scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O principio de Hamilton

Sánchez de Santos, José Manuel

Abstract

A materia Mecánica Clásica II forma parte do bloque que no Grao en Física se dedica á Mecánica Clásica, que é a parte da Física que estuda o movemento das partículas e os corpos materiais e que comprende a teoría iniciada por Galileo e Newton e desenvolvida nos séculos XVIII e XIX por Lagrange e Hamilton, incluíndo tamén a Relatividade Especial de Einstein. A materia divídese en catro bloques temáticos de similar peso e duración temporal. O primeiro deles ten un marcado carácter teórico e trata de introducir as ecuacións da Mecánica a partir do principio integral formulado por Hamilton en 1815. O alumno xa coñece ditas ecuacións, tanto na formulación de Newton como naquela de Lagrange, que se introduciu na materia do primeiro semestre a partir dun principio diferencial (o principio de d’Alembert). O interese desta nova formulación reside na súa potencia e posibilidade de extensión a outras ramas da Física, ata o punto de poder ser considerada como un principio fundamental. Para entender este principio hai que introducir as técnicas matemáticas do cálculo variacional para deducir as ecuacións de Lagrange e o método dos multiplicadores para sistemas con ligaduras. As ecuacións canónicas introdúcense a nivel básico para rematar coa súa expresión en termos de corchetes de Poisson e deixar sentadas as bases máis elementais para a transición cara a Mecánica Cuántica. Esta unidade didáctica ten una importante carga teórica e conceptual. Moitas das ideas que se introducen nela terán un papel fundamental non só no resto da materia senón tamén en outras materias da titulación e en moitos dos desenvolvementos da Física actual.

Full text

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Física Mecánica Clásica II José M. Sánchez de Santos Departamento de Física de Partículas Facultadede Física 1 O principio de Hamilton 9788498 878875 ISBN 978-84-9887-887-5 O principio de Hamilton 1 José M. Sánchez de Santos Departamento de Física de Partículas Facultadede Física ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1126-2012 ISBN 978-84-9887-887-5 UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 3 MATERIA: Mecánica Clásica II TITULACIÓN: Grao en Física PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. O principio de Hamilton Técnicas do cálculo variacional O principio de Hamilton Sistemas con ligaduras. Método dos multiplicadores de Lagrange Propiedades de simetría e leis de conservación Formalismo canónico Unidade II. Forzas centrais Problema dos dous corpos. Masa reducida Ecuacións do movemento e integrais primeiras Problema de Kepler. Órbitas planetarias Colisións. Seccións eficaces Dispersión de Rutherford Unidade III. Mecánica do corpo ríxido Rotacións e tensores Enerxía cinética e momento angular. Tensor de inercia. Eixos e momentos principais de inercia Ángulos de Euler. Ecuacións de Euler Trompo simétrico libre Trompo simétrico pesado cun punto fixo Unidade IV. Relatividade especial Antecedentes históricos. Experimento de Michelson e Morley Postulados da Relatividade Especial Transformacións de Lorentz Xeometría do espazo-tempo Mecánica relativista Lagrangiana e hamiltoniana relativistas Cinemática relativista de colisións - UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos ................................................................................................... 9 1. Introdución ................................................................................ 9 2. Técnicas do cálculo variacional ................................................ 9 2.1. Ecuacións de Euler-Lagrange .................................. 9 2.2. Segunda forma das ecuacións de Euler ................ 12 2.3. Exemplo. Problema da braquistócrona .................. 13 3. O principio de Hamilton .......................................................... 