scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Gamoneda a favor de Mercurio (Correspondencia gozosa)

Rodríguez Fer, Claudio

Full text

38 | EVOHÉ Gamoneda a favor de Mercurio (Correspondencia gozosa) por CLAUDIO RODRÍGUEZ FER Como Mercurio ou o mercurio, é a poesía de Antonio Gamoneda, e aínda o seu autor, un elemento líquido metálico, («baja como mercurio hasta la llaga azul del corazón»), planeta solarizado («Cuando el sol vuelve a su cuenco de tristeza»), planta mercurial («las plantas mortales y las salutíferas, las bestias de la ponzoña, los miembros, los órganos, los humores, las substancias…») e tamén como o deus antiteos Hermes Mercurio portadora e portador das mensaxes viaxeiras, da adiviñación esotérica e da correspondencia gozosa. Diso quero dar fe a través das propias palabras do poeta en cartas, correos electrónicos e dedicatorias de condición inédita que documentan de forma fidedigna tal combinación mercuriosa. A meirande parte dos seus envíos, remitidos dende a súa casa de León, foron cartas co seu enderezo estampado na cabeceira e postais ilustradas con obras de arte humano ou natural, moitas destas situadas na provincia leonesa, como en progresivo descenso ó imprevisto (vista aérea da catedral gótica e proximidades, pintura románica sobre a degolación dos inocentes na bóveda do panteón dos reis, estalactítica cova subterránea de Valporquero), aínda que tamén as houbo doutros lugares do mundo visitados polo poeta, como en progresivo ascenso ó non menos imprevisto (trono de Tutankamón conservado en El Cairo, acuarela sobre o cometa Halley musealizada en Londres). Mención á parte merece -pois coa mesma humildade necesaria da máquina de coser de súa nai, Gamoneda non adoita dar puntada sen fío- a primeira postal que me enviou, reprodución da acuarela posmodernista «Cabaretera parisina», pintada en 1903 por Evaristo Valle. Este artista, como o poeta nacido en Asturias, como o poeta moi prematuramente orfo de pai e, pese ós seus constantes e doentes problemas psíquicos e económicos, como o poeta e como mostra a postal remitida, foi a miúdo cultivador do humorismo. Claudio Rodríguez Fer e Antonio Gamoneda no Xardín das Pedras que Falan de Santiago de Compostela Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 39 Humores, amores e amizades En efecto, Gamoneda adoita recorrer ó humor incluso nas abundantes confidencias íntimas e creativas da súa conversación e da súa correspondencia: «Ahora mismo ando entre hipocondríaco y clínico; espero que, como siempre, pasará. Esto quiere decir que hago como que escribo, pero no me ‘mojo’» (7-9-1996). E non digamos xa cando se refire con constante autoirrisión á axitación viaxeira na que se viu inmerso a raíz da obtención do Premio Cervantes en 2006: «Tú para Nueva York y yo para Caracas. Una locura (lo mío, digo)» (22-10-2015). E tampouco deixou pasar a ocasión de rebaixar con humor os eloxios dos que foi obxecto, como cando, tras telo citado eu como un dos grandes poetas de España nunha entrevista, escribiume: «Bien está que mencionemos a los amigos, pero no me pongas muy alto, que igual me caigo» (23-6-2017). Pese a que xa con grande interese fun coñecendo a obra de Gamoneda parcial e ocasionalmente na miña xuventude, comecei a lela con máis orde e profundidade, como a maioría dos meus colegas coetáneos, a través da benemérita edición de Edad (Poesía 1947-1986), realizada por Miguel Casado en 1987 e que o poeta me dedicaría máis tarde coa irónica hiperautocrítica que o caracteriza: «Pura arqueología, querido Claudio» (17-7-2003). Porén, tal lectura enganchoume para sempre á súa poesía e aproximoume definitivamente ó autor, así que estiven encantado de coñecelo persoalmente nun encontro de poetas en diversas linguas ibéricas realizado en Toledo durante 1993. En Toledo pasamos falando boa parte daquelas xornadas e logo regresamos por estrada a Madrid, onde