scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Creación dunha revista de moda e lifestyle de ámbito autonómico

Fernández Castro, Leila

Abstract

No presente Traballo de Fin de Grao atopamos o proceso de creación dunha revista de moda e lifestyle impresa e de ámbito autonómico, desde a idea ata a materialización da mesma. Pártese dunha investigación previa sobre o deseño editorial e faise un repaso histórico polas revistas desta temática, abarcando a presenza destas publicacións na comunidade galega actualmente. O primeiro número de BRINKO é froito deste proxecto. A primeira revista impresa en galego, que pretende ser unha ventá para a industria da moda e da arte existente en Galicia, con especial foco nos novos creadores. Entrevistas, editoriais fotográficas, artigos de opinión e, en xeral, contidos de análise e en profundidade sobre a escena cultural emerxente, enchen as páxinas desta nova publicación independente.

Full text

Proxecto de Fin de Grao Creación dunha revista de moda e lifestyle de ámbito autonómico Memoria de BRINKO Autora: Leila Fernández Castro Titora: Sara Pérez Seijo Cotitor: Luis Alberto Pampín Quián Grao en Xornalismo Facultade de Ciencias da Comunicación Curso 2023/2024 2 Resumo No presente Traballo de Fin de Grao atopamos o proceso de creación dunha revista de moda e lifestyle impresa e de ámbito autonómico, desde a idea ata a materialización da mesma. Pártese dunha investigación previa sobre o deseño editorial e faise un repaso histórico polas revistas desta temática, abarcando a presenza destas publicacións na comunidade galega actualmente. O primeiro número de BRINKO é froito deste proxecto. A primeira revista impresa en galego, que pretende ser unha ventá para a industria da moda e da arte existente en Galicia, con especial foco nos novos creadores. Entrevistas, editoriais fotográficas, artigos de opinión e, en xeral, contidos de análise e en profundidade sobre a escena cultural emerxente, enchen as páxinas desta nova publicación independente. Palabras chave: revista, moda, escena emerxente, galego, deseño editorial 3 Resumen En el presente Trabajo de Fin de Grado encontramos el proceso de creación de una revista de moda y lifestyle impresa y de ámbito autonómico, desde la idea hasta la materialización de la misma. Se parte de una investigación previa sobre el diseño editorial y se hace un repaso histórico por las revistas de esta temática, abarcando la presencia de estas publicaciones en la comunidad gallega actualmente. El primer número de BRINKO es fruto de este proyecto. La primera revista impresa en gallego, que pretende ser una ventana para la industria de la moda y del arte existente en Galicia, con especial foco en los nuevos creadores. Entrevistas, editoriales fotográficas, artículos de opinión y, en general, contenidos de análisis y en profundidad sobre la escena cultural emergente, llenan las páginas de esta nueva publicación independiente. Palabras clave: revista, moda, escena emergente, gallego, diseño editorial 4 Abstract In this Final Degree Project we find the process of creating a printed fashion and lifestyle magazine with a regional scope, from the idea to its materialization. It starts from a previous investigation on editorial design and a historical review of magazines on this subject, covering the presence of these publications in the Galician community today. The first issue of BRINKO is the result of this project. The first magazine printed in Galician, which aims to be a window for the Galician fashion and art industry, with a special focus on new creators. Interviews, photo editorials, opinion articles and, in general, analytical and in-depth content on the emerging cultural scene, fill the pages of this new independent publication. Keywords: magazine, fashion, emerging scene, Galician, editorial design, 5 Resumo ........................................................................................................... 2 1. INTRODUCIÓN ............................................................................................. 7 2. OBXECTIVOS ................................................................................................ 9 3. METODOLOXÍA ........................................................................................... 11 4. MARCO TEÓRICO ....................................................................................... 13 4.1. A especialización no xornalismo ............................................................ 13 4.2. O xornalismo especializado: xornalismo de moda e estilos de vida .......... 18 4.3. Nacemento e evolución das revistas ..................................................... 23 4.4. O deseño editorial nas revistas .............................................................. 29 4.5. Revistas especializadas en moda de referencia en España e Galicia ........ 36 5. PROCESO DE TRABALLO ............................................................................. 44 5.1. Preprodución ....................................................................................... 44 5.1.1. A idea ............................................................................................ 44 5.1.2 Definición do concepto ................................................................... 46 5.1.3. Público obxectivo ........................................................................... 48 5.1.4. Modelo de negocio: financiación e viabilidade ................................. 50 5.1.5. Planificación editorial ..................................................................... 53 5.1.6 Identidade visual ............................................................................. 59 5.1.7. Busca e selección de colaboradores ............................................... 61 5.2. Produción ............................................................................................ 64 5.3. Posprodución ...................................................................................... 76 5.3.1. Deseño e maquetaxe ...................................................................... 76 5.3.2. Plan de distribución ....................................................................... 80 5.3.3. Difusión do proxecto ...................................................................... 82 6. CONCLUSIÓNS .......................................................................................... 86 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS ..................................................................... 88 ANEXO I. Ligazón á revista .............................................................................. 93 ANEXO II. Cuestionarios das entrevistas .......................................................... 94 ANEXO III. Modelo base brief de editorial fotográfica ........................................ 95 ANEXO IV. Maqueta da revista ....................................................................... 103 ANEXO V. Ligazón ás redes sociais ................................................................ 105 6 ANEXO VI. Calendario de publicacións .......................................................... 106 ANEXO VII. Resultado final revista ................................................................. 108 7 1. INTRODUCIÓN Ao longo destes anos de estudo en Xornalismo funme decatando de que existen tantos medios de comunicación como perspectivas poida ter unha temática, e que moitos deles nacen dos intereses particulares do seu creador ou creadora, que atopa un baleiro no mercado e decide cubrilo coa creación dunha nova publicación. O mesmo me ocorreu a min. A miña predilección polo ámbito da moda converteume en consumidora de revistas deste temática desde moi pequena, mais nunca cheguei a atopar unha que representase cen por cen os meus intereses. Como non fun capaz de atopar esa “revista perfecta” para min, decidín crear a miña propia como Traballo de Fin de Grao, para pechar a miña etapa universitaria, que se pode visualizar na ligazón do ANEXO I. Nun mundo onde a moda e o lifestyle, ou estilo de vida, desempeñan un papel cada vez máis importante na sociedade contemporánea, a creación de medios de comunicación que reflictan e promovan estas tendencias vólvese esencial. Neste contexto, xorde a necesidade de explorar novas formas de expresión e difusión cultural e adaptalas ás particularidades lingüísticas de cada rexión. Neste sentido, o presente TFG céntrase na creación dunha revista de moda e lifestyle impresa en galego, que funcione como unha plataforma para visibilizar a creación en Galicia no ámbito da moda e noutros que garden relación con ela, con especial foco na escena emerxente. A elección do galego como lingua vehicular non é casual. Actualmente non existe ningunha revista en papel desta temática que empregue o idioma propio da comunidade. A través desta nova publicación búscase fomentar o uso do galego, apoiando a consideración de que é válida para comunicar calquera tipo de temática, como é a moda neste caso, e que pode usarse en tódolos ámbitos. Este proxecto editorial fundaméntase na idea de que a moda e o lifestyle son máis que simples tendencias: son formas de expresión que reflexan a nosa identidade, aspiracións e valores. Polo tanto, a revista aspira a ser máis que unha guía de moda, busca actuar como un referente cultural para os lectores que lles ofreza contido relevante e de interese nas súas páxinas. Ademais, é unha aposta polo xornalismo lento, tanto na elección do formato impreso como buscando enfoques atemporais. Con este proxecto revalorizo a lectura en papel como vía de desconexión das pantallas e reivindico a pausa nun mundo frenético, onde a 8 cada minuto se publican noticias nas redes sociais sobre as sucesións de deseñadores nas grandes casas de moda ou o vestido que leva a actriz de moda na última alfombra vermella. Ao longo deste traballo, abórdanse os aspectos esenciais para a creación e desenvolvemento da revista, desde as primeiras fases de conceptualización do proxecto e identificación do público obxectivo, ata a selección de contidos e colaboradores, e rematando co deseño editorial e a estratexia de distribución e promoción, entre outros. Espero que este proxecto non contribúa só ao ámbito académico, senón tamén ao enriquecemento do panorama cultural e mediático galego, ofrecendo unha nova perspectiva sobre a moda e o lifestyle. Esta memoria está estruturada segundo as fases de traballo, comezando pola preprodución, na que desenvolvo a idea e organizo todo o necesario para despois poder pasar á produción en si, e rematando na posprodución, na que abarco o tratamento de todos os materiais conseguidos e a difusión da revista. Antes de entrar no traballo en si, gustaríame aclarar que as citas bibliográficas foron traducidas por min mesma ao galego, coa finalidade de facilitar a lectura do traballo. No listado de referencias aparecen citadas no idioma orixinal de consulta. 9 2. OBXECTIVOS O obxectivo principal deste traballo é a creación íntegra dun proxecto de gran tamaño. Durante a carreira elabóranse distintos formatos pero non se chega a crear un produto editorial completo, pola propia ambición do traballo. A nivel persoal quería experimentar neste campo, para desenvolver todas as ferramentas posibles que se poderían necesitar para sacar adiante un proxecto destas características. Neste caso, ademais de poñer en práctica o aprendido en catro anos, a intención é indagar en cuestións como a maquetaxe, fotografía ou estilismo, nas que conto con menos experiencia. Ademais, de maneira secundaria, preténdese que este proxecto funcione como unha especie de portfolio. A fin da carreira é o mellor momento para levalo a cabo, cando xa se teñen os coñecementos suficientes pero séguese contando co apoio de profesorado e técnicos especialistas na materia, ademais de poder empregar o material técnico dispoñible na Facultade de Ciencias da Comunicación. Outro dos obxectivos principais é a posta en valor da industria da moda galega, especialmente a escena emerxente, para o cal é preciso mapear os novos creadores en Galicia. En xeral, é unha aposta polo localismo, baixo a premisa de outorgar valor aos contidos de carácter local destacando a súa relevancia e atractivo. De forma complementaria, búscase reflectir a diversidade da industria, tanto co tratamento de distintas temáticas como coa representación de xéneros, etnias, tallas e estilos de vida variados. Detrás do proxecto está a motivación persoal de contar cunha revista de moda e lifestyle na nosa comunidade e no noso idioma. Desta afirmación despréndese outro dos obxectivos: o pulo ao galego. Un dos fundamentos é demostrar que é posible publicar contidos de alta calidade no noso idioma e que se pode levar a tódolos ámbitos, neste caso a moda, que carece de representación editorial en galego no que ás revistas se refire. Este proxecto pretende, en definitiva, ser unha acción de normalización. Por outra banda, entre os propósitos desta revista atópase o fomento do xornalismo lento e a recuperación da lectura en papel. Nun mundo frenético, onde o dixital domina a comunicación, no ámbito da moda o papel segue tendo unha pegada importante pola experiencia de lectura e de visualización das imaxes que ofrece. De aí a elección deste 16 “Nunha rolda de prensa o xeralista limítase a recoller e transcribir declaracións, o profesional especializado tomará estas declaracións como punto de partida para iniciar unha información que desenvolverá e ampliará acudindo a outras fontes. (...) Mentres que os xornalistas xeralistas adoitan ir en busca das fontes (xa que manteñen relacións puntuais), os especializados son requiridos polas fontes expertas cando necesitan que algún determinado tema do seu ámbito profesional sexa difundido” (Ronda e Alcaide, 2010, p. 150). Ese tratamento habitual coa fonte é o que fai que a relación sexa máis próxima, persoal e exclusiva, creando así un clima de confianza mutua que permite conxugar os intereses particulares da fonte cos informativos do xornalista. No seu estudo sobre a información xornalística especializada, Del Moral (2004) fala sobre unha das barreiras que o xornalista especializado debe superar: a que separa ás minorías expertas, que son as que producen o coñecemento, das audiencias masivas. Explica que o público, ademais de non estar formado para comprender materias especializadas complexas, ignora que eses saberes expertos poidan ser útiles no seu día a día. Pola outra banda, a división do traballo por especializacións na sociedade actual provoca que os encargados de producir novos coñecementos e facer avanzar o saber experto deixan de lado a divulgación dos mesmos, porque consideran que non é unha das súas tarefas prioritarias, segundo o autor. Neste punto entra a figura do xornalista especializado que, segundo Ronda e Alcaide (2010), debe enfocarse en divulgar o coñecemento dos expertos ao resto da sociedade. Para iso precisa saber valorar e interpretar as informacións, de maneira que poida proporcionar ao lector elementos de xuízo que lle permitan formar a súa propia conciencia crítica da realidade. Ademais, tendo en conta que o receptor carece de referentes contextuais, vese obrigado a informar e explicar á vez. Na era da sobreinformación, a especialización é cada vez máis necesaria e é demandada por unhas minorías cada vez máis esixentes. Aínda que orixinalmente os medios de comunicación procuraban diversificar as mensaxes que emitían para chegar a un maior público, a día de hoxe a estratexia mudou. Ante un público heteroxéneo e disperso, os medios intentan dirixirse a audiencias cada vez máis individualizadas, para cubrir nichos de mercado e parcelas do saber moi concretas. 