scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica

Doval Adán, Antonio

Abstract

Asumindo o interese mostrado pola Asociación Cultural Vive Avión por coñecer o impacto que no pasado tiveron determinadas actividades agrarias desenvolvidas no noso municipio, pareceume oportuno realizar un estudo que poña de manifesto a importancia do cultivo da vide no concello de Avión durante o seu pasado recente, afondando así un pouco máis no coñecemento da súa propia historia económica e social. Coñecer a magnitude e alcance da súa produción, e identificar e localizar as terras e localidades máis significativas que durante anos se dedicaron a este cultivo, constitúen os obxectivos prioritarios desta investigación, que debe servir de base para a posta en marcha de actuacións futuras, dirixidas a impulsar e promover o desenvolvemento local e endóxeno desta zona pouco coñecida da comarca do Ribeiro. O traballo aparece estruturado en catro apartados fundamentais: no primeiro analízase a produción de viño en Avión durante os séculos XVIII e XIX, no segundo abórdanse as paisaxes culturais xeradas polo cultivo da vide durante o período comprendido entre 1944 e 1960, no terceiro faise unha valoración da situación na que se encontran os viñedos en Avión a principios do século XXI, e finalmente o cuarto apartado está dedicado a estudar os restos arqueolóxicos derivados da produción vitivinícola desenvolvida en Avión. A investigación realizada pon de manifesto que o viñedo no concello de Avión estivo moi presente ao longo da súa historia agraria recente durante case 300 anos, a lo menos no 44% das súas parroquias. Neste sentido, xogaron un papel moi activo as adegas que operaban nas localidades de Beresmo, Amiudal e Mourelle, que conxuntamente chegaron a contar, no ano 1944, cunha superficie gráfica cultivada que chegou a superar as 112,51 hectáreas dedicadas ao coidado e explotación da vide, o que supón unha produción anual considerable de case 2.445 hectolitros de viño, para un rendemento medio baixo estimado de 21,77 hectolitros por hectárea

Full text

1 O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica Antonio Doval Adán Departamento de Xeografía Universidade de Santiago de Compostela Decembro de 2022 2 ÍNDICE Pax. 1. Introdución………….………………………………………………….……..……….3 2. A produción de viño en Avión durante os séculos XVIII e XIX………………….5 3. As paisaxes culturais da vide en Avión entre 1944 e 1960…………………....11 4. Situación dos viñedos en Avión a principios do século XXI……….……..…....15 5. Os restos arqueolóxicos da produción vitivinícola en Avión………….…….….21 6. Conclusións………………………….………………………………….…………..26 7. Bibliografía e documentación……………………..………………….……………28 8. Agradecementos e dedicatoria………………….……………………..………….30 3 O CULTIVO DA VIDE NO RIBEIRO DE AVIÓN: UNHA APROXIMACIÓN HISTÓRICA E XEOGRÁFICA Antonio Doval Adán Departamento de Xeografía Universidade de Santiago de Compostela 1. Introdución O concello de Avión, que forma parte da comarca ourensá do Ribeiro, é hoxe un territorio deprimido, afectado por unha profunda crise demográfica e socioeconómica de gran envergadura, consecuencia directa da masiva emigración de moitos dos seus habitantes a América Latina (México, Brasil e Venezuela fundamentalmente) e a varios países europeos. Entre 1850 e 2022 perdeu 4.006 habitantes, case o 70% da súa poboación. Os datos do Instituto Nacional de Estadística confirman esta situación, ao comprobar que das 1.738 persoas que figuran na actualidade no censo deste municipio, o 57% son maiores de 60 anos, e a renda per cápita por habitante e ano non supera os 7.566 euros, converténdose actualmente no concello galego con menores ingresos de toda Galicia (INE, 2022a). Este panorama social devastador, trouxo consigo o abandono sistemático da práctica totalidade das terras cultivadas e produtivas, e a súa progresiva transformación en matogueiras intransitables e zonas madeireiras de difícil acceso e pouco aproveitamento, proceso que se acelerou especialmente dende 1950 ata a actualidade. Deste xeito, hoxe en día a maioría dos seus habitantes viven fundamentalmente das pensións de xubilación e de viuvez, así como do traballo por conta propia no sector da construción, que se complementa con algúns que traballan na gandería, a silvicultura e, sobre todo, cos que traballan no sector dos servizos (comercio, turismo e outras actividades asociadas) que supoñen o maior número de afiliados á Seguridade Social (75%) (IGE, 2022). Fig.1 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000 1850 1900 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1990 1995 2000 2010 2021 Número de habitantes Evolución da poboación de Avión entre 1850 e 2021 Fonte: Madoz, P. (1845-1850); Risco, V. (1930), INE (2022b) e elaboración propia. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 4 Porén, no pasado o concello de Avión tivo épocas de maior esplendor e dinamismo económico. Así, en 1850 a súa poboación alcanzou os 5.747 habitantes, desenvolvendo un sistema produtivo marcadamente agrícola e gandeiro que tivo a súa expresión máis evidente na construción de 50 campos de hórreos ou canastros, máis de 14 muíños hidráulicos e 18 fornos tradicionais que aínda se poden ver na actualidade no termo municipal, constituíndo por si mesmo unha riqueza do catálogo do patrimonio arquitectónico local (Requejo Conde e Pérez, 2007). A todo isto hai que engadir a existencia dunha antiga fábrica de curtidos de pel en Valderías, hoxe convertida en casa de turismo rural, e un serradoiro de madeira en Canceliños que permaneceu operativo ata principios de 1970. O desenvolvemento da arquitectura civil e relixiosa tivo o seu máximo exponente na construción de 8 pontes articuladas con arcos de pedra en seco, algunhas delas de orixe medieval, así como na construción de 9 igrexas parroquiais, 7 capelas e 5 casas reitorais, moitas delas erixidas por subscrición popular. Do mesmo xeito, son tamén moi significativas as numerosas obras públicas realizadas, aparentemente de menor importancia pero de gran trascendencia e importancia colectiva para manter vivo o sistema produtivo, como foi a rede de levadas e canles de conducción de auga para rego, consumo doméstico e explotación dos numerosos muíños instalados nos principais cursos fluviais. Neste senso destaca o acueduto que existe no río folos (en Barroso). Neste contexto, e asumindo tamén o interese mostrado pola Asociación Cultural Vive Avión por coñecer o impacto que no pasado tiveron determinadas actividades agrarias desenvolvidas no noso municipio, pareceume oportuno realizar un estudo que poña de manifesto a importancia do cultivo da vide no concello de Avión durante o seu pasado recente, afondando así un pouco máis no coñecemento da súa propia historia económica e social. Coñecer a magnitude e alcance da súa produción, e identificar e localizar as terras e localidades máis significativas que durante anos se dedicaron a este cultivo, constitúen os obxectivos prioritarios desta investigación, que debe servir de base para a posta en marcha de actuacións futuras, dirixidas a impulsar e promover o desenvolvemento local e endóxeno desta zona pouco coñecida da comarca do Ribeiro. Para levalo a cabo baseeime fundamentalmente na documentación que figura no Catastro de Ensenada, nos diccionarios xeográficos históricos de Pascual Madoz e Tomás López, así como noutros estudos e investigacións publicados que aparecen debidamente referenciados na bibliografía deste traballo. Ademais, acudín á consulta de diferentes edicións do Mapa Topográfico Nacional, coas súas minutas e planimetrías antigas, facilitadas polo Centro Nacional de Información Geográfica do Instituto Geográfico Nacional (IGN). O acceso á cartografía histórica, ao Mapa de Cultivos y Usos de España, a través do Sistema de Información Geográfica de Datos Agrarios (SIGA), así como á fotografía aérea dispoñible para o voo americano de 1956-1957 e para os posteriores, realizados por diferentes organismos do Estado e con acceso gratuíto na fototeca dixital do IGN, foron fundamentais para rastrexar o territorio O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 5 local e acadar os obxectivos inicialmente propostos. Todo isto acompañouse dun traballo de campo, visitando in situ lugares e zonas xeográficas onde existía actividade vitivinícola, co fin de recoller datos inéditos e información oral específica dos propios veciños. 