Full text
Alonso Prol, David Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Grao en Economía Xuño 2021 Traballo de fin de grao Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía.
D. Alonso 2 Resumo: O teletraballo é unha modalidade laboral cada vez máis estendida que pretende xerar efectos positivos tanto para as persoas traballadoras como para as organizacións, institucións ou empresas que a implanten. Neste contexto, a pandemia da Covid-19 foi un catalizador desta modalidade laboral. Este traballo pretende, dende unha perspectiva práctica, observar de que forma afectan variables como o apoio organizativo, a experiencia previa co teletraballo ou factores persoais (idade ou sexo) sobre a satisfacción percibida polas persoas que o practican. Para isto, despois dunha introdución de carácter teórico, realízase unha análise descritiva, para posteriormente utilizar un modelo probit ordenado que permita testar as relacións entre as variables referidas e a satisfacción co teletraballo. Os resultados arroxan unha relación positiva entre a experiencia previa ó Covid-19 co teletraballo e a satisfacción das persoas co mesmo. Tamén revelan que o apoio organizativo (de colegas, xefes, e de medios facilitados para desenvolver as tarefas) é un elemento relevante a considerar para a mellora da satisfacción e benestar do cadro de persoal. Mulleres e homes amosan un comportamento similar na satisfacción co teletraballo pese a que as horas de coidados do fogar, menores e maiores exercen unha influencia significativa en detrimento da satisfacción percibida por estas. Este resultado é de particular importancia de cara a reformular os roles de xénero que actualmente seguen a estar impostos -en moitos casosno relacionado a estes coidados.(9.979 palabras) Palabras chave: Teletraballo, satisfacción percibida, Benestar, Xénero
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 3 Índice Resumo: ................................................................................................................... 2 Índice ....................................................................................................................... 3 Índice de cadros e figuras ......................................................................................... 4 Introdución .............................................................................................................. 5 Planificación ............................................................................................................. 6 Desenvolvemento do traballo ................................................................................... 7 1. Obxectivos ........................................................................................................... 7 2. Estrutura .............................................................................................................. 8 3. Marco teórico ...................................................................................................... 9 3.1 Terminoloxía e definicións .................................................................................. 9 3.2 Un paseo pola historia do teletraballo .............................................................. 10 3.3 Factores que inflúen no desexo de adopción e satisfacción co teletraballo .... 14 4 Análise empírica ................................................................................................... 16 4.1 Análise descritiva ............................................................................................... 16 4.2 Modelo probit ................................................................................................... 26 Conclusións e ampliación ........................................................................................ 29 Bibliografía ............................................................................................................. 31
D. Alonso 4 Índice de cadros e figuras ÍNDICE DE C ADROS C ADRO 1. S ATISFACCIÓN E EXPERIENCIA PREVIA ..................................................................................................... 18 C ADRO 2. A POIO DE COLEGAS E SATISFACCIÓN CON TRABALLO ................................................................................. 20 C ADRO 3. A POIO DA DIRECCIÓN E SATISFACCIÓN CO TELETRABALLO ........................................................................... 21 C ADRO 4. P ROVISIÓN DE EQUIPAMENTO E SATISFACCIÓN CON TRABALLO ................................................................... 22 C ADRO 5. X ÉNERO E SATISFACCIÓN ( HIPÓTESE 3. A ) ............................................................................................... 23 C ADRO 6. H ORAS SEMANAIS DEDICADAS Ó COIDADO DO FOGAR , MENORES E MAIORES ................................................. 24 C ADRO 7. S ATISFACCIÓN PERCIBIDA POR GRUPOS DE IDADE ..................................................................................... 25 C ADRO 8. V ARIABLES INSERIDAS NO MODELO ....................................................................................................... 27 C ADRO 9: E STIMACIÓN DOS MODELOS ................................................................................................................ 27 ÍNDICE DE FIGURAS F IGURA 1: P ORCENTAXE DE PERSOAS EMPREGADAS TELETRABALLANDO ( OCASIONAL OU NORMALMENTE ) DENDE O FOGAR , UE28 POR PAÍS (2019) ........................................................................................................................... 