Instrución II/2021 da xerencia de 27 de xaneiro de 2021 pola que se dispoñen medidas para a aplicación da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
Full text
1/5 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 Correo electrónico: xer[email protected] INSTRUCIÓN DA XERENCIA DE 27 DE XANEIRO DE 2021 POLA QUE SE DISPOÑEN MEDIDAS PARA A APLICACIÓN DA ORDE DO 26 DE XANEIRO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DO COVID-19 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. A Orde da Consellería de Sanidade do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, adopta un conxunto de medidas reforzadas para contribuír deste xeito a frear a expansión do coronavirus SARS-CoV-2, pasando ao nivel de restricións máximo todo o territorio e limitando a mobilidade xeral da poboación. Malia que as instalacións universitarias, coas medidas aplicadas ata o momento, permitiron que desde o inicio do estado de alarma se puidese desenvolver a docencia e o traballo de xeito seguro, a Universidade de Santiago de Compostela debe contribuír á limitación desa mobilidade neste período crítico tendo en conta que a comunidade universitaria está conformada por arredor de 30.000 persoas con presenza principal en dúas cidades. Entre as medidas adoptadas pola Orde disponse o inicio das clases do segundo semestre no nivel de educación universitario o 8 de febreiro e a súa impartición mediante docencia virtual, cando menos, ata o 17 de febreiro sen prexuízo do seguimento da evolución epidemiolóxica que determinará o período de vixencia. Por outra banda, actividades de extensión universitaria vense afectadas polas disposicións adoptadas polas autoridades sanitarias polo que cómpre establecer as medidas pertinentes para a súa adecuación. Esta instrución concreta os aspectos da Orde que afectan á Universidade de Santiago de Compostela. En calidade de Responsable COVID-19 e no uso das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a Resolución do 20 de xuño de 2018 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, DISPOÑO Primeira. Ámbito de aplicación Esta instrución será de aplicación a toda a comunidade universitaria. Segunda. Actividade docente do segundo semestre 1. A actividade docente nas ensinanzas oficiais correspondente ao segundo semestre comezará o luns 8 de febreiro en modalidade non presencial de acordo co previsto para o escenario 3 das Bases para unha docencia presencial segura durante o período de vixencia desta instrución. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6EB5-E16E-40A5-A161 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 1 / 6
2/5 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 Correo electrónico: xer[email protected] 2. A avaliación das materias do primeiro semestre (probas e revisión de cualificacións) manteranse nas datas e modalidades previstas. 3. A actividade docente de títulos e cursos non oficiais así como de actividades formativas do persoal, pasará á modalidade non presencial durante o tempo de vixencia desta instrución ou, de non ser posible, será reprogramada. 4. A defensa de teses de doutoramento, traballos fin de grao e fin de mestrado realizarase de xeito non presencial. Terceira. Actividades prácticas 1. A investigación relacionada con teses e con traballos fin de grao e fin de mestrado que precisen presencialidade en laboratorios ou disposición de fondos nas bibliotecas e no Arquivo Histórico manterase nos termos en que estaba prevista. 2. As prácticas externas, incluídas as que se desenvolvan en instalacións da Universidade, mantéñense nos termos previstos agás que os centros de destino pola súa actividade deban pechar. Cuarta. Organización do traballo 1. O persoal docente poderá acudir ao seu centro para a impartición de docencia mentres se manteña a modalidade de ensinanza non presencial. Sen prexuízo do anterior, recoméndase que se limite a mobilidade ao mínimo imprescindible, especialmente se o domicilio de residencia é fóra do municipio onde se atopa o centro de traballo. 2. O resto do persoal, sempre que a prestación do seu servizo non implique a presencialidade de xeito obrigatorio, poderá desenvolver o traballo de xeito non presencial de acordo coas seguintes disposicións: - O criterio para desempeñar o traballo de xeito non presencial atenderá á limitación da mobilidade, é dicir, especialmente aquel persoal que viva fóra do municipio do centro de traballo prestará servizo de xeito non presencial. - O persoal superior xerárquico organizará o traballo do persoal que preste servizos de xeito presencial e non presencial atendendo ao criterio de limitación da mobilidade, co obxecto de prestar o servizo de xeito adecuado, procurando a rotación do persoal e velando polo cumprimento das medidas contempladas na Guía de actuación fronte ao COVID para centros e persoal da USC. Nas unidades organizativas administrativas e de servizos a persoa responsable informará ao órgano do que dependa funcionalmente da situación na que se prestará o servizo durante o período de vixencia desta instrución. -O persoal superior xerárquico deberá establecer as tarefas a realizar de xeito non presencial e comprobar a súa correcta execución. - O persoal que non dispoña de medios para desempeñar o traballo a distancia ou que pola natureza das funcións que desempeña deba facelo de xeito presencial prestará o servizo no centro de traballo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6EB5-E16E-40A5-A161 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 2 / 6