17 “Moitos autores coinciden en sinalar que o actual panorama comunicativo está saturado de medios e de mensaxes debido á multiplicación dun tipo de información de carácter uniforme. As grandes empresas da comunicación víronse obrigadas a ofrecer un produto diferente, reorientando a labor profesional cara á consecución dunha cobertura de calidade no tratamento da información. Necesariamente este cambio de tendencia progresivamente se reflexa nunha cada vez maior especialización metodolóxica” (Ronda e Alcaide, 2010, p. 151). Ronda e Alcaide (2010) insisten en que o xornalista debe formarse nun campo concreto, xa que é imposible obter un coñecemento profundo de todas as disciplinas do saber. Con todo, consideran que se debe marcar a distinción entre a especialización xornalística e a adquisición de saberes ao nivel dunha fonte experta: o xornalista fórmase para ser un profesional da comunicación, non un experto que actúe como fonte. Sinalan que “aínda que ambos poidan compartir o mesmo obxecto de interese, o punto de vista debe ser oposto. O nexo común entre ambos é a transmisión de coñecementos (p. 152)”. Aínda que Ronda e Alcaide (2010) posicionan á especialización xornalística como chave na actualidade mediática, a súa orixe remóntase a mediados do século XX, tras a Segunda Guerra Mundial. Aparece nun momento no que muda o modelo xornalístico do informativo cara ao explicativo, debido á invención da radio e a televisión que provocan un clima de competencia entre medios, desbancando á prensa no que á inmediatez se refire. Os autores explican que a respostas das grandes empresas xornalísticas foi a aposta polo fondo dos feitos na prensa. “A situación social derivada do período bélico provocou un cambio nas esixencias informativas. A noticia aséptica e o xornalismo informativo debían evolucionar cara un modelo no que as causas se incorporan á actualidade por esixencia da sociedade, que xa non se conforma con saber que ocorreu. A demanda do por que dos acontecementos e a relación das noticias é unha das características deste incipiente modelo comunicativo onde pronto se demandarán análises, explicacións, interpretacións e valoracións que só poden realizarse desde o coñecemento” (Ronda e Alcaide, 2010, p. 147). Explican que, aínda que é especialmente a partir da década dos setenta cando comezan a verse perspectivas de profundidade e investigacións nos diarios estadounidenses, xa no primeiro terzo do século XX comezaba a conformarse timidamente a figura do xornalista 18 especializado. Con todo, daquela non existía unha formación específica: os centros docentes formaban aos estudantes nas nocións básicas para exercer a profesión e é nos anos setenta cando as facultades inclúen materias específicas nos seus plans de estudo. Así foi como o xornalista especializado comezou a desenvolver a súa profesión en torno a distintos ámbitos que se seguen cultivando na actualidade, como a economía, política, sucesos, cultura ou deporte, entre outros. 4.2. O xornalismo especializado: xornalismo de moda e estilos de vida Para coñecer como se traballa nunha revista de moda e cales son os pasos a seguir para conformar unha publicación especializada destas características, é preciso afondar primeiro nesta modalidade xornalística. É dicir, coñecer a especialización no xornalismo de moda e “estilos de vida”, tamén coñecido como lifestyle. Defínense como dúas modalidades distintas. Por unha banda o xornalismo de moda e por outra banda o lifestyle. Mentres que o xornalismo de moda ten unha delimitación temática máis clara, o lifestyle é ambiguo. Para Elfreide Fürsich (2012) trátase dunha modalidade enmarcada no xornalismo popular, mais debido á ampla diversidade de temáticas que aborda (desde alimentación, benestar, saúde, decoración, moda ou familia ata entretemento, arte ou música) dificulta precisar o seu ámbito de actuación. En calquera caso, cumpre co obxectivo de ofrecer servizo e consello ao lector e trátase dunha especialización que ten “unha estreita conexión co público e coa súa necesidade de seguir as tendencias” (Fürsich, 2012, p. 23). A autora considera que a disolución das fronteiras tradicionais entre as novas entendidas como tal e o entretemento poden facer do periodismo de estilos de vida un escenario de negociación cultural activa. Os contidos xornalísticos pódense catalogar como noticias duras ou noticias brandas atendendo a distintos criterios, como son o tema a tratar, o foco (no social e nas súas consecuencias ou no individual e episódico) e o estilo (impersonalidade fronte á emoción) (Reinemann et al., 2011). De acordo coa distinción anterior, o xornalismo lifestyle, segundo Fürsich (2012), entraría dentro da segunda categoría: a das noticias brandas. 19 No contexto actual, marcado pola inmediatez e os cambios tecnolóxicos, unha das principais tendencias dos medios é o desenvolvemento de estratexias que capten a atención do público. A aposta polos contidos “brandos”, que ademais adoitan supoñer un custo baixo, axuda a atraer e reter tráfico de lectores. Unha tendencia que Karlsson (2014) cualifica como infoentretemento e que está traspasando contidos que orixinalmente eran propios da prensa rosa cara ós medios tradicionais. Eses contidos tamén se trasladan ás revistas de moda, provocando que o xornalismo lifestyle e o xornalismo de moda teñan unha presenza conxunta nestas publicacións. Pola súa parte, o xornalismo de moda non pode pensarse como algo que sucede independentemente da moda. Kate Nelson Best, no seu libro El estilo entre líneas. Una historia del periodismo de moda (2019), considera que ambos teñen unha relación simbiótica, xa que o xornalismo é unha das partes que conforma o sistema da moda e se encarga de reflexar a variedade que existe neste: “De feito, se a moda representa a creación do valor simbólico da vestimenta, entón o sistema mediático da moda (revistas especializadas, columnas sobre moda en xornais, revistas femininas, suplementos de diarios dominicais, revistas híbridas ou de nicho, televisión, blogues e outras plataformas en liña) estivo, desde o nacemento mesmo da moda, no corazón do proceso” (Nelson, 2019, p. 9). A autora sostén que o xornalismo de moda foi o encargado de dar forma -e incluso crear- o concepto de moda e o seu valor simbólico e foi a disciplina que se ocupou, e segue a facelo, de transformar este sector nun sistema comprensible e desexable para a sociedade. É dicir, a súa función básica é democratizar a moda e achegala ao lector medio. Con todo, Nelson Best (2019) puntualiza que o xornalismo de moda non se limita a escribir sobre moda, xa que funciona como bisagra entre a industria e o público. Explica que a escritura de moda fixo grandes aportes á historia ideolóxica e ás normas culturais, particularmente no que ás mulleres se refire: “contribuíu a dar forma non só ás opinións sobre a beleza e a feminidade, senón tamén ás actitudes cara ó consumo e incluso a identidade nacional” (p. 10). Apunta que o sistema mediático da moda tamén liderou desenvolvementos en márketing, a construción da imaxe e a publicidade. A escritora considera que o xornalismo de moda é cada vez máis recoñecido como disciplina profesional e proba diso é o feito de que a día de hoxe existan cursos profesionais específicos neste ámbito. En cambio, sinala que popularmente aínda existe 20 unha concepción dos redactores de moda como “perritos falderos” que se dedican a alentar aos lectores a adquirir prendas novas como método para manter a industria e, desta maneira, conservar o seu traballo. Con esta idea contrasta a de Concha Pérez Curiel e Ernesto Naranjo (2018), que explican que o xornalista de moda adopta o papel de crítico da industria, que á súa vez “atopa no xornalismo especializado a posibilidade de reafirmarse e mirarse a si mesma cos ollos inquisidores que lle axudan a evolucionar” (p. 42). Os autores sinalan que as marcas necesitan alguén que lles diga como se percibe o que están facendo, de maneira que se crean unhas sinerxías de mutua necesidade entre xornalistas e profesionais da industria da moda. “Hoxe en día moitos poden reseñar aos seus deseñadores preferidos e os looks que máis lles gusten (de eles mesmos ou de street style), pero hai un grupo de xornalistas que levan anos dedicados a facer isto mesmo. (...) Sen editores de moda nin xornalistas dedicados a criticar e comentar esta industria, termos tan emblemáticos coma The New Look non terían existido” (Pérez e Naranjo, 2018, p. 42) En cambio, estes autores si coinciden con Nelson Best (2019) no obxectivo destes profesionais, que non é o de dirixirse a un lector de elite, senón o de “achegar o coñecemento a un perfil máis amplo de receptores e familiarizalos con temas concretos” (p. 31). Para esta cuestión detallan tres niveis de especialización: o Medios de primeiro nivel ou de información xeral. Caracterizados pola máxima divulgación e o mínimo tecnicismo. Dirixidos a todo tipo de públicos. Dentro desta categoría intégranse, por exemplo, os xornais que inclúen algunha sección específica destinada a contidos de moda. o Medios de segundo nivel ou divulgativos especializados. Caracterizados pola divulgación acompañada de bastante tecnicismo. Dirixidos a públicos con certo grao de especialización. Aquí atopamos publicacións como S Moda, de El País: un suplemento dirixido a un público máis concreto pero con unha linguaxe comprensible para o lector medio. o Medios de terceiro nivel ou moi especializados. Caracterizados pola escasa divulgación e a presenza de moitos tecnicismos. Son as revistas de moda como 21 tal, por exemplo, Vogue ou Elle, onde se emprega unha linguaxe que só pode entender un lector moi familiarizado con estes termos. Neste terceiro nivel é onde máis especialización se require e o que máis traballo require do xornalista para intentar eliminar as barreiras que separan aos lectores do coñecemento. Un proceso que Pérez Curiel e Naranjo (2018) denominan divulgación e que precisa de descodificar a terminoloxía e incluír xuízos de valor do xornalista e, sobre todo, marcas explicativas e de contexto. “Un xornalista especializado en moda non se conforma con trasladar o que ve, ten que afondar no que e no por que. Ten que descubrir que hai detrás de tecidos, cores, formas, deseño de espazos, música, luz... É o narrador externo e interno da historia que creou o artista. Ás veces convértese, como cronista, nunha personaxe protagonista do relato” (Pérez Curiel e Naranjo, 2018, p. 19) Os autores sitúan ao contexto no centro da narración, como chave para dotar de significado ao relato. Consideran que sempre hai un background que descubrir, facendo alusión á necesidade de profundar e non quedarse na superficialidade. O xornalista de moda debe superar as presións do día a día na medida en que busque tratar os contidos con profundidade: “ten que buscar a diferenza, a exclusividade fronte ao traballo superficial que se apoia só en axencias, só en fontes únicas, que non mostra o novo” (Pérez Curiel e Naranjo, 2018, p. 30). As presións ás que se refiren son as propias dun sistema informativo que se ve sometido á inmediatez e as restricións de tempo e espazo, e onde priman cuestións económicas por riba dos valores informativos, é dicir, que se preocupa máis por vender que por informar. Explican que o tempo do que dispón o xornalista habitualmente non é suficiente para contar a realidade con calidade e a voracidade da rutina informativa impídelle afondar no contexto, acudir a varias fontes para contrastar e prestar atención ás posibles consecuencias. Un tratamento rigoroso, novidoso, creativo e transparente son valores intrínsecos a un bo facer xornalístico e comúns a calquera temática, segundo Pérez Curiel e Naranjo (2018). Mais insisten que no sector da moda, especialmente, unha mala praxe do xornalista e o descoñecemento da industria xeran situacións de malestar e incomodidade. Os autores poñen o exemplo do deseñador español Cristóbal Balenciaga, que nunca quixo aparecer nos medios de comunicación, exceptuando ocasións puntuais. Fontes próximas a 22 Balenciaga sinalaron, segundo Pérez Curiel e Naranjo, que o descoñecemento por parte da prensa de cuestións como a linguaxe especializada, aspectos técnicos, a historia da marca e do deseñador e de estruturas económicas, foron os detonantes desta repulsión cara ós medios: “O deseñador quéixase dese perfil de redactores ao que hai que explicarlle os conceptos máis básicos sobre téxtiles, sobre paletas de cor, sobre formas, sobre inspiración na cultura ou na arte de épocas clásicas ou contemporáneas; en definitiva, critica unha actitude pasiva de cronistas sen alma” (Pérez Curiel e Naranjo, 2018, p. 41) O xornalista de moda, por ser o encargado de trasladar á sociedade o traballo dos creadores do sector, conta cunha gran responsabilidade, pois segundo o que decida contar pode catapultalos ao triunfo ou á ruína. É por iso que se lle esixe un coñecemento profundo da materia, para ser “capaces de trasladar a mensaxe coa sensibilidade e a análise correcta” (Pérez Curiel e Naranjo, 2018, p. 145). Máis alá do contexto, Pérez Curiel e Naranjo (2018) inciden nos tecnicismos como unha das principais ferramentas que o xornalista de moda debe manexar. É un sector que conta cunha linguaxe técnica específica e a labor do xornalista é coñecela para posteriormente encargarse de facela accesible ao público xeral. Isto non implica prescindir dela para que os lectores entendan, senón todo o contrario: utilizar esa terminoloxía acompañándoa das explicacións necesarias para ofrecer á audiencia a posibilidade de aumentar o seu vocabulario deste campo. A maior parte dos tecnicismos que inundan os textos dos xornalistas son préstamos lingüísticos do inglés e do francés. A raíz deste fenómeno ábrese un debate sobre o abuso deses termos en detrimento das expresións españolas existentes para designar as mesmas cuestións. Sonia Alessandra (2015) considera que “non é o mesmo ser fashion que “ir á moda”, ser chic que “elegante”, xa que as expresións españolas parecen propias dunha persoa maior” (p. 50). En resumo, Pérez Curiel e Naranjo (2018) establecen un decálogo do bo xornalista de moda: 1. Informar desde a obxectividade, veracidade, novidade e interese público do acontecemento. 23 2. Documentarse. 