2. A produción de viño en Avión durante os séculos XVIII e XIX Entre as primeiras referencias documentais fidedignas das que temos constancia da existencia de viñedos, na antiga xurisdición municipal do concello de Avión, atopámola no coñecido Catastro de Ensenada, que ao longo do ano 1752 recolleu información directa dos seus vecinos a través dun completo interrogatorio, que se levou a cabo na Torre de Zendones, na antiga cárcere, edificación de orixe medieval xa rehabilitada que está situada no actual lugar de Cendóns (na parroquia de San Xusto de Avión). O mencionado interrogatorio está constituído por corenta preguntas, entre as que destacan as relativas á especie, cantidade e valor dos froitos que se producían no seu territorio, así como aos décimos, impostos e primicias que debían asumir os veciños. Tamén se recolle información destacable sobre as actividades industriais e comerciais que se desenvolvían nese momento. Esta importante e transcendental fonte documental foi analizada en profundidade na investigación titulada "El concejo de Avión en el siglo XVIII", realizada por Rodrigo Pousa Diéguez, na que se recolle a situación socioeconómica que presentaba Avión a mediados do século XVIII (Pousa Diéguez, R., 2019, páx. 224). O citado autor sinala na súa obra, e con moita precisión, que as freguesías de Avión non presentaban o mesmo perfil económico, xa que en xeral hai dúas zonas xeográficas ben diferenciadas. Por unha banda están as parroquias situadas máis cara o centro e sur e en altitudes máis baixas (que oscilan entre os 280-400 metros sobre o nivel do mar) que gozan de abundantes terras de val, nas que se mesturaban a produción de viño e cereal coa recolección de castañas, mentres que por outra man atopamos as parroquias máis montañosas e frías, situadas nas ladeiras da Serra do Suido e do Monte Faro, onde se practicaba exclusivamente o cultivo de cereais e a gandería. Fig. 2 Décimos en viño asignados ás parroquias vitivinícolas de Avión no ano 1752 Parroquias Décimos cobrados en viño Hectolitros Valor en Reais Abelenda 17,51 456 Amiudal 23,35 608 Córcores 10,21 266 Avión (San Xusto) 64,20 1.672 Total 115,27 3.002 Fonte: Pousa Diéguez, R., 2019, pp. 225 e 226 e elaboración propia. A explotación da información reflectida nos documentos e cuestionarios que se recollen no citado catastro, ofrécenos datos moi concretos e significativos sobre a magnitude e volume de produción de viño nas terras de Avión. Así, a partir das cifras e estatísticas dos décimos recollidos en viño, que Pousa Diéguez recolle nas súas investigacións, podemos afirmar que a produción de viño no concello de Avión era próxima aos 1.153 hectolitros anuais a mediados O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 6 do século XVIII, cunha estimación dun valor económico no mercado dese momento que ascendía a 30.009 reais anuais, o que representaba arredor do 13% do valor da produción agraria total rexistrada no municipio. Este cálculo é o resultado de aplicar os prezos fixados nas respostas dadas á pregunta catorce do interrogatorio do Catastro de Ensenada, segundo a cal o moio de viño estaba valorado en 38 reais (Pousa Diéguez, R., 2019, p. 226). Lembremos a este respecto que un moio de viño no concello de Avión e nos lindeiros de Boborás, Carballeda de Avia e Irixo, equivale a 8 olas, é dicir, practicamente a 146 litros (López-Vizcaino Rubio, Mª .P., 2008, páx. 27). Do mesmo xeito, a partir dos rendementos declarados por hectárea e dos impostos recadados, tamén podemos concluír que a superficie dedicada ao cultivo da vide nas catro parroquias vitícolas sinaladas nas táboas alcanzou case 53 hectáreas, cun rendemento medio estimado de 21,77 hectolitros por hectárea, sinalando que a calidade e a cantidade do viño producido é maior nas parroquias de San Xusto de Avión e Amiudal, con niveis de produtividade moi superiores aos comunicados polo resto de localidades produtoras. Isto débese a unha mellor natureza e calidades do solo, á súa orientación xeográfica e escasa altitude, a un maior número de horas de sol cun clima máis suave ao longo do ano, favorecido en gran medida pola abundancia de vales encaixados, con abundantes socalcos e valados, que proporcionan condicións moi favorables para o cultivo da vide nestas dúas parroquias. Sobre todo nos lugares de Beresmo, Parada, Pascais e Fontao, que identificaremos nun mapa de 1789 que comentaremos a continuación. Fig. 3 Rendementos declarados e establecidos en 1752 para os viñedos localizados no antigo concello