11 F IGURA 2: P ORCENTAXE DE HOMES E MULLERES EMPREGADOS TELETRABALLANDO ( OCASIONAL OU NORMALMENTE ) UE28 POR PAÍSES (2019) ....................................................................................................................................... 12 F IGURA 3: P ORCENTAXE DE HOMES E MULLERES EMPREGADOS TELETRABALLANDO OCASIONAL OU NORMALMENTE NA UE28 ( EVOLUCIÓN 2008-2019) ....................................................................................................................... 13 F IGURA 4: S ATISFACCIÓN MEDIA EN FUNCIÓN DA EXPERIENCIA PREVIA CO TELETRABALLO .............................................. 19 F IGURA 5: S ATISFACCIÓN PERCIBIDA EN FUNCIÓN DO APOIO DE COLEGAS E SUPERIORES ................................................ 21 F IGURA 6: S ATISFACCIÓN EN FUNCIÓN DA PROVISIÓN DE EQUIPAMENTO AXEITADO POR PARTE DA EMPRESA ..................... 22 F IGURA 7: D IFERENCIAS ENTRE GRUPOS E GAPS NA SATISFACCIÓN MEDIA ................................................................... 23 F IGURA 8: H ORAS MEDIAS SEMANAIS DEDICADAS A COIDADOS DO FOGAR , MENORES OU MAIORES .................................. 24 F IGURA 9: S ATISFACCIÓN PERCIBIDA EN FUNCIÓN DO TOTAL DE HORAS DE COIDADOS ( FOGAR , MENORES E MAIORES ) ......... 25
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 5 Introdución O teletraballo defínese como aquela praxe na que a persoa traballadora realiza as labores fóra das instalacións da empresa, xeralmente dende o fogar, pero tamén dende outros lugares como locais de hostalería ou oficinas de “coworking” (Eurofound e International Labour Office, 2017). O auxe das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) a partir dos anos 90, facilitou o desenvolvemento en remoto de moitas tarefas do ámbito laboral, favorecendo o incremento do número de entidades que se adheriron -total ou parcialmente- a este novo modelo de traballo. Na literatura de referencia non existe un consenso xeneralizado dos efectos do teletraballo sobre as persoas empregadas, nin tampouco dos factores persoais, sociais, ambientais ou doutro tipo que xeran satisfacción ou insatisfacción cando se traballa en remoto. Por exemplo, estudos precedentes destacan as bondades desta nova práctica tales como a mellora na eficiencia laboral das persoas empregadas, a mellora do equilibrio familia-traballo, a redución do nivel de estrés ou a redución dos custos fixos das empresas (por exemplo, Bailey e Kurland, 2002; Fonner e Roloff, 2010; Johnson et al., 2007; Morgan, 2004). Outros autores destacan algúns factores constritores do teletraballo como o illamento, a falta de feedback ou a carencia de apoio por parte da empresa (Vander elst et al., 2017). Sobre a base dos datos incluídos na enquisa “Living, Working and COVID-19” realizada por Eurofound, este traballo analiza o efecto de certos factores persoais ou empresariais sobre a satisfacción percibida polas persoas traballadoras. Asemade, examina se o efecto entre mulleres e homes é similar, para identificar se algún determinante desta modalidade de traballo puidese prexudicar especialmente ás mulleres traballadoras.
D. Alonso 6 Planificación Outubro Novembro Decembro L MA M X V S D L MA M X V S D L MA M X V S D 1 2 3 4 1 12345 6 5678910 11 234567 8 7 8 9 10 11 12 13 12 13 14 15 16 17 18 9 10 11 12 13 14 15 14 15 16 17 18 19 20 19 20 21 22 23 24 25 16 17 18 19 20 21 22 21 22 23 24 25 26 27 26 27 28 29 30 31 23 24 25 26 27 28 29 28 29 30 31 30 Xaneiro Febreiro Marzo L MA M X V S D L MA M X V S D L MA M X V S D 12 3 123456 7 123456 7 456789 10 8 9 10 11 12 13 14 8 9 10 11 12 13 14 11 12 13 14 15 16 17 15 16 17 18 19 20 21 15 16 17 18 19 20 21 18 19 20 21 22 23 24 22 23 24 25 26 27 28 22 23 24 25 26 27 28 25 26 27 28 29 30 31 29 30 31 Abril Maio Xuño L MA M X V S D L MA M X V S D L MA M X V S D 1 2 3 4 1 2 12345 6 5678910 11 345678 9 7 8 9 10 11 12 13 12 13 14 15 16 17 18 10 11 12 13 14 15 16 14 15 16 17 18 19 20 19 20 21 22 23 24 25 17 18 19 20 21 22 23 21 22 23 24 25 26 27 26 27 28 29 30 24 25 26 27 28 29 30 28 29 30 31 Escolla de título e titor Revisión bibliográfica Entrega á titora Reunións coa titora Elaboración do traballo Depósito
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 7 Desenvolvemento do traballo 1. Obxectivos O obxectivo principal deste traballo é a análise dos factores que afectan á satisfacción laboral nun contexto de traballo en remoto, tamén coñecido como teletraballo. A pandemia de COVID-19, cuxos efectos aínda perduran, mudou a nosa forma de vivir, relacionarnos e traballar; pero tamén a nosa forma de entender os citados procesos vitais e laborais. Como é sabido, a única medida que resultou realmente eficaz para minimizar a expansión do virus foi a consistente en illamentos e corentenas domiciliarias. Isto provocou a paralización da produción en moitas empresas, mentres que outras puideron alternativamente mantela de xeito total ou parcial a través do traballo remoto. Estas circunstancias obrigaron a empresas e organizacións a acelerar o proceso de dixitalización previamente iniciado, dando á vez un pulo cuantioso -aínda que forzadoao teletraballo, un fenómeno en auxe pero que tiña percorrido limitado ata o pasado ano. Así, unha vez superadas as necesidades de illamento case total, moitas empresas valoran a permanencia do traballo remoto alentadas polos seus efectos positivos -como o menor tempo de desprazamento para traballar, as vantaxes medioambientais, as facilidades de conciliación ou o mellor equilibrio persoal e profesionalsen necesariamente prexudicar a