Resolución Reitoral do 20-03-2018 pola que se modifica a Resolución Reitoral do 23-01-2018 pola que se publica a Convocatoria anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES. Curso académico 2018-2019
Full text
Con data 22 de febreiro de 2018 aprobouse polo Consello de Goberno a proposta de prazas e criterios de admisión para os másteres universitarios ofertados pola Universidade de Santiago de Compostela no curso 2018/19 e na mesma data aprobouse o Acordo relativo a esixencia de nivel de coñecemento de lingua galega ou castelá para a matrícula en estudos de grao e máster oficial. Á vista destes dous Acordos do Consello de Goberno, cómpre modificar a Resolución Reitoral de 23 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19. Polo exposto ESTA REITORÍA RESOLVE: PRIMEIRO.- Modificar a Resolución Reitoral do 23 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19, cos seguintes cambios: − Artigo 1 - Engadir un novo parágrafo: “1.7.- De conformidade co establecido no Acordo de Consello de Goberno de 22 de febreiro de 2018, os alumnos procedentes de países cuxo idioma oficial non sexa o castelán deberán acreditar, como criterio xeral, o coñecemento da lingua galega ou lingua castelá mediante a acreditación oficial do nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MCER), no caso de titulacións das áreas de coñecemento de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura. Excepcionalmente, a coordinación dun determinado título de máster poderá esixir debidamente xustificada acreditación oficial dun nivel superior. Se esixirá sempre a acreditación oficial do nivel B2 no caso das titulacións das áreas de coñecemento de Artes e Humanidades, e Ciencias Sociais e Xurídicas”. − Incluír unha DISPOSICIÓN TRANSITORIA.- “Aos alumnos que tiveran realizada a solicitude de admisión nalgún dos másteres ofertados nesta convocatoria con anterioridade ao día 22 de febreiro de 2018 non lles será de aplicación o Acordo de Consello de Goberno de 22 de febreiro de 2018 polo que se aproba a esixencia de nivel de coñecemento de lingua galega ou castelá para a matrícula en estudos de grao e máster oficial”. SEGUNDO.- Modificar o Anexo da Resolución Reitoral do 23 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19, eliminando da listaxe de prazas ofertadas os seguintes másteres: − Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental − Psicoloxía Educativa: Desenvolvemento e Aprendizaxe Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015) polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6F78-4A41-4541-BF1F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6F78-4A41-4541-BF1F 1 / 2
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: JUAN MANUEL VIAÑO REY, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20/03/2018 15:02:01. CSV: 6F78-4A41-4541-BF1F Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6F78-4A41-4541-BF1F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6F78-4A41-4541-BF1F 2 / 2