de Avión, segundo as súas diferentes calidades. Parroquia Rendementos segundo a calidade dos viños (en hectolitros por hectárea) Primeira calidade Segunda calidade Terceira calidade Abelenda 20,19 13,04 5,72 Amiudal 20,19 14,47 10,17 Córcores 20,19 13,04 5,72 Avión 23,21 14,47 8,74 Fonte: Pousa Diéguez, R., 2019, p. 225 e elaboración propia. Fig.4 Estimación da produción e da superficie dedicada ao cultivo da vide nas parroquias de Avión a mediados do século XVIII (ano 1752) Parroquia Hectolitros Hectáreas Hectolitros/hectárea Abelenda 175,10 8,67 20,19 Amiudal 233,50 11,56 20,19 Córcores 102,10 5,05 20,19 Avión (San Xusto) 642,10 27,66 23,21 Total 1.152,80 52,94 21,77 Fonte: Pousa Diéguez, R., 2019, pp. 225 e 226 e elaboración propia En efecto, outra importante fonte de información histórica sobre os viñedos de Avión atópase nun mapa da antiga xurisdición de Avión, correspondente ao ano 1789, que figura na páxina 291 do volume centrado en O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 7 Ourense e Pontevedra, do Diccionario Xeográfico de España, obra manuscrita de Tomás López, e cuxa data de publicación se descoñece (entre 1701 e 1800). Trátase dun mapa básico, xa ben comentado e divulgado pola Asociación Cultural Vive Avión (2022a) nun breve artigo colgado na súa propia páxina web, que conta cunha cartografía elemental pero moi clarificadora. Neste mapa, elaborado por Rosendo Amoedo, que foi xuíz nas antigas xurisdicións de Roucos e Avión, segundo unha recente investigación de (González Pérez, 2017) que menciona dita Asociación no seu artigo, distínguense con bastante claridade cinco zonas xeográficas, no que aparece a simboloxía e a lenda da época asignada ao cultivo da vide (ver fig. 5). En concreto, os viñedos representados no mapa aparecen situados en terras baixas, en ladeiras e socalcos próximos aos núcleos de poboación de Beresmo, Amiudal, Abelenda, Pascais e Fontao (Mourelle, localidade pertencente á parroquia de Amiudal). Fig.5 En case todos estes asentamentos e núcleos de poboación que acabo de mencionar, aínda se poden atopar ruínas e mesmo casas tradicionais coas súas antigas adegas, así como, nalgúns casos, restos de lagares cos seus accesorios mecánicos (pensos e outros artefactos). Viña s Viña s Viñas Viñas Viñas Localización de viñedos nun mapa de 1789, correspondente á xurisdición de Avión Fonte : López, T., 1701-1800, p. 291. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 8 Para rematar este apartado, aínda queda por comentar catro referencias históricas que amosan e documentan a produción de viño e o cultivo da vide no concello de Avión. O primeiro deles atópase no Diccionario Xeográfico elaborado por Pascual Madoz entre (1845-1850), que tamén foi citado e estudado pola xa mencionada Asociación Cultural Vive Avión (2022b). Na entrada correspondente a Abión e Abelenda de Abión recóllese expresamente que esta zona produce viño e que "goza de terrenos llanos, fértiles y de buen viñedo", como se pode ver na imaxe que se acompaña (fig. 6). Fig. 6 Do mesmo xeito, e apoiándome na recompilación documental difundida con anterioridade a este traballo pola Asociación Vive Avión (2022c), paréceme oportuno recuperar o conciso comentario que fixo Cesáreo Rivera na súa coñecida Guía de Galicia, cando se refire á freguesía de Amiudal, sinalando que “al observar tanto terreno en producción, se comprende que el país es rico y pingüe. Pero al penetrar en una de las sencillas viviendas de los montañeses, aun en la del mejor cosechero, se advierte penosamente en la sombra miseria que denota toda la estancia”. Engade despois que a causa de tanta miseria debeuse en gran parte ao abuso dos impostos por parte do Estado, que ao final de cada anualidade levaba o 50% de todas as ganancias dos fregueses máis humildes, poñendo como exemplo representativo o caso da parroquia de Amiudal que “producía al año, si la cosecha es buena, unos cien mil reales. Pues bien, la contribución territorial asciende a la suma de 32.000 reales, a 9.000 la de consumos, y con el impuesto de la sal y las cédulas personales llega a 50.000 reales el importe de las cargas.” (Rivera, C., 1883 e Asociación Cultural Vive Avión, 2022c). Continuando con este breve percorrido histórico en busca de referencias significativas sobre o viño en Avión, cabe engadir