produtividade. Porén, menos coñecidas son as implicacións que o teletraballo ten nas rutinas laborais das persoas, como tamén hai certo descoñecemento dos procesos de axuste e adaptación a este novo paradigma. En consecuencia, semella relevante analizar as reaccións a este novo contexto das persoas, que en definitiva son as protagonistas últimas deste proceso evolutivo. O estudo da satisfacción (ou insatisfacción) persoal nesta nova contorna laboral, permite identificar as variables que non só melloren o ánimo e benestar das persoas traballadoras, senón tamén outros aspectos como a súa produtividade. Para isto, o presente traballo analiza os factores que poden ter especial influencia na satisfacción -ou a súa ausenciadas persoas co teletraballo, sexan estas variables de carácter físico ou psicolóxico, ambientais, sociais ou doutro tipo. Neste contexto, prestarase especial atención ás similitudes e diferenzas entre homes e mulleres no que a satisfacción laboral se refire, testando a posible existencia de distintos comportamentos e sensación de satisfacción en función do xénero das persoas traballadoras. Este último aspecto é de especial interese, xa que axudará a ter unha comprensión máis profunda sobre as dinámicas que afectan ós roles de xénero e como estes afectan á satisfacción (ou insatisfacción) en cada caso. Deste xeito, poderanse identificar actitudes ou elementos que permitan unha mellora substancial da satisfacción co traballo remoto, introducindo un enfoque que procure unha mellor equidade. Como xa se anticipou, o obxectivo prioritario deste traballo é a análise das variables que inciden na satisfacción co teletraballo. Para poder acadar dito fin, articúlanse os seguintes obxectivos específicos: 1) Definir os conceptos máis relevantes concernentes á investigación, comezando co propio concepto de teletraballo. 2) Delimitar e describir o estado da cuestión que sustenta teoricamente este traballo, atendendo especificamente a dous aspectos: (a) as contribucións teóricas e as evidencias empíricas que relacionan a satisfacción laboral e os elementos propios do
D. Alonso 8 teletraballo; e (b) as contribucións que relacionan a satisfacción laboral co teletraballo baixo unha perspectiva de xénero. 3) A partir dos factores identificados no marco teórico, analizar as variables incluídas na enquisa “Living, Working and Covid-19” realizada por Eurofound 1 entre abril e xuño de 2020, co fin de establecer un marco comparativo de estimación dos factores con especial incidencia na satisfacción laboral. 4) Expor un modelo econométrico para estudar a relación destas variables coa satisfacción laboral, aplicando explicitamente unha perspectiva de xénero que permita obter un mellor coñecemento dos procesos que afectan á satisfacción co traballo en remoto das mulleres e dos homes. 5) Interpretar os resultados obtidos da estimación e aportar conclusións coherentes que permitan sentar as bases para futuros estudos neste ámbito. Neste apartado prestarase especial atención ás suxestións de carácter práctico que podan extraerse dos resultados obtidos. Esta cuestión é especialmente importante perante os actuais debates sobre a conveniencia do retorno á actividade presencial, as posibles combinacións de cantidade de teletraballo que puideran conducir a un mellor resultado, ou a distinta perspectiva que podan ter as persoas empregadas ou empregadoras en relación coas vantaxes e inconvenientes do traballo en remoto. Igualmente, permitirá avanzar no coñecemento dos posibles efectos nocivos que o teletraballo poida ter no desenvolvemento profesional das mulleres. Os cambios radicais do paradigma laboral que aconteceron recentemente, xustifican o interese desta investigación. Na última década, a dixitalización incrementou a posibilidade de realizar o traballo habitual dende un lugar distinto ás instalacións físicas da empresa, pero a pandemia da Covid-19 actuou como elemento acelerador desta tendencia. Ante a celeridade coa que se dixitalizaron distintos aspectos da vida das persoas, en especial no eido laboral, parece relevante analizar dende unha perspectiva crítica as vantaxes e desvantaxes destes avances, así como a súa repercusión na satisfacción ou insatisfacción de traballadores e traballadoras. 2. Estrutura O traballo desenvólvese en tres seccións diferenciadas. A primeira describe o marco teórico que fundamenta esta investigación, avanzando as bases conceptuais do estudo e delimitando os conceptos básicos que serán analizados. A continuación, revisaranse as principais contribucións teóricas e evidencias empíricas que relacionan o teletraballo e a satisfacción laboral, así coma os estudos que permiten diferenciar estes efectos en función de se quen teletraballa son mulleres ou homes. O estudo empírico centra a segunda parte. Primeiro, descríbese a enquisa utilizada para a análise, así como as variables escollidas. A continuación, preséntase a análise da satisfacción en función de diferentes variables condicionantes, prestando especial atención ás que afectan a mulleres e homes. Por último, suxírese un modelo para realizar a estimación e posterior interpretación dos resultados. 1 Eurofound é a Fundación Europea para a mellora das condicións de vida e do traballo. Cada 5 anos elabora un completo informe sobre diversos aspectos relacionados coas condicións de vida e traballo a nivel europeo (European Working Conditions Survey), tamén realiza estudos máis puntuais como é o caso da enquisa utilizada neste traballo, cuxo informe leva o nome de “Living, Working and Covid-19”.
