scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Sistema audiovisual e institucións: políticas públicas no caso galego

Mouriño Cabaleiro, Cristina

Abstract

En Sistema audiovisual e institucións: políticas públicas no caso galego preténdese describir, contextualizar e analizar as medidas adoptadas polo Goberno galego na década posterior á aprobación da Lei 6/1999, do 1 de setembro, de audiovisual de Galicia. Tómase como fonte de estudo exclusivamente fontes oficiais (os Diario Oficial de Galicia e a Lei de orzamentos) co fin de trazar unha radiografía dos organismos, entidades e departamentos de financiamento con competencias na materia que nos permita coñecer en termos cuantitativos e cualitativos as liñas de acción e medidas adoptadas polo Goberno neste período. Nela cuantifícase o papel destacado da TVG, SA como entidade que sustenta o audiovisual galego; fíxase o papel determinante do Igape e dimensíonase a relevancia das subvencións ao fomento do audiovisual dentro das accións desenvolvidas polos gobernos de catro lexislaturas.

Full text

1 TESE DE DOUTORAMENTO SISTEMA AUDIOVISUAL E INSTITUCIÓNS: POLÍTICAS PÚBLICAS NO CASO GALEGO Cristina Mouriño Cabaleiro DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA 2015 3 TESE DE DOUTORAMENTO SISTEMA AUDIOVISUAL E INSTITUCIÓNS: POLÍTICAS PÚBLICAS NO CASO GALEGO Asdo. ................................. Cristina Mouriño Cabaleiro DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA 2015 5 D. Xosé Pereira Fariña, con DNI 35.310.353V, e D. Xosé López García, con DNI 33.829.376X, profesores do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, como directores da tese titulada “Sistema audiovisual e institucións: políticas públicas no caso galego” presentada por Cristina Mouriño Cabaleiro, alumna do Programa de Doutoramento Autoriza a presentación da tese indicada, considerando que reúne os requisitos esixidos no artigo 34 do regulamento de Estudos de Doutoramento, e que como Directores da mesma non incurre nas causas de abstención establecidas na lei 30/1992. Asdo. ............................ Asdo. ................................. Prof D. Xosé Pereira Fariña Prof. D. Xosé López García 7 Chegar ata aquí non foi doado. Máis ben estivo cheo de atrancos, dificultades das administrativas, das académicas e das persoais. Un camiño de construción e deconstrución no que non estiven soa. Hai unha persoa que veu emerxer, mudar e finalizar este proxecto. Ese é Xosé López, a quen tanto lle debo no profesional e no académico. Xosé Pereira asumiu o reto de sumarse a este camiño cando xa estaba iniciado e del aprendín a mirar criticamente as cifras, a ler entre liñas pero, sobre todo, a seguir adiante. As vías de aprendizaxe son moitas e moi variadas. Foi meu pai quen sustentou toda a miña formación, quen lle deu sentido común ao menos común dos sentidos; del aprendín a ser crítica, aínda que dun xeito moi diferente do que el practica. Miña nai, a base dunha dose de provocación e outra de amor, foime axudando a levantarme en cada caída; se chegamos ao final do camiño, foi grazas a ela. Alberto, Pablo, Marta, Paula, Inés e Ana apoiáronme neste camiñar, cadaquén na súa liña, fiel ao seu estilo, pero sempre aí. Coñecémonos cando este tortuoso sendeiro xa estaba iniciado pero fuches ti quen me veu xirar unha e outra vez; quen me deu corda para que fixese e desfixese ao meu antollo; quen soportou, en todos os sentidos imaxinables, o día a día deste traballo. Sen ti, Dani, non sería posible. E cando todo estaba enfiado, pero faltaba a motivación, chegou Lía, a luz da miña vida. Sobre todo, por ti e para ti. Pero tamén a Manolo González, Fernando Ojea, Juan Carlos Fernández Fasero, Alfonso Cabaleiro, Jesús Hernández, Mar García Miraz, Nacho Samper, Elena Barba, Paula Agulla, Paula Cons, Teresa Pérez, Andrea de Francisco, Germán Hermida, Silvia Viso, Begoña Tajes e o persoal do Arquivo de Galicia, porque dun ou doutro xeito contribuíron a que isto fose posible. Grazas 9 RESUMO En Sistema audiovisual e institucións: políticas públicas no caso galego preténdese describir, contextualizar e analizar as medidas adoptadas polo Goberno galego na década posterior á aprobación da Lei 6/1999, do 1 de setembro, de audiovisual de Galicia. Tómase como fonte de estudo exclusivamente fontes oficiais (os Diario Oficial de Galicia e a Lei de orzamentos) co fin de trazar unha radiografía dos organismos, entidades e departamentos de financiamento con competencias na materia que nos permita coñecer en termos cuantitativos e cualitativos as liñas de acción e medidas adoptadas polo Goberno neste período. Nela cuantifícase o papel destacado da TVG, SA como entidade que sustenta o audiovisual galego; fíxase o papel determinante do Igape e dimensíonase a relevancia das subvencións ao fomento do audiovisual dentro das accións desenvolvidas polos gobernos de catro lexislaturas. PALABRAS CHAVE Política cultural, política audiovisual, audiovisual, diversidade cultural, programa Media, audiovisual galego, industria audiovisual RESUMEN En Sistema audiovisual e institucións: políticas públicas no caso galego se pretende describir, contextualizar y analizar las medidas adoptadas por el Gobierno gallego en la década posterior a la aprobación de la Ley 6/1999, de 1 de septiembre, de audiovisual de Galicia. Se toma como objeto de estudio exclusivamente documentos oficiales (los Diario Oficial de Galicia y las distintas leyes de presupuestos) con la finalidad de trazar una radiografía de los organismos, entidades y departamentos con competencias e implicación financiera en la materia. Esto nos permite conocer en términos cuantitativos y cualitativos las líneas de acción y medidas adoptadas por el Gobierno en este período. En ella se cuantifica el papel destacado de la TVG, SA como entidad que sustenta el audiovisual gallego; se fija el papel determinante del Igape y dimensiona la relevancia de las subvenciones al fomento del audiovisual dentro de las acciones llevadas a cabo por los gobiernos de cuatro legislaturas. PALABRAS CLAVE Política cultural, política audiovisual, audiovisual, diversidad cultural, programa Media, audiovisual gallego, industria audiovisual SUMMARY The aim of “Audiovisual system and institutions: Galician public policy” is to describe, contextualize and analyze the measures taken by the Galician Government in the decade after the adoption of the Law6/1999 of 1st September, audiovisual of Galicia. The only documents (the Galician Official Gazette and the various budget laws) are analyzed in order to draw a thorough study of the institutions, organizations and departments responsible for and financially involved in this subject. This allows us to know, both quantitative and qualitatively, the lines of action and measures taken by the government during this period. In this thesis it is quantified the outstanding role of the Galician public television (TVG, SA) as an organization that supports the Galician audiovisual; it is established the decisive role of Igape and it is measured the relevance of the subsidies aimed at promoting the audiovisual sector (production, exhibition, distribution and promotion) within the actions undertaken by the governments during four terms of office. KEYWORDS Cultural policy, audiovisual policy, audiovisual, cultural diversity, Media programme/program, Galician/Galicia audiovisual, audiovisual industry 1 Índice de contidos Prólogo .............................................................................................................................. 5 Introdución ........................................................................................................................ 7 1. Marco metodolóxico ................................................................................................. 7 1.1. Xustificación e interese do proxecto ................................................................. 7 1.2. Obxecto de estudo ............................................................................................. 9 1.3. Metodoloxía ..................................................................................................... 12 1.4. Os conceptos .................................................................................................... 24 1.5. Hipóteses de traballo ....................................................................................... 27 1.6. Estrutura do traballo ........................................................................................ 28 Primeira parte: fundamentación teórica .......................................................................... 29 2. A política cultural na Unión Europea ..................................................................... 31 2.1. Marco regulamentario: da Directiva de televisión sen fronteiras á Directiva de servizos de comunicación audiovisual ................................................................... 36 2.2: As outras políticas comunitarias ...................................................................... 41 2.3. O programa MEDIA ........................................................................................ 42 2.4. Cinematografía Europea .................................................................................. 49 2.4.1. O modelo inglés ........................................................................................ 51 2.4.2. O modelo francés: a orixe da excepción cultural ..................................... 53 3. O modelo español do audiovisual ........................................................................... 57 3.1. O ámbito competencial: do Estado ás Comunidades Autonómas ................... 57 3.1.1. A Constitución española ........................................................................... 58 3.1.2. Os estatutos de autonomía ........................................................................ 61 3.2. O modelo dos medios de comunicación audiovisuais ..................................... 67 3.3. A cinematografía: entre o fomento e a regulación .......................................... 70 3.4. A partir da Constitución española ................................................................... 74 Segunda parte: análise do sector audiovisual galego ...................................................... 81 4. A perspectiva sincrónica do sector audiovisual galego .......................................... 83 4.1. A V Lexislatura. A Lei do Audiovisual ........................................................... 83 4.1.1. Estrutura administrativa ............................................................................ 83 4.1.2. As cifras .................................................................................................... 87 4.1.3. As áreas limítrofes .................................................................................. 108 4.1.4. As axudas de fomento do audiovisual .................................................... 114 4.2. A VI lexislatura: a implantación da lei entre 2001 e 2005 ............................ 122 4.2.1. Estrutura administrativa .......................................................................... 123 4.2.2. As cifras .................................................................................................. 128 4.2.3. As áreas limítrofes .................................................................................. 153 4.2.4. As axudas de fomento do audiovisual .................................................... 157 4.3. VII Lexislatura: entre 2005 e 2009 ................................................................ 177 4.3.1. Estrutura administrativa .......................................................................... 179 2 4.3.2. As cifras .................................................................................................. 184 4.3.3. As áreas limítrofes .................................................................................. 230 4.3.4. As axudas de fomento do audiovisual .................................................... 238 4.4. VIII Lexislatura: o ano 2009 ......................................................................... 270 4.4.1. A estrutura administrativa ...................................................................... 271 4.4.2. As cifras .................................................................................................. 276 4.4.3. As áreas limítrofes .................................................................................. 285 5. Instituto Galego de Promoción Económica .......................................................... 289 5.1. O Igape nos orzamentos ................................................................................ 289 5.1.1. A achega do Igape ao Consorcio Audiovisual de Galicia ...................... 289 5.1.2. Medidas específicas: o programa de préstamos para financiar producións audiovisuais ...................................................................................................... 291 5.1.3. A reserva de orzamento específica do sector audiovisual ...................... 295 5.1.4. Os custos de auditoría ............................................................................. 301 5.1.5. Reserva orzamentaria de axudas que inclúen audiovisual ...................... 307 5.2. O Igape no DOG ............................................................................................ 316 5.2.1. V lexislatura ............................................................................................ 316 5.2.2. VI Lexislatura ......................................................................................... 316 5.2.3. VII Lexislatura ........................................................................................ 321 5.2.4. VIII Lexislatura ...................................................................................... 327 5.3. Balance .......................................................................................................... 327 6. Consorcio Audiovisual de Galicia ........................................................................ 329 6.1. A acción do Consorcio Audiovisual no DOG ............................................... 330 6.1.1 Organigrama competencial ...................................................................... 330 6.1.2. Liñas de acción ....................................................................................... 332 6.1.2.1. Difusión ............................................................................................... 333 6.1.2.2. Formación ............................................................................................ 335 6.1.2.3. Produción ............................................................................................. 337 6.2. O Consorcio nas leis de orzamentos .............................................................. 339 6.3. Balance .......................................................................................................... 340 7. A Compañía de Radio Televisión de Galicia (A Televisión de Galicia, SA) ...... 341 7.1. As cifras ......................................................................................................... 341 7.2. O sistema de selección de programas ............................................................ 350 8. A perspectiva diacrónica ...................................................................................... 355 8.1. A análise cuantitativa: a evolución das cifras ................................................ 356 8.2. A análise cualitativa: as medidas ................................................................... 362 8.2.1. Axudas .................................................................................................... 362 8.2.2. Contratos ................................................................................................. 366 8.2.3. Certames ................................................................................................. 367 8.2.4. Convenios ............................................................................................... 367 8.2.5. Bolsas ...................................................................................................... 368 8.2.6. Premios ................................................................................................... 369 8.2.7. Decretos .................................................................................................. 370 8.2.8. Préstamos ................................................................................................ 371 8.2.9. Liñas de fomento do sector cinematográfico/audiovisual ...................... 372 8.2.10. A difusión, exhibición e promoción do audiovisual galego ................. 393 Terceira Parte: conclusións ........................................................................................... 401 9. Conclusións .......................................................................................................... 403 3 Bibliografía ................................................................................................................... 411 Anexos .......................................................................................................................... 417 Anexo I. Relación de beneficiarios/as do Consorcio Audiovisual de Galicia ...... 417 Anexo II. Relación de beneficiarios/as das axudas de fomento do audiovisual ... 427 Índices ........................................................................................................................... 457 Índice de táboas .................................................................................................... 457 Índice de gráficos .................................................................................................. 466 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 12 Obxectivos A presente investigación pretende analizar a política audiovisual desenvolvida polo Goberno galego en sentido amplo, é dicir, todas as medidas que un goberno leva a cabo para promover un sector que ten un carácter transversal por natureza. Por concretar, suporía: a) Identificar as fórmulas administrativas que nestas catro lexislaturas se empregaron nas accións de fomento e desenvolvemento do sector audiovisual. b) Describir a evolución desas políticas, tanto desde un punto de vista cuantitativo como cualitativo. c) Elaborar un rexistro documental das actuacións derivadas nestas materias. d) Cuantificar o importe concedido ao sector audiovisual de xeito directo ou indirecto. e) Comprobar se existe acceso público ao material subvencionado (difusión: por que canles e que dispoñibilidade). f) Avaliar se o material e fontes estatísticas serven para coñecer e logo artellar políticas públicas (é dicir, se se cambiaron as liñas de axuda Eese estableceron mecanismos correctores baseados en investigacións propios á hora de deseñar as convocatorias ou políticas públicas). g) Coñecer o papel cultural, industrial ou social que ten para os gobernos deste período o desenvolvemento do sector audiovisual 1.3. METODOLOXÍA Roberto Hernández Sampieri, Carlos Fernández Collado e Pilar Baptista Lucio4 dividen as investigacións en exploratorias, descritivas, correlacionais e explicativas. Unha taxonomía que lles serve a eses autores para marcar estratexias e técnicas de investigación tamén diferenciadas. Tendo en conta a súa proposta, encadramos esta investigación na tipoloxía descritiva, xa que busca medir as situacións, as propiedades e características das medidas adoptadas polo Goberno galego durante unha década. Segundo as definicións achegadas por outros autores como Gordon Lee Danhke5, e moito antes Mario Bunge, empregamos a investigación descritiva porque é a metodoloxía que nos permite “chegar a coñecer as situacións, costumes e actitudes predominantes a través da descrición exacta das actividades, obxectos, procesos e persoas (no noso caso, entidades)”. Nesta investigación non nos limitamos á recolección de datos, senón que procuramos identificar as relación que existen entre as variables. Describir, no caso deste tipo de investigacións, é sinónimo de medir, para coñecer como é e como se manifesta o fenóneno. Ademais, optamos por estudos lonxitudinais porque nos ofrecen unha evolución continuada da política adoptada polos diferentes gobernos. Así, a investigación analizará unha década, un período o suficientemente amplo, que se corresponde con catro lexislaturas (a V, a VI, a VII e a VIII) e que nos permite: primeiro, ver a evolución 4 HERNANDEZ SAMPIERI, R.: Metodología de la investigación. México: McGraw-Hill, 1991, p. 60. 5 DANKHE, Gordon L.: «Investigación y comunicación». En Carlos FERNÁNDEZ-COLLADO e Gordon L. DANKHE: La comunicación humana: ciencia social. México: MacGraw-Hill, 1989, p. 385- 354. Introdución 13 das liñas políticas nun período suficientemente representativo e, segundo, axeitarnos aos longos ciclos de elaboración dun produto audiovisual. A política dun goberno defínese nas leis, nos regulamentos e nos actos de natureza pública que adopta e que, para que teñan efectos xurídicos, deben ser promulgados e publicados ou recollidos en actas. Amparándonos no principio de que a lei debe ser coñecida polo público para que sexa lexítima, tomamos como fonte dos datos o boletín oficial do Goberno autonómico, o Diario Oficial de Galicia (DOG, de aquí en diante). A mostra comprende entre o 8 de setembro de 1999 e o 31 de decembro de 2009. Comézase co día en que se publica a mencionada Lei 6/1999, do 1 de setembro do audiovisual de Galicia, e contabiliza un total de 2.595 boletíns. Para a análise de cada un deses documentos optouse pola técnica de baleirado de contido. En cada un deses 2.595 DOG analizados procedeuse a sistematizar esa información sobre unha base de datos de toda a información publicada susceptible de ser considerada con incidencia directa ou indirecta sobre o audiovisual. Para iso revisouse a totalidade do documento e non as partes relativas a un departamento ou área concreta. É esta unha precisión que nos parece importante, xa que toma como base o establecido na propia Lei do audiovisual de Galicia, no seu artigo 3, cando fai referencia ao departamento do organigrama de goberno sobre o que recae a potestade. Di a súa redacción que lle compete ao Consello da Xunta desde a “definición da política xeral da Xunta” e outras medidas como son: coordinación das actividades dos órganos dependentes da Consellería competente no audiovisual coas dos restantes departamentos da Xunta a través dunha comisión, coa dependencia orgánica, composición e competencias que se determinarán regulamentariamente. Antes de entrar a detallar os criterios establecidos para o baleirado de contido, cómpre puntualizar que existen tres variables distorsionadoras que hai que ter en conta á hora de analizar os resultados. En primeiro lugar, na VII Lexislatura o Goberno aprobou a Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega6, que fixa os criterios e as formas de darlles publicidade ás súas actuacións. Interésanos aquí especialmente o caso dos convenios e das subvencións. Con respecto ao primeiro, o artigo 11.1 da lei fixa o seguinte: Cada Consellería ou entidade remitirá ao Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1.c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior. Isto tradúcese en que aparezan publicados máis convenios desde esta data que en lexislaturas pasadas. No caso das subvencións, o artigo 13.4 puntualiza que: Cada Consellería, organismo ou entidade de dereito público vinculada ou dependente da Administración da comunidade autónoma que realice actividades de fomento mediante o outorgamento de fondos públicos deberá publicar na súa páxina web oficial: 6 Lei 4/2006. DOG 136 do 14/xun/2006 [Citado 10 xun 2012] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2006/20060714/Anuncio13DE2_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 14 1º) Unha relación actualizada das liñas de axudas ou subvencións que vaian convocarse durante o exercicio orzamentario, con indicación dos importes destinados a elas, o seu obxectivo ou finalidade e a descrición dos posibles beneficiarios. 2º) O texto íntegro da convocatoria das axudas ou subvencións. 3º) As concesións das devanditas axudas ou subvencións, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación ou publicación, indicando unicamente a relación dos beneficiarios, o importe das axudas e a identificación da normativa reguladora. 5. Enténdense incluídas para os efectos do establecido no parágrafo anterior: a) As concesións de créditos oficiais por parte da Administración da Comunidade Autónoma, cando se outorguen sen xuros ou con xuros inferiores aos de mercado. b) As concesións de axudas en que a administración asuma a obriga de lle satisfacer á entidade prestamista todo ou parte dos xuros. c) As condonacións de créditos. d) Calquera outro acordo ou resolución dos cales resulte un efecto equivalente á obtención de axudas directas por parte do beneficiario. e) As achegas en diñeiro realizadas pola Comunidade Autónoma a favor das entidades locais, sempre que non estean destinadas a financiar globalmente a actividade de cada ente. 6. Exceptúanse do disposto no parágrafo 4 e poden ser excluídos da publicación: a) Aqueles supostos en que a publicación dos datos do beneficiario, en razón do obxecto da axuda, sexa contraria ao respecto e á salvagarda da honra e da intimidade persoal e familiar das persoas físicas, en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. b) Aqueles datos que estean protexidos polo segredo comercial ou industrial. c) Con carácter xeral, aqueles supostos, ou aqueles datos, en que así o esixan ou aconsellen razóns prevalentes pola existencia dun interese público máis digno de protección, que, en todo caso, deberá motivarse expresamente. En segundo lugar, as leis de subvencións que rexen no período de investigación: a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Lei modificada pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Entre outros aspectos, estes textos explicitan os criterios para a concesión, os requisitos dos beneficiarios, así como os procedementos de concesión e xestión destas axudas, que terán repercusión sobre o noso obxecto de estudo. En terceiro lugar, existen medidas de actuación, como patrocinios de TurGalicia e do Xacobeo que desenvolveron actividades nesta materia, pero que resulta de difícil acceso empregando este tipo de fontes pola súa natureza xurídica. A este último aspecto engádenselle dúas circunstancias: dunha banda, a desaparición de TurGalicia, e, da outra, que o seu traballo non se publica nos diarios oficiais. En España non existe unha regulación xurídica para o patrocinio, que está rexido pola Lei xeral de publicidade (Lei 34/1988, do 11 de novembro7) e que o define así: O contrato de patrocinio publicitario é aquel polo que o patrocinado, a cambio dunha axuda económica para a realización dunha actividade benéfica, cultural, científica ou de outra índole, se compromete a colaborar coa publicidade do patrocinador. O patrocinio publicitario rexerase polas normas do contrato de difusión publicitaria en canto lle sexan aplicables. 7 Lei 34/1988. BOE 274 do 15/nov/1988 [Citado 15 xun 2012] Dispoñible en: http://boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1988-26156 Introdución 15 Os incentivos fiscais réxense, ademais, por outros mecanismos: a Lei 49/2002, do 23 de decembro8, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, e tamén a regulación de réxime fiscal9 , que se modifican ao longo do noso obxecto de estudo, sen que obrigue a unha maior publicidade desta liña de actuacións. Iso significa que a cifra final obtida do baleirado terá a eiva de non poder contar con entidades como as anteriormente citadas. A sistematización dos contidos do baleirado do DOG fíxose con base na diferenciación entre o que se consideraba audiovisual e as áreas limítrofes que teñen incidencia no sector, isto é, a dos medios de comunicación, as telecomunicacións e o sector publicitario. a) Sector audiovisual Entenderemos como conxunto de medidas dirixidas ao sector audiovisual aquelas acordadas pola Administración en relación co ámbito empresarial encargado de producir, difundir e comercializar os produtos audiovisuais, nomeadamente as producións independentes polo valor que teñen na configuración dun audiovisual con ollada propia. Na Directiva de servizos de comunicación audiovisual, que revisa a Directiva 89/552/CEE de televisión sen fronteiras10, defínense as obras europeas do seguinte xeito: -as obras orixinarias dos estados membros -as obras orixinarias de terceiros Estados europeos que sexan parte do Convenio europeo sobre a televisión transfronteiriza do Consello de Europa e que cumpran coas condicións do inciso ii), -as obras coproducidas no marco de acordos relativos ao sector audiovisual concertados entre a Comunidade e terceiros países que satisfagan as condicións fixadas nestes. As disposicións dos guións segundo e terceiro aplicaranse a condición de que as obras orixinarias dos estados membros non sexan obxecto de medidas discriminatorias nos terceiros países de que se trate, ii) as obras consideradas nos guións primeiro e segundo do inciso i) son as obras realizadas esencialmente coa participación de autores e traballadores que residen nun ou varios Estados mencionados nos guións primeiro e segundo do inciso i), sempre que cumpran unha das tres condicións seguintes: -as obras serán realizadas por un ou máis produtores establecidos nun ou varios dos ditos estados, ou -a produción das obras será supervisada e efectivamente controlada por un ou varios produtores establecidos nun ou varios do ditos estados, ou -a contribución dos coprodutores dos ditos estados será maioritaria no custo total da coprodución, e esta non será controlada por un ou varios produtores establecidos fóra dos ditos estados, iii) as obras que non sexan europeas de acordo co inciso i), pero que se produciran no marco de tratados de coprodución bilaterais celebrados entre os estados membros e terceiros países, consideraranse obras europeas sempre que as contribucións dos coprodutores comunitarios no custo total da produción sexa maioritaria e que a dita produción non estea controlada por un ou varios produtores establecidos fóra do territorio dos estados membros. 8 Lei 49/2002. BOE 307 do 24/dec/1988 [Citado 15 xun 2012] Dispoñible en: http://noticias.juridicas.com/base_datos/Fiscal/l49-2002.html 9 Real decreto 1270/2003. BOE 254, do 23/oct/2003 [Citado 15 xun 2012] Dispoñible en: http://boe.es/boe/dias/2003/out/23/pdfs/A37886-37893.pdf  Directiva 89/552/CEE. [Citado 16 xun 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=CELEX:31989L0552:ES:HTML CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 16 Encádranse dentro do que chamamos sector audiovisual as convocatorias ou medidas específicas da cinematografía, é dicir, as axudas á produción cinematográfica, que financiaron as seguintes fases: 1. Guión. 2. Desenvolvemento de proxectos. 3. Elaboración de contidos interactivos. 4. Produción de produtos audiovisuais (longametraxes, curtametraxes, películas para televisión...). 5. Potenciar a existencia de novos realizadores e novo equipo técnico que nas convocatorias tamén se denominou “talento”. Pero tamén consideramos como axudas de ámbito audiovisual: a. As destinadas a cines de baixa rendibilidade. b. As encamiñadas a apoiar estreas cinematográficas. c. As dirixidas á organización de festivais. d. As que apoian a realización de páxinas web ou outros mecanismos de difusión empregando as novas tecnoloxías. e. Calquera outra liña orientada ao fomento, difusión ou comercialización de produtos audiovisuais. Para concretar as fórmulas administrativas de aplicación ao sector audiovisual, seguimos a listaxe de medidas descritas por Antonio Vallés Copeiro del Villar11 no seu estudo histórico sobre a cinematografía estatal desde a súa xénese, que aquí listamos: Táboa 1: Medidas de fomento do audiovisual Medidas xerais Subvención Prima Anticipo Aval Premios Beneficios fiscais Beneficios arancelarios Apoio á instalación industrial Propiedade intelectual e industrial Medidas especiais Sectoriais Cualificacións especiais Certames Indirectas Cota de pantalla Cota de distribución Limitacións temporais á exhibición de películas estranxeiras Control do despacho de billetes Medidas institucionais Órganos administrativos Órganos de ensino Órganos de arquivo e investigación Órganos de xestión directa Órganos de promoción exterior Órganos de financiamento Fonte: elaboración propia a partir das medidas de fomento definidas por Antonio Vallés Copeiro del Villar 11 VALLÉS COPEIRO DEL VILLAR Antonio: Historia de la política de fomento del cine español. Valencia: Instituto de las Artes Escénicas, Cine y Música,1992, p.118-133. Introdución 17 Agora ben, tendo en conta que a nosa concepción do audiovisual é máis ampla que a cinematografía, a estas medidas engadímoslles tamén outras fórmulas administrativas. 1. Axuda: Aínda que Copeiro del Villar tamén a inclúe, consideramos que debemos incluír aquí o establecido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que di: Enténdese por subvención, para os efectos desta lei, toda disposición diñeiraria realizada pola Administración da Comunidade Autónoma, ou por unha entidade vinculada ou dependente dela, a favor de persoas públicas ou privadas, e que cumpra os seguintes requisitos: a) Que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios. b) Que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, á execución dun proxecto, á realización dunha actividade, á adopción dun comportamento singular, xa realizados ou por desenvolver, ou á concorrencia dunha situación, e o beneficiario debe cumprir as obrigas materiais e formais que se establecesen. c) Que o proxecto, a acción, a conduta ou a situación financiada teñan por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou a promoción dunha finalidade pública. 2. Non teñen o carácter de subvencións: a) As prestacións previstas no artigo 2.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, destinadas a persoas físicas, e as prestacións autonómicas de natureza similar a estas ou de carácter asistencial. b) Os beneficios fiscais a favor dos usuarios de bens e de servizos públicos aplicables nos prezos correspondentes. c) As achegas económicas a favor doutras administracións e a favor dos organismos e das entidades dependentes da Administración da Comunidade Autónoma sometidos ao ordenamento autonómico destinadas a financiar global ou parcialmente a súa actividade con carácter indiferenciado. d) As achegas económicas a favor doutras administracións públicas ou das súas entidades dependentes, establecidas mediante norma legal ou regulamentaria e destinadas a financiar actividades da súa competencia ou impostas por unha norma emanada da administración outorgante. 2. Bolsa: fondo financeiro encamiñado á formación de profesionais nalgunha das diferentes etapas do proceso produtivo. 3. Convenio: acordo de vontades, condición ou contrato da Administración. 4. Convenio colectivo: é un contrato colectivo de traballo que recollemos non por ser unha medida da Administración, senón porque se publica no Diario Oficial e nos permite coñecelos. 5. Decreto: tipo de acto administrativo que emana do poder executivo e que ten un contido normativo regulamentario. 6. Lei: unha norma xurídica ditada polo lexislador na que se manda ou prohibe algo en consonancia coa xustiza. 7. Programa/estratexia: tipoloxía de acordos adoptados pola Administración para promover actuacións nun sector. 8. Currículos e plans de estudo: normas e niveis que regulan os obxectivos, destrezas e valores no ensino e que ten incidencia no sector. 9. Contratos: acto administrativo onde unha parte é a Administración e, polo tanto, sometido ao réxime xurídico, que coloca o contratante nunha situación de subordinación xurídica fronte á Administración. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 18 Ademais, en cada un deses rexistros definimos a súa natureza: a. Cultural: entendemos por tal medidas como a elaboración de produtos web (magazines, series, produtos divulgativos… que non sexan considerados no anuncio correspondente do DOG como publicidade). b. Social: aquí encadraremos as medidas que implican o uso de medios audiovisuais para dar a coñecer programas, proxectos, plataformas, iniciativas ou calquera acción de goberno. c. Laboral: refírese a todas as medidas encamiñadas a promover o emprego, as condicións ou a formación de profesionais do sector. d. Empresarial: medidas que pretenden fomentar a cultura empresarial en todas as súas variantes (PEME, innovación empresarial, axudas á responsabilidade social corporativa...). Pensamos que só desta maneira veremos como o sector audiovisual non é unha competencia exclusiva do departamento de Cultura senón que ten un carácter transversal. Permitiranos saber que medidas se adoptan, baixo que aparencia (fórmula administrativa) e con que orientación. Nomeadamente, dentro desta descrición buscarase establecer se existe unha liña de actuación e de acción conxunta. b) Sector dos medios de comunicación No sector dos medios de comunicación agruparemos todas aquelas medidas encamiñadas á ordenación dos medios públicos de comunicación social. Cómpre ter en conta aquí que as competencias relativas aos medios de comunicación lle corresponden ao Estado, segundo estable claramente a Constitución española. Con todo, non podemos obviar as iniciativas e medidas que se adoptan nesta materia no nivel autonómico e que, por suposto, teñen unha correlación directa co marco legal. Aínda que as televisións atravesan unha profunda crise, este segue a ser o medio máis efectivo e popular de emisión dos contidos audiovisuais. Concretando, deste sector interésannos: - As licenzas de radio e televisión. - A lexislación específica. - Os contratos e convenios con incidencia nos medios de comunicación, eminentemente os audiovisuais. c) Sector publicitario No que atende ao sector publicitario, acontece algo semellante. Existen áreas de traballo lindantes co que definimos como audiovisual e que obrigan a prestar atención tamén a este sector. De feito, na Lei 34/1988, do 11 de novembro, xeral de publicidade, xa se consignan varios artigos para analizar os contidos das diferentes modalidades de radio e televisión. Desde un punto de vista práctico, rexistraremos como publicidade todas aquelas medidas que así se definan como tal na propia convocatoria. Iso significa encadrar aquí os pregos administrativos das campañas encamiñadas a realizar produtos publicitarios. Non os incluímos en audiovisual porque, alén do feito inicial de que son entendidos como publicidade, distorsionarían a cifra resultante porque non sabemos que partida dese contrato se destina á realización audiovisual. É dicir, non todo o que aparece en Introdución 19 publicidade é computable como sector audiovisual, porque o desenvolvemento da campaña é máis amplo que a propia realización de produtos audiovisuais, pero rexístrase no noso baleirado porque entre os beneficiarios hai produtoras audiovisuais ou departamentos desas empresas. Neste apartado non nos interesan tanto as cifras como as medidas, é dicir, a necesidade de considerar actuacións administrativas nesta liña. Poden presentarse mesmo supostos moito máis claros dese tronco común que comparte o sector publicitario co sector audiovisual, como son as convocatorias para producir anuncios publicitarios para televisión, para dar a coñecer algunha campaña ou medida do departamento convocante. Neste caso, definirase como sector audiovisual e non como sector publicitario porque o obxecto do contrato é a elaboración dun produto audiovisual. d) Sector das telecomunicacións O sector das telecomunicacións ocupa todo o relativo ás infraestruturas de redes e sistemas de transporte dos sinais da radio e da televisión, así como o desenvolvemento das infraestruturas de redes de datos. Por razóns históricas, o período analizado caracterízase por un forte investimento en infraestruturas de comunicación para a implantación da televisión dixital terrestre. É obvio que non se pode incluír no sector audiovisual, aínda que si se teña en conta, porque son medidas que están relacionadas con el, toda a implantación da tecnoloxía necesaria para o desenvolvemento da televisión dixital terrestre (TDT). No baleirado prestaremos atención ás actuacións relacionadas cos seguintes aspectos: - Exposición Galicia Dixital. - Despegamento da televisión dixital terrestre. - Subministración e instalación de material para a rede de datos de Galicia. No baleirado de contidos dos DOG pronto se apreciou que existían abondosas áreas de sombra con respecto das entidades que cumpría analizar: a CRTVG, o CAG e o Igape, debido ao seu carácter autónomo. Isto supuxo acudir a outras fontes oficiais. Principalmente á Lei de orzamentos, que permitiu o baleirado dos orzamentos da comunidade entre 1999 e 2009. A información completouse con peticións e consultas concretas. No caso da CRTVG, solicitouse información, en función do Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, que aproba o Plan xeral de contabilidade, das seguintes contas: 6001. Compras de dereitos de producións alleas. 6002. Compras de dereitos de emisión s/producións interese estratéxico. 6003. Compras de produción propia externa. 6004. Producións asociadas. 6006. Compras de servizos de información. 6011. Dobraxes e subtitulacións. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 20 No caso do Igape, fixéronse 11 consultas telefónicas entre 2011 e 2014, sen obter ningunha información por este procedemento. No caso do CAG, acudiuse ao Arquivo de Galicia en tres ocasións para acceder aos expedientes coa finalidade de obter información relativa aos beneficiarios dos programas desenvolvidos por esta entidade. Polo demais, no baleirado do DOG apreciáronse lagoas nos beneficiarios de axudas de fomento en diferentes anos. Para completar a información, acudiuse ao Arquivo de Galicia para acceder aos expedientes de subvencións daquelas convocatorias cuxos beneficiarios non foran publicados no DOG, e que listamos deseguido. - Orde 10/04/2000 (DOG 77;19/04/2000) • Desenvolvemento de guións. • Realización de proxectos de produción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores. • Desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual en lingua galega. • Produción audiovisual. - Orde 21/03/2002 (DOG 63; 02/04/2002) • Desenvolvemento de guións. • Realización de proxectos de produción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores. • Desenvolvemento de proxectos de producións audiovisual en lingua galega. • Produción audiovisual. - Orde 23/01/2003 (DOG 31; 23/02/2003) • Desenvolvemento de guión. • Realización de proxectos de produción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores. - Orde 29/12/2003 (DOG 10; 16/01/2004) • Desenvolvemento de guión. • Realización de proxectos de produción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores. Na revisión dos expedientes descubrimos que había casos nos que os importes concedidos ás produtoras eran diferentes do fixado nas resolucións. Un desfasamento que respondía a diferentes casuísticas: ampliación de crédito, renuncia á subvención por parte dos beneficiarios ou mesmo a non xustificación dos gastos. Nese momento decidimos que só se rexistrarían as cifras oficiais publicadas nas resolucións, deixando para investigacións futuras comprobar as variacións entre os importes concedidos e os ingresados, así como a verificación de que as producións apoiadas realmente se chegaron a facer. Debido á complexidade de fontes que forman a nosa base, sistematizamos na seguinte táboa a relación de técnicas e fontes consultadas. Introdución 21 Táboa 2: Esquema da metodoloxía obxecto de estudo Primeira parte Fontes Técnicas de investigación Marco teórico Traballos de investigación Consulta documental Base de datos lexislativa da UE Consulta documental Obxecto de estudo Diarios oficiais de Galicia (DOG): 2.595 unidades Baleirado de contido nunha base de datos encargada para esta investigación e que rexistra: - sector audiovisual - sector medios de comunicación - sector publicitario - sector das telecomunicacións Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia (2002-2009) Baleirado de contidos en folla de cálculo Revisión dos expedientes de axudas do Consorcio Audiovisual de Galicia Baleirado de contidos en folla de cálculo Revisión dos expedientes de subvencións da consellería con competencias en materia de cultura Base de datos encargada para esta investigación que rexistra os beneficiarios, os importes, as partidas orzamentarias eo o tipo de produtos Consulta telefónica datos Igape --- Consulta á CRTVG con información relativa aos capítulos de compras segundo o Plan xeral de contabilidade da CRTVG Baleirado de contidos en folla de cálculo Con estes datos e esta mostra optamos por combinar unha investigación descritiva sincrónica cunha diacrónica. Co estudo sincrónico analizamos cada lexislatura por separado, coa intención de obter a descrición das medidas executadas nese período sen ter en conta o que se fixo inmediatamente antes nin despois. Por outra banda, cando empregamos unha perspectiva diacrónica, podemos poñer en común os datos para comprobar a evolución da política entre 1999 e 2009. No que atinxe á medición e análise da información, combínanse diferentes técnicas: a cuantitativa, que nos permitirá ter cifra sobre cada unha das fórmulas administrativas que ten a Administración para apoiar un sector, e a cualitativa para coñecer o detalle das accións e medidas do Goberno. Para a sistematización da información encargáronse dúas bases de datos en Access axustadas ás necesidades da investigación. Unha primeira para o baleirado económico das cifras e medidas obtidas nos DOG. Esta base de datos permitíanos cotexar a calidade da información de tal xeito que, despois do baleirado, se procedeu a comprobar que existía unha correlación entre as convocatorias e resolucións. É dicir, podía darse o suposto de que unha convocatoria non fose resolta ou esta non fose publicada no DOG, pero non que unha resolución non tivese unha convocatoria. Por ese motivo, fixéronse ás seguintes depuracións: - Eliminar a contía das convocatorias para aqueles rexistros en que existe unha resolución. Iso evita que as contías se sumen e se distorsionen os resultados. - Excluír da suma das contías os importes das tres entidades que se analizan empregando a Lei de orzamentos (Igape, Consorcio Audiovisusal de Galicia e a CRTVG) e que se analizan no apartado específico. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 28 5. A Televisión de Galicia ocupa un lugar prioritario no desenvolvemento do sector audiovisual. En función destas hipóteses xorden as seguintes preguntas: P1. Desenvolveuse a acción de goberno con respecto ao sector audiovisual de xeito planificado e ordenado, acorde coas estatísticas e as informacións que se obtiveron previamente? P2. Foron as producións de animación e as longametraxes cinematográficas os formatos máis apoiados? P3. É a subvención a fórmula administrativa máis empregada para fomentar o sector audiovisual? P4. Apostouse por promover a produción propia en lingua galega? P5. O modelo de audiovisual buscou mellorar as fases previas á rodaxe dunha produción audiovisual ou, pola contra, promoveu a produción? P6. O Goberno adaptou as súas estruturas ás necesidades do sector? 1.6. ESTRUTURA DO TRABALLO Na primeira parte procederase a desenvolver un traballo de contextualización teórica que nos permitirán dimensionar o noso obxecto de estudo. En primeiro lugar, situarémolo no contexto europeo, onde evolucionou a concepción gobernamental de Estado Xendarme ata un Estado da Cultura cunha implicación dos organismos europeos cada vez máis destacada e con implicacións para todos os estados membros. En segundo lugar, cómpre lembrar que o sector audiovisual é un sector regulado. Por ese motivo, procuraremos facer unha síntese histórica das normativas e políticas do sector audiovisual intimamente relacionado co desenvolvemento das telecomunicacións. Na segunda parte centrarémonos en analizar o sector audiovisual galego e detallaremos a información relativa aos baleirados da información do traballo de campo. Estes datos presentaranse nun dobre enfoque: sincrónico e diacrónico. No primeiro faremos unha descrición das medidas e contidos da acción de goberno agrupada por lexislaturas (cada unha delas seguirá a mesma estrutura: análise do organigrama do Goberno, as cifras marco, a análise do sector audiovisual e limítrofes, para rematar coa análise das convocatorias de axudas ao fomento do audiovisual). No diacrónico poñeremos eses datos e cifras nun eixe temporal para coñecer a evolución no tempo e así poder trazar a evolución das políticas públicas nesta materia. Xa na terceira, exporemos as conclusións que sintetizan o resultado das análises descritas en capítulos anteriores. Unha reflexión que nos permitirá achegarnos á política desenvolvida pola Administración galega tras a aprobación dun texto legal que marcou un punto de inflexión no sector. Primeira parte: fundamentación teórica 29 Primeira parte: fundamentación teórica Nesta primeira parte acometeremos un traballo de aproximación aos contexto no que se circunscribe o audiovisual galego. En primeiro lugar, situarémolo no ámbito da Unión Europea, cunha implicación cada vez máis destacada na materia, que se sitúa nun cambio de concepción gobernarmental da materia, que evoluiu dun Estado Xendarme a un Estado da Cultura. Por último describiremos o contexto do audiovisual español, que traza as pautas nas que deberá mover o caso galego. Primeira parte: fundamentación teórica 31 2. A política cultural na Unión Europea A implicación da Unión Europea no sector cultural e, nomeadamente no sector audiovisual, foi en aumento desde un punto de vista político e regulamentario nas últimas dúas décadas. Ademais, sitúase no marco da evolución dunha concepción gobernamental da cultura que pasa dun Estado Xendarme a un Estado da Cultura. De feito, é esta unha expresión de cuño recente, que foi cobrando protagonismo, arraigo político, administrativo e sentido xurídico co paso do tempo. As primeiras aproximacións ao Estado da Cultura datan de principios do século XIX, cando Johann Gottlieb Fichte foi o primeiro estudoso en darlle contido a esa significación. Con todo, quedamos co achegado por outro coetáneo, Johann Kaspar Bluntschli, que diferenza entre Monarquía, República e Estado da Cultura, do que di Os intereses culturais poden determinar de forma especial a vida dun pobo e é entón cando xorden os Estados da Cultura21. Desde entón, diferentes autores teorizaron sobre o que significa Estado da Cultura, no sentido en que o cultural acada importancia cualitativa na forma de afondar na democracia. Outros autores como Spagna Musso definen o Estado da Cultura do seguinte xeito: a forma xurídico constitucional coa que se designa o Estado de democracia clásica, cando tutela a súa propia democraticidade garantindo os institutos formativos da personalidade sobre a base da relación particular que liga esta coa súa forma22 Musso incide en que un dos principios do Estado da Cultura é garantir a igualdade no gozo da cultura polos individuos e liberar a cultura das rudezas da economía de mercado, ao tempo que adopta medidas de desenvolvemento. Interésanos a definición dese Estado da Cultura que, na súa opinión, se ampara en dúas premisas: permite a existencia libre e plural da cultura, entendida na súa relación como desenvolvemento da personalidade e promove as condicións para o progreso democrático da cultura e facela accesible a todos os individuos. Sitúase así nunha tríade de liberdade, pluralismo e progreso cultural, na que se se basea esa incremento do peso político da cultura no sector. A Unión Europea tardou en recoller esa evolución do Estado da Cultura. Foi coa promulgación do Tratado de Maastrich, co que se crea a Unión Europea, cando aparece por primeira vez a cultura de xeito explícito e comeza a ter base xurídica. Ata entón, considerábase un asunto para resolver polos diferentes estados membros respectando o principio de subsidiariedade. 21 PRIETO DE PEDRO, J.: Cultura, culturas y constitución. Madrid: Centro de Estudios Constitucionales, 1993, p. 213. 22 PRIETO DE PEDRO, J.: Op. cit, p. 223 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 32 O Tratado da Unión Europea (TUE) foi asinado o 7 de febreiro de 1992 e entrou en vigor case ano e medio despois, o 1 de novembro de 1993. Nel fíxanse por primeira vez as competencias culturais para os diferentes órganos de goberno da Unión Europea. Este cambio de perspectiva está recollido principalmente no artigo 167 (antigo artigo 151 TCE), onde se recoñece a cultura en tres niveis: rexional, nacional e o comunitario. O texto fala do florecemento de las culturas de los estados miembros, dentro del respeto a su diversidad nacional y regional, poniendo de relieve, al mismo tiempo, el patrimonio cultural común. no apartado 2.º establece que la acción de la Unión favorecerá la cooperación entre Estados miembros y, si fuere necesario, apoyará e completará la acción de éstos en los siguientes ámbitos (…) la creación artística e literaria, incluído el sector audiovisual. En función dese Tratado, a intervención da Comunidade na cultura réxese polos principios de complementariedade e de subsidiariedade. Dentro deste repartimento das competencias, o carácter poliédrico do sector cultural, e máis concretamente do sector audiovisual, marca áreas de actuación que obrigan a un pronunciamento da institución europea. Referímonos a eses supostos nos que a cultura entra en contacto co mundo da industria ou cando incide no exercicio de dereitos fundamentais (liberdade de expresión, de opinión, de acceso universal á cultura…). Por ese motivo, o noso obxecto de estudo debe empezar por unha ollada no nivel comunitario, que marcará as grandes liñas de actuación que afectarán despois aos estados membros e, concretamente, ao caso galego. Como diciamos con anterioridade, é no Tratado de Maastrich onde se establecen os principios e o actual marco de política cultural, incluíndo tanto o contido concreto como os procedementos decisorios. Desde ese momento, o apoio para a cultura foi evolucionando con programas de acción específicos que incrementaron o seu orzamento no período que comprende o noso obxecto de estudo. Esa implicación apréciase na evolución dos diferentes programas de apoio cultural promovidos pola Unión Europea e que se poden ver enunciados na seguinte táboa23: Táboa 4: Programas de apoio cultural da Unión Europea (1996-2013) Ano Programa Orzamento Áreas de apoio 1996-1999 Kalidoscope 36,7 millóns Apoio para a creación cultural en Europa a través da cooperación 1997-1999 Ariane 11,1 millóns Apoio para o libro e o sector da lectura 1997-1999 Raphael 30 millóns Patrimonio cultural 2000-2006 Cultura 2000 235,5 millóns Cooperación cultural en todos os campos artísticos e culturais excepto o audiovisual 2004-2006 Corpos activos no nivel europeo no campo da cultura 19 millóns Apoio para organizacións europeas no campo da cultura (cultura, linguas minorizadas…) 2007-2013 Cultura 2007-2013 400 millóns Cooperación cultural transfronteiriza en vista a promover o xurdimento da cidadanía europea Fonte: elaboración propia a partir do SEC (2011) 1399 final (commission staff working paper) 23 Comission staff working paper. Regulation of the European Parliament and of the Council establishing a Creative Europa Framework Programme. COM(2011)785 final Primeira parte: fundamentación teórica 33 Apréciase un interese crecente por parte do Goberno en dotar de medios económicos e de programas que artellen un sector que, na resolución do Consello relativa a unha a Axenda europea para a cultura24, recoñece que é un motor importante para o desenvolvemento persoal, a creación de emprego, a innovación e a competitividade. Ademais, nese documento pénsase que a Axenda de Lisboa debía reservar un papel máis importante para a cultura nas relacións exteriores da UE para reforzar a cooperación internacional. O audiovisual na configuración da Unión Europea non se circunscribe exclusivamente no ámbito cultural. Nas fichas técnicas ofrecidas polo Parlamento Europeo25, póñense de manifesto os fundamentos xurídicos da política audiovisual: • Artigos 28, 30, 34 e 35 (que fan referencia á libre circulación de mercadorías). • Artigos 45 a 62 (sobre a libre circulación de persoas, servizos e capitais). • 101 a 109 (que detallan a política de competencia). • 114 (harmonización tecnolóxica ou uso de normas tecnolóxicas similares, por exemplo na produción en Internet). • 165 (educación). • 166 (formación profesional). O interese por crear unha gran política audiovisual europea sentou os seus antecedentes nunha tripla área de actuación: a regulación dos medios de comunicación, os servizos de comunicación audiovisual e as relacións de comercio internacional. Os primeiros pasos chegaron da man de dous documentos: a Resolución Hahn26 e o Informe Barzanti do Parlamento Europeo (PE, de aquí en diante). O documento defendido por Johannes Hahn en 1982 ante o PE foi o primeiro intento por regular as emisións de radio e de televisión por mor do monopolio das canles de televisión públicas europeas. Nel tamén se apuntaba á motivación de crear unha gran cadea de televisión europea e, ao mesmo tempo, ás consecuencias das perspectivas abertas pola invención da televisión de alta definición. A súa presentación supuxo que o audiovisual pasase a estar na axenda da política europea. Pola súa parte, a resolución do Informe Barzanti propuxo o primeiro achegamento por harmonizar certos aspectos do copyright e doutros dereitos na sociedade da información27. A consideración cultural do audiovisual tivo, a partir do Tratado de Maastricht, unha relevancia extraordinaria, entre outras razóns, porque as axudas se poden considerar 24Resolución do Consello, do 16 de novembro de 2007, relativa a unha Axenda europea para a cultura. (2007/C 287/01) [Citado 15 maio 2012] Dispoñible en: http://eur-lex.europa.eu/legalcontent/ES/TXT/?uri=CELEX:32007G1129%2801%29 25 Audiovisual e os medios de comunicación. [Citado 25 maio 2012] Dispoñible en: http://www.europarl.europa.eu/atyourservice/es/displayFtu.html?ftuId=FTU_5.13.2.html 26 Resolución Hahn. DOCE 87 5/mar/1982. [Citado 15 maio 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/legal-content/EN/TXT/PDF/?uri=OJ:C:1982:087:FULL&from=ES 27 Resolución Barzanti. DOCE 150 do 28/mai/1999. [Citado 2 xullo 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/?uri=OJ:C:1999:150:TOC CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 34 compatibles co Mercado Cómun. Establéceo claramente o artigo 107.3D (artigo 87.3D, TUE)28, da sección segunda, que fai mención ás axudas prestadas polos estados: Artículo 107 (antiguo artículo 87 TCE) 1. Salvo que los Tratados dispongan otra cosa, serán incompatibles con el mercado interior, en la medida en que afecten a los intercambios comerciales entre Estados miembros, las ayudas otorgadas por los Estados o mediante fondos estatales, bajo cualquier forma, que falseen o amenacen falsear la competencia, favoreciendo a determinadas empresas o producciones. 3. Podrán considerarse compatibles con el mercado interior: d) las ayudas destinadas a promover la cultura y la conservación del patrimonio, cuando no alteren las condiciones de los intercambios y de la competencia en la Unión en contra del interés común. Entender o audiovisual en clave cultural permitiu que no Consello Informal de Ministros de Cultura que se desenvolveu na localidade de Mons, as teses de excepción cultural prevalecesen nas negociacións do GATT (Acordo Xeral de Aranceis, Aduaneiros e Comercio). Estes acordos permitiron manter excepcións, cláusulas, sostemento da facultade de regular as tecnoloxías e os sistemas de transmisión existentes, mantemento da liberdade da Comunidade e dos estados para desenvolver no futuro todas as políticas e medidas susceptibles de axudas ao sector audiovisual e, sobre todo, a primeira avaliación da Directiva de televisión sen fronteiras. Con todo, cómpre deixar ben claro que nas continuadas revisións dos Tratados as institucións europeas foron configurando a súa política audiovisual. Ademais, os variados fundamentos xurídicos arriba expostos son unha mostra máis da complexa natureza dos produtos audiovisuais que se caracterizan por non ser unicamente bens culturais nin simplemente bens económicos. No fondo, poñen de manifesto que a Unión Europea aspira a crear un mercado único europeo de servizos audiovisuais. A política audiovisual europea concíbese, desde un punto de vista xeopolítico interno, co seguinte obxectivo pensar e establecer, na medida do posible, unha soberanía audiovisual europea (en realidade cuestionada polo predominio do audiovisual de orixe norteamericano en terras europeas). Sobre o plano xeocultural externo, trátase de restaurar as áreas de influencia europea a nivel global. Así a todo, a política audiovisual europea foi considerada como un factor de integración especial, posto que ten en conta a ampla diversidade cultural do vello continente que historicamente foi froito do equilibrio entre o libre mercado e as accións29. Son moitos os factores que xustificaron ese progresivo interese por crear unha política audiovisual europea. Dunha banda, o seu peso específico no crecemento económico e no emprego. Na Comunicación da Comisión Europea, elaborada en 1999, remitida ao Consello, ao Parlamento Europeo, ao Comité Económico e Social e ao Comité das 28 Versión consolidada do Tratado da Unión Europea e do Tratado de Funcionamento da Unión. [Citado 2 xullo 2012] Dispoñible en:http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2010:083:FULL:ES:PDF 29 CRUSAFÓN, Carmina: Audiovisual europeo, diversidad cultural y mercado global: análisis de las actuaciones exteriores de la política audiovisual de la Unión Europea, Ámbitos,19 (2010), pp. 243-263 Primeira parte: fundamentación teórica 35 Rexións, co título “Principios directores da política comunitaria no sector audiovisual na era dixital” 30 déixanse as bases ben definidas dese aspecto: No ano 2005 os ingresos globais deste sector terían aumentado nun 70%, crecemento que podería significar a creación de 350.000 empregos altamente cualificados. Da outra banda, a súa consideración cultural supón que: o punto de partida para a definición das políticas debía de ser o papel social e cultural dos medios de comunicación do sector audiovisual31. O texto establecía claramente que a importancia da repercusión social destes medios, e deixaba claro do seguinte xeito nos principios que habían de rexir a polícia audiovisual da Comunidade Europea: a política audiovisual da Comunidade Europea fixo propios os principios (liberdade de expresión, dereito de réplica, o pluralismo, a protección dos autores e as súas obras, a promoción da diversidade cultural e lingüística, a protección dos menores e da dignidade humana e a protección dos consumidores) e obxectivos comúns e elaborou os seus propios instrumentos de acordo coas súas competencias particulares, especialmente na relación coa libre prestación de servizos e as medidas de apoio á industria. Esta Comunicación establece outro factor engadido, como é o contexto tecnolóxico cambiante, no que a revolución dixital introduce novos retos. Incide no feito de que o obxectivo fundamental desta política permanece invariable: ... fomentar a produción e distribución de obras europeas mediante, por un lado, o establecemento dun marco xurídico estable e seguro que garante a libre prestación de servizos audiovisuais e, por outro, mediante uns mecanismos de apoio adecuados32. Para concretar, a política audiovisual da UE implementouse historicamente a través de dous tipos de instrumentos: - Marco regulamentario o A Directiva de televisión sen fronteiras reemplazada posteriormente pola Directiva de servizos de comunicación audiovisual (novembro de 2007), dirixida a construír un único mercado para traballos audiovisuais. Inclúe como medidas destacadas as cotas para produtores. o Outras políticas comunitarias: do marco legal para os dereitos de propiedade intelectual ata as regras sobre o dereito da competencia (que tivo especial repercusión na configuración de grupos de comunicación). - Programa de financiamento: medidas de apoio centralizadas no programa MEDIA (Plus, Training, I, II, 2007-2013). Estes instrumentos foron acompañados doutras medidas de menor alcance, como o fomento da distribución en liña do contido e a alfabetización mediática, pero tamén doutras actividades puntais como o Día de Europa en Cannes. 30 COM(1999)657 Final. [Citado 2 xullo 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:1999:0657:FIN:ES:PDF p.9. 31 COM(1999)657 Final. [Citado 2 xullo 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:1999:0657:FIN:ES:PDF p.9. 32 [Citado 2 xullo 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:1999:0657:FIN:ES:PDF p.6. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 36 2.1. MARCO REGULAMENTARIO: DA DIRECTIVA DE TELEVISIÓN SEN FRONTEIRAS Á DIRECTIVA DE SERVIZOS DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL Tal e como vimos con anterioridade, o audiovisual non figura explicitamente nin no Tratado previo á formalización da Constitución Europea nin na súa carta magna. Porén, desenvólvense un conxunto de instrumentos normativos (en calquera das súas múltiples fórmulas como tratados, declaracións, resolucións, recomendacións, códigos de conduta, convenios e comunicacións) que incidiron de xeito importante sobre o sector. A primeira mención específica que consigna competencias culturais no ámbito europeo está no Tratado da Unión Europea tal e como apuntamos con anterioridade. Cómpre non esquecer que o dereito da Unión Europea se integra no noso ordenamento xurídico, como dereito de tratados internacionais unha vez que se publica no Boletín Oficial do Estado (BOE) de aí que moitas medidas adoptadas en Europa cheguen con certo atraso ao noso obxecto de estudo. Os dereitos de liberdades informativas, os de autor, a regulación da distribución de frecuencias do limitado espectro radioeléctrico… non son competencias exclusivas dun Estado. Por ese mesmo motivo, desde o século XVIII, moito antes de que se cimentase a idea dunha construción europea, existiron numerosos instrumentos normativos de carácter internacional que pretenderon regular estas materias que, dun xeito colateral contribúen a regular o dereito audiovisual. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 10 de decembro de 1948), o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos (19 de decembro de 1966), a Acta final da Conferencia de Nacións Unidas sobre a Liberade da Información (22 de abril de 1948)… Son antecedentes que atenden aos dereitos e liberdades informativas. O Convenio de Berna para a protección de obras literarias e artísticas, o de Roma sobre a protección de artistas e intérpretes, o de Xenebra para a protección dos produtores de fonogramas contra a reprodución non autorizada sobre a distribución de sinais portadoras… son outros dos que rexen na esfera internacional da propiedade industrial e intelectual. A regulación do volume e da importancia do comercio internacional, así como da difusión dos medios de comunicación por satélite e internet completan un amplísimo marco normativo no eido do dereito audiovisual no ámbito internacional. Destes dous mecanismos e da súa repercusión falaremos deseguido. No entanto, cómpre ter e conta que a Comunidade Europea sempre concedeu unha importancia destacada á relación da innovación tecnolóxica no sector audiovisual. Para iso adoptou medidas como a Directiva 95/47/CE, sobre o uso de normas para a transmisión de sinal de televisión, que marcou o escenario dos servizos de televisión dixital. A xa comentada Comunicación (1999) 657 final, emitida o 14 de febreiro de 1999, da Comisión Europea, establece por primeira vez os principios e directrices da política comunitaria no sector audiovisual na era dixital. Parámonos neste texto pola súa importancia xa que define o esqueleto sobre o que se constrúe o sector. Nela fíxanse os principios para a regulación: - O principio da proporcionalidade, que require que o grao de intervención regulamentaria non sexa maior do necesario para acadar o obxectivo en cuestión. É de aplicación para os servizos de radiodifusión televisiva, propiedade Primeira parte: fundamentación teórica 37 intelectual, a protección xurídica dos servizos codificados e a Directiva sobre comercio electrónico. - A separación das lexislacións relativas á transmisión e aos contidos. - Os obxectivos de interese xeral e o enfoque regulamentario no nivel europeo. - O recoñecemento do papel da radiodifusión pública e a necesidade de transparencia do seu financiamento. - A autorregulación (e, canda ela, directrices que deben cumprir os organismos reguladores, que han de ser independentes do Goberno e dos operadores; que os aspectos relativos ao contido sexan conformes ao principio de subsidiariedade e, polo tanto, unha responsabilidade primaria dos estados membros, e unha cooperación entre os reguladores implicados, infraestruturas de comunicación, sector audiovisual). Ese texto establece as seguintes accións: - Revisión da Directiva de televisión sen fronteiras (TSF). - Unha maior regulación do acceso aos contidos audiovisuais. - Protección dos dereitos de autor e de loita contra a piratería, que considera de “vital importancia”. - A protección dos menores. - Publicidade e patrocinio. Implica o estudo de novas técnicas para ofrecer unha avaliación das disposicións da Directiva TSF. - Establecer unhas directrices máis precisas en relación coa axuda estatal á produción cinematográfica e televisiva. Ademais, pretendía mellorar os aspectos xurídicos do sector cinematográfico e ofrecer unha achega precisa do que se entende por obra europea. Para a implantación desas liñas, definíronse os principios para a elaboración dos instrumentos comunitarios de apoio, que se resumen nos seguintes: - A complementariedade dos mecanismos nacionais e comunitarios. - O valor engadido comunitario. - A flexibilidade e capacidade de adaptación dos instrumentos de apoio. Para iso, propuña unha serie de accións que cumpría reforzar:  Nos ámbitos da diversidade cultural e lingüística, crear estruturas de información estatística.  Un novo programa MEDIA (que se chamaría Media Plus).  A iniciativa eEurope.  A apertura dunha liña de investigación no ámbito da investigación no campo da I+D. Estas accións sentaban as bases da creación dun espazo audiovisual común que, amparándose no principio da diversidade cultural e lingüística en Europa, fomentase a circulación de contidos. A comunicación tamén deixaba oco para o que debería ser a dimensión exterior da política audiovisual ao considerar a ampliación da UE en termos de oportunidade cultural, a necesidade de incluíla nos acordos da Organización Mundial do Comercio (OMC), así como o desenvolvemento da cooperación no sector. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 44 • Garantir a complementariedade entre, por unha parte, os esforzos despregados no ámbito europeo e, pola outra, os despregados no ámbito nacional. • Contribuír, en particular mediante a mellora da competencia dos profesionais do sector audiovisual da Comunidade, no que se refire á xestión económica e comercial, á creación, xunto coas institucións existentes nos estados membros, das condicións que permitan ás empresas do sector obter o maior proveito da dimensión do mercado único. O Programa MEDIA desenvolve un papel complementario dos distintos incentivos que exercen os gobernos, por iso nos interesa destacar aquí as distintas liñas de apoio que se desenvolveron nas diferentes edicións. Comezamos pola fase piloto. As principais liñas de actuación definidas nesa etapa embrionaria foron: Táboa 6: Liñas de acción do programa piloto MEDIA Liña Programa de actuación Distribución Euro-AIM: presenza colectiva dos produtores nos mercados europeos EFDO: mellora das condicións de distribución BABEl: axudas á dobraxe e ao subtitulado EVE: rede de mediatecas e bibliotecas públicas europeas Prosprodución Script: European Script Fund Cartoon. Asociación europea do Cine de Animación Club Media (Club de investimento MEDIA para a produción de proxectos innovadores MAP-TV (memoria Arquivos Programa). Rede de servizos de arquivo das televisión europeas Cartoon: creación de redes de estudos europeos de animación Formación EAVE (Entrepeneurs de L’Audiovisuel Européen) Media Business School Financiamento Euro Media Garanties: un fondo de garantía Media Venture: un fondo de capital risco Fonte: Elaboración propia a partir do artigo de Carmelo Garitaonandía42 A Decisión do Consello, do 21 de Decembro de 1990, relativa á aplicación dun programa de fomento da industria audiovisual, establece nos seus anexos I e II, as diferentes medidas: Táboa 7: Programa MEDIA 1990 Liña Medidas Distribución Distribución en salas: EDFO (European Film Distribution Office) Proseguir EVE (Espazo Vídeo Europeo) Apoio ao multilingüismo: continuidade de BABEL Intensificar actividades de EURO-AIM Produción Fortalecemento European Script Fund (sesións de script doctoring, apoio a documentais de creación de ampliación axudas ao desenvolvemento e preprodución ás sociedades que presenten paquetes de programas) Fortalecemento de CARTOON (cofinanciando gastos de coordinación e xestión; garantindo accións complementarias de formación, apoiando a realización de accións piloto mediante a dotación de fondos de incentivo en forma de adiantos sobre os ingresos) Explotación das novas tecnoloxías na produción de programas (ampliar as actividades emprendidas polo club de investimentos MEDIA, aumentando o número dos seus membros, convocando licitacións para estimular proxectos innovadores, apoiando actividades para promover a realización de películas e 42 GARITAONANDÍA, Carmelo: «El espacio audiovisual europeo y la política de comunicación de la CEE», Anàlisi, 14 (1992), pp. 167-181. Primeira parte: fundamentación teórica 45 Liña Medidas programas que empregan a norma Europa de televisión de alta definición, facilitando a iniciación dos profesionais da produción na utilización de técnicas de sintetización de imaxes Contribución á creación dun segundo mercado, a partir do aproveitamento dos arquivos (prestar apoio ao funcionamento e financiamento do MPA-TV, aproveitar a memoria colectiva e o patrimonio cinematográfico e televisivo europeo mediante a conservación restauración; elaborar catálogos que contribúa á promoción dos arquivos) Financiamento Fomentar os investimentos financeiros, a través do MEDIA–Centure, Euroo- Media Garantie e asociacións de investimento Formación Mellora das competencias, a través do EAVE e do MEDIA Business-School Participación en Eureka Audiovisual Ampliando a novos participantes, participación da Comunidade en diferentes liñas de acción para reforzar a importancia do programa Fonte: Elaboración propia a partir da Decisión 90/685/CEE Posteriormente, a Decisión do Consello do 10 de xullo de 1995 estableceu unha nova versión do programa MEDIA II, relativa a desenvolvemento e distribución, que se implantou entre os anos 1996 e 2000. Nese documento establecéronse as seguintes liñas de acción: Táboa 8: Programa MEDIA II Liña Medida Desenvolvemento Mellorar as condición de desenvolvemento (preprodución) de obras de ficción, documentais, obras de animación Distribución No que atende a cine e vídeo promover e crear un sistema de axuda reembolsable para distribuidores cinematográficos; un sistema de axuda aos distribuidores europeos proporcional aos ingresos do despacho de billetes polas películas europeas fora do seu territorio nacional, ata un importe límite fixado por película e modulado segundo os países Difusión televisiva: estimular os produtores independentes a que realicen obras que impliquen a participación de dous difusores de varios estados membros. Ademais, pretende tamén fomentar activamente o multilingüismo de varias obras Mellorar as condicións de promoción e acceso ao mercado dos produtores e distribuidores independentes Fonte: Elaboración propia a partir da Decisión 95/563/CEE Esta decisión establece que o programa MEDIA II financiará, como máximo, o 50% dos custos destas accións, achegando o resto os socios da industria. As fórmulas nas que se financiarán estas actividades son anticipos reembolsables, préstamos ou subvencións. Canda a ela tamén se apunta ao fomento do multilingüismo das obras, a contribución comunitaria efectuarase en forma de subvencións. O programa MEDIA II é substituído polo Programa MEDIA Plus (para desenvolvemento, distribución e promoción) para aplicar entre os anos 2001 e o 2005. Este programa pretendía agora fomentar un contorno propicio para a creación de empresas e para o investimento que asegure a presenza da industria audiovisual europea no mercado mundial, ao mesmo tempo que promove a diversidade cultural. As accións sintetízanse na seguinte táboa. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 46 Táboa 9: Programa MEDIA Plus Liñas Accións Desenvolvemento Propostas para desenvolver paquetes de proxectos para sociedades con diferente capacidade de investimento. Interesa desta liña de axuda o feito de que non superará o 50% do custo do proxecto, excepto das axudas para proxectos nos que prime a diversidade lingüística e cultural europea, para os que a axuda pode chegar ao 60% Distribución No cine: - anticipos reembolsables: búscase fomentar a integración en redes dos distribuidores europeos e que os propios distribuidores invistan en promoción. No noso caso interésanos apoiar o multilingüismo das obras europeas (dobraxe, subtitulado, produción multilingüe e banda sonora internacional) - apoio automático proporcional ás entradas de salas de cine vendidas para películas europeas non nacionais nos estados (coprodución dereitos de exhibición, gastos de edición, promoción e publicidade. Igualmente será dun 50% máximo, que pode chegar ata o 60% en función de criterios lingüísticos e culturais) - sistema de apoio: axentes de vendas - axuda a exhibidores para programas un tempo mínimo de sesións de proxección Distribución de obras off-line (videocasetes e DVD) para gastos de edición Subvencións para difusión televisiva Dixitalización de obras europeas para a súa futura distribución en liña Promoción Mellorar as condicións de acceso dos profesionais aos mercados de produtos, crear un banco de datos ou a interconexión en redes de bancos de datos, fomentar a axuda á promoción de obras cinematográficas. Igualmente, será dun 50% máximo, que pode chegar ata o 60% en función de criterios lingüísticos e culturais Actividades de promoción: destaca a creación dos chamados proxectos piloto, destinados a mellorar o acceso aos contidos audiovisuais europeos aproveitando as novas tecnoloxías. Están destinados a patrimonio cinematográfico, arquivos de programas audiovisuais europeos, catálogos de obras audiovisuais europeas e contidos europeos en difusión dixitais Fonte: Elaboración propia a partir da Decisión 821/200/CE O programa compleméntase coa Decisión 163/2001/CE relativa á execución dun programa de formación para os profesionais da industria europea de programas audiovisuais MEDIA-Formación establecido para ese mesmo período de actuación, entre 2001-2005. Os obxectivos continúan a ser os de responder ás necesidades da industria para favorecer a competitividade. Táboa 10: Programa MEDIA-Formación Liña Acción Formación En materia de novas tecnoloxías En materia de xestión económica, financeira e comercial Técnicas de redacción de guións Fonte: Elaboración propia a partir da Decisión 163/2001/CE O cofinanciamento comunitario non superará o 50% dos custos totais de formación, unha porcentaxe que pode chegar ao 60% no seguinte suposto: para accións de formación realizadas en países ou rexións de escasa capacidade de produción audiovisual e/ou de área lingüística ou xeográfica reducida43. 43 Decisión 163/2001/CE, DO L 163 do 27/xan/2001. [Citado 12 xullo 2012] Dispoñible en: http://eurlex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/?uri=OJ:L:2001:026:TOC Primeira parte: fundamentación teórica 47 No ano 2007 entra en vigor o último programa MEDIA que afecta ao noso obxecto de estudo. En virtude da Decisión n.º1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello desenvólvese o programa MEDIA 2007. Dotado con 754 millóns de euros e con vixencia entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2013. Continúa na mesma liña de traballo de programas anteriores, ao establecer como obxectivos a preservación da diversidade cultural e lingüística, o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, ademais de aumentar a circulación e a audiencias das obras audiovisuais europeas e reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo. Este programa contempla as seguintes liñas de acción: Táboa 11: Programa MEDIA 2007 Liña Acción Adquisición e perfeccionamento de competencias Atende a todos os ámbitos (desenvolvemento, produción, distribución, difusión e promoción). Interésannos as técnicas de escrita de guións, a xestión económica, financeira e comercial e a creación dun premio a novos talentos Desenvolvemento Apoiar o desenvolvemento de proxectos destinados ao mercado europeo e internacional presentados por empresas, particularmente PEME Apoiar a elaboración de plans de financiamento para empresas Distribución e difusión Apoiar a dobraxe e o subtitulado na distribución e na difusión (a través dun sistema de apoio automático a distribuidores proporcional ás entradas vendidas con topes por película e país) Establecer un sistema de apoio á creación dun kit de promoción de obras cinematográficas europeas (debería incluír unha copia subtitulada, unha BSO e material de promoción) Favorecer o acceso das PEME ao mercado internacional financiando os custos indirectos Para mellorar a circulación das películas europeas establece a creación dun sistema de axuda selectiva aos distribuidores cinematográficos para a promoción e comercialización de películas europeas non nacionais. Conceder axuda á elaboración dun catálogo de obras europeas non nacionais dun período concreto Animar a exhibidores e operadores a programar películas europeas non nacionais en salas de estrea durante un tempo mínimo Establecer un sistema de axuda ás sociedades europeas de distribución internacional de películas Alentar os produtores independentes a realizar obras nas que participen un mínimo de tres difusores de varios estados membros para promover a difusión de obras europeas Para que as empresas de produción independentes poidan acceder ao financiamento, propón financiar os custos indirectos de obras nas que participe un mínimo de tres difusores de varios estados membro pertencentes a zonas lingüísticas diferentes Na dixitalización das obras audiovisuais: interésanos aquí o apoio ao multilingüismo das obras europeas (dobraxe, subtitulado, produción) Promoción Liñas de apoio a mercados profesionais a mercados (sobre todo a mercados temáticos), apoio a foros de traballo para desenvolver, financiar, coproducir ou distribuír obras. Para mellorar o acceso do público, entre as medidas descritas, destacamos o apoio a festivais que programen unha porcentaxe maioritaria ou significativa de obras europeas; priorizar festivais que promovan obras de estados membros ou de rexións con pouca capacidade de produción audiovisual; apoio á organización de actos con ampla cobertura mediática, como a entrega de premios e os Días de Cine Europeo Proxectos piloto Apoiar e difundir os resultados dos proxectos piloto que se apoien Fonte: Elaboración propia a partir da Decisión n.º1718/2006/CE. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 48 O programa MEDIA tivo efecto no mercado da industria audiovisual. En 2002 a UE contabilizou 630 producións, fronte ás 450 dos Estados Unidos44. Unha cifra que en 2010 pasou a ser de 1.203 filmes comunitarios por 754 americanos (1.288 en 2009 en India, 526 en China)45. Dúas décadas de traballo deste programa contribuíron a incrementar as accións pero os problemas continúan e podemos concretalos en: - Fragmentación. - Problemas de acceso ao financiamento. - Impacto da globalización e do cambio dixital. - Escaseza de datos fiables de todos os países membros. Son liñas de traballo ás que atenderá Europa Creativa, o novo programa cultural da Unión Europea que integra a proposta MEDIA e que se comezan a definir no período de estudo da presente investigación. Queda claro, entón, que toda a política audiovisual da Unión Europea se artella atendendo a esa dobre natureza cultural e económica. Con todo, hai autores moito moi críticos coa orientación que o audiovisual desenvolveu, como é Schlesinger, que asegura: Para los EEUU, el comercio audiovisual es solo un negocio, mientras que para los europeos es tanto un negocio como (cuando conviene) un asunto cultural”46. Ata o de agora vimos a acción comunitaria a través das medidas de fomento desenvolvidas polo programa MEDIA nas súas diferentes etapas. Para completar este apartado, só nos queda apuntar cara ao suxeito, é dicir, a autoridade encargada de desenvolver estas actuacións. No período analizado existe una tendencia a la independencia de los agentes competentes en materia cinematográfica, en aras por lo general a deslindar las decisiones políticas de las estrictamente técnicas (artísticas, en el caso que nos ocupa). De ahí deriva la entrada en funcionamento en 2006 de una Agencia ejecutiva, la Agencia de Educación, Cultura y Audiovisual, competente para ejecutar las políticas comunitarias en este ámbito y, señaladamente, las políticas en materia cinematográfica y audiovisual47. En resumidas contas, a política audiovisual comunitaria evidenciou un interese crecente por regular, fomentar e flexibilizar o mercado audiovisual. As súas decisións e declaracións, respectando sempre o principio de subsidiariedade dos estados membros, foi encamiñada a reforzar a capacidade audiovisual europea. Con base na natureza multicultural, pero tamén sen perder de vista o relevante papel económico das industrias 44 COM (2003) 784 final “O futuro da política reguladora europea no ámbito audiovisual. Consultado en liña o 2 de setembro de 2011 [Citado 12 xullo 2012] Dispoñible en: http://europa.eu/legislation_summaries/audiovisual_and_media/l24107_es.htm 45 SEC (2011) 1399 final. Commission staff working paper. Impact assesment, accompanying the document Regulation of the European Parliament and of the Council establishing a Creative Europe Framework Programme. COM (2011) 785 final [Citado 12 xullo 2012] Dispoñible en: http://ec.europa.eu/programmes/creative-europe/documents/ce-impact_en.pdf 46SCHLESINGER, Philip: «From cultural defence to political cultural: media politics and collective identity in the European Union». Media, Culture & Society, 19 (1997), p.375. 47 SIERRA, Susana de la: Derecho del cine, administración cultural e mercado. Madrid: Iustel, 2010, p. 58. Primeira parte: fundamentación teórica 49 da cultura, foi regulando e fomentando o sector; creando os principios para a libre circulación de programas, promovendo a creación cultural e, ao mesmo tempo, separando forma e contido para desenvolver a súa acción sen que as liñas de acción queden obsoletas ante a rapidez da evolución das novas tecnoloxías. 2.4. CINEMATOGRAFÍA EUROPEA Visto o marco comunitario, cómpre facer un pequeno achegamento a cal é a realidade política e administrativa dos diferentes países que conforman a Unión Europea, que nos servirá de axuda para comparar co caso Español e co galego. Só así poderemos establecer se os mecanismos de axuda que se artellan nos diferentes países son semellantes ou diferentes ao referente galego. Táboa 12: Cinematografía europea País Nome Ano Orzamento Entidade Depende Funcións Francia Centre National du cinéma et de l’image animée 1946 2002: 483,86M€ Organización administrativa pública, constituída como independente e financiada de xeito independente. Ministerio de Cultura e comunicac ión -regulación -apoio de filmes, vídeo, multimedia, e novas tecnoloxías -promoción de filmes e televisión para todas as audiencias -preservación e desenvolvemento do patrimonio cinematográfico Alemaña Filmförder ungsanstal t 1968 2013:76M€ Organismo de dereito público Última reforma en 2010 Financiam ento de varias fontes - fomento (produción, guión, distribución, exhibición, vídeo, formación, investigación e innovación, actividades promocionais tanto en Alemaña como no estranxeiro) Austria Österreichis ches Filminstitut (antes, Austrian Filminstitu t ÖFI, creado en 1981) 1981 2003: 9,6 M€ Axencia. Entidade de dereito público. Dirixida por un director, designado polo Ministro Federal de Educación, Arte e Cultura coa supervisión do Consello de vixiancia Financiam ento do Goberno federal (Annual Federal Finance Act), reembolso s de créditos e outras contribuci óns Lei de Cinematog rafía de 2005 - fomento da produción, distribución e comercialización - apoio das coproducións - fortalecer a cooperación entre a industria do cine e a televisión - coordinación do financiamento dos gobernos federal e estatal Dinamarca Danske Filminstitu t (Instituto de Cine Danés) 1997 2014: 62 M€ Froito da fusión de tres organismos públicos previamente existentes. É unha axencia Ministerio de Cultura Concede axudas ao desenvolvemento, produción e distribución de cine danés así como coproducións. Apoia programas de educación audiovisual e promove a celebración de festivais de cinema. Conta cunha filmoteca. Apoia 20-25 filmes, 25-30 documentais cada ano. Destina o 25% dos seus subsidios a financiar películas de novos creadores. Irlanda Irish Film Board 2012:14.790 .000€ Regulado pola Film Board Act de 1990 Ministerio das Artes, Deporte e Fomento: desenvolvemento (4 liñas de crédito) CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 50 País Nome Ano Orzamento Entidade Depende Funcións Turismo produción (Ficción, Producións de filmes irlandeses e coprodución creativa), documental e curtas, completion) distribución (catro liñas) Islandia Icelandic Film Centre 2003 2012: 2,2 M€ Ministerio de Cultura Apoia a producción, distribución e promoción dos filmes islandeses, así como a conexión co audiovisual internacional Italia --- -- -- Dirección Xeral de Cine. Ministerio de Bens e Actividade s Culturais Apoio á produción Luxembur go Film Fund 1990 30 M€ Organismo oficial Ministeiro de Cultura e “ministro responsabl e do sector audioviusa l Concede préstamos discrecionais aos productores para financiar o desenvolvimiento e a escrita de guións, a distribución e a producción(coproducción de ficción, animación, documentais, curtametraxes, proyectos transmedia. Hai cinco convocatorias anuas e os criterios de aviación son culturais, socias e económicos Noruega Norsk Filminstitu t Ministerio de Cultura Norsk FIlmfond 2015:48M€ Fondo de asignación para producións norueguesas Ministerio de Cultura Apoio á produción e distribución (presenza en festivais) Países Baixos Nederland s Fonds voor de Film 1993 Axencia Ministerio de Cultura Apoio á produción Portugal Instituto do Cinema e do Audiovisua l (ICA). Substitúe ao ICAM creado en 1971 2007 2010: 16 M€ Instituto do Cinema e do Audiovisual, I. P. (ICA, I.P.) tras o cambio do Instituto del Cine, Audiovisual e Multimedia (ICAM) Creado por Decreto- Lei n.º 95/2007, Ministerio de Cultura pretende financiar e promover o cinema portugués. Axuda a fomento (escrita, desenvolvemento, producción, exhibición e distribución para novos autores, obras nacionais, multimedia e producións independentes); formación de público (festivais, cineclubes, asociacións culturais e escolares); institución de premios e apio á internacionalización Suecia Svenska Filminstitu et 1963 Fundación O Goberno financia e nomea o Consello (board) xunto con televisións e salas de cine Apoia a produción, distribución e exhibición. Filmoteca. Concede os premios do cinema sueco. Fonte: Elaboración propia a partir dos sitios web dos diferentes países que integran a Unión Europea Visto o esquema europeo, ímonos centrar brevemente en dous modelos: o francés e o inglés que responden a concepcións diferentes de apoio á cinematografía en canto á implicación da Administración. Primeira parte: fundamentación teórica 51 2.4.1. O modelo inglés O Office of Arts and Libraries (Ministerio de Artes e Bibliotecas), Department of Trade and Industry (Ministerio de Comercio e Industria), Home Office (Ministerio de Interior) e Department for the Environment (Ministerio de medio Ambiente) foron os diferentes departamentos con competencias en materia cultural. Foi en 1992 cando tivo lugar unha concentración de funcións nun único departamento. Chamouse Department for National Heritage (Departamento de Patrimonio Nacional), antecedente do que en 1997 se convertería no actual Department for Culture, Media and Sport. As competencias deste departamento son bastante amplas e abranguen desde os museos e galerías de arte ao turismo, pero tamén á lotería e ao audiovisual. Susana de la Sierra ten explicado48 que esta reorganización se debe á vitoria do partido laborista das eleccións de 1997 e, polo tanto, á execución do seu ideario con respecto á cultura. Iso é, o acceso á cultura para todos os colectivos, a concepción da cultura como preservación do patrimonio nacional, como fomento da creación artística e como emblema cara o exterior. Este ministerio está conformado organicamente por unha Secretaría de Cultura, que coordina o labor de diferentes ministros. Por debaixo deles está unha Secretaría Permanente que coordina as diferentes direccións xerais. Interésanos este esquema para analizar o caso galego, pero tamén para saber que organismos e/ou desenvolveron diferentes liñas e medias de acción. Organismos A organización administrativa do goberno, alén do xa apuntado máis arriba, centralízase en dúas entidades: UK Film Council (Consello da Cinematografía do Reino Unido) e o British Film Institute (Instituto Británico da Cinematografía). O UK Film Council é a axencia que desenvolve e executa as liñas estratéxicas establecidas polo Department for Culture, Media and Sport. Esta entidade canaliza a maior parte das axudas públicas ao cinema, capta financiamento privado, cordina as diferentes forzas xeradoras de recursos e, ao mesmo tempo, xestiona as axudas procedentes da UE (funciona como a Axencia MEDIA no Reino Unido). Organicamente está composto por un equipo directivo de 15 persoas nomeadas polo ministro ou ministra de Cultura entre persoas de recoñecido prestixio do ámbito do sector audiovisual. Garda certa autonomía con respecto ao Department for Culture e rende contas de xeito trianual. Con respecto ao seu financiamento, son varias as fontes nas que se nutre. Dunha banda, o Fondo da Lotería Nacional, que consiste na súa principal fonte de ingresos. Da outra, relacionado co que vimos antes que exerce o servizo MEDIA-Desk, recibe os fondos asignados pola Unión Europea nesta materia, pero tamén doutros ministerios ou organismos públicos. O British Film Institute (Instituto Británico da Cinematografía) intégrase dentro do Department for Culture, Media and Sport. Foi creado en 1933 co obxectivo de empregar as películas como instrumento para a educación e, ao mesmo tempo, pór en valor a 48 SIERRA, Susana de la: Op. cit, p. 62. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 52 cultura. En 1948 iniciou unha reestruturación que culminou un ano despois coa aprobación da British Film Institute Act, lei que o regula ata o presente. Existen tamén outros organismos vinculados a un concepto territorial. Tres axencias nacionais: Northern Island Film & Television Commission, Scottish Screen e Wales Screen Comision. Ademais, hai outras axencias rexionais: EM-Media, Film London, Northern Film and Media, North Western Vision, Screen East, Screen South, Screen West Midlands e Screen Yorkshire. Por último, tendo en conta a importancia do audiovisual estadounidense, o Goberno británico creou unha Axencia Cinematográfica en Hollywood (UK Film Council US). Financiamento O financiamento do modelo cinematográfico inglés provén dos fondos recadados pola Lotería Nacional. Regulado por diferentes leis, o Departamento de Cultura encárgase de repartir eses fondos. Centralízanse nun Fondo de distribución (National Lottery Distribution Fund) pero tamén no denominado de “boas causas” (Good Causes), de onde se inicia o repartimento do conxunto total dos fondos destinados á cultura. No caso concreto do fomento da cinematografía, hai ademais outros fondos de carácter máis específico: o Development Fund, destinado ao fomento da produción de películas británicas; o Premiere Fund, para producir películas atractivas en todo o mundo, ou sexa, grandes producións que poidan competir coas estadounidenses; e o New Cinema Fund, para o cinema independente ou de autor. Con todo, o realmente destacado do cinema británico é a súa fiscalidade. Antes que nada cómpre lembrar o feito de que no Reino Unido existen determinados territorios que teñen unha fiscalidade peculiar que son especialmente atractivos para a cinematografía. É o caso da Illa de Man. Con todo, centrarémonos na norma xeral. A Finance Act (lei financeira, que fai referencia aos ingresos que ten o Goberno británico) estableceu unha exención xenerosa para a produción cinematográfica. Foi en 1992 cando o goberno conservador cedeu aos grupos de presión que esixían exencións tributarias para as películas cualificadas como británicas. Esa exención, denominada tax relief, tivo unha revisión sen grandes cambios en 1997. Permitía compensar os custos de produción dunha película cos ingresos da compañía produtora, para efectos de determinada a cantidade concreta pola que a película tributaría. Foi co goberno laborista49 cando tivo lugar a reforma da Finance Act que aprobou medidas en varias liñas encamiñadas a corrixir desviacións polo mal uso da exención. Entre elas, a nova lei limita a unha persoa (sexa física ou xurídica) beneficiarse da exención, evitando así que diferentes participantes imputen a mesma cantidade e o mesmo concepto. Ademais, exime aquelas fases de preprodución, produción e posprodución. E só cómpre unha exención: ben por produción, ben por adquisición. Por último, no que refire á fiscalidade, cómpre matizar os beneficiarios. A Finance Act alude ás “películas británicas” pero o dereito comunitario é moi claro ao respecto e por tal etiqueta debe comprenderse todos os estados membros da Unión Europea. 49 CHRISFELD, L.: «UK Tak Incentives for Film Production». Entertainment Law Review, 5 (1992), p. 177. Primeira parte: fundamentación teórica 53 En resumidas contas, o modelo británico é mixto en canto ao seu financiamento porque por unha banda depende de fondos públicos (provenintes dunha onerosa fonte de financiamento como pode ser a lotería), que ademais xestionan os fondos comunitarios ao funcionar como unha oficina MEDIA-Desk, e, pola outra, tamén busca fondos privados para apoiar diferentes fases do proceso cinematográfico. Destaca o carácter integrador do seu modelo, que, mantendo a súa independencia, ten un pé na cinematografía americana (con esa axencia de representación permanente en Hollywood) e outro pé na cinematografía comunitaria (polo xa comentado antes de dobre papel do financiamento). O modelo de fomento británico busca poñer a énfase na formación, na distribución e na exhibición, deixando a produción como un aspecto ao que hai que prestar menos apoio. Un aspecto realmente diferenciador do visto noutras cinematografías. 2.4.2. O modelo francés: a orixe da excepción cultural Francia é actualmente o referente cara ao que ollan os produtores de todos os países. Desde que existiu o cinema adiantouse ao resto dos países cun sistema organizativo público que inaugurou os preceptos do Estado da Cultura. Foi o precursor da administración cinematográfica, que se amparou nunha decisión económica: os acordos Blum-Byrnes. Finalizada a segunda Guerra Mundial, Francia e Estados Unidos iniciaron negociacións para recuperar o comercio entreambos Estados. Nos contidos deses acordos estableceuse un sistema de librecambio para produtos e servizos. As excepcións eran a importación e circulación de películas norteamericanas en Francia, coa intención de fomentar o desenvolvemento do cinema nacional. O Estado francés comprobara a eficacia do uso do cinema como instrumento de propaganda que se empregara en Alemaña na época de Weimar, que abriu o paso do modelo de Estado Social e, polo tanto, un novo modelo de dereito administrativo. Organismos No marco dos acordos económicos de 1945, para xestionar a futura industria cinematográfica creouse en 1946 o Centre National du Cinéma (CNC, de aquí en diante). Dese xeito tamén se deu o salto do dereito da seguridade no eido cinematográfico, ao dereito prestacional ou política de fomento, que regulaba a actividade cinematográfica polos seus contidos e polo obxecto de xuntanza. Era unha entidade de dereito público dotada de personalidade xurídica propia e de autonomía financeira. Malia este carácter autónomo, estaba adscrito inicialmente ao Ministerio de Economía, do que se trasladou ao Ministerio de Cultura tras a súa creación en 1959. En 2009 foi modificado por unha disposición con forza de lei ditada polo Executivo (conforme o previsto na Lei do 5 de marzo de 2009) relativa á comunicación audiovisual e ao novo servizo público da televisión. Isto implica un cambio de denominación do CNC a Centre National du Cinéma et de l´Image Animée. Interesa destacar esta matización porque se actualiza o concepto moderno do audiovisual no que o cinema é unha manifestación máis do sector audiovisual. Os cambios foron tamén máis fondos e afectaban tamén a un cambio de concepción da política cinematográfica e tamén á necesidade dun sistema de xestión máis propio das axencias. Non afondaremos CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 60 autoridades administrativas as que poden cualificar unha actividade como tal e poden ser os xuíces quen de revogala. En lugar de contribuír a aclarar o xa delicado concepto do servizo público, establece unha arbitrariedade na súa decisión. De feito, conforme ese texto, a actividade audiovisual pode ser considerada un servizo público ou servizo de interese xeral en función de si o considera un operador público ou un privado. Neste sentido, o dereito das telecomunicacións é tamén dereito constitucional porque así figura na CE. Pero tamén é dereito administrativo, en tanto que a intervención das administracións públicas afecta a persoas xurídicas públicas e privadas; técnicas autorizativas e concesionais... Con todo, a CE non fai explícito o carácter público da actividade, polo tanto é o lexislador, o Goberno, na lei quen establece o seu carácter. Os dereitos fundamentais (honor, intimidade, os que permiten expresar e difundir libremente as opinións), os culturais, os educativos ou mesmo os comunicativos son claves na Constitución e contribuíron perfilar o deseño do modelo audiovisual que se foi concretando despois en leis, normas e aínda sen mención específica. Con todo, o noso obxecto de estudo podería sobreentenderse en numerosos artigos que fan referencia á liberdade de expresión e a todos os dereitos fundamentais e liberdades recoñecidos no Título I, así como en todos os artigos que fan referencia á cultura e á creación cultural. Ademais, son numerosos os autores como Enrique Linde, José María Vida ou Sara Medina, que defenden o papel de difusión cultural e educativo que ten o audiovisual e de soporte para a actividade publicitaria, coa súa correspondente relevancia económica. Susana de la Sierra incide nesta cuestión ao destacar que fomentar o vínculo da cultura coa educación reforza a visión de querer unha cidadanía máis formada. Por último, son dereitos tanto individuais como colectivos xa que afectan á protección da xuventude e da infancia, á non discriminación, ao dereito de acceso aos medios de comunicación social. Se a esta ecuación lle engadimos unha variable máis, a do dereito da competencia, completamos unha fórmula complexa que traza o sector audiovisual tal e como o entendemos hoxe. A cinematografía Ao non haber mención explícita á cinematografía no texto constitucional, pero ao ser unha materia con implicacións culturais e económicas, na práctica xurdiron numerosos conflitos que tivo que resolver o Tribunal Constitucional. Existe unha vintena de sentenzas que conforman a xurisprudencia nesta materia e que dan conta da natureza poliédrica. Nalgúns casos, a cinematografía é un espectáculo ou un entretemento (Sentenza 153/198556, do 1 de novembro, coa relatora Gloria Begué Cantón, que reitera a inaplicabilidade do título competencial “Medios de comunicación social” do artigo 149.1.27ª, ou a Sentenza 149/198557, do 24 de outubro, no fundamento xurídico décimo terceiro, que di “tender á distracción ou entretemento das persoas a 56 Senteza 153/1985. [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/533 57 Senteza 149/1985 [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/529 Primeira parte: fundamentación teórica 61 través do fomento do cine español”); noutras é cultura (sentenza 157/198558 do 15 de novembro, no fundamento xurídico cuarto no que di ser “unha expresión máis da concorrencia dos distintos poderes públicos en fomento da cultura”), ou industria (Sentenza 153/198959, do 5 de outubro, que considera que resulta de aplicación o definido no artigo 149.1.13ª CE e polo tanto, é competencia estatal). Esta diferente interpretación implica, na práctica, que dunha banda será unha competencia concorrente e, da outra, unha competencia exclusiva das comunidades autónomas. Algo que Jesús Prieto chamou “babel competencial”60. Iso si, esta mesma xurisprudencia deixa ben claro que por cinematografía nunca se entende un medio de comunicación social (no sentido do artigo 149.1.27ª), e isto ten importancia na medida en que pode ser unha competencia tanto do Estado como da Comunidade Autónoma. 3.1.2. Os estatutos de autonomía Tendo en conta o xa descrito, a concorrencia nas competencias do ámbito cultural, a poliédrica consideración do sector audiovisual así como a inexistencia dunha referencia explícita no marco constitucional ao sector cinematográfico (alimentado pola xurisprudencia, de acordo con ese carácter poliédrico, non é un materia con competencia exclusiva do Estado), varias comunidades autónomas regularon e adaptaron as súas estruturas administrativas ao redor do feito cultural, audiovisual e cinematográfico. Este feito recóllese nos estatutos de autonomía, sobre todo nos que se foron revisando a mediados da década do 2000 e que agora iremos perfilando. A primeira en introducir estas cuestións foi a polémica reforma do estatuto de autonomía de Cataluña. Aprobado na Lei orgánica 6/2006, do 19 de xullo61, no articulado fai referencia ao sector audiovisual do seguinte xeito: Artículo 52. Medios de comunicación social. 1. Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para garantizar el derecho a la información y a recibir de los medios de comunicación una información veraz e unos contenidos que respeten la dignidad de las personas y el pluralismo político, social, cultural y religioso. En el caso de los medios de comunicación de titularidad pública la información también debe ser neutral. 2. Los poderes públicos deben promover las condiciones para garantizar el acceso sin discriminaciones a los servicios audiovisuales en el ámbito de Cataluña. Sección Cuarta. Regulación del Consejo Audiovisual de Cataluña. Artículo 82. El Consejo Audiovisual de Cataluña. El Consejo Audiovisual de Cataluña es la autoridad reguladora independiente en el ámbito de la comunicación audiovisual pública y privada. El Consejo actúa con plena independencia del Gobierno de la Generalitat en el ejercicio de sus funciones. Una ley del 58 Senteza 149/1985 [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/537 59 Sentenza 153/1989 [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/1359 60 PRIETO DE PEDRO, Jesús. Op. cit, p. 266. 61 Lei orgánica 6/2006, do 19 de xullo. [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/boe/dias/2006/07/20/pdfs/A27269-27310.pdf CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 62 Parlamento debe establecer los criterios de elección de sus miembros y sus ámbitos específicos de actuación. Artículo 146. Medios de comunicación social y servicios de contenido audiovisual. 1. Corresponde a la Generalitat, en materia de servicios de radio y televisión, así como de cualquier otro servicio de comunicación audiovisual: a) La competencia exclusiva sobre la organización de la prestación del servicio público de comunicación audiovisual de la Generalitat y de los servicios públicos de comunicación audiovisual de ámbito local, respetando la garantía de la autonomía local. b) La competencia compartida sobre la regulación y el control de los servicios de comunicación audiovisual que utilicen cualquiera de los soportes y tecnologías disponibles dirigidos al público de Cataluña, así como sobre las ofertas de comunicación audiovisual si se distribuyen en el territorio de Cataluña. 2. Corresponde a la Generalitat la competencia compartida en materia de medios de comunicación social. 3. La Generalitat fomentará el pluralismo lingüístico y cultural de Cataluña en los medios de comunicación social. Un aspecto que desenvolveu a Lei 11/2007, do 11 de outubro, da Corporación Catalana de Medios Audiovisuais62. Con todo, este Estatuto encadra claramente o sector da cinematografía na cultura, e toda as referencias figuran no artigo 127 do capítulo II, que establece o marco competencial (van subliñadas as competencias relativas ao sector da cinematografía): Corresponde a la Generalitat la competencia exclusiva en materia de cultura. Esta competencia exclusiva comprende en todo caso: Las actividades artísticas y culturales, que se llevan a cabo en Cataluña, que incluyen: Primero. Las medidas relativas a la producción, distribución de libros y publicaciones periódicas en cualquier soporte, así como la gestión del depósito legal y el otorgamiento de los códigos de identificación. Segundo. La regulación y la inspección de las salas de exhibición cinematográfica, las medidas de protección de la industria cinematográfica y el control y la concesión de licencias de doblaje a las empresas distribuidoras domiciliadas en Cataluña.Tercero. La calificación de las películas y los materiales audiovisuales en función de la edad y de los valores culturales.Cuarto. La promoción, la planificación, la construcción y la gestión de equipamientos culturales situados en Cataluña. Quinto.El establecimiento de medidas fiscales de incentivación de las actividades culturales en los tributos sobre los que la Generalitat tenga competencias normativas. El patrimonio cultural, que incluye en todo caso: Primero.La regulación y la ejecución de medidas destinadas a garantizar el enriquecimiento y la difusión del patrimonio cultural de Cataluña y a facilitar su acceso. Segundo. La inspección, inventario y restauración del patrimonio arquitectónico, arqueológico, científico, técnico, histórico, artístico, etnológico y cultural en general. Tercero. El establecimiento del régimen jurídico de las actuaciones sobre bienes muebles y inmuebles integrantes del patrimonio cultural de Cataluña y la determinación del régimen jurídico de los bienes inmuebles, así como la declaración y la gestión de estos bienes con la excepción de aquéllos que sean de la titularidad del Estado.Cuarto. La protección del patrimonio cultural de Cataluña, que incluye la conservación, la reparación, el régimen de vigilancia y el control de los bienes, sin perjuicio de la competencia estatal para la defensa de los bienes integrantes de este patrimonio contra la exportación y la expoliación. 