14 3.1. O funcional de acción ............................................. 14 3.2. Sistemas non conservativos ................................... 15 3.3. Potenciais dependentes da velocidade .................. 17 3.4. Exemplo: partícula cargada nun campo electromagnético ........................................................... 17 4. Sistemas con ligaduras. Método dos multiplicadores de Lagrange ............................................................................. 18 4.1.Ecuacións do movemento ....................................... 18 4.2. Significado físico dos multiplicadores de Lagrange ........................................................................ 21 4.3. Ligaduras holónomas ............................................. 22 4.4. Exemplo: aro que roda por un plano inclinado ......................................................................... 22 5. Propiedades de simetría e leis de conservación .................... 24 5.1. Unicidade da lagrangiana. Transformacións gauge ............................................................................. 24 5.2. Teorema de Noether............................................... 25 6. Formalismo hamiltoniano ....................................................... 27 6.1. Transformacións de Legendre e función hamiltoniana .................................................................. 27 6.2. Ecuacións canónicas .............................................. 29 6.3. Exemplos ................................................................ 31 6.4. Ecuacións canónicas e principio variacional .......... 32 6.5. Corchetes de Poisson ............................................ 33 Actividades propostas ............................................................................... 35 Avaliación da unidade didáctica ............................................................... 35 Bibliografía .................................................................................................. 36 UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 7 PRESENTACIÓN A materia Mecánica Clásica II forma parte do bloque que no Grao en Física se dedica á Mecánica Clásica, que é a parte da Física que estuda o movemento das partículas e os corpos materiais e que comprende a teoría iniciada por Galileo e Newton e desenvolvida nos séculos XVIII e XIX por Lagrange e Hamilton, incluíndo tamén a Relatividade Especial de Einstein. A materia divídese en catro bloques temáticos de similar peso e duración temporal. O primeiro deles ten un marcado carácter teórico e trata de introducir as ecuacións da Mecánica a partir do principio integral formulado por Hamilton en 1815. O alumno xa coñece ditas ecuacións, tanto na formulación de Newton como naquela de Lagrange, que se introduciu na materia do primeiro semestre a partir dun principio diferencial (o principio de d’Alembert). O interese desta nova formulación reside na súa potencia e posibilidade de extensión a outras ramas da Física, ata o punto de poder ser considerada como un principio fundamental. Para entender este principio hai que introducir as técnicas matemáticas do cálculo variacional para deducir as ecuacións de Lagrange e o método dos multiplicadores para sistemas con ligaduras. As ecuacións canónicas introdúcense a nivel básico para rematar coa súa expresión en termos de corchetes de Poisson e deixar sentadas as bases máis elementais para a transición cara a Mecánica Cuántica. Esta unidade didáctica ten una importante carga teórica e conceptual. Moitas das ideas que se introducen nela terán un papel fundamental non só no resto da materia senón tamén en outras materias da titulación e en moitos dos desenvolvementos da Física actual. OS OBXECTIVOS Os obxectivos xerais da materia Mecánica Clásica II que se recollen na Guía docente da mesma son, no que se refire ao dominio de ferramentas ou destrezas:  Desenvolver a intuición que permita predicir certos elementos da solución dun problema concreto utilizando conceptos físicos xerais, sobre todo a relación entre simetrías e leis de conservación.  