Full text
A protección no traballo ás persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión Europea TRABALLO DE FIN DE GRAO GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS Autora: Andrea Díaz Villares Titor: José María Miranda Boto Santiago de Compostela Ano académico 2021/2022 - Oportunidade de XULLO
TRABALLO DE FIN DE GRAO GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS A protección no traballo ás persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión Europea La protección en el trabajo a las personas que informen sobre infracciones de Derecho de la Unión Europea The protection at work for people who report violations of European Union Law Alumna: Andrea Díaz Villares Titor: José María Miranda Boto Santiago de Compostela, Ano académico 2021/2022, oportunidade de XULLO
ÍNDICE RESUMO, RESUMEN, ABSTRACT ........................................................................ 1 INTRODUCIÓN .......................................................................................................... 4 CAPÍTULO I. APROXIMACIÓN Ó FENÓMENO DO WHISTLEBLOWING ........ 6 1. O CONCEPTO: DO WHISTLEBLOWER Ó DESTOUCADOR .......................... 6 1.1 Orixe etimolóxica ......................................................................................... 6 1.2 Proposta de denominación para o galego ................................................... 6 2. A EVOLUCIÓN DA FIGURA E DA PROTECCIÓN DO WHISTLEBLOWER EN ESTADOS UNIDOS .................................................................................................. 8 2.1 Un percorrido desde as orixes ata finais do S.XX ........................................ 8 2.2 A evolución a partir do S.XXI ..................................................................... 10 3. A ACTUALIDADE: TIPOS DE WHISTLEBLOWING E DIFUSIÓN INTERNACIONAL................................................................................................... 11 3.1 Tipos de whistleblowing: interno e externo ................................................ 11 3.2 Difusión internacional do whistleblowing ................................................... 13 CAPÍTULO II: A INTERVENCIÓN NORMATIVA DA UNIÓN EUROPEA PARA A PROTECCIÓN DOS DENUNCIANTES ............................................................. 14 1. DIVIDE E...PERDERÁS: O CONTEXTO INCITADOR DA DIRECTIVA ........... 14 1.1 A segmentación sectorial da normativa europea ....................................... 14 1.2 As diferenzas na protección dos alertadores entre os Estados membros .. 15 1.3 O espírito harmonizador da Directiva (UE) 2019/1937 .............................. 16 2. INFRACCIÓNS DE DEREITO DA UE: FINALIDADE E ÁMBITO DE APLICACIÓN MATERIAL ....................................................................................... 17 2.1 Técnica lexislativa ..................................................................................... 17 2.2 Obxecto ..................................................................................................... 18 2.3 Ámbito de aplicación material: limitado ás infraccións de Dereito da UE? . 18 3. O ÁMBITO DE APLICACIÓN PERSOAL E O SEU AFÁN EXTENSIVO ......... 20 3.1 Caracterización dos suxeitos incluídos ...................................................... 20 3.2 Os traballadores no sentido do art.45 do TFUE ......................................... 22 3.3 Denunciantes distintos ós traballadores .................................................... 23
CAPÍTULO III. A PREVISIÓN CRUCIAL DA DIRECTIVA (UE) 2019/1937: A PROTECCIÓN FRONTE ÁS REPRESALIAS ................................................ 24 1. O DENUNCIANTE ANTE O MEDO ÁS REPRESALIAS .................................... 24 1.1 As represalias, lacra silenciosa pero contaxiosa ....................................... 24 1.2 Requisitos para a protección dos denunciantes ........................................ 25 2. NIVEIS E CONFIGURACIÓN DAS CANLES DE DENUNCIA ......................... 27 2.1 Canles de denuncia interna: os trapos sucios lávanse na casa ................. 27 2.2 Canles de denuncia externa: os trapos sucios lévanse ás autoridades ..... 29 2.3 Revelación pública: os trapos sucios airéanse .......................................... 29 2.4 Regras de articulación das canles de denuncia ......................................... 29 3. GARANTÍAS PARA OS DENUNCIANTES ...................................................... 31 3.1 Medidas de prevención de represalias ...................................................... 32 3.2 Medidas de apoio ó denunciante ............................................................... 33 3.3 Medidas de protección fronte ás represalias ............................................. 33 3.4 As sancións ............................................................................................... 34 4. A NECESARIA TRANSPOSICIÓN DA DIRECTIVA (UE) 2019/1937 EN ESPAÑA ........................................................................................................... 34 4.1 A situación precedente á Directiva (UE) 2019/1937 .................................. 34 4.2 O escenario actual: esperando a Godot .................................................... 35 CONCLUSIÓNS ....................................................................................................... 38 REFERENCIAS ........................................................................................................ 41 ANEXO DE LEXISLACIÓN E DOCUMENTACIÓN ............................................. 47
1 RESUMO, RESUMEN, ABSTRACT A Directiva (UE) 2019/1937 consolida a nivel europeo unha figura de orixe estadounidense: a dos whistleblowers. Este anglicismo refírese a persoas que no contexto das súas actividades laborais coñecen irregularidades que danan o benestar da sociedade e polo tanto, deciden denuncialas. Coa expansión desta práctica a Europa, os whistleblowers pasaron a denominarse alertadores, denunciantes ou informantes. O lexislador europeo decatouse de que os alertadores son un perfecto aliado para descubrir infraccións do Dereito da Unión. Non obstante, adoitan mostrarse reticentes a actuar polo medo ás múltiples represalias que poden sufrir no contexto laboral. Para evitar este problema, a Directiva establece unha importante gama de medidas de protección dos denunciantes. A norma europea contempla a obriga de implantar canles de denuncia internas (seguras, confidenciais e efectivas) en todas as empresas do sector privado que teñan 50 ou máis traballadores e, con carácter xeral, nas entidades do sector público. Tamén prevé, con similares garantías, a posibilidade de que o informante acuda a canles de denuncia externas xestionadas a través das autoridades competentes designadas polos Estados membros. Así mesmo, a Directiva admite coma terceira vía de denuncia a revelación pública; pero o alertador que recorre a ela só goza de protección en casos moi específicos. España non dispón, ata o momento, dunha norma estatal de salvagarda dos informantes; se ben en marzo de 2022 o Consello de Ministros aprobou un anteproxecto para a transposición (tardía) da Directiva Whistleblowing. Palabras chave: alertadores, protección dos denunciantes, canles de denuncia, transposición, Directiva Whistleblowing.
2 La Directiva (UE) 2019/1937 consolida a nivel europeo una figura de origen estadounidense: la de los whistleblowers. Este anglicismo se refiere a las personas que en el contexto de sus actividades laborales conocen irregularidades que dañan el bienestar de la sociedad y por lo tanto, deciden denunciarlas. Con la expansión de esta práctica a Europa, los whistleblowers pasaron a denominarse alertadores, denunciantes o informantes. El legislador europeo se ha dado cuenta de que los alertadores son un perfecto aliado para descubrir infracciones de Derecho de la Unión. No obstante, suelen mostrarse reticentes a actuar por miedo a las múltiples represalias que pueden sufrir en el contexto laboral. Para evitar este problema, la Directiva establece una importante gama de medidas protección de los denunciantes. La norma europea contempla la obligación de implantar canales de denuncia interna (seguros, confidenciales y efectivos) en todas las empresas del sector privado que tengan 50 o más trabajadores y, con carácter general, en las entidades del sector público. También prevé, con similares garantías, la posibilidad de que el informante acuda a los canales de denuncia externos gestionados por las autoridades competentes designadas por los Estados miembros. Asimismo, la Directiva admite como tercera vía de denuncia la revelación pública; pero el alertador que recurre a ella solo goza de protección en casos muy específicos. España no dispone, hasta el momento, de una norma estatal para salvaguardar a los informantes; si bien en marzo de 2022 el Consejo de Ministros ha aprobado un anteproyecto para la transposición (tardía) de la Directiva Whistleblowing. Palabras clave: Alertadores, protección de los denunciantes, canales de denuncia, transposición, Directiva Whistleblowing.
