scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Análise do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na Universidade

Toja Fernández, Noemí

Abstract

Ademais das funcións de docencia e investigación a Universidade ten unha terceira misión que é a transferencia de coñecementos a sociedade colaborando así ao desenvolvemento económico e social do seu entorno. Esta transferencia pode ser realizada dun modo directo, a través da creación de empresas ligadas a ela mesma, denominadas spin-off universitarias. O termo spin-off universitaria, tamén coñecido mediante o acrónimo do termino inglés USOs (university spin-offs), expresa a idea da creación de novas iniciativas económicas no seo dunha organización existente, neste caso unha institución universitaria, no que baixo o seu amparo acaban adquirindo, por iniciativa dunha persoa da organización, independencia e viabilidade propia, en termos de estrutura xurídica, técnica e comercial. Nas últimas décadas a transferencia de tecnoloxía converteuse no principal instrumento empregado polas universidades para o establecemento de lazos co seu entorno máis próximo. Ademais a creación deste tipo de empresas tivo nos últimos anos unha tendencia alcista, grazas ao apoio no cambio lexislativo, a creación de programas e estrutura de apoio para dar soporte a iniciativa empresarial universitaria. Este apoio veu motivado pola crenza de que este tipo de empresas son un instrumento clave para a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento económico e social dun territorio, de que producen retornos económicos para a universidade e investigadores, que xeran emprego de calidade e introducen no mercado produtos altamente innovadores , entre outras funcións (Rodríguez Julias, 2014).Sen embargo non existe unha evidencia empírica clara que permita afirmar que a creación deste tipo de empresas teñen uns resultados mellores que as empresas non spin-off e recentes estudos indican que esta vía non é a máis apropiada para transferir a tecnoloxía desde a universidade á sociedade debido ó baixo impacto destas empresas na economía (Calan, 2001). Por todo o indicado con anterioridade este traballo centrarase no estudo do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na universidade, comparando os resultados con empresas de características similares non spin-off.

Full text

NOEMÍ TOJA FERNÁNDEZ ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE DAS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS SETEMBRO 2014 Traballo de Fin de Grao presentado na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Administración e Dirección de empresas Traballo de fin de grao 2 NOEMÍ TOJA FERNÁNDEZ Resumo Ademais das funcións de docencia e investigación a Universidade ten unha terceira misión que é a transferencia de coñecementos a sociedade colaborando así ao desenvolvemento económico e social do seu entorno. Esta transferencia pode ser realizada dun modo directo, a través da creación de empresas ligadas a ela mesma, denominadas spin-off universitarias. O termo spin-off universitaria, tamén coñecido mediante o acrónimo do termino inglés USOs (university spin-offs), expresa a idea da creación de novas iniciativas económicas no seo dunha organización existente, neste caso unha institución universitaria, no que baixo o seu amparo acaban adquirindo, por iniciativa dunha persoa da organización, independencia e viabilidade propia, en termos de estrutura xurídica, técnica e comercial. Nas últimas décadas a transferencia de tecnoloxía converteuse no principal instrumento empregado polas universidades para o establecemento de lazos co seu entorno máis próximo. Ademais a creación deste tipo de empresas tivo nos últimos anos unha tendencia alcista, grazas ao apoio no cambio lexislativo, a creación de programas e estrutura de apoio para dar soporte a iniciativa empresarial universitaria. Este apoio veu motivado pola crenza de que este tipo de empresas son un instrumento clave para a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento económico e social dun territorio, de que producen retornos económicos para a universidade e investigadores, que xeran emprego de calidade e introducen no mercado produtos altamente innovadores , entre outras funcións (Rodríguez Julias, 2014) Sen embargo non existe unha evidencia empírica clara que permita afirmar que a creación deste tipo de empresas teñen uns resultados mellores que as empresas non spin-off e recentes estudos indican que esta vía non é a máis apropiada para transferir a tecnoloxía desde a universidade á sociedade debido ó baixo impacto destas empresas na economía (Calan, 2001). Por todo o indicado con anterioridade este traballo centrarase no estudo do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na universidade, comparando os resultados con empresas de características similares non spin-off. Total de palabras: 7595 palabras ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 3 Índice RESUMO …………………………………………………………………………………………………………………………………… ……….. 