Máis Mates: revista estudiantil (Número 5. Marzo 2024)
Full text
REVISTA ESTUDANTIL ÁIS MATES N º 5 . M A R Z O 2 0 2 4
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela Introdución Dirección da Revista ÍNDICE Historia Wasan: Matemáticas no Xapón dos samurais .................................................... 2 Santiago González Gómez Matemáticas gregqs: Númerqse Xeqmetría ....................................... 4 Carlos Cao López Unha historia da distribución Normal .............................................................. 6 Ignacio Garbayo Fernández Actualidade Bandas de paxaros ............................ 8 Francisco Estévez Lengua Retos Retos de Sementeira .......................... 10 Teoría Cohomolo... que?................................ 11 Ibai Otero Gómez AGRADECEMENTOS Queremos agradecer a todas as persoas colaboradoras na revista ata o momento: Santiago González Gómez, Ignacio Garbayo Fernández, Carlos Cao López, Guillermos Arcos Salgado, Andrea Abad Montero, Francisco Estévez Lengua, Pedro Vidal Villalba, Sementeira, Javier Polo Noche, Ibai Otero Gómez. En especial ás que fixeron posible que esta cuarta edición seguise adiante. Dar unha forte aperta ás persoas que nos axudaron coa revisión lingüística da revista: a profesora Carmen Rodríguez e o profesor Rafael Muñoz. Queriamos rematar esta introdución, cun verdadeiro recoñecemento ás persoas que nos apoian. Grazas de corazón por lernos, disfrutade desta revista tanto como facemos nós ao facela! Número 5. Marzo de 2024 1
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela Wasan: Matemáticas no Xapón dos samurais Santiago González Gómez Disque os kami, os espíritos da relixión tradicional xaponesa, gustan moito dos cabalos. Porén, non todo o mundo se pode permitir ofrendar un cabalo ao seu deus de confianza. Por iso, era antigamente tradición en Xapón colgar nos templos pequenas taboíñas de madeira con imaxes de cabalos como regalo aos kami. No século XVII, outro tipo de representacións comezaron a aparecer colgadas nos templos xintoístas, non coma ofrendas, senón como pasatempo: os sangaku, problemas matemáticos, comunmente sobre xeometría, pintados a vivas cores, datados e asinados, que presumen da habilidade do autor e retan a calquera que os lea a resolvelos. [1] fai unha boa introdución ao tipo de problemas dos sangaku, e constata que algúns deles non son para nada triviais. O interesante é que, durante esta época, Xapón atopábase no medio dun período de 200 anos de total illamento do resto do mundo. Como se desenvolveron entón as matemáticas xaponesas neste período de desconexión das súas curmás occidentais, e como diferiron delas? Fig. 1: Sangaku dun templo en Aimoto, prefectura de Sanda. CAMIÑO AO SAKOKU Moi probablemente, o coñecemento matemático xaponés foi importado nun primeiro momento de China, unha potencia dominante científica e culturalmente que influíu en Xapón durante séculos. Mentres Europa atravesaba a Idade Media, Xapón adentrábase nunha idade escura na que o coñecemen- to quedou confinado aos mosteiros budistas, que non prestaron demasiada atención ás matemáticas: disque durante o shogunato Ashikaga (s. XIV-XVI) era tarefa case imposible atopar a un xaponés capaz de dividir. Cara ao 1600 prodúcese o primeiro grande avance nas Matemáticas xaponesas da man de M¯ ori Kanbei e o seu discípulo Yoshida Mitsuyoshi (o apelido colócase antes có nome en Xapón). Ambos escribiron sobre o uso do soroban, o ábaco xaponés, e popularizárono en todo o país, sentando as bases da aritmética en Xapón e facilitando o traballo dos matemáticos que os sucederon. O traballo destes pioneiros reflíctese na importancia que os matemáticos xaponeses dos séculos seguintes lle deron á computación fronte á teoría, unha visión oposta á que temos actualmente. Un exemplo curioso: cando os Elementos de Euclides chegaron por vez primeira a Xapón a través dos chineses, os xaponeses consideraron que o traballo de Euclides non aportaba nada ao coñecemento matemático. Non quere isto dicir que os xaponeses renegasen da idea de demostración ou de argumentación, senón que daban menos importancia ás bases (como as definicións de punto ou recta) e máis a un proceso empírico e ao desenvolvemen- to de procedementos que considerasen irrefutables. Para un destes matemáticos, unha observación minuciosa que