scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución reitoral do 02-02-2024 pola que se publica a convocatoria para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para as persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional ou laboral. Curso académico 2024-25

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 1 O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, en relación co acceso mediante acreditación de experiencia laboral ou profesional establece que: “1. Poderán acceder á universidade por esta vía os candidatos con experiencia laboral ou profesional en relación cunha ensinanza, que non posúan ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías e cumpran ou teñan cumpridos os 40 anos de idade no ano natural de comezo do curso académico. 2. O acceso realizarase respecto dunhas ensinanzas concretas, ofertadas por unha Universidade, a cuxo efecto o interesado dirixirá a correspondente solicitude á Universidade da súa elección. 3. A efectos do disposto neste artigo, as Universidades incluirán na memoria do plan de estudos verificado, de acordo co disposto no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, os criterios de acreditación e ámbito da experiencia laboral ou profesional en relación con cada unha das ensinanzas, de forma que permitan ordenar aos solicitantes. Entre os devanditos criterios incluirase, en todo caso, a realización dunha entrevista persoal co candidato, que poderá repetir en ocasións sucesivas”. Neste sentido, o Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece o organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, no seu artigo 15, Acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, remítese no seu apartado 1 “ao disposto no Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao”. No marco da Universidade de Santiago de Compostela, o seu Consello de Goberno, en sesión de 23 de marzo de 2011, acordou aprobar o Regulamento de acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral e profesional e non teñan titulación habilitante, normativa que non colida coas normas incluídas no real decreto citado, agás a data para o requisito de idade a considerar, que cambia do día 1 de outubro do ano de comezo do curso académico á consideración máis ampla, do ano natural en que comece o curso académico. É por isto, co fin de pór en marcha o procedemento de acceso legalmente previsto que, ESTA REITORÍA RESOLVE: Artigo 1. Obxecto da convocatoria 1.1. A presente convocatoria regula o acceso no curso 2024/2025 ás ensinanzas universitarias oficiais de grao das persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral e profesional e non teñan título oficial de acceso á universidade, conforme ao establecido no Real Decreto 412/2014. 1.2. A superación do proceso facultará para o ingreso unicamente aos estudos de grao desta universidade para os que se solicitou o acceso. Ao estar estes sometidos a límite de prazas para o inicio, a admisión quedará condicionada ao proceso de asignación da prazas reservadas para este colectivo. 1.3. Unha vez superado o acceso, os candidatos e candidatas poden presentarse en sucesivas convocatorias coa finalidade de mellorar a súa cualificación. A efectos de ingreso na titulación solicitada, tomarase en consideración a maior das cualificacións obtidas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 1 / 19 CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 2 Artigo 2. Requisitos As persoas maiores de 40 anos de idade que desexen presentarse deberán reunir os seguintes requisitos: a) Cumprir, ou ter cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2025. b) Non posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso. c) Acreditar experiencia laboral e profesional en relación coa ensinanza universitaria oficial de grao para a que se solicita o acceso. d) Superación dunha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil de estudos solicitados. Artigo 3.- Solicitude, prazo e prezos públicos 3.1. As persoas solicitantes deberán presentar unha solicitude, currículo e a documentación acreditativa da experiencia profesional ou laboral. O prazo de presentación será desde o día 9 de febreiro ata o día 29 de febreiro de 2024. A presentación da solicitude farase a través da sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/111/ver.htm). So no caso de imposibilidade de presentación na sede poderá solicitarse de forma presencial no Servizo de Xestión Académica (Pavillón Estudantil – 15782 Campus Vida – Santiago de Compostela) ou na Oficina Auxiliar de Asistencia en Materia de Rexistro do campus de Lugo (Edif. Biblioteca Intercentros – 27002 Campus Universitario – Lugo). A solicitude incluirá unha declaración xurada de non posuír título académico habilitante que lle faculte para o acceso á Universidade. A dirección de correo electrónico declarada na solicitude será o medio utilizado pola universidade para enviar as comunicacións e