scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Retículos de subgrupos

Giadas Amado, Irene

Abstract

[GL] O obxectivo deste traballo é facer unha incursión na teoría de retículos para dar resposta a algunhas preguntas tales como que relacións hai entre a estrutura dun grupo G e a do seu retículo de subgrupos L(G), centrándonos especialmente nos grupos finitos. Para iso, introduciremos previamente algúns conceptos elementais da teoría básica de retículos, á que lle dedicaremos os primeiros capítulos. A relación máis básica que atopamos é que os isomorfismos entre grupos inducen isomorfismos entre os seus retículos de subgrupos, pero non á inversa. A segunda parte do traballo dedicarase a preguntas máis complexas como determinar se hai grupos asociados a unha clase de retículos. Buscaremos en dúas clases de retículos: os retículos distributivos e os retículos modulares. Finalmente, presentaremos exemplos de grupos que están determinados polo seu retículo de subgrupos.

Full text

Traballo Fin de Grao Retículos de subgrupos Irene Giadás Amado 2019/2020 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Retículos de subgrupos Irene Giadás Amado Xullo, 2020 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Traballo proposto Área de Coñecemento: Álxebra Título: Retículos de subgrupos Breve descrición do contido Existen moitas relacións entre a estrutura dun grupo Ge a do seu retículo de subgrupos L(G). A máis básica é que os isomorfismos entre grupos inducen isomorfismos entre os seus retículos de subgrupos, pero non á inversa, en xeral. Preguntas máis complexas son se podemos determinar os retículos asociados a unha clase de grupos, ou os grupos asociados a unha clase de retículos, ou que grupos están determinados polo seu retículo de subgrupos. O obxectivo deste traballo é facer unha incursión na teoría de retículos para a continuación dar resposta a algunhas destas preguntas. Recomendacións Ter superadas as materias “Estruturas alxébricas” e “Ecuacións alxébricas”. Outras observacións iii Índice xeral Resumo vii Introdución ix 1. Preliminares 1 2. Teoría básica de retículos 5 2.1. Conxuntos de orde parcial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5 2.2. Conservacióndaorde............................... 10 2.3. Retículos e homomorfismos de retículos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 2.4. Subretículos.................................... 18 3. Retículos de subgrupos 21 3.1. Exemplos importantes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21 3.1.1. Grupo de permutacións S3........................ 21 3.1.2. Grupo alternado A4........................... 22 3.1.3. Grupo dos cuaternios Q8......................... 26 3.2. Teoría de retículos de subgrupos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28 3.3. Retículos de subgrupos nivelados . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 31 4. Retículos de subgrupos distributivos e grupos cíclicos 35 4.1. Cadeas....................................... 36 4.2. Grupos localmente cíclicos e cíclicos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 37 5. Retículos de subgrupos modulares 43 6. Grupos caracterizados polo seu retículo de subgrupos 47 Bibliografía 53 v Resumo O obxectivo deste traballo é facer unha incursión na teoría de retículos para dar resposta a algunhas preguntas tales como que relacións hai entre a estrutura dun grupo Ge a do seu retículo de subgrupos L(G), centrándonos especialmente nos grupos finitos. Para iso, introduciremos previamente algúns conceptos elementais da teoría básica de retículos, á que lle dedicaremos os primeiros capítulos. A relación máis básica que atopamos é que os isomorfismos entre grupos inducen isomorfismos entre os seus retículos de subgrupos, pero non á inversa. A segunda parte do traballo dedicarase a preguntas máis complexas como determinar se hai grupos asociados a unha clase de retículos. Buscaremos en dúas clases de retículos: os retículos distributivos e os retículos modulares. Finalmente, presentaremos exemplos de grupos que están determinados polo seu retículo de subgrupos. Abstract The purpose of this work is to make a foray into lattice theory to answer some questions such that what are the relationships between the structure of a group Gand that of its subgroup lattice L(G), focusing especially on finite groups. In order to do this, we will previously introduce some elementary concepts of basic lattice theory, to which we will dedicate the first chapters. The most basic relationship we find is that isomorphisms between groups induce isomorphisms between their subgroup lattices, but not the other way around. The second part of the work will be devoted to more complex questions such as determining whether there are groups associated with a lattice class. We will look at two lattice classes: distributive lattice and modular lattice. Finally, we will introduce examples of groups that are determined by their subgroup lattice. vii xiv INTRODUCIÓN Capítulo 1 Preliminares Comezaremos recordando algúns resultados de teoría de grupos, que se poden atopar en referencias básicas como [8] e que son pertinentes para o desenvolvemento do traballo. Como son resultados coñecidos, non incluiremos a súa demostración. Usaremos a notación H⊆Gpara referirnos a que Hé un subgrupo do grupo Ge, no caso de subgrupos normais, escribiremos HEG. Denotaremos por |G|a orde de Ge por |G:H|o índice de Hen G. Se Sé un subgrupo de G, denotaremos por hSio subgrupo de Gxerado por S, é dicir, o menor subgrupo de Gque contén a S. Se S={g1, ... , gn}empregaremos o abuso de notación hSi=hg1, ... , gni. Se G=hgipara algún g∈G, diremos que é cíclico. Denotaremos o grupo cíclico de orde ncomo Cn, onde n∈N∪{∞}, é dicir, né un número natural ou o símbolo ∞. Para n=∞, temos que C∞≃Z. En particular, todo grupo cíclico é abeliano. Teorema 1.1. Consideremos un grupo cíclico G=hgi. Entón, 1. Todo subgrupo de Gé cíclico. 2. Se Gé un grupo finito de orde n, para cada divisor positivo kde nhai exactamente un subgrupo de índice k,hgki, e cada subgrupo non trivial de Gé desta forma. Ademais, se s|n,r|n, tense que hgri⊆hgsise, e só se, s|r. 3. Se Gé infinito, para todo r∈Nhai un subgrupo de índice ren G,hgri, e cada subgrupo non trivial de Gé desta forma. Ademais, tense que hgri⊆hgsise, e só se, s|r. Teorema 1.2 (Teorema de Lagrange).Sexa Gun grupo finito e Hun subgrupo de G. Entón, |G|=|H||G:H|. 