3. Feed-back ou localización de antecedentes e causas do acontecemento. 4. Contactar e contrastar con fontes expertas. 5. Usar unha linguaxe técnica descodificada. 6. Definir a estrutura narrativa e formal do texto: entrevista, crónica, pirámide invertida, fotografía, gráficos... 7. Explicar, profundar, interpretar, analizar e argumentar os feitos. 8. Expoñer as consecuencias, perspectivas de futuro ou propostas ante os feitos. 9. Enfocar a información: interese humano, transcendencia, punto de vista crítico 10. Divulgar co obxectivo de informar, formar e entender aos públicos. Con todo, eles mesmos consideran que en España a información sobre moda ten aínda un longo camiño por percorrer: “En xeral existen poucos xornalistas especializados na materia e incluso as crónicas de moda aparecen firmadas por persoas que proceden de ámbitos distintos ao xornalístico. As consecuencias derivan de poñer o foco máis no que non interesa, a vida privada de artistas, modelos e celebrities, identificando a moda cos códigos que a rodean e ocultando a auténtica arte de creala, de pensala, de comunicala” (Pérez Curiel e Naranjo, 2018, p. 40). 4.3. Nacemento e evolución das revistas Pódese datar o nacemento das revistas de moda no século XVII, co xurdimento en Francia da Gazzete de France, en 1631, e a posterior aparición da publicación The Ladies Mercury en Inglaterra cara finais de século, no 1696. Eran revistas que nacían por iniciativa de mulleres, pero os seus dirixentes eran homes. Isabel Menéndez (2009) explica que tiñan unha intención pedagóxica, pois pretendían formar á muller nas costumes da época: “Eran publicacións que desde o punto de vista formal aínda non se parecían ao que hoxe coñecemos como revistas ilustradas. De feito, as investigacións de tipo 24 histórico denomínanas xornais, xa que ese era o seu nome e a el respondía a súa aparencia formal” (p. 278). No libro Historia de la Moda: Desde Egipto hasta nuestros días (2006), Bronwyn Cosgrave confirma esta percepción ao afirmar que en publicacións como The Ladies Mercury, falábase de temas variados, entre os cales se atopan a moda, o protocolo, o amor ou o matrimonio, por exemplo. Se a comparásemos coas publicacións actuais, catalogaríase como unha revista de moda e lifestyle. Pola súa parte, Juana Gallego (2007) opta por evitar o termo “revista feminina” para referirse a este tipo de publicacións, xa que segundo ela non existe unha moral para eles e outra para elas, nin valores diferentes, co cal a forma de comunicarse non ten por que atender a un só xénero. En cambio, prefire denominacións que mostren como os xéneros evolucionaron na sociedade actual e que reflictan que ser home ou muller xa non é un factor determinante para levar a cabo os proxectos de vida individual. En canto á evolución das revistas de moda, xa no século XVII editábanse libros sobre indumentaria, facendo unha labor de revisión histórica e democratización do coñecemento, para mostrar como eran as prendas de civilizacións e épocas antigas. Un século máis tarde, no XVIII, aparecerían os anuarios de moda, tamén coñecidos como almanaques e dietarios que “levaban un calendario e información dirixida ás mulleres” (Cosgrave, 2006, p. 123). É tamén o momento histórico no que as publicacións adquiren un maior peso ilustrativo, que habitualmente corría a cargo das grandes personalidades artísticas do momento. Uns deles foron os irmáns Bonnart, que revolucionaron a ilustración de moda engadindo un contexto e escenografía a simples debuxos de prendas, converténdose en “influentes transmisores dun estilo de vida ligado ao luxo francés e poden ser considerados por ilo precursores conceptuais dos fotógrafos de moda” (Muñoz Negrete, 2015, p. 19). Volvendo ao século XVII e retomando a aparición de publicacións, Mercure Galant foi unha das novidades que xorde en 1672 en París, xusto cando esta cidade comeza a ser considerada a cidade da moda grazas á influenza do Rei Luis XIV, que destacou socialmente polos seus gustos luxosos e por convocar aos mellores deseñadores da época para que idearan e confeccionaran os seus traxes reais. Mercure Galant segue a mesma liña que as anteriores publicacións mencionadas, pois pretendía instruír ás mulleres en nocións de beleza, estilo e moral relixiosa, segundo Muñoz Negrete (2015): “incluía 25 noticias de crónica social, estreas de ópera e teatro, gastronomía, recensións de libros, poemas ou cancións. A moda ocupaba neste contexto un protagonismo especial” (p. 19). En cambio, xa no século XVIII, publícase por primeira vez a británica Gentleman’s Magazine en 1731. O concepto de revista, xunto con unha nova forma de difundir a moda, aparecen da man deste novo formato. Cosgrave (2006) explica que a raíz dela “empezaron a publicarse outras revistas, que copiaban ou modificaban a exitosa fórmula orixinal” (p. 123). En Francia nacen nos anos posteriores tres revistas con características similares: Le Cabinet des Modes (1785), que durante a Revolución Francesa non publicou novos números, Le journal de la mode et du Gout (1790) e Le journal des Dames et des Modes (1797). Aínda que a moda nun principio se dirixía só á elite, coa influencia das revistas consegue democratizarse, converténdose nun fenómeno masivo que chega a tódalas clases sociais. Segundo Cosgrave (2006), Le Cabinet des Modes incluía dentro do concepto de “moda” diversos ámbitos, dende xoiería e carruaxes ata mobiliario e decoración de interiores, e destacaba por presentar gráficos a cor das últimas tendencias. Esta última novidade tamén se dá en Le journal de la mode et du Goût, coa peculiaridade de que sempre combinan nos deseños as cores nacionais do país. En cambio, Le Journal des Dames destaca, segundo Lourdes Cerrillo (2010) por ser “a publicación de maior calidade artística das realizadas ata entón, ilustrada por pintores e debuxantes da talla de Horace Vernet ou Paul Gavarni mediante técnicas artesanais, incluíndo a iluminación manual dos debuxos” (p. 13). A estas alturas, co liderado francés no que ás primeiras revistas de moda respecta, París queda consolidada como capital da moda e convértese nun epicentro de interese para toda muller europea e estadounidense de clase alta ansiosa por coñecer as novidades da industria. Con todo, en Alemaña aparece tamén unha publicación cara finais de século: Journal des Luxus und der Moden (1786). Na primeira metade do século XIX, grazas ás aportacións das revistas mencionadas, a moda adquire relevancia e os principais países desenvoltos empezan a interesarse por este sector. De feito, o primeiro produto de prensa especializado nesta industria en España é El Correo de las Damas, que aparece en 1804. É xa na segunda metade do século cando xorden en Estados Unidos algunhas das cabeceiras máis relevantes aínda na actualidade. 32 Segundo Manuel Montes (2013), as cores máis empregadas nas revistas de moda son: o negro (elegancia), o dourado (perfección, luxo), o vermello (paixón, amor) e o rosa (feminidade). Os titulares que avanzan contido tamén son un compoñente fundamental da portada para Caldwell e Zappaterra (2014), xa que pretenden convencer ao potencial lector de que os contidos ofertados no interior da revista son mellores que os da competencia. O titular de maior tamaño adoita estar relacionado coa imaxe da portada e para distribuílos no espazo téñense en conta termos de marketing: acostuman a situarse no terzo esquerdo da revista, que é o máis visible unha vez colocada nos estantes dun quiosco. A mesma posición favorable de visibilidade ten o lombo da revista, no que se pode reforzar a marca e estilo da revista, segundo as autoras. Explican que, aínda que a maioría de publicacións se limitan a estampar nel o título e data de publicación, algunhas engaden elementos distintivos cos que constrúen un relato continuado no tempo. Xa no interior da revista, son múltiples os elementos que hai que ter en conta no que respecta ao deseño da mesma. Para empezar, toda publicación se divide en diferentes áreas temáticas, cada unha delas con maquetas diferenciadas: “o ancho de columna, os titulares, o corpo e ollo dos tipos, as imaxes e elementos variarán dunhas seccións a outras coa fin de orientar ao lector e facilitarlle a súa identificación” (Caldwell e Zappaterra, 2014, p. 78). Segundo as autoras, esas principais divisións son: o A páxina de contidos. O índice da revista que sitúa todos os contidos e guía ao lector a través deles. Principalmente debe ser lexible, aínda que os deseños creativos e divertidas son unha tendencia neste ámbito: “debe destacar os artigos independentes e os contidos importantes de cada sección mediante a tipografía, as imaxes e algúns recursos gráficos” (p. 79). Sitúase o máis cerca posible da portada, antes sempre nas páxinas da dereita por ter maior visibilidade, pero algunhas publicacións ceden ese espazo á publicidade e desprázano ás páxinas esquerdas. É importante que en todos os números estea sempre na mesma páxina. o As páxinas de apertura. Son unha mestura de contidos breves de distintas seccións temáticas. Trabállanse a partir de follas de estilo, que xa contan cunha estrutura, fontes, cores e elementos construtivos marcados previamente. A estrutura e enfoque da información nestas primeiras páxinas indica o estilo e ton da revista, sobre todo en apartados como a nota do editor. 33 o A sección de artigos ou reportaxes. Son as máis importantes na construción da revista, son o contido en si. As autoras explican que moitas publicacións empregan un estilo predeterminado que é “marca da casa” nas reportaxes, e sérvense do deseño para distinguilos doutros contidos editoriais, empregando columnas máis anchas, máis brancos, tipos diferentes, titulares maiores e entradiñas máis extensas, por exemplo. o As páxinas finais: recensións, directorios e comentarios. Igual que as seccións iniciais, adoitan ter unha maqueta bastante definida. A máis valiosa desta sección final é a que está xunto a contraportada interior, por iso algunhas revistas a empregan para seccións populares como o horóscopo ou os créditos. o As portadiñas ou páxinas de apertura de sección. Xeralmente reproducen a páxina enteira unha imaxe atractiva cun texto mínimo. En termos de contido non aportan nada, pero son marcadores moi útiles para os lectores que queren atopar un artigo nunha sección determinada. Seguindo cos elementos básicos de deseño dunha publicación, entre eles atópase o deseño de tipos que adoita ser distinto segundo o formato de texto que sexa. Máis alá do propio corpo do texto, está o slogan, os titulares, as entradiñas, os entresacados, os subtítulos, os pés de foto e os créditos e pés de autor. Ademais, cabe mencionar os paneis, uns anexos informativos que poden tomar a forma de caixas de texto, recadros ou infografías, por exemplo. Caldwell e Zappaterra (2014) explican que non é necesario que estean presentes todos estes elementos nunha peza informativa, pero en cada unha delas si aparecen varios. A escolla da tipografía debe facerse pensando en conseguir unha lectura agradable e accesible. Caldwell e Zappaterra (2014) insisten en que “unha tipografía moi pequena, moi densa ou moi uniforme desalentará aos lectores, como tamén o farán longas columnas de texto gris. Por iso, un deseñador editorial ten que sacarse da manga varios trucos para manter o seu interese” (p. 173). Ademais, a tipografía crea asociacións no lector, de maneira que cada tipo debe escollerse para cumprir coa súa función específica e tendo en conta o conxunto da publicación da que formará parte. Por exemplo, un carácter curvo e fluído, case caligráfico, recorda á delicadeza, segundo as autoras. En xeral, segundo Griselda Flesler (2019) nas revistas 34 abundan os tipos de letra con serifas, que transmiten formalidade, fronte a unha menor incidencia dos de pau seco, cun aspecto máis contemporáneo. Ningunha regra determina o tamaño que deben ter os textos e titulares, aínda que por lóxica os destacados serán maiores que o corpo do texto ou os pés de foto. Caldwell e Zappaterra (2014) instan a experimentar e facer impresións de proba con diferentes dimensións: “non hai un tamaño de tipo establecido para cada situación, máis ben todo consiste en usar o sentido común e dilucidar que é o que mellor queda e o que mellor funciona para os lectores” (p. 174). En calquera caso, hai que buscar a lexibilidade e funcionalidade. Parte fundamental son tamén as imaxes e o que se fai con elas no deseño para conseguir que a publicación transmita sensacións. Neste apartado entra o traballo do fotógrafo que dispara a cámara, mais tamén a manipulación das instantáneas na fase de pos-produción, pois como din Caldwell e Zappaterra (2014), “o deseñador ten despois a opción de modificalas, xa sexa cortándoas, cambiando a súa forma, alterando as cores ou aplicando calquera das demais técnicas de manipulación de imaxes” (p. 99). As variacións no recorte, ampliación ou encadre permite enfocar a atención en puntos chave para lograr un maior impacto. É precisamente no deseño cando se seleccionan, xustapoñen, combinan e sitúan as imaxes. Se as imaxes funcionan exclusivamente como elementos decorativos non necesitan ir acompañadas dunha lenda, sosteñen as autoras, pero si será precisa cando esas fotografías sigan o fío dunha historia. Ademais, insisten en que sempre hai que mencionar ao autor ou á axencia que toma esas instantáneas. En canto ao emprego de imaxes de internet, engaden que se poden usar cando se extraian de páxinas que ofrecen instantáneas libres de dereitos de autor, mais hai que ter en conta que a orixinalidade dunha revista e o emprego de fotografías de arquivo son conceptos incompatibles. En calquera caso, sempre é fundamental comprobar que a resolución das imaxes sexa a adecuada para a impresión en papel. Tamén entran en xogo as ilustracións, que en ocasións permiten crear asociacións máis abstractas e expresivas que unha fotografía, “porque os lectores, a miúdo, non poden evitar asignar un contido narrativo a unha foto, sobre todo si é figurativa” (Caldwell e Zappaterra, 2014, p. 103). 