scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 24-07-2020, que aprobou o Regulamento sobre cambio de adscrición a área de coñecemento do profesorado con vinculación permanente da USC

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 24 de xullo de 2020, aprobou o Regulamento de cambio de área, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D989-A863-4916-AB47 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D989-A863-4916-AB47 1 / 4 Regulamento sobre cambio de adscrición a área de coñecemento do profesorado con vinculación permanente da Universidade de Santiago de Compostela O Real Decreto 1312/2007, que regula o sistema de acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios, derrogou o Real Decreto 774/2002, de 26 de xullo, que na súa disposición adicional segunda establecía a posibilidade de que o profesorado funcionario puidese solicitar diante do Consejo de Universidades a modificación da área de adscrición da praza ocupada por outra das incluídas no catálogo de áreas de coñecemento. Diante da ausencia dunha regulación xeral para o cambio da área de coñecemento, foron moitas as universidades que desde entón regularon esta materia. Semella oportuno, pois, que a Universidade de Santiago de Compostela, facendo uso das facultades propias da autonomía universitaria, estableza un procedemento interno para resolver as solicitudes das profesoras e profesores que desexen cambiar a súa adscrición a outra área de coñecemento para así axeitar a súa vinculación administrativa e académica ao desenvolvemento da súa traxectoria profesional e académica. Con este obxectivo, logo de negociado cos órganos de representación do persoal, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa sesión celebrada o día 24 de xullo de 2020, acorda aprobar o seguinte Regulamento. Artigo 1. Obxecto Este regulamento ten por obxecto establecer o procedemento para o cambio da área de coñecemento de adscrición de prazas de profesorado con vinculación permanente na Universidade de Santiago de Compostela. Artigo 2. Requisitos O persoal funcionario pertencente aos corpos docentes universitarios e o persoal docente e investigador contratado con vinculación permanente que preste os seus servizos na Universidade de Santiago de Compostela e que conte con cando menos cinco anos de antigüidade como profesor/a funcionario/a ou como profesor/a contratado/a con vinculación permanente nunha determinada área de coñecemento poderá solicitar a adscrición da praza que ocupa a unha área diferente, das existentes dentro da Universidade. Artigo 3. Procedemento 1. O profesorado interesado en cambiar a área de coñecemento a que está adscrita a praza que ocupa deberá tramitar a súa solicitude a través do Departamento, mediante escrito motivado acompañado do seu currículum vitae en formato normalizado, dirixido á Vicerreitoría con competencias en materia de profesorado. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D989-A863-4916-AB47 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D989-A863-4916-AB47 2 / 4 2. A Vicerreitoría elaborará en primeiro lugar un informe sobre as repercusións do cambio de área solicitado sobre o cadro de persoal docente e investigador das áreas afectadas, co fin de determinar se a súa autorización implicaría a xeración de novas necesidades de profesorado. De ser este caso, a Vicerreitoría, logo de negocialo cos órganos de representación do persoal, e tras o informe previo da Comisión de Organización Académica e Profesorado, elevará unha proposta denegatoria ao Consello de Goberno. 3. Se o cambio solicitado non implica a xeración de novas necesidades de profesorado, a Vicerreitoría solicitará o informe de dous especialistas da área de destino alleos ao departamento afectado acerca da pertinencia do cambio á vista da traxectoria académica, docente e investigadora da persoa solicitante. Ao mesmo tempo, remitirá a solicitude aos departamentos de orixe e de destino, que deberán emitir nun prazo máximo de dous meses un informe motivado en razóns académicas, para o que deberán ter en conta o parecer das áreas de coñecemento afectadas. 4. Á vista dos informes recibidos sobre a idoneidade académica da solicitude e sobre as repercusións da solicitude no cadro de persoal docente e investigador das áreas afectadas, e logo da negociación cos órganos de representación do persoal, a Comisión de Organización Académica e Profesorado elevará unha proposta motivada ao Consello de Goberno, ao que lle corresponderá a resolución definitiva. Artigo 4. Efectos do cambio de área 1. Os cambios de área de coñecemento serán efectivos o primeiro día do inicio do curso seguinte á resolución da solicitude polo Consello de Goberno. 2. Unha vez autorizado un cambio de área, non poderá autorizarse un novo cambio de área da persoa afectada antes de transcorridos cinco anos. De ser denegada a solicitude, non poderá reiterarse unha nova ata pasados tres anos. Disposición derradeira. Entrada en vigor Este regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D989-A863-4916-AB47 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D989-A863-4916-AB47 3 / 4 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28/07/2020 00:58:04. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27/07/2020 13:33:56. CSV: D989-A863-4916-AB47 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/D989-A863-4916-AB47 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: D989-A863-4916-AB47 4 / 4