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 9 Finalmente, a terceira sección céntrase en expor as principais conclusións da análise e as súas principais implicacións, así como as limitacións do estudo e das posibles vías para futuras investigacións neste campo. 3. Marco teórico Este apartado inicial define os conceptos básicos que serán utilizados ao longo deste traballo, co obxectivo de identificar e explicar as variables principais que afectan ó seu desenvolvemento. Por outra banda, tamén se realizará unha revisión dos elementos que parecen poder incidir na satisfacción co teletraballo. Nesta aproximación teórica resulta de interese facer unha revisión do propio concepto de teletraballo e a súa evolución histórica. De igual xeito, interesa identificar e describir aqueles factores que teoricamente inflúen no desexo de implementar o traballo remoto, sempre sobre a base de evidencias empíricas obtidas a partir de traballos previos neste eido de estudo. Finalmente, no último apartado revisarase o estado de implantación do teletraballo, e observarase a súa evolución cuantitativa así como as diferencias entre países con datos de Eurostat para 2019 2 . Neste proceso, prestarase especial atención á introdución da perspectiva de xénero na análise, co obxectivo de ter unha visión individualizada da forma e evolución do teletraballo entre mulleres e homes que servirá de base teórica para as estimacións e conclusións da parte empírica posterior. 3.1 Terminoloxía e definicións O teletraballo tende a asociarse co proceso de traballo exercido dende un lugar distinto á oficina ou local da empresa, mais non existe un termo estandarizado co que referirnos a este fenómeno. Así, atópanse denominacións alternativas como traballo en remoto, traballo a distancia, traballo dende a casa (“home-based telework”) ou e-traballo (“e-work”). Non debemos esquecernos do termo “telecommuting”, moi usado por autores principalmente americanos e canadenses, sendo o termo teletraballo máis usado por europeos e asiáticos (Andreev et al. 2010). Por tanto, pese a non ser un fenómeno recente, non existe unha definición universal e estandarizada do termo. De igual forma, diferentes autores salientan distintas características do teletraballo, destacando en todas un denominador común: a énfase tanto no lugar de traballo como no soporte do mesmo, é dicir, nas TIC. A primeira aproximación ao concepto é atribuída a Nilles (1975), quen observou xa a necesidade dunha “descentralización” do traballo co fin de evitar os efectos nocivos que as aglomeracións producían principalmente nas cidades. Este autor definía o termo “telecommuting” como a dinámica consistente en que o persoal das empresas dispuxese de oficinas preto dos seus fogares (non no propio fogar) coa finalidade de evitar o largo traxecto á sede central. Este autor, tamén observou a necesidade de ferramentas computacionais e de telecomunicacións para o desenvolvemento do traballo remoto. Dende esta aportación pioneira, o concepto foise refinando de xeito paulatino. Definicións posteriores describen o teletraballo de forma máis específica e adaptada á evolución tecnolóxica, incluíndo como característica esencial o uso das ICT´s (Tecnoloxías da Información e a comunicación, polas súas siglas en inglés) para desenvolver parte do traballo de forma descentralizada (Pérez et al., 2003; Garret e Danziger, 2007; Nakrošienė et al., 2019). 2 Os datos para 2020 non están recollidos totalmente polo que se decidiu usar os correspondentes a 2019
D. Alonso 16 4 Análise empírica A segunda parte deste traballo ten como obxectivo realizar unha análise empírica que permita contrastar as hipóteses enunciadas anteriormente. Para a súa consecución, inicialmente realizase unha análise descritiva a partir da interacción da variable satisfacción co teletraballo con outras variables, co fin de poder extraer conclusións ó respecto. A continuación, preséntase un modelo probit ordenado para observar esas mesmas relacións a través dun modelo de dependencia que permita identificar a dirección e significatividade destas. A perspectiva de xénero aplícase de forma transversal ás citadas análises. 4.1 Análise descritiva 4.1.1 A enquisa A fonte de datos para o estudo son as variables incluídas na enquisa “Living, working and Covid- 19” realizada por Eurofound. Segundo o anexo metodolóxico, as motivacións para a realización desta recollida residen no afán de capturar de forma prematura os efectos socio-económicos do estalido da pandemia en marzo de 2020. A enquisa pretende investigar o impacto da emerxencia sanitaria no benestar, traballo e teletraballo e na situación financeira das persoas enquisadas. Con este fin, combínanse cuestións procedentes da Eurofound´s European Quality of Life Survey (EQLS) e a European Working Conditions Survey (EWCS), con outras cuestións específicas relacionadas coa situación pandémica. A enquisa, realizada en liña, está organizada en 2 roldas. A primeira foi levada a cabo entre o 9 de abril e o 1 de maio de 2020 e a segunda entre o 22 de xuño e o 27 de xullo de 2020. Para a realización da análise descritiva e a posterior modelización utilizaranse os datos da segunda rolda da enquisa, por considerar que reflicte unha situación máis realista ao estar realizada con posterioridade á etapa de confinamento que se produciu na gran maioría de países europeos. Por conseguinte, corresponde a unha situación de maior normalidade onde xa existía, en moitos casos, a posibilidade de regresar ó posto de traballo de maneira presencial. A poboación obxectivo desta enquisa son persoas maiores de 18 anos dos 27 países de UE. Os participantes recrutáronse por mostraxe de conveniencia non controlado, concretamente mediante a distribución do enlace á enquisa entre os contactos e partes interesadas de Eurofound. A recollida de datos promocionouse principalmente a través de publicidade en redes sociais. O principal motivo de realización da enquisa en liña foi o de capturar de forma prematura o impacto da pandemia nos distintos ámbitos relacionados co traballo (como se dixo anteriormente). O tamaño final da mostra para a rolda 2 foi de 24.123 persoas, das cales 7.862 (35,52 %) afirman teletraballar, esta é a parte da mostra incluída nesta análise. Descrita a ficha técnica da enquisa, débese puntualizar que presenta diversas eivas probablemente derivadas da celeridade coa que foi levada a cabo e o sistema de recollida de datos (on-line). Por exemplo, hai elementos pouco balanceados no que a representatividade se refire, como que preto do 70 % das persoas participantes son mulleres, ou que unha porcentaxe moi baixa da mostra afirma ter menores a cargo. Igualmente, algunhas das respostas “libres” (horas semanais de deporte, por exemplo) teñen unha cantidade importante de outliars ou datos atípicos.
