Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e intersexuais na USC
Abstract
Aprobado polo Consello de Goberno o 27-01-2022. Publicado no Taboleiro de Anuncios o 07-02-2022.
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria do día 27 de xaneiro de 2022 aprobou o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e intersexuais na USC, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 1 / 8
1 PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA OS CAMBIOS DE NOME E DE MENCIÓN RELATIVA AO SEXO DAS PERSOAS TRANSEXUAIS, TRANSXÉNERO E INTERSEXUAIS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O dereito á non discriminación por razón de sexo e o dereito á intimidade persoal e á propia imaxe están amparados pola Constitución Española (artigos 14 e 18, respectivamente) e, no ámbito específico das universidades, na Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU), en cuxo artigo 46 establece, en relación aos dereitos e deberes do estudantado, “a igualdade de oportunidades e non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión ou discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social no acceso á universidade, ingreso nos centros, permanencia na universidade ou exercicio dos seus dereitos académicos”. Neste senso e de maneira máis específica, a Lei 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas regula os requisitos necesarios para acceder ao cambio da inscrición relativa ao sexo dunha persoa no Rexistro Civil, cando a devandita inscrición non se corresponde coa súa verdadeira identidade de xénero e contempla o cambio do nome propio para que non resulte discordante co sexo reclamado. Este texto compleméntase coa posterior Instrución do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre cambio de nome no Rexistro Civil de persoas transexuais, emitida atendendo ao carácter urxente da situación de agravio que poden sufrir as persoas solicitantes durante o tempo de espera entre a presentación da súa solicitude de cambio de nome e sexo ao abeiro desta lei e o momento no que esta modificación se fai efectiva e que tamén pretende dar solución á inseguridade xurídica provocada polos autos que resolven estes expedientes, detectadas inconsistencias na concesión das solicitudes en distintos territorios. A lexislación autonómica galega contempla a protección do estudantado fronte á discriminación na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia, cuxo artigo 104 recolle, como dereito do estudantado do SUG, “non sufrir discriminación algunha en razón de nacemento, xénero, orientación sexual, etnia, discapacidade, opinión, relixión ou calquera outra circunstancia persoal ou social”. Ademais, a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia establece principios e medidas destinados á prevención, corrección e eliminación de toda discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero dentro do seu ámbito de aplicación, no que se inclúen as universidades galegas. A Universidade de Santiago de Compostela, no ámbito das súas competencias, recolle no artigo 4 dos seus Estatutos a “creación, desenvolvemento, transmisión e crítica do coñecemento científico, técnico, artístico e humanístico, de xeito que se potenciará unha educación baseada nos principios democráticos, a defensa da paz e dos dereitos humanos” como función da institución e, no artigo 33, o dereito específico do estudantado á “igualdade de oportunidades no acceso, continuidade e finalización dos estudos e a non discriminación por razóns de sexo, Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 2 / 8
2 raza, relixión, ideoloxía, discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social no exercicio dos seus dereitos académicos”. Tendo en consideración este marco normativo, co presente protocolo posibilítase que as persoas con identidade de xénero distinta á asignada no momento do nacemento poidan exercer o seu dereito á libre manifestación da identidade e expresión de xénero, tratando de evitar calquera tipo de discriminación. Trátase dun primeiro paso na consecución deste obxectivo, que poderá ter continuidade no futuro coa incorporación en normativas específicas da USC doutras medidas que sexan viables técnica e xuridicamente. Por todo o anterior o Consello de Goberno da USC na súa sesión do 27 de xaneiro de 2022 acordou aprobar o presente PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA OS CAMBIOS DE NOME E DE MENCIÓN RELATIVA AO SEXO DAS PERSOAS TRANSEXUAIS, TRANSXÉNERO E INTERSEXUAIS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPÍTULO I Consideracións xerais Artigo 1. Obxecto 1. O presente Protocolo ten por obxecto: a) Establecer o procedemento para o cambio de nome a efectos internos co obxecto de posibilitar o exercicio do dereito das persoas transexuais, transxénero e intersexuais a seren identificadas internamente, na Universidade de Santiago de Compostela (USC), co nome co que se identifican (nome de uso común), nos casos en que este non coincida co legalmente asignado (nome legal), co fin de impedir calquera forma de exclusión e asegurar o respecto dentro do ámbito universitario. b) Establecer o procedemento para o cambio de nome e/ou da mención do sexo nos expedientes administrativos da USC. 2. En calquera caso e con propósito inclusivo, como norma xeral a administración universitaria evitará facer referencia ao xénero da persoa nos actos administrativos, empregando para iso unha linguaxe neutra (p. e., “estudante” en lugar de “alumno/a”, ou “para a persoa interesada” en lugar de “para o interesado/a”) sempre que sexa posible. CAPÍTULO II Cambio de nome para efectos internos Artigo 2. Inicio do procedemento 1. Poderá solicitar o cambio de nome polo procedemento aquí establecido o alumnado da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 3 / 8