notificacións que se deriven deste proceso. Deberase incluír na solicitude, ademais, un número de teléfono móbil de contacto para a recepción das posibles comunicacións. De non ser posible a comunicación por algún destes medios, farase a través do taboleiro de anuncios electrónico oficial da USC. Coa presentación da solicitude na sede, xerarase o impreso de liquidación para o ingreso dos prezos públicos de inscrición no proceso que o interesado deberá aboar nese mesmo momento. Se a solicitude se realiza de forma presencial, xerarase o impreso de liquidación no momento da presentación. Unha vez aboados os prezos deberase enviar copia do xustificante de ingreso ao seguinte enderezo electrónico: [email protected]. O ingreso deberá realizarse dentro do prazo de matrícula. 3.2. Só se poderá solicitar a participación para unha ensinanza universitaria de grao en cada convocatoria. Extraordinariamente poderá autorizarse a participación para optar a máis dunha titulación se as datas da Segunda Fase (entrevista) non son coincidentes. Neste caso se xerará unha liquidación por cada Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 2 / 19 CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 3 titulación. 3.3. Xunto coa solicitude, as persoas interesadas anexarán de forma dixitalizada ou no seu caso entregarán: - Xustificación da redución ou exención dos prezos (de ser o caso). - Copia do documento de identificación. - Currículo segundo modelo que figura no Anexo II desta Convocatoria, acompañado da documentación acreditativa da experiencia laboral. 3.4. No caso de serlles requirido polo Tribunal, as persoas solicitantes deberán presentar ante este, de forma adicional, a documentación acreditativa dos datos incluídos no currículo. Calquera omisión ou falsidade dos datos declarados que poida inducir a facer unha valoración incorrecta do expediente, poderá dar lugar á anulación da matrícula e de todas as actuacións posteriores cando proceda, á marxe doutras responsabilidades que puidesen derivarse. 3.5. Conforme ao establecido para as probas de acceso á universidade no Decreto 98/2023 de 22 de xuño polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2023/24, os candidatos deberán aboar a cantidade de 63,67 €. Estarán exentos total ou parcialmente do pago as persoas solicitantes que se acollan aos beneficios da Lei de protección das familias numerosas, sempre que o seu correspondente título acreditativo estea vixente no prazo ordinario de matrícula. Así mesmo, estarán exentos do pagamento dos prezos públicos de matrícula os candidatos ou candidatas que estean nalgún dos seguintes supostos: Discapacidade.- As persoas que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% deberán presentar o documento acreditativo expedido pola autoridade competente. Vítimas de actos terroristas.- Serán de aplicación as exencións legais para vítimas de actos terroristas ou que sexan fillos ou cónxuxes non separados legalmente de falecidos ou feridos en actos terroristas. Esta condición, que se acreditará de conformidade co disposto no artigo 4 bis, apartado 3, da Lei 32/1999 de 8 de outubro , de solidariedade coas vítimas do terrorismo, deberá estar en vigor no prazo de matrícula. Violencia de xénero .- Será de aplicación ás persoas que sofren violencia de xénero, así como aos seus fillos. Esta situación acreditarase por algún dos seguintes documentos: a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. b) Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero. c) Certificación e/ou informe dos Servizos Sociais e/ou Sanitarios da Administración Pública Autonómica ou Local. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 3 / 19 CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 4 d) Certificación dos Servizos de Acollida da Administración Pública Autonómica ou Local. e) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia. f) Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social. g) Calquera outro que se estableza legal ou regulamentariamente. O documento acreditativo de dita condición deberá cumprir os requisitos establecidos no Decreto de Prezos Públicos que aproba anualmente a Xunta. Ingreso mínimo vital.- As persoas beneficiarias da prestación de ingreso mínimo vital aos que se lles recoñeza dita condición nos termos previstos na Lei 19/2021, do 20 de decembro, pola que se establece o ingreso mínimo vital. Axudas e subvencións da USC.- As persoas beneficiarias das axudas e subvencións para o persoal da universidade de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Outras exencións. Aplicaranse outras exencións que estean reguladas por disposicións normativas da Comunidade Autónoma de Galicia ou estatais. Artigo 4. Estrutura e cualificación 4.1. De conformidade co disposto no artigo 21.1 do Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias de Grao, os tribunais determinarán as medidas oportunas que garantan que os estudantes que presenten algún tipo de discapacidade poidan realizar o proceso nas debidas condicións de igualdade. 