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 17 4.1.2 Instrumentos de medida Toda vez determinada a mostra obxectivo do estudo, procédese a identificar as variables obxecto da análise que, como se referiu anteriormente, proceden da enquisa Living, working and Covid-19. Todas as preguntas da enquisa mídense nunha escala Likert de 5 categorías, con diferentes valoracións en función da natureza da pregunta. Débese aclarar que inicialmente as respostas da escalan estaban codificadas para ir dende 1= moi de acordo a 5= moi en desacordo, mais procedeuse a recodificar as variables para que a escala fose de 1= moi en desacordo a 5= moi de acordo, por ser esta escala crecente máis intuitiva. En primeira instancia, identifícase como variable dependente ou explicada a percepción do nivel de satisfacción co teletraballo. A pregunta da enquisa que máis se axusta a esta medición é a codificada como D215_05, concretamente: “En xeral, estou satisfeito coa miña experiencia teletraballando”. As respostas a esta pregunta varían dende 1= Moi en desacordo ate 5= Moi de acordo Como variables independentes propóñense: • A experiencia previa teletraballando estímase a través da pregunta “Con que frecuencia teletraballaches antes da pandemia de Covid-19?” (D206). As respostas oscilan nunha escala tipo Likert onde 1= Nunca e 5= Diariamente. • O apoio de compañeiros e colegas mide a sensación de apoio recibida a través da cuestión: “Os compañeiros e compañeiras axúdanche e apóiante” (D213_05), nunha escala Likert de 5 categorías entre 1= Nunca ate 5= Sempre. • De forma similar á pregunta anterior, o apoio de xefes estima a percepción do apoio dos superiores a través da cuestión “O teu xefe/xefa axúdache e apóiate” (D213_06) mediante unha escala Likert dende 1= Nunca a 5=Sempre. • O equipamento provisto pola empresa intenta observar o nivel de satisfacción en función da afirmación “a empresa proveme con todo o equipamento necesario para teletraballar” (D215_04). As respostas posibles oscilan en cinco categorías entre 1= Moi en desacordo ate 5= Moi de acordo. • O xénero mídese a través dunha pregunta directa, a B202 “como te describirías?” sendo as posibles respostas 1= home, 2= muller 3= de outra maneira. • A variable total de horas de coidados, foi xerada como suma das variables rexistradas na enquisa Número de horas á semana que coida nenos (D212_01); Número de horas á semana que coida maiores (D212_02) e Número de horas á semana que coida a casa (D212_03). A resposta era libre, podendo inserir o número de horas estimadas dedicadas a cada tarefa. Esta variable é usada para complementar a análise respecto á variable xénero. • Finalmente, a idade mídese tamén a través de pregunta directa, “Cantos anos tes?“ (B203). A resposta admitía calquera número enteiro comprendido entre 18 e 122. Destacar que para unha mellor análise e comprensión dos datos, estas variables foron posteriormente agrupadas en dúas categorías, para detectar diferencias entre quen traballa frecuente ou esporadicamente, quen percibe pouco o moito apoio (sexa de colegas, organizativo ou loxístico), e quen dedique máis ou menos tempo ás tarefas de coidados. En canto a idade, os datos foron agrupados en catro grupos.
D. Alonso 18 4.1.3 Metodoloxía Unha vez presentados os instrumentos de medida, procede explicar a metodoloxía a desenvolver. A análise exponse principalmente en dous pasos: por unha banda, utilizarase a variable explicada (satisfacción co teletraballo) para calcular a satisfacción media das persoas practicando esta modalidade condicionada ás distintas categorías das variables explicativas. Pola outra, estímase a influencia de factores socio-demográficos e especialmente a do xénero. Con este fin, estímase un modelo probit ordenado cuxa variable explicada será a satisfacción co teletraballo. Posteriormente, o modelo deriva en tres diferenciados: un xeral, un para homes e outro para mulleres, así poderase comprobar en que medida inciden as variables explicativas na satisfacción co traballo. 4.1.4 Análise descritiva Neste apartado realizarase unha primeira análise descritiva dos datos recollidos na enquisa realizada por Eurofound. En primeiro lugar, presentaranse as variables para, posteriormente, analizar de forma conxunta o valor da satisfacción laboral media en función das distintas variables escollidas para contrastar as hipóteses propostas. Experiencia previa O Cadro 1 presenta a satisfacción media das persoas condicionada á súa experiencia previa realizando traballo en remoto. Segundo a primeira hipótese, espérase que a experiencia previa teletraballando antes da pandemia sexa un factor relevante á hora de que as persoas que traballan en remoto teñan certas rutinas ou dinámicas máis establecidas. Cadro 1. Satisfacción e experiencia previa Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) O dato de frecuencia permite explorar a experiencia previa das persoas co traballo en remoto. En termos xerais, un 68,21 % das persoas participantes na enquisa tiñan escasa experiencia, que se pode cualificar de esporádica. De estas, 4.288 (arredor dun 52,5 %) apenas tiñan experiencia con esta modalidade de traballo, e 1.124 practicárano de forma esporádica. Por outra banda, 2.444 persoas (o 31,67 % do total) afirman ter teletraballado no pasado de forma máis ou menos asidua. A figura 3 amosa a relación entre a experiencia previa co traballo en remoto e a satisfacción laboral das persoas enquisadas. Obsérvase unha relación positiva entre estas variables, (H 1 ) EXPERIENCIA PREVIA CO TELEBRABALLO Categorías Frecuencias Satisfacción percibida (media xeral) Categorías Agrupadas Satisfacción percibida (agrupada) 1 (Nunca) 2.629 (33,44 %) 3,81 Teletraballo previo á Covid-19 esporádico 3,91 2 ( Case nunca) 1.659 (21,19 %) 3,78 3 (Varias veces ó mes) 1.124 (14,29 %) 3,92 4 (Varias veces á semana) 1.021 ( 12,98 %) 4,02 Teletraballo previo á Covid-19 habitual 4,05 5 (Diariamente) 1.423 (18,09 %) 4,09 NA 6 (0.01 %) - TOTAL 7.862 (100%) 3,90 SD 1,03