3 The Directive (EU) 2019/1937 consolidates at European level a figure of American origin: that of the whistleblowers. This anglicism refers to people who, in the context of their work activities, are aware of irregularities that harm the well-being of society and therefore decide to report them. With the spread of this practice to Europe, whistleblowers came to be called claimants, complainants or informants. The European legislator has realized that whistleblowers are a perfect ally to discover infringements of Union Law. However, they are often reluctant to act for fear of the multiple reprisals they may suffer in the workplace. To avoid this problem, the Directive establishes an important range of protection measures for whistleblowers. The European standard contemplates the obligation to implement internal reporting channels (safe, confidential and effective) in all private sector companies that have 50 or more workers and, in general, in public sector entities. It also provides, with similar guarantees, for the informant to use the external reporting channels managed by the competent authorities designated by the Member States. Likewise, the Directive admits public revelation as a third way of reporting; but the whistleblower who resorts to it only enjoys protection in very specific cases. Spain does not have, to date, a state regulation to safeguard informants; although in March 2022 the Council of Ministers has approved a draft for the (late) transposition of the Whistleblowing Directive. Keywords: Claimants, complainants protection, reporting channels, transposition, Whistleblowing Directive
4 INTRODUCIÓN Hervé Falciani traballou como informático na filial suíza do banco HSBC, posición desde a que accedeu ós datos necesarios para elaborar a popularmente coñecida como “lista Falciani”. Nela identificou a máis de 100 000 clientes que eran asistidos pola entidade financeira a efectos de evadir os impostos dos seus respectivos países (EFE, 2015). A lista saíu por primeira vez á luz a través da súa entrega ás autoridades francesas no ano 2008. En consecuencia, Suíza emitiu unha orde de detención internacional contra Falciani por vulneración do segredo bancario (Blanco Cordero, 2015, p.3-4). Edward Snowden foi un empregado da Axencia de Seguridade Nacional de Estados Unidos (coñecida coma NSA, as súas siglas en inglés). O seu traballo permitiulle descubrir a vixilancia dixital, masiva e indiscriminada, que o goberno estadounidense perpetraba a través das axencias de intelixencia sobre os habitantes do país e do estranxeiro; atentando gravemente contra a súa intimidade. Tras tomar a decisión en 2013 de revelar esta información ó público, foi acusado de espionaxe e viuse na obriga de abandonar Estados Unidos e pedir asilo en distintos países (Amnistía Internacional, 2013). Os casos que filtraron Falciani e Snowden coinciden en algo máis que na súa transcendencia mediática. En primeiro lugar, a súa análise conxunta permite decatarse de que nas organizacións, tanto privadas coma públicas, poden desenvolverse actividades ilícitas e de abuso de Dereito susceptibles de prexudicar o benestar da sociedade. Nos supostos anteriormente citados, os danos ó interese xeral materialízanse en agravios financeiros ás facendas públicas e nunha desprotección dos datos persoais da cidadanía; respectivamente. Unha segunda dedución que se pode extraer á vista dos feitos é que as persoas que traballan nesas entidades son a miúdo as primeiras en coñecer as devanditas irregularidades; mais alertar sobre elas semella que lles provoca deixar atrás os seus postos de traballo e en definitiva, as súas anteriores vidas. España pertence a Unión Europea 1 , e dado que entre os propósitos desta organización xeopolítica se atopa, tal e como dispón o artigo 3.1 do Tratado da Unión Europea (1992) “promover el bienestar de sus pueblos” 2 resulta importante garantir o cumprimento do Dereito da UE. Para iso, semella frutífero incentivar ás persoas que prestan os seus servizos nas entidades públicas e privadas a denunciar posibles irregularidades das que 1 En adiante, UE. 2 [promover o benestar dos seus pobos].
5 teñan coñecemento. Agora ben, para que estas se amosen dispostas a alzar a voz é necesario dotalas de amparo fronte as represalias que poidan sufrir no traballo como consecuencia de emprender tales accións. En atención ó exposto ata o momento, o obxectivo principal que se persegue neste Traballo de Fin de Grao é coñecer a protección ofertada no contexto laboral ás persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión; concretamente daquelas que afecten ó interese xeral. Trátase dun tema de actualidade a raíz da recente aprobación da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de outubro de 2019 relativa ás persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión 3 ; popularmente coñecida como Directiva Whistleblowing. Para acadar o obxectivo principal, é necesario formular outros propósitos máis específicos. En primeiro lugar, cómpre pescudar o significado e a evolución do whistleblowing; cuestión que se abordará no Capítulo I mediante unha aproximación ó fenómeno. En segundo lugar, resulta oportuno indagar os motivos que propiciaron o xurdimento da Directiva (UE) 2019/1937; así coma a súa finalidade e ámbito de aplicación tanto material como persoal. Estas incógnitas quedarán resoltas a través do Capítulo II. Unha vez interiorizados todos os aspectos anteriores, estarase en condicións de abordar o Capítulo III. Este expón detalladamente a previsión estrela da norma europea e á vez clave para dar resposta ó obxectivo xeral formulado: a protección no traballo ás persoas que informen sobre as infraccións de Dereito da Unión que menoscaben o benestar común. Agora ben, resulta necesario saber como se vai implantar en España ese estatuto protector que contempla o lexislador europeo. Polo tanto, conclúese este último capítulo coa explicación da situación actual no país; que se atopa en vías de transposición da Directiva (UE) 2019/1937. En canto á metodoloxía empregada, utilízase o sistema de citación APA 4 na súa última edición, a sétima. Así mesmo, foi necesario proceder a unha exhaustiva recompilación da pouca e recente información bibliográfica actual; consecuencia do carácter específico e novidoso que se lle pode atribuír á cuestión, principalmente a nivel nacional. Non obstante, isto configurouse á vez coma unha oportunidade para realizar inferencias sobre os datos examinados e desenvolver un sentido crítico e construtivo. 3 En adiante, Directiva (UE) 2019/1937. 4 American Psychological Association [Asociación Americana de Psicoloxía].
12 e que afectan negativamente ó benestar social 13 .Así o constata, por exemplo, a definición que o Consello de Europa ofrece na Recomendación CM/Rec (2014) 7 sobre a protección dos denunciantes de irregularidades: “whistleblower means any person who reports or discloses information on a threat or harm to the public interest in the context of their work-based relationship, whether it be in the public or private sector” 14 (p.6). Por outra banda, no presente cómpre diferenciar dous modelos de whistleblowing; o externo e o interno. O primeiro deles vencéllase co enfoque tradicional. Consiste en que o alertador transmite a información a terceiras persoas alleas á organización; ben sexan autoridades administrativas, xudiciais ou policiais (Ballesteros Sánchez, 2020, p.45); ou suxeitos sen deberes de investigación, coma os medios de comunicación. Tamén se inclúen dentro desta categoría as revelacións ó público en xeral mediante os medios que ofrece Internet (Raguès I Vallès, 2013, p.147). O feito de que o alertador compareza directamente ante as autoridades fomenta a cooperación directa Estado-cidadán, ampliando o número de efectivos para desenvolver o labor público de fiscalización sobre as organizacións. Como sinala García-Moreno García de la Galana (2020), os suxeitos que teñan información relevante neste eido convértense en potenciais denunciantes, e polo tanto, en potenciais colaboradores do sistema sancionador estatal (p.34). Pola contra, o whistleblowing interno irrompe máis recentemente, en moitas ocasións no marco dos denominados programas de compliance [cumprimento normativo] das empresas (Espín Martí, 2017, pp.15, 113); o cal ocasiona unha maior implantación no sector privado ca no público. Nesta segunda categoría de whistleblowing, o informante emprega canles internas de denuncia que ofrece a propia organización para comunicar os feitos, de xeito que o que se propicia é o autocontrol das corporacións; sendo estas as encargadas de detectar e sancionar as irregularidades que se cometan no seu ámbito (García-Moreno García de la Galana, 2018, pp.26-27). 13 Enténdanse, a modo de exemplo, coma delitos que poden perxudicar o interese xeral: danos ao medio ambiente, á saúde pública, á seguridade dos consumidores, ás finanzas públicas… 14 [O alertador é calquera persoa que informa ou revela información sobre unha ameaza ou un dano ó interese público no contexto da súa relación de traballo, xa sexa no sector público ou privado].