4.2. A avaliación da experiencia laboral e profesional desta convocatoria estrutúrase en dúas fases: fase de valoración da experiencia laboral e currículo (en diante Primeira Fase); e fase de entrevista (en diante Segunda Fase). A puntuación en cada unha delas será de 0 a 10 puntos. 4.3. Con carácter previo á recepción dos currículos dos interesados polo tribunal respectivo e a avaliación, os tribunais deberán concretar e publicar os criterios de valoración da Primeira e Segunda Fase, que deberán adecuarse en todo caso aos establecidos con carácter xeral nos parágrafos seguintes. 4.3.1. Avaliación da Primeira Fase.-Deberán considerarse os seguintes apartados: a) Experiencia laboral e profesional en actividades directamente relacionadas ou que sexan afíns aos estudos solicitados, e poidan ser debidamente acreditadas. Esta acreditación, poderá facerse mediante o contrato de traballo ou nomeamento, vida laboral, e outros medios probatorios admitidos en dereito. A documentación deberá indicar as funcións do posto ou postos ocupados, tempo de dedicación e nivel de competencia. Deberá presentarse a certificación oficial dos períodos de cotización aos sistemas públicos de previsión social. A valoración deberá expresarse mediante unha cualificación numérica de 0 a 6 puntos con dous decimais. Para valorar esta Primeira Fase deberá utilizarse o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (Instituto Nacional de Cualificacións) mediante o que se establece a afinidade entre as Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 4 / 19 CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 5 familias profesionais e as titulacións de grao da USC, incluído como ANEXO IV. b) Formación: Poderá acadarse un máximo de 2 puntos, debendo puntuar a titulación de Técnico de Formación Profesional ou equivalente en ciclos formativos de grao medio directamente relacionados coa titulación solicitada (Segundo Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais); e a formación continua ou cursos de formación recibidos con contidos relacionados coa titulación solicitada e que poidan ser acreditados por centros ou organismos oficiais. A puntuación será de 1 punto polo título de Técnico de Formación Profesional ou ciclos formativos de grao medio e 0,01 puntos por hora nos cursos de formación. Non poderá valorarse o mesmo curso máis dunha vez, no caso de ter varias edicións só se valorará a última. c) Galego: O coñecemento acreditado de Lingua Galega valorarase con 1 punto ao nivel máis alto. d).Outros méritos: Máximo 1 punto. Valorarase o coñecemento acreditado de idiomas oficiais da Unión Europea. Neste apartado tamén se poderán valorar aspectos relacionados coas competencias do grao ao que se opta, tales como coñecementos informáticos, postos de traballo desenvoltos, mobilidade, etc., sempre que non se tivesen en conta noutros apartados. Para superar a Primeira Fase deberase obter un mínimo de 4 puntos. 4.3.2. Criterios para a avaliación da Segunda Fase.- A Segunda Fase consistirá nunha entrevista co candidato. Só poderán acceder a ela os que superen a Primeira Fase (valoración de experiencia laboral e currículo). A duración máxima da entrevista deberá determinarse previamente polo Tribunal. Na avaliación da entrevista persoal deberá considerarse a expresión oral, a adecuación dos coñecementos e competencias aos dos estudos solicitados, a motivación, etc. A cualificación da entrevista non poderá superar os 10 puntos. Para superar a Segunda Fase será necesario obter unha puntuación igual ou superior a 4 puntos. 4.4. Cualificación final: Será a media aritmética das puntuacións obtidas na Primeira e a Segunda Fase. Consideraranse superadas a probas de acceso cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 puntos. A publicación da resolución cos resultados farase no taboleiro electrónico da USC, así como no lugar de celebración dos exames. Artigo 5.- Calendario 5.1. Publicación na web da USC dos Tribunais: O 8 de marzo faranse públicos o nomeamento e a composición dos tribunais. 5.2. Publicación na web da USC dos criterios de valoración da Primeira e Segunda Fase: 15 de marzo. 5.3. A Primeira Fase de valoración da experiencia profesional e dos currículos terá lugar entre o 20 e o 22 de marzo. 5.4. Publicación de resultados da Primeira Fase: 3 de abril nos centros respectivos e na páxina web da USC. 5.5. Segunda Fase: As entrevistas celebraranse entre o 17 e 19 de abril na datas e horarios concretos para Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 5 / 19 CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 6 cada candidato que se publicarán conxuntamente coas cualificacións da Primeira Fase. 5.6. Publicación na web da USC das cualificacións da Segunda Fase e das cualificacións finais: 26 de abril. 