62 Lei 11/2007, do 11 de octubre, da Corporación Catalana de Medios Audiovisuales. BOE 266 . [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/boe/dias/2007/11/06/pdfs/A45483-45490.pdf Primeira parte: fundamentación teórica 63 Los archivos, las bibliotecas, los museos y los otros centros de depósito cultural que no son de titularidad estatal, que incluye en todo caso: Primero. La creación, la gestión, la protección y el establecimiento del régimen jurídico de los centros que integran el sistema de archivos y el sistema bibliotecario, de los museos y de los otros centros de depósito cultural. Segundo. El establecimiento del régimen jurídico de los bienes documentales, bibliográficos y culturales que están depositados en los mismos. Tercero. La conservación y la recuperación de los bienes que integran el patrimonio documental y bibliográfico catalán. El fomento de la cultura, con relación al cual incluye: Primero. El fomento y la difusión de la creación y la produción teatrales, musicales, audiovisuales, literarias, de danza, de circo y de artes combinadas llevadas a cabo en Cataluña. Segundo. La promoción y la difusión del patrimonio cultural, artístico y monumental y de los centros de depósito cultural de Cataluña. Tercero. La proyección internacional de la cultura catalana. A protección do patrimonio cinematográfico, así como a proxección exterior de Cataluña, están sempre vinculadas ao carácter cultural. Nese mesmo ano tamén se reformou o Estatuto da Comunidade Valenciana (Lei orgánica 1/2006, do 10 de abril63) cun novo texto que fai abondosas referencias ao sector cultural, comezando polo seu preámbulo: Igualmente, es motivo de esta reforma el reconocimiento de la Comunitat Valenciana,como Nacionalidad Histórica por su raíces historicas, por su personalidad diferenciada, por su lengua y cultura y por su Derecho Civil Foral. Máis adiante inclúe o seguinte: Pretende también esta reforma el impulso y desarrollo del Derecho Civil Foral Valenciano aplicada, al conocimiento e uso de la lengua valenciana, de la cultura propia e singular de nuestro pueblo, de sus costumbres e tradiciones. Ao igual que acontecía co Estatuto catalán, repousa na vontado dos valencianos e das valencianas, a participación da vida cultural aínda uqe vivan fóra. Característica que expresa do seguinte xeito: asentados fuera de la Comunitat Valenciana y en especial el derecho a participar, colaborar y compartir la vida social y cultural del pueblo valenciano. La Generalitat velará por la protección y defensa de la identidad y los valores y intereses del Pueblo Valenciano y el respecto a la diversidad cultural de la Comunitat Valenciana y su patrimonio histórico. A Generalitat reserva a unha lei a protección e defensa da creatividade artística, científica e técnica. Ademais, no título III, que dá conta da composición da Generalitat, no seu artigo 24.3 recóllese esta enumeración: Son también instituciones de la Generalitat la Sindicatura de Comptes, el Síndic de Greuges, el Consell Valenciá de Cultura, l’Acadèmia Valenciana de la Llengua, el Consell Jurídic Consultiu y el Comité Econòmic i Social. 63 . Lei orgánica 1/2006. [Citado 15 novembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/boe/dias/2006/04/11/pdfs/A13934-13954.pdf CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 64 Con respecto ao Consell Valenciá de Cultura, máis adiante, no seu artigo 40 especifica o seu carácter asesor e consultivo das institucións públicas nas que sexan consideradas materias específicas da cultura valenciana. A presenza da cultura, audiovisual e cinematografía recóllese no no título IV, onde se fai mención ás competencias. No artigo 49, no seu apartado 4.º enúnciase "Cultura", sen maior aclaración, das competencias exclusivas da Generalitat. Con respecto ao audiovisual, no sentido dos medios de comunicación, está regulado no artigo 56 no que establece: Artigo 56 1. Corresponde a la Generalitat, en el marco de las normas básicas del Estado, el desarrollo legislativo y la ejecución del régimen de radiodifusión y televisión y del resto de medios de comunicación en la Comunitat Valenciana. 2.En los términos establecidos en el apartado anterior de este artículo, la Generalitat podrá regular, crear y mantener televisión, radio y demás medios de comunicación social, de carácter público, para el cumplimiento de sus fines. 3. Por Lei de Les Corts, aprobada por mayoría de tres quintas partes, se creará el Consell del Audiovisual de la Comunitat Valenciana, que velará por el respecto de los derechos, libertades y valores constitucionales y estatutarios en el ámbito de la comunicación y los medios audiovisuales en la Comunitat Valenciana. No que ten que ver coa cinematografía non hai outra consideración específica, aínda que Susana de la Sierra si que fai mención á disposición adicional segunda do reformado Estatuto valenciano, que deixa aberto o ámbito competencial a unha modificación da lexislación do estado. Ela explícao do seguinte xeito. fruto desta cláusula es posible que, pese a que el texto no incluya reformas que interesen a la cinematografía, estas reformas tengan lugar de forma efectiva empleando la vía prevista para eso64. En 2007 Andalucía aprobou (Lei orgánica 2/2007, do 19 de marzo65) a reforma do seu Estatuto de Autonomía, que destina numerosas referencias á cultura. En consonancia co espírito dos anteriores estatutos de autonomía analizados, pasa dos dereitos de acceso a falar das competencias en materia cultural. Ademais, igual que no caso catalán, alude á necesidade de cooperación para falar da proxección internacional da cultura andaluza. No marco do título I "Derechos sociales, deberes y políticas públicas", no capítulo I, de "Disposiciones generales" dedica o artigo 33 á cultura, en termos de dereito de acceso da cidadanía áos seguintes ámbitos: cultura, al disfrute de los bienes patrimoniales, artísticos y paisajísticos de Andalucía, al desarrollo de sus capacidades creativas individuales y colectivas, así como el deber de respetar y preservar el patrimonio cultural andaluz. Unha idea que reforza no seu capítulo III, "Principios rectores de las políticas públicas", no seu artigo 37 explica o seguinte: libre acceso de todas las personas a la cultura y el respecto a la diversidad cultural (17º) ;la conservación y puesta en valor del patrimonio cultural, histórico y artístico de Andalucia, especialmente del flamenco (18ª); la convivencia social, cultural y religiosa de todas las personas en Andalucía y el respecto a la diversidad cultural, de creencias y convicciones, 64 SIERRA, Susana de la: Op. cit, p. 105. 65 Lei 2/2007. [Citado 1 decembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/boe/dias/2007/03/20/pdfs/A11871-11909.pdf Primeira parte: fundamentación teórica 65 fomentando las relaciones interculturales con pleno respecto a los valores y principios constitucionales (23º). Faise mención tamén á cultura entendida como educación (artigo 52), inmigración (artigo 62) e patrimonio (artigo 68). Con respecto a este último, di o seguinte: Corresponde a la Comunidad Autónoma la compentencia exclusiva en materia de cultura, que comprende las actividades artísticas y culturales que se lleven a cabo en Andalucía, así como el fomento de la cultura, en relación con el cual se incluye el fomento y la difusión de la creación y la produción teatrales, musicales, de la industria cinematográfica y audiovisual, literarias, de danza, y de artes combinadas llevada a cabo en Andalucía; la promoción y la difusión del patrimonio cultural, artístico y monumental de los centros de depósito cultural de Andalucía, y la proyección internacional de la cultura andaluza" Separa así audiovisual de cinematografía, pero deixa ben claro que é unha competencia que lle corresponde á Comunidade Autónoma. Interesante para o obxecto que nos ocupa é tamén o artigo 69, relativo a “Medios de comunicación social y servicios de contenido audiovisual”, do que detalla o seguinte: 1. Corresponde a la Comunidad Autónoma la competencia exclusiva sobre la organización de la prestación del servicio público de comunicación audiovisual de la Junta de Andalucía y de los servicios públicos de comunicación audiovisual de ámbito local, respetando la garantía de la autonomía local. 2. La Comunidad Autónoma de Andalucía podrá crear y mantener todos los medios de comunicación social necesarios para el cumplimiento de sus fines. 3. Corresponde a la Comunidad Autónoma el desarrollo legislativo y la ejecución sobre competencias de medios de comunicación social. 4. Corresponde a la Comunidad Autónoma la competencia compartida sobre ordenación y regulación y el control de los servicios de comunicación audiovisual que utilicen cualquiera de los soportes y tecnologías disponibles dirigidos al público de Andalucía, así como sobre las ofertas de comunicación audiovisual si se distribuyen en el territorio de Andalucía. Esta mención aos servizos de contido audiovisual é entendida por autores como Susana de la Sierra como unha chamada a separar a redefinir tecnicamente o medio. A evolución tecnolóxica é tan rápida e fonda que a relación entre a cinematografía e outros medios audiovisuais, como a televisión, se estreita de forma intensa”66. O Estatuto destina todo o título VIII a delimitar os “Medios de comunicación social”. Dez artigos dos que nos interesa destacar varios aspectos: en primeiro lugar, que o servizo e a xestión da radiotelevisión teñen carácter público e se prestarán mediante xestión directa. Canda esta descrición o texto establece tamén que a radiotelevisión pública estará xestionada directamente pola Junta de Andalucía. En segundo lugar, o Estatuto deixa claro que os medios de difusión públicos promoverán a cultura andaluza tanto nas súas formas tradicionais como nas novas creacións e fomentarán o desenvolvemento audiovisual en Andalucía e a súa produción cinematográfica. Deixa ao abeiro da lei o desenvolvemento da publicidade institucional e lembra a obriga dos dereitos, liberdades e valores constitucionais. 66 SIERRA, Susana de la: Op. cit, 2010. p 105. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 66 Rematamos este breve achegamento descritivo á presenza da cultura, audiovisual e cinematografía nos estatutos de autonomía con outro dos reformados nesta vaga67 que tivo lugar a principios do século XXI, como é o de Castela e León. Aprobado na Lei orgánica 14/2007, no preámbulo explica así a finalidade deste texto: pone en manos de los ciudadanos y de las instituciones de Castilla e León los instrumentos precisos para que el progreso social, cultural y económico y la Comunidad siga haciéndose realidad en los años venideros68. En liña cos preceptos que viñamos observando noutros estatutos, o de Castela e León fai referencia ao dereito dos casteláns e leoneses a "colaborar e compartir" a vida social e cultural. Sitúa sempre a cultura no mesmo nivel que o patrimonio (artigo 13.10) e o idioma (artigo 5). Son deberes dos cidadáns desta comunidade “respectar, coidar e protexer o patrimonio cultural" (Artigo 15.d). Eses dereitos e deberes fanse extensibles á participación e obxecto compartido pola comunidade autónoma no estranxeiro. No que atende ás competencias exclusivas destaca o artigo 70. 31º que indica as seguintes: cultura, con especial atención a las actividades artísticas y culturales de la Comunidad: a) Fomento y promoción de las producciones artísticas y literarias de Castilla y León b) Produción, distribución de libros y publicaciones periódicas en cualquier soporte, así como la getión del depósito legal y el otorgamiento de códigos de identificación. c) Industria cinematográfica y audiovisual de Castilla y León y de promoción y planificación de equipamientos culturales de Castilla y León d) Patrimonio histórico, artístico, monumental, arqueológico, arquitectónico y científico de interés para la Comunidad, sin perjuicio de la competencia del Estado para su defensa contra la exportación y la expoliación. e) Museos, bibliotecas, hemerotecas, archivos y otros centros culturales y de depósito de interés para la Comunidad y que no sean de titularidad estatal. En los mismos términos, conservatorios de música y danza, centro de artes escénicas y otras instituciones relacionadas con el fomento y la enseñanza de las Bellas Artes. f) Fiestas y tradiciones populares. g) Las académicas científicas y culturales que desarrollen principalmente su actividad en Castilla y León. Nesta reforma estatutaria inclúese a cinematografía dentro da cultura e da industria. Na seguinte táboa facemos un resumo da presenza do audiovisual e da cinematografía no marco dos estatutos de autonomía recentemente reformados. Non podemos incluír o galego xa que, malia que se iniciaron consultas para a reforma, ao final non houbo acordo e a proposta non chegou a concretarse. Táboa 13: O audiovisual e a cinematografía nos estatutos de autonomía en España Comunidade Lei Orgánica Artigo(s) Referencia Cataluña 6/2006 do 19 de xullo A. 127, 52, 58 Medios de comunicación social Consell de l’audioviual de Catalunya Regulación da salas de exhibición cinematográfica. Fomento da creación e da produción audiovisual 67 O 28 de febreiro publícase a Lei orgánica 1/2007 que reforma o Estatuto de autonomía de las Illes Balears. O 20 de abril dese mesmo ano publícase a Lei orgánica 5/2007 que reforma o Estatuto de autonomía de Aragón. 68 Lei orgánica 14/2007. [Citado 1 decembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/boe/dias/2007/12/01/pdfs/A49486-49505.pdf Primeira parte: fundamentación teórica 67 Comunidade Lei Orgánica Artigo(s) Referencia Valencia 1/2006 do 10 de abril Preámbulo, 24.3, 49 Consell Valenciá de Cultura Consell del Audiovisual de la Comunitat Valenciana Andalucía 2/2007 do 19 de marzo A. 33, A.37 // A.69 Fomento e creación da industria cinematográfica e audiovisual Castela e León 14/2007 do 30 de novembro A. 70.31º Industria cinematográfica e audiovisual de Castela e León e de promoción e planificación de equipamentos culturais de Castela e León Fonte: Elaboración propia a partir das leis orgánicas dos diferentes estatutos de autonomía 3.2. O MODELO DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAIS O modelo español do audiovisual caracterizouse por unha tardía regulación, polo monopolio da televisión pública (TVE) ata ben entrada a década dos oitenta e por un confuso panorama lexislativo sempre na estela da vertixinosa revolución tecnolóxica. Lagoas lexislativas, diferenzas nas modalidades audiovisuais, que se traduciron en conflitos entre o público e o privado, coa permisividade dos lexisladores e autoridades no que se refire ao cumprimento das leis. A ruptura do monopolio de Televisión Española produciuse en 198369 coa aprobación da Lei reguladora da terceira canle de televisión, que deu pé á aparición das televisións tanto públicas como privadas de carácter autonómico. Segundo esa lei, a xestión mercantil do servizo público recae nunha sociedade anónima con capital de orixe pública na súa totalidade. Ademais, o Estado encargaríase de proporcionar a infraestrutura técnica da rede para da súa difusión cos seguintes principios: o respecto ao pluralismo político, relixioso, cultural, social e lingüístico, alén da protección dos dereitos individuais recoñecidos na nosa carta magna. Cinco anos máis tarde, en 1988, ten lugar a aprobación da Lei de televisión privada70, que supón o inicio da fragmentación da oferta televisiva. Esta lei, amparada por dúas sentenzas do Tribunal Constitucional de 1982 (número 12, do 31 de marzo71; número 74 do 7 de decembro72) fixaba nunha decisión política e non de cumprimento xurídico co establecido na Constitución o seu desenvolvemento. Xa no preámbulo da Lei de televisión privada quedaba claro que a territorialidade ou o punto de vista xeográfico definirían o modelo de televisión. A filosofía da lei era que as sociedades concesionarias emitiran programas a todo o territorio estatal pero tamén en zonas territoriais delimitadas por un Plan técnico nacional. Establece como obxectivo a aparición de novas cadeas privadas para ampliar o pluralismo informativo en España. A lei pretendía evitar as situacións contrarias á libre competencia ou a existencia de oligopolios ou abuso dunha posición dominante. E tamén fixaba unhas porcentaxes mínimas destinadas a fomentar a produción e o intercambio de programas no ámbito da 69 Lei 46/1983. [Citado 1 decembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A- 1984-250 70 Lei 10/1988. [Citado 1 decembro 2012] Dispoñible en:https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A- 1988-11073 71 Sentenza 12/1982. [Citado 1 decembro 2012] Dispoñible en: http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/54 72 Sentenza 74/1982. [Citado 1 decembro 2012] Dispoñible en: http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/116 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 68 comunicación europeo. Ao abeiro deste texto, comezaron a emitir en España tres cadeas: Telecinco, Antena3 e o operador de pagamento Canal +, que tiña a obriga de emitir un número de horas en aberto. Tal e como vimos no ámbito europeo, pronto se erixiu como necesaria unha maior regulación dun sector que medraba e se transformaba ata niveis vertixinosos. Dunha banda, porque se trataba dunha actividade económica, na que os operadores procuraban obter o máximo beneficio económico. Da outra, pola necesidade de grande investimento de capital para o exercicio da súa actividade. Ante o perigo da concentración dos medios audiovisuais, o Goberno viuse na obra de lexislar para mediar entre a competencia, o pluralismo informativo e outro aspecto do sector audiovisual: o exercicio de liberdades, dereitos fundamentais e valores constitucionais. E os diferentes gobernos lexislaron. Deixaron claro que o acceso a actividades económicas se pode facer a través de tres sistemas: en réxime de liberdade, a través de autorizacións administrativas ou ben a través de concesións administrativas. Ao seu lado existiron outras medidas como os controis indirectos, fiscais, laborais ou de outra índole (substituídos actualmente por licenzas, en virtude do establecido pola Lei xeneral xudiovisual 7/2010). Deste xeito quedaba trazado o marco no que se desenvolve o modelo español dos medios de comunicación audiovisual, marcado sempre pola prioridade ao respecto do dereito da competencia. Un repaso rápido deixa ver os abondos textos normativos que entraron a lexislar estas materias: a Lei 41/1995, do 22 de decembro, de televisión local73 permitía á Corporación Municipal o control das actuacións da entidade xestora do servizo; o Real decreto 2189/1998, do 9 de outubro, aprobaba o Plan técnico nacional da televisión dixital terrestre; a Orde do 9 de Outubro de 1998, aprobaba o Regulamento técnico e de prestación do servizo de televisión dixital terrenal; a Resolución, do 11 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral de Telecomunicacións, pola que se fai público o acordo do Consello de Ministros do 8 de xaneiro de 1999, que aproba o prego de bases e de prescricións técnicas polas que se rexerá o concurso público de televisión dixital terrenal; a Lei 25/1994, do 12 de xullo, que traspón ao noso ordenamento xurídico a Directiva 89/522/CEE, de televisión sen fronteiras, sobre a coordinación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas dos estados membros, relativas ao exercicio de actividades de radiodifusión televisiva…. Son algúns exemplos da constante implicación do Goberno nesta materia. A reforma do sector audiovisual herdada dos anos oitenta comezou a concretarse no ano 2003, cando se ditou a Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións, que derogou a Lei 42/1995, do 22 de decembro, de telecomunicacións por cable. Detrás dese texto chegaron, con diferentes rangos, outros que viñeron a adaptar o sector ás novas necesidades. Un ano máis tarde, ditouse o Real decreto 439/2004, do 12 de marzo, que aprobou o Plan técnico nacional da televisión dixital local. Aínda que as grandes medidas se concretaron xusto un ano despois, cando se aprobou a Lei 10/2005, do 14 de xuño, de medidas urxentes para o impulso da televisión dixital terrestre, de liberalización da televisión por cable e de fomento do pluralismo; foron dous reais 73 Lei 41/1995. [Citado 5 decembro 2012] Dispoñible en: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-27707 Primeira parte: fundamentación teórica 69 decretos os que trazaron os cambios (un foi o Real decreto 944/2005, do 29 de xullo, que define o Plan técnico nacional da televisión dixital terrestre e o outro o Real decreto 945/2005, do Regulamento xeral de prestación do servizo de televisión dixital terrestre). En 2006 aprobouse o Real decreto 920/2006, do 28 de xullo, que configuraba o Regulamento xeral de prestación do servizo de fusión por radio e televisión por cable; e en setembro de 2007 a aprobación do Plan nacional de transición á TDT que fixaba o 3 de abril de 2010 para o cesamento das emisións analóxicas. Isto traduciuse a finais de 2005 nun fenómeno de explosión dixital, que caracterizou por nun novo repartimento das frecuencias dixitais que derivou na creación dunha sexta canle analóxica de carácter estatal. Esta nova licenza recaeu na sociedade concesionaria de La Sexta e supuxo cambiar as condicións da concesión que obtivera Sogecable para que Canal + comezase a emitir en aberto e aparecese Cuatro. Ademais, foron diferentes leis as que desenvolveron denominacións de servizo público, servizo esencial de interese económico xeral e servizo de interese xeral, que serviu de amparo legal para o desenvolvemento do sector. En virtude da citada sentenza do ano 1993, o Tribunal Constitucional non cuestiona o carácter de servizo público da televisión e da radiodifusión, pero admite outras posibilidades de futuro que deberán ser establecidas polo lexislador. Esa sentenza recoñece o seguinte: a actividade audiovisual sea considerada un servizo público para os operadores públicos e un servizo de interese xeral para os operadores privados. Foi máis tarde, no Real decreto-lei 1/2009, de febreiro de 2009, que despois se reconvertería na Lei 7/200974, de medidas urxentes en materia de telecomunicacións, cando se abriu o panorama resultante tras o apagamento analóxico, á liberalización e á concentración. Esta situación se produce en un momento crítico para las empresas de televisión como es el proceso de transición de la emisión analógica a la digital que conlleva la necesidad de atender los retos tecnológicos y, paralelamente, lograr un mercado competitivo. Estas dificultades, a las que se suma la reducción de ingresos publicitarios, amenazan el equilibrio del servicio de televisión. El éxito del proceso de transición de la TDT depende en gran medida de que haya las menores alteraciones económicas posibles para los sujetos encargados de su implementación e que las empresas dispongan de fortaleza financiera para afrontar las inversiones necesarias la Ley contiene un conjunto de reglas destinadas a garantizar la sostenibilidad financiera de las empresas que prestan el servicio de televisión. Las posibilidades de capitalización y concentración que abre esta Ley deben provocar, en su caso, las sinergias necesarias para garantizar la estabilidad de los operadores presentes en el sector, sin abandonar los retos tecnológicos a los que se enfrenta en este nuevo proceso hacia la emisión digital. Se avanza en la liberalización eliminando, así, la imposibilidad de poseer más de un 5% en distintos prestadores con la expectativa de que éstos puedan atraer a su actividad el capital financiero necesario. E establece os seguintes límites. 27% de audiencia media de los operadores en los que el titular de las participaciones simultáneas cuenta con más del 5% del capital e limita la acumulación de derechos de uso sobre el dominio público radioeléctrico. 74 Lei 7/2009, procedente do Real decreto-lei 1/2009, do 23 de febreiro. [Citado 9 decembro 2012] Dispoñible en: http://www.boe.es/boe/dias/2009/07/04/pdfs/BOE-A-2009-11028.pdf CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 76 Nese mesmo ano, o Ministerio de Cultura asinou co Instituto de Crédito Oficial un convenio para a reconversión das salas de cinema. Trataba de perfeccionar o creado en 1988 e que só solicitara un 25% dos empresarios do sector. Foi en xaneiro de 1990 cando se publicou un documento (Plan nacional de promoción do desenvolvemento da industria audiovisual) no que Goberno e a Administración traballaron co obxectivo de potenciar a industria nun momento de crise. O texto chegou case en paralelo ao nomeamento de Enrique Balsameda á fronte do ICAA, a quen lle tocou aplicar o chamado Decreto Semprún. Partindo da debilidade estrutural do sector, da crise da cinematografía e dos cambios no nivel europeo, o Consello de Ministros aprobou o 10 de decembro de 1993 o Real decreto-lei 19/1993, do 10 de decembro, de medidas urxentes para a cinematografía (BOE 11/12/1993), que pretendía dar un xiro a posturas intervencionistas previstas e que despois se concretaron coa lei 17/1994, do 8 de xuño, de protección e fomento da cinematografía86. A reforma cinematográfica iniciada en 1993 asentábase nunha deficiencia estrutural na que a distribución era unha das grandes eivas. O marco legal de 1994 A Lei 17/1994, do 8 de xuño, de protección e fomento da cinematografía, parte da experiencia acadada polo Real decreto 3304/1983, do 28 de decembro, que ampara uns filmes que pretendían fomentar a realización de películas representativas da cultura en todas as súas manifestacións e formas de expresión. O preámbulo explica os obxectivos deste texto, que pasa por promover o desenvolvemento do sector da produción e distribución cinematográfica permanente, competitivo e de calidade, e favorecer a exhibición das películas en salas públicas. No sector da produción, o esquema de axudas públicas directas, ademais de recoñecer condicións favorables para a emisión de películas ás sociedades de televisión que invistan significativamente na produción destas, céntrase nos obxectivos esenciais de fomentar o desenvolvemento de empresarios independentes e o investimento privado na realización de películas. Deste xeito busca reducir o intervencionismo estatal e fortalecer a estrutura financeira do sector. Entre as novidades, destaca a incorporación da creación de guións e as actividades de distribución e de exhibición como materias susceptibles de especial protección, así como outras medidas para fomentar a protección e difusión daqueles filmes representativos da cultura española. O continuísmo da lei de 2001 Despois chegou a Lei 15/2001, do 9 de xullo, de fomento e protección da cinematografía e o sector audiovisual87, que seguiu unha política continuísta. No seu preámbulo constata o valor cultural que ten o cine como patrimonio, como expresión 86 Lei 17/1994, do 8 de xuño. [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1994-13139 87 Lei 15/2001, do 9 de xullo [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2001-13268 Primeira parte: fundamentación teórica 77 cultural e tamén como proxección exterior, pero non fai referencia ao carácter industrial. Ademais, explicita que a lei se dita ao amparo do artigo 149.2 da Constitución. O texto da lei fai un repaso sobre normas vixentes que teñen repercusións en aspectos parciais: - A Lei, do 17 de xullo de 1958, de creación do crédito cinematográfico. - A Lei 46/1967, do 22 de xullo, sobre normas sancionadoras en determinadas materias propias da competencia do Ministerio de Información e Turismo. - A Lei 3/1980, do 10 de xaneiro, de regulación de cotas de pantalla e distribución cinematográfica. - A Lei 1/1982, do 24 de febreiro, pola que se regulan as salas especiais de exhibición cinematográfica, a Filmoteca Española e as tarifas das taxas por licenzas de dobraxe. - O Real decreto-lei 19/1993, do 10 de decembro, de medidas urxentes para a cinematografía. Mantén as definicións e regulacións sobre obras europeas e coproducións entre televisións e produtores independentes que foron obxecto da Lei 25/1994, do 12 de xullo, de protección e fomento da cinematografía que contén as leis de trasposición da norma comunitaria. Foi desenvolvido polo Real decreto 526/200288 e introduce algunha novidades: unha delas é a creación dun comité de análise e seguimento do mercado, cuxa finalidade é o estudo e seguimento das películas producidas e estreadas e da evolución do mercado cinematográfico e audiovisual. Nin a Lei 15/2001 nin o Real decreto 526/2002, que foi o que desenvolveu a lei, axudaron a solucionar moitos dos problemas que tivo o sector como era o da distribución. O cine como sector estratéxico A Lei 15/2001 foi substituída pola Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, que inclúe importantes novidades. Comeza definindo a cinematografía como sector estratéxico pola súa importancia no plano económico pero tamén no cultural. E consagra a súa importancia en catro piares: - Definición e o apoio aos sectores independentes (tanto no ámbito da produción como nos da distribución e exhibición). - A creación de mecanismos que eviten os desequilibrios que actualmente existen no mercado audiovisual. - A adaptación das novas tecnoloxías e formatos que se foron introducindo neste campo (sobre todo na dixitalización). - Apoio á creación e aos autores como fonte de orixe da relación que as obras teñen que manter cos seus destinatarios naturais, os cidadáns. A lei crea novas medidas de fomento e protección encamiñadas a fortalecer e mellorar o tecido empresarial deste sector. Entre elas, un cambio na estrutura administrativa, coa 88 Real decreto 526/2002, do 14 de xuño. [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2002-12759 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 78 transformación do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) en Axencia Estatal, para lograr unha maior eficacia e axilidade na xestión, e na estabilización do Fondo de Protección á Cinematografía e ao Audiovisual para ofrecer seguridade financeira aos profesionais, con especial atención cara aos sectores independentes. Resúltanos interesante a mención explícita aos artigos da CE que inspiran esta lei: o 14, 16 e 20 e no 44.1 na promoción do acceso á cultura por parte dos poderes públicos. Pero tamén hai outros: los artículos 7, 10 a 18, 22 y 23, 24 a 27, 28, 31, 32, 33, 34 y 38 a 40, así como la disposición adicional undécima se dictan al amparo del artículo 149.1.13.ª de la Constitución; los artículos 8 y 9 se dictan en aplicación del artículo 149.1.1.ª de la Constitución; el artículo 35 se dicta al amparo de lo previsto en el artículo 149.1.15.ª de la Constitución; la disposición adicional séptima se dicta en aplicación del artículo 149.1.30.ª de la Constitución; las disposiciones adicionales octava y novena se dictan al amparo del artículo 149.1.7.ª de la Constitución; la disposición final primera se dicta en aplicación del artículo 149.1.6.ª de la Constitución, y el artículo 21 y las disposiciones adicional cuarta y final segunda se dictan al amparo del artículo 149.1.14.ª89 En canto ás particularidades deste texto destacamos: - A creación dun fondo para as autonomías bilingües. No artigo 36 detállanse as seguintes características: Sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 19.3, y con el fin de atender al fomento y protección del uso de las lenguas cooficiales distintas a la castellana en la cinematografía y el audiovisual, promoviendo la pluralidad cultural de España y la igualdad de oportunidades de las lenguas propias de cada territorio en materia de expresión y difusión audiovisual, se establecerá un fondo de ayudas o créditos específicos que serán transferidos en su integridad a los organismos competentes de las Comunidades Autónomas, que los gestionarán conforme a sus competencias. Esta aportación del Estado, basada en el principio de corresponsabilidad, se dotará dentro de los límites presupuestarios aprobados en cada ejercicio y se destinará al fomento de la producción, distribución, exhibición y promoción de la industria cinematográfica y audiovisual en las citadas lenguas. - Medidas fiscais. Di a lei, no seu capítulo III, que os incentivos fiscais aplicables ao sector da cinematografía serán os establecidos na normativa tributaria coas especialidades previstas nesta lei. Para un mejor aprovechamiento de los incentivos fiscales previstos en la normativa tributaria, en particular los regulados en los artigos 34.1 y 38.2 del texto refundido de la Lei del Impuesto sobre Sociedades, aprobado por el Real decreto Legislativo 4/2004, de 5 de marzo, el Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales fomentará: a) La constitución de agrupaciones de interés económico de acuerdo con lo previsto en la Lei 12/1991, de 29 de diciembre, de agrupaciones de interés económico, a las que resultará de aplicación el régimen fiscal establecido en los artigos 48 y 49 del citado texto refundido y demás normativa de desarrollo. b) Las inversiones de las entidades de capital-riesgo en el sector cinematográfico, de acuerdo con lo previsto en la Lei 25/2005, de 24 de noviembre, reguladora de las entidades de capital-riesgo y de sus sociedades gestoras, a las que les resultará de aplicación el 89 Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine.[Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-22439 Primeira parte: fundamentación teórica 79 régimen fiscal previsto en el artículo 55 del citado texto refundido y demás normativa de desarrollo. Este último aspecto implica que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que investisen neste sector, e que proveñan doutros, se beneficiarían dunha desgravación do 18%. Foi unha medida moi criticada, porque segue sendo unha cifra moi inferior á doutros países europeos. Esta lei foi desenvolvida polo Real decreto 2062/2008, do 12 de decembro90, e Orde ministerial CUL/2834/2009, do 19 de outubro, publicada no BOE cinco días despois91 e que ocasionou importantes protestas. O sector uniuse no colectivo chamado Cineastas contra a Orde, para protestar contra as medidas que alí figuraban, que agrupaba máis de 200 persoas do sector (directores, produtores, guionistas, actores, técnicos….) que denunciaban un trato de favor ás películas de alto orzamento en detrimento das pequenas producións. A esa queixa uniuse a Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual de Galicia, que tramitou o 30 de novembro de 2009 unha queixa relativa ante a Comisión Europea. Unhas denuncias que se traduciron nun bloqueo das axudas durante dous meses. Os aspectos máis destacados da Orde ministerial que supuña a aplicación da Lei do cine afectaban a dúas partes diferenciadas. Dunha banda, regulaba o que o ICAA consideraba o custo dunha película e, da outra, fixaban as bases xurídicas para a convocatoria das diversas axudas. No que respecta ao custo, pretendía fixar por escrito o que unha produtora considera custo dunha produción á hora de optar a unha axuda pública. Para iso, e aquí radicaba a principal novidade, esixía obrigatoriamente, no caso das longametraxes, un informe de auditoría das empresas participantes. A Orde ministerial, aínda que foi moi contestada desde diferentes comunidades autónomas con tecido audiovisual propio, como foi o caso de Galicia, non afectaba ás axudas que debían articularse en cooperación coas comunidades autónomas. O texto precisaba requisitos e condicións, fixando contías e límites, pero non creaba nin novos conceptos nin axudas novas. Fixaba tamén unha serie de condicionantes: as subvencións a películas para televisión precisaban ir da man dun ou varios operadores de televisión; creaba axudas á produción de series de animación; as axudas a desenvolvemento de proxectos (encamiñadas a axudas na busca de localizacións, identificación do cásting, xestións para o logro de recursos económicos, plans iniciais de venda.) teñen vinculación coas de amortización, de tal xeito que a contía que se recibise en concepto de desenvolvemento reduciríase das axudas a amortización; nas axudas a proxectos de longametraxes só as películas para novos realizadores non gozaban de ningún tipo de filtro xa que se entendía como proxectos de especial “valor cinematográfico, cultural ou social, ou de carácter experimental”; a proxectos de película documental ou a proxectos que incorporen novos realizadores; introdúcense mecanismos correctores para fomentar a presenza de 90 Real decreto 2062/2008, do 12 de decembro. [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2009-503 91 Orde CUL/2834/2009, do 19 de outubro. [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/2009/10/24/pdfs/BOE-A-2009-16839.pdf CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 80 mulleres; muda tamén o cómputo de espectadores nas axudas xerais á amortización (inclúe público dos festivais, descargas e accesos legais). Foi en xaneiro de 2010, xa fóra do período de análise da presente investigación, cando a Comisión Europea aprobou o sistema español de axudas ao cine, que estaba dotado ese ano con 576 millóns de euros. A Comisión conclúe que: Habida cuenta de todo lo anterior, la Comisión concluye que la ayuda concedida al amparo de la medida en cuestión es compatible con el mercado común de conformidad con el artículo 107, apartado 3, letra d), del TFUE y ha decidido en consecuencia no formular objecciones contra la medida notificada. El régimen de ayudas se aprueba hasta el 31 de diciembre de 2015 sobre la base del compromiso contraído por las autoridades españolas de modificar el régimen de ayudas si así lo exigieran los cambios introducidos durante el período de vigencia del régimen en las normas sobre ayudas estatales aplicables92. Na súa maneira considera probado que os límites, requisitos e condicionantes das axudas cumpren cos obxectivos culturais que se lle presupoñen a este tipo de axudas. Por último, están aqueles textos que non son exactamente leis que fagan fincapé no sector cinematográfico, pero si que lles inflúe directamente como as de mecenado, tan requirida neste momento ao ser a liña que cómpre considerar como gran salvadora do sector audiovisual e a de fundacións. A Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE do 24 de decembro de 2002) declaraba exenta do imposto de sociedades as rendas obtidas por entidades sen fin de lucro que procedan de explotacións comerciais (art. 7.5), e instrumentaba para as entidades sen fins de lucro diferentes incentivos fiscais ao mecenado destinado a actividades cinematográficas. En menor medida, a Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións (BOE, 27 do decembro de 2002) pretendía regular o réxime xurídico destas entidades pero no resolveu o asunto dos incentivos fiscais, que deixou para unha norma posterior. Deixamos así trazado o modelo español do audiovisual no marco constitucional nunha dobre relación: dunha banda, no repartimento de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas e, da outra, entre o modelo dos medios de comunicación audiovisuais e a cinematografía. 