Aprender a utilizar as técnicas matemáticas a problemas reais da física, por exemplo integrais de volume para o cálculo de tensores de inercia, diagonalización de matrices para obter momentos principais, resolución de ecuacións diferenciais, uso do cálculo tensorial en Relatividade, etc.  Adquirir a terminoloxía e as notacións propias da Física moderna. Conceptos que se introducen nesta materia, como invariancia Lorentz ou simetría baixo translacións temporais son fundamentais nesta e outras ramas da Física. 14- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton 2.3 Exemplo. Problema da braquistócrona Trátase de atopar a curva tal que, dados dous puntos dun plano vertical, unha partícula que parte do repouso cae baixo a acción da gravidade do punto máis alto ao máis baixo no menor tempo posible. A solución a este problema que imos ver é debida a Johann Bernouilli en 1696, pero existen outras alternativas debidas a Newton, Leibnitz, etc. O tempo investido en caer unha distanciads ao longo da curva é ds dt v =, onde v é a velocidade. O ingrediente orixinal da solución de Bernouilli é utilizar a conservación da enerxía: 2 12, 2 mgx mv v gx=⇒= onde tomamos o eixo X na dirección vertical cara abaixo. O funcional a minimizar é o tempo total de caída: 2 0 1. 2 xy ds Tdt dx vgx ′ + == = ∫∫∫ A lagrangiana é agora: 2 1 (, ,) y fyyx x ′ + ′= e a ecuación de Euler-Lagrange, dado que 0 f y ∂ = ∂: 1 22 11 2 0, 2 df f y y c dx y y x x − ′′ ⎛⎞ ⎛⎞ ∂∂+ = ⇒= = ⎜⎟ ⎜⎟ ′′ ∂∂ ⎝⎠ ⎝⎠ de onde 22 2 (1 )ycxy ′ ′ =+ , sendo c unha constante de integración, e, despexando e integrando: 22 22 () . dy cx cx yyxdx dx x cx x cx ′== ⇒ = −− ∫ Para calcular a integral e escribir a solución en forma paramétrica, facemos o cambio de variable: UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 15 22 11 (1 cos ) sin 22 x dx d cc θ θθ =− ⇒= e a integral queda, despois dun pequeno cálculo: 22 11 () (1 cos ) ( sin ) , 22 yx d b cc θθ θθ = −= −+ ∫ onde b é unha segunda constante de integración. Se, sen perder xeneralidade, fixamos o punto inicial na orixe de coordenadas 00x θ =⇒= e 00yb = ⇒=, co cal temos a ecuación da braquistócrona en forma paramétrica: 2 2 1(1 cos ) (1 cos ) 2 1(sin)(sin), 2 xa c ya c θ θ θ θθθ =−=− =−=− que é a ecuación dunha cicloide onde a constante 2 1 2 ac =virá fixada pola condición de que a curva pase polo punto final 22 (x , y ) . 3. O principio de Hamilton 3.1 O funcional de acción Consideremos a integral: 2 1 (,,). t ii t SLqqtdt=∫& Se identificamos (,,) (,,) ii ii ii x t yq f yyx Lqqt → → ′→& vemos que as ecuacións de Lagrange que coñecemos son precisamente as ecuacións de Euler-Lagrange deducidas da condición ou principio variacional de que Ssexa un extremo: 16- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton 0.S δ = Este é o principio de Hamilton para sistemas conservativos: o movemento do sistema entre os tempos 1 t e 2 t é tal que a integral curvilínea Sé unha extremal respecto das traxectorias (). ii qqt=S é a acción no sentido de Hamilton. O principio pode enunciarse tamén dicindo que de todas as traxectorias posibles que ten o sistema para evolucionar entre os tempos 1 t e 2 t, a que en realidade describirá é aquela que fai estacionaria ou extremal a acción S (normalmente trátase dun mínimo). O principio de Hamilton é equivalente ás ecuacións de Lagrange e á segunda lei de Newton. Pódese construír toda a Mecánica dos sistemas conservativos tomando como postulado básico o principio de Hamilton. Algunhas das vantaxes que ten este principio son:  Manexa só magnitudes escalares, polo que é un método invariante baixo cambios de coordenadas.  Permite describir coa linguaxe da mecánica sistemas que non son mecánicos (teorías de campos, mecánica estatística, etc.) xa que se basea en enerxías e non en forzas e posicións.  