13 3.2 Difusión internacional do whistleblowing Nunha breve síntese, o whistleblowing comezou configurándose coma unha forma de protesta e de reacción espontánea fronte os abusos dos gobernos e das xigantes multinacionais estadounidenses. Nas últimas décadas, o xurdimento de organizacións de gran tamaño, con complexas estruturas e de actividade transnacional dificulta a actividade fiscalizadora do Estado á hora de descubrir e castigar comportamentos ilícitos. Deste xeito, o devandito fenómeno abandonou o carácter espontáneo e de fenómeno social para dar paso a un mecanismo de control en mans dos Estados. Agora ben, o whistleblowing non é un recurso exclusivo das políticas públicas, pois a expansión dos programas orientados a garantir o respecto da legalidade no ámbito interno das empresas (compliance) impulsou a figura dos alertadores. A particularidade deste novo modelo radica en que os receptores da información non son as autoridades, senón as propias organizacións nas que se desenvolven os comportamentos ilícitos (García-Moreno García de la Galana, 2020, pp.30-31,42). Desde mediados do século XIX o ordenamento xurídico estadounidense alentou os actos de delación por diversas vías (Espín Martí, 2017, p.114). Nas últimas décadas, as leis sobre protección dos alertadores proliferaron a nivel internacional, determinando distintos ámbitos de aplicación subxectivos e materiais, fomentando diversas canles de alerta (interna vs. externa) e establecendo desiguais vías de protección e de estímulo da actividade de denuncia (Sáez Lara, 2020, p.21). Deste xeito, a heteroxeneidade da normativa converteuse nun dos principais problemas á hora de abordar esta cuestión; mesmo a nivel europeo. Ademais, esa proliferación de normas non trouxo consigo unha maior seguridade xurídica debido ás carencias da técnica lexislativa (García-Moreno García de la Galana, 2020, p.45).
14 CAPÍTULO II: A INTERVENCIÓN NORMATIVA DA UNIÓN EUROPEA PARA A PROTECCIÓN DOS DENUNCIANTES 1. DIVIDE E...PERDERÁS: O CONTEXTO INCITADOR DA DIRECTIVA 1.1 A segmentación sectorial da normativa europea Para paliar a fragmentación e a insuficiencia da protección brindada ós whistleblowers a nivel europeo adóptase a Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de outubro de 2019 relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da UE. Esta non constitúe o primeiro intento do lexislador europeo de configuración de canles de denuncia e de cobertura dos denunciantes. Non obstante, a actuación normativa a nivel europeo limitarase a actos sectoriais, dando lugar a un amparo dos alertadores relegado a determinados ámbitos. En concreto, tal e como se deduce dos considerandos 7, 9 e 10 da Directiva (UE) 2019/1937, a salvagarda dos denunciantes artellábase ata o momento só coma un instrumento de garantía de cumprimento de determinadas normas; vencelladas a eidos tales coma: os servizos financeiros 15 , a seguridade do transporte 16 e a protección do medio ambiente 17 . 15 A través da Directiva 2013/36/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de xuño de 2013, relativa ó acceso á actividade das entidades de crédito e á supervisión prudencial das entidades de crédito e as empresas de inversión: https://eur-lex.europa.eu/legal-content/EN/TXT/?uri=CELEX%3A02013L0036- 20220101 en relación co: Regulamento (UE) nº 575/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de xuño de 2013, sobre os requisitos prudenciais das entidades de crédito e as empresas de inversión: https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/EN/TXT/?uri=CELEX%3A02013R0575-20210930# 16 Mediante actos sectoriais da Unión sobre seguridade aérea coma o Regulamento (UE) nº 376/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 3 de abril de 2014, relativo á notificación, análise e seguimento dos sucesos na aviación civil:https://eurlex.europa.eu/legalcontent/ES/TXT/?uri=CELEX%3A02014R0376- 20180911 e sobre seguridade marítima coas Directivas: Directiva 2013/54/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de novembro de 2013, sobre determinadas responsabilidades do Estado do pavillón en materia de cumprimento e control da aplicación do Convenio sobre traballo marítimo, de 2006: https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/ALL/?uri=celex:32013L0054 Directiva 2009/16/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de abril de 2009, sobre o control dos buques polo Estado reitor do porto: https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/TXT/?uri=CELEX%3A02009L0016-20191221 17 Por medio da Directiva 2013/30/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de xuño de 2013, sobre a seguridade das operacións relativas ó petróleo e ó gas mar adentro: https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/ALL/?uri=uriserv:OJ.L_.2013.178.01.0066.01.SPA
15 Este escenario de segmentación refléxase na Avaliación de Impacto que acompaña á Proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión (2018) para xustificar a necesidade de actuación : En los últimos años, el legislador de la Unión [...] ha introducido algunos elementos de protección y cauces de denuncia en varios actos sectoriales de la Unión. No obstante, la protección sigue siendo muy limitada y sectorial, y no abarca todos los ámbitos clave en los que una insuficiente protección de los denunciantes da lugar a incumplimientos del Derecho de la Unión que pueden resultar en graves perjuicios para el interés público. Del mismo modo, la mayoría de los Estados miembros ofrecen protección únicamente de forma fragmentada y con un nivel variable 18 (p.1). 1.2 As diferenzas na protección dos alertadores entre os Estados membros Tal e como se desprende da Avaliación de Impacto, a falta de homoxeneidade no amparo dos alertadores tamén se producía entre os distintos Estados membros. A organización Blueprint for Free Speech publicou o informe Gaps in the System: Whistleblowers Laws in the EU (2018) no que presentou os resultados obtidos tras examinar as leis e políticas existentes de protección dos denunciantes en todos os Estados membros da UE 19 (por aquel entón, 28) en base a 9 estándares. Unha das cuestións sometidas á análise e considerada clave na devandita investigación foi a existencia dunha lei independente de protección dos alertadores para empregados no sector público e privado; punto que só superaron nese momento 9 dos 28 Estados membros da UE: Francia, Hungría, Irlanda, Malta, Países Baixos, Eslovaquia, Suecia, Reino Unido e Italia (Blueprint por Free Speech, 2018, pp.11-13). Por outra banda, España (como se tratará con máis detalle no Capítulo III) non contaba con disposicións específicas a nivel estatal e obtivo un cero en todos os ítems estudados (Blueprint for Free Speech, 2018, pp.41-45). 18 [Nos últimos anos, o lexislador da Unión (…) introduciu algúns elementos de protección e vías de denuncia en varios actos sectoriais da Unión. Non obstante, a protección segue sendo moi limitada e sectorial, e non abrangue todos os ámbitos clave nos que unha insuficiente protección dos denunciantes da lugar a incumprimentos de Dereito da Unión que poden resultar en graves prexuízos para o interese público. Do mesmo modo, a maioría dos Estados membros ofrecen protección unicamente de forma fragmentada e con un nivel variable]. 19 A Directiva (UE) 2019/1937 resulta de aplicación ós Estados membros da UE (actualmente 27, tras a saída de Reino Unido) tal e como se dispón no seu artigo 29.