2 Índice ..................................................................................................................................................... 3 Índice de abreviaturas ........................................................................................................................... 4 Índice de táboas, gráficos ou figuras ...................................................................................................... 5 I. Introdución ......................................................................................................................................... 6 Planificación ............................................................................................................ .............................9 Desenvolvemento do traballo .............................................................................................................. 10 II. CARACTERÍSTICAS DAS USOS ................................................................................................................. 10 2.1 BREVE REVISIÓN LITERARIA .......................................................................................................... 10 2.1.1 ESTUDOS QUE AFIRMAN QUE AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE TEÑEN MELLORES RESULTADOS................................................................... .................................... ................................10 2.1.2 ESTUDOS QUE AFIRMAN QUE AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE TEÑEN PEORES RESULTADOS.................................................................... .............................. .....................................11 III. MOSTRA DE EMPRESAS. ........................................................................................................................ 12 3.1 MOSTRA DAS SPIN-OFF UNIVERSITARIAS......................................................................................... 12 3.2 MOSTRA DAS EMPRESAS COMPARABLES. ........................................................................................ 13 IV. ANÁLISE EMPÍRICO................................................. ............................ ....................................................13 4.1 ANÁLISE DAS VARIABLES ABSOLUTAS.................... ........................... ......................................................14 4.2ANÁLISE DAS RENDABILIDADES............................. ........................... .....................................................18 V. Conclusións.............................................................. ......................... .............................................21 VI. Limitacións e recomendacións................................. ...................... ...............................................23 VII BIBLIOGRAFÍA....................................................................................................................................24 4 NOEMÍ TOJA FERNÁNDEZ ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDDE Índice de abreviaturas BAIT= Resultado antes de impostos e intereses. PSM= Propensity score matching. RDO= Resultado. ROA= Rendibilidad económica. ROE= Rendibilidade financeira. USOs= University spin-offs. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 5 Índice de táboas, gráficos ou figuras GRÁFICO 1: CREACIÓN DE SPIN-OFF UNIVERSITARIAS SEGUNDO A RED OTRI................................................................ 7 CADRO 1: ACTIVO TOTAL MEDIO (MILES DE EUROS) ................................................................................................ 15 CADRO 2: CRECEMENTO MEDIO DO ACTIVO TOTAL ................................................................................................ 15 CADRO 3: NÚMERO MEDIO DE EMPREGADOS....................................................................................................... 16 CADRO 4: CRECEMENTO MEDIO DO NÚMERO DE EMPREGADOS................................................................................ 16 CADRO 5: VENTAS NETAS MEDIAS ( MILES DE EUROS)............................................................................................. 17 CADRO 6: CRECEMENTO MEDIO DAS VENTAS NETAS............................................................................................. 17 CADRO 7: RESULTADO DO EXERCICIO ( MILES DE EUROS)......................................................................................... 18 CADRO 8: CRECEMENTO MEDIO DO RESULTADO DO EXERCICIO ................................................................................ 18 CADRO 9: RENDIBILIDADE ECONÓMICA............................................................................................................... 