seguiron, e, polo tanto, a análise da estrutura métrica debe ser o punto de partida para recoñecer e estudar posibles casos de contrafactum. Segundo as explicacións de J. H. Marshall: L’utilisation du schéma des rimes et en même temps de la charpente métrique, ou même l’utilisation de la charpente métrique toute seule, indique que l’emprunt musical est possible. Pour que cette possibilité denvienne une probabilité ou une quasicertitude, il faut que d’autres faits viennent confirmer l’emprunt. Il faut que la charpente métrique soit rare ou particulière, ou qu’elle soit jointe à un schéma des rimes inédit, ou que les timbres à la rime soient entièrement ou partiellement identiques (Marshall 1980: 291). 2. «Charpente métrique» e «schéma des rimes» dos escarnios V1003 e B1559 Os condicionantes sinalados por Marshall cúmprense nas cantigas de escarnio Ũa dona foi de pran (V1003), de don Gonçal’Eanes do Vinhal, e Ja lhi nunca pedirán (B1559), de don Afonso Mendez de Besteiros. As dúas composicións son obra de trobadores portugueses3 e ambas chegan a nós por medio dun testemuño único: Ja lhi nunca pedirán de Afonso Mendez de Besteiros reprodúcese no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B1559, f. 325r, col. b- ______________ 3 De Afonso Mendez de Besteiros consérvase moi pouca información: Oliveira (1994: 309) localiza o seu nome nun documento de 1290, onde aparece a testemuñar unha doazón en relación co nobre don Martin Gil de Riba de Vizela; este dato serviulle ao investigador portugués para ver unha relación de vasalaxe entre Afonso Mendez de Besteiros e esta poderosa familia. En apoio a esta hipótese habería que engadir o dato fornecido nesta ocasión por J.A. Pizarro (1997: I 538), consistente na aparición do cabaleiro Afonso Mendez de Besteiros como testemuña na repartición de bens entre don Martin Gil de Riba de Vizela e as súas irmás, efectuadas as partillas en 1285 e en 1286. Por outra parte, a biografía de Gonçal’Eanes do Vinhal foi obxecto de estudo pormenorizado por A. Víñez (2004: 11-97); da información que ofrece esa investigadora sobre a vida do trobador, destacaremos que Gonçal’Eanes do Vinhal foi rico-home portugués que marchou de Portugal a Castela en data non ben definida, onde colaborou con tres reis casteláns: Fernado III, Alfonso X e Sancho IV, sucesivamente. A causa do seu exilio en terras castelás podería encontrarse nos conflitos políticos durante o goberno de Sancho II, de quen este trobador era partidario. Probablemente participou na reconquista de Murcia e foi tenente de Hellin e Iso en 1243. Segundo Oliveira (1994: 354), nese ano estableceu relación coa familia Castro por medio do casamento con Joana Rodrigues de Castro. En 1248, tomou parte na Reconquista de Sevilla, aínda que, segundo Oliveira (1994: 354), entre 1245 e 1256 debeu estar en Portugal, dado que por esas datas Afonso III lle fixo entrega de certos bens. En 1265 adquiriu posesións en Santa María de Córdoba. Nesa mesma vila, o Rei Sabio concedeulle o señorío de Aguilar en 1275 para a súa repoboación; por este labor, o señor do Vinhal recibiu do rei a capela de San Clemente (Capela Real da Catedral de Córdoba). Casou en segundas nupcias con Berenguela de Cardona, o que lle permitiu establecer vínculos coa nobreza catalá, e explicaría a súa intervención en Barcelona como mediador entre os nobres rebeldes e Alfonso X en 1274-1275. Gonçal’Eanes do Vinhal formou parte da Irmandade Xeral Fronteiriza, que xorde en 1282 como resultado do choque de intereses entre o infante Sancho e Alfonso X, sendo partidario do bando do infante para garantir os seus privilexios. Desta maneira chegou a ter un lugar destacado no reinado de Sancho IV. Morreu en 1285 e foi soterrado en Córdoba (Víñez 1993: 300). Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 36 325v, col. a)4, e Ũa dona foi de pran transmítese no Cancioneiro da Vaticana (V1003, f. 161r, col. a)5. Afonso Mendez de Besteiros (B1559, f. 325r, col. b-325v, col. a) Ja lhi nunca pedirán o castel’a don Foan, ca non tiinha el de pan senon quanto queria! 5 E foio vender, de pran, con minguas que avia! Por que lh’ides [i] poer culpa [de o] non teer? Ca non tiinha que comer 10 senon quanto queria! E foio enton vender con minguas que avia! Travanlhi, mui sen razon, a ome de tal coraçon; 15 en fronteira de Leon, diz, con quen o terria? E foio vender enton, con minguas que avia! Dizen que lh’a el máis val 20 esto que diz, ca non al: En cabo de Portugal, diz, con quen o terria? E vendeo enton mal, con minguas que avia! Gonçal’Eanes do Vinhal (V1003, f. 161r, col. a) Ũa dona foi, de pran, demandar casas e pan da Ordin de San Joan, con minguas que avia, 5 e digovos que lhas dan quaes ela queria! Das casas ouve sabor e foi tal preitejador, que foss’ende jazedor, 10 con minguas que avia, e danlhas por seu amor quaes ela queria! Pediuas a preito tal d’i jazer, [e] non fez al, 15 ca xi lazerava mal con minguas que avia, e danlhas do Espital quaes ela queria! A dona de corazon 20 pediu as casas enton, e mostrou esta razon con minguas que avia, e danmilhas da misson quaes ela queria! ______________ 4 O Cancioneiro da Vaticana é lacunar nesta parte, faltándolle 78 textos; a correspondencia entre os códices pérdese a partir de B1500 = V1110 e retómase en B1579 = V1111. 5 B é lacunar nesta parte, faltándolle 40 cantigas (que deberían de estar copiadas en folios desaparecidos, segundo parece deducirse da numeración); a correspondencia entre B e V pérdese a partir de B1390 = V999 e retómase en B1431 = V1041. Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 37 Desde o punto de vista formal6, as dúas composicións presentan un tallo de catro cobras con estrutura métrica idéntica, que, ademais, podemos considerar «rara» ou «particular» no corpus lírico galego-portugués (7776’76’). Así mesmo, os dous textos caracterízanse polo emprego dun mesmo esquema rimático (aaaBaB), con correspondencia parcial nas rimas utilizadas nas dúas cantigas e coincidencia de certos rimantes. Finalmente, adoptouse e adaptouse completo un dos versos do refrán intercalar (malia que mudando a súa disposición no interior das cobras), e o rimante do outro verso de refrán coincide nas cobras I e II (en tanto que o refrán da cantiga de Afonso Mendez de Besteiros presenta, a maiores, a particularidade de ser un refrán con variación, de tal xeito que o primeiro verso do refrán nas cobras I e II é diferente do primeiro verso do refrán das cobras III e IV). En conclusión, debido ao uso dun esquema métrico-rimático pouco frecuente na lírica galego-portuguesa, a identidade parcial nas rimas e, incluso, nalgúns rimantes, pódese considerar posible unha relación intertextual e intermelódica entre estas dúas composicións. Ademais, a reutilización dun dos versos do refrán orientaríanos cara á terceira maneira de seguir especificada no tratado poético galego-portugués, a Arte de Trovar, que se define como a de «maior sabedoria» e «a melhor maneira de seguir, porque dá ao refram outro entendimento per aquelas palavras mesmas, e tragem as palavras da cobra a concordarem com el» (Tavani 1999: 45). A continuación interésanos analizar estes dous textos desde o punto de vista temático e reflexionar sobre cal sería o contexto de produción de cada unha das dúas pezas, con intención de afinar, na medida do posible, na relación intertextual que se establece entre as dúas cantigas satíricas. 