estivemos unhas horas nas que desfrutei véndoo exercer da súa condición esencialmente paternal coa filla que alí foi a saudalo. De Chamartín partimos en confidencial tren nocturno até León, onde el se apeou e dende onde eu continuei viaxe a Galiza. Porén, para min houbo algo moi íntimo en tal encontro poético e viaxeiro, pois confirmei que Gamoneda, xordo atenuado por audiófono e de fala leonesa como meu pai (que era zamorano), compartía tamén con el características derivadas dunha procedencia social humilde, dunha experiencia profunda da morte e da dor, dun compromiso político antifascista e dun tenro humanismo irredutíbel. O talante xeneroso e acolledor co que Gamoneda me tratou no noso largo e lento periplo ferroviario quedou expreso xa na súa primeira carta, escrita en resposta a outra miña na que eu me puña á súa disposición en materia galega: «Fue un buen asunto (éste de haberte conocido) y, sí, algo quiero de Galicia; quiero que, en alguno de tus viajes, te apees -avisándome- en León, para que prospere el negocio de nuestra amistad. Un fuerte abrazo. Antonio» (26-11-1993). E esta foi a tónica coa que seguiu invitándome á súa casa ó longo dos anos, como puxo en evidencia nesta outra misiva, como todas firmada co seu nome de pía: «Ya me gustaría verte por León. No me olvides si vienes de camino. Abrazos» (7-9-1996). Como era de esperar, visitar a casa de Gamoneda e da súa familia foi sempre unha moi grata e intensa experiencia, na que a orde do Zeus hospitalario que encarna o poeta se viu ademais complementada pola non menos cariñosa hospitalidade da súa esposa, a mestra María Ángeles Lanza, muller fundamental na vida e na obra do autor de Esta luz. Xusto nesta compilación revisada da poesía reunida de Gamoneda, publicada por primeira vez en 2004, foi onde ela mereceu a dedicatoria acaso máis sucinta e pese a iso máis elocuente e totalizadora da historia da poesía española: «María Ángeles». Ademais, por Gamoneda coñecín tamén, xa na nosa primeira estancia conxunta en Madrid, á súa filla menor, Ángeles, a quen tiven o pracer de volver a ver en León, e, en Salamanca, á súa filla maior, Amelia, 40 | EVOHÉ con quen tiven o gusto de encontrarme e reencontrarme varias veces na Universidade onde exerce a docencia e a investigación en Literatura Francesa. O propio Gamoneda fixo de mercurioso Mercurio entre nós, ó participar os tres de comúns afeccións e relacións no ámbito da poesía francófona: «Querido Claudio: Mi hija Amelia, efectivamente, tenía aún algunos ejemplares de su traducción de Yvon Le Men: te regala uno de muy buena gana» (7-9-1996). É por iso que, andando o tempo, enviei ó poeta o meu poemario Voyages à toi, traducido do galego ó francés por María Lopo e Annick Boilève-Guerlet, cuxo recibo agradeceu con «Gracias, gracias mil» (6-2-2008). Poesía e lingua galegas Por cordial petición súa, na miña primeira carta envieille algunha mostra da miña poesía en galego, pois xa entón me asegurou que lía en tal lingua, quizais o poemario Lugo blues, de 1987, e a compilación Vulva, de 1990, cuxo recibo agradeceu coa Antonio Gamoneda, Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer en Lugo xenerosidade que sempre o caracterizou comigo: «Querido Claudio: He leído -con provecho y temblortus poemarios y no me queda sino agradecerte el haberlos escrito» (26-11-1993). Anos despois envieille a caixa-libro Extrema Europa, de 1996, que tamén acolleu xenerosamente: «En cuanto a tu Extrema Europa (dentro de un rato pasaré a «Na percura…») sé ya que me enriquece y proporciona placer. Enhorabuena y un abrazo» (20-4-1996). De feito, ó ano seguinte, sorprendeume cunha información inesperada que conclúe coa lapidaria reflexión sobre os premios que sempre compartín: «Tu Extrema Europa, propuesto por mí, estuvo en la mesa del Premio Nacional. Quizá, pienso, lo votó también Xesús Alonso Montero, pero no tuvo suficientes apoyos entre unos actuantes que, en su mayor parte, no habían leído más libro que el de su amigo. Los premios no son nada, en todo caso. Un abrazo» (26-10-1997). Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 41 O infrecuente aprecio pola poesía galega do que Gamoneda fixo gala, bastante insólito entón entre os poetas en castelán dende Lorca, e o seu interese pola lingua literaria na que aquela estaba escrita, volveu a sorprenderme cando lle enviei o meu poemario A unha muller descoñecida: «Yo estoy en tiempos de grandes dudas. No las tengo en relación con tu libro. A unha muller descoñecida me esperaba ayer (yo viajaba) y ayer mismo, en la noche, lo leí de un tirón porque ‘me agarró’. Te leo en la paradoja profunda, en el juego magnético y gozoso, y, a veces, temible, de la lengua sublevada. La lengua. Poesía aparte, qué hermosa y arriesgada expansión/integración: vienen al galego palabras impensables (¡TÓNER!), y funcionan. Y vienen al galego (tengo que leer el libro otra vez) las palabras galegas-que-no- existían. Y funcionan. Ando gloriosamente perdido en los diccionarios, creo, con a muller. Gracias y abrazos» (1-5-1997). Gamoneda mostrou este mesmo interese tras o envío da miña poesía reunida no libro Amores e clamores en 2011, pois díxome que o levaría a unha necesaria estancia de descanso que proxectaba realizar, ós seus atafegados 80 anos, na canaria Illa da Palma: «Gracias por Amores e clamores que bienvenido es porque es seguro que cubrirá huecos que no quiero tener en tu poesía y me dará ocasión de una lectura ‘panorámica’» (19-9-2011). Porén, dirixíndose a Carmen Blanco e a min como «Tan queridos» e acusando recibo da miña edición multilingüe de A cabeleira (Poema en 60 linguas), de 2016, Gamoneda recorreu ó humor en sintonía con outros idiomas periféricos, polos que parece sentir a mesma simpatía que polo sempre desempoderado galego: «Gracias, gracias, poetas. Para otra edición os los traduzco yo al bable o al caló, únicas lenguas ‘alternativas’ que puedo manejar» (25-12-2016). En calquera caso, enfeitizado polo galego, Gamoneda recorreu de vez en cando ós galeguismos léxicos, como o presente na Antonio Gamoneda, Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer en Lugo 42 | EVOHÉ postal que reproduce o cometa Halley enviada a Carmen Blanco e a min: «el cometa de 1532 creo que era feiticeiro y le he encargado los mejores sortilegios para vuestro 2020» (19-12-2019). E máis veces nos denomina literariamente a nós mesmos con epítetos galegos de raizame medieval, como «miña señora dona Carmen» (3-5- 2016) ou «Mestre Claudio Rodríguez Fer» (7-4-2018). Química en Unión Libre Parte da nosa primeira correspondencia tivo que ver coa súa colaboración en Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, revista intercultural que coordino dende 1996 con Carmen Blanco e coa cooperación constante doutras escritoras galegas, por certo tamén gamonedistas, como Olga Novo ou María Lopo. Tras o envío do noso primeiro número, Gamoneda aseguroume a súa colaboración: «Querido Claudio: Gracias por el 1 de Unión Libre, que hojeé anoche y veré hoy -en la mañanacon mayor detenimiento. Por descontado que, salvado el que, espero, haya sido año único en barbecho, tendrás mi colaboración aunque aún no sepa qué, cuándo y cuánto. Te deseo un 97 generoso. Abrazos» (14-1-1997). Pouco despois remitiu ó texto «Memoria, Sustancias, Límites», auténtica química poética gamonediana na estela do seu Libro de los venenos. A revista deu a cada unha das súas substanciosas unidades independentes o tratamento individualizado que merecía, en contraposición á humildade coa que as proporcionou o poeta: «Querido Claudio: Estos son los ‘recortes’ que me han venido a la mano de un conjunto provisional e inconcluso. ¿Te sirven? El que te lo mande en forma de cuaderno no significa nada. Lo he hecho así para poder hacer yo la última lectura unitaria