Xeneralízase ao caso relativista. 3.2 Sistemas non conservativos O principio de Hamilton pódese formular tamén para sistemas non conservativos, caso no que se expresará: 2 1 ()0, t t STWdt δδ = += ∫ onde δ Wé o traballo virtual total de todas as forzas: δ W=Fi i ∑ ⋅ δ ri=Qj j ∑ δ qj. Deste principio dedúcense as ecuacións de Lagrange para sistemas non necesariamente conservativos. Neste caso a integral da variación da enerxía cinética máis o traballo virtual total realizado debe ser estacionaria. O caso conservativo é un caso particular, xa que entón: Qj=− ∂ V ∂qj ⇒ δ W=Qj j ∑ δ qj=− ∂ V ∂qj j ∑ δ qj=− δ V, UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 17 co cal 22 22 11 11 ()()() 0, tt tt tt tt S T Wdt T Vdt T Vdt Ldt δδδ δδδ δ =+=−=−= = ∫∫ ∫∫ recuperando a formulación anterior do principio de Hamilton. Nun sistema xeral, non necesariamente conservativo temos: 22 11 22 2 11 1 tt j tt jjj tt t jj tt t j Td T Tdt q dt qdxq Wdt Wdt Q q dt δδ δδ δ ⎡⎤ ⎛⎞ ∂∂ =− ⎢⎥ ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ⎢⎥ ⎝⎠ ⎣⎦ == ∑ ∫∫ ∑ ∫∫ ∫ & e, sumando: 22 11 () . tt jj tt jjj Td T T W dt Q q dt qdxq δδ ⎡⎤ ⎛⎞ ∂∂ += − + ⎢⎥ ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ⎢⎥ ⎝⎠ ⎣⎦ ∑ ∫∫ & Se as coordenadas qj son independentes, isto conduce a que cada un dos termos no sumatorio debe anularse por separado e obtemos as ecuacións de Lagrange no caso xeral: . j jj dT T Q dx q q ⎛⎞ ∂∂ −= ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ & 3.3 Potenciais dependentes da velocidade Aínda no caso de que as forzas dependan da velocidade, se é posible atopar unha función (,,)Uqqt &tal que: ,1,2,,, j jj dU U Qjn dt q q ⎛⎞ ∂∂ =−=… ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ & é posible definir unha función lagrangiana L = T − Ude xeito que as ecuacións do movemento son: 18- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton 0. jj dL L dt q q ⎛⎞ ∂∂ − = ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ & Uchámase potencial dependente da velocidade. Se ademais hai forzas que derivan dun potencial conservativo no sentido ordinario, V(q), este pode incluírse enU, xa que j j j dU U Qdt q q ⎛⎞ ∂ ∂ =− ⎜⎟ ⎜⎟ ∂ ∂ ⎝⎠ & redúcese a − ∂ V ∂qj para os termos que non conteñen as velocidades. 3.4 Exemplo: partícula cargada nun campo electromagnético O exemplo máis interesante é, dende logo, o da forza electromagnética sobre unha partícula cargada, a forza de Lorentz, (),q = +×FEvB que no caso en que non exista campo magnético, , = B0 é conservativa, xa que deriva do potencial escalar electrostático Φ : F = qE = − q ∇ Φ . Non é difícil comprobar que as compoñentes de Fpoden poñerse como: , i ii dU U Fdt x x ⎛⎞ ∂ ∂ =− ⎜⎟ ∂ ∂ ⎝⎠ & onde ,Uq q = Φ− ⋅Av sendo Φo potencial escalare Ao potencial vector. Os campos eléctrico e magnético exprésanse en termos de ditos potenciais como: . t ∂ =−∇Φ− ∂ = ∇× EA BA A lagrangiana dunha partícula cargada nun campo electromagnético pode escribirse entón como: L = T − U = T − q Φ + qA ⋅ v, UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 19 e as ecuacións do movemento teñen a mesma forma que no caso conservativo. 4. Sistemas con ligaduras. Método dos multiplicadores de Lagrange 4.1 Ecuacións do movemento Supoñamos que temos un sistema con coordenadas qk, k=1,…,n. Para deducir as ecuacións de Lagrange a partir do principio variacional δ S = 0, a condición de sistema holónomo utilizábase só ao final do razoamento, cando as δ qkse consideraban independentes. Supoñamos agora que temos ligaduras adicionais do tipo: ou onde os alk = alk (q,t)son coeficientes dependentes das coordenadas e o tempo. Este tipo de ligaduras dependen linearmente das velocidades e polo tanto non son, en xeral, holónomas, pois non sempre se poden integrar estas m ecuacións para poñelas da forma: ,(,) 0 1, , . l f qt l m = =… Non obstante, o caso holónomo é un caso particular, pois un conxunto de ligaduras