16 O proxecto supranacional de protección dos denunciantes albiscábase desde 2014, ano no que o Consello de Europa na súa Recomendación CM/ Rec (2014) 7 determinaba uns principios que debían orientar a actuación dos Estados para introducir ou revisar as normas para os denunciantes que comunicasen información sobre ameazas para o interese público. Ademais, a opinión social ratificou a falta de salvagarda suficiente para atreverse a denunciar. Neste sentido, segundo a Enquisa especial do Eurobarómetro sobre a corrupción realizada pola Comisión Europea en 2017, un de cada tres europeos (29%) consideraba que non debía acusarse a corrupción posto que non se dispoñía de medidas de protección que amparasen a quen decidise facelo. Así mesmo, o temor ás consecuencias legais e económicas foi o motivo máis citado na consulta pública para xustificar a ausencia de denuncia de irregularidades por parte dos traballadores (Comisión Europea, 2017; Pérez Monguió, 2019, p.359). 1.3 O espírito harmonizador da Directiva (UE) 2019/1937 No contexto descrito, só unha intervención da Unión Europea podía resolver a falta de protección suficiente e congruente a escala tanto europea como nacional. Polo tanto, o 23 de abril de 2018 a Comisión Europea presentou unha proposta de directiva orientada á protección dos whistleblowers 20 que finalmente deriva na actual Directiva (UE) 2019/1937 de protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión; asinada polo Parlamento Europeo e o Consello o 23 de outubro de 2019. Nunha breve síntese, a escala europea a protección dos denunciantes só estaba prevista en determinados sectores e en diferentes graos; e a escala nacional o amparo tamén era dispar (algúns Estados membros contaban cunha lei independente de protección dos alertadores, outros non; e dentro dos que dispoñían dela tamén se apreciaban considerables diferenzas). En consecuencia, os potenciais alertadores europeos non se sentían custodiados á hora de denunciar irregularidades. A Directiva (UE) 2019/1937 trata de unificar a salvagarda dos denunciantes establecendo uns estándares mínimos que resultarán aplicables a todos os Estados membros de xeito harmonizado (Jericó Ojer, 2021, p.82). Esta Directiva, desde un marco fragmentado, proponse articular unha normativa horizontal que garanta un 20 Proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión (2018), Comisión Europea, 23 de abril de 2018: https://eurlex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:a4e61a49-46d2-11e8-be1d- 01aa75ed71a1.0007.02/DOC_1&format=PDF
17 elevado nivel de protección ós denunciantes na UE (tanto no sector público coma no privado; así como nas institucións nacionais e da UE). Deste xeito, a fixación de sistemas de denuncias pasa de ser un instrumento relegado a cumprir o disposto nunha norma específica a alzarse coma un mecanismo fronte o fraude e a corrupción a nivel europeo; o que supón un importante salto cualitativo (Sáez Lara, 2020, p.139). 2. INFRACCIÓNS DE DEREITO DA UE: FINALIDADE E ÁMBITO DE APLICACIÓN MATERIAL 2.1 Técnica lexislativa A Directiva (UE) 2019/1937 apóiase nunha extensa base xurídica: 11 artigos do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (2009) 21 e 1 artigo do Tratado constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (1957) 22 . As relacións laborais presentan unha conexión directa coa Directiva (UE) 2019/1937, no sentido de que os potenciais denunciantes vano ser, na súa maioría, desde a condición de traballadores. Este feito é recoñecido pola propia norma europea tanto no considerando 1 coma no articulado; establecendo, por exemplo, un capítulo dedicado ás medidas de protección fronte as represalias que poden desencadearse no contexto laboral. Sen embargo, a realidade laboral semella colateral formalmente; pois entre a extensa base xurídica cítase o artigo 114 do TFUE que exclúe a súa utilización en relación cos intereses dos traballadores por conta allea. Polo tanto, para construír a base xurídica da presente Directiva resultaría máis oportuno remitir a outros preceptos do TFUE, tales coma o artigo 153.1.d; relativo á protección dos traballadores no suposto de rescisión do contrato laboral. En canto á súa estrutura, dispón de 110 considerandos previos para dar paso a un texto lexislativo de 29 artigos distribuídos en sete capítulos: ámbito de aplicación, definicións e condicións de protección (capítulo I), denuncias internas e seguimento (capítulo II), denuncias externas e seguimento (capítulo III), revelación pública (capítulo IV), disposicións aplicables ás denuncias internas e externas (capítulo V), medidas de 21 En adiante, TFUE. 22 En adiante, Euratom.
18 protección (capítulo VI) e disposicións finais (capítulo VII). Finaliza cun amplo anexo de normativa. 2.2 Obxecto O obxecto da Directiva é: Reforzar la aplicación del Derecho y las políticas de la Unión en ámbitos específicos mediante el establecimiento de normas mínimas comunes que proporcionen un elevado nivel de protección de las personas que informen sobre infracciones del Derecho de la Unión 23 (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art.1). Polo tanto, o obxectivo principal é claro: reforzar o cumprimento de Dereito da Unión en certos ámbitos; concretamente (a tenor do diposto nos considerandos 1, 3 e 5) naqueles nos que as infraccións poden derivar en prexuízos para o interese público. Para lograr o devandito fin, trátase de articular unha protección efectiva dos denunciantes. Esta só pode acadarse por medio da actuación da Unión Europea, conforme ó principio de subsidiariedade; e a través da fixación duns estándares mínimos, de acordo co principio de proporcionalidade (Lousada Arochena e Ron Latas, 2020, p.13; Saéz Lara, 2020, p.140). 2.3 Ámbito de aplicación material: limitado ás infraccións de Dereito da UE? O ámbito de aplicación material concrétase no artigo 2 da Directiva (UE) 2019/1937 e abrangue a denuncia de infraccións de Dereito da Unión Europea. En primeiro lugar, cómpre precisar que se considera infracción a estes efectos; e posteriormente, especificar cales do Dereito da Unión gozan da protección artellada na Directiva (UE) 2019/1937. As infraccións defínense no artigo 5 da Directiva (UE) 2019/1937 coma accións ou omisións que son ilícitas ou que desvirtúan o obxecto ou a finalidade das normas. Polo tanto, compréndense ademais das transgresións directas, aquelas outras que sexan constitutivas de fraude de lei (Lousada Arochena e Ron Latas, 2020, p.16). 23 [Reforzar a aplicación do Dereito e as políticas da Unión en ámbitos específicos mediante o establecemento de normas mínimas comúns que proporcionen un elevado nivel de protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión].
19 As denuncias de infraccións que ampara a Directiva (UE) 2019/1937 son aquelas que entren no ámbito de aplicación de determinadas normas de Dereito da UE, as cales son especificadas no seu anexo. Trátase de actos da Unión referidos ós seguintes eidos: (i) contratación pública, (ii) servizos, produtos e mercados financeiros, e prevención de branqueo de capitais e a financiación do terrorismo, (iii) seguridade dos produtos e conformidade, (iv) seguridade do transporte, (v) protección do medio ambiente, (vi) protección fronte ás radiacións e seguridade nuclear, (vii) seguridade dos alimentos e os pensos, sanidade animal e benestar dos animais, (viii) saúde pública, (ix) protección dos consumidores, (x) protección da privacidade e dos datos persoais, e seguridade das redes e os sistemas de información. Así mesmo, os artigos 2.1 b) e c) establecen que a Directiva (UE) 2019/1937 tamén desprega os seus efectos sobre os incumprimentos que afecten ós intereses financeiros da Unión e ás normas relativas ó mercado interior. Agora ben, o disposto na Directiva (UE) 2019/1937 non se aplica sempre a todas as disposicións normativas recollidas no anexo. Concretamente, se os actos sectoriais que figuran no apartado II do anexo conteñen normas específicas sobre a denuncia de infraccións, resultarán de aplicación ditas normas. Polo tanto, a Directiva nestes casos presenta un carácter supletorio; de forma que será aplicable cando a cuestión non se rexa de forma obrigatoria polos devanditos actos sectoriais. Na segunda parte do anexo faise referencia a preceptos relativos ós sectores sobre os que xa se adiantou ó principio do capítulo, a existencia de regulación con carácter previo á Directiva (principalmente servizos financeiros, seguridade do transporte e protección do medio ambiente). Por outra banda, a Directiva (UE) 2019/1937 non interfire de ningún xeito sobre as materias mencionadas nos seus artigos 3.3 e 3.4. Desde a óptica das relacións laborais, cómpre destacar que non inflúe sobre ás disposicións nacionais relativas ó exercicio do dereito dos traballadores a consultar ós seus representantes ou sindicatos, á protección fronte a potenciais accións prexudiciais consecuencia desas consultas nin a autonomía dos interlocutores sociais e o seu dereito a celebrar convenios colectivos (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art. 3.4). Tal e como se desprende do exposto ata o momento, o ámbito de aplicación material é limitado formalmente, numerus clausus; mais materialmente é amplo xa que afecta a unha gran parte dos asuntos sobre os que dispón competencia normativa a Unión Europea (Caro Catalán, 2021, p.2169; Martínez Saldaña et al., 2019, p.46). Evidentemente, a Directiva diríxese só ás denuncias sobre infraccións de Dereito da Unión en cumprimento do principio de atribución, pero o ámbito de aplicación material pode ser ampliado polos Estados consonte o disposto no artigo 2.2 da Directiva (UE)
20 2019/1937. É máis, a Directiva no seu considerando 5 anima ós Estados membros a que fagan uso desta posibilidade coa intención de que exista “un marco global y coherente de protección de los denunciantes a escala nacional” 24 (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, cdo. 5). Na mesma liña, Lousada Arochena e Ron Latas (2020) defenden unha transposición ampla da Directiva (UE) 2019/1937; afirmando que sería pouco operativo que se traspuxese para determinadas infraccións de Dereito da UE e se deixasen ó marxe irregularidades de similar calado de Dereito interno (p.15). Unha transposición consistente nunha simple remisión á Directiva implicaría ademais un importante condicionante para os alertadores, que terían que avaliar o contido da súa denuncia para verificar se se corresponde con algún ilícito protexido pola normativa europea. Isto podería deixar impugnes prácticas irregulares similares que se produzan no territorio nacional que non atopen amparo na Directiva, situación que ó fin rompería o seu propio propósito; pois nin serviría para previr todas as prácticas irregulares que danen o interese xeral nin se conseguiría unha protección unificada e integral dos alertadores nos estados membros. 3. O ÁMBITO DE APLICACIÓN PERSOAL E O SEU AFÁN EXTENSIVO 3.1 Caracterización dos suxeitos incluídos A Directiva (UE) 2019/1937 escolle a expresión reporting person para referirse ó whistleblower; e polo tanto, fai alusión a el coma “denunciante” na tradución ó castelán do texto lexislativo. Esta tradución non está exenta de polémica, pois o vocábulo denunciante xa presenta en España un significado xurídico concreto no ámbito penal que non é asimilable ó do whistleblower europeo; polo que pode conducir a equívocos. Tras coñecer que a Directiva (UE) 2019/1937 opta polo termo “denunciantes”, resulta necesario especificar que suxeitos quedan incluídos nese concepto. En primeiro lugar, para deducir quen ten a consideración de denunciante segundo a Directiva (UE) 2019/1937 cómpre interpretar conxuntamente o seus artigos 5.7, 4 e o considerando 37. O artigo 5.7 define o denunciante como “una persona física que comunica o revela públicamente información sobre infracciones obtenida en el contexto de sus actividades 24 [un marco global e coherente de protección dos denunciantes a escala nacional].