1 2CAPÍTULO 1. PRELIMINARES Corolario 1.3. Sexa Gun grupo con |G|=n. Entón a orde de calquera subgrupo de G divide a n. Definición 1.4. Se Gé un grupo e HeKson subgrupos de G, defínese o subconxunto produto HK ={hk |h∈H, k ∈K}. Proposición 1.5. Se HeKson subgrupos de G, as seguintes afirmacións son equivalentes: 1. HK é subgrupo de G. 2. KH =HK, é dicir, HeKconmutan. Neste caso, HK é exactamente o subgrupo de Gxerado por HeK. Proposición 1.6. Sexa Gun grupo e HeKsubgrupos de G. Entón: |H||K|=|HK||H∩K|. Teorema 1.7. Sexan HeKsubgrupos dun grupo G, con Ksubgrupo normal de G. Entón, HK é subgrupo de GeH/(H∩K)≃HK/K. Teorema 1.8 (Teorema de Correspondencia).Sexa f:G−→ G0un homomorfismo sobrexectivo entre os grupos GeG0. Entón, hai unha bixección entre o conxunto dos subgrupos de Gque conteñen ao núcleo de f,Ker(f), e o conxunto dos subgrupos de G0. En particular, hai unha bixección entre o conxunto dos subgrupos normais de Gque conteñen a Ker(f)e o conxunto dos subgrupos normais de G0. Definición 1.9. Un p-grupo é un grupo de orde pnpara algún primo pcon n≥1. Proposición 1.10. Sexa Gun p-grupo. Entón, para todo subgrupo Hde G, existen subgrupos distintos H0=H, H1, ... , Hn=G, tales que H=H0EH1E··· EHn=Gcumprindo |Hk+1 :Hk|=p. Definición 1.11. Se Gé un grupo, chamaremos ao subgrupo Z(G) = {x∈G|xy = yx, ∀y∈G}centro de G. Proposición 1.12. Sexa Hun subgrupo de G, e sexa H⊆Z(G). Entón, HEG. Ademais, se G/H é cíclico, entón Gé abeliano. Definición 1.13. Para un subconxunto Xde G, chámase normalizador de Xen Gao conxunto NG(X) = {g∈G|gXg−1=X}. En particular, se Hé un subgrupo de G,NG(H)é o maior subgrupo de Gno que Hé normal. 3 Definición 1.14. Sexan a, b ∈G. Chámase conmutador de aebao elemento [a, b] = aba−1b−1. O grupo [G, G]é o subgrupo xerado por todos os conmutadores de elementos de G, e chámase subgrupo conmutador de G. Nótese que o conmutador [G, G]é trivial se, e só se, Gé abeliano. Proposición 1.15. Se Hé un subgrupo normal de G,G/H é abeliano se, e só se, [G, G]⊆ H. Acabaremos o capítulo presentando unhas definicións e un resultado máis específicos que necesitaremos ao longo do traballo. Definición 1.16. Dirase que un grupo Gélocalmente cíclico se cada subconxunto finito de Gxera un subgrupo cíclico. De forma equivalente, podemos dicir que ha, bié cíclico para cada par a, b de elementos de G. En particular, cada grupo localmente cíclico é abeliano. Exemplo 1.17. O grupos aditivos dos racionais QeQ/Zson localmente cíclicos. Pola contra, o grupo aditivo dos reais Rnon é localmente cíclico. Un grupo é localmente cíclico se e só se é isomorfo a un subgrupo de Qou de Q/Z (véxase [9]). Definición 1.18. Un subgrupo Mde Gdiremos que é permutable en G, se MH =HM para todo subgrupo Hde G. Proposición 1.19. Sexa G un grupo. Se Né un subgrupo normal de G, entón Né permutable. Demostración. Se Né subgrupo normal de G,NG, entón Nx =xN para todo x∈G. Definición 1.20. Un grupo non abeliano dise hamiltoniano se todos os seus subgrupos son normais. Exemplo 1.21. O exemplo máis familiar (e máis pequeno) dun grupo hamiltoniano é o grupo dos cuaternios de orde 8, denotado por Q8. Definición 1.22. Un grupo abeliano dise p-grupo abeliano elemental se todos os seus elementos non triviais teñen orde ppara un pprimo. 4CAPÍTULO 1. PRELIMINARES Definición 1.23. Dados dous grupos HeK, e un homomorfismo φ:K→Aut(H), k7→ φ(k), o produto semi-directo de HeK, denotado por HoφK, ou HoK, é o produto cartesiano H×Kco produto definido polo (h, k)(h0, k0)=(h φ(k)(h0), kk0), onde o elemento neutro é (1,1) e(φ(k−1)(h−1), k−1)é o inverso do elemento (h, k). Nótese, que no caso de que o homomorfismo φ:K→Aut(H)sexa trivial, entón o produto semi-directo é o produto directo. Veremos un exemplo no capítulo 3. Capítulo 2 Teoría básica de retículos Neste capítulo introduciremos os conceptos básicos da teoría de retículos acompañados de exemplos, presentaremos propiedades elementais de retículos e estudaremos dúas clases importantes de retículos (véxase [1, 2]). 2.1. Conxuntos de orde parcial Antes de comezar a falar de retículos, debemos coñecer a súa estrutura subxacente, que son os conxuntos parcialmente ordenados. Definición 2.1. Un conxunto parcialmente ordenado é un par (P, ≤) onde Pé un conxunto non baleiro e ≤é unha relación binaria que verifica as seguintes propiedades: 1. Reflexiva: para todo a∈P, a≤a. 2. Antisimétrica: para todo a, b ∈P, se a≤beb≤a, entón a=b. 3. Transitiva: Para todo a, b, c ∈P, se a≤beb≤c, entón a≤c. A relación ≤recibe o nome de orde parcial. Escribiremos a<bse a≤bpero a6=b. Os conxuntos parcialmente ordenados son coñecidos como posets. 5 6CAPÍTULO 2. TEORÍA BÁSICA DE RETÍCULOS Unha das características máis útiles e atractivas dos conxuntos parcialmente ordenados é que, no caso finito, podémolos “debuxar”. Para cada poset finito Pdescribimos a súa estrutura usando diagramas de Hasse. Representamos cada elemento de Ppor un punto do plano de tal xeito que o punto pyasociado a un elemento yestá por riba do punto px asociado ao punto xse que x < y. Ademais, sempre que y < x e non exista z∈Pcon x < z < y, conectaranse os puntos pxepycunha liña. Para ilustrar esta explicación, a continuación amósanse algúns exemplos de diagramas de Hasse. Figura 2.1: Posets M1,M2,M3,M4eN5. Figura 2.2: Outros posets. Definición 2.2. Sexa (P, ≤) un conxunto parcialmente ordenado. 1. A orde ≤chámase orde total ou orde lineal se cada dous elementos de Pson comparables, é dicir, se dados dous elementos a, b ∈P, tense que a≤bou b≤a. Neste caso, (P, ≤) chámase conxunto totalmente ordenado ou conxunto linealmente ordenado. 2. Un subconxunto non baleiro de Pque é totalmente ordenado recibe o nome de cadea en P. 2.1. CONXUNTOS DE ORDE PARCIAL 7 3. A lonxitude dunha cadea finita Pé|P| − 1. Dise que un poset Pten unha lonxitude n, con n∈N, se a cadea de Pcon lonxitude máxima ten lonxitude n. 4. Para dous elementos a, b nun poset Pde xeito que a≤b, o intervalo (pechado) [a, b]defínese por [a, b]:={x∈P|a≤x≤b}. Contén polo menos os elementos ae b. Esta definición xeneraliza a definición de intervalo dos números reais. Exemplo 2.3. O conxunto N={0,1, ... }dos números naturais, xunto coa relación |que se define como n|mse e só se ndivide a m, é un conxunto parcialmente ordenado: 1. Cumpre a propiedade reflexiva pois todo elemento é divisor de si mesmo. 2. Para todo par de números naturais nem, se n|mem|nnecesariamente n emdeben ser iguais. Podemos escribir nemcomo m=nr en=ms, con r, s ∈N, polo que rs = 1, do que deducimos que r=s= 1, verificando así a propiedade antisimétrica. 