35 Unha vez se deciden todas as cuestións comentadas ata de agora é o momento de crear as maquetas sobre as que se van dispoñer os elementos. Caldwell e Zappaterra (2014) comentan que, á marxe da liberdade creativa, hai unha serie de regras a seguir. A base é o modelo, no que se marcan marxes, columnas e ‘calles’, a liña base da retícula, o folio e as marcas de corte. O número de columnas da retícula determina as columnas de escritura e á súa vez a retícula determina as variacións do entreliñado, e polo tanto as correspondentes ao tamaño dos tipos: “os modelos simplifican todos os aspectos da arquitectura dunha páxina pero tamén limitan o seu deseño, polo que hai que poñer os medios para que as páxinas non resulten demasiado parecidas” (p. 110). Como din as autoras, non hai fórmulas máxicas para deseñar maquetas, ben se pode comezar por unha imaxe como por un titular con forza, pero é importante pensar en como recorre as páxinas o ollo humano. O uso de ganchos visuais “xa sexa nas imaxes ou no texto, pode determinar o lugar polo que o ollo comeza a súa viaxe” (Caldwell e Zappaterra, 2014, p. 128). Con todo, explican que hai varios factores que determinan a construción das maquetas: o A cuestión do espazo. É limitado. O número de palabras dunha páxina adoita estar predeterminado e en ocasións hai que reducir o texto para entrar dentro do deseño previsto. Algunhas imaxes non poden adquirir un gran tamaño para manter unha resolución óptima. o O predominio da forma. É preciso distribuír todos os elementos no espazo creando unha narrativa conxunta que principalmente sexa esteticamente interesante. As variacións na forma tamén variarán a percepción do lector. o A forma a través da cor. Para contrarrestar a monotonía dunha páxina con moito texto recórrese a tipografías, bloques ou ilustracións de cores, porque axudan a separar visualmente os distintos elementos. o A tensión. Axuda a reflexar unha postura editorial e créase a partir da forma dos elementos e da relación destes entre si e cos límites da páxina. o Repetición e fluidez. A reiteración e a continuidade visual axudan a manter a harmonía ao longo de todo o número, pero sempre sostendo certo marxe de variación. 36 o Experimentos coa escala. Pódense resaltar elementos creando xerarquías por tamaño, de maneira que se potencie a mensaxe para axudar a guiar ao lector cara a intención do redactor. o Profundidade. Nunha revista trabállase con imaxes 2D pero pódese lograr esta ilusión aplicando técnicas en produción como o cuño ou a estampaxe. Tamén se consigue coa disposición dos elementos na páxina, solapándoos por exemplo, para conseguir que sobresaian. Con todo, Caldwell e Zappaterra (2014) insisten en que é fundamental que cada publicación defina un estilo propio acorde aos seus valores, xa que é este o que lle permite ao lector facer suposicións sobre o ton e contidos que se vai atopar: “unha vez que se familiarizou con ela e as súas sinais distintivas, a revista convértese nalgo parecido a un amigo: o lector sabe que esperar dela, agarda con impaciencia o seguinte encontro e desfruta pasando tempo na súa compañía” (p. 142). 4.5. Revistas especializadas en moda de referencia en España e Galicia A Oficina de la Justificación y Difusión (OJD) é a empresa encargada de controlar a tirada e difusión dos distintos tipos de medios de comunicación españois, entre os que se atopan publicacións impresas e medios de comunicación en internet. Nos seus rexistros de medios controlados, dentro do formato das revistas de información especializada, aparecen 17 no apartado catalogado como “femininas”, a data de 25 de maio de 2024. Concretamente son: - Clara - Cosmopolitan (formato grande e pequeno) - Diez Minutos (formato grande e pequeno) - Elle (formato grande e pequeno) - Harper’s Bazaar España - Hola - Hola Fashion (formato grande e pequeno) 37 - Hola Modas - Hola Novias - InStyle (formato grande e pequeno) - Lecturas - Marie Claire (formato grande e pequeno) - Pronto - Semana (formato grande e pequeno) - Telva - Vogue - Woman (formato grande e pequeno) Neste caso, sitúa dentro da mesma categoría ás revistas de moda e beleza xunto coas do corazón e prensa rosa. Neste traballo poñemos o foco só nas de moda e beleza, excluíndo desta maneira a Hola, Diez Minutos, Lecturas, Pronto e Semana. Tamén quedarán fóra Hola Novias e Hola Modas, porque ambas son publicacións bianuais que só se publican tras as principais pasarelas e semanas da moda e teñen unha audiencia reducida. Ademais, incluirase unha revista que non aparece dentro desta categoría, que é Mujer Hoy. A OJD catalógaa como suplemento porque é unha revista mensual que se distribúe gratuitamente xunto cos diarios do grupo Vocento un fin de semana ao mes, pero coa posibilidade de adquirir o número nos quioscos en calquera outro momento despois da data de lanzamento ao prezo de 3,50 euros. Antes limitábase a ser un suplemento semanal, mais isto cambiou en marzo do 2023. A análise deste apartado vaise facer entón con 11 revistas. En calquera caso, téñense en conta esas 17 publicacións que a OJD inclúe na categoría de “femininas” para realizar unha comparativa sobre a evolución na presenza destas. A doutora Rosario Torres, no seu artigo El creciente éxito de las revistas de moda y belleza y la mujer española contemporánea (2008), explica que a cantidade de revistas de moda e beleza aumentou considerablemente nos últimos vinte anos, pois no ano 2002 só había sete publicacións, segundo os rexistros da OJD. Naquel momento eran Cosmopolitan, Telva, Elle, Marie Claire, Woman, Vogue España e Mujer21 (xa extinta). 38 Xunto a ese incremento do número de revistas, presénciase un aumento dos lectores deste tipo de publicacións no último ano, que confirma a vixencia que segue tendo o formato papel malia o impacto da dixitalización. Segundo os últimos datos do Estudio General de Medios (EGM), realizado pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) para analizar periodicamente o consumo dos medios de comunicación, a revista feminina mensual máis lida en España é Vogue, con 1.378.000 lectores mensuais na súa edición impresa. Estas cifras corresponden á primeira ola de 2024, é dicir ao período comprendido entre os meses de xaneiro e abril deste ano. O estudo analiza os datos de audiencia de tódalas revistas en papel no país, de maneira que abarca outros ámbitos ademais da moda. De feito, a revista máis lida é a National Geographic, sendo a segunda a Vogue. Pero ademais, se comparamos co mesmo período do ano pasado, esta publicación ganou 343.000 lectores nun ano. Un incremento que se produciu de forma xeral, xa que practicamente tódalas demais revistas aumentaron as súas cifras de audiencia. A única excepción foi Mujer Hoy, que de 454.000 lectores semanais baixou ata os 394.000 mensuais ao cambiar a súa periodicidade de publicación. En total, as 11 publicacións que tomamos como referencia, superaron os seis millóns de lectores (6.368.000 concretamente) nos primeiros catro meses de 2024, mentres que no mesmo intervalo de 2023 chegaron só a 4.770.000. Máis alá do liderado de Vogue, o segundo e terceiro posto nas revistas femininas máis lidas no estado pertencen a Cosmopolitan e Elle, cun público de 1.153.000 e 814.000 persoas, respectivamente. Neste punto cómpre distinguir á Cosmopolitan, porque desde abril de 2022 é unha revista bimensual, é dicir, publícase cada dous meses. Desta maneira, se dividimos a cifra de Cosmopolitan para poder comparar coas súas competidoras en lectores mensuais, quedaríase nos 576.500 mensuais, co cal Elle subiría ata o segundo posto da táboa e esta quedaría relegada ao terceiro. En calquera caso, seguirían sendo estas tres as máis vendidas, quedando a clasificación da seguinte maneira: 39 Figura 2. Datos audiencia revistas moda e beleza Fonte: elaboración propia a partir dos datos da 1º ola de 2024 do EGM De entre as primeiras revistas, Vogue lidera cunha distancia importante da segunda no que a cifras se refire. A edición española de Vogue é unha revista de moda e tendencias, de periodicidade mensual e dirixida por Inés Lorenzo. Pertence ao grupo Condé Nast e foi lanzada en España no ano 1988, sendo a primeira revista deste grupo en aterrar no mercado español. Na súa web defínense a si mesmos como “a marca editorial máis famosa do mundo da moda”, que goza dun papel de liderado no sector a nivel mundial e se presenta como un termómetro do relevante para os interesados nesta industria. Considéranse intérpretes da sociedade do noso tempo a través dunha perspectiva de moda. Inés Lorenzo, a directora, declaraba nunha entrevista para o medio ReasonWhy que a revista “é un axente cultural chave do seu tempo, e a súa misión é promover o talento e a creatividade. Consolidou unha comunidade creativa impulsando en especial as carreiras de novos talentos, cos que está en continua interacción” (2024, 8 de xaneiro). Vogue desenvolve iniciativas como o certame anual para novos deseñadores Vogue Fashion Fund, que premia ao ganador con 100.000 euros para desenvolver o seu proxecto empresarial, ou as xornadas Vogue Fashion’s Night Out, que naceron como unha 40 actividade para promover o comercio local tras a crise do 2008 e agora converten as rúas de Madrid nun escaparate da moda por unha noite. Tamén lanzou en 2019 o suplemento Vogue Business en colaboración co banco Santander, para dar visibilidade a mulleres referentes no ámbito dos negocios. Explica nesa entrevista a directora de contidos da publicación que Vogue estivo presente para comunicar momentos históricos no país, como puido ser o primeiro Goberno español igualitario no ano 2004 ou a chegada das exposicións de moda aos grandes museos estatais, de maneira que é unha revista que “bebe de fontes clásicas, pero camiña cara ó futuro”. Engade que nos 36 anos de historia da revista foi testemuña e relatou a evolución da sociedade, especialmente co foco posto no papel da muller nesta evolución, outorgándolle un papel protagonista non só en áreas de moda, senón tamén de innovación, culturais ou políticas. En canto a Cosmopolitan, esta é unha revista bimensual pertencente ao grupo Hearst e dirixida por Cecilia Múzquiz. No seu apartado dentro da web de Hearst, aseguran que é unha revista para mulleres atrevidas, apaixonadas, sexy e descaradas, entre outros atributos que mencionan. Precisamente destaca por dirixirse cara un público máis novo, o que denominan como “chicas Cosmo” desde o seu nacemento, que co paso dos anos agora xa son mulleres pertencentes á xeración millennial. O primeiro número da edición española lanzouse en 1990. Un dos piares fundacionais da revista era o contido de calidade por e para mulleres, de maneira que o equipo foi sempre fundamentalmente feminino: en 1990 só había dous homes na redacción, actualmente son todas mulleres. Nunha reportaxe da propia entrevista polo seu 30 aniversario, Múzquiz, a directora, explicaba que Cosmopolitan aspiraba a converterse nunha especie de guía para a muller nova, de maneira que se enfocan en aportarlle información útil para apoderalas e transmitirlles a idea de que son capaces de conquistar os retos da súa vida. “En Cosmo non adoutrinamos, só propoñemos en moda, beleza, deporte, estilo de vida, carreira profesional e finanzas persoais. E facémolo con rigor pero tamén cun ton ameno e cómplice” (Lacarra, 2020), concluía. Ao grupo Hearst tamén pertence Elle, a terceira na clasificación -segunda se temos en conta que as cifras de Cosmopolitan acumulan os lectores de dous meses, como se explicou- e a primeira das mencionadas en chegar a España, no ano 1986. Neste caso, é unha revista mensual que destaca por ter unha estética e enfoque marcados pola 41 formalidade e diríxese a un público máis maduro: a nivel global a media de idade da compradora é de 41 anos. A directora de contidos da edición española é Benedetta Poletti, que tamén está ao mando do grupo Hearst ao completo. Na web do grupo editorial sitúana como a súa cabeceira de referencia, que “inspira, informa e entretén a mulleres cultas, comprometidas, independentes e optimistas”. Defínena como unha “autoridade internacional do estilo” que facilita o acceso aos personaxes que participan da industria, xa sexan deseñadores, modelos, celebrities, fotógrafos ou columnistas. Estas son as revistas impresas vixentes a nivel estatal, mais en Galicia a situación é distinta. A única revista de moda e lifestyle na comunidade é Galicia de Moda, elaborada pola axencia de márketing e comunicación homónima situada na Coruña. Esta axencia lanzou a súa propia revista en papel no ano 2010 para cubrir a actualidade informativa da industria da moda galega a partir de reportaxes elaboradas integramente por profesionais galegos. A día de hoxe é unha publicación anual, aínda que nos seus comezos editaban dous números ao ano. A partir do 2017 decidiron deixar de publicar, aínda que o pasado ano retomárono e lanzaron un novo número, e está a piques de saír á luz o correspondente a 2024. Dirixida pola propia fundadora da axencia, Belén Correa, Galicia de Moda é unha revista da moda pioneira na comunidade, que está presente nos principais quioscos de Galicia e conta con canle de venta online, tal e como explican na súa web. Ademais, dispón do apoio de organismos públicos e empresas privadas. En canto ao contido, sosteñen que os seus temas están orientados á moda e o lifestyle, abarcando diversas áreas temáticas: gastronomía, tendencias, beleza, turismo ou motor. Na primeira presentación da publicación, Correa declarou que ía ser unha fusión de sectores ao estilo dunha maridaxe entre ámbitos como a moda, a arte ou a arquitectura, entre outros, segundo recolle un artigo publicado polo Faro De Vigo o 31 de xullo de 2010. Engadía que o obxectivo da revista era chegar aos tres actores principais da industria, os creadores, o comercio e os consumidores. Aínda que non haxa ningunha outra revista impresa de cobertura autonómica, existen outras publicacións especializadas en moda. Por exemplo, os xornais impresos adoitan prestar atención a este ámbito dedicando parte do seu espazo para contidos de moda e beleza. O xornal diario La Voz de Galicia, o de maior tirada en Galicia (segundo os datos 48 Ademais, tamén se intentará chegar a aqueles que, a pesar de non ser fanáticos da moda, se interesen por temas culturais a través de contidos centrados nesta temática, dentro do que denominaremos os contidos lifestyle. En xeral, o ton e estilo da publicación serán desenfadados, mais sempre respectando a seriedade que precisan as temáticas que imos tratar. A pesar de que o formato da revista é impreso, contará cunha forte difusión a través das redes sociais, con microformatos dixitais que trasladen audiencia cara á revista en papel, que será en todo momento a plataforma principal. A estratexia de redes desenvolvereina en profundidade no apartado da difusión, pero en xeral os contidos que se compartan funcionarán a modo de avance dos artigos da propia revista, e sempre previamente ao lanzamento da mesma. A idea é promover unha sensación de exclusividade arredor da revista en papel, de maneira que a única forma de consultar os contidos da mesma sexa adquiríndoa, co cal os contidos de redes funcionarán como gancho para crear curiosidade e coa intención de motivar a procura da revista. De feito, nun principio pensei en complementar a revista en papel cunha web para ir subindo os contidos nela, mais despois desbotei esta idea porque era incoherente co propósito de que a única vía de acceder a esas informacións fose comprando a revista. 5.1.3. Público obxectivo Identificar ao público obxectivo ou target é fundamental para orientar o contido, o deseño e as estratexias e canles de difusión da revista cara ás preferencias dos potenciais lectores. Neste caso, a audiencia á que se dirixe este proxecto son persoas galegas de entre 15 e 30 anos, con especial interese na industria da moda e que estean explorando a súa identidade estilística ou queiran coñecer esta disciplina en profundidade. Probablemente son persoas que están inmersas neste sector, xa sexan deseñadores, emprendedores, fotógrafos, estilistas, etc. Destacan por ter certo compromiso coa lingua galega (ou, como mínimo, non presentan animadversión cara ela). Ponse ademais o foco na xeración Z, que abarca boa parte do rango de idade especificado. 