holónomas sempre se pode derivar: 0, ll k k ff q qt ∂ ∂ + = ∂∂ & que é da forma anterior con: alk = ∂ fl ∂qk ,t= ∂ fl ∂t. En todo o procedemento variacional, os desprazamentos son virtuais, a t constante, e xa que logo: 1 0, 1, , , n lk k lt k aq a l m = += =… ∑& 1 01,,, n lk k lt k adq adt l m = +==… ∑ 20- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton alk k=1 n ∑ δ qk=0, ( δ t=0), co cal os δ qkdeixan de ser independentes. Para reducir o número de desprazamentos virtuais e deixar só aqueles que si poidan considerarse independentes, utilizaremos os multiplicadores de Lagrange. Se multiplicamos cada unha das ecuacións anteriores por funcións arbitrarias do tempo λ l, sumamos a todas as ligaduras e integramos sobre o tempo dá: d t1 2 ∫t λ l l=1 m ∑alk k= n ∑ δ qk=0. Se volvemos ádedución das ecuacións de Lagrange a partir do principio de Hamilton, lembremos que 22 11 1 00. n tt k tt kkk Ld L dtL dt q qdtq δδ = ⎡⎤ ⎛⎞ ∂∂ = ⇒− = ⎢⎥ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ⎣⎦ ∑ ∫∫ & Sumando estas dúas últimas expresións chegamos a: 2 111 0. nm t llk k tkl kk Ld L dt a q qdtq λδ == ⎡⎤ ⎛⎞ ∂∂ − += ⎢⎥ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ⎣⎦ ∑∑ ∫& A existencia das mligaduras fai que os δ qknon sexan independentes, polo que non se pode igualar a 0cada un dos termos entre corchetes. Consideremos como independentes os n − mprimeiros; os mrestantes virán dados en función deles polas mecuacións de ligadura. Porén, os l λ son arbitrarios e polo tanto podemos escollelos da maneira que máis nos conveña. Fagámolo de xeito que 1 0, 1, , , m llk l kk Ld L aknmn qdtq λ = ⎛⎞ ∂∂ −+==−+… ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ∑ & co cal nos queda: 2 111 0, nm m t llk k tkl kk Ld L dt a q qdtq λδ − == ⎡⎤ ⎛⎞ ∂∂ − += ⎢⎥ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ⎣⎦ ∑∑ ∫& UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 21 expresión onde o primeiro sumatorio chega ata n − m e os l λ xa non son arbitrarios, pois están fixados pola ecuación anterior. Agora si que os δ qk, con k=1,…,n − mxa son independentes e podemos igualar a 0 coeficiente a coeficiente: 1 0, 1, , . m llk l kk Ld L aknm qdtq λ = ⎛⎞ ∂∂ − +==…− ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ∑ & En conclusión, o método lévanos a considerar o sistema de ecuacións: 1 1 0, 1, , 0, 1, , , m llk l kk n lk k lt k Ld L akn qdtq aq a l m λ = = ⎛⎞ ∂∂ −+==… ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ += =… ∑ ∑ & & que son n+mecuacións con n + mincógnitas: as nqke os m λ l. 4.2 Significado físico dos multiplicadores de Lagrange Neste procedemento temos máis ecuacións que no ordinario de Lagrange, onde as ligaduras se incorporan dende o principio. Hai que salientar que agora as ecuacións de ligadura non se utilizan ata o final, co cal temos un sistema máis complexo, pero a cambio tamén obtemos máis información: aquela contida nos propios multiplicadores. Vexamos agora cal é o significado físico deles: trátasebasicamente das forzas de ligadura. Se escribimos as ecuacións como 1 m llk l kk dL L a dt q q λ = ⎛⎞ ∂∂ −= ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ∑ & e supoñemos que estamos no caso conservativo e L contén o potencial das forzas aplicadas, podemos reescribilas como: () 11 . mm a llk k llk ll kk k dT T V aQ a dt q q q λλ == ⎛⎞ ∂∂ ∂ −=−+ =+ ⎜⎟ ∂∂ ∂ ⎝⎠ ∑∑ & O primeiro termo do segundo membro é a forza xeneralizada aplicada, mentres que o segundo termo ten que ser a forza xeneralizada de ligadura para ter as ecuacións de Lagrange xerais: 22- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton () ( ) . a lig kk k kk dT T QQ Q dt q q ⎛⎞ ∂∂ −==+ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ & Polo tanto: λ l l=1 m ∑alk =Qk (lig) E recuperamos o resultado de que coñecidos os multiplicadores de Lagrange coñecemos tamén as forzas de ligadura como parte da solución obtida por este método, que, resumindo, utilizaremos cando:  Non se poida ou non resulte cómodo reducir todas as coordenadas a independentes, eliminando as restantes das ecuacións de ligadura.  