3. Sexan n, m, l ∈Nde xeito que n|mem|l, entón m=nr el=ms, con r, s ∈N. Así, l=nrs, polo que n|le cúmprese a propiedade transitiva. Este conxunto non é de orde total pois contén elementos que non poden ser comparados como o 2e o 3, nin 2|3nin 3|2. A (N,|)chamarémolo conxunto de divisores naturais e denotarémolo por T∞. Para n∈Nescribimos Tnpara o intervalo [1, n] en T∞que se corresponde cos divisores de n. No caso dos divisores de 30, T30, o diagrama de Hasse será da forma: Figura 2.3: Diagrama de Hasse do poset dos divisores de 30. O conxunto Ncoa relación ≤usual tamén é de orde parcial, e ademais é de orde total. 8CAPÍTULO 2. TEORÍA BÁSICA DE RETÍCULOS Sexa Xun conxunto. O conxunto partes de X, denotado por P(X)e que se define como o conxunto formado por todos os subconxuntos do conxunto dado X, coa relación de inclusión ⊆é un poset, pero non é de orde total. Para o caso finito do conxunto {a, b, c}o diagrama de Hasse que describe a relación de inclusión para o conxunto P({a, b, c})é o seguinte: Figura 2.4: Diagrama de Hasse do poset do conxunto de partes de {a, b, c}. O conxunto X={2,3,6,12,24,36}é un poset coa relación divisibilidade |, pero non é de orde total. Figura 2.5: Diagrama de Hasse do poset X. De todos os posets das Figuras 2.1 e 2.2, o único que é de orde total é M1. Definición 2.4. Sexa (P, ≤) un conxunto parcialmente ordenado e Sun subconxunto de P. 1. Un elemento u∈Pé unha cota superior para Sse s≤upara todo s∈S. O elemento máis pequeno entre as cotas superiores ude S, de existir, denomínase supremo ou join de Se denótase por WS. Así, WSten a propiedade de que s≤WS 2.1. CONXUNTOS DE ORDE PARCIAL 9 para todo s∈Se se s≤xpara todo s∈S, entón WS≤x. O supremo dun conxunto finito S={a1, ... , an}denótase tamén como a1W··· Wan. 2. Un elemento l∈Pé unha cota inferior de Sse l≤spara todo s∈S. O maior elemento entre as cotas inferiores lde S, de existir, denomínase ínfimo ou meet de Se denótase por VS. Así, VSten a propiedade de que VS≤spara todo s∈Se se x≤spara todo s∈S, entón x≤VS. O ínfimo dun conxunto finito S={a1, ... , an}denótase tamén como a1V··· Van. Definición 2.5. Dados dous posets PeQ, o poset produto directo está definido como (P×Q, ≤P×Q), onde P×Qdenota o produto cartesiano de PeQe≤P×Qé a orde produto (p1, q1)≤P×Q(p2, q2)⇐⇒ p1≤Pp2eq1≤Qq2. A definición pode estenderse a un conxunto arbitrario de posets. Exemplo 2.6. Consideremos as cadeas Pde dous elementos e Qde tres elementos, con ordes parciais descritas, respectivamente, polos seguintes diagramas de Hasse: A continuación representamos os diagramas dos produtos directos P×P,P×Q,P× P×P,P×P×QeP×Q×Qrespectivamente: Figura 2.6: Produtos directos de posets. 16 CAPÍTULO 2. TEORÍA BÁSICA DE RETÍCULOS Cabe destacar que un retículo é distributivo se, e só se, verifica unha destas dúas leis. Se, por exemplo, (P, ≤) verifica a primeira, entón para x, y, z ∈Ptemos: (x∧y)∨(x∧z) = ((x∧y)∨x)∧((x∧y)∨z) = x∧(z∨(x∧y)) =x∧((z∨x)∧(z∨y)) = x∧(y∨z); que é a segunda lei distributiva. A outra implicación próbase de xeito similar. Definición 2.19. Sexa (P,≤) un retículo. Diremos que un retículo (P,≤) é modular se satisfai a lei modular: x∨(y∧z)=(x∨y)∧z para todo x, y, z ∈Pcon x≤z. Da Proposición 2.16 deducimos que para que se cumpra a lei modular só se require a desigualdade x∨(y∧z)≥(x∨y)∧z. Exemplo 2.20. 1. Unha cadea é un retículo distributivo e modular. 2. O retículo dos divisores de n,Tn, é un retículo distributivo. 3. O retículo conxunto de partes P(X)dun conxunto Xé distributivo. 4. Sexa o conxunto X={0, a, b, c, 1}coa orde parcial descrita polo diagrama de Hasse da Figura 2.10. Estamos ante un retículo que non é distributivo pois a∧(b∨c) = a pero (a∧b)∨(a∧c)=0, é dicir, non cumpre as leis distributivas. Figura 2.10: Diagrama de Hasse do Diamante M3. A forma deste diagrama é coñecida co nome de Diamante ou M3. Ademais, este retículo é modular. 2.3. RETÍCULOS E HOMOMORFISMOS DE RETÍCULOS 17 5. Os conxuntos que teñen como diagrama de Hasse o pentágono N5, representado na Figura 2.11, son retículos non modulares. No pentágono tense que: x∨(y∧z) = x∨0 = x, (x∨y)∧(x∨z)=1∧z=z, co que tampouco é distributivo. Isto ten sentido pola proposición que veremos tras os exemplos. Figura 2.11: Diagrama de Hasse do Pentágono N5. 6. Todos os retículos con número de elementos menor ou igual a 4 son distributivos e modulares. Ademais, dos cinco retículos con 5 elementos todos son distributivos menos o diamante M3e o pentágono N5, e todos son modulares menos o pentágono N5. 7. Algúns exemplos de retículos modulares son os subgrupos normais dun grupo, os ideais dun anel ou os subespazos vectoriais dun espazo vectorial. Proposición 2.21. Todo retículo distributivo é modular. Demostración. Sexa Pun retículo e x, y, z ∈P. Se x≤z, entón x∨z=ze como Pé distributivo x∨(y∧z)=(x∨y)∧(x∨z)=(x∨y)∧z, cumpríndose así a lei modular. Para finalizar esta sección, introduciremos unha última clase de retículos que, a diferenza das anteriores, non está definida a través de identidades. Sexa Pun retículo con ínfimo e supremo globais, denotados por 0e1, respectivamente. Para a∈Pdise que b∈Pé un complemento de ase a∧b= 0 ea∨b= 1. Se aten un único complemento denótase por a0. Definición 2.22. Un retículo Pdise booleano se 1. Pé distributivo; 18 CAPÍTULO 2. TEORÍA BÁSICA DE RETÍCULOS 2. Pten 0e1; 3. cada a∈Pten un (necesariamente único) complemento a0∈P. Exemplo 2.23. Para calquera conxunto X, sexa A0=X\Apara todo A⊆X. O retículo conxunto de partes P(X)coa estrutura (P(X),∪,∩,0,∅, X)é booleano. A importancia deste exemplo vén dada polo seguinte teorema. Teorema 2.24 ([2]).Calquera retículo booleano finito é isomorfo a un retículo de partes dun conxunto finito. 2.4. Subretículos Os subretículos requiren máis coidado, xa que un subconxunto non baleiro Sdun retículo Pherda a orde de P, pero non necesariamente os ínfimos e supremos de P. É dicir, o ínfimo dun subconxunto Tde Spode ser diferente cando consideramos Tcomo un subconxunto de Sque cando o consideramos como un subconxunto de P. Definición 2.25. Sexa Pun retículo e M⊆Pun subconxunto non baleiro de P. 1. Mé un subretículo de Pse o ínfimo en Mde calquera subconxunto finito non baleiro S⊆M, que chamaremos M-ínfimo e denotaremos por VMS, existe e é o mesmo que o P-ínfimo de S, e do mesmo xeito para o supremo en Mque chamaremos M-supremo e denotaremos por WMS, isto é, se VMS=VPSeWMS=WPS. 2. Se Pé un retículo completo, entón Mé un subretículo completo de Pse o M- ínfimo de calquera subconxunto S⊆Mexiste e é o mesmo que o P-ínfimo de S, e do mesmo xeito para o supremo, isto é, se VMS=VPSeWMS=WPS. Proposición 2.26 ([8]). 