49 Aínda que o target maioritario van ser mulleres, por ser a moda unha disciplina de maior aceptación entre elas, quero achegarme ao público masculino e non binario con contidos que tamén sexan de interese para eles, pois esta vai ser unha revista de moda e lifestyle, non unha “revista feminina”. Gustaríame que as mulleres non supuxeran máis do 70% da audiencia total. Caracterízanse por ter un poder adquisitivo medio e medio-alto, con ingresos suficientes para investir en moda e estilo de vida e con facilidade para seguir as tendencias, comprar produtos de moda e participar en eventos deste ámbito. Residen tanto nas principais cidades e áreas metropolitanas de Galicia, como nas pequenas localidades e zonas rurais. En canto ao perfil psicográfico, son individuos que, máis alá do interese na moda, valoran a creatividade, a estética e a innovación. Por regra xeral, participan activamente en comunidades nas redes sociais relacionadas coa moda, arte e cultura. Tamén posúen unha forte identidade cultural e lingüística galega e aprecian os contidos que fomenten o uso do idioma propio. Como consumidores de moda, prefiren produtos de calidade e proximidade e están dispostos a investir en prendas e accesorios de deseñadores locais e de firmas sostibles. Nas seguintes táboas resúmense as características básicas do lector ideal, diferenciando o perfil demográfico do psicográfico: Táboa 1. Perfil do lector CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS Idade 15-30 anos Xénero 70% mulleres – 30% homes Nivel socioeconómico Medio ou medio-alto Localización xeográfica Galicia: zonas urbanas e rurais CARACTERÍSTICAS PSICOGRÁFICAS Intereses e estilo de vida Moda, creatividade, arte / Participación activa nas redes sociais 50 Valores Identidade galega, compromiso coa lingua Comportamento de consumo Investimento en deseñadores locais e firmas sostibles Fonte: elaboración propia 5.1.4. Modelo de negocio: financiación e viabilidade Para levar a cabo este proxecto procurei en todo momento reducir ao máximo os gastos ao non contar con financiamento de ningún tipo. En un principio pensei en dúas opcións para conseguir certo financiamento que me permitise investir máis na produción da revista, sen necesidade de que saísen todos os cartos do meu peto. A primeira opción era un crowfunding no que os interesados puidesen facer aportacións individuais, pero isto obrígame a dúas cousas. O motivo principal polo que descartei esta idea é porque implicaba anunciar con moita antelación a creación da revista, cando eu realmente quería elaborar unha estratexia de intriga acerca do produto final previa ao lanzamento, que non podería levar a cabo se xa ao principio anunciaba que estaba procurando fondos para crear unha revista de moda en galego. Quizais se fose agora si tería optado por realizar un crowfunding, porque penso que podía compatibilizar esa estratexia de intriga con conseguir presuposto para impulsar o proxecto, mais no momento decidín que non era a mellor idea. En parte a miña negativa tamén foi porque me obrigaba a ofrecer unha serie de recompensas polas aportacións económicas, que tería que elaborar previamente, e sacábame moito tempo nun momento no que non o tiña. A outra opción era contactar con pequenas empresas e emprendedores para ofrecerlles páxinas de publicidade no interior da revista a cambio de algún tipo de colaboración, xa fose económica ou de calquera outro tipo. De novo, desbotei esta idea porque ao comezo do traballo vía moi difícil que algunha empresa fose estar interesada e pensaba que esta opción ía traducirse en enviar moitos correos e facer moitos contactos que quedarían sen resposta ou non sairían adiante e estaría “perdendo o tempo”. Igual que sucede co crowfunding, quizais agora si tería intentado probar por esta vía, mais penso que sería menos produtiva que a micro financiación. 51 Neste escenario, o que fixen foi optar simplemente por reducir ao máximo aos gastos. Para iso busquei a colaboración por tódalas vías posibles, xa sexa co préstamo de material técnico ou a cesión de espazos da Facultade de Comunicación, como coa axuda de amigos e familiares e a procura de equipo humano en formato colaboración. Aínda que o detallo mellor no apartado sobre a busca e selección de colaboradores, púxenme en contacto con estudantes e principiantes de tódalas ramas: deseño, modelaxe, fotografía, maquillaxe e peiteado, estilismo, etc. O obxectivo era crear sinerxías con creativos que estiveran buscando proxectos non remunerados para comezar as súas carreiras, de maneira que eu conseguira profesionais de forma gratuíta a cambio de que eles avancen nas súas respectivas traxectorias. Con todo, si houbo outros gastos derivados do proceso de creación da revista, xa sexa transporte, dietas ou materiais, mais en todo momento intentei que fosen mínimos. En resumo, sacar adiante esta revista supuxo un gran esforzo para conseguir todos os medios humanos e técnicos necesarios para desenvolver o proxecto de forma viable, co menor gasto posible, e cun resultado satisfactorio. Xa pensando na viabilidade do proxecto, foi difícil analizar se ía ter un bo resultado e unha boa aceptación por parte da sociedade ao non haber ningún precedente de iguais condicións. Boa parte das persoas da industria coas que me puxen en contacto durante as distintas fases de traballo, trasladáronme a visión de que era un proxecto necesario para o sector en Galicia e para os interesados na moda, que carecían dun produto destas características. Algúns referíndose ao emprego do galego como vía de normalización para a lingua, e outros pola visibilidade que supón para os creadores que están empezando no sector da moda. Con todo, de forma máis teórica fixen un balance sobre as posibilidades da revista, analizando as súas debilidades e fortalezas internas e con respecto a outras publicacións do mercado. Táboa 2. Análise DAFO FORTALEZAS OPORTUNIDADES • Ao ser a única revista en galego deste tipo ten facilidades para conectar coa xente que apoia o idioma • Un nicho de mercado sen apenas explorar • A colaboración coa escena emerxente, tanto para saír na revista 52 • A cobertura autonómica permite un maior contacto coas fontes, cubrir eventos e ter máis controlado o panorama • O formato impreso permite elaborar reportaxes atemporais e á vez retratar temas de relativa actualidade como para traballar no proceso de elaboración • No apartado lifestyle pódense recoller temas culturais que permitan ampliar a audiencia máis alá dos interesados exclusivamente na moda DEBILIDADES AMEAZAS • Ao ser en galego, redúcese a potencial audiencia • A revista comeza de cero, sen unha marca nin un nome detrás que sexa coñecido e ofreza respaldo social • A dificultade de vender unha revista en papel nos tempos do dixital • A dificultade de facer fronte a publicacións que están establecidas e xa teñen lectores, financiamento e maior acceso a recursos • O formato impreso ten máis custos de produción e menos facilidades de difusión fronte ao dixital • O mercado da prensa en papel, en xeral, pasa momentos difíciles Fonte: elaboración propia Como dicía, foi difícil detectar cal ía ser a acollida da revista, xa non só en canto á aceptación social, senón no que se refire ás ventas. Desde o principio a idea foi que a única forma de acceder ao contido da revista fose adquiríndoa, a pesar de que houbese micro formatos nas redes sociais que actuarían como avances, co cal as ventas son fundamentais para ponderar a acollida. Na enquisa que realicei especificamente como estudo social previo a decidir as características básicas do proxecto, incluín tamén unha pregunta sobre o consumo de revistas de moda en papel: só un 17% dos participantes as compran habitualmente, dos cales un 77% o fan en ocasións puntuais, un 14% cada dous ou tres meses, e apenas un 9% tódolos meses. En cambio, ao preguntar posteriormente se, a pesar de non ter un especial interese na industria da moda, consumirían unha revista 53 desta temática se inclúe contidos de tipo cultural (música, literatura, audiovisual, etc.), o 70% das respostas foron afirmativas. Desta enquisa saco o razoamento de que a publicación podería ter éxito ao incluír contidos de distintas temáticas, tal e como formulei desde un comezo. En calquera caso, o obxectivo deste proxecto non é conseguir beneficios coa venta das revistas, senón que se enfoca en cubrir un nicho de mercado e visibilizar o traballo que se está realizando en Galicia no relacionado coa moda, concretamente, e coa a arte e a cultura, a un nivel máis xeral. 5.1.5. Planificación editorial Antes de comezar a elaborar a revista foi fundamental pensar nos contidos que ía ter. Primeiro pensei nas temáticas que quería tratar e en que formato narrativo quería facelo. En canto aos xéneros xornalísticos, hai unha aposta clara polas entrevistas -xa sexa en estilo directo ou indirecto-, a análise e as reportaxes, con maior peso da visión e valoración da autora, que neste caso son eu mesma. En cambio, non contemplei a inclusión de artigos de opinión e o formato da crónica apenas está presente no produto final. A idea desde o comezo foi darlle o protagonismo ás persoas que están traballando na industria da moda e da cultura, dunha ou doutra maneira. Por iso, en practicamente a totalidade dos contidos finais conto con entrevistas aos implicados, a excepción dun par de artigos. En xeral, a intención foi fuxir dunha visión superficial e intentar buscar unha concepción máis profunda e psicolóxica da industria da moda. Por outra banda, a parte gráfica e as imaxes son moi importantes para vertebrar a revista. Inclúense varios contidos conformados única e exclusivamente por editoriais fotográficas, outros que mesturan as instantáneas con texto, mais todos os contidos contan coas súas respectivas imaxes (de elaboración propia ou cedidas e atribuídas). No relativo á cantidade de contidos, quixen determinar un número alcanzable que me permitira realizalos a min integramente, xa que en ningún momento pensei en contar con redactores colaboradores. Inicialmente establecín 17 artigos para poder abordar tódalas temáticas que considerei de interese, e que a continuación especificarei. Posteriormente eses contidos reducíronse por diversos motivos. 54 En canto ás temáticas, non quería separar fisicamente os contidos en seccións tradicionais, mais si quería que houbera variedade e polo menos un contido de cada “sección” temática. Escollín as seguintes áreas: - Deseñadores - Street Style. - Tendencias - Accesorios - Maquillaxe - Pelo - Sostibilidade - Emprendemento - Entrevista figura - Decoración - Infancia - Autocoidado/Psicoloxía - Música - Literatura - Fotografía - Audiovisual - Gastronomía Intentei abarcar distintas temáticas que fosen de interese para o público ao que me dirixo. Pensei en incluír tamén unha área de “Redes sociais”, mais despois descarteina porque penso que é unha modalidade transversal a practicamente tódalas demais. Outra opción que barallei foi a de engadir unha sección destinada a “Eventos”, pero tiven que facer unha selección porque senón ían ser demasiados temas para abarcar eu sola. Por outro lado, cando comentaba cos meus achegados os temas que ía tratar, era recorrente a pregunta de por que non incluía algo relacionado coa moda masculina, pero engadir unha 55 sección específica para ela nunca estivo nos meus plans porque persoalmente considero que é relegar a moda masculina a un caixón estanco e que a moda non ten xénero, co cal non tiña sentido que a incluíuse. Xa coas “seccións” delimitadas, tiven que determinar os contidos específicos a tratar en cada unha delas. Como dixen antes, un artigo por cada área. Antes de enumeralos, cabe dicir que intentei que os temas non se limitasen a cuestións obvias da moda, senón que tamén puideran resultar de interese para persoas que non teñan especial interese neste tipo de contidos. Iso si, todos eles están relacionados dalgunha maneira coa moda e lifestyle, e cun especial foco cara o público feminino por ser elas as lectoras maioritarias. Un aspecto fundamental a ter en conta para a elección dos contidos é a data de lanzamento da revista. Neste caso, vai ser un número de outono, pois o momento de publicación será o mes de setembro, xa que é este é o mes máis importante no sector da moda xa que é cando se lanzan as tendencias da próxima tempada que arrastraremos ao longo de todo o ano. Desta maneira, os contidos irán enfocados cara o outono, a pesar de estar elaborándose en primavera e verán. Quedan entón da seguinte maneira: Deseñadores: entrevista á ganadora deste ano do certame Xuventude Crea na categoría de Moda, María Alborés. Quería falar con ela da súa traxectoria e da colección coa que gañou este prestixioso premio. Ademais, é unha rapaza que está estudando e traballando fóra de España e coñece de primeira man as diferenzas na industria da moda entre o noso país e o estranxeiro. Street Style: editorial fotográfica dos looks de persoas pola rúa. A idea era plasmar o estilo da xente de a pé. Evidentemente buscaríanse vestimentas diferentes e creativas, aínda que se conta coa limitación de que terían que estar dispostas as persoas a saír na revista. É un contido relativamente fácil de elaborar, porque non é preciso desenvolver un concepto previo. Tendencias: breve repaso das tendencias da temporada. É unha sección típica de tódalas revistas de moda. Escóllense 4 ou 5 tendencias e ilústranse con imaxes dalgunha forma creativa. Unha sección moi popular, que adoita ter bastante éxito entre a audiencia e que dá pouco traballo. 56 Accesorios: editorial fotográfica da nova colección das xoias de Chula Details. Iría acompañada dunha pequena entrevista á creadora da marca, para coñecer como naceu Chula Details e que tal lle está indo despois de algo máis dun ano da súa creación. Maquillaxe: editorial fotográfica sobre os lip combo. É un concepto que está en auxe agora mesmo para referirse aos pintalabios e ós seus correspondentes perfiladores. Pelo: reportaxe sobre a marca de complementos para o pelo Estilo Puratití. Esta pequena marca de emprendemento caracterízase sobre todo por facer lazos. Aproveitando que estes son tendencia esta temporada, queríase contar a historia da marca. Vai acompañada dunha pequena editorial fotográfica dos produtos en si. Sostibilidade: reportaxe sobre o fenómeno de herdar a roupa de xeración a xeración e a tendencia actual de reutilizar a roupa dos nosos pais, tíos, avós, etc. A idea é fialo co feito de que de pequenos renegabamos de herdar roupa dos nosos familiares maiores e agora somos nós os que queremos ir a por esa roupa. Emprendemento: entrevista ás rapazas que organizaron o desfile Lapse Show. Foi unha iniciativa autoxestionada por tres estudantes desde cero. Quería centrar o artigo na dificultade de xestionar este tipo de eventos sen contar co apoio dunha marca ou institución e das motivacións delas para sacar adiante este desfile. 