As ligaduras sexan non holónomas porque dependen das velocidades de forma linear.  Interésanos coñecer as forzas de ligadura. 4.3 Ligaduras holónomas Volvamos ao caso en que as ligaduras sexan holónomas: 11 1 (,), mm m l llk l ll ll l kk kk f dL L afqt dt q q q q λλ λ == = ⎛⎞ ∂ ∂∂ ∂ ⎛⎞ −= = = ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ∂∂ ⎝⎠ ⎝⎠ ∑∑ ∑ & que se pode escribir como: 0, kk dL L dt q q ⎛⎞ ∂∂ − = ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ %% & sendo % L=L+ λ l l=1 m ∑fl(q,t) e onde utilizamos que os termos λ lflnon dependen das velocidades. Definindo: UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 23 W=− λ l l=1 m ∑fl(q,t), entón: % L=L−W=T−(V+W) e W xoga o papel de potencial das forzas de ligadura. Vemos que neste caso, o método é totalmente análogo ao dos multiplicadores de Lagrange que utilizabamos no cálculo diferencial ordinario para problemas de máximos e mínimos condicionados. 4.4 Exemplo: aro que roda por un plano inclinado Consideremos o sistema da figura, onde un aro roda sen esvarar por un plano inclinado. Figura2. Aro que roda por un plano inclinado. Tomaremos como coordenadas xeneralizadas a distancia medida ao longo do plano, x, e o ángulo que roda o aro, θ . A ligadura de rodar sen esvarar pode expresarse mediante a condición de que o punto de contacto do aro co plano ten velocidade instantánea nula. Dita velocidade ten un termo de traslación e outro de rotación: vP = vCM + ω × rP e no noso caso escríbese: 0, x r θ =−& & onde r é o raio do aro. Neste caso temos unha soa ligadura á que lle imos asignar un multiplicador de Lagrange λ . Podemos escribila tamén da seguinte forma: dx − rd θ = 0 30- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton velocidades: (, ,), jjjj qqqpt = && a hamiltoniana obtense substituíndo esta expresión na definición: ( ) ( , ,) ( , ,) , ( , ,), jj jjjj jjjj j H qpt pqqpt Lqqq ptt=− ∑ && 6.2 Ecuacións canónicas Calculemos a diferencial de H considerando que (, ,): jj H Hq p t= dH =∂H ∂qj dqj+∂H ∂pj dpj ⎛ ⎝ ⎜⎞ ⎠ ⎟ j ∑∂H ∂tdt Ademais, partindo da definición jj j H pq L = − ∑ &temos que: , jjjjjj jjj jj j jj LL L dH p dq q dp dq dq dt qq t LL qdp dq dt qt ⎛⎞ ∂∂ ∂ = +− − −= ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ∂ ⎝⎠ ⎛⎞ ∂∂ =−− ⎜⎟ ⎜⎟ ∂∂ ⎝⎠ ∑ ∑ && & & & xa que j j L p q ∂ = ∂&. Usando as ecuacións de Lagrange j j L p q ∂ = ∂&, obtemos que () jj jj j L dH q dp p dq dt t ∂ =−− ∂ ∑&& e comparando: ,,. jj jj H HH L qp p qt t ∂ ∂∂ ∂ ==− =− ∂ ∂∂∂ && que son as ecuacións de Hamilton ou ecuacións canónicas. Ademais temos que, usando estas ecuacións na expresión de d H : UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 31 () jj jj j H dH q dp p dq dt t ∂ =−+ ∂ ∑&& e, dividindo por d t: () : jj jj j dH H H qp pq dt t t ∂ ∂ =−+= ∂ ∂ ∑&& && dH dt = ∂ H ∂t=− ∂ L ∂t A función hamiltoniana ten a característica especial de que a súa dependencia total no tempo é igual á explícita, e por iso cando H non depende explicitamente do tempo (e polo tanto L tampouco) é automaticamente unha constante do movemento. Máis adiante veremos que isto non é casualidade e que a hamiltoniana satisfai estas propiedades porque é a función que xera a evolución temporal. Ademais, cando as ligaduras son fixas e a enerxía cinética é cuadrática nas velocidades, a hamiltoniana coincide coa enerxía total do sistema e pode calcularse doadamente expresando esta última en función das coordenadas e os momentos. 