y aislada. De hecho, son, como ves una especie de entradas de diccionario y por eso las prefiero en orden alfabético. Pero tú puedes ponerlas perfectamente en una o dos páginas. Haz lo que bien te parezca. (…) ¿Seguro que te sirven? Un gran abrazo» (19-3-1997). Pese á miña entusiasta aceptación, esta inseguridade do gran poeta da dúbida que é Gamoneda reapareceu moi significativamente na carta posterior: «Me alegra, querido Claudio, que no te parezcan mal mis apuntes farmacológico-poemáticos. Yo estoy en tiempos de grandes dudas» (1-5- 1997). E aínda se mostrou algo abafada a súa modestia por dito tratamento cando recibiu Antonio Gamoneda e Claudio Rodríguez Fer na Facultade de Humanidades de Lugo Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 43 editada a revista: «Querido Claudio: Recibí Unión Libre y tu tarjeta al regreso de una semana manchega y extremeña. La revista está (así me lo parece: no he hecho más que hojearla) sólidamente tratada y puesta en su sitio. Apretado ando, pero haré lectura total y reposada. Mis ‘textos’ (¿cómo llamar a esto?) están tratados con generosidad quizá excesiva: en dos páginas hubieran quedado cómodos, aunque, claro, estén aún más lujosamente acomodados así. Gracias» (26- 10-1997). Xunto a outras entradas, algunhas das publicadas en «Memoria, Sustancias, Límites», figuraron no apartado «Plinio, Dioscórides y otros [1992-2003]» das dúas edicións de Esta luz (2004 e 2019), baixo o título «Notas para un diccionario apócrifo». Porén, non todas as adiantadas na revista galega foron recompiladas logo na súa poesía reunida, onde se excluíron as voces «acúfenos», «Asia colérica», «dípteros», «exógenos» e «micelo», e onde tampouco foron completamente recollidas «cianuro» e «papáver», de maneira que as reservas destas misteriosas materias gamonedianas só se conservan e preservan até agora en Unión Libre. Entrevistas, conferencias e ensaios A sincera modestia de Gamoneda, que por suposto non é allea á grandeza do autor nin tampouco á da súa obra, está patente tamén na súa actitude respecto ás sucesivas entrevistas que lle foi facendo ó longo dos anos o meu alumnado universitario, ó que sempre recibiu paciente e hospitalariamente na súa casa de León. Así, respecto á primeira, debida a José Luis Calvo Vidal e publicada no número correspondente a 1996 de Moenia. Revista Lucense de Lingüística & Literatura, anuario que eu mesmo dirixo na Universidade de Santiago de Compostela, escribiume para darme noticia da súa realización engadindo que «puede que alguna de sus cuestiones quedase sin respuesta aceptable» (20-5-1996). Co mesmo interese, no número correspondente ó ano 2012 da mesma revista, publicou Alejandra Arias outra entrevista, que nesta ocasión foi ademais gravada en soporte audiovisual. Posteriormente, outros medios da Universidade de Santiago de Compostela, no Xornal USC, noticiario institucional, e a revista Evohé, que realiza o alumnado do Campus de Lugo, publicaron, respectivamente no 2015 e 2016, unha terceira conversación realizada por Cristina Fiaño, entón directora de Evohé, entrevista e autora moi positivamente valoradas polo poeta: «Me mandas su entrevista que, siendo exhaustiva, es perfecta. (…) Voy a pedirle también que me mande algunos poemas. ¡Qué hermosa cabeza!» (2-7-2015). Máis tarde, a mesma Cristina Fiaño transcribiu tamén a entrevista pública que eu mesmo lle fixen a Gamoneda durante a Semana do Libro de Compostela de 2018. No ano 2003 invitei a Gamoneda a participar cunha conferencia e cun recital de clausura no encontro sobre «Poetas europeos contemporáneos» realizado no Campus Universitario de Lugo, onde en efecto se ocupou de Trakl, Perse, Lorca, Hikmet, Helder, Hill e Rodríguez, tal como pode lerse no número da revista Moenia correspondente ó 2004, que recolle as actas das intervencións en dito evento. Aquel repousado e feliz encontro en Lugo daría para falar