scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución 5/2023 da Secretaría Xeral do 17-09-2023 pola que se establece o código de boas prácticas para a docencia híbrida e virtual da USC

Universidade de Santiago de Compostela. Secretaría Xeral

Abstract

Publicado no Taboleiro de Anuncios o 18 de setembro de 2023

Full text

1 INSTRUCIÓN 5/2023 DA SECRETARÍA XERAL POLA QUE SE ESTABLECE O CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS PARA A DOCENCIA HÍBRIDA E VIRTUAL NA USC. O Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguranza da súa calidade, prevé que ademais da docencia presencial as titulacións se poidan impartir nas modalidades híbrida e virtual. O Consello de Goberno da USC na súa sesión do día 23 de febreiro de 2023 aprobou o Regulamento das modalidades híbrida e virtual nas titulacións de grao e mestrado universitario. Por outra banda, a Resolución do 6 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Universidades (BOE do 15/04/2021), entre outras cuestións, establece que as universidades achegarán información concreta sobre o código de boas prácticas relacionado coas medidas de seguridade electrónica. Así, para dar cumprimento ao indicado na citada Resolución, establécese este código de boas prácticas sobre medidas de seguridade en relación co uso dos datos persoais do alumnado matriculado en titulacións impartidas baixo as modalidades de docencia híbrida e virtual. Primeiro. Obxecto Mediante a presente Instrución apróbase o Código de boas prácticas para a docencia hibrida e virtual da Universidade de Santiago de Compostela cuxo texto se insire a continuación. Segundo. Finalidade O Código de boas prácticas para a docencia hibrida e virtual ten como finalidade cumprir coa Resolución do 6 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Universidades (BOE do 15/04/2021), na que se establecen unha serie de recomendacións para a verificación, modificación, seguimento e renovación dos títulos universitarios oficiais de grao e máster ofertados nas modalidades de ensinanza híbrida e virtual. Entre outras cuestións, establécese que as universidades achegarán información concreta sobre o código de boas prácticas relacionado coas medidas de seguridade electrónica. Así mesmo, o Código terá carácter supletorio para a docencia presencial, naquelas actividades complementarias nas que se requira o uso de medios ou ferramentas electrónicas. Terceiro. Publicación e produción de efectos A presente Instrución producirá efectos dende o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 1 / 21 2 Disposición adicional O Código de boas prácticas para a docencia hibrida e virtual poderá actualizarse se fose necesario. As novas versións aprobaranse pola Secretaría Xeral e publicaranse no taboleiro de anuncios electrónico da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 2 / 21 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 3 / 21 1 CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS PARA A DOCENCIA HÍBRIDA E VIRTUAL 1.- NECESIDADES TECNOLÓXICAS PARA A DOCENCIA HÍBRIDA E VIRTUAL Para o seguimento da docencia e para a realización de probas nas modalidades híbrida e virtual é necesario que o alumnado conte con equipos informáticos con conexión a internet e que dispoña de webcam e micrófono. O profesorado contará tamén cos equipos axeitados para o desenvolvemento da súa actividade e deberá ter activados todos os permisos para a utilización das ferramentas corporativas que a USC pon a súa disposición: Campus Virtual, MS 365, etc. 2.- FORMACIÓN O profesorado e o alumnado disporán de formación sobre o manexo das ferramentas tecnolóxicas para a docencia híbrida e virtual a través do seguinte enderezo: https://www.usc.gal/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/recursos-docencia.html O Centro de Formación de Persoal da USC orientará e, no seu caso, formará ao profesorado no deseño de materiais adaptados á docencia non presencial e no manexo das ferramentas e recursos materiais adecuados. 3.- MATERIAIS DOCENTES A docencia nas modalidades híbrida e virtual esixe que o alumnado dispoña de materiais de estudo adaptados dende unha perspectiva didáctica, en canto ao seu formato e contido. As guías docentes, de estudo, probas de avaliación, etc. deberán estar adaptadas á modalidade docente na que se imparte a titulación. A identidade corporativa da USC debe quedar debidamente reflectida nos novos materiais que se elaboren para estas modalidades. O seu deseño e maquetaxe deberá axustarse ao establecido no Manual de imaxe corporativa e visual da USC antes da súa posta a disposición do alumnado. Os dereitos de autor dos materiais docentes elaborados para cada unha das materias son da Universidade de Santiago de Compostela e non poderán ser difundidos a terceiros sen permiso explícito da mesma. Na posta a disposición dos materiais deberá constar Ⓒ Universidade de Santiago de Compostela. As solicitudes de uso dos materiais docentes para outros fins diferentes aos da docencia e da avaliación nun título oficial deberán ser remitidas a [email protected] para a súa autorización. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 4 / 21 2 4.- CAMPUS VIRTUAL A docencia hibrida e virtual levarase a cabo a través da ferramenta Campus Virtual (CV). Ao CV incorporaranse os materiais docentes e de consulta e os materiais discentes do alumnado. O material docente elaborado polo profesorado está sometido a dereitos de autor. Non se permite o seu uso para fins distintos da impartición de docencia en cada materia concreta do CV. Tampouco se permite a súa difusión nin publicación por ningunha outra canle. O uso e difusión para outros fins requirirá a autorización expresa da USC. As obras postas a disposición como material de consulta están protexidas polos dereitos de autor e a súa reprodución e comunicación pública faise baixo a autorización prevista no artigo 32.4 de la Lei de Propiedade Intelectual. Calquera reprodución, distribución, transformación e comunicación pública en calquera medio e de calquera outra forma, diferente do alcance de dita autorización, deberá ser obxecto dunha licenza específica a través da entidade de xestión de dereitos de autor CEDRO. O material discente deberá respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial dos creadores. No caso de utilizar citas, estas deberán estar debidamente referenciadas. Este material só poderá ser utilizado polo seu autor para fins docentes, discentes ou de investigación e sempre con referencia ao titular dos dereitos de propiedade intelectual. 5.- FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS A actividade lectiva non presencial, sexa síncrona ou asíncrona, levarase a cabo utilizando, de xeito exclusivo, os recursos materiais que a USC pon de forma institucional a disposición da súa comunidade. Serán de uso obrigado aqueles recursos especialmente adecuados para este tipo de docencia como son o Campus Virtual e as ferramentas de videoconferencia e traballo colaborativo na nube. Para o acceso á docencia híbrida e virtual deberase utilizar algunha das seguintes ferramentas corporativas, introducindo as claves de identificación da USC como medida de reforzo da seguridade: a) Campus Virtual (CV) da USC b) Microsoft 365: - Sistema de comunicación e videoconferencia Microsoft Teams (MS Teams) - Ferramenta de traballo colaborativo na nube Microsoft Forms (MS Forms) Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 5 / 21 3 Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos presentados polo alumnado. Por razóns de seguridade o correo electrónico non se considera un medio válido para o acceso á docencia híbrida e virtual así como para a realización de probas finais, sen prexuízo de que se poida utilizar o correo institucional para comunicacións. No caso de titulacións conxuntas poderán utilizarse outras plataformas se o seu uso está debidamente xustificado. O convenio subscrito entre as universidades determinará os recursos que se utilizarán e no seu caso a USC asinará os acordos que sexan necesarios. 6.- SEGURIDADE DOS SISTEMAS A USC levará a cabo a xestión da actividade docente nestas titulacións coas ferramentas tecnolóxicas e organizativas do seu sistema de Docencia Virtual. Doutra banda, a xestión administrativa relacionada coas actividades de matrícula, actas, expedientes e outras relacionadas leva a cabo coas ferramentas do sistema de Xestión Académica. Ambos sistemas foron auditados e atopados conformes coas esixencias do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica. A certificación inicial é do 9 de decembro de 2022 e o Centro Criptológico Nacional inclúe a estes sistemas da USC na relación de entidades do sector público certificadas: https://gobernanza.ccn-cert.cni.es/certificados Polo tanto, todos os sistemas informáticos destinados a docencia virtual e híbrida cumpren co Esquema Nacional de Seguridade(ENS). A adquisición de novos sistemas requirirá a supervisión da súa seguridade ou a certificación do cumprimento do ENS. 7.-PROTECCIÓN DE DATOS Nos procesos de ensinanza-aprendizaxe aos que fai referencia este Código será de aplicación a regulación en materia de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. É unha obriga legal de todos e cada un dos membros da comunidade universitaria que accedan a datos persoais o cumprimento da normativa de protección de datos. No tratamento dos datos persoais deberán observarse os principios de confidencialidade, minimización (usar os menores datos persoais posibles para alcanzar o mesmo obxectivo) e uso para as finalidades para as que foron recollidos, mantendo un especial coidado cos do alumnado que presente necesidades especiais. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 6 / 21 4 Os datos persoais que figuren nas aplicacións non poden ser utilizados para outros fins diferentes da docencia/discencia universitaria sen que podan ser difundidos por ningún medio, incluíndo como tal ás redes sociais. Está totalmente prohibido descargar e difundir as listaxes de clase ou listaxes de cualificacións que figuren nas aulas virtuais por redes sociais. Así mesmo, está prohibido para o alumnado a gravación das clases emitidas a través de videoconferencia. O uso indebido no manexo de datos persoais poderá ser obxecto de apertura do correspondente procedemento disciplinario aos infractores. Para o alumnado estarase ás sancións que correspondan de acordo co establecido na Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e no regulamento de convivencia universitaria da USC. As consultas e dúbidas en materia de protección de datos persoais poderanse dirixir ao enderezo [email protected] A información detallada sobre protección de datos figura no anexo I deste código e en: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html 8.- A AVALIACIÓN NAS TITULACIÓNS HÍBRIDAS E VIRTUAIS A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado poderá incluír tanto probas presenciais, como outras probas ou elementos de valoración recompilados durante o desenvolvemento das actividades formativas. As probas finais, con independencia do peso que teñan no sistema de avaliación da materia, serán sempre presenciais co obxecto de garantir a identidade do alumnado. O profesorado terá en consideración no deseño das actividades de avaliación as directrices da memoria de verificación do título, as da Comisión de Calidade, as da Comisión Académica do título e as da normativa da USC, e terán que ser publicadas no programa da materia que se revisa anualmente. O alumnado será informado antes do inicio do curso escolar do calendario, o lugar, os criterios, os procedementos e os instrumentos cos que vai ser avaliado. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 7 / 21 5 9.- ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS, DE SEGURIDADE E DE PROTECCIÓN DE DATOS PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN REALIZADAS POR MEDIOS TELEMÁTICOS 9.1.- Tipos de probas de avaliación No caso de que deba realizarse avaliación non presencial con proba final telemática poderanse empregar os seguintes tipos de proba: a) Proba oral b) Proba obxectiva tipo test c) Proba escrita aberta, á que se equipara a proba de resposta libre tipo ensaio d) Proba tipo caso práctico ou resolución de problemas Poderanse realizar outro tipo de probas sempre que sexan asimilables na súa metodoloxía e recursos técnicos necesarios a algunha das anteriores. 9.2.- Indicacións xerais para a realización das probas de avaliación que se realicen por medios telemáticos Deberase informar ao alumnado de que non pode gravar a proba cos seus propios dispositivos e das consecuencias académicas no caso de facelo. Tamén se deberá informar de que cada estudante debe realizar a proba dende unha IP única agás causa xustificada, que deberá ser aceptada polo profesor. O alumnado deberá ter activada a cámara durante a realización da proba e, en todo caso, a requirimento do profesor para permitir a supervisión docente desta. Recoméndase ao profesorado que publique as instrucións de desenvolvemento das probas na aula virtual da materia. O arquivo das gravacións e probas realizarase automaticamente a través das ferramentas corporativas, sen que poda realizarse o arquivo en dispositivos persoais. Durante a realización das probas o estudante deberá actuar de acordo cos principios de mérito individual e autenticidade. Só poderá facer uso dos materiais permitidos polo docente. Para a gravación das probas e para a supervisión en liña, dado que a cámara pode captar imaxes que afecten á intimidade de terceiras persoas e do estudante, este deberá: *Reducir o campo de acción da webcam. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 8 / 21 6 *Informar da circunstancia da proba ás persoas que conviven con el ou ela, quedando a Universidade exenta de responsabilidade en caso de incumprimento. 9.3.- Canles e evidencias PROBA CANLE Modalidade síncrona CANLE Modalidade asíncrona EVIDENCIA NECESARIA Proba oral Microsoft 365: MS TEAMS ------------- Gravación Proba obxectiva tipo test Módulo de cuestionarios da aula virtual con hora de inicio e fin --------------- Rexistro da proba Microsoft 365- Cuestionarios con hora de inicio-fin Proba escrita aberta Caso práctico Resolución de problemas Módulo de tarefas/cuestionario (pregunta tipo ensaio) da aula virtual con hora de inicio e fin Módulo de tarefas/cuestionario Microsoft 365: Forms, Cuestionario, Rexistro da proba Microsoft 365 O profesorado deberá conservar o material das probas ata a finalización do curso académico seguinte. No caso de iniciarse un procedemento de revisión das cualificacións conservarase en todo caso ata que exista resolución firme. 9.4.