21 laborales” 25 . Por outra banda, o artigo 4 regula o ámbito de aplicación persoal e dispón que a Directiva desprega os seus efectos sobre os denunciantes que traballen tanto no sector público coma no privado e que consigan datos sobre as infraccións nun contexto laboral. Ademais, o considerando 37 manifesta expresamente a intención da Directiva de outorgar protección ó abano máis extenso posible de persoas, sempre que por razón das súas actividades laborais obteñan información sobre infraccións prexudiciais para o interese público; e que se atopen expostos a sufrir represalias ó denuncialas. Polo tanto, a principal nota definitoria do denunciante segundo a Directiva (UE) 2019/1937 é a obtención da información sobre as infraccións nun contexto laboral. A propia norma, no seu artigo 5.9, delimita o contexto laboral do seguinte xeito: Las actividades de trabajo presentes o pasadas en el sector público o privado a través de las cuales, con independencia de la naturaleza de dichas actividades, las personas pueden obtener información sobre infracciones y en el que estas personas podrían sufrir represalias si comunicasen dicha información 26 . Da definición de contexto laboral e do disposto no considerando 37 pódese inducir unha segunda característica dos denunciantes: son persoas potencialmente expostas a represalias por parte da entidade que resulta prexudicada pola denuncia. Varias estudosas sobre o whistleblowing, entre elas García-Moreno García de la Galana (2020) e Sáez Lara (2020), coinciden en remarcar as dúas particularidades mencionadas dos denunciantes conforme ó disposto na Directiva europea (pp.311-313; p.151). No artigo 4 da Directiva (UE) 2019/1937 concrétanse os colectivos que entran no ámbito de aplicación persoal da norma; se ben se establece unha lista aberta, pois disponse que “como mínimo” abrangue a: (i) persoas que teñan a condición de traballadores no sentido do artigo 45.1 do TFUE, incluídos os funcionarios, (ii) persoas que ostenten a consideración de traballadores non asalariados no sentido do artigo 49 do TFUE, (iii) accionistas e persoas que formen parte do órgano de administración ou dirección dunha empresa; incluídos os membros non executivos, (iv) voluntarios e traballadores en prácticas, reciban ou non unha remuneración e (v) calquera persoa que traballe baixo a supervisión e dirección de contratistas, subcontratistas e provedores. 25 [Unha persoa física que comunica ou revela publicamente información sobre infraccións obtida no contexto das súas actividades laborais]. 26 [As actividades de traballo presentes ou pasadas no sector público ou privado a través das cales, con independencia da natureza de ditas actividades, as persoas poden obter información sobre infraccións e no que estas persoas poderían sufrir represalias se comunicasen dita información].
28 apertura dun campo prolífico para a negociación colectiva no relativo ó seu deseño, se así se decide na norma de transposición. Agora ben, a o artigo 9 da Directiva (UE) 2019/1937 ocúpase de precisar as características esenciais dos medios de denuncia interna. Cómpre salientar que deben asegurar a confidencialidade da identidade do denunciante así como de terceiros ós que se aluda na denuncia. En canto á forma, é posible denunciar de xeito verbal, escrito; ou mesmo de ambas maneiras. A acusación verbal ten que poder formularse por vía telefónica ou empregando outros recursos de mensaxes de voz; así como a través dunha reunión presencial. Respecto á denuncia escrita, o considerando 53 da Directiva (UE) 2019/1937 indica que pode realizarse a través dunha caixa de correo física, unha plataforma en liña ou por correo. A información que se transmite a través das canles internas ten como destinataria a propia entidade; ou máis concretamente, os responsables designados especificamente para tal fin. Neste sentido, o artigo 9.1.c) da Directiva (UE) 2019/1937, establece que se ha de nomear unha persoa ou un departamento imparcial para recibir as denuncias, manter a comunicación co whistleblower e darlle resposta. É posible tanto que se designen persoas ou órganos distintos para a recepción e o seguimento da denuncia, coma que se unifiquen ambas funcións nunha única persoa ou órgano (opción especialmente interesante para as pequenas organizacións). Ademais, tal e como se establece no artigo 8.6 da Directiva, as empresas que teñan entre 50 e 249 empregados poden compartir recursos para a recepción e investigación das denuncias. Así mesmo, os procedementos internos de denuncia poden xestionarse desde a propia organización ou externalizarse (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art.5). Se se opta pola primeira opción, no considerando 56 da Directiva, cítase (a modo de exemplo) como posible encargado ó responsable de recursos humanos. Se pola contra, se lle encomenda a xestión a un terceiro; este debe cumprir os mesmos requisitos que se esixen no caso de que se configuren internamente. No considerando 54 da Directiva noméanse, coma posibles terceiros responsables, a: provedores de plataformas de denuncia externa, representantes sindicais e representantes dos traballadores; entre outros. Outra cuestión a salientar é que a Directiva (UE) 2019/1937 require un seguimento e unha tramitación dilixente da denuncia. Desde que se recibe, ten que remitirse ó denunciante un acuse de recibo nun prazo máximo de 7 días consonte o artigo 9.1.b).
29 Ademais, segundo o artigo 9.1 f), a resposta ten que ser emitida nun prazo razoable; non superior a 3 meses a partir do acuse de recibo. 2.2 Canles de denuncia externa: os trapos sucios lévanse ás autoridades A Directiva (UE) 2019/1937 tamén contempla a posibilidade de que os denunciantes acudan a canles de denuncia externa. A estes efectos, a través do seu artigo 11, obriga ós Estados membros a designar ás autoridades competentes para a recepción, resposta e seguimento das denuncias. O considerando 64 da Directiva menciona que estas autoridades poden ser, entre outras: autoridades xudiciais, organismos de supervisión con competencia nos eidos específicos, autoridades con competencias máis xerais a escala central, entidades de loita contra a corrupción... Entre as funcións das devanditas autoridades atópase establecer canles de denuncia externa independentes e autónomas. Os seus estándares de funcionamento, regulados nos artigos 11 e 12 da Directiva (UE) 2019/1937, non difiren en gran medida dos prescritos para ás internas (formatos admitidos de denuncia, dilixencia e prontitude na tramitación, importancia da confidencialidade...). Non obstante, para un cumprimento axeitado das súas tarefas, a norma europea salienta a necesidade de que as autoridades designadas dispoñan de recursos suficientes e de persoal con formación específica a tal efecto (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, arts.11.1 e 12.5). Así mesmo, outorgase un gran protagonismo ás súas páxinas web como medio de divulgación da información relativa o funcionamento das canles externas (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art.13). 2.3 Revelación pública: os trapos sucios airéanse A revelación pública defínese no artigo 5 da Directiva (UE) 2019/1937 coma o feito de ofrecer ó público información sobre infraccións. No considerando 45 da Directiva cítanse algúns modos de acadalo; por exemplo a través das redes sociais ou dos medios de comunicación. Con todo, a regulación da revelación pública é sucinta; de modo que a norma non logra aclarar os requisitos que levarían a cualificar unha comunicación de información como pública (Lousada Arochena e Ron Latas, 2020, p.44). 2.4 Regras de articulación das canles de denuncia Tal e como se desprende do exposto ata o momento, a Directiva (UE) 2019/1937 contempla tres posibles vías de denuncia: a interna, a externa e a revelación pública. Agora ben, cómpre coñecer a orde de prelación entre ambas.