permitise atopar patróns e extrapolalos era xustificación suficiente. En 1633, o panorama político xaponés mudou por completo. O shogunato Tokugawa, buscando incrementar o seu poder e diminuír o influxo das potencias coloniais europeas sobre Xapón, decretou o sakoku: o peche total das fronteiras. Esta medida suporía un illamento internacional que non remataría ata o 1854; neste tempo, ningunha persoa ou libro podía saír ou entrar do país, e o comercio exterior estaba altamente restrinxido. En contra do que poderiamos imaxinar, osakoku non resultou prexudicial para as ciencias e a cultura xaponesa, senón que deu inicio a un renacemento intelectual que tamén afectou ao eido das Matemáticas. OTEMPO DO WASAN Durante o shogunato Togukawa desenvolveuse o wasan, que é a palabra que, tralo fin do sakoku, se lle deu ás Matemáticas nativas para diferencialas do yosan, as estranxeiras. Owasan centrouse principalmente no estudo da xeometría plana e de sólidos, e na teoría de ecuacións, especialmente de alto grao, disciplinas que parecen encaixar ben coa filosofía computacionalista dos wasan’ka (matemáticos). A finais do século XVII viviu Seki Takakazu, unha figura capital considerada o Newton das matemáticas xaponesas. Traballou como funcionario para o clan Tokugawa, especializándose en contabilidade, pero chegou a ser mestre de cerimonias do sh¯ ogun. Seki modernizou a notación, introducindo nas matemáticas escritas conceptos como as fraccións, que poden ser difíciles de expresar na escritura vertical con kanji. En canto á súa obra, Seki publicou moi pouco en vida, pero grazas aos escritos gardados polos seus discípulos, sabemos que estudou en profundidade o que agora coñecemos como teorema chinés dos restos, desenvolveu métodos para a resolución de certas ecuacións de graos tan altos como 1458, descubriu os chamados números de Bernoulli e definiu o determinante anos antes cós europeos (aínda que razoou equivocadamente que a regra de Sarrus funcionaba para orde n4, o cal foi corrixido polos seus sucesores). Aínda que algúns textos modernos defenden que foi en realidade 2Número 5. Marzo de 2024 HISTORIA
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela obra dun discípulo seu (Takebe Katahiro, do que falaremos máis adiante), Seki é tradicionalmente considerado o inventor do enri (“teoría do círculo”), un método para o cálculo de áreas circulares. O enri é similar ao método exhaustivo grego, que consistía en aproximar o círculo por n-ágonos; o enri, en cambio, dividía o círculo en rectángulos, achegándoo máis ao noso cálculo integral (sen posuír a noción de infinitesimais, por suposto). Seki conseguiu calcular pcon 18 decimais de precisión (aínda que el só deu seguridade dos 11 primeiros); o chamativo é que despois de conseguilo decatouse da necesidade de obter, razoadamente, unha boa aproximación que usar nos seus cálculos. Atopouna en 355 113 . Fig. 2: Non existe ningún retrato contemporáneo de Seki Takakazu; este aquí recollido é posterior á súa morte. Seki tivo varios discípulos, como os dous irmáns Takebe, Katahiro e Kataakira, que recompilaron nunha especie de enciclopedia o seu traballo canda o do seu mestre. Entre os dous destaca Katahiro, o menor, que tamén traballou como funcionario para varios sh¯ ogun, cartografiando Xapón para un deles. Tamén conseguiu, por exemplo, que o sh¯ ogun Tokugawa Yoshimune flexibilizase as leis sobre os libros estranxeiros, despertando en Xapón certo interés pola ciencia europea, e chegou a posuír un telescopio traído dos Países Baixos. Os fitos acadados por Takebe Katahiro son diversos. Conseguiu calcular pcon 40 díxitos de precisión empregando un método para acelerar a converxencia dunha sucesión. Este método coñécese actualmente como extrapolación de Richardson, pero os cálculos de Takebe precédeno dous séculos. Takebe tamén deu unha expansión en serie de potencias para calcular a lonxitude sdun arco de circunferencia de diámtero d apoiado nunha corda en función da súa frecha (a altura do arco sobre a corda) k. Os coeficientes que Takebe calculou son basicamente os da serie de Taylor de arcsin2⇣pk/d⌘, 17 anos antes de que Euler chegase ao mesmo resultado coas Matemáticas occidentais. DANDO PASO AO YOSAN A era dourada do wasan, aínda que ligada a un renacemento cultural transversal, veu seguramente impulsada por un interés