57 Entrevista figura: hydn. A peza central da revista vai ser a unha figura relevante do panorama galego. A intención era afondar na súa faceta artística e sobre todo buscar un enfoque moi de “moda”, por exemplo, comentando o seu estilo e estética, os seus vestiarios máis famosos, as súas referencias, etc. Neste caso, ao ser a peza central da revista, iría acompañada dunha editorial fotográfica extensa que conformaría tamén a portada da publicación. Decoración: reportaxe sobre o fenómeno de comprar flores. Aproveitouse unha historia persoal de tres amigas que tiveron moi presentes as flores na súa etapa estudantil e axudaron a conformar a súa amizade, chegando a tatuarse un floreiro as tres. Infancia: o fenómeno das zapatillas Lelli Kelly. Unha das tendencias da temporada é a volta das bailarinas. A raíz da auxe destas a idea era retomar a obsesión que tiñamos as rapazas da miña xeración coas famosas Lelli Kelly cando eramos pequenas. Pasamos de querer con todas as nosas forzas eses zapatos a aborrecelos e agora volvemos a levalos. Quería falar da historia destes zapatos, por que volvían tolas ás nenas, a súa desaparición e o auxe das bailarinas de novo (facendo referencia ás modas cíclicas). Autocoidado/Psicoloxía: reportaxe sobre a endometriose, que afecta a miles de mulleres e segue a estar silenciada. Quería falar con Laura de Pingando.gal, unha plataforma nas redes sociais para a divulgación de temas de educación sexual (e entre eles de menstruación), ademais de contar cos testemuños de mulleres que sufran esta afección. Música: editorial fotográfica incluíndo merchandising de bandas galegas. A idea é dar visibilidade dunha forma “encuberta” a catro ou cinco bandas galegas escollidas previamente, a través dunha editorial na que se engadiron estas prendas (que adoitan ser bastante básicas) en estilismos máis creativos. 64 deles tamén cederon produtos para fotografalos e incluso as súas propias fotografías para incluír na publicación e vídeos para a promoción a través de redes sociais. 5.2. Produción Neste apartado explico a produción dos contidos, é dicir, a elaboración de todo o que se pode ver na revista. Prescindo de moitas das datas nas que se foron dando os pasos, porque foi un traballo de moitos meses nos que cada artigo avanzaba a distinto ritmo, e sería imposible detallar todos os procedementos e limitalos a un día concreto. Tendo en conta isto, neste apartado relato o proceso de elaboración de cada artigo e o que se fixo para cada un deles. DESEÑADORES: entrevista á ganadora deste ano do certame Xuventude Crea na categoría de Moda, María Alborés. A concepción deste artigo xurdiu a raíz do certame Xuventude Crea, que se celebra anualmente para premiar a creación galega. Cando saíu a gañadora da categoría de Moda, neste caso María Alborés, no mes de decembro do 2023, o primeiro que fixen foi buscar o seu perfil en redes sociais para coñecer máis do seu traballo e poder poñerme en contacto con ela de cara a elaborar este proxecto. Foi aí onde descubrín que, despois de rematar os seus estudos de Deseño de Moda en Pontevedra, seguía formándose nesta rama cunha beca nunha das escolas de deseño máis prestixiosas en Amberes. Xa tendo esta información, decidín enfocar a entrevista de cara a coñecer as diferenzas dos sistemas educativos, no que á moda se refire, en Galicia e no estranxeiro. Aínda así, na entrevista tamén se tratou o galardón recibido, as características das súas coleccións e a súa historia e relación coa moda. Coa idea xa definida, púxenme en contacto con ela a través de Instagram o 17 de abril para comentarlle a miña proposta. En canto tiven unha resposta afirmativa, preparei o cuestionario para a entrevista, que se pode consultar xunto cos das demais entrevistas no ANEXO II, que finalmente se realizou a través de Google Meet o 27 de maio. 65 A entrevista gravouse para despois poder transcribila e para empregar o audio na difusión en redes sociais. Para as imaxes deste artigo, María cedeu fotografías dela e das súas coleccións. Esas imaxes empregáronse na maquetaxe da revista e na difusión por redes, para o cal tamén pedín a María a cesión de vídeos dela traballando nos seus deseños. Posteriormente, eu mesma transcribín e redactei a entrevista, en estilo directo. Tamén editei os vídeos de redes e maquetei o artigo. ACCESORIOS: editorial fotográfica da nova colección das xoias de Chula Details. Este contido foi un dos que tiven claros desde o primeiro momento, pois coñecía previamente á pequena marca Chula Details e a Alba de la Torre, a súa creadora, e quería retratar as súas xoias neste proxecto. Aínda que a miña idea previa era empregar as súas pezas máis míticas, ao comentar con ela a proposta (o día 17 de abril), propúxome sacar a nova colección que ía lanzar no mes de xuño, por ser a máis recente á data de lanzamento da revista. A partir disto, decidín que este artigo constaría de dúas partes combinadas: unha pequena entrevista a Alba e unha editorial fotográfica coas súas xoias. Primeiro elaborei o cuestionario de preguntas para a entrevista. Despois desenvolvín o concepto para a editorial. Neste caso, a colección eran xoias de resina que simulaban orquídeas en distintas cores. Como eran xoias moi rechamantes de por si, quería cederlles todo o protagonismo e incluílas nun escenario moi natural. Pensando en outorgarlle ese enfoque “de outono”, decidín que o realizariamos na contorna dun río, dentro da auga, e nunha zona onde tamén houbese vexetación abundante. Quería recrear unha estética fairy, apostando por encaixes, tons brancos e prendas con movemento que acompañasen ás xoias de Chula Details. Todas estas cuestións incluínas nun documento ou brief, no que se explicaba o concepto da editorial, as persoas participantes, os estilismos, as localizacións e o estilo das imaxes. Pode consultarse no ANEXO III, foi o primeiro que se realizou e a partir del todos os demais seguiron o mesmo modelo base. Para a editorial precisei buscar equipo. Contei con Angy Álvarez como fotógrafa e Alixa Ladson como modelo. Non foron necesarias profesionais de maquillaxe nin de peiteado xa que buscabamos ese efecto de naturalidade. 66 Tanto para esta editorial como para tódalas demais que se realizaron informouse aos participantes de todas as decisións que se ían tomar, ofrecéndolles en todo momento a posibilidade de realizar cambios e aceptándose propostas de calquera tipo. Ademais, sempre se lle enviaron o brief (e o documento de estilismos cando fose necesario) previamente á realización das editoriais. A editorial levouse a cabo o día 12 de xuño na praia fluvial de Tapia. No mesmo día, aproveitei para entrevistar a Alba, xa que tivo que acudir para traer as xoias. Nesta ocasión a entrevista gravouse só con son. Posteriormente, fixen unha primeira selección das fotografías tomadas, que despois a fotógrafa se encargou de editar. Os seguintes pasos foron transcribir a entrevista, editar os vídeos para redes desta peza, facer a selección final de imaxes e maquetar todo na revista. MAQUILLAXE: editorial fotográfica sobre os lip combo. Neste caso, este artigo concibiuse como unha editorial fotográfica exclusivamente, sen acompañamento de texto máis alá do título outorgado. Aínda que tiña claro que debía incluír unha editorial sobre maquillaxe, non estaba seguro sobre que facela. Finalmente decidín que ía aproveitar o auxe dos lip combo (pintalabios e os seus respectivos perfiladores) para reinventalos de forma creativa. O primeiro paso foi definir o concepto e, sobre todo, buscar inspiración. En xeral, ao longo de todo o traballo, a rede social Pinterest foi unha ferramenta que utilicei a miúdo para buscar inspiración (que non copiar), xa sexa para modelos de maquetaxe, para visualizar estilismos ou para buscar tipografías. Neste caso, busquei varias fotos de combinacións de cores nos labios que me chamasen a atención e que fosen arriscadas e distintas ao que adoitamos ver. Unha vez as tiven, tiven que buscar equipo para levar a cabo a editorial. O que máis me costou foi atopar maquilladoras, pois púxenme en contacto con varias academias para ver se algunha alumna estaba interesada en participar, mais por datas foi imposible. Finalmente unha academia ofreceuse a realizar elas mesmas (as profesoras) as maquillaxes, pois resultáballes unha proposta interesante. Xunto con elas, participaron na editorial realizada o 29 de maio, Laura Martínez como fotógrafa, Paula del Alcázar e Allison Zaldana como modelos, e unha das profesoras do Estudio1917 como maquilladora e peiteadora. 67 Posteriormente, fixen unha primeira selección das fotografías para que a fotógrafa as editara, aínda que despois tiven que decidir a selección final, coa que xa elaborei a maquetaxe definitiva. PELO: reportaxe sobre a marca de complementos para o pelo Estilo Puratití. Nesta sección tiña claro que quería falar sobre o fenómeno coquette, que foi unha das principais tendencias durante a temporada pasada, mais dunha forma indirecta e relacionándoo con Galicia. Entón acordeime do emprendemento Estilo Puratití, que se caracteriza por elaborar complementos para o pelo entre os que destacan, especialmente, os lazos. Desta maneira, quixen entrevistar a Sara, a creadora da marca, para coñecer a historia desta iniciativa e a súa aposta polos lazos desde fai máis de dez anos, moito antes de que se puxeran de moda coa estética coquette. Púxenme en contacto con ela a través de Instagram o 17 de abril e a raíz diso concretamos en vernos o 24 de maio para realizar a entrevista, para a que previamente preparei o cuestionario de preguntas. Ademais da entrevista, da que gravamos o son, propúxenlle a cesión de algunhas das súas pezas (lazos, diademas, coleteiros, pinzas, etc.) para tomar unhas fotografías delas. Neste caso eran fotos de produto, mais prefería sacalas eu mesma en lugar de que ela me cedese as que empregaba habitualmente. Aceptou sen problema e o mesmo día da entrevista deixoume varios produtos, que fotografei ao día seguinte. A idea era fotografalos en espazos de exterior, ademais de gravar uns vídeos con eles para a difusión a través de redes. Os pasos finais foron escribir a entrevista, en estilo directo, editar as publicacións de redes e maquetar as páxinas correspondentes da revista, nesta orde. SOSTIBILIDADE: reportaxe sobre o fenómeno de herdar a roupa de xeración a xeración e a tendencia actual de reutilizar a roupa dos nosos pais, tíos, avós, etc. Esta reportaxe nace dun concepto que levo pensando desde hai bastante tempo, que é o feito de que o auxe da moda vintage lévanos a asaltar os armarios (especialmente aos máis novos) dos nosos familiares de maior idade para rescatar pezas de fai vinte ou trinta anos e darlles unha segunda vida. Isto contrasta cun fenómeno social que de pequenos -e non tan pequenosnos ocorría a moitos, que son as herdanzas de roupa desde os máis 68 maiores cara os máis pequenos. Por iso quería unir estes dous feitos e explicar as similitudes e diferenzas en canto á percepción social de ambos. A base da historia partiu do testemuño persoal de Jennifer Canosa, unha rapaza de 22 anos que acostumaba a herdar roupa de pequena e sigue facéndoo, o que a converteu nunha fanática da roupa vintage e de segunda man. Ademais, está presente tamén a visión da psicóloga especializada na área de Psicoloxía da Personalidade, Beatriz Domínguez, para explicar como pode afectar o feito de herdar roupa de pequenos na formación da nosa identidade propia e personalidade. Tamén quixen contar coa visión da influencer coruñesa de moda sostible, Martina Lubián, para coñecer o auxe da compra de moda de segunda man. Púxenme en contacto con todas elas o 17 de abril, para concretar as respectivas entrevistas. A Martina Lubián e Beatriz Domínguez envieilles as preguntas por correo electrónico, por imposibilidade de cadrar horarios e por estar noutra comunidade autónoma, respectivamente. Con Jennifer Canosa quedei o 11 de xuño para realizar a entrevista (para a cal realicei o cuestionario previamente), da que se gravou o son. Para a parte visual desta reportaxe optei por sacar eu mesma varias fotografías de distintas prendas vintage e de segunda man que tiña eu ou familiares meus, que consideraba que eran o suficientemente especiais para retratalas. A idea era ir mesturándoas no relato como exemplo de prendas que se poderían herdar. Tamén gravei varios vídeos curtos destas prendas para a difusión a través de redes sociais. O seguinte paso foi escribir a reportaxe, para a cal prescindín das respostas de Martina Lubián porque eran moi concisas e apenas podía botar man delas, co cal penso que foi mellor idea non incluílas finalmente na reportaxe, comunicándollo a ela previamente. Finalmente editei as publicacións de redes e maquetei a peza final. ENTREVISTA FIGURA: á cantante hydn. Como peza central da revista quería imitar ás grandes publicacións de moda, que entrevistan a figuras relevantes do panorama cultural, xa sexan actrices, cantantes, escritores, etc. e sitúanos na portada da revista para chamar a atención do potencial lector e que poidan conectar cunha cara coñecida da que poden ter interese en indagar máis. Son entrevistas en profundidade, máis para min era fundamental dotalas dunha perspectiva relacionada coa moda. Desta maneira, quería escoller un personaxe público galego que 69 puidese ter relación con esta industria. A elixida foi a cantante hydn, que está emerxendo no panorama musical galego (e en galego) e acaba de ganar un premio Martín Códax na categoría de Músicas Urbanas. Foi unha das primeiras persoas nas que pensei porque conta cunha estética moi marcada e sempre coida moito a súa imaxe para respectar uns estándares e ser fiel ao seu estilo. Desta maneira, púxenme en contacto con ela o 17 de abril, para propoñer realizar unha entrevista e tamén unha editorial fotográfica, pois a miña intención era acompañar a peza escrita con fotografías propias, que despois usaría tamén para a portada. A partir de aí o contacto foi co seu manager, o cal dificultou un pouco a comunicación porque se volveu máis lenta bastante. Finalmente puiden entrevistala o 31 de maio. Previamente elaborara o cuestionario, no que me centraba especialmente na súa relación coa moda, a súa imaxe como artista e os seus estilismos, a pesar de que tamén había unha parte dedicada a súa carreira profesional. Ese mesmo día gravamos un vídeo para a promoción a través das redes, no cal hydn comentaba dez outfits seus previamente escollidos por min. A realización da editorial fotográfica foi a parte máis complicada. Primeiro de todo, como ela conta cunha imaxe e unha estética moi concreta, pedíronme que buscara unha fotógrafa acorde ao seu estilo e que adoitase retratar dunha maneira similar ás súas imaxes habituais. Foi bastante difícil atopala porque as miñas opcións de fotógrafos eran limitadas, xa que tiña que ser en formato colaboración e non me podía permitir pagarlle a un fotógrafo en concreto que se axustase ás esixencias. Finalmente foi Julia Aldecoa a elixida. Coa maquilladora e peiteadora pasou algo similar, tivo que ser a de confianza de hydn, co cal tratou directamente con ela. Ademais, como esta ía ser a editorial máis extensa e da que sairía a portada, quixen contar cunha estilista para buscar os looks, que foi Olaya. Para definir o concepto da editorial, en todo momento tiven claro que o importante era respectar a estética da artista, sen “disfrazala”, mais esperei a facer a entrevista con ela para coñecer tamén algúns dos seus referentes, deseñadores dos que adoitaba vestir, as súas pezas favoritas, etc. A raíz dela saquei en claro un concepto, xa que me dixo que se inclinaba moito por un estilo “vampiresco”, de maneira que esta foi unha referencia que tomamos como base para construír o estilismo. Posteriormente, seleccionamos varias prendas e puxémonos en contacto cos seus deseñadores para analizar a posibilidade de que nolas cederan. 