30 En primeiro lugar, a Directiva (UE) 2019/1937 amosa a súa preferencia polo emprego das canles internas. Tal que así, no seu artigo 7.1 establece: “como principio general (...) la información sobre infracciones podrá comunicarse a través de los canales y procedimientos de denuncia interna” 34 . Polo tanto, cualifica como principais as vías de denuncia interna; e en consecuencia, a externa e a revelación pública como residuais ( Directiva (UE) 2019/1937, 2019,Cdos.33 e 47; Lousada Arochena e Ron Latas, 2020, p.24). Consonte ó anterior, o artigo 7.2 da Directiva (UE) 2019/1937 dispón que os Estados membros promoverán a comunicación a través das canles de denuncia interna antes que esta se canalice a través das externas. Non obstante, este precepto impón dúas limitacións ó uso das vías internas: (a) que información se poida tratar de xeito efectivo internamente e (b) que o alertador teña a convicción de que non existe risco de represalias. Malia que inicialmente a norma europea parece apostar firmemente pola denuncia interna, esta preferencia dilúese a través do seu artigo 10 ó determinar que os alertadores comunicarán a información “en primer lugar a través de los canales de denuncia interna, o bien comunicándola directamente a través de los canales de denuncia externa” 35 . Deste xeito, seméllase recoñecer unha relación de alternancia; podendo elixir os denunciantes a vía de alerta que estimen máis atinada en función das circunstancias do caso concreto (Directiva (UE) 2019/1937, 2020, cdo.33). Polo tanto, os denunciantes poden recorrer ós procedementos externos de denuncia, ben tras empregar con carácter previo os internos; ben acudindo directamente ós externos. Dentro da primeira opción, encadraríanse certos supostos que se mencionan no considerando 61 da Directiva, tales coma que os medios internos non traten dilixentemente a denuncia, non den resposta no prazo previsto (con carácter xeral,3 meses) ou non emprendan ningunha acción fronte a infracción pese que a investigación interna recoñeza a súa existencia. 34 [a información sobre infraccións poderá comunicarse a través das canles e procedementos de denuncia interna]. 35 [en primeiro lugar, a través das canles de denuncia interna, ou ben, comunicándolla directamente a través das canles de denuncia externa].
31 Unha segunda posibilidade é denunciar, sen rodeos, ante a autoridade competente. Esta situación englobaría circunstancias ás que se alude nos considerandos 61 e 62 da Directiva. Pódense destacar as seguintes: que non sexa posible empregar as canles internas porque as empresas non están obrigadas a implantalas en función do número de traballadores, que os denunciantes teñen razóns válidas para crer que poden sufrir represalias ou para considerar que as autoridades están mellor ubicadas que os membros da organización para tratar a alerta (por exemplo, porque o responsable do tratamento da denuncia no contexto laboral está involucrado no ilícito ou existe risco de destrución de probas). A terceira vía de denuncia de irregularidades é a revelación pública. Esta configurase coma unha canle “subsidiaria y excepcional” 36 (Caro Catalán, 2021, p.2174). O alertador só poderá recorrer a ela en situacións de ineficacia das canles internas e externas ou cando teña motivos razoables para crer que (a) a infracción supón un perigo inminente ou manifesto para o interese público ou (b) a denuncia externa implica risco de represalia ou hai poucas esperanzas de que reciba un tratamento efectivo; por exemplo, porque a autoridade é cómplice do autor da infracción (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art.15). En definitiva, o uso de canles externas non queda sometido ó previo emprego das internas. O denunciante é libre de elixir entre as vías internas ou as externas (Bachmaier Winter, 2019, par.31) estendéndose a protección artellada na Directiva (UE) 2019/1937 a ambos supostos; se ben o lexislador europeo fai especial fincapé en que se a irregularidade pode ser atallada a nivel interno, resulta preferible valerse das canles internas. Sen embargo, para a revelación pública contémplase unha ordenación máis restritiva; de forma que o denunciante só poderá acollerse ó réxime de protección comunitaria nos dous casos sinalados no artigo 15 da Directiva (UE) 2019/1937. 3. GARANTÍAS PARA OS DENUNCIANTES A confidencialidade eríxese coma a medida esencial de salvagarda dos denunciantes; de xeito que a súa identidade non pode ser desvelada a persoas distintas das habilitadas 36 [subsidiaria e excepcional].
32 para a recepción e o seguimento das denuncias 37 (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art.16). Non obstante, o amparo do que goza o alertador complétase extensamente a través do “Capítulo VI: Medidas de protección” da Directiva (UE) 2019/1937. Este recolle unha serie de medidas que, en síntese, pódense agrupar en disposicións preventivas, de apoio, protectoras e sancionadoras. 3.1 Medidas de prevención de represalias En canto ás medidas preventivas, cómpre destacar a prohibición de toda forma de represalia; pois un contundente veto legal delas presenta un gran efecto disuasorio (Sáez Lara, 2020, p.230). Determínase a devandita prohibición no artigo 19 da Directiva (UE) 2019/1937, como xa se mencionou con anterioridade, e abarca tanto as efectuadas coma as ameazas ou tentativas de represalia. A Directiva (UE) 2019/1937 fixo un esforzo por determinar conductas constitutivas de represalia laboral, máis aló do frecuente despido. Jover Ramírez (2020) clasifica as represalias mencionadas no artigo 19 da Directiva (UE) 2019/1937 en relación a determinados aspectos da relación laboral: os contratos, a promoción, a formación etc.; da forma que se sintetiza a continuación (p.64). Algunhas das represalias contempladas polo lexislador europeo son referidas á contratación: a non conversión dun contrato temporal en indefinido (sempre que houbese expectativas lexítimas dese cambio) así como a non renovación ou a terminación anticipada dun contrato temporal. En canto á promoción, cita a degradación ou a denegación de ascensos; e no relativo á formación, tamén alude ó posible veto á mesma. Outro tipo de represalias que recolle a Directiva (UE) 2019/1937 no seu artigo 19 son ás que sería posible cualificar coma “vencelladas á prestación de servizos”: modificación do horario de traballo, da localización, do posto e/ou redución salarial. Refírese ademais a accións de carácter disciplinario coma a suspensión, o despido a destitución ou medidas equivalentes; e outras sancións, incluídas as pecuniarias 38 . 37 De forma extraordinaria, a identidade do denunciante pode ser desvelada se existe unha obriga derivada de normas sobre procesos xudiciais que así o determine, tal e como se dispón no artigo 16.2 da Directiva (UE) 2019/1937. 38 As sancións pecuniarias xa están expresamente prohibidas en España pois no artigo 58.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015 de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores establécese que non se poden impoñer ós traballadores multas de haber.
33 Así mesmo, noméanse represalias que pola súa entidade poden supor unha vulneración de dereitos fundamentais: coaccións, intimidacións, acoso, discriminación ou trato desfavorable ou inxusto; entre outras. Poderíase engadir, ó meu xuízo, outra categoría relativa ós prexuízos na reputación, e dentro situar a inclusión en listas negras que poden conducir a que nun futuro a persoa non atope emprego ou os danos reputacionais a través dos medios sociais que se citan no artigo 19 da Directiva (UE) 2019/1937. 3.2 Medidas de apoio ó denunciante As medidas de apoio regúlanse no artigo 20 da Directiva (UE) 2019/1937. A primeira delas é a oferta de información e asesoramento (independentes e gratuítos) sobre os procedementos posibles e a salvagarda fronte as represalias. Esta opción resulta útil, por exemplo, para guiar ó alertador acerca de se a información da que é coñecedor entra no ámbito de aplicación da norma sobre a protección de denunciantes (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, cdo.89). Tamén contempla o lexislador europeo a asistencia efectiva por parte das autoridades competentes, a asistencia xurídica; e mesmo apoio financeiro e psicolóxico no marco dun proceso xudicial. As devanditas medidas de apoio serán proporcionadas pola entidade administrativa determinada ó efecto; que segundo o artigo 20.3 da Directiva (UE) 2019/1937 ha de ser única e independente. 3.3 Medidas de protección fronte ás represalias Entre as denominadas medidas de protección fronte a represalias, destaca a exención da responsabilidade do denunciante por revelación de segredos; sempre que teña motivos razoables para crer que a comunicación da información é necesaria. Agora ben, esta ausencia de responsabilidade non opera no caso de que cometese un delito para obter os datos; pois a responsabilidade penal seguirá axustándose ó Dereito nacional aplicable. Tamén se recollen garantías procesuais (disposicións sobre inversión da carga da proba en supostos de represalia e medidas provisionais durante a espera á resolución do proceso) e a concesión de indemnizacións por danos e prexuízos (Directiva (UE) 2019/1937, 2019, art.21).