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 19 outorgando aqueles que nunca teletraballaran antes unha satisfacción media de 3,81 sobre 5, e aqueles que o fixeran diariamente unha satisfacción media de 4,09 sobre 5. Esta relación obsérvase de forma máis clara na figura da dereita, onde se representan agrupadas as categorías en función da experiencia previa recoñecida polas persoas enquisadas. Figura 4: Satisfacción media en función da experiencia previa co teletraballo Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Os resultados suxiren que existe unha relación entre experiencia previa teletraballando e a satisfacción percibida co traballo remoto, sendo esta relación positiva. Porén, cabe sinalar que a satisfacción é menor para aqueles que case nunca teletraballaron fronte a aqueles que nunca tiñan teletraballado. Este resultado pode relacionarse co efecto novidade: as persoas totalmente inexpertas puideron descubrir esta nova modalidade e algunhas das súas bondades, mentres que estas novidades non son evidentes para quen xa traballara en remoto algunha vez. Por tanto, o factor novidade podería estar elevando a satisfacción de aqueles totalmente inexpertos fronte a aqueles que de forma moi esporádica xa o practicaran.
D. Alonso 20 Apoio organizativo Neste apartado analízase o efecto do apoio organizativo na satisfacción do traballo en función de tres dimensións: o apoio percibido polos colegas de traballo, o prestado polos superiores na organización ou a través da provisión do material necesario para traballar en remoto (apoio loxístico). O cadro 2 reflicte a satisfacción laboral percibida polas persoas que teletraballan en función da súa valoración do apoio percibido de parte do resto de compañeiros e compañeiras. Cadro 2. Apoio de colegas e satisfacción con traballo Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Cando se diferencian dous grupos de apoio percibido -pouco apoio percibido (categorías 1 a 3) e alta percepción de apoio (categorías 4 e 5)- pódese comprobar que as diferenzas na satisfacción media son relativamente importantes. Concretamente, aqueles que perciben pouco apoio arroxan un valor que rolda o 3,75 sobre 5, mentres que quen percibe un maior apoio dos compañeiros conta con unha satisfacción media superior (de arredor de 4 sobre 5). Cabe sinalar que un 54.03 % das persoas participantes na enquisa consideran que reciben un apoio suficiente dos colegas, fronte a un 45.97 % que considera non recibir suficiente apoio. A continuación, o cadro 3 permite comprobar a satisfacción media das persoas traballadoras condicionada á percepción de apoio que reciben por parte dos seus superiores (xefas e xefes). Para esta análise, diferéncianse tamén dous grupos, coa mesma agrupación de categorías que na análise anterior (pouco apoio percibido e alta percepción de apoio). Como se pode observar, a tendencia é moi semellante á anteriormente descrita: aqueles que perciben un maior apoio están máis satisfeitos en media co teletraballo, fronte a aqueles que perciben un menor nivel de apoio. (H 2. a ) APOIO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS (COLEGAS) Categorías Frecuencias Satisfacción (media xeral) Categorías Agrupadas Media de satisfacción 1 (Nunca) 243 (3,10 %) 3,74 Pouco apoio percibido 3,76 2 ( Case nunca) 900 (11,50 %) 3,67 3 (Varias veces ó mes) 2.293 (29,20 %) 3,79 4 (Varias veces á semana) 2.990 (38,03 %) 3,99 Moito apoio percibido 4,02 5 (Diariamente) 1.251 (16 %) 4,11 NA 185 (0,02 %) - - TOTAL 7.862 (100%) 3,90 SD 1,03
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 21 Cadro 3. Apoio da dirección e satisfacción co teletraballo Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Estes datos resúmense na figura 5, que presenta a satisfacción media co traballo remoto en función das categorías de apoio por parte do distinto persoal da organización. Este gráfico é útil para representar de forma individual como varía a satisfacción percibida en función do apoio percibido por parte de superiores e colegas. En conxunto, a tendencia de ámbalas dúas variables é crecente, o que permite deducir que un maior apoio dos superiores e colegas redundaría tamén nunha maior satisfacción co traballo en remoto. Ao igual que no caso anterior, o efecto da falta de apoio na satisfacción (1=nunca) é máis positivo que para quen considera que o apoio é esporádico (2=raramente). Este resultado podería relacionarse coa escasa mostra de persoas desta categoría podendo resultar pouco representativa, a parte disto, unha razón que pode explicar o comportamento desta variable nestas categorías podería vir influído pola novidade. O feito de que alguén nunca estivera apoiado pola organización pode non percibir a súa importancia, mais aquelas persoas que si perciben apoio pero de maneira escasa, poden sentir esta carencia afectando así á satisfacción percibida. Figura 5: Satisfacción percibida en función do apoio