70 Finalmente, a sesión fotográfica, a pesar de ter xa todo preparado, non se puido realizar por motivos persoais de varias das persoas participantes nela. Ante a dificultade para cadrar horarios decidiuse prescindir de realizar estas fotografías en exclusiva para o proxecto e optouse por incluír imaxes da cantante cedidas polo seu manager. Ademais, como desta editorial ía saír a portada da revista, decidiuse que a alternativa sería empregar as imaxes da editorial sobre o merchandising de grupos de música galegos. Posteriormente tiven que escribir a entrevista, en formato directo, seleccionar as imaxes que quería empregar na revista e maquetar as correspondentes páxinas. DECORACIÓN: reportaxe sobre o fenómeno de comprar flores. A pesar de que inclúo este tema dentro da categoría de decoración, trátase dunha historia persoal de tres amigas que reforzaron a súa amizade a raíz de comprar flores para decorar o seu piso de estudantes. É unha historia que xa coñecía previamente, porque unha das rapazas é amiga miña, e quería retratala na revista. Penso que todo o relacionado coas flores adoita ser un clixé e un dos temas recorrentes nas seccións de decoración, mais neste caso ao darlle ese xiro e contalo a través dunha historia persoal creo que se enfoca desde unha perspectiva fresca. Para elaboralo púxenme en contacto coa miña amiga, Malena Fernández, para que se puxera en contacto coas súas outras dúas compañeiras coas que comparte historia. Ante a dificultade de cadrar horarios as catro, finalmente só entrevistei a Malena (o 26 de maio), aínda que posteriormente me puxen en contacto coas demais para contrastar datos e confirmar cuestións. Á hora de elaborar o cuestionario, quería indagar máis na historia, coñecer a súa relación previa coas flores, de onde xurdiu a idea de comprar flores como hábito de decoración e quen tomou a iniciativa de realizarse unha tatuaxe dun floreiro en recordo do piso de estudantes que compartiron. Para ilustrar a historia, elaborei unha pequena editorial fotográfica. Neste caso, o concepto non era tan elaborado. Simplemente buscaba retratar a unha rapaza cun ramo de flores paseando pola rúa, cun estilismo neutral pero de estética máis ben escura para acompañar a estética xeral da revista e fuxir do aspecto romántico e fráxil que suxiren as flores no imaxinario social. Para esta sesión, que se levou a cabo o 9 de xuño, contouse coa participación de Andrea Vicente, como modelo, e Laura Martínez, como fotógrafa. 71 Finalmente redactei a peza, en estilo indirecto, editei as publicacións para redes sociais e maquetei o resultado final. INFANCIA: o fenómeno das zapatillas Lelli Kelly. A idea xorde do fenómeno social das famosas zapatillas Lelli Kelly, coas que estabamos obsesionadas todas as rapazas da miña xeración, a comezos dos anos 2000. Quería falar da historia destes zapatos, do seu auxe e caída e tamén facendo referencia á súa similitude coas bailarinas que nesta últimas temporadas volveron a ser tendencia, facendo referencia ás modas cíclicas. Para elaboralo quixen contar cos testemuños directos de rapazas que viviran a súa infancia nesta época, co cal enviei a varias amigas unha serie de preguntas sobre como definirían as Lelli Kelly, a súa opinión (agora e daquela) delas e o recordo que gardaban dos míticos anuncios. Pedinlles que me contestaran a través de audio para poder empregar o son na difusión a través de redes sociais. Neste caso é un artigo que conta con bastante presenza de valoracións e opinións da autora, é dicir de min mesma, xa que eu tamén vivín a moda destes zapatos. Por outra banda, decidín adquirir unhas Lelli Kelly para poder elaborar unha editorial fotográfica de cara a ilustrar a peza. O concepto partía de fotografar a unha nena coas zapatillas nun ambiente de xogo, concretamente nun parque, e cunha estética moi dos 2000, que intentamos reflexar tanto co estilo da fotografía como co estilismo. Non foi sinxelo atopar unha rapaza modelo, mais finalmente conseguín a Adriana, unha nena de cinco anos. A fotógrafa foi Fátima Seijo, e a sesión realizouse o 16 de xuño. Posteriormente redactei o artigo, seleccionei as imaxes que a fotógrafa xa editara previamente, editei as publicacións de redes e maquetei a peza final. AUTOCOIDADO/PSICOLOXÍA: reportaxe sobre a endometriose. A idea desta reportaxe naceu co obxectivo de visibilizar unha realidade que afecta a miles de mulleres e que segue a estar silenciada: a endometriose. É un tema que se trata con certa asiduidade nos medios de comunicación, mais boa parte da poboación segue sen ter coñecemento do que implica para quen a sofre. Para esta reportaxe quería falar, principalmente, cunha muller que padecese esta afección, para o cal contactei coa asociación QuerENDO, que presta apoio ás mulleres diagnosticadas con endometriose en toda Galicia. Despois de falar con eles, puxéronme en contacto con María, unha usuaria 72 activa do colectivo, coa intención de gravar un vídeo no que ela me relatase como esta enfermidade lle condiciona o día a día, os tratamentos e a comprensión do seu entorno, entre outras cuestións. Despois de preparar o cuestionario, entrevisteina o 21 de xuño. As súas declaracións empregueinas tanto para a elaboración da reportaxe como para a difusión nas redes. Tamén quixen contar coa visión de Laura, creadora de Pingando.gal, unha plataforma nas redes sociais para a divulgación de temas de educación sexual, entre eles os relacionados coa menstruación. Con ela quería tratar os aspectos máis técnicos e científicos da endometriose e tamén o coñecemento das doenzas e da menstruación en xeral por parte da sociedade. A entrevista con Laura realizouse a través dunha chamada telefónica o 13 de maio. Ilustrar esta peza foi complexo, pois non sabía como facelo dunha forma máis artística e que fose distinto ás imaxes que estamos acostumados a ver acompañando este tipo de temas. Finalmente, a raíz de varias imaxes de inspiración buscadas en plataformas como Pinterest e Behance, decidín tomar eu mesma unhas fotografías nas que emulase un útero con flores decorado con cravos, para simbolizar a dor que produce esta afección. Para redactar a reportaxe, finalmente só empreguei o testemuño de María, porque unha vez tiven todos os materiais decateime de que eran temas distintos os tratados con ela e con Laura de Pingando.gal, que apenas tiñan relación. Comuniquei a Laura a decisión de prescindir da súa parte porque quería dar prioridade ao relato en primeira persoa. Posteriormente, editei as publicacións para as redes e maquetei a peza final. MÚSICA: editorial fotográfica incluíndo merchandising de bandas galegas. A idea desta editorial era dar visibilidade dunha forma “encuberta” a bandas galegas. Quería falar dos grupos emerxentes que están destacando na escena galega, mais ao ser a entrevista central dunha cantante, non quería recargar a revista de contidos de música. Por iso optei por levar a cabo unha editorial co merchandising de cinco grupos escollidos previamente. O primeiro paso foi escoller os grupos, que quería que fosen variados mais que tivesen certo recoñecemento consolidado. Para iso tiven en conta grupos de maior e menor traxectoria, con maior e menor número de seguidores, e conformados tanto por homes como por mulleres. Finalmente os elixidos foron: Grande Amore, Boyanka Kostova, The 73 Rapants, Caamaño&Ameixeiras e Leria. A partir diso púxenme en contacto con eles para pedirlles que me cedesen unha prenda concreta do seu merchandising, ao que todos aceptaron e foron entregándome en distintas datas. O concepto partía de encaixar distintas prendas e obxectos do merchandising en estilismos máis creativos, en xeral cunha estética urbana e nunha localización de carácter industrial. Finalmente a editorial realizouse o 22 de xuño no Polígono do Tambre. Participaron Iago Castro e Mike Cruz como modelos, Angy como fotógrafa e Sara Rodríguez como maquilladora. Tras a sesión, seleccionei as fotos que a fotógrafa despois editou e maquetei a peza final. LITERATURA: entrevista a Sica Romero. Quería entrevistar a Sica Romero na revista porque é unha das principais novas voces da literatura galega e vén de ganar o Premio San Clemente coa súa obra “Avelaíñas Eléctricas”. Cando preparei o cuestionario, incluín cuestións como a súa percepción do libro dous anos despois de escribilo, a acollida, o emprego dos trazos dialectais na escrita, o seu futuro como escritora, ganarse a vida escribindo, etc. Como lectora do libro, no seu momento fixérame reflexionar sobre moitos temas da vida cotiá, e tamén me interesaba afondar en algúns deses temas específicos que ela trata na súa obra prima. Púxenme en contacto con ela o 19 de abril e fixemos a entrevista o 15 de maio. Ese mesmo día gravei o audio dela recitando varias pasaxes do libro, coa intención de empregalas para a difusión a través das redes sociais. Para ilustrar esta entrevista, tomei eu mesma varias fotos do libro e tamén lle pedín a Sica que me cedese algunha foto súa para incluír na revista. Para rematar, escribín a peza en estilo directo, editei as publicacións de redes e maqueteina. FOTOGRAFÍA: reportaxe sobre a exposición do fotógrafo de moda Helmut Newton. Como esta exposición pechou a finais de maio, quero darlle un enfoque de balance e de perspectiva social. Esta é a terceira exposición fotográfica organizada pola Fundación Marta Ortega no Muelle de Batería de A Coruña, e a día de hoxe xa é un evento social consolidado na cidade, transcendendo a importancia da exposición e convertendo este espazo nun punto de encontro. Nesta reportaxe quería analizar o efecto destas exposicións nas persoas interesadas na moda da cidade. Ademais, tamén quería indagar na figura do 80 cultural. Tamén se intentou alternar as entrevistas coas reportaxes e artigos de opinión, para non sobrecargar a lectura cos contidos similares moi próximos uns dos outros. O mesmo coas editoriais fotográficas, que se intentaron espazar. Como comentaba, máis alá dos contidos en si, tamén se incluíu unha carta da directora e un índice. A primeira funciona como unha introdución ao lector do que se vai atopar nas páxinas da revista e unha declaración de intencións, mentres que o segundo funciona como un avance moi breve dos contidos que poderá atopar nela. En ambas o deseño foi moi sinxelo, en parte para non sobrecargar de información a publicación no inicio da mesma, en parte para non conceder moitos adiantos e seguir creando intriga. Con todo, durante o proceso de deseño foi habendo cambios e fóronse incluíndo elementos que non estaban previstos, así como tamén se desbotaron outros. É o caso das separacións entre seccións, que ían ser en formato collage e realizadas por un colectivo local que se dedica ao ámbito do fanzine, co obxectivo tamén de visibilizar o seu traballo e de xuntar forzas. Finalmente non se incluíron na revista porque perdía sentido a separación temática se a propia distribución dos contidos era mesturando distintas temáticas. Con todo, non se da por finalizada a maquetaxe da revista, pois está suxeita a algún posible pequeno cambio unha vez se realicen as probas de impresión de cara a sacala ao mercado. 5.3.2. Plan de distribución Para a distribución da revista, é dicir, para que os potenciais lectores poidan adquirila, estudei a posibilidade de contar con tres métodos de distribución distintos: a venta online, en puntos de venta físicos e a participación en eventos e feiras. Ao final decanteime pola venta online, a través dun formulario publicado nas redes sociais de BRINKO, por ser unha vía máis sinxela. Para a venta a través de puntos físicos precisaba que quioscos, librerías ou tendas me deixasen colocar nos seus establecementos a miña revista coas correspondentes xestións previas que iso supón e, aínda que é unha opción que non descarto nun futuro próximo, polo momento non foi a escollida. Por outra banda, a participación en eventos e feiras tamén implica xestións previas, desprazarse ata o lugar o día que se celebren e non garante ventas, aínda que si é un bo escaparate. Con todo, 81 tampouco descarto a participación nalgún evento no futuro, mais non como vía de distribución preferente. Ademais houbo un factor decisivo para optar pola venta online, que é a necesidade de ter stock. Tanto para situar a revista en puntos de venta físicos como para acudir a eventos é preciso imprimir previamente unha cantidade de exemplares e, ademais de que é moi difícil calcular cantos vas vender, supón un gasto importante a abonar previamente sen a seguridade de recuperalo. En cambio, a venta online permite calcular o número de revistas que se manden a imprenta con recursos como a prevenda. Desta maneira, a venta realizarase de forma online, a través das propias redes sociais da revista, habilitando un formulario de prevenda, de maneira que poida calcular cantas revistas hai que imprimir. Con todo, cando se envíen os exemplares a impresión, o número de revistas será superior as encargadas na prevenda, para contar con algunhas máis para venta posterior, pero esta fórmula xa permite ter unha previsión de como poden ir as ventas. Para a impresión faranse antes da venta probas de impresión en varios lugares. De primeiras, persoalmente só teño referencias de impresión de produtos dixitais de características similares en Calcao Print, e coñezo tamén algunhas empresas de imprenta na contorna de Santiago e arredores. En calquera caso, optarase pola impresión en negocios de proximidade, por seguir de acordo cos principios do proxecto e polo feito de poder ter un contacto de primeira man, acurtar prazos ao prescindir de envíos e poder ver os resultados o antes posible. A idea previa é empregar o formato A4 e papel offset de entre un rango de 80 a 120 gramos para as páxinas interiores, para conseguir un efecto máis natural xa que