3 2. O procedemento iniciarase pola persoa interesada mediante a solicitude de cambio de nome, que deberá realizarse preferentemente ao inicio do curso académico. 3. A solicitude, dirixida á Secretaría Xeral, realizarase por medio do formulario habilitado para estes efectos que deberá presentarase a través do Rexistro Electrónico. 4. A persoa interesada poderá, se así o desexa, incluír en anexo á solicitude unha fotografía actualizada, que substituirá á existente nese momento nas bases de datos xestionadas de forma centralizada pola Universidade. Tamén poderá acompañar o documento acreditativo de ter solicitado nas instancias oficiais correspondentes o cambio de nome de uso legal. No caso de que sexa usuaria de servizos universitarios (SUR, Deportes...) deberá facelo constar para os efectos do cambio de nome nos Servizos ou Unidades correspondentes. Artigo 3. Tramitación do procedemento Unha vez admitida a trámite a solicitude, a Secretaría Xeral procederá a comunicar ao centro ou unidade correspondente as adaptacións internas que procedan. Artigo 4. Conclusión do procedemento 1. O procedemento finalizará cunha resolución da Secretaría Xeral dando resposta á solicitude de cambio de nome para efectos internos. 2. No prazo de dez días hábiles a persoa solicitante poderá dirixirse de novo á Secretaría Xeral se considera que debe realizarse algún trámite complementario. Artigo 5. Prazos para a modificación 1. O prazo máximo para proceder á modificación de nome será de 30 días a contar desde a formulación da solicitude, sempre que esta sexa admitida a trámite. 2. Este prazo poderá ser ampliado se o cambio de nome implica ter que realizar algún proceso técnico que non sexa posible concluír no prazo sinalado no parágrafo anterior. En calquera caso, esta ampliación de prazo deberá ser comunicada á persoa solicitante e non poderá exceder de tres semanas adicionais. Artigo 6. Garantías do procedemento 1. No transcurso do procedemento garantirase a confidencialidade da persoa interesada, sen prexuízo do establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Ao longo do procedemento e unha vez admitida a trámite a solicitude, a persoa interesada será tratada de acordo coa súa identidade libremente determinada e respectarase a súa privacidade. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 4 / 8
4 2. Os trámites necesarios para a xestión do cambio de nome seguindo este procedemento serán gratuítos e non requirirá ningún tipo de intermediación entre a persoa interesada e a Universidade. Non se lle esixirá á persoa solicitante a presentación ou acreditación de documentación médica. Artigo 7. Efectos internos do cambio de nome 1. Os cambios de nome solicitados levaranse a cabo nos seguintes procedementos internos da USC: a) na Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) b) na denominación da conta de correo electrónico c) nas listas internas de clase que utilice o profesorado d) nas aplicacións corporativas Campus Virtual e no MS 365 e) no Sistema Universitario de Residencias e no Servizo de Deportes f) na difusión interna polos centros e departamentos de información sobre os/as representantes de estudantes nos órganos colexiados correspondentes 2. A Secretaría Xeral dirixirase ao centro ou centros nos que curse estudos a persoa solicitante do cambio de nome para que, en virtude da súa solicitude e en aplicación deste protocolo, poña en coñecemento do profesorado encargado das materias nas que estea matriculada que nos actos de comunicación formal e informal se deberá utilizar o seu nome de uso común. 3. En consonancia co anterior, cando se difundan listas de clase deberase incorporar nelas o nome de uso común. Artigo 8. Efectos xurídicos do cambio de nome e xénero de uso común 1. O cambio de nome efectuado en virtude deste procedemento non alterará a titularidade xurídica dos dereitos e obrigas que correspondan á persoa interesada. Nos documentos oficiais que expida a Universidade de Santiago de Compostela, tales como actas, certificados ou títulos académicos, constará o nome que figure no documento nacional de identidade ou documento equivalente de acordo coa lexislación vixente. 2. No momento no que se acorde oficialmente a rectificación rexistral da mención relativa ao sexo e, de ser o caso, o cambio de nome de uso legal, deberá realizarse unha nova solicitude para a modificación do expediente administrativo oficial da USC, quedando sen efecto este procedemento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 5 / 8
5 CAPÍTULO III Cambio de nome e/ou da mención relativa ao sexo nos expedientes da USC Artigo 9. Inicio do procedemento 1. Poderán solicitar o cambio de nome de uso legal e/ou da mención relativa ao sexo nos expedientes da USC os membros da comunidade universitaria que posúan un novo documento nacional de identidade ou documento equivalente no que figure o novo nome, logo da modificación do nome propio e, se é o caso, da mención relativa ao sexo no Rexistro Civil conforme á Lei 3/2007, de 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas. 2. Poderán facer uso deste dereito na USC polo procedemento aquí establecido os seguintes grupos de persoas: a) Alumnado da USC b) Persoal docente e investigador da USC c) Persoal de administración e servizos da USC Artigo 10. Expedición de documentos 1. A solicitude de cambio de nome legal e de mención do sexo rexistral suporá o cambio en todos os expedientes administrativos con efectos fronte a terceiros e permitirá unha nova expedición por parte da USC de documentos oficiais expedidos con anterioridade á modificación. 2. As persoas egresadas da Universidade tamén poderán solicitar unha nova expedición dos documentos oficiais que foran expedidos con anterioridade á modificación. 3. A nova expedición de títulos realizarase conforme as normas estatais sobre a materia. 4. No caso de novos certificados a expedición realizarase de forma gratuíta. Disposición transitoria A USC adaptará, progresivamente cando os recursos técnicos o permitan, as súas aplicacións informáticas para o cumprimento do establecido no artigo 7 do presente protocolo. En tanto isto non se produza, a Secretaría Xeral remitirá comunicación oficial aos decanatos e direccións de centro e aos distintos servizos e unidades para facer efectivo o presente Protocolo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 6 / 8
6 Disposición final Este protocolo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro de anuncios electrónico da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 7 / 8
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 04/02/2022 13:31:29. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 01/02/2022 14:33:46. CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/C3A1-6588-4C9B-9361 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: C3A1-6588-4C9B-9361 8 / 8