19 CADRO 10: CRECEMENTO MEDIO DA RENDIBILIDADE ECONÓMICA............................................................................ 19 CADRO 11: RENDIBILIDADE FINANCEIRA.............................................................................................................. 20 CADRO 12: CRECEMENTO MEDIO DA RENDIBILIDADE FINANCEIRA............................................................................. 20 CADRO 13: RATIO DE ENDEBEDAMENTO.............................................................................................................. 21 CADRO 14: CRECEMENTO MEDIO DO RATIO DE ENDEBEDAMENTO............................................................................ 21 ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 6 I. Introdución A transferencia de tecnoloxía é un proceso de transmisión de coñecementos científicos e tecnolóxicos entre a universidade e a sociedade, polo que podemos sinalar que esta é un factor moi importante para promover a investigación e innovación e a aplicación dos seus resultados. Debido a que en moitas ocasións os coñecementos tecnolóxicos desenvolvidos nas universidades e institucións de investigación non se trasladan facilmente a sociedade mediante contratos e patentes, unha maneira de acadar dito obxectivo máis directamente é a creación de novas empresas (Franklin et al., 2001). Estas novas empresas xeradas nas institucións de educación superior reciben o nome de spin-offs universitarias. Nos últimos anos a creación de spin-off universitarias en España toma peso, e non para de crecer. No Gráfico 1 mostra a tendencia alcista que sufriu a creación de ditas empresas, nel apréciase como nunha década aumentou en máis dun 600%. É no ano 2006 cando ten lugar o máximo histórico na creación de spin-off universitarias, constituíndose 143 empresas. Pese a ter un incremento espectacular nos últimos dez anos, a cifra total segue sen ser elevada se o comparamos cos valores presentados con outros países. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 7 Gráfico 1: Creación de Spinoff universitaria en España Fonte: Elaboración propia a partir dos datos proporcionados pola Red Otri 2004-2009 e enquisa de I+TC 2011 Un dos motivos do crecemento do número de empresas spinoff é o cambio na misión da universidade pois na súa orixe a universidade tiña unha única misión, a docencia, e só se centraba na preservación e transmisión do coñecemento a través da formación. Máis adiante, incorporouse o desenvolvemento da investigación. Pero a estes dous cometidos, súmaselle un novo, sobre todo nestas últimas décadas, que é o do desenvolvemento económico e social. Esta terceira función realizase principalmente mediante a transferencia de tecnoloxía que, entre outras vías, pode ser realizada mediante: estudos ou proxectos baixo contrato, investigación en colaboración, creación de empresas de base tecnolóxica resultado de investigacións, explotación de patentes, etc. Actualmente a transmisión de coñecemento e tecnoloxía converteuse nunha actividade básica da universidade (Rodeiro et al., 2008). Algúns autores cualifican ás universidades que adoptan esta nova misión como “universidades emprendedoras” ou “universidades innovadoras”, cuxos elementos clave son (Etzkowitz, 2002):  A organización de grupos de investigación.  A creación dunha base de investigación con posibilidades comerciais.  A intensificación das relacións universidade – empresa.  Desenvolvemento de mecanismos de transferencia de coñecementos  Impulso á creación de empresas baseadas no coñecemento dende a propia universidade. Outro motivo de crecemento das spin-offs universitarias é o aumento do interese dos responsables da elaboración das políticas públicas nas universidades e organismos públicos de investigación que ten levado ao desenvolvemento dunha ampla variedade de medidas para fomentar a súa creación e desenvolvemento (Shane, 2004; Fernández e Rodeiro, 2011), feito que facilitou en gran medida a incorporación desta terceira misión na universidade. En particular, en España os cambios lexislativos levados a cabo nos últimos anos supuxeron un gran impulso no aumento de nacementos de spin-offs, un exemplo de isto é a Lei Orgánica 11/1983 de reforma universitaria (LRU) que foi a primeira lei que permitiu a contratación de ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 8 departamentos e institutos universitarios e o seu profesorado por parte das entidades públicas, privadas ou persoas físicas, para realizar traballos artísticos, técnicos ou científicos. Posteriormente a Lei Orgánica de Universidades (LOU 6/2001) é a primeira lei que regula o fenómeno de creación de empresas dentro das universidades en España. Finalmente coa Ley Orgánica 4/2007 que modifica a LOU (LOMLOU) e cando se produce o maior impulso a creación de spin-offs a pesar da complexidade da regulación que inclúe. O traballo de Rodríguez Gulías (2014) sinala os puntos a favor da creación deste tipo de empresas, xustificando