1. Un subconxunto non baleiro Mdun retículo Pé un subretículo de Pse, e só se, o P-ínfimo e o P-supremo de calquera subconxunto finito non baleiro A⊆Mpertencen aM. 2. Un subconxunto non baleiro Mdun retículo completo Pé subretículo completo se, e só se, o P-ínfimo e o P-supremo de calquera subconxunto A⊆Mpertencen a M. 2.4. SUBRETÍCULOS 19 A continuación veremos algunhas caracterizacións de retículos distributivos e modulares empregando subretículos e os retículos M3eN5que vimos no Exemplo 2.20. Teorema 2.27. Un retículo Pé modular se, e só se, non ten un subretículo isomorfo ao pentágono N5. Equivalentemente, Pé modular se e só se x≤y,a∧x=a∧y,a∨x=a∨yimplica que x=y. Demostración. En primeiro lugar, notemos que a equivalencia é inmediata. Se Pé modular, entón cada subretículo de Pé modular e, como vimos no Exemplo 2.20, non pode ser isomorfo ao pentágono. Probaremos que cada retículo non modular Pcontén un subretículo isomorfo a N5. Por ser Pnon modular, existen x, y, z ∈Pcon x≤ze x∨(y∧z)<(x∨y)∧z. Sexa a=y∧z,b=x∨(y∧z),c= (x∨y)∧z,d=y,e=x∨ye S={a, b, c, d, e}. Entón, claramente, a≤b<c≤eea≤d≤e. Ademais c∧d= (x∨y)∧z∧y=e∧a=a e b∨d=x∨(y∧z)∨y=e∨a=e; séguese que b∧d=aec∨d=e. O resto de ínfimos e supremos dos subconxuntos de Ssaen trivialmente das cadeas de desigualdades iniciais e pertencen a S. Aplicando a Proposición 2.26 temos que Sé un subretículo de Pque, claramente, é isomorfo ao pentágono, S≃N5. Teorema 2.28 (Birkhoff).Un retículo P é distributivo se, e só se, non ten ningún subretículo isomorfo ao pentágono N5nin ao diamante M3. Equivalentemente, Pé distributivo se e só se z∧x=z∧yez∨x=z∨yimplica que x=y. Demostración. Nótese en primeiro lugar que estas dúas afirmacións son equivalentes. En efecto, se x∧z=y∧zex∨z=y∨zcon x6=yentón os dous retículos en cuestión xorden dos casos x≤yexy, que se corresponden cos casos N5eM3respectivamente. Supoñamos que Pé distributivo e que existen x, y, z ∈Ptales que x∧z=y∧ze x∨z=y∨z. Probaremos que x=y. Teremos x=x∧(x∨z) = x∧(y∨z)=(x∧y)∨(x∧z) = (x∧y)∨(y∧z) =y∧(x∨z) = y∧(y∨z) = y. 20 CAPÍTULO 2. TEORÍA BÁSICA DE RETÍCULOS Empregando a equivalencia, vemos que Pnon terá subretículos das formas pentágono N5nin diamante M3. Reciprocamente, se Pnon ten subretículos de ningunha das forma anteriores, entón polo Teorema 2.27 deducimos que Pten que ser modular. Dados a, b, c ∈Pdefinimos: a∗= (b∨c)∧a, b∗= (c∨a)∧b, c∗= (a∨b)∧c. Entón, claramente a∗∧c∗=a∧c, b∗∧c∗=b∧cea∗∧b∗=a∧b. Sexa agora d= (a∨b)∧(b∨c)∧(c∨a). Logo, como a∗≤a≤a∨bec≤b∨c, empregando a modularidade de Pvemos que a∗∨c∗=a∗∨[(a∨b)∧c] = (a∗∨c)∧(a∨b) = ([(b∨c)∧a]∨c)∧(a∨b) = (b∨c)∧(a∨c)∧(a∨b) =d. Por simetría deducimos que a∗∨c∗=a∗∨b∗=b∗∨c∗=d. Observamos agora que (c∗∨a∗∨(b∧c)=(b∗∨c∗)∨(b∗∧c∗)=(b∗∨c∗) = d; c∗∧[a∗∨(b∧c)] = (c∗∧a∗)∨(b∧c)=(a∧c)∨(b∧c). onde na segunda ecuación empregamos a modularidade de Pxa que b∧c≤c∗. Por simetría, (c∗∨b∗∨(a∧c) = d; c∗∧[b∗∨(a∧c)] = (a∧c)∨(b∧c). Por hipótese, deducimos que a∗∨(b∧c) = b∗∨(a∧c)de onde a∗∨(b∧c) = a∗∨(b∧c)∨b∗∨(a∧c) = a∗∨b∗=d. Séguese disto que (a∨b)∧c=c∗=c∗∧d=c∗∧[a∗∨(b∧c)] = (a∧c)∨(b∧c) e así Pcumpre unha das leis distributivas, que como probamos despois da Definición 2.18, é suficiente para afirmar que Pé distributivo. Corolario 2.29. Un retículo modular é distributivo se e só se non contén ao diamante, M3, como un subretículo. Capítulo 3 Retículos de subgrupos Imos centrarnos agora nos retículos de subgrupos que introducimos anteriormente no Exemplo 2.10. Comezaremos cuns exemplos notorios nos que aplicaremos resultados explicados no capítulo anterior. A continuación amosaremos o motivo da importancia dos retículos de subgrupos, e finalizaremos o capítulo introducindo unha variante do retículo de subgrupos: os retículos de subgrupos nivelados. 3.1. Exemplos importantes 3.1.1. Grupo de permutacións S3 Denotamos por S3o grupo de permutacións de tres elementos, formado polas permutacións dos elementos {1,2,3}, é dicir, S3={1,(1,2),(1,3),(2,3),(1,2,3),(1,3,2)}. Como a orde do grupo S3é 6, o Corolario 1.3 do teorema de Lagrange permítenos afirmar que podemos ter subgrupos de orde 1, 2, 3 e 6. Calculemos os subgrupos de S3: 1. En primeiro lugar temos os subgrupos obvios: {1}eS3, onde | {1} | = 1 e|S3|= 6. 2. Subgrupos de orde 2: Dado que todo grupo de orde primo é cíclico, os subgrupos de orde 2 serán cíclicos, é dicir, xerados por un só elemento. Se Hé un subgrupo de orde 2 será da forma H={1, a}=haionde o elemento aten orde 2. Como os tres elementos de orde 2 de S3xeran grupos distintos, teremos os seguintes subgrupos: {1,(1,2)},{1,(1,3)}, {1,(2,3)}. 3. Subgrupos de orde 3: De igual forma que no caso de grupos de orde 2, 3 é primo e por tanto os subgrupos de orde 3 serán cíclicos e xerados por un elemento de orde 3, entón buscamos un 21 22 CAPÍTULO 3. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS subgrupo da forma K=1, a, a2=hai. En S3temos dous elementos elementos de orde 3 e ambos xeran o mesmo grupo, polo que o único subgrupo de orde 3 é {1,(1,2,3),(1,3,2)}. Polo Corolario 1.3, ningún destes grupos está contido noutro, obviando as inclusións triviais, polo que o retículo de subgrupos de S3é da forma da Figura 3.1, onde, no primeiro diagrama, H1,H2,H3eH4representan os subgrupos de S3, no segundo o seu cardinal e no terceiro a súa estrutura. Figura 3.1: Retículo de subgrupos do grupo de permutacións S3. 3.1.2. Grupo alternado A4 Sexa o grupo alternado A4, subgrupo do grupo de permutacións S4cuxos elementos poden descompoñerse nun número par de transposicións. Este grupo está formado polos elementos A4={1,(1,2)(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3),(1,2)(2,3),(2,3)(1,2),(1,2)(2,4), (2,4)(1,2),(2,3)(2,4),(2,4)(2,3),(1,3)(3,4),(3,4)(1,3)}, onde os elementos teñen orde: 1. Orde 1: {1}. 2. Orde 2: {(1,2)(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)}. 3. Orde 3: {(1,2)(2,3),(2,3)(1,2),(1,2)(2,4),(2,4)(1,2),(2,3)(2,4),(2,4)(2,3), (1,3)(3,4),(3,4)(1,3)}. 3.1. EXEMPLOS IMPORTANTES 23 A orde de A4é|A4|=4! 2= 12. Aplicando o Corolario 1.3 podemos afirmar que pode ter subgrupos de orde 1, 2, 3, 4, 6 e 12. Pero A4non ten subgrupos de orde 6. Supoñamos que existe un subgrupo Hde orde 6. Como en A4non hai ningún elemento de orde 6, tampouco o haberá en H. Polo tanto, Hnon é cíclico e como a súa orde é 6, deducimos que Hten que ser isomorfo a S3. S3ten tres elementos de orde 2 e dous elementos de orde 3, polo que deducimos que os elementos de orde 2 de A4estarán en H, isto é: (1,2)(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3) ∈H. Nótese que: (1,2)(3,4)(1,3)(2,4)= (1,4)(2,3) (1,2)(3,4)(1,4)(2,3)= (1,3)(2,4) (1,3)(2,4)(1,2)(3,4)= (1,4)(2,3) (1,3)(2,4)(1,4)(2,3)= (1,2)(3,4) Polo tanto, K={1,(1,2)(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)}é un subgrupo de H. Pero |K|= 4e 4 non divide a 6, co que chegamos a unha contradición co Corolario 1.3. Unha vez comprobado que non temos subgrupos de orde 6, imos calcular os subgrupos de A4. 