6.3 Exemplos 6.3.1 Partícula nun potencial central Unha partícula que se move nun potencial central que só depende da distancia á orixe ten unha lagrangiana: 222222 1(sin)() 2 L mr r r V r θθφ =+ − && & en coordenadas esféricas. Os momentos canónicos conxugados son: 222 ,,sin, r pmrpmr pmr θφ θ θφ == = && & relacións que se poden inverter para obter as velocidades 222 ,, . sin rp p p rmmr mr φ θ θφ θ == = && & 32- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton Substituíndo estas expresións na definición jj j H pq L = − ∑ & obtemos a hamiltoniana da partícula no potencial central: H(r, θ , φ ,prp θ p φ )=pr 2 2m+p θ 2 2mr2+p φ 2 2mr2sin2 θ +V(r) Esta hamiltoniana é unha constante do movemento xa que non depende explicitamente de t . Ademais, o seu valor coincide co da enerxía total, xa que L é cuadrática nas velocidades. En coordenadas esféricas, a simetría baixo rotacións é explícita e reflíctese no feito de que as coordenadas angulares θ , φ son cíclicas. Porén, en coordenadas cartesianas: H(x,yxp xpypz)=px 2 2m+py 2 2m+pz 2 2m+Vx+y+z non hai ningunha coordenada cíclica, aínda que a simetría é, evidentemente, a mesma e o momento angular unha constante do movemento. 6.3.2 Partícula cargada nun campo electromagnético A lagrangiana é: L=T−U=1 2mv2−qΦ+qA⋅v e o momento: . q mq m − =+⇒= pA pvAv Entón, 22 1() . 22 qq HL m qq q mm −− ⎛⎞ =⋅−=⋅− +Φ− ⋅= +Φ ⎜⎟ ⎝⎠ pA pA pv pv Av Neste exemplo vemos que H = T + V, onde Vé a parte conservativa do potencial (a que non depende da velocidade). H consérvase xa que non depende explicitamente do tempo, pero non coincide coa enerxía, que contén tamén a parte do potencial dependente da velocidade: H = T +V ≠ E = T + U. Isto é debido a que a lagrangiana non é cuadrática na velocidade. A enerxía total non se conserva. UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 33 6.4 As ecuacións canónicas e o principio variacional As ecuacións canónicas pódense obter tamén, por suposto, dun principio variacional. Na obtención das ecuacións de Lagrange considerabamos traxectorias no espazo de configuración n-dimensional. Agora debemos considerar a acción coma un funcional no espazo de fases de 2ndimensións e expresala en función da hamiltoniana da seguinte forma: 2 1 , t jj tj SdtpqH ⎡ ⎤ =− ⎢ ⎥ ⎣ ⎦ ∑ ∫& onde qj(t)varíase coa condición de contorno δ qj(t1) = δ (2) = 0(non é necesario impoñer tal condición explicitamente nos pj, como veremos máis abaixo). Se facemos as variacións de xeito análogo ao caso lagrangiano: 2 1 0. t jj j j j j tjjj HH Sdtpqqp q p qp δδδδδ ⎡⎤ ∂∂ = +− − = ⎢⎥ ∂∂ ⎢⎥ ⎣⎦ ∑ ∫&& Integrando por partes o termo en j q δ &e tendo en conta que os termos de fronteira se anulan: 2 1 2 1 0, t jj j j j j tjjj t jjj j tjjj HH Sdt pqqp q p qp HH dt p q q p qp δδδδδ δδ ⎡ ⎤ ∂∂ = −+− − = ⎢ ⎥ ∂∂ ⎢ ⎥ ⎣ ⎦ ⎡⎤ ⎛⎞⎛⎞ ∂∂ =−++− = ⎢⎥ ⎜⎟⎜⎟ ⎜⎟⎜⎟ ∂∂ ⎢⎥ ⎝⎠⎝⎠ ⎣⎦ ∑ ∫ ∑ ∫ && && e se as qje as pjse consideran independentes, isto condúcenos as ecuacións de Hamilton: ,. jj j j H H qp p q ∂ ∂ ==− ∂ ∂ && En realidade non sería necesario considerar as pjcomo independentes, pois os coeficientes de δ pjson identicamente nulos polas ecuacións da 34- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton transformación de Legendre, e de feito, virían fixados polos δ qj, pero isto non altera o resultado de que as ecuacións canónicas son consecuencia do mesmo principio variacional que as Lagrange e por tanto equivalentes a elas. 6.5 Corchetes de Poisson Definimos o corchete de Poisson de dúas funcións do espazo de fases F(q,p t ), G (q, p t )como: {F,G}=∂ ∂qj ∂G ∂pj −∂F ∂pj ∂G ∂qj ⎡ ⎣ ⎢ ⎢ ⎤ ⎦ ⎥ ⎥ j ∑. Esta operación ten como resultado outra función do espazo de fases e ten as seguintes propiedades: • Antisimetría: { A ,B} = − {,} • Bilinearidade: { α A + β B,C} = α {,} + β {, } • Regra de Leibnitz: { A B, C } = {, } + {, } • Identidade de Jacobi: {{ A ,B}, C + B C A + C A B = 0 Propiedades que fan do corchete de Poisson un produto de Lie. Desta definición é inmediato obter os corchetes de Poisson fundamentais: {, }{, } 0 {.,} ij i j ij ij qq pp qp δ = = = Para unha función calquera F(q, p t ) do espazo de fases, a súa derivada total respecto do tempo: jj jj j jjjjj dF F F F F FH FH qp dt t q p t qp pq ⎡ ⎤⎡ ⎤ ∂ ∂ ∂ ∂ ∂∂ ∂∂ =+ + =+ − ⎢ ⎥⎢ ⎥ ∂∂∂ ∂∂∂∂∂ ⎢ ⎥⎢ ⎥ ⎣ ⎦⎣ ⎦ ∑∑ && onde H é a hamiltoniana e usamos as ecuacións