5.7. Publicación na web da USC das cualificacións definitivas tras a revisión: 10 de maio. Artigo 6.- Tribunais Conforme ao regulamento aprobado no Consello de Goberno, o reitor nomeará un Tribunal para cada un dos centros. O Tribunal será o responsable de cualificar aos candidatos que se presenten para ingresar nas titulacións de grao que organiza cada centro, segundo o disposto nesta convocatoria. Formarán parte do Tribunal: - O Decano ou decana, ou a persoa na que delegue, que exercerá a presidencia e dous membros do profesorado que deberán ter como mínimo cinco anos de experiencia docente avaliados positivamente. Deste profesorado, un exercerá a secretaría do Tribunal. - O Centro poderá designar dous membros do profesorado suplentes cos mesmos requisitos indicados no apartado anterior. A composición deberá ser equilibrada entre homes e mulleres. No caso de centros que xestionen varias titulacións, os Tribunais poderán ter un maior número de vogais (debendo ser o número total de membros impar) ou ben constituír máis dun Tribunal. Os membros dos Tribunais deberán absterse, e poderán ser recusados polas persoas interesadas, cando concorran nelas as circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Artigo 7.- Reclamacións As persoas solicitantes poderán reclamar, de forma motivada, perante a presidencia do Tribunal respecto da cualificación outorgada en cada unha das fases. O prazo de presentación destas reclamacións será de cinco días hábiles, contados desde a data de publicación das cualificacións. O Tribunal deberá responder en tres días hábiles ás reclamacións presentadas. A reclamación presentarase na Sede electrónica, a través do formulario xeral de petición (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/102/ver.htm). Transcorrido o prazo para a presentación das reclamacións da segunda fase ou logo da súa resolución motivada por parte do Tribunal, publicarase a resolución definitiva coas cualificacións. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Reitor. Disposición adicional primeira.- Anexo a esta convocatoria publícase a adscrición das familias profesionais ás ramas de coñecemento e a táboa coas familias profesionais. Disposición adicional segunda.- Como anexo a esta resolución figuran os modelos de solicitude (só para o Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 6 / 19 CONVOCATORIA PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL 2024/2025. 7 caso de que se solicite de forma presencial ) e de currículo (este documento deberá cubrirse tanto se a solicitude se realiza de forma presencial ou a través da sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/111/ver.htm). Disposición adicional terceira.-Todas as referencias a cargos e figuras enténdese xenericamente neutras e fan referencia tanto a mulleres como a homes. Disposición final.- A presente resolución entrará en vigor na data de publicación no taboleiro de anuncios electrónico oficial da USC. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contenciosoadministrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da data de publicación oficial no taboleiro electrónico, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contenciosoadministrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Santiago de Compostela O Reitor, na data da sinatura electrónica Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). TABOLEIRO ELECTRÓNICO DA USC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 7 / 19 ANEXO I SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA AS PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL. CURSO 2024/2025. I APELIDOS: ....................................................................................... NOME: ...................................................................... DNl/PASAPORTE: .......................................................... DIRECC. CORREO ELECTRÓNICO: .................................................................. Teléfono: ..................................................... DOMICILIO: ........................................................................................................... LOCALIDADE: ................................................. C.P.:................PROVINCIA: ....................... PAÍS: ........................................ DATA DE NACEMENTO (dd/mm/aaaa): ........ / ........ / ................ ESTUDOS DE GRAO PARA OS QUE SOLICITARÁ O INGRESO: ESTUDOS PREVIOS/ CENTRO: A persoa que solicita participar no proceso e asina declara non posuír ningunha titulación académica habilitante para o ingreso na universidade por outras vías de acceso• ................................................................ , a..................... de febreiro de 2024 • NOTA IMPRESO DE LIQUIDACIÓN DOS PREZOS o Presentación da solicitude en sede electrónica.- O pagamento xerarase no mesmo momento da solicitude na sede. o Presentación da solicitude no Servicio de Xestión Académica ou rexistro auxiliar do Campus de Lugo.