3. Texto e contexto de Ja lhi nunca pedirán de Afonso Mendez de Besteiros Afonso Mendez de Besteiros dirixe a súa sátira a un individuo a quen chama don Foan, segundo se le no verso 2 da primeira cobra. Foan ten o sentido de ‘unha persoa calquera’, sendo practicamente equivalente ao actual ‘fulano’. Procedente do árabe fulân, segundo a etimoloxía proposta por Corominas (1980: II 972-973), este substantivo ademais de foan, contemplaba na lingua medieval outras variantes como foão, foaão, folã, fuã, fuam e fuan, fulan (VHCP; portugués actual, s.v. ‘fulano’ e ‘fuão’). A ocorrencia do título don (que na época medieval era unha dignidade aplicada a membros da familia real e da nobreza), precedendo ao nome Foan ou Foão, podería interpretarse con connotacións irónicas ou como unha fórmula que, de forma máis ou menos xocosa, resulta «intencionalmente vaga e não menos desrespeitosa pelo paradoxo do nome [Foan] que lhe é atribuído na cantiga» (Santos 2009: 50). Aínda que esta lectura non sería inapropiada no contexto das cantigas de escarnio e maldicir galego-portuguesas, o certo é que a expresión se pode ______________ 6 Para unha análise estrutural comparativa das dúas composicións remitimos a González [no prelo]. Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 38 documentar en contextos doutra natureza, que nos levan a pensar nunha vitalidade maior e un uso máis amplo da fórmula don Foan que o do contexto das cantigas trobadorescas de xénero satírico: «Conoçuda cousa seya a todos os oméés que esta carta uiren como subre demanda que faze don fuan a dõ foan [...]», «Sabyades que folã apellou de Iª. sentença que eu dey cõtra el en tal pley- to por don fuan [...]», «[...] uëo don fuã que era demandador e dõ foan que era demãdado non ueo nen enuyou seu persueyro [...]», «[...] my semella que dõ fuam nõ defende maliciosamente este pleyto [...]», «[...] mandamos meter a dõ fuã demandador en entéénça de tantos de seus béés de dõ fulan como e a ualia da demanda» (VHCP s.v. portugués actual ‘fulano’; todos os exemplos son do século XIII). Nestes e noutros exemplos onde só se rexistra Foan, o emprego do sobrenome parece ter unha finalidade común: omitir ou non facer explícito o nome dunha persoa determinada. Deste modo, podemos pensar que Afonso Mendez de Besteiros non debeu sentir a necesidade, ou simplemente non tivo a intención, de facer unha identificación explícita do escarnecido, en tanto que adoptou para o seu texto unha forma de designación imprecisa e de uso común. O sirventés Ja lhi nunca pedirán faise eco da actitude deste indeterminado don Foan, que, baixo o falso pretexto de non ter nin siquera pan para comer e en vista das grandes necesidades que padecía, vendeu o seu castelo (cobras I e II). O discurso caracterízase polo ton burlesco: ponse de manifesto a hipocresía daquel que se excusa nunhas necesidades finxidas e, escarnecendo a súa mala actuación, o refrán intercálase nas cobras con afiadísima ironía. Nas cobras III e IV, fálase da localización xeográfica do castelo: estaría «en fronteira de Leon» (v. 15), «en cabo de Portugal» (v. 21). Con isto, no verso 15 estaríase a indicar a proximidade do castelo «vendido» á fronteira leonesa, mais sen se especificar o lugar exacto. No v. 21, dise que o castelo estaba no límite de Portugal, utilizando a locución en cabo de7; esta locución parece ter a súa única ocorrencia nesta cantiga dentro do corpus lírico profano (MedDB2 [5- 4-2011]), pero é posible documentala en dúas ocasións na lírica relixiosa: na CSM 191, Como a alcaydesssa caeu de cima da pena de Roenas d’ Alvarrazin, e chamou Santa Maria e non se feriu, nárrase na primeira cobra: Dest’ avẽo gran miragre, per com’ a mi foi mostrado, a hũa moller que era dun castelo que chamado é Roenas, que en termio d’ Alvarrazin é poblado, ______________ 7 A expresión formouse a partir do substantivo cabo (<CAPUT), que como tal presentaba xa diversos valores na lingua medieval: ‘lado’, ‘parte’, ‘fin’, ‘extremo’ (DDGM, s.v. ‘cabo’); como adverbio documéntase cabo co sentido ‘case’ (DDGM, s.v. ‘cabo’), ‘despois’ e ‘no fin’ (DDGM, s.v. ‘cabo’), como preposición, rexístrase nos glosarios co valor ‘preto de’, ‘xunto a’ (DDGM, s.v. ‘cabo’). Foi integrante de numerosas locucións adverbiais e preposicionais: ao / a cabo ‘ao fin’, a cabo de ‘despois de’ (DDGM, ‘cabo’), en cabo ‘finalmente’ (DDGM, s.v. ‘cabo’), de cabo ‘de novo’, ‘outra vez’ (DDGM, s.v. ‘cabo’), ‘plenamente’ (DDGM, s.v. ‘cabo’), de cabo, ‘como se volvese empezar’, ‘en conclusión’ ou ‘en efecto’, foi altamente recorrente nos séculos XIII e XIV (DDGM, s.v. ‘cabo’). Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 39 en cima dũa gran pena, ben en cabo da montanna (Mettmann 1988: II 217). Neste contexto, o sentido que se desprende da expresión «en cabo da montanna» é ‘no extremo ou no fin da montaña’, isto é ‘no cumio da montaña’; a segunda documentación encóntrase na CSM 249, Como un maestre que lavrava na eigreja que chaman Santa Maria d’Almaçan, en Castroxeriz, caeu de cima en fondo, e guardó-o Santa Maria que sse non feriu, di na súa estrofa 2: Quand’ a ygreja fazian a que chaman d’ Almaçan, que é en cabo da vila, muitos maestres de pran yan y lavrar por algo que lles davan, como dan aos que tal obra fazen. Mas un deles ren pedir (Mettmann 1988: II 348). Neste caso, a igrexa chamada de Almaçan está «en cabo da vila» de Castroxeriz, isto é, nun extremo da vila pero formando parte dela, como se pode deducir do propio título da cantiga. En vista do valor que presenta nestes dous casos, podemos pensar que o castelo vendido por don Foan se localizaba nalgún lugar próximo á fronteira de León, nos confins das terras portuguesas. As miserias ou minguas que se pintan con ironía nas dúas cobras iniciais, propoñéndoas como a razón da venda do castelo, adáptanse a un discurso lixeiramente modificado nas cobras III e IV. Se nas dúas primeiras cobras Besteiros ironizaba sobre a falta de pan e de alimentos (poñendo de manifesto a falsidade dese argumento), e falaba desas minguas como a razón da mala acción de don Foan, nas cobras III e IV verifícase unha mudanza no plano argumental, pasando a presentar a localización xeográfica do castelo como a xustificación que Besteiros pon en boca do satirizado. A este cambio asóciase a modificación no refrán, verificándose unha variación entre o primeiro verso do refrán das cobras I e II e das cobras III e IV. É desta maneira como, nas dúas cobras finais, se presenta o «pretexto» ao que recorreu o tenente escarnecido, e a excusa é a situación do seu castelo en terras fronteirizas, por que en tal lugar «con quen o terria?». O ton aparentemente exculpativo dos versos iniciais da terceira cobra («Travanlhi, mui sen razon,/ a ome de tal coraçon;/ en fronteira de Leon,/ diz, con quen o terria?») debemos interpretalo consonte a ironía que Besteiros imprimiu ao conxunto do texto, e non como xustificación ou desculpa da acción de don Foan. Despois de pór en boca do escarnecido a cuestión retórica do último verso do refrán, o trobador de Besteiros advirte na última cobra que: «Dizen que lh’a el máis val/ esto que diz, ca non al:/ En cabo de Portugal,/ diz, con quen o terria?». Podemos pensar que a pregunta gozaría de certa Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 40 ambivalencia: tanto podería interpretarse como a desculpa que don Foan utiliza para excusarse diante dos que critican o seu comportamento, como a cuestión con que este don Foan lles chisca o ollo a aqueles con quen establece o trato. É posible que nesta ambigüidade resida tamén unha crítica á actitude «ambigua» e traidora de don Foan para con Sancho II. Sexa como for, o que parece desprenderse da lectura do texto é que, entre os detractores do tenente, se encontaba o trobador de Besteiros; a súa posición amósase claramente nos versos finais, onde xulga negativamente a cesión do castelo, conservando, claro está, a ironía achegada polo refrán: «E vendeo enton mal,/ con minguas que avia!». En síntese, o castelo vendido situaríase nas terras portuguesas