de colegas e superiores Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Finalmente, analízase tamén o efecto na satisfacción en función do grao no que a empresa facilita o equipamento preciso para realizar o traballo en remoto (ordenador, material de oficina, software, etc...). Neste senso, os datos incluídos no Cadro 4 constatan que aquelas persoas que consideran que a empresa lles facilitou o material necesario para desenvolver o (H 2 .b ) APOIO DE XEFES E XEFAS Categorías Frecuencias Satisfacción percibida (media xeral) Categorías Agrupadas Satisfacción percibida (agrupada) 1 (Nunca) 420 (5,35 %) 3,70 Pouco apoio percibido 3,77 2 ( Case nunca) 1.137 (14,46 %) 3,67 3 (Varias veces ó mes) 1.702 (21,65 %) 3,85 4 (Varias veces á semana) 2.074 (26,38 %) 4,00 Moito apoio percibido 4,00 5 (Diariamente) 1.148 (14,60 %) 4,18 NA 1.381 (17,56 %) - - TOTAL 7.862 (100 %) 3,90 SD 1, 03
D. Alonso 22 traballo contan cunha satisfacción media teletraballando superior. Se observamos as categorías agrupadas, vemos que a diferencia entre as mesmas é notable, obtendo unha satisfacción media de 3,65 sobre 5 aquelas persoas cuxa empresa non lles facilitou en gran medida o material preciso (categorías 1,2 e 3) fronte a un 4,08 sobre 5 para aqueles que consideran ter recibido o material necesario por parte da empresa (categorías 4 e 5). Cadro 4. Provisión de equipamento e satisfacción con traballo Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Estes datos resúmense na figura 6, que presenta a satisfacción media co teletraballo en función da percepción de distintos niveis de provisión de equipamento pola empresa. Como se observa, a satisfacción media das persoas enquisadas que practican a modalidade vese influenciada de forma positiva polo feito de que a empresa ou organización facilite o material necesario para levar a cabo o seu traballo de forma remota. En concreto, a satisfacción media para as persoas participantes que afirman nunca ter recibido o equipamento necesario é de 3,54 sobre 5, fronte a unha satisfacción media de 4,42 sobre 5 para quen asegura que a empresa lles facilitou totalmente as ferramentas para o teletraballo. Figura 6: Satisfacción en función da provisión de equipamento axeitado por parte da empresa Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) (H 2 . c ) Equipamento provisto pola empresa Categorías Frecuencia Satisfacción equipamento axeitado Categorías agrupadas Media de satisfacción 1 (Nunca) 1.098 (13,97 %) 3,542 3,65 2 ( Raramente) 1.015 (12,90 %) 3,641 Equipamento non provisto 3 (Ás veces) 837 (10,65 %) 3,815 4 (A maioría das veces) 1.745 (22,20 %) 3,998 4,08 5 (Sempre) 1.220 (15,52 %) 4,429 Equipamento provisto NA 1.947 (24,76 %) - - TOTAL 7.862 (100%) 3,90 SD 1,03
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 23 Como se recordará, as hipóteses propostas expuñan que a satisfacción co teletraballo podía verse influída pola experiencia anterior con este sistema de traballo (H 1 ) e a percepción de apoio dos colegas, os superiores e a organización (H 2 ). O tratamento inicial dos datos da enquisa permite constatar o cumprimento das hipóteses, observándose unha incidencia clara destes factores na satisfacción media co teletraballo. A análise das categorías agrupadas (Figura 7) permite observar mellor esta relación, que ademais é positiva. É dicir, que canto maior sexa a experiencia previa e maior a percepción de apoio -de todo tipo-, maior será tamén a satisfacción percibida. Obsérvase tamén que o maior efecto parece corresponder co apoio loxístico, pois as persoas que perciben un nivel alto desta axuda melloran a súa satisfacción media en preto dun 12 % en relación cos que non perciben axuda en recursos para desenvolver o seu traballo. Pola contra, a experiencia previa co teletraballo é a variable con menor efecto potencial sendo o incremento dun 3,60 % entre os que non tiveron experiencia e os que tiveron moita. Figura 7: Diferencias entre grupos e gaps na satisfacción media Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Factores socio-demográficos Neste apartado, considérase a posible influencia de variables de tipo demográfico, nomeadamente o xénero e a idade, na percepción de satisfacción co teletraballo. De xeito similar, analizarase o efecto do número de horas dedicadas a tarefas relacionadas cos coidados (fogar, menores ou maiores) para estimar o seu posible efecto nas diferenzas de xénero. O cadro 5 amosa estas diferenzas. Como se observa, aparentemente non existe unha diverxencia significativa en canto á satisfacción co teletraballo entre homes e mulleres, sendo mínima a disparidade entre as puntuacións. Cadro 5. Xénero e satisfacción (hipótese 3.a) Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) (H 3 .a ) Diferenzas entre xéneros Categoría Frecuencia Satisfacción media percibida Mulleres 5.444 (69,24 %) 3,91 Homes 2.352 (29,92 %) 3,90 NA 66 (0,84 %) - Total 7.862 (100 %) 3,90 SD 1,03