- Especificacións para cada tipo de proba PROBA ORAL MODALIDADE Síncrona FERRAMENTA INFORMÁTICA MS Teams EVIDENCIA Gravación INDICACIÓNS Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 9 / 21 13 A identificación do estudante durante a realización das probas é unha obriga legal para evitar riscos como a suplantación de identidade que implica tratamentos de datos persoais. O traslado ao mundo telemático destes procesos obriga a adoptar medidas complementarias rexidas polo principio de adecuación ou proporcionalidade que, como as adoptadas no mundo físico, poranse en marcha sen necesidade de consentimento dos destinatarios. Técnicas aplicables ás probas de avaliación online Só se debe recorrer á visualización remota dos estudantes que realizan unha proba ou á gravación nos casos indicados pola USC. Non se autoriza a gravación dos estudantes durante a celebración de probas que non sexan orais ou de defensa de traballos de fin de estudos. Visualización remota A realización das probas de avaliación pode ser visualizada online polo/a profesor/a, tanto para verificar a identidade do/a estudante como para garantir os dereitos de avaliación e prestar asistencia ou apoio ao alumnado que así o precise. Por exemplo, coa finalidade de resolver dúbidas ou incidencias que poidan xurdir. Durante a realización da proba, pódese visualizar aos/ás estudantes a través da cámara, pero non gravalos. Condicións de gravación das probas de avaliación telemáticas Os exames ou probas de avaliación de carácter oral poden ser gravados co fin de cumprir cos requisitos de identificación do estudante, constatación da realización da proba e garantía do dereito de revisión do estudante. No caso dos traballos de fin de estudos é, ademais, un requisito adicional de publicidade. A gravación esixe certas salvagardas ou garantías adicionais: • Na realización da proba de avaliación o/a alumno/a debe asegurar a ausencia de terceiras persoas non concernidas e reducir, no posible, o campo de acción da webcam. A USC declina toda responsabilidade en relación coa afectación da vida privada ou familiar no caso de incumprimento. • A oposición do estudante á gravación da proba impedirá a súa avaliación, co resultado académico correspondente. • A gravación será integral, de modo que se documente o conxunto da proba e incluirá, polo tanto, a intervención do/a alumno/a como do/a profesor/a. • Durante a realización da proba o/a estudante deberá actuar de acordo cos principios éticos, de mérito individual e autenticidade. Só poderá facer uso dos materiais permitidos polo/a profesor/a. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 16 / 21 14 • O alumnado non poderá gravar a proba cos seus propios dispositivos. No caso de incumprimento derivaranse consecuencias académicas. Videovixilancia nas probas de avaliación online A USC non despregará mecanismos de recoñecemento facial, de recoñecemento da voz, estudo do movemento dos ollos, control de pantalla na que se realiza a proba ou control do hardware conectado ao computador, entre outros. Tampouco obrigará ao uso do terminal móbil como instrumento adicional de videovixilancia. Identificación no contexto da avaliación online No contexto dunha avaliación online, cando a proba sexa gravada ou cando se realicen comprobacións mediante visualización, o/a profesor/a pode solicitar, se así o considera oportuno, que o/a estudante amose o seu documento de identificación (DNI, Pasaporte ou TUI). Se polo tipo de avaliación non fose necesaria a visualización remota ou a gravación do/a estudante, a efectos de verificar a súa identidade terá plena validez a identificación mediante usuario e contrasinal asignados pola USC. O contrasinal é persoal e intransferible, sendo obriga do/a estudante a súa custodia. A cesión do contrasinal persoal a terceiros, e en particular para a realización de probas, constitúe unha conducta sancionable. Dereitos e deberes do alumnado A proba de avaliación é un dereito do alumnado. Por outra banda, a LOSU obriga á USC a dispor de procedementos de verificación de asistencia ás necesidades dos/das estudantes. Unha manifestación desta potestade de verificación concrétase na identificación das persoas que participan nunha proba. En consecuencia, o profesorado pode recorrer á visualización se considera que é o medio máis adecuado para verificar a identidade do/a estudante, garantir os dereitos de avaliación ou asistir ao/a alumno/a que así o precise durante a celebración dunha proba. O/a estudante só poderá negarse á visualización se concorre algunha razón xustificada, que deberá ser comunicada previamente. En caso contrario, o/a profesor/a documentará a negativa e trasladaraa á autoridade académica a fin de que se adopten as decisións administrativas que correspondan. Xustificación da exención do control mediante a visualización ou a gravación O exercicio do chamado dereito de oposición ao tratamento esixe que quen o solicite alegue e xustifique motivos relacionados coa súa situación particular, o que non implica necesariamente Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 17 / 21 15 que a solicitude sexa aceptada. Polo tanto, para estimar unha negativa desta natureza o/a estudante debe acreditar que as razóns que alega prevalecen sobre o deber da Universidade de verificar a súa identidade. Nestes casos, pode exercer o seu dereito de oposición a través da sede electrónica da USC https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm, achegando a documentación xustificativa que sexa necesaria. Medios técnicos para a celebración das probas O