34 3.4 As sancións O artigo 23 da Directiva (UE) 2019/1937 determina que os Estados membros impoñerán sancións (entre outros) a quenes impidan ou traten de impedir as denuncias, adopten represalias contra ós alertadores ou desobedezan o deber de confidencialidade da identidade dos denunciantes. A Directiva (UE) 2019/1937 non especifica sancións relativas ó incumprimento do deber de establecer canles de denuncia por parte das empresas que quedan obrigadas a instauralas en virtude dela; mais dita infracción pódese entender incluída na acción de impedir ou intentar impedir as denuncias (Mercader Uguina, 2020, p.23). 4. A NECESARIA TRANSPOSICIÓN DA DIRECTIVA (UE) 2019/1937 EN ESPAÑA A Directiva (UE) 2019/1937, no seu artigo 26, fixa como data límite de transposición ás lexislacións nacionais dos Estados membros o 17 de decembro de 2021. Non obstante, ás empresas do sector privado que teñan entre 50 e 249 empregados amplíalles o vencemento para dar cumprimento á obriga de establecer canles de denuncia interna ata o 17 de decembro de 2023. 4.1 A situación precedente á Directiva (UE) 2019/1937 A diferenza doutros países da súa contorna, España non dispón ata o momento dunha lexislación a nivel estatal de protección dos denunciantes; polo que a transposición da Directiva álzase coma un asunto crucial no país. Se ben non resulta oportuno obviar o esforzo de certas comunidades autónomas por abordar esta cuestión (Castela e León, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Aragón, Navarra, Asturias e recentemente, Andalucía); o certo é que a normativa autonómica presenta carencias (Torrent I Santamaria e Pérez Gil de Gómez, 2020, p.85). Para comezar, restrinxe o seu obxecto á loita contra o fraude e a corrupción na administración pública; e maioritariamente, opta por incentivar a denuncia a través de canles externas coma axencias antifraude ou anticorrupción creadas ó efecto (Sierra Rodríguez, 2020, pp.71-73). Unha importante lágoa presente nestas leis é o escaso nivel de detalle co que tratan as posibles medidas de protección; se ben recoñecen a necesidade de ofrecer amparo ós denunciantes.
35 Por outra banda, a transposición da Directiva (UE) 2019/1937 non vai supor o primeiro contacto das empresas do sector privado español coas canles de denuncia. Concretamente, estas experimentaron un importante impulso ó determinarse como requisito de modelos eficaces de prevención de delitos (compliance). Os devanditos modelos de cumprimento normativo implantáronse nalgunhas empresas porque permiten a exoneración ou atenuación da responsabilidade penal das persoas xurídicas que os configuren; mais non se trata dunha obriga legal, senón que ten carácter voluntario para aquelas entidades que se queiran beneficiarse da medida (Mercader Uguina, 2020, pp.27-28). En definitiva, trátase dunha regulación limitada no obxecto, no ámbito de aplicación e nas garantías dos denunciantes. As normas e experiencias no país sobre a denuncia de irregularidades, tanto no sector público coma no privado, afirma Sáez Lara (2020) que: “dibujan un panorama complejo, que no facilita, a mi juicio, la protección de los eventuales denunciantes” 39 (p.40). 4.2 O escenario actual: esperando a Godot O prazo de transposición da Directiva (UE) 2019/1937 venceu o 17 de decembro de 2021; pero España non o cumpriu, motivo polo cal a Comisión Europea iniciou a finais de xaneiro un procedemento de infracción (Oficina Antifrau de Catalunya, 2022). Non obstante, o Consello de Ministros demorou ata marzo de 2022 a aprobación do anteproxecto para a transposición da Directiva Whistleblowing (Ministerio de Justicia, 2022); denominado Anteproxecto de Lei reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción pola que se traspón a Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión 40 . Se ben o anteproxecto aínda pode sufrir múltiples modificacións ata a súa aprobación como lei, é útil a fin de advertir a orientación que vai seguir o lexislador español para a transposición da Directiva (UE) 2019/1937. Este semella consciente de que a Directiva fixa os estándares mínimos de protección dos alertadores, os cales adopta; pero vai 39 [debuxan un panorama complexo, que non facilita, ó meu xuízo, a protección de eventuais denunciantes]. 40 En adiante, APL informantes.
36 máis aló, determinando unha serie de avances respecto á norma europea que se sintetizan a continuación. En primeiro lugar, no anteproxecto recóllese un cambio conceptual, substituíndo o temo “denunciantes” por “informantes”. Ademais, amplíase o ámbito de aplicación obxectivo, abarcando a “infracción penal o administrativa grave o muy grave o cualquier vulneración del resto del ordenamiento jurídico siempre que, en cualquiera de los casos, afecten o menoscaben directamente el interés general” 41 ; especificando que o interese xeral resulta danado cando esas accións provoquen unha perda económica para a Facenda Pública (APL informantes, 2022, art.2). A través desta remisión xeral a infraccións do resto do ordenamento xurídico, o anteproxecto non se limita exclusivamente a aquelas de Dereito da UE. En segundo lugar, a obriga de dispoñer de sistemas internos de información contémplase para máis entidades das inicialmente previstas. No sector privado, ademais de resultar aplicable ás empresas de 50 ou máis traballadores, tamén abrangue ós partidos políticos, sindicatos, patronais e fundacións creadas por calquera deles (sempre que reciban fondos públicos) independentemente do número de empregados (APL informantes, 2022, art.10). No sector público, todas as Administracións Públicas 42 teñen que contar con canles internas de información. Polo tanto, no anteproxecto non se fai uso da posibilidade de eximir ós municipios de menos de 10 000 habitantes ou 50 traballadores; se ben nestes casos permíteselles compartir os sistemas internos de información e os recursos necesarios (APL informantes, 2022, arts.13 e 14). Para as empresas do sector privado de entre 50 e 249 traballadores adiántase case un ano o devandito deber; resultando de aplicación para estas a partir do 1 de xaneiro de 2023. O resto de entidades deben instauralos nun prazo de 3 meses a partir da entrada en vigor da lei (APL informantes, 2022, DT 3ª). Cómpre destacar a creación dunha autoridade competente para a xestión da vía externa de comunicación: a Autoridade Independente de Protección do Informante, adscrita ó Ministerio de Xustiza e dotada de independencia orgánica e funcional respecto ó Goberno. Á parte de encomendarlle a xestión da canle externa de denuncias e a 41 [infracción penal ou administrativa grave ou moi grave ou calquera vulneración do resto do ordenamento xurídico sempre que, en calquera dos casos, afecten ou mingüen directamente o interese xeral]. 42 Ampliase a todas as entidades que integran o sector público, incluída a Casa da Súa Maxestade o Rei.
37 adopción das medidas de protección do alertador, recoñécelle potestade normativa e sancionadora (APL informantes, 2022, arts.42 e 43). Así mesmo, habilitase ás Comunidades Autónomas para crear a súa propia autoridade independente de protección do informante (APL informantes, 2022, art.24.2). Unha polémica cuestión que se deixaba en mans dos Estados era decidir sobre a admisión das alertas anónimas; aspecto que o lexislador español acepta (APL informantes, 2022, arts.17.1 e 21.1). Outra novidade inserida polo anteproxecto é a introdución e regulación de programas de clemencia, que consisten en eximir ou atenuar o cumprimento da sanción derivada dunha infracción administrativa a quen informe da mesma malia participar nela; baixo determinados requisitos establecidos no artigo 40. Respecto ó réxime sancionador, tipifica as sancións e prevé elevadas contías; chegando as sancións a persoas xurídicas por infraccións moi graves ó millón de euros coma se recolle no artigo 65 do anteproxecto. Sen embargo, o anteproxecto non implica só avances positivos. Desde o meu punto de vista, unha das principais críticas que se lle pode imputar é a limitación que establece no seu artigo 36.2 en relación ó amparo fronte ás represalias; pois dispón que os informantes estarán protexidos mentres dure a investigación e nos dous anos seguintes a súa finalización (ou á data na que tivo lugar a revelación pública). Este límite temporal non se establece na Directiva (UE) 2019/1937 e supón un retroceso na protección dos alertadores. Como ben di o proverbio popular, a vinganza é un prato que se sirve frío; polo que non se debería restrinxir a protección ofrecida a un espazo temporal. As represalias non se han de valorar en función do momento no que se cometan, senón polo dano que producen. Pénsese, por exemplo, nos danos reputacionais no contexto laboral que é posible que se estendan ó longo de varios anos...o informante non precisa acaso protección, por exemplo, en forma de asistencia psicolóxica e/ou legal? En definitiva, a aprobación do anteproxecto de lei é un paso necesario que supón un avance no camiño cara a meta: a articulación do marco normativo da protección dos informantes en España. Resulta meritorio optar por unha transposición da Directiva (UE) 2019/1937 que vai máis aló da súa transcrición; pero tamén é oportuno que na súa inminente tramitación parlamentaria se aporte máis luz sobre a senda e se retiren pedras que poden entorpecer o camiño. Godot, de chegar tarde, que chegue ben.