fronteirizas a León. Esta acción que, segundo se di explicitamente no v. 13, foi socialmente criticada, podería interpretarse en relación a un feito histórico: a traizón dalgúns nobres inicialmente favorables a Sancho II no momento do conflito entre o monarca portugués e o recén chegado de Boulogne, o conde Afonso. Como sería esperable, a guerra civil, a deposición e exilio de Sancho II e a entronización de Afonso III, coas mudanzas que isto implicaría a nivel político e social, tiveron unha forte repercusión8, e a denuncia dos feitos históricos deixou o seu eco nas cantigas galego-portuguesas, como A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda e Don Estevâo diz que desamor de Airas Perez Vuitoron, e o escarnio Meu senhor arcebispo, and’eu escomungado de Diego Pezelho9. A sátira de Afonso Mendez de Besteiros amósasenos como unha canción de denuncia dun suceso histórico, que ten como contexto o enfrontamento entre Sancho II e o conde Afonso de Boulogne. Igual que acontece cos referidos escarnios dedicados a este tema político, o texto Ja lhi nunca pedirán revelaría o posicionamento de Afonso Mendez de Besteiros en relación aos feitos que satiriza. Partindo desta idea, é probable que a peza se confeccionase e tivese ______________ 8 No seu estudo sobre a deposición de Sancho II e a súa pegada nas fontes literarias dos séculos XIII e XIV, H. dos Santos (2009) reproduce a CSM 235 «[E]sta é como Santa Maria deu saude al Rey Don Affonso / quando foi en Valadolide enfermo que foi juygado por morto», que na estrofa 11 di: «E pois entrou en Castela, / vêeron todos aly, / toda-las gentes da terra, / que lle dizian assy: ‘Sennor, tan bon dia vosco’. / Mas depois, creed’a my, nunca assi foi vendudo / Rey Don Sanch’en Portugal» (Mettmann 1988: II, 315). Parécenos acertada a interpretación que fai o investigador, e parécenos interesante reproducila porque, como el explica, a referencia a Sancho II nunha CSM pode entenderse como unha pegada do alcance das consecuencias que tería a deposición do monarca no plano político, social e cultural: «Primeiro, o narrador ao trazer à diegese a figura de D Sancho II, está a testemunhar que o processo que conduziu à sua deposiçâo ainda permanece na pemória colectiva das cortes peninculares. Segundo que esse processo transporta consigo a negatividade do mau exemplo histórico, porque visto como consequência de actos de felonia e intromissâo de poderes exógenos desenquadrados de qualquer valor ideológico feudo-vassálico. Terceiro, o narrador para se fazer acreditar tem necessidade de juntar a sua assertividade o apelo para que acreditem en si –«creed’amy», dado ir narrar o que parece ser inverosímil, ou seja, alguem ser mais traído e vilipendiado que o rei português, «nunca ssi foi vendudo Rey Don Sanch’en Portugal» (Santos 2009: 66). 9 Entre os estudos dedicados a estas composicións, sobresaen os estudos de Santos (2009: 25-66) e Oliveira (2009). Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 41 recepción nun medio achegado a Sancho II e, cronoloxicamente, situaríase nos axitados anos do conflito portugués. 3.1. Outra lectura de Ja lhi nunca pedirán de Afonso Mendez de Besteiros A interpretación que facemos deste escarnio non é novidosa; a maior parte dos estudosos entendeu que Ja lhi nunca pedirán é unha sátira dedicada a un dos traidores a Sancho II, que entregaría o seu castelo ao conde de Boulogne, pasando ao seu servizo10. Non obstante, encontramos unha proposta diferente de V. Beltrán (2007) sobre esta cantiga, xa que a asocia ao ciclo escarnino dedicado aos nobres rebeldes a Alfonso X11. É importante ter en conta que esta hipótese afecta non só ao suposto posicionamento de Afonso Mendez de Besteiros en relación ao conflito portugués, senón que, modificándose a cronoloxía dos feitos aos que remitiría a peza, consecuentemente, mudaría o