3/5 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 Correo electrónico: xer[email protected] - Nas unidades organizativas administrativas e de servizos a persoa responsable determinará, se é preciso, quen se fará cargo da atención telefónica desviando as extensións que se determinen ao teléfono indicado para eses efectos, así como do correo electrónico da unidade co obxecto de non interromper a información interna e de persoas usuarias alleas á institución. - O persoal das diferentes unidades organizativas que pase a prestar servizo de xeito non presencial debe facilitar un teléfono de contacto ao superior xerárquico para poder comunicarse durante a xornada de traballo no horario habitual que ten asignado. - O persoal deberá observar no traballo non presencial as condicións en materia de prevención de riscos laborais, de protección e de confidencialidade dos datos. - Para a organización do traballo empregaranse as ferramentas corporativas virtuais dispoñibles. - O rexistro horario e da actividade docente realizarase nos mesmos termos nos que está vixente a través do enderezo habilitado para cada colectivo. Quinta. Reunións e uso dos espazos de traballo 1. Co fin de limitar a mobilidade todas as reunións de traballo serán telemáticas cando impliquen desprazamentos entre diferentes centros. 2. As reunións que sexan de persoal que preste servizos no mesmo edificio serán preferentemente telemáticas e, en todo caso, de ser presenciais observaranse as medidas relativas ao aforo dos espazos, ventilación, distancia de seguridade interpersoal e hixiene de mans e serán polo tempo imprescindible. 3. O consumo de bebidas e comida en espazos comúns limitarase ao imprescindible e deberá realizarse con estrita observancia das medidas dispostas na Guía de actuación fronte á COVID, especialmente no relativo ao uso da máscara facial. Sexta. Cafeterías e comedores universitarios 1. As cafeterías e comedores universitarios con acceso interior terán a consideración de establecemento de centro de traballo e abrirán de 12:30 a 17:00 horas. Prestarán servizo de restauración de xeito exclusivo para o persoal da Universidade e persoal de empresas alleas que preste o seu servizo na USC. O alumnado só poderá realizar recollida no local. 2. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes ou persoas traballadoras que formen un grupo de convivencia estable dentro do centro de traballo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6EB5-E16E-40A5-A161 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 3 / 6
4/5 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 Correo electrónico: xer[email protected] 3. Prohíbense os desprazamentos entre edificios para empregar os servizos de restauración mencionados, agás nos supostos de alumnado das residencias e colexios do Servizo Universitario de Residencias para a recollida no local. Sétima. Actividades deportivas Disponse o peche ao público das instalacións deportivas da USC agás o previsto para a actividade deportiva federada de nivel nacional. Oitava. Actividades culturais e museos Suspéndense todas as actividades culturais presenciais e pecharanse ao público os museos. Novena. Bibliotecas Disponse o peche das bibliotecas ao público limitando o seu funcionamento ao préstamo e á consulta de fondos para actividades de investigación e docencia. Disposición adicional primeira. Acreditacións para limitacións de mobilidade As acreditacións necesarias para xustificar as limitacións de mobilidade nocturna e entre concellos correspondentes a supostos debidamente xustificados de conformidade co establecido no DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, serán expedidas polas persoas Delegadas COVID de cada centro de acordo co modelo do Anexo I. Disposición final. Vixencia Esta instrución será de aplicación desde a súa publicación ata o 17 de febreiro de 2021. Santiago de Compostela, Javier Ferreira Fernández Xerente e Responsable COVID-19 da Universidade de Santiago de Compostela Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6EB5-E16E-40A5-A161 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 4 / 6
5/5 ANEXO I. MODELO DE ACREDITACIÓN ACREDITACIÓN DA NECESIDADE DE DESPRAZAMENTO PERSOAL POR MOTIVOS LABORAIS ACREDITACIÓN DE LA NECESIDAD DE DESPLAZAMIENTO PERSONAL POR MOTIVOS LABORALES <<Nome e apelidos>> Delegado/a COVID do/a <<centro>> da Universidade de Santiago de Compostela, á vista do DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, <<Nombre y apellidos>> Delegado/a COVID del/de la <<centro>> de la Universidad de Santiago de Compostela, a la vista del DECRETO 8/2021, de 26 de enero, por el que se adoptan medidas en el territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia para hacer frente a la crisis sanitaria, en la condición de autoridad competente delegada en el marco de lo dispuesto por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS- CoV-2, CERTIFICA: Que Don/a <<Nome e apelidos>> con DNI <<número>> presta servizos na Universidade de Santiago de Compostela no/a <<Centro de traballo>> en <<Santiago/Lugo/outros>>, co seguinte horario de traballo: de____ a _____ horas. Que Don/Doña <<Nombre y apellidos>> con DNI <<número>> presta servicios en la Universidad de Santiago de Compostela en el/la <<Centro de trabajo>> en <<Santiago/Lugo/otros>>, con el siguiente horario de trabajo: de ____ a _____ horas. Expido a presente credencial para os efectos da súa posible acreditación ante as autoridades competentes. Expido la presente credencial para los efectos de su posible acreditación ante las autoridades competentes. Santiago de Compostela, <<data>> <<Sinatura>> <<Nome e apelidos>> Delegado/a COVID de <<centro>> Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6EB5-E16E-40A5-A161 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 5 / 6
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27/01/2021 09:59:21. CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6EB5-E16E-40A5-A161 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6EB5-E16E-40A5-A161 6 / 6