este é un tipo de papel con máis textura e que brilla menos, a pesar de que non adoita empregarse tanto en revistas como o papel couché. Para a portada si que se empregará papel couché de 200 gramos por metro cadrado e de efecto brillante, para conseguir que destaquen as cores e imaxes. Ademais, á portada daráselle un acabado con verniz UV para potenciar máis esa páxina, que é a principal da revista e a primeira que se ve. Este é a pretensión inicial, que estará condicionada a posibles cambios tras as probas de impresión, nas que se valorará a calidade do resultado, as variacións de cor e o prezo final. En canto á loxística da distribución, unha vez encargadas á imprenta escollida as revistas que se comprasen na fase de prevenda, recibiríaas eu mesma na miña casa, para revisalas, 82 almacenalas e despois proceder ao envío. Os compradores terán dúas opcións: a entrega en man, nas zonas de Santiago de Compostela ou A Coruña, ou o envío por mensaxería, polo cal terían que pagar máis para costear ese gasto. No que respecta ao envío, quero concibir a compra da revista como unha experiencia, de maneira que se elaboraría un empaque personalizado e incluiríanse adhesivos de regalo e tarxetas de agradecemento. Mais o punto chave da experiencia sería a elaboración dunha playlist para acompañar á lectura. Esta estaría conformada por cancións que se relacionasen dalgunha maneira cos contidos da revista, para que os lectores poidan poñer a playlist mentres que ollan a revista, e entregaríase a través dun QR incluído tamén no empaque. Con todo, aínda que o obxectivo final de todo o proxecto é conseguir que a audiencia queira mercar a revista en papel, polas características da mesma o prezo non vai ser tan económico como outras revistas de moda populares, cun prezo arredor dos cinco euros habitualmente. Desta maneira, como non quero limitar o acceso aos contidos da revista a quen se poida permitir gastar entre dez e vinte euros nunha revista, tamén ofrecerei a opción de adquirila en formato dixital. É dicir, darase a alternativa á audiencia de mercar o PDF a un prezo reducido (case simbólico), mais isto será unhas semanas despois de que se lance a revista en papel, para non desincentivar as vendas do formato físico. En calquera caso, cabe mencionar que as ventas non están enfocadas en conseguir beneficio, senón en cubrir os gastos, especialmente os de impresión. Para rematar coa planificación da distribución, para avaliar o éxito da publicación, poño como meta conseguir un número de ventas próximo ao centenar de exemplares. Ao fin e ao cabo, a venta é o obxectivo final deste proxecto, xa que vai ser a única forma de que a totalidade do traballo que realicei durante estes meses vexa a luz e chegue aos lectores interesados nestas temáticas. Para conseguir ese obxectivo será necesario implantar un plan de difusión efectivo, que a través da intriga e de medidos avances (e botando man de distintos recursos) empregando as redes sociais, consiga transformar ese interese inicial en ventas. 5.3.3. Difusión do proxecto O plan de difusión baséase en darlle visibilidade ao proxecto e está enfocado baixo a premisa de conseguir que os potenciais lectores merquen a revista en papel, como veño comentando ao longo do traballo. Para iso vanse levar a cabo tanto accións físicas coma 83 no ámbito dixital, aínda que estas últimas van ter un peso importante. Actualmente, algunhas destas accións xa se efectuaron, mais outras aínda non porque así se concibiu. De cara a establecer os prazos de execución do plan de comunicación, van ser distintas as accións antes de lanzar a revista das que se fagan xa unha vez saia ao mercado, co cal era fundamental fixar primeiro a data de lanzamento, para artellar ao redor dela toda a estratexia. Como está enfocada a ser un número de outono, e tendo en conta que setembro é un mes chave para a industria da moda en xeral e para as revistas deste sector en concreto, o lanzamento será o 20 de setembro. As primeiras accións de difusión comezaron nas redes sociais. Abríronse contas de BRINKO en Instagram e TikTok, por ser as principais redes usadas polo público obxectivo (menores de 30 anos) e que fomentan o uso do vídeo, e o contido publícase en ambas simultaneamente. A primeira publicación fíxose o 25 de xuño, e foi o primeiro vídeo que dou comezo a unha serie de tres vídeos de expectación, que avanzaban o traballo feito durante os últimos meses neste proxecto pero sen desvelar aínda de que trataba esta nova publicación. As redes pódense visitar a través das ligazóns do ANEXO V. Esta primeira etapa de intriga durou apenas unha semana, pois a idea era comezar a publicar os avances dos distintos contidos o 1 de xullo . Non foi casual tampouco que a primeira publicación se fixese o 25 de xuño, xusto despois de San Xoán, que é considerado “o comezo do verán”. Durante todo o mes de xullo e ata o 10 de agosto foron publicándose os avances dos contidos, outorgando tres publicacións para cada artigo para que quedase un feed visualmente harmónico. Desta maneira, publicouse un primeiro vídeo só con audio que avanzaba a entrevista desta sección, pero sen dicir aínda quen eran os protagonistas, para xogar con esa intriga e permitir á audiencia que xogase a adiviñar o contido. Ao día seguinte subiuse un post anunciando os protagonistas e a temática e, no mesmo día, outro vídeo resumo da entrevista ou reportaxe, sen desvelar toda a información para crear un interese por adquirir a revista para ler o artigo completo. 84 Imaxe 6. Publicacións redes sociais Fonte: elaboración propia Os contidos de cada vídeo variaron segundo o artigo e a sección que fose, pero a regra xeral foi a mencionada. No ANEXO VI inclúese o calendario de redes que se seguiu. Durante o mes de agosto e ata o 6 de setembro, que será a data na que se abra a prevenda, seguiranse publicando en redes outros contidos enfocados a crear interese na revista. Algúns exemplos poden ser ir ensinando algunhas páxinas, as reaccións á revista dos participantes nela, moodboards da mesma estética, a publicación de algunha das imaxes que finalmente non se incluíron na revista... sempre dando prioridade ao formato vídeo. Tamén se elaborarán contidos a partir de accións como pegada de adhesivos na rúa, enquisas de rúa relacionadas, etc. A prevenda o 6 de setembro farase sen desvelar aínda a totalidade da revista, pero cos suficientes adiantos de contidos e coa estética mostrada, para incentivar a compra. O seguinte paso vai ser un evento público de presentación da revista, onde se poderá ver por primeira vez ao completo. Este farase uns días antes do lanzamento como tal, o 20 de setembro, e a el invitarase aos participantes e colaboradores da revista, persoas relevantes dos sectores da moda e cultura e probablemente a influencers relacionados e profesionais de medios especializados nestas áreas. Evidentemente será un evento aberto ao público, co cal poderán acudir todos os interesados. Haberá accións físicas destinadas a promocionar o lanzamento e o evento de presentación, con pegada de carteis pola rúa e o envío de notas de prensa a medios de comunicación. 85 Tras o lanzamento oficial, o 20 de setembro, continuarán as publicacións nas redes sociais, con posts que avancen máis o contido da revista: ensinando máis páxinas, empregando citas dos protagonistas dos artigos, publicando imaxes incluídas, etc. Tamén se apostará por contidos máis informais e naturais, como poden ser making ofs. En xeral, para a difusión da revista, xa sexa a través de redes ou en accións físicas, empregarase un ton e estilo desenfadado, mais sempre respectando a seriedade que necesitan as temáticas que imos tratar, para non caer na banalización da moda e cultura. 86 6. CONCLUSIÓNS O desenvolvemento desta revista foi un proxecto moi satisfactorio a nivel persoal, que supuxo unha gran aprendizaxe profesional, pero que tamén estivo cheo de desafíos. A pesar de contar coa axuda de moitas persoas, sen as cales sería imposible ter realizado esta publicación, xa sexan profesores, fotógrafos ou modelos, entre outros, o certo é que traballei a maioría do tempo soa. Considero que isto limitou o alcance do proxecto, pois se contase cun equipo máis amplo o resultado podería ser unha publicación con máis páxinas e, probablemente, con maior calidade e impacto. Unha das principais limitacións deste traballo foron os meus escasos coñecementos en deseño gráfico. Se contase con máis experiencia nesta área podería crear deseños máis orixinais e vistosos. En cambio, considero que neste ámbito é nun dos que máis aprendín e sobre todo fíxome ver que incluso unha publicación de poucas páxinas require moitas horas e meses de traballo. Con todo, durante o proceso tiveron que realizarse cambios sobre a marcha para ir adaptando decisións que tomara inicialmente. Ese exercicio de adaptabilidade foi crucial na miña aprendizaxe e foi o que me permitiu sacar un produto final o máis óptimo posible. En retrospectiva, penso que sería unha boa idea ter realizado un crowfunding ou ter buscado patrocinios dalgún tipo para obter o orzamento necesario, especialmente tendo en conta o custoso que é producir unha revista en papel, pois a pesar de intentar limitar os gastos ao máximo realmente si houbo unha inversión persoal neste proxecto. En cambio, no momento en que tiña que tomar esta decisión dubidaba que alguén estivese disposto a financiar esta iniciativa, o cal me desanimou a intentalo. En relación aos obxectivos establecidos, considero que a percepción social está sendo moi positiva. Aínda que a revista non está publicada oficialmente, aqueles que tiveron oportunidade de vela ou participaron nela coinciden en que son necesarias revistas de moda en Galicia que poñan en valor o talento emerxente. E os comentarios positivos chegaron tanto de persoas interesadas en si na moda como de persoas que apostan pola defensa do galego, que agradeceron en xeral a presenza de contidos variados no idioma da nosa comunidade, o cal era un dos obxectivos principais da revista. A recepción, polo momento, está sendo moi alentadora para continuar co proxecto e sacar a revista á venda. 87 Persoalmente gustaríame explorar distintas vías para a continuidade da iniciativa, porque é un proxecto no que cría firmemente antes de elaboralo, e sígoo facendo. Movelo ao ámbito dixital pode ser unha opción que estudarei no futuro, tendo en conta os custes de manter unha revista en papel e as facilidades que poden ofrecer unha web complementaria e un bo traballo das redes sociais á hora de chegar a máis persoas e manter o proxecto vivo. En xeral, este proxecto permitiume profundar en áreas que me interesaban pero nas que non tiña apenas experiencia práctica, como poden ser a dirección de arte, a produción, o estilismo e incluso algo de fotografía. Todo isto axudoume a enfocarme cara o ámbito ao que realmente me gustaría dedicarme, que é o da moda. Ademais, como especificaba nos obxectivos deste traballo, agora conto cun portfolio que me permite ensinar o meu traballo neste sector. En definitiva, este foi un proxecto integral no que fixen de todo e co que conseguín ter unha visión 360 do proceso de creación dunha revista. 88 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS - Alessandra, S. (2015). El curioso lenguaje de la moda en el español como lengua extranjera: para no perderse entre préstamos lingüísticos y neologismos. Actas del XII Encuentro práctico de ELE del Instituto Cervantes de Nápoles, 44-53. Recuperado de https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/publicaciones_centros/PDF/napoles_2 015/06_alessandra.pdf - Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (2024). Estudio General de Medios. Revistas: Primera Ola. https://reporting.aimc.es/index.html#/main/revistas - Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (2023). Estudio General de Medios. Revistas: Primera Ola. https://reporting.aimc.es/index.html#/main/revistas - Best, K. N. (2020). El estilo entre líneas: Una historia del periodismo de moda (Vol. 3). Ampersand. - Box Abellán, C. (2017). El fenomen'lifestyle': una nova tendència periodística. Estudi del cas espanyol [TFG, Universitat Autònoma de Barcelona]. Dipòsit digital de documents de la UAB. Recuperado de https://ddd.uab.cat/pub/tfg/2017/180254/TFG_Box_Abellan_Carla.pdf - Caldwell, C., y Zappaterra, Y. (2014). Diseño editorial: periódicos y revistas. Medios impresos y digitales. Ediciones Gustavo Gili. Recuperado de https://dokumen.pub/qdownload/diseo-editorial-periodicos-y-revistas-medios-impresos- y-digitales-2nbsped-9788425227721.html - Cerrillo Rubio, L. (2010). La moda moderna. Génesis de un arte nuevo. Siruela. - Cómo cambiar para seguir cambiando. Hablamos con la directora de Vogue por su 35º aniversario en España (8 de enero de 2024). ReasonWhy. https://www.reasonwhy.es/actualidad/entrevista-ines-lorenzo-vogue-espana-35- aniversario - Condé Nast España (s.f.). Sobre Condé Nast. https://www.condenast.com/es-ES/about - Cosgrave, B., (2006). Historia de la moda. Desde Egipto hasta nuestros días. Editorial Gustavo Gili 89 - Cosmopolitan reduce su presencia en los quioscos y pasa a ser una publicación bimensual (20 de abril de 2022). PR Noticias. https://prnoticias.com/2022/04/20/cosmopolitan-reduce-su-presencia-en-los-quioscos-y- pasa-a-ser-una-publicacion-bimensual/ - Cozens, C. (18 de decembro do 2000). Cosmopolitan. The Guardian. https://www.theguardian.com/media/2000/dec/18/mondaymediasection1 - Curiel, C. P. y Naranjo, E. M. (Eds.). (2018). Periodismo e Industria de la Moda. Comunicación Social. - Dazed Media (s.f.). About Dazed Media. https://www.dazedmedia.com/about - El Ideal Gallego (s.f.). EstiloIdeal. https://www.elidealgallego.com/estiloideal.php - Elle Media Kit (s.f.). Audience. http://www.ellemediakit.com/r5/showkiosk.asp?listing_id=5748326 - Faginas, S. (14 de outubro de 2023). YES cumple 500 números: estas son las mejores portadas. La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2023/10/14/yescumple/0003_202310SY14P20991.htm - Fernández del Moral, J. (coord.) (2004): Periodismo Especializado. Editorial Ariel - Flesler,G. (2019). Marcas de género en el diseño tipográfico de revistas de moda. Cuadernos del Centro de Estudios en Diseño y Comunicación. Ensayos, (76), 49-61. Recuperado de https://n9.cl/dzb78 - Fürsich, E. (2012). Lifestyle journalism as popular journalism: Strategies for evaluating its public role. Journalism Practice 6(1), 12-25. Recuperado de https://www.researchgate.net/publication/233277778_LIFESTYLE_JOURNALISM_A S_POPULAR_JOURN - Galicia de Moda (s.f.). Revista Galiciademoda. https://www.galiciademoda.com/revista/ - Gallego Ayala, J. (1990). Mujeres de papel. De ¡Hola! A Vogue: La prensa femenina en la actualidad. Icaria Editorial 96 97 98 99 100 101 102 103 ANEXO IV. Maqueta da revista 104 105 ANEXO V. Ligazón ás redes sociais Instagram: https://www.instagram.com/brinko.rev/ TikTok: https://www.tiktok.com/@brinko.rev 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137