1. Os subgrupos obvios son {1}eA4onde | {1} | = 1 e|A4|= 12. 2. Subgrupos de orde 2: Son os grupos da forma {1, a}=haionde aé un elemento de orde 2. Temos tres subgrupos de orde 2: {1,(1,2)(3,4)},{1,(1,3)(2,4)}e{1,(1,4)(2,3)}. 3. Subgrupos de orde 3: Son os subgrupos da forma 1, a, a2=haionde a orde de aé 3. É sinxelo ver que h(1,2)(2,3)i=h(2,3)(1,2)ico que un subgrupo de orde 3 será {1,(1,2)(2,3),(2,3)(1,2)}. De igual forma obtemos o resto de subgrupos de orde 3: {1,(1,2)(2,4),(2,4)(1,2)}, {1,(2,3)(2,4),(2,4)(2,3)}e{1,(1,3)(3,4),(3,4)(1,3)}. 4. Subgrupos de orde 4: Como en A4non hai elementos de orde 4, terá que estar formado por catro elementos de orde 2 e 1, polo tanto ten que ser da forma: {1,(1,2)(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)}. É sinxelo comprobar que este subconxunto é subgrupo. É claro que cada subgrupo de orde 2 está contido no subgrupo de orde 4. Polo Corolario 1.3 deducimos que non hai máis subgrupos contidos noutros, fóra das inclusións triviais. 24 CAPÍTULO 3. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS O retículo de subgrupos será da forma da Figura 3.2. Os subgrupos de orde 2 están representados por H1,H2eH3, os subgrupos de orde 3 represéntanse por H4,H5H6e H7, e por último, H8representa o subgrupo de orde 4, como se pode comprobar ao ver o segundo diagrama que nos amosa a cardinalidade dos subgrupos e o terceiro coa estrutura dos subgrupos. Figura 3.2: Diagrama de Hasse do retículo de subgrupos do grupo alternado A4. Podemos observar que ten un subretículo coa forma diamante, polo que deducimos que o retículo de subgrupos do grupo alternado A4non é distributivo e tamén ten un subretículo isomorfo ao pentágono polo que tampouco é modular. Aínda que tanto neste exemplo como no anterior calculamos os subgrupos á man, temos ferramentas dixitais que facilitan este traballo. A continuación mostramos como podemos obter esta información con tan só uns comandos, empregando o programa SageMath. Primeiro comprobamos que elementos ten o grupo, a súa orde e os subgrupos do grupo A4. A = AlternatingGroup(4) A.list () [(), (1,3)(2,4), (1,2)(3,4), (1,4)(2,3), (2,4,3), (1,3,4), (1,2,3), (1,4,2), (2,3,4), (1,3,2), (1,2,4), (1,4,3)] 3.1. EXEMPLOS IMPORTANTES 25 A.order () 12 A.subgroups() [Subgroup generated by [()] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2)(3,4)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3)(2,4)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4)(2,3)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4,3)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2,3)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4,2)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3,4)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2)(3,4),(1,3)(2,4)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4,3), (1,2)(3,4), (1,3)(2,4)] of (Alternating group of order 4!/2 as a permutation group)] Definimos unha función para poder estudar o retículo de subgrupos. Podemos obter de forma sinxela se o retículo de subgrupos é modular ou distributivo. Vemos que, como fixemos notar antes, este retículo non é distributivo nin modular. f = lambda h,k :h. is_subgroup (k) P = LatticePoset ((A. subgroups () ,f)) P.is_modular() False P.is_distributive() False Ademáis, este programa permítenos obter o diagrama de Hasse do retículo de subgrupos co seguinte comando: 32 CAPÍTULO 3. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS sobre outro se a orde do subgrupo representado polo primeiro vértice é maior que a orde do subgrupo do segundo. Unha boa referencia para estudar os retículos de subgrupos nivelados é [3]. Exemplo 3.6. A representación do retículo de subgrupos do grupo C2×C2, tamén coñecido como grupo de Klein, mantén todos os subgrupos distintos dos obvios no mesmo nivel xa que todos teñen o mesmo cardinal, 2. Figura 3.8: Retículo de subgrupos de C2×C2. No diagrama do retículo de subgrupos do grupo C2×C8apréciase a colocación a distintos niveis dos subgrupos de distinta orde. Figura 3.9: Retículo de subgrupos de C2×C8. Un isomorfismo fde retículos nivelados é un isomorfismo de retículos que conserva a función de nivel, é dicir, para dous vértices K⊂H, tense que |f(H) : f(K)|=|H:K|. 3.3. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS NIVELADOS 33 Exemplo 3.7. Consideremos o produto semi-directo C8oφC2,φ:C2∼ =S2→Aut(C8) onde φ(1) = 1 eφ(1,2) é o automorfismo de C8que leva un xerador de C8,g, a g5, por exemplo, (1,2,3,4,5,6,7,8) 7→ (1,6,3,8,5,2,7,4), vendo C8como un grupo de permutacións. É sinxelo ver que C8×C2eC8oφC2no son isomorfos, xa que C8×C2é abeliano e C8oφC2non o é, de feito son dous dos catorce grupos non isomorfos que hai de orde 16. Con todo, os seus retículos nivelados son isomorfos e as ordes e os tipos de subgrupos que se corresponden no mesmo nivel son isomorfos. Figura 3.10: Retículos de subgrupos de C8×C2eC8oφC2. Estes exemplos fannos preguntarnos se existen grupos que están caracterizados polo seu retículo de subgrupos, é dicir, se L(G)≃L(G0)implica que G≃G0. Na introdución anticipabamos que si, pero para responder a esta pregunta con fundamentos teremos que agardar aos capítulos seguintes. 34 CAPÍTULO 3. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS Capítulo 4 Retículos de subgrupos distributivos e grupos cíclicos Centrarémonos agora nos retículos de subgrupos distributivos, que como veremos gardan gran relación cos grupos cíclicos. Aínda que o traballo céntrase principalmente en retículos de subgrupos de grupos finitos, neste capítulo faremos incursión no mundo dos grupos infinitos para despois particularizar os resultados obtidos ao caso finito. Comezaremos preguntándonos quen son os retículos de subgrupos nos grupos cíclicos. Lembremos que no primeiro capítulo definimos os grupos cíclicos Cn, para n∈N∪ {∞}. Imos ver algúns exemplos de retículos de subgrupos de grupos cíclicos. Exemplo 4.1. Unha aplicación directa do Corolario 1.3 (do teorema de Lagrange) fainos ver que o grupo cíclico de orde 3, C3=hai=1, a, a2non ten máis subgrupos que os obvios {1}eC3. Como é obvio o seu retículo de subgrupos é unha cadea de dous elementos. O grupo cíclico C4=1, a, a2, a3ten orde 4, polo que aplicando de novo o Corolario 1.3 podemos afirmar que pode ter subgrupos de orde 1, 2 e 4. O subgrupo de orde 1 será {1}, o único de orde 2 é ha2ie o de orde 4 é o propio conxunto C4. O seu retículo de subgrupos é unha cadea. O mesmo razoamento que usamos para C3dinos que o retículo de subgrupos de C5 tamén é unha cadea de dous elementos, {1}eC5. En xeral, isto ocorre para calquera Cpcon pprimo. O grupo cíclico C6=1, a, a2, a3, a4, a5, a diferencia dos dous anteriores, non ten por retículo de subgrupos unha cadea, como podemos ver a continuación. Ten dous 35 36 CAPÍTULO 4. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS DISTRIBUTIVOS subgrupos ademais dos obvios, {1}eC6, que son ha2ieha3i. Ademais, a2/∈ ha3ie a3/∈ ha2i, co que ningún dos dous subgrupos está contido no outro. Figura 4.1: Diagramas de Hasse dos retículos de subgrupos de C3C4,C5eC6. Como comentabamos no capítulo 3, C3eC5teñen o mesmo retículo de subgrupos, aínda que non son grupos isomorfos. Lema 4.2. Se n∈N∪{∞}, entón o retículo de subgrupos de Cn,L(Cn), é isomorfo a Tn. Demostración. Sexa n∈N∪ {∞}. Logo, Cn=hgipara un certo elemento gde orde n. Polo Teorema 1.1, a aplicación σ:Tn−→ L(hgi)definida como σ(r) = hgripara todo r∈Tné bixectiva. Ademais, para r, s ∈Tn, temos que s|rse, e só se, hgri ⊆ hgsi. Así que σé un isomorfismo de retículos. 4.1. Cadeas Esta sección tratará sobre os grupos que teñen por retículo de subgrupos cadeas. Daremos unha caracterización das cadeas que nos relaciona o concepto de cadea e grupo cíclico. Basearémonos na información do artigo [5] que estuda os grupos que teñen por retículo de subgrupos unha, dúas e máis cadeas, aínda que nós centrarémonos no primeiro caso. Lema 4.3. Se Gé un grupo finito e o seu retículo de subgrupos é unha cadea, entón Gé cíclico. Demostración. Consideremos un grupo Gfinito que non sexa cíclico. Queremos ver que o retículo de subgrupos de Gnon é unha cadea. Consideremos un elemento x∈Gde xeito que |x|= m´ax {|g| | g∈G}, que existe xa que Gé finito. Entón hxié un subgrupo de Gde orde |x|. Por ser G non cíclico, en particular tense que G6=hxie existe y∈Gtal que ynon pertence a hxi. Logo hyinon está contido en hxi. Supoñamos agora que hxiestá contido en hyi. Entón |y|>|x|, en contradición coa elección de |x|. Así, hxinon é un subgrupo de hyi. Polo tanto, o retículo de subgrupos de Gnon é unha cadea. 4.2. GRUPOS LOCALMENTE CÍCLICOS E CÍCLICOS 37 Proposición 4.4. Se o retículo de subgrupos de Cné unha cadea, entón n é potencia dun número primo. Demostración. Supoñamos que o retículo de subgrupos de Cné unha cadea e que nnon é potencia dun número primo. Entón n=kpaen=mqbpara primos peqe enteiros positivos a, b, k, m de xeito que pnon divide a keqnon divide a m. Sexa x∈Cntal que Cn=hxi. Entón as ordes dos subgrupos hxkiehxmide Cnson potencias de peqrespectivamente. Séguese do Corolario 1.3 que ningún destes subgrupos está contido no outro, en contradición con que o retículo de subgrupos de Cné unha cadea. Polo tanto, né potencia dun número primo. Lema 4.5. Se pé primo, entón o retículo de subgrupos de Cpné unha cadea. Demostración. A demostración é inmediata a partir do Lema 4.2 xa que o retículo de subgrupos de Cpnserá isomorfo a Tpn, polo que será unha cadea. O Lema 4.3 xunto coa Proposición 4.4 proban a condición necesaria do seguinte teorema e o Lema 4.5 proba a condición suficiente. Teorema 4.6. Un grupo finito ten un retículo de subgrupos que é unha cadea se, e só se, é isomorfo a Cpn, para un primo pe un natural n. 4.2. Grupos localmente cíclicos e cíclicos Como anticipabamos ao comezo do capítulo, imos presentar a continuación un resultado encadrado no mundo dos retículos de subgrupos de orde arbitraria (finita ou infinita), que quizais sexa o máis importante do capítulo. Un estudo detallado centrado neste teorema pode atoparse no traballo [11]. Teorema 4.7 (Teorema de Ore).O retículo de subgrupos dun grupo Gé distributivo se, e só se, Gé localmente cíclico. Demostración. Supoñamos en primeiro lugar que o retículo de subgrupos de G,L(G), é distributivo e sexan a, b ∈G. Queremos demostrar que o subgrupo xerado por aeb,ha, bi, é cíclico. Veremos que ha, bi=habi ∨ hai. É claro que habi⊆ha, biehai⊆ha, bi, polo que habi ∨ hai ⊆ ha, bi. Para ver o outro contido, é suficiente ver que os xeradores de ha, bipertencen a habi∨hai. Como aeab pertencen a habi∨hai,a−1ab =b∈ habi∨hai tamén. Polo tanto ha, bi⊆habi ∨ hai, e así habi ∨ hai=ha, bi. Analogamente, próbase que ha, bi=habi∨hbi. 38 CAPÍTULO 4. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS DISTRIBUTIVOS Agora ben, como L(G)é distributivo, habi ∨ (hai∧hbi)=(habi∨hai)∧(habi∨hbi). Pero como habi ∨ hai=ha, bi=habi ∨ hbi, temos que habi ∨ (hai ∧ hbi) = ha, bi. Nótese que aebconmutan con todos os elementos de hai∧hbi. Polo tanto hai∧hbi ⊆ Z(ha, bi). Así, pola Proposición 1.12, hai∧hbiEha, bi, e polo Teorema 1.7, ha, bi/(hai∧hbi)≃ habi/habi ∧ (hai∧hbi). Nótese que ha, bi/(hai∧hbi)é cíclico xa que o cociente dun grupo cíclico é cíclico, o que implica que ha, bié abeliano, polo Teorema 1.12. Pola estrutura de grupos finitos abelianos finitamente xerados, existen c, d ∈Gtales que ha, bi=hci×hdi, un produto directo de grupos cíclicos. En particular, hci ∧ hdi= 1. Repetindo o argumento anterior, tense que hc, di/(hci∧hdi) = hc, dié cíclico. Pero ha, bi=hci×hdi=hc, di, e así ha, bié cíclico, polo que Gé localmente cíclico. Supoñamos agora que Gé localmente cíclico e sexan A, B, C ∈L(G). Como vimos coa definición de retículo distributivo, para ver que L(G)é distributivo é suficiente con probar a primeira lei distributiva, e neste caso, xa que Gé abeliano, pola Proposición 1.5, bastará ver que A(B∩C) = AB ∩AC. Claramente, A(B∩C)⊆AB ∩AC. Sexa x∈AB ∩AC. Entón x=ab ex=a0cpara algúns a, a0∈A,b∈Bec∈C. Por ser Glocalmente cíclico, ha, a0, b, ci=hgipara algún g∈G. Sexa A0=A∩ hgi,B0=B∩ hgieC0=C∩ hgi. Se A0 é trivial, a= 1 = a0eb=x=c, co que x∈A(B∩C). Se B0ou C0é trivial, x=aou x=a0, e x∈A(B∩C). Polo tanto, asumiremos que ningún deles é trivial. Vexamos que hgi=A0B0=A0C0. É claro que A0B0⊆ hgie que A0C0⊆ hgi. Para ver que hgi ⊆ A0B0, só é necesario probar que os xeradores a,a0,becde hgiestán en A0B0. Nótese que a, a0, b ∈A0B0. Dado que a0c=ab, tamén c=a0−1ab ∈A0B0, e así hgi ⊆ A0B0. Analogamente, hgi ⊆ A0C0. Sexan agora, α, α0, β, γ ∈Ztales que a=gα,a0=gα0,b=gβec=gγ. Como A0B0=hgipodemos atopar enteiros iejtales que g=gigj=gi+jcon gi∈A0egj∈B0, e polo tanto gγ=g(i+j)γ. Agora, x=a0c=gα0g(i+j)γ=gα0giγgjγ. Como gα0giγ ∈A0e gjγ ∈B0∩C0, tense que x∈A0(B0∩C0)⊆A(B∩C). Polo tanto, A(B∩C) = AB ∩AC, e así L(G)é distributivo. O seguinte resultado séguese inmediatamente do teorema de Ore e da Definición 1.16. Corolario 4.8. O retículo de subgrupos dun grupo finito Gé distributivo se, e só se, Gé cíclico. 