moito de poesía e de vida, pero, aténdose só ó escrito polo poeta, basta con reproducir o seu xeneroso agradecemento pola acollida dispensada naquela ocasión por Carmen Blanco e por min, así como polo envío da reportaxe fotográfica da súa estancia: «Gracias, queridos Carmen y Claudio, por las fotos (nunca me vi tan favorecido y tan cariñosamente cercado), y, sobre todo, por las horas de compañía, que tanto bien me han hecho. Espero veros por León y os abrazo» (25-7-2003). Moi xeneroso foi así mesmo Gamoneda co meu ensaio «Antonio Gamoneda o la 44 | EVOHÉ riqueza de la pobreza», publicado na revista salmantina Cuadernos del Lazarillo en 2008: «tu trabajo sobre mí, espléndido» (5-3- 2008). Eu enviárallo inédito ó comezo dunha xira súa por sete países «en un disparatado viaje mediterráneo», ó que se levou o meu inédito: «Gracias, gracias mil. Me llevo por lo menos el escrito» (6-2-2008). Editado xa, remitiume as seguintes impresións: «Juicios de valor aparte, es un trabajo perfecto; no sólo en lo que podríamos llamar interpretación, sino en cuanto concierne a mi actitud y devenir en el triple y trenzado hilo de la biografía, la escritura y publicaciones, el posicionamiento en relación con el ‘mundo’ o ‘mundillo’ literario coetáneo. Gracias por tu constante saber y acertar. Tu trabajo es el referente perfecto que deberá tenerse en cuenta por los que hacen y hagan una contemplación -tantas veces, hasta ahorasesgada o caprichosa de mis sesenta años de escritura» (11-10-2009). E tamén foi cordial e xeneroso cos meus outros ensaios, aínda ás veces sen tempo para lelos, pois, por exemplo, nada máis recibilo, dixo do meu libro Borges dende o labirinto galego, publicado na edición bilingüe galego-castelá en 2008, que «ya sé que es hermoso por los cuatro costados e interesante por otros cuatro» (20-6-2008). Física na Cátedra Valente No 2004 invitei a Gamoneda a impartir catro conferencias na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, que darían orixe ó libro Valente: texto y contexto, publicado en 2007 coa transcrición por parte do doutorando Francisco Javier Reija Melchor, a quen eu xa publicara a biografía gamonediana que acometeu xunto a José Luis Calvo Vidal no número da revista Moenia correspondente ó 2000. Gamoneda escribiume dúas cartas en torno ó proceso de edición do libro, incluíndo unhas notas para a imprenta e facendo gala outra vez da súa compracente flexibilidade: «Si el título no te gusta, lo cambiamos» (30-9-2016). Durante aquela estancia de Gamoneda de case unha semana en Santiago de Compostela, que pasou hospedado coa súa esposa na Casa de Europa, tivemos ocasión de falar moito de literatura nas aulas, pero tamén da súa biografía persoal e familiar fóra do ámbito universitario, neste caso acompañados os tres en ocasións pola escritora Carmen Blanco, pola estudante Tania Lamas, polo escultor Silverio Rivas e pola poeta chilena Paulina Valente (sobriña dos poetas José Ángel Valente e Armando Uribe Arce). Este foi o seu balance ó recibo da conseguinte reportaxe fotográfica da Antonio Gamoneda e Claudio Rodríguez Fer nun acto da Cátedra Valente en Santiago de Compostela Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 45 súa estadía: «Gracias, queridos Carmen y Claudio, por la documentación fotográfica. Está muy bien a todos los efectos, especialmente el de fijar momentos de unos días inolvidables» (25-11-2004). Tamén acudiu Gamoneda á homenaxe que se lle tributou a Valente en 2009 no seu Ourense natal, onde tiven o pracer de presentar o seu recital de clausura, no que dedicou ó seu colega o poema «Hay una astilla de luz…», tal como se recolleu ó ano seguinte no libro Poetas con Valente, editado, cun retrato de cada poeta debido á artista lucense Sara Lamas, pola Cátedra que custodia o legado valenteano. Alí presenteille á tradutora Tera Blanco de Saracho, que tamén colaborou como poeta no citado