- O impreso xerarase no momento en que as persoas interesadas presenten a solicitude de inscrición. REITOR UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 8 / 19 II ANEXO II Curriculum Vitae Información personal Información persoal Apellido(s) / Nombre(s) Apelido(s) / Nome (s) Dirección (direcciones) Enderezo (enderezos) Teléfono(s) Teléfono(s) Fax(es) Fax(es) Correo(s) electrónico(s) Correo(s) electrónico(s) Nacionalidad Nacionalidade Fecha de nacimiento Data de nacemento Sexo Sexo Experiencia laboral Experiencia laboral Fechas Datas Describa por separado cada empleo relevante que haya desempeñado, comenzando por el más reciente. Suprimir cuando no proceda Describa por separado cada emprego relevante que teña desempeñado, comezando polo máis recente. Suprimir cando non proceda Profesión o cargo desempeñado Profesión e cargo desempeñado Funciones y responsabilidades Principales Funcións e responsabilidades principais Nombre y dirección de la empresa o empleador Nome e enderezo da empresa ou empregador Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 9 / 19 IX Código Grao Familia profesional G1011V01 GRAO EN MATEMÁTICAS Agraria Edificación e Obra Civil Electricidade e Electrónica Enerxía e Auga Fabricación Mecánica Industrias Alimentarias Industrias Extractivas Informática e Comunicacións Instalacións e Mantemento Madeira, Moble e Cortiza Marítimo Pesqueira Química Sanidade Téxtil, Confección e Pel Vehículos Vidro e Cerámica G2051V01 GRAO EN MEDICINA Actividades Físicas e Deportivas Sanidade Servizos Socioculturais e á Comunidade G3121V01 GRAO EN MESTRE OU MESTRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Servizos Socioculturais á Comunidade Seguridade e Medio Ambiente Actividades Físicas e Deportivas Imaxe e Son G3131V01 GRAO EN MESTRE OU MESTRA EN EDUCACIÓN INFANTIL (LUGO) Servizos Socioculturais á Comunidade Seguridade e Medio Ambiente Actividades Físicas e Deportivas Imaxe e Son G3141V01 GRAO EN MESTRE OU MESTRA EN EDUCACIÓN PRIMARIA Servizos Socioculturais á Comunidade Seguridade e Medio Ambiente Actividades Físicas e Deportivas Imaxe e Son G3151V01 GRAO EN MESTRE OU MESTRA EN EDUCACIÓN PRIMARIA (LUGO) Servizos Socioculturais á Comunidade Seguridade e Medio Ambiente Actividades Físicas e Deportivas Imaxe e Son G2071V01 GRAO EN NUTRICIÓN HUMANA E DIETÉTICA (LUGO) Industrias alimentarias Química Sanidade G2061V01 GRAO EN ODONTOLOXÍA Actividades Físicas e Deportivas Sanidade Servizos Socioculturais e á Comunidade G2041V01 GRAO EN ÓPTICA E OPTOMETRÍA Química Sanidade Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 16 / 19 X Código Grao Familia profesional G4101V01 GRAO EN PAISAXE Agraria Artes Gráficas Edificación e Obra Civil Enerxía e Auga Instalacións e Mantemento Seguridade e Medio Ambiente Servizos Socioculturais á Comunidade G3081V01 GRAO EN PEDAGOXÍA Servizos Socioculturais á Comunidade Seguridade e Medio Ambiente Actividades Físicas e Deportivas Imaxe e Son G2011V01 GRAO EN PSICOLOXÍA Comercio e Marketing Sanidade Servizos Socioculturais e á Comunidade G1041V01 GRAO EN QUÍMICA Química G3021V01 GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS Administración e xestión Comercio e marketing Seguridade e Medioambiente G3111V01 GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS (LUGO) Administración e xestión Comercio e marketing Seguridade e Medioambiente G4111V01 GRAO EN ROBÓTICA Electricidade e electrónica Enerxía e auga Fabricación mecánica Informática e comunicacións Instalacións e mantemento Transporte e mantemento de vehículo G3171V01 GRAO EN TRABALLO SOCIAL Servizos Socioculturais e á Comunidade G2091V01 GRAO EN VETERINARIA (LUGO) Agraria Industrias Alimentarias Sanidade Seguridade e Medio Ambiente G3051V01 GRAO EN XEOGRAFÍA E ORDENACIÓN DO TERRITORIO Administración e xestión Artes gráficas Hostalería e Turismo Imaxe e son Servizos socioculturais e á comunidade G5111V01 G5111V02 GRAO EN XESTIÓN CULTURAL (presencial) GRAO EN XESTIÓN CULTURAL (semipresencial) (LUGO) Administración e xestión Imaxe e son Informática e comunicacións Servizos Culturais e á comunidade Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 17 / 19 XI Código Grao Familia profesional G3211V01 GRAO EN XESTIÓN DE EMPRESAS HOSTALEIRAS Hostalaría e Turismo Administración e Xestión Comercio e Marketing Industrias Alimentarias Resto de familias profesionais de nivel 3 G3031V01 GRAO EN XORNALISMO Actividades Físicas e Deportivas Administración e Xestión Artes Gráficas Comercio e Marketing Hostalería e Turismo Imaxe Persoal Comunicación, Imaxe e Son Seguridade e Medio Ambiente Servizos Socioculturais e á Comunidade Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 18 / 19 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 01/02/2024 17:39:34. CSV: 509A-3582-47C5-97B2 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=509A-3582-47C5-97B2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 509A-3582-47C5-97B2 19 / 19