92 Comisión Europea mediante Decisión C (2010)174 final, do 27 de xaneiro de 2010. [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: http://ec.europa.eu/eu_law/state_aids/comp-2009/n587-09.pdf Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 81 Segunda parte: análise do sector audiovisual galego Nesta segunda parte analizaremos as medidas adoptadas polos diferentes gobernos galegos en relación co sector audiovisual. Primeiro farémolo empregando un enfoque sincrónico, onde nos interesa a descrición das medidas adoptadas e os seus importes. Despois procederemos á análise das tres entidades que son obxecto dunha atención especial (Compañía de Radiotelevisión de Galicia a través de Televisión de Galicia SA, Instituto Galego de Promoción Económica e Consorcio Audiovisual de Galicia), para rematar coa análise diacrónica, que é a que nos permite ver a evolución das medidas anteriormente descritas nun eixe temporal. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 83 4. A perspectiva sincrónica do sector audiovisual galego Tal e como establecemos na definición do obxecto de estudo da presente investigación, este apartado exclúe o orzamento da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, do Consorcio Audiovisual de Galicia (CAG) e o do Instituto Galego de Promoción Económica pola súa natureza xurídica, pola súa relevancia dentro do sector e porque comparten outra característica a maiores, que é o feito de que as súas actividades quedan á marxe da publicación que figura no DOG, polo tanto as fontes de orixe dos datos está na Lei de orzamentos. Na perspectiva sincrónica interésanos estudar as medidas e accións en cortos períodos de tempo que, tal e como explicamos ao principio, distribuiremos en lexislaturas. 4.1. A V LEXISLATURA. A LEI DO AUDIOVISUAL A presente investigación arrinca en 1999, coa publicación da Lei do audiovisual, que se aproba no último tramo da V Lexislatura. A quinta foi un ciclo político convulso por varios acontecementos como o problema das “vacas tolas” (que se paliou coa dimisión do entón conselleiro de Agricultura, Castor Gago), os fortes temporais que ocasionaron danos internos e o conflito pesqueiro con Marrocos. Este período de goberno tivo un feito moi destacado na moción de censura presentada polo Bloque Nacionalista Galego o 21 de xaneiro 2001, en cuxo pleno o presidente Manuel Fraga, na segunda quenda de réplica, confirmou que os comicios galegos se desenvolverían no mes de outubro dese mesmo ano, o que supuña un adianto electoral da lexislatura. No eido cultural, a lexislatura estivo marcada por unha das decisións con maior repercusión para o futuro político, económico e cultural do país. No verán de 1999, a Xunta de Galicia resolveu o concurso público para elaborar o complexo cultural máis importante, ambicioso e caro do país: a Cidade da Cultura. 4.1.1. Estrutura administrativa Malia que o obxecto de estudo arrinca o 8 de setembro de 1999, data da publicación no DOG da Lei do Audiovisual de Galicia, retrotraémonos ao inicio da lexislatura para coñecer cal é a estrutura administrativa do Goberno galego e cales son as súas áreas de competencia. Comezamos pola estrutura orgánica da Xunta de Galicia nesta lexislatura. En virtude do publicado nos decretos 351/1997, do 10 de decembro, e no 347/1997, do 9 de decembro, polos que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, esta queda configurada do seguinte xeito: CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 84 Táboa 14: Estrutura orgánica da Xunta de Galicia na V Lexislatura Consellería da Presidencia e Administración Pública Consellería de Economía e Facenda Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Consellería de Industria e Comercio Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Consellería de Medio Ambiente Fonte: Elaboración propia Centrándonos no ámbito que nos ocupa, as competencias das áreas descritas adscríbense nunha dobre dirección. A primeira apunta á Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, creada no Decreto 350/1997 como entidade dependente funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia pero organicamente da Consellería de Presidencia e Administración pública, cuxo titular era Dositeo Rodríguez, no Decreto 13/1998, do 8 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, fíxanse as seguintes funcións e competencias: a) As competencias da Xunta de Galicia en materia de relación cos medios informativos así como o exercicio das competencias ás que fan referencia os números 2 e 3 do artigo 34, no relativo á prensa, e número 31 do artigo 27, no que se refire á publicidade, ámbolos dous do Estatuto de autonomía de Galicia. b) As relacións cos medios informativos e a dirección e coordinación dos gabinetes de comunicación da Xunta de Galicia e da Presidencia desta. c) O deseño e a realización da publicidade institucional da Xunta de Galicia. d) A preparación da normativa referente ós medios informativos e á publicidade. e) A tramitación de expedientes relativos a subvencións, bolsas e axudas ós medios de comunicación. f) A execución do orzamento da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. g) A realización de estudios e, se é o caso, a súa coordinación sobre materias relativas a tódolos sectores da información. h) Queda adscrita a esta secretaría a Comisión Coordinadora de Publicidade da Xunta de Galicia, creada polo Decreto 417/1990, do 31 de xullo. Para desenvolver esas funcións, a Secretaría Xeral conta coas seguintes unidades administrativas e funcións: 1. Gabinete para as Relacións cos Medios Informativos: a) Tódalas derivadas da relación cos medios informativos en tódalas materias que afecten á Presidencia da Xunta de Galicia. c) Xestionar e dirixi-las actividades que ten encomendadas o Club Internacional de Prensa de Galicia. d) Deseñar e planifica-la política de imaxe e publicidade da Xunta de Galicia, dirixindo e coordinando as campañas institucionais. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 85 Cara a outra dirección apunta o Decreto 237/199693, que fixa as competencias da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, na que figura un departamento específico para asumir as competencias do sector audiovisual con rango de Dirección Xeral. No Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro94 detállanse as seguintes materias e asuntos: Correspóndelle á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de telecomunicacións, audiovisual e multimedia, e tódolos aspectos que se poidan derivar da aplicación desas novas tecnoloxías da comunicación e a información a tódalas facetas da cultura e do patrimonio galego, exercendo especialmente as seguintes funcións: a) As competencias da Xunta de Galicia en materia de telecomunicacións e audiovisual. b) A implantación de redes propias de telecomunicación para a prestación de servicios que sexan competencia da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido na Lei de ordenación das telecomunicacións. c) O estudio, preparación e tramitación de cantas actuacións lle correspondan á Xunta de Galicia para o desenvolvemento e efectividade das previsións do artigo 34, en relación á radio, televisión e medios de comunicación social, e da disposición transitoria sexta do Estatuto de autonomía de Galicia. d) A xestión, planificación, coordinación e asesoramento técnico de tódolos servicios, sistemas e infraestructuras de telecomunicacións da Xunta de Galicia, rede oficial de comunicacións (ROC), rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (Recetga) e a autopista galega da información. No caso de Recetga, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento terá capacidade, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para deseñar modificacións e ampliacións. e) A dotación de infraestrutura á Compañía de Radiotelevisión de Galicia e ás súas sociedades, a implantación da rede oficial de comunicacións e a rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia, así como a implantación doutros sistemas e servicios soportados polas redes de radiodifusión e televisión, ROC de Recetga e a autoestrada galega da información con cargo ós orzamentos da Xunta de Galicia. f) A tramitación das solicitudes de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e a preparación dos proxectos de regulación das fases dos concursos públicos de adxudicación de novas emisoras de radio en ondas métricas con modulación de frecuencia que sexan competencia da Comunidade Autónoma. g) A redacción e supervisión de proxectos técnicos, dirección e control das instalacións, así como a asistencia técnica necesaria en todo o referente ó ámbito das telecomunicacións e audiovisual. h) Realizar tarefas de control das emisoras de radiodifusión e televisión. i) A planificación, coordinación e dirección no desenvolvemento da cinematografía e demais artes da imaxe. j) A preparación de normativa referente ó ámbito das telecomunicacións e audiovisual. k) O fomento das edicións sonoras, audiovisuais e de microfilmes nas materias propias desta consellería, así como a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe, en xeral a través do Centro Superior de Documentación, Investigación e Información da Comunidade Autónoma e do Centro Galego de Artes da Imaxe. l) A xestión e coordinación do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. m) Planificación e coordinación das funcións atribuídas ás redes de telecomunicacións galegas (Retegal SA). O desenvolvemento destas funcións efectuarase sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Presidencia e Administración Pública en virtude dos decretos 262/1994, do 29 de xuño, e 252/1996, do 20 de xuño, e as que, sobre planificación, xestión 93 Decreto 237/1996, do 14 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960617/Anuncio7726_gl.html 94Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. [Citado 20 xaneiro 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980116/Anuncio1048A_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 92 Gráfico 5: Fórmulas administrativas na V Lexislatura na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG No tocante á Consellería de Presidencia e Administración Pública, a maior parte da partida, o 97%, destínase a través da fórmula de subvencións, mentres que os premios, con 12.024 euros, supoñen o 3% do total (correspóndese cos Premios Galicia de Comunicación, no seu apartado relativo á televisión). Táboa 19: Cifras da Consellería de Presidencia na V Lexislatura segundo a fórmula administrativa Fórmula Contía (€) Axudas 410.303 Bolsas Decretos Empregos Premios 12.024 422.327 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 93 Gráfico 6: Fórmulas administrativas de Presidencia e Consellería de Presidencia na V Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Os 245.460 euros que a Deputación de Coruña destina ao sector audiovisual proceden unicamente da fórmula de contratos administrativos. Algo semellante acontece coa Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, que destina, a través do Sergas, 194.247 euros, dos que 98.085 euros corresponden a contratos e 96.161 contratos de asistencias técnicas. Nesta quinta lexislatura, as principais partidas son as que se conceden baixo a fórmula das axudas. Se discriminamos subvencións de fomento do audiovisual, analizadas en detalle máis adiante e cuxo importe ascende a 2.155.830 euros en dous anos (cada convocatoria ten uns importes similares), a análise revela que a fórmula máis empregada pola Administración en relación ao sector son os concursos públicos, é dicir, os contratos que os diferentes departamentos da Administración manteñen co sector con diferentes obxectivos. Pasemos agora a detallar as accións que se agochan detrás destas cifras marco. 4.1.2.1.1. As axudas Esta é a listaxe de axudas con incidencia no sector audiovisual que se aprecia neste período. Táboa 20: Listaxe de axudas ao sector audiovisual na V Lexislatura Axudas a salas rurais de baixa rendibilidade Axudas Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (PGIDT) Axudas para fomentar o uso do galego (empresas privadas e asociacións e institucións privadas sen ánimo de lucro) Axudas a grupos de investigación Axudas a educación ambiental Axudas á artesanía Axudas á apicultura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 94 Comezamos diferenciando as liñas de axuda directas daquelas que consideran o audiovisual pero que teñen obxectivos diferentes. Entre as primeiras cómpre destacar as axudas a salas rurais de baixa rendibilidade. O 11 de xullo de 2001, no DOG 134, aparece publicada a convocatoria. Nela xustifícase do seguinte xeito esta liña de axudas: as salas de exhibición cinematográfica son un foro cultural particularmente importante na sociedade actual. É sabido que no presente o sector da exhibición cinematográfica atravesa unha importante crise, que ten como principal efecto o crecente peche de salas, particularmente en zonas rurais97. Esta liña de axuda comezou a implantarse en 1992 e convocouse de xeito ininterrompido anualmente ata 1999. Curiosamente, entre ese ano e o 2000 non se convocou. Regresa en 2001 e fai a primeira mención específica á Lei do audiovisual de Galicia, a 6/1999, do 1 de setembro, e explica os motivos da súa necesidade da seguinte maneira: co fin de procurar a pervivencia das salas de exhibición cinematográfica sitas nas zonas rurais ou de baixa rendibilidade establece que se adoptarán medidas de fomento para a exhibición de cine nas mencionadas salas mediante un réxime de axudas. É unha liña de axudas de concorrencia competitiva, con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.-353B.770 (relevante porque se corresponde co programa audiovisual) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e destina 30.000 euros. Require as seguintes condicións: - Que as salas estean situadas fóra de capitais de provincia, en localidades con poboación inferior a 50.000 habitantes. - Que durante o ano 2000 tivesen actividade, cando menos, durante catro meses, obtendo unha recadación anual bruta inferior a 30.0000 euros (o texto da convocatoria está en pesetas). -Que estean inscritos no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. As condicións primeira e terceira mantéñense de convocatorias anteriores, o único que varía é o importe da recadación anual bruta, que pasou dos 18.000 euros de 1996 aos 30.000 euros de anos posteriores. Tendo en conta os importes, as resolucións desta convocatoria non tiñan o mínimo esixido por lei para a difusión obrigatoria dos beneficiarios no DOG e así tampouco o establecía a convocatoria. Entre as subvencións con incidencia directa tamén temos en conta as axudas do Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (PGIDT), que teñen entre os seus cometidos potenciar o Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ao servizo do desenvolvemento socioeconómico da comunidade autónoma, 97 Resolución do 22 de xuño de 2001, pola que se convocan as subvencións para salas de exhibición cinematográfica situadas en zonas rurais ou de baixa rendibilidade [Citado 20 maio 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2001/20010711/AnuncioB4F2_gl.html Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 95 No marco dos programas tecnolóxicos horizontais do PGIDT figura o Programa de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), de interese para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación empresarial en Galicia, tanto desde o punto de vista das tecnoloxías das comunicacións como do desenvolvemento de ferramentas multimedia. Estas axudas, convocadas entre 1999 e 2001 na Consellería de Presidencia e Administración Pública teñen beneficiarios do sector audiovisual. En 1999 destaca o apoio a proxectos como os seguintes: Táboa 21: Beneficiarios das axudas TIC da Consellería de Presidencia na V Lexislatura (ano 1999) Beneficiario Descrición Importe (€) Deseño e servicios gráficos SL, Dygra Aplicación de técnicas de iluminación infográfica para a creación audiovisual na animación en 3D Sen especificar Interación-Comunicación interactiva multimedia, SL Sistema de xestión on line de proxectos multimedia Sen especificar Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG En 2000: Táboa 22: Beneficiarios das axudas TIC da Consellería de Presidencia na V Lexislatura (ano 2000) Beneficiario Descrición Importe (€) Instelsis Sistemas Inteligentes SA Desenvolvemento dun sistema de comunicacións VDSL dedicado á transmisión e recepción de datos sobre ATM para par telefónico 3.800 Instelsis Sistemas Inteligentes SA Deseño e desenvolvemento dun sistema de transm de tv dixital baseado en modulación COFDM conforme as especificacións e requisitos do DVB 7.200 Instelsis Sistemas Inteligentes SA Sistema global de telesupervisión e telecontrol para sistemas de transmisión DVB_T vía UMTS baixo protocolo WAP 2.700 Instelsis Sistemas Inteligentes SA E-Doméstico. Desenvolvemento e implementación dun sistema multimedia para monitorización, supervisión e xestión dunha vivenda doméstica vía conexión móbil de 2G e 3G 3.850 Interacción, comunicación interactiva multimedia SL Creación dun prototipo de mundo virtual interactivo para redes telemáticas de banda ancha 3.200 Televisión de Galicia SA Resumidor automático de textos: estudo dos mecanismos que permiten a construción e desenvolvemento dunha aplicación para a xeración automática de resumos de textos en galego 6.300 Versaware SL Integración conxunta de equipos de banda ancha e computación 14.400 Dioptra SL Creación de material didáctico combinado multimedia para teleformación coa adaptación á nova telefonía móbil 7.850 Dioptra SL Creación dun sistema de información xeográfica documental para a súa aplicación no eido educativo e cultural de Galicia 10.300 59.600 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 96 Entre os beneficiarios/as do ano 2001 destacamos proxectos como os seguintes: Táboa 23: Beneficiarios das axudas TIC da Consellería de Presidencia na V Lexislatura (ano 2001) Beneficiarios Descrición Importe ( € ) Bonaval Multimedia SL Integrado de software e hardware de xestión para Internet en tempo real Sen especificar Pórtico de Comunicaciones SL Integrado de software e hardware de xestión para Internet en tempo real Dioptra SL Proxecto para o deseño de contidos interactivos relativos a tecnoloxías da xeoinformación para a súa difusión por Internet e sistemas de telefonía móbil Femsa Formación SL Desenvolvemento precompetitivo de plataforma informática para o ensino a través de Internet con inclusión dun curso multimedia piloto para esta e desenvolvemento dun sistema de asistencia a xeración de contidos baseados en axentes software con características Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Son 270.473,48 euros a cifra que se destina a estes fins, unha contía destacada aínda que non excesiva tendo en conta que son liñas de axudas millonarias. O resto de liñas de axuda non ten o sector audiovisual como un obxectivo finalista. Máis ben, o carácter transversal deste sector é o que fai que haxa empresas deste sector entre os beneficiarios/as. Comparten o denominador común de apoiar proxectos de divulgación (ben idiomático, ben da artesanía ou da apicultura) que inclúe a realización dun audiovisual. Táboa 24: Axudas na V Lexislatura que inclúen sector audiovisual DOG Data Entidade Descrición Importe (€) 163 23/08/01 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Subvencións a empresas privadas para fomentar o uso social da lingua galega 8.835 140 19/07/01 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Axudas a grupos de investigación (unha sobre adaptacións audiovisuais de obras inglesas e alamás) 6.451 31 15/02/00 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Axudas a empresas privadas para fomentar o uso do galego 189 28/09/01 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Asociacións e institucións privadas sen ánimo de lucro para fomentar o uso social da lingua galega 13.875 28 08/02/01 Consellería de Familia, PE, MX Axudas a empresas cualificadas iniciativas locais de emprego ILE, e IER (iniciativas de emprego rural) 74 13/04/01 Consellería de Familia, PE, MX Axudas á educación ambiental 22 31/01/01 Consellería de I ndustria e Comercio Axudas á artesanía 87 07/05/01 Consellería de Pesca,Marisqueo e Acuicultura Axudas promoción e divulgación actividades pesqueiras 141 20/07/01 Consellería de Política agroalimentaria e DR Axudas a apicultura 20 31/01/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Axudas a grupos de investigación Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 97 DOG Data Entidade Descrición Importe (€) 231 30/11/99 Consellería de Presidencia e Administración Pública SXID: resolución de axudas para proxectos de investigación aplicada en tecnoloxías da información e da comunicación (DOG do 25 de agosto) 78.000 232 01/12/99 Consellería de Presidencia e Administración Pública Axudas a galegos residentes no exterior 162 22/08/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Axudas PGIDT 59.600 165 25/08/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Axudas a grupos de investigación 1.600 170 01/09/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Axudas a ONG para programas de formación e sensibilización 630 242 15/12/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Axudas a galegos residentes no exterior Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Con respecto ás liñas de axuda con incidencia indirecta no sector pero que lle afecta pola súa natureza transversal, agrupámolas en función de diferentes ámbitos: - Sociais: aquí podemos encadrar as axudas a galegos residentes no exterior e a ONG. - Divulgativas: as axudas á artesanía, promoción e divulgación de actividades pesqueiras. - De investigación: axudas a grupos de investigación. 4.1.2.1.2. Contratos e asistencias técnicas No que atende aos contratos (incluímos aquí tamén as asistencias técnicas, por ser unha modalidade de contratación), a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca e resolve nesta lexislaturas diferentes accións con especial relevancia para o sector audiovisual. Son os seguintes concursos públicos: Táboa 25. Contratos na V Lexislatura destinados ao sector audiovisual Data Entidade Descrición Importe (€) 23/02/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para realizar estudos do sector audiovisual, tarefas de asesoramento e informes sectoriais 27.045 23/02/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para a realización de proxectos de patrimonio virtual de Galicia 117.197 26/04/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para a promoción e difusión do cine galego 294.495 14/07/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica da campaña de promoción dunha exposición de contidos multimedia 150.253 23/03/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para a realización dun estudo sobre a creación dunha comisión do cine en Galicia 54.091 12/11/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para promoción e difusión do audiovisual galego 595.603 25/05/00 Consellería de Medio Ambiente Asistencia técnica para produción dunha serie audiovisual destinada á concienciación ambiental en TV 108.182 30/10/00 Consellería de Medio Asistencia técnica para a produción dun 24.040 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 98 Data Entidade Descrición Importe (€) Ambiente programa audiovisual destinado á concienciación ambiental en TV destinado ao público infantil 27/09/00 Sergas Asistencia técnica desenvolvemento programa prevención Cine no ensino 96.161 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Son liñas de contratación que responden a dous tipos: dunha banda, actividades destinadas a promover o sector audiovisual galego e a súa difusión; da outra, contratacións directas da Administración para a realización de produtos audiovisuais que contribúan á difusión de valores como son a concienciación ambiental e a prevención. Entre as actividades destinadas ao sector destaca o prego do contrato publicado no DOG o 26 de abril de 2001 por importe de 600.000 euros para a promoción e difusión audiovisual galego. O prego dese concurso fixaba o seguinte obxecto: contratación dunha asistencia técnica para o deseño e desenvolvemento de accións de promoción e difusión do audiovisual galego dentro das competencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual. Con estas accións preténdese, dunha banda, acercar a imaxe do audiovisual galego ao público de todas as idades e por todo o territorio de Galicia, facilitando o acceso a toda as longametraxes galegas, as curtametraxes de novos creadores, dando a coñoce-lo cine galego restaurado e xerando novas oportunidades para os novos con vocación cinematográfica e creativa. Para acadar ese obxectivo diferenciaba tres lotes: Lote1 Cine de noite: Proxeccións de longametraxes, documentais ou cine histórico, organizadas no exterior, en vilas e aldeas de Galicia onde nunca houbo salas de cine, cun importe de 35.000.000 de ptas. IVE incluído. As empresas proporán as súas ofertas sobre os seguintes traballos: Número e características das localidades nas que se realizarán as proxeccións. Número de sesións que se realizarán e distribución preferentemente no verán, considerando a posibilidade de facelo ó aire libre Condicións técnicas das instalacións. Capacidade media de espectadores por sesión. Proposta de contidos audiovisuais para as proxeccións. Elaboración de textos e edición de impresos a distribuír na campaña. Publicidade en megafonía na zona de desenvolvemento de cada proxección. Seguros que garantan el desenvolvemento dos actos. Lote 2: Cine galego para todos: Difusión do cine, curtametraxes e patrimonio historico cinematográfico galego nas cidades e nas vilas galegas, con ciclos especiais para difrentes tipos de espectadores, especialmente para os nenos en fins de semana ou festivos, cun importe de 35.000.000 de ptas. IVE incluído. As empresas proporán nas súas ofertas sobre os seguintes traballos: Proposta de selección de longametraxes, curtametraxes e películas históricas da produción galega dos últimos anos. Organiza-lo plan de produción e negociación dos dereitos de exhibición, das compensacións económicas ós propietarios das salas, dos seguros, portes e embalaxes, maquetación, impresión e distribución de cartelería e dípticos relativos ó ciclo. Organiza-las proxeccións coa correspondente presentación e publicidade das datas e sesións a realizar. Organización de sesións especiais para pais e fillos, con distribución de revistas e libros de cine, sorteos de regalos e outras actividades concretas segundo os contidos de cada sesión. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 99 Sempre que as condicións das salas ou das longametraxes o permitan, ofreceranse medidas para favorece-la asistencia de discapacitados auditivos. Lote 3: Facendo cine en Galicia: Promoción da actividade cinematográfica entre os mozos galegos menores de 21 anos que poderán solicitar o uso de equipos de vídeo dixital cun técnico profesional a cargo de cada equipo, para a realización de proxectos previamente avaliados pola Consellería, cun importe de 30.000.000 de ptas. IVE incluído. As empresas proporán as súas ofertas sobre os seguintes traballos: Divulgación da experiencia para que a coñezan os mozos galegos, promovendo a participación nesta. Poñer a disposición do proxecto seis videocamaras dixitais, con trípodes e un equipo de edición de vídeo. Constitución dun grupo de seguimento para orientar e axudar os grupos de traballo no desenvolvemento dos seus proxectos. Proposta de número de proxectos, prazos de desenvolvemento e o sistema de selección de proxectos que se seguirá. Organización dun acto público e entrega de premios ós mellores proxectos Os adxudicatarios deste concurso si saíron publicados no DOG (595.603 euros en tres lotes), foron Ignacio Benedeti no lote 1, e IJV nos lotes 2 e 3. Cómpre facer unha puntualización con respecto a este concurso, aínda que logo sigamos cos convocados e resoltos pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A Deputación da Coruña mantén durante estes anos (no ano 1999 desta lexislatura tamén o convocou pero non figura na análise por convocarse en abril) un programa chamado Noite de cine, cun obxecto semellante ao que figura no Lote 1, isto é, proxeccións en concellos que non teñen salas de cinema. En ambos casos a empresa de Ignacio Benedeti é a adxudicataria destes concursos. A este fin, a Deputación da Coruña destina entre 2000 e 2001, 228.361 euros. Un pouco antes deste concurso, o 23 de marzo de 2001, sae outra asistencia técnica para a realización dunha comisión do cine en Galicia que serve para coñecer a política audiovisual da Xunta de Galicia nesta lexislatura. O prego de prescricións técnicas apunta a un plan de acción da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo nel indícase o contexto de traballo do seguinte xeito: resultados positivos evidentes: o desenvolvemento e constante crecemento de todo o sector, liderado pola cada vez maior presenza de longametraxes galegas nas nosas pantallas. Ese mesmo prego cita a Lei do audiovisual de Galicia como a mostra do estímulo do Goberno galego para potenciar o crecemento e desenvolvemento do sector estratéxico coa creación dun marco legal que permite aos cidadáns a súa expresión cos medios oportunos no espazo audiovisual galego. Este contrato, que tivo unha vixencia durante todo este ano 2001, tiña como cometido realizar un estudo-proposta do modelo de organización e funcións que debería recoller a Film Comission a partir do estudo comparativo con outras Film Comission. Iso implicaba atender a dous feitos concretos: a análise económico-financiera dos recursos necesarios para a posta en marcha da Film Comissión e o deseño xeral do modelo de página web de Film Comission. Deste xeito, cumpríase así co establecido no artigo 9 da Lei do audiovisual, que establecía a creación dunha oficina do audiovisual (tamén chamada Film Comission) para fomentar e facilitar as rodaxes en Galicia. Con todo, malia que a lei deixaba claro que debía ser o Consorcio Audiovisual de Galicia quen asumise esa iniciativa, habería CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 100 que agardar ata o 16 de outubro dese mesmo ano a que se constituíra esta entidade de natureza interadministrativa. O feito de promover a creación dunha Film Comission, alén do xa visto de cumplir cun imperativo lexislativo, supuña tamén a necesidade de conseguir fomentar unha masa crítica de actividade a partir do desenvolvemento de servizos, produtos e condicións do contorno necesarias para que medrase o sector. Supuña tamén darlle certo pulo e apoio loxístico fundamental para o desenvolvemento dunha industria auxiliar. A segunda liña de acción, dentro deste tipo de fórmulas administrativas, consiste na contratación directa de produtos audiovisuais a produtoras para campañas e liñas de acción establecidas por diferentes departamentos do Goberno. No noso baleirado rexistramos os seguintes: Táboa 26: Contratos na V Lexislatura destinados á produción de audiovisuais Data Entidade Descrición Importe (€) 25/05/00 Consellería de Medio Ambiente Asistencia técnica para produción dunha serie audiovisual destinada á concienciación ambiental en TV 108.182 30/10/00 Consellería de Medio Ambiente Asistencia técnica produción dun programa audiovisual destinado á concienciación ambiental en TV destinado ao público infantil 24.040 27/09/00 Sergas Asistencia técnica desenvolvemento programa prevención Cine no ensino 96.161 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG A Consellería de Medio Ambiente convocou no ano 2000 concursos para contratar diferentes produtos audiovisuais. O obxecto do concurso publicado o 30 de outubro de 2000 é o seguinte, tal e como se detalla no seu prego de condicións: produción dun programa de 20 minutos destinado á concienciación medioambiental en TV, adicado ó público infantil (6-12 anos), na Comunidade Autónoma de Galicia. Os obxectivos e principios rectores que deberán guiar o estilo e os contidos do programa son os establecidos na estratexia galega de educación ambiental elaborada pola Xunta de Galicia Deste concurso parecíanos interesante destacar os formatos nos que se debía entregar o produto final: listo para a súa emisión. O prego detállao do seguinte xeito: -Betacam dixital en perfectas condicións para a súa emisión en TV. -100 cintas VHS para a súa difusión en equipos domésticos a libre disposición da Consellería de Medio Ambiente. Rematamos coa análise dos contratos co Sergas e o seu proxecto chamado Cinensino. Un programa que, como veremos na VI Lexislatura, se manterá no tempo e que ten a característica de que se trata dun concurso por procedemento negociado sen publicidade. Cinensino fai parte da carteira de servizos en materia de prevención das drogodependencias. O programa ten como eixo central a visualización de producións Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 101 cinematográficas comerciais como mecanismo dinamizador e interactivo para o descubrimento e a reflexión de valores e actitudes saudables. En cada curso escolar desenvólvense tres unidades didácticas, que se corresponden con cada unha das películas proxectadas, que son seleccionadas polo Departamento de Historia do Cine da Universidade de Santiago de Compostela98. 4.1.2.1.3. Os convenios Nesta segunda parte da lexislatura non hai ningún convenio relativo a cuestións audiovisuais de xeito específico. 4.1.2.1.4. Os premios Os premios convocados pola Administración nesta lexislatura teñen moi pouca relevancia. O importe total é de 12.427 euros, que se resumen en dúas entradas. Dunha banda, un certame de guión para escolares que convoca a Consellería de Medio Ambiente sen ningunha consideración sectorial, pero que incide no potencial do audiovisual para explicar outros valores. Da outra, os premios Galicia de Comunicación que concede anualmente a Consellería de Presidencia e Administración Pública a través da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. Esta medida pretende os seguintes obxectivos, tal e como establece a convocatoria: promocionar todo o que contribúa a profundar na realidade galega, así como para recompensar publicamente o labor que profesionais, institucións e empresas da comunicación veñen realizando neste sentido convoca os premios Galicia de Comunicación99. 4.1.2.1.5. Bolsas No que ten que ver co aspecto formativo, durante este período contabilizáronse as seguintes convocatorias de bolsas: Táboa 27: Convocatoria de bolsas na V Lexislatura DOG Data Entidade Descrición Importe (€) 38 24/02/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Bolsas Programa de tecnoloxías da información e das comunicacións do Plan galego de investigación e desenvolvemento --- 41 29/02/00 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Base de datos cinematográfica e audiovisual de Galicia no Centro Ramón Piñeiro -- 75 18/04/01 Consello da Cultura Galega Bolsa de catalogación do arquivo de RTVE en Galicia -- Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Tal e como se pode observar do contido da convocatoria, máis que bolsas sectoriais son bolsas para proxectos de investigación con repercusión para o sector. Con respecto á bolsa do Centro de Investigación Ramón Piñeiro, a descrición do proxecto nesa mesma 98 Información sobre as características do programa. [Citado 20 maio 2013] Dispoñible en: http://www.Sergas.es/cas/Publicaciones/Docs/SaludPublica/PDF-2083-es.pdf 99 Orde do 24 de abril de 2001 pola que se convocan os Premios Galicia de Comunicacións. DOG 90, 10 de maio de 2001. [Citado 20 maio 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2001/20010510/Anuncio7C3A_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 108 Como tamén o foi a proposta de que a Galicia Film Comission, a oficina de promoción de rodaxe, se instalase nas oficinas do Centro Galego das Artes da Imaxe. A relatoría designada pola Comisión 4.ª de Educación e Cultura (o 16 de decembro de 1998, nomeou a Jaime Pita Varela (PP, titular) que logo foi substituído por Daniel Barata Quintas (PP, suplente), María Pilar García Negro (BNG, titular), Eduardo Gutiérrez Fernández (BNG, suplente), Antón Louro Goyanes (PsdG, titular) D. José Luis Méndez Romeu (PsdG, suplente), Xosé Manuel Pazos Varela (Grupo Mixto, titular) e Anxo Guerreiro Carreiras (Grupo Mixto, suplente). Este texto recomendou a aceptación dalgunha emenda significativa como era a definición de obra que non foi incorporada ao texto final. Nela facíase especial fincapé na exhibición e en poñer cotas á distribución en cinemas de producións independentes galega. Unha idea destacada que cómpre deixar reflectiva aquí e que terá interese máis adiante. O texto final aprobouse por unanimidade o que o converteu nun fito dentro da historia do audiovisual. 4.1.3. As áreas limítrofes Vimos no deseño da investigación que existen numerosas áreas comúns entre o sector audiovisual e outros sectores, como o dos medios de comunicación, as telecomunicacións e a publicidade, aos que tamén pretendemos prestar atención pero dun xeito moito menos exhaustivo. Non resultan de especial relevancia as cifras destas áreas limítrofes porque desvirtuarían o obxecto de investigación; con todo si que as recollemos porque tanto as fórmulas como as medidas que nelas se establecen teñen repercusións que nos parece interesante rexistrar. Entre elas, preténdese describir outras figuras e fórmulas administrativas que permiten completar o panorama xeral da política audiovisual. 