4.2. GRUPOS LOCALMENTE CÍCLICOS E CÍCLICOS 39 Demostración. Dado que todo grupo cíclico é localmente cíclico, se Gé cíclico teremos que Gé distributivo polo Teorema 4.7. Reciprocamente, supoñamos que Gé distributivo. Entón Gé localmente cíclico polo Teorema 4.7. Pero como toda cantidade finita de elementos xera un subgrupo cíclico pola Definición 1.16 e xa que o propio Gé un grupo finito, Gdebe ser cíclico. Deste xeito, probamos que as afirmacións (B) e (C) da introdución son equivalentes, como prometíamos daquela. A equivalencia con (A) vén dada polo Lema 4.2 e o Exemplo 2.20. Ademais, tanto o teorema de Ore como o seu corolario dan exemplos de clases de grupos nas condicións da pregunta 3 da introdución: os grupos localmente cíclicos e os grupos cíclicos finitos admiten as caracterizacións reticulares de ter un retículo de subgrupos distributivo ou finito e distributivo, respectivamente. Veremos a continuación que empregando o anterior Teorema 4.7 tamén é sinxelo caracterizar a clase dos grupos cíclicos. Lema 4.9. Un grupo Gcun retículo de subgrupos que satisfai a condición maximal é finitamente xerado. Demostración. Sexa {a1, a2, ... }un conxunto de xeradores de G. Entón, como L(G)satisfai a condición maximal, a sucesión ascendente de subgrupos ha1i⊆ha1, a2i ⊆ ... debe estabilizarse nalgún paso, chamémoslle n. Así, an+j∈ ha1, ... , anipara todo j≥0. pero entón G=ha1, a2, ... i ⊆ ha1, a2, ... , ani, co que Gestá finitamente xerado. Teorema 4.10. Un grupo Gé cíclico se, e só se, o seu retículo de subgrupos L(G)é distributivo e satisfai a condición maximal. Demostración. Supoñamos en primeiro lugar que L(G)é distributivo e satisfai a condición maximal. Polo Lema 4.9, Gé finitamente xerado. Como L(G)é distributivo, entón Gé localmente cíclico, e polo Teorema 4.7, deducimos que Gé cíclico. Reciprocamente, se Gé cíclico, entón L(G)é distributivo, polo Teorema 4.7, e só quedaría por probar que satisfai a condición maximal. Por ser Gcíclico, G=hgipara algún g∈G. Entón, hgji⊆hgkise, e só se, ké un divisor de j, polo Teorema 1.1. Como todos os subgrupos de Gson cíclicos (Teorema 1.1), calquera sucesión de elementos de L(G),G1, ... , Gn, ... con G1⊆ ··· ⊆ Gn⊆ ··· será da forma hgj1i ⊆ ··· ⊆ hgjni ⊆ ··· . Como os divisores de j1son finitos, dedúcese que esta sucesión non pode ser infinita. Polo tanto, L(G)satisfai a condición maximal. Polo tanto, temos un novo exemplo de clase de grupos (os cíclicos) con caracterización reticular (retículo de subgrupos distributivo satisfacendo a condición maximal). Aproveitaremos isto para presentar un primeiro exemplo de grupo caracterizado polo seu retículo de subgrupos, comezando así a responder á cuestión 1 da introdución. 40 CAPÍTULO 4. RETÍCULOS DE SUBGRUPOS DISTRIBUTIVOS Corolario 4.11. Sexa Gun grupo. Entón G≃C∞se, e só se, L(G)≃T∞. Demostración. Se G≃C∞, entón o retículo de subgrupos de Gé isomorfo a T∞polo Lema 4.2. Pola contra, supoñamos que L(G)≃T∞. Polo Lema 4.2, L(G)≃L(C∞). Polo Teorema 4.10, L(C∞)é distributivo e satisfai a condición maximal, e polo tanto L(G) tamén satisfai estas condicións. Así, aplicando de novo o Teorema 4.10, obtense que Gé cíclico. Como claramente |G|é infinito, tense que G≃C∞. Así, o grupo cíclico infinito C∞está determinado polo seu retículo de subgrupos, é o único grupo Gtal que L(G)≃L(C∞). Para os grupos cíclicos finitos a situación cambia xa que para dous elementos m, m0∈N, os retículos TmeTm0poden ser isomorfos aínda que mem0sexan distintos, como ilustra o seguinte teorema. Teorema 4.12. Sexa n1, ... , nr∈N. O grupo Gé cíclico de orde pn1 1··· pnr rcon primos pi distintos se, e só se, o retículo de subgrupos de Gé produto directo de rcadeas de lonxitude n1, ... , nr. Demostración. Se Gé un grupo cíclico de orde m=pn1 1··· pnr r, entón L(G)≃Tmé produto directo de cadeas de lonxitude n1, ... , nrcomo comentamos no Exemplo 2.10. Reciprocamente, supoñamos que L(G)é produto directo de cadeas de lonxitude n1, ... , nr. Sexan q1, ... , qrprimos distintos e poñamos m0=qn1 1··· qnr r. Entón L(G)≃Tm0é distributivo, como vimos no Exemplo 2.20, e finito. Polo Teorema 4.10, Gé cíclico. Así, Tm0≃L(G)≃T|G| e polo conseguinte |G|=qn1 1··· qnr r. Deste xeito xustificamos a nosa afirmación do capítulo 3 na que asegurabamos que CneCm, con n=pn1 1··· pnr rem=qn1 1··· qnr r, tiñan retículos de subgrupos isomorfos. Exemplificabamos a afirmación cos grupos C6eC15, vexamos agora outro exemplo. Exemplo 4.13. Os retículos T12 eT20 teñen retículos isomorfos, como se pode ver nos diagramas. Estes retículos son exactamente o produto directo dunha cadea de lonxitude 1 con outra de lonxitude 2, xa que 12 = 2231e20 = 2251. Porén, os grupos C12 eC20 non son isomorfos. Figura 4.2: Retículos T12 eT20. 4.2. GRUPOS LOCALMENTE CÍCLICOS E CÍCLICOS 41 Presentamos a continuación unha consecuencia directa do Teorema 4.12 que matiza un pouco máis o Teorema 4.6. Corolario 4.14. Un grupo finito ten un retículo de subgrupos que é unha cadea de lonxitude nse, e só se, é isomorfo a Cpn, para un certo pprimo. Podemos aproveitar o teorema de Ore para dar máis exemplos de retículos que non son retículos de subgrupos de ningún grupo, continuando así coa liña da Proposición 3.4. É o caso, por exemplo, de L(G) = ou L(G) = xa que estes retículos son distributivos, e polo teorema de Ore o seu grupo asociado tería que ser cíclico, pero xa vimos que os retículos dun grupo cíclico non son desta forma. Por último, cabe destacar que como todo retículo booleano é distributivo, é sinxelo obter resultados sobre grupos con retículos de subgrupos booleanos a partir da información precedente sobre retículos de subgrupos distributivos. En particular, para o caso finito temos a seguinte elegante caracterización dos grupos con retículo de subgrupos booleano, cuxa demostración vén dada pola combinación do Corolario 4.8, o Teorema 4.12 e o Teorema 2.29. Teorema 4.15. Un grupo finito Gten retículo de subgrupos booleano se, e só se, Gé cíclico de orde libre de cadrados, é dicir, |G|=p1··· pk, con piprimos diferentes. 