deste modo o aumento do interese por optar por esta vía de transferir a tecnoloxía:  Son unha fonte de transferencia de tecnoloxía  Son detonantes de cambios na comunidade universitaria  Son unha fonte de iteración continua entre a universidade e o sistema produtivo  Son una xeración de retornos económicos  Contribúen o desenrolo económico e social Como contrapartida ós efectos positivos anteriormente citados tamén existen unha serie de aspectos negativos que son resumidos por Rodríguez Gulías (2014):  Desprazamento das funcións máis tradicionais da universidade  Perda do espírito da universidade a favor dunha maior orientación comercial  Conflito internos na comunidade universitaria  Deterioro da imaxe e reputación da universidade  Conflitos na negociación da transferencia de tecnoloxía  Xeración de incertidume na calidade e asimetrías de información  Elevados costos da estrutura e dos servizos de apoio  Perda de contratos de investigación a corto prazo  Descapitalización da universidade  Baixo impacto no desenrolo económico y social. Polo tanto, comprobamos como non existe só unha corrente a favor do aumento do apoio facilitado a estas empresas, senón que tamén existen certas opinións que teñen criticado este mecanismo de transferencia de tecnoloxía. En particular, nos últimos anos confirmouse un problema a nivel internacional pertencente o modelo de creación de spin-off universitarias. Estudos recentes sinalan que a creación de spin-offs, debido ó baixo impacto destas empresas na economía, non é a ferramenta máis adecuada para facer a transferencia da tecnoloxía dende a universidade a sociedade (Calan, 2001). Un dos primeiros informes foi Fostering Entrepreneurship (OCDE, 1998) no cal se mostrou que na maioría dos países, as spin-offs universitarias teñen predilección por manterse nun tamaño relativamente pequeno, sen obter crecemento. De feito a maioría das spin-offs non dispoñen de máis de dez empregados ó cabo dos seis anos de vida (Mustar et al., 2007) Outros traballos tamén apuntaron o baixo crecemento das spin-offs, como son os de: Chiesa e Piccaluga (2000); Cardozo e Englerman (2004) ou Harrison e Leitch (2005). En España non se están a lograr os resultados esperados deste tipo de empresas. Fraccións das mesmas logrou determinar un modelo fundamentado na comercialización de bens ou servizos innovadores e pódense considerar empresas reais. Outra proporción cuantiosa de spin-offs non completou a transición dos resultados de investigación a produtos comercialmente viables (Rodeiro et al, 2014), o que nos leva a tratar de profundar nas causas subxacentes. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 9 Polo tanto o obxectivo fundamental deste traballo é a análise do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na universidade. Ademais, compararemos as mesmas con un grupo de empresas non creadas pola universidade pero con características similares. Este traballo estruturase do seguinte modo. No segundo apartado, tras esta introdución, facemos a revisión literaria e bibliográfica do noso ámbito de estudo, os estudos existentes referidos ao crecemento das spin-offs universitarias. Na sección terceira detallaranse os pasos a seguir para conseguir a base de datos utilizada para no cuarto epígrafe realizar a nosa análise dos datos. Para finalizar preséntanse as principais conclusións obtidas e algunhas recomendacións, así como algunhas das limitacións presentadas á hora de realizar o presente traballo. Planificación 1. A finais de novembro adxudícasenos o tema elixido. 2. A primeira semá de decembro tense a primeira reunión con o titor do traballo, nesta reunión dase unha breve explicación do tema elixido. 3. En xaneiro tense a segunda reunión co titor, decidindose reaxustar o tema e especificándose a bibliografía utilizada para este traballo. 4. No mes de febreiro e metade de marzo, dedicaselle dúas horas o dia a leer a blibliografía e outros estudos relaciónados co tema a tratar. 5. En abril levaselle ao tutor os puntos a tratar neste traballo, e coa súa aprobación comezase a redacción do traballo. 6. En xunio procedese a correción dunha parte do traballo, e tras aclarar dúbidas, continúase coa redación da parte teórica e practica. 7. A mediados de julio, entregase o traballo para a súa correción. 