4.1.3.1. Entre o audiovisual e as telecomunicacións Tras revisar o contido do baleirado no sector das telecomunicacións que, non sendo o núcleo desta investigación, si que fan parte dunha área que cómpre ter en conta e por iso se inclúe. Resulta esta unha partida ampla, que ascende ata os 11.142.178 euros, o 56% da cifra total con incidencia no sector da presente lexislatura. Dentro deste sector prestaremos atención ás que se poden agrupar nas seguintes epígrafes: A. Centro Multimedia de Galicia. B. Exposición Galicia Dixital. C. Autoestrada Galega da Información. Comezamos co Centro Multimedia de Galicia (CMG, de aquí en diante). Foi creado no ano 2000 como un modelo que contaba cunha sede central en Santiago de Compostela e unha rede de aulas distribuídas pola xeografía galega (que se concreta en 2014 en 98 puntos, sendo á altura de 2004 de 17 e en 2007 de 39). Segundo figura no propio sitio web104, o Centro Multimedia de Galicia traballa nos seguintes proxectos: - Centros da Rede CeMIT dotados de equipamento avanzado. 104 Centro Multimedia de Galicia [Citado 20 abril 2010] Dispoñible en: http://cmg.xunta.es Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 109 - Teleformación: que inclúe a Aula Virtual e o Access Grid105. - Programas de formación multimedia e audiovisual. - Proxectos relacionados coa promoción do audiovisual galego. Táboa 33: Contratos publicados na área limítrofe entre audiovisual e as telecomunicacións na V Lexislatura: CMG DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 124 27/06/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Sistema de difusión de vídeo e xeración automática de contidos para a Internet en director para o CMG 41.914 10 15/01/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Sistemas de xestión e instalación para o CMG 177.775 10 15/01/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para organización de cursos sobre contidos multimedia no CMG 90.121 197 10/10/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para o mantemento tecnolóxico do CMG 60.101 218 12/11/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para organización de cursos sobre contidos multimedia no CMG 90.638 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG A exposición Galicia Dixital No ano 2000, a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual promoveu a creación da exposición Galicia Dixital. Para o investigador Luis A. Hernández, membro do grupo de VideoLab da Universidade da Coruña: “La exposición Galicia Dixital nació en 2000, promovida por la Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual de la Xunta de Galicia buscando un doble objetivo. Por una parte servir como escaparate de divulgación al gran público de los medios audiovisuales más avanzados, a través de instalaciones realizadas por empresas y universidades gallegas y por otra divulgar una parte representativa de la cultura y el patrimonio de esta comunidad autónoma exclusivamente por medios digitales”106. Durante esta época son frecuentes as licitacións para os contidos desta exposición, que cubriron desde a limpeza e a vixilancia da exposición, como son a dotación de contidos que se resolveron sempre como contratos. Táboa 34: Contratos publicados na área limítrofe entre audiovisual e as telecomunicacións na V Lexislatura: Galicia Dixital DOG Data Entidade Descrición Contía ( € ) 14 19/01/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Contrato servizo limpeza exposición Galicia dixital 31.300 105 AccessGrid é un contorno de presentación e interactivo baseado en elementos multimedia e software, con interface ao middleware grid, interfaces a contornos de visualización que permiten soportar reunións distribuídas a grande escala, sesións de traballo colaborativo, seminarios, charlas, titorías e training. 106 Hernández Ibáñez, Luis A. Galicia Dixital. Una exposición de patrimonio e-tangible. El Museo Vacío. I Congreso Internacional de Arqueología e Informática Gráfica, Patrimonio e Innovación. Sevilla 17-20 de Junio de 2009. [Citado 20 maio 2013] Dispoñible en: http://videalab.udc.es/files/stuff/pdf/arqueologica2009_Galicia.pdf CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 110 DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 14 19/01/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Contrato servizo vixilancia exposición Galicia Dixital 35.700 148 01/08/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Contrato asistencia técnica mantemento tecnolóxico da exposición Galicia Dixital 82.266 148 01/08/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para coordinación da exposición Galicia Dixital 160.470 309.737 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Por último, a outra gran prioridade desta época é a Autoestrada Galega da Información (AGI, de aquí en diante), a grande infraestrutura de telecomunicacións da Xunta. Táboa 35: Contratos publicados na área limítrofe entre audiovisual e as telecomunicacións na V Lexislatura: AGI DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 209 28/10/99 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo SI de repostos ATM para AGI 84.141 38 24/02/00 Consellería de Presidencia e Administración Pública Recambios para conmutadores da AGI 90.151 48 09/03/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación de 5 transmisores dixitais de audio para AGI 374.430 40 26/02/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación dun router para AGI 36.059 235 04/12/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación de catro repetidores de TV para AGI 215.619 235 04/12/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación de 2 transmisores de TV dixital para AGI 431.610 249 27/12/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación da ampliación cabeceira de xeración de vídeo dixital para AGI 412.727 197 10/10/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación de 2 radioenlaces SDH, STM-1 de 155 Mbps para a AGI 348.226 218 12/11/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación de 2 radioenlaces SDH, STM-1 de 155 Mbps para a AGI 348.226 218 12/11/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación conmutadores ATM e Ethernet para AGI 259.760 240 13/12/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Realización dun proxecto de demostración para AGI 498.455 240 13/12/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Subministración e instalación unidade de control multiconferencia para conectar AGI 135.907 3.235.316 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 111 Esta infraestrutura ten un carácter destacado á vista da cifra dos importes e do número de contratos convocados e adxudicados durante os dous anos que se analizan desta lexislatura. 4.1.3.2. O audiovisual e os medios de comunicación Como vimos con anterioridade, queda o suficientemente claro cales son as relacións entre o sector audiovisual e os medios de comunicación e, á súa vez, deste co sector das telecomunicacións. A partida desta área limítrofe neste período é de 1.781.493 euros, o que supón un 8,97% das cifras totais desta lexislatura. No baleirado dos boletíns oficiais hai anuncios que podemos agrupar en función da súa natureza en: - Subvencións (axudas a estudios de medios de comunicación, a empresas xornalísticas…) - Concesións de licenzas de radio. Táboa 36: Licenzas de radio FM concedidas na V Lexislatura DOG Data Entidade Descrición 233 02/12/99 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Licenzas provisionais radio FM: Moaña, Teo e Vilasantar Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG - Contratos. - Decretos de nomeamentos e cesamentos de membros do Consello Asesor das Telecomunicacións. 4.1.3.3. O audiovisual e a publicidade Tal e como apuntamos no deseño da presente investigación, incluímos en audiovisual todas aquelas notificacións do DOG encamiñadas á produción dun audiovisual e na área intermedia, todos aqueles rexistros que poden derivar na creación audiovisual pero non o apuntan explicitamente. Aquí incluímos todos os concursos publicitarios máis o anuncio da convocatoria dun contrato para a realización dunha “Estratexia de Comunicación audiovisual”, que reserva un apartado de creación audiovisual que non figura no resto de concursos análogos. Esta é a única matización dun baleirado no que rexistramos as publicacións desa área intermedia entre o audiovisual e a publicidade: Táboa 37: Listaxe de accións realizadas na V Lexislatura na área limítrofe entre audiovisual e publicidade DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 17 26/01/00 Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Campaña publicitaria sobre os produtos agroalimentarios galegos 661.088 100 24/05/00 Consellería da Campaña institucional con motivo do Día 36.060 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 112 DOG Data Entidade Descrición Contía (€) Presidencia e Administración Pública de Galicia 122 23/06/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para a configuración imaxe marca municipio de Muros 9.015 122 23/06/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Asistencia técnica para a configuración imaxe marca arcade 12.020 202 18/10/00 Deputación da Coruña Deseño e composición dunha revista de comunicación corporativa da Deputación Provincial da Coruña 63.106 146 28/07/00 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Campaña institucional con motivo do Día de Galicia 36.030 52 14/03/01 Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Campaña publicitaria consumo carne vacún 250.000 137 16/07/01 Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Campaña publicitaria 137 16/07/01 Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Campaña publicitaria 196 09/10/01 Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura Deseño produción e difusión dunha campaña promocional do mexilón 248.218 27 07/02/01 Consellería da Presidencia e Administración Pública. Adxudicación traballos de creatividade para difundir os valores de Galicia 209.152 42 28/02/01 Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais Campaña publicitaria sobre seguridade e saúde laboral 24.942 149 02/08/01 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Campaña institucional con motivo do Día de Galicia 42.004 59 25/03/02 Deputación de Pontevedra Plan de comunicación 200.000 110 10/06/02 Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Campaña institucional con motivo do Día de Galicia 203 21/10/02 Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Campaña promocional sobre os queixos galegos 240.000 80 25/04/02 Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Campaña publicitaria Centro Información do Agro galego 120.105 28 07/02/02 Consellería de Industria e Comercio Estratexia de comunicación audiovisual sobre a artesanía de Galicia 210.354 80 25/04/02 Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Campaña publicitaria consumo carne vacún 246.414 135 15/07/02 Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Campaña de comunicación e imaxe sobre o medio rural galego 300.500 224 20/11/02 Consellería de Economía e Industria. Servizos de publicidade internacional 599.854 Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 113 DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 116 17/06/03 Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Campaña institucional con motivo do Día de Galicia 50.000 183 22/09/03 Consellería de Innovación, de Industria e Comercio Desenvolvemento dunha campaña publicitaria comercio retallista 447.030 129 04/07/03 Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Campaña promocional sobre os queixos galegos 233.361 48 10/03/03 Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Campaña de comunicación e imaxe sobre o medio rural galego 249.017 57 21/03/03 Igape Contratación de servizos de realización dun anuncio publicitario 130.000 182 19/09/03 Deputación da Coruña Deseño, desenvolvemento de páxinas web, programas e imaxe corporativa, Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración da Coruña 11.671 157 14/08/03 Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Campaña institucional con motivo do Día de Galicia 49.520 209 27/10/04 Consellería de Economía e Industria Anuncios de publicidade en medios de comunicación 899.087 249 24/12/04 Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, SA Galicia, un destino de auga 900.000 159 17/08/04 Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Concursos imaxe (pataca de Galicia) 180 15/09/04 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Campaña "Entre nós, en galego" 75.000 66 07/04/05 Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Traballos de creatividade para a promoción dos valores de Galicia 210.000 101 27/05/05 Consellería de Innovación, Industria e Comercio Plan de medios para o desenvolvemento dunha campaña de promoción en medios audiovisuais da sociedade da información, a innovación tecnolóxica e a investigación durante o ano 2005 2.784.389 101 27/05/05 Consellería de Innovación, Industria e Comercio Plan de medios (campaña audiovisual promoción dos valores audiovisuais) 2.784.389 132 11/07/05 Deputación de Pontevedra Campaña de publicidade do proxecto Cidade+ 60 000 148 04/08/06 Presidencia Campaña de publicidade para a promoción da lingua galega 1.000.000 229 28/11/06 Presidencia Campaña de publicidade para a promoción da lingua galega (para difusión nos medios de comunicación) 999.999 188 27/09/07 Consellería de Sanidade Adxudicacións definitivas de concursos de servizos e subministracións, polo procedemento aberto. 69.600 107 05/06/07 Consellería de Traballo Varios contratos para a adquisición de espazos en prensa e radio para a realización de accións de divulgación 1.646.397 CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 114 DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 105 01/06/07 Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes Contrato servizos de creatividade, deseño e produción dunha campaña de comunicación institucional 496.000 82 27/04/07 Consellería de Sanidade Convenio con medios para difundir iniciativas de saúde pública 1.167.000 114 13/05/08 Consellería do Medio Rural Plan de medios (campaña publicitaria 135 .15 139 18/07/08 Galicia Calidade Plan de medios (campaña publicitaria) 431.000 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Con respecto a esta área limítrofe, cómpre indicar que o trazo común a todas elas, alén de tratarse de campañas publicitarias, está nas fórmulas administrativas empregadas, xa que todos son concursos públicos. Polo demais, podémolas agrupar en: - Compras de espazos publicitarios en medios de comunicación, para difusión de iniciativas ou información dos diferentes departamentos. - Campañas publicitarias. - Plans de medios. O conxunto das cifras supuxo un total de 2.180.533 euros, o que supón o 10,98% das cifras totais analizadas na presente lexislatura. 4.1.4. As axudas de fomento do audiovisual A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca durante este período dúas convocatorias: unha no ano 2000 e outra en 2001, que analizamos seguindo un criterio cronolóxico 4.1.4.1. A convocatoria de 2000 Por medio de dúas ordes, o Diario Oficial de Galicia publica o mércores 19 de abril de 2000 as dúas convocatorias de subvencións á cinematografía. Unha orde está destinada a apoiar o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual en lingua galega e a produción audiovisual en lingua galega; a outra convoca axudas para o desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de produción audiovisual que incorporen novos realizadores. Podemos velo reflectido no seguinte cadro: Táboa 38: Cadro-resumo das axudas de fomento cinematográfio na V Lexislatura Produción Desenvolvemento Guión Novos realizadores Convocatoria Resolución Convocatoria Resolución Convocatoria Resolución Convocatoria Resolución DATA 19/04/00 19/04/00 19/04/00 19/04/00 N DOG 77 77 77 77 ORDE 10/04/00 10/04/00 10/04/00 10/04/00 CONTÍA 928.563,7 € 150.253,0 € DATA 27/02/01 06/07/01 27/02/01 05/07/01 28/02/01 06/07/01 28/02/01 06/07/01 N DOG 41 131 41 130 42 131 42 131 ORDE 15/02/01 15/02/01 15/02/01 15/02/01 CONTÍA € 926.760,60 € 150.253,00 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 115 Vexamos agora as características de cada convocatoria: 1) Desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual en lingua galega Na convocatoria defínese do seguinte xeito os obxectivos que perseguen: unha das fases máis esenciais da produción audiovisual, como é a da posta a punto dos aspectos guionísticos e orzamentarios Isto tradúcese no conxunto de operacións que preceden a fase de produción propiamente dita, a rodaxe dunha obra audiovisual. O devandito concepto inclúe, en particular, a redacción do guión, a procura de socios, a preparación do plan financeiro da produción e a elaboración do plan de mercadotecnia e de distribución. Ademais, matiza diferenzas para: A. as películas de animación: que pode supor a realización dun filme piloto. B. as producións que valora o patrimonio audiovisual europeo (que pode supor a busca de arquivos). C. as producións multimedia (que pode implicar o desenvolvemento de software específico). Son producións por concorrencia competitiva, ás que se poden presentar produtoras audiovisuais e empresas de produción multimedia con enderezo social en Galicia (que deberán acreditar a súa inclusión no Rexistro de Empresas do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais). O xurado está conformado por: -Un vogal en representación da CRTVG. -Dous vogais en representación do sector audiovisual. -Un vogal en representación das universidades de Galicia. -Un vogal en representación do Centro Galego de Artes da Imaxe. -Un vogal da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual. -Actuará como secretario, con voz e sen voto, un funcionario da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual. A orde establece que son os membros do xurado os que se encargan de fixar un importe coa cantidade de axuda que propoñen para cada proxecto. En canto á forma de puntuación ofrece un modelo baseado en catro niveis: - Moi favorable (10 puntos). - Favorable (8 puntos). - Pouco favorable (6 puntos). - Desfavorable (4 puntos). Con respecto aos xéneros e formatos subvencionados, nesta convocatoria poden presentarse longametraxes cinematográficas, telefilmes, series de televisión, producións multimedia e documentais. Valórase o interese do proxecto e a calidade artística, entendendo como tal a orixinalidade e a creatividade; a viabilidade da execución, tendo en conta cal é o contexto do sector en Galicia, e o grao de adecuación e viabilidade entre o proxecto, o orzamento e as posibilidades de financiamento. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 116 2) Produción audiovisual en lingua galega Son as axudas á execución e realización da obra audiovisual. Nesta convocatoria foron obxecto de subvención: a) Curtametraxes, as producións cinematográficas de duración inferior a sesenta minutos. b) Longametraxes, as producións cinematográficas de duración igual ou superior a sesenta minutos. c) Videocreación, os proxectos que expresen unha clara vontade de experimentación formal. d) Telefilmes, películas dirixidas a emisión en televisión. e) Programas piloto de series de televisión, os que mostren mediante un capítulo a viabilidade dun proxecto de serie televisiva. f) Documentais, as producións informativas dalgún aspecto da realidade sen empregar como principal instrumento a ficción. g) Producións multimedia, as que conxuguen o emprego de medios informáticos e audiovisuais tanto na súa elaboración como no seu consumo. Como é unha única orde para as dúas convocatorias, comparten a documentación administrativa necesaria para poder presentarse, así como as obrigas de depósito de copia en galego no CGAI e incluír nos títulos de crédito a imaxe corporativa da Consellería. Dous artigos da orde regulan estas características: Artigo 24º.- As produtoras subvencionadas quedarán obrigadas a presentar un resumo dos investimentos realizados antes do 15 de novembro de cada exercicio económico do que se trate, entregando á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo xustificación do investimento efectuado mediante xustificantes orixinais, ou fotocopia compulsada, dos gastos realizados e, no último ano, ademais da xustificación correspondente, a entrega de dúas copias da produción resultante e un vídeo promocional á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Nos títulos de crédito da produción, así como en toda a publicidade que dela se faga, farase constar que a produción foi subvencionada pola Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Artigo 25º.- As copias entregadas á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que sempre deberán ser en lingua galega, quedarán depositadas no Centro Galego de Artes da Imaxe da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, para a súa conservación e uso con fins culturais e de promoción do audiovisual galego. Para tal fin, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá realizar cantas copias considere precisas107. Ese mesmo día, sae publicada outra orde, coa mesma data, na que se regulan outras dúas liñas de axuda, as de guión e as de novos realizadores. 3) As axudas a desenvolvemento de guión Comparten coas liñas anteriores os requisitos xerais de legalidade de calquera subvención pública. Para as axudas a desenvolvemento de guión podían presentarse os guións para longametraxes de cinema, películas para televisión e producións 107 Orde do 10 de abril de 2000 pola que se convocan subvencións a empresas vinculadas co sector audiovisual para apoiar o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual en lingua galega, así como a produción audiovisual en lingua galega. DOG 77, 19 de abril de 2000. . [Citado 1 setembro 2012] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2000/20000419/Anuncio852E_gl.html Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 117 multimedia. A excepción estaba na adaptación de obras preexistentes, algo que, como veremos, si se permite en convocatorias posteriores. Desde o punto de vista contextual, cómpre relacionar este feito coa iniciativa que xorde en 2001 entre a Asociación Galega de Editores, a Asociación Galega de Produtores Independentes e a Consellería de Cultura que dá lugar ao informe titulado “A adaptación audiovisual do fondo editorial galego”, que permite analizar (en termos de viabilidade económica e xestión dos dereitos de autor) dun fondo de 16 títulos da literatura galega. Entre a documentación que hai que presentar, a convocatoria especifica: -Memoria explicativa do proxecto. -Sipnose argumental e/ou tratamento e borrador do guión, con especificación dos dereitos de autor. -Declaración subscrita polo solicitante de que o proxecto non foi desenvolvido. -Documento que acredite, se é o caso, o compromiso dunha produción, das sinaladas no artigo 13.º baseada no guión, por parte de empresas de produción audiovisual ou empresas de produción multimedia A composición do xurado é igual que nas ordes de produción e de desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual (CRTVG, universidades, CGAI e profesionais do sector). Nos criterios de valoración deben ter en conta o interese de guión: a súa calidade artística (medida pola orixinalidade e a creatividade do guión), así como a viabilidade de poder executar ese proxecto tendo en conta as características da industria audiovisual galega. 4) As axudas a novos realizadores e novo equipo técnico Esta liña está pensada para fomentar as creacións de novos realizadores e está orientada á creación de tres tipos de produtos: a) Curtametraxes, as producións cinematográficas de duración inferior a sesenta minutos. b) Videocreación, os proxectos que expresen unha clara vontade de experimentación formal. c) Producións multimedia, as que conxuguen o emprego de medios informáticos e audiovisuais tanto na súa elaboración como no seu consumo. E define como “novos realizadores” aqueles que “a data da presente convocatoria dirixisen menos de tres proxectos de produción audiovisual”. Establece a maiores un límite orzamentario de 60.000 euros por proxecto. A documentación que teñen que presentar é a seguinte a) Memoria explicativa (2 páx. máximo). b) Sinopse do proxecto (2 páx. máximo). c) Guión definitivo da produción. d) Relación de membros do equipo. e) Plan de produción con orzamento total do proxecto. f) Plan de financiamento, con expresión das contribucións doutras entidades, organismos ou institucións e documentalmente acreditado. g) Calendario de investimentos para a execución do traballo. h) Calquera outra documentación que o solicitante estime pertinente para a mellor defensa do proxecto. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 124 Decreto 309/2001, do 17 de decembro, no que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta, entre os que figura a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. En consecuencia, procede o establecemento da estrutura orgánica e funcional da devandita Secretaría Xeral, atendendo aos principios de economía e eficacia. Foi con posterioridade, en virtude do Decreto 17/2002, do 1 de febreiro, polo que se crea a estrutura orgánica da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos109 cando se fixa a súa definición, composición e competencias. Ese decreto establece que A Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos é o centro encargado de executa-la política xeral da Xunta de Galicia en materia das relacións institucionais cos medios informativos e da publicidade e imaxe institucional da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos dependerá funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. E tamén fixa cales son as súas funcións son: a) As competencias da Xunta de Galicia en materia de relación cos medios informativos, así como o exercicio das competencias ás que fan referencia os números 2º e 3º do artigo 34, no relativo á prensa, e número 31º do artigo 27, no que se refire á publicidade, ámbolos dous do Estatuto de autonomía de Galicia. b) As relacións cos medios informativos e a dirección e coordinación dos gabinetes de comunicación da Xunta de Galicia e da súa Presidencia. c) O deseño e a realización da publicidade institucional da Xunta de Galicia. d) Deseñar e planificar a política de imaxe e publicidade da Xunta de Galicia, dirixindo e coordinando todas as actividades que neste sentido leven a cabo en tódolos sectores e medios de comunicación, tanto convencionais como on-line, a Xunta de Galicia e as súas institucións. e) A preparación da normativa referente ós medios informativos e á publicidade. f) A tramitación de expedientes relativos a subvencións, bolsas e axudas ós medios de comunicación. g) A realización de estudios e, se é o caso, a súa coordinación sobre materias relativas a tódolos sectores da información e medios de comunicación en xeral. Resultan de interese os contidos recollidos neste último apartado que fala da realización de estudos e da coordinación de materias relativas aos sectores da información e os medios de comunicación audiovisuais. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo É a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, baixo o mandato de Jesús Pérez Varela, o departamento que ten as competencias efectivas no noso obxecto de estudo. Así figura de xeito explícito no Decreto 72/2002, que contén a estrutura orgánica deste departamento110, e no que se explica que: 109Decreto 17/2002, do 1 de febreiro, polo que se crea a estructura orgánica da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2002/20020208/Anuncio292E_gl.html 110 Un DOG que foi modificado nos seguintes decretos. E a través dos que se pode ver a evolución das competencias Diario n.º 53 de data 14/mar/2002 Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 125 O tempo transcorrido desde a publicación do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro de 1998, e os cambios realizados con posterioridade, aconsellan a aprobación dun novo texto que integre as modificacións e que recolla a estrutura da consellería nunha única norma de referencia. Con todo, as modificacións que nel se indican non afectan en ningún caso ao audiovisual e, polo tanto, permanece intacto o descrito no anterior capítulo. E así será ata 2005. Ao final da lexislatura prodúcese unha modificación da estrutura orgánica da Consellería de Cultura. Está fixado polo Decreto 136/2005111, do 26 de maio, que volve modificar a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo por unha cuestión de gran relevancia. O cambio aféctalle á Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual. Nela créase o Servizo de Televisión e Radiodifusión coa finalidade de atender as necesidades xurdidas do novo panorama audiovisual galego derivado da posta en funcionamento das emisoras de televisión e radiodifusión dixital de ámbito autonómico e local. Tres semanas antes, na resolución do 9 de maio de 2005, que publica o DOG número 91 do 12 de maio de 2005, anúnciase o concurso público das concesións do servizo público de televisión dixital, de cobertura local e autonómica, segundo demarcacións. En canto ás súas competencias, o decreto fixa : V. A Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual. Artigo 7º Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de telecomunicacións, audiovisual e multimedia e todos os aspectos que se poidan derivar da aplicación desas novas tecnoloxías da comunicación e a información a todas as facetas da cultura e do patrimonio galego e, especialmente, o exercicio das seguintes funcións: a) As competencias da Xunta de Galicia en materia de telecomunicacións e audiovisual. b) A implantación de redes propias de telecomunicación para a prestación de servizos que sexan competencia da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido na Lei de ordenación das telecomunicacións. 1 - Decreto 72/2002, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2002/20020314/Anuncio4B0A_gl.html Diario n.º 19 de data 28/xan/2000 2 - Decreto 15/2000, do 20 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2000/20000128/Anuncio2FFA_gl.html Diario n.º 147 de data 31/xul/1998 3 - Decreto 225/1998, do 17 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107B6_gl.html Diario n.º 10 de data 16/xan/1998 4 - Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980116/Anuncio1048A_gl.html 111 Decreto 136/2005, do 26 de maio, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.[Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20050603/Anuncio14E76_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 126 c) O estudo, preparación e tramitación de cantas actuacións lle correspondan á Xunta de Galicia para o desenvolvemento e efectividade das previsións do artigo 34 e da disposición transitoria sexta do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación á radio, televisión e medios de comunicación social. d) A xestión, planificación, coordinación e asesoramento técnico de todos os servizos, sistemas e infraestruturas de telecomunicacións da Xunta de Galicia, rede oficial de comunicacións (ROC), rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (Recetga) e a autoestrada galega da información. No caso de Recetga, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento terá capacidade, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para deseñar modificacións e ampliacións. e) A dotación de infraestrutura á Compañía de Radiotelevisión de Galicia e ás súas sociedades, a implantación da rede oficial de comunicacións e a rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia, así como a implantación doutros sistemas e servizos soportados polas redes de radiodifusión e televisión, ROC de Recetga e a autoestrada galega da información con cargo aos orzamentos da Xunta de Galicia. f) A tramitación das solicitudes de concesión de emisoras de radiodifusión e televisión e a preparación dos proxectos de regulación das fases dos concursos públicos de adxudicación de novas emisoras de radio e televisión que sexan competencia da Comunidade Autónoma. g) A redacción e supervisión de proxectos técnicos, dirección e control das instalacións, así como a asistencia técnica necesaria en todo o referente ao ámbito das telecomunicacións e audiovisual. h) Realizar tarefas de control das emisoras de radiodifusión e televisión. i) A planificación, coordinación e dirección no desenvolvemento da cinematografía e demais artes da imaxe. j) A preparación de normativa referente ao ámbito das telecomunicacións e audiovisual. k) O fomento das edicións sonoras, audiovisuais e de microfilmes nas materias propias desta consellería, así como a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe, en xeral a través do Centro Superior de Documentación, Investigación e Información da Comunidade Autónoma e do Centro Galego de Artes da Imaxe. l) A xestión e coordinación do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. m) Planificación e coordinación das funcións atribuídas a Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, SA).O desenvolvemento destas funcións efectuarase sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en virtude do Decreto 255/2003, do 8 de maio, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en virtude do Decreto 223/2003, do 11 de abril, e as que, sobre planificación, xestión e desenvolvemento da informática contable, orzamentaria, financeira e tributaria, teña atribuídas a Consellería de Economía e Facenda. Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual estrutúrase do seguinte xeito: 1. Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual. Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e programas, coordinación e execución das funcións sobre medios de comunicación, telecomunicacións, audiovisual, multimedia e todos os aspectos que se poidan derivar da aplicación destas novas tecnoloxías da comunicación e da información a todas as facetas da cultura e o patrimonio galego. Esta subdirección contará cos seguintes servizos: 1.1. Servizo de Estudos e Análises de Telecomunicación e Audiovisual. Son funcións deste servizo as seguintes: a) Preparación de normas, tramitación e emisión de informes. b) Xestión de axudas, contratos e convenios administrativos. c) Xestión orzamentaria. d) Coordinación do Centro Galego de Artes da Imaxe. 1.2. Servizo de Xestión do Centro Superior de Documentación. Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións: a) Preparación, programación, xestión e coordinación de proxectos multimedia de carácter cultural. b) Preparación e seguimento dos programas de novas tecnoloxías aplicadas á difusión cultural. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 127 c) Organización e xestión do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. 1.3. Servizo de Televisión e Radiodifusión. Son funcións deste servizo as seguintes: a) Elaboración de normas e emisión de informes administrativos relativos á televisión e radiodifusión. b) Control e xestión de procedementos de autorizacións e concesións de televisión. c) Control e xestión de procedementos de autorizacións e concesións de radiodifusión. d) Xestión do rexistro de concesionarios de televisión e radiodifusión. e) Control, inspección e sanción en materia de medios e contidos audiovisuais. 1.4. Servizo de Planificación. Son funcións deste servizo as seguintes: a) Elaboración de informes técnicos. b) Xestión, planificación, coordinación e asesoramento técnico dos servizos e infraestruturas de telecomunicación da Xunta de Galicia. c) Planificación e xestión da autoestrada galega da información. d) Coordinación das actuacións da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, SA). Dese decreto recuperamos tamén o artigo primeiro, no que fai explícitas cales son as competencias desta Consellería. Nese artigo déixase ben claro que A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden as competencias en materia de promoción cultural, patrimonio cultural, telecomunicacións, audiovisual, multimedia, turismo e todos os aspectos vinculables ao Camiño de Santiago, segundo o establecido no Estatuto de autonomía. Refórzase, ao noso entender, ese vínculo entre telecomunicacións, audiovisual e multimedia que debuxamos ao principio da investigación, como áreas limítrofres de traballo pero tamén como sectores con límites difusos. Ademais, mantéñense as adscricións do Consello Asesor das Telecomunicacións e do Audiovisual de Galicia e do Centro Galego de Artes da Imaxe á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual. Por último, en virtude do Decreto 294/2002112, créase o Consorcio Audiovisual de Galicia, que ten a forma de entidade de dereito público de carácter interadministrativo, con patrimonio e personalidade xurídica propia. Pola súa natureza non está adscrito organicamente a ningunha consellería, pero como o seu presidente é o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está vinculado a este departamento. Esta entidade é obxecto dun capítulo propio na presente investigación, así que neste apartado deixámolo unicamente enunciado como unha entidade máis dentro da acción de goberno. En virtude do visto, o gráfico do ámbito de competencias desta lexislatura queda plasmado do seguinte xeito: 112 Decreto 294/2002, do 17 de outubro, polo que se constitúe e regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia. DOG 208, 28 de outubro de 2002. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2002/20021028/Anuncio154C6_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 128 Gráfico 8: Departamentos con competencia no sector audiovisual na VI Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG 4.2.2. As cifras Esta é a primeira lexislatura completa na que o sector audiovisual conta cunha lei que o regule. Arrinca nun momento de especial esplendor para a creación e constitución de numerosas entidades e figuras contempladas pola lei. Vimos na anterior lexislatura que a Xunta encargara a diferentes empresas a realización de estudos e actividades de difusión do sector audiovisual como punto de partida dunha iniciativa que logo asumiría o Consorcio Audiovisual de Galicia (CAG de aquí en diante). Así o fixa entre as súas competencias o seu decreto de constitución, ao que acabamos de facer referencia e que será obxecto dun apartado propio. Empezamos debuxando o esquema marco da presente lexislatura. Tras o baleirado dos DOG nesta lexislatura, as cifras son as seguintes: Táboa 48: Importes totais dos diferentes sectores na VI Lexislatura Sector Contía (€) Audiovisual 21.842.691 Medios de comunicación (MDC) 4.828.790 Publicidade 8.594.879 Telecomunicacións 34.560.834 69.827.195 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 129 Gráfico 9: Distribución importes totais por sectores na Lexislatura VI Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Rexístrase un incremento económico considerable desde os 5 millóns do período 1999- 2001 aos 19 deste período. En parte está xa xustificado polo feito de que esta é unha lexislatura completa, mentres que a anterior era só un período de dous anos que arrincaba xusto tras a aprobación da lei. Con todo, imos ver agora que se corresponde con esas cifras. 4.2.2.1. O audiovisual Comezamos centrándonos, nun primeiro momento, no conxunto de cifras destinadas ao sector audiovisual. A cifra total é de 21.842.691 euros, que se distribúen nos seguintes departamentos: Táboa 49: Importes totais do sector audiovisual en función da entidade convocante na VI Lexislatura Entidade Contía (€) Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo 15.479.724 Consellería de Innovación, Industria e Comercio 3.539.657 Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública 1.111.963 Deputación da Coruña 981.287,13 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria 193.855 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais 121.928 Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos 120.000 Concello da Coruña 102.800 Consellería de Sanidade 102.047 Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda 83.419 Outros 6.010 Axencia Tributaria Concello de Santiago Delegación Provincial de Pontevedra Consellería de Economía e Facenda CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 130 Entidade Contía (€) Consellería de Medio Ambiente Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado Consello da Cultura Galega Delegación Provincial da Coruña Parlamento de Galicia Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local Consellería de Emigración Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Gráfico 10: Sector audioviual na VI Lexislatura en función das entidades Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG En primeiro lugar, e como cabería de agardar, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, é o departamento do Goberno que máis partida destina cun total de 15.479.724 euros, o que supón un 68% do total. Séguelle a Consellería de Industria e Comercio con 3.539.657 euros (cómpre lembrar aquí a remodelación do goberno en 2003, cando a Consellería de Industria e Comercio pasa a ser a Consellería de Innovación, de Industria e Comercio), que se corresponde cun 16%. Ademais, a Consellería de Presidencia e Relacións Institucionais e Administracións Públicas publicou medidas que supuxeron 1.111.963, un 5% do total, que a sitúa en terceiro lugar. As grandes cifras por departamentos redundan na idea da relevancia que ten o sector audiovisual tanto no ámbito cultural como tamén no plano industrial e encaixan co repartimento de competencias na materia. A relevancia que comeza a dárselle neste último, departamento revela un cambio de orientación con respecto da anterior lexislatura. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 131 Centrándonos neses tres departamentos que concentran a maior partida orzamentaria no sector, imos ver cales son as fórmulas que empregan. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Este departamento encabeza as medidas destinadas ao sector audiovisual nesta lexislatura. Con todo, dos 15.479.724 euros contabilizados nesta área, a práctica totalidade correspondese coas axudas ao fomento. En total, esta liña de subvencións supoñen 14.073.104, case o 91% do total. O resto de axudas, diferentes das destinadas á potenciar a cinematografía representan un 1%, mentres que os contartos o 8%. Estas cifras están rexistradas no seguinte gráfico: Táboa 50: Fórmulas administrativas na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na VI Lexislatura Fórmula administrativa Contía ( € ) Axuda 1.225.483 Axuda_AVG 14.073.104 Contrato 181.137 Decreto Outro Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Gráfico 11: Importes do sector audiovisual na Consellería de Cultura na VI Lexislatura en función da fórmula administrativa Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG As axudas de fomento tradicionais (produción, desenvolvemento, novos realizadores e guión) concentran a case totalidade do importe concedido en forma de axudas deste departamento, con 14.073.104 euros, que supoñen o 92% do total. Despois hai outras liñas de axudas (7%) e unhas partidas menores pola vía dos contratos administrativos (1%) que contabilizan 181.137 euros. Con respecto a outros actos administrativos que CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 132 non supoñen implicación orzamentaria, nesta etapa destacan os decretos por riba doutras fórmulas. A Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administracións públicas Igual que acontece no caso da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, neste departamento, a fórmula pola que máis contía se destina ao sector é a través das axudas, cun 91% do total. O 9% restante é a través dos premios, tal e como se pode ver na seguinte táboa: Táboa 51. Fórmulas administrativas na Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na VI Lexislatura Fórmula administrativa Contía (€) Axuda 1.093.927 Premios 18.036 Xornadas, Cursos, congresos… Plan Orde Lei Decreto Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Gráfico 12: Audiovisual na Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na VI Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Por último, a Consellería de Industria e Comercio destinou esa partida de 3.539.657 euros, e todos eles a través de convocatorias de axudas de concorrencia competitiva. Por outra parte, seguimos coa estrutura de análise seguida na anterior lexislatura, de analizar as cifras en función das fórmulas administrativas, polo que imos ver agora cal foi o xeito que instrumentou a Administración para gobernar o sector audiovisual. Se nos fixamos no repartimento por fórmula administrativa, na seguinte táboa pódese ver o resultado Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 133 Táboa 52: Importes do sector audiovisual segundo a fórmula administrativa na VI Lexislatura Fórmula administrativa Contía (€) Axuda_AVG 14.073.104 Axuda 6.172.922 Contrato 1.567.618 Premios 29.046 Lei Bolsa Convenio Convenio colectivo Currículos, plans de estudo… Decreto Estatutos Xornadas, cursos, congresos… Nomeamento Notificación Orde Outro Plan Programa Sentenza Denuncia Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Gráfico 13: Audiovisual na VI Lexislatura segundo a fórmula administrativa Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 140 1.1. Produción dun programa de televisión con carácter municipal. Por forma de concurso en tramitación ordinaria e en procedemento aberto, o concello da Coruña (número de expediente As-11/2003) anunciaba un contrato para o “deseño, produción e emisión dun programa de televisión con contidos de interese municipal. Duración do contrato: trinta e catro semanas distribuídas desde o mes de abril ó mes de decembro de 2003115”. 1.2. Contratación servizos de emisión dun anuncio de televisión para a difusión dos investigadores estranxeiros. No DOG número 201, do 16 de outubro de 2003, publícase un concurso público aberto para a contratación de servizos de emisión dun anuncio de televisión de 20 segundos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a difusión das vantaxes de Galicia para os investidores estranxeiros. É o expediente CP 12/2003. A tramitación é urxente e o procedemento e forma de adxudicación é concurso público aberto. 1.3. No DOG número 40, do 28 de febreiro dese mesmo ano 2003, publícase un concurso por importe de 116.928 euros para a creación e elaboración de materiais documentais e audiovisuais para a información e orientación sobre ocupacións profesionais dispoñibles, por lotes. (Expediente 5/2005)116. 1.4. Realización de tres curtametraxes de animación sobre persoas con discapacidade. No DOG número 138, do 19 de xullo dese 2003, a consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo anuncia un concurso público para a realización de tres curtametraxes de animación sobre as persoas con discapacidade e o turismo (persoas con autismo, xordeira e deficiencia visual), co obxecto de configurar un turismo accesible. O importe é de 86.400, IVE incluído, e faise por procedemento aberto e trámite ordinario117. 2. Programas continuados. Alén dos contratos xa comentados, durante esta lexislatura existen dous programas de ámbito cinematográfico que manteñen certa periodicidade. Dunha banda, está Noite de Cine e, da outra, Cinensino. 2.1. Noite de Cine. Baixo esta denominación, a Deputación Provincial da Coruña realizou proxeccións cinematográficas nos 73 concellos desta provincia. Os diferentes pregos administrativos establecen que o programa é financiado nun 60% pola Deputación e nun 40% polo concello no que se realizan as proxeccións.  Anuncio de concurso. DOG 50, 12 de marzo 2003 [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030312/Anuncio8DCA_gl.html  Resolución do 22 de febreiro de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a creación e elaboración de materiais documentais e audiovisuais para a información e orientación sobre ocupacións profesionais dispoñibles, por lotes. (Expediente 5/2005). DOG 40, 28 de febreiro de 2005 [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20050228/Anuncio7B12_gl.html 117 Resolución do 28 de xuño de 2005 pola que se anuncia concurso público para a realización de tres curtametraxes de animación sobre as persoas con discapacidade e o turismo, polo procedemento aberto e trámite ordinario. DOG 138, 19 de xullo de 2005.[Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20050719/Anuncio1A372_gl.html Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 141 Ademais, os pregos fixan as condicións de proxeccións (número de proxeccións, o prezo máximo delas, así como o número de títulos e datas de estrea destes títulos). Táboa 57: Contratos da Deputación da Coruña para o programa Noite de Cine na VI Lexislatura DOG Data Entidade Descrición Contía (€) 40 25/02/02 Deputación da Coruña XII Noite de Cine 102.900 71 10/04/03 Deputación da Coruña Programa de exhibición Noite de Cine 200.200 71 14/04/04 Deputación da Coruña Programa de exhibición Noite de Cine 200.200 76 21/04/05 Deputación da Coruña Organización programa Noite de Cine 120.120 Total 623.420 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG 2.2. Cinensino. Este programa xa existía na lexislatura anterior e continúa ao longo desta. Está convocado polo procedemento negociado e adxudícase sempre á mesma empresa. Desde o ano 2000 desenvólvese ao abeiro do Plan de Galicia sobre drogas e consiste na proxección de películas que abordan tres factores de risco/protección en cada edición. O ciclo de intervención realizado por esta empresa é de catro anos. O programa deseñaba material específico para cada película proxectada, un manual para o profesor (formados previamente por un curso en internet de 32 horas) e un caderno para o alumno. Tras o visionado do filme, trabállanse na aula os cadernos. 3. Iniciativas puntuais. Por último, existen iniciativas concretas que responden a intereses de carácter estratéxico que cómpre detallar. É o caso da convocatoria publicada no DOG número 185, do 24 de setembro de 2003, para a redacción do Plan de sectorialización da Cidade da Imaxe. No ano 2003, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Santiago acordaron, no marco dun convenio, a creación da Cidade da Imaxe. Trátase dun polígono industrial de cincuenta hectáreas situadas en terreos próximos á Lavacolla, preto das instalacións da Televisión de Galicia e da sede de Televisión Española en Galicia. En función dese convenio, o IGVS comprometíase a elaborar un plan de viabilidade do parque e o concello compostelán da ordenación pormenorizada. O acordo fixaba tamén que o IGVS mercaría as parcelas, se encargaría da urbanización e da venda deste proxecto que tería entre 100 e 150 fraccións, mentres que o Concello se ocuparía das vías, das zonas verdes e dunha área deportiva pública. O anuncio que aquí rexistamos fai referencia á licitación, no sistema de concurso aberto, da redacción dese plan de sectorialización do sunp 32 (Cidade da Imaxe) en Santiago de Compostela, que nunca se chegou a materializar. 4.2.2.1.3. Bolsas Na presente lexislatura, no que ten que ver co apartado formativo, destacan as seguintes convocatorias: CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 142 Táboa 58: Bolsas na VI Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Non figuran as partidas económicas por dous motivos. Primeiro, porque non se detalla nas convocatorias e, segundo, porque o CAG terá un apartado propio no que se procederá a sumar as cifras. Con todo, si nos centraremos aquí no obxecto destas bolsas. Comezamos polo Consello da Cultura Galega, organismo estatutario que presenta esta convocatoria en continuación dun proxecto iniciado anos atrás e, tal e como vimos anteriormente, encamiñado a catalogar o Arquivo de RTVE-Galicia. Seguimos co CAG, que inclúe no marco da súa área de actuación, esta convocatoria pensada para formar os profesionais do sector audiovisual en centros de ámbito internacional. Así figura nas súas propias bases: “considera oportuno establecer unha política de fomento da formación para profesionalizar o sector audiovisual galego a través da capitalización dos seus recursos humanos, actuación encadrable no ámbito das súas finalidades e no Plan de actividades do Consorcio para o exercicio 2004, mediante a concesión de bolsas formativas para a ampliación e perfeccionamento de estudos audiovisuais”118. Esta liña de axudas continuarase ata o ano 2008 e analizarémolas con máis detalle no apartado correspondente. 4.2.2.1.4. Certames Non existe nesta lexislatura ningún certame específico para o sector que figure publicado no DOG por parte de entidades públicas. 4.2.2.1.5. Premios Durante esta lexislatura convocáronse os seguintes premios que teñen repercusión no ámbito audiovisual Táboa 59: Premios do sector audiovisual na VI Lexislatura DOG Data Entidade Descrición Contía 90 10/05/02 Outros Premio Fernández Latorre 6.010 118 Resolución do 30 de xullo de 2003 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dez bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria. DOG 153, 08 de agosto de 2003. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030808/Anuncio1834E_gl.html DOG Data Entidade Descrición 153 08/08/03 Consello da Cultura Galega Bolsa do CCG para catalogación do Arquivo da RTVE- Galicia 116 17/06/04 Consorcio Audiovisual de Galicia Bolsas perfeccionamento estudos audiovisual 73 18/04/05 Consorcio Audiovisual de Galicia Plan de Formación. Bolsas formativas para o perfeccionamento de estudos no ámbito audiovisual Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 143 DOG Data Entidade Descrición Contía 69 08/04/03 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais Premios de cooperación 5.000 166 28/08/03 Consellería de Presidencia, RI e AP Premios Galicia de Comunicación 36.062 130 08/07/02 Consellería de Presidencia, RI e AP Premios Galicia de Comunicación 36.072 138 19/07/04 Consellería de Presidencia, RI e AP Premios Galicia de Comunicación 42.437 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG A Consellería de Presidencia, con cargo á partida 04.07.361A640.0 dos orzamentos, convoca este premios destinados a profesionais, empresas e institucións que durante o ano 2003 realizasen un destacado labor no ámbito da comunicación e que contribuíse ao afondamento e difusión da realidade galega. As categorías nas que se divide este premio son 1) Premio á mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos, referida a esta Comunidade Autónoma. 2) Premio ó mellor labor de comunicación en medios impresos, referido a esta Comunidade Autónoma. 3) Premio ó mellor labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos, referido a esta Comunidade Autónoma. 4) Premio ó mellor labor de comunicación en medios radiofónicos, referido a esta Comunidade Autónoma. 5) Premio ó mellor labor de comunicación en televisión, referido a Galicia. 6) Premio á mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación119. 4.2.2.1.6. Convenios No baleirado da sexta lexislatura figura a publicación dos seguintes convenios: Táboa 60: Convenios do sector audiovisual na VI Lexislatura DOG Data Entidade Descrición 52 15/03/04 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Coa Fundación TIC e con Cáritas para docentes (Preescolar na Casa) 122 26/06/02 Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais Convenio colectivo do sector da dobraxe 127 02/07/03 Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local Convenio colectivo Telelugo 47 08/03/04 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais Convenio colectivo Celta de Artes Gráficas 119 Orde do 12 de agosto de 2003 pola que se convocan os Premios Galicia de Comunicación 2003. DOG 166, 28 de agosto de 2003. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030828/Anuncio194B2_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 144 DOG Data Entidade Descrición 173 06/09/04 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais Convenio colectivo Cinesa 127 04/07/05 Delegación Provincial A Coruña Convenio colectivo Localia TV 122 27/06/05 Delegación Provincial de Pontevedra Convenio colectivo Localia TV Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Distinguimos os convenios entendidos como os acordos ou contratos establecidos pola Administración con outras entidades, daqueles que mantén o sector e aos que se lle dá difusión pública a través do DOG. No primeiro dos supostos destaca o da Fundación TIC con Cáritas, entidade que creou este proxecto en 1977 para o desenvolvemento do programa didáctico Preescolar na Casa. No marco dos convenios colectivos cómpre destacar o acordo da dobraxe. Publicado no DOG número 122, do 26 de xuño de 2002, regula as relacións entre as empresas de dobraxe e sonorización, tanto entre as existentes como entre as que se establezan no futuro, que teñan o seu centro de traballo situado en Galicia, e os seus traballadores. O convenio marca a táboa salarial, as condicións de traballo, a duración da xornada laboral, o establecemento das categorías. Asemade, define o take (liña, cancións e poesías) o rolo, trailers, retakes, repetición de papeis, ambientes e dobraxe de documentais. Nesta época tamén se publica o convenio colectivo de Cinesa, coincidindo cunha etapa de expansión desta compañía en Galicia no marco da exhibición cinematográfica. Por outra parte, no marco do web da Xunta na actualidade, e en virtude da xa mencionada Lei da transparencia e boas prácticas, existe unha plataforma que permite o acceso a outra serie de convenios administrativos asinados pola Administración. Acudimos a ela para ver este período e comprobamos que contabilizan acordos que non foron publicados nos DOG. Nós non os temos en conta cuantitativamente por non proceder da fonte oficial que definimos ao describir a metodoloxía, pero que si apuntamos por ser de interese para a descrición de actividades e de liña política que precisamos para facer a análise diacrónica. Táboa 61: Listaxe de convenios da VI Lexislatura segundo o Rexistro de Convenios telemático Número Título Data sinatura Obxecto Cantidade 2005- 2074 Convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia ao Consorcio Audiovisual de Galicia 03/05/2005 A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia prestará asistencia xurídica ao Consorcio, por medio dos letrados integrados naquela. A asistencia xurídica comprenderá tanto o asesoramento xurídico como a representación e defensa ante calquera xurisdición e ordes xurisdicionais, nos mesmos termos previstos para a 6.000 Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 145 Número Título Data sinatura Obxecto Cantidade asistencia xurídica á Administración da Comunidade Autónoma N-5309 Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio Audiovisual de Galicia 09/07/2004 Desenvolvemento dun proxecto audiovisual nas aulas N-8974 Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a Asociación Empresarial Clúster do Audiovisual Galego, para o desenvolvemento de accións dirixidas a potenciar o conglomerado audiovisual en Galicia no ano 2003 18/09/2003 Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e o Clúster do Audiovisual en Galicia de acordo cos obxectivos e liñas de actuación de interese para as empresas pertencentes a este conglomerado 36.000 N-0509 Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación Universitaria e o Consorcio Audiovisual de Galicia para o desenvolvemento do Proxecto AU2003-Audiovisual nas aulas 29/07/2003 Regula-la colaboración entre a Consellería e o Consorcio para o desenvolvemento do proxecto AU2003- Audiovisual nas Aulas en Galicia N-3295 Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, a Asociación de Produtoras Independentes (AGAPI) e a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA) para a realización conxunta de accións de promoción do sector audiovisual galego 18/03/2002 A realización conxunta de accións de promoción do sector audiovisual galego 33.055 N-3290 Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA) para a organización de xornadas relacionadas co sector audiovisual. 29/05/202 A organización de xornadas relacionadas co sector audiovisual 12.190 N-3289 Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Universidade da Coruña no Ámbito audiovisual 25/06/2002 A colaboración no ámbito do audiovisual 36.000 N-3282 Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa para a celebración do Certame de cine e audiovisual. 23/07/2002 A celebración do Certame de Cine e Audiovisual 24.040 Total 147.285 Fonte: Elaboración propia a partir da web da Xunta de convenios CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 146 4.2.2.1.7. Convenios colectivos Durante este período aparecen recollidas no DOG as notificacións de cambios nos seguintes estatutos de convenios colectivos, que reflicten un maior dinamismo na profesión: Táboa 62: Convenios colectivos publiados no DOG na VI Lexislatura DOG Data Entidade Descrición 123 27/07/02 Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais Modificación estatutos Asociación Provincial de Empresarios de Cine da Coruña por Asociación Gallega de Empresarios de Cine 149 05/08/02 Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais Estatutos asociación CREA (directores e realizadores de Galicia) 87 07/05/03 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais Modificación artigo estatutos da AGAPI 129 04/07/03 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais Estatutos de creación do Clúster do Audiovisual Galego 45 07/03/05 Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais Modificación estatutos Clúster Audiovisual de Galicia Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG En 2002, a Asociación Provincial de Empresarios de Cine cambia o seu ámbito de actuación e pasa a ser autonómica para o que crea uns novos estatutos. A entidade pasa a chamarse Asociación Gallega de Empresarios de Cine, que recolle esa mudanza. Nese mesmo ano, o 15 de marzo, constitúese a Asociación CREA, de directores e realizadores do audiovisual. Segundo os seus estatutos, publicados no DOG do 5 de agosto de 2002, os seus fins son: 1. Impulsar e desenvolver o traballo e as obras dos directores e realizadores da industria audiovisual. 2. A formación e o desenvolvemento profesional dos directores e realizadores de Galicia. 3. A defensa dos intereses colectivos dos directores e realizadores 4. Edición e difusión das obras do colectivo. 5. Promover o diálogo entre os profesionais. 6. O establecemento de relacións con entidades análogas de todo o mundo e institucións, empresas e outros organismos tanto nacionais como estranxeiros. 7. O desenvolvemento de actos, seminarios, cursos, conferencias, estudos, tribunas de opinión, publicacións, etc..., que permitan a construción dunha mellor Sociedade Civil dentro dunha opción de independencia política 8. Fomentar intercambios de criterio entre os asociados, dirixidos á consecución ou ampliación de relacións entre si, a través de actos sociais, culturais ou recreativos. 9. Ser vehículo e canle de comunicación coa Administración, impulsando o diálogo do sector público e do sector privado, fomentando as relacións mutuas e facilitando o intercambio de ideas, proxectos e iniciativas que conduzan a un maior e mellor entendemento e colaboración entre ambos estamentos. Existe unha correlación directa entre a aparición e modificación de convenios colectivos cun momento de grande expansión no campo do sector audiovisual. 4.2.2.1.8. Préstamos Por primeira vez durante a presente investigación aparecen os préstamos como fórmula administrativa para o sector audiovisual. Como a entidade que convoca é o Igape, non consignamos a cifra agora, só a medida, xa que os importes se inclúen no capítulo propio destinado ao sector. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 147 Táboa 63: Préstamos para o sector audiovisual na VI Lexislatura DOG Data Descrición 87 07/05/02 Programa de préstamos para o sector audiovisual. Liña máxima de orzamento 136 15/07/03 Modificación programa de préstamos para financiar producións audiovisuais 239 10/12/03 Modificación programa de préstamos para financiar producións audiovisuais 135 14/07/04 Proxectos de innovación tecnolóxica Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG 4.2.2.1.9. Decretos Durante esta época publicáronse decretos que se poden agrupar nas seguintes tipoloxías: - Relativos a nomeamentos/cesamentos dos cargos da estrutura orgánica - Relativos á estrutura orgánica - Relativos ás licenzas de radio e televisión dixital Ao principio do presente capítulo centrámonos en analizar a distribución de competencias segundo a estrutura orgánica. Non volveremos detallar os decretos que se corresponderon con esa decisión administrativa de índole política, pero si o faremos para os nomeamentos das persoas responsables destes asuntos nesta lexislatura. Táboa 64: Organigrama na VI Lexislatura VI LEXISLATURA 2001-2005 21/10/2001(día eleccións) Manuel Fraga (RD 1408/2001) 11/12/2001 Presidencia Decreto 309/2001 Decreto 8/2003 Decreto 22/2003 Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública Decreto 309/2001 Decreto 255/2003 Decreto 165/2005 Xaime Pita Decreto 34/1999 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Jesús Pérez Varela D 217/1996 Secretario xeral para as Relacións cos Medios informativos: Xesús Parga Decreto 405/1007 Alfonso Cabaleiro Decreto 119/2003 DX de Promoción Cultura María do Carme García Campelo Decreto 367/2001 Homero Pérez Quintana Decreto 423/1997 Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual (2001) Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual (2003) Ignacio Otero Decreto 368/2001 Decreto 77/2003 Consorcio Audiovisual Alfonso Cabaleiro Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG Destaca tamén o Decreto 326/2003, do 24 de xullo, que modifica outro texto anterior, o Decreto 276/1999, que regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. Un texto motivado polos cambios da estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, así como polo nacemento de novas entidades xestoras do sector audiovisual CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 148 en Galicia. Tradúcese na actualización do artigo 3º para incorporar nesta entidade un representante do Consorcio do Audiovisual de Galicia acabado de crear. Por outra parte, resulta de especial significación a configuración académica e curricular que afecta a esta materia. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica unha serie de textos normativos que regulan os estudos superiores de titulacións relacionadas co sector. No Decreto 265/2003, do 15 de maio (DOG número 99, do 23 de maio de 2003120), concédese autorización para implantar as titulacións de Comunicación Audiovisual. E noutro posterior (publicado no DOG número 199, de 13 de outubro de 2004 que cita o Real decreto 1697/2004, do 16 de xullo, (BOE do 30 de xullo121) no que se procede á homologación para a Universidade da Coruña do segundo ciclo dos Estudos de Comunicación Audiovisual. Hai que retrotraerse á Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (DOG número 156, do 16 de agosto) para entender a creación de facultades de comunicación no marco dunha planificación xeral do sistema traducido na expansión do Sistema Universitario de Galicia. Con todo, volvendo ao citado Decreto 265/2003, interésannosos tres primeiros artigos. En virtude do primeiro, autorízase a Universidade de Santiago de Compostela a implantar os estudos de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación (creada polo Decreto 505/1990, que cambiou a denominación polo Decreto 245/2001, do 20 de setembro), uns estudos compartidos coa Universidade de Vigo. En relación co segundo, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña recibe autorización para implantar o segundo ciclo dos estudos de Comunicación Audiovisual. Por último, no artigo terceiro, no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, dáse autorización para que a Facultade de Ciencias Sociais pase a chamarse Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e para que se impartan alí estudos de comunicación audiovisual. Deste xeito, queda configurado o marco xeral académico dos estudos superiores, nos que os relacionados co sector audiovisual se poden cursar nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG): A Coruña, Santiago e Pontevedra. Aténdese así a un dobre principio: dunha banda, aténdese aos focos tradicionais de concentración empresarial do sector audiovisual coa Coruña e Pontevedra como núcleos centrais, e Santiago, sede da televisión autonómica e do centro territorial de Televisión Española; da outra, amplíase a oferta formativa de dous centros xa en funcionamento con estudos do ramo da comunicación: Pontevedra, onde se impartían estudos de Publicidade, e Santiago, onde se impartía a titulación de Xornalismo. 120 DECRETO 265/2003, do 15 de maio, polo que se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan no Sistema Universitario de Galicia. DOG 99, 23 de maio de 2003. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030523/Anuncio11ABA_gl.html 121 Real decreto 1697/2004, do 16 de xullo, polo que se homologa o título de licenciado en Comunicación Audiovisual (segundo ciclo) da Facultade de Ciencias da Comunicaicón da Universidad de A Coruña. BOG 183, 30 de xullo de 2004. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/2004/07/30/pdfs/A27604-27604.pdf Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 149 O marco xeral do panorama da radio e da televisión dixital: as convocatorias de licenzas de radio e televisión dixital de ámbitos local e autonómico En abril de 2005 publicouse o Decreto 81/2005, do 15 de abril122, que regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital da Comunidade Autónoma de Galicia. Non é o obxectivo facer unha análise xurídica deste documento, pero si cómpre a súa revisión porque é a base sobre a que, en maio de 2005, se produce un cambio na estrutura orgánica desta Consellería e se procede á convocatoria das licenzas de radio e televisión dixital autonómica e local que se resolverían entre 2005 (as de ámbito autonómico) e 2006 (as de ámbito local). Comezamos co marco xeral. En virtude dese decreto fíxase o ámbito normativo dos principios xerais do servizo público. Entre as finalidades da concesión, alén do respecto das liberdades individuais establecidas no título primeiro da Constitución española, interésanos aquí a letra J do artigo primeiro. Fomentar a exhibición da produción audiovisual española e europea e, en especial, da produción audiovisual galega en todas as súas manifestacións, de conformidade cos obxectivos aos que se refire o artigo 8 da Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia. Ese marco xeral inclúe tamén os principios da concesión administrativa (artigo 2): a) O fomento dos valores e da identidade cultural, económica e social de Galicia e dos intereses locais e autonómicos correspondentes, impulsando a participación dos grupos sociais deste ámbito territorial b) A creación de programas, valorando especialmente a emisión dos programas de produción propia e das producións audiovisuais galegas en todas as súas manifestacións. c) A participación nas producións audiovisuais de orixe galega ou en coproducións audiovisuais nas que a participación dunha produtora galega acade, polo menos, o 25% da produción total. d) A difusión de programas de carácter educativo e cultural, así como aqueles que favorezan a difusión dos valores cívicos e dos coñecementos sociais, económicos, artísticos, científicos e técnicos. e) A introdución de novos servizos de valor engadido adicionais a través da televisión dixital terrestre, como pode ser o acceso á internet. f) A viabilidade técnica, profesional e económica do proxecto de televisión e a xeración de emprego. E tamén fixaba os dereitos e obrigas dos titulares da concesión (artigo 12) A persoa física ou xurídica concesionaria do servizo de televisión autonómica ou local dixital terá os seguintes dereitos e obrigas: a) Respectar os principios de programación a que se refire o artigo 2º. f) Emitir 32 horas semanais de programas orixinais como mínimo, fomentando a difusión de servizos televisivos de carácter autonómico ou local. g) Emitir programas de produción propia un mínimo do 60% do total da emisión, do que o 50% debe emitirse en lingua galega. Debe de entenderse 122 Decreto 81/2005, do 14 de abril, polo que se regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 79, 26 de abril de 2005. [Citado 20 xuño 2013] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20050426/AnuncioFD3E_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 252 C1. Producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega A orde de convocatoria desta liña de axudas “producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural” é do 6 de agosto de 2008, 12 días despois sae publicada no Diario Oficial de Galicia con algunha novidade. A primeira ten que ver coa descrición das liñas de axuda, xustifica o obxecto: a) A produción e a realización de películas de valor cultural, que contribúan á diversidade do panorama cinematográfico de Galicia e da Unión Europea e que non poderían ser producidas sen axuda de fondos públicos. b) A produción de obras audiovisuais que fomenten o talento audiovisual galego, así como o cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega. A segunda, coa fonte de financiamento. En lugar de dividirse en tres anualidades, os 3.100.000 euros proceden da partida 12.02.432C.770.0 (do programa fomento do audiovisual) que se distribúe do seguinte xeito: • 700.000 euros corresponden á anualidade de 2008, • 800.000 euros á de 2009, • 800.000 euros á de 2010, • 800.000 euros á de 2011. A terceira modificación está relacionada coa tipoloxía de produción subvencionable que elimina os capítulos-piloto de series de animación da tipoloxía de produción apoiable. Táboa 156: Tipos de producións audiovisuais susceptibles de recibir subvención nas axudas á produción ou coprodución audiovisual en lingua galega en 2008 Longametraxes a) Longas cinematográficas con singularidade narrativa A) Ópera prima b) Películas para televisión Longametraxes documentais a) Documental de creación b) Documental de difusión cultural Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado do DOG que publica a orde do 6 de agosto Elimínanse os contidos interactivos, que, desde este mesmo ano, pasan a ter unha orde específica. Nesta convocatoria, á que se poden presentar empresas produtoras e persoas físicas, desaparecen os modelos de produción susceptibles de seren subvencionados que figuraban en convocatorias anteriores. No seu lugar consta unha restricción interesante: non se poden presentar a esta liña de axudas aquelas produtoras que só teñan unha participación financeira na produción. Ademais, fixa límites para as produtoras en función das porcentaxes de participación que teñen no proxecto. Con respecto á documentación técnica só hai unha novidade. Redúcese á metade o número mínimo de páxinas que deberá ter a memoria explicativa do proxecto. Así a todo, os cambios máis destacados teñen que ver cos criterios de valoración. Nesta convocatoria, establécense catro categorías: Categoría A: contribución cultural: 35 puntos. Categoría B: contribución creativa: 10 puntos. Categoría C: utilización de recursos galegos: 7,5 puntos. Categoría D: viabilidade do proxecto: 7,5 puntos. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 253 Vexamos agora que se entende por cada categoría: A) Contribución cultural A.1. Versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 51% no conxunto de diálogos ou narración 25 A.2. Contexto cultural Proxecto baseado na obra dun autor galego ou residente en Galicia (novela, guión orixinal, relato literario, cómic ou calquera outra forma de expresión artística) 5 Proxectos baseados en obras literarias escritas orixinalmente en lingua galega 5 A trama narrativa versa sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia 5 Proxectos que abordan temas actuais culturais, sociais ou políticos que caracterizan a poboación galega ou da Unión Europea 5 Proxectos experimentais de decidida vocación artística 5 Proxectos que utilizan o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural de Galicia para reflectir o contexto cultural europeo 5 A acción do proxecto desenvólvese normalmente en Galicia ou noutra parte da UE 5 A trama está baseada en feitos históricos de Galicia 5 Proxectos que tivesen subvencións ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Consellería de Cultura e Deporte 5 Total contribución cultural 70 B) Contribución creativa. Puntos B.1 Equipo creativo natural ou residente en Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos Director 3 Guión 3 Compositor 3 Director de fotografía 2 Director de arte 2 Produtor executivo 2 B.2. Equipo artístico natural ou residente en Galicia. No caso dun documental, terase en conta o tempo de aparición no proxecto. Nos proxectos de animación, os actores de dobraxe: Protagonista 1 3 Secundario 1º 1 Secundario 2 1 Total contribución creativa 20 C) Utilización de recursos galegos. Puntos Rodaxe en Galicia (máis do 50%). Espazos escénicos,localizacións ou estudos en Galicia 5 Utilización de empresas galegas de servizos. Persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con establecemento en Galicia (empresas de posprodución de audio e imaxe, escenografía, efectos especiais, etc.). 1 punto por empresa 10 Total utilización de recursos galegos 15 D) Viabilidade Puntos Recursos propios acreditados, vendas e prevendas: acordos de coprodución ou precontratos con empresas titulares da explotación ou venda de produción audiovisual. No caso das longametraxes para TV, será requisito indispensable o contrato definitivo cunha televisión de ámbito autonómico galego 15 Total viabilidade 15 Cómpre destacar os cambios nas porcentaxes máximas de subvención, de tal xeito que se en 2007 o investimento subvencionable era dun 30% sobre 50.000 euros para os documentais, agora pasa a ser dun 50% dun máximo de 50.000 en documentais de difusión cultural e 60.000 en documentais de creación. Con respecto á publicidade, as bases especifican que se pode substituír a notificación individual pola publicación no DOG. Neste caso, a resolución de concesión de subvencións foi publicada no DOG número 51, do 13 de marzo de 2009. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 254 C2. Desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega A convocatoria desta liña de axudas publicouse un pouco máis tarde, o 10 de xuño, quince días despois de ditarse a orde. En canto ás contías e á partida orzamentaria, mantense con respecto ao ano anterior: son 450.000 euros en dúas anualidades (200.000 para 2008 e 250.000 para 2009). A gran diferenza desta liña está na redacción do texto da convocatoria: que separa entre bases xerais e específicas. No que atende ao tipo de producións subvencionables só hai dúas novidades. A primeira ten que ver coa descrición do que se considera longametraxe documental, que se antes debía durar un mínimo de 50 minutos agora é de 60. A segunda ten que ver cun novo tipo de produción para apoiar: os pilotos de series de animación para televisión. Mantéñense fixos os criterios de valoración. A única novidade figura na epígrafe h), que concede un máximo de 5 puntos para o seguinte: O grao de execución e, de ser o caso, o de cumprimento das axudas ou subvencións concedidas pola Consellería de Cultura e Deporte en exercicios anteriores en materia de audiovisual (ata 5 puntos). Nos criterios para a xustificación da subvención hai dúas epígrafes: h) Achegaranse, sempre que sexa posible, cartas de aceptación/interese por parte dos/as profesionais incluídos/as nestas listaxes. i) Na modalidade de pilotos de series de animación, copia en DVD da produción final. Os membros do xurado dese ano foron Fernanda del Nido, Ángel Santos Touza, Lara Bacelo e Cheché Carmona. Presentáronse 115 proxectos. C3. Curtametraxes en versión orixinal en lingua galega realizadas por produtoras audiovisuais e creadores/as individuais, así como contidos interactivos e proxectos de creación net-art realizados por creadores/as individuais Con Orde do 20 de xuño de 2008, no DOG do 27 de xuño sae publicada a convocatoria de axudas para curtametraxes, que ten unha denominación diferente con respecto da de 2007. Nesta ocasión a convocatoria é para producir curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como videoclips, contidos interactivos e proxectos de creacion net-art. A partida orzamentaria 12.02.432C.770.0 (do Programa de fomento do audiovisual), inclúe 12.000 euros da Secretaría Xeral para a Igualdade e 21.000 da Dirección Xeral de Xuventude, ao tempo que advirte que se pode incrementar a contía. Malia que é o terceiro ano que se produce esta colaboración con outros departamentos da Xunta de Galicia, é o primeiro no que se fixan as contías que destinan eses departamentos no texto da convocatoria. Outra das diferenzas desta convocatoria con respecto da de 2007 está nos criterios de valoración, que engaden unha nova epígrafe f), que fai referencia a: o grao de cumprimento das axudas ou subvencións concedida pola Consellería de Cultura e Deportes, nos dous últimos exercicios, en materia de audiovisual. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 255 E modifican o apartado b), relativo ao desenvolvemento dos valores culturais de Galicia, ao que lle engaden o seguinte texto: ou que contribúan á innovación e diversidade da linguaxe audiovisual. No artigo 14 da convocatoria fíxase que o depósito das dúas copias ao que está obrigado o beneficiario/a deberá estar en galego, unha circunstancia diferente con respecto de 2007. A convocatoria tivo unha corrección de erros posterior, do 29 de outubro, que ampliou o prazo de xustificación das actividades subvencionadas sen que se aclare cal é o novo límite temporal, igual que aconteceu con outras ordes. Carlos Alberto Alonso Iglesias, Ángel Santos Touza, Olaia Sendón Ogando e Amalia Mato Vidal constituíron a comisión, que tivo que valorar os 102 proxectos presentados. C4. Escrita individual de guións de proxectos audiovisuais en lingua galega O 11 de xuño de 2008, no DOG 112, sae publicada a orde do 28 de maio dese mesmo ano, que establece as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a escrita individual de guións de proxectos audiovisuais en lingua galega. A primeira consideración sobre a convocatoria é que se adía un mes sobre a de 2008 (publicada o 3 de maio), que xa no seu momento se adiou un mes sobre a de 2006 (o 4 de abril). A tónica xeral desta convocatoria é que respecta os principios, prazos e requisitos das bases anteriores. A máis destacada é a incorporación dun novo criterio de valoración para ter en conta polo xurado. Aos catro xa comentados de edicións anteriores, incorpórase agora a epígrafe e), que di o seguinte: Grao de cumprimento do solicitante das subvencións outorgadas por esta consellería en convocatorias anteriores (ata 5 puntos). Por último, ao igual que todas as convocatorias de axudas publicadas pola Consellería de Cultura e Deporte en 2008, o 20 de outubro dese ano publicouse unha corrección que amplía o prazo de xustificación das actividades subvencionadas. A comisión de valoración deste ano estivo conformada por Comba Campoy García, Manuel Darriba Blanco, Miguel Vázquez Freire e Ruth Chao García, e presentáronse 115 proxectos. Este é o último ano que se publicou esta liña de axudas, xa que en 2009 non se convoca. C5. Desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega A convocatoria destinada aos contidos interactivos saíu publicada o 11 de xuño, oito días despois de ditarse a orde. Mantivo a contía, partida e a división por anualidades (100.000 euros para 2008 e outros tantos en 2009), así como os prazos e lugar de entrega de solicitudes. A única diferenza na documentación que entregar viña na obrigatoriedade de incorporar unha certificación orixinal expedida pola entidade. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 256 A convocatoria, que como todas as deste ano diferencia os requisitos xerais dos específicos incorpora dúas novidades. Dunha banda, hai un novo criterio de valoración: as solicitudes presentadas poden obter ata 10 puntos polo grao de execución e, de ser o caso, de cumprimento das axudas ou subvencións concedidas pola Consellería de Cultura e Deporte en exercicios anteriores en materia audiovisual; da outra, a obrigatoriedade de que estea en galego a copia que cómpre presentar para xustificar a subvención. Nesta liña de axudas, así como en todas as deste ano, produciuse unha moratoria no prazo de xustificación das actividades subvencionadas por mor da dilatación do procedemento de resolución das concesións A comisión estivo conformada por Belén Montero Rodríguez, Nicolás del Río Castro, Mariluz Castro Pena e Luis Juan García Rivero. 4.3.4.4. Ano 2009 Hai tres grandes novidades na convocatoria de axudas deste ano. En primeiro lugar, que a entidade convocante é a Axencia Galega das Industrias Culturais, creada meses atrás polo bipartito. A segunda é a aparición das axudas a talento. E a terceira, é que as subvencións non se financian con cargo á partida orzamentaria 423C de Fomento do Audiovisual, senón da 432B de Promoción e Difusión Cultural. Polo demais, hai modificacións no que ten que ver co sistema de xustificación das axudas, así como a incorporación da capitalización do traballo ou amortizacións de instalacións e bens de equipo. D1. Producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega Con Orde do 30 de xaneiro de 2009, a Axencia Audiovisual Galega convocaba as axudas á producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural. Mantén a mesma descrición e obxecto subvencionable de anos atrás e finánciase con cargo a outra partida orzamentaria, a 2.A1.432B.770.0, que destinaba 4.850.000 euros, en catro anualidades: • 1.100.000 da anualidade de 2009. • 1.200.000 da anualidade de 2010. • 1.250.000 da anualidade de 2011. • 1.300.000 da anualidade de 2012. A convocatoria acurta un mes o prazo de xustificación das subvencións (queda agora no 31 de outubro) e mantén o tipo de producións subvencionables con dúas modificacións:  Unha na modalidade C, que rexe as películas para televisión e que fixa a duración entre 75 e 90 minutos.  E outra para as películas de animación, que establece un mínimo de duración de 60 minutos que antes non existía. Outro dos cambios está no número de proxectos que pode presentar cada empresa. Antes limitados a dous, mentres que agora son tres proxectos por produtora e un límite de dous por modalidade. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 257 Nestas bases elimínanse os criterios de territorialización que existían con anterioridade na modalidade de películas para televisión. Agora o requisito obrigatorio é o contrato ou carta de compromiso, coa especificación do contido económico do acordo dunha emisora de televisión, mentres que antes concretaba que tiña que ser unha emisora de televisión do ámbito autonómico galego. Na orde de 2008 establecéronse catro categorías que sumaban uns 120 puntos como máximo e que tipificaban a distribución de puntos. Pois ben, nesta convocatoria de 2009 non se fan cambios notorios dos criterios, aínda que si se modifican as puntuacións. Ademais, mantense a preponderancia do galego como lingua orixinal de rodaxe pero elimínase a prima de 20.000 euros; permítese a presentación de proxectos baseados en obras literarias, antes non permitidos; e valórase a existencia de axudas anteriores a desenvolvemento. Este feito incide na importancia de apoiar un proxecto en todas as etapas de produción desde o desenvolvemento ata a súa produción. Entre as obrigas está está a incorporación dun mínimo de tres alumnos ou graduados en centros de estudos audiovisuais, regrados ou universitarios, en réxime de prácticas nas áreas da produción audiovisual: dirección, son, fotografía, produción, posprodución ou dirección artística. Así mesmo están obrigados a incorporar un mínimo dun alumno nos equipos de produción de documentais. En canto á difusión, a convocatoria fixa a forma na que debe figurar a Agadic no filme e nos títulos de crédito e nos materiais promocionais. Tamén se deben entregar copias da produción, neste caso depositadas na axencia. D2. Convocatoria: desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega Esta liña de axudas, igual que a anterior, saíu publicada en xaneiro, moito antes do que viña sendo habitual de anos anteriores. A resolución é do 30 de xaneiro de 2009. A contía é sensiblemente superior a de anos anteriores, situándose nos 500.000 euros repartidos en dúas anualidades de igual importe (250.000 en 2009 e 250.000 en 2010). As bases inclúen modificacións nos beneficiarios. Principalmente porque en lugar de definir o que se entende por produtor independente, inclúe á mención ao artigo específico, 4n) da Lei 55/2007, do 25 de decembro de cinematografía estatal. Tamén se inclúen modificacións na redacción da documentación administrativa necesaria para poder presentarse. Neste sentido, como novidade inclúe a seguinte: A declaración de operacións con terceiras persoas do exercicio 2008, a presentación deberase realizar nos 15 días seguintes á finalización do prazo de presentación ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria. E elimina outra: estas subvencións terán dúas anualidades; e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano correspondente á convocatoria e a data de xustificación establecida na convocatoria anual. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 258 Por último, muda o prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución ao interesado, que pasa de tres a seis meses. D3. Curtametraxes en versión orixinal en lingua galega realizadas por produtoras audiovisuais e creadores/as individuais, así como contidos interactivos e proxectos de creación net-art realizados por creadores/as individuais O DOG do 18 de febreiro de 2009 publica a resolución do 30 de xaneiro dese mesmo ano que fixa as bases reguladoras da resolución para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips. Desaparecen da denominación os contidos interactivos, que pasan a ser obxecto dunha convocatoria específica para este tipo de formatos. Na descrición desta liña tampouco aparecen as mencións á Secretaría Xeral para a Igualdade e a Dirección Xeral de Xuventude que figuraban en 2006, 2007 e 2008. Isto tamén explica que a modalidade para curtametraxes dixitais producidas/dirixidas ou guionizadas por mulleres e menores de 21 anos desaparecen do tipo de produción subvencionables. No seu lugar créase unha nova modalidade, a de videoclips Serán obxecto desta modalidade os relatos audiovisuais que acompañen ou promovan unha produción discográfica de música galega producidos por empresas audiovisuais, en colaboración con empresas discográficas titulares dos seus dereitos de explotación. A axuda máxima será de 6.000 euros. Outra das diferenzas con respecto da convocatoria anterior está no prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución ao interesado, que será de seis meses en lugar de catro. Corríxense así os problemas detectado na convocatoria de 2008, cando houbo que adiar os prazos de xustificación. Con todo, a diferenza máis grande con respecto das convocatorias anteriores chega no artigo 14º, a propósito da xustificación da subvención. En virtude dese texto, o beneficiario/a pode xustificar o gasto en función doutros conceptos: En gastos de capitalización, as achegas que non sexan en cartos realizadas a cambio de dereitos de propiedade ou explotación sobre ben ou servizo obxecto da actividade realizada. Ata un máximo do 35%. En gastos de amortización de instalacións, equipos e maquinaria relacionada coa realización do proxecto obxecto da subvención. Ata un máximo dun 15%. D4. Desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega O DOG número 34, do 18 de febreiro de 2009, fai pública a resolución ditada vinte días antes coas bases reguladoras para a concesión de subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega. Era a primeira convocatoria de contidos interactivos con orde propia publicada pola Axencia Galega das Industrias Culturais e incrementaba a contía destinada a este formato en anos anteriores (onde compartía orde coas axudas a produción). En total destínanse 300.000 euros, 150.000 relativos á partida de 2009 e outros tanto ás de 2010. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 259 Non hai grandes novidades nas convocatorias deste ano, pero sí pequenas modificacións. A primeira está relacionada co límite orzamentario máximo de subvención fixado para estes proxectos. Se en 2008 este estaba en 50.000 euros, que non podía superar o 40%, en 2009 sobe ata os 90.000 euros. A segunda é o tipo de documentos que cómpre presentar nas solicitudes: f) Memoria da empresa, conforme o modelo recollido no anexo. g) Copia compulsada da declaración do imposto de sociedades e da declaración de operacións con terceiras persoas correspondentes aos exercicios 2007 e 2008. No caso da declaración de operacións con terceiras persoas do exercicio 2008, a presentación deberase realizar nos 15 días seguintes á finalización do prazo de presentación ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria. Por último, amplíase o prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución ao interesado, que pasa de tres a seis meses. D5. Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego O 17 de febreiro de 2009 aparece publicada no DOG 33 unha liña de axudas que se converteu nun dos principais logros anunciados na convocatoria de axudas. Trátase das subvencións para o “desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego” que se xustifica do seguinte xeito: aparición de novos creadores audiovisuais en Galicia, así como a promoción de novas estéticas narrativas ou experimentais de decidido contido artístico e cultural, co propósito de contribuír á promoción da diversidade cultural e ao desenvolvemento de novas formas de expresión audiovisual dentro do noso país. Por medio desta convocatoria de subvencións, a Axencia Galega das Industrias Culturais pretende fomentar a creación cultural no campo do sector audiovisual e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes ou longametraxes dixitais de decidida vocación artística e cultural realizadas por creadores individuais. Nesta resolución establécense as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para: a escrita e produción de proxectos en versión orixinal galega -entendendo como tal a rodaxe/gravación en lingua galegaco obxectivo de estimular a creación de novos profesionais da industria audiovisual galega, impulsar as novas tecnoloxías e contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega. A este fin destínanse 500.000 euros da partida 12.A1.432B.480.0 divididas e dúas anualidades de desigual orzamento: 400.000 euros en 2009 e 100.000 en 2010. Apoia catro tipo de proxectos: Modalidade A: escrita individual de guión. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV. A contía máxima por proxecto será de 12.000 euros, á que serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 260 Modalidade B: curtametraxe en soporte dixital. Subvencións para a produción de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega -ficción, animación ou documentalcunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía máxima de 6.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas. Modalidade C: curtametraxes experimentais. Subvencións para a produción de curtametraxes innovadoras ou experimentais. Serán obxecto desta modalidade aqueles proxectos e obras experimentais de decidido contido artístico e cultural. A axuda máxima por proxecto ascende a 10.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas. Os proxectos conterán as seguintes características: -Que propoñan unha ruptura cos códigos narrativos convencionais, é dicir, que vaian alén do tratamento formal das imaxes, dos virtuosismos da montaxe, dun uso do son innovador, dunha mestizaxe de xéneros ou da alteración máis ou menos radical da linealidade narrativa. -Que aposten polo proceso de rodaxe-gravación como método para atopar unha historia, para captar unha experiencia reveladora que tería sido imposible prever literariamente ou preparar dramaticamente, ou para crear un universo propio comunicable. -Que supoñan unha indagación subxectiva radical ou unha exploración de universos temáticos polos cales non se aventuran a miúdo as obras audiovisuais. Modalidade D: longametraxes en soporte dixital. Producións audiovisuais gravadas en soporte dixital de duración superior a 60 minutos, de baixo orzamento, que polas súas especiais características creativas se consideren de difícil financiamento. A axuda máxima por proxecto será de 30.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas. A documentación que hai que presentar é diferente en función de cada modalidade pero sempre figura “memorias explicativas do proxecto”. A comisión do xurado segue os principios xerais dos comités de expertos convocados ao longo da presente lexislatura. E os criterios de valoración, nun máximo de 70 puntos: a) Calidade, creatividade e orixinalidade do proxecto (20 puntos). b) A contribución á emerxencia dun audiovisual con mirada propia ou que contribúa á innovación e diversidade da linguaxe audiovisual (20 puntos). c) Viabilidade da execución do proxecto: axuste entre o proxecto e o orzamento e cobertura do financiamento (20 puntos). d) Currículo e traxectoria do creador individual solicitante (10 puntos). En función dos criterios de valoración, o “talento” está a se definir polo proxecto e a obra presentada, tendo en conta que o currículo do creador individual. Destaca o artigo 15 da xustificación da “subvención de creación”: O beneficiario deberá presentar no rexistro xeral da Agadic, co prazo límite da data indicada na correspondente convocatoria anual, a memoria xustificativa da realización da subvención de creación audiovisual, que conterá: 1. Unha memoria de actuación con indicación das actividades realizadas para a escrita do guión, realización da curtametraxe ou longametraxe por duplicado. No caso de curtametraxe e longametraxe, ademais, procederase á entrega de dúas copias en DVD en perfecto estado. 2. Dous exemplares do guión, curtametraxe ou longametraxe definitivos en lingua galega. 3. Certificado de inscrición no Rexistro de Propiedade Intelectual por duplicado. 4. Autorización para a socialización da actividade subvencionada con fins culturais e de promoción do audiovisual galego por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 261 5. Así mesmo, antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, de acordo coa resolución do Consello de Contas do 30 de novembro de 1999, en que se establece o mecanismo de seguimento e control de concorrencia e acumulación de axudas públicas. Por último, desta convocatoria pódese destacar que no articulado das bases fálase da certificación polo servizo de creación audiovisual, un servizo que non aparece mencionado en ningún lugar do baleirado da presente investigación. Balance das axudas de fomento no período 2005-2009 Unha vez analizadas as convocatorias e as súas diferenzas, facemos agora balance en función das resolucións das liñas de axuda desta lexislatura. Na seguinte táboa rexistramos os importes totais convocados por cada liña de axuda nesta lexislatura: Táboa 157: Resolucións das axudas a fomento da VII Lexislatura Produción Desenvolvemento Curtas Guión Interactivos Talento 2006 4.758.206 496.000 514.000 150.000 2007 3.900.000 450.000 424.000 150.000 200.000 2008 3.100.000 450.000 424.000 150.000 200.000 2009 4.850.000 500.000 200.000 350.000 500.000 16.608.206 1.896.000 1.562.000 450.000 750.000 500.000 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións Gráfico 36: Distribución das axudas de fomento audiovisual na VII Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións O modelo de axudas entre 2005 e 2009 puxo, seguindo coa tendencia de ciclos políticos anteriores, a énfase en apoiar a realización de proxectos audiovisuais por riba do apoio a outras fases do proxecto. No seguinte gráfico podemos ver representadas as contías totais en función de cada liña de axuda. Así, o apoio á produción supón o 76% do total, CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 268 Axudas a guión A liña de axudas destinadas a promover a escrita de guións para produtos audiovisuais continúa na liña de traballo de lexislaturas anteriores. No que foi a análise por anos, vimos que se inclúen entre os obxectos subvencionables a adaptación de novelas para produtos audiovisuais, que estiveron excluídas destas convocatorias durante anos. No que ten que ver coas liñas desta lexislatura apréciase unha homoxeneidade na resolución, que reparte 450.008 euros entre 42 proxectos. Vemos na seguinte táboa o detalle en función da convocatoria: Táboa 162: Principais magnitudes das axudas a guión da VII Lexislatura Data DOG convocatoria DOG convocatoria Suma (€) Media (€) N.º proxectos 04/04/06 66 150.000 10.714 14 03/05/07 85 150.000 10.714 14 11/06/08 112 150.008 10.714 14 450.008 10.714 42 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións O número de guións apoiados permanece fixo en 14 traballos nos tres anos que foron convocadas estas axudas. Gráfico 45: Evolución do número de guións apoiados na VII Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións Igual ocorre coa media de axuda por guión, que se sitúa en 10.714 euros. Unha cifra moi superior ao que viña sendo habitual durante as lexislaturas anteriores. Con respecto das axudas a guión, apuntar que foi en 2008 cando se publica a última convocatoria, que non se chegou a recuperar na actualidade. Axudas a contidos interactivos A convocatoria específica de contidos interactivos foi outra das apostas do Goberno desta lexislatura. No seguinte gráfico vemos a súa evolución: Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 269 Táboa 163: Principais magnitudes das axudas a contidos interactivos na VII Lexislatura DOG convocatoria Data DOG convocatoria Contía (€) Media (€) N.º proxectos 146 30/07/2007 200.000 15.384 13 112 11/06/2008 200.000 16.666 12 34 18/02/2009 350.000 18.421 19 750.000 44 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións Non apareceu no primeiro ano, xa que este tipo de formatos subvencionábase no marco da convocatoria de produción, de tal xeito que, atendendo aos beneficiarios, a contabilidade desta liña de axudas quedaría do seguinte xeito: DOG convocatoria Data DOG convocatoria Contía (€) Media (€) N.º Proxectos 97 23/05/2006 50 000 16.666 3 146 30/07/2007 200.000 15.384 13 112 11/06/2008 200.000 16.666 12 34 18/02/2009 350.000 18.421 19 800.000 47 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións Os 800.000 euros serviron para financiar 47 proxectos, que teñen unha axuda media bastante homoxénea, cunha tendencia á alza, como se pode apreciar na seguinte gráfica. Gráfico 46: Evolución da axuda media a contidos interactivos na VII Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións Apréciase que, aínda que as contías das partidas destinadas a este fin non son moi relevantes no conxunto de axudas, amosan unha tendencia á alza. CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 270 Gráfico 47: Evolución do número de proxectos de contidos interactivos apoiados na VII Lexislatura Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións Axudas a talento A última gran novidade das axudas da VII lexislatura está nas creación de axudas a talento. Por esta liña de axudas, en 2009 apoiáronse 47 proxectos, que supuxeron 392.000 euros. Unhas cifras que supoñen unha media de axuda de 8.340 euros por proxecto, tal e como aparece recollido na seguinte táboa, que rexistra os principais indicadores. Táboa 164: Axudas a talento convocadas en 2009 DATA CONVOC. DOG CONVOC. Suma (€) Media (€) N.º proxectos 17/02/09 33 392.000 8.340 47 Fonte: Elaboración propia a partir do baleirado dos DOG e da consulta dos expedientes de subvencións 4.4. VIII LEXISLATURA: O ANO 2009 O Partido Popular recupera a maioría absoluta nas eleccións do 1 de marzo de 2009 ao obter 789.427 votos dun censo de 2.648.276 electores. Detrás del o PSdeG-PSOE con 524.488 votos e o Bloque Nacionalista Galego con 279.712 votos. Coas eleccións ábrese a VIII lexislatura e última de análise para a nosa investigación. Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 271 4.4.1. A estrutura administrativa Nun contexto económico e social diferente marcado por unha crise sen precedentes, unha das principais promesas do novo presidente, Alberto Núñez Feijoo, consistía nunha redución da estrutura administrativa. Esa intencionalidade plásmase no Decreto 79/2009, do 19 de abril, que fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e constata unha redución do 25% nas consellerías con respecto do anterior ciclo. Un decreto posterior, o 83/2009 do 21 de abril150 define a estrutura orgánica completa e asegura cambios na Administración: Se produce agora unha nova redución que chega ao 17% nas secretarías xerais, direccións xerais e órganos de igual categoría con respecto á situación anterior, e salvagardando, en todo caso, a necesaria eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración antes sinalada. En función dos decretos 82/2009 e 83/2009, ambos do 21 de abril, a estrutura da Xunta de Galicia queda conformada do seguinte xeito: Táboa 165: Estrutura orgánica da Xunta de Galicia na VIII Lexislatura Presidencia Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Consellería de Facenda Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Consellería de Economía e Industria Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Consellería de Sanidade Consellería de Cultura e Turismo Consellería de Traballo e Benestar Consellería do Medio Rural Consellería do Mar Fonte: Elaboración propia a partir dos decretos 82/2009 e 83/2009 No tocante ao sector audiovisual, a lexislatura pasada tivera un axitado final cun punto álxido protagonizado pola xuntanza que diferentes profesionais do sector audiovisual mantiveron co anterior presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na residencia oficial do presidente en Montepío. Tras o cambio de goberno, todas as esperanzas estaban depositadas na unificación efectiva das competencias na materia nunha única entidade administrativa. Con todo, o primeiro paso oficial dado neste sentido, lonxe de ofrecer luz sobre a situación orgánica e competencial do sector audiovisual dentro da nova Administración traía máis dúbidas. O mencionado Decreto 83/2009, do 21 de abril, no seu artigo 4º establece o seguinte: a) A Consellería de Economía e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores: 1. Secretaría Xeral. 2. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. 3. Dirección Xeral de Comercio. 4. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. 5. Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual e Contidos Dixitais. 150DECRETO 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. DOG 77, 22 de abril de 2009. [Citado 25 novembro 2014] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20090422/Anuncio19822_gl.html CRISTINA MOURIÑO CABALEIRO 272 Baseándonos exclusivamente na denominación da dirección xeral (Promoción Audiovisual e Contidos Dixitais), as competencias pasaban a integrarse na Consellería de Economía e Industria, lugar que nunca ocuparan en ningunha das tres lexislaturas anteriores. Tras esta organización inicial, dous meses despois, o Decreto 324/2009, do 11 de xuño151, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, retráctase. A disposición adicional primeira o explícao do seguinte xeito: Primeira. Suprímese o punto 5 da alínea a) do artigo 4 do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia referido á Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual e Contidos Dixitais, co obxectivo de garantir e mellorar os criterios de eficacia e racionalidade no deseño da nova estrutura organizativa. En realidade, esa dirección xeral con esa denominación non se traslada a outra consellería, senón que desaparece por completo do organigrama da Xunta. En canto a Presidencia, o Decreto 325/2009, do 18 de xuño152, establece que a seguinte estrutura: a) Secretaría Xeral da Presidencia. Ao dito órgano adscríbese a Dirección Xeral do Gabinete de Presidencia. b) Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral. c) Secretaría Xeral de Medios. Ao dito órgano adscríbese a Dirección Xeral de Comunicación e a Compañía de Radiotelevisión de Galicia. d) Secretaría Xeral da Igualdade. e) Secretaría Xeral da Emigración. f) Secretaría Xeral para o Deporte. g) Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Revisando as súas funcións, quedamos exclusivamente cos artigos relativos ao noso obxecto de estudo: Artigo 3º. Secretaría Xeral de Medios. c) A xestión das competencias da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación social, telecomunicación e audiovisual así como o exercicio das recollidas no artigo 34, e no artigo 27 número 31, no que se refire á publicidade, ambos os dous do Estatuto de autonomía de Galicia. d) Coordinación da política de imaxe e publicidade institucional da Xunta de Galicia, dirixindo e coordinando as actividades que neste sentido leven a cabo en todos os sectores e medios de comunicación social e promocionando unha imaxe igualitaria de mulleres e homes en todos eles. e) Dotación de infraestruturas no ámbito da comunicación. f) Proposición e desenvolvemento da normativa referente a comunicación social e a publicidade. 151 Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria. DOG 117, 17 de xuño de 2009 [Citado 25 novembro 2014] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20090617/Anuncio24116_gl.html 152DECRETO 325/2009, do 18 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. DOG 119, 19 de xuño de 2009. [Citado 25 novembro 2014] Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20090619/Anuncio242BE_gl.html Segunda parte: análise do sector audiovisual galego 273 i) O estudo, preparación e tramitación de cantas actuacións lle correspondan á Xunta de Galicia para o desenvolvemento e efectividade das previsións do artigo 34 do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación á radio, televisión e medios de comunicación social. j) A dirección e coordinación das actuacións en materia de telecomunicacións, audiovisual e multimedia e todos os aspectos que deriven da aplicación destas tecnoloxías no ámbito da comunicación. k) Promoción e difusión de contidos dos medios audiovisuais e multimedia da nosa comunidade autónoma. l) A realización de estudos e, se é o caso, a súa coordinación, sobre materias relativas a todos os sectores da información e medios de comunicación en xeral. Este departamento queda composto organicamente do seguinte xeito: 2.1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais. Correspóndenlle as seguintes funcións: a) Elaboración de propostas normativas referentes ao ámbito da radiodifusión, televisión, telecomunicación e audiovisual dentro das competencias da Xunta de Galicia. b) A elaboración do anteproxecto de orzamento da Secretaría Xeral de Medios e a coordinación destes traballos coas unidades administrativas existentes. c) A xestión e execución do orzamento e tramitación dos expedientes de contratación en coordinación co resto das unidades administrativas da Secretaría Xeral de Medios. d) Supervisión da xestión da habilitación de pagamentos, agás capítulo I. e) A tramitación dos convenios de colaboración con outras administracións públicas, entes de dereito público ou particulares, sempre que non estea expresamente atribuído a outros órganos. f) Tramitación das axudas e subvencións que xestione a Secretaría Xeral. g) A tramitación das solicitudes de concesión de servizos públicos de radiodifusión e televisión, e a preparación dos proxectos de regulación das fases dos concursos públicos, para a adxudicación das que sexan competencia da comunidade autónoma. h) A realización de tarefas de control das emisoras de radiodifusión e televisión. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servizo: 2.1.1. Servizo de Xestión de Medios Informativos. Son funcións deste servizo: a) Xestión de axudas, subvencións, contratos e convenios administrativos relativos aos medios informativos b) A habilitación xeral de pagamentos da Secretaría Xeral, agás capítulo I. c) Seguimento dos créditos da Xunta de Galicia e dos organismos públicos dependentes dela formalizados a través de acordos e convenios de colaboración cos medios informativos, sen prexuízo do control orzamentario que corresponde a cada consellería ou organismo. d) Apoio á preparación de normas, tramitación e emisión de informes. 2.1.2. Servizo de Estudos e Análise de Telecomunicación e Audiovisual. Son funcións deste servizo: a) A xestión económica e seguimento da execución orzamentaria da Secretaría Xeral, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias en colaboración co Servizo de Xestión de Medios Informativos. b) Preparación de normas, tramitación e emisión de informes. c) Xestión de axudas, contratos e convenios administrativos, en materia de telecomunicación, radiodifusión e televisión. 2.1.3. Servizo de Réxime Xurídico de Televisión e Radiodifusión. Son funcións deste servizo: a) Elaboración de normas e emisión de informes administrativos relativos á televisión e radiodifusión. b) Control e xestión de procedementos de autorizacións e concesións de televisión. c) Control e xestión de procedementos de autorizacións e concesións de radiodifusión. d) Xestión do rexistro de concesionarios de televisión e radiodifusión. [Document text truncated for crawler view.]