canónicas. Recoñecemos no segundo membro o corchete de Poisson, polo que a evolución temporal de Fse pode escribir: UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton- 35 dF dt = ∂ F ∂t+{,H} Por exemplo, para F = qi: & qi=∂qi ∂qj ∂H ∂pj −∂qi ∂pj ∂H ∂qj ⎡ ⎣ ⎢ ⎢ ⎤ ⎦ ⎥ ⎥ j ∑= δ ij j ∑⋅∂H ∂pj =∂H ∂pi , e analogamente para F = pi, obténdose as ecuacións canónicas. As transformacións no espazo de fases que preservan os corchetes de Poisson chámanse transformaciónscanónicas. Da expresión de arriba dedúcese que calquera función que non dependa do tempo explicitamente é unha constante do movemento se ten corchete nulo coa hamiltoniana: {, }. dF F H dt = O Teorema de Poisson demostra que se dúas funcións son constantes do movemento, o seu corchete de Poisson tamén o é. O conxunto de cantidades conservadas cerra baixo os corchetes a álxebra de simetría do sistema. Unha das maneiras de transitar da Mecánica Clásica á Mecánica Cuántica é escribir as ecuacións introducindo a constante de Planck, , e promovendo as variables canónicas a operadorese os corchetes de Poisson a conmutadores. O feito de que o corchete de Poisson dunha coordenada co seu correspondente momento conxugado non sexa nulo, 󰇝, 󰇞 1,tradúcese en que os correspondentes operadores cuánticos non conmuten e polo tanto non se poidan diagonalizar simultaneamente. Isto non é máis que o principio de indeterminanción de Heisenberg. ACTIVIDADES PROPOSTAS 1. Repartirase un boletín de problemas ao inicio da unidade que se irán traballando nas clases interactivas que se ordenan na mesma secuencia que os contidos teóricos ao longo do desenvolvemento da unidade. Algúns serán resoltos polo profesor no encerado e outros serán propostos aos alumnos para discutir nas clases interactivas. 2. Facilitarase ao alumnado unha colección de problemas propostos en exames de cursos anteriores para que poidan realizalos por si mesmos e comprobar se acadan o grao de cumprimento dos obxectivos que se esixe. 36- UNIDADE DIDÁCTICA I. O principio de Hamilton 3. Poderanse realizar traballos de carácter voluntario se algún estudante ten interese en afondar nalgún punto dos contidos ou ampliar os mesmos máis alá do tratado nas clases AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Os criterios xerais da avaliación da materia fixan nun 40% o peso da avaliación continua na cualificación final da materia. Dita avaliación continua da unidade terá en conta os seguintes puntos:  A asistencia e participación activa nas clases.  A realización e entrega dos exercicios que se propoñan.  A realización de traballos voluntarios.  Un control de avaliación consistente na resolución dun problema igual ou similar aos traballados nas clases O 60% da cualificación da materia restante corresponde a un exame final consistente en resolver un número de problemas relativos ós temas vistos durante o curso. A duración do exame será de aproximadamente 4 horas e non se poderá usar ningún tipo de libro ou apuntamento. BIBLIOGRAFÍA HAMILTON, W.R. (1834): «On a general method in Dynamics», Philosophical Transaction of the Royal Society, Part II for 1834, 247-308, Londres. — (1835): «Second essay on a general method in Dynamics», Philosophical Transaction of the Royal Society, Part I for 1835, 95-144, Londres. SIMMONS, George F (1977): Ecuaciones diferenciales. Con aplicaciones y notas históricas, México: McGraw-Hill. GOLDSTEIN, Herbert (2000): Mecánica clásica, Barcelona: Reverte. MARION, Jerry B. (1998): Dinámica clásica de las partículas y los sistemas, Barcelona: Reverte. LANDAU, L.D,LIFSHITZ, E.M. (1985): Mecánica, Barcelona: Reverte. TAYLOR, John R. (2005): Classical Mechanics, Sausalito, California: University Science Books Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Física Mecánica Clásica II José M. Sánchez de Santos Departamento de Física de Partículas Facultadede Física 1 O principio de Hamilton 9788498 878875 ISBN 978-84-9887-887-5