D. Alonso 24 Para poder afondar nesta análise, estúdase o efecto do número de horas de coidados que, como se anticipou, é estimado a partir da suma das variables Número de horas á semana que coida menores, maiores e coidado do fogar. O obxectivo desta análise é observar as horas semanais que dedica cada grupo en media a coidados diversos, para posteriormente analizar a satisfacción percibida polas persoas participantes que dedican pouco tempo fronte as que dedican máis horas. Figura 8: Horas medias semanais dedicadas a coidados do fogar, menores ou maiores Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Como se pode apreciar na figura 8, a cantidade de horas que, en media, pasan as mulleres realizando tarefas relacionadas co coidado é notablemente superior en comparación ás dedicadas polos homes. En concreto, as mulleres dedican en media sete horas semanais máis a estas tarefas (case un 40 % máis de tempo). O cadro 6 permite realizar unha análise detallada da influencia deste tempo de coidado. Como se observa, a carga de traballo de coidados ten unha influencia negativa sobre a satisfacción co teletraballo. Cadro 6. Horas semanais dedicadas ó coidado do fogar, menores e maiores Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) A figura 9 corrobora esta relación inversa entre o tempo de coidado e a satisfacción. Así, as persoas que declaran dedicar menos de 15 horas semanais aos coidados presentan en media unha satisfacción maior que aqueles que afirman realizar máis de 60 horas á semana nesta labor. A este respecto, cabe sinalar que na última categoría foron eliminados os valores máis extremos que se consideran erros de interpretación das persoas participantes. (H 3 .a) Diferenzas entre xéneros Categorías Frecuencia Satisfacción media percibida (0 - 15 horas) 3.068 ( 39,02 %) 3,97 (16 - 30 horas) 1.844 ( 23,45 %) 3,94 (31 - 45 horas) 902 ( 11,48 %) 3,89 (46 - 60 horas) 334 ( 4,25 %) 3,80 (60 + horas) 1.665 ( 21,18 %) 3,77 Na 263 ( 3,36 %) -
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica 25 Figura 9: Satisfacción percibida en función do total de horas de coidados (fogar, menores e maiores) Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) Tendo en conta que a carga de traballo de coidados é moi superior no caso das mulleres, esta relación inversa entre carga de traballo doméstico e satisfacción co traballo remoto debería afectar máis claramente ó xénero feminino. Esta cuestión será obxecto de análise posterior. No que se refire ao efecto da idade, os datos presentados no cadro 7 amosan que, en termos xerais, as diferenzas son mínimas. Curiosamente, os individuos de maior idade (maiores de 60 anos) presentan a maior taxa de satisfacción media con 3,94 puntos sobre 5 fronte ás persoas de mediana idade (entre 35 e 59). Estas parecen estar menos satisfeitas co traballo en remoto, corroborando as aportacións de Sener e Reeder (2012) en relación con que as persoas de este grupo de idade tenden a presentar un menor nivel de satisfacción co traballo remoto por diversos factores, como pode ser o desempeño de postos de responsabilidade que non é doado desenvolver de xeito non presencial. Cadro 7. Satisfacción percibida por grupos de idade Fonte: Elaboración propia con datos de Eurofound (2020) (H 3. b ) Diferenzas por tramos de idade Categorías Frecuencia Satisfacción media percibida <35 1.376 (17,50 %) 3,91 35-49 3.034 (38,60 %) 3,90 50-59 2.409 (30,64 %) 3,90 >60 1.043 (13,26 %) 3,94 Total 7862 (100 %) 3,90 SD 1,03
D. Alonso 32 Martínez-Sánchez, A., Pérez-Pérez, M., Vela-Jiménez, M.J. & de-Luis-Carnicer, P. (2008). Telework adoption, change management, and firm performance. Journal of Organizational Change Management, 21(1) 7-31 Mathieu, J. E., & Zajac, D. (1990). A review and meta-analysis of the antecedents, correlates, and consecuences of organizational commitment. Psychological Bulletin, 108(2), 171-194. https://doi.org/10.1037/0033-2909.108.2.171 Mendels, F. (1972). Proto-industrialization: The first phase of the industrialization process . The Journal of Economic History, 32(1), 241-261. https://www.jstor.org/stable/2117187 Mokhtarian, P., Bagley, M., & Salomon, I. (1998). The impact of gender, occupation, and presence of children on telecommuting motivations and constraints. Journal of the American Society for Information Science, 49(12), 1115-1134. Morgan, R.E. (2004). Teleworking: an assessment of the benefits and challenges. European Business Review, 16 (4) 344-357 Nakrošienė, A., Bučiūnienė, I., & Goštautaitė, B. (2019). Working from home: characteristics and outcomes of telework. International Journal of Manpower. Nguyen, M. H. (2021). Factors influencing home-based telework in hanoi (vietnam) during and after the COVID-19 era. Transportation, https://doi.org/10.1007/s11116-021-10169-5 Nilles, J. M. (1975). Telecommunications and organizational decentralization. IEEE Transactions on Communications, COM-23(10), 1142. http://adapt.it/adapt-indice-a-z/wpcontent/uploads/2017/07/Telecomm-and-Org-Decentralization.pdf Pérez, M., Martínez–Sánchez, A. & Pilar de Luis Carnicer, M. (2003). The organizational implications of human resources managers ‘perception of teleworking. Personnel Review, 32 (6), 733-755. Peters, P., Tijdens, K., & Wetzels, C. (2004). Employees´opportunities, preferences, and practices in telecommuting adoption. Information & Management, 41(4), 469-482. 10.1016/S0378- 7206(03)00085-5 Popma, J. (2013). The janus face of the "new ways of work": Rise, risks and regulation of normandic work 10.2139/ssrn.2376713 Sener, I., & Reeder, P. (2012). An examination of behavioral linkages across ICT choice dimensions: Copula modeling of telecommuting and teleshopping choice behaviour. Environment and Planning A: Economy and Space, 44(6) https://doi.org/10.1068/a44436 Vander Elst, T. (2017). Not extent of telecommuting, but job characteristics as proximal predictors of work-related well-being. Journal of Occupational and Environmental Medicine, 59(10), 180-186.