tamén o parágrafo do ourensán Vicente Risco, que no tomo XI (dedicado a provincia de Ourense) Sección dedicada a Avión no Diccionario Xeográfico de Pascual Madoz en 1850 Fonte : Madoz, P. (1845 - 1850) e Asociación Cultural Vive Avión (2022b). O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 9 da voluminosa obra sobre a Xeografía Xeral do Reino de Galicia, tamén confirma que cara o ano 1930 (cando escribiu o volume de Ourense) Avión “produce bastante vino bueno, maíz, centeno, etc. Hay arbolado que da leña y madera y buenos pastos, cuenta con muchos molinos y más ganado que en la parte baja del Ribeiro” (Risco, V., 1930, p. 665). Fig. 7 Fonte: Bohueir, A., 2001, pax. 581. Finalmente, para rematar este apartado, paréceme oportuno comentar dous mapas temáticos elaborados polo xeográfo francés Abel Bouhier (2001), nos que se sintetiza a localización xeográfica e relevancia histórica dos viñedos existentes en Galicia por concellos, ofrecéndonos unha visión xeral da evolución das formas de utilización do solo a escala rexional durante un século (entre 1752-1850). Estes dous mapas, que nos presentan unha radiografía muy xenérica do territorio galego que contaba con viñas activas en 1752 e a Localización do cultivo da v ide en Galicia en 1752, segundo o Catastro de Ensenada As parroquias aparecen reagrupadas no marco dos municipios actuais. Con relación ó número total de parroquias de cada concello, a porcentaxe das parroquias que posuían viñas era: 1. De 100%, 2. De 75- 99%, 3. De 50 - 75%, 4. De 25 - 75%, 5. De 1 - 25%, 6. Nula. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 16 Galicia publicou un estudio redactado por varios especialistas do sector enolóxico no que se recolle un mapa vitivinícola de Galicia elaborado con datos do ano 2015 do Rexistro Vitícola de Galicia, no que aparece clasificado o concello de Avión como municipio con viñedos activos en produción sin indicación xeográfica (Vilanova De La Torre, 2017, pax. 14/15), tal e como se pode comprobar no mapa da Fig. 12. Fig. 12 Fonte: Vilanova De La Torre, 2017, pax. 14/15. Como xa se mencionou no apartado anterior, dende 1950 a poboación de feito e de dereito rexistrada no concello foi diminuíndo rapidamente cada ano, ata que se perderon un total de 3.712 persoas no período comprendido entre Mapa vitivinícola de Galicia a principios do ano 2015 Denominacións de Orixe Protexida (DOP) Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Resto (sen indicación xeográfica) O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 17 1950 e 2021. Isto supón unha perda superior ao 68% do potencial demográfico que posuía o concello a mediados do século XX. A isto súmase o cambio de modelo económico, o dramático envellecemento da súa poboación, a falta de recursos humanos e de xente nova, e a imposibilidade de garantir a substitución xeracional nas actuais circunstancias demográficas, posto que nos atopamos cunha poboación tremendamente avellentada e dependente, que hoxe vive case exclusivamente das pensións de xubilación. En efecto, do total de residentes empadroados no municipio (1.738 persoas) a finais de 2021, só 287 afiliados estaban dados de alta na Seguridade Social (é dicir, un 16%) mentres que o volume de pensionistas con pensións contributivas da Seguridade Social ascendía a 774 no mes de outubro de 2022, cunha renda media de cada pensión que non superaba os 580 euros mensuais (Seguridad Social, 2022). A esta cifra hai que sumar os 67 beneficiarios das pensións non contributivas da Seguridade Social que había a finais de 2021 (IGE, 2022). Deste xeito, hai un total de 841 beneficiarios de pensións no concello de Avión (sen incluír as pensións e axudas xestionadas directamente pola Xunta de Galicia). Isto explica o baixo nivel de renda per cápita que presenta hoxe o concello de Avión, o máis pobre de Galicia segundo este indicador socioeconómico de referencia, así como o abandono sistemático da produción de viño e do cultivo da terra en xeral. Xa non só se deixaron de coidar as vellas viñas e de plantar novas cepas (Figs. 14 e 15) senón que tamén desapareceron o millo, o trigo, o centeo e mesmo as patacas e outros produtos básicos da horta tradicional galega. Fig. 13 Viñedo en proceso de abandono na Carrasqueira (Beresmo) en outubro de 2022 Fonte: Elaboración propia, 2022. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 18 Fig. 14 O traballo de campo realizado, unido á consulta da información catastral dixitalizada, actualmente dispoñible, axudoume tamén a localizar algúns terreos abandonados, que antigamente se dedicaban ao cultivo da vide nas parroquias de Avión e Amiudal, e sobre todo nas aldeas de Beresmo e Mourelle. Dous enclaves xeográficos e estratéxicos moi importantes na produción histórica de viño neste concello da comarca do Ribeiro. Como se aprecia na Fig. 15, a superficie gráfica das terras abandonadas dedicadas durante o século XX ao cultivo da vide, só nas zonas investigadas de Beresmo, Amiudal e Mourelle (esta última está hoxe totalmente deshabitada) superou as 38,85 hectáreas (só nos polígonos e sitios que tiven a ocasión de comprobar, relacionados na táboa anterior). Todos os lugares analizados que aparecen na Fig. 15 reúnen Antigas viñas cubertas hoxe de maleza na Cubela e Vilariño (Beresmo) Fonte: elaboración propia, 2022. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 19 excelentes condicións edafolóxicas e climáticas para a produción de uva. Son solos normalmente de reacción ácida, con pouca materia orgánica, pero con abundancia de granito e xisto descomposto, que orixinan os coñecidos terreos de sábrego, moi característicos nas zonas de ladeira e con socalcos de Beresmo, Amiudal e Mourelle. Ademais, a altitude media é baixa nas zonas máis intensivas e de val destes lugares, sobre todo se a comparamos coa media rexistrada nalgunhas parroquias limítrofes doutros concellos incluídos na denominación de orixe do Ribeiro. Isto ocorre nos lugares investigados de Parada, Viña Vella, Viña Nova, Viña Grande, Sobreira, Carrasqueira e Mourelle, onde as curvas de nivel oscilan entre os 320 e os 400 metros sobre o nivel do mar, moi por debaixo dos 420 metros de altitude que se alcanzan na parroquia cercana de Albarellos (Boborás) ou en boa parte das localidades máis altas e montañosas dos concellos limítrofes de Carballeda de Avia e Leiro, que teñen todo o seu territorio integrado na Denominación de Orixe Ribeiro. Fig. 15 Localización dalgunhas terras abandonadas, dedicadas no pasado recente do século XX ao cultivo da vide, nas localidades de Beresmo, Amiudal e Mourelle Lugar/sitio Pueblo/aldea Polígono catastral Hectáreas Carrasqueira Beresmo 29 1,06 Cubela Beresmo 29 0,84 Fonte Cernadas Beresmo 29 1,29 Mourelle Fontao (Amiudal) 16 12,96 Parada Beresmo 22 1,12 Pedreiras Amiudal 18 2,27 Rego da fraga Amiudal 18 1,64 Sobreira Beresmo 30 2,70 Sobreira de Riba Beresmo 30 2,14 Teutelan Beresmo 30 2,33 Vilariño e Tras da eira Beresmo 23 3,13 Viña Grande Beresmo 30 3,65 Viña Nova Beresmo 23 1,81 Viña Vella Beresmo 24 1,91 Total superficie gráfica (hectáreas) 38,85 Fonte: Dirección General del Catastro, 2022 e elaboración propia. Chegados a este punto sabemos que en xaneiro de 1959 o Ministerio de Agricultura procedeu a delimitar as zonas de produción de viños de Orixe Ribeiro, tomando como base legal o Estatuto do Viño aprobado en 1932 e o artigo 30 da Lei do 26 de maio de 1933. Así, a zona actualmente protexida pola Denominación de Orixe Ribeiro comprende os concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e O Barón, no concello do Carballiño; as parroquias de Pazos de Arenteiro, Albarellos, Laxas, Cameixa e Moldes no O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 20 concello de Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes no concello de Ourense. Do concello de Toén forman parte as localidades de Puga, A Eirexa de Puga, O Olivar, Feá, Celeirón e a parroquia de Alongos. Finalmente, o lugar da Touza, no concello de San Amaro, tamén está protexido pola Denominación de Orixe Ribeiro (Xunta de Galicia, 2022a). Non obstante, resulta sorprendente que determinados lugares e parroquias do concello de Avión, como son as parroquias de San Xusto de Avión, Abelenda, Amiudal e Córcores, non fosen incorporadas no seu momento á Denominación de Orixe Ribeiro, máxime tendo en conta, tal e como quedou demostrado nas distintas fases deste traballo, que tiveron unha importante tradición no cultivo da vide ao longo da súa historia recente. Ademais de acreditar unhas excelentes condicións agronómicas para o seu desenvolvemento e explotación, conta cun clima axeitado, sobre