contexto e as datas da súa confección12. Beltrán identifica a don Foan co mesmo individuo satirizado noutras cantigas e sitúa o castelo en León, a carón de Portugal (Beltrán 2007: 43)13. Como apoio a esta hipótese, aduciu a existencia doutra cantiga satírica que asocia ao mesmo ciclo, Tantas minguas achan a don Foan, de Gil Perez Conde, porque denuncia os feitos de quen, segundo o investigador, sería o mesmo personaxe (Beltrán 2007: 43-44). A cantiga de escarnio de Gil Perez Conde referida por Beltrán é a que segue: Tantas minguas achan a Don Foan, que já lhas nunca cobrar poderán, pero que lhi de todas cartas dan; ca, pois lhi viron na guerra perder armas, cavalos, verdad’ é, de pran, ______________ 10 Jensen (1993), Oliveira (1994: 309), Lanciani / Tavani (1995: 108) Santos (2009: 46-54), MedDB2 (Data de consulta: 12-1-2011). 11 A proposta aparece recollida no primeiro capítulo do libro, «Los nobles rebeldes», escrito en 1998 segundo indicacións do autor, e que se inclúe na primeira parte da obra, titulada «Periodización de una escuela». Non obstante, dentro do bloque chamado «Poética de la tradición oral», no cuarto capítulo, dedicado ao «Rondel y renfram intercalar en la lírica galaico-portuguesa», que fora publicado con anterioridade en 1984, encontramos unha opinión diferente sobre o texto, pois o investigador afirmaba que a adscrición da cantiga de Besteiros «al ciclo de la entrega de los castillos o de los alcaides traidores, dirigido contra los desleales a Sancho II que entregaron sus fortalezas al Boloñés, permite fecharla en 1246 ó 1247, en plena guerra civil y en el bando contrario al nuevo rey» (Beltrán 2007: 240), e finalizaba afirmando que o dato era importante. 12 Michaëlis, no seu estudo dedicado ás cantigas da guerra, estimaba xa pouco probable que a cantiga de Afonso Mendez de Besteiros tivese contexto nas guerras andaluzas, e dubidaba entre considerar que esta era unha das cantigas dedicadas aos traidores na guerra civil portuguesa ou pensar que denunciaba a cesión da fortaleza de Alva, entregada en 1236 polo gobernador portugués ao infante don Alfonso de Castela (Michaëlis 2004: 202-203). 13 «Lo mismo sucede con Afonso Mendez de Besteiros, otro trovador portugués, según indicios documentales vinculado a Castilla por estos años, que acusa a don Foão de haber huído de los “genetes” y no haber parado hasta Portugal; en otra composición lo acusa de pobreza fingida y traición [...] el castillo estaría en León, cerca de Portugal» (Beltrán 2007: 43). Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 48 COUCEIRO, José Luís (1993): «Gil Perez Conde», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionario de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, pp. 295-296. DDGM = GONZÁLEZ SEOANE, Ernesto (dir.) (2006): Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0], Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de publicacións e Intercambio Científico [Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 57]. FERREIRA, Manuel Pedro (1993): «cantiga de seguir», in Dicionario de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Lisboa: Caminho, pp. 141-142. FERREIRA, Manuel Pedro (2000), «Musik und Betonung in cantigas d’amigo», T. Cramer, J. Greenfield, I. Kasten, E. Koller, Frauenlieder / Cantigas de amigo. Internationale Kolloquien des Centro de Estudos Humanísticos (U- niverdiade do Minho) der Facultade de Letras (Univerdiade do Porto) und des Frachbereichs Germanistik (Freie Universität Berlin), Berlin 6.11.1998, Apúlia 28.