8. En Agosto e Setembro, corrixense os erros e danse os últimos retoques NOV. DEC. XAN. FEBR. MAR. ABR. MAI. XUÑ. XUL. AGO. SEPT. Adxudicación do tema Toma contacto co titor Reaxuste do tema elixido Especificación bibliografía Lectura de bibliografía 2ª reunión co titor Análise da base de datos Redacción do traballo Revisión da redacción Ultimos retoques ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 16 Cadro 3: Número medio de empregados Nº EMPREGADOS SPIN-OFF NON SPIN-OFF Ano 1 3 5 1 3 5 Nº empresas 111 292 246 187 328 253 Valor medio 2 5 8 3 6 6 O crecemento medio do número de empregados vémolo no cadro 4, no cal podemos observar que en ambos casos a plantilla media de traballadores crece máis nos tres primeiros anos que nos dous últimos anos dos que temos datos, tamén podemos ver que o crecemento en liñas xerais das spin-off case duplica ó das non spin-off, pois as primeiras os cinco primeiros anos creceron un 267% mentres que as non spin-off creceron un 150%. Cadro 4: Crecemento medio do número de empregados Nº EMPREGADOS SPIN-OFFS NON SPIN-OFFS Período Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Ano 1 3 3 5 1 5 1 3 3 5 1 5 Nº empresas 75 75 187 187 54 54 145 145 187 187 96 96 Valor medio 2 7 5 8 3 11 3 5 5 7 2 5 Crecemento 250% 60% 267% 67% 40% 150% No cadro 5 temos as ventas netas para o ano 1, 3 e 5 das empresas spin-off con orixe na universidade e das empresas comparables. Sendo o valor medio das primeiras 42.000 €, 298.000 € e 501.000 € para os anos anteriormente referidos, e 581.000€, 442.000 € e 743.000 € das segundas. Datos que nos indican que as empresas comparables de media venden máis que as spin-off. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 17 Cadro 5: Ventas netas medias (miles de euros) VENTAS NETAS SPIN-OFF NON SPIN-OFF Ano 1 3 5 1 3 5 Nº empresas 150 326 280 260 346 270 Valor medio 42 298 501 581 442 743 O crecemento medio das ventas netas os tres primeiros anos de vida é superior que nos dous anos seguintes, tanto para o caso das empresas con orixe na universidade como para as empresas non spin-off. No caso das spin-off os tres primeiros anos o crecemento e dun 937 e os dous anos seguintes crece só un 5, esta diferenza non é tan radical para o caso das empresas comparables pois os tres primeiros anos crecen un 142% e os dous seguintes un 65%. A pesar de que o valor medio das ventas netas é inferior nas empresas spin-off que nas empresas comparables, o crecemento ao largo dos cinco primeiros anos é aproximadamente cinco veces maior, pois para as empresas spin-off o crecemento medio sufrido dos ano 1 ao 5, de 86 empresas das que dispoñemos datos é de 1268%, mentres que para as non spin-off, tendo datos do primeiro e quinto ano de 137 empresas o crecemento e de 247%. Cadro 6: Crecemento medio das ventas netas medias. VENTAS NETAS SPIN-OFFS NON SPIN-OFFS Período Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Ano 1 3 3 5 1 5 1 3 3 5 1 5 Nº empresas 118 118 217 217 86 86 203 203 211 211 137 137 Valor medio 46 477 367 385 44 602 161 390 510 860 138 479 Crecemento 937% 5% 1268% 142% 69% 247% O cadro 7 móstranos o que por agora non atopamos, un punto negativo de crear unha spin-off, pois para un número de 179 empresas no primeiro ano teñen como media de resultado do exercicio -12.000 € e no quinto ano para as 283 empresas das que temos datos o resultado medio é de -22.000 €, mentres que se analizamos os mesmo anos para as empresas non spinoff temos 246 cun resultado 6.000 € e 260 cun resultado de 43.000 €. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 18 Cadro 7: Resultado do exercicio (miles de euros) RDO. DO EXERCICIO SPIN-OFF NON SPIN-OFF Ano 1 3 5 1 3 5 Nº empresas 179 337 283 246 331 260 Valor medio -12 -17 -22 6 2 43 O cadro 8 reflíctenos o crecemento medio do resultado do exercicio, que para o caso das spinoff os tres primeiros anos tiveron un decrecemento do 209%, os dous anos seguintes tiveron unha leve melloría, crecendo un 19%. Pero en liñas xerais para este tipo de empresas o crecemento foi negativo, mentres que para as non spin-off o crecemento tivo unha tendencia alcista ao largo dos cinco primeiros anos. Cadro 8: Crecemento medio do resultado do exercicio RDO. DO EXERCICIO SPIN-OFFS NON SPIN-OFFS Período Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Ano 1 3 3 5 1 5 1 3 3 5 1 5 Nº empresas 138 138 223 223 103 106 187 187 194 194 124 124 Valor medio -11 -34 -27 -22 -13 -17 9 13 13 58 1 77 Crecemento -209% 19% -31% 44% 346% 7600% 4.2 ANÁLISE DAS RENDIBILIDADES E ENDEBEDAMENTO A continuación pasamos ao análise das rendibilidades, económica e financeira. A primeira é unha medida, referida a un determinado período de tempo, do rendemento dos activos dunha empresa, con independencia de como fosen financiados, o que permite determinar se unha empresa non rendible, o é por problemas no desenvolvemento da súa actividade económica ou por unha deficiente política de financiamento. O indicador da rendibilidade económica defínese da seguinte forma: BAIT ROA= ACTIVO TOTAL medio No cadro 9 vemos como en xeral a rendibilidade económica (ROA) non é boa para ámbolos dous casos, pois acadan cifras negativas ao largo dos cinco, ben é certo que para as spin-off ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 19 esta cifra media diminúe ao largo dos anos situándose no quinto ano en -0.04, e para as non spin-off aumenta, tendo no quinto ano un valor de -0.22, pero aínda así a xestión dos activos non é a máis adecuada, pois estas cifras negativas sinálanos a deficiencia desta xestión. Cadro 9: Evolución da rendibilidade económica ROA SPIN-OFF NON SPIN-OFF Ano 1 3 5 1 3 5 Nº empresas 188 342 282 263 339 262 Valor medio -0,16 -0,08 -0,04 -0,11 -0,06 -0,22 No cadro 10 temos o crecemento medio da rendibilidade económica, esta aumenta no caso das spin-off un 87%, pero aínda así a rendibilidade media segue sendo negativa, se observamos as empresas non spin-off temos que crecen un 150%. Cadro 10: Crecemento da rendibilidade dos activos ROA SPIN-OFFS NON SPIN-OFFS Período Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Ano 1 3 3 5 1 5 1 3 3 5 1 5 Nº empresas 142 142 226 226 109 109 201 201 199 199 133 133 Valor medio -0,16 -0,07 -0,09 -0,05 -0,15 -0,02 -0,09 -0,08 -0,02 -0,29 -0,12 0,06 Crecemento 56% 44% 87% 11% -1350% 150% A rendibilidade financeira (ROE) ou dos fondos propios, referida a un determinado período de tempo, é unha medida do rendemento obtido polos capitais propios, xeralmente con independencia da distribución do resultado do exercicio. No cadro 12 vemos como a rendibilidade financeira das spin-off aumenta pasando de 0,07 a 0,11, mentres que as non spin-off sofren un lixeiro aumento deste ratio, pasando dunha media de 0,41 a 0,44. Unha causa de que este ratio aumente é que a empresa acadase un efecto panca positivo, esta situación dáse, cando a rendibilidade que se obtén dos activos é superior ao costo da débeda, aínda que como vimos con anterioridade a rendibilidade dos activos é negativa, polo que esta hipótese quedaría descartada. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 20 Cadro 11: Evolución da rendibilidade financeira ROE SPIN-OFF NON SPIN-OFF Ano 1 3 5 1 3 5 Nº empresas 177 335 281 240 327 257 Valor medio 0,07 0,03 0,11 0,41 0,49 0,44 O crecemento medio da rendibilidade financeira é, para o caso das spin-off nos cinco primeiros anos, dun 260%. Cabe dicir que os tres primeiro anos non souberon aproveitar a rendibilidade dos fondos propios pois estas tiveron un crecemento negativo, pero a partires de aí a situación mellora tendo un crecemento do 260%. Para o caso das empresas comparables esta rendibilidade tivo un crecemento negativo, un -89%. O que nos indica que as spin-off teñen unha xestión dos fondos propios mellor que as non spin-off. Cadro 12: Crecemento medio da rendibilidade financeira ROE SPIN-OFFS NON SPIN-OFFS Período Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Ano 1 3 3 5 1 5 1 3 3 5 1 5 Nº empresas 134 134 221 221 104 104 181 181 191 191 120 120 Valor medio 0,11 -0,01 0,02 0,13 0,05 0,18 0,45 0,4 0,65 0,2 0,46 0,05 Crecemento -109% 550% 260% -11% -69% -89% No cadro 13 analízase o ratio de endebedamento, este é un ratio que mide a relación existente entre o importe dos fondos propios dunha empresa con relación as débedas que mantén tanto no largo como no corto prazo, e exprésase da seguinte maneira: Débeda total Ratio endebedamento= Capitais propio Tanto as empresas spin-off como as non spin-off comezan aproximadamente co mesmo nivel de endebedamento, pero co paso dos anos, este ratio para as empresas non spin-off vai en aumento, o que nos indica que estas fináncianse en maior porcentaxe con capital alleo que con propio, mentres que no caso das spin-off, a pesar de que comezan igual e manteñen un ratio similar os tres primeiros anos, a partir de aí descende considerablemente, pasando dun 4,4 a un 1,81 no quinto ano, o que nos indica que co paso do tempo optan máis polo financiamento co capital alleo que co capital propio. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 21 Cadro 13: Análise do ratio de endebedamento RATIO ENDEBEDAMENTO SPIN-OFF NON SPIN-OFF Ano 1 3 5 1 3 5 Nº empresas 59 209 208 81 207 173 Valor medio 4,4 4,87 1,81 4,81 7 5,63 No último cadro temos o crecemento do ratio de endebedamento, no cal podemos ver que o largo dos cinco primeiros anos, ambas empresas teñen un crecemento negativo similar, a diferenza radica en que as spin-off decrecen continuadamente, e as non spin-off os tres primeiros anos teñen un crecemento positivo e a partir de aí o crecemento comeza a ser negativo. Cadro 14: Crecemento do ratio de endebedamento RATIO ENDEBEDAMENTO SPIN-OFFS NON SPIN-OFFS Período Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Anos 1-3 Anos 3-5 Anos 1-5 Ano 1 3 3 5 1 5 1 3 3 5 1 5 Nº empresas 44 44 133 133 35 35 65 65 106 106 36 36 Valor medio 4,25 3,66 6,41 2,56 3,5 1,82 6,27 15,6 4,95 4,22 9,59 5,4 Crecemento -14% -60% -48% 149% -15% -44% V. Conclusións e recomendacións As chamadas spin-off universitaria constitúen un importante potencial de desenvolvemento económico e social dun territorio, polo que están sendo un foco de grande interese no ámbito tanto político como académico, pois as administracións públicas están realizando gran esforzo para impulsar a creación de spin-off. Non son moitos os estudos que se centran no estudo deste tipo de empresas pero co paso dos anos gañan aceptación e comezan a ter máis interese, polo que o obxectivo deste