poemario, a quen lle dixo na miña presenza -e logo ela escribiu sobre o ditoque o que fai da tradución dun poema unha boa tradución é que sexa, á súa vez, outro poema. Gamoneda recibiu con agrado a reportaxe do encontro ourensán -«Mucho me gusta contar con vuestra compañía fotográfica» (26-1-2010)- e envioume para Poetas con Valente a excelente composición memorial, entón inédita, «Ha de llover» (12-4-2010). Porén, Gamoneda volveu a responder á miña chamada en relación con Valente en 2015, pois propúxenlle presidir o tribunal, na súa condición de Doctor Honoris Causa por varias universidades, da tese doutoral que dirixín a Saturnino Valladares, no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a correspondencia valenteana dos poetas da súa idade, incluído polo tanto o propio Claudio Rodríguez con Maria Ángeles Lanza e Antonio Gamoneda en León 46 | EVOHÉ Antonio Gamoneda ante sonetos visuais de Claudio Rodríguez Fer, que porta o catálogo da súa Criptografías prologado polo primeiro autor de Esta luz. E, en efecto, resultou tan oportuno como emocionante que quen non puido completar estudos universitarios no seu día polas limitacións económicas da súa clase social, puidese presidir finalmente un tribunal doutoral polos seus propios méritos literarios. Sobre isto ironizou o sempre relativizador Gamoneda, quen decidiu non renunciar ó taxi para o seu traslado, como pretendía, por «las razones de Amelia, reunidas con las tuyas, los dos doctores legítimos y no como otros por la puerta de atrás» e quen, na mesma tónica, logo se despediu con «Abrazos mínimamente doctorales» (13-6-2015). O poeta e profesor Saturnino Valladares volveu a contar con Gamoneda na súa compilación de poemas dedicados a Valente, editada pola Cátedra que leva este nome, a cuxa entrega o autor de Blues Castellano quixo corresponderme «con un C D donde Mª José Cordero canta (bien, con otros míos, etc.) ‘Latitud’, de Valente» (16- 12-2019). O propio Saturnino Valladares e eu fomos entregarlle persoalmente a León os seus exemplares de Poemas a Valente, xunto á excelente versión portuguesa do seu Libro del frío traducida e publicada en Brasil polo mesmo compilador, na que foi unha memorábel xornada de amizade entre poetas. E, ademais, puidemos desfrutar do encontro coa súa familia e, por extensión, coa eficiente fareira virtual da bitácora Faro Gamoneda, Eloísa Otero. Porén, á marxe da súa presencia física na Cátedra Valente e das súas diversas conexións con este poeta, foron moitas as sesións académicas que me deron o pracer de desfrutar co estudo da obra de Gamoneda, entre as que destaca a defensa da excelente tese doutoral sobre o seu ciclo de senectude, debida ó investigador Rubén Pujante Corbalán e cotutelada nunha das miñas universidades, a tan querida de Rennes, e tamén na da súa natal Murcia, cuxo tribunal tiven a honra de presidir en 2020. Hidromemoria do Pai e da Nai Tras o envío en 2005 do meu libro El molinero misterioso (tradución do galego da memoria da vida que dediquei a meu pai, Claudio Rodríguez Rubio, co título de O muiñeiro misterioso), no que falaba das coincidencias humanas e humanistas existentes entre o poeta e o meu proxenitor, Gamoneda tomouse a molestia de escribirme ó respecto na inminencia dunha viaxe: «Querido Claudio: Tu página 125 es emocionante. Gracias. Estoy a punto de salir para Alemania. Leeré el libro en el viaje del bus» (16-6-2005). Non foi esta a única vez na que compartimos emocións epistolares en torno ós pais, como cando, tras remitirlle os meus poemas memorialistas «Pai meu (Amén, camarada)» e «A árbore da vida», un ano antes de que formaran parte do meu libro Ámote vermella, cualificou de espléndidos «tus poemas Pai/ Nai, duros y luminosos», xusto nunha postal co texto inicial do Quijote editada polo Instituto Cervantes (5-3-2008). Co mesmo compromiso pola memoria histórica antifascista acusou tamén eloxioso