xeral. As matemáticas eran útiles para o desenvolvemento do comercio, a agricultura ou a arquitectura, ou para tarefas burocráticas como a realización de censos. Por exemplo, Mitsuyoshi escribiu xa antes do sakoku un tratado sobre o comercio diario, mentres que xa cara ao 1720 Hosoi K¯ otaku comentaba con entusiasmo que, durante a relaxación do control de libros no shogunato de Tokugawa Yoshimune, fora quen de conseguir traducións chinesas de libros occidentais sobre enquisas. Ao goberno tamén lle interesaba a realización de mapas e calendarios de calidade. Con respecto aos calendarios, a súa confección precisaba de coñecementos precisos de astronomía, outra razón de peso para convencer ao shogunato da necesidade de introducir libros estranxeiros. Porén, a practicalidade non era o único motivo que movía aos wasan’ka. Moitos destes matemáticos pertencían á clase aristocrática dos samurai, que buscaba novos pasatempos nunha época menos belicosa. A finais do século XVIII, Fujita Sadasuke escribe: “as matemáticas teñen unha compoñente útil, unha non inmediatamente útil e outra totalmente inútil”, e critica os sangaku por caer nesta última categoría. Fig. 3: Observatorio estelar en Asakusa. Gravado de Hokusai. Co fin do sakoku, o chamado período Edo deu paso ao período Meiji, un tempo marcado pola modernización de Xapón e a adopción de tódolos avances internacionais. A introdución das Matemáticas occidentais nas escolas marcou o principio do fin do wasan: só se conservou o soroban para os cálculos porque non existía nada mellor. Algúns matemáticos xaponeses opuxéronse ao cambio, pero non puideron facer nada contra a tendencia a introducir unhas Matemáticas nas que se baseaban a ciencia e a tecnoloxía modernas. O carácter computacionalista e práctico do wasan foi posiblemente o que contribuíu á obtención de tantos resultados sorprendentes en tan pouco tempo, pero a longo prazo non axudou a unha fundamentación que si posuía o yosan e contra a que, en última instancia, non puido loitar. REFERENCIAS [1] ROTHMAN,T.,FUKAGAWA, H. (1998). Japanese temple geometry. Scientific American, 278(5), 84-91. [2] KNOBLOCH,E.,KOMATSU,H.,LIU, D. (editores) (2013). Seki, Founder of Modern Mathematics in Japan. Springer Proceedings in Mathematics & Statistics, vol 39. Springer, Tokyo. [3] OGAWA, T. (2001). A Review of the History of Japanese Mathematics. Revue d’histoire des mathématiques, 7(1), 137- 155. [4] Japanese Mathematics in the Edo Period. National Diet Library. Consultado o 16/3/2024, enlace: www. ndl.go .jp/ math/e/s1/1.html [5] Biographies - MacTutor History of Mathematics (consultado 10/12/2023), enlace: https://mathshistory.st-andrews. ac.uk/Biographies/. HISTORIA Número 5. Marzo de 2024 3
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela Matemáticas gregqs: NúmerqseXeqmetría Carlos Cao López Falar de mathematos grega é falar de ciencia e filosofía. Na Antiga Grecia existían varias escolas privadas só abertas para os polites (cidadáns). Se a filosofía representa o paso do mito ao logos, a matemática grega representa o paso da práctica a abstración. Certamente foi usada con fins prácticos antes, basta considerar a orixe da palabra xeometría como medida da terra! Este pequeno paso para o cidadán representou un gran paso para a humanidade, pois trouxo consigo conceptos modernos coma “axioma”, “teorema” ou “demostración”. A aritmética era ensinada ata os 14 anos, seguida da xeometría e astronomía ata os 18. Patente é a importancia da xeometría no plan de estudos coma acredita a famosa inscrición na entrada da academia de Platón “que ninguén que non saiba xeometría entre aquí”. Parece inevitábel pensar nalgunhas figuras coma Pitágoras, Euclides ou Arquímedes. Nembargantes, limitarnos só a estes nomes é limitar moito o noso horizonte. Neste artigo, a través de dúas figuras da matemática grega non tan míticas, adentrarémonos na súa rica cultura e historia, previo paso polos sistemas de numeración. NUMERACIÓN Os gregos tiñan dúas formas de numeración e as dúas datan do 800-500 a. C.. Por un lado, na matemática Ateniense, usábanse trazos para os número do 1 ao 4 e para números máis grandes úsaban a primeira letra do nome do número. Por exemplo, Pente (pente) é cinco é a letra Pdenotaba ao 5. Deka (deca) significaba dez, polo que Dusabase coma 10. Animamos ao lector a