todo nas zonas de val e de baixa altitude onde se sitúan estas parroquias, co que se ve favorecido pola barreira montañosa e protectora que exercen conxuntamente O Monte Faro e A Serra do Suido. A todo isto cómpre engadir as aptitudes edafolóxicas adecuadas que presentan a maioría dos solos destas catro parroquias da comarca do Ribeiro. En 1953 comeza a funcionar en Leiro a Cooperativa do Ribeiro do Avia (primeira cooperativa vitivinícola de Galicia) e en 1967 inaugúrase a Cooperativa de Nuestra Señora del Portal de Ribadavia, que conduciría en 1968 á fusión de ambas, creando así unha nova entidade empresarial que, segundo o historiador Luis Gulín, chegou a agrupar no seu primeiro ano de funcionamento a uns "1.500 cosecheros (el 60 por ciento de la comarca)" (Gulín Iglesias, L., 2021). Isto significa que o 40% dos provedores de uva procedían doutros concellos e zonas da provincia de Ourense, tendo constancia, mediante diversos testemuños orais, de que algúns viticultores das parroquias máis produtivas de Avión, Beariz e mesmo Melón, chegaron a vender parte da súa produción a estas cooperativas, especialmente á de Leiro, que permaneceu operativa ata 1968. Como consecuencia de todo o que se acaba de describir ao longo deste apartado, e a modo de resumo, compre resaltar que na actualidade o cultivo da víde no concello de Avión é meramente residual, si ben aínda hoxe son visibles numerosas parras ou algunha que outra viña en parcelas moi pequeñas e dispersas de determinados lugares de Cendóns, San Xusto, Beresmo, Amiudal, Abelenda, Córcores, Liñares, Pascais, Valderías e incluso na propia parroquia de Barroso (sobre todo no asentamento de Vilar) orientadas exclusivamente ao autoconsumo familiar (Fig. 16). As abundantes terras que durante a primeira metade do seculo XX estaban ocupadas por viñedos no concello de Avión, e que formaban fermosas paisaxes culturais similares ás das zonas máis emblemáticas do Ribeiro, están hoxe completamente abandonadas e convertidas en matogueiras ou cubertas de carballos, piñeiros e eucaliptos. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 21 Fig. 16 Parra activa en Sobreira de Arriba (Beresmo). Fonte: Elaboración propia, 2022 . Vide de treixadura duns 300 anos de idade estimada, emparrada en Vilar (Barroso) e cortada no ano 2011. Fonte: Centro Socio-Cultural de Vilar, 2022. Viña actualmente en produción na localidade de San Xusto de Avión Fonte: Asociación Cultural Vive Avión, 2022. Parra actualmente produtiva na localidade de Vilar (parroquia de Barroso) Fonte: Elaboración propia, 2022. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 22 5. Os restos arqueolóxicos da producción vitivinícola en Avión Como acabamos de comprobar, co paso do tempo as grandes viñas e as terras cultivadas foron desaparecendo progresivamente da paisaxe agraria do noso concello, quedando como testemuña e recordo numerosos restos arqueolóxicos relacionados coa produción vitícola. O traballo de campo levado a cabo previamente pola Asociación Cultural Vive Avión na procura de información fotográfica, documentando a localización xeográfica dalgunhas reliquias encontradas, sirvíronme de base para encarrilar este apartado. Na actualidade temos constancia de que a actividade vitivinícola foi moi significativa durante case 300 anos no 44% das parroquias do concello, onde se poden contemplar ruínas de antigas adegas, así como diversos compoñentes ou partes soltas dos lagares que estiveron funcionando no concello, sobre todo durante os séculos XVIII e XIX. Fig. 17 Fonte: Asociación Cultural Vive Avión, 2022. Ruínas de antigas adegas de viño e socalcos no lugar de Pedreiras (Amiudal) O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 23 En canto as bodegas, son dignas de mencionar as ruínas de 14 adegas, con numerosas pezas soltas de antigos lagares, que se atopan no polígono catastral número 18, nos lugares coñecidos cos nomes de Pedreiras, Rego da Fraga e A Costa (todos na parroquia de Amiudal), prácticamente na confluencia dos ríos Couso e Avia, e mesmo á beira da estrada que vai a Pascais (Fig. 17). Neste espazo concreto, é perfectamente viable a recuperación e limpeza dun camiño antigo que atravesa o mencionado polígono, discurrindo entre fermosos carballos e socalcos, permitindo así ver de cerca e in situ este emblemático