traballo foi a análise do crecemento e a rendibilidade deste tipo de empresas. Para o análise do crecemento estudáronse varias variables: o activo medio, o número medio de empregados, as ventas medias obtidas pola compañía nos cinco primeiros anos e o ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 22 resultado do exercicio. O resultado obtido foi que ser unha empresa con orixe na universidade ten un efecto positivo nas tres primeiras variables ditas anteriormente, polo que podemos concluír que é importante apoiar a creación e desenvolvemento deste tipo de empresas, pois contribúen o crecemento económico e desenvolvemento social, este apoio poderíase facer por exemplo aportando máis axudas e dándolle un maior apoio para mellorar a súa xestión interna. Como o resultado do exercicio afecta negativamente ser unha spin-off universitaria, adoptaría medidas para que esta variable tomase valores positivos, por exemplo axudándolle a unha mellor xestión para diminuír os gastos de explotación, daría asesoramento para un financiamento correcto, que consiga grazas ao efecto panca, uns maiores ingresos financeiros, etc. Polo que recomendaría incorporar un xestor profesional para fomentar un uso eficiente dos activos e incorporaría un socio de capital risco. Para a análise do rendemento comprobouse que ámbalas dúas empresas non fan unha boa xestión do activo, pois teñen rendibilidade económica negativa, nin tampouco dos fondos propios, pois a rendibilidade financeira é moi pequena. Polo que faría fincapé no asesoramento na xestión do activo, dado que a inversión destes dá unha rendibilidade económica negativa. Un problema desto é que non se pode aproveitar o efecto panca que se xeraría se a rendibilidade dos activos fose maior o costo da débeda. É a pesar de que a rendibilidade dos fondos propios é positiva, tamén sería un punto a tratar pois unha rendibilidade financeira insuficiente supón dúas limitación ao acceso de novos fondos propios, por un lado un baixo nivel de rendibilidade financeira é un indicativo dos fondos propios xerados internamente pola empresa, e tamén porque pode restrinxir o financiamento externo. No caso do endebedamento, este cos anos vai diminuíndo, o que significa que a proporción de recursos alleos e propios vaise igualando, deixando aproveitar un efecto panca positivo que faría aumentar a rendibilidade financeira se a rendibilidade dos activos fose maior que o costo da débeda. Os resultados obtidos nos levan a establecer como recomendación xeral unha reforma nas administración públicas e nas universidades que permita un maior apoio para o impulso deste tipo de vía que as universidades teñen para transferir o coñecemento a sociedade. Esta recomendación podería levarse a cabo con medidas concretas como:  Proporcionarlle asesoramento principalmente nos primeiros anos de vida, sobre: o Asesoramento para a solicitude de axudas públicas. o Asesoramento para a busca de financiamento. o Acompañamento na busca de novos cliente. Por último, debido a dificultade que tivemos para obter datos de este tipo de empresas poderíamos establecer como recomendación elaborar unha base de datos na que se permita completar e contrastar información deste tipo de empresas facilitando un futuro análise delas. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 23 VI. Limitacións e liñas de investigación futuras. A hora de realizar o presente estudio encontrámonos cunha serie de limitacións que dificultaron a realización do presente traballo, estas son as seguintes: - Dificultade para acceder aos datos contables, por exemplo, non existen moitos datos de existencias así como doutras partidas, e o ser a maioría das empresas estudadas micro empresas, a búsquea deses datos faise moi difícil de realizar. - Limitada continuidade dos anos, posto que solo temos datos dunha media de 5 anos desde a súa creación. E tampouco de todos os anos, o que dificulta un análise máis profundo. - A non existencia dunha base de datos, que recolla a información das spin-off supón incorrer nun sesgo, pois só estamos estudando un reducido número de empresas. Estas limitación corrixidas abriría para futuras investigacións facilidade e maior fiabilidade a hora de analizar os datos polo que estas serían investigacións máis profundas, podendo facer un análise máis exhausto e con menos marxe de error. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 24 Bibliografía Bray, M.J.; Lee, J.N. (2000): “University Revenues from Technology Transfer: Licensing Fees vs Equity Positions”, Journal of business Venturing, 15 (5-6) pp.385-392. Callan, B. (2001): “Generating Spin-offs: Evidence From the OECD”, Science Technology Industry Review, vol. 26, nº 1, pp. 13-56. Cardozo, R. Y Engleman, R. (2004): “University technology and business opportunities. Frontiers of entrepreneurship research”, 24th Babson-Kauffman Entrepreneurship Research Conference, Glasgow, 2004. Chiesa, V. Y Piccaluga, A. (2000): “Exploitation and diffusion of public research: the case of academia spin-off companies in Italy”, R&D Management, vol. 30, nº 4, pp. 329-339. Colombo, M.G. Y Piva, E. (2005): “Are academic start-ups different? A matched pair analysis”, IRIS Working Paper. Colombo, M.; Mustar, P. Y Wright, M. (2010): “ Dynamics of science-based entrepreneurship”, The Journal of Technology Transfer, vol.35, nº1, pp.1-15 Comisión Europea (2003): “El papel de las universidades en la Europa del conocimiento, Bruselas, Com”. Criaco, G.; Minola, T.; Migliorini, P., y Serarols, C. (2013): “To have and have not”: founders’ human capital and university start-up survival”, The Journal of Technology Transfer, pp. 1-27. Empresa-Concepto DL. (2007). “Guia parara a Creación de Empresas de Base tecnolóxica de Orixe Académica ( Spin-off)”. Santiago de Compostela Ensley, M.D. Y Hmieleski, K.M. (2005): “A comparative study of new venture top management team composition, dynamics and performance between university-based and independent start-ups”, Research Policy, vol. 34, pp. 1091-1105. Etzkowitz, H. (2002): “El auge de la universidad emprendedora”, Estocolmo, 21-23 Noviembre de 2002. Ferguson, R., Y Olofsson, C. (2004): “Science parks and the development of NTBFs. Location, Survival and Growth”, The Journal of Technology Transfer, vol. 29, pp. 5-17. Fernández, S. Y Rodeiro, D. (2011): El emprendimiento femenino en el sistema universitario español y gallego: Un análisis económico-financiero. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela. Franklin, S.; Eright, M.; Lockett, A. (2001): “ Academic and Surrogate Entrepreneurs in University Spin- Out Companies” Journal of Technology Transfer, 26 ( 1-2), pp. 127-141. ANÁLISE DO CRECEMENTO E RENDIBILIDADE PARA AS EMPRESAS CON ORIXE NA UNIVERSIDADE 25 Gustin, B. (1975) “The Emergence of the Ferman chemical profession, 1790-1867”, tesis doctoral, University of Chicago. Hayter, C.S. (2010): “The open innovation imperative: perspectives on success from faculty entrepreneurs”, PhD Dissertation, George Washington University. Ley Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, de Reforma Universitaria, Oficial del Estado, nº 209, de 1 de septiembre de 1983, pp. 24034 – 24042. Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades, Boletín Oficial del Estado, nº 307, de 24 de diciembre de 2001, pp. 49400 – 49425. Ley Orgánica 4/2007, de 12 de abril, por la que se modifica la Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades, Boletín Oficial del Estado, nº 89, de 13 de abril de 2007, pp. 16241 – 16260. Molero,J. y Maldonado, G. (2012): “Contrastes entre spin-off universitarios y empresas de base tecnológica independientes: el caso del Parque Cientifico de Madrid” Dirección y organización, nº46, pp. 16-30 Ortín, P.; Salas, V.; Trujillo, M. V. Y Vendrell, F.: “El spin-off universitario en España como modelo de creación de empresas intensivas en tecnología”, Estudio DGPYME, Ministerio de Industria Turismo y comercio, Secretaría General de Industria, Dirección General de Política de la Pyme. Ortín, P.; Salas, V.; Trujillo, M. V. Y Vendrell, F. (2008): “La creación de spin-off universitarios en España. Características, determinantes y resultados”, Economía Industrial, nº 368, pp. 79-95 Rodeiro, D.; Fernández, S.; Rodríguez, A. y Otero, L. (2008): “La creación de empresas en el sistema universitario español”. Servicio de Publicacións da USC. Santiago de compostela. Rodriguez Gulías, M. J. (2014) “ El origen universitario como determinante del resultado empresarial de las spin-off españolas: análisis de su supervivencia, crecimiento e innovación” tesis doctoral, Universidade de Santiago de Compostela Rodeiro Pazos, D., Fernández López, S., Calvo Babío, N. “La gestión empresarial como factor clave de desarrollo de las spin-offs universitarias. Análisis organizativo y financiero”. Cuadermos de Gestión. Aceptado para publicación. Universidad de Santiago de Compostela. Rodeiro Pazos, D., Rodríguez Gulías, M. J., Pombo Romero, J., Fernández Fernández, L. (2012) “Colaboran las spin-offs académicas con el crecimiento económico? Análisis del tamaño, rentabilidad y creación de empleo”. Universidad de Santiago de Compostela. Salvador, E. (2010): “How effective are research spin-off firms in Italy?”, Revenue d´Économie Industrielle, nº 132. Shane, S. (2004): Academic Entrepreneurship, University Spin-offs and Wealth Creation, New Horizons in Entrepreneurship Series, Edward Edgar Publishing Limited, Northampton, EE.UU. Varela Gonzalez, J.A. (2010). “Factores determinantes de la creción de spin-off universitarias”. Revista europea de direción y economía de la empresa. Vol 19 (1), 47-68. Wennberg, K.; Wiklund, J. Y Wright, M. (2011): “The effectiveness of university knowledge spillovers: performance differences between university spinoffs and corporate spinoffs”, Research Policy, vol. 40, pp. 1128-1143.