que investigue sobre o significado de H(hekaton), Q(khilias)e M(myrion/myriad). Coma na numeración romana, combinacións destas letras producían outros números, QHHPII = 1207 (unha pista!). Por outro lado, na matemática Xónica, usaban o propio alfabeto grego como se pode ver na figura 1, un enfoque que probalemente tomaron do método hierático exipcio. Números máis grandes eran representados empregando un subíndice esquerdo para denotar milleiros ou M cun superíndice para 10000. Por exemplo: 35288 = ,l,esph =M l,esph. Neste caso, o “,l” denota 30000 e “,e” 5000. Finalmente, colocaba unha barra sobre os números para distinguilos das palabras. MATEMÁTICAS PRE-EUCLIDEAS:TALES DE MILETO (624 A. C., 546 A. C.). Considerado un dos pioneiros das matemáticas, sobre a súa figura cóntanse historias sobre como conseguíu desviar Fig. 1: Alfabeto grego e numeración jónica. o río Halys (situado na actual Turquía) para que este fora cruzado polo exército de Creso ou, sobre como caeu nun pozo mentres estudaba as estrelas pola súa falta de atención ás cousas materiales. O seu resultado máis famoso, coñecido como o Primeiro Teorema de Tales, establece que se nun triángulo se traza unha línea paralela a calquera dos seus lados, obténse un triángulo semellante ao triángulo orixinal. Non tan coñecida foi a orixinal aplicación que o mismo Tales déulle ao resultado. Usando o método de comparación de sombras, o milesio percatouse de que podería medir as pirámides exipcias se medía a sombra destas no momento en que fora do tamaño do seu corpo. Fig. 2: Método das sombras. 4Número 5. Marzo de 2024 HISTORIA
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela MATEMÁTICAS POST-EUCLIDEAS.PAPPUS DE ALEXANDRÍA (C.290–C. 350). Adentrámonos xa no último dos matemáticos dos que imos falar neste artigo. Considerado un dos últimos grandes matemáticos da Antigüidade, os seus datos bibliográficos resultan moi escasos. A pesares disto e, grazas a Zeus, a súa obra principal Synagoge (Colección) foi conservada en bastante bó estado. Esta contén unha relación ordenada e sistemática dos resultados obtidos polos seus predecesores así coma notas explicativas sobre os mesmos en ata 8 libros (aínda que o primeiro deles perdéuse). Un dos resultados máis interesantes que podemos atribuírlle é o denominado Teorema do hexágono de Pappus, o cal, de maneira informal, resolve á cuestión de plantar 9 carballos de modo que formen 10 filas, cada unha formada por 3 árbores. Dito doutra forma, o teorema establece que se temos tres puntos A,B,Csituados en calquer lugar dunha recta e outros tres puntos a,b,cnoutra recta distinta, temos garantido que as interseccións X,Y,Zdos lados opostos dun hexágono cruzado A,a,B,b,C,cestén alineados. Este resultado supón un acontecemento importate na historia da xeometría pois, en palabras de Max Dehn: "aquí atopamos un resultado establecido desde a teoría ordinaria de medidas, pero liberado de todos os elementos de medida". A demostración da existencia da figura mediante o uso de incidencias de líneas e puntos é considerado por algúns como a primeira configuración da xeometría proxectiva. Poderiades pensar como exercicio se podemos quitar algunha condición, para se formen das 10 liñas. Debuxadas hai 9, logo falta unha, cal é? Fig. 3: Teorema do hexágono de Pappus. REFERENCIAS [1] Lectures on History of Mathematics (Spring ’23), Neil Donaldson, enlace: https://www.math.uci.edu/ ndonalds/math184/greece.pdf [2] A history of Greek mathematics, Thomas Heat, enlace: https://www.wilbourhall.org/pdfs/heath/HeathVolI.pdf HISTORIA Número 5. Marzo de 2024 5
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela Unha historia da distribución Normal Ignacio Garbayo Fernández Afunción descrita pola expresión f(x)= 1 p2pex2/2 é ben coñecida por todos. Presentada en primeira instancia por De Moivre, a superficie da campana é moi frecuentemente utilizada en toda clase de estudos estatísticos. Neste artigo, damos pequenas pinceladas sobre o seu descubrimen- to (ou invención). Para iso, basearémonos no contido de [1]. COMO CHEGAMOS Á EXPRESIÓN Unha das aproximacións clásicas ao estudo da Teoría da Probabilidade e a repetición independente dun experimento que pode tomar dos resultados: éxito ou fracaso. É coñecido que, se realizamos esta proba nveces sen afectarse unhas execucións con outras, e