scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Quérote libre. Versión galega da canción 10 de Agustín García Calvo

Blanco García, Carmen

Full text

32 | EVOHÉ Quérote libre. Versión galega da canción 10 de Agustín García Calvo por Carmen BLanCo Como recoñecemento á imprescindible e profunda liberdade integral das persoas e, en consecuencia, logo tamén das linguas e das músicas, publico unha versión feita en 2005 para as miñas alumnas e os meus alumnos de Literatura Galega da Facultade de Humanidades. É a canción 10 do libro Canciones y soliloquios, de Agustín García Calvo, tomada da segunda edición feita en Madrid, na Editorial Lucina, en 1982 (pp. 20-21). Esta canción 10, que comeza dicindo “Libre te quiero”, foi musicada y cantada por Amancio Prada, tal como o propio García Calvo recorda na “Nota de edición” (p. 7) da obra citada. 10 Libre te quiero, como arroyo que brinca de peña en peña. Pero no mía. Grande te quiero, como monte preñado de primavera. Pero no mía. Buena te quiero, como pan que no sabe su masa buena. Pero no mía. Alta te quiero, como chopo que al cielo se despereza. Pero no mía. Blanca te quiero, como flor de azahares sobre la tierra. Pero no mía. Pero no mía ni de Dios ni de nadie ni tuya siquiera. 10 Quérote libre, como regato que brinca de pena en pena. Mais non miña. Quérote grande, como monte preñado de primavera. Mais non miña. Quérote boa, como pan que non sabe a súa masa boa. Mais non miña. Quérote alta, como chopo que ao ceo se espreguiza. Mais non miña. Quérote branca, como flor de azares sobre a terra. Mais non miña. Mais non miña nin de Deus nin de ninguén nin túa sequera. A parella de poetas libertarios Isabel Escudero e Agustín García Calvo