Os Bancos do Tempo: unha iniciativa pedagóxica e social para o desenvolvemento comunitario
Abstract
[GL] O Traballo Fin de Grao que presentamos analiza –desde unha perspectiva pedagóxica e social– os Bancos do Tempo, co fin de entendelos como unha estratexia idónea para promover e impulsar os procesos de Desenvolvemento Comunitario no eido Local. Neste sentido, faremos unha aproximación teórico-conceptual do tempo social e do tempo educativo para achegarnos á filosofía dun dos ámbitos de acción-intervención da Pedagoxía-Educación Social. Isto permitirá afondar nunha das iniciativas metodolóxicas e de actuación máis innovadoras no que respecta ao intercambio do tempo como medio para a recuperación de redes sociais (relacións de veciñanza, sentimento de pertenza, etc.), a cohesión social e a transformación das comunidades locais
Full text
Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias da Educación Grao en Educación Social Os Banco do Tempo: unha iniciativa pedagóxica e social para o Desenvolvemento Comunitario Los Bancos del Tiempo: una iniciativa pedagógica y social para el Desarrollo Comunitario Time Banks: a pedagogical and social initiative for Community Development Traballo Fin de Grao Autora Andrea Maroñas Bermúdez Titores Prof. Dr. José Antonio Caride Gómez Profa. Dra. Rita Gradaílle Pernas Santiago de Compostela Xullo de 2013
José Antonio Caride Gómez, Doutor en Ciencias da Educación e Catedrático de Pedagoxía Social no Departamento de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, e Rita Gradaílle Pernas, Doutora en Ciencias da Educación e Profesora Contratada Doutora no Departamento de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela En calidade de titores do Traballo Fin de Grao que presenta a alumna do Grao en Educación Social, Dª. Andrea Maroñas Bermúdez, baixo o título de Os Bancos do Tempo: unha iniciativa pedagóxica e social para o Desenvolvemento Comunitario, FAN CONSTAR: Que o traballo realizado reúne os requisitos académicos, metodolóxicos e formais que son precisos para a súa Lectura e Defensa pública ante o Tribunal que debe xulgala, polo que consideramos procedente autoriza-la súa presentación. Para que así sexa, e aos efectos oportunos. En Santiago de Compostela, a 12 de xullo de 2013. Asdo. Prof. Dr. José Antonio Caride Gómez Profa. Dra. Rita Gradaílle Pernas
RESUMO O Traballo Fin de Grao que presentamos analiza –desde unha perspectiva pedagóxica e social– os Bancos do Tempo, co fin de entendelos como unha estratexia idónea para promover e impulsar os procesos de Desenvolvemento Comunitario no eido Local. Neste sentido, faremos unha aproximación teórico-conceptual do tempo social e do tempo educativo para achegarnos á filosofía dun dos ámbitos de acción-intervención da Pedagoxía-Educación Social. Isto permitirá afondar nunha das iniciativas metodolóxicas e de actuación máis innovadoras no que respecta ao intercambio do tempo como medio para a recuperación de redes sociais (relacións de veciñanza, sentimento de pertenza, etc.), a cohesión social e a transformación das comunidades locais. RESUMEN El Trabajo Fin de Grado que presentamos analiza –desde una perspectiva pedagógica y social– los Bancos del Tiempo, con el fin de entenderlos como una estrategia idónea para promover e impulsar los procesos de Desarrollo Comunitario en el contexto Local. En este sentido, haremos una aproximación teórico-conceptual del tiempo social y del tiempo educativo para acercarnos a la filosofía de uno de los ámbitos de acciónintervención de la Pedagogía-Educación Social. Esto permitirá profundizar en una de las iniciativas metodológicas y de actuación más innovadoras en lo que respecta al intercambio del tiempo como medio para la recuperación de redes sociales (relaciones vecinales, sentimiento de pertenencia, etc.), la cohesión social y la transformación de las comunidades locales. ABSTRACT This Degree Final Project analyzes from a pedagogical and social perspective Time Banks, in order to understand them as a suitable strategy to promote and encourage Community Development processes in the Local context. In this direction, we are using a theoretical-conceptual approach of social time and educational time to near the philosophy of one of the action-intervention fields of Pedagogy-Social Education. This will allow deepening of one of the most innovative methodological and action initiatives with respect to the time exchange as a means of recovering social networks (neighborhood relationships, sense of belonging, etc.), social cohesion and local communities’ transformation.
ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 2 2. TEMPOS SOCIAIS E EDUCATIVOS NA COMPLEXIDADE DA SOCIEDADE CONTEMPORÁNEA 4 2.1 Os tempos sociais como un fenómeno poliédrico: entre o obxectivo e o subxectivo 4 2.2 A hexemonía do tic-tac: imperativos socioeconómicos e culturais da sociedade globalizada 6 2.3 Os tempos educativos como tempos sociais: os dicires da Educación Social 8 3. OS BANCOS DO TEMPO COMO INICIATIVAS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ E COHESIÓN SOCIAL 11 3.1 Os Bancos do Tempo en clave histórica: realidades recentes, desafíos necesarios 11 3.2 Aproximación teórico-conceptual sobre os Bancos do Tempo 18 3.2.1 Os Bancos do Tempo e as súas tipoloxías 18 3.2.2 A teoría da co-produción e os valores reitores 21 3.3 Organización e funcionamento 22 4. OS BANCOS DO TEMPO EN CLAVE DE EDUCACIÓN SOCIAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO 24 4.1 A importancia dos Bancos do Tempo para a Educación Social 25 4.2 Os Bancos do Tempo nos procesos de Desenvolvemento Comunitario Local 27 4.3 Os Bancos do Tempo nos planos de acción local: oportunidades e límites 30 5. CONCLUSIÓNS E PROSPECTIVA 32 6. BIBLIOGRAFÍA 34