consideramos que a probabilidade de ocurrencia do éxito é p, aparece a función de masa de probabilidade da distribución Binomial, que representa a probabilidade de que se dean iéxitos nun total de nrepeticións: ✓n i◆pi(1p)ni. Un experimento que cumpre as condicións antes descritas é coñecido como experimento de Bernoulli, e a súa xeralización é o que resulta na distribución Binomial. A probabilidade pda fórmula anterior é doada de aproximar mediante a lei de Laplace, que establece que a probabilidade de ocurrencia dun suceso Xvén dada pola expresión # casos favorables a X # casos totales . Por exemplo, se traballamos cunha baralla de cartas e Xé «sae un 12», a probabilidade de que suceda Xserá 4/40 = 1/10, pois a baralla española conta con 4 reis (un por cada pau). ODESENVOLVEMENTO A suma da masa Binomial exposta na sección anterior presenta unha elevada complexidade de cálculo, ademais de crecer linearmente en termos coa cantidade dos datos. Para intentar atopar unha expresión que a aproxime, De Moivre comeza en 1721 a facer pequenos avances, probando 12 anos máis tarde as igualdades seguintes: ✓n n/2+d◆✓1 2◆n ⇡2 p2pne2d2/n,  |xn/2|d✓n x◆✓1 2◆n ⇡4 p2pZd/pn 0e2y2dy. Estes descubrimentos comezan a suxerir que a distribución das probabilidades dunha distribución Binomial (que recordemos, non é máis que varios experimentos de Bernoulli) de parámetros neppódese aproximar mediante unha curva exponencial. Este descubrimento de De Moivre resulta na coñecida aproximación da Binomial á Normal, estudada nas tres materias de Estatística do Grao, e que se pode enunciar como o seguinte. Proposición 1 Dada unha Binomial de parámetros n e p, as súas probabilidades acumuladas pódense aproximar por unha integral (a través dunha función de densidade) do seguinte xeito: i  k=0✓n k◆pk(1p)nk⇡j inp pnp(1p)!, onde: j(z)= 1 p2pZz • ex2/2dx é a función de densidade dunha distribución Normal Estándar (de media nula e varianza unidade). Este feito móstrase na seguinte Figura: Fig. 1: Unha aproximación da Binomial á Normal A integral anterior, que representa a fórmula para a función de densidade da distribución Normal pódese evaluar dunha forma sinxela mediante métodos numéricos e adoita ser recollida en táboas para un uso máis doado. UNNOVOUSO:A MODELIZACIÓN DE ERRORES A astronomía foi unha das primeiras ciencias nas que se comenzaron a rexistrar medicións de erros cometidos, pois a exactitude nos cálculos era para os practicantes desta displina moi relevante. Baseándose nestes problemas, Laplace propón en 1774 unha das primeiras curvas de erro. Denotando esta 6Número 5. Marzo de 2024 HISTORIA
Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela función por f, establece que debe ser simétrica e monótona decrecente para valores positivos da variable. Deu, ademais, outro argumento. Aparte das duas propiedades anteriores, non coñecemos nada de f(x)nin de f0(x). Polo tanto, seguindo a filosofía da navalla de Ockham, han de ser proporcionais. En concreto, el propon que «como non temos razón de supor unha diferente lei para as ordenadas que para as súas diferencias, disto se segue que, debemos, suxeitos ás regras da probabilidade, supor o cociente de dúas diferencias consecutivas infinitamente pequenas ser igual a aquelas das correspondentes ordenadas». Deste modo, temos: df(x+dx) df(x)=f(x+dx) f(x))df(x) dx =mf(x), onde m, un número real, é a constante de proporcionalidade que supoñemos. Deste xeito, resolvendo a ecuación diferencial, chegamos a que f(x)=m 2em|x|. Isto resulta na seguinte curva de erro: Fig. 2: Primeira curva do erro de Laplace Malia que posteriormente Laplace refinaría esta curva, o avance máis significativo e final tomouno Gauss. Baseado en que «pequenos erros son máis probables que grandes erros», «erros de magnitude eeeson equiprobables» e «na presenza de varias medidas dunha cantidade, a medida máis probable destas é a súa media», formulou a expresión seguinte: f(x)= h ppeh2x2, sendo h>0 a «precisión do proceso de medida». Esta expresión gaussiana reflicte un dos usos máis estendidos da curva «Normal», empregado este termo para denotar unha das máis frecuentes curva da natureza. REFERENCIAS [1] STAHL,S.The Evolution of the Normal Distribution. Universidad Santo Tomás. Comunicaciones en Estadística Diciembre 2008, Vol. 1, No. 1. HISTORIA Número 5. Marzo de 2024 7