-30-3-1999, Stuttgar, S. Hirzel Verlag, pp. 247-257. FIDALGO, Elvira (2002): As Cantigas de Santa María, Vigo: Xerais. FIDALGO, Elvira (2003): As Cantigas de loor de Santa María: Edición e comentario, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, CIRP. GONZÁLEZ, Déborah (no prelo): «Contribución ao estudo da cantiga de seguir nos cancioneiros galego-portugueses: os escarnios V1003 e B1559». JENSEN, Frede (1993): «Afonso Mendez de Besteiros», in Dicionario de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Lisboa: Caminho, p. 20. LAGARES, Xoan Carlos (2000): E por esto fez este cantar: sobre as rúbricas explicativas dos cancioneiros profanos galego-portugueses, Santiago de Compostela: Laiovento. LANCIANI, Giulia / Giuseppe TAVANI (1995): As Cantigas de Escarnio, Vigo: Xerais. LAPA, Manuel Rodrigues (1995) (ed.): Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses, Vigo: Galaxia [1ª ed. 1965]. LOPES, Graça Videira (2002): Cantigas de escárnio e maldizer dos trovadores e jograis galego-portugueses, Lisboa: Estampa. LORENZO, Pilar (1993): «Accesus ad tropatores. Contribución al estudio de los «contrafacta» en la lírica gallego–portuguesa», in XXe Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes. La poésie lyrique romane (XIIe et XIIIe siècles), in G. Hilty, t. V, sec. VII, pp. 101-112. MedDB2 = M. BREA (dir.): Base de datos da Lírica Profana Galego- Portuguesa, versión 2.3, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: <http://www.cirp.es/>. MARSHALL, J. H. (1980): «Pour l’étude des contrafacta dans la poésie des troubadours», Romania CI, pp. 289-335. METTMANN, Walter (1988) (ed.): Alfonso X, el Sabio. Cantigas de Santa Maria, Madrid: Castalia, 3 vols. Déborah González Martínez Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios… Revista de Filología Románica 2012, vol. 29, núm. 1, 33-49 49 MICHAËLIS, Carolina (2004): Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos, Coimbra: Universidade de Coimbra [ed. a cargo de Y. Frateschi Vieira, J. L. Rodríguez, M. Isabel Morán Cabanas, J. A. Souto Cabo]. OLIVEIRA, António Resende de (1993): «Vasco Gil», in Dicionario de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Lisboa: Caminho, pp. 649-650. OLIVEIRA, António Resende de (1994): Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, Lisboa: Colibri. Faculdade de Letras de Lisboa. PAREDES, Juan (2010) (ed.): El cancionero profano de Alfonso X el Sabio. Edición crítica, conintroducción, notas y glosario, Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de publicacións e Intercambio Científico [Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 66]. ROSSELL, Antoni (2000): «Intertextualidad e intermelodicidad en la lírica medieval», in La lingüística española en la época de los descubrimientos, B. Bagola (ed.), Hamburg: Buske, pp. 149-156. ROSSELL, Antoni (2003): «Una nouva interpretazione intermelodica e intertestuale della lirica galego-portoghese», La lirica galego-portoghese. Saggi di metrica e musica comparata, Roma: Carocci, pp. 167-222. ROSELL, Antoni (2005): Poesía Medieval, Burgos, Fundación Instituto Castellano y Leonés de la Lengua, pp. 287-304. SANTOS, Herlânder (2009): D. Sancho II. Da deposição à composição das fontes literárias dos séculos XIII e XIV. Dissertação de Mestrado [versión PDF:] <http://repositorio-aberto.up.pt/>. TAVANI, Giuseppe (1999): Arte de Trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Introdução, edição crítica e fac-símile –, Lisboa: Colibri. PARKINSON, Stephen (dir.): The Oxford Cantigas de Santa Maria Database. <http://csm.mml.ox.ac.uk/>. VATTERONI, Sergio (1993): «Caldeiron», in Dicionario de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Lisboa: Caminho, p. 113. VÍÑEZ, Antonia (2004): El trovador Gonçal’Eanes Dovinhal. Estudio histórico y edición. Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de publicacións e Intercambio Científico [Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 55]. VHCPM = CUNHA, António Geraldo da / I. M. SAVELLI / L. do CARMO (coords.) (2007): Vocabulário Histórico-Cronológico do Português Medieval: versão 1.0. [Rio de Janeiro:] Fundação Casa de Rui Barbosa. Ministerio da Cultura [ed. CD-Rom].