48 CAPÍTULO 6. GRUPOS CARACTERIZADOS Consideremos os subgrupos H1, H2, H3, H4que son maximais e minimais, e denotemos Γ={H1, H2, H3, H4}. Definimos a aplicación ϕ:G−→ S4que a cada elemento g∈G, faille corresponder unha permutación ϕg:Γ−→ Γdefinida como ϕg(Hi) = gHig−1. É inmediato comprobar que ϕg∈S4, xa que os conxugados dos subgrupos maximais seguen sendo maximais e os conxugados dos subgrupos minimais seguen sendo minimais. Imos probar que ϕé un homomorfismo de grupos inxectivo. É trivial comprobar que ϕg1g2(Hi) é igual a ϕg1(ϕg2(Hi)) para todo Hi∈Γ, polo que ϕé homomorfismo de grupos. En canto á inxectividade, veremos que Ker(ϕ) = {1}. Sexa g∈Ker(ϕ). Entón, ϕg= IdΓ, polo que ϕg(Hi) = Hipara todo i= 1, ... , 4; noutras palabras, gHig−1=Hipara todo i= 1, ... , 4. Lembrando a Definición 1.13, temos que g∈NG(Hi)para todo Hi∈Γ, polo que g∈T4 i=1 NG(Hi). Dado que Hi⊆NG(Hi), vendo o diagrama, chegamos á conclusión de que NG(Hi)éHiou G. Temos dúas opcións mutuamente exclusivas: 1. Existen tres subgrupos Hj, Hk, Hl∈Γ,j6=k,j6=l,r6=l, con NG(Hj) = G, NG(Hk) = GeNG(Hl) = G. 2. Existen Hj, Hk∈Γ, con j6=k, tales que NG(Hj) = HjeNG(Hk) = Hk. Comezaremos coa primeira opción. Se NG(Hj) = G, entón HjEG, polo que G/Hjé grupo. Polo teorema de correspondencia (véxase Teorema 1.8), os subgrupos de G/Hj correspóndense cos subgrupos de Gque conteñen a Hj. Vendo o retículo, os grupos de Gque conteñen a Hjson GeHj, que se corresponden en G/Hjcon G/Hje{1}. Por iso o retículo de subgrupos é unha cadea (de dous elementos), e polo Teorema 4.6 ou o Corolario 4.14, G/Hjé cíclico e polo tanto abeliano. Pola Proposición 1.15, [G, G]⊆Hj. Analogamente, [G, G]⊆Hk. Como Hj∩Hk={1}, a única opción é que [G, G] = {1}o que equivale a que Gé abeliano. Pero polo Teorema 5.3, isto implica que L(G)é modular, e a súa vez que L(A4)é modular. Pero como xa dixemos na sección 3.1.2, L(A4)non é modular. Polo tanto, desbotamos a primeira opción. Terá que cumprirse a segunda opción. Temos que T4 i=1 NG(Hi)⊆Hj∪Hk={1}, polo que T4 i=1 NG(Hi) = {1}e así, g= 1. Polo tanto, Ker(ϕ) = {1}o que equivale a que ϕé inxectivo. Entón, Gserá isomorfo a un subgrupo de S4. Como fixemos anteriormente, utilizaremos SageMath para obter os subgrupos de S4. No seguinte código mostramos a obtención dos subgrupos, e nas últimas liñas a orde dos subgrupos e a estrutura que teñen. S4 = SymmetricGroup (4) S4. subgroups () Subgroup generated by [()] of (Symmetric group of order 4! as a permutation 49 group), Subgroup generated by [(1,2)(3,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3)(2,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(3,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3,2)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4,2)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(3,4),(1,2)(3,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4),(1,3)(2,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2)(3,4),(1,3,2,4)] of (Symmetric group of order 50 CAPÍTULO 6. GRUPOS CARACTERIZADOS 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,3)(2,4),(1,4,3,2)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2,4,3),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(3,4),(2,4,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,4,3),(1,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,3),(1,3,2)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2),(1,4,2)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(1,2)(3,4),(1,3)(2,4),(1,4)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4),(1,2)(3,4),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(2,4,3),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group), Subgroup generated by [(3,4),(2,4,3),(1,3)(2,4),(1,4)(2,3)] of (Symmetric group of order 4! as a permutation group) def subH (x): return subgrupos[x] [subH (x). order () for xin (range(30))] [1, 2, 2, 2, 2, 2, 2, 2, 2, 2, 3, 3, 3, 3, 4, 4, 4, 4, 4, 4, 4, 6, 6, 6, 6, 8, 8, 8, 12, 24] [subH (x). structure_description () for xin (range(30) )] [’1’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C2’, ’C3’, ’C3’, ’C3’, ’C3’, ’C2 x C2’, ’C2 x C2’, ’C2 x C2’, ’C2 x C2’, ’C4’, ’C4’, ’C4’, ’S3’, ’S3’, ’S3’, ’S3’, ’D4’, ’D4’, ’D4’, ’A4’, ’S4’] 51 Recordemos que SageMath non sempre denota os elementos da mesma forma ca nós, neste caso o código devólvenos D4 como o grupo diédrico de 8 elementos, que usualmente escribimos como D8. Polo tanto, os subgrupos de S4son: {1},C2,C3,C4,C2×C2,S3,D8, A4eS4. No capítulo 4 vimos que os retículos de subgrupos de C2,C3eC4son cadeas, polo que Gnon pode ser ningún destes grupos. Na sección 3.3 vimos que o retículo de subgrupos de C2×C2é o diamante, e na subsección 3.1.1 o do grupo S3, que claramente tampouco é isomorfo ao de A4. En S4hai trinta subgrupos, mentres que en A4só hai dez, polo que tampouco pode coincidir o seu retículo de subgrupos. En D8temos dez subgrupos, igual que en A4, pero como podemos ver polo retículo de D8na Figura 6.1 só tres son maximais, mentres que en A4temos cinco maximais. Polo tanto, chegamos á conclusión de que Gten que ser isomorfo a A4. Figura 6.1: Retículo de subgrupos do grupo diédrico D8. 52 CAPÍTULO 6. GRUPOS CARACTERIZADOS Bibliografía [1] Blyth, T.S., Lattices and ordered algebraic structures, Universitext, Springer-Verlag, London, 2005. [2] Davey, B. A. e Priestley, H. A., Introduction to lattices and order, Second edition, Cambridge University Press, New York, 2002. [3] Debreil, A., Groupes finis et treillis de leurs sous-groupes, Calvage & Mounet, Paris, 2016. [4] Iwasawa, K., Über die endlichen Gruppen und die Verbände ihrer Untergruppen, J. Fac. Sci. Imp. Univ. Tokyo Sect. I. 4 (1941), 171–199. [5] Jez, A., Subgroup Lattices That Are Chains, Rose-Hulman Undergraduate Mathematics Journal, Vol. 7, Iss. 2, Article 4, 2006. [6] Pálfy, P. P., Groups and Lattices, Groups St. Andrews 2001 in Oxford, Vol. II, 428–454, London Math. Soc. Lecture Note Ser., 305, Cambridge University Press, Cambridge, 2003. [7] Pudlák, P. e Tuma, J., Every finite lattice can be embedded in a finite partition lattice, Algebra Universalis 10 (1980), 74–95. [8] Roman, S., Fundamentals of group theory. An advanced approach, Birkhäuser/Springer, New York, 2012. [9] Schmidt, R., Subgroup lattices of groups, De Gruyter Expositions in Mathematics, 14, Walter de Gruyter & Co., Berlin, 1994. [10] Tarnauceanu, M., A characterization of the quaternion group, Analele Stiintifice ale Universitatii Ovidius Constanta Seria Matematica 21 (2013), 209–213. [11] Viehweg, J., Ore’s theorem, Theses Digitization Project, 145, 2011. 53 54 BIBLIOGRAFÍA [12] Whitman, P. M., Lattices, equivalence relations, and subgroups, Bull. Amer. Math Soc. 52 (1946), 507–522.