paisaxe cultural de Avión, modelado coas mans dos nosos antepasados, caracterizado por antigos valados de pedra e ruínas de adegas de viño construídas previsiblemente entre os séculos XVIII e XIX, hoxe cubertas de diversas especies leñosas. Restos de numerosas adegas tamén se poden visualizar na localidade de Fontao e en Mourelle, onde se chagaron a contabilizar ata 52 bodegas no ano 1957. Hoxe a vexetación cubre por completo estas construcións tradicionais propias da arquitectura popular galega, así como os socalcos que se extenden por estas terras que tamén pertencen á parroquia de Amiudal. De igual modo, no núcleo rural tradicional de Beresmo, así como noutras aldeas do concello, inda se conservan algunhas bodegas individualizadas, mentres que outras están integradas nos baixos da vivenda habitual dos seus respectivos propietarios, si ben, en todos os casos examinados, as adegas xa non están operativas nin rexistran actividade produtiva. Tan só conservan os aparellos utilizados con máis frecuencia no proceso de elaboración do viño (prensa vertical, embudo para pisar as uvas, barcal (recipiente de madeira) pipas e cubas tradicionais de madeira de carballo cos seus respectivos aros metálicos, etc.) (véxase a Fig. 18). Fig. 18 Conxunto etnográfico recuperado formado por embudo, pipas e cubas de viño, de 5 e 12 moios de capacide, dunha antiga bodega de Beresmo propiedade de Marina Adán Cortés e Antonio Doval, onde se recollían anualmente algo máis de 1.800 quilos de uva durante o período 1968-1988. Unha boa parte da produción vendíase. Fonte : Asociación Cultural Vive Avión, 2022. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 24 Con respecto ós lagares subliñar que tamén se encontraron abundantes restos de pezas illadas nos núcleos urbanos tradicionais de Beresmo, Amiudal, San Vicenzo e Mourelle. No caso de Beresmo identificáronse varias partes soltas que foron reutilizadas na construcción, incorporándose nos muros e nas paredes das casas que se edificaron a finais do século XIX e principios do XX, onde hoxe son perfectamente visibles ao camiñar polas rúas desa aldea (Fig. 20 e Fig. 21). De igual xeito, existen restos dun lagar de grandes dimensións en San Vicenzo (Avión), no que se distingue con claridade un oco nas pedras da parede formando a virxe (peza furada onde entraba o eixe que suxeitaba a viga do lagar) que servía de enganche para a rabeira, así como as pedras verticais e horizontais de granito que formaban o pilón (véxase a Fig. 19). Fig. 19 Fonte: Caamaño Suárez, M., 2003, pax. 274. Restos dun antigo lagar de gran dimensión en San Vicenzo de Avión. Fonte: Asociación Cultural Vive Avión, 2022 Convén lembrar que o lagar era un sistema tradicional utilizado antigamente no Ribeiro e noutras partes de Galicia para prensar a uva e o bagazo asociado á mesma (Caamaño Suárez, M., 2003, pax. 274). A finais do século XIX comenzou a súa decadencia coa introdución das modernas e populares prensas verticais, moito máis pequeñas, funcionais e móbiles, o que proporcionaba unha maior autonomía ós propios bodegueiros. Esto explica o abandono sistemático dos antigos lagares fixos, moitos deles eran comunais ou estaban rexentados por familias podentes ou incluso polo clero local. Desta maneira, os antigos lagares dos séculos XVIII e XIX, que operaban nas parroquias vitícolas de Avión, foron progresivamente abandonados e desmantelados na súa meirande parte a finais do século XIX, aproveitándose as súas pezas e pedras para a construcción de novas vivendas e servizos domésticos auxiliares e complementarios, que se levaron acabo a principios do século XX, tal e como se pode apreciar nas fotografías que se adxuntan. O cultivo da vide no Ribeiro de Avión: unha aproximación histórica e xeográfica. Antonio Doval Adán 25 Fig. 20 Pezas furadas (virxes), onde se enganchaba a rabeira dun lagar, reutilizadas na construcción dunha parede (foto superior) e dunha porta (foto da dereita) localizados na Murada, no núcleo rural tradicional de Beresmo. Penso (parte inferior dereita) e peza furada (virxe) onde se enganchaba a rabeira dun lagar (parte superior esquerda) reutilizados na construcción de muros e paredes en Beresmo. Fonte : Asociación Cultural Vive Avión, 2022. Pezas soltas de lagares en Beresmo, reutilizadas na construción de casas paredes