44 López Cumbre, L. (2019, 11 de decembro). Protección para los trabajadores denunciantes (whistleblowers). Gómez-Acebo Pombo. Recuperado o 3 de febreiro de 2022, de https://www.ga-p.com/publicaciones/proteccion-para-los- trabajadores-denunciantes-whistleblowers/ Lousada Arochena, J. F., & Ron Latas, R. P. (2020). La protección laboral frente a las represalias por la denuncia de irregularidades en la empresa (whistleblowing). Editorial Bomarzo. Martínez Saldaña, D., Abril Martínez, J., Rodríguez Celada, E., & Reyes Rico, L. I. (2019). La protección del whistleblower tras la Directiva (UE) 2019/1937: Análisis del nuevo marco jurídico desde la perspectiva del Derecho Laboral, Público, Penal y de Protección de Datos. Actualidad Jurídica Uría Menéndez, (53), 24–68. https://www.uria.com/documentos/publicaciones/6845/documento/art02.pdf?id= 9331 Mercader Uguina, J. R. (2020). La protección de alertadores, informantes o denunciantes: una lectura laboral de la Directiva 2019/1937, de 23 de octubre. Trabajo y derecho (64). La Ley Digital. https://laleydigital.laleynext.es Ministerio de Justicia. (2022, 4 marzo). El Gobierno aprueba un Anteproyecto de Ley para proteger a las personas que informen sobre corrupción. Recuperado o 1 de xuño de 2022, de https://www.mjusticia.gob.es/es/ministerio/gabinetecomunicacion/noticias-ministerio/ley-proteccion-informantes Oficina Antifrau de Catalunya. (2022, 27 xaneiro). La Comisión Europea inicia el procedimiento de infracción a 24 países, entre ellos España, por no trasponer la directiva de protección a las personas alertadoras de corrupción. Recuperado o 29 de maio de 2022, de https://www.antifrau.cat/es/comisioneuropea-inicia-procedimiento-infraccion-24-paises-entre-ellos-espana-no- transponer-directiva-proteccion-personas-alertadoras-corrupcion
45 Oficina de Programas de Información Internacional. (2005). Capítulo 13: Décadas de cambio 1960–1980. En Oficina de Programas de Información Internacional (Ed.), Reseña de la Historia de los Estados Unidos. Depto. de Estado de EEUU. https://ar.usembassy.gov/wp-content/uploads/sites/26/2016/10/Capitulo- 13_Decadas_de_cambio_1960_1980.pdf Olesen, T. (2021). The Birth of an Action Repertoire: On the Origins of the Concept of Whistleblowing. Journal of Business Ethics. https://doi.org/10.1007/s10551-021- 04868-3 Pérez Monguió, J. M. (2019). Del chivato al cooperador: el whistleblowing. Revista Vasca de Administración Pública, (115), 343–375. https://doi.org/10.47623/ivap-rvap.115.2019.10 Pérez Triviño, J. L. (2018). Whistleblowing. EUNOMÍA. Revista en Cultura de De La Legalidad, (14), 285–298. https://doi.org/10.20318/eunomia.2018.4170 Puñal García, L. (2018). Whistleblowing y Transparencia en el Sector Privado de Alemania. Dilemata. Revista Internacional de Éticas Aplicadas (27), 203–219. https://www.dilemata.net/revista/index.php/dilemata/article/view/412000222/584 Ragués I Vallès, R. (2013). Whistleblowing: Una aproximación desde el Derecho Penal. Marcial Pons Ediciones Jurídicas y Sociales. Sáez Lara, C. (2020). La protección de denunciantes: Propuesta de regulación para España tras la Directiva Whistleblowing. Tirant lo Blanch. Sánchez-Urán Azaña, M.Y. (2017). Concepto de trabajador en el Derecho de la Unión Europea: Una aproximación sistemática y un enfoque propositivo. [Lección presentada al Concurso para la provisión de una Plaza de Catedrático de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social, Universidad Complutense de Madrid]. E-prints complutense: Repositorio Institucional de la UCM. https://eprints.ucm.es/id/eprint/45390/1/CONCEPTO%20DE%20TRABAJADOR %20EN%20LA%20UNI%C3%93N%20EUROPEA.pdf
46 Seoane Spiegelberg, J. L. (2012). El levantamiento del velo como mecanismo impeditivo de la elusión de la Responsabilidad Civil. Revista de la Asociación Española de Abogados Especializados en Responsabilidad Civil y Seguro, (42), 9–24. https://www.asociacionabogadosrcs.org/portal/wpcontent/uploads/2017/07/rc42.pdf Sierra Rodríguez, J. (2020). Impulso europeo al whistleblowing y las autoridades de integridad. EUNOMÍA. Revista En Cultura De La Legalidad, (19), 64–85. https://doi.org/10.20318/eunomia.2020.5703 Torrent I Santamaria, J. & Pérez Gil de Gómez, L. (2020). Análisis de la Directiva Europea de whistleblowing y principales retos de la nueva regulación. El caso de España. Derecho PUCP, (85), 79–114. https://doi.org/10.18800/derechopucp.202002.003
47 ANEXO DE LEXISLACIÓN E DOCUMENTACIÓN SUPRANACIONAL Tratado constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (1957). Versión consolidada do Diario Oficial da Unión Europea, 26 de outubro de 2012, nº C 327, pp.1-107. https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:12012A/TXT&from=ES Tratado da Unión Europea (1992). Versión consolidada do Diario Oficial da Unión Europea, 26 de outubro de 2012, nº C 326, pp.13-45. https://eurlex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:2bf140bf-a3f8-4ab2-b506- fd71826e6da6.0005.02/DOC_1&format=PDF Tratado de Funcionamento da Unión Europea (2009). Versión consolidada do Diario Oficial da Unión Europea, 26 de outubro de 2012, nº C 326, pp.47-390. https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:12012E/TXT&from=es Recomendación CM/Rec (2014)7 adoptada polo Comité de Ministros do Consello de Europa ós Estados membros sobre a protección dos whistleblowers, 30 de abril de 2014. https://rm.coe.int/16807096c7 Avaliación de Impacto que acompaña á Proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión (2018), Comisión Europea, 23 de abril de 2018. https://eurlex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:52018SC0117&from=ES
48 Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión. Diario Oficial da Unión Europea, 26 de novembro de 2019, nº L.305, pp.17-56. https://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:32019L1937&from=es ESPAÑOLA Constitución Española. Boletín Oficial do Estado, 29 de decembro de 1978, núm.311, pp.29313 a 29424. Versión consolidada do Boletín Oficial do Estado, 27 de setembro de 2011. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229 Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Boletín Oficial do Estado, 24 de outubro de 2015, núm.255, pp. 100224 a 100308. Versión consolidada do Boletín Oficial do Estado, 23 de marzo de 2022. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-11430 Anteproxecto de Lei reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción pola que se traspón a Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión, Consello de Ministros, 4 de marzo de 2022. https://www.mjusticia.gob.es/es/AreaTematica/ActividadLegislativa/Documents/ APL%20INFORMANTES.pdf
49 ESTRANXEIRA False Claims Act of 1863, An Act to Prevent and Punish Frauds upon the Government of the United States, Pub. L. No 37-88, 12 Stat. 696 (1863). https://govtrackus.s3.amazonaws.com/legislink/pdf/stat/12/STATUTE-12- Pg696b.pdf Whistleblower Protection Act of 1989, Pub. L. No. 101-12, 103 Stat.16 (1989). https://www.govinfo.gov/content/pkg/STATUTE-103/pdf/STATUTE-103- Pg16.pdf Sarbanes-Oxley Act of 2002, Pub. L. No. 107 – 204, 116 Stat. 745 (2002). https://www.govinfo.gov/content/pkg/PLAW-107publ204/pdf/PLAW- 107publ204.pdf Dodd-Frank Wall Street Reform and Consumer Protection Act, Pub. L. No. 111-2003, 124 Stat. 1376 (2010). https://www.govinfo.gov/content/pkg/PLAW- 111publ203/pdf/PLAW-111publ203.pdf