acceso a determinadas probas require que tanto o/a profesor/a como o/a alumno/a conte con espazos e equipos informáticos con conexión a internet e, no seu caso, con webcam ou micrófono. Aplicacións autorizadas para a visualización remota ou para a gravación das probas Utilizaranse as aplicacións licenciadas pola USC. Non se poderán utilizar aplicacións de uso gratuíto ou de proba ou espazos de almacenamento persoais. O uso de ferramentas software que traten datos persoais por conta de terceiros non está permitido. Levar a cabo un tratamento de datos non autorizado pode ter consecuencias administrativas e/ou disciplinarias. Difusión das probas de avaliación Difundir as probas de avaliación e particularmente compartilas en redes sociais atenta contra os dereitos fundamentais á protección de datos persoais, incluída a propia imaxe. Tales usos considéranse prohibidos e poden xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa e civil á persoa infractora. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 18 / 21 16 Anexo II Avaliación dos traballos de fin de estudos (TFG e TFM) por medios telemáticos Autorización da defensa por medios telemáticos A defensa dos traballos de fin de estudos poderá realizarse por medios telemáticos nos casos previstos no Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster na USC e nos termos nel indicados. Con carácter previo á autorización da defensa deberase realizar unha análise automatizada de control da posible vulneración de dereitos de propiedade intelectual, podendo ser denegada a defensa do traballo se como consecuencia desa análise se detectase a vulneración dos citados dereitos. O centro fará pública na súa páxina web a relación dos traballos que se van a defender polo tempo imprescindible, indicando a data na que se vai realizar dita defensa. Medios Para a realización da sesión de defensa deberá utilizarse a ferramenta corporativa MS Teams. Acto público de defensa As persoas que desexen presenciar o acto virtual deberán solicitalo con cinco días de antelación á realización do mesmo ante o Decanato ou Dirección do centro, quen facilitará o enlace da sesión. Se a defensa fose presencial poderase establecer que o seu seguimento se realice por medios telemáticos co fin de evitar unha excesiva concentración de persoas no espazo habilitado para a mesma. Desenvolvemento do acto Nos 15 minutos anteriores ao acto de defensa, todos os membros do tribunal e o estudante deberán conectarse a través da ferramenta corporativa indicada no punto anterior. O estudante deberá amosar o DNI ou pasaporte para acreditar a súa identidade. A continuación poderase incorporar á sesión o público que solicitase participar nela, sen que poida realizar intervencións. O presidente do tribunal, tras a presentación do acto, dará a palabra ao estudante, que realizará a exposición no tempo estipulado. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 19 / 21 17 Rematada a exposición, o presidente ou o secretario actuarán como moderadores dando a palabra segundo corresponda aos distintos membros do tribunal e ao/á estudante, tratando de favorecer unha comunicación fluída entre eles. No caso de que, debido a dificultades técnicas, non se garanta a interacción entre os membros do tribunal e o/a estudante, o/a presidente poderá suspender temporalmente a sesión ou adiala. A sesión deberá ser gravada para garantía de identificación e evidencia documental. A gravación manterase ata que remate o curso académico seguinte. Cualificación provisoria e revisión No caso de que a defensa teña lugar ante tribunal, rematada a sesión, e no prazo de 48 horas como máximo, comunicarase ao estudante a cualificación, preferentemente a través da aula virtual, establecendo dúas datas alternativas para a revisión nos tres días hábiles seguintes. A revisión, sen prexuízo de que a defensa fora presencial, poderá ter lugar por medios telemáticos, incluída a posibilidade dunha sesión de videochamada e nela deberá estar presente polo menos un dos membros do tribunal. Do acto de revisión deberase deixar constancia por parte do tribunal e, se o estudante o solicitase, expedirlle a xustificación da súa realización. O estudante tamén poderá presentar alegacións desde a data de publicación de resultados ata a de peche da revisión a través da aula virtual. Neste caso darase resposta mediante comunicación por este mesmo medio. Acta Rematado o prazo de revisión, procederase á sinatura da acta e á incorporación da cualificación final ao expediente do estudante. Traballos defendidos ante a persoa titora No caso de que os centros autoricen a avaliación dos traballos polo/a titor/a tamén poderá haber defensa por medios telemáticos. Nese caso aplicaranse os criterios establecidos para a defensa ante tribunal. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 20 / 21 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17/09/2023 14:37:51. CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=962C-1400-4EB1-B9A2 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 962C-1400-4EB1-B9A2 21 / 21